MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA...

27
MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014 CENTRO DE DIA PARA PERSONAS MAIORES DEPENDENTES DO CONCELLO DE OURENSE

Transcript of MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA...

Page 1: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

MEMORIA DE ACTIVIDADES

2014

CENTRO DE DIA PARA PERSONAS MAIORES

DEPENDENTES DO CONCELLO DE OURENSE

Page 2: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

Índice

ANEXOS:

1; RESUMO DE MELLORAS OFERTADAS

2; PLAN DE FORMACION DOS TRABALLADORES

3; PLANIFICACION SEMANAL DE ACTIVIDADES

1.

INTRODUCION

2.

OBXECTIVOS

3.

ACTIVIDADES

4.

ATENCION AS FAMILIAS

5.

DATOS DE OCUPACION

Page 3: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

1. INTRODUCION

2. OBXECTIVOS

O CENTRO DE DIA

O centro de dia é un recurso xerontolóxico de carácter socioterapéutico que durante o día presta atención ás necesidades terapéuticas, básicas, emocionais e sociais da persoa maior

dependente que presenta deterioro cognitivo. A nosa misión é promover o benestar e autonomía da persoa maior dependente, facilitando o respiro familiar e mantendo á persoa

no seu entorno habitual o máximo tempo posible.

No ano 2014 mantívose a ocupación de prazas municipais practicamente constante durante todo o ano

EQUIPO

PROFESIONAIS: Dirección - Psicoloxia, Traballadora Social, Logopeda, Monitor de Musicoterapia, Monitora de taller, Auxiliares de enfermaría e coidadoras. Reunións quincenais de equipo.

PERSOAL DE APOIO: condutores, auxiliar de transporte, persoal de limpeza e persoal de mantemento.

PRÁCTICAS: alumnos en practicas de Educación Social, Traballo Social da Universidade de Vigo. Alumnos de atención sociosanitaria do IES Portovello. Alumna de Cogami.

VOLUNTARIADO: voluntarios da Asociación Aixiña.

•Ampliar a oferta de actividades para todas as necesidades terapéuticas, afectivas e sociais dos nosos usuarios.

•Ampliar a oferta de atención e apoio ás familias.

•Ampliar o plan de atención centrada na persoa.

•Ampliar a formación e seguemento do persoal coidador.

Continuamos ampliando o traballo do 2013, en

dúas liñas de actuación: ampliar a atención ás familias e ampliar a oferta de atención directa ós nosos

usuarios.

Page 4: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

3. ACTIVIDADES

PROGRAMA DE ATENCION E ESTIMULACION A PERSOA MAIOR DEPENDENTE

FISIOTERAPIA, PSICOMOTRICIDADE,ORIENTACIÓN Á REALIDADE,ESTIMULACION COGNITIVA, TALLER DE MEMORIA,

ESTIMULACION SENSORIAL, MUSICOTERAPIA, TALLERES DE OCUPACION SIGNIFICATIVA

Estas actividades estan plantexadas no Plan de Atención Individual (PAI) de cada usuario realizado no primeiro mes de

ingreso no centro de día e en función da valoración psicolóxica, de logopedia e fisioterapia.

Actividades de estimulación veñen en función de dúas variables

A patoloxia e grado de deterioro que presentan segundo a Escala de Deterioro

Global, GDS, Reisberg et al, 1982.

Eixe estimulativo: actividades fisico funcionais, actividades cognitivas, actividades de

creatividade e relación social.

Page 5: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION

Fisioterapia: conxunto de actividades físicas controladas, realizadas de

forma grupal ou individual, que inclúen unha serie de exercicios adaptados

ás características psicofísicas dos usuarios. Inclúe exercicios de ximnasia de

membros superiores, inferiores, de columna e cadeira.

Psicomotricidade: consiste en actividades que, usando o movemento,

buscan desenvolver e reforzar o recoñecemento do propio corpo e do

espazo. Inclúe actividades para o traballo do esquema corporal, expresión

corporal, coñecemento espacial e temporal.

Orientación á realidade: terapia dirixida a reducir a desorientación e

confusión derivadas do deterioro cognitivo. Traballa competencias de

orientación temporal, espacial, persoal e situacional. Inclúe actividades de

intervención ambiental (calendario, tarxetas con nomes, reloxo) e

estimulación informal (usando periódico, fotografías actuais…).

