INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XUÑO DE 2016 · Informe climatolóxico xuño 2016 Páxina 5 de 29...

33
INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XUÑO DE 2016

Transcript of INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XUÑO DE 2016 · Informe climatolóxico xuño 2016 Páxina 5 de 29...

INFORME CLIMATOLÓXICO MES DE XUÑO DE 2016

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 2 de 29

ÍNDICE

1 INTRODUCIÓN ....................................................................................................................... 3

2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES ................................................................................... 4

3 ANOMALÍAS DE PRESIÓN EN SUPERFICIE E ALTURA ............................................. 5

4 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA. ................ 7

5 TEMPERATURA ..................................................................................................................... 7

5.1. Temperatura media das máximas. ........................................................................................ 10

5.2. Temperatura media das mínimas. ......................................................................................... 11

5.3. Anomalía de temperatura media con respecto ao período 1981-2010................................ 12

5.4. Evolución da temperatura media no período 1961-2016. .................................................... 16

6 PRECIPITACIÓN .................................................................................................................. 17

6.1. Precipitación acumulada mensual Xuño 2016 ...................................................................... 17

6.2. Porcentaxe de valor acumulado de precipitación con respecto ao valor normal. ............. 18

6.3. Días de chuvia en xuño de 2016 ............................................................................................. 19

6.4. Evolución da precipitación en xuño de 2016 ........................................................................ 21

7 VENTO .................................................................................................................................... 22

8 RADIACIÓN SOLAR ............................................................................................................ 26

8.1. Mapa de irradiación solar mensual ....................................................................................... 26

8.2. Anomalía de insolación con respecto ó valor normal .......................................................... 27

9 RAIOS ...................................................................................................................................... 28

Anexo: Resumo mensual

Data edición: 15-07-2016

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 3 de 29

Mes dentro da normalidade, tanto en temperatura como en precipitación.

1 INTRODUCIÓN

Neste informe considérase o período climático de referencia 1981-2010. Así, as anomalías

calculadas nas táboas, mapas e gráficos, e percentiles calcúlanse con respecto a este período

de referencia.

Para caracterizar o mes en función da temperatura considéranse os seguintes criterios:

Percentil Categoría < mínimo en 1981-2010 Extremadamente frío

Entre 5% e 20% Moi frío Entre 20% e 40% Frío Entre 40% e 60% Normal Entre 60% e 80% Cálido Entre 80% e 95% Moi cálido

>máximo en 1981-2010 Extremadamente cálido. Táboa 0.1. Cualificación do mes en función da temperatura.

Para caracterizar o mes en función da precipitación considéranse os seguintes criterios:

Percentil Categoría < mínimo en 1981-2010 Extremadamente seco

Entre 5% e 20% Moi seco Entre 20% e 40% Seco Entre 40% e 60% Normal Entre 60% e 80% Húmido Entre 80% e 95% Moi Húmido

>máximo en 1981-2010 Extremadamente Húmido. Táboa 0.2. Cualificación do mes en función da precipitación.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 4 de 29

2 DESCRICIÓN SINÓPTICA DO MES

O mes de xuño foi bastante típico da transición entre un tempo caracterizado polas borrascas

a outro no que as altas presións aparecen máis frecuentemente. Así, aínda tivemos a chegada

da derradeira borrasca intensa a mediados do mes, pero tamén dous períodos a principios e

finais deste xuño de anticiclón con elevadas temperaturas. As anomalías compénsanse e

polo tanto a media sitúase en xeral preto da normalidade.

Os primeiros 5 días foron anticiclónicos con ventos do nordés que en xeral deixaron tempo

seco, bastante soleado e cun importante contraste térmico entre o norte e o sur de Galicia,

con termómetros que no sur superaban puntualmente os 30ºC, mentres que no extremo norte

se rexistraban valores inferiores en todo momento aos 20ºC.

A xornada do 6 marcou unha ruptura desa influencia anticiclónica con achegamento dunha

baixa non moi activa dende o Atlántico, o que propiciou un aumento das nubes e algunhas

chuvias de carácter feble.

Nos días 7 e 8 volvemos á influencia anticiclónica que ademais de aportar estabilidade,

achegou aire cálido procedente do sur da península Ibérica, polo que as temperaturas foron

algo máis elevadas que no episodio dos primeiros días do mes.

O período entre o día 9 e o 13 quedou marcado por situacións intermedias, coas altas

presións sobre Azores, pero algo desprazadas cara ao sur, e as baixas presións circulando

polo Atlántico norte, entre Terranova e Irlanda. Deste xeito, a dirección predominante dos

ventos nesas xornadas foi de compoñente oeste, polo que as masas de aire foron algo máis

frescas e húmidas que as dos primeiros 8 días de forma que, en xeral, tivemos un aumento

de nubes, un descenso de temperatura e algúns episodios de chuvia feble e intermitente

afectando principalmente ao litoral atlántico.

Este equilibrio entre altas e baixas presións rompeuse a favor das borrascas nas xornadas do

14, 15 e 16, cando o achegamento das baixas presións deixaba 3 xornadas de chuvias

xeneralizadas, que o día 15 foron especialmente persistentes e intensas na metade oeste e

cun importante descenso das temperaturas.

Os días 17 e 18 foron de transición, coas altas presións achegándose de novo. Aínda se

rexistraron algunhas chuvias, pero xa cun carácter máis feble e ocasional que as dos 3 días

anteriores, quedando as chuvias restrinxidas ao terzo norte na xornada do 18.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 5 de 29

Entre o 19 e o 22 as altas presións dominaron a situación. Os días 19, 20 e 21 foron de ceos

maioritariamente despexados, con ascenso progresivo das temperaturas, facendo que a

xornada do 21 fose a máis calorosa de todo o mes, con moitos puntos da Comunidade

superando os 30ºC.

Na xornada do 22 continuaron as características anticiclónicas en superficie, pero a presenza

de aire algo máis frío en capas medias e altas da atmosfera propiciou a formación de

tormentas e chuvascos importantes nas zonas de montaña da provincia de Ourense e no

centro e leste da provincia de Lugo.

O día 23 tivemos a entrada de aire máis fresco que o de xornadas anteriores, polo que

aumentaron as nubes, descenderon as temperaturas e mesmo se rexistraron algunhas chuvias

febles.

Na xornada do 24 fóronse recuperando as condicións anticiclónicas e os derradeiros días do

mes, entre o 25 e o 30 a estabilidade foi a nota predominante, con predominio de tempo

seco, ventos intensos do nordés e temperaturas, que agás en puntos do interior, non foron

demasiado elevadas polo achegamento dalgún sistema frontal que deixaba nubes e

descensos de temperatura no litoral.

3 ANOMALÍAS DE PRESIÓN EN SUPERFICIE E ALTURA

As anomalías de presión tanto en superficie (figura 1) como en altura (figura 2) non amosan

variacións moi significativas comparando coa climatoloxía preto da península Ibérica,

reflectindo a normalidade deste mes, con períodos anticiclónicos ao principio e ao final e

baixas presións na parte central. Como máis salientable podemos descartar que as presións

si foron algo máis baixas do normal en superficie ao norte de Galicia, collendo o Atlántico e

tamén puntos de Inglaterra e o norte de Europa, onde as influencias anticiclónicas non

estiveron apenas presentes na parte final do mes, ao contrario do que sucedeu en Galicia.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 6 de 29

Figura 1: Anomalías de presión en superficie.

