Narrativa de posguerra

18
AUTORES DE NARRATIVA NA POSGUERRA • EDUARDO BLANCO AMOR • ÁLVARO CUNQUEIRO • ÁNXEL FOLE • XOSÉ NEIRA VILAS • XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN • CARLOS CASARES

Transcript of Narrativa de posguerra

Page 1: Narrativa de posguerra

AUTORES DE NARRATIVA NA POSGUERRA

• EDUARDO BLANCO AMOR

• ÁLVARO CUNQUEIRO

• ÁNXEL FOLE

• XOSÉ NEIRA VILAS

• XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

• CARLOS CASARES

Page 2: Narrativa de posguerra

EDUARDO BLANCO AMOR

• TRAXECTORIA BIOGRÁFICA E IDEOLÓXICA

• CARACTERÍSTICAS XERAIS DA SÚA OBRA NARRATIVA

• OBRAS NARRATIVAS

Page 3: Narrativa de posguerra

TRAXECTORIA BIOGRÁFICA E IDEOLÓXICA (Ourense 1897-

Vigo 1979)• Con 22 anos emigra a Arxentina onde comeza a

súa actividade xornalística e literaria.• Lidera o movemento nacionalista na emigración • Durante a Guerra Civil defende dende América a

causa republicana que o obriga a ficar no exilio.• Nos anos 60 regresa a Galiza, onde publica os seus

derradeiros libros e segue a colaborar na prensa.

Page 4: Narrativa de posguerra

CARACTERÍSTICAS DA SÚA NARRATIVA

• Localización espacial en Auria (Ourense).• Localización temporal nas primeiras décadas do

século XX• Protagonistas infantís e xuvenís.• Retrato realista das clases traballadoras da cidade

de Ourense.• Crítica da sociedade capitalista, da opresión

económica das clases privilexiadas cara aos máis desfavorecidos.

Page 5: Narrativa de posguerra

OBRAS NARRATIVAS• A ESMORGA

– Argumento: narra os sucesos tráxicos acaecidos nunha noite de esmorga de tres amigos dos suburbios de Ourense

– Tema: Critica as condicións infrahumanas nas que viven os máis desfavorecidos, a colonización cultural que sofre Galiza

– Forma: A novela estrutúrase como un interrogatorio dun xuíz ao protanista, que nos vai contando o que aconteceu nesa noite.

– Estilo: Emprega un galego cheo de hiperenxebrismos, vulgarismos e dialectalismos, tentando mostrar a variante popular e coloquial da lingua.

Page 6: Narrativa de posguerra

XENTE AO LONXE

• A través do protagonista infantil (Suso) e a súa familia, de clase obreira, fai un retrato da clase traballadora ourensá, do sindicalismo e das súas reivindicacións.

Page 7: Narrativa de posguerra

OS BIOSBARDOS

• Libro de relatos breves protagonizados por nenos e adolescentes situados no Ourense de principios do século XX

• Índice de páxinas

Page 8: Narrativa de posguerra

ÁLVARO CUNQUEIRO

• Coñecido antes da guerra como poeta de vangarda, na posguerra segue cultivando este xénero pero ademais publica as primeiras novelas e obras de teatro.

Page 9: Narrativa de posguerra

CARACTERÍSTICAS XERAIS DA SÚA NARRATIVA

• Mestura elementos realistas do medio rural tradicional galego con outros fantásticos, extraídos doutras literaturas (a materia de Bretaña ou a literatura árabe).

Page 10: Narrativa de posguerra

OBRAS IMPORTANTES

• MERLÍN E FAMILIA• Retoma a figura do mago Merlín

adaptándoa a un tempo presente e a un escenario galego

• O paxe do mago lembra os tempos nos que servía no pazo.

• As historias seguen sempre o mesmo esquema: chegada dun visitante ao pazo de Merlín, exposición do problema ante o mago, resolución deste mediante a fantasía e partida do visitante.

• OS OUTROS FEIRANTES• Libro de semblanzas que contén retratos de

personaxes reais e imaxinarios, que mediante o humor e a fantasía, presenta a psicoloxía dos galegos e a forma de vida do rural tradicional.CTV s.a. | Productora de TV en Galicia | Plató 1000 | Estudios de TV

Page 11: Narrativa de posguerra

ÁNXEL FOLE• CARACTERÍSTICAS XERAIS:

– Foi un mestre do relato curto– Ambienta as súas historias na Galiza rural da alta

montaña luguesa, en concreto O Courel.– Reflicte os modos de vida daquel tempo: a paisaxe, a

economía, a vivenda, as crenzas populares, as lendas tradicionais.

– Os temas están relacionados co MEDO e o MISTERIO– Emprega as técnicas do conto popular de tradición oral

e reproduce nas súas obras a lingua falada das zonas luguesas nas que se sitúa.

Page 13: Narrativa de posguerra

XOSÉ NEIRA VILAS

• CARACTERÍSTICAS XERAIS:– Ambientación espacial na Galicia rural que el viviu de pequeno,

antes de emigrar a Cuba, e en América, onde pasou boa parte da súa vida.

– A GALIZA RURAL:

• Predominio do protagonista infantil/adolescente.

• Retrato da Galiza campesiña da posguerra, caracterizada pola miseria, a opresión política e a dominación política e relixiosa.

– A GALIZA EMIGRANTE:• Presenta os emigrantes galegos en América, os problemas de

adaptación ao mundo urbano, o illamento, a saudade da Terra.

Page 14: Narrativa de posguerra

OBRAS DE NEIRA VILAS

• MEMORIAS DUN NENO LABREGO

• HISTORIAS DE EMIGRANTES

• :: FUNDACION XOSE NEIRA VILAS ::

Page 15: Narrativa de posguerra

A NOVA NARRATIVA GALEGA

• Grupo de escritores/as que plublicaron as súas obras a fins dos 50 e nos 60.

• Renovan o xénero narrativo introducindo influencias da novela europea e norteamericana do momento.

• Son escritores monolingües moi comprometidos co idioma

• Compromiso político co nacionalismo de esquerdas.

Page 16: Narrativa de posguerra

CARACTERÍSTICAS XERAIS DESTES AUTORES

• TEMÁTICAS– Presenza de personaxes

anónimos, marxinais, violentos ou loucos.

– Retrato do mundo do subconsciente e os soños.

– Expresión do absurdo da existencia.

– Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos

• TÉCNICAS– Alternancia de planos

temporais, avances e retrocesos temporais.

– Presenza de varias voces narrativas nun mesmo relato.

– Predominio do monólogo interior, que tenta reproducir os pensamentos tal como brotarían na mente do personaxe.

Page 17: Narrativa de posguerra

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

• Actual presidente da RAG• Temas fantásticos, recreación de

personaxes artúricos (Percival, Artur)• Exploración do absurdo da existencia

humana, a angustia, a violencia individual e do Estado Español cara a Galiza.

• Crea un mundo mítico no que Tagen Ata é unha metáfora de Galiza, onde viven os “azerratas” (galegos) sometidos a Terra Ancha (Castela).

• OBRAS:– O CREPÚSCULO E AS FORMIGAS– ARNOIA, ARNOIARío de sombras - flocos.TV

• A grande viaxe - flocos.TV

Page 18: Narrativa de posguerra

CARLOS CASARES

• Importancia dos elementos autobiográfico na súa narrativa.

• Tamén interese pola ambientación e épocas históricas pasadas (a Guerra

Civil, o comezo do S. XX.• OBRAS:

– VENTO FERIDO

– XOGUETES PARA UN TEMPO PROHIBIDO