N xaNeiro de Órgano de comunicación do S. N. de CCOOxaneiro_de_2015).pdf · mento que esperta a...

10
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 57 - xaNeiro de 2015 A segunda poxa do in- centivo eléctrico per- mitiu asegurar o fun- cionamento do sistema e a retirada do ERE de Alcoa, pero continúa a incerteza para esta e outras factorías. Por esta razón, CCOO segue promovendo mobilizacións para que o Goberno modifi- que o sistema e facilite que a grande industria obteña electricidade a un prezo competitivo. / PÁX. 6

Transcript of N xaNeiro de Órgano de comunicación do S. N. de CCOOxaneiro_de_2015).pdf · mento que esperta a...

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 57 - xaNeiro de 2015

Asegunda poxa do in-centivo eléctrico per-mitiu asegurar o fun-

cionamento do sistema e aretirada do ERE de Alcoa,pero continúa a incertezapara esta e outras factorías.

Por esta razón, CCOO seguepromovendo mobilizaciónspara que o Goberno modifi-que o sistema e facilite quea grande industria obteñaelectricidade a un prezocompetitivo. / PÁX. 6

GaLiCia SiNdiCaL Número 57 - xaneiro de 2015

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON: Benxamín Rocha (O Retrovisor); X. Rodríguez (opinión); Maica Bouza, Xesús Castro, Violeta Esteban e Francisco Carrera(análise) / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 30/1/2015

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

SEN COMENTARIOS

Nos anos setenta, aínda envida de Franco, era habi-tual que a policía practi-

cara detencións por calqueramotivo: todo estaba prohibido.Nunha ocasión en que, por mordas folgas obreiras e estudan-tís, militarizaran fábricas e pe-charan universidades, un pai,desesperado porque lle detive-ran un fillo acusándoo de terro-rismo, espetoulle ao comisariode policía: «A diferenza entre opobo e vostedes é que os civíspoden ser militarizados, peroos militares non poden sercivilizados!».Eran os derradeiros esterto-

res dunha ditadura que se afa-

naba por deter con fusilamen-tos e garrote vil as ansias dopobo por ser libre. Nada foi unagasallo: o pobo foi quen con-quistou cada un dos dereitosdemocráticos e laborais queten. Dispuña a ditadura nesetempo do Tribunal de Orde Pú-blica (TOP) para reprimir todaoposición política e sindicalque socavase os piares dunréxime oligárquico, confesionale inxusto.As ducias de milleiros de

sentenzas ditadas polo TOP(1963-1977) condenaron maiori-tariamente o movemento obreirorepresentado polas ComisiónsObreiras (así o recollen as re-

solucións) e tamén outros mo-vementos que reclamaban tan-to dereitos laborais coma li-berdades políticas. Desde aquela avanzamos, sen

dúbida; porén, nestes momen-tos en que a crise azouta a xentetraballadora, o Goberno pon envigor unha lei para reprimir par-

te da sociedade que sofre acrise, a traballadora, a que máisrecursos achega ao Estado.Somos o país máis desigual

de Europa, o que máis paro tene no que malversar cartos públi-cos é un mérito social que dáprestixio. Penso que a loita declases continúa vixente.

Taxa de variación anual

da ocupación por CC. AA. (%)

Fonte: ePa do 4.º trimestre do 2014

3

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 57 - xaneiro de 2015

Éobvio que a mellor defen-sora da clase traballadoraé a propia clase traballa-

dora organizada sindicalmente.Con todos os matices, diferen-zas e críticas pero, sobre todo,con toda a forza que dan a mo-bilización e a unidade. Non éesperable ningunha concesiónna defensa dos dereitos conse-guidos tras anos de loita; só opropio respecto e recoñece-mento que esperta a nosa ca-pacidade de mobilización. Enningunha negociación se ga-ñarían máis dereitos ou se de-fenderían os que se teñen senon fose pola presión exercidapolos afectados ou, solidaria-mente, polo conxunto das tra-balladoras e traballadores.Dá igual que o ciclo econó-

