Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de...

24
Cerne EMPrESa Mercamelide reforza a súa oferta para a cita do 8 e 9 de febreiro P3 EnTrEvISTa rocío Mejuto, Colorín Colorado O xornal da Terra de Melide Nº 97. Febreiro 2014. Distribución gratuíta Buscan financiamento para amañar a rúa de San antón A alcaldesa responde ás críticas dos veciños asegu- rando que xa hai un proxecto redactado e que antes do verán atopará os cartos necesarios para executalo. P11 Persisten os problemas de iluminación no casco urbano As principais rúas da vila están a media luz. Á escasa visibilidade nos pasos de cebra súmanse farois sen lámpadas e continuos apagóns nos últimos meses.P13 MElIDE O Psoe pide garantías por escrito sobre a permanencia do Caiss P12 CulTura O Programa Bule con Alcer bate récord de participación na vila P20 Os secuestradores do madeireiro pensaban escondelo en Toques Catro veciños da comarca permanecen presos no cár- cere de Teixeiro pola súa presunta participación no secuestro de Abel Diéguez, o empresario da madeira que foi liberado en Lalín o pasado 24 de xaneiro tras pasar cinco días retido nun cortello na al- dea de Xar. Segundo relatou a propia vítima, ese non foi o destino que os secuestra- dores barallaron inicialmente como lugar do cativerio, se- nón unha casa da parroquia de Villamor, en Toques. O Xornal Cerne fai un repaso por esta historia de película que causou conmoción na comarca e que tivo na Terra de Melide un dos seus escena- rios principais. P14 - Fotos antigas do Catastro de Melide - Concentración parcelaria - Legalización de pozos, traídas de auga, etc. JAVIER LÓPEZ LÓPEZ ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049 - Partición de herdanzas (partixas) - Informes periciais e valoracións - Proxectos agrícolas Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected] Rúa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña) peritosmelide.blogspot.com.es - Medición de terreos - Catastro - Segregacións e agrupacións - Imposto de sucesións Emiliano Mouzo N. Noguerol

Transcript of Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de...

Page 1: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

Cerne

EMPrESaMercamelidereforza a súaoferta para acita do 8 e 9 de febreiro P3

EnTrEvISTa

rocío Mejuto, Colorín Colorado

O xornal da Terra de MelideNº 97. Febreiro 2014. Distribución gratuíta

Buscan financiamento paraamañar a rúa de San antón

A alcaldesa responde ás críticas dos veciños asegu-rando que xa hai un proxecto redactado e que antes doverán atopará os cartos necesarios para executalo. P11

Persisten os problemas deiluminación no casco urbano

As principais rúas da vila están a media luz. Á escasavisibilidade nos pasos de cebra súmanse farois senlámpadas e continuos apagóns nos últimos meses.P13

MElIDEO Psoe pide garantías porescrito sobre apermanenciado Caiss P12

CulTuraO Programa Bule con Alcer

bate récord departicipaciónna vila P20

Os secuestradores do madeireiropensaban escondelo en ToquesCatro veciños da comarcapermanecen presos no cár-cere de Teixeiro pola súapresunta participación nosecuestro de Abel Diéguez, oempresario da madeira quefoi liberado en Lalín o pasado24 de xaneiro tras pasar cincodías retido nun cortello na al-dea de Xar. Segundo relatoua propia vítima, ese non foio destino que os secuestra-dores barallaron inicialmentecomo lugar do cativerio, se-nón unha casa da parroquiade Villamor, en Toques. OXornal Cerne fai un repasopor esta historia de películaque causou conmoción nacomarca e que tivo na Terrade Melide un dos seus escena-rios principais. P14

- Fotos antigas do Catastro de Melide

- Concentración parcelaria

- Legalización de pozos, traídas de auga, etc.

JAVIER LÓPEZ LÓPEZENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)

- Informes periciais e valoracións

- Proxectos agrícolas

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña)

peritosmelide.blogspot.com.es

- Medición de terreos

- Catastro

- Segregacións e agrupacións

- Imposto de sucesións

Emiliano Mouzo

N. Noguerol

Page 2: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

2 Editorial Cerne 97. Febreiro 2014

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta COOrDInaCIÓn E rEDaCCIÓn: iván G. blanco

EDICIÓn: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)EnDErEZO: R/ Lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]ÓnS: María Mellid, Minia Varela, Rafael Rodríguez Gaioso

aGraDECEMEnTOS: Pilar López, Adolfo Álvarez, imprenta MeligrafIMPrESIÓn: Publicaciones Tameiga S.L.

DEPÓSITO lEGal: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDiTORiAL..................................2-EMPRESA.....................................3-MELiDE.......................................11-COMARCA...................................14-CuLTuRA E LECER....................20-COLAbORACióNS......................22-ENTREViSTA..............................23

ÍnDICE

Editorial Tribuna de opinión

Cidadáns exemplares O privilexio das pensións Xunta Directiva de aSETEM-CCa

O Ministerio de Empleo en-viaralle este ano a todos os co-tizantes maiores de 50 anosunha información persona-lizada sobre a expectativa depensión de xubilación. Trátasedun estudo “aproximado”para que os cidadáns poidan“adoptar las decisiones deahorro” que máis lles conve-ñan aos seus intereses. Algun-has delas serían, por exemplo,traballar máis tempo, aumen-tar as cotizacións ou recorrera un plan privado de pensións.

Que se pretende con estamedida que para o executivocentral supón “avanzar en latransparencia y en la mejorade la información”? Pretén-dese poñer no noso coñe-cemento que, despois de tra-ballar e cotizar durante todaa vida, a non ser que nos espi-lamos e vaiamos ao banco

correndo para contratar unplan de pensións privado (sepode ser con uns dos que serescatou con fondos públicosmellor), o día que nos xubile-mos imos cobrar unha pen-sión tan ridícula que non noschegará nin para pipas. E ninpoderemos protestar porqueaxiña nos dirán que o queavisa non é traidor.

Detrás de tanta transparen-cia e información parece ha-ber unha auténtica campañade lavado de cerebros. E unhavez máis, estase a xogar cofactor do medo. Neste caso, omedo de chegar á vellez e nonter medios suficientes parapasar os últimos anos da vidacon dignidade. Xa de paso, ta-mén se nos segue insistindonesa idea de que o que un díapensamos que eran dereitos,eran en realidade privilexios.

Alcaldes e concelleiros que re-ciben mensualmente sobrescon 2.000 euros envoltos enpapel de periódico. Alcaldes econcelleiros que pactan as ba-ses dos concursos públicos.Alcaldes e concelleiros quemanexan para amañar os con-tratos da ORA. Alcaldes e con-celleiros que presionan paraenchufar aos seus. Alcaldesque reciben Rolex de ourovalorados en 6.000 euros. Easí ata sumar máis de 100 im-putados. Todo supostamente.Son só algunhas pinceladasdo que aparece no sumario daOperación Pokemon, que aca-bamos de coñecer e que seperfila como a trama de co-rrupción máis extensa, máisvergoñenta e mellor montadaque existiu en Galicia.

Partamos da presunciónde inocencia, pero deixemosclaro ao mesmo tempo que isonon é unha carta branca paraaferrarse ao sillón, sobre todocando se é un cargo público detanta responsabilidade e se tencapacidade para decidir sobreo diñeiro dos cidadáns. Talcondición require a máximahonorabilidade e a mínimadúbida. É por iso que tardanen chegar as dimisións.

A reacción de todos osimputados consiste en procla-mar a súa inocencia, pecharfilas cos seus partidos (dequen reciben un apoio in-quebrantable) e cuestionar opapel dos medios de comu-

nicación e da xustiza. Non ésorprendente que os xuíces,garantes dunha sociedadeverdadeiramente democráticae igualitaria, estean agoramáis cuestionados ca nunca?

Semella que vivimos nunhademocracia de cartón - pedracon boa fachada (ou xa ninsequera iso) e un fondo oco.O sumario da Operación Poke-mon demostra que a corrup-ción non é unha cuestión decondutas individuais nin dun-has leis febles. É unha podre-mia sistemática e organizadaque transcende a todos os par-tidos políticos e que se perpe-túa. Por iso xa non abonda conboas palabras. Son necesariosfeitos contundentes. Os parti-dos políticos deben facerfronte común ante a corrup-ción. Dicir “basta xa”. Dicir“ata aquí chegamos” e aplicar

man de ferro. Preséntase unhaocasión marabillosa á voltadun ano nas eleccións munici-pais. Se o compromiso é talcomo din, non se debería per-mitir que ningún imputadofigure nas listas electorais.

Se algo así non sucede, aimaxe da política seguirácaendo en picado e o 95% doscidadáns seguirán pensando,como demostra un informepublicado recentemente polaComisión Europea, que a co-rrupción está instituciona-lizada. E non só iso, estaráncada vez máis convencidos deque só hai unha forma dereconducir a situación cara aointerese xeral: o espírito deGamonal, o da marea brancacontra da sanidade, o da ma-rea verde da educación ou oda marea violeta do aborto.Cidadáns, estes si, exemplares.

Forges

EL SALUDO IDEOLÓGICO

A TRAVÉS DE LOS TIEMPOS

Antes de la

guerra

En la

democracia

Después de la

guerra

Page 3: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

Empresa 3Cerne 97. Febreiro 2014

SEGUROS BILBAO CATALANAOCCIDENTE

Grupo

C/ Ronda de Pontevedra

Nº 113 Bajo - 15800 Melide

Tlf/ Fax: 981506495

Móvil: 678055942

[email protected]

Rodrigo Fernández PomboAgente de seguros exclusivo

Nº de Reg. Mediador.: COO2636154917K

Chega o Mercamelide de inverno

Van xa trece edicións, peroo Mercamelide non deixa demedrar e de ofrecer ano trasano importantes novidades.O Pazo de Exposicións e Con-gresos acollerá os días 8 e 9de febreiro unha nova entregadesta feira de oportunidadesque chega en 2014 cun récordde participación: serán entotal 33 os comerciantes quevendan os seus produtos aprezos rebaixados, con des-contos de ata o 70%, durantetoda a fin de semana.

novos sectores“Non medramos só en nú-mero, senón tamén en varie-dade”, salientou o concelleirode Promoción Económica,Santos López, na presentacióndo evento. Así é, pois o Merca-melide de inverno contaráeste ano por primeira vez cunstand de xoguetes e outro defroitas no que se venderá unhatonelada de laranxas. Ademaishaberá un expositor dedicadointegramente a disfraces eartigos de Entroido.

No recinto feiral, que abriráen horario ininterrompido de11:00 a 20:00 horas, seguiránestando presentes os sectoresque se incorporaron nas últi-mas edicións, como a xardi-nería, os mobles antigos ou omaterial de construción e, porsuposto, non faltará a roupae o calzado, sectores que“seguen indo a máis”.

viño, pulpo e filloasTamén segue indo a máis aoferta gastronómica do Mer-camelide de inverno, que con-

tará cunha viñoteca, un postode churros e cun espazo ondeos asistentes poderán degustarun dos produtos típicos davila; o polbo. Por outra parte,e tendo en conta o éxitoacadado hai dous anos, odomingo estará de novo amáquina filloeira de Lestedo,capaz de cociñar 1.500 unida-des por hora.

Ocio e premiosCoa intención de que o Merca-melide “non sexa un espazo deida e volta, senón un lugarno que a xente quede e poidadisfrutar”, tal e como sinalouo concelleiro de Promocióneconómica, a feira de saldosinclúe máis atractivos queo puramente comercial. undeles serán os obradoiros deSogama, que levará ao parqueinfantil instalado no Pazo deCongresos un xogo xigante dereciclaxe. A iniciativa formaparte da campaña “Separemos

ben, reciclemos mellor”, queten por obxectivo concienciaraos máis cativos sobre o coi-dado do medio ambiente.

Para eles haberá taméninchables gratuítos e para osclientes que pasen polo recintosuculentos premios. O sábadosortearanse dúas cestas conprodutos de alimentación eo domingo 500 euros entretodas as persoas que merquen,como mínimo, en tres expo-sitores. O sorteo será ás seteda tarde.

Asetem e o Concello deMelide animan a acudir a unevento único na comarca quedestaca pola súa singulari-dade: “normalmente asóciasea feira de saldos ao baratillo,pero Mercamelide non é iso”,insistiu a presidenta da patro-nal melidense, Sonia Valiño,“é unha feira onde se vendenprodutos a baixo prezo perode calidade e con todas asgarantías”.

Sonia Valiño, Ánxeles Vázquez e Santos López

O Pazo de Congresos acolle os días 8 e 9 de febreiro a Xiii feira de saldos con récord de stands, novos sectores e alternativas de ocio

O número 23 do DiarioOficial de Galicia (DOG), pu-blica a convocatoria de sub-vencións para a apertura denovos establecementos co-merciais baixo as seguintescondicións e requisitos:

-Beneficiarios: Comer-ciantes retallistas dados dealta nalgún dos iAE relacio-nados na axuda, entre o01/11/2013 e o 30/06/2014,que empreguen menos de10 traballadores.

-Investimentos sub-vencionables:

1. Acondicionamento dolocal, no tocante á superficiecomercial adicada á venda,cando a superficie non

supere os 150 m2 (exceptoiAE 653.1-comercio menorde mobles, excepto de ofi-cina). investimento máximosubvencionable, 12.000 eu-ros. Contía da axuda, o 50%.

2. Mellora da imaxe exte-rior, moblaxe e equipamento.investimento máximo sub-vencionable, 6.000 euros.Contía da axuda, o 50%.

3. Tecnoloxías da informa-ción e comunicación (TPVintegrado, software de xes-tión e páxina web comercial.investimento máximo sub-vencionable, 2.000 euros.Contía da axuda, 50%.

-Prazo de solicitude:Ata o 30/06/2014.

SUBVENCIÓNS PARA A APERTURA DE ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS

A sede de Asetem acollerá noprimeiro semestre de 2014dous cursos da Confederaciónde Empresarios da Coruña.un deles versará sobre ferra-mentas de comunicación e ooutro tratará sobre técnicasde venda (máis informaciónen www.asetem.com).

Ámbolos dous cursosterán unha duración de 45horas e poderán realizarse dexeito gratuíto. Van dirixidosa traballadores en activo eestán suxeitos a límite deprazas; poderán participarcomo máximo 15 alumnos encada un deles. En caso denon completar todas as pra-

zas, poderán participar ta-mén persoas desempregadas,pero será requisito impres-cindible que estean anotadasnas oficinas do iNEM.

Prazo de inscriciónOs cursos celebraranse antesdo mes de xuño, pero as da-tas están aínda sen concretar.Non obstante, xa está abertoo prazo de inscrición. As per-soas interesadas en partici-par deberán anotarse antesdo 25 de febreiro pasandopolas oficinas de Asetem enhorario de 8:30 a 13:00 horasou chamando ao número deteléfono 981 50 61 88.

CURSOS DE COMUNICACIÓN E TÉCNICAS DE VENDA EN ASETEM

Page 4: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

4 Publicidade Cerne 97. Febreiro 2014

Page 5: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

Empresa 5Cerne 97. Febreiro 2014

Comerciantes

e premiados

da campaña

“Este Nadal Toca

en Melide”

A Asociación de EmpresariosTerra de Melide puxo punto efinal á campaña de Nadal o 5de febreiro coa tradicionalentrega de premios aos clien-tes agraciados. Comerciantese consumidores participaronnun acto que por terceiro anoconsecutivo se celebrou no lo-cal que Ezequiel Eventos puxoa disposición da patronal.

A presidenta de Asetem,Sonia Valiño e a vicepresi-denta da asociación, ElenaQuintas, actuaron de anfi-trioas dunha velada na que seentregaron 18 dos 22 premios

da campaña. Catro galardónsquedaron desertos ao nonapareceren nin o titular nin oreserva das rifas agraciadas.

Cuestión de sorteA sorte, que ten sona de sercaprichosa, sorprendeu un anomáis coas súas reviravoltas.Tendo en conta que nesta edi-ción os 62 comercios partici-pantes repartiron 50.400 rifas,non deixa de chamar a aten-ción que tres das papeletaspremiadas as dese CafeteríaStop, entre elas a do premiogordo, dotado con 2.000 euros.

O cliente agraciado foi Javierbarreiro, un veciño de Melideao que tamén lle sorriu a sorte,pois era posuidor do númerode reserva e tivo que agardarpreto de vinte días coa incer-teza de non saber se apareceríao titular. Finalmente a esperamereceu a pena e para el foron2.000 euros que xa ten claro enque investir: unha lavadora,unha televisión, un quentadore roupa.

A sorte tamén foi caprichosacoa gañadora do segundo pre-mio, Marissa Sánchez, querecibiu 1.000 euros de Santín& Amo Perruqueiros comoclienta e entregou 200 en cali-dade de comerciante propieta-ria de El baúl de la Piquer.Outra das afortunadas foiMontserrat Chorén, agraciadacon dous premios, un de 200euros que recolleu de mans dosxerentes de Romero Zapateríase outro de 100 euros que lleentregou Cousas Novas. Tralaentrega de premios os asisten-tes ao acto puideron degustaruns petiscos servidos por xen-tileza de Ezequiel Eventos.

Calzados broz e Dolores Pintor Jesús Rodríguez e Pescados Abel María barrio e Angarela

A xerenta, a presidenta e a vicepresidenta de Asetem Elena bascoy e Muxica Tenda Xoven

a lotería que sempre toca en Melide

Javier barreiro e Cafetería Stop

Marissa Sánchez e Santín & Amo Perruqueiros

2.000 €

1.000 €

Asetem-Cca entrega os premios da campaña de Nadal

Asistentes á entrega de premios en Ezequiel Eventos

200 €

200 €200 €200 €

Page 6: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

6 Empresa Cerne 97. Febreiro 2014

El Dándolo Moda e Ángel Mouriño Domitila Agra e Carola Moda 2012 Andrea de la iglesia e Santín & Amo Perruqueiros

Comerciantes e premiados da campaña de Nadal

Cousas Novas e Montserrat Chorén óscar Seijo e bodegas Mejuto Lucía Regueira e Librería Cousas

Ramón Pintor e Cafetería Stop Sara Mejuto e Xoiería Silvela Eurocadena e Marissa Sánchez por Jesús Mellid

Zapaterías Romero e Montserrat Chorén Cynthia Corgo e El baúl de la Piquer José Luis Vidal e Cafetería Stop

200 € 200 € 200 €

200 € 200 € 200 €

100 € 100 € 100 €

100 € 100 € 100 €

Page 7: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

Publicidade 7Cerne 97. Febreiro 2014

XORNAL CERNE NOVOS PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN

COMERCIO

- Aceiteiro- Angarela- Berencello- Bodegas Mejuto- Calzados Broz- Casa Juanito- Casa Santos- Cociñas Buján- Ctro. Cial. Ares- Espomasa- Floristería Maru- Floristería Tarrío- Hijos Casal Mariño- J.R. Cabado - Librería Cousas - Librería Victorio- Melimática- Melisanto- Muebles Paula

- Muxica - Pescados Manolo- Xebre- Xoiería Oro Ley- Xoiería Roval- Xoiería Silvela

EMPRESA

- Canteras Prebetong- Canteras Rechinol- Constr. Espiño- Cubiertas Blanco- Distribuciones Mella- El Mueble- El mundo del pintor- Fuciños Rivas S.L.- Gasolineira Bocelo- Lácteos T. de Melide- Leonardo Miguélez- Mejuto Vázquez

- Ovidio Leiva- Proquintas- Villamor S.C.

