Literatura antiga
-
Upload
julioparadayanez -
Category
Education
-
view
226 -
download
1
Transcript of Literatura antiga
Literatura antiga
- Mesopotamia
- Exipto
- India
- China
Características xerais da literatura antiga:
- Gran dependencia da relixión ou da filosofía.
- Contidos míticos ou fantasiosos.
- Frecuente presenza do heroe mítico.
- As obras elabóranse ao longo do tempo.
- Moitas veces propoñen modelos de conducta.
- En moitos casos convertéronse en textos sagrados.
Mesopotamia
Poema de Gilgamesh
Este poema, redactado no segundo milenio antes de Cristo, narra as aventuras e a búsqueda da inmortalidade do rei de Uruk, Gilgamesh. Nesta obra aparece por primeira vez o mito do Diluvio e a visita ao mundo dos mortos, que serán temas recurrentes na literatura posterior.
Enuma Elish
Narra a creación do mundo e do home según a mitoloxía sumeria. Data do segundo milenio a.C.
Exipto
Libro dos mortos
Redactado entre o 1500 e o 1000 a.C., é un texto funerario composto por unha serie de fórmulas máxicas que axudaban aos defuntos a viaxar ao Aaru, o paraíso da mitoloxía exipcia.
As aventuras de Sinuhé
Relata en primeira persoa a historia dun oficial de palacio que, despois da morte do faraón Amenemhet I, viaxa a Siria e convértese nun home influínte.
India
Vedas
Son varios libros compostos fundamentalmente por oracións e himnos en alabanza dos deuses. Forman os textos sagrados máis importantes do hinduísmo.
Mahabharata
Esta epopea mitolóxica, cos seus 200.000 versos, é unha das obras máis extensas da literatura universal.
China
I Ching
De orixe moi remota, é un dos libros máis coñecidos da literatura chinesa. É unha especie de oráculo que indica camiños de reflexión ante os acontecementos da vida.
Tao te Ching
Recolle a sabiduría de Lao Tse, que propuña a volta á Natureza e o abandono dos asuntos de goberno para centrarse na esencia do ser humano.