Monedas século xix. ines barbeito

12
O cambio de moeda O cambio de moeda ó longo do século ó longo do século XIX en España” XIX en España” Inés Barbeito Inés Barbeito Cal. Cal. 2ºA. Nº1. 2ºA. Nº1.

description

Traballo de Inés Barbeito. Para Historia 2º BACX IES Francisco Aguiar Betanzos.

Transcript of Monedas século xix. ines barbeito

Page 1: Monedas século xix. ines barbeito

““O cambio de O cambio de moeda ó longo do moeda ó longo do

século XIX en século XIX en España”España”

Inés Barbeito Cal. Inés Barbeito Cal.

2ºA. Nº1.2ºA. Nº1.

Page 2: Monedas século xix. ines barbeito

Século XIX:Século XIX:1. Carlos IV de Borbón

2. Xosé I Bonaparte

3. Fernando VII de Borbón

4. Isabel II de Borbón

5. O Goberno Provisional

6. Amadeo I de Savoia

7. Carlos VII

8. A Primeira República española

9. Afonso XII (a Restauración)

Ó longo do século XIX o sistema monetario foi o Real, ata que, durante o Goberno Provisional, decidiron acuñar outra moeda, a peseta.

Page 3: Monedas século xix. ines barbeito

Carlos IV Carlos IV

Moedas de prata, O Real

Carlos IV comeza a reinar en España a principios do século XIX, constituíndo o fin do Antigo Réxime en España, e facéndolle fronte a unha crise (monárquica, económica e como efecto da revolución francesa). Reinará cunha monarquía absoluta, pero rexéndose pola razón, xa que é ilustrado.

Moedas de cobre, O Real

O escudo destas moedas é o propio da dinastía Borbónica, é dicir, dividido en catro partes, que se identifican cos catro reinos españois (Castela a Mancha, Castela e León, Aragón e Navarra; e, ademais, ó final está representada o reino de Granada), no centro o símbolo da dinastía Borbónica, e por último, a coroa (que simboliza a monarquía) arriba do escudo.

Page 4: Monedas século xix. ines barbeito

Xosé IXosé IO resultado desta crise é a Guerra de Independencia, na cal se diferencian dous bandos: un primeiro derivado da posición de Napoleón (Xosé I), e un segundo, que compoñen os grupos dirixentes e as masas populares (patriotas).

Moedas de prata ( a peseta)

Moedas de cobre (Os Cuartos)

Moedas de ouro (O Real)

Finalmente, instálase no poder Xosé I, que goberna cun carácter autoritario, autolimitando o seu poder voluntariamente co Estatuto Real.

Nestas moedas obsérvase un cambio no escudo español. Neste caso, aparece dividido en seis partes (cando normalmenet aparece dividido en catro) e no medio a aguia que identifica ós Bonaparte (en lugar do símbolo dos Borbóns).

Page 5: Monedas século xix. ines barbeito

Fernando VII Fernando VII (1814-1833)(1814-1833)

Posteriormente, tras o reinado de Xosé I e a Constitución de Cádiz (1812), sería Fernando VII quen devolvese o absolutismo a España dividindo o seu reinado en tres períodos (sexenio absolutista, trienio liberal e década ominosa).

Moedas de ouro (O Real).Nesta moeda xa se aprecia a volta ó absolutismo (que se basea en que a lexitimidade do poder no monarca é de orixe divino, é dicir, é Dios quen decide ó soberano), xa que ten inscrita a frase “Por la gracia de Dios”. O escudo que emprega volve ser o da dinastía Borbónica, xa que el é un Borbón.Moedas de prata (O Real)

Esta moeda foi acuñada no 1820 (é dicir, ó inicio do trienio liberal consecuencia dunha revolución burguesa). Xa non ten inscrito “Por la gracia de Dios”, marca absolutista.

Moeda de cobre (os cuartos)

Page 6: Monedas século xix. ines barbeito

Isabel IIIsabel II(1833-1844/1844-1856/1856-1868)(1833-1844/1844-1856/1856-1868)

Fernando VII morre sen sucesión masculina, o que provoca un enfrontamento entre os partidarios da súa filla Isabel II e os do seu irmán Carlos, absolutista (inicio das Guerras Carlistas). Finalmente será Isabel II quen reine, antes de ser maior de idade, por medio de rexencias.

Moedas de prata (O Real).Durante o primeiro período no que reina a través de rexencias, obsérvase unha alternancia entre o liberalismo doutrinario e o democrático. Posteriormente, cando chega á maioría de idade (1844), decídese facer de España unha monarquía doutrinaria constitucional, é dicir que as decisións do monarca están limitados por unha constitución (así é que a moeda ten inscrito: “ Isabel II por la gracia de dios y la constitución”), declarando tamén a confesionalidade do Estado.

Dende 1854 ata 1856 proclámase o bienio progresista. E, finalmente, dende 1856 ata 1868, a década moderada-unionista.

Moedas de cobre (O Real).

O escudo que presenta esta moeda segue sendo o escudo dos Borbóns, xa que ela é Isabel II de Borbón.

Page 7: Monedas século xix. ines barbeito

Goberno ProvisionalGoberno Provisional(1868-1870)(1868-1870)

En 1868, o reinado de Isabel II desemboca na revolución Gloriosa, por parte dos opositores de Isabel. Isto provoca a creación dun Goberno Provisional para poder encauzar esta revolución dentro dos intereses burgueses (tendo a Serrano como rexente).Moedas de prata,

a peseta

Será o Goberno Provisional (cuxo rexente é Serrano) quen, coincidindo parte do que piden na revolución para encauzala dentro dos intereses da burguesía (xa que esta revolución de 1868 estábase radicalizando cada vez máis), decide adoptar como unha das medidas económicas a acuñación da peseta como unidade monetaria.

Moedas de cobre, a peseta

O escudo empregado na moeda cambia. A Coroa que representaba a monarquía é sustituida por un muro (que simboliza a soberanía nacional), xa que non querían adiantarse a cal sería a nova forma política española que haberiá despois desta revolución contra a dinastía Borbónica (durante este período, España carece de Rei, e no seu lugar, ten a Serrano como rexente). Por outra banda, o escudo non ten o símbolo que identifica á dinastía borbónica, pois este é eliminado. España é identificada como unha muller, que leva unha balanza na man, que simboliza a xustiza.

Page 8: Monedas século xix. ines barbeito

Amadeo I Amadeo I (1871-1873)(1871-1873)

En 1871, xa que a Constitución española de 1869 definira a España como unha monarquía, e dado que a maioría dos partidos eran antiborbónicos, decidiron buscar un rei doutra dinastía. Este sería Amadeo I de Savoia, que defenderá un modelo de monarquía constitucional democrática e parlamentaria.

Moedas de prata (a peseta)

Moedas de cobre (a peseta)

Ó entrar Amadeo I de Savoia no poder, hai un cambio de moeda, e tamén, de escudo. Neste caso, o escudo volve ter a Coroa (representación da monarquía) en vez do muro (representación da soberanía nacional). Por outra banda, no centro ten o escudo propio da Casa de Savoia (unha cruz prateada).

Page 9: Monedas século xix. ines barbeito

Carlos VIICarlos VIIEn 1872 estala a III Guerra Carlista, especialmente no País Vasco e en Navarra, defendendo a Carlos VII como monarca. Esta monarquía sería a volta ó absolutismo, a loita fronte ó capitalismo, o foralismo e a secularización. Aínda así, nunca conseguirá chegar ó trono español.

Moedas de cobre (a peseta)Moedas de prata (a peseta)O carlismo defende o antiliberalismo

político, é dicir, a alianza entre o trono e o altar (absolutismo monárquico que defende os privilexios da Igrexa) e o foralismo (defende os dereitos de cada un dos reinos de España) e o antiliberalismo económico (non hai propiedade privada, pero mantéñense institucións que lles permitan sobrevivir ós campesiños). Isto obsérvase na inscripción da moeda, que pon: “Dios. Patria. Rey”, xa que é unha monarquía absoluta, a lexitimidade do monarca vén dada por Dios, polo tanto, é de orixe divina.

O escudo ten o símbolo que identifica á dinastía borbónica no centro, xa que el é un Borbón. Tamén ten unha Coroa, que simboliza á monarquía.

Page 10: Monedas século xix. ines barbeito

Iª RepúblicaIª República(1873-1874)(1873-1874)

En 1873, a monarquía de Amadeo I fracasa debido á existencia dun contexto bélico (III Guerra Carlista e a Guerra en Cuba) e a falta de apoios. Neste momento, por primeira vez inténtase un modelo democratizador da política española, unha República federal.

Moedas de ouro, de prata e de cobre, a peseta

O escudo volve ser cambiado. Neste caso emprégase o que xa fora empregado durante o Goberno Provisional (non existe o símbolo que identifica á dinastía borbónica no centro do escudo, e en vez dunha Coroa, hai un muro, que representa a soberanía nacional). Por outra banda, España é simbolizada por unha muller que ten na man unha balanza. Esta balanza identifica á xustiza.

Page 11: Monedas século xix. ines barbeito

Afonso XIIAfonso XII(1875-1885)(1875-1885)

Tras o fracaso da República, debido principalmente ós efectos da guerra (Carlista, de Cuba e cantonal), e ás divisións entre os republicanos; Cánovas comeza un labor publicitario a favor de Afonso, afirmando que defenderá a “paz e a orde” e non reinará como ningún dos monarcas anteriores nin como na república, senon que acadará a estabilidade do país. Finalmente, remata conseguindo o trono, defendendo unha postura liberal doutrinaria, e comezando así a Restauración, baixo os principios do pensamento canovista.

Moedas de ouro e de prata, a peseta

Afonso XII instala en España unha monarquía constitucional doutrinaria, na que o monarca é a peza clave do sistema. Debido a iso o escudo da moeda volve cambiar. En lugar de España representada como unha muller, aparece el, en lugar do muro que representa a soberanía nacional, aparece de novo a Coroa, símbolo da monarquía (defende un modelo de soberanía compartida entre o Rei e as Cortes), e volve estar presente no centro do escudo español o símbolo que representa a dinastía borbónica (xa que el é o fillo de Isabel II de Borbón).

A moeda ten inscrito “Alfonso XII, por la gracia de Dios y la constitución de España”, isto é debido a que a monarquía do momento é unha monarquía constitucional doutrinaria, é dicir, que o seu poder está limitado por unha Constitución (a Constitución de 1876). Dado que pon “por la gracia de Dios”, Afonso XII declara a confesionalidade do Estado español (malia haber liberdade de cultos).

Page 12: Monedas século xix. ines barbeito

Inés Barbeito Cal. Inés Barbeito Cal. 2ºA. Nº1.2ºA. Nº1.