Historia de españa,das raíces históricas ao reformismo borbónico

135
Historia de España

Transcript of Historia de españa,das raíces históricas ao reformismo borbónico

Historia de España

O paleolítico

• Paleolítico inferior 2.000.000 a 100.000 anos

• Paleolítico medio 100.000 a 40.000

• Palolítico superior 40.000 a 10.000

• desenvolvese neste período o proceso de

hominización, desde as primeiras especies hai

uns 7.000.000 millóns de anos

Rexistro fosil

• Ardipithecus ramidus 4.4millóns

• Australophitecus anamensis 4 mill

• Australophitecus afarensis(Lucy)3,5 mi

• Australophitecus africanus

• Homo hábilis 2,5 millóns de anos

• Homo Ergaster 2 millón de anos

• Homo erectus 1.000.000

• Homo Antecessor 800.000 anos. Restos

achados na serra de atapuerca en burgos

• Homo heidelbergensis 500.000 anos.

numerosos restos en atapuerca

• Homo neanderthaliensis 200.000. Restos en

xátiva, Granada

• Homo sapiens150.000

• En el paleolítico superior tenemos numerosos

restos de cultura material: arpones, azagayas,

picos y algunas de las más importantes

manifestaciones artísticas, las pinturas

parietales de Altamira, Parpalló..

O neolítico

• Mesolítico, etapa de transición cara ao neolítico 10.000 a 7.800.

• Neolítico 7.800.Aparece a agricultura e a gandería. Na Península chega cara ao V milenio, coas especies transformadas e a cerámica.

As primeiras poboacións caracterízanse pola

utilización de cerámica cardial (montserratina) e se

estenden polo litoral mediterráneo:cataluña, valencia,

Andalucía.

Cara o 3400- 2300 se coñece a cultura dos “sepulcros

de fosa” en Cataluña.

O III milenio supon a entrada da Península na

economía incipiente dos metais.

Idade dos metais

O calcolítico o idade do cobre

4000 ac• Neste momento aparece o uso do cobre.

• O territorio peninsular esta dividido en distintos grupos e aparecen as primeiras civilizacións metalúrxicas e os monumentos megalíticos. Destaca a cultura dos millares en almería(2300-1800)

• A cultura do vaso campaniforme

• El galicia se desenvolve o megalitismo e

aparecen os característicos petróglifos,e

dolmens.

A metalurxia do bronce

2.000-1.000 ac

• Destaca a cultura de El Argar, en Almería

e Granada e pola cultura talaiotica ou

baleárica.

A idade do Ferro 1.000

• Supon a chegada dos primeiros

colonizadores procedentes do

mediterráneo:Fenicios, gregos e romanos

• Pobos procedentes de centroeuropa como

os celtas.

A cultura castrexa

• Na zona galaica se desenvolve entre os

séculos VII-VI a.c. a cultura castrexa,

denominada así polo tipo de hábitat

característico: o castro

• Esta cultura pervivirá en época romana

séculos II e I a.c.

O Reino suevo en Galicia

• O pobo xermánico dos Suevos chegou a

Hispana no ano 406, xunto con vándalos e

alanos

Os visigodos

• O Imperio romano autoriza aos visigodos

a estenderse por Hispania e expulsar a

Suevos , vándalos e alanos entre o 416 e

o 417. Pero os Suevos permanecerán en

Galaecia.

O reino visigodo 507-711

• Ao desaparecer o Imperio romano no 476,

os visigodos estableceron un reino

independente con capital en Toledo.

• Iniciaron un proceso de unificación

territorial e de feudalización

• Incorporan o reino suevo no 585.

Al Ándalus• No 711, Al Tariq, ao mando dun exército

bereber musulman inicia a conquista da península.

• Emirato dependente (714-756)

• Emirato Independente(756-929)

• Califato de Córdoba(929-1031)

• Reinos de Taifas

• Almorábides

• Almohades

• Reino Nazarí de Granada

Os primeiros reinos cristians(s.VIII-

XII)

• O Reino Astur-leonés (739-756)

Reino de León (914-924)

Condado de Castela

• Reino de Pamplona

• Reino Navarra.esplendor con sancho III

o Maior (1000-1035)

• Divide o reino entre os seus fillos.

