Homenaxe ao prof. Dr. Fernando Acuña Castroviejo PAXINAS_outubro_cor.pdf · ballou en numerosos...

4
A súa vida non se pode separar da Universidade de Santiago de Com- postela, onde foi profesor desde os 23 anos e onde en 1987 acadará a Cáte- dra de Arqueoloxía, desempeñándoa até que se xubila en 2015. Docente de historia antiga, arqueoloxía clásica, numismática e epigrafía, polas súas clases pasaron gran parte das novas xeracións de historiadores galegos. A súa obra é unha referencia na arqueo- loxía do Noroeste peninsular, tendo traballado en xacementos de toda Galicia, norte de Portugal e Asturias. Precisamente, sempre tivo moita rela- ción cos investigadores portugueses, abrindo o estudo arqueolóxico alén do Miño, a todo o territorio da antiga Gallaecia. É autor dunha ampla bibliografía, tra- ballou en numerosos proxectos no- meadamente galaico-romanos, mais tamén do megalitismo, arte rupestre ou medievo. A súa última obra publi- cada é O ensino da Arqueoloxía na Galiza entre o franquismo e hoxe (Rev. da Faculdade de Letras, da Universi- dade do Porto, 2014). Alén da dedicación profesional, hai que destacar a súa entrega e o seu compromiso como cidadán conse- cuente con Galicia, o que manifestou coa súa participación en diversas ini- ciativas para un mellor coñecemento da personalidade colectiva e cultural do país. Entre elas, o propio Museo do Pobo Galego, do que foi un dos seus fundadores en 1976. Era actualmente vicepresidente do noso Padroado. As súas achegas ao Museo foron varias, tanto á Biblioteca e Arquivo como aos fondos materiais, nomeadamente pe- zas de numismática. O 24 de novembro celebrarase no Museo do Pobo Galego unha sesión académica en memoria do prof. Acuña Castroviejo. outubro 2016 P.D. tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.gal n correo electrónico: [email protected] Director: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño n Secretario: Manuel Vilar Álvarez Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz, Manuel Rial Santos Administración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores Homenaxe ao prof. Dr. Fernando Acuña Castroviejo (Santiago de Compostela, 10 de abril de 1945 - Vedra, 13 de setembro de 2016) A arqueoloxía e a cultura galega en xeral sufriron unha gran perda co falecemento do profesor Fernando Acuña Castroviejo, vicepresidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. Desde a Universidade de Santiago de Compostela conseguiu co seu alento dar pulo á investigación arqueolóxica, que até os anos 70 era unha disciplina secundaria. A súa paixón pola historia soterrada co- mezou cando era novo, mentres cursa- ba a licenciatura de Filosofía e Letras, sección de Historia, na USC, e nomea- damente a partir da súa entrada no Ins- tituto de Estudos Galegos Padre Sar- miento, que proseguiu parte do labor do Seminario de Estudos Galegos. Alí tra- ballará cos consellos de Fermín Bouza Brey xunto a compañeiros como J. Ca- rro Otero, M. Carlos García Martínez e J. M. González Reboredo. En 1973 acada o Doutorado en Historia, coa tese Gali- cia romana: artes plásticas, dirixida por Alberto Balil, que será o seu mestre, con quen inicia as escavacións do Castro do Neixón en Boiro e as Torres de Oeste de Catoira. Antes xa traballara en xace- mentos como o castelo compostelán da Rocha Forte, onde posteriormente vol- verá realizar prospeccións coa doutora Raquel Casal. outubro 1

Transcript of Homenaxe ao prof. Dr. Fernando Acuña Castroviejo PAXINAS_outubro_cor.pdf · ballou en numerosos...

Page 1: Homenaxe ao prof. Dr. Fernando Acuña Castroviejo PAXINAS_outubro_cor.pdf · ballou en numerosos proxectos no-meadamente galaico-romanos, mais tamén do megalitismo, arte rupestre

A súa vida non se pode separar da Universidade de Santiago de Com-postela, onde foi profesor desde os 23 anos e onde en 1987 acadará a Cáte-dra de Arqueoloxía, desempeñándoa até que se xubila en 2015. Docente de historia antiga, arqueoloxía clásica, numismática e epigrafía, polas súas clases pasaron gran parte das novas xeracións de historiadores galegos. A súa obra é unha referencia na arqueo-loxía do Noroeste peninsular, tendo traballado en xacementos de toda

Galicia, norte de Portugal e Asturias. Precisamente, sempre tivo moita rela-ción cos investigadores portugueses, abrindo o estudo arqueolóxico alén do Miño, a todo o territorio da antiga Gallaecia.

