N Órgano de comunicación do S. N. de CC - CCOO · ble equiparar en incidencia unha mala xestión...

8
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 52 - maio de 2014 E ntre os días 18 e 23 de maio tivo lugar en Berlín 3.º Congreso da Confe- deración Sindical Internacio- nal (CSI). Trátase da maior federación sindical mundial, integrada por máis de tres- centas organizacións, entre elas CCOO, e representa máis de 170 millóns de tra- balladores e traballadoras. No conclave foi reelixida se- cretaria xeral a australiana Sharan Burrow. / PÁX. 8

Transcript of N Órgano de comunicación do S. N. de CC - CCOO · ble equiparar en incidencia unha mala xestión...

Page 1: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - CCOO · ble equiparar en incidencia unha mala xestión empresa - rial —coñecemos casos a fartar—, cun proceso de mobilización en

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 52 - maio de 2014

Entre os días 18 e 23 demaio tivo lugar en Berlín3.º Congreso da Confe-

deración Sindical Internacio-nal (CSI). Trátase da maiorfederación sindical mundial,integrada por máis de tres-

centas organizacións, entreelas CCOO, e representamáis de 170 millóns de tra-balladores e traballadoras.No conclave foi reelixida se-cretaria xeral a australianaSharan Burrow. / PÁX. 8

Page 2: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - CCOO · ble equiparar en incidencia unha mala xestión empresa - rial —coñecemos casos a fartar—, cun proceso de mobilización en

GaLiCia SiNdiCaL Número 52 - maio de 2014

2

www.galicia.ccoo.es

Zygmunt Bauman critica nolibro A riqueza duns pou-cos benefícianos a todos?

o principio defendido pola or-todoxia económica, segundoo cal unha forte dose de de-sigualdade produce economíasque medran de maneira máisrápida e eficiente. Así xustificanas altas retribucións e os bai-xos impostos para os ricos xaque, din, incentivan o investi-mento e dan lugar a un pasteleconómico meirande. Velaquíos resultados: somos o paíscoa maior desigualdade socialda Unión Europea, temos pretodo 60% da mocidade sen tra-ballo, trece millóns de pobres,cada día os bancos quítanllesas súas casas a 530 familiashumildes e os altos executivosque arruinaron o sistema finan-ceiro foxen con indemnizaciónsmultimillonarias; temos dousmillóns e medio de nenos enenas que pasan fame e o parode seis millóns de persoas éendémico.Para atallar esta situación de

alarma social, o Goberno en-

cargoulles aos ministros do In-terior e de Xustiza que aplica-sen respectivamente man durae dura lex. Por iso se condena a penas

de cárcere a traballadoras e tra-balladores como Ana, Tamara,Carlos e Serafín, e se lles dene-gan as peticións de indulto poralteraren gravemente a orde pú-blica –segundo interpretacióndo fiscal– cando exercían undereito democrático recollidona Constitución: o de informar.As leis aprobadas nestes dous

últimos anos levan o país polasenda da economía liberal ultra,clasista e inhumana.Houbo un tempo non tan

afastado no que, para implan-tar as teorías neoliberais, espa-lladas polo mundo polos Chica-go Boys de Milton Friedman,era costume valerse de golpesde Estado, un método que seestendeu amplamente por Amé-rica Latina e Asia.Só Europa se resistía a abra-

zar a doutrina da Escola de Chi-cago, que os neoliberais cualifi-caban como «a excepción euro-

pea» onde o estado de benestaría gañando adeptos entre os paí-ses do continente e o aplauso dacidadanía, ávida de afondar endereitos democráticos, en xus-tiza social e en espazos de liber-dade.Mais, nos anos oitenta, o neo-

liberalismo encontrou na ultra-conservadora británica MargaretThatcher a porta de entrada noReino Unido primeiro e, logo,deu o salto ao resto de Europa.