Fernando I será rei de Castela.

• Reino de Aragón

• Condados catalans. A marca hispánica

• As institucións básicas de goberno nos

reinos cristiáns son:

• Monarquías

• As Cortes (Curia Reg Ex+cidades)

• Os municipios ( se recuperan a partir do

século XII)

• Diferencias entre a Coroa de Castela e a

Coroa de Aragón

Bases económicas• En Castela: gandaría ovina

• En Aragón: comercio exterior, a

expansión mediterránea

A crise do século XIV

• CRISE DEMOGRÄFICA E ECONÓMICA

• Malas colleitas

• peste negra

• elevada mortalidade

• Abandono do campo

• Caída das rendas feudais

• Conflictos sociais

• En galicia As revoltas irmandiñas.

• CRISE POLÍTICA

• En Castela Guerra civil (1369) entre Pedro

I o cruel e Enrique Trastámara, fillos de

Alfonso XI.

• Posteriormente outra guerra civil

enfrentará a Isabel e a súa sobriña

Xoana(1475-1479)

• En Aragón, no sec XV a situación era de

tensións sociais e crise.

• Con Xoan II o enfrontamento co seu fillo o

Príncipe de Viana, provocou unha guerra

civil que enfrentou monarquía , nobreza e

oligarquía..

A creación do estado moderno. Os

reis católicos

• A unión dinástica

• A expansión territorial

• Reforzamento do poder real sobre a

nobreza e o clero.

• Creación de novas institucións: exército

permanente,Santa Irmandade,

correxidores.

• O modelo monárquico que se consolida durante o seu reinado é o da monarquía autoritaria característica do Renacementosegundo o cal a autoridade do rei é superior a calquera outra; para conseguir este obxectivo os monarcas impuxéronse á nobreza, ao clero, interviñeron na vida municipal e crearon diversas institucións -Santa Irmandade, Chancillería, Exércitoúnico.... -

• Para consolidar a nova monarquía os reis

desenvolveron unha política de

uniformidade relixiosa: o cristianismo

converteuse no elemento cohesionador da

poboación o que supuxo a expulsión ou

conversión das comunidades xudías e

musulmás existentes e a creación do tribunal da Inquisición.

• A expansión territorial: durante este reinado ambas as dúas coroas coñeceron unhaimportante expansión territorial, especialmente Castela que incorporou os reinos de Granada e Navarra, Canarias, América e algunhas prazas do norte de África (Orán, Ceuta, Melilla).En canto a Aragón orientouse cara á conservación dos territorios italianos (Sicilia, Sardeña e Nápoles) e a incorporación do Rosellón e a Cerdaña.

OS SÉCULOS XVI e XVII.

OS AUSTRIAS• Durante o século XVI cos reinados

de Carlos I e Felipe II España convértesena maior potencia europea, o seu poderío baséase na súa grande extensión territorial, o seu exército e a prata americana.Carlos I acumula unha grande herdanzaterritorial como descendente dos RRCC e de Maximiliano de Austria e María de Borgoña.

• Durante o reinado de Felipe II estes

territorios increméntanse coa anexión de

Portugal e o seu imperio.

O imperio español baseouse na unión dos

distintos estados baixo a soberanía do

monarca se ben cada estado mantivo as súas leis e institucións.

https://www.youtube.com/watch?v=rwgV4k6iZMU&index=6&list=PL3BA7A73203133279

• Ambo-los dous reis tiveron que facer frente a conflictos:

• Carlos I enfrontouse aos levantamentos das Comunidades e das Xermanías, á rebelión política e relixiosa dos protestantes no Imperio e o enfrontamento con Francia.

• Filipe II enfrontouse á rebelión dos mouriscos, a rebelión dos países Baixos,conflitos con Francia, loita contra Inglaterra e contra os turcos.

