ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en...

12
Unha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente divertida!

Transcript of ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en...

Page 1: ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas de diferentes eventos.

Unha comedia

MONSTRUOSA,

monstruosamente

divertida!

Page 2: ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas de diferentes eventos.

TIPO: Teatro Breve. XÉNERO: Comedia.

SUBTIPO: Comedia Feminista. TONO: Humor tenro e brutiño.

ACTRICES: Arancha Treus, Deborah Vukusic, Rocío Romero. DIRECIÓN: Marián Bañobre. TEXTO: Bañobre, Romero, Treus e Vukusic. PRODUCE: Enconarte Producciones. DURACIÓN: 50 min. IDIOMA: Galego e Castelán / Castelán TARGET: +16 anos.

“Dúas bonecas de “Famosa”e unha de “Mattel” vense desbordadas

cando a súa compañeira de xogos e dona, unha nena chamada

“América” decide abandonalas fronte unha vida chea de barreiras

cíclicas para a muller…”

Page 3: ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas de diferentes eventos.

Trata sobre tres bonecas: unha Barbie, unha Nancy e unha

Barriguita que están inquedas porque á súa dona, “América”

(Tamén alter-ego da “monstruación"), veulle a regra e deixa

de xogar con elas.

Estes personaxes vanse humanizando para contarnos as súas

experiencias vitais individualmente:

Bárbara, ten millóns de ocupacións profesionais, está

operadísima e casada con Ken.

Nansy, esquiadora de elite en Alacante, ve como a súa vida

persoal e profesional é interrompida pola súa amiga América.

E Barri, emigrante dunha reserva india, traballa como tele

operadora no teléfono da esperanza, está casada cun dos

seus curmáns ao que lle deu unha chea de fillos e está farta de

non facer nunca porcalladas na cama.

Page 4: ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas de diferentes eventos.

Cada unha delas representa a vida menstrual en mulleres

diferentes:

A que a sofre, a que non se decata de que a ten e a que case

non a padeceu por pasarse media vida parindo e lactando.

Chegadas a un punto as actrices interrompen a peza

argumentando que o que están a facer non é apropiado e que

de feminista ten máis ben pouco.

Despois de varias discusións entre elas, deciden retomar a obra

cun rito de agradecemento á menstruación, que vira arredor

dunha urna chea de compresas, copas vaxinais e tampóns

para renderlle homenaxe por existir.

Ao fin e ao cabo todxs estamos neste mundo grazas a ela!

Page 5: ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas de diferentes eventos.

“Despois do éxito acadado con "Non é país para conas" as

actrices de Enconarte Producciones, dirixidas por Marián

Bañobre, volvemos con outra comedia breve, de creación

colectiva, sen pelos na lingua, para falar deste tema, tan de

moda agora e que sempre estivo presente na sombra: A

"MONSTRUACIÓN".

Ademáis de contar co mesmo elenco e de abordar a temática

feminina "MONSTRUACIÓN" ten, en común con "Non é país

para conas”, o selo de “Enconarte Producciones”, que se

define por unha posta en escena moi divertida e polo uso da

linguaxe de maneira directa, sen pelos na língua.

Para nós o título non podía ser outro. A nosa sociedade

encargouse de “monstroizar” demonizando o noso ciclo

menstrual e partindo da base de que Enconarte Producións é

unha compañía formada por mulleres, sabemos en primeira

persoa do que falamos.

Somos capaces de rirnos de nós mesmas para darlle o valor

que se merece o noso ciclo menstrual.

Page 6: ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas de diferentes eventos.

Nesta viaxe fichamos a Marián Bañobre para o noso equipo,

xa que queríamos facer unha creación colectiva e tivemos

claro que ela sería a guía adecuada para, a través de xogos

de bufón e de clown construír unha peza fresca, bizarra e

orixinal.

O cartel creóuno a deseñadora gráfica Cristina Cotelo, autora

de “Monstruantes, os “Mounstros Sanguentos”.

Ninguén como ela para construír a nosa imaxe.

Desexamos divertir, divertirnos, facer denuncia social,

empoderar á muller, exercer o feminismo e romper tabús, nin

máis nin menos!

E aínda que poida parecer pretencioso cremos que este

espectáculo pode ser catárquico para o público feminino, e

até pedagóxico para o masculino.

Page 7: ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas de diferentes eventos.

ARANTXA TREUS

Fórmase como actriz na Artística (Vigo) con Alfredo

Rodríguez e na Escola de Teatro Arte 4 (Madrid), onde

estuda voz e interpretación audiovisual con mestres

como Jorge Coira, Mariana Carballal ou Luís Gimeno.

Ten experiencia en teatro clásico en que represento

pezas de Chéjov e de García Lorca, da man de Jesús

Calvo e Alfredo Rodríguez.

Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en

Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas

de diferentes eventos.