mico sexa de crise ou de bo-nanza. Tanto ten que asempresas teñan perdas ou re-partan dividendos. Ninguénmellor que o persoal para de-fenderse da voracidade de me-diocres empresarios e empre-sarias, que empurran á ruínaas empresas despois de leva-ren todo o rendemento exce-dente, sen pensaren na impor-tancia de reinvestilo na propiaempresa para cando as cousasnon vaian tan ben.A atención sempre está

posta en meterlles man aosdereitos laborais, como reme-dio superficial a unha situaciónde crise na empresa, deixandoclaro quen manda, mesmo sa-bendo que así non se vai resol-ver ren. Ao montar unha em-presa, ninguén dubida que hapagar o alugamento do local, orecibo da luz e outras submi-

nistracións imprescindiblespara a boa marcha da em-presa. Iso mesmo debería oco-rrer ao considerar a «ferra-menta» clave en calquera em-presa, a que lle dá valor e a faifuncionar: os traballadores etraballadoras. Non se debepensar que o investimento (quenon custo) que supón o paga-mento dos salarios é dispoñi-ble, porque as empresas dei-xan de ser competitivas, nonpolos custos laborais, senónpola súa deficiente produciónou pola mala calidade dos ser-vizos prestados. Ambas as si-tuacións son resultado de noncoidar os valores de produción(persoal suficiente, salariosdignos, organización do traba-llo eficiente). Pero por máis quese tente desviar a atención, aresponsabilidade das crisesnas empresas só pode ser dequen as dirixe. A aplicación dosconvenios colectivos, que sonos mínimos aplicables en cadacaso, non pode levar unha em-presa á quebra, xa que isosería afirmar que o aboamentode impostos e subministra-cións tamén pon en perigounha empresa, e, chegados aesa situación, igual estamos afalar de algo que non deberíaser nunca unha empresa senon é capaz de comportarse entodas as ordes como tal.Todo isto vén a conto da re-

cente sentenza do TribunalConstitucional que desestimaos recursos de inconstituciona-lidade presentados polos gru-pos parlamentarios Socialista ede Esquerda Plural (antes xafora desestimado tamén o re-

curso interposto polo Parla-mento de Navarra) á lesiva re-forma laboral aprobada pologoberno do PP en 2012. O tri-bunal que debe velar polocumprimento e garantía dosdereitos constitucionais (e anegociación colectiva é undeles) ratifica na súa sentenzaa perda de poder da negocia-ción colectiva como instru-mento de regulación das rela-cións laborais fronte ao poderunilateral do empresario. Ta-mén sinala a sentenza a cons-titucionalidade da non aplica-ción das condicións de traballodos convenios colectivos nasempresas e a preferencia doconvenio de empresa sobre osectorial en aspectos que afec-tan esencialmente ás condi-cións de traballo, aínda quesirva para empeorar as condi-cións previstas no conveniosectorial.Pero o Tribunal Constitucio-

nal non queda aí, e permite anon aplicación dun conveniocolectivo simplemente co votoda administración na Comisión

Consultiva Nacional de Conve-nios Colectivos (CCNCC), vol-vendo a maneiras da épocafranquista, amais de declarar aconstitucionalidade do contratode apoio aos emprendedores,amparando a posibilidade dodespedimento sen causa e arotación, aínda maior se cabe,no mercado de traballo.O posicionamento do Tribu-

nal Constitucional esperta sos-peitas, máis aínda cando o seupresidente é un recoñecido mi-litante do PP, partido que ela-borou a cuestionada reformalaboral, e con anterioridade foio seu asesor xurídico. Sóqueda esperar que esta situa-ción teña os días contados, etanto este Tribunal como oresto de institucións esteanrealmente ao servizo da cida-danía e non dos poderosos. Ataentón, coma sempre, quenmellor vai defender a clase tra-balladora seguirá sendo a pro-pia clase traballadora organi-zada sindicalmente, e mellor seo fai organizada desde as Co-misións Obreiras.