• No século XVII reinaron Felipe III, Felipe IV

e Carlos II, cos que se puxo fin á hexemonía

europea.España viviu un momento de crise

política,económica,demográfica. A pesar diso

España viviu un momento de esplendor cultural

coñecido como O século de Ouro.

• Estes reis apoiaranse en validos para exercer

as labores de goberno.

• Con Filipe III o goberno quedou en mans do

Duque de lerma, durante o seu reinado decretouse a expulsión dos mouriscos.

• Con Filipe IV destacou o Conde duque de Olivares, que pretendeu a centralización,integrando a todos os reinos peninsulares, isto lle valeu a rebelión de Cataluña e a perda de Portugal. Durante o seu reinado ten lugar a Guerra dos Trinta anos.

• con Carlos II, finaliza a dinastía dos Austrias. Tras a sua morte sen descendencia, chegará a España unha nova dinastía: OsBorbóns

https://www.youtube.com/watch?v=gS4dD5EJQ9g&index=7&list=PL3BA7A73203133279

ECONOMÍA E SOCIEDADE

O modelo económico e social da idade moderna ten a súa orixe en épocas anteriores:A agricultura é a actividade económica fundamental. Destinada á produción de cereais e viñedos, destaca a súa escasa produtividade e atraso técnico.

A propiedade da terra pertence maioritariamente aos nobres e ao clero que dominan a poboación campesiña e estaban exentos de pagar impostos.

• Señorío: Gran propiedade laica ou

eclesiástica cuxos habitantes deben facer

fronte a diversas rendas e prestacións. O

señorío comprendía terras de cultivo,

bosques, prados, aldeas, vilas....

O señorío pervive ata o século XIX.

• O señorío tiña dous compoñentes:

Señorío territorial: no que os señores

impoñen rendas e prestacións aos

campesiños sobre as producións do territorio.

Señorío xurisdicional: os señores tiñan

dereito a exercer funcións públicas - crear leis,

aplicalas, impoñer monopolios...

Cando están presentes os dous elementos

falamos de señorío pleno

• Xunto a estas grandes propiedades había

tamén pequenas propiedades libres e

propiedades comunais que pertencían aos

concellos.

• Outra actividade económica que tivo grande importancia foi a gandaría ovina trashumante.

• Os grandes propietarios de gando (nobreza e clero), estaban reunidos desde o século XIII no Honrado Concejo de la Mesta, queperviviu ata o século XIX.

Respecto da produción de manufacturas ,pervivía un modelo artesanal e gremial.

• Durante estes séculos o desenvolvemento do comercio colonial coas Indias caracterizado por ser un monopolio entre España e América, o tráfico comercial desenvolvíase a partir do porto de Sevilla, única cidade autorizada para iso.

• Para controlar o tráfico de persoas e mercadorías creouse a Casa de contratación.

• A enorme afluencia de metais preciosos provoco un aumento espectacular dos prezos que se coñece como Revolución dos prezos.

• A sociedade era estamental dividida en

dous grupos: privilexiados,nobreza e clero

• Non privilexiados: campesiños e poboación

urbana

• Outros grupos se diferenciaban pola

procedencia étnica ou relixiosa:mouriscos

ou xudeos conversos.

O século XVIIIA monarquía absoluta dos Borbóns

• Antecedentes: o Absolutismo

• Este modelo de estado inspirado no estado francés de Luis XIV, caracterízase polaconcentración de poderes na persoa do rei, o poder procede de Deus (orixe divina do poder real).O estado absoluto caracterízase polo seu centralismo (só hai unha fonte de poder-o rei-) e o seu afán uniformizador (as leis creadas polo rei serán as únicas válidas en todo o territorio o que supoñerá o fín doutras preexistentes.

• https://www.youtube.com/watch?v=GIWZ8Nw5JX8

A Guerra de Sucesión.

• Ao morrer Carlos II sen descendencia, plantéxase o problema da sucesión ao trono de España.

