IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

33
O tío Rafa O tío Rafa O tesouro dos nosos avós O tesouro dos nosos avós

description

Desde o IES A Sangriña (A Guarda) chéganos este material para o segundo certame de recolla da tradición oral, no curso 2007-2008, organizado por Ponte…nas Ondas!.

Transcript of IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Page 1: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

O tío RafaelO tío Rafael

O tesouro dos nosos avósO tesouro dos nosos avós

Page 2: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

A vida do tío RafaelA vida do tío Rafael

Rafael Martínez naceu en Novás, unha parroquia do pobo do Rosal o 9 de marzo de 1918. Tanto o seu pai como a súa nai eran de condición labrega, e foi criado xunto cos seus catro irmáns.Debemos destacar deste home que viviu catro formas de goberno: a ditadura de Primo de Rivera, a II República, a ditadura de Franco e a actual democracia.

Page 3: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

A súa infanciaA súa infancia

Contounos un día de cando el era pequeno:Levantábase ás seis da mañá para axudar aos seus pais no campo, ou a levar aos animais a pastar, e se terminaba antes das nove pois podía ir á escola, tiña que ir andando varios quilómetros por camiños cheos de lama, coas zamancas postas nos pés, estas eran un calzado feito de madeira e recuberto con palla.

Page 4: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Cando chegaba á escola, alí estaba o mestre, Dn.

Codino esperando ós rapaces. O libro que levaban da casa era o silabario, un libro pequeno co que aprendían o abecedario. Antes do medio día voltaba da escola, collía o burro e catro barrís e ía encher auga á fonte de Tiaxo, cando voltaba entón comía. El dixo que antes se comía pouco porque non había pero comíase mellor, xa que todo era natural.

Page 5: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

A súa comida baséabase en produtos do campo como patacas, tomates, verzas, millo… Tamén cando se podía comíase porco, vaca e polo, todo criado na casa. El di que o único que bota de menos de aqueles anos é o caldo con touciño e pan de broa, xa que coma aquel touciño hoxe en día xa non hai. Despois de comer ía cos seus pais a traballar ó campo ata iso das sete, porque céabase ás oito. Despois da cea xogaban un pouco ás cartas, e ía para cama que o seguinte día sería longo.

Page 6: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Silabario utilizado en 1926Silabario utilizado en 1926

Page 7: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Escolas durante a II Escolas durante a II RepublicaRepublica

Page 8: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

A guerra civil españolaA guerra civil española

Page 9: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Hei de dicir que cando lle preguntei por esta etapa, primeiro non me quixo contar moito, pois para el foi unha experiencia moi dura, xa que tivo que ver a amigos morrer.

Cando comezou a guerra civil o tío Rafael tiña 18 anos, de súpeto un día, a garda civil presentouse na súa casa para recrutalo, pois os nacionalistas deran un golpe de estado en Madrid. Se non quería ir recrutado polo bando franquista sería arrestado e xulgado como traidor da patria.

Page 10: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

El presentouse no cuartel para ser trasladado:primeiro a Lugo, onde estivo esperando polo seu traslado ata Santander, máis tarde sería trasladado ao frente de Guadalajara, e por último tomaría parte na batalla do Ebro.

Page 11: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

El recorda da batalla do Ebro, estar nunha montaña onde había trincheiras, estaba rodeada completamente de minas e arames. Na montaña de enfronte separada polo río estaban os republicanos. El admitiu ter matado moitos “piollos”; como se coñecían aos republicanos entre os nacionais, tamén admitiu non ter pechado ollo co remordemento daquelas mortes. “A guerra é boa para falar dela, non para estar nela” palabras textuais.

Page 12: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Segundo el di, os republicanos perderon a guerra, por mor do desentedemento que tiñan os políticos entre eles, por ver quen mandaba máis .

Os franquistas empezaron a recibir axuda dos italianos e alemáns e así foron acabando cos republicanos deixando a estes arrincoados ó norte do Ebro (Cataluña, Zaragoza, Pamplona...), e unha vez que os republicanos deixaron de recibir axuda de Francia, en 1939, perderon a guerra definitivamente.

Page 13: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

El contounos que durante a guerra mataron a moita xente boa; algúns incluso amigos. Había moita xente que pasou de ser republicana, a ser do réxime dun día para outro, e que moitos foron ó cárcere, ó seren delatados na maioría dos casos

Page 14: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

sen fundamento ningún. Tamén nos contou que na Guarda había un campo de concentración situado onde hoxe en día son os xesuítas (Camposancos) alí eran traídos os presos feitos en León, Asturias…

Page 15: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

A posguerra -Ditadura de Franco

Tras gañar a guerra os franquistas, o noso querido amigo regresa a Galicia. Encóntrase cun país sumido no caos. A represión parece por momentos máis forte, e na Guarda os chamados ´´paseos´´ son frecuentes.