HOSTALERÍA

- A Boa Viña- Bodegón Alongos II- Café Chaplin- Cafetería Arraigos- Cafetería M40- Cafetería Marian- Cafetería Stop- Casa Estilo- Novo Continente- O Carburo (Toques)- Os Garceiras- O Sapo Lambón- Parrillada Rúa- Pizzería Xoldra- Pulpería Ezequiel

SERVIZOS

- CC Xestión - Clínica Dental AnaMarcos

- Clínica Dental Karim

- Fisiovida- Hardgalicia (R)- Javier López

(perito)

- Meligraf- Notaría- Seguros Bilbao

NO POLÍGONO

- Jim Sports- Nutripor- Suministros Indus-

triales Cire- Transportes Sierra

Page 8: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

8 Publicidade Cerne 97. Febreiro 2014

Analíticas alimenticias Laboratorio

Legionela Control de plagas

Manipulación alimentos Formación

[email protected] / 986 118 714 / 698 163 399

A FUNDACIÓN BOWLING

Programación FEBREIRO - Melide Ocio

DIA 7: TIRULEQUEPresentación do disco “Mu!!”

Entrada 5 €

Anticipada 4 €

DIA 21: MARÍA

“Fado con outro acento”

Entrada 8 €

Anticipada 7 €

DO CEO DIA 14: QUICO

“Contos de amor parolán”

(“Les histoires d´amour pour Hollande”)

Entrada 6 €

Anticipada 5 €

CADAVAL

(Todos os asistentes aos concertos terán un 50% de desconto na 1ª partida de bowling)

Page 9: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

Publicidade 9Cerne 97. Febreiro 2014

Rúa Principal, 6 - MELIDETelf: 696 77 41 63

ERUOM

Polígono Industrial do TambreVía Galileo,91589O SANTIAGO DE COMPOSTELAwww.eruom.com

D.O. Ca. Rioja

AllendeMugaObaloArneguiAzpilicuetaRioja BordónRamón BilbaoMarqués de TeránMarqués de Riscal

D.O. Ribera del DueroTarsus PradoReyCruz de AlbaCondado de OrizaDominio de AtautaPago de los Capellanes

D.O. RuedaNaiaMonteblanco

D.O. RibeiroViña Costeira

Tel. 981 519 999Fax. 981 519 [email protected]

XAN GARCÍA MONTERO, comercialMóvil:678 543 24O

D.O. Vinos de Madrid

Tagonius

D.O. SomontanoPirineos

D.O. BierzoDominio de Tares

Vinos del mundoArgentina, Australia,Chile

D.O. NavarraCastillo de JavierPalacio de la Vega

D.O. BierzoDominio de Tares

D.O. ToroFariña

V.T. Castilla y LeónDominio DosTaresViñas del Cénit

V.T. Castilla

Mano a Mano & VentaLa OssaPago del Vicario

D.O. Rías Baixas

NoraLuscoVeigadaresTerra D´OuroViña SobreiraMar de FradesSeñorío de Sobral

D.O. ValdeorrasGalgueira

D.O. Ribeira SacraPincelo & 1985

ChampagnePerrier Jouët

Aceite ArteOlivaAgua Solán de Cabras

viños

31 de xaneiro

1,2,7,8,9,14,15,16,

21,22,23,28 de febreiro

e 1 de marzo de 2014

Page 10: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

10 Publicidade Cerne 97. Febreiro 2014

ILUSTRE COLEGIO DE ODONTÓLOGOSY ESTOMATÓLOGOS DE A CORUÑA

Ronda da Coruña, 31 - 1ºB15800 - MELIDE (A Coruña)

Tlf.: 981 50 57 05

Ana Marcos Cardo

Odontóloga

COCHESTRACTORESMOTOS HOGARCOMERCIOEDIFICIO

VIDA RIESGOAHORRO JUBILACIÓNPLANES DE PENSIONESINVERSIÓNSALUDDECESOS

Tfno.: 981 507 022Fax.: 981 507 022Antón Fraguas, 12

15800 MELIDE

Tfno.: 981 789 879Fax.: 981 789 879Sánchez Anido, 7

15310 TEIXEIRO

TEIXEIROTfno.: 981 914 011Fax.: 981 918 198Avda Arteixo, 83-85

15009 A CORUÑA

CORUÑA

WWW.METECASESORES.COM

MELIDE

EN COLABORACIÓN

CON

Page 11: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

Melide 11Cerne 97. Febreiro 2014

Crean un blog para facilitar a buscade traballo e de novas vías de negocio

www.promocioneconomica-demelide.wordpress.com, é“intuitivo e fácil de empregar”.Consta dunha páxina princi-pal, que se actualizará diaria-mente, e de 7 pestanas coninformación clasificada porbloques: axudas e subven-cións, formación, ofertas deemprego, oportunidades denegocio, parque empresarial,enlaces de interese e recursos.

Aínda que o blog ofrece in-formación referida ao ámbitogalego, farase “especial inci-dencia” en todo o relacionadocon Melide, segundo destacouo técnico de orientación labo-

ral do concello, José ManuelPazó. É por iso que se decidiuincluír un apartado dedicadoao polígono da Madanela noque se poderá consultar a su-perficie e o prezo de todas asparcelas dispoñibles, así comoos descontos que se están apli-cando. Do mesmo xeito, cre-ouse unha pestana con ofertasde negocio na zona “para per-soas con espírito emprende-dor”. Recollerá informaciónsobre locais en aluguer enMelide, traspasos ou empresasinteresadas en asentarse nomunicipio, como é o exemploda cadea de conxelados Mer-

Santos López e o técnico de orientación laboral, José Manuel Pazó

A Concellería de PromociónEconómica acaba de poñeren marcha unha nova inicia-tiva para tratar de reducir onúmero de parados no muni-cipio. Trátase dun blog deemprego no que se pon a dis-posición dos usuarios infor-mación práctica para a buscade traballo. “Non buscamosgañar un premio de deseño”,explicou o concelleiro SantosLópez na presentación destanova ferramenta, “senón serútiles e ofrecer un servizo máisde orientación laboral”.

O blog, ao que se podeacceder a través do enderezo

canova, que busca un franqui-ciado/a na vila.

José Manuel Pazó salientaque o blog, ademais de ache-gar datos, é tamén unha ferra-menta interactiva a través da

cal se poderán facer consultase resolver dúbidas. Este ser-vizo complementa a oficina deinformación laboral que levafuncionando no concellodende finais de 2013.

A construción dunhaglorieta no cruce deSanta María, ondeconflúen a N-547, aestrada de Visan-toña e unha vía mu-nicipal, volve a estarna axenda política.A deputada do bNGno Congreso dosDeputados, RosanaPérez, ten progra-mada unha visita aMelide para coñecera intersección sobreo terreo e presentaras preguntas que lletrasladará ao Minis-terio de Fomento coobxectivo de coñe-cer o estado actualno que se atopa oproxecto, que xa foiaprobado na ante-rior lexislatura e do que in-cluso se chegaron a pagar asexpropiacións de terreos.

Na mesma liña, os nacio-nalistas de Melide veñen depresentar un rogo ante o exe-cutivo local solicitándolle querecade pola súa banda toda ainformación que lle sexa posi-ble. A alcaldesa, Ánxeles Váz-quez, asegura que ata ondeela coñece o proxecto está “enpunto morto”.

O detonante que motivoua recuperación do interesepola rotonda de Santa María

un choque en Santa Maríatrae de novo a primeiroplano o proxecto da rotonda

foi un accidente de tráfico quese produciu no cruce o pasado20 de xaneiro e que deixou denovo en evidencia a perigosi-dade dese punto quilométrico.No sinistro víronse implicadosun camión de nacionalidadeportuguesa e un vehículo to-doterreo no que viaxaban dousveciños da parroquia meli-dense de San Cosme, pai efillo. José Manuel Segade, de71 anos, tivo que ser evacuadoao hospital en helicóptero. Oseu fillo, José Segade, foi ex-carcerado polo GES de Melide.

O PP busca 200.000 € para amañarde forma integral a rúa de San antón

pola “mala imaxe de Melide”que poden levar “as miles depersoas” que transitan cadaano por unha rúa pola quepasa o Camiño de Santiago.“Algunha forma haberá deamañar isto” manifestou San-tín Amo, “non pedimos quese gasten 200.000 euros, perounha rúa do centro da vila nonpode estar así”.

A alcaldesa pechou o de-bate en clave política argu-mentando que carecía desentido “pelexar por catro vo-tos desa rúa” e dando por sen-tado que a única posibilidadepara San Antón pasa por unhaintervención integral e nonpor reparala en diferentes tra-mos, tal e como propuxo noseu día a concelleira de obras,Rosa Cabado. “Fun eu a que

rexeitou esa opción”, senten-ciou Vázquez.

Finalmente acordouse queo bNG se reunirá cos veciñospara consensuar unha pro-posta sobre a regulación dotráfico e buscar unha soluciónao problema que supoñen oscoches aparcados a ámbolosdous lados da rúa.

Varios residentes en SanAntón asistiron ao pleno parapresenciar o debate da mo-ción. unha das veciñas inter-veu espontaneamente duranteo intercambio de opiniónspara amoestar ao equipo degoberno: “pasades olimpi-camente de nós!”, espetou. Aalcaldesa pediu respecto e res-pondeu dicindo que “o plenonon é unha algarada, despoisse queres montamos unha”.

imaxe do deterioro da rúa presentada no pleno polo bNG

O proxecto de arranxo xa estáfeito pero non hai cartos paraacometelo. Esa é a realidadeda céntrica Rúa de San Antón,cuxo deplorable estado estápoñendo a proba a pacienciados veciños da zona.

O goberno local desvelouque ten a intención de arran-xar a vía “de arriba a abaixo”pero que non dispón dos200.000 euros necesariospara acometer o proxecto, quexa está redactado e quecontempla separar as augasfecais das pluviais, soterraro cableado eléctrico e repoñero firme. “Podíamos botar unpouco cemento nos baches edeixar que a rúa se siga afun-dindo, pero non o imos facer”explicou a alcaldesa, ÁnxelesVázquez, “estou buscandofinanciamento e agardo conse-guilo antes do verán”.

