Jolichadas

56

description

Revista del instituto Francisco Asorey

Transcript of Jolichadas

Page 1: Jolichadas
Page 2: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

2

Page 3: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

3

LIMIAR ÍNDICE

Un ano máis para “Jolichadas”, un ano máis para dulcificar o corpo e o espírito. As mesmas cores luminosas que conforman estas prezadas lambonadas, irradian nas mentes dos que fan uso da palabra para contar, para lembrar, para pescudar, para crear... Porque, que sería de nós sen o pra-cer de degustar a seiva da dozura, a seiva da cultura?. Que a palabra non afogue no silencio. Que o silencio non poida repetirse. Que a túa voz sexa palabra, palabra pensada, palabra pronunciada. Que non esquezamos os que foron. Que existamos os que somos. Que non só vivamos nos soños, nin de soños. Que sexamos. Para que as fontes non murchen. Para que as nubes non se mofen. Para que as pedras nos escoiten. Para que a natureza non emita lamentos, nin vinganzas, nin remorsos.

Porque ti tamén es palabra. Aurora Souto

3– Limiar 4– Ramón Piñeiro 5– Ofrenda floral 6– Normalización 7- Biblioteca 10– Cabanillas 16– Entrevistas 19– Actualidade 20– Saídas didácticas 23– Charlas e outros actos 28– Letras galegas 31– Semana das Letras 32– Recuncho lite-rario 35– Colaboracións 38– Investigación 42– Última hora 44– Reportaxe gráfico 48- Deportes 53– Penúltima hora 54– Pasatempos

Dirección: Equipo de Normalización e D inamizac ión Lingüística Deseño e maquetación Alberto Nogueira Varela

Page 4: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

4

Este ano a Real Academia Galega, decidui que se lle dedicase o día das Letras Galegas do 2009 ó escritor, ensaista e tradutor Ramón Piñeiro.

Ramón Piñeiro foi un intelectual e polí-tico galego, e unha das figuras históricas do ga-leguismo durante o século XX, clave para con-seguir a contunuidade do galego tras a Guerra Civil española.

Naceu nunha aldea de Láncara en 1915. En Lugo estudará bacharelato. Ingresa sendo moi xove nas xuventudes do Partido Galeguista e chegou a ser secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Loitou na Guerra Civil no bando nacio-nal e, ó rematar esta, realizou estudos de filo-sofía e letras na USC. Participou tamén na reor-ganización clandestina do Partido Galeguista, así como na autodisolución do mesmo.

Viviu durante algún tempo nos Estados

Unidos, onde impartiu clase na universidade. Cando se instaurou a democracia formou parte do primeiro parlamento autonómico e foi elixido como o primeiro presidente do Consello da Cul-tura Galega.

A súa obra non é abundante e case toda se centra na nebulosa filosofía da saudade. Ade-mais de traballos de orientación lingüístico-literarios. Destacan os títulos:“Olladas no futu-ro”(1974),conxunto de ensaios lingüístico-literarios, “Filosofía da saudade”(1984), conxunto de ensaios filosóficos onde analiza este sentimento seguindo a filosofía existencialista, poñéndoa en relación coa an-gustia de Heidegger. En 1967 ingresou na Real Academia galega co discurso “A linguaxe e as linguas”.

Actualmente existe un centro de investigacións lingüísticas e literarias que leva o seu nome. Non hai que esquecer que foi un dos grandes impulsores da editorial Galaxia, fundada en 1950.

Ademais deu lugar a unha tendencia denominada piñeirismo.

Ramón Piñeiro buscaba a reflexión sobre a realidade galega e a súa proxeción exterior tanto coma a incorporación da cultura que se producía fóra das nosas fronteiras ao pensamento galego.

Por esta gran actividade e vida posta ao servizo de Galicia, despoxando ó galego do seu compo-ñente político para centralo no seu compoñente cultural, dedícanselle este ano as letras galegas a unha das figuras máis salientables da nosa cultura.

“O sentimento que designa a verba sauda-de, é o sentimento da soidade” RAMÓN PIÑEIRO

RAMÓN PIÑEIRO : UNIÓN ENTRE GALEGUISMO DE PREGUERRA E GALEGUISMO DE POSGUERRA.

LETRAS GALEGAS 2009

Ángela Francisco Chaves 2º BAC B

Page 5: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

5

LETRAS GALEGAS 2009

OFRENDA FLORAL EN CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Todos os anos desde 1963 celébrase en Galicia o Día das Letras Galegas, recordan-do así a data do Rexurdimento da nosa Litera-tura, xa que alá polo 17 de maio de 1863, Ro-salía de Castro publicou o libro que daría ini-cio ao renacer das nosas letras: Cantares Ga-llegos. É costume e tradición en Cambados, festexar o noso día lendo poemas, relatos ou incluso fragmentos de ensaios diante do monu-mento a Cabanillas, no paseo da Calzada. Co-laboran todos os centros da vila, tanto colexios coma institutos. Como non podía ser menos, este ano tamén participamos tanto na ofrenda floral como na lectura de textos. Homenaxea-bamos, como sabedes, a Ramón Piñeiro, do

que xa coñecedes algo máis grazas ao exporto na páxina anterior. Como ademais tamén celebramos o “Ano Cabanillas”, o IES Aso-rey optou por ler o poema que o insigne escritor adicou ao gran escultor cambadés que dá nome ao noso centro, Francisco Aso-rey. O poema foi lido por unha alumna de 1º ESO A, Andrea Fal-cón Leal . Fíxoo moi ben e leu alto e claro. Entoou con moita ade-cuación. Ao final da lectura de textos, disfrutamos da actuación dun grupo folclórico e a máis, puidemos ver os paneis que elaboraran os centros educativos de Cambados dedicados a Ramón Piñeiro.

Unha fermosa experiencia.

ALUMNOS PARTICIPANTES NA OFRENDA FLORAL

ANDREA FALCÓN LENDO O POEMA

A. F. ASOREY ¡Ditoso o que se sabe guiar polas estrelas! Dítoso tí que nado baixo o feitizo delas atopache o sendeiro e acertache a voar co corazón a arder, nos beizos un cantar! Cuberto das silveiras e as edras silenzosas, a céltiga roseira morría sin dar rosas. E surdéu PICARIÑA, o gomo milagreiro criado coa tenrura do cariño primeiro; e na mesma ponliña, fillas do mesmo amor, o sol de cada Maio puxo unha nova fror, até que o derradeiro, abrindo a Edade de Ouro, florecéu por enteiro na rosa de o TESOURO. Ditoso o que se sabe guiar polas estrelas! ¡Ditoso o que no fondo das íntimas arelas encontra a nova Vida e a misteriosa traza dos místicos ensonos da súa enxebre Raza! Bendito tí que soio, na noite escurecida, forxando a chave de ouro dende Mateu perdida, guiado das estrellas, soupeche eternizarte abrindo a Porta-Santa da Catedral do Arte!

Ramón Cabanillas

R. CABANILLAS CARICATURIZADO POR D. DOMÍN

Page 6: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

6

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO INSTITUTO

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Francisco Asorey puxo en marcha para todos vós distintos proxectos co ánimo de fomentar o uso da nosa lingua entre toda a comunidade edu-cativa. Comezou buscando un lema que lucira radiante nos taboleiros de Normalización durante o curso 2008/09. Despois dunha fase de concurso gañou o lema “O galego é teu, non te prives”, de Aldara Garc-ía de 2º ESO A. Intentou, xunto cos responsables da Biblioteca, que vos afeccionásedes ao marabilloso mundo da lectura, poñendo á vosa disposición un “tendedeiro” no que puidésedes ir colgando pequenas sínteses de obras lidas por vós, coa intención de animar á lectura das mesmas a todos/as aqueles/as que se interesaron nas fichas que penduraban dos cordeis. Participamos a nivel comarcal no concurso de lemas e pegatinas e na revista Enormic Banda, na que se pu-blicaron traballos de dúas alumnas do centro, María Grandal Otero, de 4ºESO, co traballo titulado, “Alerquín, Colombina e tamén Pierrot” e Raquel Tri-go de 4º ESO con “Unha de zapatillas”. Continuamos, sempre coa axuda inestimable doutros departamentos e dos profesores que traballan a prol da Biblioteca, participando nos concursos que se le-varon a cabo así como en saídas didácticas, asisten-cia a obras de teatro, contacontos e incluso un inter-cambio con alumnos de Salceda de Caselas. Foi un curso intenso, de moita actividade. Esperamos que fora do voso agrado e que todo o que fixemos sirva para que vos lancedes a falar un pouco máis na lingua do país

TABOLEIRO DE NORMALIZACIÓN. UNHA INICIATIVA PARA DAR A COÑECER AS NOVIDADES NESTE EIDO

O TENDEDEIRO DA LITERATUA PRETENDE SER UNHA GUÍA DE LECTURA A TRAVÉS DAS OPINIÓNS DOS LIBROS LIDOS POLOS MEM-BROS DA COMU-NIDADE EDUCA-TIVA

UNHA DAS ACTIVI-DADES DE NORMALI-ZACIÓN, EXPOSTAS NUN DOS TABOLEI-ROS.

Page 7: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

7

A NOVA BIBLIOTECA ASOREY

A biblioteca do IES ASOREY está a vivir nos dous últimos cursos un proceso de dinamización imparable co que busca converterse nunha nova biblioteca máis próxima ás necesidades dos usuarios e máis poliva-lente nos servizos que presta. O primeiro paso foi dotar á biblioteca dun nome e dun logo-tipo, que fortaleza a súa identidade no centro e permita identificala en documentos, actuacións e actividades. Unha das actuacións máis necesarias era a mellora no mobi-liario, organización espacial e aspecto da biblioteca para conseguir facela máis cómoda e acolledora como espazo de lectura e estudo. Por iso foron dispostos tres espazos: unha “Zona de lectura” con catro cómodos sillóns; unha “Zona de ordenadores” que terá antes da fin de curso unha nova mesa e oito equipos informáticos; e a “Zona de estudo” na que está previsto substituír as mesas actuais por outras planas de catro usuarios. No eido do aspecto, a biblioteca incorporou elementos decorativos e funcionais, como un reloxo, unha caixa de suxestións, dous atrís, unha cortina negra na porta de entrada e dous taboleiros (un exterior e outro interior). O traballo de xestión básico na biblioteca é o proceso de fichado dos novos fondos e de préstamo ós usuarios utilizando o programa MEIGA, que comparten todas as bibliotecas escolares de Galicia. Neste eido o pulo definitivo cara á informatización foi fundamental. Na actualidade todos os alumnos contan cun carné da biblioteca e o préstamo faise de xeito informatizado, xa que a base de datos dos alumnos e profesores están incluídos no equipo informático da biblioteca. Unha actividade fundamental nunha biblioteca é a “Formación de usuarios” para dar a coñecer a organi-zación e o sistema de catalogación dos libros. Para conseguir este obxectivo organizáronse dúas activida-des lúdicas con todos os alumnos de secundaria que consistían en localizar un libro ou película mediante pistas dispersas entre os fondos da biblioteca que debían ir interpretando e completar unhas fichas cos datos básicos de libros ou películas. Ademais, esta formación de usuarios foi apoiada coa edición dun

folleto explicativo do funcionamento do préstamo, as normas da BE e a disposición e etiquetado dos fondos. Desde comezo de curso implatouse un “Tempo de lectura diario” de 15 minutos no horario escolar, (12:15-12:30) no que os alumnos podían ler un libro escollido libremente. Este “Tempo...” foi aprobado pola Comisión de Coordinación Pedagóxica, o Con-sello Escolar e o Claustro de profesores. Esta medi-da innovadora serviu como elemento de introdución da lectura como hábito na vida académica cotiá do centro. Así mesmo, nesta política de fomento da lectura, varios profesores de Linguas implicáronse na posta en marcha dun Club de lectura no que parti-ciparon un total de 50 alumnos de 1º, 2º e 4º de ESO e Módulo III e IV de EPA.

A ampliación dos fondos da biblioteca buscou ampliar e mellorar dúas das seccións máis utilizadas polos alumnos: a literatura xuvenil en galego e en castelán. Por outra banda, buscouse potenciar considerable-mente dúas seccións que están tendo moito éxito entre o alumnado: as películas en DVD e os comics.

IMAXE DO NOVO LOGO DA BIBILIOTECA

UN ANTIGO RELOXO MARCA AS HORAS DE ESTUDO

Page 8: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

8

Entre as actividades que desenvolveu a biblioteca durante todo o curso, a que máis alumnos mobi-lizou foi a do “Taboleiro exterior”. Cada día un grupo de alumnos seleccionaba unha nova, unha frase e unha imaxe e colocábaas no taboleiro. Por esta actividade, que tivo unha extraordinaria aceptación, pasaron case todos os alumnos de secundaria e bacharelato. Ademais, cada día, os atrís da biblioteca mostraban libros abertos como unha maneira de dar a coñecer os ricos e varia-dos fondos da biblioteca. No curso sucédense as celebracións e a biblioteca participou de diferentes xeitos nestas. Nas celebracións do SAMAÍN E HALLOWEEN (cos Departamentos de Inglés, Lingua galega e Latín e Grego, así como o de Normalización Lingüísti-ca) a biblioteca transformouse nun espa-zo para o terror cunha exposición de li-bros de medo e cunha ambientación esté-tica a base de candeas, arañeiras e unha cortina negra. Ademais colaborouse no festival, que inclúe un concurso de caba-zas decoradas, convocando un concurso de relatos de terror representados, lidos ou proxectados en vídeo que alcanzou gran calidade.

Na promoción da escrita como ele-mento de achegamento á Literatura a biblioteca convocou, sempre en cola-boración co Equipo de Normaliza-ción Lingüística que dirixe Rocío Fondevila, varios concursos litera-rios : Concurso de relatos de Nadal, Concurso de contos sobre o amor no Día de San Valentín e a 2ª edición do certame de microrrelatos no “Día do libro”. Neste último caso todos os alumnos de ESO e 1º de Bacharelato acudiron á BE para escribir, desde 13 comezos suxeridos, o seu texto. Pro-ximamente sairá do prelo o 2º volu-me de Historias minguantes, cos textos seleccionados. O Equipo de Normalización Lingüís-tica puxo en marcha iniciativas nas que participou a biblioteca como o

“Tendedeiro dos libros” no que os rapaces penduraban fichas nas que escribían unha recomenda-ción dun libro. Son moitos os proxectos para o vindeiro curso depois dun ano centrado na mellora da xestión, organización e ampliación dos fondos. Feita xa a dinamización da biblioteca, haberá que afrontar-se á dinamización desde a biblioteca da vida lectora e cultural do centro. Nesta tarefa está empe-ñado un equipo de profesores formado por Alberto Nogueira, Ana Barba, Ana Blanco, Atala Pare-des e Fernando Tomé.