Page 16: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Non hai traballo por ningures e ten que traballar na terra dos seus pais para poder vivir do cultivado. A súa familia dispuña dunha cartilla de racionamento: que estipulaba unha serie de produtos ó mes como un quilo de fariña, pan, un litro de aceite ou leite, que a xente tiña para o seu consumo, pero non todo o mundo tiña o privilexio de ter esta cartilla. Só a tiñan aqueles que o alcalde da zona llela asignase.

Page 17: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Cartilla de RacionamientoCartilla de Racionamiento

Page 18: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Cupones de racionamientoCupones de racionamiento

Vale por un quilo de fariña

Page 19: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Contounos que era pola noite cando tiñan que matar os porcos ou galiñas por medo a que os animais fosen requisados pola garda civil, porque ás veces viñan polas casas e se querían requisábanche o animal. Ó noso amigo pasoulle isto en varias ocasións. El e a súa familia aproveitaban o verán, xa que abundaba a herba, para criar unha vaca.

Page 20: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Un ano a vaca foille requisada e tiveron que levala ao Porriño, onde era o matadoiro, dende O rosal camiñando! Que barbaridade pero había que facelo e calarse.

Coa chegada do franquismo as liberdades quedaron completamente anuladas; o noso amigo tamén ten experiencia nisto, pois unha vez a garda civil atopouno falando cun grupo de homes e déronlles unha paliza.

Page 21: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Isto sucedía cando te miraban reunido pensaban que podías estar conspirando contra o réxime. A censura tamén estivo presente na súa vida, pois a correspondencia epistolar éralle revisada minuciosamente.

Page 22: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Postal censuradaPostal censuradaPostalrevisadapolacensura

Page 23: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

A súa familiaA súa familiaEn 1944 casou con Xulia Alfonso, e decidiu reformar unha casa vella, onde xunto coa súa muller, tivo unha ampla familia, el maila súa muller tiveron 10 fillos pero un morreu no momento do parto, xa que daquela os fillos tíñanse na casa, e sen poder contar cunha comadrona, a tarefa de dar a luz a un fillo facíase moito máis perigosa, tanto para a nai coma para os fillos.

Page 24: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Contounos que co paso dos anos, as cousas foron mellorando, el conseguiu un traballo como coidador do monte; estaba encargado da limpeza do monte, así como do mantemento dos cortalumes, e cando se producía un lume tiña que ir axudar a apagalo. Estivo durante 30 anos como coidador do monte ata que no ano 1983 xubilouse.

Page 25: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

En 1995 tivo que afrontar outro duro golpe na súa vida; a morte da súa muller coa que levaba casado máis de 50 anos, pero grazas ao apoio dos seus nove fillos seguiu cara diante. Do que se sente máis orgulloso he de ter unha ampla familia, e que todos, dende os máis maiores ata os máis pequenos, o visiten algun día da semana.

Page 26: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Agora o tío Rafael leva unha vida apacible, a pesar dos seus anos segue vivindo só, pola mañá cedo levántase e vai buscar o periódico, e despois de comer vai bota-la partida ao tute nun bar do Calvario, ás cinco volve para casa e ponse a facer cousas na horta, ou a dar de comer ós animais. Os fins de semana encántalle ir mirar o

Page 27: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

equipo de balonmán de Novás onde anima enerxicamente aos xogadores, e protéstalle aos árbitros cando pitan en contra.

Page 28: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

O tío RafaelO tío Rafael

Page 29: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Conclusión: Conclusión: A miña conclusión non é outra, que as nosas persoas maiores gardan moitas experiencias, das cales nós podemos aprender moitas cousas. Estes maiores deben ser respectados, pois adicaron a súa vida para que o noso futuro non fose como o seu pasado, na maioría dos casos cheo de carencias e dificultades.

Page 30: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Conclusión: Conclusión: A miña conclusión non é outra, que as nosas persoas maiores gardan moitas experiencias, das cales nós podemos aprender moitas cousas. Estes maiores deben ser respectados, pois adicaron a súa vida para que o noso futuro non fose como o seu pasado, na maioría dos casos cheo de carencias e dificultades.

Page 31: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Conclusión: Conclusión: A miña conclusión non é outra, que as nosas persoas maiores gardan moitas experiencias, das cales nós podemos aprender moitas cousas. Estes maiores deben ser respectados, pois adicaron a súa vida para que o noso futuro non fose como o seu pasado, na maioría dos casos cheo de carencias e dificultades.

Page 32: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1

Conclusión: Conclusión: A miña conclusión non é outra, que as nosas persoas maiores gardan moitas experiencias, das cales nós podemos aprender moitas cousas. Estes maiores deben ser respectados, pois adicaron a súa vida para que o noso futuro non fose como o seu pasado, na maioría dos casos cheo de carencias e dificultades.

Page 33: IES A Sangriña (A Guarda) – O tesouro dos nosos avós - 9/3/3 - CD1