Gabinete de comunicación - Chema Corral

16

Transcript of Gabinete de comunicación - Chema Corral

Page 1: Gabinete de comunicación - Chema Corral
Page 2: Gabinete de comunicación - Chema Corral

1

► o es

encia

l 2

prog

ram

ació

n 4

conc

erto

s 5

info

gru

pos 6

activ

idad

es d

iúrn

as 1

0

► serv

izos 1

1

► pequ

ena

histo

ria 1

4

Gabinete de comunicación- Chema CorralTlf. 659365308/ [email protected]

Acreditacións de prensa e imaxes promocionais en www.festivalortigueira.com (Profesionais)

Page 3: Gabinete de comunicación - Chema Corral

2

Ortigueira prepárase para vivir do 17 ao 20 de xullo o maioracontecemento musical do verán. O 30 Festival Internacional doMundo Celta promete “unha edición para o recordo”. Un ano cunhaprogramación de excepción no que se renderá tributo á historia docertame e aos milleiros de folkies que o converten dende hai décadasna gran cita festiva do período estival. “Lévalo dentro. Sínteo”.

► Por que este cartel e este lema?Pola vontade de reivindicar como pezaclave da 30 edición o espírito folkie (li-berdade, festa sen límites, convivenciaintertribal, natureza...), ese motor que,cada mes de xullo, se acende, tomaforza, e convirte as rúas de Ortigueiranun espazo multicultural extraordinario.

E apelando a ese carácter celta, estaedición irrepetible brindará, si ou si, amellor ocasión para que milleiros demozos se decidan, por fin, a disfrutar daexperiencia única do Festival, e para queaqueles que xa a viviron, e que a sentencomo algo de seu, se animen a repetir.

► Por que será especial a 30 edición?Fundamentalmente, porque contará condúas das bandas máis senlleiras e em-blemáticas da escena folk internacional,

ambas as dúas vencelladas a momentosfundamentais da historia do Festival Or-tigueira: Milladoiro, artífice do “rena-cemento” del folk galego e piar nos pri-meiros anos do certame, e máis TheChieftains, gañadores de nada menosque 6 Grammys e recoñecidos a nivelmundial como embaixadores da músicatradicional irlandesa.

Repetir a aquela noite do 2004 na quePaddy Moloney e os seus debutaronen Ortigueira, protagonizando un con-certo autenticamente memorable, con-vertérase nun empeño permanente paraa organización. Un reto, a punto de fa-cerse realidade.

En definitiva, en nómina están artistasexcepcionais para construír unha edicióncon “etiqueta negra”.

o es

encia

l

Imaxe da exposición “Carácter celta” (2010) de Ángel Manso

Page 4: Gabinete de comunicación - Chema Corral

3

► Que outras bazas hai que destacarna programación?Ademais dos cabezas de cartel da edición(The Chieftains e Milladoiro), a oferta doEscenario Alameda para as noites doxoves, venres e sábado, incluirá concertosúnicos en España como o do grupo es-cocés Treacherous orchestra ou o es-pectáculo “Fest Rock”, froito da alianzada Bagad Kemper e do grupo rock bre-tón Red Cardell; cómpre tamén subliñara presentación dos novos traballos dis-cográficos de bandas galegas como aslideradas por Anxo Lorenzo e por PepeVaamonde. En total, hasta 15 concertosde balde para a mellor xolda do verán.

► Haberá novidades?Moitas. Para empezar, e nun aceno aosprimeiros festivais, recuperarase, aíndaque loxicamente actualizada, a figurado presentador. E así, entre concerto econcerto, o coñecido actor galego CarlosBlanco ocuparase de que a festa nondecaia, co seu particular humor irónicono Escenario Alameda.

Ademais, fíxanse novas líñas de traballo.Así, potenciarase a promoción de artistasemerxentes, grazas a un Concurso Runascun maior respaldo económico, e se re-forzan as tardes coa organización desenllos concursos de corte tradicional:un certame internacional para descubriraos mellores gaiteiros/as solistas e outrode cuartetos tradicionais do país.