Estimulación cognitiva: conxunto de estratexias que estimulan as funcións

e procesos cognitivos preservados. Utilízanse técnicas de intervención

como a modificación de conduta e facilitación neuropsicolóxica. Trabállase

con grupos o máis homoxéneos posibles adecuando cada actividade ao

nivel cognitivo de cada usuario en función da valoración psicolóxica previa.

Os procesos cognitivos que se traballan son atención, memoria, linguaxe,

praxias, percepción, calculo, abstracción e función executiva e dende

actividades o máis significativas posible para cada usuario.

Taller de memoria: conxunto de intervencións dirixidas a mellorar distintas

habilidades relacionadas coa memoria, o proceso de aprendizaxe e o

recordo na persoa maior. Empréganse estratexias cognitivas como uso de

regras mnemotécnicas, aprendizaxe sen erro, aprendizaxe espaciado e

esvaecemento de claves. Trabállase con grupos o máis homoxéneos

posibles adecuando cada actividade ao nivel cognitivo de cada usuario en

función da valoración psicolóxica previa.

Estimulación sensorial: uso do método Montessori dirixido a persoas con

deterioro cognitivo severo. Baséase na proposta de tarefas que permitan

manter as habilidades necesarias para seguir realizando o maior tempo

posible actividades da vida diaria. Trabállanse actividades procedimentais

con material de uso doméstico. Favorécese a estimulación da memoria

procedimental.

Así mesmo realizamos estimulación sensorial mediante estimulación

snoezelen. É un tipo de estimulación que permite ofrecer un entorno

interactivo de estimulación dos sentidos (tacto, oído, vista, olfacto e gusto),

ampliando as vías de comunicación. Desenvólvese nas nosas salas

Page 6: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

multisensoriais snoezelen onde se facilita á persoa con deterioro cognitivo

avanzado un ambiente relaxado e agradable favorecendo un benestar físico

e mental.

Musicoterapia: conxunto de actividades que utilizan o estímulo musical

como ferramenta terapéutica e se dirixen a proporcionar unha estimulación

sensorial adecuada para a mellora do estado psicoafectivo á vez que se

potencia a dimensión relacional. Realízanse actividades de recoñecemento

de cancións, seguir ritmo, produción de son ou actividades de canto.

Obradoiros de ocupación significativa: conxunto de actividades dirixidas a

mellorar a participación e o aspecto relacional das persoas, integrándoas no

contexto dunha actividade ocupacional en estreita relación coa súa historia

persoal. Inclúense actividades relacionadas con oficios, actividades cotiás e

afeccións. Trátase de propoñer actividades significativas a cada persoa, en

grupos o máis homoxéneos posible que lle permita continuar con

actividades previamente adquiridas.

A planificación semanal de actividades figura no ANEXO 3.

Durante o ano 2014 ofertáronse os seguintes obradoiros: obradoiro de costura

e calceta, obradoiro de carpintería, obradoiro de cine, obradoiro de expresión

da tradición oral, xogos de mesa (cartas, dominó, bingo) e manualidades.

A eficacia das actividades de estimulación e obradoiros revísase cada 6 meses (seguemento psicolóxico, logopedia, fisioterapia e musicoterapia) axustándose ás necesidades e obxectivos plantexadas no PAI de cada usuario/a.

AMPLIACION DE ACTIVIDADES NO 2014

• Actividades ocupacionais utilizando espazo de terraza- xardín para coidado de prantas, programa de paseos e actividades lúdicas. Neste espazo elaborouse un peche para prevención de fugas.

• Saída de ocio cultural ao Claustro de San Francisco e Museo Escolma de Escultura que resultou moi satisfactorio para os usuarios/as. 26.08.14. Asistencia de 11 usuarios/as do centro de día.

• Estimulacion sensorial usando TICS para deterioro moderado.

• Ampliamos a asistencia sanitaria básica: control de dietas e alimentario, control e prevención de ulceras por presión, control de peso, glucosa e tensión arterial necesarias para cada usuario/a.

