NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres...

30
NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO Agualimpia. Hijos de la República (Vicente Muñiz e José Vicente Muñiz). O autor, coa axuda de seu fillo, reconstrúe a súa propia historia de orfo desde os seis anos en que seus país, militantes do POUM en Valencia, foron fusilados en 1941 en Paterna. Alas negras (Miguel Ángel Otero Furelos). Entre a realidade e a ficción, a trama sitúase nos últimos tempos do maquis nos bosques do Bierzo, onde se oculta o fantasmal Alas Negras. Alguien dice tu nombre (Luis García Montero). No comezo dos anos 60, un estudante dun pobo vai a Granada para estudar na Universidade. Alí vivirá anos de amor e compromiso se se quere aportar por un futuro mellor. Alhambra y los tuchas (Jesús Sevilla Lozano). Novela de mensaxe profranquista e antimaquis, onde os guerrilleiros antifranquistas son tachados de criminais, ladróns e desalmados. Antonio B…el Rojo (Ramiro Pinilla). A novela reflicte con crueza as penurias, os odios e revanchas da España da posguerra co fondo da guerrilla da Cabrera.

Transcript of NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres...

Page 1: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO

Agualimpia. Hijos de la República (Vicente Muñiz e José Vicente

Muñiz). O autor, coa axuda de seu fillo, reconstrúe a súa propia

historia de orfo desde os seis anos en que seus país, militantes do

POUM en Valencia, foron fusilados en 1941 en Paterna.

Alas negras (Miguel Ángel Otero Furelos). Entre a realidade e a

ficción, a trama sitúase nos últimos tempos do maquis nos bosques

do Bierzo, onde se oculta o fantasmal Alas Negras.

Alguien dice tu nombre (Luis García Montero). No comezo dos

anos 60, un estudante dun pobo vai a Granada para estudar na

Universidade. Alí vivirá anos de amor e compromiso se se quere

aportar por un futuro mellor.

Alhambra y los tuchas (Jesús Sevilla Lozano). Novela de mensaxe

profranquista e antimaquis, onde os guerrilleiros antifranquistas son

tachados de criminais, ladróns e desalmados.

Antonio B…el Rojo (Ramiro Pinilla). A novela reflicte con crueza as

penurias, os odios e revanchas da España da posguerra co fondo da

guerrilla da Cabrera.

Page 2: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Beltenebros (Antonio Muñoz Molina). Convocado por unha

organización comunista, un antigo capitán do exército republicano

exiliado en Inglaterra, regresa a Madrid para executar a un suposto

traidor.

Caballeros de la muerte (Alejandro M. Gallo). O día da última

emisión de Radio España Independiente , un guerrillero republicano

regresa a España con tres obsesiones: esclarecer o asasinato do seu

irmá, localizar á súa muller e fillo e morrer en paz na súa terra.

Cabeza rapada (Jesús Fernández Santos). O autor reflicte a través de

dous nenos a terrible situación da posguerra, unha infancia roubada

dominada pola fame, o medo, as enfermidades.

Callejón del lobo (Desiderio Vaquerizo). Historia coral ao longo de

corenta anos de mulleres marcadas polo denominador común da

brutalidade en diferentes e moi dispares situacións.

¡Canalla, traidor, Morirás! (José A.del Cañizo). Historia dunha

confusión orixinada cando unha pedra coa frase do título da novela

cae na propiedade do alcalde, o que dá pé a supor que se trata dunha

ameaza dos maquis.

Carreteras secundarias (Ignacio Martínez Pisón). Un adolescente e

seu pai viven a salto de mata e viaxan na súa única posesión, un

Citroën, no que se moven polas estradas españolas a finais do

franquismo.

Page 3: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Central eléctrica (Jesús López Pacheco). Problemas e tensións que

sufren os habitantes dun pobo no que se quere instalar unha central

eléctrica que inundará as terras e o propio pobo, polo que deben

abandonalo.

Cielos de barro (Dulce Chacón). Historia de odios e vinganzas, de

vencedores e vencidos, ambientada en Estramadura co telón de fondo

da Guerra Civil e da posguerra.