GaLiCia SiNdiCaL Número 57 - xaneiro de 2015

4

www.galicia.ccoo.es

Opasado 14 de xaneiro, oSindicato Nacional deCCOO de Galicia, a UGT,

a patronal CEG e a Xunta asina-mos as liñas básicas para odesenvolvemento en Galicia doPrograma de Garantía Xuvenile as liñas complementarias doPrograma Extraordinario deActivación para o Emprego.Estes acordos amplían en

Galicia os traballos iniciadospola Confederación Sindical deCCOO no relativo ao Programade Garantía Xuvenil e desenvol-ven as competencias autonó-micas en materia de políticasactivas de emprego do acordode axuda para persoas desem-pregadas de longa duración al-canzado en Madrid.Ambos os programas dirí-

xense aos dous colectivos máiscastigados pola crise: a moci-dade e as persoas que levan máistempo no desemprego e carecende prestacións. O obxectivo é asúa reinserción laboral, nalgúns

casos acompañada dunha axudaeconómica. Estamos a falar deque arredor de 60.000 persoaspoden beneficiarse en Galicia dal-gunha das medidas que a conti-nuación se explican.Ao analizarmos os orzamentos

da Xunta para 2015, CCOO de-nunciaba que eran «insuficien-tes» porque non contribuirían amudar a situación do desem-prego. Na nosa opinión, cumpríaincrementar os recursos destina-dos ás políticas activas de em-prego con medidas como oaumento do persoal das oficinasdo Servizo Público de Empregode Galicia para garantir unhaatención personalizada e mellorara cualificación das persoas des-empregadas. Os acordos asina-dos inciden nestas liñas eincrementan en 59 millóns deeuros os recursos destinados afavorecer o emprego –e quepoden ampliarse no 2016 paracompletar a execución do pro-grama de activación.

Aposta pola formaciónGrazas a estes acordos, refór-

zase o Servizo Público de Em-prego con 130 novas contrata-cións para atender as persoasdesempregadas. Apóstase polaformación especialmente de-señada para atender as necesida-des específicas tanto do colectivode persoas desempregadas queteñen cualificación como as dasque carecen dela, elemento de-terminante na inserción ou rein-serción no mercado de traballo.Preténdese que quen perciba a

prestación recupere a súa auto-estima establecendo os mecanis-mos que lle permitan incorpo-rarse ou reincorporarse ao mer-cado laboral unha vez que deixede percibir a axuda.No que atinxe especificamente

á mocidade, favorécese a voltadas mozas e mozos ao sistemaeducativo como vía para mellorara súa formación, pero tamén seinclúen medidas para a incorpo-ración ou reincorporación aomundo laboral, sexa por contapropia ou allea.Explicarei a seguir os contidos

principais de ambos os acordos.

Programa de garantía xuvenilO fin deste programa é ofertar

emprego ou formación aos mo-zos e mozas que non estudan nintraballan. Han cumprir uns deter-minados requisitos e inscribirsenun rexistro establecido polo Mi-nisterio de Emprego.O acordo acadado en Galicia

define as medidas que se vandesenvolver para favorecer o ac-ceso ao emprego destas persoas.Estímase que en Galicia poderánbeneficiarse máis de 30.000mozos e mozas. O orzamento

acordado para financialo é de 48millóns de euros, dos que 19 de-rivan da iniciativa europea que dánome ao programa e o resto pro-cede dos fondos da comunidadeautónoma.A primeira das medidas é for-

malización de 53 contratos conpersoal técnico de prospec-ción –como mínimo, un por ofi-cina de emprego– para asesoraros mozos e mozas e facilitarllesinformación sobre as diferentesmedidas.As medidas de formación

son as seguintes: accións for-mativas destinadas a que aspersoas que carezan de cualifi-cación adquiran as competen-cias mínimas necesarias queaxuden na busca dun emprego,formación en certificados deprofesionalidade e programaspara a obtención do título da

Maica Bouza SeoaneSecretaria de Emprego de CCOO de Galicia

5

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 57 - xaneiro de 2015

ESO e de formación profesional.Pola súa parte, as medidas en

materia de emprego e autoem-prego promoven a contrataciónpor seis meses dos mozos emozas para a adquisición de ex-periencia ao tempo que prestanservizos de interese social e xeral.Estes contratos poderanos con-certar entidades locais ou senánimo de lucro. No ámbito em-presarial, prevense tamén prácti-cas non laborais ou incentivos ácontratación. No autoemprego,haberá axudas ás persoas paraestablecérense como autónomasou para incorporárense como so-cios ou socias de cooperativas ousociedades laborais.