Page 7: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

FOTOS DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION: ESTIMULACION COGNITIVA E

OBRADOIRO DE ACTIVIDADES OCUPACIONAIS

Page 8: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

COCHE COMO FERRAMENTA DE REMINISCENCIA

OBRADOIROS DE MANUALIDADES E ACTIVIDADES OCUPACIONAIS

Page 9: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

NA TERRAZA DO CENTRO DE DIA

Page 10: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

VISITA O CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO EXPOSICION ESCOLMA DE ESCULTURA

26 DE AGOSTO 2014

Page 11: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

ACTIVIDADES EXTRAORDINARIAS

Como todos os anos realízanse tres encontros familiares: Entroido, comezo do

curso despois do verán e Nadal.

PARTICIPACIÓN

ENTROIDO 28.02.14

INICIO CURSO 26.09.14

NADAL 17.12.14

Nº USUARIOS ASISTENTES

31 de 33 27 de 31 25 de 30

Nº FAMILIARES ASISTENTES

23 22 24

ENTROIDO 2014

- -

Page 12: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

FOTOS DE NADAL COA ACTUACION DE MARIA DO CEO. 17.12.14

.

Page 13: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

4. ATENCION AS FAMILIAS.

DUAS LIÑAS DE ACTUACION

ATENCION E ASESORAMENTO SOCIAL E PSICOLOXICO AS FAMILIAS

O centro de dia é un recurso clave para apoiar ás familias coidadoras, ademais de permitir durante un periodo temporal diario o descanso dos coidadores, incluimos accions de asesoramento, formación e apoio emocional para o grupo familiar. As

intervencions relacionadas coa orientacion, formación e apoio psicolóxico para que a familia desenvolva habilidades de afrontamento dunha situación que moitas

veces non é facil.

Durante o ano 2014 ampliamos as horas de atencion ás familias porque consideramos á familia como o sistema clave para promoción da calidade de vida

dos nosos usuarios.

XORNADAS DE FORMACION PARA FAMILIAS

SESION DE PSICOLOXIA

DATA:13.03.14 E 10 .04.14 TOTAL ASISTENTES: 5

SESION DE LOGOPEDIA DATA 15.05.14 TOTAL ASISTENTES:

6

SESION DE FISIOTERAPIA DATA 12.06.14 TOTAL

ASISTENTES: 4

ASESORAMENTO E INTERVENCION DO EQUIPO

TRABALLO SOCIAL: 26 INTERVENCIONS

PSICOLOXIA: 65 INTERVENCIONS

LOGOPEDIA: 12 INTERVENCIONS

FISIOTERAPIA: 8 INTERVENCIONS

AUXILIAR DE ENFERMARIA: 20 INTERVENCIONS

Page 14: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

XORNADAS DE FORMACION PARA FAMILIAS

PSICOLOXIA.- 13.03.14 e 10.04.14.

Estas xornadas foron impartidas pola Psicóloga do Centro de Día e se

desenvolveron no Salón de Actos do CIS AIXIÑA.

Os temas tratados na primeira sesión foron os seguintes:

• Presentación das xornadas de formación para familiares.

• Nocións básicas sobre que é unha demencia, etioloxía, tipos de demencia e

tratamentos.

• Escoitar as dificultades que ten o coidador no día a día. Dúbidas máis

frecuentes.

Na segunda sesión tratáronse os seguintes temas:

• Formación sobre o manexo de alteracións conductuais.

• O papel da familia no proceso de tratamento.

• O Síndrome do coidador.

Conclusións: estas xornadas foron adecuadas para capacitar oao coidador de

habilidades de afrontamento no manexo diario do seu familiar e ofrecer o grupo

como espazo de apoio mutuo. Detectáronse necesidades de atención psicolóxica

que foron atendidas en sesión individual posteriormente.

LOGOPEDIA .- 15 de maio.

Esta xornada foi impartida pola Logopeda do Centro e se realizou no Salón de Actos

do CIS AIXIÑA.

Os temas tratados nesta sesión foron os seguintes:

• Nocións básicas sobre os problemas de deglución: síntomas da disfaxia, accións

para previr o risco de aspiración, recomendacións xerais, alimentos de alto risco en

caso de disfaxia, dietas, que facer en caso de atragantamento.

• Posta en común e resolución de dúbidas concretas dos familiares presentes.

