Modelo revista nº2

4
Entrevistamos a: GARCÍA LIÑARES Presidente Federación Galega de Fútbol Falamos con : Antonio Quinteiro Presidente S.D. Compostela Artigo de : Seleccións Galegas TELÉFONO 981 12 17 86 FAX 981 12 00 48 @futgal TELÉFONO DE ATENCIÓN URXENTE FGF (FINS DE SEMANA) 620162636 Marzo de 2014 Asemblea Xeral da FGF Novidades No Regulamento Revista oficial Nº2

description

 

Transcript of Modelo revista nº2

Page 1: Modelo revista nº2

Entrevistamos a:

GARCÍA LIÑARES

Presidente Federación Galega de Fútbol

Falamos con :

Antonio Quinteiro

Presidente S.D. Compostela

Artigo de :

Seleccións

Galegas

TELÉFONO 981 12 17 86

FAX 981 12 00 48 @futgal

TELÉFONO DE ATENCIÓN

URXENTE FGF

(FINS DE SEMANA) 620162636

Marzo de 2014

Asemblea Xeral da FGF

Novidades

No Regulamento

Revista oficial Nº2

Page 2: Modelo revista nº2

Páxina 2

FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL— DELEGACIÓN DE SANTIAGO

SELECCIÓNS GALEGAS

As seleccións galegas, nas diversas categorías de fútbol, mascu-lino e feminino, dende o comezo da actual tempada veñen reali-zando o seu plan de traballo con vistas ós diferentes campiona-tos que se celebran a nivel nacional. Éstos que teñen unha primeira fase e unha segunda, que dan dereito ás finais. Resu-mindo un pouco, podemos dicir, que ata o momento, a participa-ción das nosas seleccions, nestes campionatos nacionais foron excelentes nalgúns casos: a Selección Absoluta Masculina reali-zou un bo papel, pero non conseguiu o obxetivo marcado. As Seleccións Masculinas Sub-18 e Sub-16 na súa primeira fase, os resultos foron diversos, pero podemos dicir que na 2ª fase, próxi-ma a celebrar en Extremadura, teñen posibilidades de chegar á final, sobre todo a Selección Masculina Sub-16.

Polo que respeta as Seleccións Femininas Sub-16 e Sub-18 realizaron unha moi boa primeira fase, esperando que na se-guiente fase a disputarse en Gijón pódese lograr o obxetivo de chegar á final, en particular a Sub-16. En canto as Seleccións Fútbol Sala, máis en concreto a Sub-19 o éxito foi rotundo, clasi-ficándose para a final, esta selección pode darnos moitas satis-faccións. A selección Feminina Sub-17 de Futbol Sala xogou un

bo campionato, celebrado en Galicia, concretamente en Burela, quedando nos primeiros postos da clasificación, e por moi pouco non disputou a final. A Selección Sub-21 Feminina Futbol Sala, está preparando o campionato nacional que en breve se celebra-rá, e hai moitas esperanzas postas en lograr grandes triunfos.

Incorporáronse á preparación dos seus campionatos as Selec-cións de F-8 Alevín Masculina e F-8 Alevín Feminina, éstas disputarán os campionatos correspondentes sobre o mes de maio, nin que dicir ten que as dúas seleccións, nas dúas últimas edicións foron a revelación dos mesmos, conseguindo as primei-ras clasificacións e desenvolvendo un bo xogo de equipo. Máis entrado ó verán comezarán o seu traballo as Seleccións Absolu-tas Masculina e Feminina de Fútbol Praia.

En resumo como vén sendo xa habitual, as Seleccións galegas, tanto masculinas coma femininas, en calquera das súas modali-dades, compiten ó máximo nivel, e que, por dereito gañaron o respeto e admiración.