Figura 2: Anomalías de xeopotencial en 500hPa.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 7 de 29

4 RESUMO CLIMATOLÓXICO NAS PRINCIPAIS CIDADES DE GALICIA.

Compáranse os valores rexistrados no mes en curso nas estacións da rede meteorolóxica de

MeteoGalicia (Coruña-Torre de Hércules, Santiago-EOAS, Campus Lugo, Lourizán e

Ourense) cos valores climáticos, no período 1981-2010, para ese mes, obtidos a partir da

serie histórica máis próxima (A Coruña-estación completa / Santiago-Astronómico / Lugo-

Fingoi / Ourense-granxa, estacións da AEMET, e Lourizán, de MeteoGalicia).

O valor climático corresponde ao promedio destes 30 anos para o mes considerado.

Móstranse tamén os valores extremos da serie e o ano no que se acadaron. No caso das

temperaturas máximas (mínimas) absolutas, móstrase o valor máximo (mínimo) da serie

histórica mensual e a data na que se acadou. As temperaturas danse en ºC e as precipitacións

en mm (ou L/m2). O número de días de chuvia corresponde á suma dos días nos que a

precipitación rexistrada é igual ou maior a 1 mm.

A CORUÑA

XUÑO 2016

VALORES CLIMÁTICOS*

valor máximo da serie*

valor mínimo da serie*

Tª media 17.3 17.4 19.1 (2005) 14.2 (1972)

Tª mínima media 15.0 14.3 15.7 (2004) 11.5 (1946)

Tª mínima absoluta 12.0 (día 2) 4.2 (07/06/1936)

Tª mínima máis alta 17.4 (día 12) 20.2 (16/06/2000)

Tª máxima media 19.5 20.5 22.7 (2005) 16.6 (1972)

Tª máxima absoluta 21.8 (día11) 34.8 (03/06/1980)

Tª máxima máis baixa 17.1 (día 15) 13.0 (10/06/1966)

Precipitación acumulada 49 25-45 142 (1935) 1 (1962)

Días de chuvia (≥1mm) 8 7 18 (1935) 1 (1962)

Comentario: Mes cálido tendo en conta as temperaturas mínimas, e frío para as máximas. Como resultado disto a temperatura media resultou normal. A precipitación rexistrada foi lixeiramente superior ao rango de valores normais, polo que o mes considérase húmido. Isto reflíctese tamén no número de días de chuvia, superior ao agardado. * Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1931-2016 Temperatura: 1948-2016

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 8 de 29

SANTIAGO

XUÑO 2016

VALORES CLIMÁTICOS*

valor máximo da serie*

valor mínimo da serie*

Tª media 17.5 17.6 20.1 (2005) 15.5 (1992)

Tª mínima media 12.4 12.6 14.2 (2004) 11.2 (1992)

Tª mínima absoluta 9.3 (día 11) 4.8 (05/06/1984)

Tª mínima máis alta 16.7 (día 23) 22.9 (27/06/2012)

Tª máxima media 22.5 22.2 26.0 (2005) 19.8 (1992)

Tª máxima absoluta 28.2 (día 7) 36.9 (25/06/2011)

Tª máxima máis baixa 14.4 (día 15) 11.3 (02/06/1984)

Precipitación acumulada 34 37-47 143 (2009) 7 (2011)

Días de chuvia (≥1mm) 6 7 20 (1997) 1 (1996)

Comentario: Mes normal en xeral tendo en conta todas as temperaturas. A precipitación rexistrada está lixeiramente por debaixo do rango de valores normais, polo que o mes considérase seco. O número de día de chuvia tamén foi inferior ao agardado. * Valores climáticos 1982-2010. Precipitación:1982-2016. Temperatura: 1982-2016

LUGO

XUÑO 2016

VALORES CLIMÁTICOS*

valor máximo da serie*

valor mínimo da serie*

Tª media 17.4 16.8 19.5 (2004) 14.9 (1992)

Tª mínima media 11.4 11.0 12.9 (2005) 8.8 (1991)

Tª mínima absoluta 5.7 (día 11) 2.8 (11/06/2001)

Tª mínima máis alta 16.3 (día 23) 17.5 (06/06/2004)

Tª máxima media 23.4 22.6 27.6(1976) 17.9 (1972)

Tª máxima absoluta 30.2 (día 21) 36.1 (26/06/2011)

Tª máxima máis baixa 15.2 (día 15) 11.0 (02/06/1984)

Precipitación acumulada 35 22-40 169 (2010) 3 (2011)

Días de chuvia (≥1mm) 4 6 16 (1982) 1 (2011)

Comentario: Mes cálido en xeral para todas as temperaturas, se ven no caso das mínimas o aumento de temperatura foi discreto. A chuvia rexistrada está dentro do rango de valores normais para esta variable, sen embargo, o número de días de chuvia é inferior ao agardado.

* Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1981-2016. Temperatura: 1981-2016

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 9 de 29

PONTEVEDRA (LOURIZÁN)

XUÑO 2016

VALORES CLIMÁTICOS*

valor máximo da serie*

valor mínimo da serie*

Tª media 18.9 18.6 21.1 (2004) 15.4 (1972)

Tª mínima media 13.9 13.0 15.3 (2004) 10.2 (1972)

Tª mínima absoluta 10.2 (día 11) 4.6 (05/06/1984)

Tª mínima máis alta 17.5 (día 22) 19.5 (14/06/2003)

Tª máxima media 23.9 24.1 27.2 (1976) 20.4 (1977)

Tª máxima absoluta 31.1 (día 27) 39.6 (19/06/2003)

Tª máxima máis baixa 16.8 (día 15) 14.0 (04/06/1963)

Precipitación acumulada 63 39-61 229 (1974) 1 (1962)

Días de chuvia (≥1mm) 7 7 15 (2012) 0 (1962)

Comentario: Mes normal en canto as medias e as máximas, mentres que as mínimas foron máis alto, resultando neste caso o mes moi cálido. A precipitación rexistrada foi lixeiramente superior ao rango de valores normais, considerándose o mes húmido. O número de días de chuvia foi o agardado.

* Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1958-2016. Temperatura: 1958-2016

OURENSE

XUÑO 2016

VALORES CLIMÁTICOS*

valor máximo da serie*

valor mínimo da serie*

Tª media 20.4 20.2 23.8 (2004) 16.4 (1977)

Tª mínima media 13.0 12.9 15.6 (2004) 10.4 (1977)

Tª mínima absoluta 7.7 (día 1) 2.4 (03/06/1975)

Tª mínima máis alta 17.7 (día 22) 22.1 (27/06/2012)

Tª máxima media 27.8 27.5 32.0 (2004) 22.4 (1977)

Tª máxima absoluta 35.7 (día 21) 40.9 (26/06/2011)

Tª máxima máis baixa 16.1 (día 15) 12.6 (03/06/1984)

Precipitación acumulada 23 25-31 127 (1988) 0 (2011)

Días de chuvia (≥1mm) 3 5 14 (1988) 0 (2011)

Comentario:Mes lixeiramente cálido tendo en conta as medias e as mínimas, mentres que para as máximas resultou normal. A chuvia rexistrada foi lixeiramente inferior ao rango de valores normais, polo que o mes considérase seco. O número de días de chuvia foi inferior ao agardado.