Programa Extraordinario de Ac-tivación para o EmpregoEste programa procurará a in-

serción laboral das persoas de-sempregadas sen ingresos econ cargas familiares. Estímaseque en Galicia poderán benefi-

ciarse del unhas 20.000. O orza-mento acordado para o seu fi-nanciamento é de 10 millóns deeuros, recursos adicionais quenon están consignados no orza-mento aprobado pola Xunta endecembro.Se no Estado se establece

unha axuda de 426 euros duranteseis meses, en Galicia acomé-tense as accións de orientación,formación e promoción do em-prego que pretenden evitar queestas persoas queden excluídasde maneira permanente do mer-cado laboral.A primeira das medidas é a

contratación de 75 persoasorientadoras e técnicas de pros-pección –como mínimo, unhapor oficina de emprego– para de-finir o itinerario de inserción decada persoa beneficiaria.Hai un bloque de accións for-

mativas para que quen careza decualificación poida adquirir ascompetencias mínimas necesa-

rias que axuden na busca dunemprego, formación en certifica-dos de profesionalidade e forma-ción dual para obter unhacualificación asociada a un con-trato laboral de formación eaprendizaxe.En materia de emprego e auto-

emprego, promóvese a contrata-ción das persoas beneficiariasdurante seis meses nunha enti-dade sen ánimo de lucro para aadquisición de experiencia; esta-blécense incentivos ás empresaspara que contraten as persoasbeneficiarias da axuda e as axu-das ás persoas para establecé-rense como autónomas.De maneira común para os

dous acordos, créase unha únicacomisión de seguimento que sereunirá cada tres meses paraavaliar e reconducir as medidas,se for preciso.Estas medidas son importan-

tes porque dan resposta a unhaparte das necesidades dos colec-

tivos a que se dirixen, pero nonabondan. Segue habendo máisde 250.000 persoas desempre-gadas en Galicia para as que se-guiremos esixindo un empregoou, se non, unha cobertura socialaxeitada; tamén seguiremos loi-tando para que muden as políti-cas actuais que alimentan odesemprego e a desigualdade.

+ Máis información, na web de CCOO

GaLiCia SiNdiCaL Número 57 - xaneiro de 2015

6

www.galicia.ccoo.es

Desde que a finais de no-vembro do 2014 seproducira a primeira

poxa do incentivo eléctrico, aFederación de Industria deCCOO esixiu unha e outra veza corrección dos «desaxus-tes» detectados. Tamén pediuunha segunda repartición–á que accedeu o Gobernocentral, xa a finais de decem-bro– para minimizar o im-pacto negativo que o cambiode sistema lles ocasionouaos grandes consumidoresde enerxía.No século XXI, a electricidade

é omnipresente e representa undos principais custos nos foga-res, nas Administracións públi-cas e nas empresas. Dentrodestas últimas, é esencial paraa industria, consumidora vorazde enerxía eléctrica –especial-mente en procesos térmicos,como a soldadura–, polo que asúa subministración a prezoscompetitivos pode marcar a di-ferenza entre a continuidade eo peche.Este foi o caso da factoría de

Alcoa, que xusto despois daprimeira poxa eléctrica anun-ciou un ERE de extinción para asfactorías da Coruña e de Avilés,o que carrearía o despedimentodunhas 800 persoas. Duranteun mes, case interminable, 480familias coruñesas e máis detrescentas asturianas vivironangustiadas ata que chegou a

segunda poxa e, desta vez si,Alcoa conseguiu a subministra-ción eléctrica a un prezo queconsiderou aceptable.Entre as dúas poxas, CCOO

liderou as mobilizacións enGalicia e Asturias para esixirllea Red Eléctrica Española (REE)electricidade a prezos compe-titivos para a industria, parainstar as Administracións pú-blicas a atenderen o interesexeral e evitarlle outro golpe aoxa deteriorado sector indus-trial galego.Grazas á segunda poxa, rea-

lizada pola presión de CCOO,conseguiuse asegurar o fun-cionamento do sistema eléc-trico sen pór en cuestión ofuturo de empresas comoAlcoa e case duascentas máisno resto do Estado, que resul-taron prexudicadas polo cam-bio de sistema e «quixeronfacerlle pagar as consecuen-cias ao persoal», segundo aFederación de Industria.

