NEDA NO CAMINO N€¦ · Neda e da comarca a visitar a biblioteca municipal para apreciar a...

8
O Nadal deixará en Neda solidariedade, ilusión e cultura O Nadal é a época do ano na que a solidariedade se fai visible, na que son máis propicios os reencontros familiares e na que a ilusión se pode ver na mirada dos nenos e nenas. Todas estas situacións poderanse vivir ao longo dos próximos días da man do Concello, que deseñou un programa de actos, celebracións e actividades para que así sexa. A axuda aos que menos teñen chegará a través do repartimento de víveres e vales de 100 euros ás familias en risco de exclusión social, mentres que haberá teatro e espectáculos pensados para reunir a todos os membros da unidade familiar e a ilusión nos ollos dos máis pequenos será unha realidade coa Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro. O goberno municipal quere aproveitar o bo- letín para desexarlle un bo Nadal e un moi feliz 2019 á veciñanza de Neda, que “veña cargado de esperanza e de prosperidade”. O mapa Fontán entrou a formar parte do patrimonio público da localidade O partir do pasado 9 de novembro, o Concello de Neda pasou a ter outra consideración dentro do eido da cultura galega. O coñecido como Mapa Fontán, que foi a primeira carta xeométrica de Galicia feita con método científico, entrou a formar parte do patrimonio público da localidade grazas á xenerosidade do Fillo Predilecto da vila, ademais de escritor, profesor e músico, Vicente Araguas. Trátase dun dos primeiros exemplares que, despois de ser sometido a un proceso de rehabilitación, xa está a exposición pública na biblioteca municipal (Casa da Cultura). O mapa, realizado por Domingo Fontán, ten 173 anos. (Páx. 4) » A veciñanza de Neda celebrou a chegada do outono con pasarrúas, castañas e unha festa só para os maiores. (Páx.2) » O goberno inviste 400.000 euros na recta final do ano en 14 novos aglomerados e aproba catro obras máis cara ao 2019. (Páx.3) » Os ciclos de teatro que acaban de rematar reuniron a case 600 es- pectadores. (Páx. 4) » A andaina en apoio á loita contra o cancro volveu superar todas as espectativas recadando este ano case 5.500 euros (Páx. 6) SUMARIO A n o M M X V I I I N o 9 Decembro Boletín informativo do Concello de Neda NEDA NO CAMINO

Transcript of NEDA NO CAMINO N€¦ · Neda e da comarca a visitar a biblioteca municipal para apreciar a...

Page 1: NEDA NO CAMINO N€¦ · Neda e da comarca a visitar a biblioteca municipal para apreciar a minuciosidade dos moitos detalles que resultan visibles nunha carta xeométrica na que

O Nadal deixará en Neda solidariedade, ilusión e culturaO Nadal é a época do ano na que a

solidariedade se fai visible, na que son máis propicios os reencontros

familiares e na que a ilusión se pode ver na mirada dos nenos e nenas. Todas estas situacións poderanse vivir ao longo dos próximos días da man do Concello, que

deseñou un programa de actos, celebracións e actividades para que así sexa. A axuda aos que menos teñen chegará a través do repartimento de víveres e vales de 100 euros ás familias en risco de exclusión social, mentres que haberá teatro e espectáculos pensados para reunir a todos os membros

da unidade familiar e a ilusión nos ollos dos máis pequenos será unha realidade coa Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro.O goberno municipal quere aproveitar o bo-letín para desexarlle un bo Nadal e un moi feliz 2019 á veciñanza de Neda, que “veña cargado de esperanza e de prosperidade”.

