Nº4 curso 15-16 BIBLIOTECA CIFP COROSO … María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos...

19
1 Nº4 curso 15-16 BIBLIOTECA CIFP COROSO RECOMENDACIÓNS PRIMAVERA-VERÁN Moito que ler, moito que ver. A biblioteca util para a formación profesional Colaboran: EDLG: http://normalizacoroso.blogspot.com.es/ BIBLIOTECA CIFP COROSO:http://corosobiblio.blogspot.com.es/ DPTO. INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN ACADÉMICA PROFESIONAL DPTO. PROGRAMAS EUROPEOS CIFP COROSO Avda. da Coruña, 174C 15960 Ribeira, A Coruña www.edu.xunta.es/centros/cifpcoroso "A lectura é á mente o que o exercicio ó corpo”. Joseph Addison, escritor e político inglés. Fonte: http://historiasdeiciaeavoa.blogspot.com.es/

Transcript of Nº4 curso 15-16 BIBLIOTECA CIFP COROSO … María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos...

1

Nº4 curso 15-16

BIBLIOTECA CIFP COROSO

RECOMENDACIÓNS PRIMAVERA-VERÁN

“Mo

ito

qu

e l

er,

mo

ito

qu

e v

er.

A b

ibli

ote

ca

uti

l p

ara

a f

orm

ac

ión

pro

fes

ion

al”

Colaboran:

EDLG: http://normalizacoroso.blogspot.com.es/

BIBLIOTECA CIFP COROSO:http://corosobiblio.blogspot.com.es/

DPTO. INFORMACIÓN E ORIENTACIÓN ACADÉMICA PROFESIONAL

DPTO. PROGRAMAS EUROPEOS

CIFP COROSO

Avda. da Coruña, 174C

15960 Ribeira, A Coruña

www.edu.xunta.es/centros/cifpcoroso

"A lectura é á mente o que o exercicio ó corpo”.

Joseph Addison, escritor e político inglés.

Fonte: http://historiasdeiciaeavoa.blogspot.com.es/

2

Í ndice de lecturas recomendadas por temáticas

1. Lecturas pola igualdade 3

2. Letras Galegas 2016 4

3. Conmemoracións da nosa literatura 5

4. Outras lecturas en galego 7

5. Recén chegados á biblioteca 8

6. Outras datas relevantes no mundo literario 9

7. Lecturas profesionais 11

8. Club de lectura “Close to Europe” 13

9. Autoaprendizaxe de linguas 14

3

María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970) Ana Romero Masiá, 2014 Baía Edicións María Barbeito precisaba dun estudo histórico-biográfico, un texto con contexto, elaborado entre a historia social, a microhis-toria e a historia cultural. Aquí está. Con soltura na escrita, cos detalles queri-dos á historia local, coa estrutura dunha coidada monografía, para mostrar-nos o perfil dunha destaca-

da educadora.

Flores de otro mundo. Dir , Icíar Bollaín . España

Patricia, dominicana, busca un fogar e unha segurida-de económica que a súa situación ilegal en Madrid non lle permite acadar. Milady, nacida en La Habana, ten 20 años e o mundo enteiro por percorrer. Marirro-si, de Bilbao, ten traballo, casa e a máis completa soidade. Como a soidade que comparten Alfonso, Damián e Carmelo, homes de Santa Eulalia, vila sen mulleres casadeiras nin futuro. Unha festa de solteiros forza o encontro dunhas e doutros e o inicio desta historia agridoce de convivencias ás veces imposi-bles.

L ECTURAS POLA IGUALDADE... 8 de marzo de 2016 conmemoramos o Día Internacional da Muller.

“Porque non queremos ser máis. Porque non queremos ser menos. Simplemente iguais” Tedes aquí unha selección de biografías de mulleres galegas e outros re-cursos.

Mulleres Ursula Heinze Xerais 1991 Nesta crónica aparecen oito mulleres, oito universos per-soais nos que Galicia aparece sempre como pano de fondo. Tres escritoras, unha pintora, unha deseñadora de moda, unha cantante e dúas actrices de teatro falan de si e de to-dos nós, do presente e do futuro.

4

L ETRAS GALEGAS 2016: “O Galego é a Chave”

17 de Maio de 2016 día das letras galegas adicado a Manuel María. Manuel María Fernández Teixeiro (Outeiro de Rei, 1930) é unha das voces poéticas máis representativas das xeracións de posguerra. É unha das máis fecundas, pois ensaiou os rexistros máis variados: a poesía social, a poesía paisaxística, a poesía de escarnio, a imprecatoria-relixiosa. Tamén se atopan dentro da súa obra a narrativa, o teatro e o ensaio.