• Os principais candidatos ao trono son: Filipe de Anjou, neto de Luis XIV de Francia, e o archiduque Carlos de Habsburgo.

• No seu testamento, Carlos II nomea sucesor a Filipe, que foi proclamado rei co nome de Filipe V

• Filipe V entra en España en 1701.

• Pero este nomeamento provocou un

rexeitamento por parte das potencias

europeas, xa que provocaba un

fortalecemento dos Borbóns en Europa e

poñía en perigo o equilibrio entre as potencias

europeas.

• Rapidamente Gran Bretaña, Holanda e

Portugal apoiaron ao candidato austríaco,

formaron a Liga da Haya, estalando así o

conflito con Francia e España.

• Ademais en España fórmanse dous bandos:

• Ao bando austríaco, únense a alta nobreza, o

clero e o campesiñado aragonés, e case toda a

Coroa de Aragón, por medo a perder a súa

autonomía.

• A favor dos Borbóns estaba o clero castelá, a

burguesía e o pobo castelá

• O escenario da loita foi España e determinadas

zonas de Europa.

• En Galicia (1702)tivo lugar a Batalla de Rande

entre a Escuadra anglo- holandesa e hispano-

francesa, que remata co afundimento da escuadra

da Plata.

• En 1704 prodúcese a conquista anglo-holandesa

de Xibraltar.

• En 1707 ten lugar a Batalla de Almansa coa

victoria de Filipe V, que incorpora o reino de

Valencia e Aragón.

• En 1710 o Archiduque Carlos faise coroar en

Madrid, pero a morte do emperador Xosé I de

Austria herda o Imperio.

• En 1713 fírmase a Paz de Utrecht Entre España

e Francia e os países aliados , agás Austria.

Barcelona seguirá loitando ata 1714, cando se

firma a Paz de Rastadt entre Francia e Saboia.

• Na paz de Utrecht establecíase que:

• Filipe V confirmábase como rei de España,

previa renuncia aos dereitos á coroa francesa.

• España perdía as posesi´ns italianas e os

Países baixos españois

• Gran Bretaña conseguía Xibraltar e Menorca, o

Asiento de negros e o Navío de permiso.

• Cedíase a Portugal a Colonia de sacramento.

O reformismo borbónico

O Reinado de Filipe V

A chegada do primeiro Borbón supon, non so a implantación dunha nova dinastía, senon un novo modelo de Estado, o Estado absoluto e de organización.Créanse novas leis e unha nova administración.

• Promúlganse os Decretos de Nova Planta entre 1707y 1716, que puxeron fin aos fueros(*) e institucións da Cª de Aragón(Cortes, Generalitat, Consell do Cent..)siendo substituídos por leis e institucións castelás.

• FUEROS: ordenamento xurídico dun territorio. Integra as normas tradicionais polas que se rexe a comunidade e os privilexios ou dereitos que os monarcas lle concedían.Los foros xurdiron durante a Idade Media e a súa existencia supoñía unha limitación á intervenciónreal.

• País Vasco e Navarra conservan os seus fueros

por axudar na guerra aos Borbóns.

• Os estados aragoneses (Aragón, Cataluña,

Valencia e Mallorca) tranformaronse en provincias

cuxas institucións e autoridades serán designadas

polo monarca.

. Haberá funcionarios e autoridades castelás en

territorios aragoneses

. Expansión da lingua castelá nestes territorios ao

perder o catalán o seu carácter de lingua oficial.

• Maior presión fiscal sobre os territorios

aragoneses

• Os súbditos aragoneses gozarán dos mesmos privilexios

e honras que os casteláns

. Desaparecen as alfándegas interiores o que favorecerá

o comercio.

• Implántase o centralismo castelá.

• Malia todo a completa uniformidade legal e institucional

do territorio non se conseguiu (provincias vascas,

Navarra) en Cataluña mantívose o dereito civil, ademais a

propia estrutura de Antigo Réxime baséase en multitude

de privilexios, dereitos e xurisdicións particulares, pero

agora so o rei pode decidir sobre o seu mantemento ou

derogación.