A maiores, e dando cancha aos artistasde rúa, ofrécese a través das “free ses-sions” unha plataforma aberta a calqueragrupo que queira animar a xornada.

► E a oferta extramusical?Como está claro que o Festival hai “milxeitos de vivilo”, non se quere descoidara oferta de actividades paralelas. E así,durante o día, aqueles que non opten

por gozar da praia de Morouzos poderánparticipar no núcleo urbano de propostasclásicas como a feira de artesanía, obra-doiros de danza, exposicións de fotografíae carteis históricos do evento...

En paralelo, a Universidade de Santiagode Compostela desenvolverá no marcoda “Universidade de Verán 2014”, o curso“Industria musical en Galicia. Identidadee novas tendencias”.

► Mantense a gratuidade?SI. A gratuidade seguirá a ser un dos si-nais de identidade do certame de músicacelta. Concertos, acampada e actividadesparalelas volverá ser totalmente de balde.Isto será posible grazas ao esforzo eco-nómico extra que realizado para celebraresta 30 edición polo Concello de Orti-gueira, organizador do evento, e polasachegas de institucións como Deputaciónda Coruña, Turismo de Galicia, AGADIC,INAEM, e empresas comprometidascomo Gadisa ou Coca Cola. O orzamentototal será de ao redor duns 400.000 eu-ros.

Só se cobrarán servizos extra como otransporte urbano entre o piñeiral dapraia de Morouzos e a zona de concertos,e tamén o estacionamento no aparca-doiro vixiado que se habilitará.

► Que supón o Festival para o muni-cipio de Ortigueira?O certame, declarado dende 2005 Festade Interese Turístico Internacional, impónun auténtico xiro ao devir habitual destavila coruñesa, que non alcanza no seucasco urbano os 2.000 residentes. Comocabe esperar a chegada de decenas demilleiros de visitantes supón un impactoeconómico brutal en toda a comarca deOrtegal en sectores como o da hostalaríaou o comercio, ademais dunha oportu-nidade excepcional de proxección.

o es

encia

l

Page 5: Gabinete de comunicación - Chema Corral

Xoves 17 de xullo

►Apertura feira artesanía

(17:00 h) Xardíns do Malecón

►Apertura de exposicións

(17:00 h) Concello de Ortigueira (17:00 h) Centro de Visitantes

►Inauguración musical

(20:00 h) Praza de Isabel II

Escola de Gaitas de Ortigueira

Dominic Graham School of irish dance Cuarteto Banda Gaitas Vila de Mieres Royal Burgh of Renfrew pipe band

►Escenario ALAMEDA (22:00 h)

Royal Burgh of Renfrew pipe band

“Proyecto Runas 2014”:Tiruleque (Galicia)Cuarteto Caramuxo (Galicia)Xabi Aburruzaga band (País Vasco)

Pepe Vaamonde Grupo (Galicia)

Venres 18 de xullo

►Free sessions

(12:00 h) Praza de Isabel II

►Pasacalles Biblioteca- Alameda

(12:30 h) Royal Burgh of Renfrew pipe

(13:00 h) Banda gaitas Ximiela

► Concurso de gaita solistas

(16:00 h) Praza de Isabel II

►Pasacalles Biblioteca- Tres Farolas-Xardíns Malecón

(18:00 h) Banda de gaitas Vila de Mieres

(18:30 h) Banda de Guillarei

(19:00 h) Bagad Kemper

►Free sessions

(20:00 h) Praza de Isabel II

►Escenario ALAMEDA (22:00 h)

Escola Gaitas de Ortigueira (Galicia)Milladoiro (Galicia)Dominic Graham School of irish dance

Moxie (Irlanda)Ruaille Buaille (País Vasco)