* Valores climáticos 1981-2010. Precipitación:1973-2016. Temperatura: 1972-2016

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 10 de 29

5 TEMPERATURA

Os valores medios de temperatura non presentan anomalías moi significativas en ningún

punto da Comunidade, quedando en xeral os valores medidos a menos de 1ºC de diferenza

da media climática. Isto é debido a que o período algo máis frío de mediados do mes foi

compensado polos anticiclóns dos primeiros e derradeiros días.

5.1. Temperatura media das máximas.

Figura 3: Mapa de temperatura media das máximas do mes de xuño de 2016.

O valor medio das temperaturas máximas no mes de xuño para Galicia, a partir dos valores

do mapa, foi de 21.8 ºC. Os valores máis baixos rexistráronse na alta montaña ourensá e no

norte da Comunidade, destacando a Mariña Luguesa e Cabo Ortegal, con valores por

debaixo dos 14 ºC e os valores máis altos (preto dos 29 ºC) rexistráronse, principalmente na

zona da Comarca de O Ribeiro.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 11 de 29

5.2. Temperatura media das mínimas.

O valor medio das temperaturas mínimas no mes de xuño para o territorio galego foi de 11.0

ºC, sendo os valores máis baixos os rexistrados na alta montaña ourensá e na comarca de A

Limia e as Serras do Testeiro e o Xistral, por debaixo dos 5 ºC e os máis altos en todo o

litoral galego, onde se acadaron valores de case 16 ºC.

Figura 4: Mapa de temperatura media das mínimas do mes de xuño de 2016.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 12 de 29

5.3. Anomalía de temperatura media con respecto ao período 1981-2010.

A temperatura media no conxunto de Galicia neste mes de xuño, tendo en conta a media dos

valores do mapa, estivo dentro dos valores normais. Como se pode ver no mapa da figura 3,

houbo un gran contraste entre a zona de Fisterra e o resto da Comunidade, principalmente, a

Terra Chá luguesa e a zona de Verín. En Fisterra, acadáronse anomalías negativas de ata -

0.97 ºC respecto ao valor normal do período 1981-2010. As anomalías máis altas, sen

embargo rexistráronse na zona de Verín, e parte da comarca de Vigo, onde se acadaron

anomalías positivas de ata 1.3 ºC.

Figura 5: Mapa de anomalía de temperatura media (ºC) de xuño respecto al período 1981-2010.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 13 de 29

A táboa 1 mostra as anomalías máis altas destacables nos concellos da nosa Comunidade,

con respecto ó período climático 1981-2010. Como se pode ver, as anomalías máis elevadas,

déronse principalmente na comarca de Verín e na Terra Chá luguesa.

Anomalías máis altas de temperatura media

con respecto ao período 1981-2010

Concello Provincia Anomalía (ºC)

Verín Ourense 1.1

Gondomar Pontevedra 1.1

Vilardevós Ourense 1.1

Lugo Lugo 1.1

Páramo (O) Lugo 0.9

Oímbra Ourense 0.9

Corgo (O) Lugo 0.9

Guntín Lugo 0.9

Outeiro de Rei Lugo 0.8

Riós Ourense 0.8

Táboa 1: Anomalías máis elevadas no mes de xuño de 2016.

Anomalías máis baixas de temperatura media

con respecto ao período 1981-2010

Concello Provincia Anomalía (ºC)

Fisterra A Coruña -0.8

Muxía A Coruña -0.8

Corcubión A Coruña -0.7

Camariñas A Coruña -0.7

Cee A Coruña -0.7

Carnota A Coruña -0.7

Laxe A Coruña -0.6

Muros A Coruña -0.5

Maceda Ourense -0.5

Entrimo Ourense -0.5

Táboa 2: Anomalías máis baixas no mes de xuño de 2016.

A táboa 2 amosa as anomalías máis baixas rexistradas nos concellos galegos, con respecto

ao período climático 1981-2010. A zona de Fisterra foi a que rexistrou as anomalías máis

baixas de temperatura, destacando tamén a Baixa Limia.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 14 de 29

Nas táboas 3 e 4 móstranse as temperaturas máximas máis altas rexistradas na Comunidade

Galega no mes de xuño de 2016 para estacións situadas por debaixo e por enriba dos 1000

metros de altitude respectivamente. Destacan as xornadas do 21 e 22 de xuño con

temperaturas próximas ou superiores aos 30 ºC en moitas localidades e a ambas altitudes..

Temperaturas máximas máis altas rexistradas no mes de xuño de 2016

por debaixo dos 1000m de altitude

Data Estación Concello Provincia TA (ºC)

21/06/2016 EVEGA Leiro Leiro Ourense 36.9

21/06/2016 Remuíño Arnoia Ourense 36.6

22/06/2016 Verín-Vilela Verín Ourense 35.8

21/06/2016 Ourense Ourense Ourense 35.7

21/06/2016 Ourense-Estacións Ourense Ourense 35.4

22/06/2016 A Portela Vilamartín de Valdeorras Ourense 35.3

21/06/2016 Cequeliños Arbo Pontevedra 34.9

22/06/2016 As Petarelas Rubiá Ourense 34.7

21/06/2016 San Clodio Ribas de Sil Lugo 34.6

21/06/2016 Míllara Ferreira de Pantón Lugo 34.5

Táboa 3: Temperaturas máximas máis altas rexistradas no mes de xuño de 2016 a

altitude menor de 1000 m.

Temperaturas máximas máis altas rexistradas no mes de xuño de 2016

por enriba dos 1000m de altitude

Data Estación Concello Provincia TA (ºC)

22/06/2016 O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 29.9

21/06/2016 A Mezquita A Mezquita Ourense 28.6

22/06/2016 San Xoán de Río San Xoán de Río Ourense 28.4

22/06/2016 O Cebreiro Pedrafita do Cebreiro Lugo 28.0

22/06/2016 Corzos A Veiga Ourense 27.8

21/06/2016 Xurés Muiños Ourense 27.5

22/06/2016 Alto do Poio Pedrafita do Cebreiro Lugo 27.0

22/06/2016 Serra do Eixe O Barco de Valdeorras Ourense 26.8

22/06/2016 Casaio Carballeda de Valdeorras Ourense 26.6

22/06/2016 Ancares Cervantes Lugo 26.5

Táboa 4: Temperaturas máximas máis altas rexistradas no mes de xuño de 2016 a

altitude xuñor de 1000 m.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 15 de 29

Nas táboas 5 e 6 móstranse as temperaturas mínimas máis baixas rexistradas na Comunidade

Galega no mes de xuño de 2016 para estacións situadas por enriba e por debaixo dos 1000

metros de altitude, respectivamente. A primeira xornada do mes de xuño foi a máis fría a

altitudes baixas, mentres que por riba dos 1000m destaca a xornada do 15 de xuño.

Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no mes de xuño de 2016

por enriba dos 1000m de altitude

Data Estación Concello Provincia TA (ºC)

15/06/2016 Xares A Veiga Ourense 0.2

15/06/2016 Cabeza de Manzaneda

Manzaneda Ourense 0.5

15/06/2016 Lardeira Carballeda de Valdeorras Ourense 0.9

11/06/2016 Corzos A Veiga Ourense 2.8

18/06/2016 Lardeira Carballeda de Valdeorras Ourense 2.9

15/06/2016 Ancares Cervantes Lugo 2.9

15/06/2016 O Cebreiro Pedrafita do Cebreiro Lugo 3.0

15/06/2016 Alto do Poio Pedrafita do Cebreiro Lugo 3.2

15/06/2016 Casaio Carballeda de Valdeorras Ourense 3.5

15/06/2016 Serra do Eixe O Barco de Valdeorras Ourense 3.6

Táboa 5: Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no mes de xuño de 2016

altitude superior a 1000 m.

Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no mes de xuño de 2016

por debaixo dos 1000m de altitude

Data estación Concello Provincia TA (ºC)

01/06/2016 Mouriscade Lalín Pontevedra 1.2

01/06/2016 Calvos Calvos de Randín Ourense 1.3

02/06/2016 Lanzós Vilalba Lugo 1.4

01/06/2016 Baltar Baltar Ourense 3.1

01/06/2016 Morelle Sarria Lugo 4.1

01/06/2016 Sambreixo Guitiriz Lugo 4.4

15/06/2016 Serra do Faro Rodeiro Pontevedra 4.4

01/06/2016 Monte Medo Baños de Molgas Ourense 4.5

01/06/2016 Xinzo Xinzo de Limia Ourense 4.7

01/06/2016 Portomarín Portomarín Lugo 4.7

Táboa 6: Temperaturas mínimas máis baixas rexistradas no mes de xuño de 2016

altitude inferior a 1000m.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 16 de 29

5.4. Evolución da temperatura media no período 1961-2016.

Na figura 6 pode verse a evolución da temperatura media das once estacións que compoñen

a serie rexional. O valor medio en 2016 para esta serie foi 17.8 ºC.

Figura 6: Temperatura media ó longo do período 1961-2016 para xuño.

A anomalía media da temperatura para este mes de xuño en Galicia, obtida a partir das

anomalías medias en once estacións meteorolóxicas representativas, foi de 0.03 ºC, o que fai

que o mes poida considerarse no conxunto de Galicia como normal. As máximas tamén

presentaron valores normais, mentres que as mínimas foron moi lixeiramente cálidas.

Figura 7: Evolución da anomalía de temperatura media en xuño, respecto ó período 1981-2010.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 17 de 29

6 PRECIPITACIÓN

As precipitacións estiveron marcadas principalmente pola borrasca que nos días 15 e 16

deixaba chuvia xeneralizada e por momentos de intensidade moderada, pero que aínda así

en xeral non foi suficiente para achegarse ao valor normal neste mes. Isto explica o déficit

de chuvia en puntos como Ourense, oeste de Pontevedra e A Coruña ou norte de Lugo. O

outro episodio importante de precipitación tivo que ver coas tormentas da tarde do 22 que

deixaron chuvascos intensos en puntos da provincia de Lugo, deixando un exceso de chuvia

en puntos desta provincia.

A chuvia media no mes de xuño obtida a partir dos valores do mapa foi de 54 L/m2. Os

lugares máis afectados pola precipitación, principalmente convectiva, foron os das

provincias de Lugo e Ourense, ademais destaca a Comarca de Ferrol e a Serra do Suído cos

valores máis altos de precipitación (126 L/m2). Os valores máis baixos acadáronse na

Comarca de Valdeorras.

6.1. Precipitación acumulada mensual Xuño 2016

Figura 8: Mapa de precipitación acumulada no mes de xuño de 2016.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 18 de 29

6.2. Porcentaxe de valor acumulado de precipitación con respecto ao valor normal.

No mapa da figura 9 pode verse o porcentaxe de precipitación no mes de xuño con respecto

aos valores climáticos, sendo o 100% o valor normal. As porcentaxes máis altas déronse na

Terra de Lemos e na Comarca de Ferrol, con valores 108% por riba do normal. Isto

contrasta con outras zonas da Comunidade como a Comarca de Valdeorras onde choveu ata

un 87% menos do normal. No conxunto da Comunidade o mes considérase normal.

Figura 9: Porcentaxe da precipitación acumulada con respecto aos valores normais do período 1981-

2010 do mes de xuño de 2016.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 19 de 29

6.3. Días de chuvia en xuño de 2016

O número medio de días de chuvia (maior ou igual a 1 L/m2) foi de 6.8. Os valores

máximos obtivéronse principalmente no norte da Comunidade, acadándose case 12 días de

chuvia. Os valores máis baixos estiveron na zona de Verín e a Comarca de Valdeorras con

tan só 2 días de chuvia.

Figura 10: Días de chuvia superior a 1 L/m2 durante o mes de xuño de 2016.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 20 de 29

A táboa 7 mostra as cantidades máximas de precipitación mensual medidas na rede de

estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia durante o mes de xuño. Os rexistros máis altos de

precipitación recolléronse principalmente na xornada do 15.

Precipitacións acumuladas máximas en xuño de 2016

Estación Concello Provincia Chuvia (L/m2)

Ancares Cervantes Lugo 121

Fornelos de Montes Fornelos de Montes Pontevedra 109

Aldea Nova Narón A Coruña 98

Fontaneira Baleira Lugo 98

CIS Ferrol Ferrol A Coruña 97

Alto do Poio Pedrafita do Cebreiro Lugo 97

Serra da Faladoira Ortigueira A Coruña 97

Rebordelo Cotobade Pontevedra 95

O Invernadeiro Vilariño de Conso Ourense 90

Pereira Forcarei Pontevedra 90

Táboa 7: Precipitacións mensuais máis altas rexistradas no mes de xuño de 2016.

Precipitacións máximas en 24 horas (L/m2)

Estación Concello Provincia Chuvia (L/m2) Instante de inicio (UTC)

CIS Ferrol Ferrol A Coruña 63 15/06/2016 2:00

Armenteira Meis Pontevedra 48 15/06/2016 0:30

Anova Narón A Coruña 47 15/06/2016 2:40

Ancares Cervantes Lugo 46 15/06/2016 16:40

OVal Narón A Coruña 46 15/06/2016 2:30

Fornelos Fornelos de Montes Pontevedra 45 15/06/2016 14:00

Areeiro Pontevedra Pontevedra 42 15/06/2016 0:30

Rebordelo Cotobade Pontevedra 41 14/06/2016 16:50

Pereira Forcarei Pontevedra 40 15/06/2016 0:40

Tremoedo Vilanova de Arousa Pontevedra 39 15/06/2016 0:10

Táboa 8: Precipitacións máis altas en 24 horas rexistradas no mes de xuño de 2016.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 21 de 29

6.4. Evolución da precipitación en xuño de 2016

Na figura 11 pode verse a evolución da precipitación media das 16 estacións que compoñen

a serie rexional. O valor medio en 2016, para esta serie, foi 51 L/m2.

Figura 12: Precipitación ó longo do período 1961-2016 para xuño.

A anomalía media das precipitacións para este mes de xuño en Galicia, obtida a partir das

anomalías medias en dezaseis estacións meteorolóxicas representativa, foi dun 0 % do

normal. Isto fai que o mes poida considerarse como normal, en contraste co xuño do ano

pasado que resultou cálido e moi seco.

Figura 13: Evolución da anomalía de precipitación en xuño, respecto ó período 1981-2010.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 22 de 29

7 VENTO

Na táboa 9 móstranse aquelas estacións meteorolóxicas nas que se rexistraron máis de 100

km/h neste mes de xuño. Só se superou este limiar na estación de Xesteiras na xornada do

día 26.