A NOVA BIBLIOTECA ASOREY

NOVO MOBILIARIO E UNHA FORMA DISTIN-TA DE ACHEGASR OS LIBROS AO LECTOR SON SÍMBOLOS DESTA BIBLIOTECA

SALTA Á VISTA QUE SE TRATA DUN SITIO ESPE-CIALMENTE CÓMODO E AGRADABLE

Page 9: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

9

A NOVA BIBLIOTECA ASOREY

Esta é unha selección de catro dos microrrelatos que serán publicados no segundo volume do cer-tame de microrrelatos “Historias minguantes” que convoca a Biblioteca Asorey e o Equipo de Nor-malización Lingüística.

Eu era entón moi novo, moi pobre e estaba moi namorado. Ela era perfecta, loira de ollos azuis, que podía esperar de algo así? Nin o meu nome sabía. Ela ollábame, pero non sabía moi ben que se reflectía na súa mirada. Tal vez unha nota no seu caderno... Non!... “direillo á cara” repetíame unha e outra vez, pero cando o ía facer... voltá-bame atrás. Acordeime dos meus dotes coa guitarra e come-cei a facer unhas liñas que soasen coa intensida-de do seu sorriso e a dozura da súa cara. Arrisqueime e, para abraiala, esperei a atopala no parque onde eu sabía que ía pasear todos os días. Tan pronto como a vin, agarreina da man sen que o silencio se rompese e senteina ó meu carón. Ela quedou queda. Agarrei a guitarra e comezou a soar, xunto coa miña voz ao compás. Ela non dicía nada, pero esta vez sorprendeume a súa mirada... parecía dicirme algo... sentíame un Enrique Iglesias nese intre. Eu era entón moi novo, seguía sendo moi pobre e estaba felizmente agarrado a ela. Ah! Por cer-to, chamábase Marta.

Melania Varela 1ºBach A

Asasina! Esperten, esperten! E saiu coma un lóstrego cara á porta. Estaba só a dous me-tros, un metro, medio metro… Parou, queda-ra petrificado diante da porta, sen poder pa-sar. Que pasa? Non o sabía. A asasina seguía alí, sen inmutarse, nin sequera se movía, pero sabía que fora ela a que impedía que os seus músculos reaccionaran. Sabíao. Dei a volta lentamente, sabendo que estaba no medio dunha decisión crucial, un paso: a vida; outro paso: a morte. O meu corpo xiraba en sentido contrario que o cerebro. Alcei os ollos e soou un forte ruído. Caín cara a atrás, sabendo que non tivera opción, non quería vivir sen ver outra vez a faciana da asasina, así que recibín a morte.

Estela Chaves 3º A

Eu era entón moi novo, moi pobre, e estaba moi na-morado. E a vida dá tantas e tantas voltas que agora que teño os meus anos son moi ve-llo, moi rico e es-tou moi só. Ángela Lago 4º C

Dezaseis de xullo de 1833. Este é un memo-rable aniversario para min. Hoxe cumpro trescentos vintetrés anos! Aínda que hai trescentos que morrín. Pero axiña estarei vi-vo. Con estes 300 anos no ceo, chegou a hora de resucitar, de reen-carnarme noutro ser. Pero cal? Xa que morrín home, nacerei muller? Si, unha mu-ller moi feitiña. Xa é media noite. Teño que ir voando á nube principal para descen-der á Terra. Pero, que pasa? Por que se ve todo en branco e negro? Que son esas ganas de per-seguirme o rabo? Oh, oh…! Reen-carneime nun can! Paula Alba 2º C

ESCOLMA DE RELATOS MINGUANTES

Page 10: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

10

CABANILLAS NO CINCUENTA CABODANO DA SÚA MORTE

O 2009 vaise converter no ano conmemorativo do 50 cabodano de Ramón Cabanillas. Son e serán moitos os actos en homenaxe á figura ilustre do poeta por parte de distintas institucións e asocia-cións. Imos comentar aquí algunhas delas nas que participou o IES Francisco Asorey.

A Asociación de Ensinantes do Salnés, Candea, presentou aos centros da comar-ca, un proxecto de traballo co motivo do 50 cabodano do escritor cambadés Ramón Cabanillas. Tratábase dun traballo en conxunto que se levaría a cabo en dúas fases. Nunha primeira elaboraríase en cada centro participante un panel que versaría sobre algún motivo da obra de Cabanillas. A elaboración comprendeu o primeiro trimestre do curso. A comezos do 2º edi-taráronse todos os paneis e comezouse en febreiro unha exposición itinerante por todos aqueles centros que o solicitaron. A segunda fase do proxecto comprendeu todo o curso 2008/09 . No curso actual preparouse un tema sobre a obra de Caba-nillas que formou parte, a posteriori, dun libro conxunto que contén os traballos de todos os centros participantes. A realización dos traballos comprendeu desde outubro de 2008 ata maio de 2009. A presentación conxunta dos mesmos, tivo lugar o mércores 20 de maio de 2009 no colexio de Santo Tomé. O IES Francisco Asorey participou coa elaboración dunha serie de traballos para o libro levados a cabo por alumnos de 4º ESO, 2º de Bachare-lato e 1º de ESO e dun panel sobre a materia de Bretaña, que tan fecunda foi para o poeta.

PANEL REALIZADO POR LORENA ACHA E ANGELA FRANCISCO (2ºBACH B)

LIBROS, FOTOS E TEXTOS DE RAMÓN CABANILLAS EXPOSTOS DURANTE TO-DO O CURSO NO VESTÍ-BULO DO INSTITUTO

Page 11: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

11

CABANILLAS NO CINCUENTA CABODANO DA SÚA MORTE

Co motivo da homenaxe presentamos esta breve reseña sobre a poesía narrativa do grande poe-ta do noso pobo.

O cambadés Ramón Cabanillas é unha das figuras principais da literatura galega de principios do s. XX. Nun primeiro momento aparece como a voz poética que se precisaba para converterse no poeta do agrarismo e máis tarde , do nacionalismo das Irmandades da Fala.

En Ramón Cabanillas conflúen a tradición dos poetas do s. XIX, Rosalía, Curros e Pondal, coas novas tendencias literarias que comezaban a agromar naquel tempo.

Escribirá poesía lírica, cívica, costumista e narrativa. Son moitas as súas obras, algunhas delas: No desterró, Vento mareiro, A rosa de cen follas, Camiños no tempo, Versos de alleas terras e de tem-pos idos …

Ímonos centrar neste pequeno traballo na poesía narrativa. Moi próximo aos postulados do Grupo Nós, Cabanillas creará un poemario orientado cara á recuperación das raíces e a creación de mitos, como xeito de mobilizar a conciencia colectiva do país. Así nacerá Na noite Estrelecida (1926), obra na cal o poeta recupera os temas da materia de Bretaña: as lendas do rei Artur, os cabaleiros da Táboa Redonda ou a procura do Santo Graal, situando a acción en Galicia e dotando a historia dun forte sentido cristián, elemento este que o autor consideraba como defi-nidor de Galicia. A obra desenvolve a temática artúrica consonte aos postulados das Irmandades da Fala e coa visión de Vicente Risco en defensa dos valores espirituais e materiais do atlantismo galeguista. O poemario consta de tres sagas: “A espada Escálibur”

Na catedral lexendaria de Carleón, xúntase o pobo na noite de Nadal para a súa celebración. Nun clima de devoción relixiosa, resonancias heroicas e presaxios sobrenaturais, aparece Merlín,que presenta a espada Escálibur e proclama a súa proce-dencia galega. Deixando a espada no chan, anuncia a condición para ocupar o trono vacante. Os cabaleiros máis destemidos es-forzaranse sen resultado. Cando Artur realiza o prodixio, des-críbese unha situación gozosa e esperanzadora e, dentro dela, alúdese ao título do libro. De seguido, preséntase a Táboa Re-donda coas súas connotacións heroicas e relixiosas.

A aparición de Guanhumara conleva presaxios negati-vos para o trono e o pobo céltico.

A saga remata coa partida da aguia que, voando no ceo, evoca o sinal da cruz.

Nun limbo luminoso surde o bardo adiviño, envolveito en brancuras recendentes de liño, ollos gazos, profundos, longa barba florida, cingue a frente coas hedras da coroa druída e na man, que reloce como un lirio bendito, ten a fouce de ouro do litúrxico rito, a fouce segadora da mandrágora, ó raio de feitizo e de agoiro dos luares de maio. É Merlín o profeta, o celta armoricán, dos silfos e das lumias ollado por irmán…

Page 12: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

12

CABANILLAS NO CINCUENTA CABODANO DA SÚA MORTE

“O cabaleiro do Santo Graal”

Comeza tamén nunha noite de Nadal. O rei Artur senta á mesa cos seus cabaleiros para encomendarlles a súa misión: a procura do Santo Graal. O posto reservado para Galahaz, o “esperado”, está baleiro ata o momento do xuramento. Altamente idealizado nas súas virtudes cabalei-rescas e relixiosas, Galahaz preséntase sen armas, lucindo tan só no seu peito a cruz de Cristo.

Parten os cabaleiros artúricos por separado, e, en sucesivas pro-bas, Galahaz vai recibindo as armas. Xa armado, diríxese ao Cebereiro, Monsalvat, onde rende a súa espada. Neste momento realízase o seu desti-no ao atinxir o misterio do Santo Graal.

Bicado da recendente soavidade da mañán, o escudo da cruz vermella cinguido polo brazal, espora de ouro calzada, lumiosa espada na man, o corazón esforzado, aceso e limpo de mal, costa riba, mentres zoa no vento maino e livián de segreda campaíña o tanguido de cristal, rube o nobre cabaleiro, no seu soño a cabalgar, a montaña milagreira do CEBREIRO- Monsalvat.

“O sono do rei Artur” Iníciase cunha prácida e gozosa descrición de Gales: os tempos felices das profecías de Merlín son

chegados e a paz dos espiritos proxéctase nunha natureza paradisíaca. Nun perfecto círculo pechado, a espa-da volve á catedral de Carleón de onde partira.

Chega Galahaz ás portas de Camelot e preséntase ao rei Artur, que o recibe ensumido xa nun senti-mento de saudade que anuncia o afastamento deste mundo. Artur despídese de Caledonia anunciando a gloria do pobo celta para os tempos vindeiros.

Chega unha nave misteriosa guiada por unha fermosa doncela e gardada por cisnes es-guíos, nos que Artur identifica a egrexios caba-leiros. Despídense Artur e Galahaz e embarca Artur na nave, que pon rumbo a Galicia. Des-pois dunha viaxe de tres días e tres noites chega ao seu destino.

Así remata a saga e o libro cunha profe-sión de fe no futuro da raza celta

Page 13: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

13

CABANILLAS NO CINCUENTA CABODANO DA SÚA MORTE

A alma voadora fugitiva do mundo, Rei Artur esvaera nun repouso profundo, e nas azas dun sono de escura vaguedade caíra alén dos tempos na infunda soedade,

mais do rubí da chaga que no seu peito ardía, ledizosa fragancia nos ares recendía.

E entón houbo no ceo miragreiras siñales. Craríns, voces e sinos resoaron trunfales

e a entrada da furna, a un mandado segredo, foi cuberta e zarrada por xigante rochedo

no que, chave dos tempos, a man da Saudade labarada a verba xurdia do consolo: ¡ESPERADE!

Traballo de: Antía Viñas e Bárbara Vieites, 4º ESO C

Page 14: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

14

O ASOREY MIRA A CABANILLAS GRAZAS A UNHA BIOGRAFÍA EN IMAXES REALIZADA POLA PROFESORA MARIBEL IGLESIAS BALDOMERO

Con motivo do cincuenta aniversario da morte do Poeta da Raza, Ramón Cabanillas, Maribel

Iglesias Baldonedo, profesora de Xeografía e Historia no noso centro, sacou ao mercado unha biografía en imaxes do autor. O libro fai unha viaxe a través da vida do grandioso poeta, dende que comeza a andar ata que remata co seu pasamento.

Nesta viaxe imos vendo e coñecendo, grazas a multitude de fotos, un pouco máis dos segredos de don Ramón. Todas as fotos acompañadas do seu propio pé de foto e por suposto dunha explicación do tema a tratar, e por si non chegase con iso, para amenizar a nosa viaxe, de cando en vez, podemos ler un poema do autor.

Con isto, tamén hai multitude de fotos de documentos, xornais e diversas postais mandadas por Cabanillas dende Cuba.

Ramón Cabanillas á parte de ser un gran artista e un cambadés notábel, era home de moitos amigos e no libro tamén se fai referencia a estes, aos que Cabanillas dedica algún poema ou postal ou escribe algunha carta, entre os que están Castelao, Bóveda, Ramón Piñeiro ou Otero Pedrayo entre ou-tros moitos.

Este libro ábrenos unha porta á vida do noso veciño logo de cincuenta anos da súa morte, e mentres Cambados siga sendo ese “probe e fidalgo, e soñador” Ramón Cabanillas seguirá entre nós.

E non queremos esquecer mencionar a nosa gratitude a Maribel por facer tan completo e ame-

no libro, coa axuda de oito ex-alumnas do IES Francisco Asorey.

CABANILLAS NO CINCUENTA CABODANO DA SÚA MORTE

MARIBEL IGLESIAS CUN EXEMPLAR DO SEU LIBRO NA PRESENTACIÓN DESTE

Page 15: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

15

CABANILLAS NO CINCUENTA CABODANO DA SÚA MORTE

A NATUREZA NOS POEMAS DE CABANILLAS Os grupos de 1º ESO partindo dunha selección de poemas de Ramón Cabanillas estudamos os meses e as estacións, o vocabulario relacionado co tempo, a paisaxe, os animais e plantas, os costumes de cada época do ano... E aprendemos que o poeta cambadés expresou mellor que ninguén nos seu versos o latexo da vida no decorrer do outono, o inverno, a primavera ou o verán

ENTREVISTA A MARIBEL R- Foi doada a recolección de tantos e tan diver-sos documentos? M- Foi moi traballosa, durou máis ou menos un ano e medio; tiven que moverme por moitos sitios, aínda que Adela (mestra de Naturais neste instituto) axu-dou moito coas fotos e algo tamén a rede de museos do concello de Cambados; e logo como non a fami-lia de Cabanillas, sobre todo a súa neta Pitusa Vidal. Tamén me despracei á RAG da Coruña, ó museo de Pontevedra e a unha fundación de Vigo. R- Cal foi a dificultade de ordenar de xeito crono-lóxico todo o anterior? M- Non houbo problema, o que si me custou foi identificar as persoas das fotos, o que fixen foi reco-rrer á prensa e tamén preguntarlle á xente. R- Como foi a experiencia de traballar co alum-nado? M- Ben. Sobre todo foi na parte inicial, xa que eran alumnas de 2º de Bacharelato e non deu tempo a rematalo nun curso xa que se foron e tiven que rema-talo eu soa. A experiencia moi ben, xa traballara con algunhas no libro de Cambados que dixen antes. Sobre todo fixemos moitas saídas por Cambados e o que máis lles gustou quizais foi a visita á neta de Cabanillas, á súa casa... R- E agora para variar un pouco van unhas pre-guntas cun aire máis literario... Cal foi o senti-

mento máximo de ter rematado o teu libro? M- Ben, Cabanillas é un poeta que me gusta moito, e grazas a isto conseguín entender mellor a súa poesía, como expresaba, como sentía e iso gustoume moito. A que se debeu a creación deste libro? M- Non sei se recordades o libro que fixemos sobre a historia de Cambados con profesores deste institu-to, na cal por suposto saía moito Cabanillas e que-deime con ganas de querer saber máis e así o fixen. R- Como experiencia, gustoulle, aínda que fose por uns momentos, formar parte en certo modo da vida de Ramón Cabanillas? M. Si, moito. (Como se ve, sobran as palabras). R- E para rematar non podía faltar esta pre-gunta. Que é para ti Ramón Cabanillas ? M- Un grandísimo poeta, a nivel universal, cunha calidade inmensa. De feito ten un libro con versións de poemas de poetas universais como por exemplo poden ser Marcial, un poeta latino ou Safo unha poe-tisa grega. E o que me sorprendeu e que non desme-recen. Á parte Cabanillas tiña unha personalidade moi humana, era moi sinxelo e tivo unha vida moi dura, moi difícil e xusta de cartos, xa que a literatura non daba para vivir ben. E Ramón Cabanillas non tiña nada crido o de ser poeta. Ramón R. Nogueira 1º BAC B

X A N E IR O Tristeiro, m udo, o paisaxe. H irta, doente fr iaxe

no aire reve. En falerpas, silenzosa, como fo lliñas de ros a

cai a neve... ( ... ) F oto : Ivá n G óm ez (1º ESO A )

Page 16: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

16

ANA DIOS AMEAZA CON VOLVER….. QUE CUMPRA

Co motivo da marcha do noso centro o ano que vén, fixémoslle unha entrevista a Ana Dios, unha das actuais profesoras de música (de ESO e Bacharela-to). Cantos anos levas ensinando música? Seis anos, este é o sexto. Como te decidiches por ser profesora? A ver, primeiro a min sempre me gustou a música. Meus pais metéronme no conservatorio de pequena e empecei co piano, e gustábame moito o piano e a música clásica. Sempre quixen facer unha carreira relacionada coa música, e fixen maxisterio de edu-cación musical e musicoloxía. En maxisterio as prácticas eran obrigatorias, e cando fixen prácticas, foi cando me din conta de que me gustaba ensinar; e ata ese momento non decidira ser profesora. Que anécdota recordas cos teus alumnos? Unha vez fun a un concerto a Santiago cos alumnos, e coincidiu que estaba tamén a miña irmá xemelga cos seus alumnos. Os alumnos nin sequera sabían que eu tiña unha irmá e dicían “Pero que pasa aquí? Hai outra profe exacta a Ana!” Cantos anos levas neste centro? Aquí levo cinco anos, e estiven un en A Coruña. Como era o instituto antes e agora? Que cambios son os máis significativos? En cinco anos pouco puido cambiar, pero sobre todo a dotación musical. Agora na aula de música hai moitos instrumentos, temos un portátil, un pro-xector... Como definirías a túa experiencia e anos neste

centro? Hipergratificante e moi enriquecedora. Que te levas do teu paso polo Asorey? Moi bo recor-do dos alum-nos e das cla-ses, moitas ganas de se-guir traballan-do e moitos bos compañei-ros, que algúns se converteron nun grupo de amigos. A onde vas traballar agora? A Lalín, a comer cocido (jeje). Que te levou a cambiar de centro? Simplemente que levaba tempo querendo ir vivir a Ourense, pero sempre digo que se puidera trasladar o centro alí, faríao. E por último, que será o que máis botarás de me-nos? Os pitillos dos recreos, os cafés de Isa, os ensaios polas tardes (jeje)... Son tantas cousas que é difícil elixir. E o que menos? Gustaríame pensar en algo, pero é imposible, non me iría nin tola de aquí!

ENTREVISTAMOS Ó HOME DOS TICS, PERDÓN DAS TICS: XULIÁN

P. Cal é o teu papel na introdución no Asorey das novas tecnoloxías? R. Dinamizar e impulsar o uso das TIC no centro, o cal se traduce en facer que os equipos informáticos e audiovisuais do centro estean dispoñibles para o uso óptimo por parte da comunidade educativa do centro. P. Gústache esta nova iniciativa? Por que? R. Si, xa que creo que as TIC teñen moito potencial e que este se pode aplicacar no ensino para facelo máis didáctico e atractivo, como o demostran as iniciativas dos compañeiros do centro. P. Que cousas boas cres que poden proporcionar? R. Como dicía antes, as TIC poden axudar moito na impartición dos contidos educativos, xa que permiten mostrar dunha maneira atractiva para os alumnos a información. Ademais hai software, páxinas web, blogs, etc, que axudan a asimilar os conceptos. P. A quen se lle ocorreu esta idea? R. O decreto que regula a ESO indica que o centro debe elaborar a implantación dun plan de integración das tecnoloxías da información e a comunicación. De todas formas no centro xa estaban bastante implanta-das as novas tecnoloxías antes de que fose obrigado por lei.

P. Segundo a túa opinión cres que esta iniciativa de introducir no Asorey novas tecno-loxías foi ben acollida po-los alumnos e polo resto de profesores que no teñen nada que ver? R. Na miña opinión as novas tecnoloxías teñen moi boa acollida no centro, xa que os profesores están facendo un esforzo moi grande para adaptarse a elas, e coa súa axuda facer as clases máis atractivas e efi-caces. Polo que respecta aos alumnos, que vos crias-tes na súa compaña, a acollida é boa, e ademais sería-vos moi complicado vivir sen elas, que fariades sen móbil, sen internet, sen emule, sen messenger,...?

Ana Corbelle 1º BAC B

Sabina Casalderrey 4º ESO C

Page 17: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

17

MANUEL , O DE VILARDEBÓS, E ANDRÉS, O DE RIBADUMÍA ,XUBÍLANSE

Con motivo da xubliación de Manuel, mestre de Historia e Xeografía e Andrés, mestre de Física e Quími-ca fixemos este par de entrevistas para coñecer un pouco máis a estas dúas persoas, que deixarán unha pegada indeleble en todos aqueles que pasamos polo Asorey MANUEL:

Cantos anos levas ensinando historia? M- Non sei xusto, pero empecei en San Tomé… 14 anos… máis 11 anos… pois sobre 25 anos.

Como te decidiches a ser profesor? M- Porque en Ourense non había outra solución. Non é que me gustara moito, pero agora estou encantado e vívoa demasiado intensamente, xa me coñecedes.

Unha anécdota que recordes cos teus alumnos? M- “Madre mía”, hai cantidade. Dende aquel que me escondeu o reloxo e non me dixo nada e despois escondeuno nun armario (sería porque pensou “Este ogro…”); ata agora que nalgún exame hai anécdotas que non sei se son de chorar ou de rir.

Cantos anos levas neste centro? M- Pois sobre 11 anos, dende o curso 97-98.

Como era o instituto antes e agora? Que cambios son os máis significativos? M- No aspecto físico é fácil de ver; hai aulas novas, máis ben un edificio novo, quitáronnos aulas porque as necesitaban os de ciclos… Mellorou moitísimo, hai máis material, as instalación mellora-ron… en todos os sentidos.

Que te levas da túa experiencia no Asorey? M- Puff… cousas boas, experiencias boas, recordos bos… aínda que as cousas un pouco desagra-dables olvídalas e acabouse.

Con tanto tempo libre, a que o vas dedicar agora? M- Vai ser un problemón. Irei máis á miña aldea, que son un namorado dela; farei algo de in-formática, xogarei a partida no bar e cos amigos, pasear… DISFRUTAR.

Como definirías a túa experiencia e anos neste centro nunha soa palabra? M- Interesante

Que foi o mellor e o peor da túa carreira como profesor? M- O mellor ir ao País Vasco. Foi malo ao principio (fun como interino), como manterme foi un pequeno trauma ao vivir eu só, polos meus pais sobre todo. Pero despois estaba encantado, fun moi feliz alá.

Por último, en comparación, como está a educación de agora coa da túa época de estudante? M- Uiii… ai non sei que che diría de como está a educación. Mellorou moitísimo: a preparación do profesorado, os medios, os edificios… Antes faltaba de todo. Era máis ríxida, máis severa. A modo de anécdota, no seminario castigáronme de xeonllos de noite por falar galego, dende aquela non dixen case ningunha palabra en castelán. Supoño que como reacción a isto…

MANUEL CO ENTREVISTADOR NA PORTA DO INSTITUTO

Ramón R. Nogueira 1º BAC B

Page 18: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

18

ANDRÉS: Cantos anos levas ensinando Física e Química?

35 anos… Como te decidiches por ser profesor?

Por casualidades da vida porque ás veces non se sabe. Unha anécdota que recordes cos teus alumnos? Tantas que non sei… dunha vez cando era xove, puxéronme alfileres na cadeira, pero a intui-

ción díxome que ese día non debía sentar na cadeira, polo tanto foi unha frustración da que nos rimos moito.

Cantos anos levas neste centro? No centro… 15…16… xa non os conto…

Como era o instituto antes e agora? Que cambios son os máis significativos? Agora hai máis

itinerarios académicos, máis alumnado, e tamén moito máis participarivo que ao principio…

Que te levas da túa expe-riencia no Asorey? Moi positiva, con todo o mundo.

Con tanto tempo libre, a que o vas dedicar ago-ra? Non vou ter tempo libre ningún. Seguirei apren-dendo e farei de todo coma sempre, seguirei sen tempo pero con-quistareino.

Como definirías a túa experiencia e anos neste centro? Boa. Un centro moi dinámico como a min me gusta, con alumnado moi bo e un profesorado moi participativo, todo isto lle dá unha característica moi diferenciadora e a aprendizaxe é moi “sabrosa”, como debe ser.

Que foi o mellor e o peor da túa carreira como profesor? O mellor, estar contento co que fas, mantendo sempre criterios de igualdade e xustiza, tratando sempre ao alumnado con respecto e ao mesmo tempo procurando o máximo ben para eles. Esa é unha obriga da miña profesión. O peor é non saber se o conseguiches.

Por último, en comparación, como está a educación de agora coa da túa época de estudante? Moitísimo mellor, non comparto o criterio dominante de que “ antes a educación era mellor”, penso que iso non é así, antes a educación tiña un enfoque totalmente direccional, dominante e non participativo, que non comparto.

Por último quería dicir que moi ben pola entrevista, pero por vós. Grazas

ANDRÉ E A ENTREVISTADORA FACENDO A ENTREVISTA

MANUEL , O DE VILARDEBÓS, E ANDRÉS O DE RIBADUMÍA ,XUBÍLANSE

Cármen López , 1ºBAC B

Page 19: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

19

A GRIPE PORCINA OU GRIPE A

A gripe porcina tamén coñecida como gripe A, ou gripe H1N1 é unha afección respiratoria moi contaxiosa dos porcos que deriva doutras enfermidades similares destes animais. Transmítese por aire ou por contacto directo e os seus efectos son máis o propio contaxio que a mortandade, pois non é unha enfermidade mortal nen moito menos. Esta gripe non é nova pois xa se deron casos de contaxio humano en persoas que tiñan contacto directo e continuado en granxas con estes animais, pero a diferenza doutras ocasións esta vez a novidade foi o contaxio de persoas que non tiñan esa relacion, ata chegar ó punto de haber conta-xios de persoa a persoa. O maior numero de casos e mortes provocadas por esta enfermidade produciuse en Mexico (uns 2500 casos de contaxios confirmados ), país que se ten como punto de partida do virus pois foi o primeiro en dar a alerta ás autoridades sanitarias deste novo brote. Seguindo a Mexico están os Estados Unidos e Canada con 141 e 34 casos respectivamente. España sitúase como cuarta zona máis afectada con 13 casos confirmados e 116 en estudio. Estes son datos a dia 1 de Maio de 2009, e a medida que pasen os dias iranse facendo novas enquisas e confirmaranse novos datos polo que só son cifras aproximadas. Tamén se recoñeceron casos en moitos outros países como Reino Unido, Austria, Israel, Alemania, Suiza, Holanda, Dinamarca, Hong Kong ... A pesar da alerta xeral non debemos esquecer que tamén morre xente con casos de gripes co-múns, e manexando datos como os dos EEUU, que soe ter uns 200.000 casos dos cales uns 36.000 teñen un final tráxico pois só cabe dicir que este novo brote non é tan grave pois a penas hai 2 falecidos pola gripe porcina nese mesmo país. A pesar da pouca mortandade e o fácil trata-mento da enfermidade encontrámonos con reaccións desmesuradas dalgúns países como China ou Rusia que ignorando as autoridades internacionais decidiron tomar medidas como aillar os via-xeiros mexicanos ou como no caso de Rusia prohibir a importación de produtos porcinos proce-dentes de países considerados de risco, como é o caso de España. Tendo en conta o numero de falecidos ata o momento pódese dicir que a peor parte a levou a eco-nomía mexicana, pois sendo como é un país no cal o turismo é un dos eixos centrais a noticia que se propagou por todo o mundo de que Mexico é a sede da gripe paralizou o sector. Moitos países restrinxiron os voos para evitar contaxios e canceláronse a maioria das reservas que había dende todos os recunchos do globo. Está claro que a saúde dos cidadáns é o máis importante pero ta-mén é algo a ter en conta pois isto só é un golpe máis para a economía mexicana xa bastante a-fectada pola crise mundial dende o 2008.