Conclusións: este ano os coidadores asistentes expuxeron problemas de deglución,

e se facilitaron recomendacións individuais para cada caso. Resolvéronsese dúbidas

e plantexamentos para prevención de complicacións no proceso de deglución. O

grupo favoreceu a posta en común de problemas cotiás e resolución dos mesmos

mutuamente. Tamén fse lles facilitou documentación cos principais temas tratados

na xornada.

Page 15: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

FISIOTERAPIA.- 12 de xuño.

Esta xornada foi desenvolta pola Fisioterapeuta do Centro e se realizou no Salón de

Actos do CIS AIXIÑA.

Os temas tratados nesta sesión foron os seguintes:

• Nocións básicas sobre mobilizacións en persoas maiores.

• Prevención de úlceras por presión.

• Posta en común e resolución de dúbidas concretas dos familiares presentes.

Conclusións:

Ademais do contacto directo nos casos nos que é necesaria unha atención

personalizada, resolvéronse as dúbidas de mobilidade e prevención de úlceras por

presión que teña o coidador no seu día a día. Continuarase co traballo de atención

individual.

FOTOS DAS XORNADAS

.

.

Page 16: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

5. DATOS DE OCUPACION

USUARIOS ATENDIDOS NO 2014

TOTAL 37

ALTAS 14

RENUNCIAS 7

BAIXAS 11

MULLERES 65%

HOMES 35%

OCUPACION POR SEXO

Page 17: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

DATOS OCUPACION POR ZOAS

TOTAL ANO

2014

ALTAS BAIXAS USUARIOS

ANTERIORES

ZONA A PONTE 9 2 3 7

ZONA

HISTORICA

18 7 3 11

ZONA CENTRO 6 2 3 4

ZONA COUTO 4 3 2 1

A PONTE 24%

HISTORICA 49%

CENTRO 16%

COUTO 11%

DISTRIBUCION DE USUARIOS POR ZONAS

Page 18: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

DATOS DE OCUPACION DE USUARIOS ATENDIDOS POR MESES DO ANO

MES USUARIOS ATENDIDOS

(inclúe altas e baixas)

XANEIRO 25

FEBREIRO 26

MARZO 26

ABRIL 26

MAIO 28

XUÑO 28

XULLO 26

AGOSTO 26

SETEMBRO 26

OUTUBRO 26

NOVEMBRO 26

DECEMBRO 26

Page 19: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

A heteroxeneidade reflectida de diagnósticos fai que o equipo de traballo

estea en proceso de formación continua para achegarse ás necesidades

dos nosos usuarios.

E. ALZHEIMER; 14

DEMENCIA MIXTA (E.A.+ vascular); 6

OUTRAS DEMENCIAS; 3

ENFERMIDADE PSIQUIATRICA; 11

OUTRAS ENFERMIDADES ;

3

DIAGNÓSTICO

Page 20: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

ANEXO 1

RESUMO DA IMPLEMENTACION DAS MELLORAS OFERTADAS NO CONCURSO DO

CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO CONCELLO DE OURENSE

- ANO 2014

1.- MELLORAS EN RELACION COAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO E AS SUAS

FAMILIAS.

A/ Melloras en programas e servizos.

1.- Programa de apoio e formación aos coidadores informais.

PSICOLOXÍA: Realizáronse 2 xornadas formativas: o 13 de marzo e o 10 de abril. Contidos: Alteracións cognitivas e do comportamento nas demencias, prevención do estrés, tratamento non farmacolóxico.

LOGOPEDIA: 15 de maio. Contidos: A disfaxia, síntomas e prevención nas demencias, axudas técnicas.

FISIOTERAPIA: 12 de xuño. Contidos: Mobilizacións de persoas maiores, prevención de úlceras por presión.

2.- Programa de comunicación e participación dos familiares das persoas usuarias do Centro de Día.

Celebración de tres xornadas de “Portas Abertas” ao ano:

o Festa de inicio de curso: realizouse o venres 26 de setembro de 2014. o Encontro de Nadal: realizouse o mércores 17 de decembro de 2014. o Festa do Entroido: realizouse o venres 28 de febreiro de 2014.

Creación dun acceso privado na páxina web da Asociación AIXIÑA.- Este acceso

segue operativo e se comunicou ás familias as claves e rutas de acceso.

