Moción Relativa á Substitución Do Nome Da Rúa Oscar Nevado Bouza Polo de Rúa Das Irmandades Da...

download Moción Relativa á Substitución Do Nome Da Rúa Oscar Nevado Bouza Polo de Rúa Das Irmandades Da Fala

of 2

Transcript of Moción Relativa á Substitución Do Nome Da Rúa Oscar Nevado Bouza Polo de Rúa Das Irmandades Da...

  • 8/18/2019 Moción Relativa á Substitución Do Nome Da Rúa Oscar Nevado Bouza Polo de Rúa Das Irmandades Da Fala

    1/2

    Vilalbaberta 

    MOCIÓN RELATIVA Á SUBSTITUCIÓN DO NOME DA RÚA OSCAR NEVADO

    BOUZA POLO DE RÚA DAS IRMANDADES DA FALA

    Ao Pleno do Concello de Vilalba

    D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba

    Aberta e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo do

    disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das

    Entidades Locais e con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB;

    formula a segunte MOCIÓN en base á seguinte

    EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

    Neste 2016 celébrase o centenario da fundación das Irmandades da Fala, sendo

    precisamente a Irmandade de Vilalba e a iniciativa de Lois Peña Novo, unha das

    primeiras en se constituír.

    O grupo, formado por vinte e dúas persoas das cales catro eran propietarios, un

    indiano/banqueiro, seis comerciantes, un farmacéutico, un médico, catro avogados e

    tres estudantes universitarios; contaba entre os seus membros cos irmáns do

    convocante, o director do Heraldo de Vilalba, Antonio García Hermida ou Jacobo Mato

    Vizoso, que resultou elixido presidente da primeira directiva.

    Dende a asemblea de Vilalba Aberta cremos que este feito merecería que no noso

    Concello se rendese homenaxe á Irmandade da Fala de Vilalba e ás persoas que

    formaron parte dela, pois a defensa da Galiza, da súa cultura e do seu idioma foron os

    eixos principais da súa actividade e a súa razón de ser.

    Neste sentido, e ao tempo que se daría cumprimento á Lei de Memoria Histórica,

    Vilalba Aberta, a través da súa coportavocía no Grupo Municipal Mixto PROPÓN

    AO PLENO DO CONCELLO DE VILALBA A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO: 

  • 8/18/2019 Moción Relativa á Substitución Do Nome Da Rúa Oscar Nevado Bouza Polo de Rúa Das Irmandades Da Fala

    2/2

    Que se proceda á retirada da placa a Nevado Bouza para darlle a esa rúa o nome das

    Irmandades da Fala, en tanto que institución clave na defensa do noso País, da nosa

    cultura e do noso idioma.

    En Vilalba, a 29 de Marzo de 2016

    Fdo.: Modesto Renda SantisoConcelleiro / Coportavoz do Grupo Municipal Mixto