Galego ANTIA

24
Tema 1 A LITERATURA POPULAR GALEGA 1.- Que é a literatura popular? Literatura popular: conxunto de textos, de formas e xéneros variados, transmitidos oralmente polo pobo. Características da literatura popular: i) transmisión oral ii) carácter anónimo: artistas individuais que non buscan a orixinalidade nin a novidade. iii) variabilidade: hai moitas versións do mesmo texto porque cada recreador fai cambios. iv) expresión sinxela v) función: divertir, entreter, ensinar, ridiculizar. 2.- A literatura popular galega A sociedade galega participou na transmisión desta literatura oral e, entre fins do s. XVIII e inicios do XIX, os ilustrados consideraron que esta actividade era un arte que debía ser valorado e conservado; por iso, estes textos comezaron a recollerse por escrito. Hoxe coñecemos estes textos a través de libros ou edicións dixitais creados a partir da transcrición e recreación dos recompiladores. 2.1.- Os xéneros da literatura popular Na literatura popular hai textos de diferentes temas e xéneros, en verso e prosa, de extensión variada, incluíndo en menor medida textos teatrais. 3.- A literatura popular en prosa 3.1.- O conto Conto: relato en prosa (tamén os hai en verso) coas seguintes características. i) preséntase como unha historia inventada ii) non se localiza nun tempo determinado (“había unha vez”)

Transcript of Galego ANTIA

Page 1: Galego ANTIA

Tema 1 A LITERATURA POPULAR GALEGA1.- Que é a literatura popular?

Literatura popular: conxunto de textos, de formas e xéneros variados, transmitidos oralmente polo pobo.

Características da literatura popular:

i) transmisión oral

ii) carácter anónimo: artistas individuais que non buscan a orixinalidade nin a novidade.

iii) variabilidade: hai moitas versións do mesmo texto porque cada recreador fai cambios.

iv) expresión sinxela

v) función: divertir, entreter, ensinar, ridiculizar.

2.- A literatura popular galega

A sociedade galega participou na transmisión desta literatura oral e, entre fins do s. XVIII e inicios

do XIX, os ilustrados consideraron que esta actividade era un arte que debía ser valorado e conservado;

por iso, estes textos comezaron a recollerse por escrito. Hoxe coñecemos estes textos a través de libros

ou edicións dixitais creados a partir da transcrición e recreación dos recompiladores.

2.1.- Os xéneros da literatura popular

Na literatura popular hai textos de diferentes temas e xéneros, en verso e prosa, de extensión

variada, incluíndo en menor medida textos teatrais.

3.- A literatura popular en prosa

3.1.- O conto

Conto: relato en prosa (tamén os hai en verso) coas seguintes características.

i) preséntase como unha historia inventada

ii) non se localiza nun tempo determinado (“había unha vez”)

iii) non se localiza nun lugar determinado, a non ser que o narrador escolla un lugar coñecido

polos oíntes para captar a súa atención e darlle verosimilitude.

iv) os personaxes poden ser seres humanos normais e correntes, animais ou personaxes fantásticos.

v) finalidade: divertir, entreter e transmitir determinados valores.

vi) clasificación temática:

a) Contos marabillosos: fadas, demos, trasnos

b) Contos de animais: fábulas ou apólogos

c) Contos de costumes: contos de personaxes humanos e acción realista

3.2.- A lenda

Lenda: relato en prosa coas seguintes características.

i) A historia preséntase como un feito real: busca a verosimilitude.

ii) Os feitos sitúanse nun tempo e nun lugar determinados.

iii) os personaxes son seres con poderes sobrenaturais.

iv) finalidade: explicar feitos naturais ou históricos.

Page 2: Galego ANTIA

v) clasificación temática:

a) Lendas etiolóxicas: explican un feito de orixe descoñecida, un topónimo…

b) Lendas haxiográficas: contan a vida de santos e os seus milagres.

c) Lendas históricas: refiren batallas, fazañas heroicas…

4.- A literatura popular en verso

4.1.- As adiviñas

Adiviñas: definición enxeñosa de algo coñecido, pero encubríndoo de xeito que o seu significado quede

velado a través de metáforas, símiles, símbolos…

4.2.- Refráns

Refráns: ditos agudos e sentenciosos que recollen a cultura e as crenzas populares.