B/ Melloras en instalacións e equipamentos terapéuticos.

1. Dúas aulas de Estimulación Sensorial.- As dúas aulas seguen en funcionamento

en horario de 17:00 a 18:00 e nelas realízanse as terapias de Estimulación

Sensorial dos usuarios máis afectados.

2. Ximnasio de mantemento/sala de xogos.- Estas dúas instalacións están en

funcionamento e totalmente equipadas.

2.- MELLORAS EN RELACIÓN CO PERSOAL ADSCRITO Á EXECUCIÓN DO SERVIZO.

A/ Maior número de profesionais respecto aos esixidos como mínimo na normativa de

vixente aplicación.- Tres profesionais incorporados no cadro de persoal do Centro de

Día dende o comezo da prestación do servizo:

Page 21: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES

- Unha Diplomada en Logopedia con dedicación de 20 horas semanais. Realiza as

valoracións de problemas de deglución, a supervisión durante as comidas e o

asesoramento ao resto de traballadores e familias.

- Un Técnico de grao Superior en Integración Social con dedicación de 10 horas

semanais. Organiza as actividades de ocio, obradoiros, saídas e outras

actividades extraordinarias.

- Un Técnico en Nutrición e Dietética con dedicación de 5 horas semanais.

Confecciona e supervisa os menús do Centro e as dietas especiais.

B/ Plan anual de formación do persoal.- O Plan de Formación do persoal do Centro de

Día desenvolveuse segundo o programado, cun total de 11 accións formativas

realizadas e coa participación de 15 traballadores do Centro de Día nas distintas

accións formativas.

3.- MELLORAS ORIENTADAS DIRECTAMENTE AO CONCELLO DE OURENSE.

A/ Creación dunha zona privada na páxina web da asociación destinada ó persoal do

Concello.- Este acceso segue operativo.

B/ Presentación do logotipo do Concello de Ourense nos vehículos destinados ao

transporte das persoas usuarias, paxina web e documentación destinada ás familias.-

O logotipo do Concello de Ourense está incorporado na web da Asociación así como

nos vehículos, no cartel de identificación do Centro e en toda a documentación que se

dirixe ás familias.

C/ Posta a disposición da Concellería competente en materia de servizos sociais, de

forma totalmente gratuíta, do salón de actos do Centro Integral de Servizos Aixiña.- O

salón de actos do CIS Aixiña utilizouse nas tres xornadas de portas abertas do Centro

de Día e nas xornadas de formación de familiares. Ata o momento non foi solicitado

este espazo para ningún outro acto da Concellería de Benestar Social.

D/ Posibilidade de que parte das prazas contratadas se poidan ocupar, en función das

necesidades do servizo, no centro de día “San Francisco”.- Do total de usuarios

atendidos no 2014, 1 persoa recibiu atención no Centro de Día “San Francisco”.

E/ Una praza gratuíta para o Concello de Ourense.- Esta praza permaneceu ocupada de

forma continuada dende o mes de febreiro do 2014, salvo nos períodos de tempo que

transcorren dende que se formaliza unha baixa e se efectúa a alta do seguinte usuario.

Page 22: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

ANEXO 2

PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA

CENTROS DE DÍA ALBOREXO / S. FRANCISCO 2014

FORMACIÓN BONIFICADA MANIPULADOR DE

ALIMENTOS (1)

CURSO DE XESTIÓN DE CENTROS DE SERVIZOS SOCIAIS E DE TERCEIRA

IDADE

PRIMEIROS AUXILIOS

MANIPULADOR ALIMENTOS (2)

TIC NA PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATT. Á DEPENDENCIA

TRANSPORTE SANITARIO

CONTRATO PROGRAMA

OUTRA FORMACIÓN

RECOÑECEMENTO

DE EXPERIENCIA PROFESIONAL

INFORMÁTICA BÁSICA

PREVENCIÓN DE RISCOS

ESPECÍFICOS DO POSTO DE

TRABALLO

EXPERTO UNIVERSITARIO EN NEUROPSICOLOXÍA INFANTO- XUVENIL

PRIMEIROS AUXILIOS EN

PARÁLISE CEREBRAL

Page 23: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

MANIPULADOR DE ALIMENTOS 1

• 12 traballadores/as

•Distancia cunha sesión presencial (30h)