Refachos máximos superiores aos 100 km/h en xuño

Data Estación Concello Provincia Refacho

(km/h)

26/06/2016 Xesteiras Cuntis Pontevedra 104.4

Táboa 9: Refachos máximos superiores ós 100 km/h en xuño de 2016.

PROVINCIA DE A CORUÑA

Estación Concello

Refacho

máximo

(km/h) Compoñente

dominante

%

calmas Rosa dos ventos mensual Velocidade media mensual (m/s)

Data

Lira Carnota

91.5

NE 9

Día 1

Pta. Candieira Cedeira

87.9

NE 10

Día 14

Malpica Malpica

81.7

E 8

Día 14

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 23 de 29

PROVINCIA DE A CORUÑA

Estación Concello

Refacho

máximo

(km/h) Compoñente

dominante

%

calmas Rosa dos ventos mensual Velocidade media mensual (m/s)

Data

Marco da Curra Monfero

59.9

NO 12

Día 14

Táboa 10: Resumo do vento no mes de Xuño de 2016 na provincia de A Coruña.

PROVINCIA DE LUGO

Estación Concello

Refacho

máximo

(km/h)

Compoñente

dominante

%

calmas Rosa dos ventos mensual Velocidade media mensual (m/s)

Data

Burela Burela

58.9

E 18

Día 16

Ancares Cervantes

80.9

NE 9

Día 14

Táboa 11: Resumo vento no mes de Xuño de 2016 na provincia de Lugo

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 24 de 29

PROVINCIA DE OURENSE

Estación Concello

Refacho

máximo

(km/h) Compoñente

dominante

%

calmas Rosa dos ventos mensual Velocidade media mensual (m/s)

Data

Xurés Muiños

66.2

O 13

Día 14

Rodicio Maceda

52.9

NE 12

Día 15

Gandarela Celanova

45.5

NO 42

Día 15

Táboa 12: Resumo do vento no mes de Xuño de 2016 na provincia de Ourense.

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Estación Concello

Refacho

máximo

(km/h) Compoñente

dominante

%

calmas Rosa dos ventos mensual Velocidade media mensual (m/s)

Data

Fornelos Fornelos

de Montes

75.1

NO 15

Día 25

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 25 de 29

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

Estación Concello

Refacho

máximo

(km/h) Compoñente

dominante

%

calmas Rosa dos ventos mensual Velocidade media mensual (m/s)

Data

Ons Bueu

65.6

NO 4

Día 26

Táboa 13: Resumo do vento no mes de Xuño de 2016 na provincia de Pontevedra.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 26 de 29

8 RADIACIÓN SOLAR

8.1. Mapa de irradiación solar mensual

Figura 13: Irradiación mensual (10 kJ m

-2 día

-1) para o mes de Xuño de 2016.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 27 de 29

8.2. Anomalía de insolación con respecto ó valor normal

Figura 14: Anomalía de insolación en % respecto ó valor normal calculado no período 1985-2008.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 28 de 29

9 RAIOS

A rede de detección de raios de MeteoGalicia rexistrou 2472 raios en Galicia. A provincia

que rexistrou un maior número de raios foi Lugo, mentres que o resto das provincias

rexistraron moi poucos raios. Na figura 15 móstrase a distribución por día dos raios neste

mes.

Figura 15: Número de raios rexistrados en Galicia en xuño de 2016.

A continuación móstrase este número de raios distribuído por provincias.

Figura 16: Número de raios rexistrados por provincias en xuño 2016.

Informe climatolóxico xuño 2016

Páxina 29 de 29

Na figura 17, pódese ver o total de raios rexistrados en xuño en Galicia dende o ano 2010 ao

2016.

Figura 17: Número total de raios rexistrados en xuño dende 2010 a 2016.

MeteoGalicia

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

Consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio

Xunta de Galicia

A Coruña

Rede de estacións automáticas da CMA Ano: 2016 Mes: 6Provincia

Estación

TªºC

Med

Tª Máxima ºC

Med Abs Día

Tª Mínima ºC

Med Abs Día

Precipitación l/m2

Acu Max Día

BHC

l/m2

Humidade Rel. %

Med Max Min

Radiación SolarIrraciación10kJ/m2

Insolación%

Horasde sol

Vento km/hVeloc.media

Rachamax

PresiónMed. hPa

Nº DíasChoiva Xeada

Boletín Mensual Climatolóxico

Día

17.2 19.5 21.8 11 15.0 12.0 2A Coruña-Torre de Hércules 49 23.9 16 80 89 69 10 0- - - - - - --- 14.6 18.1 22.4 21 11.7 8.9 1A Gándara 59 20.3 15 -44 87 98 69 50 228 2096 18 71 972 20 014 15.6 19.4 25.1 7 12.3 10.2 15Aldea Nova 98 36.8 16 -5 85 96 69 41 185 1820 8 51 987 16 014 16.2 22.1 28.5 7 10.8 5.9 11Arzúa 37 11.8 15 -96 80 96 56 55 251 2268 8 48 976 11 014 16.8 18.5 22.9 21 14.6 11.4 5Camariñas 41 18.4 15 -84 80 89 69 58 263 2305 18 78 1018 10 025 16.9 19.1 22.7 21 14.7 11.5 5Cariño 56 18.4 17 -56 86 96 75 47 216 2064 15 71 1019 12 014 18.6 24.0 31.1 21 13.5 10.1 11Cespón 49 20.8 15 -102 76 93 56 63 286 2377 9 58 1014 10 026 17.4 21.8 27.0 7 13.3 10.3 2CIS Ferrol 97 50.2 15 -23 83 99 65 53 240 2090 10 55 1016 10 014 18.0 22.1 29.3 27 14.4 12.2 15Corrubedo 37 19.2 15 -113 78 91 63 64 291 2508 12 60 1015 7 01 16.6 18.5 21.4 7 14.6 9.9 1Coruña-Dique 37 16.6 16 15 64 1019 12 0-- - - - - - - 14 17.4 23.7 29.8 22 12.0 8.4 11*Costa 54 26.5 15 83 98 61 3 36 999 8 0- - - - 26 15.7 20.8 26.5 8 10.9 5.5 2*Coto Muiño 57 20.4 15 85 99 64 5 43 14 0- - - - -26 15.6 20.4 26.6 7 11.3 7.1 2Fontecada 63 23.1 15 -55 80 95 59 51 233 2059 12 60 977 9 026 16.7 20.8 24.2 21 13.0 9.4 2*Guísamo 73 31.1 16 76 89 59 4 29 999 7 0- - - - 26 17.2 22.1 28.7 21 12.6 9.6 11*Lesende 50 18.7 14 -90 73 87 54 57 258 2266 4 37 999 9 014 16.8 20.2 26.3 1 13.9 11.0 15Lira 40 11.4 15 -94 82 94 68 64 289 2427 19 91 10 0-1 17.1 22.4 27.3 8 11.7 5.2 2Mabegondo 53 24.7 16 -68 83 97 63 49 225 2068 7 49 1008 10 014 15.7 18.5 21.4 11 13.4 11.2 15Malpica 36 12.4 15 -73 89 97 77 57 260 2241 18 82 1000 12 014 14.1 18.3 24.5 8 10.4 6.5 15Marco da Curra 83 24.6 16 -23 86 97 69 49 224 1991 14 60 945 14 014 16.2 22.7 30.7 21 10.1 4.9 11Melide 48 16.0 15 -92 80 97 57 60 272 2385 8 52 964 8 014 14.4 18.5 25.5 21 10.9 8.3 15Muralla 66 25.9 15 -37 86 98 70 56 252 2085 22 98 943 10 026 17.0 21.2 25.4 7 12.7 9.3 1*O Val 75 33.0 15 86 99 70 4 39 1011 9 0- - - - 11 15.4 20.5 27.2 8 11.3 7.4 2Olas 48 18.8 15 -63 86 100 62 49 221 2016 10 45 12 0-5 16.2 21.8 28.6 8 10.8 4.8 2*Ordes 35 15.1 15 82 97 59 5 41 987 9 0- - - - 26 15.6 20.7 26.7 7 10.8 6.6 2*Paramos 46 19.0 15 85 99 64 7 40 976 12 0- - - - 14 17.5 23.3 29.8 22 12.4 8.5 11*Pazo de Galegos 53 28.4 15 -84 80 97 59 54 245 2255 4 34 992 6 025 15.6 18.4 23.6 7 13.5 11.2 15Punta Candieira 35 13.4 16 -67 89 98 75 53 243 2128 22 88 989 13 014 16.6 18.0 20.6 11 14.7 11.5 1Punta Langosteira 13 3.6 15 89 97 80 54 246 2100 14 65 1017 8 0- 14 14.1 18.2 25.4 8 10.8 8.5 4Río do Sol 46 15.8 15 -54 88 98 69 50 227 2044 19 61 957 13 025 16.6 21.5 28.3 8 11.5 6.3 2*Rus 46 17.1 15 84 98 63 4 34 1003 13 0- - - - 5 17.6 20.0 26.1 1 15.3 13.6 15Sálvora 26 11.2 15 -114 81 90 70 70 318 2565 18 80 8 0-15 17.1 22.5 28.2 7 12.4 9.3 11Santiago-EOAS 34 16.6 15 -98 78 94 57 53 239 2192 7 47 989 8 026 16.5 21.3 27.8 7 12.3 8.6 1Santiago-San Lázaro 35 19.6 15 77 93 56 56 253 2248 11 54 983 10 0-- 26 17.2 23.1 29.0 21 12.0 8.3 11Sergude 42 18.5 15 80 97 57 48 217 2081 10 0- - - --- 13.9 17.3 23.0 8 11.0 8.3 1Serra da Faladoira 97 22.8 16 5 91 99 77 42 192 1948 16 82 953 14 014