Caza de bruxasNaomi Klein di en A doutrina

do shock. O auxe do capitalismodo desastre: «A guerra das Mal-vinas foi a que proporcionou aThatcher a tapadeira política quenecesitaba para instaurar, porprimeira vez na historia, un pro-grama de transformación capi-talista radical nunha democracialiberal occidental».No interior enfrontábase a un

inimigo poderoso e ben orga-nizado: os sindicatos! Por iso,cando os mineiros do carbónforon á folga en 1984, MargaretThatcher dixo: «Tivemos que loi-

tar contra o inimigo exterior nasMalvinas, e agora temos que loi-tar contra o inimigo interior, queé moito máis difícil de combaterpero que resulta igual de peri-goso para a liberdade».Desde que comezou esta úl-

tima crise, a cicloxénese explo-siva da economía europea ten oseu epicentro na troica (CE, FMIe BCE) e aquí, e nos outros paí-ses do Sur, chegounos coa forzado furacán da man duns gober-nos ben mandados que actúanás ordes de Angela Merkel. Derrubado en boa parte o es-

tado do benestar que tiñamos amedio erguer e armado a escapeo esqueleto do novo Estado neo-liberal, só lles resta ao Gobernoe aos poderes fácticos cumpri-ren coa profecía de EsperanzaAguirre: «Os sindicatos caeráncomo o muro de Berlín».Ducias de sindicalistas en-

fróntanse a condenas en firmede varios anos de cárcere por in-formaren ou por reclamaren noscentros de traballo os seus de-reitos laborais. A veda para acaza de bruxas está levantada.

ELECCIÓNS AO PARLAMENTO EUROPEO

As eleccións europeas do pasado 25 de maio representaron un revés

para as políticas de recorte que imperan no Estado e Galicia. Neste escenariodestaca o fenómeno de Podemos, partido de recente creación que lidera

o politólogo Pablo Iglesias, que logrou cinco escanos na Eurocámara.Iglesias é un rostro coñecido pola súa participación en todo tipo de foros.Na imaxe, o líder de Podemos nun debate da desaparecida Intereconomía.

Page 3: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - CCOO · ble equiparar en incidencia unha mala xestión empresa - rial —coñecemos casos a fartar—, cun proceso de mobilización en

3

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 52 - maio de 2014

Olabor sindical é solida-riedade. As persoasque na nosa empresa

se presentan para ser elixi-das como representantes dopersoal diante da empresafano movidas pola necesi-dade de renovación, de re-forzar o que xa se vénfacendo, ou mesmo paramudar as dinámicas habi-tuais de representación. Vandedicar o seu tempo e es-forzo a defenderen da mellormaneira posible os seuscompañeiros e compañeiras,ben en negociacións, na mo-bilización, ben no día a díaatendendo todo tipo de con-sultas que lles chegan daxente que representan. Sonpersoas que só pretendenfacelo o mellor posible e senoutra recompensa que con-taren co apoio do persoal noseu cometido.É solidariedade porque se

desenvolve a actividade sin-dical en representación detodos e todas: de quen teninterese no que expoñen emais de quen non o ten peronon rexeita as melloras quese conseguen. Non fai faltaser responsable sindical ourepresentante dos traballa-dores para mobilizarse enprol do convenio ou contradespedimentos, ou polo fu-turo da empresa desde unhaboa xestión. Só cómpre serconsciente da necesidade damáxima unidade posiblepara conseguir os obxectivosque se marcan, que adoito éo mantemento do empregonun momento tan difícilcomo o actual. O único que

se precisa é ser solidario cosdemais compañeiros e com-pañeiras, e que esa solida-riedade funcione en todas assituacións.Para loitar polo mante-

mento do emprego ou de sa-larios dignos e doutrasmedidas, que non son arazón da mala marcha dasempresas, mesmo hai queconvocar folgas e outras me-didas de presión, que sonmedidas legais, son dereitosconstitucionais ante a cadavez máis xeneralizada pre-sión empresarial medianteos despedimentos ou acreba da empresa. É imposi-ble equiparar en incidenciaunha mala xestión empresa-rial —coñecemos casos afartar—, cun proceso demobilización en defensa doemprego, con convocatoriasde folgas incluídas. Un malempresario aínda ten todo opoder para facer o quequeira na súa empresa, in-cluso levala a pique á man-tenta. E ao abeiro das

reformas laborais e fiscais,esa consciente e violenta in-eptitude sáelle de balde.En cambio, cada vez son

máis os traballadores e tra-balladoras perseguidos polaxustiza por se mobilizaren endefensa do futuro da súaempresa, porque así elesterán emprego. Ou por mobi-lizárense por alcanzar un sa-lario menos indigno e rei-vindicar outras melloras, ouen solidariedade cos compa-ñeiros das empresas e sec-tores mobilizados. Desdeunha mal chamada xustizaquérese convertelos en de-lincuentes violentos, en xenteperigosa. Pero o perigo desta

xente radica na súa solidarie-dade, que cuestiona o sis-tema actual defendendo aquen vive do seu traballo.Son persoas perigosas por-que son persoas solidarias.Como diría Gioconda Belli

«a solidariedade é a tenrurados pobos», é a tenrura dacidadanía que loita por máisdereitos e por máis demo-cracia. Agora que moitoscompañeiros e compañeirasse enfrontan á máis dura in-xustiza por mor da súa so-lidariedade, sexamos solida-rios con eles e elas. Que sin-tan o noso apoio ata que secorrixa a felonía de que sonvítimas.