• A través da Academia SAN MAMED

•13/02/2014

CURSO DE XESTIÓN DE CENTROS DE SERVIZOS SOCIAIS E DE TERCEIRA IDADE

• 1 traballadora (directora do Centro)

• Distancia (300h)

• A través da Fundación UNED

• 28/11/2013 a 15/09/2014

PRIMEIROS AUXILIOS

•2 traballadores (directora e monitor musicoterapia)

•20/03/2014 (4 h)

•A través de IBERMUTUAMUR

MANIPULADOR DE ALIMENTOS 2

• 1 traballadora (monitora taller)

• Distancia cunha sesión presencial (30h)

•A través da Academia SAN MAMED

•03/11/2014

TIC NA PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

•2 traballadores (monitores)

•09/2014 a 10/2014

•Presencial/teleformación (20h)

•A través de NEWTON FORMACIÓN

TRANSPORTE SANITARIO

•2 traballadores (chóferes)

•09/2014 a 12/2014

•Teleformación/ presencial (400h)

•a través de NEWTON FORMACIÓN

PROCESO DE RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL

•1 traballadora (coidadora)

•A través da Xunta de Galicia

•2014

•información e acompañamento no procedemento de recoñecemento de experiencia para acadar certificado de profesionalidade

INFORMÁTICA BÁSICA

• 2 traballadoras

•27 a 31/01/2014

•Presencial, 15 horas

• A través do Centro Empresarial Transfronteirizo (CET) do Concello de Barbadás

PREVENCIÓN DE RISCOS: TÉCNICO/CHÓFER

•2 traballadoras (monitora taller e coidadora)

•31/10/2014

•Presencial, 1h cada curso

•A través de CUALTIS (Ibermutuamur)

EXPERTO UNIVERSITARIO EN NEUROPSICOLOXÍA INFANTO-XUVENIL

•1 traballadora (psicóloga)

•01/2014 a 06/2015

•presencial, 150h

•A través da Universidade de Santiago de Compostela (USC)

PRIMEIROS AUXILIOS EN PARÁLISE CEREBRAL

•1 traballadora (traballadora social)

•25/03/2014

•Presencial, 3 horas

•a través de FEGAS - SERGAS

Page 24: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

OBXECTIVOS POR ACCIÓN FORMATIVA Nº PARTICIPANTES COSECUCIÓN DE

OBXECTIVOS

MANIPULADOR ALIMENTOS 1

Adquirir a formación básica indispensable de hixiene alimentaria e

manipulación, necesaria para os procesos de alimentación no Centro de Día,

cumplindo asimesmo cos requisitos normativos vixentes na materia.

12 SI NON

XESTIÓN DE CENTROS DE SERVIZOS SOCIAIS E DE 3ª IDADE

Mellorar a capacidade da directora do centro de Día para realizar unha

xestión eficaz e eficiente de calquera tipo de centro de atención a persoas.

1

SI NON

SI NON

Cumplir co requisito de formación establecido na normativa vixente relativa

a centros de Atención á dependencia

PRIMEIROS AUXILIOS

Preparar ao personal para actuar en caso de emerxencia, de maneira que

estea capacitado para realizar os primeiros auxilios básicos para garantir a

vida e a integridade física da persoa en perigo mentras non chegan os

servizos de asistencia.

2 SI NON

Page 25: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

MANIPULADOR ALIMENTOS 2

Adquirir a formación básica indispensable de hixiene alimentaria e

manipulación, necesaria para os procesos de alimentación no Centro de Día,

cumplindo asimesmo cos requisitos normativos vixentes na materia.

1 SI NON

TIC NA PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA

Completar a formación dos/as técnicos/as do Centro de Día en materia de

novas tecnoloxías e discapacidade, a través do coñecemento práctico de

sistemas de comunicación aumentativos e alternativos desenvolvidos como

aplicacións multimedia.

2 SI NON

TRANSPORTE SANITARIO

Familiarizar aos chóferes do Centro de Día co funcionamento e protocolos

dos servizos de emerxencias, mellorando así a súa profesionalidade como

condutores de vehículos de transporte de persoas dependentes.

2

SI NON

SI NON

Mellorar a súa formación profesional de cara a unha posterior presentación

ao Proceso de Recoñecemento de Experiencia Profesional no/s certificado/s

de profesionalidade específico/s.

