Lecturas e libros. (23 de abril, d­a do libro)

download Lecturas e libros. (23 de abril, d­a do libro)

of 16

  • date post

    23-Jun-2015
  • Category

    Education

  • view

    611
  • download

    4

Embed Size (px)

Transcript of Lecturas e libros. (23 de abril, d­a do libro)

  • 1. 23 de abril de 2014 Da do Libro

2. Todas as historias se tecen cos fos da vida Agustn Fernndez Paz 3. Os ros da vida Din que todas as persoas necesitamos as historias, tanto coma a auga que bebemos, tanto coma o pan de cada da. Que sorte, que sexan tan doadas de conseguir! S hai que abrir un libro e deixarse arrastrar polo ro das palabras, esas que fan nacer dentro de ns outros mundos e outras vidas. Agustn Fernndez Paz 4. Semella cousa de maxia que os libros garden tantas marabillas no seu interior: a emocin do inesquecible primeiro bico; a voz pausada e sabia do ancin da tribo; as conversas das mulleres que traballan arreo nos arrozais do delta do Mekong; os andares pausns dos camelos, a avanzaren coa caravana polas areas do deserto; a fascinacin polas estrelas, que nos envan a sa luz desde os abismos do espazo-tempo. Agustn Fernndez Paz 5. Abrir un libro deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes Unha maxia secreta e inesgotable, que a ns nos corresponde descubrir. Agustn Fernndez Paz 6. ABRE OS LIBROS e mergllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as sas pxinas. Dixate arrastrar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes. Non esquezas nunca o abraio que experimentamos nos anos da infancia, cando se nos revela a dimensin mxica que teen as palabras e descubrimos que as pxinas dos libros poden conter o mundo enteiro. Agustn Fernndez Paz 7. ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai mis intensa cando medran as persoas que a incorporan s sas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saren por ras e prazas, levarn canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algn da faremos agromar. 8. Un mundo mis solidario, mis plural, mis culto, mis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senn as palabras mltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa comn que o noso planeta. Agustn Fernndez Paz 9. O libro A fiestra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinacin, descuberta venturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser O libro! Paco Martn 10. S un libro Non sei que facer. Mia irm regaloume un libro. Un libro. Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este. Un libro. Por que? Que lle fixen eu? Miroo e remroo. Sacdoo, a ver se ten algo entre as follas, ademais de letras e debuxos. Nada. s un libro. 11. Vouno abrir. Teo curiosidade por saber que escribiron dentro del para que tea eses aires de superioridade. Vaia! Non est nada mal. Empzame a caer simptico. Tan caladio, gardando a sa historia coma quen garda un segredo. s veces penso que a mia irm pode lerme o pensamento. Era xusto o que eu quera. Un libro. Este libro. Paula Carballeira 12. O lugar da lectura Unha illa de luz na xema dos dedos. Unha porta sempre entreaberta. Unha duna cara ao vento. Unha nube sobre a herba. Unha casa encantada. 13. O lugar da lectura Unha laranxa do paraso Unha pousada no inferno. Unha man e unha fouce. Unha carapucha vermella. Unha bufanda colorada. Unha alfombra no ceo. 14. A pulga e o xigante. A rosa e o cravo. A serpe e a maz. A fonte e o cervo. A flor da candea. 15. A fenda do espello A la na boca. A tona do tempo A pedra e o canto. A voz e o silencio. Carlos Negro 16. FONTES IMAXES: cadros de Leandro Lamas TEXTOS: citas de Agustn Fernndez Paz, Paco Martn, Paula Carballeira, Carlos Negro