Page 4: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - CCOO · ble equiparar en incidencia unha mala xestión empresa - rial —coñecemos casos a fartar—, cun proceso de mobilización en

GaLiCia SiNdiCaL Número 52 - maio de 2014

4

www.galicia.ccoo.es

Vigo, abril do 2008. Os sin-dicatos CCOO, CIG e UGTconvocaron folga no sector

do transporte de mercadorías daprovincia de Pontevedra para de-fenderen cuestións como unhasuba lineal do salario, comple-mentos, axudas de custo, regu-lación do traballo en domingos efestivos, licenzas retribuídas, axestión das incapacidades tem-porais ou a prevención de acci-dentes laborais. O paro foi aúnica saída que lles quedou trasquedaren freadas as negocia-cións había meses.Con todo, os sindicatos inten-

taron combinar a folga con ofer-tas de negociación, pero toparonen todo momento coa posicióninamovible da patronal, que im-pediu desbloquear a situación.Ademais, mentres os traballado-res e as traballadoras se mobili-zaban co civismo por bandeira, apresión policial rematou con al-gúns momentos de tensión e nu-merosas identificacións. Foi ocaso de Carlos e Serafín, identifi-cados pola policía cando partici-paban nun piquete informativocon case oitenta persoas máis narotonda viguesa de Bouzas. Osaxentes identificáronos e advertí-ronlles que nos días sucesivosrecibirían unha denuncia polo su-posto lanzamento de pedras.CCOO, CIG e UGT sinalan que

ninguén foi identificado de xeitoinequívoco como autor deseslanzamentos; de feito, varias daspersoas denunciadas por un de-

lito de danos –lanzamento de pe-dras contra os camións– acaba-ron absoltas. No caso de SerafínRodríguez dáse ademais a cir-cunstancia de que chegou aolugar dos feitos cando xa pasaratodo: «Cheguei coa moto e apar-quei na gasolineira. Había aquíunha morea de xente, setentapersoas ou así. Atopeime cuncompañeiro que había anos quenon vía e estiven a falar con el edíxome que houbera unhas pe-dradas pero que xa pasara a his-toria. Estabamos falando e entónveu un policía que me levou aofurgón para identificarme».Tanto Serafín como Carlos aca-

baron recibindo as denuncias.Foron xulgados e, finalmente,condenados no 2009 por un su-posto delito contra os dereitosdos traballadores. Ademais, apli-cóuselles a máxima pena previstano Código penal: tres anos decadea. A Audiencia Provincial dePontevedra ratificou o veredictono 2011, polo que deberían in-gresar na prisión da Lama.CCOO, que sente como propia

esta causa, denuncia que o in-greso destes traballadores en pri-sión sería un despropósito. Enprimeiro lugar, pola despropor-ción da sanción imposta en com-paranza cos feitos de que osacusaban. En segundo lugar, por-que se a pena de cárcere debeservir para a reinserción, nestecaso produciríase todo o contra-rio: condenaría dúas persoas conemprego a perdéreno, ademais

de romper dúas familias con fillasmenores de idade. Amelia Pérez,secretaria comarcal de CCOO enVigo, cualifica de «vergoñosa»,«desproporcionada» e «inxusta»a condena a estes dous traballa-dores, especialmente cando sedeixa na rúa «corruptos e la-dróns».