• Reorganízase a administración, creándose

novas institucións, e modificando outras

existentes estendendo as leis e institucións

castelás ao resto do territorio:

Secretarías de despacho :Institucións que

agrupan as funcións e servizos do estado, á

fronte delas hai un secretario nomeado e

destituído polo rei ante quen responden, a través

do secretario os reis interveñen e dirixen os

asuntos do estado. Secretarías e secretarios son

o antecedente dos ministerios e ministros

actuais.

Os Intendentes: eran funcionarios nomeados polo rei que representaban a súa autoridade nas provincias, as súasfuncións eran moi variadas (impostos, abastecementode tropas, promoción da riqueza das provincias...).

Os correxidores: representaban o rei nas cidades, ata este momento só existían en Castela, coa Nova Planta estenderanse aos territorios aragoneses.A través de secretarios, intendentes e correxidores os monarcas interveñen en todas os ámbitos da administración do estado: central, provincial e local.

As Cortes: supresión das Cortes aragonesas e creacióndunhas únicas Cortes xerais para todo o reino, apenas foron convocadas en todo o século agás para a xura do herdeiro.

• Reorganízase a Facenda. Para sanear a economía era necesario que todos os habitantes do reino pagasen impostos dun xeito proporcional , incluíndo os grupos privilexiados(nobreza e clero).

• Tratan de que contribúan os territorios da Coroa de Aragón, impoñendo diversos impostos(talla e equivalente en Valencia, única contribución en Aragón e o catastro en Cataluña)

• Outra das novidades será a imposición da Lei Sálica, que impedía as mulleres a herdar a Coroa.

POLÍTICA EXTERIOR

• Tras os tratados de Utrecht e Rastadt a Coroa española perde territorios e poder a nivel internacional, pero disfruta dunha relativa paz.

• Por influencia da segunda esposa de Filipe V, Isabel de Farnesio, se concibirá unha política agresiva,(revisionismo do Tratado de Utrecht) para conseguir territorios italianos para os seus fillos.

• Ademais se pretendían recuperar os territorios de Xibraltar e Menorca, e que non se fixera efectiva a renuncia ao trono de Francia.

• Isto supuxo o enfrontamento con algunhas potencias europeas e a búsqueda de alianzas.

• Finalmente Filipe firmará os Pactos de familia con Francia, que logo continuará o seu fillo Carlos III.

Co primeiro pacto de Familia en 1733, contra Austria e G. Bretaña, recuperanse os dereitos ao trono francés de Filipe V e a coroa de Dos Siciliaspara Carlos.

• Co reinado de fernando VI(1746-1759) inaugurase unha época de neutralidade.

• Adicouse á restruturación do exército e da flota e a incrementar o comercio entre España e as súas colonias.

• Con Carlos III (1759-1788)España implícase na Guerra dos Sete Anos ao carón de Francia (Terceiro Pacto de Familia,1761). Esta rematou coa Paz de París(1763). España tivo que entregar A Florida e territorios de México aos ingleses. A cambio recibiu de Francia a Louisiana.

• Posteriormente España, xunto con

Francia, apoiarán ás colonias inglesas en

Norteamérica na guerra de

Independencia de Estados Unidos (1776-

1783)

• Co tratado de versalles de 1783, España

recuperaba Florida, os territorios de

México e Menorca, pero non Xibraltar.

Sociedade e economía do antigo

réxime

• do século XVIII segue a ser estamental.

• Privilexiados:nobreza 5% da pob

clero 2% da pob

Non privilexiados: campesiños, artesáns, burgueses….

Os campesiños seguían estando sometidos ao réxime

señorial.

A burguesía , comercial e industrial estaba pouco

desenvolvida e tiña pouco peso, aínda que experimentou

un crecemento ao longo do século XVIII grazas ao

desenvolvemento do comercio

• A ECONOMÍA

• Continua sendo esencialmente agraria , a agricultura ocupaba a máis dun 80% da poboación .

• A terra segue a estar en mans do clero, a nobreza e tamén da Coroa.

• A meirande parte das terras estaban amortizadas, ou sexa, non se podían comprar nin vender (terras de mans mortas da Igrexa) e debía transmitirse en herdanza ao primoxénito(Morgados).

• Os concellos tiñan tamén terras amortizadas como as terras comunais e os baldíos

• A meirande parte dos campesiños eran arrendatarios e xornaleiros.

• Os tipos de contrato variaban:

• En Cataluña había os contratos enfiteúticos, estables e a perpetuidade contratos

• En Galicia e Asturias había os foros, contratos que duraban tres xeracións, pero a falta de terras orixinou os subforos, que deron lugar ao minifundismo.

• En gran parte de Castela, Estremadura e Andalucía non entanto existían grandes extensións de terreo para os cultivos, os latifundios, pertencentes a nobreza e clero que arrendaban aos campesiños con prazos moi curtos ou eran traballadas por xornaleiros en condicións moi duras. Ademais aínda existía un predominio importante da gandería ovina organizada na Mesta que relegaba á agricultura a un segundo plano.

• A industria estaba pouco desenvolvida, era de tipo tradicional e organizada polos gremios que exercía un estrito control sobre a produción e a creación de novas industrias.

• En canto o comercio, aínda que o exterior, o colonial estaba ben desenvolvido, o mercado interior era feble e escaso.

• Os medios de transporte eran malos e escasos e a comunicación centro periferia era moi dificil.Existían ademais alfándegas internas e a economía era case de autoconsumo. Os intercambios eran basicamente a nivel local e comarcal

A ILUSTRACIÓN• A ilustración foi unha corrente de

pensamento que xorde en Francia e estendese por toda Europa durante o século XVIII, que pasou a ser coñecido como o Século das Luces, denominado así pola declarada finalidade de “disipar as tebras da humanidade , mediante as luces da razón” Difundiuse a través da Enciclopedia.

• Todas as cuestións sociais, políticas e relixiosas serán sometidas ao xuízo da razón.

• O coñecemento era a base da felicidade. Os ilustrados serán firmes defensores da educación e o progreso, isto é da mellora das condicións da vida da xente.

• Critican tamén a ríxida organización económica que non permite o crecemento (Adam Smith)

• Este movemento entronca co movemento renacentista pero os seus antecedentes máis directos están no racionalismo do século XVII (Locke).

• Esta corrente enfróntanse tamén ao absolutismo monárquico, desde distintas ópticas.

• Montesquieu,seguindo a Locke expresa a necesidade da separación de poderes Lexislativo, executivo e xudicial. O goberno debía pertencer á aristocracia.

• Rousseau,expresou o principio da soberanía popular, base da democracia.

• Voltaire, defendía un réxime monárquico onde o monarca, ilustrado polos filósofos gobernaría para o pobo pero sen o pobo.Xorde así a teoría do Despotismo ilustrado

• A introdución das novas ideas en España foi lenta e difícil, debido ao enorme peso da igrexa, escasa e feble burguesía e conservadorismo dos medios intelectuais.

• Pero a partir de 1750-60 xurdiu unha xeración de pensadores entre os que salientan, Campomanes, Jovellanos, Aranda , Floridablanca u Olavide, e Feijoo e Frei Martín sarmiento en Galicia.

• Todos estaban convencidos de que unicamente a mellora do nivel cultural das persoas podía sacar ao país do seu atraso. A educación sería pois o eixe do cambio social.

• Para acadar os seus obxectivos, os ilustrados enfrontáronse as ordenes relixiosas e aos estamentos privilexiados.

• Outro motivo de preocupación dos ilustrados foi a economía. O atraso do país, en comparación con outras potencias europeas, viña da gran cantidade de terras amortizadas, o excesivo control sobre as actividades económicas, e o descoñecemento das novas técnicas e inventos aplicados xa noutros países como Gran Bretaña e Holanda.

• Por iso esforzáronse en estudar a situación real e propoñer reformas. O artífice desas reformas será Carlos III.

Carlos III(1759-1788).

• Cando morre Fernando VI sen descendencia, o seu medio irmán,Carlos accede ao trono. O monarca viña de gobernar en Nápoles e entrara en contacto coas ideas ilustradas. Ao igual que outros monarcas europeos adoptou as ideas de progreso e racionalización ilustradas, e puxo en práctica un programa de reformas.

• Para levar adiante o seu programa, contou con uns ministros e colaboradores: Pedro Rodriguez de Campomanes, o Conde de Floridablanca, conde de Aranda, Pablo Olavide ou gaspar Melchor de Jovellanos.

Reformas político-administrativas.

Melloras na administración para fortalecer o Estado.

Reformas nos concellos

Regulación do exército para facelo permanente.

Reforma fiscal.

Reformas económicas

• Proxectos de reforma agraria

• Limitación dos privilexios da Mesta

• Cultivo de novas terras, colonizacións de Serra Morena (Olavide)

• Modificación do réxime de propiedade (critican o exceso das terras vinculadas)

• Fomento de la produción artesanal e industrial.

- Liberalización do proceso de fabricación, supuxo o fin dos gremios e abandono da xestión directa das Reais fábricas, dando paso á iniciativa privada. Impulso das manufacturas e as Reais Fabricas (de tapices e de porcelana en Madrid, Cristal na Granxa..), para evitar as importacións de artigos de luxo.

-Decláranse honestas todas as profesións.

-Moderación dos impostos para fomentar a produción.

• Reactivación do comercio

-Establecemento de Aranceis para os produtos procedentes do estranxeiro.

-Liberalización do comercio interior coa eliminación de alfándegas interiores para a libre circulación de mercadorías.

-Creación dunha rede de Estradas.

-Liberalización do comercio colonial, fin do monopolio do porto e Cádiz e apertura ao comercio de novos portos.

• Creación das sociedades económicas de Amigos do país co obxectivo de fomentar a agricultura, o comercio e máis a industria, impulsar a cultura e as ideas fisiócratas e liberais.

No ámbito relixioso os reformadores defendían a autoridade e as prerrogativas do rei fronte a Igrexa

regalismo.Carlos III reclamou o dereito a nomear cargos eclesiásticos e o control da Inquisición .

• Expulsión dos xesuítas que adquiriran un enorme poder dentro do Estado.

No ámbito cultural reforma dos estudos universitarios e de ensino medio. Créanse as escolas de Artes e Oficios coa finalidade dunha ensinanza práctica.Impúxose a obrigatoriedade da educación primaria

• Ademais fixéronse outras reformas en infraestruturas como a creación do canal imperial de Aragón.

• Melloras nas cidades. En Madrid levouse a cabo un programa de reformas con redes de saneamento, iluminación, creación de amplas avenidas, monumentos etc, que lle valeu a Carlos III ser considerado o mellor alcalde de Madrid.

• Creación do Banco de San carlos, antecedente do Banco de España.

• Creación da bandeira nacional

• Lévanse a cabo os primeiros censos.

• Oposición ás reformas.

• Pero os intentos de reforma, toparon coa oposición do clero e a nobreza que vían recortados os seus privilexios. Enfrontarse coa nobreza significaba destruír a base sobre a que se asentaba a propia monarquía absoluta.

• Os límites do reformismo borbónico estaban no poder do monarca e o mantemento do Antigo Réxime, e non puideron acabar coas crises de subsistencia.

O motín de Esquilache foi unha mostra da oposiciónao programa de reformas ilustrado.

,• En 1766 produciuse unha revolta en Madrid por

causas complexas, xa que se uniron o malestar da poboación pola escaseza e o elevado prezo dos alimentos, o rexeitamento dos cargos extranxeiros(Esquilache, Grimaldi, e o descontento dos privilexiados que vían como as reformas recortaban os seus privilexios.

• O detonante foron as medidas de saneamento e orde pública tomadas polo ministro Esqulache:limpeza urbana, iluminación pública, prohibición de xogos de azar e uso de armas, así como utilización de capas longas e chapeus chambergos.