Eduardo González Fandiño 2º Bac A

ACTUALIDADE

Page 20: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

20

VIAXE A MADRID “ RUTAS CIENTÍFICAS

Na derradeira semana do mes de novembro, os alumnos/as de 1º e 2º de Bacharelato Científico máis dous profesores: Victor Caamaño e Isaac Pontanilla, coñecemos a cara científica de Madrid a través dun programa chamado “Rutas Científicas”, grazas ao que convivimos con estudantes doutro instituto durante unha sema-na, co IES Chapatal, que representaba á comunidade autónoma de As Illas Canarias. Todas as visitas foron guiadas e acompañadas dunha actividade (como por exemplo o recoñecemento de fósiles no Museo Xeomineiro, que consistía en clasificar uns fósi-les reais segundo as características visuais coa axuda dunha táboa) ou por una autoavaliación que nos aportaba o caderno de actividades de cada visita. Esta saída non só deu pé a visistas de interese científico como foron ás do CEHIPAR ( Canle de Experiencias Hidrodinámicas do Pardo), á do Real Xardín Botánico, á do Instituto de Enerxía Solar, á do Centro Aviación EADS CASA, ó Centro Nacional de Biotecnoloxía, ó Museo Xeomineiro ou ó Museo Didáctico Cosmocaixa; senón que tamén abarcou visitas a lugares notables de interese cultural como é a “Colina dos Chopos” que aloxou a comezos do século XX, ademais de laboratorios e institutos de diferentes disciplinas científicas, a famosa Residencia de Estudantes, que foi un motor principal para a difusión da cultura europea e deu amparo a ilus-tres personaxes como Lorca, Dalí ou Buñuel. Non me esquezo do compañeirismo dos canarios, que nalgúns casos acabou en amizade, da organiza-ción da viaxe e do recibimento do persoal da residencia. Foi realmete digno de loanzas.

Sen dúbida, unha viaxe que perdurará nas nosas memorias durante moito tempo.

NON ME ESQUEZO DO COMPAÑERISMO

DOS CANARIOS, QUE NALGÚN CASO ,

ACABOU EN AMIZADE, DA ORGANIZA-

CIÓN, DA VIAXE….

NESTA EXCURSIÓN HOUBO TEMPO ATA PARA XOGAR COA NEVE

VISITAMOS TAMÉN O REAL XARDÍN BOTÁ-NICO

Lara Vila 1º BAC A

Page 21: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

21

Londres ou a mellor semana do curso Eran as doce. Chegamos ó instituto. Chegamos con ganas de comer o mundo, co maior sorriso nas

nosas caras, coa maior das ilusións en moito tempo. E entón, vemos o autobús e feixes de pais con coches arre-dor de nós, os máis, querendo ter a nosa atención por últi-ma vez antes dunha semana de nada máis e nada menos que en Londes. E, como non, profesores soñando co paraí-so que sería unha semana enteira sen nós, sen ter que atu-rarnos. Algunhas delas, aínda animadas, sen ser conscien-tes de que quedaba toda unha semana por diante, antes de volver as súas casas, antes de perdernos de vista.

Despois dunha eterna hora no autobús e outra aínda máis eterna hora de espera no aeroporto, por fin su-bimos ao avión. Para algúns, a súa primeira vez, a máis especial, para outros o medio que os afastaría das súa mo-nótonas vidas e os levaría de cara á cidade soñada. Fotos impresionantes, momentos xeniais, bebidas caras, e toca-mos terra.

Baixamos do avión da mellor forma posible, po-las escaleiras, pisando a pista e o chan de Inglaterra por primeira vez. Desexando que aquel momento non acabase, que aquela semana non tivese fin (por primeira e última vez). E por fin, Londres.

Esperamos polo seguinte autocar ao frío, non pouco tempo, sen saber que facer, que sería de nós ou se se esque-ceran de que unha panda de galegos chegara á cidade. Pero a ninguén lle importaba ou a ninguén parecía importarlle. Ó fin estabamos alí, que era unha hora máis? Sabia-mos que pagaba a pena, ou nós fariamos que así fose.

Chegamos ó hotel, deixamos a equipaxe, baixamos á rúa a unha zona de tendas, restaurantes e vimos un supermercado que non deixaria-mos de visitar naquela semana que xa se perfilaba xenial, que xa dera comezo. Os día seguintes, cheos de monumentos, luz, camiñatas, metros, esca-leiras, cansazo, risas, optimismo, museos, comidas raras, vistas, com-pras, bocadillos e todo canto poidades imaxinar. Si, todo tiña cabida naquela semana, a semana pola que levabamos laiando anos... dende o mesmo momento en que algúns volvemos de Barcelona e outros che-garon ó Asorey; a semana na que pasaron máis cousas nun menor tempo; a semana na que descubrimos a beleza dunha cidade como Londres, sen o glamour de París, sen o Imperio de Roma, sen finxir ser quen non é, unha cidade única. Despois dunha semana frenética, ás catro da madrugada do venres, marchamos do hotel. Efectivamente, ninguén durmiu, efectivamente, no autobús algúns dedicámonos a tocar a moral ó resto, efectivamente, rematamos todos tirados polo chan e durmindo no aeroporto mentres

esperabamos o momento de facturar, embarcar e volver a casa. Em definitiva, que mellor maneira de comezar o ano?

Alma Martínez Losada, 2º Bach. A

ALGÚNS DOS EXCURSIONIS-TAS TENTANDO ASUSTAR LEÓNS

PRECIOSA IMAXE DE LONDRES TO-MADA POLOS EXCURSIONISTAS

Page 22: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

22

VIAXE A BARCELONA DOS ALUMNOS DE 4º DA ESO

O día 19 de abril os alumnos de 4º de ESO saía‐mos de Cambados moi animados cara ao delta do Ebro, en Tarragona, para pasar alí unha se‐mana. Antes de  chegar  ao noso destino  tivemos que pasar 15 horas no autobús, pero o esforzó me‐receu  a  pena.  Cando  chegamos  instalámonos no albergue Amposta Parc xunto coas profeso‐ras que nos acompañaron, Marisa e Amparo; e dende alí sairiamos todas as mañás  , acompa‐ñados pola nosa monitora Nara,  para  realizar  as  actividades  que  tiñamos  programadas.  En‐tre elas destacaron: un paseo en bicicleta pola 

beira do Ebro, piragüismo, tiro con arco, vela , pontes tibetanos, escalada en rocódro‐mo, circuito en quad e un paseo en barco polo Ebro. En canto a visitas culturais fomos ás covas de Benifallet e adicámos un día enteiro a visitar  a  cidade de Barcelona,  alí  puide‐mos visitar o parque Guell e as  famosas Ramblas de Barcelona, e puidemos ver a casa Batlló, a casa Milá, a Sagrada Fami‐lia…, a todos en xeral nos encantou Bar‐celona. O día antes de virmos de volta para Cam‐bados tivemos a sorte de poder pasar un día  enteiro  en  Port  Aventura,  alí  pasá‐molo en grande xa que puidemos montar en  todas  as  atraccións,  ver  todos  os  es‐pectáculos… En  definitiva  pasámolo  xenial  e  reco‐mendámoslle a todo o mundo que visite o delta do Ebro, Barcelona e Cataluña en xeral.          Sabina Casalderrey, 4º ESO C

Page 23: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

23

CHARLAS,CONFERENCIAS E OUTROS ACTOS DO CURSO 2008/9

Durante o presente curso o Francisco Asorey albergou numerosas conferencias e faladoiros, converténdo-se a organización de obradoiros e charlas nunha práctica case habitual.

Os eidos abordados nestas actividades atinxen de forma directa os intereses dos alumnos e cada unha das conferencias encauzouse cara a temas de peso e urxencia como a saúde, a educación, o civismo e a sexua-lidade.

As charlas de carácter normalizador da lingua tamén foron moitas e moi variadas. Entre as actividades mellor acollidas polo alumnado destaca o Obradoiro de Regueifas, traído da man de Luís "Caruncho" e Pinto d'Herbon. Os asistentes disfrutaron coma cativos mentres descubrían os misterios da regueifa, canti-ga popular de carácter improvisado na que se mestura enxeño e unha imprescindible dose de humor. Neste apartado ligüístico-literario hai que facer mención á sesión de contacontos ofrecida por Charo Pita e Tim Bowley. Esta pintoresca parella ofreceu a narración "viva voce" dunha serie de relatos breves nos que as linguas de Ramón Cabanillas e William Shakespeare se alternaron á perfección. Sería un erro esquecer a inresantísima charla da escritora coruñesa María Menéndez-Ponte ou a diserta-ción sobre Ramón Piñeiro da Dra. Manoles, da USC.

Os alumnos de 1º e 2º bacharelato afíns ás ciencias tiveron, a finais do mes de Outubro, o inestimable pracer de disfrutar dunha confe-rencia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que agasallou aos futuros científicos do centro coa exposición das bases da Misión Biolóxica galega, unha investiga-ción da xenética forestal autóctona de Gali-cia.

Os temas de saúde foron dos máis recorrentes a nivel de charlas. A Cruz Vermella ofreceu aos cursos de 3º da ESO (grupos nos que se conglomeran alumnos de idades controverti-das) un obradoiro enfocado cara á prevención da violencia.

Tamén se organizaron obradoiros de hábitos alimenticios, charlas sobre hixiene (patrocinadas por "Adolescencia y tu") e ou-tros coloquios baixo o nome de "Clases sen Fume" nos que se tratou de concienciar aos alumnos noveis (1º da ESO) dos prexuízos do consumo de tabaco.

Como non podería ser doutra maneira nunha sociedade na que as enfermidades venéreas se erixen como unha pesada laxe, tamén houbo espazo para a eduación sexual. A Asociación anti-VIH de Vilagarcía foi a encargada de botar luz sobre a problemática da síndrome de inmunodeficiencia adquirida.

Eduardo Apariz Chaves 2º BAC B

CHARO E TIM NUN MOMENTO DA SÚA ACTUACIÓN

Page 24: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

24

OS OLEIROS VISITAN O ASOREY

O xoves, 2 de abril, veu ao instituto un oleiro de Buño que nos ensinou como se facían as xerras, pratos, olas de arxila... Cando acabou de explicar todo e de demostrarnos como se facía deixounos probar a nós. Eu tamén saín a probar para ver se me saía, pero é máis complicado do que parece. Gustoume moito porque o pa-sei moi ben e aprendín algo novo. Yessica Villanueva Lime-res (1º ESO B) ASISTENTES Á CHARLA CONTEMPLAN COMO SE TRABA-

LLA A ARXILA

A arxila é un material plástico e modelable. Para elaborar pezas con ela os oleiros seguen uns pasos: -Vaise buscar a arxila ás barreiras. -Amásase. -Córtase un anaco cunha tanza, dáselle forma e colócase no torno. -Móvese o torno co pé e, despois de mollar as mans váiselle dando forma á peza á vez que dá voltas. -Se se quere debúxanse detalles cunha cana. -Dáselle cor. As cores obtéñense mesturando arxila branca con diferentes minerais: óxidos, cobalto... -Con axuda da tanza sepárase do torno a peza rematada. -Déixase secar un tempo -Métese no forno: os fornos son de gas ou eléc-trico, antes eran de leña. Se cocemos a peza con pouco osíxeno sae máis escura. Segundo a arxila que se utilice o esmalte sae máis crao ou escuro. Andrea Falcón Leal (1º ESO A)

OS PASOS DOS OLEIROS ATA ELABO-RAR AS SÚAS PEZAS

ALUMNO FACENDO PINITOS COMA OLEIRO

OS PROFESORES TAMÉN QUEREN APREN-DER COUSAS NOVAS

Page 25: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

25

REGUEIFAR, REGUEIFAREI…...

Este curso 2008/09 puidemos disfrutar dos regueifeiros máis famosos de Galiza. Pinto d´Herbón e Luís Caruncho. Viñeron impartir ao Asorey un obradoiro de regueifas que tivo grande éxito. Deste obradoiro saíron seleccionados 20 alum-nos que recibiron outro novo obradoiro coa fin de seleccionar dez persoas para participar no concurso de regueifas do Pazo da Cultura de Pontevedra.

No primeiro obradoiro ensiná-ronnos o que é unha regueifa, unha canti-ga entre dúas ou máis persoas que segue un mesmo cantar ou son durante o tempo que dura unha disputa sobre un tema de-terminado. Os temas das regueifas son variados , cunha grande dose de humor, o que dá cantares moi divertidos e orixinais.

Ensináronos a elaborar regueifas, catro versos octosílabos nos que o segundo e cuarto teñen que rimar.

Hai diferentes maneiras de comezar unha regueifa, por exemplo dando “o verso de arranque” que é o que dá pé para continuar. Tamén se pode dar o último verso e o regueifeiro ten que inventar o anterior.

Os representantes do noso instituto deixáronnos quedar moi ben, pois practicamente non se trabucaron e quedaron como finalistas dous alumnos, Xesús Castro de 3º ESO B e Sara Betanzos de 3º ESO A.

Xesús Castro e Micael García

OS PROFESORES PINTO D´HERBÓN E LUIS CARUN-CHO NUN MOMENTO DA EXPLICACIÓN

OS ASISTEN-TES TOMA-RON BOA NOTA DE COMO SE FAN AS RE-GUEIFAS E D E I X A R O N AO NOSO I NSTITUTO NUM MOI BO LUGAR, SE-G U N D O DIXERON OS PROFESORES D E S T E OBRADOIRO

Page 26: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

26

EXPOSICIÓNS SOBRE A TERRA DO DEPARTMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA

Climántica é un proxecto de educación ambiental da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

No noso centro o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía participou con distintos traballos na Web, nas aulas e incluso nos corredores do Instituto.

Con motivo do día da Terra no IES

Asorey tiveron lugar diversas actividades e unha exposicion encamiñadas a informar so-bre a situación climática e a promover a pro-tección do noso planeta. Este proxecto de edu-cacion medioambiental denominado Climánti-ca elixiu o noso instituto como sede.

Cabe destacar entre as actividades, unha reportaxe para a TVG que a pesar de ser dunha duración curta, conseguiu mostrar tanto os murais expostos polos corredores do centro, como uns pequenos experimentos feitos polos alumnos sobre as variables meteorolóxicas e a manifestacion de fenómenos como a presión atmosférica. Este resumo audiovisual foi emi-tido no programa "A Natureza" ( 14:12 de Luns a Venres ), un espazo adicado a ensinar diferentes aspectos do medio natural.

As exposicións das que puidemos disfrutar

foron: *“A terra : curiosidades”, na que se nos

mostraban datos físicos, climáticos, plantas, animais, ser humano.... sobre un gran mapa mundi xigante. Complementouse con imaxes espectaculares recolli-das de revistas e periódicos: volcáns, terremotos ...e unha exposición de libros na biblioteca de ciencia ficción.

* “Co planeta non se xoga” Mostrouse a terra como unha gran pelota sobre a que se colocaron diferentes datos e, un pouco máis lonxe, a lúa.

* “Materiais da terra. As rochas e os mi-nerais”. Podemos disfrutar dunha serie de vitrinas onde se expoñen rochas e minerais, a súa clasifica-ción, prropiedades, utilidade, procesos de transforma-ción...

Houbo tamen visitas guiadas das mesmas, así como a celebración dun obradoiro de ciencias consistente no estudo de rochas, minerais e observacións con lu-pas e microscopios de distintas preparacións.