Actriz de cinema na película Catalina de Mario Igrexas

e de TV., con impecables aparicións na serie Gondar,

tamén encarnou o personaxe de Maca na serie

Serramoura da Televisión de Galicia e recentemente en

Fariña de Antena 3 á muller de Falconeti.

Traballou nunha ducia de curtametraxes, rodadas en

Galicia, Madrid e Tenerife.

Arantxa tamén é co-fundadora da compañía infantil

Falabaratas e en Monstruación representa a BARRI.

Page 8: ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas de diferentes eventos.

DEBORAH VUKUSIC

É Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade

de Alcalá de Henares e en Interpretación Textual pola

R.E.S.A.D., completa a súa formación en Francia e en

EE.UU. e en cursos do Teatro da Abadía.

Actualmente tamén participa na peza Raclette de

Ibuprofeno Teatro e estivo a encarnar a Violette en

Presas no Centro Dramático Nacional.

Traballou nas series de TV, O Final Do Camiño,

Serramoura, Luci, Piratas, Matalobos, A Tira, O

Comisario ou L.E.X. e como presentadora e guionista

en Máis Retranca, A Favorita e Top 10.

En cinema aparece en: A Praia dos afogados, Todos os

Santos, Inevitable, Vilamor, Persoal Movie, Vacas,

porcos e zapatos de tacón e en A pesar de todo,

Quérote.

Creou, escribiu, produciu e interpretou, xunto a Israel

Nava, a serie web jokebusiness.net

Polas curtametraxes Paixón e 3-1=0 recibe os

galardóns a Mellor Actriz no Festival de Cans, Selectiu

Única e Artabriño.

Nesta comedia é BÁRBARA

Page 9: ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas de diferentes eventos.

ROCÍO ROMERO

Fórmase en diversas escolas de teatro, a Artística de

Vigo, Santart (Santiago de Compostela) e licénciase en

Arte Dramática pola Escola Superior de Arte Dramática

de Galicia en Interpretación Textual.

Ademais fórmase en disciplinas artísticas como o

clown, commedia dell´arte, interpretación para a

cámara, cabaret, biomecánica...

A súa vocación de actriz compaxínaa coa docencia

teatral a xestión cultural e a programación teatral.

Actualmente desenvolve o seu traballo como actriz nas

compañías Falabaratas de teatro infantil e Enconarte

Producións para público adulto.

Coa empresa a Turiña está no proxecto Cunca e

Nécora e traballa para varias empresas como

programadora cultural.

É profesora de teatro e co-fundadora do Estudo Bonobo

(Pontevedra) de recente creación e de aspiracións

revolucionarias.

En Monstruación interpreta a NANSY.

Page 10: ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas de diferentes eventos.

MARIÁN BAÑOBRE

Licenciada en Socioloxía pola Universidade da Coruña

conseguiu a súa diplomatura pola escola actoral

CASAHAMLET da Coruña baixo a tutorización de Manuel

Lourenzo e Santiago Fernández. Ademáis completa a súa

formación cun posgrao en Arte Dramática: Teoría e

práctica da Interpretación da Universidade de Santiago de

Compostela.

Fórmase con mestres como Benito Zambrano, John Wright,

Dominik Burucki, Helen Rowson, Pierre Byland, Tom Greder,

Claudia Contín, Ferruccio, Etelvino Vázquez, Antonio Fava,

Vicente Fontes, Eric de Bont, Leo Bassi, Theodor Smeu e Mar

Navarro. Especializándose en commedia dell´arte, bufón e

clown.

En televisión traballou en Escoba, Ou Nordés. Última hora,

Ou show dous Tonechos, Air Galicia e en teatro en Raclette,

Ou Furancho, Fitness, Pequenos actos

pseudorrevolucionarios que non serven para cambiar ou

mundo pero fan que quedemos máis tranquilos e A filla de

Woody Allen, co seu cía. Ibuprofeno Teatro e en máis de

pezas da man de Sophie Gazel e Carlo Colombaioni.

Consegue o premio MARIA CASARES no ano 2006 como

actriz secundaria por TARTUFO e en 2013 como actriz

protagonista por Pequenos actos pseudorrevolucionarios

que non serven para cambiar ou mundo pero fan que

quedemos os meus tranquilos.

Page 12: ha comedia MONSTRUOSA, monstruosamente …Fué presentadora en Sábeo todo Vigo de Localia TV, en Quérote tanto de Televisión de Galicia e en varias galas de diferentes eventos.

REQUERIMENTOS TÉCNICOS*:

Dimensión mínima escenario: 3’20 x 3’60m.

Dous enchufes a terra (para amplificación e looper).

*No caso de que a actuación estuvise programada para facerse ao aire libre, a microfonía, a

iluminación correrían a cargo de la empresa contratante.

CACHÉ: 968 € IVA Incluido**.

** (Non inclúe dietas, nin desprazamentos. Correrían a cargo da empresa contratante)

www.enconarte.com // +i: 662.405.777 // [email protected]