É autor dunha ampla bibliografía, tra-ballou en numerosos proxectos no-meadamente galaico-romanos, mais tamén do megalitismo, arte rupestre ou medievo. A súa última obra publi-cada é O ensino da Arqueoloxía na Galiza entre o franquismo e hoxe (Rev. da Faculdade de Letras, da Universi-dade do Porto, 2014).

Alén da dedicación profesional, hai que destacar a súa entrega e o seu compromiso como cidadán conse-cuente con Galicia, o que manifestou coa súa participación en diversas ini-ciativas para un mellor coñecemento da personalidade colectiva e cultural do país. Entre elas, o propio Museo do Pobo Galego, do que foi un dos seus fundadores en 1976. Era actualmente vicepresidente do noso Padroado. As súas achegas ao Museo foron varias, tanto á Biblioteca e Arquivo como aos fondos materiais, nomeadamente pe-zas de numismática.

O 24 de novembro celebrarase no Museo do Pobo Galego unha sesión académica en memoria do prof. Acuña Castroviejo.

outubro 2016

P.D.

tel. 981 583 620 n fax 981 554 840 n www.museodopobo.gal n correo electrónico: [email protected]: Carlos García Martínez n Subdirectora: María-Xosé Fernández Cerviño n Secretario: Manuel Vilar ÁlvarezRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz, Manuel Rial SantosAdministración: Xulia Vázquez Randulfe n Edición: Nieves Ozores

Homenaxe ao prof. Dr. Fernando Acuña Castroviejo(Santiago de Compostela, 10 de abril de 1945 - Vedra, 13 de setembro de 2016)

A arqueoloxía e a cultura galega en xeral sufriron unha gran perda co falecemento do profesor Fernando Acuña Castroviejo, vicepresidente do Padroado do Museo do Pobo Galego. Desde a Universidade de Santiago de Compostela conseguiu co seu alento dar pulo á investigación arqueolóxica, que até os anos 70 era unha disciplina secundaria.

A súa paixón pola historia soterrada co-mezou cando era novo, mentres cursa-ba a licenciatura de Filosofía e Letras, sección de Historia, na USC, e nomea-damente a partir da súa entrada no Ins-tituto de Estudos Galegos Padre Sar-miento, que proseguiu parte do labor do Seminario de Estudos Galegos. Alí tra-ballará cos consellos de Fermín Bouza Brey xunto a compañeiros como J. Ca-rro Otero, M. Carlos García Martínez e J. M. González Reboredo. En 1973 acada o Doutorado en Historia, coa tese Gali-cia romana: artes plásticas, dirixida por Alberto Balil, que será o seu mestre, con quen inicia as escavacións do Castro do Neixón en Boiro e as Torres de Oeste de Catoira. Antes xa traballara en xace-mentos como o castelo compostelán da Rocha Forte, onde posteriormente vol-verá realizar prospeccións coa doutora Raquel Casal.

outubro 1

Page 2: Homenaxe ao prof. Dr. Fernando Acuña Castroviejo PAXINAS_outubro_cor.pdf · ballou en numerosos proxectos no-meadamente galaico-romanos, mais tamén do megalitismo, arte rupestre

EXPOSICIÓNS>>

>>

Até o domingo 30 de outubro

“O traballo ben feito, a personalización do trato, a orixinalidade de cada peza, por ser valores en desuso, pasaron a ser en moitos casos e paradoxalmente dis-tintivos de luxo ao alcance de moi pou-cas persoas.” Con estas palabras, Xosé Abad lamenta a desaparición de moitos oficios pola mecanización do traballo e a produción en masa para unha sociedade de consumo. Oficios entre lusco e fusco conta a través de fotografías a historia de cada protagonista, coa luz, coas miradas, coa roupa, co espazo de traballo, e con todos os elementos que reflicten un modo de vida nun intre de cambios e novidades tecnolóxicas diarias, de consumo rápido e fabricación urxente.

A través das imaxes pódese ver o tra-ballo de moitos oficios que dentro duns anos só permanecerán nos libros de historia, tales como os tipógrafos, re-loxeiros, carpinteiros de ribeira, farei-ros... Homes e mulleres que amosan con orgullo a súa profesión, as ferra-mentas, e unha forma de traballar e vi-vir ameazadas polo solpor.