Terra Cha Manuel María Xerais, 1989 “Terra Cha”, publicado por vez primeira en 1954, é sen dúbida un dos seus libros máis intensos e logrados, un sentido canto ós eidos da súa pequena patria lu-guesa onde os homes, a paisaxe, a palabra, o mundo todo acada unha dimensión íntima e po-derosa.

Os soños na gaiola Manuel María Xerais, 1992 O medio cento de poe-mas que constitúen este volume percorren o mundo infantil gale-go con estructuras sinxelas e rítmicas. Abren o libro dous poemas dedicados a Galicia. Un deles, que leva o mesmo nome, é case unha declaración de principios sobre o noso país para os ne-nos e nenas.

As lúcidas lúas do outono Manuel María Vía Láctea, 1988 Poesía.

Ritual para unha tribu capital de concello Manuel María Follas Secas, 1986 Poesía.

5

L ECTURAS EN GALEGO... Conmemoracións na nosa literatura: 30 anos de “Polaroid” de Suso de Toro e outras obras do autor.

Servicio de urxencias Suso de Toro Xerais, 2002 A doutora Chus Nespe-reira, a enfermeira Encar-nación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes princi-pais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para tele-visión e que agora se publican, por vez primei-ra, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989.

A sombra cazadora Suso de Toro Xerais, 2013 Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exte-rior. Fóra hai unha amea-za para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxi-nade que a imaxe do es-pello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades».

Polaroid Suso de Toro “Polaroid” é un libro de narracións que enlaza tanto coa cultura under-ground dos anos setenta como co tempo da cultu-ra pop, da produción de obxectos industriais de consumo en serie, do tempo dos medios de comunicación audiovi-suais e da cultura da mú-sica pop anglosaxona. Mais tamén é un libro que trata das linguaxes, da lingua e os seus diver-sos niveis e usos; que xoga e experimenta coa linguaxe narrativa; que ironiza sobre a literatura e as súas retóricas; que utiliza, a partir da orali-dade, todo tipo de mate-riais atopados, creados, manipulados para facer literatura.

Land Rover Suso de Toro Xerais, 1998 En “Land Rover”, Suso de Toro, con intachable sentido da progresión narrativa, bríndalles ós seus lectores unha obra singular, bicéfala, pecha-da en si mesma coma un círculo perfecto no que se inscriben a fábula e a historia, mito e realida-de. Suso de Toro dálle a volta á historia bíblica da xénese e, agora, é Abel quen mata a Caín cunha chave inglesa.

6

L ECTURAS EN GALEGO... Conmemoracións na nosa literatura: 25 anos das publicacións de “Contos por palabras” e “Mutacións xenéticas” e 30 anos da publicación de “Das cousas de Ramón Lamote”

Contos por palabras Agustín Fernández Paz Xerais, 2010 Este libro consta de oito contos. A súa caracterís-tica é que todos se de-senvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais.

Mutacións xenéticas Fina Casalderrey Xerais, 1998 Hadrián vai realizar o seu bautismo de voó. Pensa que as primeiras vacacións que pasará fóra do seu país serán as máis aburridas da súa vida porque convivirá cun estraño ser, ó que nin sequera coñece. Es-tes resultarán ser trinta días de abraiantes descu-brimentos, ata o extremo de que Hadrián será o protagonista na solución dun terrible problema, que está a piques de re-matar coa liberdade hu-mana que un louco pre-tendía controlar.

Das cousas de Ramón Lamote Paco Martín Biblioteca galega 120, 2002 Ramón Lamote Miñato é profesor de chairego e debuxante de soños por encarga. A súa existen-cia é apracible, como lle corresponde a unha per-soa da bondade do señor Lamote. Mais a vida tamén está chea de cou-sas. Das cousas que lle acontecen a Ramón La-mote e da súa particular maneira de entender o mundo trata esta novela.

7

O UTRAS LECTURAS EN GALEGO.. 5 de Xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Nesta data intentamos sensibilizar á poboación en torno á protección e mantemento do medio ambiente. É preciso e urxente que todos nós nos convertamos en responsables do coidado e respecto do medio ambiente. Propoñémosvos lecturas para descubrir espazos naturais do noso entorno máis pró-ximo.

