Narrativa medieval 1 ppt

14
NARRATIVA MEDIEVAL A IDADE MEDIA.CONTEXTO ÉPOCA: Abrangue o período comprendido entre o ano 476 (data da caída do Imperio Romano de Occidente) e o 1453 (ano da caída de Constantinopla en mans dos turcos). NOME: O nome de Idade Media déronllo, no século xv, os humanistas do Renacemento, por considerala como unha época intermedia (ignorante e escura) entre a Antigüidade e o movemento renacentista (que arranca xa nese mesmo século xv).

Transcript of Narrativa medieval 1 ppt

Page 1: Narrativa medieval 1 ppt

NARRATIVA MEDIEVAL

A IDADE MEDIA.CONTEXTO

ÉPOCA: Abrangue o período comprendido entre o ano 476 (data da caída

do Imperio Romano de Occidente) e o 1453 (ano da caída de Constantinopla en mans dos turcos).

NOME:O nome de Idade Media déronllo, no século xv, os humanistas do

Renacemento, por considerala como unha época intermedia (ignorante e escura) entre a Antigüidade e o movemento renacentista (que arranca xa nese mesmo século xv).

Page 2: Narrativa medieval 1 ppt

FEITOS HISTÓRICO-CULTURAIS:

Triúnfo do cristianismo. (coa conseguinte influencia da Igrexa na esfera cultural). Invasións dos pobos bárbaros. Xurdimento do feudalismo como sistema económico e social:

Base do feudalismo: relacións de dependencia entre señores e vasalos

Señores feudais Ricos e poderosos(privilexiados)

Obrigados a protexer os vasalos

Vasalos Pobres(non privilexiados)

Obrigados a obedecer en todo e a someterse á vontade dos señores A pertenza a un estamento ou outro determinábaa o nacemento: nacíase

nobre ou nacíase plebeo, isto é, do pobo chan.

A maioría da xente era iletrada, o cal explica, entre outras cousas, que boa parte da literatura medieval sexa de tradición oral.

Page 3: Narrativa medieval 1 ppt

SOCIEDADE ESTAMENTAL:

IGREXA(clérigos e monxes)

NOBREZA POBO CHAN(campesiños e artesáns)

Enorme importancia na conservación da cultura:• Gran influencia en

todos os ámbitos da vida.

• Conservación do latín.

• Uniformidade das manifestacións artísticas:

Visión teocéntrica do Universo (deus no centro de todo).

Sentido transcendente da existencia humana.

Tendencia didáctica ao pensamento moralizante.

Esencialmente guerreira, vivía nos castelos e dedicábase ás armas ou estaba ao servizo do rei.

As súas fazañas e valores (por exemplo, o sentido da honra) aparecen reflectidos na literatura épica e cabaleiresca da época.

Son os que traballaban coas súas mans para poder vivir. Habitaban en núcleos rurais, en torno a un castelo ou un mosteiro.

Page 4: Narrativa medieval 1 ppt

FACTORES DE CAMBIO:

Século Xll: comezan os cambios a causa de

As Cruzadas Ao abriren as rutas que levaban a Oriente, favoreceron os intercambios comerciais e a difusión de novas ideas.

O desenvolvemento do comercio e dunha primitiva industria fai que aparezan os burgos ou cidades e unha nova clase social, a burguesía (habitantes dos burgos).

Esta burguesía, de mentalidade e costumes máis mundanos, está máis preocupada polo benestar material e a prosperidade económica que polas cuestións espirituais.

Page 5: Narrativa medieval 1 ppt

Séculos XII e XIII:

Xorden as primeiras universidades, co que a cultura deixa de ser patrimonio exclusivo da Igrexa e dos mosteiros.

Nacen as linguas románicas ou romances, derivadas do latín.

Esta lingua, o latín, continúa sendo a lingua cultural e de prestixio en Europa, pero pouco a pouco as linguas vulgares van desprazándoo no uso escrito e literario nun proceso que culminará no Renacemento.

Nacen tamén, na Idade Media, as linguas xermánicas.

Page 6: Narrativa medieval 1 ppt

1. ÉPICA MEDIEVAL

• A épica medieval fórmana sobre todo os cantares de xesta, poemas narrativos que relatan as xestas ou fazañas de heroes históricos ou lendarios.• Estes poemas eran cantados polos xograres e transmitíanse oralmente.

• ÉPICA FRANCESA

Centrada no chamado ciclo carolinxio. • Os poemas do ciclo carolinxio refírense ao emperador Carlomagno e aos seus

cabaleiros. • O máis famoso de todos é a Chanson de Roland (Cantar de Roldán):

De autor anónimo. Escrita no século XI, tres séculos despois dos feitos nos que se inspira:

A derrota de Carlomagno no enclave pirenaico de Roncesvalles a mans dun exército árabe.

A morte do cabaleiro Roldán, traizoado por Ganelón.

Page 7: Narrativa medieval 1 ppt

ÉPICA XERMANA

Estendida por: Inglaterra: Beowwulf. Islandia e península escandinava:

A súa épica comeza coas narracións chamadas eddae continúa coas sagas, recitadas por uns xograres chamados escaldas.

Relacionado con esta poesía nórdica atópase o célebre poema de Os Nibelungos, epopea escrita en alemán cara ao ano 1200.

1. Nárranse as fazañas e a morte de Sigfrido, invulnerable en todo o seu corpo por bañarse no sangue dun dragón (coa única excepción dunha parte das costas en que unha folla caída dunha árbore impedira que o sangue lle tocase a pel).

3. Anos despois, Krimilda descobre a Brunilda o engano de que foi obxecto e esta víngase facendo que un guerreiro mate a Sigfrido feríndoo no seu único punto vulnerable.

2. Sigfrido namórase da princesa Krimilda e, para conseguir a súa man, ten que axudar ao rei a conquistar o amor de Brunilda, a raíña de Islandia, que somete aos seus pretendentes a duras probas. Sigfrido conségueo volvéndose invisible.

4. Krimilda, casada logo con Atila, rei dos hunos, vingará posteriormente a morte de Sigfrido.

Page 8: Narrativa medieval 1 ppt

2. NOVELA DE CABALERÍA

Serie de narracións cultas en verso cuxo protagonista adoita ser un cabaleiro que se enfronta a grandes perigos e aventuras cos seguintes propósitos:

Supoñen, de feito, o comezo da novela, que vén a ocupar o lugar da epopea clásica (Ilíada, Odisea, Eneida,...).

Dá como resultado que a acción se complique e se manteña en suspenso a atención do lector.

Literatura para ler Vai destinada a selectas minorías

Está ben caligrafiada Represéntanse as escenas con viñetas

coloreadas

Alcanzar a fama,

a perfección moral e o amor dunha dama.

Page 9: Narrativa medieval 1 ppt

2.1. A MATERIA DE BRETAÑA

As primeiras mostras da novela teñen como protagonista o cabaleiro. Estas novelas pertencen a un tipo de narracións denominados romans de Materia de Bretaña (porque a acción transcorre en Gran Bretaña ou na Bretaña francesa) ou do chamado ciclo artúrico (porque a corte do mítico rei Artús é a que constitúe o centro destas aventuras cabaleirescas).

De forma máis xenérica, utilizouse tamén para referirse a este xénero a expresión roman courtois (''novela cortés ou cortesá'').

Antes da aparición das narracións sobre personaxes da Materia de Bretaña, xurdiron obras que se presentaron como traducións (roman) doutras escritas en latín sobre o ciclo tebano e o da Eneida: Roman de Tebas e Roman de Eneas.

Decenios máis tarde a voz “roman” designa toda narración, traducida ou orixinal, escrita en versos franceses.

Page 10: Narrativa medieval 1 ppt

2.2. O CICLO ARTÚRICO

1. HISTORIA REGUM BRITANNIAE

2. ROMAN DE BRUT En 1155 o poeta Robert Wace traduciu a obra de Godofredo de Monmouth ao francés en pareados octosílabos, tradución coñecida co nome de (Novela de Bruto). Nela faise referencia á table ronde ou 'mesa redonda' en que sentaban os cabaleiros da corte do rei. Aínda que disfrazada de historia (o público tomou como históricos e non como criaturas de ficción a personaxes como Lancelot ou Perceval), a tradución de Wace pode ser considerada a máis antiga novela artúrica ou da Materia de Bretaña.

PUNTO DE PARTIDA DESCRIBE

Á parte da posible existencia anterior de tradicións e lendas célticas, constitúeo unha obra en latín de Godofredo de Monmouth, a Historia Regum Britanniae (Historia dos reis de Bretaña), escrita en 1136.

O boato da corte, a guerra contra os romanos e a campaña contra o seu sobriño.

O libro foi presentado como tradución dun antiquísimo libro en bretón.

Nela xa aparece Arturo ou Artús, fillo de Uther (nome procedente da historia dos bretóns).

Menciona a Ambrosio Merlín, neno de orixe diabólica ao que se lle atribúen unha serie de profecías.

Page 11: Narrativa medieval 1 ppt

...

CARACTERÍSTICAS:

O tema central das obras do ciclo artúrico é a busca do Saint Graal (ou “San Grial”), o cáliz no que se supoñía que bebera Xesucristo na última cea e ao que se atribuían poderes máxicos e curativos.

1. Cabaleiros de toda Inglaterra intentan infrutuosamente arrancar esa espada da bigornia, incrustada á súa vez nun anaco de mármore.2. Quen o conseguise, segundo a lenda, unificaría os diferentes reinos da illa e converteríase en rei de Inglaterra. 3. O mozo Arturo, que aínda non é nin sequera cabaleiro, logra extraela e é inmediatamente proclamado rei.

Este cáliz sería levado, segundo a lenda, a Inglaterra, e o rei Arturo, a instancias do sabio Merlín, mandaría os seus cabaleiros a buscalo.

4. No seu castelo de Camelot rodéase dos cabaleiros máis valerosos e honrados, entre os que destacan Lanzarote (ou Lancelot) e Perceval (ou Parsifal). Estes cabaleiros forman a Orde da Táboa (ou Mesa) Redonda, chamada así pola forma da mesa na que se reunían.

Como personaxe mítico, o rei Arturo pasou á iconografía popular como símbolo de intelixencia, honra e lealdade; e o seu castelo de Camelot, como un lugar idílico no que reinan a xustiza e a paz.

5. Arturo casa cunha fermosa doncela, Xenebra, da que tamén se namora Lanzarote. Decatado Arturo deses amores ilexítimos, condena á fogueira á súa esposa. Lanzarote, non obstante, sálvaa e foxe con ela a Francia.

A lenda do rei Arturo ten o seu punto culminante no episodio de Excalibur, a milagrosa espada cravada nunha bigornia:

6. Arturo persegue os amantes e, na súa ausencia, o seu fillo Mordred apodérase do trono. Ao regresar, pai e fillo enfróntanse; Arturo atravésao coa súa lanza, pero Mordred, antes de morrer, fere o seu pai, que morre tamén.

Page 12: Narrativa medieval 1 ppt

3. TRISTÁN E ISOLDA

Lenda por excelencia do ciclo artúrico: os amores de Tristán e Iseo. Obra de colaboración de varios poetas.

Céntrase nos amores adúlteros de Tristán e a fermosa Iseo a loira, esposa do rei Marc de Cornualles, tío de Tristán.

Non é novela de aventuras como as de Chrétien de Troyes, senón unha humanísima e torturada historia de amor de grandeza mitolóxica.

Inspírase en motivos tomados da mitoloxía clásica: combate co xigante Morholt (Enone e Helena, Teseo e o Minotauro; regreso das naves,…).

Page 13: Narrativa medieval 1 ppt

4. Culminación do ciclo artúrico, levada a cabo por Chrétien de Troyes

O Estilo:

O cabaleiro do león: O cabaleiro da carreta:

Contén abundantes elementos marabillosos procedentes da Antigüidade clásica (aneis que fan invisibles, tema literario do león, encarceramento das trescentas doncelas, reflexións sobre o amor,…).

Escrito simultanamente con O cabaleiro do león.As accións transcorren nos mesmos días e de forma imbricada. O protagonista é Lancelot, enamorado de Xenebra, a cal o desdeña e somete a crueis e degradantes probas.

O conto do Graal:

O protagonista é Percival, personaxe rústico e inxenuo que acabará sendo armado cabaleiro.

Chrétien conduce sen tropezos a narración e sabe interrompela cando alcanza o interese e pasar a outro tema.

Son notables os atisbospsicolóxicos.

Detense na descrición dos combates e nos adornos e vestidos femininos, concesión ás damas e cabaleiros.

Page 14: Narrativa medieval 1 ppt

5. COMPILACIÓN FINAL: Cara a 1225 compílase en prosa francesa todo o material do ciclo artúrico en

torno a tres novelas: Lancelot, Demanda do Grial e Morte de Artús.

Son novelas longas, de trama múltiple e complicada, auténtica innovación que se produciu grazas á difusión do papel.