CO PLANETA NON SE XOGA

TRABALLO NO CORREDOR DO CENTRO

ELABOROUSE TAMÉN UN MAPAMUNDI XIGANTE NO QUE SE MOSTRABAN DATOS FÍSICOS,CLIMÁTICOS…..

Eduardo González, 2º BAC A

Page 27: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

27

O 5 de setembro do 2008 os alumnos de 1º Bacharelato B e 4 ESO A fomos a unha exposición a Vigo de nome “AS NOSAS PALABRAS, OS NOSOS MUNDOS”. A exposición dividíase en catro bloques temáticos. Puidemos facer un percorrido pola historia da nosa lingua, unha viaxe no tempo onde observamos a cultura e sociedade de Galiza, desde as orixes ata a actualidade. Tamén puidemos ver a cantidade de xente que fala as diversas linguas do mundo, como tamén as linguas nais das que proveñen, plasmadas nunha árbore. Para rema-tar o bloque que dá nome a exposición, mostraronsenos exemplos de recursos da lingua galega nos diversos ámbitos da sociedade por medio das novas tecnoloxías, a literatura, a música, o cine...

Con motivo desta revista fixemos unha entrevista a unha das guías: Nós- Bos días...poderíamos facerlle unhas preguntas sobre a exposición? Guía- Como non, adiante... N- Pois para comezar, cal é o tipo de alumnado que acode a esta exposición? Que tipo de xente a visita? G- De secundaria e bacharelato, algunha que outra asociación de mulleres e outros visitantes individuais, en canto a idade é moi variada. N- Ata cando poderiamos visitala? G- En Vigo estará aberta ata este venres, e en A Coruña do 15 de decembro ata o 4 de Xaneiro. Logo abriranse outras en Pontevedra, Lugo e Ourense; e tamén en Barcelona, Sevilla e Bos Aires. N- Que comentarios faría vostede sobre o conflito lingüístico? G- Non farei comentarios... (risas) N- Poderíase intentar levar este tipo de exposición aos institutos? G- Un pouco grande para levala aos institutos, ademais levaría moito traballo adecuala a cada un. N- Para rematar, cales eran os obxectivos da exposición? Conséguense? G- Os obxectivos eran achegarnos a diversidade lingüística e sobre todo a lingua galega dende unha perspectiva diferente. Está feito nun formato atractivo que resulta interesante. Na nosa opinión a exposición era bastante interesante que se baseara en vídeos, música, xogos interactivos... logo tamén nos pareceu entretido a maneira de expoñer, os paneis, a guía. E sobre todo queremos destacar o gran interese do tema a tratar.

Ramón Romero Nogueira Ana Corbelle Cacabelos Carmen López Rey

AS NOSAS PALABRAS, OS NOSOS MUNDOS

Vistas da exposición “ AS NOSAS PALABRAS, OS NOSOS MUNDOS .

PERCORREMOS A HISTORIA DA NOSA LINGUA, UNHA VIAXE NO TEMPO, DESDE AS ORIXES ATA AGORA

A EXPOSICIÓN

BASEÁBASE EN

VIDEOS, MÚSI-

CA E XOGOS

INTERACTIVOS

Page 28: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

28

LETRAS GALEGAS 2009

Non sabemos se Ramón Cabanillas imaxinara algunha vez a posibilidade de compartir con Shakespeare o espazo escénico, pero seguro que disfrutaría se vise o seu precioso poema dedicado a Francisco Asorey como leitmotiv poético nunha obra na que seis estudantes adolescentes sofren os caprichos dos desexos no bosque máxico poboado de trasnos e fadas de “O soño dunha noite de verán”. Esta foi a trama argu-mental da obra que puxeron en escena un grupo de alumnos e profesores do IES Francisco Asorey de Cambados comprometidos coa expresión artística e a visión creativa do ensino. A presentación deste elaborado traballo multimedia correu a cargo dunha parella de solventes e atracti-vos presentadores: LAURA A. SANTOS de 4ºA de ESO e ROI FERRO de 1ºB de Ba-charelato, que recordaron a figura senlleira de Ramón Piñeiro, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Axiña se abriu o pano para ofrecer a elaborada escenografía e atrezzo que todos os anos constrúe con pre-cisión ANABEL SANTAMARÍA coa cola-boración de alumnos de 3ºD de ESO e 1ºA e 2ºA de Bacharelato, ademais de Almudena Castro e Anabel de Ciclo Medio de Admi-nistrativo que estiveron detrás da escena en todo momento facendo os cambios en cada un dos tres actos acompañadas de BRUNO FILGUEIRA e FRANCISCO DOMÍN-GUEZ de Ciclo Medio de Equipos Electró-nicos de Consumo. Sobre unha preciosa versión instrumental do tema “Unfaithful” de Rihanna, que foi o leitmotiv musical da obra, oímos a cadenciosa voz de LORENA ACHA de 2ºB de Bacharelato recitando o poema “A Francisco Asorey” de Ramón Cabanillas. Ademais Lorena deseñou o cartel da obra que presidiu a entrada no Salón de Actos do instituto. Con estas colaboracións e moitas máis que fixeron nos seus seis anos de estudos no centro, Lorena e a súa amiga Angela Chaves, que remataron exitosamente 2º de Bacharelato, deixarannos un pouco orfos a todos. Tamén lembramos os traballos que outros anos aportaron LUIS BENITO ALBA, EDUARDO APARIZ e IAGO COSTA, entre outros bachareis, que nos deixan este curso.

A estrutura do espectáculo deste ano sostíñase nun elenco de actores que asombrou a todos pola seriedade e con-vicción das súas interpretacións. Os estudantes eran ANTÓN CASAIS de 3ºB de ESO como un Lois simpático, trouleiro e soñador que ama á fermosa Estrela, interpretada por GEMMA CO-RES de 1ºB de Bacharelato quen, á súa vez é parella do personaxe máis serio e responsable, o Alexandre que creou RAMÓN ROMERO de 1ºB de Bacha-relato. Por outra banda, RUBÉN CO-RES de 1ºA de Bacharelato era Mauro, preguiceiro e tranquilo, que busca compartir os bailes coa atractiva Uxía, interpretada por MALENA SINEIRO de 3ºB de ESO. Por último, ANA COR-BELLE de 1ºB de Bacharelato, deulle

vida á traballadora Sofía, que busca con decisión ver cumpridos os seus soños.

Os viaxeiros das estrelas

Page 29: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

29

LETRAS GALEGAS 2009

Na parte máxica da obra, no segundo acto, aparecían as figuras do trasno e as fadas. Estas criaturas, que rin ma-liciosamente a fraxilidade dos sentimentos dos humanos, foron compostas esplendidamente por tres actores de longo percorrido no centro e sobrado talento escénico: SERGIO ALFONSO de 2ºA de Bacharelato que foi Ro-bín, o trasno trouleiro que fai e desfai feitizos ós xoves estudantes; MARIÑA COSTA de 1ºA de Bacharelato, unha Fada Mostaza que riu as grazas de Robín con ledicia; e a Fada Paspallás, ALMUDENA CASTRO, de 1ºB de Bacharelato, que encheu de poesía o monte da Pastora co recitado dun poema de Helena de Carlos. Estas fadas levaban un cortexo de fadiñas que xa son o futuro do teatro no Asorey: a Fada Avelaíña, MARÍA MAR-TÍNEZ 2ºB de ESO; a Fada Arañeira, MARTINA MENDOZA de 2ºB de ESO; e a Fada Flordechícharo, MA-RIELA CORES de 1ºC de ESO. Co vestiario que deseñou CHIRRIS só lles faltou voar. Un parágrafo á parte merece o monólogo de ANDRÉS VILAS sobre Astronomía. Na escena aparece como ese profesor cercano que sempre foi el, que se achega ós alumnos para explicarlles as marabillas da ciencia. Pero logo tamén atende ás dubidas máis cotiás que lles impiden entender o universo Asorey, poboado dunhas estrelas acadé-micas cheas de peculiaridades que as fan inesque-cibles. Nesta despedida da súa longa e frutífera traxectoria profesional, Andrés quixo deixarlles ós alumnos e profesores do Asorey unha nota de humor e amor pola trascendencia que os anos do instituto teñen nas nosas vidas. Se algo distingue os espectáculos do instituto Asorey é a presenza da música. Neste eido somos mil veces afor-tunados porque sempre contamos con alumnos aventaxados na interpretación instrumental: o clarinete de CA-TERINA DOS SANTOS de 3ºA de ESO; o saxofón de ALDARA GARCÍA de 2ºA de ESO; a percusión de TOMÁS CARBAJAL de 4ºC de ESO, ALMUDENA CASTRO de 1ºB de Bacharelato e RODRIGO ALBA de 1ºA de Bacharelato; a frauta traveseira de NOELIA PARRACHO de 1ºB de Bacharelato; o piano de SERGIO ANTONIO DIÉGUEZ de 1ºA de Bacharelato e NEREA PAZ de 2ºB de ESO; o violín de LAURA RODRÍ-GUEZ de 2ºA de ESO.

Nesa presenza musical brilla con luz de estrela a incrible e apaixonada voz de AURORA SOUTO, que este ano alcanzou a gloria cunha versión do “Haja o que houver” de Madredeus que faría feliz a Teresa Salgueiro. A firmeza da voz masculina na escena sempre vén da man do versátil JOSÉ M. DOMÍNGUEZ que nos ofreceu “Charanga” de Juan Pardo e “O tren” de Andrés do Barro. En ambos casos acompañou o guitarrista, case profesional, LUIS LÓPEZ, quen manexa guitarra clásica ou ukelele con igual soltura. Lamatumbá e o seu “Licor do negro café” pecharon o primeiro acto para iniciar a festa máxica do segundo. Con eses firmes alicerces musicais traballan arreo BELÉN TROBAJO, que ademais toca o

violín, coa man da concertista experta que foi, e ANA DIOS, que dirixe os alumnos con mestría e creatividade. Ámbalas dúas souberon sempre, nestes cinco anos nos que se levan montando os recitais das letras, dar vida á maxia da música e lograr cos alumnos os mellores resultados artísticos. Menten os que din que ninguén é indis-pensable, pois, en realidade, ninguén é reemprazable, e iso encherá a nosa memoria cada día que atopemos o oco xigante que nos vai deixar o futuro traslado de centro de Ana Dios.

Os viaxeiros das estrelas

Page 30: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

30

Non é completo o espectáculo se a música non vai acompañada de baile. Nesta ocasión foron dous os momentos de danza, traballados con mimo polos alumnos e coordinados brillantemente por CHIRRIS e ANA BLANCO. O primeiro chegou durante a interpretación que AURORA SOUTO fixo do “María Soliña” de Carlos Núñez e Teresa Salgueiro sobre o poema de Celso Emilio Ferreiro; neste caso, PAULA GONZÁLEZ de 4ºB de ESO mostrou con arte a anguria da protagonista da canción cos seus movementos en esce-na. O segundo foi o momento sorprendente e exitoso da representa-ción co baile de SAMUEL MARIÑO e XESÚS M. CASTRO de 3ºB de ESO, NEREA PAZ e ALBERTO OTERO de 2º B de ESO, LARA DIZ de 1ºA de ESO e MELINA COSTA de 2ºC de ESO, que bailaron de xeito rompedor os temas “Chacarrón” de Andy’s Val e “ Can you feel” de Victor Ullarte. Esta parte levantou os gritos entusiastas do público. Caído o pano no terceiro acto, apareceu un fin de festa con todos os participantes interpretando o “Cantos na maré” de Uxía Senlle. Sobre o eco destas voces e músicas o público rompeu en aplau-sos. As imaxes de auténtica poesía visual que BELÉN TROBAJO crea nas súas montaxes sobre os recitados e as cancións arrincaron ver-dadeiro entusiasmo no público. A contribución do Taller Lumiere (SANTIAGO REY, JESÚS BARCO e FERNANDO TOMÉ) bus-cou a interrelación entre a escena e a pantalla con entradas e saídas que se vían reflectidas nas imaxes de vídeo gravadas na Pastora, que así estivo tamén presente no instituto. Hai unha parte técnica de luz e son que resulta do esforzo combinado de JOSÉ M. DOMÍNGUEZ e SANTIA-GO REY, así como da asesoría informática de AGUSTÍN LIMA e do saber do alumno de Electrónica ADRIÁN OUTÓN. Non esquezamos que o equipo de luces e parte dos decorados son do “Grupo de teatro Caracol” ós que nunca esquecemos aquí. A posta en marcha dun espectáculo así parece unha tarefa simple, pero realmente é o resultado dun labor combi-nado de compromiso e amizade que levantan cada ano, motivados polo entusiasmo dos alumnos, seis profeso-res: ANA DIOS (Profesora de Música), ANA BLANCO (Profesora de Música), AURORA SOUTO (Profesora de Lingua Galega e Literatura), BELÉN TROBAJO (Profesora de Linguas Clásicas), CHIRRIS BRUQUETAS (Profesora de Lingua Inglesa) e FERNANDO TOMÉ (Profesor de Lingua Castelá e Literatura). Con este xa son cinco os anos nos que se organiza este espectáculo multimedia de música, poesía, vídeo, baile, teatro e imaxes. Como dirían Ramón Cabanillas, Andrés Vilas e Robín, o trasno: “Ditoso o que se sabe guiar polas estrelas!”. Que caia o pano, pero que siga para sempre o espectáculo. Bicos para Ana e Andrés.

LETRAS GALEGAS 2009

Os viaxeiros das estrelas

Page 31: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

31

ACTIVIDADES SEMANA DAS LETRAS

Unha vez máis na semana das Letras Galegas puidemos disfru-tar de espectáculos moi variados e dinámicos, con fortes doses de humor e mestría. O obxectivo primordial era chegar a todo o alumnado mesturando o lúdico co didáctico, lémbrandolle que non sempre hai que sufrir para aprender e recordándolle, ademais, que a nosa cultura é un caixón moi fondo que dá moi-to de si e no que aínda queda dabondo por descubrir. Os nosos alumnos demostraron o seu alto nivel lingüístico en inglés e galego participando co grupo de teatro Moving On no espectáculo Today Could Be Your Big Day cargado de dina-mismo e humor. Varios alumnos do instituto axudaron a que o seu éxito fose rotundo. Por outro lado, o monólogo de Cándido Pazó iluminou os ros-tros das butacas, provocou gargalladas irrefreables e, mesmo, cautivou as almas adormecidas. A mestría e sabedoría da profesora Mª Dolores Villanueva achegounos información detallada acerca dunha figura clave no desenvolvemento cultural galego, a de Ramón Piñeiro, a quen este ano se homenaxeou no Día das Letras Galegas. Felices son os encontros que nos achegan ao coñecemento e ao respecto da cultura propia e allea porque só dende o coñe-cemento xorde o respecto.

CÁNDIDO PAZÓ NUN MOMEN-TO DA SÚA INTERVENCIÓN

Os viaxeiros das estrelas convidáronos , con estes carteis deseñados por Lorena Acha, ao Recital das Letras

Page 32: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

32

UN 30 DE OUTUBRO PARA RECORDAR Eran as 7:30 da mañá. Pastora ergueuse, sabía que ese non era un día calquera, era especial, era un día que nunca ía esquecer. Foi cara ao cuar-to dos seus nenos e quedou mirando, entre bágoas, os seus rostros anxeli-cais mentres recordaba aqueles anos escuros cargados de dor e berros, recordos daquel home, Suso, o pai dos seus fillos, o que os maltrataba, o que lle batía á muller mentres os fillos berraban e tentaban defendela. _Mamá, por que choras? _Non choro fillo, e que se me meteu un lixo no ollo. Veña vaite duchar que hai que ir ó colexio. _Marta! Érguete xa! _Xa estou aquí! Non fai falla que berres. _Caramba mamá que almorzó máis bo preparaches hoxe. _Queres calar Xesús, non ves que é capaz de non prepararnolo máis? _Vale pesada, tranquila. _Mamá, hoxe vai vir Inma? _Si filla, vaina buscar Juan a estación e logo veñen todos a cear. _Os nenos tamén? _Claro que si filla.Veña liscade para ó colexio que ídes chegar tarde. Pastora sube ó seu cuarto e comeza a buscar uns papeis que precisa e en-contra o álbum de fotos da familia. Comeza outra vez a recordar. _Eres unha inútil, non serves para nada. _Papá non lle pegues por favor, déixaa. _Inma aparta se non queres levar ti tamén. Soa o teléfono, Pastora corre a coller. _Si? _Mamá son eu, chego a estación aí polas 7 da tarde. Avísas ti a Juan para que veña a buscarme? _Descoida nena xa lle aviso eu. Vente con coidado. _Hola mamá!Que guapa te puxeches hoxe! _Juan mira!Mamá está guapísima, ata pintou os beizos! _Inma ti tamén,que me vou sonroxar. Pastora pensa por uns intres o mal que o pasou durante anos convivindo cunha fera, e mira os seus fillos, os seus netos e dáse conta de que foi o mellor que lle puido pasar na vida.

Ramón R. Nogueira 1ºBAC B

RECUNCHO LITERARIO Acórdome do día en que miña avoa me dixo: Nunca te namores dun home. Tiña, se mal non recordo catro anos. Acórdome daquelas palabras como se fosen ditas onte. Hoxe, dez anos despois, deime conta de que ela tiña razón. Hoxe, día seis de febreiro do dous mil nove, deime conta de que namorarse significa sufrir en calque-ra momento. O namoramento é unha fase das nosas vidas, a cal non podemos saltar, pero se puidésemos, quizais sufrísemos. Sénteste soa, sucia, utilizada, enganada, culpable, insegura. Son tantos os sentimentos que me poden pasar pola cabeza cando penso no amor! Nunca me puiden recuperar dese dano, pero iso xa é algo que levo cravado no corazón como unha espiña dunha rosa ao intentala cortar.

María Consuelo Alfonso Pazos 2º ESO C

Fíxose furna, paleira. Trazando con xiz o seu nome nas paredes. Cabalgando os teitos, inmutábel. Trémulo a fallar outra vez. Caer no abismo. Morrer nas tebras. (Berro)

Ramón R. Nogueira

Page 33: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

33

Ao anoitecer vin asomar á lúa pola miña fiestra. Nada máis vela alumear souben que era o mo-mento de esquecer. Botei a correr cara á praia e baixo a penetrante mirada da lúa chea fixen o amago de tentar es-quecerte... Mentres me metía na auga, ía recordando todos os momentos que pasamos xuntos... durante 30 minutos estiven metida na auga escoitando o son das ondas e o delicado roce da auga contra a mi-ña pel... recordei todos os bos e os malos mo-mentos que vivimos xuntos... cando espertei da-quel curto pero moi longo trance doume conta que non te quero esquecer, gústame chorar por ti e rir co teu sorriso... Quérote... queríate e pola miña desgraza por sempre te quererei.

Zoé Cacabelos Padín 2 ESO C

RECUNCHO LITERARIO Síntoo.

Sinto, o que? Averno! Rite agora do lume! Abura as mans, leito de fogueira. Chama que se aviva con libros anónimos. Cinzas cheas palabras, palabras á espera, de seren recordadas. Choros diáfanos, puros. Rite agora do lume!

Ramón R. Nogueira Vexo o vento revolvelos seus cabelos, esa mancha no mar dos seus ollos, mil puntiños nas meixelas e no nariz pequeno, boca leda sorrínte, dentes brancos, corpo lixeiro, peculiar... carácter. Misterioso ser. Misteriosos pensamentos. Misteriosos sentimentos. Vexo o vento revolvelos seus cabelos. Peculiar carácter. Misterioso ser .

Ana Corbelle 1º BAC B

Silencio. Ausencia de palabras... Ausencia de sons... Ausencia de vida... Ausencia de ti... Ausencia de min... Ausencia...Silencio.

Ana Corbelle 1º BAC B

Fiquei quedo, calado, insensato. Chorei só, apoucado. Tirado no chan vertendo sangue por cada ferida, que o teu sentimento cravou unha navalla bautizada cos teus enganos, de nome A Virxe, a inocente, e a mentira transformouse en persoa, o sentimento en engano, e a Mentira cravou á Virxe no corazón do coitado.

Ramón R. Nogueira

Page 34: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

34

Un home ía dando unha volta polo paseo cando viu ó lonxe unha pequena praia que lle resultaba moi moi familiar. Ó ires achegándose, decatouse de que facía 17 anos que non pasaba por alí. Descalzouse e botou a andar pola area ata chegar ó espigón, no que tanto xogara cando era pequeno. Achegouse á beira deste e sentou, deixouse empapar polo sol, que saía e quentaba rara vez nesa época do ano, deixouse envolver polo ruído das ondas batendo contra o espigón... << - Carlos! Carlos!- unha rapaciña cuns longos rizos dourados achegouse a el e sentou ao seu carón. - Ola Xulia – respondeu o rapaz un pouco sonrosado pola sorpresa. - Xa pensei que non te ía atopar! – dixo Xulia cun aire enfadado – Daquela, é certo que marchas? – pre-guntou con tristeza. O rapaz só puido asentir levemente, pois tiña medo de non poder falar. A rapaza dos riciños de ouro mirou para el e colleulle a man, Carlos mirou para ela. - Voltarás?- preguntou Xulia cos ollos humedecidos e esvarándolle bágoas polas meixelas. - Non sei – respondeu Carlos - Botareite de menos – dixo Xulia hipando de tanto chorar – Toma, isto é para que non te esquezas nin de min nin da xente deste pobo, que tanto te quere – díxolle poñéndolle unha pulseira de cunchas feita por ela. - Grazas Xulia, nunca te esquecerei – dixo Carlos en medio dun sollozo, mentres se erguía. Foise alonxando en bicicleta pouco a pouco ata non distinguir á rapaciña na distancia... >> Non voltara ver a esa rapaza dende aquel día, sacou a pulseira do peto e xogou con ela na man un bo rato, mergullado nos seus pensamentos. Durante ese tempo unha muller fóiselle achegando con delicadeza e paso inseguro. Cando xa estaba a escasa distancia daquel home que lle resultaba tan familiar ollou que tiña na man unha pulseira, a mesma pulseira que ela lle regalara ó seu mellor amigo da infancia... - Carlos? O home xirouse sorprendido e divisou a aquela estraña muller de longos rizos dourados que miraba para el con aqueles ollos cheos de bágoas que tanto botara de menos... - Xulia! Antía Montes Argibay 1º Bacharelato A

RECUNCHO LITERARIO

Non intentes parecer forte, non o es... Non pretendas enganarme, non o fas... Non queiras esquecerte de todo, non vas ser capaz... De verdade, non te das conta...? Ana Corbelle 1º BAC B

Ela est

aba la

tindo

. É se

ntila.

É durm

irse c

on el

a.

É abrir

os meus

ollos

e sent

ila la

tindo

e durm

indo.

É senta

rse m

irand

o para

ning

ures, o

lland

o o la

texo.

É durm

irse c

on el

a.

É darlle

de co

mer ás

bestas

con u

nha s

oa pal

abra,

un la

texo,

un so

ño, u

nha o

llada,

un in

menso m

ar.

Es ti a m

esma q

ue afo

ga nu

nha p

oza de

latex

os de

auga.

É senti

r eses

latex

os no

meu

peto,

a caró

n do m

óbil e

pensa

r que

é unh

a mens

axe.

Es ti.

Ram

ón R N

oguei

ra 1º

BAC B

Page 35: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

35

Charles Robert Darwin. (1.809 – 1.882). Estarédesvos a preguntar quen diaños era este tipo e que fai o seu nome nesta revista. Para servos sin-cero, eu sabía o mesmo que vós (ou sexa, nada ou case nada) sobre este personaxe, ata que ao meu querido profesor de lingua castelá ocorréuselle a marabillosa e oportuna idea de ofrecerme o privilexio de confeccionar e incorporar á nosa revista (en plena época de exames) unha interesante e divertida reseña informativa… Perdoade, xa non me desvío máis: O señor Darwin, vástago e proxenitor do que hoxe coñecemos como Ciencias da Natureza, non era máis que un ser humano, como podo ser eu e como podedes ser vós (algúns de vós), que ao igual que o resto das persoas posuía (e posúe grazas aos libros) unha serie de anécdotas máis ou menos inte-resantes pero que sen dúbida merecen a pena ser desglosadas neste humilde espazo: Darwin naceu hai douscentos dez anos. Orfo de nai a moi temperá idade e entu-siasta amante das plantas e das coleccións, xa con oito anos adoitaba inventar historias falsas (como cando nunha ocasión agachou as froitas das árbores do seu pai e despois atri-buíuse o mérito de atopalas). En 1825 deixou a escola para ingre-sar na universidade de Edimburgo onde foi membro honorario de varias asociacións pres-tixiosas. Asistiu a diversas clases voluntarias en Cambridge, onde se organizaban excur-sións ao aire libre e nunca faltaba a boa músi-ca (da cal desenvolveu unha gran afección, a pesar das súas nefastas calidades melódicas). Outra das extravagantes paixóns de Darwin era a de coleccionar escaravellos. Nunha ocasión, sostiña un escara-vello en cada man e de súpeto aparece un terceiro que non pode deixar escapar. Entón, nun acto de intelixencia exemplar, o señor Darwin decide introducir un dos escaravellos na boca, para así poder coller ao novo especime. O pobre animaliño, confuso, quizais pola violencia da situación, quizais pola humidade do seu novo compartimento, comeza a segregar unha substancia aceda, que ocasiona un in-tenso proído na lingua de Darwin, que regresa a casa só cun escaravello. Darwin remata os estudos e en 1839 contrae matrimonio. Durante os anos posteriores o cien-tífico coñece a moita xente ilustre dedicada á ciencia, e escribe unha gran cantidade de libros, manuais e artigos de revista. En 1859 publíca a súa obra máis importante e laureada: “Origin of Species”. Continuou escribindo libros (a maioría sobre botánica) ata unha moi avanzada idade. A súa reiterada enfermidade impedíalle seguir viaxando, e os últimos anos da súa vida disfrutounos rememo-rando antigos praceres, escoitando música e lendo poesía. En 1882, o científico Charles Robert Darwin falece, levando consigo un enorme talento, unha paixón desenfreada pola ciencia, e unha laboriosidade digna dunha mente do seu calibre, pero deixán-donos unha infinidade de coñecementos que resultaron ser imprescindibles para o transcurso desta infi-nita investigación 

2009, ANO DARWIN

Miguel Palacios 3º ESO A

COLABORACIÓNS

Page 36: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

36

As

Men

saxe

s se

cret

as d

o re

loxo

de

Linc

oln

Un reloxo que pertenceu a Abraham Lincolm, decimosexto presiden-te dos E.U.A., tiña escritos varios mensaxes, datados do 13 de abril de 1861, feitos por Jonathan Dillon, un reloxeiro. Este escribiu que "Os rebel-des atacaron o fortín Sumpter" e "Grazas a Deus que temos un Goberno". Lilcoln non sabía que levaba escrito isto no seu peto. O museo decidiu abrir o re-loxo de ouro polos rogos do tataraneto de Dillon, que sabía que o seu tataravó fixera unhas declaracions no New York Times. Este feito cobra máis importan-cia porque, neste ano, cúmprese o bicentenario do nacemento de Lin-coln e el foi un personaxe entrañable porque loitou na guerra de se-cesión contra o racismo e a falta dos dereitos humanos.

As m

icroformigas...

Non, non nos volvemos tolos.. BeRn, só un pouco.. Pero esta historia é completamente verdadeira.. Temos probas: un grupo de investigado-res europeos coñecido como I-SWARM, está traballando na crea-ción dun gran número de robot formigas para enviar ata Marte.. O principal obxectivo desta expedición é a de crear estruturas no Pla-neta Vermello, en vista dun futuro asentamento Nos últimos tempos, a idea que tiñamos do planeta Marte cambiou considerablemente. Xa non é o inhóspito planeta que adoitabamos pensar, senón que agora descubrimos que hai auga e chan parecido ó terrestre. Por esa razón, e porque somos as criaturas máis intelixentes da galaxia, enviaremos….. formigas robots para que fagan os nosos futuros fogares……Si, dei-xaremos que asimiles estas palabras an-tes de continuar…..Ok,seguimos? De acordo con Marc Szymanski, un in-vestigador de robótica alemán, estes pequenos robots poderían ex-plorar o planeta. "Sabemos que alí hai auga e po, así que só necesita-rían algunha especie de pegamento para empezar a construír estru-turas, como casas para científicos humanos”.

Iván Abal Prado 1º BAC A

Romina Abal Hermida 1º BAC A

COLABORACIÓNS

Page 37: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

37

Hai relativamente pouco tempo, os xornais presentaban como un éxito a destru-ción no espazo dun satélite, que xa non era operativo. Vaia, os norteamericanos están tan preocupados pola súa seguridade que non puideron controlar a pre-sión dun dedo e... “bum!” destruíron un satélite “espía”. Ese dediño doulle gas a un misil. Ai, ese dediño! Estaba como tolo e actuou sen pensar nas súas consecuencias. Dende xa, temos que ter moito tino cos nosos dedos porque isto provocou que se desprenderan pequenas pezas do satélite que, por certo, agora é lixo espacial. China aproveitou esta tensión “dactilar” para tirarlle das orellas aos americanos: “Señores, tedes que respectar seriamente as vo-sas obrigas internacionais e proporcionar a información necesaria para os países afectados”. Xa, peeeeero que saberá un dedo sobre obrigas internacionais...un dedo. Un dedo só sabe facer forza e meterse en problemas.

Washington pola súa parte negou incubrir segredos tecnolóxicos, ou estar facen-do unha demostración de poder e rexeitando calquera paralelismo con China que xa caera

na tentación de pulsar o dediño anteriormente para derrubar un satélite meteorolóxico vello, segundo eles din, en xaneiro de 2007. Os norteamericanos quedáronse sen escusas polo seu problemiña, nestes intres China propúxolle a solución en cero coma: con-tratar a xente con problemas nas articulacións das mans (ou sen dedos xa) para non caer na tentación... quen pode crer todo isto? Acaso se lle fixese falta China ou a calquera un proxecto destes, realmente credes que llo dirían polo motivo de rexeitar eses parelelismos? Anda xa! Probablemente este problema de pulso (ou de dedos) será máis frecuente a medida que aumente o nivel de estupidez da xente, que está aumentando a pasos axigantados ( algúns din que ten

que ver co quentamento global...). Denomínase lixo espacial a calquera obxecto artificial que estea presente nas

orbitas terretres e que non ten ningunha utilidade. Así que, por definición, se deixamos a un astronauta orbitar sen control polo espazo, converteríase en lixo espacial? Na nosa opinión un astronauta perdido no espazo ten tanto de lixo espacial como calquera outra peza dun satélite, xa que con todo o que levan (traxes, guantes, casco, botas...).

O lixo espacial está formado por satélites que xa non valen para nada e anacos destes desprendidos por diferentes causas.

As naves espaciais teñen que levar unha dobre ou triple protección por se lles dan un guantazo!

No ano 1965, durante o primeiro paseo espacial dun estadounidense, o astronauta do Géminis 4, Edward White perdeu un guante. Durante un mes o guante permaneceu en órbita a unha velocidade de 28.000 kilóme-tros por hora, converténdose na prenda de vestir máis perigosa da historia.

Hai luvas e luvas!

Antía Montes Argibay Karina Salgueiro Feijoo. 1º BAC A

COLABORACIÓNS

Page 38: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

38

OS MALOS CHEIROS DE CAMBADOS Cambados é un fermoso pobo que ten un importante Patrimonio Histórico-Artístico que foi declarado como Ben de Interese Cultural. A conxunción do noso litoral coas singularidades das parroquias que compoñen o noso Concello, dotan a Cambados dun atractivo especial. Pero Cambados vén sufrindo dende hai varios anos, un desagradable pro-blema que afecta, non só a súa imaxe, senón que perturba e condiciona a normal convivencia dos seus cidadáns: Os Cheiros. OS VECIÑOS Os cidadáns, dende diversos puntos do casco urbano de Cambados e algu-nhas parroquias, teñen protestado e denunciado a situación que viven nos seus fogares e nas rúas polas que se moven, como consecuencia dos cheiros que se producen todo o ano, pero sobre todo, no verán, e que lles invade o seu espazo de cheiros nauseabundos que non poden eliminar. Os veciños pagan taxas e impostos municipais para que se lle preste un servizo de calidade e o Concello e a empresa concesionaria dos ser-vizos, Espina e Delfín, teñen a obriga de dar-llo e resolver o problema. Non hai maior aposta de futuro para unha co-lectividade que a de ter un marco medioam-biental en perfectas condicións para deixar ás vindeiras xeracións e ás au-gas das rías cuns niveis de calidade que garantan a produción pesqueira e marisqueira que permite vivir a moitas familias e empresas cambadesas. Tan só así teremos futuro. Segúndo unha enquisa realizada a maioría das persoas cren que a responsa-bilidade é do concello.

Porcentaxe de culpabilidade nos cheiros según os veciños

0

20

40

60

80ConcelloEspina y DelfínEmpresasNs/Nc

JOLICHADAS INVESTIGA

NON HAI MAIOR APOS-TA DE FUTURO PARA UNHA COLECTIVIDADE QUE A DE TER UN MAR-CO MEDIOAMBIENTAL EN PERFECTAS CONDI-CIÓNS PAR DEIXAR ÁS VINDEIRAS XENERA-CIÓNS

OS VECIÑOS PAGAN TAXAS E IMPOSTOS PARA QUE SE LLES PRESTE UN SERVIZO DE CALIDADE

Page 39: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

39

JOLICHADAS INVESTIGA

UNHA GRANDE CHEA <<Non é o sistema de sumidoiros, nin o verquido dunha conserveira, e o verdadeiro responsable dos malos olores é o señor alcalde>>. Así o consideran os respon-sables de Unha Grande Chea, que no seu po-pular Contra Bando do 2006, co que todos os anos inician o entroido, lle dedicaron ao se-ñor alcalde os cheiros. OS HOSTALEIROS Para o sector hostaleiro é un problema difícil, xa que mal poden vender a calidade dos noso produtos cando o consumidor está respirando uns cheiros que falan de verquidos que van para ó mar e que afectan ós nosos bancos ma-risqueiros, ás zonas de bateas, ó Serrido e ó noso litoral no seu conxunto. A nivel turístico, representan unha publicidade moi negativa para os inte-rese das nosas empresas e negocios, xa que a publicidade que trasladan os turistas é que os cheiros fan moi difícil disfrutar da beleza da nosa arqui-tectura de pazos e monumentos. OS MARISQUEIROS O sector marisqueiro expresou en numerosas ocasións a súa preocupación respecto deste tipo de contaminación, xa que as augas de orixe fecal en ocasións vértense de forma continuada sobre os bancos marisqueiros. A inexistencia de sistemas eficaces de xestión e purificación das augas resi-duais ten sido denunciada de forma reiterada, non só polos membros da Confraría de Pescadores, senón por outros usuarios da franxa costeira que se ven en maior ou menor medida afectados pola situación.

SUMIDOIRO VERTINDO LIXO

ESCUMA DE LIXO NO MAR DE CAMBADOS

Page 40: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

40

JOLICHADAS INVESTIGA

OS GRUPOS POLÍTICOS PP- O Sr.Alcalde de Cambados, hoxe Superdelegado, en primeiro lugar dixo: CAMBADOS NON CHEIRA. Despois xa recoñeceu que a nosa vila cheira e, segundo el, proceden das fá-bricas do polígono e a dos Olmos e que é responsa-bilidade da Consellería de Medio Ambiente, que el non pode facer nada. Tamén engadiu que as augas pluviais estaban separadas das fecais. Recoñeceu que os verquidos van parar á ría. Tamén que a Xunta saínte ía facer unha depuradora na Ponte de Barrantes. Á nosa pregunta de se as xunqueiras están vixiadas respondeu que si: os vi-xiantes da Consellería de Medio Ambiente e de Costas. O único que dicía era que non era a súa responsabilidade, que era da Xunta, por iso todos os cambadeses esperamos que ese problema se solucione. PSdeG- O Grupo Socialista de Cambados entrevis-touse, xa hai dous anos, co ex-Conselleiro de Medio Ambiente, e fixéronlle a proposta da necesidade du-nha depuradora que recollera os residuos dos parques industriais, e se sacaran así de Tragove, para evitar verquidos na área na que se atopan as depuradoras de moluscos e os polígonos de bateas. O Conselleiro di-xo que era necesario facer unha depuradora no baixo Umia. En todo momento ofertan a súa colaboración para resolver este problema. Dende hai anos o PSOE vén facendo propostas e preocupándose por este tema tan sensible para os veciños e tan prexudicial para a imaxe de Cambados.

SUMIDOIRO A REBOSAR DE AUGA DANDO MOSTRA DO MAL FUNCIONAMENTO

OS CHEIROS PROCE-DEN DAS FÁBRICAS DO POLÍGONO E A DOS OLMOS

NUNHA ENTREVISTA CO EX-CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIEN-TE FIXERÓNLLE A PROPOSTA DA NE-CESIDADE DUNHA DEPURADORA QUE RECOLLERA OS RESI-DUOS DOS PARQUES INDUSTIAIS

Page 41: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

41

JOLICHADAS INVESTIGA

Hai poucos meses presentaron unha moción para facer unha auditoria de toda a rede de sumidoiros do Concello, para avaliar os problemas e buscar solu-cións. Pero o PP votou que non, e non saíu adiante. En todo momento ofertan a súa colaboración para resolver este problema que tanto lle preocupa ós cam-bades/as. Domingo Tabuyo, concelleiro e parlamentario do PSdeG, tamén afirmou que agora que hai un novo goberno, haberá que deixar de botarlle as culpas á Xunta e asumir toda a responsabilidade. BNG- O portavoz do BNG de Cambados explicounos que os sumidoiros te-ñen varios problemas: a rede de sumidoiros non está ben estruturada nin di-mensionada, non hai separación entre as augas pluviais e as fecais, a rede de sumidoiros de Cambados pasan, cara a EDAR de Tragove, augas fecais proce-dentes dunha extensa zona do Salnés que, no seu percorrido, van fermentando e producindo cheiros que desprenden ao pasar pola nosa vila. O BNG propuxo que se fixera un estudo ou auditoría que per-mita coñecer claramente onde están os fallos de funciona-mento da rede de sumidoiros para poder solucionar este grave problema. O concello non fixo nada ata agora, segundo Víctor Caama-ño, por dúas razóns: A primeira é porque a construción de gran parte da rede de saneamento de Cambados (en especial da separación de augas pluviais e fecais) foi responsabilidade da Mancomunidade do Salnés e, nese momento, o presidente deste organismo era o actual alcalde de Cambados. A segunda razón é porque nunha democracia o cidadán castiga co seu voto as malas actuacións dos políticos e resulta obvio que este problema non foi considerado, polo cidadán, de suficiente importancia como para castigar aos seus responsables. O voceiro do BNG está seguro de que co novo goberno Tourís xa non lle botará as culpas á Xunta. Pero, xa aparecerá outro culpable.

ISMAEL AGRA, IAGO PAZ E DAVID PADÍN 2º ESO A

A REDE DE SU-MIDOIROS NON ESTÁ BEN ESTRUTU-RADA NIN DI-MENSIONADA, NON HAI SE-PARACIÓN EN-TRE AS AUGAS PLUVIAIS E AS FECAIS.

Page 42: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

42

ÚLTIMA HORA: COLLEITA DE PREMIOS NO ASOREY

2º PREMIO DO III CONCURSO PRENSA ESCOLA DE “LA VOZ DE GALICIA”

Non paran de caer premios no noso instituto, a cada concurso que nos presentamos, premio! Isto non é casualidade. Neste centro a dinámica participativa de alumnos e profesores dá como resultado o recoñecemento a un traballo, moitas veces extra, que se traduce en premios por parte de organismos e institucións, outorgándolle ao institu-to unha proxección e pretixio recoñecidos. Neste caso, conséguese o 2º premio do Concurso Prensa Escola convocado por “La Voz de Galicia”, cun traballo titulado “Do viño ao botellón”, reali-zado polo profesor Andrés Vilas, coa colaboración desinteresada do Grupo de Video (Taller Lumiere) e outros profesores como Alberto, Aurora, Xabier, Fernando…, e, por suposto, coa participación acti-va dos alumnos de 3º ESO e 4º ESO O traballo premiado con 3000 euros vén sumarse

ao primeiro premio que hai dous anos o mesmo profesor conseguiu no I Concurso Prensa Escola deste xornal, cun traballo sobre as novas de prensa do barco Ostedijk , levado ao laboratorio, titulado “O holandés errante no laboratorio de Física e Química”. A unidade didáctica premiada este ano “Do viño ao botellón” está estruturada en tres partes: 1º Traballo escrito en Word que contén os aspectos pedagóxicos da unidade didáctica como a aplicación da prensa na aula. Neste caso relaciónase co viño, colleita, maduración, elaboración e destilación. Un proceso de investigación levado a cabo no laboratorio onde os alum-nos/as elaboraron o seu propio viño. Tamén se dedica unha parte á problemática do alcol e a súa influencia na socieda-de: o botellón e a relación alcohol-condución como pro-blemática dos xoves e da sociedade en xeral. 2º Un traballo en PowerPoint onde se reflicten, dende o pun-to de vista gráfico, os procesos levados a cabo tanto no labo-ratorio como nas visitas ás adegas e ao centro enolóxico, como na asistencia á conferencia sobre o tema do viño no Salnés e a problemática do botellón e a condución. 3º Un DVD cun enfoque complementario do tema tratado, onde se fai un seguimento con tres puntos de vista diferen-tes sobre a elaboración do viño. Un aspecto a tratar no labo-ratorio e na investigación, un aspecto da elaboración do viño de maneira tradicional e outro aspecto industrial e comercial, centrado no viño en xeral e no albariño en particular, cun guión estruturado dunha forma poética onde o viño se erixe como ver-dadeiro protagonista. Parabéns para todos os que participaron nesta unidade didáctica premiada e, a seguir así.

COLUMNA CONMEMORATIVA AOS PREMIA-DOS DO ASOREY

ALUMNOS INVESTIGANDO NO LABORATORIO

AÍNDA QUE PAREZA MENTIRA ANDRÉS USA O ORDENADOR

Page 43: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

43

ÚLTIMA HORA: COLLEITA DE PREMIOS NO ASOREY

OS ALUMNOS DO ASOREY TAMÉN RECIBEN PREMIOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E DO SERGAS

Os alumnos de 1º ESO A e 1º ESO C ga-ñaron o terceiro premio á mellor actividade creativa do concurso “Clases sen fume”, convocado pola Consellería de Educación e o Sergas. Era un concurso europeo para mozos e mozas entre 12 e 14 anos. Para poder participar, os alumnos e un profesor tiñan que comprometerse a non fumar nada durante seis meses. Ademais realizaron actividades para previr o tabaquismo e gra-varon unha curtametraxe de vídeo, realiza-da polo Taller Lumiere, dirixida a conven-cer e invitar á xuventude a non fumar, a non comezar sequera, a non probar. Os alumnos recolleron o seu premio en Santiago o xoves 28 de maio, acompañados de X. M. Domínguez e Teresa Romero.

1º ESO A E C CELEBRAN O PREMIO

Un grupo de rapaces do IES Francisco Asorey, comentan e describen que farían e que lugares visitarían na comarca do Salnés

IMOS POLO TERCEIRO PREMIO DESTE ANO. A VER SE HAI SORTE!!!

3º ESO A participou na elaboración dunha curtametraxe de vídeo que se presentou o pasado mes de maio e que ademais compite con outros videos da comarca dentro do concurso “Presume do Salnés” organizado pola Mancomunidade do Salnés. O vídeo pódese ver en YouTube entrando na páxina www.osalnés.com ou ben directamente en www.o sal-nes.wmv

Page 44: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

44

SAMAÍN 08

Page 45: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

45

A dama  de branco é

unha  das  

pantasmas  máis  coñ

ecidas  en 

Francia. Aquí n

o Père‐

Lachaise,…

… dise que nos  días  de néboa   , vese deambulando polos  camiños  a  unha  xove   muller morena, con  longos  cabelos, moi branca, cun longo vestido branco e que ten na súa man dereita unha  rosa  negra  cun  longuísimo talo.

Da    a impresión de que se desliza polos  camiños  . E  ela  mira recto e dereito coma se non estiveses  alí.

En Francia, hai moitas  damas  de branco. En xeral, podémolas  cruzar, pola noite, sobre as  beirarrúas das  autopistas. Dise que son autoestopistas.

Un home, sobre  a  estrada  está óvolante  do seu coche. Nunha  curva, sobre  a  beirarrúa  da  estrada   , apareceu unha  forma  branca. Párase…

dise que

 son rap

azas  xo

ves que

 

morreron 

en accid

entes  es

traños.

Hai damas  brancas  por todos   lados… en todos  os  países  de Europa… en Francia… por todos   lados. Son espíritos  xentís, benévolos  … a maior parte do tempo.

Mais  ás  veces…

… ocorre  que  estes  espíritos  se  converten en 

MALÉFICOS…

PREMIO SAMAÍN 08

Page 46: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

46

ENTROIDO 2009

Page 47: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

47

ENTROIDO 2009

Page 48: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

48

DEPORTES JOLICHADAS

QUE NON SE DIGA, NO ASOREY PRACTICAMOS MOITO DEPORTE Durante o curso 2008/09 non paramos , fixemos un pouco de todo. Ademais de asistir ás clases de educa-ción física, como é normal, fomos á Carreira dos Institutos, á de Pontevedra, ao Correlingua. Nadamos na piscina municipal, fixemos vela… Agotámonos… Para que vexades que é certo, aí vos vai a clasificación da Carreira dos Institutos e fotos onde se ve clara-mente que estamos a suar a gota gorda (ou a punto de suala)

INFANTIL MULLERES INFANTIL HOMES

POSI-CIÓN NOME ALUMNO/A

1 Andrea Falcón Leal 2 Aldara Muñiz González 3 Lara Diz Gómez 4 Aida Vidal Balea 5 María Martínez Barbeito 6 Lucía Santos Vieites 7 Iria Gondas Santórum 8 Aida Rey Padín 9 Sara Baña Padín 10 Ana Quintela González 11 Cristina Prego Padín 12 Mariña Padín Oubiña

POSI-CIÓN NOME ALUMNO/A

1 Breixo Alonso Castro 2 Adrián Feijo Rey 3 Luis Miguel Doval Casal 4 Jorge Millán Lema 5 Manuel Busto Iglesias

6 Néstor Daniel Galeano Fernández

7 Rodrigo Paradela Oubiña 8 José Carlos Dominguez Lago 9 Alejandro García Paz

10 Baldomero González Argibay

CADETES MULLERES

POSI-CIÓN

NOME ALUMNO/A

1 Valentina Barreiro Oubi-ña

2 Melania Diéguez Salva-do

3 Belén Pena Padín 4 Marta Luciol Barral 5 Sara Serantes Silva

6 Malena Sineiro Ponti

CADETES HOMES

POSI-CIÓN NOME ALUMNO/A

1 Sergio Chaves Serantes

2 Ángel L. Sánchez Rebollido

3 Martín Chaves Piñeiro

4 Josua Fernández Álvarez

5 Daniel del Río Irago

6 Jose A. Chaves Dozo

Page 49: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

49

DEPORTES JOLICHADAS

XERAL MULLERES

POSI-CIÓN

NOME ALUM-NO/A

1 Irene Blanco Vilas 2 Carmén López Rey

3 Noelia Parracho Martí-nez

4 Sara González Pombo 5 Eva Núñez González 6 Raquel Trigo Núñez 7 Antía Montes Argibay

8 Sofía Fernández Fariña 9 Sara Sineiro Palacios 10 Ana Pombo Losada

XERAL HOMES

POSICIÓN NOME ALUMNO/A

1 Miguel Blanco Vilas

2 Raúl Fernández Fernández

3 Gustavo Rey Abalo

4 Manuel Otero Paz

5 Juan José Fernández Cores

6 Hugo Eduardo Mouriño

7 Adrián Fernández Cores 8 Adrián Oubiña Esperón

VETERANOS HOMES VETERANOS MULLERES

POSICIÓN NOME ALUMNO/A

1 Anabel Santamaría Lema

POSI-CIÓN

NOME ALUM-NO/A

1 Íñigo Fernández Pérez

2 Chón

PREMIO ESPECIAL

1 Sabina Casalderrey

Page 50: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

50

DEPORTES JOLICHADAS

A OPINIÓN DE…. ROI FERRO O deporte sempre está presente no noso instituto e este ano non houbo excep-ción. Campionatos de fútbol, baloncesto, voleibol, balonmán… Pero este cur-so, ao igual que nos anteriores, temos que destacar defectos no funcionamento de ditos campionatos. E é que coma en anos anteriores, o campionato de baloncesto quedouse, coma sempre, en proxecto. Fixéronse os equipos, entrégaronse as inscricións pero finalmente non se levou a cabo. Este ano, a debacle chegou tamén ao campionato de fútbol, o cal até o de ago-ra sempre funcionara correctamente, pois este ano rematou por estancarse a liga entre obras na pista e partidos sen arbitrar… O balonmán agardámolo, en principio, para o terceiro trimestre, cando adoita xogarse, pero visto o visto, nunca se sabe…

OUTRO ANO MÁIS PARTICIPAMOS NO CORRELINGUA

FOTO DOS PARTICIPANTES NO CORRELÍNGUA 2009 CELEBRADO EN VILAGARCÍA, ASÍ A LINGUA DÁ UN PASO MÁIS CADA ANO, GRAZAS AO NOSO PEQUENO GRAN ESFORZO O ANO QUE VÉN FALAREMOS MÁIS EN GALEGO E, CORREREMOS MENOS?

TAMÉN FIXEMOS VELA

O MAR XA NON TEN SEGREDOS PARA NÓS. JE, JE, JE.

Page 51: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

51

DEPORTES JOLICHADAS

Entrevistas a Iago Portas e Pablo Charlín (estudantes do noso instituto que militan no Pontevedra CF Xuvenil) por Roi Ferro Iago Portas (4ºESO – B):

Cando comezaches a xogar ao futbol?

Comecei con 9 anos, nos alevíns dos CX Cambados, entrenabamos moi duro porque tiña-mos un adestrador moi esixente, aínda que non conseguimos demasiado éxitos con el, o mellor recordo daquela foi a vitoria 0-1 ao Pontevedra. Gustaríache practicar outros deportes? Gústanme o baloncesto ou o rugby, pero teño máis predilección polo fútbol. Apréndese moito no Pontevedra CF? Apréndese bastante de futbol, o nivel au-menta bastante e hai máis competencia tanto nos campionatos coma no propio equipo. No Camba-dos era máis “de carallada”, xa que ías pasar o tempo cos amigos, aínda que tamén aprendías porque había bos adestradores. Recordas alguna anécdota en especial nos anos que levas practicando o deporte? Anécdotas…moitas!!! No Cambados recordo como anécdota nun partido no cal saímos goleados do campo do At. Cuntis 14-1 e cando o noso com-pañeiro “Fransinho” (ex-alumno deste colexio) marcara o gol da honra celebrámolo coma se gañá-semos a Champions. E no Pontevedra vivín tamén una anécdota moi bonita, cando quedamos cam-pións de liga e o 1º equipo nos fixo o pasillo xunta o Raio Vallecano nun partido da 2ªB en Pasarón. Que opinas da actividade deportiva no Asorey? Buf! Baixo a miña opinión deixa moito que desexar, debería estar mellor organizado, aínda que sei que os responsábeis poñen bastante inter-ese.

Pablo Charlín (1ºBach. – B):

Cantas tempadas levas no Pontevedra CF? Esta é a miña 4ª tempada no club, ao cal cheguei procedente dos infantís do CX Camba-dos. Curiosamente, o día que me chamaron atopábame de excursión cos compañeiros do Asorey. É difícil compaxinar o futbol cos estu-dos? Bastante, sobre todo polo tempo que empregamos nos desprazamentos. Tamén de-pendes moito dos horarios xa que non é o mes-mo para estudar que teñas o adestramento no medio da tarde que a última hora. Esíxenche boas notas ou ao club só lle importa o rendemento deportivo? Pois depende do teu adestrador. Dos que tiven eu, moitos preocúpanse por este tema e non hai problema se faltas para estudar, pero a outros dálle absolutamente igual, tanto os estu-dos coma a personalidade de cada un, só lles importas como futbolista. Gustaríache practicar outros deportes? Se tivese tempo gustaríame practicar o tenis de mesa, teño amigos que o practican e paréceme moi interesante, á par de dinámico. Que opinas da actividade deportiva no Asorey? Sempre comezan ben, con unha grande participación e moitos deportes variados, pero a falta de continuidade fai que ningunha das com-peticións se remate. Por exemplo este ano contábamos con fútbol, baloncesto, balonmán e tenis de mesa, dos cales dous non chegaron a rematar nunca, e outros dous nin sequera che-garon a comezar.

Pablo leva xa catro tempadas na cantei-ra do Pontevedra

“Fixéronnos o pasillo os equipos do Ponteve-dra e Raio Vallecano

Page 52: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

52

DEPORTES JOLICHADAS

PASADO, PRESENTE E FUTURO PINGPONÍSTICO

Aínda que non o pareza, o tenis de mesa comezou a practicarse en Cambados, a nivel competición, alá polo ano 1970, e naceu froito da rivalidade existente con Vilagarcía de Arousa, pois os seus equipos querían demostrar cal deles era o mellor neste deporte.

Durante esa época o equipo cambadés xogaba nas instalacións da Sociedade Cultural de Camba-dos, e no ano 1973, organizouse o primeiro torneo do Albariño (o máis importante e característico da nosa localidade), que xunto co Torneo de Primavera de Vilagarcía (xa desaparecido hai tempo), constituían un dos maiores acontecementos deportivos da comarca.

Xa no ano 1982 producíuse o primeiro ascenso á 1ª División Nacional Masculina, e daquela época son tamén importantes vitorias do equipo femenino tanto dentro do Tenis de Mesa Galego como do Nacio-nal.

Logo chegaron anos de altibaixos do equipo masculino, da desaparición do equipo femenino, e no ano 1997 da escisión da sección do Tenis de Mesa da Sociedade Cultural e creación de dous clubs indepen-dentes: Cambados TM e Salnés TM.

O Cambados TM comezou a xo-gar no Pavillón do Instituto, máis tarde no Pavillón do Pombal, logo no Ximnasio do Colexio de Sto. Tomé e, dende a súa cons-trución, temos a base de adestramento e sede oficial para competicións deportivas no Pavillón de Sto. Tomé.

Enorgulléceme dicir que o Cam-bados TM é, dende hai xa uns anos, un equipo totalmente consolidado e moi nu-meroso, e que xunto cos de baloncesto, voleibol ou fútbol fan que o deporte cam-badés estea recoñecido tanto a nivel galego como nacional.

Actualmente é moito o alumnado do Instituto Asorey o que formamos parte do equipo, tanto nas

modalidades masculina como feminina, e nas diferentes categorías, e xa participamos en campionatos gale-gos e nacionais, nos que acadamos moi bos resultados, sendo seleccionados en diversas ocasións para re-presentar a ámbalas dúas seleccións, en campionatos de enorme prestixio.

Esta nova remesa de xogadores/as de Cambados TM., comeza-mos a nosa andaina no ano 2002, sen saber nin sequera o que significaba a palabra "ping-pong". Todo comezou a raíz da fichaxe do primeiro estranxeiro por parte do equipo titular: o rumano Stefan Moraru, unha grande persoa e un xenial profe-sional, co que comezamos a dar os nosos primeiros golpes á raqueta. El ensinounos non só a xogar, senón que tamén foi o que contribuíu dun xeito especial á consolidación do que ago-ra somos: un equipo

Page 53: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

53

Despois viñeron ó primeiro equipo Zhao Qiang, de nacionalidade china, e os venezolanos Jonathan Pino e Marcos Navas cos que estivemos unha tempada, logo Karol Hasek (de Eslovaquia) e Lauri Laane (de Estonia).

Na actualidade o noso adestrador habitual é Karol Hasek, pero tamén aprendemos moitas cousas dos restantes xogadores do equipo masculino de veteranos, do que forma parte o chino Liu Junhui, e que compiten nas ligas superiores nas que participa o Cambados TM.

Este deporte que comezou para todos/as nós como unha “actividade extraescolar” é nestes momentos algo esencial na nosa vida cotiá, non só porque nos permite canalizar parte da nosa enerxía, acudir a campionatos en moitos puntos da xeografía española, senón tamén porque con el facemos amizades mentres competimos con sa rivalidade.

Nin que dicir ten, esperamos seguir progresando e acadando máis triunfos para o Tenis de Mesa cambadés, e gustaríamos tamén que moitos dos que hoxe estades lendo este artigo vos animedes a formar parte do noso equipo. Así poderedes comprobar, de primeira man, que o tenis de mesa é un deporte máis complexo do que parece e moi divertido cando se practica.

Gema Cores Pérez (1º Bacharelato – Grupo B)

DEPORTES JOLICHADAS

PENÚLTIMA HORA: INÍCIASE O INTERCAMBIO SALCEDA DE CASELAS -CAMBADOS

Os alumnos de 3º de ESO do IES PEDRAS RUBIAS da localidade de Salceda de Caselas visitáronnos o luns día 1 de xuño. Os rapaces de 4º de ESO do noso centro acompañámolos a coñecer a nosa vila . Fomos no Pavitrén, visita-mos o Pazo de Fefiñáns, descubrimos como funciona unha depuradora de marisco, como se fan as redes de pesca e como se traballa na seca. O luns día 8 de xuño visitaremos e gozaremos dos encantos do interior de Galicia e norte de Portugal xunto aos nosos novos amigos.

Page 54: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

54

PASATEMPOS A VER QUEN RESOLVE ESTE ENCRUCILLADO DE RAÚL

Page 55: Jolichadas

IES Francisco Asorey Xuño 2009

55

Page 56: Jolichadas

56

IES Francisco Asorey Xuño 2009

Equipo de Normalización e Dinamización lingüística do IES Francisco Asorey