Sábado 19 de xullo

►Pasacalles Biblioteca-Alameda- Feira artesanía

(12:00 h) Cuartetos (13:00 h) Banda gaitas Ladrido

(13:30 h) Banda gaitas Vila de Mieres

(14:00 h) Banda gaitas Guillarei

► Concurso cuartetos tradicionais

(17 h) Praza de Isabel II ►Pasacalles Biblioteca- Tres Farolas-Alameda

(19:00 h) Banda de gaitas Ximiela

(19:30 h) Royal Burgh of Renfrew pipe

(20:00 h) Rondalla Helios de Bembrive

►Free sessions

(20:00 h) Praza de Isabel II

► Danza irlandesa

(21:00 h) Teatro de Beneficencia►Escenario Alameda (22:00 h)

Bellón Maceiras Quinteto (Galicia)The Chieftains (Irlanda)Bagad Kemper + Red Cardell (Bretaña)Treacherous orchestra (Escocia)Anxo Lorenzo band (Galicia)

Domingo 20 de xullo

►Desfile de bandas (12:00 h)Pza. Isabel II- Alameda- Estrada Xeral- Gadis- Estrada Xeral-

Avda. Penela- Biblioteca- Fco. Santiago- Cantón- Pza. Isabel II

Rondalla Helios de Bembrive

Banda de gaitas de MelideBanda de gaitas de Ladrido Banda de gaitas Vila de MieresBanda de gaitas XimielaBagad KemperBanda de gaitas de GuillareiRoyal Burgh of Renfrew pipe bandEscola de gaitas de Ortigueira

A diario:

Feira de artesanía- Xardíns do MalecónExpo fotográfica- ConcelloExpo carteis históricos- Centro visitantes

prog

ram

ació

n►

Page 6: Gabinete de comunicación - Chema Corral

5

ESCENARIO ALAMEDA

17 de xullo

Royal Burgh of Renfrew pipe band (Escocia)

Tiruleque. Proxecto Runas (Galicia)Cuarteto Caramuxo.Proxecto Runas (Galicia)Xabi Aburruzaga band. Runas (País Vasco)

Pepe Vaamonde Grupo (Galicia)

18 de xullo

Escola Gaitas de Ortigueira (Galicia)

Milladoiro (Galicia)Dominic Graham School of irish dance (Irlanda)Moxie (Irlanda)Ruaille Buaille (País Vasco)

19 de xullo

Bellón Maceiras Quinteto (Galicia)

The Chieftains (Irlanda)Fest rock: Bagad Kemper + Red Cardell (Bretaña)Treacherous orchestra (Escocia)Anxo Lorenzo band (Galicia)

conc

erto

s►

►Proxecto Runas

Na edición do 2000, o Festi-val Ortigueira deu o primeiropaso para lanzar unha estra-texia de promoción de gru-pos folk emerxentes.

Nacía así o “Proxecto Runas”,un concurso no que a bandagañadora facíase directa-mente cun oco no cartel daedición seguinte do eventomusical. Unha recompensaque se mantén hoxe en día.

Como novidade, e co gallode darlle pulo ao concurso, aorganización decidiu esteano introducir tres premioseconómicos de 5.000, 3.000e 2.000 euros para os gruposfinalistas, que competirán endirecto na noite do xoves 17de xullo por facerse co favordo xurado de expertos queasistirá aos concertos.

The Chieftains, principal aposta do 30 Festival Ortigueira

Page 7: Gabinete de comunicación - Chema Corral

6

Tiruleque http://tiruleque.wix.com/tirulequegal

"Música galega" sen máis etiquetas. Esa é a proposta da banda, que xa foi fai unlustro finalista do “Proxecto Runas”, concurso de grupos emerxentes do FestivalOrtigueira. Para iso recorre á súa intuición musical á hora de arranxar melodíastradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música ofrece, perodando un paso máis aló no uso das tonalidades e modos.