Petición de indultoO sindicato considera probado

que existe unha estratexia paracastigar as persoas que se signi-fican na defensa dos dereitos dosseus compañeiros e compañei-ras e que este tipo de condenasé unha sorte de aviso. Repítensesempre as mesmas pautas: a po-licía denuncia algún tipo de situa-

ción conflitiva, ninguén é identifi-cado de xeito inequívoco comoautor material, só membros depiquetes informativos reciben adenuncia e as condenas que sepiden son sempre de tres anos,as máximas que prevé o Códigopenal para os delitos de vulnera-ción de dereitos laborais. Dema-siadas casualidades.Actualmente, CCOO, CIG e

UGT están a facer todo o posiblepor lograr o indulto de Carlos eSerafín. A primeira tentativa foirexeitada o pasado mes de de-cembro, pero os sindicatos nonse renden e continúan recollendoapoios de todos os sectores so-ciais para conseguir que o se-gundo intento triúnfe.

Malia se tratar dun piquete moi numeroso, só Serafín e Carlos (arriba)

foron denunciados por un suposto delito contra os dereitos dos traballadores

Page 5: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - CCOO · ble equiparar en incidencia unha mala xestión empresa - rial —coñecemos casos a fartar—, cun proceso de mobilización en

5

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 52 - maio de 2014

Antes de nada, en nome deCCOO transmítolles a nosasolidariedade, apoio e ca-

riño ás compañeiras Ana e Ta-mara, inxustamente condenadasa prisión por, supostamente, ver-teren colorante nunha piscina,asunto que a Fiscalía interpretoucomo unha «coacción» ao per-soal para secundar a folga. Vela-quí os antecedentes do caso.No ano 2010 iniciouse a nego-

ciación do I Convenio colectivode instalacións deportivas de Ga-licia. Foi unha negociación com-plexa, pois era a primeira. Taménfoi difícil pola posición que man-tivo a patronal durante a negocia-ción. Isto levou a CCOO, CIG eUGT, sindicatos que negociaba-mos o convenio, a convocarunha folga indefinida en todas asinstalacións do sector en Galicia.Durou un mes e foi secundada deforma maioritaria.No marco da folga, convocá-

ronse tamén manifestacións econcentracións diante dos cen-tros de traballo nas que se rei-vindicou un convenio xusto pa-ra os traballadores e traballado-ras das instalacións deportivasde Galicia. Durante unha con-centración diante da piscina

olímpica de Pontevedra, estaapareceu tinguida. Cómpre sa-lientar que ninguén foi identifi-cado como autor material doacto, aínda que si foron recoñe-cidas Ana e Tamara como inte-grantes desta concentración.A Audiencia Provincial de Pon-

tevedra xulgounas e considerou-nas culpables dun delito contraos dereitos das traballadoras e ostraballadores. Nun momento enque os dereitos laborais se elimi-nan por decreto lei calquera ven-res do ano, non deixa de serrechamante semellante condena.Tamara e Ana foron sentenciadasen primeira instancia a seismeses de prisión; daquela, ao setratar dunha pena inferior aosdous anos e ao careceren de an-tecedentes, non terían que ingre-sar no cárcere. Porén, a Fiscalíarecorreu a decisión e acabaroncondenadas a tres anos e un día,polo que deberán ir á cadea.Para CCOO, trátase dunha

sentenza desmedida, inxusta eideolóxica. Desmedida, poloelevado da pena en proporcióncos supostos feitos que a ori-xinaron. Inxusta, porque nin-gún deses feitos dos que asacusan aparece fidedignamenteprobado na sentenza. Ideoló-xica, porque é unha máis dasrepresións que neste momentovive a cidadanía: as mulleresnon podemos decidir, os traba-lladores e traballadoras nonpodemos reivindicar os nososdereitos e as persoas vencoartada a súa liberdade deexpresión, de folga, de mani-festación…Non se xulgan os feitos, senón

as persoas ou colectivos moles-tos. Preténdese criminalizar tra-balladoras e traballadores queexercen o dereito á folga e ame-

drentar as persoas para que nonse mobilicen.Reflexionando sobre a despro-

porcionada sentenza, vénme ácabeza que ningún empresariofoi condenado por vulnerar o de-reito fundamental á folga, porexemplo cando contratan traba-lladores e traballadoras parasubstituír o persoal en folga, istoé, persoal que exerce un dereitorecoñecido como fundamen-tal –categoría que non alcanza odereito ao traballo–. Tampoucose coñecen moitas sentenzascontra empresarios que non

cumpren as obrigas en materiade seguridade e saúde laboral.Protexer o dereito ao traballo

fronte ao dereito fundamental áfolga altera o sistema de valoresestablecido na Constitución,aceptado por todas e todos, quelle outorga maior peso áfolga –por ser un dereito funda-mental– que ao traballo.Desde CCOO estamos traba-

llando para que a sentenza contraAna e Tamara sexa revisada e, enconsecuencia, revogada. Quere-mos que as declaren inocentes,xa que non son culpables.