A rexedora contestabadeste xeito ás queixas dos resi-dentes na zona, que foron tras-ladadas ao pleno polo bNGa través dunha moción naque pedía o arranxo urxenteda vía: “os veciños viñeronprotestar e non lles fixestesningún caso”, recriminou oconcelleiro Xosé María Santín.“Tedes a rúa nun estado la-mentable, sucia, cunha reco-llida de augas pésima, cotráfico sen regular e intransi-table”, engadiu o concelleironacionalista, quen manifestoutamén a súa preocupación

Page 12: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

12 Melide Cerne 97. Febreiro 2014

O PSOE pide que o Ministerio garanta por escritoo mantemento da oficina da Seguridade SocialOs socialistas da comarca nonse conforman con desmenti-dos públicos nin promesasverbais. Queren que sexa opropio Ministerio de Traballoquen confirme por escrito quea oficina da Seguridade Socialen Melide seguirá funcio-nando despois da reestrutu-ración que supostamente vaiacometer o goberno do estadoe que suporía a eliminacióndalgúns centros.

“Quen ten que dicir queisto non se pecha é o Minis-terio, non a alcaldesa. Querespondan por escrito, queenvíen un documento cosselos ministeriais e entón irá ámisa”. Así de rotundo se amo-sou o coordinador dos socia-listas galegos no Congreso eno Senado, Guillermo Meijón,durante unha comparecenciapública na que aproveitoupara poñer en dúbida a pala-bra dada uns días antes polarexedora, Ánxeles Vázquez,para certificar que “nin houbonin hai neste momento, nin acurto nin a longo prazo, pro-xección de ningún tipo de re-

estruturación no que á oficinade Melide se refire”.

Avalada polas conversasmantidas coa directora do ins-tituto Nacional da SeguridadeSocial e acompañada pola de-putada do PP no CongresoMarta Gónzález, a alcaldesade Melide comparecía taménante os medios para desmentiros rumores de peche lanzadospolo PSOE e para asegurarque “é imposible, inviable enon ten lóxica de ningún tipo”

que se peche a oficina tendo enconta que presta servizo a 14concellos de tres provincias eque o ano pasado tramitou14.688 consultas. “No minis-terio son absolutamente cons-cientes da efectividade, daimportancia e do enorme tra-ballo que se está facendo naoficina de Melide”, recalcou adeputada Nacional.

Vázquez acusou ao PSOEmelidense de “lanzar noticiassen argumentos” e de crear

alarma social por estratexiapolítica, algo que non gustouaos socialistas, para quen aalcaldesa perdeu toda a credi-bilidade: “sabemos moi ben oque é berrar aquí e calar enMadrid”, replicou GuillermoMeijón, “que nos diga por queagacha a cabeza ante o seucompañeiro Feijóo, que presu-postou un centro de saúdepara Melide e non executouun só euro”.

Pola súa banda, o secreta-rio dos socialistas melidenses,José Antonio Prado, insiste enque o PP actúa con “escuran-tismo” e “ocultando datos”.Sinala que saben “de formaoficiosa” polos sindicatos quese prevé suprimir as oficinascon menos de 8 traballadores(a de Melide ten 6) e aseguraque foi a propia secretaria xe-ral da Seguridade Social a quedixo nunha xornada de traba-llo que a reestruturación afec-taría a un terzo dos centros.Segundo os cálculos do PSOEafectaría a 12 oficinas en todaGalicia, catro delas na provin-cia da Coruña.

O Concello de Melide foi ví-tima tamén dos roubos quese están a producir ultima-mente na comarca. A noitedo 13 de xaneiro os cacos en-traron na nave que a admi-nistración local ten na RúaFurelos e levaron dous vehí-culos; un Nissan Patrol eunha Renault Express. Osdous coches apareceron aodía seguinte en perfectascondicións; un no concellode O Corgo e o outro enMonterroso. Os ladróns ta-mén subtraeron un compro-bador da corrente eléctrica,un taladro bosch, unhamangueira trifásica, 400metros de cable de cobre e300 metros de cable conportalámpadas.

Nas últimas semanas osamigos do alleo tamén en-traron nalgúns locais comer-ciais, en vehículos na zonade Priorada e mesmo rouba-ron dous porcos da matanza.

rouban nunhanave municipaldous coches eferramentas

Entrada á oficina da Seguridade Social, na Praza do Convento

Melide acollerá un programa pioneirocontra o despoboamento no rural

agro, os servizos ou as persoasmaiores”. Coristanco será,xunto con Melide, a outra sededo programa en Galicia.

Inserción laboral do 50%Os participantes en Aval Xó-

venes, homes e mulleres entre18 e 25 anos en situaciónde desemprego, contarán con

asesoramento personalizadoa cargo dun equipo técnicoque investigará o territorio enbusca de oportunidades aotempo que orientará a cada undos participantes cara ao pro-xecto de emprendemento máisaxeitado ás súas característi-cas. O obxectivo é conseguirentre o 40% e o 50% de inser-

A titular de Granxa Maruxa, en Monterroso, é un exemplo de emprendemento no rural

Vinte e cinco mozos e mozasparticiparán en Melide nunproxecto de emprego pioneiroposto en marcha con fondoseuropeos pola Consellería deTraballo para conseguir que sefagan un oco no mercado labo-ral aproveitando os recursosque ofrece vivir nunha aldea.

Aval Xóvenes, como sedenomina o programa, buscacrear oportunidades de em-prendemento para a mocidadee dinamizar ao mesmo tempoas zonas do rural, contribu-índo así a fixar poboación.Precisamente un dos motivosque decantou a balanza a favorde Melide á hora de conver-terse en sede deste curso foi“o elevado número de mozose mozas que abandonarona zona”, segundo explicandende o departamento auto-nómico. Outros factor de pesofoi o potencial do municipio“para ofrecer oportunidadesen eidos como o turismo, o

ción laboral unha vez rema-tado o programa, cuxo prazode inscrición xa pechou.

Esta iniciativa experimen-tal que se desenvolverá en Me-

lide é unhas das 15 que decidiuapoirar a uE dentro de todoo territorio comunitario nomarco da súa estratexia deemprego Garantía Xuvenil.

Un futuro con interrogantes

≤ 30 anos

30-40 anos

Estranxeiros

Evolución da poboación en idade laboral

1.407

1.195

201

2007

1.240

1.193

133

2010

1.026

1.005

101

2013

A ANÁLISE

Os datos do Instituto Galego de Estatística confirman a tendencia

negativa na que está inmerso Melide, que ve como descende ano

tras ano o número de persoas en idade laboral menores de 40 anos.

Cada vez hai menos mozos e mozas traballando no municipio.

A causa non é só a crise demográfica, senón tamén a falta de

oportunidades, o convencemento de que marchando se pode levar

unha vida mellor. Nos últimos seis anos diminuíu un 27% o número

de mozos menores de 30 anos en idade laboral. Na franxa dos

30 aos 40 anos o descenso foi do 16%. Marchan tamén as persoas

estranxeiras, que xa non ven o concello como un lugar no que

progresar. Os números que vaticinan un futuro sombrío.

Page 13: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

Esixen unha solución urxente para os problemas de iluminación na vila

Certo é que non hai dous sentres e máis certo aínda que asorte vai por rachas. Despoisde selar en novembro de 2013un boleto agraciado con 2,9millóns de euros, que foi parara mans dun peregrino cordo-bés, e de repartir poucos me-ses despois na bonoloto outros954.000 euros, o despacho delotería da familia Parrado deMelide volveu dar en menosdun ano outro deses premiosque alegran a vida.

Desta volta foi na LoteríaNacional do xoves 30 de xa-neiro, da que esta adminis-

tración melidense da Rúa doProgreso vendeu unha seriecompleta (dez décimos) doprimeiro premio, o número85.030. En total repartiron300.000 euros. A cada boletocorrespóndenlle 30.000. Seen ocasións anteriores houboincerteza sobre a identidadedos agraciados, nesta ocasiónos titulares da administraciónestán convencidos de que asorte lle sorriu “aos clienteshabituais que veñen xogar to-das as semanas”, ou o que éo mesmo, aos veciños da vila.Os cartos quedan en Melide.

a lotería nacional deixaen Melide 300.000 euros

nación pública acada cotasinimaxinables”, sinala Xoséigrexas, voceiro dos naciona-listas. Denuncian que non seestán atendendo as reclama-cións dos usuarios “en tempoe forma” e que en moitas rúasexiste unha “sorprendente”ausencia de puntos de luz efarolas sen bombillas.

A alcaldesa, Ánxeles Váz-quez, recoñece os problemasde visibilidade e anuncia ac-tuacións inmediatas nas prin-

cipais rúas da vila, en concretonas estradas de Lugo, Santiagoe Lalín. Cambiarase o cable-ado, os cadros eléctricos eas bombillas. Non obstante,descarga responsabilidades noanterior goberno bipartito, aoque acusa de colocar farois de6.000 euros “onde non se veabsolutamente nada”. Por ou-tra banda, recorda que o PPxa investiu 53.250 euros encambiar as lámpadas de 8 rúaspor outras máis eficientes.

A Avenida de Lugo a escuras a noite do 8 de xaneiro

É un feito: amplas zonas docasco urbano de Melide pre-sentan unha iluminación defi-ciente. Sábeno os condutoresque non ven aos peóns, sábenoos peóns que teñen medo denon seren vistos polos condu-tores e constátao calquera quepasee de noite por algunhasrúas da vila.