O grupo, xurdido en 2002, ten publicados dous traballos discográficos "Tiruleque"(2009), e o máis recente "Mu!! ", tamén autoproducido e no mercado dendesetembro do 2013.

Cuarteto Caramuxo www.facebook.com/CuartetoCaramuxo

O Cuarteto Caramuxo é un sexteto coruñés formado por catro clarinetistas, unacordeonista e unha percusionista, que reinterpretan música popular galega. Orepertorio da banda toma como base as melodías recollidas nos cancioneirospopulares do país, ademais de composicións de autores contemporáneos feitasexpresamente para o grupo, residindo a súa singularidade na instrumentación enos arranxos.

A filosofía dos "Caramuxos", que adiantarán en Ortigueira temas do que será o seusegundo álbum, resúmese nunha interpretación "con gusto" e sen maior pretensiónque gozar da música.

Xabi Aburruzaga band www.aburruzaga.com

O trikitilari biscaíño, que xa foi finalista do “Proxecto Runas” no 2010, volve aOrtigueira con novo traballo baixo o brazo, titulado “Geure”. Ao igual que nos seusanteriores proxectos ("Bizkaiko Trikitixa" e "Denboraren Naufrago"), aposta polamestura de tradición e modernidade, pasado e futuro, alcanzando a madureza doseu estilo persoal, ecléctico e elegante.

“Geure” navega entre o folk e o world music con variadas pezas que en ocasiónschegan mesmo a trasladar ao público ritmos de jazz ou das big bands. Pero iso si:Aburruzaga non esquece nunca as súas orixes e a súa idiosincrasia de trikitilari.

Pepe Vaamonde Grupo www.pepevaamondegrupo.com

Un agasallo en forma de primicia. A banda liderada polo gaiteiro e compositor PepeVaamonde e polo guitarrista e adaptador Pipo Refojo prepara para a súa segundavisita a Ortigueira un concerto especial. Nel, ademais dun repaso aos temas máiscoñecidos dos seus, ata agora, tres traballos discográficos ("Aviouga", "Onde naceo vento" e "Introterra"), estrearán un adianto de "Lume", novo disco co que pecharána tetraloxía dedicada aos elementos naturais.

Carne de directo, a banda, xurdida fai xa doce anos e rodados en mil e un festivais,anuncian un espectáculo para disfrutar ao máximo, con melodías pensadas parafacer gozar un público ávido de festa e desexoso de bailar co máis potente edesenfreado do seu repertorio.

info

gru

pos►

Page 8: Gabinete de comunicación - Chema Corral

7

Escola de gaitas de Ortigueira www.escoladegaitas.com

A agrupación asume en 2014 a organización da sesión inaugural e os desfiles debandas da cita folk. Ademais, como todos os anos, a formación fundadora doFestival, en tempos de Xavier Garrote, participa na sesión de concertos do venres.

A banda de gaitas decana de Galicia, creada en 1975, sendo precursora do posteriormovemento gaiteril, subirá ao Escenario Alameda con preto de medio centenar demúsicos, entre gaiteiros, percusionistas e cadro de baile, para presentar unrepertorio puramente tradicional de música e baile galego.

Dirixida por Rodrigo López, constitúe unha auténtica institución no municipio, emantén viva a reivindicación do papel a gaita galega na nosa cultura.

Milladoiro www.milladoiro.com.es

Volve ao Escenario Alameda o máis emblemático dos grupos folks do país. Unhabanda cuxo nacemento se fraguou na primeira edición do Festival do Mundo Celta,no ano 1978, tras a confluencia das dúas agrupacións nas que militaban os seusfundadores, e que foi nome fixo nos primeiros carteis.

Cunha vintena de discos publicados, oito bandas sonoras, e innumerablescolaboracións e recoñecementos nacionais e internacionais, Milladoiro regresa aOrtigueira tras seis anos de ausencia. Nestes 35 anos sobre os escenarios,evolucionaron cara a unha música cada vez máis elaborada, de aspecto clásico, peromantendo sempre as raíces.

Pioneiros da modernidade do folk galego e artífices da súa popularización no restoEspaña e do mundo recibiron en 2012 a Medalla de Galicia, polo seu incansablelabor de recuperación e reivindicación da nosa tradición musical.

Dominic Graham School of Irish dance www.dominicgrahamschool.com

Tralo éxito irresistible obtido o pasado ano, a organización reservou oco de novono Escenario Alameda ao alumnado da Dominic Graham School of Irish Dance, unhaescola fundada a finais dos setenta.

Regresan para estrear o espectáculo "Back to Breogan", unha homenaxe ao FestivalOrtigueira, o primeiro certame no que actuaron fóra de Irlanda e que lles abriu asportas doutros eventos internacionais. 35 bailaríns, 6 músicos, 2 cantantes e 1narrador darano todo en escena para levantar de novo o público congregado.

Moxie www.moxiemuso.com

Decidida a converterse na banda revelación desta edición. O grupo irlandés, xurdidoa finais do 2011, debuta cunha efectiva proposta de fusión que combina músicatradicional irlandesa con outros xéneros como o rock e o 'new age bluegrass'.

O quinteto, gañador de "The Spirit of Folk Awards" e integrado por músicos moinovos, sacou ao mercado o seu primeiro álbum a finais do 2013. A súa presenza enenmárcase na aposta permanente do Festival do Mundo Celta polos novos valoresdo folk europeo.

info

gru

pos

Page 9: Gabinete de comunicación - Chema Corral

8

Ruaille Buaille http://ruaille-buaille.com

Gañadores do “Proxecto Runas 2013”, de promoción de grupos folks emerxentes.A banda evolucionou daquel inicial quinteto acústico cunha tímida base rítmica, aun sexteto con sólida base rítmica achegada polo baixo eléctrico e a batería. Dunrepertorio case exclusivo de música tradicional, pasou a outro no que prima acomposición propia, inspirada en máis fontes, tanto do folk (vasco, galego,balcánico...), como doutros estilos (country, blues...)

Con dous traballos discográficos editados “/´ru:lÙ 'bu:lÙ/ (pronounced"rula-bula")”e "Blue jig", o grupo fai xustiza ao seu nome, que pode traducirse como bulicio oucomo bulicio ou algarabía, e describe perfectamente o ambiente desenfadado queo grupo crea nos seus concertos.

Bellón- Maceiras Quinteto www.bellonmaceiras.com

Fusión entre novo folk e músicas do mundo. Bellón Maceiras Quinteto nace comounha evolución natural de Bellón Maceiras Dúo, gañadores en colaboración conÁlex Blanco del Proyecto Runas 2006. Nesta nova formación- a gaita e o acordeón,xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón- ofrecen unha viaxe musical naque diversos estilos e ritmos se complementan cunha ampla variedade decomposicións propias.

Se a fusión é o sinal de identidade de BM5, é a contribución musical de cadacompoñente a que marca o particular son do grupo. Os músicos teñen totalliberdade para expresarse, libres de rixideces estilísticas. Do seu gusto por mesturarnace o que definen como "espicho", a introdución de partes dunha melodíacoñecida dentro doutra peza.

No seu único álbum ("Folkfusión", 2010) a gaita sae da súa cuncha para interpretartango, swing, muiñeira, blues, habaneira, jazz, samba, valse francés...

The Chieftains www.thechieftains.com

Dando guerra dende o ano 1963. Máis que un grupo, é unha auténtica instituciónen Irlanda. Ás súas costas, preto de medio cento de traballos discográficos- o último,editado en 2012, é "Voice of ages"- frecuentes colaboracións con artistasconsagrados de todos os xéneros e nada menos que 6 Grammys.

As súas interpretacións únicas e emocionantes deron prestixio internacional ámúsica tradicional do seu país e conferíronlle cotas de popularidade descoñecidas.De aí a concesión do título honorífico de embaixadores da música irlandesa.

A segunda visita dos “Xefes”, liderados polo carismático Paddy Moloney, aOrtigueira converterase a bo seguro nun auténtico acontecemento para os amantesdo folk, como sucedese no seu debut hai unha década, xunto a Carlos Núñez, nunconcerto deses que deixan pegada.

Galardoados o pasado ano pola Xunta de Galicia coa Medalla Castelao, garanten omellor espectáculo da edición.

info

gru

pos

Page 10: Gabinete de comunicación - Chema Corral

9

FEST ROCK www.bagad-kemper.org

Anovador e arriscado. O Festival Ortigueira estrea en España o espectáculo “FestRock”, unha mestura explosiva de música tradicional bretoa e rock, resultado dotraballo conxunto desenvolvido pola célebre Bagad Kemper, 21 veces campioa dosconcursos nacionais de Bagadú, e o grupo roqueiro Red Cardell.

Máis de corenta músicos no escenario protagonizan esta experiencia, que foi todoun éxito en Bretaña, e na que as melodías e instrumentos tradicionais como asbombardas ou as gaitas se fusionan cos máis "modernos" (guitarra eléctrica,batería...) para crear un espectáculo autenticamente único.

Treacherous Orchestra www.treacherousorchestra.com

Unha das apostas seguras da edición. Trátase dun grupo escocés integrado por 14músicos procedentes dalgunhas das formacións máis potentes do panorama folkiede Escocia. De feito, nas filas da agrupación militan membros de bandasrenomeadas como Salsa Celtica ou Session A9, crecidos baixo a influencia deShooglenifty e Wolfstone.

A presenza en Ortigueira Treacherous Orchestra suporá a estrea en España destegrupo innovador que, en apenas un lustro, conseguiu coarse na terna de finalistasdos "BBC Radio 2 Folk Awards 2013", na categoría de mellor grupo folk.

Anxo Lorenzo band www.anxolorenzo.com

"Un himno á liberdade, onde as posibilidades da gaita, unha vez máis, non teñenlímites,"así se defíne "Confuxon", o novo traballo discográfico que o de Moaña pre-sentará na súa nova visita a Ortigueira. A proposta do enérxico gaiteiro e a súabanda, na que non faltan á guitarra Xosé Liz, e co violín e o violonchelo o irlandésEoghan Neff, promete unha auténtica viaxe, chea de envolventes melodías, polospaíses celtas.

O seu último paso polo certame, coincidindo coa aparición do álbum "Tiran", haiapenas catro anos, confirmou o poderío da banda, permitindo anticipar un fin defesta ao grande para a 30 edición do Festival.

info

gru

pos

Page 11: Gabinete de comunicación - Chema Corral

10

Exposicións

Nesta edición para o recordo, a organi-zación promove senllas mostras retros-pectivas. A primeira delas, na CasaConsistorial, reunirá unha escolma dasmellores reportaxes fotográficos realiza-dos desde o ano 2000. E a segunda,concibida para o Centro de Visitantes deOrtigueira permitirá aos visitantes lem-brar os carteis das 30 edicións da citafolk.

Feira de artesanía

Como é habitual, o Festival reserva es-pazo para a venda de produtos artesa-nais. Casetas e postos ambulantesofrecerán aos visitantes diversidade depezas únicas, produtos de revenda e ar-tesanía do mundo.

Concursos

A oferta de tarde incluirá o venres emáis o sábado dúas novas competiciónspensadas respectivamente para proxec-tar a nivel internacional a gaita, e poten-ciar os cuartetos tradicionais galegos.

Un máximo de 15 gaiteiros/as solistasde calquera procedencia competiránante un xurado de expertos e diantetamén do público congregado na Praza

de Isabel II por facerse cun dos tres pre-mios establecidos pola organización(1.500, 700 e 500 euros). Idénticas con-tías se embolsaranse os tres cuartetos (2gaitas, tamboril e bombo) que obteñanmellor puntuación no concurso.

O prazo para anotarse finaliza o 30 dexuño, a través do mail:[email protected]

Pasacalles e desfile de bandas

Cuartetos e bandas de gaita percorrerána Vila de maneira case continuada du-rante os días grandes do certame,poñen o domingo ao mediodía o seubroche de ouro co tradicional desfileque une a centos de músicos pertencen-tes a agrupacións das distintas NaciónsCeltas. Con saída da Praza de Isabel II,constitúe un sinal de identidade do Fes-tival.

Obradoiros

A Dominic Graham School of Irish Dance,

ademais de actuar no Escenario Ala-meda e ofrecer unha exhibición no Tea-tro de Beneficencia, ensinará, en horariomatinal, aos máis animados a iniciarseno mundo do baile tradicional de Ir-landa. Non se pode deixar pasar.

activ

idad

es d

iúrn

as►

Foto de la exposición “Momentos”(2013) de Toni Rego

Page 12: Gabinete de comunicación - Chema Corral

11

Acampada libre

Ganas de festa, mochila ao ombro eoídos activados. É o único que esixe oFestival. O piñeiral da quilométrica praiade Morouzos converterase entre o 17 eo 20 de xullo na "décima cidade galega",chegando a acoller ata 5.000 tendas decampaña.

Sen cemento, pero con todos osservizos para facer o máis cómodaposible a estanza (duchas e aseos,postos de restauración...) Morouzos é amellor alternativa para os que veñen aOrtigueira buscando empaparse damaxia celta.

Batalla ás carpas dance Seguindo a liña iniciada ediciónsanteriores, a organización afondará noseu empeño por mellorar a seguridadee rematar con actividades molestas, queproliferaron neste ámbito nos últimosanos, coas conseguintes queixas porparte de moitos campistas. É o caso dascarpas dance.

A aplicación da normativa municipalsobre servizos do Festival Celta,aprobada en 2012, permitirá impedir o

acceso a Morouzos con maquinariacomo xeradores, pranchas de cociña,bombonas de gas e tamén con aparatosde música potentes, altofalantes ouamplificadores... ademais, tratarase depoñer couto á distribución de alimentose bebidas, sen os pertinentes controis, eá venda ambulante en postos nonautorizados.

Unha acampada máis sostibleEn paralelo, o Concello distribuirá, através dos programas de man, unhaserie de consellos destinados asensibilizar os visitantes acerca danecesidade de colaborar no coidado doámbito natural da praia de Morouzos.

Entre as peticións que se trasladaránfiguran que non se fagan cacharelas nopiñeiral, que eviten pisar o cordón dedunas para preservar a vexetación ouque non se acampe no areal. Ademais,pídese que poñan da súa parte nalimpeza do espazo de acampada,utilizando os colectores axeitados.

Con este obxectivo, na Oficina deTurismo e na Caseta de Salvamento deMorouzos entregaranse bolsas de lixo.

serv

izos►

Imaxe da exposición “Ortigueira X”(2011) de Kiko Delgado

Page 13: Gabinete de comunicación - Chema Corral

12

Parking vixiado “de pago”

Habilítase como no último bienio unaparcadoiro oficial vixiado preto donúcleo urbano. Trátase dun aparcadoirodisuasorio, con capacidade para uns3.500 turismos, que se sitúa á entradado pobo chegando dende Viveiro (rectada Venta).

Os prezos variarán, en función do tipode vehículo e do día de entrada norecinto. No caso de turismos, se achegan antes do fin de semana haberáque aboar 15 €, e dende o sábado 10 €.Non obstante, como en anos anteriores,será posible aparcar de xeito gratuítosen vixilancia no polígono.

Buses urbanos a 1 €

Para facilitar os desprazamentos entreas zonas neurálxicas do Festival, aempresa Arriva activa un servizo debuses urbano, que funcionará dendeprimeiras horas da mañá ata o rematedos concertos, entrada a madrugadacomunicando o aparcadoiro oficial conúcleo urbano e este coa zona deacampada. O prezo por viaxe será de 1€.

Ademais, para chegar a Ortigueira,recoméndase facer uso dos servizosespeciais que poñen en marcha ascompañías de Renfe e Autobuses Arriva.

Operativos de limpeza e seguridade

Un ano máis reforzarase o servizo delimpeza municipal para manter encondicións tanto a zona de concertoscoma a acampada e a praia deMorouzos. Os axustes impedirán acontratación de empresas auxiliaresexternas, polo que as tarefas de posta apunto serán asumidas en solitario poroperarios municipais (35 persoas).

Pola súa parte, a seguridade mobilizará

a preto de 150 persoas entre o Grupode Emerxencias Supramunicipal, Policíalocal e autonómica, Seprona, Garda Civil,GRS e máis voluntarios/as de ProtecciónCivil.

Puntos de información

Os festivaleiros poderán resolver cal-quera dúbida sobre a programación doFestival en www. festivaldeortigueira.com, naspáxinas oficiais en redes sociais ou ache-gándose aos distintos puntos de infor-mación dispoñibles no núcleo urbano.Serán tres: o posto de venda de mer-chandising (zona de concertos), a Ofi-cina de Turismo e o Centro de recepciónde visitantes.

Zona de restauración e bebidas

Como reforzo da oferta hostaleira local,a organización sacou a poxa públicaunha serie de espazos para localizarpostos destinados á venda de comida ede bebidas tanto no núcleo urbanocoma na zona de acampada.

Na Vila, as carpas de restauraciónlocalizaranse entre os Xardíns doMalecón e o Centro de Visitantes, entanto as principais barras ocupan ocontorno da zona de concertos. EnMorouzos, barras e postos de comidasestarán aparcadoiro do areal.

Bolsa de emprego

Por cuarto ano, o Concello de Ortigueiracreou unha bolsa de emprego parapersoas interesadas en traballar nodesenvolvemento do Festival. Oobxectivo, dispoñer dunha lista derecursos humanos á que poidan acudir,en caso de precisalo, as empresas queprestan servizos na cita folk. O prazopara anotarse, na Casa Consistorial,remata o 10 de xullo.

serv

izos

Page 14: Gabinete de comunicación - Chema Corral

13

serv

izos

Page 15: Gabinete de comunicación - Chema Corral

14

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira xurdiu como certame musicale folclórico no ano 1978, da man da Escola de Gaitas de Ortigueira, tomando comofonte de inspiración as relacións máis ou menos míticas entre os pobos europeosde pasado celta. Na Galicia da Transición, o Festival revitaliza o hippismo e confirerealidade ao termo liberdade.

Dende os seus inicios convértese en referencia para os amantes do folk e da festa,e nun auténtico fenómeno de masas. Esa esencia perdura tres décadas despois.

No 2000, superando uns cantos anos escuros nos que cesa a súa celebración (1989-1994) rexorde con forzas renovadas. Esta nova etapa virá marcada por unha filosofíamáis aperturista, incorporando músicas de raíz non puramente celta econsolidándose como encontro multicultural.

Multiplícase así a súa repercusión mediática, prodúcese un substancial incrementodo número de asistentes (chegando a congregar máis de cen mil persoas) e comezao recoñecemento oficial. En 2003, obtivo a consideración de Festa de IntereseTurístico Nacional e, dous anos despois, foi declarado de Interese TurísticoInternacional.

Hoxe por hoxe, o Festival Ortigueira é xunto ao de Lorient na Bretaña e ao CelticConnections de Glasgow un dos tres escaparates de referencia das músicas celtasde toda Europa.

pequ

ena

histo

ria►

Imaxe da exposición de Álvaro f. Polo “25 anos de Festival” (2009)

Page 16: Gabinete de comunicación - Chema Corral

15

►Patrocinan

►Colaboran

►Participan