Os casos de Tamara e Anateñen lugar provincia dePontevedra, igual que os

de Carlos e Serafín. Antes ca eles,outros tres compañeiros, nova-mente na provincia ponteve-dresa, xa se enfrontaran a unhasituación similar.Carlos Búa, de CCOO, e Mar-

cos Cadórniga e Carlos Alján,da CIG, foran condenados no2012 a tres anos e un día deprisión por uns feitos suposta-mente acontecidos na folgaprovincial do comercio de ali-mentación do ano 2009.Naquel momento, o secretario

xeral de CCOO de Galicia, XoséManuel Sánchez Aguión, xa aler-

taba de que este tipo de senten-zas «só procuran unha cousa:coartar dereitos e amedrentar».O secretario xeral de CCOO si-

tuábaa na mesma liña doutrasentenza que condenaba a seismeses de prisión o secretario co-marcal de Industria de Vigo,Ramón Sarmiento, pola súa im-plicación na folga do metal.Con todo, o caso de Búa, Ca-

dórniga e Alján resolveuse satis-factoriamente: tras o recurso quepresentaron os sindicatos, a Au-diencia Provincial de Pontevedraacabou por revogar a sentenzado Xulgado do penal número 1,decretando a absolución dos tressindicalistas do comercio.

n Exercer un dereito fundamental non pode ser delito

Page 6: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - CCOO · ble equiparar en incidencia unha mala xestión empresa - rial —coñecemos casos a fartar—, cun proceso de mobilización en

GaLiCia SiNdiCaL Número 52 - maio de 2014

6

www.galicia.ccoo.es

Airbus é, sen dúbida, unhaempresa industrial de re-ferencia pola sona da

marca, polo seu éxito industriale pola calidade dos seus empre-gos, que non poderían enten-derse sen o seu modelo derelacións laborais, froito directodo traballo de CCOO. Desdesempre, CCOO foi o motor daacción sindical, avalada poloapoio maioritario e continuo dastraballadoras e os traballadores,expresado nos procesos electo-rais das últimas catro décadas.Tamén o foi polo seguimentoque acadaron as mobilizacións:nos inicios, para democratizar opaís e a empresa, para melloraras condicións de vida e traballodo persoal e, agora, para refor-zar e consolidar o noso proxectoindustrial no marco europeo. Ní-tida expresión do que representaCCOO: sindicalismo de clase,confederal, independente e in-ternacional.O 29 de setembro de 2010,

durante a folga xeral contra osprimeiros recortes, os de Zapa-tero, sindicalistas coas manslimpas e a fronte alta exhibían assúas ‘armas’ á porta da fábrica:palabra, explicación e argu-mento, conscientes da necesi-dade desta acción, tan lexítimacomo democrática. Coa convic-ción de nos atoparmos asistidospola razón e o dereito, non ne-cesitabamos ocultarnos porquede nada nos tiñamos que escon-der. Menos aínda na casa de

noso, onde se nos coñece moiben, de toda a vida. E aíndamenos, dos nosos propios com-pañeiros e compañeiras, dequen sabemos que contamos coseu apoio e respecto.Pola contra, un piquete unifor-

mado de antidisturbios –ondenunca os había–, un pelotónanónimo e estraño tamén estabaá porta da fábrica. Foi o únicogrupo coercitivo daquela mañá.Acosando. Mostrando sen es-crúpulo a súa hostilidade e des-prezo polos traballadores enfolga, exhibindo ofensivamenteas súas ‘ferramentas’ intimida-torias: cascos, porras, pistolas edemais. E, sobre todo, a súa ac-titude de chularía. Desde o ini-cio, obstruíndo o discorrerpacífico da xornada de folga e asúa expresión pública, quen-tando o ambiente ata levantarfervura, ata prender a mecha doque procuraban: a carga feroz,desmedida, salvaxe. Carreiras,confusión, paus, traballadoresferidos, acurralados; máis paus,cabezas rotas. Disparos. Caos.Abuso. Ataque á liberdade. Só éo comezo do atropelo.O persoal reaccionou irritado,