Enrique Fernández Otero

É unha honra para min, que o delegado e os compañeiros de Santiago me permitan opinar, negro sobre branco, en canto ás Asembleas Xerais celebradas no edificio CERSIA da cidade compostelá o día 14 de decembro de 2013. Digo "Asembleas" en plural, porque en primeira instancia se celebrou a Ordinaria e de seguido unha Extraordinaria.

Dende a aprobación e entrada en vigor da Lei 3/2012 do 2 de abril ,do deporte de Galicia, faise pre-ceptivo a aprobación en asemblea e durante o último trimestre do seu exercicio, o presuposto corres-pondente ao seguinte exercicio de cada Federación. Este foi o principal tema da Ordinaria. Don José Gerpe Gesto, tesoureiro da FGF, realizou unha exposición pormenorizada dos "posibles" ingresos e gastos, porque é importante sinalar que un presuposto é un plan dirixido a cumprir unha meta, onde se establecen prioridades e se avalía a consecución de obxectivos, pero todo susceptible de cam-bios. É na Asemblea Xeral Ordinaria de xullo onde se presenta o "realizado".

De seguido o presidente Don José García Liñares expuxo o presuposto de investimentos 2014-2015, o cal engloba a construción da nova sede da FGF e campos de fútbol tanto na Coruña, coma noutras delegacións.

A peculiaridade do día foi o peche da Asemblea Xeral Ordinaria e a apertura da Extraordinaria para a aprobación, e por primeira vez nos 105 anos de historia da Federación, do REGULAMENTO XERAL GALEGO, ademais dos novos Estatutos e o Regulamento Disci-plinario. Co Regulamento Xeral Galego conseguiuse refundir nun mesmo corpo normativo todos os preceptos que se foron aprobando ao longo dos anos nas distintas Asembleas da Federación. A novidade deste Regulamento é que se mantivo a mesma numeración articular que o da RFEF, para que os aforados federativos vexan de forma rápida as diferenzas existentes entre a normativa galega e a española.

Non foi menos importante a aprobación dos novos Estatutos e o Regulamento Disciplinario. Con estes Estatutos conseguiuse axilizar a aprobación de acordos na Asemblea e crear o marco xurídico idóneo para a unificación coa Federación Galega de Fútbol Sala, obxecti-vo que se leva intentando dende fai tempo.

O logro do Regulamento Disciplinario é a tipificación de accións inexistente no anterior Réxime Disciplinario e a sistematización do for-mato, con rúbricas orientables na cabeceira dos artigos, para que os membros dos distintos estamentos federativos poidan consultar de xeito doado as infraccións, sancións e os procedementos disciplinarios.

Non podo finalizar sen antes destacar que todos os puntos presentados foron aprobados por unanimidade.

Diego Batalla

Secretario General F.G.F.

Page 3: Modelo revista nº2

Páxina 3

FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL— DELEGACIÓN DE SANTIAGO

ANTONIO QUINTEIRO CANEDO. Licenciado en Dirección e Administración de Empresas (Lestedo –

Boqueixón – 25/02/ 1963). Dende Febreiro do 2011 Presidente da S.D. Compostela.

1. É coñecido que xogou na Sd Compostela, alá a finais dos setenta e comezo dos oitenta,

que diferencia encontra no fútbol actual ao da súa época?

Creo que naquela época era máis sacrificado; non tiñamos demasiados medios de transporte, case

sempre tiñamos que ir andando ao campo de fútbol, éstes eran bastante precarios, en fín era totalmen-

te distintos aos de hoxe. Nesa época o que xogaba ó futbol era porque en verdade lle encantaba este

deporte, e tiña paixón por xogar. Os sacrificios que facíamos para poder xogar eran múltiples, incluso

en categorías que hoxe en día son case profesionais. Naquel tempo os xogadores que militaban en

Segunda B tiñan que compaxinar os estudos ou traballo co fútbol. Naquel momento o fútbol era máis

de loita e forza, hoxe en día é moito máis técnico e táctico. Pero tanto antes coma agora a expectación

e beleza deste deporte segue sendo a mesma.