--Non hai datos

- Non se mide este parámetro nesta estación. Boletín xerado o 14/07/2016

* Mide a velocidade do vento a menos de 10 metros.

Lugo

Rede de estacións automáticas da CMA Ano: 2016 Mes: 6Provincia

Estación

TªºC

Med

Tª Máxima ºC

Med Abs Día

Tª Mínima ºC

Med Abs Día

Precipitación l/m2

Acu Max Día

BHC

l/m2

Humidade Rel. %

Med Max Min

Radiación SolarIrraciación10kJ/m2

Insolación%

Horasde sol

Vento km/hVeloc.media

Rachamax

PresiónMed. hPa

Nº DíasChoiva Xeada

Boletín Mensual Climatolóxico

Día

15.1 19.9 27.1 8 11.7 8.3 1A Pontenova 49 13.6 16 88 98 70 39 177 1781 16 0- - - --- 15.5 22.0 30.3 21 10.2 5.7 11Abradelo 86 26.1 22 78 96 53 56 256 2265 12 0- - - --- 13.9 18.5 26.8 22 9.9 6.1 15Alto de Cerredo 74 15.2 16 83 96 64 5 46 909 11 0-- - - - 25 14.3 19.4 27.7 21 9.7 5.5 11*Alto do Faro 61 28.8 15 81 96 57 8 41 923 10 0- - - - 26 12.8 17.1 27.0 22 8.8 3.2 15*Alto do Poio 97 33.4 15 79 96 58 8 41 10 0- - - - -16 12.8 17.3 26.5 22 8.8 2.9 15Ancares 121 35.4 16 2 80 98 57 51 231 2104 13 81 867 13 014 16.5 21.1 25.5 21 11.8 7.0 1*Borreiros 44 14.4 16 -62 82 96 64 40 180 1801 3 39 1011 13 014 17.7 24.8 33.5 22 11.3 5.9 2Bóveda 75 24.0 22 -75 73 94 47 61 278 2375 6 46 969 9 05 14.5 17.3 21.2 21 12.3 9.6 15Burela 66 20.4 24 -30 89 98 74 39 179 1848 10 59 970 14 016 16.9 23.4 30.2 21 11.4 5.7 11Campus Lugo 35 14.4 15 -101 77 95 53 51 231 2208 6 42 972 10 026 15.9 22.2 29.7 8 10.8 5.3 1Castro R. de Lea 35 12.2 16 81 96 56 48 218 2025 970 9 0- - - -- 16.6 23.4 31.9 21 11.1 7.2 15Conchada 64 24.0 16 82 98 58 57 256 2434 8 0- - - --- 14.4 19.9 27.5 22 10.2 6.8 1Corno do Boi 74 29.4 15 -46 85 100 60 56 254 2257 13 65 16 0-14 15.8 22.3 30.7 22 10.1 6.0 11Courel 85 31.3 15 -54 75 95 50 55 248 2258 7 55 930 10 015 14.3 19.5 28.0 22 10.0 5.5 11*Fontaneira 98 26.6 16 -28 83 97 62 50 228 2177 4 43 913 12 026 16.4 19.7 22.2 12 12.9 9.4 19Foz 40 9.6 24 -69 84 94 69 41 189 1915 9 57 1011 12 05 13.9 18.0 26.1 8 10.0 5.6 11Fragavella 36 9.0 24 -63 89 99 72 43 198 1953 12 71 950 20 014 14.3 19.7 27.9 21 10.3 6.9 15Guitiriz-Mirador 64 17.0 16 -49 84 98 62 48 218 2035 10 54 940 10 014 14.0 18.3 26.5 8 10.3 5.4 11*Labrada 70 15.2 15 -37 85 97 66 44 200 2001 9 47 18 0-14 14.8 21.0 29.1 22 8.3 1.4 2*Lanzós 49 16.4 16 83 97 61 4 34 964 10 0- - - - 26 17.1 22.1 26.3 11 12.5 8.3 19*Lourenzá 20 3.4 16 82 97 62 5 45 13 0- - - - -14 16.4 22.8 31.1 21 11.5 6.9 1Marroxo 45 15.6 16 -92 78 95 54 49 220 2169 5 42 945 9 022 18.4 25.9 34.5 21 12.3 7.3 1*Míllara 25 10.7 15 74 97 47 6 51 5 0- - - - -14 17.2 24.4 32.6 21 11.0 4.1 1*Morelle 45 14.8 15 -84 79 98 53 47 211 2082 4 30 970 10 014 13.1 19.2 28.0 22 8.1 3.0 15O Cebreiro 69 27.7 15 -52 84 99 63 53 239 2193 14 61 873 12 05 14.6 20.2 28.2 8 9.9 5.3 1O Xipro 54 12.0 17 -61 84 99 61 43 195 2056 9 58 929 10 014 15.7 21.8 31.3 21 10.3 5.3 1*Olveda 53 33.0 15 -78 83 99 59 55 250 2303 6 35 9 0-14 17.1 20.0 24.7 12 14.2 10.9 1Pedro Murias 30 8.7 16 -86 82 90 71 44 200 1934 8 57 1014 13 014 13.6 16.6 21.0 29 11.3 8.5 15Penedo do Galo 57 14.3 17 91 99 77 39 176 1795 13 0- - - --- 14.6 20.4 28.6 8 10.2 6.1 11Pol 36 13.2 16 85 99 59 51 234 2114 944 10 0- - - -- 16.7 24.2 32.3 22 10.5 4.7 1Portomarín 39 15.6 15 81 99 54 50 229 2158 967 12 0- - - -- 15.4 21.8 29.6 21 9.1 4.4 1Sambreixo 57 18.2 16 79 95 55 53 240 2137 11 0- - - --- 19.2 26.6 34.6 21 12.2 6.9 2*San Clodio 57 21.0 16 73 97 47 4 34 988 6 0- - - - 14 17.6 23.9 32.2 21 12.2 7.2 1*San Fiz 41 26.2 15 -104 76 96 51 51 228 2295 6 38 973 5 013 14.5 20.2 28.9 22 9.6 5.2 19Ventosa 80 21.6 16 -44 82 97 58 51 230 2173 10 76 915 12 014 16.7 21.0 25.0 21 12.6 7.6 11*Vilamor 28 6.8 24 -83 78 90 60 37 170 1807 5 32 10 0-26 18.0 25.6 33.9 21 11.8 6.4 1*Xabrega 61 23.6 15 -85 72 92 44 49 222 2212 5 40 981 7 016