Un gran valado de aceiro deixa unha morea de manequíns deitados aos seus pés. Desta forma o visitante entra en Muro, coa instalación situada no claustro que leva por título Fronteira, a cal intro-duce a reflexión sobre a situación das persoas inmigrantes e refuxiadas que

Oficios entre lusco e fusco. Xosé Abad

Muro de Xurxo Oro

Até o 6 de novembro

O lusco e fusco, ese breve tránsito en-tre o anoitecer e a escuridade comple-ta, é o momento escollido polo artista para enfocar a iluminación da escena. Os mestres desta serie resisten afe-rrándose a ese derradeiro raio de luz antes de que o seu saber, a súa influen-cia e a súa forma de entender o traballo

desapareza. O tratamento da luz segue un esquema inspirado en Caravaggio, no que os claros e escuros fan que se poidan suxerir espazos e ferramentas, definindo o lugar no que desenvolven os seus traballos, habitando eses uni-versos nos que moitas veces se funden o privado e o laboral.

foxen das guerras e da fame sobre a que xira a exposición de Xurxo Oro Claro.Por medio de pezas de gran formato a modo de instalacións escultóricas, un fato de figuras humanas habitan espa-zos abafantes, belos e violentos a un tempo, que nos falan do tempo com-

plexo que estamos a vivir. Os clásicos manequíns acoirazados do artista, vestidos con tecidos ou embalsamados en xeso fican inmobilizados en espa-zos acoutados por diversas estruturas: gaiolas, cancelas, peañas...

Ademais, unha grande instalación perco-rre o espazo da sala a través das propias pegadas do artista, gravadas en longas lá-minas de aceiro. Os personaxes da exposi-ción son seres feridos e ferintes, “unidades humanas” que remiten á nosa natureza contraditoria e crean unha mensaxe de de-nuncia e autocrítica a un tempo.

MURO, en palabras da comisaria da mostra, Montse Cea, recolle a dolorosa estupefacción coa que o artista asiste aos problemas que acosan á Europa das persoas desfavorecidas, tanto por causas económicas como ideolóxicas. A obra de Oro, poboada de dolorosos camiños que porén concitan a vida e a cordura, ago-ra detéñense nun muro infranqueábel de senrazón e morte. Mais como de cada volta que o artista crea obra, unha caixa de aceiro neutraliza todo mal e achega unha raiola de esperanza.

outubro 2

Page 3: Homenaxe ao prof. Dr. Fernando Acuña Castroviejo PAXINAS_outubro_cor.pdf · ballou en numerosos proxectos no-meadamente galaico-romanos, mais tamén do megalitismo, arte rupestre

DOAZÓN DE HENRIQUE ORTIZ

DEAC

>>

>>

>>

O artista ourensán Henrique Ortiz Alonso vén de doar parte da súa obra gráfica e tamén doutros creadores galegos, como Luís Seoane, Virxilio, Isaac Díaz Pardo ou Laxeiro, por salientar algúns deles. Unha grande achega que engrosa os fon-dos artísticos do Museo do Pobo Galego, neste caso con gravados, bosquexos, litografías, xilografías e outras pezas de diferentes técnicas artísticas. Máis de 80 obras en total doadas polo mestre do gra-vado Henrique Ortiz.

Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva funciona como unha guía para o uso de recursos asociados aos contidos do Museo nas te-rapias cognitivas con persoas afectadas de doenzas tipo alzheimer. Constituída por unha serie de exercicios orientados á estimulación cognitiva-funcional, basea-dos en distintos aspectos do folclore ga-lego, as actividades propostas pretenden provocar estímulos auditivos, psicomo-trices e visuais que axuden á activación da memoria, ao reforzamento das capa-cidades cognitivas e a xerar un impacto positivo sobre as emocións.

Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego é froito da colaboración de AGADEA (Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzhei-mer) e o Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo, iniciada xa hai unha década. O proceso para chegar até a publicación, desenvolveuse nos últimos tres anos nos que o persoal do DEAC do Museo e de AGADEA, traballou sobre o deseño dun programa de actividades para testar, primeiramente, cun grupo de control. Esta fase de ensaio, que durou nove me-ses, consistiu en diversas sesións nas que se probaron distintos temas, dinámicas e actividades. A posterior análise e avaliación

Xa está dispoñible na Web, a programa-ción do Museo para grupos escolares do curso 2016/17. As actividades están deseñadas para que o profesorado poi-da escoller a opción que máis se adap-te ao seu grupo. Pódese optar entre

Colaboración con AGADEA

CURSO 2016/2017

das mesmas levou á escolla de determina-dos elementos do patrimonio etnográfico e do tipo de actividades que mellor cumpri-ran cos obxectivos marcados e que son os que conforman a proposta definitiva. O seu deseño correu a cargo da terapeuta de AGADEA, Beatriz Rey Mourelle e da edu-cadora do Museo, Carme Campo Martínez.

A publicación, que se edita só en for-mato dixital, está dispoñible na web de

AGADEA e na do propio Museo. A idea é que estea accesible para calquera que queira usala, profesional ou non. O deseño fíxose pensando no seu ma-nexo tamén no ámbito doméstico, por aquelas persoas que teñen ao seu coi-dado algún ou algunha doente.