O mapa Fontán entrou a formar parte do patrimonio público da localidade

O partir do pasado 9 de novembro, o Concello de Neda pasou a ter outra

consideración dentro do eido da cultura galega. O coñecido como Mapa Fontán, que foi a primeira carta xeométrica de Galicia feita con método científico, entrou a formar parte do patrimonio público da localidade grazas á xenerosidade do Fillo Predilecto da vila, ademais de escritor, profesor e músico, Vicente Araguas. Trátase dun dos primeiros exemplares que, despois de ser sometido a un proceso de rehabilitación, xa está a exposición pública na biblioteca municipal (Casa da Cultura). O mapa, realizado por Domingo Fontán, ten 173 anos. (Páx. 4)

» A veciñanza de Neda celebrou a chegada do outono con pasarrúas, castañas e unha festa só para os maiores. (Páx.2)

» O goberno inviste 400.000 euros na recta final do ano en 14 novos aglomerados e aproba catro obras máis cara ao 2019. (Páx.3)

» Os ciclos de teatro que acaban de rematar reuniron a case 600 es-pectadores. (Páx. 4)

» A andaina en apoio á loita contra o cancro volveu superar todas as espectativas recadando este ano case 5.500 euros (Páx. 6)

SUMARIO

Ano MMXVIII

No9Decembro

Boletín informativo do Concello de NedaNEDA NO CAMINO

Page 2: NEDA NO CAMINO N€¦ · Neda e da comarca a visitar a biblioteca municipal para apreciar a minuciosidade dos moitos detalles que resultan visibles nunha carta xeométrica na que

Boletín informativo doConcello de Neda NEDA NO CAMINO

2

A vila desfrutou coas celebracións do Magosto

C o outono tamén chegaron á vila de Neda as celebracións propias do Magosto, unha festa que se deixou

sentir tanto a nivel das asociacións como a través das actividades programadas desde o Concello. A maioría destas últimas tiveron como referencia a xornada do 27 de outubro, na que houbo obradoiros de maquillaxes, espectáculo musical infantil e o xa tradicional pasarrúas no que os nenos saíron a buscar doces chamando ás portas das casas que se atopaban decoradas. Trátase dunha convocatoria que suscitou unha elevada participación tanto por parte das familias como da veciñanza en xeral. Esta última non defraudou, como tampouco o fixo da bautizada como “Senda das ánimas”, unha iniciativa que chegou este ano para quedarse nas celebracións do Magosto de Neda, a dicir da resposta da xente. O tamén coñecido como o “pasarrúas do medo” estivo organizado polo grupo de teatro O Aturuxo de Melpómene, que contou coa colaboración do alumnado da Escola Municipal de Teatro, para crear o ambiente adecuado para asustar ata aos máis valentes.

A festa, a continuación, trasladouse ao edificio da Casa das Palmeiras, na que houbo un tren cargado de castañas e os numerosos boliños preñados, suficientes para aliviar pesadelas, así como a actuación do dúo musical Eva e Camilo e a elaboración e o posterior reparto de queimada entre os

asistentes para espantar as últimas meigas do outono. A estas celebracións cabe engadir a que o goberno municipal organizou exclusivamente para o colectivo da Terceira Idade. Unha merenda a base de produtos de outono e un baile amenizado por un grupo musical foron os ingredientes de convocatoria que houbo en novembro no centro cívico.

18.000 euros de apoio ás

entidades locais

Neda rexeitou a violencia machista

O Concello fomenta o deporte e a cultura contribuíndo á economía das entidades

en función das actividades que estas realicen ao longo do ano. Un total de 17 asociacións, entre veciñais, culturais e deportivas, volveron beneficiarse dunha política coa que se pretende dinamizar a vida da veciñanza poñendo ao seu alcance a maior número de actividades posible.

Este ano foron uns 18.000 euros os que saíron das arcas municipais, cantidade que se distribuíu entre 13 asociacións -AAVV de Anca, Ancos, O Castro, Asociación Cultural Recreativa Ponte da Cobeluda, ANPAs CEIPs Maciñeira e San Isidro, Asociación Brosla-deiras, Agrupación Artística Lucero del Alba, Asociación Cultural e Etnográfica A Fervenza do Belelle, Asociación de Mulleres Val do Bele-lle, Asociación Palilleiras Filigrana, Asociación Local Amas de Casa e CCRD Puntal- e outras tres deportivas: Rápido de Neda, O Roxal e a agrupación deportiva San Isidro. A media das subvencións aproxímase aos mil euros.

O goberno de Neda tamén contribúe cos gas-tos derivados do funcionamento dos locais ou das instalacións deportivas, co incremento das subvencións un 60% e co feito de abonar en tres anos as cinco anualidades das axudas municipais.

Neda volveuse a vestir de negro con motivo da conmemoración do 25 N (Día

Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller), unha data que a nivel local deu lugar á celebración a Marcha polo Bo Trato e á representación da obra “Gaiola”, a cargo do grupo El ruiseñor de Culleredo. Ámbalas dúas convocatorias tiveron unha alta participación, o que pon de manifesto a repulsa da poboación de Neda a unha violencia que, desde o ano 2008, arrebatou a vida a 619 mulleres no conxunto do Estado e a 43 en Galicia. A violencia machista tamén acabou coa vida de 10 menores só no que vai de ano, segundo cifras oficiais.

Polo outono as rúas e prazas da vila de Neda enchéronse de risas e pantasmas

Pasarrúas, música e degustacións foron os contidos dunha programación que non defraudou á veciñanza

Page 3: NEDA NO CAMINO N€¦ · Neda e da comarca a visitar a biblioteca municipal para apreciar a minuciosidade dos moitos detalles que resultan visibles nunha carta xeométrica na que

Boletín informativo doConcello de NedaNEDA NO CAMINO

3

Ámarxe das obras de aglomerado xa realizadas ao longo destes últimos anos, o goberno de Neda acometeu

14 novas intervencións na recta final do ano e ademais quixo darlle continuidade a esta política de investimento nas vías públicas coa aprobación de catro novos proxectos que serán executados nos próximos meses con cargo ao POS+2019. Neste último paquete, cuxo gasto superará aos 184.000 euros, a administración local acometerá as pavimentacións en Coto e baixadas ao paseo marítimo (30.000 euros), así como en Trasmonte (58.000 euros), nos camiños de Basteiro e das Augas (35.000 euros) e na subida Fontevella-Edradas-Gandarela, orzamentada esta última en algo máis de 61.000 euros.

En cando ás obras executadas nos últimos meses do ano, cun gasto de 400.000 euros, o Concello botou mán do POS 2018 para dotar de aglomerado os viais de Porta da Pena-Chao da Aldea (32.000 euros), O Cal, e Bernés-Pedrós (50.431,82); destinou 180.000 dos 250.000 euros do remanente de tesourería para acometer obras de asfaltado en quente nos camiños de Currás (13.407,5), Latedo-Carballal (22.994,79), Nogueirido-Curuxa-Combarro (18. 726,20), Os Pazos (44.956,18), Os Pazos-Combarro (14.033,69) e mellorarase, por importe de 30.385,99 euros, a rúa Roseira e máis o contorno do pavillón municipal.

Neste orzamento dos 180.000 euros tamén estaban incluídas actuacións na baixada

de Trasmonte, no vial entre Cruz do Pouso e Pouso Vello e na pista de Liñares, cuxo investimento foi de 36.000 euros. Con cargo ao remanente tamén figuran a traída de auga da Rabadeña e o proxecto de saneamento en Requeiro e zona da estación.

Ademais, e coa axuda do plan adicional do POS 2018, o goberno municipal de

Neda investirá outros 140.000 euros no acondicionamento dos camiños de Ladeiro, Cruz do Pouso-Gandarela e Cobeluda.

No último trimestre do ano tamén quedaron rematadas as obras levadas a cabo no camiño Costa da Silva-A Silva e coas que o goberno municipal puxo fin ao plan de melloras acometido na rede viaria da zona alta do Ponto.

Todas as actuacións realizadas incluíron a utilización de aglomerado en quente para o acondicionamento do firme das estradas, así como a apertura das gabias e a sinalización viaria correspondente.

O ano despídese cun gasto de 400.000 euros máis en camiños

O goberno aposta polo aglomerado para rendibilizar o investimento e dar seguridade viaria

O Concello aprobou incluír catro novas obras de aglomerado con cargo ao POS+2019

O exercicio económico en vigor está a ser un dos máis importantes do presente mandato e non só por xestionar un orzamento que se aproxima aos 4,7 millóns de euros, senón pola contratación dos servizos de Axuda a Domicilio e de limpeza dos edificios públicos por un importe de licitación superior ao millón de euros. A firma destes dous contratos terá lugar o día 26 do presente mes de decembro, polo que o goberno municipal

valora que as melloras introducidas en ámbolos dous servizos chegarán co novo ano. Unha das consecuencias será a ampliación do servizo de Axuda a Domicilio durante as fins de semana, xa que “se trata de primar o benestar dos usuarios e o descanso dos seus familiares/coidadores”, segundo no seu momento destacou a responsable da área de Servizos Sociais, Ana Rosa Pena Barcia.

No 2019 haberá axuda a domicilio as fins de semana

Page 4: NEDA NO CAMINO N€¦ · Neda e da comarca a visitar a biblioteca municipal para apreciar a minuciosidade dos moitos detalles que resultan visibles nunha carta xeométrica na que

Boletín informativo doConcello de Neda NEDA NO CAMINO

4

Neda entra na historia por ter un mapa Fontán

O tamén coñecido como mapa Fontán é a primeira carta xeométrica de Galicia feita con método científico e

medicións matemáticas en España, e Neda, xunto ao Parlamento de Galicia, a Real Academia Galega da Lingua e o pazo de Raxoi, está en posesión dun exemplar.

É grazas á xenerosidade do Fillo Predilecto da vila, ademais de profesor, escritor e músico, Vicente Araguas Álvarez, quen o cedeu ao Concello nun acto de entrega que tivo lugar nos primeiros días do pasado mes de novembro. A importancia do asunto mereceu a celebración dunha cerimonia que reuniu na Casa da Cultura a expertos no tema, entre outros Víctor Pollán Fernández -membro da comisión técnica para a celebración do 200º aniversario do inicio da carta- Jorge Juan Medín Guyatt -técnico especialista en restauración de documentos gráficos-, aos seus anteriores propietarios, Rafael e José González-Robatto, o responsables do equipo de goberno -Ángel Alvariño Saavedra e Cristina Bouza Bellón- e numeroso público que, a pesares dun tempo meteorolóxico moi adverso, non quixo faltar á cita coa historia España, Galicia e agora tamén de Neda.

A partir dese 9 de novembro o mapa permanece exposto na biblioteca municipal (Casa da Cultura) e pódese ver trás un vidro protector de máis de catro metros cadrados de superficie. O Concello financiou a restauración dun mapa ao que o seu

autor, Domingo Fontán, dedicou 17 anos da súa vida (1817-1834). A Carta Xeométrica de Galicia está levantada e construída a escala 1:100.000, foi gravada en París por Lois Bouffard e estampada nunha ducia de pedras litográficas na imprenta M. Lémécier. O traballo quedou rematado no ano 1834 e foi a propia raíña rexente María Cristina a que deu orde de imprimilo en París.

Por historia e por oportunidade, desde o Concello de Neda invítase á veciñanza de Neda e da comarca a visitar a biblioteca municipal para apreciar a minuciosidade dos moitos detalles que resultan visibles nunha carta xeométrica na que aparecen localizadas as 4.000 igrexas das parroquias galegas e os accidentes xeográficos máis importantes, alcanzando un nivel de detalle que só foi superado coa chegada da fotogrametría aérea. Todas estas curiosidades tamén están recollidas nuns paneis informativos que, situados a carón do mapa, dan conta da vida e do traballo realizado por Domingo Fontán, así como dos tratamentos de restauración levados a cabo para a recuperación dunha carta xeométrica que data do ano 1845.

O exemplar cedido por Vicente Araguas ao Concello de Neda é dese ano, polo que a restauración foi necesaria para eliminar as alteracións propias do paso do tempo, así como as deterioracións e consecuencias das distintas condicións ambientais, de uso e conservación que padeceu ao longo dos seus 173 anos de vida.

O escritor, profesor e músico Vicente Araguas na compañía dos irmáns González- Robatto

O teatro está moi presente na vida dos veciños de Neda, non só por dispoñer

dunha escola municipal, senón por ser moitas as citas co mundo da escena que se repiten ao longo do ano na vila.

Hai poucos días que baixaba o telón dos ciclos Teatro en Familia e Tempo para o Teatro -que deron lugar a un total de oito espectáculos entre setembro e novembro- cando desde a Concellería de Cultura xa se está a traballar nas citas que haberá ao longo do próximo ano. E é que a poboación responde moi positivamente a este tipo de convocatorias, de feito así o poñen de manifesto as estadísticas. O total de espectadores foi de 582, o que arroxa unha media de 72 persoas as que secundaron coa súa presencia cada unha das citas.

O día 30 de setembro daba comezo o ciclo Teatro en Familia, coa representación da obra “Camiños” de Magín Blanco, unha actividade cultural que despois tiña continuidade tanto o día 7 de outubro como o 21 co espectáculo de monicreques “Planeta Ardora” de Trompicallo, e a obra “A nena que quería navegar”, de Redrum, respectivamente.

En canto ao ciclo Tempo para o Teatro trouxo cinco representacións ao municipio de Neda. A programación arrincou no mes de outubro coa posta en escena de “Castropo” na Casa da Cultura. Esta actuación correu a cargo da compañía Os Naúfragos. Despois tamén pasou pola vila o grupo Contraproducións, que representou a obra “Nacidas libres”.

O mes de novembro comezou cunha nova cita co mundo da escena. Nesa ocasión, foi Redrum Teatro o que representou a obra “A canción do elefante”. O ciclo Tempo para o Teatro pechou a finais de mes coa compañía Teatro da Vila e a obra “As cores do tempo” e coa actuación do grupo Chévere representando a peza “As fillas bravas”.

Desde o goberno municipal reitérase o compromiso de seguir apostado pola cultu-ra por entender que forma parte da identi-dade das persoas e porque interven favora-blemente na formación dos nenos e nenas.

Os ciclos de teatro reuniron a case

600 espectadores

Page 5: NEDA NO CAMINO N€¦ · Neda e da comarca a visitar a biblioteca municipal para apreciar a minuciosidade dos moitos detalles que resultan visibles nunha carta xeométrica na que

Boletín informativo doConcello de NedaNEDA NO CAMINO

5

Son moitos os motivos para acercarse sempre ata o municipio de Neda pero este Nadal haberá oito razóns máis

para facelo. Son as oito actividades incluídas na programación coa que o Concello quere encher de ledicia e de tradicións a vila durante as datas que están por vir.

Este calendario deu comezo a pasada fin de semana coa proxección da longametraxe “O desafío do Sil” e co concerto acústico ofreci-

do por Rosa Cedrón e Emilio Rúa na Casa da Cultura, aínda que o inicio máis oficial será o día 21 coa tradicional visita dos Reis Ma-gos aos CEIPs San Isidro e Maciñeira, a pri-meira hora da mañá. Xa pola tarde, a partir das 19.00 horas, a Casa da Cultura acollerá o concerto de Nadal organizado pola rondalla Lucero del Alba.

Este centro cultural tamén acollerá a seguin-te cita. Será o día 23 e consistirá na represen-

tación da obra “O castiñeiro do Apalpador”, con Fantoches Baj, e a visita desde persoeiro popular para alegría dos máis pequenos. A función dará comezo ás 18.30 horas. As ac-tividades terán continuidade o mércores 26 coa celebración dun obradoiro de decoración de Nadal na biblioteca municipal, entre as cinco e sete da tarde. A convocatoria está pensada para nenos con idades comprendi-das entre os cinco e dez anos.

A programación do mes de decembro pe-chará o día 28 co espectáculo “25 anos de Tolemaxia” do Mago Teto, que será ás 20.30 horas na Casa da Cultura. O prezo da entra-da é de dous euros para os adultos e de un a infantil.

A actividade cultural retomarase o día 2 de xaneiro coa celebración dun taller de agasa-llos de Reis, no que poderán tomar parte ne-nos e nenas maiores de cinco ano e menores de dez anos. A convocatoria impartirase na biblioteca municipal en horario de cinco a sete da tarde.

A programación de Nadal despedirase o día 5 coa tradicional Cabalgata de Reis, que sai-rá ás 19.oo horas da curva do Puntal hacia a Casa das Palmeiras. Este edificio acollerá a recepción que todos os anos organiza o Concello para darlle a benvida aos Magos de Oriente e na que haberá doces e agasa-llos para todos os asistentes. A continuación, os Reis pasarán polas localidades de Xuvia e Muchiqueira.

O Concello, que invita a pequenos e maoi-res a participar nos actos incluídos no pro-grama de Nadal, conta coa colaboración dos axentes da Policía Local e dos voluntarios da agrupación de Protección Civil para celebrar coas máximas garantías o acto co que se pon punto final á programación de Nadal.

A Casa das Palmeiras está a chamar a atención polo ben que lle senta ter tanta luz

A Cabalgata de Reis sairá ás 19.00 da curva do Puntal hacia a Casa das Palmeiras, onde terá lugar a recepción

Neda celebra o Nadal cunha chea de citas festivas e tradicionais

O Nadal é luz e así o entende o goberno municipal de Neda que vén de instalar un total de 35 arcadas, tres fervenzas e unha árbore. É última na praza dedicada ao médico dos pobres, Francisco Cebreiro. Un ano máis a administración local volve apostar polo medio ambiente e por tratar de evitar un excesivo gasto na factura da luz coa contratación e instalación de lámpadas de tecnoloxía led para vestir o Nadal. O Concello estima que o investimento será moi similar ao doutros anos, tal e como se pon de manifesto desde o executivo local. O encendido da iluminación de Nadal tivo lugar o pasado día 7. As luces permañecerán conectadas ata o día seguinte ao percorrido dos Reis Magos polas rúas e parroquias do térmo municipal.

35 arcadas, 3 fervenzas e 1 árbore

Page 6: NEDA NO CAMINO N€¦ · Neda e da comarca a visitar a biblioteca municipal para apreciar a minuciosidade dos moitos detalles que resultan visibles nunha carta xeométrica na que

Boletín informativo doConcello de Neda NEDA NO CAMINO

6

O Nadal deixa cheques regalo e alimentos

A solidariedade implica unha mobilización social para axudar ás persoas que se atopan en situación de

desamparo, un compromiso que no Concello de Neda se pon de manifesto ao longo de todo o ano pero de maneira máis especial durante o tempo de Nadal. A veciñanza, a través das entidades sociais, colabora cos Servizos Sociais municipais para o repartimento de alimentos perecedoiros que terá lugar o día 22 do presente mes.

Polos, ovos, café, chocolate, conservas, aceite, coco e produtos de aseo persoal foron este ano os artículos cedidos polas entidades. A este lote o Concello incorporou unha libra de chocolate, un quilo de azucre, outro de doces de chocolate, cinco litros de aceite de xirasol, un lacón, unha tira de touciño, catro chourizos, unha costela salgada, unha bolsa de cacahuetes, un salchichón e un bote de pementos.

Estes fondos chegarán ás 48 familias que se atopan en risco de exclusión social e con residencia no termo municipal de Neda.

Son practicamente as mesmas que o pasado día 5 recolleron a axuda da Cruz Vermella. A diferenza do anterior, esta dá prioridade aos produtos non perecedoiros como fabas e garavanzos en lata, pasta, melocotón, aceite de oliva, leite, galletas e conservas de atún, tomate frito e xudías.

Nesta mesma dirección tamén vai o vale que, por importe de 100 euros, recibirán as familias con menores ao seu cargo para que poidan celebrar, ao igual que o resto dos nenos de Neda, a visita dos Reis Magos.

O importe da axuda terá que se investir na tenda Din Don de Xuvia, na que se poderán mercar desde xoguetes ata libros ou material deportivo.

Nesta situación, segundo os responsables municipais, pode haber este ano uns dez menores que, como explicou a Concelleira de Servizos Sociais, Ana Rosa Pena Barcia, “teñen o mesmo dereito que os fillos de calquera familia a recibir no día de Reis cousas sen estrear”.

Andaina contra o cancro recadou case 5.500 euros

Un ano máis rompéronse todas as previsións con respecto á participación

na Andaina Solidaria que o Concello de Neda organiza en apoio á loita contra o cancro, un éxito que tamén se reflectiu no correspondente incremento da recadación.

Así, en só tres anos pasouse de 2.665 euros aos case 5.500 euros, unha cantidade coa que os participantes colaboran no labor que se fai desde a Asociación Española contra el Cáncer, tanto no que se refire á investigación como á axuda psicolóxica e de acompaña-mento que reciben os enfermos.

A contribución dos asistentes faise median-te o pago da cota de inscrición, cuxa contía oscila entre os cinco e dez euros. Son canti-dades que se veñen aplicando desde o 2016. O que tampouco muda é o contido do pro-grama. Un ano máis os participantes, cuxo número superou os 1.100, percorreron a pé a distancia de catro quilómetros, nunha an-daina que tivo como punto de saída o alber-gue de peregrinos. O Concello tamén volveu a contar coa axuda da agrupación local de Protección Civil e máis coa colaboración da panadaría Santa Rita e do centro deportivo Zanshin Sport para a realización dun pro-grama solidario que, de seguro, seguirá a medrar cara á próxima edición.

O periódico dixital Galicia Ártabra galardoou ao alcalde de Neda, Ángel

Alvariño, co premio “Ártabros” de Sociedade, un recoñecemento que o rexedor recolleu persoalmente o pasado día 4 nunha cena-gala que tivo lugar no hotel Carrís Almirante e na que Alvariño estivo arroupado pola súa familia e por outros premiados.

A veciñanza, a través das entidades, colabora co Concello para o repartimento de alimentos

Alvariño recolleu o premio Ártabros de

Sociedade

Page 7: NEDA NO CAMINO N€¦ · Neda e da comarca a visitar a biblioteca municipal para apreciar a minuciosidade dos moitos detalles que resultan visibles nunha carta xeométrica na que

Boletín informativo doConcello de NedaNEDA NO CAMINO

7

O Concello mellora a calidade e resistencia dos parques infantís

O Concello de Neda está a prestar especial atención aos equipamentos e servizos que teñen que ver coa

infancia, de feito no ano 2017 o goberno local inauguraba a primeira escola infantil pública do municipio.

Agora, o executivo local busca mellorar os parques infantís, dos que actualmente existen cinco -Galeón, Principiño, Xuvia, Albarón e Santa María- e proxecta outros dous, Subarreiros e Pazos. O primeiro paso nesta dirección tivo lugar hai uns

días coa contratación da empresa Zona de Obra O Rosal, por importe de 35.000 euros, para a instalación de pavimento de caucho nas zonas de xogo situadas no

adro da igrexa de Santa María e máis na de Albarón. Trátase dun material de alta calidade e resistencia co fin de ofrecer a máxima seguridade aos usuarios. O plazo de execución destes traballos é de dous meses.

Posteriomente, intervencións similares tamén se levarán a cabo nos parques infantiles do Principiño e no de Xuvia, este último situado nas inmediacións do paseo marítimo e con elementos diseñados por Ágata Ruiz de la Prada.

O plan de mellora dos parques infantiles dará comezo con actuacións no de Santa María e Albarón

A subdelegada do goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, comprobou “in

situ” o investimento de 196.000 euros realizado por Costas na pasarela peonil que une as ribeiras de Neda e Narón.

Durante a visita, os alcaldes destes dous municipios, Ángel Alvariño e Marián Fe-rreiro, comprometéronse a adoptar as medidas necesarias para o correcto man-temento e conservación dunha pasarela moi utilizada durante os meses de verán. Previamente, López-Rioboo, que estivo acompañada polo Xefe da Demarcación

de Costas de Galicia, Rafael Eimil Ape-nela, tivo a posibilidade de comprobar os traballos executados pola empresa públi-ca Tragsa. Estos consistiron na renova-ción das placas de zinc, na reparación das grietas e fisuras existentes e na renova-ción do pavimento de madeira e máis das varandas.

A obra completouse coa reposición de puntos de luz de alta eficiencia enerxética e coa instalación de proxectores de tecno-loxía led. A imaxe actual nada ten que ver coa que presentaba hai un ano.

A subdelegada do Goberno estivo a ver a obra de conservación acometida na pasarela peonil

O goberno vén de con-tratar á empresa Zona de Obra O Rosal para actuar nos parques de Albarón e Santa María

Page 8: NEDA NO CAMINO N€¦ · Neda e da comarca a visitar a biblioteca municipal para apreciar a minuciosidade dos moitos detalles que resultan visibles nunha carta xeométrica na que

Ccasi unha terceira parte da po-boacion de Neda supera os 65 anos, de aí a importancia de que o municipio conte desde principios de ano cunha entida-

de que se ocupa e se preocupa por encher o tempo de ocio da xente maior con activida-des adecuadas e adaptadas a ela.

A Asociación de Xubilados de Neda (AXU-NE) cumpre esa función na que están im-plicados máis directamente a súa xunta directiva, da que forman parte María José Dopico (presidenta), José Luis Fernández Pena (tesoureiro) e Juan José Goti Rivera (secretario) e as vocais María Lourdes Pita Rodríguez e María del Carmen Yáñez Fer-nández, pero tamén os 85 socios e, en xe-ral, toda a poboación local, empezando polo propio goberno municipal.

Buscar a maneira de mobilizar a un colecti-vo que por idade e limitacións físicas tende a quedar na casa non foi tarea fácil pero a día de hoxe e despois de case un ano de rodaxe -AXUNE constrituiuse o 4 de decembro de 2017-, as persoas que están á fronte da en-tidade xa poden presumir de ter atopado a clave do éxito. Este radica en ter en conta os gustos e opinións dos maiores á hora de programar as actividades. As principais pa-san por bailes mensuales, comidas -mínimo con motivo do Nadal e Entroido-, polas ce-lebracións do Día do Socio e por xuntarse de cando en vez coa escusa dunha merenda na que, ademais de viandas e música, tamén se celebran sorteos, casi sempre de xamóns,

para que os asistentes contribúen económi-camente ao mantemento da entidade.

O cota por socio é de 20 euros ao ano e pola súa recente constitución a axuda anual mu-nicipal só se está a materializar na cesión de local e na gratuidade dos servizos para o seu uso. O punto de reunión atópase na primei-ra planta do centro cívico Ramón Millaren-go e abre as súas portas o luns e xoves, en horario de 16.30 a 19.00 horas, para aque-las persoas que desexen apuntarse.

A Asociación de Xubilados de Neda, con pre-senza no Facebook, acolle a persoas de moi diferentes idades, algúns dos socios teñen máis de noventa anos, aínda que o obxectivo é o mesmo: pasalo ben e estar tranquilos e felices. Son os propósitos para os que os res-ponsables da entidade buscan impulsar no-vas actividades. Entre outras, barállase un posible campionato de tute, excursións con distintos destinos coa chegada do bo tempo e algunhas charlas informativas como a que hai pouco impartiu unha podóloga.

Porque a recompensa a toda esta dedicación, segundo se pon de manifesto desde a xunta directiva, xa está a ser e vai seguir sendo moi gratificante, ao comprobar como desfrutan os maiores bailando con música en vivo -algúns coa compañía do seu tacataca-, falando entre eles, poñendose guapas as mulleres a base de tacóns e maquillaxes e comprobando que para o amor nunca é tarde e non hai idade.

Estas escenas repetiranse nesta recta final do ano e tamén o día 18 de xaneiro, data prevista para a celebración da asamblea xe-ral de socios. O éxito da convocatoria está garantido, xa que despois haberá baile e me-renda gratuíta para todos os asistentes. Ha-bitualmente a asistencia á cita coa música, que é de seis a nove da tarde, ten un custo de tres euros por persoa. Jorge Latino, Clau-dia e Nina Patín son os artistas contratados.

A elaboración dos pinchos corre a cargo dos responsables da entidade, que contan con numerosos voluntarios para que todo saia a pedir de boca, e nunca mellor dito.

A Real VilaOs xubilados de Neda xa teñen unha entidade que os une e

representa

Concellode Neda

Enderezo:

Av. Algeciras, 34. Neda (A Coruña)Telf.: 981 380 [email protected] www.neda.es

Maquetación e contidos:

Pingota Comunicaciónwww.pingota.com

Imprime:

Concello de Neda

A Asociación de Xubila-dos de Neda ten a súa sede no centro cívico e conta ao día de hoxe cun total de 85 socios