• Os efectos do reformismo.

crecemento demografico

• O século XVIII supuxo un crecemento da poboación en toda europa grazas a fin das grandes pestes,mellora das técnicas agrícolas e introdución de novos cultivos e unha relativa paz.

• En españa malia que a mortalidade seguía a ser elevada,o aumento da natalidade e a ausencia de grandes fames, permitiu que a poboación aumentar e pasara de 7,5 a 10,5 millóns de habitantes.

• En España os borbóns estaban convencidos de que un aumento de poboación era condición indispensable para o desenvolvemento da agricultura e a industria, adoptaron así políticas de poboación, ofrecendo incentivos ás familias numerosas ou impulsando a colonización de novos espazos despoboados como Sierra Morena.

• Porén o crecemento da poboación viuse limitado polo mantemento das crises de subsistencia. A carestía de alimentos cando escaseaban por malas colleitas, provocaban fames periódicas. Estas poboacións eran así máis vulnerables ás enfermidades e epidemias.

• Tensións no sector agrario

• Pero nin as políticas de poboación, nin as melloras introducidas na agricultura foron suficientes para mellorar os rendementos dunha agricultura cuns límites moi claros de crecemento, se non se introducían reformas legais e innovacións técnicas.

• O aumento da poboación era superior ao da produción de alimentos. Isto foi debido por unha banda as desfavorables condicións climáticas e agronómicas. As tres cuartas partes do territorio español tiña un réxime de precipitacións baixo , irregular e con secas estivais, limitándose así os produtos que se podían cultivar, xa que non se aplicaban as novas técnicasdesenvolvidas en Europa noroccidental.

• Por outra banda, o incremento da produción mediante o aumento de terras cultivables no era posible, xa que máis da metade das terras eran terras amortizadas.

• Os campesiños aínda tiñan que pagar cargas señoriais e iso impedía ou limitaba o investimento.

• A escaseza de terras obrigaba a traballar as de peor calidade ou as dedicadas a pastos polo que os rendementos eran moi baixos e por causa da redución do gando non xeraba esterco para fertilizar os campos.

• Asi e todo producíronse algunhas mellorasagrarias en determinadas zonas:

• Na cornixa cantábrica difundiuse o cultivo do millo e difundiuse o cultivo e o consumo humano da pataca.

• No litoral valenciano estendeuse a produciónde viño, seda e o regadío que acadouelevados rendementos. O mesmo sucedeuno litoral catalá, que se especializou en determinados produtos.

• Impulso da produción industrial

• A baixa rendibilidade das novas fábricas reais, fixo que se impulsáran os obradoiros privados. As manufacturas implantáronse por todo o territorio español, pero concentráronse principalmente en país vasco, valencia e cataluña. En Cataluña acadou un maior crecemento , primeiro ligada á manufactura téxtil de la, e logo a finais de século á industria algodoneira, dedicada á produción de tecidos brancos ou estampados, as indianas. Este crecemento viuse favorecido pola demanda do campesinado catalán,cuxos cultivos permitían maiores beneficios.

• En Galicia había unha elevada densidade de poboación e ten unha recuperación demográfica superior e anterior ao resto de España. Isto foidebido á cavadura de terreos incultos e á extensión do cultivo do millo e a pataca.

• A produción de bens aumentó grazas ás industrias rurais, principalmente polo incremento do sector téxtil, especialmente no tecido do liño e en menor medida nos curtidos de coiro e ferrería radiciona.

• Debemos destacar a Siderurxia de Sargadelos, fundad por Antonio Raimundez Ibañez. Pero un motín popular acabará coa experiencia.

• O comercio galego de longa distancia, viuse favorecido polo fin do monopolio do comercio de indias para os portos de Cádiz e Sevilla. Autorizándose a portos galegos a comerciar coas colonias americanas.

• A riqueza pesqueira atraerá empresarios cataláns que introducen novas técnicas pesqueiras(arrastre) e de salgadura de pescado.