O 23 de novembro celebrarase no Mu-seo do Pobo Galego un curso de forma-ción sobre a aplicación da guía.

outubro 3

exercicios autónomos que pode desen-volver o propio mestre ou solicitando a colaboración do persoal do Museo.

http://www.museodopobo.gal/web/uploads/pdf/PROGRAMA%202016-17.pdf

Page 4: Homenaxe ao prof. Dr. Fernando Acuña Castroviejo PAXINAS_outubro_cor.pdf · ballou en numerosos proxectos no-meadamente galaico-romanos, mais tamén do megalitismo, arte rupestre

Levan xa un ano operativas as contas de correo electrónico co dominio .gal. É importante substituír as antigas contas .com porque non nos chegan as mensaxes. Estes son os novos enderezos:

outubro 4

PáxinasInformativasdo Museo do Pobo Galego

Museo do Pobo Galego Colabora:San Domingos de Bonaval. 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620· fax 981 554 840 www.museodopobo.gal · correo-e: [email protected]

PATROCINADORESEngasa Energía de Galicia S.A.Fundación La RosaledaAluminios CortizoTeleves

SOCIOS PROTECTORESEduardo Beiras García-MartíFundación Rodríguez IglesiasI.X.P. Ternera GallegaO 16 Casa de Xantar

Progando S.L.Restaurante María CastañaRestaurante La Bodeguilla de San RoqueCoop. Agraria Provincial da Coruña

R Cable y Telecomunicaciones Galicia S.A.Vitivinícola do Ribeiro – Viña CosteiraMadeiras OrnandaJ.J. Chicolino

Gadisa RetailFundación Juana de VegaAgacaFundación FeiracoEscenosetBodegas Terras Gauda

>> Contas de correo electrónico .gal [email protected]@[email protected]@museodopobo.gal

[email protected]@[email protected]@museodopobo.gal

[email protected]@[email protected]

OFICINA DE SOCIAS E SOCIOS

FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

ESPAZO DOS PATROCINADORES E SOCIOS PROTECTORES

XL ANIVERSARIO DO MUSEO DO POBO GALEGONo verán de 1976 celebrábase no Círculo Mercantil e Industrial de Santiago de Compostela, no Pazo de Bendaña da praza do Toural, a exposición do I Concurso Rexional de Oleiros. Unha cita patrocinada por Luciano García Alén e María García Ayaso, que sería o embrión da primeira sala do recén creado Museo do Pobo Galego, que abriu as súas portas o 29 de outubro do ano seguinte. Achegámonos ao noso 40 aniversario, que celebra-remos ao longo do ano 2017.

O sábado 10 de setembro, os socios e socias do MPG fi xeron unha excursión á ría de Arousa para visitar, primeiro, a illa de Sálvora e, posteriormente, o museo do gravado, situado en Outeiro-Artes. Par-tindo de Aguiño, os viaxantes chegaron á illa nuns poucos minutos e, unha vez alí, a guía conduciunos á praia do Arma-cén, para veren a antiga fábrica de salgadura, cons-truída no século XVIII e posterior-mente transfor-mada en vivenda; e o castelo, agora convertido en in-cipiente museo. Desde alí fi xeron un percorrido que os levou até a pri-

Cuspedriños 10. Xornadas turísticas, culturais e históricas de Cotobade

A Fundación Antonio Fraguas Fraguas organizou o pasado 2 de outubro un ro-teiro incluído nas xornadas “Cuspedriños 10” organizadas polo Concello de Coto-bade, no que se visitou o Foxo do Lobo de Arufe-Loureiro.O traxecto, no que participaron máis de medio cento de persoas, rematou no foxo cunha charla do etnógrafo D. Xosé Ma-nuel González Reboredo, vicepresidente da Fundación, quen falou do papel do lobo na cultura popular galega e explicou o funcionamento destas trampas para cánidos. A medio prazo o obxectivo da colaboración entre fundación e concello é establecer un itinerario en memoria de D. Antonio Fraguas que visibilice distintos fi tos do patrimonio cultural etnográfi co.

mitiva aldea, hoxe abandonada, e despois ao faro da illa.Xantaron na Illa, na Praia do Armacén, e houbo quen aproveitou para dar un baño. Xa pola tarde, cara ás 5, volveron a Aguiño para, a continuación, desprazarse a Artes, co fi n de visitar a Fundación Museo do Gra-

vado e a Estampa Dixital. A respon-sable do Museo, Dona Laura Gar-cía, informou polo miúdo dos fon-dos e obxectivos da Fundación, e mostrou aos visi-tantes as distintas salas coas expo-sicións existentes.

Esperanza Delgado

>>

>>

(fotografía: Tino Viz)