--Non hai datos

- Non se mide este parámetro nesta estación. Boletín xerado o 14/07/2016

* Mide a velocidade do vento a menos de 10 metros.

Ourense

Rede de estacións automáticas da CMA Ano: 2016 Mes: 6Provincia

Estación

TªºC

Med

Tª Máxima ºC

Med Abs Día

Tª Mínima ºC

Med Abs Día

Precipitación l/m2

Acu Max Día

BHC

l/m2

Humidade Rel. %

Med Max Min

Radiación SolarIrraciación10kJ/m2

Insolación%

Horasde sol

Vento km/hVeloc.media

Rachamax

PresiónMed. hPa

Nº DíasChoiva Xeada

Boletín Mensual Climatolóxico

Día

15.7 21.9 28.6 21 9.3 5.1 17A Mezquita 40 19.8 15 -125 72 92 48 74 333 2770 11 51 904 5 013 19.4 26.7 35.3 22 12.6 8.0 19*A Portela 41 16.6 15 -120 70 97 42 62 278 2407 6 47 8 0-14 17.4 23.4 30.0 21 11.5 7.7 17*A Trabe 27 14.7 15 -148 69 89 46 72 323 2742 5 31 930 4 05 14.5 19.6 27.8 22 9.7 5.3 11Alto do Rodicio 67 35.7 16 -53 83 99 60 61 273 2184 12 53 908 10 015 17.0 23.2 31.2 21 11.6 8.0 15Amiudal 39 21.7 15 73 91 49 67 303 2583 11 61 955 7 0-- 14 17.9 25.7 34.7 22 11.0 6.8 11As Petarelas 31 13.6 15 68 92 40 67 301 2709 7 0- - - --- 15.9 23.5 31.3 21 7.8 3.1 1Baltar 36 12.6 15 -113 77 100 43 64 289 2504 8 48 927 14 015 10.7 14.1 21.5 22 7.2 0.5 15Cabeza de Manzaneda 80 19.2 15 -39 77 97 50 52 236 2281 18 86 828 8 05 14.2 21.1 29.0 21 6.0 1.3 1*Calvos 50 27.3 15 -87 81 100 54 64 286 2482 8 46 6 0-14 14.6 19.2 26.6 22 10.2 3.5 15Casaio 23 12.0 15 69 89 47 6 51 4 0-- - - - -14 13.7 19.6 27.8 22 7.6 2.8 11*Corzos 25 9.7 16 78 96 55 7 47 6 0- - - - -14 16.6 22.9 29.9 21 10.7 6.6 18Entrimo 43 22.9 15 77 96 53 65 292 2486 6 0- - - --- 19.5 29.1 36.9 21 11.2 5.5 1*EVEGA Leiro 32 19.2 15 71 95 39 3 27 1006 8 0- - - - 14 17.1 24.3 32.3 21 11.6 7.0 1Gandarela 37 13.5 15 -104 78 96 53 61 275 2266 7 46 947 6 015 12.1 16.2 23.4 21 8.3 0.9 15Lardeira 29 11.1 15 -108 77 95 57 61 275 2497 15 78 842 6 014 18.1 24.9 33.1 22 11.9 8.0 1*Larouco 42 15.5 16 66 87 42 4 30 958 6 0- - - - 15 17.9 25.1 33.4 21 10.9 7.4 19Laza 43 17.0 15 -121 71 95 43 65 295 2521 7 50 7 0-15 16.7 23.1 31.4 22 10.5 4.5 1Monte Medo 49 16.6 15 76 97 49 61 273 2388 7 0- - - --- 15.4 22.7 29.9 22 8.0 3.8 11O Invernadeiro 90 33.1 15 -57 73 95 48 67 304 2434 9 51 903 7 022 20.1 27.8 35.7 21 13.0 7.7 1Ourense 23 11.6 15 62 88 35 6 0- - - - - - --- 20.4 27.8 35.4 21 13.9 8.9 1Ourense-Estacións 26 12.6 15 -139 66 88 40 62 282 2399 5 33 1004 6 024 18.1 24.5 32.3 21 12.5 8.9 11*Pazo de Fontefiz 46 26.1 16 -111 69 87 46 57 256 2386 5 36 972 6 013 17.7 24.4 33.0 22 11.9 6.4 1*Ponte Boga 43 19.8 16 -111 67 86 43 55 247 2319 5 38 964 6 016 19.3 26.9 34.5 21 12.2 7.5 1*Prado 34 18.8 15 72 93 45 3 29 1004 6 0- - - - 3 19.5 28.8 36.6 21 11.8 6.7 1Remuíño 29 12.6 16 -127 74 97 42 59 264 2341 4 39 9 0-26 16.8 23.4 30.7 21 10.2 6.5 18*Riós 35 16.5 15 -118 75 97 49 55 249 2471 4 24 6 0-15 14.4 19.9 28.4 22 9.2 4.9 15San Xoán de Río 60 19.2 16 -55 84 99 60 53 241 2053 13 56 903 8 014 14.0 19.0 26.8 22 9.1 3.6 15Serra do Eixe 34 14.8 15 -112 77 96 53 65 292 2548 13 63 882 9 014 18.5 26.3 33.5 22 11.5 7.7 11Verín-Vilamaior 20 7.8 6 -136 71 94 43 64 288 2355 6 37 956 8 018 18.6 27.1 35.8 22 9.7 5.3 19Verín-Vilela 19 8.8 6 -147 72 98 42 68 304 2587 6 41 4 0-13 16.2 23.2 29.8 22 9.3 4.9 19Viana do Bolo 18 7.3 15 -125 77 98 50 66 299 2379 8 37 922 5 016 11.6 15.5 23.6 22 7.6 0.2 15Xares 39 14.2 16 75 96 54 64 290 2573 828 9 0-- -- -- -- 16.9 23.8 31.6 21 10.0 4.7 1*Xinzo 27 11.4 15 -119 80 99 55 61 275 2452 5 37 6 0-13 14.9 19.9 27.5 21 9.9 5.6 18Xurés 51 28.4 15 -97 76 95 54 66 295 2582 13 66 900 7 014

--Non hai datos

- Non se mide este parámetro nesta estación. Boletín xerado o 14/07/2016

* Mide a velocidade do vento a menos de 10 metros.

Pontevedra

Rede de estacións automáticas da CMA Ano: 2016 Mes: 6Provincia

Estación

TªºC

Med

Tª Máxima ºC

Med Abs Día

Tª Mínima ºC

Med Abs Día

Precipitación l/m2

Acu Max Día

BHC

l/m2

Humidade Rel. %

Med Max Min

Radiación SolarIrraciación10kJ/m2

Insolación%

Horasde sol

Vento km/hVeloc.media

Rachamax

PresiónMed. hPa

Nº DíasChoiva Xeada

Boletín Mensual Climatolóxico

Día

16.9 22.1 30.2 21 11.7 6.2 1*A Armenteira 81 47.6 15 -56 81 96 62 58 263 2321 6 43 11 0-26 18.9 25.7 33.3 27 11.9 7.6 1A Granxa 38 19.4 15 -110 76 97 51 60 269 2359 5 38 1014 8 09 18.3 23.1 30.1 21 13.8 9.8 11A Lanzada 36 19.2 15 -106 78 92 60 67 302 2306 16 66 8 0-5 18.8 25.8 33.8 21 12.7 9.4 5*Areas 58 25.8 15 79 97 55 2 29 10 0- - - - -15 18.1 23.0 29.2 21 13.6 10.2 11*Areeiro 61 41.8 15 78 92 60 4 35 1010 7 0- - - - 26 18.7 24.1 31.4 27 13.3 10.0 5*As Eiras 30 9.6 14 -127 76 94 54 63 283 2525 4 35 1013 8 026 18.1 23.4 30.4 21 12.6 8.6 11*Barrantes 42 31.8 15 -98 78 94 60 61 276 2291 4 41 8 0-26 17.4 23.7 31.4 21 12.5 9.4 11Caldas de Reis 61 30.9 15 78 97 53 56 253 2262 987 8 0-- - - -- 17.3 23.3 29.5 22 11.8 7.1 11*Camanzo 72 36.7 15 -61 81 97 58 53 240 2218 4 35 995 6 014 15.9 19.2 27.1 21 12.7 9.2 15Castro Vicaludo 30 8.0 15 -40 84 94 68 1747 12 59 963 9 0- - 15 16.7 21.4 29.6 21 12.7 9.7 15Castrove 74 36.2 15 -65 78 93 60 62 279 2288 12 83 969 9 026 19.3 26.9 34.9 21 13.0 9.7 11*Cequeliños 43 18.8 15 -120 73 95 46 62 279 2441 7 39 8 0-15 18.3 21.9 28.9 21 15.1 12.1 11Corón 39 22.6 15 -110 81 94 63 67 305 2574 18 73 1017 8 026 19.3 25.9 33.8 21 13.1 9.9 11*Entenza 41 17.6 15 -106 75 97 49 52 232 2371 3 33 10 0-17 16.2 20.4 29.1 21 12.3 7.9 18Fornelos de Montes 109 36.6 16 -19 78 93 61 59 268 2126 13 75 938 11 025 17.7 20.8 27.1 27 14.9 12.7 11Illas Cíes 15 4.3 16 -130 83 94 70 67 302 2580 10 55 7 0-15 17.3 23.3 29.9 21 12.1 9.3 1*Louredo 37 16.3 15 81 96 59 3 32 990 7 0- - - - 28 18.7 24.2 31.1 27 14.0 10.2 11Lourizán 63 38.6 15 -80 81 96 61 58 262 2316 5 40 1013 9 015 19.0 26.0 33.4 21 13.1 10.1 11*Meder 49 19.4 15 69 88 44 2 26 1001 9 0-- - - - 15 16.7 22.3 31.9 21 12.4 9.5 1Monte Aloia 58 18.6 15 -87 82 97 61 60 271 2438 8 46 963 8 015 16.0 22.6 30.4 21 8.9 1.2 1Mouriscade 37 20.0 15 -98 80 93 63 58 262 2279 6 40 961 13 014 17.6 23.9 31.3 27 12.7 10.1 11O Viso 28 10.7 15 -114 78 93 58 59 268 2285 10 56 987 9 026 16.9 20.1 26.1 27 14.1 12.1 15Ons 27 6.8 15 -113 85 95 73 72 323 2720 19 66 1005 12 026 18.3 23.6 30.3 21 13.7 10.9 11*Pé Redondo 50 29.6 15 -85 79 94 61 53 241 2148 3 38 9 0-26 15.0 20.2 27.3 22 10.4 6.7 11Pereira 90 39.2 15 82 97 61 60 272 2432 937 15 0- - - -- 17.0 22.0 29.5 21 11.9 7.1 11*Ponte Caldelas 69 32.2 15 -73 76 91 57 59 268 2311 5 37 977 10 026 19.5 25.4 31.8 27 14.4 10.1 1Pontevedra-Campolongo 61 34.4 15 71 88 52 3 39 9 0- - - - -15 18.2 25.5 33.6 21 13.3 10.5 18Queimadelos 20 5.4 13 -119 77 93 55 47 211 2093 3 43 976 8 026 16.6 22.4 30.5 21 10.4 5.6 11Rebordelo 95 32.1 15 81 98 59 60 273 2323 977 9 0- - - -- 18.4 23.1 30.9 21 14.2 10.2 15Sanxenxo 49 26.2 15 -104 75 90 56 61 278 2444 5 38 1015 8 026 14.2 19.1 27.8 21 9.9 4.4 15Serra do Faro 59 24.6 16 -69 79 94 58 55 247 2295 17 70 906 7 026 18.1 23.5 30.7 21 12.7 8.4 1*Simes 38 16.7 15 -112 77 94 58 62 280 2435 3 40 8 0-26 17.9 23.1 30.4 27 13.3 9.8 11*Soutomaior 30 14.5 15 70 84 51 3 28 999 8 0- - - - 16 18.4 23.5 31.2 21 13.5 9.4 11*Torrequintáns 44 29.4 15 -103 69 84 51 56 255 2275 5 42 1011 11 014 18.3 22.9 30.6 21 13.6 10.3 11*Tremoedo 49 39.1 15 71 86 53 5 47 1011 9 0- - - - 26 18.6 22.9 30.2 27 14.6 12.0 11Vigo 28 7.5 15 82 95 62 8 0- - - - - - --- 16.6 20.2 28.2 27 13.4 10.3 15Vigo-Campus 49 20.7 15 -103 76 90 58 65 293 2517 6 49 966 8 015 14.3 18.3 25.9 21 11.0 7.5 15Xesteiras 86 19.5 15 81 94 63 23 104 12 0- - - - -26

--Non hai datos

- Non se mide este parámetro nesta estación. Boletín xerado o 14/07/2016

* Mide a velocidade do vento a menos de 10 metros.