A esta situación engádenseos constantes problemas nosistema de iluminación e os re-petidos apagóns que se veñenproducindo nos últimos dousmeses, algo que provocou tantoas queixas dos veciños como ascríticas da oposición. O PSOEesixe a revisión “inmediata” dosistema ao tempo que recordaque as lámpadas “acenden moitarde en relación á hora axei-tada en que deberían facelo”.Advirte que se está poñendo enrisco a seguridade das persoase engade que “a despreocupa-ción” do executivo local “raiaa neglixencia como xestorespúblicos”.

Na mesma liña, o bNG ta-mén critica a xestión do PP:“a ineptitude no caso da ilumi-

Melide 13Cerne 97. Febreiro 2014

A nova sala do velorio municipal de Melideestará rematada no mes de abril. Esas son asprevisións do equipo de goberno, que decidiureservar unha partida de 66.698 euros do Plande Obras e Servizos da Deputación para sumarunha sala máis ás dúas xa existentes e darcarpetazo aos problemas de falta de espazoque se producen periodicamente cando coin-cidenvarios enterros nos mesmos días. O anopasado o velorio municipal contabilizou 133servizos, que lle reportaron ás arcas muni-cipais 27.257 euros. O uso dunha sala durante24 horas custa 180,90 euros.

Sala nova no velorioO Concello de Melide participa un ano máis enXantar, o Salón internacional da Gastronomíae do Turismo. A través de fotografías e dípti-cos proporcionará información durante cincodías sobre seu patrimonio monumental,paisaxístico e gastronómico. Casa Estilo, enrepresentación da Asociación Melide TerraDoce, ofreceu unha degustación de produtospara dar a coñecer os doces de Melide. Nomarco do Xantar tamén se difundiu a convo-catoria do concurso de carteis para a XXiiiFesta do Melindre, que ten de prazo ata o31 de marzo para a recepción de traballos.

Melindres no Xantar

O bNG denuncia que o Concello de Melideperdeu este ano case 28.000 euros do planDTC 93 como consecuencia “do uso sectario eclientelar que fai o PP dos fondos da Deputa-ción”. Os nacionalistas sosteñen que o orga-nismo provincial cambiou “de xeito unilateral”os criterios de reparto deste programa de axu-das “para beneficiar aos gobernos populares daCoruña, Ferrol e Santiago”. Consideran que sediscrimina ao rural e pídenlle á alcaldesa “quedefenda os intereses de Melide e non os do par-tido”. A Deputación acusa ao bNG de “ir polosconcellos dando datos falsos”.

Discriminación no DTCO Concello de Melide tarda unha media de10,82 días en pagarlle as facturas aos seusprovedores. Así se reflicte no informe deintervención do último trimestre de 2013,onde tamén recolle que non existe ningunhafactura sen aboar que leve máis de tres mesesrexistrada. Segundo o documento, nos últimostres meses do ano pasado realizáronse paga-mentos por valor de 1.057.606 euros corres-pondentes a 592 facturas. A alcaldesa deMelide, Ánxeles Vázquez, subliña que o cum-primento “estrito” dos pagos evita os xuros dedemora e contribúe á estabilidade financeira.

facturas en dez días

Precaución, zona escura

fOTO-DEnunCIa

Ao can fraco todo se lle volven pulgas. Por se as principais víasde Melide non estivesen xa bastante escasas de luz, os disposi-tivos que poderían advertir dos perigos derivados de tal situa-ción tampouco alumean. Que significado teñen dous paneis ennegro situados ao pé da N-547 nas entradas da vila? Precaución,zona escura? Avisar de que non hai luz ao final do túnel? Seestán aí, deberían acender. Se non poden estar, terían que reti-ralos. Se isto fose unha cuestión de enchufes, habían funcionar.

Ana López, empregada da administración, co número premiado

Page 14: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

14 Comarca Cerne 97. Febreiro 2014

Detidos catro veciños da comarca polosecuestro do empresario de Cambre

Catro veciños da comarcapermanecen presos no cár-cere de Teixeiro dende odía 26 de xaneiro despoisde que o Xulgado de ins-trución número 2 de be-tanzos decretase para eles pri-sión comunicada e sen fianzapola súa suposta implicaciónno secuestro de Abel Diéguez,un empresario de Cambre de-dicado ao negocio da madeira.

Os irmáns Jesús e ManuelMejuto, naturais da parroquiade Dormeá (boimorto), eRamón Tarrío máis JesúsManuel Miguélez, de Villamor(Toques), son os protagonistaslocais dunha historia con in-gredientes propios da mellornovela negra que comezou cosecuestro do madeireiro nosmontes de Aranga o pasado18 de xaneiro e rematou seisdías despois cunha liberaciónfeliz en Lalín e coa detenciónde oito persoas, persecuciónpolicial incluída. un argu-mento propio de película queconmocionou a comarca eque atopou nela non só partedos seus actores principais,senón tamén importantesescenarios.

Detención en nogueiraun deses escenarios foi oConcello de Sobrado, ondese detivo a Jesús Mejuto, pre-sunto cabecilla da trama, eao seu fillo José Miguel, de18 anos. Malia que a DirecciónGeneral da Guardia Civil si-tuou a detención en Melidee, preguntada por este perió-

polo propio Abel Diégueznunha entrevista que oempresario concedeu a LaVoz de Galicia e na que serefire á vivenda que tenoutro dos detidos, Ramón

Tarrío (máis coñecido como“O Guardia”), na parroquia to-quense de Villamor. Finalme-mente, por motivos aíndadescoñecidos, rexeitouse To-ques como lugar do cativerio efoi cando se trasladou a AbelDiéguez ata a aldea de Sete-fontes, en Palas de Rei, ondeor irmáns Mejuto teñen a súacasa natal. Nesa vivenda,abandonada e ruinosa, o ma-deireiro pasou a primeiranoite de secuestro antes de sertrasladado a Lalín.

Camiño de Setefontes,Abel Diéguez intentou fuxir epediu axuda sen éxito ao seupaso polo núcleo urbano deSobrado: “o Renault 19 eraigual ca o que tivo a miñamuller”, relatou para La Vozde Galicia, “como puiden des-montei as intermitentes esaquei as bombillas. Levanteiun pouco o maleteiro e vin omosteiro de Sobrado e a xentepaseando polo arcén. Fixen se-ñas pero non me viu ninguén”.Nese momento os secues-tradores decatáronse do quesucedía e pecharon o male-teiro con chave. Aínda así, oempresario volveuno intentar:“conseguín abrilo de novo evin que pasabamos por Friol,pero xa non había xente polaestrada nin ninguén que pui-dera axudarme”.

dico, se negou a ofrecer máisdetalles ao respecto, o XornalCerne puido saber que estesdous presuntos secuestradoresforon interceptados na parro-quia de Nogueira arredor das9 da mañá do venres 24 dexaneiro, sete horas despoisde ser liberado o empresario.Ata alí chegaron logo de darseá fuga nun Renault 19 e depercorrer as pistas da comarcaperseguidos polos axentes.Á altura de Nogueira, e vén-dose acurralados, embestironcontra un vehículo da Garda

Civil e nese momento foronreducidos.

Toques, destino inicial do cativerio

O mesmo Renault 19 queempregaron para darse á fuga,e que estivo custodiado nocuartel de Melide, foi o queusaron os secuestradores paratrasladar a Abel Diéguez dendeos montes de Aranga ata a al-dea de Xar (Lalín), onde estivoencerrado durante cinco díasnun cortello de 4 metros cadra-dos. Segundo a Garda Civil,

viaxaron uns 100 quilómetrospor estradas secundarias paraevitar os controis entre ambaslocalidades. Mais antes de che-gar ao destino final do cati-verio, Abel Diéguez percorreua Terra de Melide dentro domaleteiro do coche, unha viaxedurante a cal os secuestradoresbarallaron encerrar ao madei-reiro nunha casa do Concellode Toques.

“Nun principio non ía irpara a casa de Lalín, ía para ado que din que foi policía”.Son palabras pronunciadas

Os detidos á saída do xulgado: Jesús Mejuto, Manuel Mejuto, Ramón Tarrío e Jesús Manuel Miguélez

“Vendéronse por unha cea ou un vaso de viño”

Arriba, dúas casas da parroquia de Villamor que se barallaroncomo lugar para agochar ao secuestrado. Abaixo, casa de

Setefontes, en Palas de Rei, e cortello da aldea de Xar, en Lalín.

A detención dos irmáns Me-juto e dos dous veciños deToques causou a sorpresaxusta entre a xente da Terrade Melide. Ninguén contabaque puidesen estar involu-crados nun secuestro desascaracterísticas pero ninguénpon tampouco a man no lumepor estas catro persoas conantecedentes penais e amploshistoriais delituosos.

Todos eles pasaran xapolo cárcere. No caso dosdous veciños de Toques, JesúsManuel Miguélez e RamónTarrío, por violencia de xé-nero, unha condena á que esteúltimo, “O Guardia”, sumatamén outras por furtivismoe trapicheo. O alcume venlledos anos que pasou en bilbaotraballando como policía lo-cal. Expulsado do corpo,

regresou á casa de súa naien irago, na parroquia deVillamor, onde vivía “dunhapensión non contributiva”, se-gundo explican os veciños.“O Guardia” era supostamenteo encargado de vixiar ao se-cuestrado. Cando foi detidona casa de Lalín, a Garda Civilinterceptoulle unha pistola depequeno calibre.

Habitual dos bares deMelide, compartía amizadecon Jesús Manuel Miguélez,“o de Casimiro” ou “O chata-rras”. Así coñecían en Toquesa este home de 38 anos, taménveciño de Villamor, que foi de-tido pola súa implicación nosecuestro e do que se cre queactuou como gancho para en-ganar a Abel Diéguez e queacudise ao monte a ver e taxara madeira.

A detención destes doushomes foi recibida con certoescepticismo en Toques: “cal-quera que os coñeza sabe quenon son xente con prepara-ción para facer algo así”, co-menta un veciño de Villamor,“ao mellor víronse metidosen todo isto sen darse de contae despois xa non podíanvolverse atrás”, apunta. “Eupenso que se venderon porunha cea ou por un vaso deviño”, sentencia outro veciño. Tamén eran coñecidos enMelide os irmáns Mejuto, porteren vivido no Forte e porrexentar hai anos un bar naRonda da Coruña. Jesús vol-vera para boimorto habíapouco tempo, tras pasar máisde 20 anos en Venezuela ebrasil a onde, ao parecer, fu-xiu da xustiza tras participar

como cómplice no asasinatopor encargo dunha muller enAsturias. Defende que non

participou dun secuestro,senón dunha “represalia” porunha débeda pendente.

Fotos: César Delgado

Eliseo Trigo

Emiliano Mouzo

Pepe Tejero

Page 15: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

Publicidade 15Cerne 97. Febreiro 2014

Joyería

Oro Ley

Rúa de San Pedro, 1415800 MELIDE (A Coruña)Tlf: 981 50 54 68

dilo con fl ores....

...nosotros te ayudamos!

te amo

te quieroi love you

quérote

Si quieres saber cuanto te quiero cuenta las estrellas

del cielo...

Guardame en tu corazón

Yo nunca supe que tenia un sueño, hasta que ese sueño fuiste tú.

Los amigos son la familia que se escoge

Si algún día Dios nos dijera

que amar es pecado,

prefiero ser pecador y vivir

enamorado.

Si planta una semilla de amistad, recogerá un ramo de felicidad

feliz SAN VALENTÍNdía del amor y la amistad

Rúa do convento nº9 Melide (A Coruña) tel: 981 507580 e-mail:fl oristerí[email protected] móvil: 607 507579

14 de febrero

JOYERÍA - RELOJERÍA

Y

ARTÍCULOS DE REGALO

Ronda de A Coruña, 40Tfno: 981 50 59 97 MELIDE

• Produtor de toda clase de flores

• Preparamos:

Ramos de noiva, coroas, ramos,

palmas, centros, etc..

• Estamos ao seu servizo en:

R/ Amador Rodríguez, 7

Tfnos: 981 50 61 64 / 981 50 59 86

666 49 38 49 / 666 49 38 50MELIDE

Avda. América, 3 MELIDE

Por San Valentín, merca en Melide

Taller propio

Page 16: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

16 Publicidade Cerne 97. Febreiro 2014

Entr 2 41oD

D

ido

D D

o

D D

Nos pubs de MelideSorteamos 5.ooo €

euros €Premios en metálico!!

Sábado,

1 de Marzo

Page 17: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

Publicidade 17Cerne 97. Febreiro 2013

Premios en metálico!!

A mellor zonaA mellor zonade marcha dede marcha deGalicia está Galicia está

eenn MMeelliiddee

15 de febreirosábado

San ValentínEspecial

Consíguea nestes locais!!!

FESTA

DA

CAMISETA

dISCOTECAS, PUBS, dISCOTECAS, PUBS,

BARES, RESTAURANTES,BARES, RESTAURANTES,

HOTEIS, ETC...HOTEIS, ETC...

Page 18: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

18 Publicidade Cerne 97. Febreiro 2014

CAFETERÍA - PIZZERÍA

Telf. 981 50 79 06

Avda de Lugo, 25MELIDE (A Coruña)

Pousada ChiquitínRúa San Antonio, 18 - MELIDE

Campionato de tute

SubcampiónsCampións

3º posto 4º posto

• Almorzos

• Menú do día

• Carta variada

• Habitacións

• Terraza

Tlf: 981 815 333

HOTEL BALNEARIORÍO PAMBRE

Vilariño (San Breixo). Palas de Rei. 27203 LugoTelf.: 982 37 41 35 / Fax.: 982 37 40 98E-mail: [email protected]

Web: www.balnearioriopambre.com

Page 19: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

O Concello de Toques non dáatopado o xeito de sacarllepartido ao albergue e á aulada natureza. Estes dous edi-ficios públicos, renovados haipouco tempo e claramenteinfrautilizados, estanse aconverter nun auténticocrebacabezas para o equipode goberno.

Tras aparcar a idea formu-lada polo anterior alcalde,Jorge Calvo, de organizar naAula da Natureza unha feirasemanal con produtos agrí-colas da terra, o Concellobaralla agora outras alter-nativas logo de que unhaempresa de ocio da comarcase interesase por alugar asinstalacións. Segundo expli-cou a concelleira de obras,

Toques segue buscando usospara os seus edificios públicos

Segunda Cea Gaiteira

Conservación de estradas

Acostuman a amenizar festas e a tocar en días que sonespeciais para o resto da xente, pero eles tamén merecían oseu propio e por iso os gaiteiros e gaiteiras da Terra de Melidecelebraron o 25 de xaneiro unha nova edición, e van polasegunda, da Cea Gaiteira. O evento tivo lugar no Hotel Carlos96 e, tendo en conta as datas que se achegan, o menú consistiunun potente cocido que deu folgos dabondo para a foliadaque se celebrou a continuación no Pub Gatos. E como preludioda festa rachada, concerto de “Os de Redondela”.

Campionato de tute

Comarca 19Cerne 97. Febreiro 2013

Mónica Penas, esta compañíaxa se interesou polo edificiohai dous anos pero daquelaera de propiedade privadae non se chegou a un acordoco propietario.

Por outra banda, o equipode goberno dubida agora daconveniencia de sacar a con-curso a xestión do alberguee contempla a posibilidadede ofrecerllo á mencionadaempresa de ocio tamén enréxime de aluguer.

Dende a oposición, o bNGpresiona para que se atopeunha saída canto antes: “haique buscarlles uso dalgunhamaneira a esas instalaciónsporque se están gastandocartos tontamente”, sinalouo edil Ángel Penas.

Xavier Pazo seguirá catro anos máisá fronte da asociación “río furelos”

Xavier Pazo (segundo pola esquerda) coa nova xunta directiva da Asoc. de Troiteiros Río Furelos

Xavier Pazo blanco repetirá como presidentedos troiteiros da comarca. Así o decidiron osmembros da Asociación “Río Furelos” no trans-curso da súa Xi Asemblea Xeral Ordinaria, quese celebrou o pasado 18 de xaneiro no EdificioMultiusos de Melide e que contou coa parti-cipación do 71% dos socios.

A reelección permitiralle a Pazo blancosumar 12 anos á fronte da entidade, que contaa día de hoxe con 405 asociados. Acompaña-rano na xunta directiva Jorge Pazo, en calidadede vicepresidente, Juan Manuel Pérez comosecretario e Carlos Lamas como vicesecretario.Jesús Ramón Pampín ocupará a tesourería eos vogais serán Antonio González, GuillermoGómez, Fernando Miguélez e Diego González.

Na xuntanza, ademais de renovar a direc-tiva, fixáronse tamén as actividades para 2014.

.- Mantemento das sinais e dos accesos nocouto do río Furelos e do río Martagona

Conscientes do importanteque é saber dicir “K nOn”

O alumnado do iES atendendo ás explicacións dos presos

Dúas horas de testemuñas enprimeira persoa, de música, deimaxes, de opinións e de de-bate. O taller Di K NON, cre-ado pola unidade Terapéutica

(uTE) do Centro Penitenciariode Teixeiro chegou en xaneiroao iES de Melide para sensibi-lizar á mocidade da comarcados riscos e das consecuencias

derivadas do consumo de dro-gas, incluído o alcohol.

Profesionais e internos docárcere participaron na pri-meira parte deste proxecto,que se desenvolveu no salónde actos do instituto e que tivocontinuidade cunha visita devarios alumnos e alumnas aocentro penitenciario. Alí parti-ciparon das dinámicas da uTEe incidiron nos riscos deriva-dos do consumo, facendo es-pecial fincapé na privación deliberdade (o 80% da poboa-ción reclusa cumpre condenapor delitos relacionados coconsumo de drogas).

Di K NON é unha acti-vidade coa que colabora aFundación barrié que se levarealizando dende hai trescursos en toda Galicia. Aolongo deste tempo participa-ron nela 3.600 alumnos conidades comprendidas entre os14 e os 16 anos.

A Deputación da Coruñaaprobou no pleno de xaneiroo Plan de conservación deVías, que contempla actua-cións en 2.140 quilómetrosde estradas da provincia.Os traballos consistirán enrenovar a capa de rodadurano 10% das vías, desbrozare limpar cunetas, realizarobras de drenaxe, repoñersinais e colocar biondas.

No que se refire á comarcada Terra de Melide, acomete-ranse obras de mellora nas

seguintes estradas:.- C4601 Melide -Toques aFigueiras..- C4602 Furelos a Meire eprolongación..- C4603 Melide a Ribadulla..- C4604 Melide ás Pías porToques..- C7901 Chorén ao Lugar daCruz (Santiso)..- C8001 Cruces a Penablanca. .- C8002 Camiño a San An-tolín (Toques).

O custo destas actuaciónsascende a 362.764 euros.

Actividades programadas para 2014

.- iX Campionato Terra de Melide (5 abril)

.- Master de campións a mosca (3 maio)

.- X Xornadas de limpeza do río Furelos(30 de agosto e 6 - 13 de setembro)

.- Día do socio (3 de agosto)

.- Pesca e ceiba (7 de xuño)

.- Campaña “Proxecto ríos” de Adega(primavera - outono)

.- Cursos de montaxe de culleriña e mosca(sábados de outubro e novembro)

Page 20: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

20 Cultura e lecer Cerne 97. Febreiro 2014

O Concello de Melide xaabriu o prazo para inscri-birse no concurso de disfra-ces de Entroido, que secelebrará o martes 4 demarzo ás 18:30 horas noPazo de Congresos. As ins-cricións poderán facerse nodepartamento de cultura ataese mesmo día ás 14:00 ho-ras ou ben no Cantón de SanRoque antes do concurso,entre as 16:30 e as 17:00.

Este ano entregaranse untotal de 2.000 euros en me-tálico repartidos en 6 pre-mios, dous por categoría: -Comparsas (máis de 8 per-soas), un premio de 700 eu-ros e outro de 550. -Grupos (2-8 persoas), unpremio de 300 euros e outrode 200. -individual, un premio de150 euros e outro de 100.

O xurado valorará a ori-xinalidade, o traballo feito áman e a posta en escena.

aberto o prazopara o concursode disfraces doEntroido 2014

O programa para doentes crónicos Bule con Alcer bate récords en Melide

de matriculacións sorprendeuao propio vicepresidente deAlcer Coruña, Carlos Canedo,que expresou a súa satisfac-ción durante a presentación donovo curso, o pasado día 23 dexaneiro: “A Coruña é unha ci-dade e somos catro pelagatos.Dá gusto chegar aquí e ver quehai tanta xente que se estábeneficiando do noso traballo”.

Tal é o éxito do programaen Melide, que quedaron enlista de espera 20 persoas. Aconcelleira de benestar Social,Chus López Mourón, sinalaque é “unha pena” que nonpoidan participar todos os de-mandantes pero asegura queo Concello “non dá abarcadomáis”. Nese sentido, destacao esforzo financeiro que tivo

Sesión de exercicios no primeiro día de clase de Bule con Alcer

As zapatillas ben atadas e ochándal de estrea. Música mo-vida para empezar con ganase algunhas dificultades no pri-meiro día para seguir as core-ografías. A maioría xa teñenparte da vida andada, perocomezan o curso coa mesmailusión dun cativo que volveá escola e coa seguridade deque a súa saúde agradecerá oexercicio.

Non hai dúbidas sobre isopara as 50 alumnas que parti-cipan na quinta edición deBule con Alcer, un proxecto daAsociación para a Loita Contraas Enfermidades de Ril (Alcer)que persegue mellorar a cali-dade de vida das persoas conenfermidades crónicas combi-nando exercicio físico adap-tado e asistencia psicolóxica.

Este programa, pioneiro enEspaña e que só se imparte en8 concellos de Galicia (todoseles na provincia da Coruña),ten en Melide o récord dealumnado. O elevado número

A piques de cumprir os 89 anos,Esther Vázquez presume de ser aalumna máis vella da clase e de estaren plena forma. Parte do segredo estáen Bule con Alcer, unha terapia quelle axuda a sentirse “moito máis li-xeira” e que lle fai desaparecer o tre-mor das pernas ao tempo que mitiga

“Os médicos nunca pensaron que

me ía poñer tan ben como estou”

os seus problemas coas cervicais. “Veño encantada porqueisto é unha marabilla”, asegura sen ningún tipo de dúbida.

Carmen Arias leva tres anos asistindoás clases de bule con Alcer e atopounelas moi bo remedio, case un mila-gre, para os seus problemas de ósos:“eu estaba moi enferma e xa andabatoda curvada”, explica, “dixéronmedeste programa e dende que meapuntei empecei a mellorar; os médi-

cos nunca pensaron que me ía poñer tan ben como estou”.No exercicio atopou unha medicina que agora non estádisposta a deixar “por nada do mundo”.

que facer o seu departamentopara manter esta actividadelogo de que a Deputación dei-xara de financiala ao 100%.

Bule con Alcer é un pro-

grama gratuíto no que os asis-tentes teñen 3 horas de claseá semana. O único requisitopara participar é ser enfermocrónico maior de 18 anos.

O atlético colle impulsocon catro novas fichaxes

A folla de ruta programadapola nova xunta directiva doAtlético Melide comeza a daros seus resultados. A estrate-xia era clara: fichar para ganare lograr o ascenso a segundaautonómica. E así está sendode momento.

O club melidense anotounos últimos tres partidos ou-tras tantas vitorias logo devencer con claridade ao PonteCamporrapado, á SD Preven-diños e ao Touro. Neses en-

contros marcou 11 goles e nonencaixou ningún; boas esta-tísticas que o colocan no me-dio da táboa, a 7 puntos dolíder, e acariñando os postosde promoción. Na boa marchado equipo teñen parte de res-ponsabilidade as catro novasfichaxes: Sergio Vigo, David dela iglesia, o dianteiro centroLeandro dos Santos e bahía,porteiro orixinario de Portu-gal. O club segue buscandomáis reforzos no mercado.

O Atlético fichou nos últimos dous meses 6 novos xogadores

Excelente papel en Bouzas coa vista posta en Madrid

A Escuela Ayude desprazouseo pasado 25 de xaneiro a bou-zas (Vigo) cun equipo inte-grado por 11 deportistas paraparticipar no Campionato Ga-lego de Loita en categoríasjunior e escolar. Tras superarduros enfrontamentos, os deMelide fixeron pleno no meda-lleiro e todos os loitadoresremataron en postos de podio.O balance non puido ser me-llor: cinco ouros, tres pratase cinco bronces.

Grazas a estes metais os deMelide lograron o primeiroposto na competición porequipos en loita grecorro-mana, marcando así un novofito, pois nunca antes conse-guiran este título. As rapazasquedaron segundas en loitalibre feminina.

O paso por bouzas deixoumoi boas sensación de caraao Campionato de España deloita, que se celebrará o pró-ximo 1 de marzo en Madrid.

Equipo da Escuela Ayude desprazado a bouzas

Page 21: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

Publicidade 21Cerne 97. Febreiro 2014

ATLÉTIC

O M

ELIDE

MELIDEMELIDE

AT L É T I C OM E L I D E C.F.

3.000 €

O premio poderase canxear entre o 28/6/2014 e o 28/9/2014 nos establecementos de Melide nomeados neste anuncio

O boleto gañador deberá coincidircoas 3 derradeiras cifras do sorteo

da Lotería Nacional do día

28 de Xuño de 2014

Sortea

UN ÚNICO ACERTANTE!!

A Fábrica do CamiñoAdmon. de Loterías Parrado

Bar CantónCafetería ArraigosCafetería Avenida

Cafetería M40Cafetería Marta

Calzados BrozCalzados Romero

Casa JuanitoCasa Melchora

Cervexería O TrasnoCervexería Orois

Cousas NovasDiscoteca Factory Room

El Baúl de la PiquerEstación de Servicio Bocelo

Librería VictorioModas El Dándolo

Modas MosterioNoguerol 1945Pescados Abel

Pub ModellPulpería A Garnacha

Restaurante Novo ContinenteRestaurante Sony

Supermercado FamiliaSupermercado Froiz

Supermercado GadisSupermercado Gómez

Supermercado QuintásTenda TriscosTintorería Iris

Tu BoutikUltramarinos Aceiteiro

Zapatería Tanuska

Page 22: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

22 Colaboracións Cerne 97. Febreiro 2014

A economía de proximidade

Minia Varela, profesional autónoma

Rafael Rodríguez Gaioso, enxeñeiro informático e presidente de MeLiSa

O termo economía de proxi-midade engloba todo aquiloque se produce, transformae consume de forma local.No esquema da economía deproximidade, a produción e oconsumo asociado deben rea-lizarse nun determinado perí-metro (unhas ducias de Km).

un papel prioritario é oque xogan as cidades comocentros de consumo. Hai gran-des expectativas dos consumi-dores en relación cos produtoslocais, pero por outra bandaun de cada dous consumidoreslamenta as dificultades paraatopalos e para distinguilosdos outros produtos.

unha das estratexias daComisión Europea para a novaPAC é a promoción e desen-volvemento da economía deproximidade nos territoriosrurais. Entre as medidasque propoñen, destacamos asseguintes:

• Favorecer a relación entreas zonas urbanas de consumoe as zonas de produción situa-das arredor das mesmas.

• identificar os circuítos dedistribución locais e garantirunha hixiene e seguridadealimentaria sen desanimar acreación de pequenas estru-turas de produción.

• Animar aos agricultores ainvestir poñendo á súa dispo-

sición instrumentos de apoiopara reforzar o espírito em-presarial nas zonas rurais.

Neste contexto é necesa-rio adoptar estratexias quefavorezan o desenvolvementoda economía de proximidade.Se queremos crear emprego easentar a poboación no rural,deberíanse apoiar os proxec-tos que favorezan a súa im-plantación nos territoriosgalegos. Algunhas ideas parapoñer en marcha estas estra-texias poden ser:

• Potenciar a venda dos pro-dutos locais nos mercados ur-banos, potenciando sinerxíasentre a cidade e os territoriosrurais, creando novos esce-narios e redes de cooperaciónurbano – rurais.

• Activar a economía local através do traballo cos actoresdo territorio, impulsando mo-delos de mercados de proxi-midade e fomentando a coo-peración entre o empresariado.• Sensibilizar aos consumido-

res sobre o consumo local e deproximidade e dar a coñeceros produtos agroalimentariosde calidade.

• Promocionar as iniciativasempresariais do rural no sec-tor agroalimentario e melloraras competencias dos produto-res/as no campo da comercia-lización de produtos.

Independencia!... (familiar)

María Mellid López, licenciada en ADE

Desde que a crise chegaraás nosas vidas con todasas súas consecuencias,como o paro xuvenil, odifícil acceso á vivenda oua escaseza de crédito, sonmoitas as novas sobre a es-casa e tardía emancipaciónda mocidade. Está claroque todas estas razóns eco-nómicas son o problemade fondo pero á hora demarchar do niño taménexisten outras cuestións“formais” ás que debemosenfrontarnos.

As persoas que recen-temente o levamos a cabosabemos que este procesoé un mundo, así que apro-veito este pequeno espazopara deixarvos catro puntosclave a aqueles e aquelasque esteades pensando enemprender a aventura:

1. Dade a nova gradual-mente para non romper aharmonía familiar. A idademedia a que se independizana maioría das persoas nestemomento son trinta e cincoanos... os pais están dema-siado acostumados a verteroldar pola casa como paradesaparecer así, sen prepara-los nin nada.

2. Exercitade a paciencia ea tolerancia. ides ter que pasarpor comentarios que van

desde o: “E agora? Xa non vasestar aquí...” (demoledora),pasando polo “Éravos horas,xa pensei que formalizabadesna xubilación” (eu tamén opensei, perde coidado) e che-gando ó “Mudácheste o sá-bado? E que fas que estamos amércores e aínda non houbofesta de inauguración?” (polovisto, é requisito indispensable... debe vir a tradición decando os novos devanceirosatopaban cova nova, chu-rrasco para todos!).

3. Quince días antes docambio comezade unha rutinade exercicios destinados a for-

bitcoin é unha moeda elec-trónica que permite realizaroperacións de xeito directo esen intermediarios. Foi creadano ano 2008 dentro dun forode criptografía e descoñécesea identidade real do creador(ou creadores). Está descen-tralizada, non pertence a nin-gún Estado, e non está re-gulada por ningún bancocentral. As transferencias debitcoins utilizan un sistemaseguro que fai imposible a súafalsificación, e as operaciónsson irreversibles.

O protocolo que fai fun-cionar a bitcoin está liberadobaixa unha licenza libre (MiTLicense), e pode ser revisado

por calquera persoa, así comoser copiado ou modificado.Para poder traballar con estamoeda é necesario dispor deenderezos bitcoin, semellantesaos enderezos de correo elec-trónico. Coñecendo o ende-rezo público dunha persoa(ou empresa), poderei enviar-lle bitcoins en calquera mo-mento. Para realizar envíos ouacceder aos meus fondos, teñoque facer uso da miña chaveprivada, que por suposto deboprotexer para evitar roubos(mediante un contrasinal).

Os bitcoins están almace-nados nun deses enderezos,que funcionan de xeito seme-llante ás contas bancarias tra-

dicionais, onde figura unhacantidade que aumenta oudiminúe, a medida que serealizan as transaccións. Porexemplo: Mario ten 10 bit-coins, e decide enviar 2 a Ana.Mario usa a súa chave privadapara iniciar unha nova trans-ferencia. A rede bitcoin tomanota desa operación, e rexistraun novo valor no enderezo deMario e Ana: enderezo de Ma-rio -> 8 bitcoins, enderezo deAna -> +2 bitcoins. Esta novaoperación queda almacenadanun rexistro colectivo e inal-terable para que ninguén apoida modificar. Cando Anadesexe gastar os seus bitcoins,repetimos o mesmo proceso.

Para xestionar os meusenderezos bitcoin podo uti-lizar programas específicos,tanto para PC como para mó-biles, ou a través dunha páxinaweb. Os nostálxicos taménpoden imprimir o enderezopúblico en papel.

O futuro desta moeda étotalmente incerto, pero hai

moitas novas que fan pensarno interese de países comoChina, e que pode chegar autilizarse para certo tipo detransaccións a través de inter-net, ou que poderá convivircoas moedas tradicionais.-http://bitcoin.org -http://bitlegal.net -http://queesbitcoin.info

Bitcoin, a moeda que pode cambiar o mundo

talecer lombo e extremida-des. Durante a mudanzachegaredes a desenvolvercomplexo de mula decarga; sumado ó enxovalbásico que mercaredes vós(e que nunca será sufi-ciente!), virá o que vos daráa vosa nai (“leva mantas,pratos, cubertos, e... aavoa, se tes sitio, tamén lleapetece ver mundo”) e,como non, todas as cousasinútiles que colecciona-bades ata o de agora e quecontan cun incalculablevalor (“como? ah, non,non, nin se vos ocorra tiraras miñas cincuenta barbiescon profesións multidis-ciplinares, xa as levo eu!”)

4. No caso de que vos in-dependicedes para compartirteito coa vosa parella, prepa-rade unha folla de ruta na quese detallen horarios de pose-sión do mando a distancia,plans de fin de semana, tarefasde limpeza e cociña, etc... (tipo“acordo de accionistas” candose constitúe unha sociedade).Non deixedes ningún detalle,dentro dun mes arrepentiré-desvos de non telo feito!

E, por último, lembradeque o primeiro mes de absti-nencia da “comida de mamá”é o máis duro... despois, todovén rodado. Ánimo!

Page 23: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

Entrevista 23Cerne 97. Febreiro 2014

ROCíO MEJuTO, COLORíN COLORADO

“Estamos incorporando marcas novascun toque diferente para esta tempada”Este mes de febreiro cúmprese un ano dende que a tenda de moda infantil

Colorín Colorado aterrou en Melide para ofrecerlles aos cativos da

comarca e a seus pais “roupa para todos os gustos e para todos os petos”.

En pouco tempo logrou converterse nunha tenda de referencia pola varie-

dade dos seus artigos, sempre alegres e innovadores. A aposta pola moda

continuará coa inminente incorporación de novas marcas e o obxectivo

de seguir sendo o establecemento ideal para que os máis pequenos poidan

vestirse “de arriba a abaixo” e saír polas portas da tenda “co kit completo”.

Rocío Mejuto é empregada de Colorín Colorado dende que a tenda abriu as súas portas

“Temos roupapara todos osgustos e petos, zapatos e taménmoitos artigosde puericultura”

“Os nenos teñenas ideas claras eopinan xa dendemoi pequeniñossobre a roupaque van mercar”

-a moda tamén é cousade nenos. Seguro que llesgustará saber o que sevai levar na tempada deprimavera-verán...-rocío Mejuto (r.M.): Nósxa levamos dende mediadosde xaneiro incorporando pren-das novas e vemos que volvenas cores moi fortes e alegres:os tons ácidos, flúor. Por outraparte, os complementos se-guen ganando terreo. Dásellescada vez máis importancia.

-Á hora de mercar roupapara nenos, prima a co-modidade ou a estética?-r.M.: Depende do uso quese lle vaia dar ás prendas.Se son para levar ao colexioou para a gardería, búscase acomodidade, sen dúbida. Seson para un día especial, bús-case roupa máis ao gusto dospais ou dentro das tendenciasde cada momento.

-ao gusto dos pais e doscativos tamén, supoño.Semella que cada vez deci-den máis sobre a roupaque levan… -r.M.: Si, é certo. O que elesdigan ten moito peso e come-zan a opinar xa dende moipequeniños. O que aínda nonsei moi ben é en que basean osseus criterios, pero ás vecessorpréndeste do claras queteñen as ideas: din que algonon lles gusta e non o poñen.Cando eu era pequena, vestíao que me poñían pero agoraas cousas cambiaron moitoe aínda que sexan as nais ouos pais os que escollen, sem-pre teñen en conta a opinióndos fillos e pregúntanlles selles gusta o que van mercar.

-acabamos vestindo aosnenos como adultos pormor de seguir a moda? -r.M.: Si, por norma xeral su-cede iso, aínda que hai moitos

prototipos. Hai quen quereque vistan como nenos e optapor prendas máis infantís e haiquen os viste tan modernosque parecen chicos ou chicas.Ao final depende dos gustosde cada quen.

-Que liña segue a roupade Colorín Colorado? -r.M.: Nós temos prendaspara todos os gustos e paratodos os petos. Traballamosun amplo abano de roupa paranenos e nenas dende que aca-ban de nacer ata os 14 anos.Tamén temos zapatos e com-plementos. Vestímolos dearriba a abaixo. intentamoster todo o que necesita un ca-tivo, de xeito que poida saírpola porta da nosa tenda co kitcompleto. Ademais de roupa,tamén lle ofrecemos aos clien-tes bastantes artigos de pue-ricultura, sempre dentro do

sector téxtil: mantas, edre-dóns, sacos para os carriños...

-Tamén teñen roupa paracerimonia? -r.M.: Si, ademais da liñasport tamén temos outra conprendas máis de vestir. Traba-llamos moito as marcas Quim-per e Sardon e en breve imosincorporar outra nova, DolcePetit, con cousas moi bonitas.Vendemos incluso roupa parabautizos cun estilo informal.Non é preciso recorrer aoclásico faldón de sempre; cunpantalón curto, unha camisae uns panties, o neno vai benvestido igualmente para a ce-rimonia. É un estilo que estátendo moi boa acollida.

-Percibe que os hábitosestán cambiando?-r.M.: É inevitable que cam-bien. O que temos que facer as

tendas é tratar de adaptarnos.En Colorín Colorado gústanosmoito innovar e por iso taménna liña sport estamos incor-porando novas marcas de caraá próxima tempada. Estarándentro da liña de roupa quenós xa temos pero terán untoque diferente, un chiscomáis moderno.

-Este mes cúmprese unano dende que abriron assúas portas. Como chegouColorín Colorado a Melide?-r.M.: Colorín Colorado éunha cadea de roupa infantilque botou a andar hai catroanos en Lalín. Logo abriu ou-tra tenda en Monterroso ea terceira foi en Melide. Res-ponde ao carácter empren-dedor dos propietarios que su-poño que escolleron Melideporque, aínda que é unha vilapequena, sempre ten moito

movemento e pasan por elamoitos peregrinos e xentedunha área moi grande. Demomento estamos moi con-tentos coa acollida que tivoa tenda. Tamén hai ColorínColorado en Monforte e enbreve abriremos en Sarria.

-Están tamén contentosco resultado da campañade rebaixas?-r.M.: Foi bastante boa. Em-pezamos xa a mediados dedecembro con descontos do30% e varios domingos fixe-mos unha promoción da se-gunda prenda a un euro. Amercancía tivo moita saídaxa nos quedan poucas tallas.

Colorín Colorado

Ronda da Coruña, 10

Tlf: 881 97 85 60

Page 24: Cerne 68 - Agosto 2011 - A.S.E.T.E.M Asociación de ...asetem.com/wp-content/uploads/2014/02/CERNE-97... · Xunta Directiva de aSETEM-CCa O Ministerio de Empleo en - viaralle este

CERNE Cerne 97. Febreiro 2014

SOMOS Os locais de REFERENCIA EN MELIDE!!

Visítanos os días

8 e 9

de febreiro no

Mercamelide