PROCESO DE RECOÑECEMENTO DE EXPERIENCIA PROFESIONAL

Obter a convalidación de experiencia profesional e formación non regrada

por unidades de competencia do certificado de profesionalidade “Coidador

de persoas dependentes en institucións” para que a traballadora conte coa

formación necesaria para o desempeño do seu posto de traballo, de acordo

co establecido na normativa de referencia.

1 SI NON

Page 26: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

INFORMÁTICA BÁSICA

Adquirir os coñecementos básicos no manexo das novas tecnoloxías

necesarios para desenvolverse na actividade do Centro de Día e na

sociedade actual.

2 SI NON

CURSO “PREVENCIÓN DE RISCOS ESPECÍFICOS DO POSTO DE TRABALLO: TÉCNICO / CHÓFER”

Sensibilizar ás traballadoras dos riscos que para a súa saúde poida ter o

desempeño do seu traballo, para que poidan recoñecelos e previlos.

2

SI NON

SI NON Dotar ás traballadoras de “boas prácticas” para que desempeñen o seu

traballo nas condicións óptimas de saúde e seguridade.

EXPERTO UNIVERSITARIO EN NEUROPSICOLOXÍA INFANTO-XUVENIL

Mellorar a especialización da psicóloga do Centro no campo da

neuropsicoloxía, incrementando os seus coñecementos e ferramentas de

intervención.

1 SI NON

PRIMEIROS AUXILIOS EN PARÁLISE CEREBRAL

Preparar ao persoal para actuar en caso de emerxencia, de maneira que

estea capacitado para realizar os primeiros auxilios básicos para garantir a

vida e a integridade física da persoa en perigo mentres non chegan os

servizos de asistencia.

1 SI NON

Page 27: MEMORIA DE ACTIVIDADES 2014ña.es/wp-content/uploads/2015/06/MEMORIAS... · 2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION Fisioterapia:

ANEXO 3

PLANIFICACION SEMANAL DE ACTIVIDADES

LUNS A VENRES

9.30- ENTRADA E ACOLLIDA/ ORIENTACION TEMPOROESPACIAL/ LECTURA DE XORNAL

10.30- ENTRADA E ACOLLIDA/ LECTURA DE XORNAL / ESTIMULACION SENSORIAL ( GDS 6)

11.00-

12.00

PSICOMOTRICIDADE

GDS 2-6

PRAXIAS

SEGUEMENTO

SANITARIO

(Aux. Enfermaría)

ESTIMULACION COGNITIVA

( ATENCION

CALCULO)

TALLER MEMORIA

(Psicóloga)

(GDS 4-5)

ESTIMULACION COGNITIVA

(PERCEPCION)

ATENCION PSICOLOXICA

ESTIMULACION COGNITIVA

(LINGUAXE)

TALLER MEMORIA

(Psicóloga)

(GDS 4-5)

MANUALIDADES

GDS 2-4

REUNION EQUIPO

BISEMANAL

PROGRAMA DE PASEOS/ TAREFAS OCUPACIONAIS/

HABITOS DE HIXIENE (11.15 -12.30 h)

12.00- FISIOTERAPIA (11.15 – 15.00h GDS 2-5) / MUSICOTERAPIA ( 12.00-13.00h GDS 2-6)/ VALORACIONS PAIS

13.00

16.00 h

PSICOMOTRICIDADE GDS 2-4

HABITOS DE HIXIENE / COMEDOR (13.00h GDS 5-6; 14.00h GDS 2-4)/ SESTA

16.00h

17.00h

LUNS

XOGOS DE MESA/

LECTURA REVISTAS

MARTES

TALLER DE COIDADO PERSOAL

GDS 2-4/

XOGOS DE MESA

E. SENSORIAL 17 a 18h

MERCORES

TALLER EXPRESION ORAL

GDS 2-4/

XOGOS DE MESA

XOVES

CINEFORUM

GDS 2-4 /

XOGOS DE MESA

E. SENSORIAL 17 a 18h

VENRES

BINGO

GDS 2-4

17.00-

18.30 h

MERENDA/ HABITOS DE HIXIENE / PREPARACION VOLTA A CASA