indignado polo abuso e a violen-cia. Ambiente explosivo na portada fábrica. Cumpría parar oacoso, evitar unha desgraza,mediar para superar a tensión eo caos. Fixémolo coma sempre:dando a cara, dialogando e in-tentando un acordo coa policía.Houbo reunión con eles e lo-

grouse a retirada policial. Supe-rada a tensión, pensamos queestaba resolto o problema: nonhoubo detidos e os feridos foronpolos cuartos de urxencias.Porén, foi só o comezo.Tras a denuncia policial –a úni-

ca existente– comezaron tresanos e medio de instrución xudi-cial vergoñenta que partiu da pre-misa de que ser sindicalista efacer folga son condutas sospei-tosas e, polo tanto, expresan ‘cul-pabilidade’. Dous feitos innega-bles: os acusados estiveron áporta da empresa durante os in-cidentes e eran recoñecidos nashumillantes roldas de recoñece-mento que se fixeron. Nada máisfácil, xa que ningún deles deixoude recoñecer nunca que estaba aexercer o seu dereito de folga e,ademais, porque os sindicalistasdunha empresa como Airbus sonpersonaxes de sobra coñecidosno noso ámbito.Quizais por iso a acusación é

colectiva e non menciona indivi-dual nin persoalmente ningúndos acusados cunha imputaciónconcreta ou cunha acción deter-minada, senón que os supostosfeitos se describen na acusación

de forma xenérica e difusa. Unhaauténtica aberración nun estadode dereito.Resulta inconcibible que isto

volva suceder en España. Pareceun relato do pasado franquista.Pero agora volvemos vivilo, pa-decendo similares actuacións derepresión policial e xudicial quebuscan o mesmo obxectivo deentón: proscribir a actividade sin-dical. É dabondo coñecida a aver-sión que determinados sectorescontinúan sentindo por mecanis-mos democráticos, tan básicos enecesarios para o equilibrio so-cial e a participación e estrutu-ración da sociedade, como osindicalismo independente e declase e o dereito de folga. Unhaaversión cuxa raíz se atopa, sendúbida, nese pasado non tanafastado, pero que conecta deforma plena cos intereses daselites que arestora seguen de-tendo o poder.A nosa actuación foi lexítima

en todo momento, así que esta-mos convencidos de que, aofinal, a verdade acabará por res-plandecer, protexendo os nososoito compañeiros da inxustizaque os ameaza.

Acto de apoio aos ‘oito de Airbus’ / Foto: Fran Lorente

Page 7: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - CCOO · ble equiparar en incidencia unha mala xestión empresa - rial —coñecemos casos a fartar—, cun proceso de mobilización en

7

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 52 - maio de 2014

OXulgado de Instruciónnúmero 12 de Palma deMallorca abriu xuízo oral

ante o xulgado penal á secreta-ria xeral de CCOO-Illes Balears,Katiana Vicens, baseándosenuns feitos ocorridos durante amañá da folga xeral do 29 demarzo de 2012. Atribúenlle arotura do cristal dun autobúsdurante un piquete informativo,feito polo que a fiscalía pidecatro anos e medio de prisiónpor un delito contra os dereitosdos traballadores.Desde CCOO rexeitamos esta

decisión da fiscalía. En pri-meiro lugar, porque as acusa-cións son falsas, como podencorroborar moitos compañei-ros e compañeiras do sindicatoque estaban presentes. En se-gundo lugar, porque cremosque a petición de catro anos emedio de cárcere é despropor-cionada, xa non digamos se acomparamos con outros deli-tos máis graves.A CCOO-Illes Balears sorprén-

denos que unha denuncia que aoprimeiro era de danos, se conver-tera posteriormente –e por von-

tade única da fiscalía– nun delitocontra os traballadores. Cóm-pre lembrar que a Constituciónespañola e o ordenamento xu-rídico recoñecen tanto o de-reito á folga dos traballadorespara a defensa dos seus intere-ses como darlle publicidade deforma pacífica. E é neste ám-bito lexislativo onde se en-marca a actuación sindical nunhaxornada de folga. Informar eser informados non só é un de-reito dos traballadores e dastraballadoras e, polo tanto, dossindicatos: informar e ser infor-mados das causas e motivosque levan á convocatoria legalde folga e facer un chama-mento a que esta sexa secun-dada é unha obriga.Polo anterior, a decisión de

imputar a nosa secretaria xeralparécenos un atropelo aosmáis elementais dereitos de-mocráticos. Reiteramos que,

ao noso entender, esta peticiónse enmarca nunha campaña di-rixida a desacreditar o sindica-lismo de clase.Reafirmamos a existencia

dunha vontade de criminalizar osindicalismo, á vista dos máis decen procedementos xudiciaisabertos contra sindicalistas encomunidades como Madrid,Andalucía, A Rioxa, Asturias etamén Galicia por cousa de fei-tos ocorridos no transcursodas últimas folgas. Resaltan ascondenas firmes ás traballado-ras de instalacións deportivasAna e Tamara, as dos traballa-dores do transporte de merca-dorías Serafín e Carlos e apetición de oito anos de cár-cere para cada un dos oito tra-balladores imputados da em-presa Airbus.Resulta evidente que esta

campaña para criminalizar osindicalismo en xeral e os e as

sindicalistas en particular, pre-tende amedrentar os traballa-dores e as traballadoras maisos seus representantes legaise, ao tempo, desprestixiar afolga como instrumento legalna loita da clase traballadora aprol dos seus dereitos laborais,sociais e cívicos.Efectivamente, desprestixiar

a folga é o outro obxectivo quese agacha por tras dunhas ac-cións que non poden ser ca-suais, que nos fan sospeitarseriamente de quen tenta uncambio lexislativo neste dereitoconsagrado na Constituciónpara facelo tan restritivo que,na práctica, deixe de ter valorna loita sindical.

Campaña de apoiosDesde o sindicalismo de

clase non podemos permitirque, por intereses bastardos,se nos vincule a actuaciónsviolentas: nunca xustificamos ouso da violencia nin da coac-ción para conseguir os nososfins, por ben lexítimos quesexan. Pola contra, ante estetipo de actuacións opómonossempre radicalmente.CCOO-Illes Balears comezou

unha campaña de apoios ánosa secretaria xeral, cuxo pri-meiro acto tivo lugar o 27 demaio con concentracións dianteda Delegación do Goberno enPalma –con presenza de Igna-cio Fernández Toxo–, Eivissa eMaó. Neste acto leuse o Mani-festo Social polo Dereito deFolga e en apoio a Katiana Vi-cens, subscrito por unha trin-tena de organizacións sindicais,políticas, sociais e culturais dasillas. No texto pídese que sexandesestimados os cargos que selle imputan a Katiana Vicens, aotempo que se denuncian coninsistencia os intentos de crimi-nalizar as protestas, en especiala folga, e se rexeitan as políti-cas dun Goberno que pretendearrebatar os dereitos sociais, la-borais e cívicos que tanto noscustou conseguir aos traballa-dores e traballadoras do país.

Page 8: N Órgano de comunicación do S. N. de CC - CCOO · ble equiparar en incidencia unha mala xestión empresa - rial —coñecemos casos a fartar—, cun proceso de mobilización en

Número 52 - maio de 2014

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Creo que a ninguén llegusta pagar impostos,pero o transo lévase me-

llor sabendo a que se destinan:á educación dos nosos fillos efillas, á atención médica dosnosos maiores, ao coidado depersoas dependentes, á pro-tección dos nosos montes, áformación e orientación labo-ral... Son moitas as finalidades.Se cadra non é prato de bo

gusto pagar impostos, pero énecesario. Ora ben, como entodo, hai diferentes maneirasde contribuír: moito, pouco ounada. Por desgraza, dáse ocaso de que hai quen podecontribuír moito, pero acabapor facelo pouco ou nada.Pola contra, hai quen podecontribuír pouco ou nadapero, en proporción, tócallefacelo moito.Acontece isto porque o noso

modelo fiscal é profunda-mente inxusto. A maior partedos esforzos recaen nas ren-das do traballo, isto é, sobreos nosos salarios. Pola contra,as rendas do capital ou dosbeneficios atopan todo tipo demecanismos para aliviar asúa presión fiscal, iso candonon se decantan descarada-mente pola fraude.Cómpre, polo tanto, refor-

mar o sistema fiscal para quedunha vez pague máis quenmáis ten. E quen menos ten,que pague menos, xaora!CCOO presentoulle ao Go-

berno do Estado unha pro-posta simple e clara con trespremisas básicas: simplificaro sistema de impostos, facerque efectivamente paguemáis quen o pode facer eperseguir a fraude fiscal. Es-tamos diante de tres actua-cións que permitirían reinvestiros recursos na creación deemprego. Que así sexa.

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez