LINGUA GALEGA

19
LINGUA GALEGA CEIP DE QUIROGA

description

LINGUA GALEGA. CEIP DE QUIROGA. LINGUA GALEGA. A sílaba tónica. O acento gráfico. As palabras agudas. As palabras graves. As palabras esdrúxulas . Os ditongos . As maiúsculas . Regras ortográficas. A SÍLABA TÓNICA. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of LINGUA GALEGA

LINGUA GALEGA

CEIP DE QUIROGA

LINGUA GALEGA

• A sílaba tónica.• O acento gráfico.• As palabras agudas.• As palabras graves.• As palabras esdrúxulas.• Os ditongos.• As maiúsculas.• Regras ortográficas.

A SÍLABA TÓNICA

• A sílaba que pronunciamos con máis

intensidade chámase sílaba tónica. As

restantes son sílabas átonas: chícharo,

legume, macarróns.

ÍNDICE

O ACENTO GRÁFICO

• O acento é a maior intensidade coa que pronunciamos a sílaba tónica nunha palabra. Nalgunhas palabras, esa intensidade márcase cun signo que se coloca sobre a vogal (´) e se chama acento gráfico: débil, fotógrafo, temón.

ÍNDICE

AS PALABRAS AGUDAS

• Son agudas as palabras cuxa sílaba tónica é a última. Levan acento gráfico as palabras agudas que rematan:

- En vogal: sofá, bebé.- En -n: camión, tamén.- En -s: compás, avós.- En -ns: maletíns, avións.

ÍNDICE

AS PALABRAS GRAVES

• Son graves as palabras cuxa sílaba tónica é a penúltima. Levan acento gráfico as palabras graves que rematan:

- en consoante distinta de –n ou –s: fácil, cómic, réptil, cráter.

ÍNDICE

AS PALABRAS ESDRÚXULAS

• Son esdrúxulas as palabras cuxa sílaba tónica é a antepenúltima. Levan acento gráfico todas as palabras esdrúxulas: brúxula, helicóptero, xílgaro.

ÍNDICE

OS DITONGOS

• Un ditongo está formado por dúas vogais que se pronuncian xuntas na mesma sílaba. Unha delas debe ser sempre i ou u: reino, aire, cousas, fuxiu.

ÍNDICE

AS MAIÚSCULAS

• Ao comezo dun escrito: Era unha vez…• Nos nomes propios de persoa e animais: Luis.• Nos nomes de lugar (vilas, países, ríos…): Sil.• Nos nomes de rúas e prazas: Rúa Real.• Nos nomes de institucións, comercios…• Nos títulos de libros e películas• Nos títulos dos xornais e revistas (en todas as

palabras): O Val.

ÍNDICE

REGRAS ORTOGRÁFICAS

• Palabras con b.• Palabras con v.• Palabras rematadas en –axe.• Palabras rematadas en –ite e –se.• Verbos rematados en –ber e en –ver.• Verbos rematados en –bir e en –vir.• Verbos rematados en –aba.• O seseo e a gheada.

ÍNDICE

Palabras con b

• Escríbese b nas palabras que comezan por bu-, bur- ou bus-: buxaina, busto, burlarse.

• Escríbese b diante doutra consoante, excepto en acivro: bravo, bloque, observar.

• Escríbense con b as palabras rematadas en -bilidade: amabilidade.

ÍNDICEREGRASORTOGRÁFICAS

Palabras con v

• Escríbense con v os adxectivos rematados en -avo/-ava/-ave, -evo/-eva/-eve, -ivo/-iva, -ovo/-ova: escravo, leve, nova.• Escríbense con v as palabras rematadas en –

ívoro/-ívora, excepto víbora: carnívoro.• Escríbense con v a maioría das palabras que

comezan por pri-: primavera, privilexio.

ÍNDICEREGRASORTOGRÁFICAS

Palabras rematadas en -axe

• As palabras rematadas en –axe son de xénero feminino, excepto paxe, traxe e garaxe, que son de xénero masculino.

-OLLO!!: o personaxe / a personaxe.O personaxe foi ao garaxe polo traxe do paxe.

(Frase para recordar as palabras rematadas en –axe de xénero masculino)

Son de xénero feminino, por exemplo: a viaxe, a equipaxe, a paisaxe.

ÍNDICEREGRASORTOGRÁFICAS

Palabras rematadas en –ite e -se

• As palabras rematadas en –ite e –se son de orixe grega e teñen xénero feminino: a apendicite, a análise, a dose…

ÍNDICEREGRASORTOGRÁFICAS

Verbos rematados en –ber e en –ver

• Escríbense con b o verbos haber, caber, beber, deber e saber.

• Escríbense con v os verbos ver, volver, mover e ferver e todas as palabras das súas familias.

ÍNDICEREGRASORTOGRÁFICAS

Verbos rematados en –bir e en -vir

• Escríbense con b case todos os verbos rematados en –bir: concibir, recibir, escribir… e todas as palabras das súas familias.

• Escríbense con v os verbos vir, servir e vivir, e todas as palabras das súas familias: vivenda, servizo, previr.

ÍNDICEREGRASORTOGRÁFICAS

Verbos rematados en -aba

• As terminacións –aba, -abas, -aba, -abamos, -abades e –aban do pretérito imperfecto dos

verbos da primeira conxugación escríbense con b: xogaba, xogabas, xogaba, xogabamos, xogabades, xogaban.

ÍNDICEREGRASORTOGRÁFICAS

O seseo e a gheada

• O seseo consiste en substituír os sons (ce), (ci) ou (z) por (se), (si) ou (s) respectivamente: seo (por ceo), corasón (por corazón).

• A gheada consiste en substituír o son g (ga, go, gu, gue, gui) por gh: ghaita (por gaita), ghrande (por grande).

ÍNDICEREGRASORTOGRÁFICAS

ISTO FOI TODO … AMIGUIÑOS ESPERO QUE APRENDERADES MOITO

FIN

VICENTE RODRÍGUEZ DÍAZ

MESTRE DO CEIP DE QUIROGA