2. A parte do Compostela, xogou nou-

tros equipos?

En Santiago comencei a xogar no colexio

La Salle, nos campionatos escolares. Máis

tarde xoguei nun equipo dun concello veci-

ño, o Vedra. E de aí pasei directamente ó

Compostela Xuvenil. Por cuestións da vida

e dos negocios trasladeime a México, on-

de no meu tempo de lecer (que era pouco)

xogaba ó fútbol, primeiramente en equipos

equivalentes a unha terceira división en

España, e posteriormente en veteranos.

Sempre me gustou o fútbol, e si deixei de

practicalo foi polo tempo que ocupan os

meus negocios, pero realmente dexesaría

poder seguir practicándoo.

3. Que lle impulsou a coller a presiden-

cia do club?

A presidencia do Compostela foi por unha

necesidade do Club, ao que estou vincula-

do emocionalmente, polo cariño e recordo

que teño da miña época futbolística. Non

me facía a idea de que o Compostela des-

aparecese, porque é o club da cidade, e

aproveitei a oportunidade que se me pre-

sentou para poñerme ó mando da entida-

de.

4.Fálenos un pouco do fútbol base, co-

mo o ve en xeral, e ao Compostela en

Particular?

Tanto eu coma o meu equipo de traballo,

tiñamos as ideas claras de que o Compos-

tela, como outras entidades, tiña que ter a

súas propias raíces, e establecemos un

plan de traballo sobre a base. Este é un

labor difícil de ver a curto prazo, e non está

tan difundido como o traballo do equipo de

Segunda B.

Sinceramente estamos moi contentos co

resultado da base, xa que a nosa función é

formar futbolistas, sendo éste un traballo a

medio prazo. Imos seguir traballando coa

base, porque cremos que os mozos son o

futuro, o futuro do Compostela

5.Valore esta etapa como presidente.

É unha etapa ilusionante e chea de éxitos.

Ascendemos varios equipos da base e

colocamos a varios xogadores en equipos

importantes de terceira división, entre eles

o Grixoa. Con respecto ó equipo de refe-

rencia ascendeu de preferente a terceira, e

á tempada seguinte a Segunda B. Quere-

mos que se consolide nesta categoría e

esperamos contar co apoio da cidade, xa

que éste proxecto que temos en man, non

é un proxecto individual se non colectivo, é

dicir, co respaldo da cidadanía, de institu-

cións e dos empresarios, e así entre todos

poder conseguir que o Compos chegue a

Segunda A.

6.Cales son os proxectos para o futuro?

Como xa dixen, queremos recuperar a

posición social que sempre tivo o Compos-

tela na cidade, por eso levamos facendo

colaboracións con diferentes institucións,

asociacions e fundacións. É un traballo

social e humano moi importante.

A nivel deportivo, queremos estar en se-

gunda división A, realmente é o lugar que

merece, tanto a entidade coma a cidade,

por eso non me canso de repetir o impor-

tante que é traballar todos xuntos e contar

co respaldo da afición e do sector empre-

sarial.

7.O fútbol feminino está actualmente en

auxe e a SD COMPOSTELA posee un

equipo en segunda división, que opina

sobre a inclusión da muller no fútbol?

Somos coñecedores de que o fútbol femi-

nino tivo nestes últimos anos un avance

importante, e o Compostela recolleu na-

quel momento o testigo do Club Pedras de

Santiago.

En Santiago a situación actual é difícil, xa

que as xogadores con máis nivel son atraí-

das por outros clubs. Esta entidade cre

que ten que esperar a que o traballo dos

equipos de base da cidade dea os resulta-

dos que todos esperamos. E serán as que

conformen as entidades nun futuro.

Neste eido o traballo levará mais tempo,

xa que o número de xogadoras é máis

reducido, pero queremos que o fútbol femi-

nino cada ano colla máis peso, e que o

Compostela siga vivo e se manteña.

ENTREVISTA A D.ANTONIO QUINTEIRO

PRESIDENTE S.D. COMPOSTELA

Page 4: Modelo revista nº2

DELEGACIÓN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Páxina 4

FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL— DELEGACIÓN DE SANTIAGO

Estadio multiusos de San Lázaro,

Fondo Norte, Porta 7—San Lázaro

Santiago de Compostela.

TELÉFONO: 981 58 17 55

FAX: 981 58 26 67

EMAIL: [email protected]

HORARIO:

De Luns a Venres:

De 9:00 a 13:30 horas.

de 17:00 a 21:00 horas.

ENTREVISTA CON D. JOSÉ GARCÍA LIÑARES

PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL

1.- Sr. Presidente pouco sabemos do seu pasado futbolístico, cóntenos, era bo xogador, cal foi o primeiro clube onde xogou? Creo que era un xogador para 3ª División, máis ben técnico, non moi sacrificado, pouco gusto polo entrena-mento… O 1º equipo foi o Oza Xuvenil (A Coruña).

2.- Entre á Alcaldía e a presidencia da FGF debe de ter pouco tempo libre, pero ese pouco tempo a qué o dedica? Cal é a súa afición? Gústame moito o depor-te: baloncesto, fútbol sala, boxeo… Si te ordenas e delegas, tes tempo libre para todo.

3.- Cal foi a decisión de presentarse á presidencia da FGF? Ven-do o estado no que estaba o fútbol galego creín que podería aportar algo. Non era un posto que ambicionase pero, casi por casualidade, aquí estamos.

4.- Leva 3 anos coma Presidente da FGF, qué é o que máis des-tacaría da súa experiencia neste primeiro mandato? O primeiro era coñecer a casa por dentro. Despois tomar decisións: Novas sedes de Pontevedra e Ferrol, unificación fútbol sala e fútbol, unificación recibo arbitral en 1ª, 2ª e 3ª Autonómicas, novo sistema informático…

5.- En qué etapa se encontran os seus proxectos para o fútbol galego, e en particular en Santiago? Ademáis do dito no punto anterior, estos días vai saír a contratación da nova sede federativa e dos campos de fútbol na Coruña, estamos remodelando Coia en Vigo. Queremos construír un novo campo de fútbol en Santiago en colaboración co Concello e tamén remodelar e ampliar a Delegación en Santiago.

6.- Recoñecendo que hai avances moi positivos na FGF so-bre novas tecnoloxías, cre vostede que o fútbol galego po-derá presumir nun futuro próximo de estar a altura das terri-toriais máis punteiras neste campo? Sen dúbida. Acabamos de contratar con Nova-Net. A próxima tempada veranse uns avances que serán importantes neste campo.

7.- Para rematar, Sr. Presidente, desexa plasmar algunha inquedanza hacia os clubs nesta entrevista? Son tempos difíciles para todos, pero que sepades que traballamos na direc-ción de facer máis e mellores cousas. Dende a ilusión, a humilda-de e o tesón queremos facer que neste camiño haxa cabida para todos e a favor de todos. Non sempre se poderá facer ó gusto de todo o mundo e tamén é evidente que cos cambios, sempre se está suxeito ás críticas, pero o importante son os feitos, non as palabras… E éstos están aquí. Cada Club e cada inquedanza terán sempre unha resposta pola nosa parte na medida do posi-ble e do xeito máis favorable para todos os clubs, dende o máis pequeno ao maior. Porque para lograr involucrarse e loitar por este deporte hai que querelo, e iso fágoo dende ben cativo.

Nado en 1950. Arquitecto técnico. Concelleiro en Cerceda, dende 1992 polo PSdeG-PSOE.

Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura PSdeG-PSOE á alcaldía de Cerce-

da e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, sempre con maioría

absoluta. En marzo de 2011 foi elixido presidente da Federación Galega de Fútbol.

Buzón de suxerencias: [email protected]