4.3.- Trabalinguas

Trabalinguas: exercicios de pronunciación nos que se reúnen palabras longas e difíciles, moitas veces

carentes de significado.

4.4.- Romances

Romances: especie de historias ou lendas en verso de diversa temática. Habitualmente cantábanos os

cegos, acompañados de zanfona ou violín e ilustrándoos con carteis e monifates.

4.5.- Cantigas

Cantigas: composicións breves destinadas ó canto, de variados temas e formas. As estrofas máis

frecuentes son a copla (8-, 8a, 8-, 8a) e o terceto (a, -, a). Clasificación por temas:

i) Cantigas infantís: cantigas de berce ou arrolos para anainar os meniños, para xogar…

ii) Cantigas de labor: cantares de arrieiro, de canteiro, da sega, da malla…

iii) Cantigas de costumes: cantares de Entroido, coplas de maios, desafíos, regueifas…

iv) Cantos de Nadal e Reis: panxoliñas, aguinaldos…

v) Cantigas relixiosas: referidas a santos, romaxes ou santuarios.

5.- Teatro popular

a) Representacións de carácter relixioso: celebradas en igrexas ou santuarios.

b) Representacións de carácter satírico: asociadas principalmente ó Entroido, cando se representan

entremeses e comedias. Os propios ritos do Entroido teñen moito de teatro, de parodia.

6.- Literatura popular e literatura de autor

Moitos autores da literatura galega recoñecen estar influídos pola literatura popular, por iso a

reivindican. Rosalía de Castro inspírase nas cantigas, Castelao ou Cunqueiro nos contos e lendas e

Roberto Vidal Bolaño no teatro.

Page 3: Galego ANTIA

Tema 2 A LITERATURA MEDIEVAL (1)1.- Galicia na Idade Media

O auxe económico e social da Idade Media orixina un ocio na clase alta dedicado ós xogos, á caza,

ó baile e á poesía. As mostras artísticas máis importantes deste período son:

a) arte románica b) literatura galego-portuguesa

2.- A literatura galego-portuguesa medieval

Literatura galego-portuguesa: conxunto de textos, principalmente poéticos, compostos entre fins do s.

XII e mediados do XIV.

Antecedentes: -cantigas populares xurdidas en Galicia para celebrar as colleitas, a primavera…

-moda da lírica cortés en lingua romance, chegada da Provenza polo Camiño de Santiago.

Orixe da lírica galego-portuguesa: unión da lírica popular autóctona e provenzal. Etapas:

a) Primitiva: fins do s. XII e primeira metade do XIII.

b) Esplendor: segunda metade do XIII e primeira do XIV. Reis: Afonso X e Denís de Portugal.

c) Decadencia: segunda metade do s. XIV e s. XV.

3.- A lírica medieval

Corpus da lírica galego-portuguesa:1680 textos profanos e 427 relixiosos.

a) Lírica profana: *xéneros principais: cantigas de amigo, amor e escarnio ou maldicir.

*xéneros menores: pranto, tenzón e pastorelas.

b) Lírica relixiosa: Cantigas de Santa María, para honrar á Virxe.

3.1.- Os cancioneiros

Os textos da lírica profana consérvanse en tres grandes cancioneiros:

i) Cancioneiro da Ajuda: manuscrito de fins do s. XIII. Ten 300 cantigas de amor.

ii) Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa ou Colocci- Brancutti: con case 1600 cantigas e un

tratado de poética, Arte de trobar (explica as características da cantiga e as técnicas de composición).

iii) Cancioneiro da Vaticana: 1200 cantigas de todos os xéneros e obra de máis de 100 autores.

Outros manuscritos:

Pergamiño Vindel: contén as sete cantigas de Martín Códax coa súa notación musical.

Pergamiño Sharrer: coas sete cantigas de Don Denís con notación musical.

Cancioneiro da Biblioteca Bancroft: copia do Cancioneiro da Vaticana.

3.2.- Autores e intérpretes

a) Trobadores: poetas ou compositores. Proceden da nobreza laica ou eclesiástica.

b) Xograres: intérpretes que, ás veces, creaban. Procedencia social máis baixa. Cobran polo seu traballo.

c) Menestreis: instrumentistas que acompañan o recitado das cantigas.

d) Soldadeiras: mulleres cuxas danzas acompañan á actuación dos xograres. Cuestionábase o seu tipo de

vida. A máis coñecida era María Balteira.

e) Segreis: compón e interpreta. É de clase media e cobra.

Page 4: Galego ANTIA

3.3.- Xéneros da lírica profana

Temas Xéneros Caracterización

Temática amorosa Cantiga de amigo

Cantiga de amor

-voz feminina e orixe tradicional

Temática satírica Cantiga de escarnio e maldicir

4.- A cantiga de amigo

Definición: composición en boca dunha moza solteira e namorada que expresa os seus sentimentos.

Temas: lamento pola ausencia do amigo, alegría polo reencontro, enfado co namorado, paixón…

Características: o trobador adopta a voz feminina e o xograr interpreta a composición.

Orixe: tradición lírica popular maioritaria na Península, común as Kharxas mozárabes e ós villancicos

casteláns, caracterizados por i) o carácter feminino, ii) o ambiente doméstico e familiar e iii) o ritmo

repetitivo.

Palabra clave: amigo.

Interlocutores: ela mesm, a nai, as irmás, as amigas ou os elementos da natureza (confidentes).

Símbolos:

Cervo: namorado vento: masculinidade cabelo: virxinidade

Flores: sensibilidade da primavera mar tempestuoso: paixón auga: fecundidade ou pureza da rapaza

4.1.- Variedades temáticas

a) Mariñas ou barcarolas: localizadas no mar, co que pode conversar a rapaza.

b) Cantigas de romaría: situadas nunha capela, igrexa ou ermida, onde a moza se reúne co namorado.

c) Bailadas: a moza expresa a alegría de vivir por estar namorada. Anima a bailar ás compañeiras.

d) Albas ou alboradas: separación dos amantes ó amencer.

4.2.- Recursos formais

Paralelismo: repetición, con pequenas variantes, duns versos na estrofa seguinte (verbal ou literal).

Pódese expresar a idea con outras palabras (semántico) ou a estrutura sintáctica (estrutural).

Leixaprén: repetición dos 2º versos de cada par de estrofas como 1º dos seguintes.

Refrán: repetición literal dun, dous ou tres versos ó final de estrofa.

-Voz masculina

-Orixe provenzal

Page 5: Galego ANTIA

Tema 3 A LITERATURA MEDIEVAL (2)1.- A cantiga de amor

Definición: composición amorosa na que o trobador expresa o seu amor por unha dama (“senhor”).

Orixe: adaptación da cansó provenzal que segue a teoría do amor cortés, un sentimento ó que se aplica o

esquema das relacións feudais (a muller é unha aristócrata á que o home lle debe total submisión). A

amada aparece idealizada física e moralmente. O home admíraa ou expresa a súa coita (dor) ó non ser

correspondido, o que lle pode causar falta de sono, de apetito ou inclinación á morte.

Temas:

a) Eloxio da dama: beleza física e perfección moral.

b) O amor do poeta.

c) A reserva da dama: discreción e mesura do trobador ante a súa indiferenza.

d) A coita de amor e as súas consecuencias: perder o sono, o sen, morrer de amor…

Destinatario: pode ser a senhor, os amigos Deus ou o amor personificado.

1.1.- Clasificación das cantigas de amor

O número de estrofas dunha cantiga de amigo varía, pero non soe pasar de tres. Cada estrofa ten

un número indeterminado de versos: catro nas de refrán e sete nas de mestría.

a) Cantigas de refrán: con versos que repiten en todas as estrofas e forman o refrán. Parécense ás

cantigas de amigo nos paralelismos, rima asonante femia…

b) Cantigas de mestría: sen refrán e semellantes á cansó provenzal. Para os trobadores son as máis

perfectas.

1.2.- Recursos formais

-Dobre: repetición dunha palabra en lugares simétricos da mesma estrofa.

-Mordobre: repetición en lugares simétricos dunha estrofa dun lexema con sufixos diferentes.

-Finda: estrofa máis breve situada ó final da cantiga, que resume o seu contido.

-Atá finda: concatenación de estrofas por medio de encabalgamentos ata chegar á finda.