Cambio de sistemaHai meses que o Goberno

central anunciou que modifica-ría a prestación do servizo deinterrompibilidade, polo cal asindustrias acceden a deter asúa actividade –e, polo tanto, oconsumo– en situacións de ne-cesidade para distribuírlles aelectricidade a outros clientes.Desde o comezo, CCOO alertoudos problemas que poderían

xurdir co cambio e esixiu unharectificación.Para CCOO, o acontecido con

Alcoa debe motivar o Gobernoa reflexionar e aceptar as pro-postas de cambio do sindicato,pois, do contrario, persistiránas ameazas. Por esta razón, aFederación de Industria pide unmarco enerxético estable alongo prazo que garanta prezoscompetitivos, o que só se po-derá lograr reformando o sis-tema eléctrico.

O autoconsumo, bloqueadoE mentres as grandes indus-

trias se ven obrigadas a ter per-manentemente un ollo posto napoxa eléctrica –cando menos,mentres o Goberno non accedaa reformar o sistema–, o Exe-cutivo central mantén blo-queada a aprobación do realdecreto de autoconsumo.CCOO considera o autocon-

sumo un instrumento «clave»

para potenciar a xeración deenerxía distribuída, pero dis-crepa do borrador actual de de-creto, porque inclúe unhaspeaxes «inxustificadas», dirixi-das a «restrinxir e impedir odesenvolvemento desta formade xeración eléctrica». O sindi-cato ten a «convicción» de queestá redactado para defenderos intereses das grandes em-presas eléctricas nun momentode caída de beneficios polodescenso da demanda e da re-muneración, así como a nece-sidade de investir para adap-tarse ás esixencias da UniónEuropea.CCOO mantivo xa reunións

coa Secretaría de Estado deEnerxía, nas que se lle trans-mitiu ao sindicato que non haicambios salientables respectoda proposta inicial, agás unhamodificación da proporciónactual da peaxe do autoabas-tecemento.

O persoal de Alcoa-A Coruña volveu saír á rúa o 29 de xaneiro para esixira reforma do sistema eléctrico

7

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 57 - xaneiro de 2015

Anegociación colectivasegue conxelada, en liñacoas temperaturas que

estamos vivindo en Galicia porestas datas. O malo é que o ter-mómetro das mesas de nego-ciación non ten visos derecuperarse e todo apunta aque se manterá nuns paráme-tros moi baixos, do mesmoxeito que en 2014: marcadospolo bloqueo.O ano 2015 non trouxo moi-

tas ledicias aos traballadores etraballadoras do noso país: dos122 convenios de sector exis-tentes, que afectan a 343.496persoas, 96 están en ultraacti-vidade; destes, 30 non teñenpacto en contrario, mentresque xa decaeron 13.Un dos elementos clave da

reforma laboral do 2012 foi anova regulación aplicable aosconvenios cuxa vixencia con-clúe sen que haxa pacto para asúa renovación. A novidadeconsiste en que, salvo pacto en

contrario, o convenio colectivodenunciado perde a súa efica-cia após un ano da fin da dura-ción pactada, isto é, a ultra-actividade só ten efectos du-rante doce meses.Cómpre lembrar que, antes

da reforma, eramos nós, ossindicatos, os que denunciaba-mos os convenios coa inten-ción de mellorar as condiciónsde traballo cun novo texto.Agora, tras a reforma, cada vezé máis frecuente que sexan asempresas as que os denuncien,pero coa expectativa de logra-ren reducir os custos salariais.É aquí cando se ve o impactosobre a depreciación salarialque pode ter a nova regrasobre a ultraactividade.A regulación prevé que a

perda de ultraactividade im-plica a aplicación do conveniode ámbito superior, pero deixaunha lagoa, unha situaciónpara a que non ofrece resposta:non determina que sucede

cando non existe convenio deámbito superior. Neste punto,a sentenza ditada polo TribunalSupremo o pasado 22 de de-cembro sobre o recurso de ca-sación número 264/2014 é deextraordinaria importancia,pois considera que as condi-cións laborais pactadas en con-trato ou por remisión aconvenio colectivo teñen natu-reza xurídica contractual e se-guen sendo esixibles inclusoapós expirar a vixencia do con-venio colectivo de referencia.Noutras palabras: aínda que oconvenio estea derrogado, oseu contido segue sendo esixi-ble automática e inmediata-mente, xa que son condiciónspactadas individualmente a tra-vés do contrato desde omesmo momento da súa for-malización.Segundo esta sentenza, o

convenio, mesmo unha vez de-rrogado, segue tendo unhagrande eficacia, especialmentenos casos en que pode evitar aredución salarial e a deteriora-ción doutras condicións labo-rais. Aínda que se trata dunharesolución moi relevante, nonsenta automaticamente xuris-prudencia, pois é necesariopolo menos unha máis nomesmo sentido. Ora ben, asentenza lembra que o Estatutodos Traballadores (ET) recolleunha canle específica que llepermite á empresa impor a ditaredución, mais logo dun pe-ríodo de consulta previo e conconcorrencia de causas.O Alto Tribunal aínda se debe

pronunciar sobre outras cues-tións de relevancia, como osacordos con ultraactividade in-

definida, e quedan ademais moi-tas preguntas sen resolver:cales son as condicións aplica-bles ás traballadoras e traballa-dores contratados despois daperda de vixencia do conve-nio? Noutras palabras, podenser contratados coas condi-cións do ET ou deberían ter ascondicións do resto de compa-ñeiros e compañeiras? Podedepender isto da decisión quetome a empresa ou dos acor-dos que alcancemos? Que tipode causas poden xustificar quea empresa utilice o procede-mento legal de modificacióndas condicións dos conveniosxa derrogados? Que materiasdas contidas no convenio de-rrogado se incorporan ao con-trato e cales non? Se a untraballador se lle deixa de apli-car un convenio decaído tras o7 de xullo de 2013, estaría aempresa obrigada a restituírlleas condicións anteriores?Estas preguntas son só al-

gunhas das moitas que xordencoa aplicación da reforma labo-ral do 2012, aínda sen soluciónmalia que xa case pasaron tresanos. Isto evidencia que a re-forma deixou enormes lagoas,froito de pouco rigor técnico, ea cada dúbida que resolvemos,ábrense outras novas.No marco da negociación

colectiva, debemos impulsaracordos sempre que sexa po-sible e non unicamente apli-car os criterios dos tribunais.É a propia negociación a queha procurar unha saída ásproblemáticas que xurdan,aínda que efectos como os dasentenza comentada sexanpositivos.

GaLiCia SiNdiCaL Número 57 - xaneiro de 2015

8

www.galicia.ccoo.es

Meses atrás afirmabaque a fonda crise quesofren a cidadanía e

as traballadoras e traballado-res deste país desde hai unsanos supuxo asemade unhaoportunidade de negocio e unmundo novo de experiencias einnovacións tanto para as em-presas como para certa clasepolítica, especialmente no queatangue ao mercado de traba-llo e ás relacións laborais.Grazas ao PP, sepáranos sóun paso do modelo liberal ca-pitalista americano e do mo-delo empresarial asiático.Non contento con esta des-

regulación, Rajoy e o seuequipo levan xa media lexisla-tura atacando os servizos pú-blicos de calidade. Neste con-texto encádrase a aprobaciónda nova lei de mutuas, quechegou en plenas festas doNadal –xa é habitual que o PPpromova cambios normativosde relevancia en períodos devacacións.

A nova lei recolle, entre outrascuestións, modificacións moi re-levantes con respecto á propianatureza das mutuas: pasan deser colaboradoras «da» a colabo-rar «coa» Seguridade Social. Istonon só lles franquea as portaspara que poidan abrir o abano dexestión, senón que as sitúa comosocias da Seguridade Social e es-tablece, sen andrómenas, a súaabsoluta natureza privada.Así mesmo, é un feito palpable

que a través desta lei o que real-mente se busca é potenciar opapel das mutuas; chégasemesmo a modificar o recenteReal decreto 625/2014 para faci-litar un maior control no tocanteao absentismo.Especialmente preocupante

son as excesivas referencias entoda a exposición da lei á necesi-dade de futuros desenvolvemen-tos regulamentarios, aspecto aoque os sindicatos deberemosprestar especial atención, visto oespírito reaccionario que se des-prende desta norma.

Outra cuestión que inquieta éa posibilidade (artigo 74) deque as empresas fagan ache-gas voluntarias ao patrimoniodas mutuas mediante o usodas bonificacións que lles con-ceden por baixa sinistralidade.Deste xeito, poderíanse privati-zar cotas dun diñeiro públicoque debería regresar á Seguri-dade Social. Parece claro que,neste punto, o Goberno clau-dica ante unha reivindicaciónhistórica das mutuas co obxec-tivo de incrementaren os seuspropios patrimonios.Sen dúbida, esta é a «torta»

que se vai repartir. As patronaisCEOE e CEPYME, as mutuas e ospolíticos encomendados á xes-tión dos servizos públicos sá-beno e pretenden facer negociocunha máis ca groseira privatiza-ción do sistema.Eses que disque lle aforrarán á

Seguridade Social miles de mi-llóns de euros son os mesmosque ocultan adoito a verdadeiradimensión do número de enfer-

midades profesionais existentesneste país e, ademais e sistema-ticamente, desvían estes casosencubertos como enfermidadescomúns para que os atenda sa-nitariamente o mesmo sistemapúblico de saúde ao que seicaaxudan a aforrar.Por sistema, pero especial-

mente desde o ano 2006 e desdeesta mesma organización, pre-sentamos con contundencia–tamén en millóns de euros–o que a propia Seguridade Social,a través das comunidades autó-nomas, podería aforrar investi-gando as causas das enfermi-dades laborais e creando unequipo de control eficaz para de-tectar a fraude na xestión destasmutuas con respecto á Seguri-dade Social.Cómpre, xa que logo, unha

pronta e contundente respostadesde todos os ámbitos sociais,sindicais e profesionais para freara deriva cara a un sistema clara-mente lesivo e antidemocráticopara a cidadanía.

Violeta Esteban CeballosSecretaria de Saúde Laboral de CCOO de Galicia

9

www.galicia.ccoo.es

GaLiCia SiNdiCaLNúmero 57 - xaneiro de 2015

Anatureza humana ten moi-tas arestas. Entre nós cre-cen os sentimentos e as

ideas máis altruístas e tamén asmáis egoístas. As relaciónsentre as persoas técense acotíonunha loita de intereses, ousexa, conflitos. Non nos enga-nemos: os conflitos existiron,existen e existirán.O conflito básico na empresa

dáse entre a propiedade e o tra-ballo, e aquí hai diferentes actitu-des: hai quen elixe pórse do ladodo poder (sindicatos amarelos);hai quen se salva a si mesmo ese dedica ao corporativismo e aoindividualismo nas relacións la-borais; hai quen fai da confronta-ción o seu xeito de operar(organizacións que tiran a pedrae esconden a man); por último,hai organizacións como CCOOque combinan a negociación coa

mobilización (cando é necesaria).O noso sindicato cre no con-

flito e está preparado para actuare convivir con el. A estratexia nonse basea só na confrontación:primeiro, construímos unha pro-posta; despois, facemos a pre-sión sindical; por último, nego-ciamos un acordo que permita omáximo beneficio para os traba-lladores e as traballadoras nomarco, tamén, dunha sociedademáis xusta.

Un sindicato libreCCOO caracterízase pola total

independencia de calquera par-tido político. Participamos nas re-lacións coa patronal e asempresas a través da negocia-ción colectiva e practicamosunha acción sociopolítica autó-noma en defensa dos traballado-res e das traballadoras, que se

manifesta no diálogo social cosdiferentes gobernos. En defini-tiva, a nosa acción sindical parteda autorregulación de que nosdotamos e desenvólvese exclusi-vamente nas canles que nosmarcan a Constitución e a Lei or-gánica de liberdade sindical.Respondemos ante a socie-

dade non só cumprindo coa nosamisión de defender os dereitos eintereses da clase traballadora,senón tamén coa defensa de cer-tos valores, porque non valetodo. Sabemos que non é doadosoportar a descualificación e oataque dos poderes fácticos. Édifícil para a nosa afiliación, paradelegados, delegadas e sindi-calistas percibir nos centros detraballo que o seu labor é per-manentemente cuestionado,descualificado ou directamen-te agredido por todas as for-mas que se empregan paraatacar o sindicalismo. Pero haialgo que todos sabemos: a afi-liación, as delegadas, delega-dos e sindicalistas de CCOO nonvan desistir, porque tempos aíndamáis duros xa os vivimos.Sabemos máis de asemblea-

rismo ca calquera outra organi-zación neste país; levámolo nonoso ADN porque nacemos así,como comisións de traballadorase traballadores. A nosa historianon nos libra de cometermoserros, pois o sindicato non é algoalleo á sociedade.Os cambios que estamos a

realizar no noso sindicato sonunha resposta ás demandasdos traballadores e as traballa-doras, non podemos ficar está-ticos: unha organización, oucambia e se renova ou estácondenada á irrelevancia.

A nosa lexitimidadeEsta organización preséntase

ás eleccións sindicais para ga-ñalas. Sabemos cales son os in-tereses da clase traballadora equeremos representalos. A tra-vés da negociación colectivamelloramos as condicións devida e de traballo da inmensamaioría da poboación; abondalembrar que calquera persoaque empeza a traballar ten unconvenio, unhas normas de or-ganización do traballo que ossindicatos negociamos paratodas e todos. Por este motivo,gabámonos da transcendenciaque o labor da nosa organiza-ción acada no presente e no fu-turo das relacións laborais.A nosa forza procede das

dúas lexitimidades que motivana acción sindical: a afiliación,que é o sostén do sindicato; eos votos da clase traballadora,que referendan a nosa capaci-dade negociadora na disputaesencial da riqueza que xera aempresa grazas á forza do tra-ballo. CCOO gaña esta lexitimi-dade día a día coa súa acciónsindical e, no caso concretodas eleccións sindicais, amedia de participación aché-gase ao 80%, moi por ribadoutro tipo de comicios.Por último, quero dicirvos

aos afiliados e afiliadas, aos de-legados e delegadas, a todas aspersoas que apoiades nas elec-cións sindicais as candidaturasde CCOO, que traballades paramellorar, non só as vosas con-dicións de traballo, senón as detoda a sociedade e as das xera-cións vindeiras. Os sindicatosnon imos desaparecer porquesempre seremos necesarios.

«O verdadeiro estratego é quen descobre un método para progresar, para fortalecera súa posición e prepararse para o inevitable conflito. Porque o conflito, non o debe-mos esquecer, é inevitable»

Garri Kaspárov, xadrecista

Número 57 - xaNeiro de 2015

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Aínda estou abraiadoapós ler no diario dixitalpraza.gal que «un terzo

da mocidade tolera o controlna parella e culpabiliza as ví-timas de violencia machista».Este preocupante titular ante-cede unha completa infor-mación sobre o estudo queelaborou a Universidade Com-plutense de Madrid (UCM) ainstancias da Delegación doGoberno central para a Vio-lencia de Xénero.Hai algo máis de dous anos,

unha enquisa do CIS xa recollíaconclusións dun teor similar:unha parte considerable da po-boación –non só a moza– to-lera e mesmo xustifica formasmachistas de control e violen-cia, ora verbal, ora física.A secretaria de Estado de

Educación, Montserrat Go-mendio, non tardou moito envalorar estas dramáticasconclusións. Gomendio, es-pecialista en «meterse naautoestrada a contramán»–como atinadamente a defi-niu nunha ocasión CCOO–,non defraudou a quen agar-dabamos algunha barbari-dade pola súa parte: segundoesta voceira cualificada doMinisterio de Educación, aculpa destes comportamen-tos é da materia educaciónpara a cidadanía (EpC), quedesaparecerá coa lei Wert.En opinión de Gomendio, a

mocidade que aparece noestudo da UCM cursou EpC,polo que «a materia nonconseguiu o obxectivo quese pretendía». Solución? Su-primila. Moito me lembra oex-presidente estadouni-dense George W. Bush, queno ano 2002, co gallo dunhavaga de incendios, propuxotallar as árbores para evitarque ardesen.

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez