Mocións e Preguntas

9
Grupo Municipal Socialista Mocións Vilalba, 24 de marzo de 2015 MOCIÓN RELATIVA Á EXECUCIÓN SUBSIDIARIA DA RETIRADA DUN GUINDASTRE-TORRE AO CARÓN DA AVENIDA TERRA CHÁ Ao Pleno do Concello de Vilalba: O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e demais normativa que poida resultar de aplicación presenta, diante do Pleno da Corporación, a seguinte moción, en base á seguinte EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Nun solar que se sitúa entre os números 83 e 91 da avenida Terra Cha, permanece erguida co propósito de apoiar a construcción dun inmoble con licenza municipal 93/07, un guindastre torre de dimensións considerables. A construcción de dito inmoble, paralizouse a penas un ano despois de ter comezado. As condicións de deterioro de dito guindastre son evidentes, ata o punto que a día de hoxe o seu estado de abandono supón un perigo manifesto para a seguridade das persoas e dos bens particulares que poidan estar ao seu alcance. Cada día que pasa, sen que ninguén actúe ao respecto de proceder ao seu desmantelamento, aumentan as posibilidades de que se produza un accidente de consecuencias imprevisibles. É pois de razón evitar que en primeiro lugar que se vexan afectadas directamente unhas 30 vivendas habitadas. Esta situación, foi tratada varias veces en reunións da Comisión de Urbanismo, sen que ata o momento se teña resolto definitivamente.

description

Mocións e preguntas que o Grupo Municipal Socialista de Vilalba levará ao próximo pleno do día 27 de Marzo.

Transcript of Mocións e Preguntas

Page 1: Mocións e Preguntas

Grupo Municipal Socialista

Mo

ció

ns

Vilalba, 24 de marzo de 2015

MOCIÓN RELATIVA Á EXECUCIÓN SUBSIDIARIA DA RETIRADA DUN GUINDASTRE-TORRE AO

CARÓN DA AVENIDA TERRA CHÁ

Ao Pleno do Concello de Vilalba:

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba, en base ao disposto nos artigos

91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das

Entidades Locais e demais normativa que poida resultar de aplicación presenta,

diante do Pleno da Corporación, a seguinte moción, en base á seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Nun solar que se sitúa entre os números 83 e 91 da avenida Terra Cha, permanece

erguida co propósito de apoiar a construcción dun inmoble con licenza municipal

93/07, un guindastre torre de dimensións considerables. A construcción de dito

inmoble, paralizouse a penas un ano despois de ter comezado.

As condicións de deterioro de dito guindastre son evidentes, ata o punto que a día de

hoxe o seu estado de abandono supón un perigo manifesto para a seguridade das

persoas e dos bens particulares que poidan estar ao seu alcance. Cada día que pasa,

sen que ninguén actúe ao respecto de proceder ao seu desmantelamento, aumentan

as posibilidades de que se produza un accidente de consecuencias imprevisibles. É

pois de razón evitar que en primeiro lugar que se vexan afectadas directamente

unhas 30 vivendas habitadas.

Esta situación, foi tratada varias veces en reunións da Comisión de Urbanismo, sen

que ata o momento se teña resolto definitivamente.

Page 2: Mocións e Preguntas

O ordenamento xurídico, pon á disposición das administracións públicas mecanismos

legais para a resolución definitiva da problemática que xurde cando se fai caso omiso

aos requerimentos administrativos. A Lei 30/92 do Réxime Xurídico das

Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común ofrece a

posibilidade de que as administracións públicas, a través dos seus órganos

competentes, poidan proceder á execución forzosa dos actos dictados

administrativamente. No seu artigo 98 contémpla a execución subsidiaria como

método para arranxar procedementos como o que nos ocupa. Os gastos derivados de

tal acción, deberán de ser a costa do obrigado, en todo caso, non é cuestión que deba

de impedir a toma en consideración de tal acto adminstrativo.

Considerando que estamos a presentar uha manifesta situación de alarma e

inseguridade veciñal, é polo que o Grupo Municipal Socialista solicita que o Pleno

ACORDE

Instar ao Sr. Alcalde para que sen dilación ordene a execución subsidiaria da retirada

do guindastre.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista

Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA

Page 3: Mocións e Preguntas

Grupo Municipal Socialista

Pre

gun

ta

Vilalba 24 de marzo de 2015

Ao Pleno do Concello de Vilalba:

O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de

Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que

poida resultar de aplicación, formula ao Sr. Concelleiro de Infraestruturas, Urbanismo e Medio

Ambiente a seguinte pregunta en base á seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Grupo Municipal Socialista segue a non ter ningunha información sobre o estado no que se

atopa a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal, a este respecto:

Cales son os verdadeiros motivos polos que non se ten formalizada a súa aprobación

inicial?

O voceiro do Grupo Municipal Socialista Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA

Page 4: Mocións e Preguntas

Grupo Municipal Socialista

Pre

gun

ta

Vilalba, 25 de marzo de 2015

Ao Pleno do Concello de Vilalba:

O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de

Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que

poida resultar de aplicación, formula ao Sr. Alcalde-Presidente da Corporación a seguinte

pregunta en base á seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Sabido é o conflicto que acontece entre a empresa adxudicataria da xestión da piscina

municipal e os traballadores, a este respecto:

1ª Cal é a situación na que se atopan os traballadores?

2ª É firme a resolución do Concello na que se adoptou a rescisión do contrato coa

empresa Grupo Pazos Salud y Ocio SA?

O voceiro do Grupo Municipal Socialista Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA

Page 5: Mocións e Preguntas

Grupo Municipal Socialista

Pre

gun

ta

Vilalba, 25 de marzo de 2015

Ao Pleno do Concello de Vilalba:

O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de

Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que

poida resultar de aplicación, formula ao concelleiro de Infraestururas, Medio Ambiente e

Urbanismo a seguinte pregunta en base á seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Recentemente comezaron obras de reparación do firme do Paseo dos Condes. A este

respecto:

1º Cal é o custo de rexeneración do firme?

2ª Con cargo a qué partida orzamentaria se executa?

3ª Quen ou qué entidade foi o encargado de redactar o proxecto?

O voceiro do Grupo Municipal Socialista Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA

Page 6: Mocións e Preguntas

Grupo Municipal Socialista

Pre

gun

ta

Vilalba, 24 de marzo de 2015

Ao Pleno do Concello de Vilalba:

O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de

Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que

poida resultar de aplicación, formula ao Concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Medio

Ambiente a seguinte pregunta en base á seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Concello ten iniciado un expediente de reposición da legalidade ao respecto de certas

actuacións levadas a cabo na parcela calificada como zona verde situada á entrada do

polígono das Sete Pontes, e que está a ser utilizada como aparcadoiro; a este respecto:

1ª Cal foi a resposta dada pola Xunta de Galicia?

2ª Por qué se segue a consentir a instalación do cartel publicitario “Parrillada a

Revolta, aparcamento de camións? Iniciouse algún expediente a este respecto? Existe

algún tipo de permiso para a súa colocación?

O voceiro do Grupo Municipal Socialista Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA

Page 7: Mocións e Preguntas

Grupo Municipal Socialista

Pre

gun

ta

Vilalba, 24 de marzo de 2015

Ao Pleno do Concello de Vilalba:

O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de

Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que

poida resultar de aplicación, formula ao Concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Medio

Ambiente a seguinte PREGUNTA en base áseguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Ven de celebrarse no noso Concello o FIV 2015, a este respecto

1ª Polo concepto de venda de entradas, canto foi o recadado?

2ª Cal foi o procedemento seguido para seleccionar aos/ás voluntarios/as que

resultaron gratificados/as económicamente? En qué cantidades?

2ª Dende a organización, regaláronse entradas? Cantas? A quén?

3ª Cantas persoas tiñan pases sen custo?

O voceiro do Grupo Municipal Socialista Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA

Page 8: Mocións e Preguntas

Grupo Municipal Socialista

Pre

gun

ta

Vilalba, 25 de marzo de 2015

Ao Pleno do Concello de Vilalba:

O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de

Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que

poida resultar de aplicación, formula ao Sr Alcalde – Presidente da Corporación Municipal a

seguinte PREGUNTA en base á seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O Concello alberga cans abandoados nunhas instalación situadas detrás da nave dos Fleires. A

este respecto:

1ª Foron sacrificados cans que ocupaban esas instalación a semán pasada?

2ª Se é certo, cantos foron? Quén o fixo? Cal foi o destino dos seus cadáveres?

3ª Qué medidas se adoptaron para a súa posible adopción antes de ser eutanasiados?

4ª De non ser certo, cal foi o destino final dos cans alí aloxados a semán pasada? A

quén foron entregados en adopción?

O voceiro do Grupo Municipal Socialista Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA

Page 9: Mocións e Preguntas

Grupo Municipal Socialista

Pre

gun

ta

Vilalba, 24 de marzo de 2015

Ao Pleno do Concello de Vilalba:

O Grupo Municipal Socialista, en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de

Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que

poida resultar de aplicación, formula ao Sr Alcalde- Presidente da Corporación a seguinte

pregunta en base á seguinte

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Vai uns días, co gallo da visita a Vilalba do Presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil,

o Sr. Alcalde anunciou que se ían a invertir 100.000 euros en actuacións para o arranxo da

zona estragada na Presa dos Pasos e no paseo fluvial, a este respecto:

1ª En qué van a consistir ditas actuacións?

2ª Existe algún convenio asinado?

O voceiro do Grupo Municipal Socialista Asdo. Eduardo Vidal Baamonde

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA