Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos....

24
Cerne O xornal da Terra de Melide Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta EMPRESA As empresas asociadas a Asetem xeran 634 empregos directos P3 ENTREvISTA Marta G. Salgado , O pequeno besbello P23 MELIDE Solicitan máis persoal para a escola infantil e a residencia de maiores P12 CULTURA Reportaxe: Agrupación Castelo, algo máis ca baile e música P19 A Casa da Cultura recibirá en 2016 o empuxón final O edificio rematarase por completo grazas a un investimento de 226.393 euros que permitirá acondi- cionar a planta alta e engadir 200 novas butacas. P12 Fomento rexeita modificar os novos límites da N-547 Desestima as peticións realizadas por Asetem e man- terá as 32 sinais con limitación de velocidade a 70 Km/h que hai entre Melide e a capital galega. P11 Unha plaqueta que se ergue, unha fenda na parede, unha mancha de humidade que antes non había… e así un goteo incesante de deficiencias que van aparecendo cada pouco nos pisos de protec- ción oficial da segunda fase, construídos hai tan só oito anos. Propietarios e inquilinos das 20 vi- vendas aseguran que a súa paciencia se está esgo- tando ao ver que ninguén asume responsabilidades: denuncian que a empresa construtora “está desapa- recida” e que a Xunta de Galicia “fai oídos xordos” ás súas reclamacións. P11 Est a casa é unha ruí n a Pisos novos que caen a cachos

Transcript of Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos....

Page 1: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

CerneO xornal da Terra de MelideNº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta

EMPRESAAs empresasasociadas aAsetem xeran634 empregosdirectos P3

ENTREvISTA

Marta G.Salgado , O pequenobesbello P23

MELIDESolicitan máispersoal para aescola infantil e a residenciade maiores P12

CULTURA

Reportaxe:AgrupaciónCastelo, algomáis ca baile e música P19

A Casa da Cultura recibirá en 2016 o empuxón final

O edificio rematarase por completo grazas a uninvestimento de 226.393 euros que permitirá acondi-cionar a planta alta e engadir 200 novas butacas. P12

Fomento rexeita modificaros novos límites da N-547

Desestima as peticións realizadas por Asetem e man-terá as 32 sinais con limitación de velocidade a70 Km/h que hai entre Melide e a capital galega. P11

Unha plaqueta que seergue, unha fenda naparede, unha mancha dehumidade que antes nonhabía… e así un goteoincesante de deficienciasque van aparecendo cadapouco nos pisos de protec-ción oficial da segundafase, construídos hai tansó oito anos. Propietariose inquilinos das 20 vi-vendas aseguran que a súapaciencia se está esgo-tando ao ver que ninguénasume responsabilidades:denuncian que a empresaconstrutora “está desapa-recida” e que a Xunta deGalicia “fai oídos xordos”ás súas reclamacións. P11

Esta casa é unha ruínaPisos novos que caen a cachos

Page 2: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

2 Editorial Cerne 118. Novembro 2015

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta COORDINACIÓN E REDACCIÓN: Iván G. blanco

EDICIÓN: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)ENDEREZO: R/ lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]ÓNS: Xavier Pazo, Marcus Fernández, Vanessa Martínez

AGRADECEMENTOS: Pilar lópez, Adolfo Álvarez, Sandra VázquezIMPRESIÓN: Publicaciones Tameiga S.l.

DEPÓSITO LEGAL: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDITORIAl..................................2-EMPRESA.....................................3-MElIDE.......................................11-COMARCA...................................13-CUlTURA E lECER....................16-COlAbORACIóNS......................22-ENTREVISTA..............................23

ÍNDICE

Editorial Tribuna de opinión

Non máis violencia de xénero As tapas tapadasXunta Directiva de ASETEM-CCA

Quizais a moitos dos clienteshabituais da hostalería meli-dense lles estea a tardar a cele-bración dunha nova ediciónda Ruta das Setas e das Casta-ñas, o concurso de petiscos queorganiza Asetem por estas da-tas e que trae aos bares da vilaorixinais receitas elaboradascon produtos típicos destaépoca do ano.

Que ninguén siga agar-dando; este ano non haberáoutono de tapas en Melide.Asetem decidiu cancelar a ruta(máis ben viuse abocada a iso)ante o desánimo xeral do sec-tor da hostalería, para quenparticipar durante dúas fins desemana na ruta de tapas come-zou a supoñer máis un esforzoca unha motivación, máis unhacarga ca un beneficio para os

seus negocios. O seu desánimo é tamén o

desánimo da directiva de Ase-tem por ver con que facilidadese esfuma unha iniciativa queparecía estar consolidada eter moi boa aceptación entre opúblico. Semella que non todoía tan ben como aparentabae haberá máis motivos queexpliquen o adeus da ruta.

En todo caso poñemosunha tapa sobre as tapas e bai-xamos o telón coa sensación deestarmos tirando pola borda otraballo realizado durante osúltimos seis anos, porque con-seguir que se asocie o nome deMelide ás tapas non é algo quese consiga da noite para o día.É unha carreira de fondo daque nos retiramos cando esta-bamos chegando á meta.

O día 25 de novembro conme-mórase o Día Internacionalcontra a Violencia de Xéneroe por moito que pensemosque este mundo progresa,aínda que sexa a paso lento,faise máis necesario ca nunca.Necesario porque esta-mos asistindo a unhaaberración impropiadunha sociedade quese considera civilizada:a morte só en Españade máis de 40 mullerescada ano polo simplefeito de selo.

Temos na violenciade xénero un problemasocial de primeira ordeque nunca aparece en-tre as principais preo-cupacións dos cidadánsnas enquisas do CIS.Quere iso dicir que nonsomos conscientes dasúa gravidade e que nonestamos reaccionandoante el como deberíamos.Urxe situalo no foco do debatepúblico ata que vexamos quese trata dunha cuestión deigualdade, liberdade e derei-tos que afecta nada menosque á metade da poboación.Urxe máis compromiso sociale político.

Como cidadáns botamosas mans á cabeza ante cadacrime machista e condená-molo con convicción. Perofalta compromiso. Seguimos

aínda instalados nese puntono que a violencia de xénero seconsidera un problema pri-vado e somos cómplices del conoso silencio. Por outra bandacremos avanzar na igualdadepero seguimos perpetuando a

través da educación que llesdamos aos nosos fillos e fi-llas eses roles machistas quepouco ou nada axudan naloita contra a violencia de xé-nero. Entoemos o mea culpae asumamos que a igualdadereal é unha quimera e que asociedade en si segue sendoviolenta coas mulleres. Cam-biemos.

Dende o ámbito políticohai moito discurso beninten-cionado e moita declaración

de intencións. Pero falta com-promiso. Un compromiso realcontra a violencia de xénerotraduciríase en cambios lexis-lativos e no reforzo da coordi-nación entre o servizos sociais,forzas de seguridade e esta-

mento xudicial. Supo-ría sobre todo dedicarmáis recursos para, en-tre outras cousas, dotarcomo se debería aosxulgados específicos,axilizar procedementose tratar con dignidadeás vítimas. Suporía ta-mén actuar no ámbitoeducativo recuperandomaterias que formen envalores.

Pedimos dende aquíese compromiso activode toda a sociedade: queninguén sexa cómplicesilencioso da violenciacontra as mulleres e quecada quen faga o que es-

tea na súa man para ir diluíndoas estruturas machistas queson caldo de cultivo para omaltrato. Pedímoslle tamén atodas esas mulleres que o estánpadecendo que sexan valentese que conten o que lles pasa.Non caledes, actuade. Semprevai haber quen vos escoite equen vos axude. A vosa vidaperténcevos e ninguén ten de-reito a decidir por vós ni moitomenos a sometervos empre-gando a forza e o abuso.

Page 3: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

Empresa 3Cerne 118. Novembro 2015

Non hai dúbida de que Melideé o motor económico do cen-tro de Galicia e o concello quexera máis oportunidades labo-rais nun amplo radio xeográ-fico. Nese dinamismo teñenmoito que ver as empresas enegocios asociados a Asetemque, segundo a última sondaxerealizada dende a xerencia dapatronal, dan emprego a 634persoas.

Tendo en conta que na ac-tualidade Asetem conta con144 socios, pódese concluírque cada negocio xera unhamedia de 4,4 postos de traba-llo directos. Non obstante, odato pode levar a engano, pois

non todos os sectores presen-tan o mesmo comportamento:por exemplo no do comercio,sendo o que máis empregoxera, a media de traballadorespor negocio sitúase tan só nos2,6, un dato acorde á naturezadas tendas, pequenas e de pro-ximidade, que proliferan enMelide. O alto número de tra-balladores que acolle este sec-tor (190) explícase porque é oque concentra maior númerode negocios asociados (73).

Xusto o contrario aconteceno sector da industria, ondetan só catro empresas xeran86 postos de traballo, cunhamedia de 21,5 empregados

cada unha. Isto delata unperfil de empresa de maioresdimensións e moi diferente aodo anterior sector. Algo seme-llante acontece na constru-ción, con poucas empresasasociadas que dan moito tra-ballo (119 postos e unha mediade 7,4 traballadores). Este sec-tor, o segundo que máis em-prego xera, engloba taménplantas de formigón, canteirase carpinterías. O dos servizos(que incluiría seguros, perru-querías, asesorías, clínicas...)e o sector do automóbil son osque menos postos de traballoxeran en termos absolutos: 49e 19 respectivamente.

Os socios de Asetem xeran 634 postos de traballo directos

Jesús Graña, fundador doGrupo Jim Sports, recibirá opróximo día 26 o premio UDCDeportes, que outorga a Uni-versidade da Coruña. Osmembros do xurado decidironpor unanimidade concederlleo galardón a este empresarionatural de Palas de Rei por ser“un exemplo da iniciativa em-prendedora e da transferenciade coñecemento entre a uni-versidade e o mundo empresa-rial, neste caso vinculado aodeporte, elevando o prestixioda formación dos alumnos”.

vivir para o deporteA traxectoria persoal e empre-sarial de Jesús Graña estivosempre vinculada ao deporte:formouse na Facultade de Edu-cación Física da Universidadeda Coruña, onde se licenciouno ano 1995. Foi socorrista napiscina de Palas de Rei variosveráns e adestrador de ligaautonómica no betanzos ClubDeportivo baloncesto en 1994.

Jesús Graña nos almacéns do Grupo Jim Sports

A UNIVERSIDADE DA CORUÑA PREMIAAO FUNDADOR DE JIM SPORTS

Desenvolveu o labor de pro-fesor de Educación Física endiversos centros de ensino,entre eles o IES de Monterroso,aínda que dende o ano 2000está en excedencia.

No plano empresarial fun-dou Jim Sports Technologyno ano 1996, unha compañíadedicada á importación evenda ao por maior de mate-rial deportivo e da que naactualidade é xerente e únicoaccionista.

O Grupo Jim Sports estáformado por seis empresas ecase cen traballadores. Ató-pase en primeira liña na distri-bución deportiva en Europa eestá presente en máis de trintapaíses de catro continentes.Graña foi tamén fundador deGaia Gestión Deportiva, condomicilio social na Coruña eempresa líder en xestión depiscinas en España, RotatorySport, Deporte en Movi-miento,Eme Inversia 72 , Me-tal Power e Oxen Sport.

- Fotos antigas do Catastro de Melide- Concentración parcelaria- Legalización de pozos, traídas de

auga, etc...

JAVIER LÓPEZ LÓPEZENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)- Informes periciais e valoracións- Proxectos agrícolas

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña)

peritosmelide.blogspot.com.es

- Medición de terreos- Catastro- Segregacións e agrupacións- Imposto de sucesións

DISTRIBUCIÓN DE EMPREGOS POR SECTORES

200

60

80

100

120

140

160

180

0

20

40

19

49

80 86 91

119

190

AUTOMÓBIL

SERVIZOS

INDUSTRIA

CONSTRUCIÓN

HOSTALERÍA

TRANSPORTE

COMERCIO

La Voz de Galicia

Page 4: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

4 Empresa Cerne 118. Novembro 2015

Dende comezos de novembro a veciñanza

de Melide dispón dun novo establecemento

no que coidar a saúde de cativos e maiores:

Parafarmacia O Cantón acaba de abrir as

súas portas en pleno centro da vila de man

da xoven emprendedora Rocío Pérez quen,

con anos de experiencia no sector, garante

unha atención a medida de cada cliente.

- Por que escolleu Melidecomo lugar para abrirunha parafarmacia?-Rocío Pérez (R.P.): Des-pois de levar dez anos traba-llando nunha farmacia enlalín e coa experiencia que funadquirindo, decidín sacaradiante o meu propio pro-xecto. Escollín Melide porqueé unha vila con moita xente depaso e porque non había nin-gunha parafarmacia. Creo queé algo que o pobo necesitaba eque pode prestar un servizoútil para a xente.

- Que tipo de produtos tená venda?-R.P.: Son moi variados por-que abarcamos diferentescampos. En puericultura te-mos de case todo para os be-bés, dende chupetes e cremasata produtos de alimentación.Para adultos tamén vendemostodo tipo de produtos de nutri-ción e de aseo para o día a día.Temos unha sección de her-boristería con infusións, vita-minas e complementos ali-menticios tanto para nenos

como para persoas maiores.Outro dos campos que abarca-mos é o da cosmética. Traba-llamos moito con Apivita, queé unha marca grega de produ-tos naturais que van moi benpara a pel e que teñen aplica-ción facial, capilar, labial... Porsuposto tamén temos ese tipode produtos que son impres-cindibles en todo botiquín:soro, auga osixenada, tiritas,algodón...

- Cales son os máis de-mandados pola clientela?-R.P.: Os produtos máis soli-citados son os relacionadoscoa hixiene dental. Tamén semercan moitas cremas; todoo mundo quere coidar a pel,especialmente as persoas quea teñen sensible.

- Ten que facer moitasveces de conselleira anteas dúbidas dos consu-midores? -R.P.: Si, este é un traballonon que se aconsella moito aocliente, pero ata un certopunto. Enviámolo ao médico

en canto cremos que é nece-sario. A atención en estable-cementos como as parafar-macias é moi personalizada etratamos a cada persoa se-gundo as súas necesidades.A formación e a experienciaaxudan moito á hora de aten-der as súas demandas.

- Que diferenzas hai entreunha farmacia e unha pa-rafarmacia?-R.P.: As parafarmacias pode-mos vender o mesmo que ven-den as farmacias, exceptoaqueles artigos que precisenreceita médica. Os prezos sonos mesmos, incluso algo máiseconómicos nas parafarmacias.

- Que opina dos diferentesprodutos “milagre” que seanuncian nas revistas e natelevisión? Son fiables?-R.P.: Produtos que fan mila-gres non hai. Non son nadapartidaria deles porque con-sidero que é enganar á xentecon algo que non existe. Osprodutos débense mercarsempre en establecementosautorizados e debemos ase-gurarnos de que contan contodos os avais sanitarios ede calidade. Incluso ás vecesé moi importante consultar comédico se estamos tomandomedicación para outras cousasporque se poden producirinteraccións.

EMPRENDEDORAS EN MELIDEҨROCíO PÉREz PAMPíN, AUXIlIAR DE FARMACIA

“Non hai produtos que fagan milagrescomo os anunciados na televisión”

PARAFARMACIA O CANTÓNCantón de San Roque, 28

“Os artigosmáis solicitados

pola clientela sonos relacionados

ca hixiene dentale a cosmética”

Page 5: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

Empresa 5Cerne 118. Novembro 2015

MARíA lUISA PEREIRO, COSTUREIRA E DESEñADORA

EMPRENDEDORAS EN MELIDE Ҩ

A modista multimediaUnha costureira de Melide lánzase ao mundo do deseño

presentando en Facebook a súa primeira colección de vestidos

Mª luisa Pereiro ten as súaspropias estratexias de marke-ting. Non llas ensinou nin-guén. Aprendeunas da tele-visión e adaptounas ao terreoda agulla e do fío para dar unpaso máis na consecución doseu soño: ser deseñadora demoda e lanzar unha colecciónpropia. Así foi como, botandoman de intuición e de bagaxeautodidacta, fixo unha boapromoción antes de presentara nivel mundial quince vesti-dos de festa pensados e cosi-dos un a un por ela mesma.Non precisou de publicistasnin de pasarela, tampouco detécnicos de iluminación ninmodelos de renome. Abon-doulle con traballo, creati-vidade e… Facebook.

A raíña das redes sociaisfoi a plataforma escollida poresta modista melidense parapresentar a súa primeira colec-ción como deseñadora. A data,o 12 de outubro, non foi tam-pouco casual: “era o día do ani-versario de miña nai e quixenfacerlle unha homenaxe”, ex-plica “a ela encantáballe que eucosera e de feito o día que em-pecei a traballar sentiuse moiorgullosa”. Dende ese 12 deoutubro o perfil de FacebookM Luisa Pereiro é a carta depresentación e un medio máisde traballo para esta mullerque comezou a dar as súas pri-meiras puntadas con 15 anose que aclara que segue sendo “amesma de toda a vida”. Esa é amensaxe que quere transmitira través do slogan que acom-paña a súa marca comercial:a túa modista de sempre ávangarda da moda.

Modista multimediaNon só á vangarda da moda,Mª luisa Pereiro está taméná vangarda no xeito de traba-llar. O primeiro que fai todasas mañás é consultar o móbilpara ver o messenger, o medio“por onde máis traballo mevén”. De feito o teléfono é para

vividas e da influencia dos“grandes” deseñadores aosque admira: Carolina Herrera,Ives Saint laurent e sobretodo Coco Chanel, coa que“salvando as distancias”, in-siste, se identifica: “ela sempredicía que debuxaba mellor catesoira ca co bolígrafo e a minpásame algo parecido”. Xa quelogo “coller a tea e traballar so-bre o manequín” é a maneirana que mellor deseña esta mo-dista melidense. Na primeiracolección esforzouse por faceros vestidos na liña do seugusto: “roupa moi feminina,entallada, discreta, elegante econ predominancia do negro”.

Trala boa acollida que tivo,Mª luisa Pereiro traballa xanoutra nova colección con ves-tidos para Noitevella. Iso si,ningunha das creacións ve aluz pública sen antes pasarpolo filtro dun dos críticosmáis esixentes, o seu fillo decatro anos: “el é a primeira per-soa á que lle pregunto. Os ne-nos sempre son sinceros”.

ela unha ferramenta de tra-ballo tan importante como ofío e a agulla: “tiven que mer-car un novo, con alta capaci-dade, que me permitira facermoitas cousas”. Refírese, entreoutras, a sacar fotografías decalidade ou a descargar aplica-cións de edición de vídeo paraelaborar a presentación dosvestidos. “Aquí fíxeno todo eu,tiña que ser moi económico”,sinala, “non podo chamar a unfotógrafo profesional para queme faga unha reportaxe”.

O resultado de momentoparece ser positivo: “a Face-book débolle moitísimo, foi untrampolín enorme”, recoñeceMª luisa. Tanto que os res-ponsables da principal revistade moda nupcial de Galicia,b&C, xa se puxeron en con-tacto con ela para darlle ca-bida no vindeiro número:“teñen moitas tendas que ex-poñen vestidos pero ningunhamodista que deseñara unhacolección, por iso se inte-resaron por min”. O soño deMª luisa comeza a collerforma e dende o taller que ins-talou nunha habitación do seupiso aspira “a ser unha marcade referencia no mundo dafesta e a ver as miñas crea-cións sobre unha pasarela”.

Debuxar cas tesoirasO camiño non foi doado paraesta costureira, agora taméndeseñadora, que estivo a pi-ques de perder a visión dunollo e que botou moitos anosafastada do oficio para atenderas obrigas familiares: a enfer-midade de súa nai, a de seu tíoe posteriormente o nacementodo seu fillo fixeron que “o as-pecto persoal pesase máis cao profesional”. lonxe de arre-pentirse, Mª luisa está con-vencida de que “fixen acolección cando a tiña que fa-cer, porque hai dez anos nonera a mesma persoa”.

Considera que é o resul-tado de todas as experiencias

Vermello Negro e douradobranco e negro

Vestidos de Noitevella. Algunhas mostras da nova colección que está a preparar Mª luisa Pereiro

Page 6: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

6 Empresa Cerne 118. Novembro 2015

PRINCIPAIS NOvIDADES INTRODU-CIDAS POLA LEI 31/2015, DE 9 DESETEMBRO EN MATERIA DE AUTO-EMPREGO E DE FOMENTO E PROMO-CIÓN DO TRABALLO AUTÓNOMO EDA ECONOMÍA SOCIAL

bONIFICACIóNS E REDUCIóNS Á SEGU-RIDADE SOCIAl DOS TRAbAllADORESAUTóNOMOSPara os autónomos que causen alta inicial ouque non estiveran de alta nos 5 anos anterioresá data de efectos da alta, no Réxime Especial deTraballadores Autónomos (RETA):

.- Autónomos que opten pola base mínimade cotización deste Réxime, a contía de coti-zación por continxencias comúns, incluída aincapacidade temporal, reducirase a 50 eu-ros/mensuais durante os 6 meses seguintes ádata de efectos da alta, no caso de cotizar polabase mínima (884,40€ para 2015).

.- Autónomos que optasen por un base decotización superior á base mínima deste Ré-xime, poderán aplicar unha redución sobrea cota por continxencias comúns, incluída aincapacidade temporal, do 80% , calculadasobre a cota resultante de aplicar o tipo mínimode cotización vixente sobre a base mínima decotización deste réxime, durante os 6 mesesseguintes á data de efectos da alta. (Esta redu-ción suporá un aforro de 210 euros aproxi-madamente na cotización do autónomo paraeste ano 2015).

Posteriormente a este período inicial de 6meses e con independencia da base de cotiza-ción elixida, os traballadores autónomos pode-rán aplicarse as reducións e bonificacións quese detallan a continuación, ata acadar un perí-odo máximo de redución/bonificación de 18meses dende a data de efectos da alta:

a) Unha redución equivalente ao 50% dacota resultante de aplicar o tipo mínimo de co-tización vixente sobre a base mínima de cotiza-ción deste réxime, incluída a incapacidadetemporal, durante os 6 meses seguintes aoperíodo inicial antes citado.

b) Unha redución / bonificación equiva-

lente ao 30% da cota resultante de aplicar otipo mínimo de cotización vixente sobre a basemínima de cotización deste réxime, incluídaa incapacidade temporal, durante os 6 mesesseguintes ao período citado no apartado a).

Agora ben, traballadores por conta propiamenores de 30 anos (mulleres menores de 35anos), que causen alta inicial ou non estiverande alta nos 5 anos anteriores á data de efectosda alta no Réxime Especial de TraballadoresAutónomos, poderán aplicar unha bonificaciónadicional equivalente ao 30%, sobre a cota decontinxencias comúns resultante de aplicar otipo mínimo de cotización vixente sobre a basemínima de cotización deste réxime, incluída aincapacidade temporal, durante os 12 mesesseguintes á finalización dos 18 meses anterio-res, acadando un período máximo de reduciónpara este colectivo de 30 meses.

Estes beneficios na cotización son taménaplicables a socios de sociedades laborais e asocios traballadores de Cooperativas de Traba-llo Asociado, encadrados no Réxime Especialde Traballadores Autónomos, que cumpran osrequisitos.

A novidade máis importante da norma,con respecto á redacción anterior, está en quea aplicación destes beneficios é posible inclusocando os autónomos, unha vez iniciada a súaactividade, contraten a traballadores por contaallea.

Para os traballadores autónomos benefi-ciarios das reducións/bonificacións dispostasna lexislación anterior á entrada en vigor destalei, seguirá sendo de aplicación o referidonaquelas disposicións; se ben, non perderán odereito ao desfrute dos beneficios de cotizacióncontemplados para eles como consecuencia deempregar a traballadores por conta allea.

COMPATIblIzACIóN DA PRESTACIóN PORDESEMPREGO CO INICIO DE UNHA ACTI-VIDADE POR CONTA PROPIAOs beneficiarios da prestación por desempregode nivel contributivo que causen alta comotraballadores por conta propia, poderán com-

patibilizar a percepción mensual da prestación por desempregoco traballo autónomo, con un máximo de 270 días de pres-tación; sempre que o solicite no prazo de 15 días dende a datade inicio na actividade.

Elimínase a barreira de idade de acceso á compatibilizaciónda prestación de desemprego coa actividade por conta propia,que na redacción anterior se limitaba a menores de 30 anos.

CAPITAlIzACIóN DA PRESTACIóN DE DESEMPREGOAmplíase o colectivo de beneficiarios que poderán capitalizar o100% do valor actual da prestación de desemprego (antes estaporcentaxe estaba limitada a menores de 30 anos) para desti-nala a investimento na actividade por conta propia, ou bencomo aportación ao capital social de unha entidade mercantilde nova constitución ou creada no prazo máximo dos 12 mesesanteriores á aportación.

bONIFICACIóNS POR AlTAS DE FAMIlIARES COlAbORA-DORES DE TRAbAllADORES AUTóNOMOSO cónxuxe e familiares ata o segundo grado, por consanguini-dade ou afinidade, do traballador autónomo que se incorporenao Réxime Especial de Traballadores Autónomos, sempre quenon estiveran de alta nos 5 anos anteriores, e colaboren naactividade de que se trate, terán dereito a unha bonificaciónequivalente ao 50% durante 18 meses e do 25% durante 6 mesesmáis, da cota resultante de aplicar o tipo mínimo de cotizaciónsobre a base mínima de cotización do Réxime.

Esta bonificación non será de aplicación aos familiares cola-boradores que con anterioridade se beneficiasen desta medida.

TIPOS DE RETENCIóN VIXENTE PARA O EXERCICIO 2016As porcentaxes de retención sobre rendementos de actividadesprofesionais será do 15% en 2016. No obstante, para profesio-nais de novo inicio (que se atopen no ano de inicio da actividadeou nos 2 exercicios seguintes), a retención será dun 7%.

As porcentaxes de retención de impartir cursos, confe-rencias, coloquios, seminarios … será do 15% a partir do 2016.As porcentaxes de retención do capital mobiliario, arrendamen-tos, ganancias e perdas patrimoniais serán do 19% a partir doano 2016.

AXUDA A PARTICULARES PARA A ADQUISICIÓNDE MATERIAIS E PEZAS DE MOBILIARIO DECOCIÑA E BAÑO

> Gastos subvencionables:Materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña

e baño (excluídos electrodomésticos), realizados e efecti-vamente pagados entre a data de solicitude da axuda e o30/11/2015 nas entidades colaboradoras.

A operación de compra deberá acadar un custe mínimo de1.000 € (IVE excluído). Non se admitirán pagos en efectivo.

> Beneficiarios: persoas físicas (consumidores particulares),propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmoblesresidenciais en Galicia.

> Contía da axuda:.- 20% a cargo do IGAPE. .- 20% adicional a cargo da entidade colaboradora.

> Importe máximo da axuda por beneficiario: 1.000 €

> Prazo de solicitude: ata o 30/11/2015. Deberán presentarcopia da escritura de propiedade ou dereito sobre o inmoble;ou ben recibo IbI ou factura a nome do solicitante da axuda.

NOVIDADES LABORAIS E FISCAIS

SUBVENCIÓNS

Page 7: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

Publicidade 7Cerne 118. Novembro 2015

Casa Juanito

Gran surtido en cestas de navidad y baúlesRegalos navideños con productos conocidos y de prestigio

Mateo Segade Bugueiro, 39 - MELIDE / Tfno e Fax: 981 50 51 03

Especialidad en:

Pimentón Legumbres

Bacalao Vinos Licores

Más de 100 años de prestigio y calidad

VISÍTANOS EN:

WWW.TENDAXEBRE.ESRÚA SAN PEDRO, 16 - [email protected] / TLF: 981 50 57 23

SÍGUENOS EN:

FACEBOOK.COM/XEBRE@TENDAXEBRE

Page 8: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

8 Empresa Cerne 118. Novembro 2015

Celsa Gómez Garea, veciña de Me-lide, foi a persoa agraciada cos 100euros do premio “Sintoniza co teucomercio” do mes de outubro. Par-ticipante habitual deste concursoque organiza Asetem en colabora-ción con Radio Melide para promo-cionar o comercio de proximidade,Celsa recolleu con grande alegría oseu premio nas oficinas da patro-nal: “nunca me tocou nada ataagora”, confesou, “vaime vir moiben para comprar algo de roupa”.

PREMIO “SINTONIZA” PARA CELSA GÓMEZ

Viñoteca Ribeirao, estable-cemento asociado a Asetem,organizou na súa tenda daRúa do Convento unha ca-ta-presentación dos viñosespumosos elaborados enGalicia polas máis impor-tantes bodegas das Rías bai-xas e Valdeorras: Roandi,Fragamoura, Cooperativa ARúa, laxas, Pablo Padín,Señorío Rubiós, Eidosela,Valtea, Martín Códax e Ca-bana das bolboretas.

CATA DE ESPUMOSOS EN VIÑOTECA RIBEIRAO

PETISCOS DE MELIDE

NO “SANTIAGO(é)TAPAS”

Santiago(é)Tapas, o concurso de petiscos de Compostela estallea prestar este ano unha especial atención á gastronomía de todaa área santiaguesa. Tanto é así que os ganadores dos distintos cer-tames de petiscos da comarca foron convidados o pasado día 19a ofreceren as súas creacións nos diferentes establecementoscomposteláns que participan no Santiago(é)Tapas. En represen-tación de Melide acudiu Casa Estilo, seleccionada por ser a gaña-dora da última edición do Melide de Tapas, o concurso local depetiscos organizado por Asetem. Ata o Restaurante El bocalinoacudiu Alberto Rodríguez para presentar ante o público compos-telán a súa tapa, feita a base de berberecho e queixo de cabra.

Asetem participou o pasado19 de novembro na xornada“O comercio, unha oportuni-dade de negocio”, un encontroorganizado pola FederaciónGalega de Comercio no queparticiparon relatores de re-coñecido prestixio a nivel na-cional en ámbitos como asnovas tecnoloxías, o empren-demento, a comunicación oua xestión de marcas.

Ata o Hotel Monumento

O COMERCIO, UNHA OPORTUNIDADE DE NEGOCIO

San Francisco, sede da xor-nada, desprazáronse a xerentae a cooperante de Asetem, Pi-lar lópez e Sandra Vázquez,para coñecer de primeira manas tendencias futuras en ma-teria de xestión comercial eaplicalas logo dentro do marcode Melide. Nas diferentes con-ferencias e mesas redondasabordáronse temáticas como ainnovación na comunicación,as novas tecnoloxías, o cliente

como eixo de negocio e osprogramas de fidelización, fo-calizando este último puntonunha experiencia concreta:Comerciogalicia.

No encontro estiveron pre-sentes os principais respon-sables políticos de Galicia enmateria de comercio: Sol Váz-quez, directora xeral, e Fran-cisco Conde, conselleiro deEconomía, Emprego e Indus-tria, quen clausurou a xornada.

Dende sempre tiveron unha boa relación,pero cada vez é máis frecuente velos xun-tos: falar de doces melidaos e augardentesgalegas é falar dunha combinación inme-llorable. Así quedou patente na terceiraedición das Xornadas de Degustacióne Maridaxe das Augardentes e LicoresTradicionais de Galicia, organizadas a me-diados de novembro en Cambados poloconsello que regula na nosa comunidadeautónoma estas bebidas espirituosas.

Por primeira vez as xornadas contaroncoa participación da Asociación de Repos-

tería Tradicional “Melide Terra Doce”,que tomou parte nun showcooking no quese maridaron melindres, ricos e amendo-ados con licores e augardentes galegosamparados polo consello regulador.

Por unha banda o barman Ángel Ca-miña elaborou diferentes cócteles e poroutra Alberto Rodríguez, presidente de“Melide Terra Doce”, explicou as carac-terísticas e peculiaridades dos doces me-lidenses. Deste xeito, os asistentes ás xor-nadas puideron comprobar o potencialque ten combinar ámbolos dous produtos.

O MELINDRE CASA CA AUGARDENTE

Page 9: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

Publicidade 9Cerne 118. Novembro 2015

Page 10: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

10 Publicidade Cerne 118. Novembro 2015

Esther Bouzo

Avda. de Lugo, 43MELIDE

Tfno.:981 506 358

Page 11: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

Melide 11Cerne 118. Novembro 2015

Unha plaqueta que se ergue,unha fenda na parede, unhamancha de humidade que an-tes non había… e así un goteoincesante de deficiencias quevan aparecendo cada pouconos pisos de protección oficialda segunda fase e que estánlevando ao límite a pacienciadas 20 familias que habitanneles. Ao rápido deterioro dassúas vivendas, construídas haimenos de 8 anos, súmase aimpotencia de veren comoninguén se responsabiliza daseivas estruturais do edificio:a empresa construtora, quedeu en creba, “está desapa-recida”, segundo explican osveciños afectados. A Xunta deGalicia, promotora das viven-das, “fai oídos xordos” ás súasreclamacións.

Os pisos de protección ofi-cial da segunda fase rema-táronse de construír en 2007.

Son en total vinte vivendas,das cales oito foron adxudi-cadas en propiedade e as docerestantes en réxime de alu-guer. Segundo denuncian aspersoas que nelas habitan, osproblemas comezaron xa noano 2008 e dende entón nondeixaron de sucederse. Citan,entre outros exemplos, bañosmal illados que deixan pasara humidade para armarios ehabitacións, marcos de portasque saen do seu sitio, plaque-tas do chan que se levantan,billas que caen ou ventás polasque entra a auga.

O colofón final puxéronoos temporais do inverno pa-sado, que estragaron parte dotellado e deixaron danos nafachada. Despois destes últi-mos episodios varios veciños,de xeito individual, enviaronescritos ao Instituto Galego deVivenda e Solo “sen obter con-

testación oficial”. Do mesmoxeito a comunidade de veciñostamén se dirixiu á Xuntasolicitando que avaliase osdesperfectos e asumise osarranxos. Tampouco houboresposta ata o momento.

Segundo explican os afec-tados, na única informaciónque obtiveron, de xeito extra-oficial e por vía telefónica,díxoselles que terán que ser aspropias familias quen corrancos gastos das reparacións,algo que non están dispostosa facer. Consideran “indigno”que a Xunta “se lave as mans”e cualifican de “despropósito”ter que asumir gastos deriva-dos das deficiencias na cons-trución, sobre todo por partedaquelas persoas “que son in-quilinos e que aínda non sabense as vivendas van ser súas”.

A maiores os veciños afec-tados argumentan que a nor-

Filtracións e humidade

Os pisos de protección caen a cachosoito anos despois de seren feitos

mativa vixente só os obriga aafrontar os gastos derivadosdo uso das zonas comúns,pero non os que teñan que vercoa estrutura “ou a mala cali-dade dos materiais emprega-dos na construción”.

Por outra banda din sen-tirse discriminados e recordanque nos pisos de protecciónoficial da primeira fase, cons-truídos hai dúas décadas, aXunta si está a realizar mello-rar nas chemineas para evitara filtración de auga.

Propietarios e inquilinos denuncian que a empresa construtora“está desaparecida” e que a Xunta “fai oídos xordos”

Plaquetas despegadas

Fendas na fachada

O bNG de Melide vén depresentar no Parlamento deGalicia unha emenda aos orza-mentos da Xunta para 2016 naque solicita que se habilite unmillón de euros para comezar“en serio” a construción donovo centro de saúde.

A petición dos nacionalistaschega a raíz da enésima polé-mica sobre este asunto, todoun clásico nas diatribas da po-lítica local. Á súa marcha paraa Consellería do Medio Rural aexalcaldesa Ánxeles Vázquezasegurou deixar comprometidomedio millón de euros. Nonobstante, nos presupostos au-tonómicos de 2016 figuran300.000 euros, o que causoua indignación da oposición.

Dende as filas do PSOE oconcelleiro José Antonio Pradocualificou esa cifra de “burlapara Melide” e recordou que xadende 2011 se levan orzandodiferentes cantidades sen che-gar a executarse nunca nin-gunha delas. Prado anunciou

Entrada ao centro de saúde de Melide

O BNG solicita 1 millón de euros paraconstruír o novo centro de saúde

que tamén o seu partido pre-sentará emendas e solicitaráademais a convocatoria dunpleno monográfico “para queMelide se pronuncie cunha vozunánime e rotunda contra asintencións da Xunta”.

Pola súa banda a rexedoramelidá, Dalia García, insisteen que son 500.000 os eurosorzados para o centro de sa-

úde, unha cantidade que con-sidera “axeitada” para ela-borar o proxecto de obra e“comezar os traballos de cons-trución a finais de 2016”. En-gade que é unha cantidade re-alista e respectuosa cos prazosda administración autonómica“xa que esta será unha obraescalonada ao longo da lexis-latura”.

Melide contará dende agoracon 300 horas máis de servizode axuda a domicilio. Con estenovo incremento, o segundo noque vai de ano, o número totalde horas de atención á depen-dencia sitúase en 2.222 men-suais. O anterior incrementoproduciuse no mes de xullo,cando se pasou de 1.322 a 1922horas. A alcaldesa, Dalia Gar-cía, explica que este aumento

Incrementan en 300 horas oservizo de axuda a domicilio

<

<

<

“supón que imos poder atendermáis xente en situación de de-pendencia, algo co que estamosmoi sensibilizados e polo queseguiremos traballando paraaliviar na medida do posibleás familias que están nesascircunstancias”.

A prestación do servizotamén se amplía en Arzúa con800 horas máis, o que permi-tirá atender a 40 persoas.

Page 12: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

12 Melide Cerne 118. Novembro 2015

2016 será o ano no que seremate por completo a Casada Cultura. O edificio, que seabriu ao público hai agoradous anos, recibirá unha in-xección económica de 226.393euros que permitirá acondi-cionar a planta alta e sumarpreto de 200 butacas ás 256que xa están dispoñibles naplatea da planta baixa.

boa parte do investimentorealizarase con cargo ao Plande Acción Social (PAS) da De-putación da Coruña, no que seincluíron os 181.115 euros dasubvención que xa concederao anterior goberno provincialpara rematar a Casa da Cul-tura. Os cartos restantes,45.278 euros, saíran das arcas

A miúdo o patio de butacas da Casa da Cultura queda pequeno

O remate da planta alta dotará aCasa da Cultura de 200 novas prazas

municipais e incluiranse nospresupostos para 2016. Seráno vindeiro ano cando se aco-metan as obras, para cuxacontratación xa se resolverontodos os trámites previos ne-cesarios nun pleno extraordi-nario convocado a principiosde novembro.

Outras mellorasOs traballos na Casa da Cultura

terán un prazo de execución detres meses e ademais de rema-tar a planta alta permitirán ta-mén mellorar as prestacións doedifico en diferentes campos.Un deles será o da accesibi-lidade, coa instalación dunascensor. Tamén se mercaráun equipo de luces e son parao escenario, rematarase o sis-tema de climatización e acon-dicionaranse os baños.

A poucos días para que se abra de novo á circulación a rúa deSan Antón, veciños e goberno local acordaron conxuntamenteo xeito en que se organizará o tráfico rodado nesta vía: será desentido único cara a Sabián e o estacionamento estará prohi-bido, excepto na zona de carga e descarga que se habilitarápara dar servizo aos establecementos hostaleiros e á panaderíaque hai na rúa. Por outra banda, e malia que os adoquíns estánpreparados para soportar ata 7 toneladas de peso, limitarase aentrada de camións de elevada tonelaxe co obxectivo de coidaro pavimento. O Concello informa que aínda se tardará “unsdías” en abrir a obra co fin de que a estrutura de formigónse consolide “o máximo posible”.

San Antón terá sentido únicoe estacionamento prohibido

O Ministerio de Fomentomanterá os novos límites develocidade instalados recen-temente na estrada N-547 erexeita realizar calquera mo-dificación ao respecto.

Así se reflicte na respostaque a Demarcación de Carre-teras del Estado lle enviou aAsetem a raíz das queixas ma-nifestadas pola patronal sobreos inconvenientes que xerabanos “excesivos” límites de 70instalados no treito da estradaentre Melide e Santiago.

Fomento xustifica as mo-dificacións acometidas en quea seguridade vial é “uno de losprincipios rectores” da súa ac-tuación en materia de estradase en que era preciso adaptar aN-547 “a las modificaciones

Primeira limitación de velocidade á saída de Melide

Fomento non fará ningún cambio nos límites de velocidade da N-547

habidas en la normativa téc-nica de señalización vertical”.

Por outra banda taménalega que segundo o estudo detempos de percorrido rea-lizado, a demora máxima nos46 quilómetros de itinerariosobre os que se actuou, res-pecto á situación precedente,está arredor de 5 minutos e 30segundos. A xuízo de Fomento,

e segundo recolle o escrito, istosupón “una demora mínima enrelación a la mejora de segu-ridad vial practicada”.

Finalmente Demarcaciónde Carreteras tamén incide enque a curto prazó estará rema-tada a Autovía Santiago-lugoe a estrada estatal “servirá enexclusiva al tráfico de corto ymedio recorrido”.

Demandan máis persoal para a gardería e a residencia de maiores

O PSOE de Melide denunciaque os recortes aplicadospola Xunta do PP e a “pará-lise e desinterese” do go-berno local están privando áveciñanza da correcta presta-ción de dous servizos sociaismoi demandados no munici-pio: a gardería municipal e aresidencia da terceira idade.

Escola infantil municipalNo caso da gardería que xes-tiona o Concello, os socialis-tas poñen o foco no feito deque o goberno local manteñaaulas pechadas a pesar deque haxa cativos en lista deespera agardando por unhapraza. Ao seu xuízo isto obe-dece “a unha simple cuestiónde non contratar persoal, in-cumprindo o goberno local asúa obriga como xestores e oseu compromiso cos pais”,aos que se lles asegurou aoinicio do curso que se contra-

taría máis persoal en caso deque fose necesario.

Residencia da 3ª idadePor outra banda os socia-listas tamén lanzan críticaspola xestión que se está afacer na residencia dos maio-res e denuncian que trasrematar este verán as obrasde ampliación acometidas noedificio, hai dispoñibles 25habitacións para novos resi-dentes “que non prestan ser-vizo a pesar de estar total-mente equipadas só por faltade persoal”.

O voceiro dos socialistas,José A. Prado, afirma que “oPP acostuma a predicar cosservizos sociais e a concilia-ción familiar con fin electo-rais pero cando hai que to-mar medidas quédase niso,no electoralismo”. Presen-tará unha moción no próxi-mo pleno sobre estes temas.

Os traballos, cun orzamento

de 226.393 euros, realizaranse aolongo de 2016

Demarcación deCarreteras fai caso

omiso ás demandasde Asetem-Cca

Page 13: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

Comarca 13Cerne 118. Novembro 2015

O Concello de Santiso está aaproveitar o inverno paraarranxar as deficiencias dapiscina municipal de Visan-toña e deixala a punto de caraá próxima tempada de verán.

Os traballos comezaron es-tes días no vaso principal,onde se está aplicando unhanova masilla sobre os azule-xos para evitar as fugas deauga que se viñan producindoe que provocaban un incre-mento do gasto en electrici-dade e cloración. Non será aúnica intervención, pois o go-berno local prevé actuar nospróximos meses sobre as esca-leiras exteriores, feitas con tra-vesas de madeira que se foronalombando. Tamén se mello-rará o entorno, que permanecedescoidado dende que haicinco anos unha serie de actosvandálicos deixaran bancos erandeeiras rompidas.

Un “comecartos”En total, segundo estimaciónsdo executivo municipal, o in-

Os traballos de mellora comezaron polo vaso principal da piscina

Manter aberta a piscina municipalsupón para Santiso “un comecartos”

vestimento roldará os 7.000euros só en material, xa que ostraballos están sendo realiza-dos por persoal do concello.

Ao fío destas obras o al-calde de Santiso, ManuelAdán, recoñeceu que a piscinade Visantoña é “un comecar-tos” para o concello e advertiuque, ante as constantes mello-ras que requiren as instala-cións, “chegará un día en que

nos vai custar cumprir cos pa-rámetros sanitarios”. Estas de-claracións producíronse ao fíodunha pregunta formuladapolo PP no último pleno sobreo “excesivo” gasto en cloro,que ascendeu este verán a2.762 euros. “Eu tamén mesorprendo do caro que é”, afir-mou o rexedor, “pero só temosdúas opcións; pagar ou pechara piscina”.

Os amantes do sendeirismo teñen en Sobrado unha nova rutana que gozar; a da Carballeira. Inaugurada hai menos dun mes,o seu percorrido circular, homologado e debidamente sinalizadopasa por algúns dos lugares máis emblemáticos do municipio:a carballeira da Casa do Gado, a lagoa e o entorno do mosteiro.Ten unha lonxitude de 6,42 quilómetros e está cualificada comounha ruta de baixa dificultade técnica. Cun desnivel máximode 155 metros, o punto máis alto polo que pasa sitúase a 555 me-tros e o máis baixo a 462. Completar o percorrido leva un tempoestimado de 48 minutos. Coa posta en marcha desta ruta oexecutivo local busca fomentar o turismo no municipio, un doscampos que ten previsto potenciar durante este mandato.

Sobrado estrea ruta desendeirismo homologada

A ruta ten tramos de gran beleza paisaxística

A idea longamente baralladapolo Concello de Toques de or-ganizar un evento co que po-ñer en valor os produtospropios do municipio colleu fi-nalmente forma o pasado 7 denovembro coa celebración daI Feira de Exaltación de Pro-dutos Típicos da zona.

Tivo lugar na praza deSouto e contou con varios ex-positores nos que se amosaronprodutos como mel, cogome-los, herbas aromáticas, docese empanadas, queixos, embu-tidos, castañas, noces, piñóns,cestos e cestas, cabazas, viñose augardentes, millo e trigo,froitos do bosque ou verdurase hortalizas...

Segundo explica a organi-zación, a feira tivo unha “granafluencia de público”, que nonsó puido admirar os produtossenón tamén degustalos. Axornada completouse cun ma-gosto popular para veciños evisitantes.

Toques organiza unha feira para exaltar os produtos típicos da zona

Alcaldes, concelleiros e técnicos dos municipios coruñeses par-ticiparon nas xornadas “Europa na provincia da Coruña”, orga-nizadas pola Deputación co obxectivo de darlles a coñecer asoportunidades de financiamento rexional que ofrece a UniónEuropea para o período 2014-2020. O deputado responsable daárea de Promoción Económica, José luis García, recordoullesaos asistentes que Europa ten reservado un orzamento de351.800 millóns de euros para financiar políticas de cohesiónsocial e nese sentido animou aos concellos a “elaborar proxectosde colaboración intermunicipal para acadar axudas que non selograrían en solitario”.

Os concellos aprenden acaptar fondos de Europa

Asistentes á xornada, que se celebrou o 5 de novembro

Concello de Sobrado

Page 14: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

14 Comarca Cerne 118. Novembro 2015

Traballa 24 horasao día os 365 díasdo ano, peroagora chegoulle omomento de to-mar un pequenodescanso. O Azu-lón Primeiro, abarcaza que co-munica Santisocon Vila de Cru-ces atravesandoas augas do en-coro de Portode-mouros, realizaunha parada téc-nica para some-terse a unhainspección rutineira.

O servizo de transbordo foiinterrompido o pasado día 16e non se retomará ata o 1 de de-cembro; dúas semanas nas queos accesos á plataforma de em-barque tamén permaneceráncortados. Durante este tempoos usuarios do ferri deberánempregar como alternativaas estradas AC-905 e PO-905,que parten de Arzúa e Vila de

Interrompidos os transbordos en Portodemouros por parada técnica

Cruces respectivamente paraconfluíren xusto no embalse.

Os traballos de inspecciónestán a ser realizados por AINActive, unha empresa galegade enxeñería enerxética con-tratada por Gas Natural Fe-nosa para “realizar actuaciónsde recoñecemento e inspec-ción que redundarán en maiorbeneficio para as persoas enunha garantía de seguridade

para cidadáns e instalacións”.Deste xeito é como a compañíaeléctrica xustifica esta paradatécnica, obrigatoria por lei eque se realiza cada tres anossegundo explica luis Martí-nez, un dos patróns do AzulónPrimeiro. A mesma fonteindica que no tempo que osoperarios levan traballandosobre o ferri non se detectouningún tipo de anomalía.

Cinco meses despois de aban-donar a política activa o que foialcalde de Santiso no período2007-2011, Ovidio leiva, saíude novo á palestra para aclararos motivos da súa renunciacomo edil e da dimisión á frontedo grupo municipal do PP.

Fíxoo a través dun escritopúblico dirixido a toda a veci-ñanza e no que xustifica a reti-rada apelando repetidamenteao seu compromiso coa ética,a dignidade e a boa práctica de-mocrática: “nunca estiven napolítica para gañar cartos; sefora doutra maneira faría ospactos que mellor me conviñe-ran como fan os gobernantesactuais, sen ter en conta osintereses dos veciños, pero amiña honestidade e a miñadignidade persoal están porenriba de todos os cartos”.

Así conclúe o documento,composto por dúas páxinas eno que leiva fai un repaso dapolítica municipal dos últimosoito anos amosándose espe-

Ovidio Leiva ataca “a corrupción” e a“indecencia” na súa despedida política

cialmente belixerante contrao exalcalde Ramón Villar econtra o bNG, aos que acusade aliarse na última campañaelectoral logo de teren sido enépocas anteriores “inimigoseternos”.

Máis concretamente leivacualifica de “indecente” que oactual alcalde, Manuel Adán,“andase polas casas pedindoos votos para a súa formaciónacompañado por un imputadopor delitos de corrupción”, enreferencia a Villar Edreira. Aofío destas acusación engadeque “se eu teño que ser alcaldecos votos da corrupción, nonquero ser alcalde”.

A asociación de troiteiros de Melide deu por rematados os traba-llos para habilitar pasos e instalar pasarelas no couto do río Fu-relos, un labor “arduo, entusiasta e incansable” que se prolongoudurante dous meses e que posibilitou a recuperación dun pasa-doiro centenario: o dos Pereiros, composto por pedras de tamañoxigante e afectado polas enchentes do inverno pasado. En total ocolectivo de troiteiros instalou seis pasarelas cunha lonxitudecomprendida entre os 4 e os 6 metros, excepto a do Chacho, sobreo río de Vilamor, que ten 9 metros. Todas elas son “comple-tamente artesás” e foron elaboradas empregando materiais doentorno do río e madeira de castaño para as táboas dos pasos.

Recuperan o pasal de pedracentenario de Os Pereiros

Pasal dos Pereiros e pasos de madeira sobre o Furelos

Debe ou non debe haber debate?Mocións con polémica en Santiso

Os puntos máis quentes epolémicos do último plenomunicipal de Santiso foronos que non estaban na ordedo día. En concreto, tres mo-cións que o PP presentou“en tempo e forma” e que oalcalde, en exercicio da súapotestade, decidiu non in-corporar para o debate nasesión. Unha delas abordabaa defensa do Estado das Au-tonomías, outra a crise dosrefuxiados sirios e unha ter-ceira versaba sobre violenciade xénero.

A voceira dos populares,Matilde Pallares, agardou aoremate do pleno para acusarao equipo de goberno de nonquerer debater sobre temas“fundamentais” e para ma-nifestar o seu malestar aorespecto. “Debemos ser unconcello que non pertence aeste país e nin sequera pode-mos posicionarnos en contrada violencia de xénero ninpedir que haxa coordinación

cos colexios para atallaladende a base”, argumentoupara engadir minutos des-pois que “a mellor maneirade quedar ben é non opinarde nada”.

O alcalde, Manuel Adán,xustificou a súa decisión ar-gumentando que os temasdas mocións “escapan” áscompetencias de Santiso:“paréceme moi ben quequeirades encher os plenoscon mocións que vos envía opartido pero as soluciónsque podemos achegar dendeaquí a certos temas son moipoucas”, dixo en respostaaos argumentos de Pallares.Nese punto intercedeu outradas concelleiras populares,Mª Carmen Seijas, que pe-diu “un pouco de deferenciacos outros partidos” e criti-cou con dureza o xeito deproceder do bipartito: “istoparece unha ditadura; se asmocións non entran porqueti o digas, apaga e vámonos”.

“Hai uns poucosveciños de Santiso

que están cercada política parasacar tallada”

Por outra banda Ovidioleiva xustifica a súa marcha dapolítica pola decepción que llecausaron algúns militantes doPP de Santiso que “fixeroncampaña para o bNG”. Sobreisto, e sen mencionar nomesconcretos, argumenta que “haiuns poucos veciños do concelloque non teñen o máis mínimointerese polos problemas doscidadáns pero están cerca dapolítica para sacar tallada”.

Preguntado polo contidode dito escrito, Manuel Adánasegura que non compartemoitas das afirmacións deleiva e engade que “a etapade Ovidio como alcalde tam-pouco foi moi hixiénica e secadra habería moito do que fa-lar”. Sobre as alusións a VillarEdreira manifesta que “eu nonmiro de onde veñen os votos;se di que fixo campaña para obNG e para o PSOE porquenon era do seu gusto o que ha-bía no PP, está no seu dereitoigual ca calquera veciño”.

O Azulón, ao fondo, foi sacado do embalse coa axuda dunha enorme grúa

J. Luis Martínez

Page 15: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

Comarca 15Cerne 118. Novembro 2015

Tlf: 982 153 232 / 679 035 713

Mal-quesiñas

FOTO-DENUNCIA

A carón da estrada que comu-nica Melide con Visantoña haitres marquesiñas coma esta.As tres son do mesmo modeloe as tres presentan o mesmoestado: abandonadas e ape-

ILUSTRE COLEGIO DE ODONTÓLOGOSY ESTOMATÓLOGOS DE A CORUÑA

Ronda da Coruña, 31 - 1ºB

15800 - MELIDE (A Coruña)

Tlf.: 981 50 57 05

Ana Marcos Cardo

Odontóloga

A Feira de Agasallos locais para o Nadal, que se celebrou ataagora co obxectivo de promocionar os produtos tradicionais dacomarca, será este ano Manxares, a Feira Agroalimentaria deGalicia. O Concello de Melide e o Grupo de Desenvolvmento Ru-ral Ulla-Tambre-Mandeo (GDR UTM), entidades organizadorasdo evento, decidiron darlle unha maior dimensión e un enfoquegalego. Deste xeito, contarase coa participación de todos osGDR de Galicia e darase cabida a máis expositores, o que taménimplicará maior variedade de produtos. A feira cambia taménde localización e abandonará o Cantón de San Roque para cele-brarse os días 12 e 13 de decembro no Pazo de Congresos.

A Feira de Agasallos mudade nome e colle dimensión

A Deputación da Coruñaporá en marcha en 2016 unprograma para financiar osservizos sociais dos 83concellos da provincia conmenos de 20.000 habitan-tes. Subvencionará os gas-tos dos técnicos de servizossociais, auxiliares adminis-trativos e persoal auxiliardo servizo de axuda no fo-gar. Na comarca Melide re-cibirá 52.994 €, Sobrado eToques 31.572 € cada un eSantiso 24.066 €. No seuconxunto o programa daDeputación está dotadocon algo máis de 4 millóns.Os Concellos deberán deadherirse a este plan. Te-ñen de prazo para faceloata o 18 de decembro.

Financiamentopara os servizossociais básicosdos concellos

dradas. Que tentador é ocristal para os amantes doincivismo! Debemos facernosunha pregunta: por que nuncatratamos o que é de todoscomo se fora o noso propio?

Page 16: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

16 Cultura e lecer Cerne 118. Novembro 2015

“Se sabes agardar, a

xente esquecerase

da túa cámara e

entón a súa alma

sairá á luz”

Steve McCurry

A Semana da Música trouxo OsMelidaos de volta á casa. Reen-contráronse cos seus veciños ecompartiron con eles un anacodo momento doce que vive aagrupación, cunha axenda re-pleta de concertos e o aplausounánime do público galego.

Foi tan só unha pequenaparada para coller folgos e re-tomar con forza a fileira de ac-tuacións que encadean dendeque o pasado mes de maio pre-sentaran o seu terceiro disco,Festa na Codeseira. Non hairomaría, festival nin foliadaque non queira ter no seu car-tel aos gaiteiros que cantan.baiona, Monterroso, Vedra,Rianxo, Rábade, Oleiros ouCangas son só algúns dos luga-res que reclamaron a presenzados Melidaos, consolidadosxa por outra banda como un

Madurez e recoñecemento público: o momento máis doce dos Melidaos

referente da música tradicio-nal en Galicia.

O éxito é máis ca evidentepero Os Melidaos prefirenchamarlle “recoñecemento”,un recoñecemento por partidadobre: ao traballo realizadodurante os últimos anos e aoseu xeito de facer e de concibira música: “con moito respecto,con moito cariño e sabendoque detrás dela hai unhacultura e un pobo”, explicaAntonio Raposo, un dos setecompoñentes da agrupación.Ao seu parecer o éxito está “ennon inventar nada” e en seren“honrados e respectuosos” coamúsica tradicional.

A evolución da foto fixa Para os Melidaos o seu labormusical é “unha foto fixa dunmomento determinado”, unha

imaxe sonora para recuperardentro de trinta anos e lem-brar “como faciamos as cou-sas”. O que semella unhaconcepción estática da músicanon se pelexa coa evolución daagrupación, que a houbo, emoi notoria. Di Antonio Ra-poso que Os Melidaos “foronmovéndose moito para noncambiar nada”. Significa estaaparente contradición que oscambios chegaron dentro dese“marco de respecto” pola mú-sica tradicional e conservandoa súa esencia de gaiteiros.

Un dos cambios máis re-levantes foi a incorporación“dun novo instrumento” noano 2012, a voz, o que llesconferiu un selo diferenzadorpropio e lles valeu para auto-denominarse “os gaiteiros quecantan”. Máis recentemente a

incorporación da gaiteira PilarRamallal marcou outro puntode inflexión.

Todo cambio implica ma-dureza e agora que percorrenGalicia coa súa música, OsMelidaos aínda recordancando hai menos de cincoanos tiveron “un intenso de-bate sobre se seríamos capaces

de facer unha actuación nunescenario”. Foron capaces. Oconcerto, en Sada, durou dúashoras. Aquela actuación de2010 marcou un antes e undespois e está entre as recor-dadas con máis cariño polaagrupación. Pero o camiñosegue e o mellor concerto, din,“aínda está por vir”.

Tlf: 658 663 898 / 881 974 224

Avenida de Toques, 2

PILAR RAMALLAL,A GAITEIRA DA MARIÑA

Este verán un novo rostro asomou nas actuacións d´OsMelidaos; o de Pilar Ramallal, gaiteira de raza e últimaincorporación do grupo. A estrea foi o 18 de xullo sobre oescenario de luintra. Pero máis ca un bautizo, o que alíhoubo foi, como din os propios membros da agrupación,“un casamento”. Pilar Ramallal era xa unha máis. Non pasou moito tempo dende aquela pero a adaptaciónfoi, como ela mesma asegura, “moi rápida”. Quizais niso

teña que ver a admiración quexa lle profesaba aos Melidaos

“por como transmitían e poloseu respecto polas pezas”. Queun grupo “de referencia” se inte-

resase por ela como gaiteira foia un tempo “unha sorpresa” e

unha oferta que, di, nonpuido rexeitar.

A partir dese momentocomezou a coñecer a ou-tra cara d´Os Melidaos,

a da “calidade humanaexcepcional” que a faisentir “cómoda” na agru-

pación e gozar dunhaparte importante dasúa vida: a gaita, a

mesma que a acom-paña dende os seisanos e a que tocouen agrupacións

como Os Esta-lotes ou o coroCántigas da Te-

rra, do queforma parte.

A túa tenda

de informática

en Melide

Rúa Otero Pedrayo, nº 6 - Baixo // Tlf.: 981 50 78 [email protected]

Page 17: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

Publicidade 17Cerne 118. Novembro 2015

al comprar tus mógraduadas

con

GRATIS2

77€

asgafas

Ronda de A Coruña, 2015800 MelideA Coruña

www.multiopticas.com

22 asgafas

asGRAal c

TISGRAGRATIS

aduadasompr móar tus ompraduadas

al c

gafTIS

cgrgr

c

€7777€

on gr

con aduadas

caduadas

15800 Ronda de A Coruña, 20

MelideRonda de A Coruña, 20Ronda de A Coruña, 20

.multiopticas.cwww

A Coruña15800

om.multiopticas.c

A CoruñaMelide

Page 18: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

18 Publicidade Cerne 118. Novembro 2015

José Manuel Silvela Costoya

Tfno.: 981 50 59 97Rda. de La Coruña, 40 bajo

15800 MELIDE(A Coruña)

Cantón de San Roque, 13 - MELIDE

Tiveron que pasar máis de 16 anos para que o melidao

José Rodríguez Valiño (Ayala) recibise a medalla de

EMBAIXADOR DO CAMIÑO DE SANTIAGO, que lle

entregou recentemente Ramón Pérez, fundador da

EMBAIXADA DO PEREGRINO e creador desta figura

tanto de feito como de pleno dereito.

A carón do cruceiro máis antigo de Galicia, este gran

peregrino (que completou o Camiño dende Roncesvalles

no ano 1999 cunha media de 40 km diarios) comprometeuse

a través dun apretón de mans a apoiar e protexer a Ruta

Xacobea, divulgando os seus valores.

CADA PEREGRINO, UN EMBAIXADOR DO CAMIÑO

Tratando de ir en consonancia coas novas tecnoloxías

e de cara ao Xubileo da Misericordia 2015/2016, Ramón

Pérez ultimou a que será a primeira ACREDITACIÓNDIXITAL DO CAMIÑO totalmente personalizada. Achega-

ráselle ao móbil de cada peregrino interesado a través de

WhatsApp, Bluetooth, Facebook, E-mail, etc... Inclúe os

seus datos, fotografía e cal é o camiño que está a facer.

Realizarase en varios idiomas.

José Rodríguez Valiño, gran peregrino melidao, será o

primeiro que dispoña desta acreditación dixital, que ademais

de se visualizar no móbil tamén se pode imprimir en tamaño

póster de máis de medio metro de ancho.

OYERÍAJAnúnciate no

Cerne

981 50 61 88

Page 19: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

Cultura e lecer 19Cerne 118. Novembro 2015

Agrupación Castelo, a sementeda cultura tradicional

A formación, pola que pasaron centos de cativos ao longo dosseus 17 anos de vida, é homenaxeada na Semana da Música

Integrantes da Agrupación Castelo nunha das súas últimas fotografías

A directiva da Coral Polifónica de Melide na xornada de clausura da XXVI Semana da Música

A Semana da Música da Terrade Melide, que acaba de clau-surar recentemente a súa 26ªedición, é moito máis ca unevento musical. Ten tamén nasúa natureza unha importantecompoñente pedagóxica ecada ano, ao homenaxear aunha persoa ou agrupación,permítenos ir coñecendo aospoucos a historia musicalmáis próxima ao tempo quenos dá as claves para enten-der o porqué da boa saúdecultural da comarca.

Unha desas claves está naAgrupación Castelo, unhaformación que cultivou du-rante 17 anos todas as ramasdo folclore propio e á que aCoral Polifónica de Melide,como organizadora da Se-mana da Música, lle quixorender tributo nesta edición.A súa existencia foi transcen-dental, xa que no Castelo seformaron e colleron apegopola cultura tradicional duciasde mozos e mozas, daquelacativos, que a día de hoxelevan as rendas da cultura nacomarca. Mais falar do Cas-telo é falar tamén da Asocia-ción de Amas de Casa e paraelas houbo un recoñecementoespecial por seren as impul-soras e o soporte da agrupa-ción nos seus primeiros anosde vida.

Dinamizadoras culturaisPasado o tempo, no local queas amas de casa empreganpara reunírense e realizar al-gunhas actividades aínda seconservan moitos dos traxesque os membros do Castelovestían para acudir a festivaise actuacións. Son o recordomáis palpable dunha épocaque comezou, exactamente, o11 de maio de 1992, data naque a agrupación deu o pri-meiro paso. Foi pouco despoisde que un grupo de mulleresda vila decidiran constituírseen asociación. De feito, as cla-ses de música e baile foron asprimeiras actividades que or-ganizaron, tal e como explicaClara Gómez, unha das impul-soras da agrupación e aínda adía de hoxe membro da xuntadirectiva das amas de casa.

O papel que desenvolveueste colectivo de mulleres nadécada dos 90 é de ter en con-sideración, pois supuxo todoun revulsivo nunha época naque non era habitual que asadministracións locais tivesenunha oferta estable de activi-dades: “daquela os concellos

non facían nada”, explicaClara Gómez, “de música ebaile había Froito Novo e nadamáis. Nós tamén fixemos gru-pos de ballet, de pintura, decostura, de traballos manuaise de moitas cousas”. A acollidadestas actividades foi moi boa,especialmente no caso do Cas-telo, que nos seus mellorestempos chegou a ter preto de200 membros: “non recordo o

número exacto pero por elpasaron moitas, moitas, moi-tas persoas”, insiste Clara,quen asegura que para o co-lectivo do que forma parte é“un orgullo” que o labor queelas comezaron teña hoxecontinuidade aínda que sexa ámarxe da asociación.

Extenso currículoEn maio de 1993, un ano des-

pois de ser creada, a Agrupa-ción Castelo fai a súa presen-tación en público; foi na Festado Melindre, que aínda estabaen cueiros e celebraba a súaterceira edición. Ese mesmoano o Castelo actuou taménna Romaría Internacional einiciou así un prolífico camiñoque había levar aos seus com-poñentes a numerosos con-cursos, certames e festivais de

Galicia, España e mesmo va-rios países europeos. “Outracousa poida que non, peroviaxar viaxamos moitísimo”,recorda Clara Gómez pen-sando no Festival Internacio-nal de Rennes (Francia) ou noda música celta de lorient,nas actuacións en Collechio elanghirano (Italia) ou na xirafrancesa que no ano 2003 oslevou ás localidades de Mont-cuq ou Châtel Guyon...

Tamén foron destacadasas actuacións na televisión:participaron en dúas ocasiónsna programación especial daTVG con motivo do Xacobeo eno ano 1998 o grupo de bailequedou finalista nun concursoorganizado polo programaluar.

O fin dunha etapaAs actuacións do Castelo noSan Roque, na Semana daMúsica ou na Feira de Mos-tras do Centro de Galicia,entre outras, convertéronsenun clásico ata que a agrupa-ción se disolveu no ano 2009.“Os rapaces foron medrandoe querían outras cousas”, diClara Gómez, quen consideraque a disolución do grupo foi,simplemente “un ciclo que seacabou, o fin dunha etapa”.

Da Agrupación Casteloquedan os recordos, que vanmáis alá dos traxes colgadosen perchas, queda a herdanzaque deixou a súa traxectoriae queda sobre todo o impor-tante papel que xogou como oespazo no que moitas nenas enenos da comarca entraronpor primeira vez en contactocoa música tradicional eaprenderon a respectala.

A raíz da homenaxe quese lle brindou este ano nomarco da Semana da Música,algúns deses cativos reflexio-naban nas redes sociais edende a perspectiva adultasobre a transcendencia quetivo para eles o seu paso polaagrupación: “O Castelo xaforma parte da historia musi-cal deste pobo, pero moitosestaremos eternamente agra-decidos por todo o que signi-ficou nas nosas vidas”.

Co recordo á AgrupaciónCastelo púxose punto e final aunha Semana da Música polaque pasaron 18 agrupaciónse cantantes ao longo de seisdías nos que, un tras outro, opúblico fixo que o aforo daCasa da Cultura quedase pe-queno. Hai música e cariñopor ela na Terra de Melide.

Page 20: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

20 Cultura e lecer Cerne 118. Novembro 2015

S

E

M

A

N

A

D

A

M

Ú

S

I

C

A

Gaiteiros do Balado Coro Parroquial de Melide Os Melidaos

Irene Ruiz Carmuega Pandereteiras de A Maristela Iria Taboada e Patricia Méndez

Xoan Curros Vázquez Patricia Méndez Agrupación A Maristela

Agrupación Pozo Pequeno Coral Polifónica de Santiso Froito Novo

Acordeóns de Herba Grileira Fátima Lea Agrupación Leirabuxo

Herba Grileira Coral Polifónica de Melide Coral Polifónica e Herba Grileira

Fotos: Turismo Melide

Page 21: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

Cultura e lecer 21Cerne 118. Novembro 2015

Melide foi a vila escollidaeste ano para celebrar oEvento Anual do Servizo deVoluntariado Europeo. Máisde 100 mozos e mozas pro-cedentes de toda Españadesprazáronse ata Furelospara percorrer unha partedo Camiño e logo realizarunha exhibición na Praza doConvento. Na xuntanza par-ticipou o Conselleiro de Po-lítica Social, J. Manuel Rey.

O VOLUNTARIADO EUROPEO RECALA EN MELIDE

A Casa da Cultura acolle atao día 10 de decembro unhaexposición do artista meli-dense Xosé Manuel Quiñoy.A mostra, que se pode visi-tar entre as 17:00 e as 21:00horas, inclúe lenzos, bocetose debuxos dixitalizados.Vítor Mejuto, luis Davila,a Asociación Enfócame ouo alumnado de pintura dasEscolas Deportivas foronoutros dos artistas que ex-puxeron na vila este ano.

EXPOSICIÓN DE XOSÉ MANUEL QUIÑOY

UNHA FAMILIA

NO MÁIS ALTO DO PODIO

Xa parecía que tiña cuberta a cota de sorpresas pero EscuelaAyude segue proporcionando recórds. O último, ademais demeritorio, resulta curioso: por primeira vez nuns campionatosde España tres membros da mesma familia conseguiron subir aopodio. Sucedeu este mes en Madrid, onde se disputou o Campio-nato de España Open Xuvenil e Veteranos na disciplina de Kickboxing. Alí Aron Ayude fíxose co ouro na súa categoría, NahumAyude conseguiu a prata e Jose Ayude proclamouse campióndos veteranos. Por outra banda, Cora Ayude tamén aporta outrorecord ao ser a primeira galega que represente a España no Cam-pionato do Mundo, que se celebrará en Dublín a finais de mes.

Jose, Nahum e Aron Ayude Cora Ayude

NOVO PUB EN MELIDE

Proximamente....

GRAN INAUGURACIÓNCon gogós, regalos e moitas sorpresas!!

Page 22: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

22 Colaboracións Cerne 118. Novembro 2015

As causas perdidas

Vanessa Martínez, xornalista

Seica o anuncio deste anoda lotería de Nadal non traecalvos, nin artistas de re-nome, nin xogos acrobáticosde burbullas. Disque é unhametáfora da bondade humanacontada por boca duns debu-xos que cobran vida dendeun ordenador.

Non deixa de ser curiosoque para escoller contar unhahistoria tan emotiva (que noninclúe nin diálogo), se prefiraa emotividade dun ordenadorantes ca os xestos humanose os matices das miradas. Secadra é unha mensaxe demodernidade e de sociedadeavanzada, que ten capacidadepara crear audiovisual hipe-rrealista…, mentres a carón

os vellos soportes, coma aprensa de papel, creada por,para e sobre as persoas, seatopan contra as cordas conserios problemas de subsis-tencia. Todo é compatible,pero na realidade a compa-tibilidade é pequena.

Está ben visto, e é modernoinvestir en avances materiais:máquinas con ordenadorespontentísimos, softwares atacon acento na fala, teléfonosque o último que son é telé-fonos, pero non está de modainvestir en comunicación hu-mana: fomentar as relaciónsentre as persoas, manter o quenos fai distintos de calqueramáquina, e alimentalo aíndacando non sexa "rendible".

Se cadra a claveestá na tendencia apriorizar as cousasque nos dan algoa cambio, sempreque ese "algo" sexancartos. Así hai aquen lle parece que"pouco a cambio"dá un museo comoo da Terra de Me-lide, que está aínada máis ca paraser mirado e pase-ado, sen xerar caixa, e para oque cada céntimo de investi-mento é buscado co esforzode quen o saca dunha mina.“Pouco a cambio” dá un xor-nal coma este, que está paraque a xente lea, pero que non

Nesta segunda entrega sobre ocangrexo de río comezaremosexplicando como, facendo aco-pio de todas as súas forzas, ocrustáceo intenta formar unhanova envoltura. Para iso em-prega a materia prima que llesubministran as reservas decarbonato cálcico que foi acu-mulando durante todo o ano:no estómago fórmanse unspequenos botóns chamadosgastrolitos que se disolven epasan do intestino á epidermea través do rego sanguíneo,formando no exterior as suce-sivas capas da nova cuncha.

A complexidade do seucrecemento fai que inclusopoida perder as súas extre-midades. Aínda así, durante oprimeiro ano de vida conseguetriplicar o seu tamaño: pasande medir 7 milímetros e pesar0,15 gramos ao nacer, a conse-guir 20 milímetros e 1,5 gra-mos de peso. Vive uns 20 anose pode chegar incluso a 30,dependendo de se as augas sonricas en sales disoltas.

É un cazador pouco esi-xente, moi pouco dotado paraa caza polo seu lento camiñare pequeno tamaño, pero capa-citado para comer practica-mente todo o que encontre,tanto de orixe animal como

vexetal. Nos nosos regatos eríos limpos, o cangrexo atopaen abundancia a microfaunaque precisa: miñocas de terra,pulgas da auga, caracois, in-sectos e larvas son un pratorico de proteínas. Os vertebra-dos acuáticos, peixes, anfibiose cóbregas, pola súa mobili-dade e tamaño, son presas moidifíciles de cazar para o can-grexo. A freza dos peixes e osovos dos anfibios representanunha gran fonte de alimento.Tamén comen raíces e plantasacuáticas e incluso os cadá-veres doutros animais que orío arrastra. Este papel de ca-rroñeiro fai que o cangrexo derío elimine posibles focos deenfermidades, polo que ten unimportante papel ecolóxico.

No inicio do inverno faicoma os osos; co estómagocheo retírase para a súa covachea de alimentos e descansaata a chegada da primavera.Chega a comer nun día o equi-valente ao seu propio pesoen moitas ocasións.

Para o cangrexo de río cal-quera tempo pasado foi mellor.O ser humano, a alteración dehábitats, os vertidos, as enfer-midades, os grandes encoros,os lagos artificiais e pesca ilegalfan que estea desaparecendo.

O cangrexo de río (II)

Xavier PazoAsociación de troiteiros “Río Furelos”

Marcus Fernández, webmaster de Código Cero

Rebaixas preventivas

antes do Nadal poidamosver rebaixas de produtos deinverno cando aínda non che-gamos a tal estación?

De feito, este ano estáa ser rechamante o feito deque meteoroloxicamente nonexperimentásemos o que é ooutono, o que de seguro queestá a causar serios problemasno sector téxtil, pero os hábi-tos de consumo ligados aocalendarios aféctannos a to-dos, xa que temos moi inte-riorizados conceptos como overán, o Nadal, a costa de xa-neiro, as pontes festivas... ecoa globalización provocadapolo comercio electrónicotamén comezamos a ter moien conta cousas como o Día

dos Solteiros (día depromocións na Chinaque se celebra o 11 denovembro e no que o xi-gante Alibaba facturoumáis de 14 mil millónsde dólares) e o VenresNegro (o último venresde novembro, que su-pón o inicio da campañade Nadal nos EE.UU., oque leva a que lancenofertas para instar a an-ticipar compras).

A ninguén se lle es-capa que o feito de queen novembro teñamosvarias grandes rebaixas

a nivel internacional, con ré-plicas locais, afecta aos nososhábitos e expectativas, dexeito que á hora planificar cer-tas compras temos que loitarentre a compulsión que pro-vocan os aparentes descontose a prudencia á que nos levasaber que xa non hai que agar-dar a xaneiro para ter bos pre-zos (evitando, de paso, o riscode ter que conformarnos cosrestos). Témonos que prepa-rar para varias semanas nasque o comercio electrónicoterá moita forza, a competen-cia será máis forte que nuncae unha vez máis porase aproba a loxística para poderentregar os produtos antes dadatas chave.

As rebaixas eran tradicional-mente promocións nas quese vendían a prezo rebaixadoos artigos remanentes da tem-pada, destacando especial-mente no sector téxtil, e quenormalmente estaban ligadasa datas moi concretas (7 dexaneiro e 1 de xullo), pero esteconcepto xa non ten ningunhavalidez actualmente, cando acomplicada conxuntura eco-nómica, o pulo da tecnoloxía ea globalización dos mercadosfai que sexa preciso estar nunestado de difícil acougo, noque as promocións sucédenseunha tras outra, dando a im-presión de que estamos nunbucle de rebaixas sen sentidoxa que, ¿como é posible que

xera ganancias das que semiden en números. As outras(o valor da información, daconexión como territorio, doidioma, e da pertenza a comu-nidade que dá un xornal comao Cerne) nunca cotizarán

en bolsa.Decía o poeta Rilke que

a infancia é a patria do home.E así tamén, a patria do nosodesenvolvemento debería sera orixe, e a capacidade denunca perdela.

Page 23: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

Entrevista 23Cerne 118. Novembro 2015

MARTA GARCíA SAlGADO, ACADEMIA “O PEQUENO bESbEllO”

“Non todo consiste en sacar boas notas,con constancia pódese chegar moi lonxe”Pensar nunha academia de ensino como a consecuencia inevitable do fra-

caso escolar é un erro, sobre todo se é concibida como un medio para pro-

gresar, mellorar ou buscar a excelencia. Así é como ve Marta García

Salgado O pequeno besbello, un centro que abriu hai algo máis de tres

anos no casco vello melidense e que aposta pola atención individualizada

e pola constancia como ferramentas clave para optimizar o rendemento

académico. Un amplo abano de linguas e materias básicas da ESO,

bacharelato e ciclos formativos son algunhas das ensinanzas que oferta.

Recreación dunha xornada de estudo nas aulas de O Pequeno besbello

“O gran inimigoda física, das

matemáticas ouda química estána comprensión

lectora”

“buscamos darunha atención

individualizadapara ir xusto aoproblema que

teña o alumno”

- Cales son os motivos po-los que a xente decide acu-dir a unha academia?-Marta García (M.G.):Cada vez hai máis alumnadoque vén buscando a excelen-cia; aprender algo a maioresdo que lle dan na aula ou for-marse nun idioma diferenteaos que se ofertan no insti-tuto ou no colexio. Tamén haixente que sigue chegando por-que fracasa nalgunha materia,pero estanse igualando as ten-dencias.

- Que áreas de ensino co-bren no Pequeno Besbello?-M.G.: Abarcamos todas asmaterias que se poden abarcar,dende as básicas que se dan enprimaria e na ESO ata algunhapuntual da universidade, in-cluso FP superior, probas deacceso a ciclos e preparaciónde selectividade. Por outrabanda temos a rama de idio-mas: inglés, que é o máisdemandado, francés, italiano,portugués, galego e alemán.

- Cales son as materiasque teñen máis demanda?-M.G.: Agora hai un auxe dasclases de lectura e compren-sión. Despois do boom dasciencias de hai uns anos, volvehaber unha revalorización dasletras, e empeza dende abaixo.Cada vez máis solicítannosclases de lectura para nenos enenas de 6 ou 7 anos, para en-ganchalos a ler. Volvemos ábase e fai moita falta. Moitasveces o fracaso escolar radicaen que falla a comprensiónlectora. Aquí temos detectadoque o gran inimigo da física,das matemáticas ou da quí-mica non é o desenvolvementodo problema, senón a com-prensión dos enunciados.

- Como é o desenvolve-mento das clases?-M.G.: Temos grupos moi re-

ducidos. Intentamos que se-xan 4 alumnos por clase comomáximo. En época de examespode subir a 5 ou a 6, pero nonmáis, porque buscamos coñe-cernos todos e dar unha aten-ción individualizada para irxusto á dúbida ou ao problemaque teña o alumno. Ao finalconvertémonos todos nunhapequena pandilla de amigos.Cando comecei pensei que íaser todo máis frío pero resul-tou ser o contrario; os rapacesveñen aínda que non teñanclase para comentar calqueracousa que lles pasa, os pais ta-mén. Iso é moi bonito. Somosparte da vida do alumnado.

- Pagan as academias ospratos rotos do sistemaeducativo? -M.G.: É un problema co queloitamos aquí todos os días.Percibimos que hai un desá-

nimo xeral e unha falta de mo-tivación absoluta, tanto do quesaca ceros como do que saca10. Creo que iso é debido aosistema actual. Os profesorestamén están sobrepasados;teñen clases moi grandes, conmoitas problemáticas, e re-súltalles difícil saber ata quepunto un rapaz está afectado.A nós énos máis doado chegara el, porque sempre se acabanabrindo: sabemos o que llepasa, por que un día tivo malcomportamento, por que nonquere seguir estudando...

- Considera axeitado oxeito en que se avalía aprogresión do alumnado? -M.G.: Se puxeramos nós asnotas, serían distintas. Nós te-mos aulas moi pequenas, nonson como as do bacharelato,con 20 alumnos, e sabemos oque se esforza cada alumno e

ata onde pode chegar. Non to-dos temos as mesmas capaci-dades, que é algo do que seesquece o sistema educativoactual, onde se valora do 1 ao10 sexa cal sexa a túa evo-lución. Non todo consiste ensacar unha boa nota. Na maio-ría dos casos con constancia eevolución chégase máis lonxe.

- Que cre que habería quecambiar no actual sistemade ensino? -M.G.: habería que mirar otempos de vacacións, os ratiosde alumnos por aula, os tema-rios... habería que intentaratender a cada neno en parti-cular e deixar de buscar a xene-ralidade: que todos estuden omesmo, que todos saian igual,que todos teñan o mesmo ni-vel... este sistema non fun-ciona, entón haberá que buscaroutro. Non podemos seguir an-

corados no pasado, no mesmoque tiñamos hai 30 anos. Nonsó é unha cuestión de recursos,senón máis ben de modeloeducativo.

- Deberes si ou deberesnon? Que opina sobre de-bate sempre presente? -M.G.: Non é tanto un pro-blema dos deberes como dacantidade e da organización.Máis alá de unha ou dúas ho-ras de exercicios é excesivo. Osprofesores deberíanse turnarpara que os nenos non traiandeberes de todas as materiastodos os días. En xeral esque-cémonos de que tamén teñenque xogar e moverse.

O Pequeno Besbello

Tlf: 981 505 252 R/ San Antón, 5

Page 24: Nº 118. Novembro 2015. Distribución gratuíta Pisos novos ... · Pisos novos que caen a cachos. 2Editorial Cerne 118. Novembro 2015 Cerne Edición dixital en Publicación mensual

CERNE Cerne 118. Novembro 2015

Aínda non lle ves as vantaxes

Que servizos ofrece Asetem

?

?

sóciate!!A

● Asesoría xurídica, fiscal e laboral

Resolve gratuitamente todas as túas dúbidas de

man dos profesionais cualificados da Confederación

de Empresarios da Coruña, da Federación Galega

de Comercio e da Federación de Autónomos de

Galicia, organismos nos que estamos integrados.

● Convenios con garantías

Accede a vantaxes na contratación de servizos para

o teu negocio grazas aos convenios que asinamos

con entidades como Banco Sabadell, La Caixa, Efa

Piñeiral, Seguridade A-1, Radio Melide ou R.

● Información e tramitación de axudas

Achegamos de forma puntual información sobre

todas as subvencións e liñas de axuda ofertadas

dende os diferentes organismos. Se o precisas,

tramitámosche as solicitudes de xeito gratuíto.

Tamén informamos sobre os cambios lexislativos

de relevancia.

● Oferta formativa

En Asetem organizamos cursos formativos

pensando nas necesidades dos nosos asociados:

Escaparatismo, técnicas de venda, prevención de

riscos laborais, oratoria, habilidades directivas,

primeiros auxilios, redes sociais e internet...

● Organismo acreditado

Asetem é un organismo acreditado para a realiza-

ción de cursos oficiais de manipulador de alimentos,

benestar animal e transporte de animais vivos. Es-

tamos habilitados para intervir como árbitros ante

calquera conflito que se dirima no Instituto Galego

de Consumo.

● Feiras, eventos e campañas

Poñemos en marcha numerosas iniciativas ao longo

do ano co obxectivo de dinamizar o tecido produtivo

local e crear vida na comarca: Este Nadal toca

en Melide, Bono Asetem, Unha voltiña por Melide,

concurso de tapas de primavera e outono, En Melide

todo o día, Salón da Voda, Mercamelide, Feira de

maquinaria agrícola...

● Cesión gratuíta do local

As instalacións de Asetem están a disposición das

empresas asociadas sempre que o necesiten.

● Bolsa de traballo

Axudámosche a atopar o

empregado que necesitas.

● Un espazo de comunicación

A asociación de empresarios é a responsable do

Xornal Cerne, publicado mensualmente dende 2004

como unha ferramenta de difusión da actividade co-

mercial e de información plural para a veciñanza.

Na nosa páxina web tes outra canle de comuni-

cación e tamén un espazo para o teu negocio.