Espazos Naturais. Provincia da Coruña A Nosa Terra A protección da natureza. A supervivencia do planeta está nas nosas mans, e de nós depende que sexamos quen de, sen esquecer mellorar a calidade de vida humana, respectar e coidar ós seres vivos, conservar a diversidade da terra, manter a súa capacidade de carga e diminuír os índices de esgota-mento dos recursos non renovables.

Guía Básica das árbores da rede natura 2000 en Riveira Miguel Ángel Conde Teira, Gabriel Lijó Pose Concello de Riveira Lista de espazos naturais, que pretende conservar unha selección das me-llores zonas para a flora e fauna e dos medios onde viven, co fin de preser-valos para a nosa xeración e as vindeiras.

8

A praia dos afogados Domingo Villar Galaxia, 2015 A novela parte dun descu-brimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastra-do pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tum-ba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico ins-pector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime.

O faro escuro María López Sández Galaxia, 2015 Cando a xornalista Cata-lina Moscoso desaparece misteriosamente sen dei-xar rastro...

Existe unha conexión con algunha das reportaxes que realizou ou coa súa recente separación? Qui-zais co accidente aéreo no que estivo a piques de perder a vida? Ou coas chamadas de acoso que recibía nos últimos tem-pos? A inspectora Neira, que se encarga do caso a coñeceu a Catalina anos atrás, durante a investiga-ción duns asasinatos en serie na Costa da Morte, sente que se acaba o tem-po e que a vida da famosa xornalista depende dela.

De remate Héctor Cajaraville Xerais, 2015 “De remate” é unha nove-la tremendamente singu-lar no xeito de narrar. Está construída fragmen-tariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xorna-lista Bieito Sanmarful, complementadas con tex-tos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa pro-cedencia: correos electró-nicos, anotacións en blogs, poemas, documen-tos oficiais... A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoi-cismo.

Noche de viernes Jordi Sierra i Fabra Alfaguara, 1993 Outra noite de venres en busca de liberdade. Outra noite marcada pola incon-gruencia que desatan o alcohol e as drogas. Pero esta noite non será como outras. Ó amencer, as vi-das de cinco xoves terán mudado de forma radical...

R ECÉN CHEGADOS Á BIBLIOTECA CIFP COROSO...

9

Macbeth William Shakespeare Versión galega de F. Pérez Ba-rreiro-Nolla Galaxia, 1972

Don Quijote de La Mancha Cervantes Saavedra, Miguel de Vicens Vives, 2007

Rinconete y Cortadillo Cervantes Saavedra, Miguel de Letras Mayúsculas, 2009 Adaptación de Alfredo Reina

O UTRAS DATAS RELEVANTES NO MUNDO LITERARIO... Este ano conmemóranse os cuatricentenarios da morte de Cervantes (22 abril) e Shakespeare (3 maio). Escolma da biblioteca en varios idiomas.

El casamiento engañoso. El coloquio de los perros Cervantes Saavedra, Miguel de Biblioteca didáctica Anaya, 1987

El rey Lear William Shakespeare Versión Manuel Ángel Conejero Alianza, 1997

Noite de Reis. A tempestade William Shakespeare Versión galega de Miguel Pérez Romero Galaxia, 2003

10

Two shakespearean Tragedies William Shakespeare Burlington Books,

The Tempest William Shakespeare Oxford. Dominoes Starter

O UTRAS DATAS RELEVANTES NO MUNDO LITERARIO... Este ano conmemóranse os cuatricentenarios da morte de Cervantes (22 abril) e Shakespeare (3 maio). Escolma da biblioteca en varios idiomas.

11

L ECTURAS PROFESIONAIS ... Unha pequena mostra das lecturas técnicas dispoñibles na biblioteca: De-partamento de Instalación e Mantemento e Departamento de Automoción

Las Bases del Frío Francis Cabeza, (5ª Edición). Ed. DIDA-FRIO, AMV EDICIO-NES. Como o nome suxire este

libro estuda o frío tanto

aspectos teóricos e prác-

ticos. O contido deste

traballo vai dende o máis

simple dos circuítos de

refrixeración ata as insta-

lacións centralizadas de

frío comercial. É un libro

de referencia de grande

interese para os profesio-

nais, que vai axudar a

resolver moitos proble-

mas, avarías, novos con-

ceptos e é moi práctico e

didáctico.

La bomba de calor. Funda-

mentos, Tecnología y Casos

Prácticos.

José Ángel Asensio, Pedro

Barrio et al.

AFEC, 2015

Libro con vocación de con-

verterse en documento de

referencia no ámbito desta

tecnoloxía. Recolle novos

avances e actualiza a infor-

mación sobre a bomba de

calor en aspectos como o

medio ambiente, a transfe-

rencia enerxética, tecnolo-

xía, probas e ensaios, e apli-

cacións e consideracións na

selección. Libro presentado

no marco de CLIMATIZA-

CION 2015.

Cajas de cambio auto-máticas y robotizadas. Tomo 2 ETAI-Ibérica Manual de 400 páxinas con 400 Avarias de dife-rentes marcas e modelos do 2004 en diante. Cubicación dos elemen-tos electrónicos. Mantemento recomen-dado. Diagnose e esquemas eléctricos. Procedementos de repa-ración.

Vehículos híbridos y eléc-tricos Cesvimap, 2015 Descobre as particularida-des que fan dos vehículos de propulsión alternativa modelos singulares. Esta obra estruturase en seis capítulos: Tecnoloxías híbridas e eléctricas. Motores eléctricos. Tipo-loxía e funcionamento. Sistemas de almacenamen-to de la energía. Baterías. O vehículo eléctrico: im-pulso, infraestrutura e nor-mativa. Resultado da experimenta-ción en CESVIMAP. Precaucións, seguridade, rescate e remolcado de vehículos eléctricos e hí-bridos

12

L ECTURAS PROFESIONAIS ... Unha pequena mostra das lecturas técnicas dispoñibles na biblioteca: De-partamento de Industrias Alimentarias e Departamento de Electricidade e Electrónica.

Fabricación de queso R. Scott; R.K. Robinson, R. A. Wilbey Acribia Editorial, 2002 Esta edición revisada de “Fabricación de queso” inclúe, nun extremo do espectro, detalles da últi-ma tecnoloxía máis avan-zada de manipulación de callos e, no outro, sim-ples e sinxelas receitas para a produción de quei-xos artesanais nas gran-xas.

Tecnología de la carne y de los productos cárnicos Guillermo López de To-rre, Berta María Carballo García Mundi Prensa, 2000 Esta interesante obra de consulta divídese en ca-tro partes: Química da carne, valor nutritivo da carne, Tecnoloxía da carne e dos produtos cárnicos e lexislación de España e da Unión Euro-pea do sector cárnico.

Taller de Arduino.Un enfoque práctico para principian-tes Germán Tojeiro Calaza Marcombo S.A, 2010 Este libro é un dos primeiros libros en castelán sobre Arduino dirixidos aos estudantes de ciclos formativos de grao medio. Trátase dun libro sinxelo e e cun enfo-que puramente práctico baseado en 60 prácticas reais.

Arduino. Aplicaciones en Robótica, Mecatrónica e Inge-nierías Fernando Reyes Cortés, Jaime Cid Monajaraz Marcombo, 2012 Este libro trata das aplicacións que podería ter Arduino en diferentes ramas técnicas como a Robótica, Mecatrónica ou Enxeñería. Trátase dun libro de nivel avanzado moi útil para quen queira afondar no coñecemento do Arduino abordando aspectos de programación nas linguaxes C e MATLAB

13

C LUB DE LECTURA“CLOSE TO EUROPE”... Xa imos pola “3rd edition “do Club de Lectura “Close to Europe”!!!! A principal característica deste club de lectura é que os libros que lemos es-tán en inglés. Cada martes de 11:30 a 12:00 h reunímonos na biblioteca do Coroso.

Modern Masters Taylor, Arthur Burlington Books, 2011

People Who Changed the World Eleanor Sutherland Burlington Books, 2014

A foreigner in Britain Ybarra Rubio, Ramón; Smith, Fiona Burlington Books, 2013

14

A UTOAPRENDIZAXE DE LINGUAS... Dende o Departamento de Programas Europeos ,propoñémosvos algúns dos mate-riais para estudar inglés, que están á vosa disposición na biblioteca do Coroso.

Libros para adquirir vocabulario

técnico

Food Service Industries e Fishing& Seafood Industry Varios autores Express Publishing Método de inglés específico adaptado á familia profesional de industrias alimentarias. Inclúe vocabulario espe-cífico e situacións do entorno laboral.

15

A UTOAPRENDIZAXE DE LINGUAS... Dende o departamento de Programas Europeos,propoñémosvos algúns dos mate-riais para estudar inglés, que están á vosa disposición na biblioteca do Coroso.

Libros para adquirir vocabulario

técnico

Electrician e Electronics Varios autores Express Publishing Método de inglés específico adaptado á familia profesional de electricidade e electrónica. Inclúe vocabulario específico e situacións do entorno laboral.

16

A UTOAPRENDIZAXE DE LINGUAS... Dende o departamento de Programas Europeos, propoñémosvos algúns dos mate-riais para estudar inglés, que están á vosa disposición na biblioteca do Coroso.

Libros para adquirir vocabulario técnico

Let s speed up! Inglés para Automoción María de los Milagros Estéban García Paraninfo. Método de inglés específico adaptado á familia profesional de transporte e mantemento de vehículos. Proporciona o inglés básico que se necesita para desenvolverse no mundo profesional.

Mechanics Jim D. Dearholt Express Publishing Método de inglés específico adaptado á familia profesional de transporte e mantemento de vehículos. Inclúe vocabula-rio específico e situacións do entorno laboral.

Engineering Paraninfo. Express Publishing Método de inglés específico adaptado á familia profesional de instalación e mantemento. Inclúe vocabulario específico e situacións do entorno laboral.

17

A UTOAPRENDIZAXE DE LÍNGUAS...

Gramáticas e métodos de auto-aprendizaxe

Pons Italiano. Curso completo de autoaprendizaje Pons Idiomas, 2015 Curso completo de autoaprendizaxe baseado nas propostas do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. O curso consta de 2 libros e 4 CD que garanten a total autonomía do estudante. Ideal tanto para principiantes como para falsos princi-piantes.

Inglés en directo Pons Idiomas, 2015 Aprende a dicir en inglés todo o que dis no teu día a día en español Inglés en directo ofréceche palabras, frases e expresións máis fre-cuentes de 40 situacións da vida cotiá en inglés. Agrupadas en dous niveis, básico e avanzado, e listas para usar, poderás adecuar o seu estudo ás túas necesidades comunicativas e ó teu xeito de falar.

El inglés de Sila. Mis 60 lecciones favoritas de inglés para estudian-tes hispanohablantes Pons Idiomas, 2015 Os nativos de fala inglesa poden ensinar á perfección o acento, a gramática, a sintaxe, etc., pero nunca poderán comprender ó100% os problemas ós que nos enfrontamos os hispanofalantes cando apren-demos inglés, porque non pasaron por iso e non tiveron que superar as trabas que atopamos aqueles que temos o español como primeira lingua.

18

A UTOAPRENDIZAXE DE LINGUAS...

Revistas para aprender inglés

Speak UP Esta revista contén artigos en inglés en varios niveis: básico, intermedio e avanzado. Trata diversos temas e inclúe un CD cos artigos e actividades propostas..

Aprende Inglés con Vaughan Revista mensual con temas variados para aprender inglés co coñecido método Vaughan. Ven acompañada dun CD para mellorar a pronunciación.

Revistas periodicidade mensual

19

A UTOAPRENDIZAXE DE LINGUAS...

Outros materiais: audiolibros e películas V.O. con subtítulos en inglés e en castelán

A dama de ouro Baseada nunha historia real. Ma-ria Altmann (Helen Mirren), unha muller xudía que fuxiu de Viena durante a II Guerra Mundial (1939-1945), regresa sesenta anos despois para reclamar as propie-dades que os nazis confiscaron á súa familia, entre as que se atopa o célebre 'Retrato de Adele Bloch-Bauer I', de Gustav Klimt . Un xove avogado (Ryan Reynolds) axudará na súa loita contra o go-berno austríaco e a Corte Supre-ma dos Estados Unidos. O mes-mo tempo, María deberá enfron-tarse ás terribles verdades do seu pasado.

Corazóns de aceiro Abril de 1945, a guerra está a pi-ques de rematar. Ó mando do veterano sarxento Wardaddy (Brad Pitt), unha brigada de cinco solda-dos americanos a bordo dun tan-que –o Fury– loitarán contra un exército nazi ó borde da desespe-ración, pois os alemáns saben que a súa derrota é enmimente.

Perdida O día do seu quinto aniversario de voda, Nick Dunne (Ben Affleck) informa que a súa dona Amy (Rosamund Pike) desapareceu misteriosamente. Pero pronto a presión policial e mediática fai co retrato de feli-cidade doméstica que ofrece Nick empece a cambalearse. Ademais, a súa estrana conduc-ta convérteo en sospeitoso, e todo o mundo comeza a pre-guntase se Nick matou á súa dona...

Máis películas dispoñibles na biblioteca do CIFP Coroso