Page 6: Galego ANTIA

Tema 4 A LITERATURA MEDIEVAL (3)1.- As cantigas de escarnio

Definición: composicións de carácter satírico, orientadas ó escarnio e maldicir.

Orixe: confluencia dun xénero provenzal (sirventés) e unha tradición autóctona de carácter oral. Fronte á

crítica seria do sirventés provenzal, as cantigas galego-portuguesas buscan a burla, facer rir.

Temas: todas as clases sociais e oficios son obxecto da burla máis cruel.

Tipos:

Cantigas de escarnio: a sátira encóbrese con dobres sentidos, xogos de palabras, equívocos…

Cantigas de maldicir: a sátira é directa e evidente, clara, sen ambigüidades.

1.1.- Clasificación temática

a) Sátira política: sobre feitos daquel tempo, como o conflito sucesorio polo trono portugués.

b) Sátira social: ridiculizan clases sociais diferentes, principalmente ós infanzóns.

c) Sátira de costumes: burla da crenza en agoiros, as modas no vestir…

d) Sátira literaria: escarnio mutuo entre trobadores e xograres sobre as súas habilidades.

e) Sátira de temática sexual: ás veces obscenas, refírense ás prácticas eróticas de soldadeiras, cregos…

f) Sátira moral: temática seria e amarga, sobre os vicios da época. Parécense ó sirventés pola intención

didáctica e moralizadora.

1.2.- Recursos formais

Xa que seguen a lírica provenzal, teñen os mesmos trazos que as cantigas de amor.

a) Cantigas de mestría e cantigas de refrán.

b) Mesmos recursos formais: dobres, mordobres…

*Destaca o iso da ironía, o equívoco e unha linguaxe rica e variada, que abrangue diversos

campos.

Page 7: Galego ANTIA

Tema 5 A LITERATURA MEDIEVAL (4)1.- Xéneros menores da poesía profana

Outros xéneros menos cultivados que as cantigas son:

a) Pranto: poema de loanza a un personaxe morto, normalmente de gran importancia social.

b) Tenzón: composición dialogada na que dous trobadores discuten sobre as súas habilidades poéticas

ou sobre outro tema. Dan a súa opinión en estrofas alternas. O primeiro en falar escolle a métrica.

c) Pastorela: composición sobre o encontro dun cabaleiro cunha pastora nun lugar idílico. A súa orixe

era provenzal. A pastorela provenzal tiña este esquema:

a. Comezo narrativo sobre o encontro do cabaleiro coa pastora

b. Descrición do lugar: locus amoenus

c. Descrición da dama, semellante ó eloxio da dama da cantiga de amor

d. Diálogo entre dous personaxes: proposta amorosa do cabaleiro

e. Resposta da pastora: rexeita ou acepta

*A pastorela galego-portuguesa podía eliminar algunha destas secuencias e incorporar outros

elementos: o punto de vista da cantiga de amor; o tema, o vocabulario e o escenario da cantiga de amigo

e o carácter narrativo da cantiga de escarnio.

2.- A lírica relixiosa. As Cantigas de Santa María

Cantigas de Santa María : 427 cantigas na honra da Virxe que foron compostas na corte toledana de

Afonso X O Sabio. Pola súa forma e estrutura poden ser:

a) Cantigas narrativas: contan milagres realizados pola Virxe. Comezan cun refrán lírico, que se repite

tras cada estrofa.

b) Cantigas líricas: composicións en forma de oracións, loanzas e cancións en honra de Santa María.

Destacan as Cantigas de loor, situadas cada nove cantigas narrativas e son unha especie de cantigas

de amor ó xeito divino, nas que a Virxe é a dona a quen eloxia e ama o rei trobador.

2.1.- Temática das cantigas

Temas variados: de milagres intranscendentes a situacións sobrenaturais.

Personaxes: toda as clases sociais da época.

Argumento: recreacións de textos de coleccións medievais de milagres, lendas e narración latinas,

relatos orais, acontecementos persoais…

Conservación: en catro códices na Biblioteca Nacional de Madrid, na do Escorial e na Biblioteca de

Florencia. Contan con miniaturas e notación musical.

3.- A prosa medieval

Desenvólvese entre os s. XIII e XV. Diferéncianse:

a) Prosa de ficción ou prosa narrativa: versións ó galego de obras que circulaban por Europa e que

acadaran grande éxito.

Page 8: Galego ANTIA

b) Prosa non narrativa: obras de carácter histórico, lúdico, xurídico…

3.1.- Prosa de ficción

a) Ciclo clásico: relatos sobre a guerra e a destrución de Troia. Crónica Troiana e Historia Troiana.

b) Ciclo artúrico, ciclo bretón ou materia de Bretaña: Libro de Xosé de Arimatea (recolle o sangue de

Cristo no graal), Fragmento do Merlín (profecías do mago), Demanda do santo graal (os cabaleiros da

Táboa redonda buscan o graaal).

c) Milagres de Santiago: versión ó galego do Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus, sobre os milagres

do apóstolo Santiago. A obra pretendía enxalzar ó apóstolo e aumentar as peregrinacións.

3.2.- Prosa non narrativa

a) Prosa historiográfica: narracións históricas como Crónica Xeral Galega, General Estoria…

b) Prosa xurídica e didáctica: ordenanzas municipais, tratados sobre enfermidades e o coidado de

animais, regulamentos dos gremios…

Page 9: Galego ANTIA

Tema 6 A LITERATURA DOS SÉCULOS XV A XVIII1.- Séculos XV-XVII

Tras a Idade Media: longo período de decadencia la lírica galego-portuguesa, que chega ata o s. XVIII.

Causa: coa morte do rei don Denís e o seu fillo, a escola trobadoresca galego-portuguesa é substituída

pola galego-castelá.

Situación lingüística: o galego perde o seu prestixio e relégase ó ámbito oral e familiar. A literatura

castelá e a portuguesa viven o Renacemento e do Barroco, mentres que a literatura galega se freou.

Escasas mostras literarias conservadas:

a) Literatura oral, anónima e tradicional: contos, cantigas, refráns… Ex: romances sobre a

rebelión, o apresamento e decapitación do mariscal Pardo de Cela.

b) Poesía académica: composición renacentistas ou barrocas de Martín Torrado, Isabel de

Castro…

c) Panxoliñas: gran desenvolvemento pola galeguización do tema de Nadal, debido á

identificación entre Galicia e Galilea.

d) Teatro: a primeira peza conservada é o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño, de Feixoo

de Araúxo.

2.- Século XVIII

Cambio coa Ilustración: reacción contra a marxinalidade lingüística e cultural de Galicia. Os ilustrados

buscan a dignificación da nosa terra, estudan a súa lingua, recuperan o cultivo literario e sentan as bases

de cara ó renacemento posterior.

Autores destacados:

a) Padre Feixoo: defende a dignidade da lingua galega, nega que sexa un dialecto do castelán e

compárao con outras linguas romance.

b) Padre Sarmiento: fai estudos sobre a lingua galega, recompila léxico, indaga na súa etimoloxía

e defende o emprego do galego no ensino, na Igrexa e na Administración.

Page 10: Galego ANTIA

Tema 7 A LITERATURA DO SÉCULO XIX1.- Primeiros textos

s. XIX: iníciase a recuperación progresiva da literatura galega.

Primeiras décadas s. XIX: obras de pouco valor literario e de contido propagandístico.

1842: publícase a obra de teatro A Casamenteira, de A. B. Fandiño, sobre as vodas de conveniencia.

2.- Os Precursores do Rexurdimento

Metade do século XIX: xeración dos Precursores do Rexurdimento, á que pertencen autores previos á

publicación de Cantares Gallegos de Rosalía (1863). Son a 1ª xeración galeguista.

*Esta recuperación a nivel literario tamén se produce nos eidos político e económico polo que

impulsa o xurdimento da ideoloxía galeguista. Escribir en galego é entón unha actitude de compromiso.

Temas:

a) Exaltación da paisaxe galega

b) Apoloxía do idioma: dignificación, emprego e uso

c) Denuncia dos males do país, como o atraso económico

d) Defensa fronte a ataques e desprezos que sofren Galicia e os galegos

Autores:

a) Xosé Manuel Pintos: A gaita gallega, primeiro libro da literatura galega contemporánea

b) Francisco Añón: publicou en xornais e revistas composicións costumistas e reivindicativas

1861: primeiros Xogos Florais de Galicia, gañados por Añón

1862: publicación do Álbum de la Caridad, no que se recollen composicións premiadas e outras de

autores da época como Rosalía.

3.- O Rexurdimento

1863: publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Inicio do Rexurdimento.

1916: fin do Rexurdimento coa creación das Irmandades da Fala.

Características: recuperación do cultivo dunha literatura en galego da man de Rosalía, Manuel Curros

Enríquez e Eduardo Pondal.

Outros autores:

a) Valentín Lamas Carvajal: dirixe o primeiro xornal en galego, O tío Marcos da Portela. Crea

obras de poesía e narrativa como O catecismo do labrego.

b) Manuel Leiras Pulpeiro: autor de Cantares Gallegos, de tema costumista, social e anticlerical.

c) Marcial Valladares: fai unha gramática, un dicionario e a primeira novela en galego, Maxina

ou a filla espúrea.

d) Antonio López Ferreiros: autor de tres novelas históricas románticas como O Castelo de

Pambre.

e) Francisco Álvarez de Nóvoa: publica o libro de relatos Pé das Burgas e contos.

Page 11: Galego ANTIA

Tema 8 ROSALÍA DE CASTRO1.- Biografía (Santiago, 1837- Padrón, 1885)

Familia: filla dunha fidalga solteira, María Teresa de Castro, e de Martínez Viojo, crego de Iria Flavia.

Os primeiros anos pasounos coa tía paterna na aldea, apreciando costumes que logo trataría.

Xuventude: na adolescencia foi a Santiago coa súa nai, estudou no Liceo de la Juventud e participou en

veladas literarias e musicais, Logo marchou a Madrid, publicou o poemario La Flor e coñeceu a

Murguía, co que viviu en diferentes lugares. No tempo do seu matrimonio e a pesar dos seus problemas,

creou Cantares Gallegos, Follas novas e a maioría das súas novelas en castelán.

Volta a Galicia: vive na Coruña, Santiago e Padrón, onde escribe En las Orillas del Sar xa enferma de

cancro. Morreu o 15 de xullo de 1855 e os seus restos están no Panteón de Galegos Ilustres na igrexa de

san Domingos de Bonaval en Santiago.

2.- Rosalía entre as mulleres escritoras do XIX

Desde a 2ª metade do s. XIX: aumentan o número de mulleres dedicadas á literatura a pesar de que a

sociedade era hostil e contraria a que saíse do ámbito doméstico.

Orixe: a Ilustración defendeu a alfabetización universal. Rosalía englóbase no grupo de autoras

pioneiras que forman E. Pardo Bazán, Concepción Arenal, Fernán Caballero, as irmás Brönte…

Influencia nos escritos: Rosalía trata nos seus ensaios e poemas o problema da muller escritora do seu

tempo, amosando os problemas de desafiar as convencións sociais sobre o rol asignado á muller na

sociedade.

3.- Obra literaria

-dous libros: Cantares Gallegos e Follas Novas

-un libro de poesía en castelán: En las Orillas del Sar

-catro novelas en castelán: El caballero de las botas azules, La hijas del mar, Ruinas e Flavio.

3.1.- Cantares Gallegos (17 de maio de 1863)

a) inicia o Rexurdimento pleno, por iso nesta data se celebra o Día das Letras Galegas

b) estrutura circular: 36 poemas. No primeiro, unha rapaza (= autora) expón a súa intención de cantar a

beleza de Galicia. No último, esa rapaza descúlpase polas imperfeccións do seu canto. No medio están

os poemas que cantan a Galicia con afán reivindicativo: dar a coñecer Galicia e desterrar os prexuízos

contra o noso país.

*Os poemas son glosas de cantares populares situados no inicio ou remate da composición e que

Rosalía desenvolve ó longo dos seus versos.

c) obxectivos publicados no Prólogo:

- dignificación e exaltación de Galicia

- denuncia das inxustizas e marxinacións de Galicia

- defensa do idioma galego

Page 12: Galego ANTIA

d) liñas temáticas:

i) Temática costumista: poemas descritivos que presentan paisaxes, crenzas, costumes,

tradicións… con afán reivindicativo, dar a coñecer a verdade de Galicia e desterrar os prexuízos.

ii) Temática amorosa: poemas en forma de monólogo ou diálogo sobre a maneira de vivir o amor

en diferentes personaxes e circunstancias.

iii) Temática intimista: dous poemas nos que expresa os seus sentimentos (“Campanas de

Bastabales” e “Como chove miudiño”

iv) Temática social-patriótica: poemas sobre a emigración, os seus motivos e consecuencias.

3.2.- Follas Novas (publicado en 1880)

“Dúas palabras da autora”: prólogo no que di que os seus versos son fillos da súa tristura, da

enfermidade e da ausencia, polo que reflicten pesares propios e alleos. Predomina unha temática grave e

pesimista.

Liñas temáticas:

a) Temática intimista: inquietudes persoais, paso do tempo, dor, morte, saudade. Predomina o ton

amargo e o pesimismo.

b) Temática social: afonda nas inxustizas de Galicia e os galegos que causan a emigración. Sigue

a liña reivindicativa e incorpora novos temas como o da muller abandonada e deshonrada.

Estrutura (cinco seccións)

I <<Vaguedás>>

II <<Don íntimo>>

III <<Varia>>

IV <<Da terra>>

V <<As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos>>

POESÍA INTIMISTA, SUBXECTIVA-eu lírico-análise da súa alma-ton elexíaco

POESÍA SOCIAL, OBXECTIVA-Galicia -Denuncia da situación miserable de Galicia-Crítica social

Page 13: Galego ANTIA

Tema 9 CURROS ENRÍQUEZ1.- Biografía (Celanova, 1851- A Habana, 1908)

Infancia: en Celanova, marcada polos conflitos co seu pai.

Adolescencia: en Madrid, onde estuda bacharelato, dereito e traballa en distintos xornais. Publica o seu

primeiro poema en galego “Cántiga”.

Consagración: gaña un premio literario en Ourense (1871) con “A Virxe do Cristal”, “O gueiteiro”,

“Unha voda en Einibó”. Volve a Galicia como funcionario e vai compoñendo Aires da Miña Terra

(1880), obra denunciada polo bispo de Ourense por ser aldraxante para a fe católica. Tras ser

excomungado e condenado a prisión, finalmente absolvérono.

Madurez: emigra a Cuba, colabora en varios xornais e participa na creación da RAG. Morreu na Habana

en 1908, pero os seus restos trasladáronse á Coruña.

2.- Obra literaria

2.1.- Aires da miña terra (1880): 21 poemas con 3 liñas temáticas fundamentais

a) poesía social ou cívica: cría que o poeta debía comprometerse co pobo e os problemas da sociedade.

Critica á igrexa por fomentar o fanatismo e a superstición, que provocan a ignorancia e o atraso. Ataca a

fidalgos, caciques e beneficiarios dos foros e impostos dos labregos, que os obrigan á emigración. Os

seus poemas reflicten ideas progresistas.

b) poesía costumista: Curros toma a estética romántica e costumista do seu tempo, seguindo a Rosalía e

á poesía popular. O costumismo dos tres poemas premiados mestúrase coa reivindicación. Temática

escasa e combinada coa social.

c) poesía lírica: poemas nos que expresa o seu propio ánimo. Trata sucesos familiares como o

nacemento do primeiro fillo, a morte da nai e un fillo… Visión pesimista da existencia.

2.2.- O divino sainete (1888)

-longo poema narrativo de tema satírico e social.

-toma como modelo a Divina Comedia de Dante.

-tema: peregrinación imaxinaria a Roma para gañar o xubileo, acompañado de Francisco Añón nun tren

de sete vagóns, símbolo dos sete pecados capitais.

-forte sátira anticlerical, social e literaria.

Page 14: Galego ANTIA

Tema 10 EDUARDO PONDAL1.- Biografía (Ponteceso, 1835- A Coruña, 1917)

Infancia: naceu en Ponteceso nunha familia fidalga. A paisaxe da comarca de Bergantiños é o marco

espacial do seu mundo mítico.

Xuventude: estudou bacharelato en Santiago de Compostela e entrou en contacto cos galeguista no

Liceo de la Juventud. Exerceu de médico en Ferrol, pero pronto voltou a casa para dedicarse a escribir.

Madurez: pasou tempadas na Coruña e foi amigo de galeguistas como Murguía ou Carré. Foi ás tertulias

da Cova Céltica, grupo de intelectuais interesados en Galicia, na súa cultura e na defensa da orixe celta

do noso pobo. Alí chamábano o bardo.

2.- Obra literaria

1ª publicación: o poema “A campana de Anllóns”, incluído no Álbum de la Caridad.

1886: publica Queixumes de los pinos, reelaborando o poema bilingüe previo Rumores de los pinos.

1992: ano ata o que permaneceu inédito o poema épico Os Eoas (sobre o descubrimento de América).

2.1.- Queixumes dos pinos

Estrutura: 91 poemas. No primeiro, de camiño a Ponteceso oe os queixumes dos piñeiros. Logo

tradúceos en boca do bardo, que revela as mensaxes do cosmos. Ó final, o bo bergantiñán aclara o

significado das mensaxes do bardo.

Temas:

Pasado (+) Presente (-) Futuro (+)

Idade de ouro: etapa

gloriosa do devanceiros celtas

Escravitude: perda dos sinais

de identidade (a lingua)

Esperanza e triunfo

a) Poesía cívico-patriótica: trata de exaltar Galicia. A súa poesía relaciónase cos historiadores

galegos da época, interesados nas raíces celtas de Galicia. Pondal é o poeta do celtismo e

recrea unha mitoloxía celta protagonizada por Breogán. Pondal vese como un bardo que guía ó

pobo e pretende ensinarlle o seu pasado heroico celta para que procure a súa redención e

liberación colectiva. O pasado celta e o futuro esplendoroso opóñense ó negativo do presente,

un contraste reforzado a través da adxectivación.

b) Poesía lírica: os temas principais son a natureza e a muller. A natureza pura sen presenza

humana, con gándaras e fragas, habitadas por cervos, raposos e corvos. A muller pode verse

idealizada, ó xeito romántico, que inspira o platonismo; ou desde unha perspectiva popular,

como presa do home e obxecto para a paixón.

3.- A lingua de Pondal

Tratou de converter o galego nunha lingua literaria culta. Seleccionou o seu léxico, baseándose na

sonoridade das palabras e incorporando cultismos, principalmente gregos.

Page 15: Galego ANTIA

Tema 11 A NARRATIVA DO SÉCULO XIX1.- O panorama da narrativa no século XIX

Xénero: a poesía é o máis cultivado, pero pouco a pouco sobresaen a narrativa e o teatro.

*A novela foi o menos desenvolto porque non había xente acostumada a lela.

*A maioría das escasas novelas e relatos que había publicábanse en prensa.

2.- A novela

2.1.- Marcial Valladares

Maxina ou a filla espúrea: primeira novela moderna

a) Obra realista con elementos románticos e folletinescos.

b) Espazos: -Santiago: residencia das clases medio-altas => castelán

-Val do Ulla: clases populares => galego

c) Importancia: novela bilingüe para manifestar a situación de diglosia da época.

2.2.- Antonio López Ferreiro

Obras: novelas históricas de tipo romántico.

*A tecedeira de Bonaval: situada no s. XVI.

*O castelo de Pambre: reconstrúe o s. XIV.

*O niño de pombas: Galicia do s. XII.

3.- O conto literario

Xénero: máis presente que a novela porque é menos complexo e hai costume de oír contos populares.

Tema: ruralista, costumista e sentimental. Predominan descricións de paisaxes, humor e picaresca.

3.1.- Valentín Lamas Carvajal

-dirixe a primeira publicación periódica íntegra en galego: O tío Marcos da Portela

-escribe o libro máis exitoso do XIX: O catecismo do labrego, en forma dialogada

*imita o catecismo do padre Astete

*nas respostas, con burla e ironía deseña o retrato do labrego galego e as súas condicións de vida.

-poemarios: Espiñas, follas e frores, Saudades gallegas, A musa das aldeas.

3.2.- Francisco Álvarez de Nóvoa

-Pé das Burgas: colección de relatos en cuxo prólogo cuestiona o feito de restrinxir o galego para a

temática ruralista e propón crear unha prosa culta de tema universal e moderno.

-Beira o Barbaña: recompilación dos seus contos espallados na prensa.

***A prosa galega destes autores será continuada no século seguinte polo Grupo Nós***