Cinco días de octubre (Jordi Sierra i Fabra). En 1948, un poderoso

industrial adepto ao réxime reclama os servizos dun policía para

esclarecer a morte dun sobriño en 1936; a investigación resulta máis

complexa do esperado, mesturada con diamantes e anarquistas.

Cinco horas con Mario (Miguel Delibes). No monólogo que mantén

a viúva reflíctese a sociedade franquista dunha cidade de provincias

con trazos da familia, a política a relixión.

Con el viento solano (Ignacio Aldecoa). Drama dun xitano que

cometeu un delito e trata de fuxir dos seus e de si mesmo.

Continuación de El fulgor y la sangre pero que se pode ler de forma

independente.

Con la muerte al hombro (J.L Castillo Puche). Vivencias do autor na

súa localidade natal da que describe o ambiente popular arredor do

lúgubre acontecemento da morte coas súas duras e tráxicas

implicacións .

Page 4: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Conocerás el poso de la nada (J.L. Castillo Puche). Especie de

catarse de liberación do autor, dunha infancia e xuventude marcadas

pola opresión e o fanatismo da posguerra.

Cuando brille el arco iris (Andrés Meana). Un avó relata ao seu neto

a súa historia de maquis, a vida no monte e o paso polo cárcere.

Después de la lluvia (Fernando Benzo Sáinz). Paco, antigo

miliciano, maquis e ex presidiario, regresa ao pobo tras a morte de

seu pai. Do reencontro coa familia descubrirá que nada volve a ser

igual despois da guerra.

Destinos diferentes (Nicanor Rozada). Catro nenos dun pobo

mineiro viven experiencias relacionadas co apoio ao maquis

seguindo, cando este remata, camiños diferentes.

Don Jaime, el trágico Borbón (José María Zavala). Entre o ensaio e

qa novela, a obra biografía a figura do segundo fillo do rei Afonso

XIII e trata de dar resposta ás numerosas cuestións que suscita a súa

vida.

Donde nadie te encuentre (Alicia Giménez Bartlett). Un afamado

psiquiatra quere coñecer a La Pastora, a maquis máis buscada pola

Garda Civil, pois segue escondida nas terras do Maestrazgo en 1956.

Page 5: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Dos días de septiembre (J.M. Caballero Bonald). Jerez, 1960, días de

vendima e de contrastes de clases sociais, de ecos da Guerre Civil e

de dominación e abusos de poderosos terratenentes.

Duelo en el paraíso (Juan Goytisolo). Os nenos da posguerra,

influídos polas circunstancias bélicas, seguían xogando á guerra.

El adolescente indómito (José Luis Olaizola). Historia dun maquis

que loitou ata 1944. Na defensa das súas ideas coñeceu a fame, a

miseria e a persecución, pero tamén que era mellor descubrir o amor

en lugar da guerra.

El año del diluvio (Eduardo Mendoza). Unha monxa que acode a un

empresario para pedirlle que financie a construción dun asilo acaba

tendo con el relacións perigosas pero a situación cambiará de rumbo

coa aparición dun maquis ferido.

El año del wolfram (Raúl Guerra Garrido). Na primavera de 1945

tiveron lugar na zona do Bierzo uns acontecementos relacionados co

interese dos países belixerantes da Segunda Guerra Mundial pola

busca e extracción do wolfram, material de alto interese bélico.

El cacique (Luis Romero Pérez). A morte dun cacique que durante

anos tivo dominado a un pobo non é obstáculo para que, nas horas

inmediatas á súa morte, as forzas vivas se acheguen ao novo cacique,

que continuará dominándoos.

Page 6: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

El corazón del viento (Joaquín Leguina). España e Chile sofren

ditaduras ás que se opoñen, por diferentes medios, as vítimas. Novela

marcada polo compromiso político e a liberdade sexual, pero tamén u

odio que reclama vinganza.

El corazón helado (Almudena Grandes). Novela de posguerra que

retrata moi ben o arribismo dos gañadores, que despoxan de todo a

uns perdedores que se ven obrigados a exiliarse en Francia.

El día de mañana (Ignacio Martínez de Pisón). Doce personaxes se

cruzan na vida dun emigrante ambicioso que acaba convertido nun

escuro colaborador da policía nun ambiente de traizóns e enganos

nos últimos anos do franquismo.

El embrujo de Shanghai (Juan Marsé). Historia contada por un

maquis a unha parella de adolescentes que sofren as consecuencias

da Guerra Civil pola desaparición de seus pais.

El enigma de los vencidos (Armando Rodera). Tras quince anos de

desterro en Sudamérica, o protagonista regresa a Madrid e faise

cargo dun negocio herdado no que descubre un intrigante xogo no

que a recompensa é facer xustiza á verdadeira historia de España.

El fulgor y la sangre (Ignacio Aldecoa). Historia de cinco mulleres

de uns gardas civís que reciben a noticia de que un deles faleceu, no

pechado ambiente do cuartel e rememorando momentos do pasado.

Page 7: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

El guerrillero (Manuel Álvarez López). Reconstrución da historia

dun guerrilleiro de Lanjaron ao que aplicaron a lei de fugas cando

baixou do monte para ver á súa noiva.

El hijo del acordeonista (Bernardo Atxaga). Historia individual de

dous amigos que serve de reflexo a un colectivo que viviu a

posguerra e as primeiras manifestacións contra o franquismo nos

anos 60.

El hombre de las Lilas (Cristino Hernández Lanchas). Unha historia

de desamor entre dúas persoas que se desenvolve no marco histórico

da Guerra Civil, a Posguerra e a loita do maquis.

El hombre que pudo ser libre (Javier Zuloaga). Desde un hospital

psiquiátrico, o protagonista, un ancián de 90 anos lembra a súa

infancia feliz truncada pola guerra e o franquismo, contra o que

loitou como guerrilleiro.

El Jarama (Rafalel Sánchez Ferlosio). Un día de ocio dun grupo de

mozos, de tranquilidade nas beiras do río Jarama, onde parece que

todo é tranquilidade, pero ao rematar o día un acontecemento

inesperado introduce un cambio significativo.

El ladrido (Óscar Muñiz). Episodio dunha historia de maquis, cando

varios guerrilleiros implican a unha familia a darlles acubillo e a

atendelos das feridas recibidas.

Page 8: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

El lector de Julio Verne (Almudena Grandes). Nun pobo de Jaén,

durante a posguerra, chega un forasteiro á casa cuartel da Garda

Civil, suceso que marcará un punto de inflexión na vida do

protagonista.

El libro de las aguas (Alejandro López Andrada). Un exiliado

regresa ao seu pobo pasados 30 anos, cando tivo que fuxir del e

adoptar unha nova identidade tratando de escapar dos nacionais que o

acusaban de colaborar co maquis.

El maqui (Luis Garrido). Un fuxido permanece varios anos no monte

como fuxido ata que é descubreto e morre a mans da Garda Civil.

El médico de Ifni (Javier Reverte). Historia da viaxe de Clara á

antiga colonia de Sidi Ifni, para coñecer os lugares onde traballou e

morreu seu pai, médico militar en tempos da dominación española.

Nesta viaxe descubre o deserto e a vida dos refuxiados nos

campamentos da Fronte Polisaria de Tindouf.

El niño que no iba a misa (Diego Carcedo). Obra coral na España

da posguerra, cos maquis na montaña, un crego sinistro e un neno

asustadizo fillo de republicanos que cre ter vista ao demo das aforas

do pobo.

El país de las lágrimas (Mario Escobar). Un xubilado encontra un

manuscrito escrito por unha muller que describe unha viaxe ca súa

filla en plena posguerra pero tamén unha viaxe interior no que se

analiza o amor fronte ao odio.

Page 9: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

El pastor de las desgracias (Ángel Ruiz Cediel). No inicio da Guerra

Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a

vida lévaos polo camilo do maquis, o cárcere e a morte.

El pozo de la conciencia (Casimiro Sánchez Calderón). A historia

reflicte a dor das familias que, como a do autor, viviron a traxedia de

ter familiares que loitaban contra o franquismo desde a guerrilla.

El puente de hierro (César Gavila). Relatos sobre as actuacións do

maquis na zona do Bierzo na década dos anos 50.

El reclamo (Raúl del Pozo). Un historiador americano percorre a

serra de Teruel acompañado dun ex guerrilleiro antifranquista para

investigar a actividade do maquis nesa zona.

El séptimo velo (Juan Manuel Prada). Situación dos exiliados

españois nos campos de aloxamento franceses. Alternando presente e

pasado, a historia parará na Segunda Guerra Mundial, a España da

posguerra e na Arxentina refuxio de nazis.

El sonido de la noche (Xavier B. Fernández). Na Barcelona de

posguerra, un pianista de jazz americano vive experiencias amorosas

que acaban implicándoo no movemento antifranquista do maquis.

Page 10: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

El testamento ológrafo (Honorato Boscá). Intriga e suspense arredor

dunha historia de amor na posguerra, con combatentes nas dúas

frontes na guerra e a aparición dun guerrilleiro que garda un secreto.

El tiempo entre costuras (María Dueñas). Historia da axitada vida

dunha modista madrileña empurrada polo destino a sobrevivir co seu

traballo durante a posguerra, pero no medio de historias de amor,

espías e conspiracións.

El último avión a Lisboa (Ricardo Bosque). Un pai, no Madrid dos

anos 40, enfróntase a un dilema: seguir negando a existencia de seu

fillo, un anarquista desaparecido en 1937, ou crer a posibilidade de

que siga vivo como guerrilleiro.

El último fusil (Edorta Jiménez). Novela a modo de homenaxe á

guerrilla antifranquista centrada en 1952, durante a construción

dunha liña ferroviaria por presos republicanos e a inesperada

aparición dun guerrilleiro.

El valle de sus sueños (Luis Miguel González). Historia colectiva

dos habitantes do val do Tiétar, dos seus problemas nunha España

afundida na miseria dos anos 50, cos maquis tratando de non ser

localizados pola Garda Civil.

El vengador (J.L. Castillo Puche). Co peso das consecuencias da

guerra como fondo e as vinganzas entre veciños, no entanto ao final

da novela parece abrirse o camiño á reconciliación entre vencedores

e vencidos.

Page 11: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

El viaje a ninguna parte (Fernando Fernán Gómez). Triste historia

dunha compañía de teatro ambulante nos duros tempos de fame e

miseria da posguerra ameazados, ademais pola desleal competencia

do cinematógrafo.

En aquel tiempo (José Ángel Ordiz Llaneza). Tempo de posguerra e

de maquis en Asturias, tempo de descubrir verdades que non se

corresponden coas versións oficiais.

Entre visillos (Carmen Martín Gaite). A través das ocupacións cotiás

dun grupo de chicas de provincias, a autora describe o perfil dunha

xuventude sen ilusión e marcada polas prohibicións do franquismo.

Espigas amarillas (Lorea Otsoa Honorato). Novela baseada na

existencia real dunha muller que lle tocou vivir os duros anos da

posguerra e do franquismo e que foi un exemplo para

todos os que a coñeceron

Esa caja que suena (Antonio García Aparicio). A vida do

protagonista dá un xiro cando comeza a traballar na imprenta de seu

tío e descubra as dificultades para publicar, o poder da censura, a

loita activa contra o franquismo.

Estado de coma (J. J. Armas Marcelo). Historia novelada de Juan

García Sánchez, un mozo canario que prefire fuxir ao monte antes de

ter que loitar cos fascistas e que acabará detido e axustizado co

garrote vil.

Page 12: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Este tiempo amargo (Pablo de la Fuente). Relato das actividades dun

grupo de guerrilleiros na zona de Asturias e Santander nos inicios da

posguerra.

Estoril, los años dorados (Ricardo Mateos Sainz de Medrano). A

área portuguesa de Estoril-Cascais-Sintra converteuse, tra a fin da

Segunda Guerra Mundial, en lugar de dolce vita da gran aristocracia

internacional, amablemente recibida polo ditador Oliveira Salazar.

Entre os exiliados estaba a familia de Don Xoán de Borbón, fillo de

Afonso XIII e pai de Xoán Carlos I.

Estraperlo y tranvía (Alfonso López). A través do cómic, o autor

presenta unha panorámica das dificultades da posguerra, coa fame, as

guerrillas, o racionamento e o mercado negro.

Estrella fugaz (Luis Camacho). El Chirlo, unha lenda polo seu valor

e ousadía, ten un punto débil que lle preocupa máis que a Garda

Civil: o fillo que acaba de ter coa súa moza de toda a vida, unha

campesiña asturiana.

Goodbye, España (Mercedes Salisachs). En 1968 a raíña Victoria

Eugenia de Battenberg regresa a España para asistir ao bautizo do

seu bisneto o príncipe Felipe grazas a un permiso especial dado por

Franco, permanecendo cinco días no país.

Gran Sol (Ignacio Aldecoa). Historia da dureza da vida dos

pescadores de altura no Gran Sole, vista tanto desde a vida e a norte

no barco como a angustia das familias en terra.

Page 13: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Ha estallado la paz (José Mª Gironella). A familia Alvear continúa a

súa vida en Xirona durante a posguerra. Entre os seus veciños, uns

regresan ás súas casas e outros marchan ao exilio.

Habíamos ganado la guerra (Esther Busquets). Aspectos da vida da

burguesía franquista en Barcelona nos anos 40 e 50 a través das

lembranzas da propia autora, unha falanxista crítica coa situación.

Habla mi conciencia (José Francisco). Relato autobiográfico no que

o autor relata as súas vivencias como refuxiado en Francia e a súa

participación en varias accións en España a petición dos compañeiros

na loita antifranquista.

Hermanos de sangre (Ramón Acín Fanlo). Conxunto de 14 relatos

ambientados na Guerra Civil e no maquis, a traxedia que enfrontou a

irmáns nunha contenda fratricida.

Héroes y traidores (Fernando Rodríguez Vallina). Co fondo do

ambiente da guerrilla en Asturias, describe a historia dunha familia

defensora da democracia á que o novo réxime trata de aniquilar

fisicamente e privarlle das súas posesións.

Hijas de la ira (Juana Salabert). A autora, filla de exiliado, recolle os

testemuños de mulleres –unhas famosas e outras fillas de

guerrilleiras, fusiladas ou exiliadas- que foron nenas na Guerra Civil.

Page 14: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Hijas de la luna (Miguel Romero Saiz). Historia de tres mulleres que

se ven obrigadas a fuxir ao monte e viven ansiando recobrar a

liberdade perdida.

Hijos de Lobo (Los de la sierra) (Amaro Carretero). Escrito como un

monólogo interior de enorme forza literaria, mostra a introspección

emocional e lírica sobre os maquis da zona da Mancha.

Historia de un miliciano (Iñaki Miró). Historia dun palentino que

marcha a traballar a Bilbao e viva de forma intensa a historia de

España desde a Segunda república ata os cárceres franquistas, a

guerrilla e a resistencia en Francia contra os nazis.

Inés y la alegría (Almudena Grandes). Historia da invasión do Val

de Arán en 1944 por un exército de guerrilleiros que intentaron

liberar a España da ditadura. Os que sobreviviron volveron tras a

morte de Franco a unha España descoñecida e indiferente coa súa

epopea.

Invierno en Madrid (C.J. Sansom). Ambientada nos anos corenta,

conta a historia de Harry Brett, un veterano soldado inglés destinado

a Madrid polo Servizo Secreto Británico.

Juan Caballero (Luisa Carnés). Os catro personaxes centrais

representan outras tantas situacións na España franquista: a oficial, a

da Falanxe, e a da resistencia, a guerrilla, pero non son estancas,

senón que se relacionan a través dos sentimentos.

Page 15: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Juegos de manos (Juan Goytisolo). Despiadada visión da xuventude

burguesa no clima dos inicios da posguerra, movida por

incomprensibles motivos, a realizar un feito delitivo que acabará por

superala.

La agonía del búho chico (Justo Vila). Historia de vencidos en

Estremadura que se ven obrigados a refuxiarse e vivir na serra como

guerrilleiros para non ser capturados polos vencedores.

La brújula de Ceilán (Mariano Sánchez Soler). Crónica do Madrid

axitado polos momentos do franquismo a través dunha serie de

personaxes que exemplifican os desexos do cambio.

La caída de Madrid (Rafael Chirbes). Ante a inminente morte de

Franco, diversos personaxes se enfronta ao seu futuro no que se

presume será unha nova España.

La canción del lobo (Ignacio Miro Viar). Un coronel participante na

sublevación de 1936 regresa a casa e recupera honor e propiedades,

pero a nova orde de Franco non era o que el esperaba e decide

exercer como médico axudando á guerrilla en Asturias.

La cárcel verde (Rafael Muela). Novela que relata historias dos

emboscados na zona de Cantabria, de quen os axudaron, dos que os

perseguiron e dos que acabaron coas súas vidas.

Page 16: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

La casa del corazón (Manuel Villar Raso). Ademais da miseria e

carencias xeneralizadas da posguerra, no campo había maquis,

sacamanteigas, todo tipo de terrores para os nenos e de todo iso fala a

obra.

La colmena (Camilo José Cela). Obra coral no ambiente de Madrid

nos anos 40 no que os personaxes loitan por comer quente, non pasar

frío, satisfacer o desexo sexual… e matar o tempo nas rúas, cafés e

alcobas a fame da deprimente capital.

La espía que vestía de rojo (Aline, condesa de Romanones). Como

espía da CÍA, Aline conta historias da súa intensa vida como

testemuña dunha época de intensas relacións internacionais.

La familia de Pascual Duarte (Camilo José Cela). Novela que

revolucionou a narrativa espola no seu momento. O autor describe ao

personaxe como impotente ante un destino de dobre presión: a

herdanza e o medio social; por iso ten que ser un criminal.

La generación del silencio (Nana de Juan). Diario dun miliciano no

que se reflicte a traxedia do conflito que supuxo a Guerra Civil e os

silencios autoimpostos que acompañaron a tantas das súas vítimas.

La golondrina (Juan José Fernández). Historia da guerrilleira Elisa

Paredes Aceituno que combateu o franquismo na zona estremeña e

do centro peninsular.

Page 17: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

La guerra de quatre (Víctor G. Labrado). Reconstrución

pormenorizada de diversos actos cometidos por un grupo urbano de

resistencia armada que, situado nos arredores de Valencia, financiaba

con atracos as actividades da oposición clandestina.

La higuera (Ramiro Pinilla). Un dos falanxistas que asasinou a

varios dos seus veciños, vive recluído coidando unha figueira e

atemorizado pola certeza de que acabará morto por un dos fillos das

súas vítimas.

La hija del caníbal (Rosa Montero). Co tema do maquis como pano

de fondo, a novela relata a historia da busca dun mozo que

desaparece sen deixar rastro. Na busca, a noiva estará acompañada

por un vello anarquista compañeiro de Durruti.

La larga marcha (Rafael Chirbes). Numerosos personaxes se

asoman a esta novela que se inicia nos comezos da posguerra e chega

ata os últimos anos do franquismo.

La lista de los catorce (Nacho Guirado). Novela inspirada na historia

real do avó do autor, guerrilleiro que conservou durante anos a

esperanza de que o avance dos aliados acabase co réxime de Franco.

La mina (Armando López Sallinas). Historia dun campesiño andaluz

que ten que buscar mellor vida no traballo das minas, situación da

que se serve o autor para denunciar as duras condicións destes

traballos nos inicios do desenvolvemento dos anos 60.

Page 18: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

La mujer del maquis (Ana R. Cañil). A partir de documentación

orixinal e testemuños orais, a autora escribe un relato en primeira

persoa pero que se converte na de todos.

La noche de los cuatro caminos (Andrés Trapiello). Historia de

guerrilleiros urbanos madrileños e das dificultades para loitar neste

medio.

La noche del decreto (Michel del Castillo). Mentres Franco agoniza,

un política camiña para incorporarse ao seu novo destino mentres

lembra aspectos da súa vida e pensa no futuro.

La noria (Luis Romero). A través de numerosos personaxes, o autor

describe un día na vida de Barcelona a comezo dos anos 50,

fixándose especialmente nos grupos máis desfavorecidos.

La oscura historia de la prima Montse (Juan Marsé). Nos inicios do

desenvolvemento económico do franquismo, a historia dunha muller

á que non deixaron elixir o seu amor serve de metáfora dunha

sociedade que vive unha falsa democratización.

La Pastora: el maquis hermafrodita (Manuel Villar Raso). Historia

novelada de Teresa Plá Messeguer, La Pastora.

Page 19: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

La paz empieza nunca (Emilio Romero). Un falanxista decide

facerse pasar por comunista para infiltrarse na guerrilla e contribuír á

súa desarticulación desde o seu interior.

La piqueta (Antonio Ferres). Historia dunha familia de inmigrantes

que vive no descampado de Orcasitas (Madrid) nos anos 50 e recibe

a noticia de a chabola na que viven vai ser derrubada por orde

municipal.

La pista del lobo (Juan Pan García). Un avó conta á súa neta historias

de maquis perseguidos pola Garda Civil e das numerosas accións

levadas a cabo para tratar de sobrevivir.

La primavera no reía (Mercedes Neuschäfer-Carlón). Panorama da

posguerra con todos os ingredientes daquela terrible época: fame,

racionamento, execucións, guerrillas…

La resaca (Juan Goytisolo). A través dun grupo de nenos e

adolescentes o autor fai un retrato realista, duro e cruel da vida dos

excluídos da sociedade agrupados ás portas das grandes cidades.

La sangre y el eco (Julio Manuel de la Rosa). Dúas tráxicas historias

da posguerra: o retorno dun soldado á súa terra onde o obrigan a

participar no pelotón de fusilamento de seu pai, e a fuxida,

persecución e morte dun guerrilleiro antifranquista.

Page 20: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

La sombra del ciprés es alargada (Miguel Delibes). Un neno orfo

vai ser educado nun fogar abulense, nun tétrico ambiente carente de

emocións e afectos, situación unicamente superada coa vitalidade da

xuventude.

La sombra del viento (Carlos Ruíz Zafón). A historia comeza en

1945, cando un rapaz é levado polo seu pai a un lugar misterioso no

centro de Barcelona, onde se atopará cun libro que o arrastrará por

intrigas e secretos dese os inicio do século XX ata a posguerra

franquista.

La trama marroquí (Aline Romanones). Aline, espía da CÍA, vese

envolta nunha perigosa trama co fin de evitar un atentado contra o rei

de Marrocos no contexto dunha cacería en honor de Hassan II na que

está invitada a lata sociedade do país veciño.

La voz dormida (Dulce Chacón). Historias nunha cárcere de mulleres

durante o franquismo, historias de coraxe e dignidade, combinadas

con outras de fóra, non menos intensas polo seu valor e sacrificio.

La zanja (Alfonso Grosso). A construción dunha zanxa preto dunha

base militar americana en España serve ao autor para contrapoñer os

mundo paralelos dos traballadores e os militares.

Las cartas de la Pirenaica ( Armand Balsebre e Rosario Fontova).

O libro analiza varios miles de cartas que enviaban á emisora do

Partido Comunista desde Bucarest –Radio España Indepediente,

popularmente coñecida como a Pirenaica- enviadas por exiliados

para comunicarse cos seus familiares ou expresar os seus desexos de

liberdade, sorteando así a censura franquista. Funcionou entre 1941 e

1977.

Page 21: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Las rapadas (Enrique González Duro). Narración centrada na

represión franquista sobre mulleres republicanas (cortes de pelo,

inxesta de aceite de ricino, paseos polas rúas…), un ataque a un

modelo de muller libre e independente.

Las sandalias de plata (José Jiménez Lozano). Arredor dun asunto

policíaco e xudicial articúlanse numerosas pequenas historias entre as

que aflora a morte dun crego a mans dos maquis.

Las trece rosas (Jesús Ferro). A pouco de rematar a Guerra Civil, 13

mulleres, moitas delas menores de idade, son fusiladas e deseguida

comezan a ser chamadas As trece rosas. O tempo parecía borralas da

historia, pero a memoria colectiva recuperounas.

Las tres bodas de Manolita (Almudena Grandes). No conxunto da

obra desta autora centrada en aspectos dos inicios da posguerra e do

franquismo, esta novela fixa a súa atención na resistencia clandestina

en Madrid nos anos 40-50.

Los cuadernos perdidos de Antonio Catena (Juan Vergillos). Novela

sobre a historia de Antonio Catena, guerrilleiro refuxiado na Serra

Mágina e as súas fuxidas e desesperación ante a realidade franquista.

Los seguidores de la Osa Menor (Joaquín Pérez Prado). Rescata un

feito histórico: a fuxida, en 1952, dun grupo de maquis desde Motril

a Francia cruzando de noite e a pé a península.

Page 22: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Los vencidos (Antonio Ferres). Unha das poucas novelas que

describiu a realidade da posguerra no seu momento. Escrita en 1960

non foi publicada ata 2005.

Lo que escondían sus ojos (Nieves Herrero). Na católica e

moralizante España foron ocultados os amores ilícitos do cuñado de

Franco, e destacado xefe da Falanxe –Ramón Serrano Suñer-, e a

marquesa de Llanzol, dos que naceu quen será un destacado apoio do

presidente Suárez na Transición

Los Baldrich (Use Lahoz). Historia dunha familia barcelonesa da

posguerra, ambiciosa por prosperar pero na que os seus membros

están sometidos aos proxectos paternos, non sempre coincidentes cos

seus desexos.

Los bravos (Jesús Fernández Santos). A vida nunha aldea da

montaña leonesa finais dos anos 40, unha vida sometida á tiranía do

vello cacique que se ve alterada pola chegada dun médico e un

viaxante.

Los días de Mercurio (Alexis Ravelo). Na posguerra, nunha cidade

de provincias, un camareiro decide facer chantaxe a un xefe da

Falanxe local pola súa homosexualidade, sen imaxinar as reaccións

que provoca.

Los girasoles ciegos (Alberto Méndez). Historia na que a través de

varios personaxes entrelazados móstrase o sabor amargo da derrota e

as secuelas dunha guerra fratricida.

Page 23: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Los niños que perdimos la guerra (Luis Garrido). Aproximación

entrañable a un neno que sobrevive no medio das ruínas materiais e

morais da España da posguerra.

Los santos inocentes (Miguel Delibes). Retrato das míseras

condicións nas que vive unha familia estremeña dominada polas

duras condicións que impoñen os propietarios das terras e das vidas.

Luna de lobos (Julio Llamazares). Historia da dura supervivencia de

catro milicianos republicanos tras a súa derrota na guerra tratada con

gran lirismo pero tamén co realismo que impón a propia temática.

Mala gente que camina (Bennjamín Prado). Unha inmersión nas

escuras augas do franquismo arredor de historias manipuladas

centradas no roubo de nenos a presas republicanas.

Maquis en el corazón del Rodeno ( Pedro Sanz Lallana). Relato

novelado duns feitos reais que tiveron lugar en 1947-48 en

Valdecuenca (Teruel) relacionados coa guerrilla antifranquista.

Martina, la rosa número trece (Ángeles López). Historia de Martina

Barroso, unha das 13 rosas executadas en agosto de 1939, contada

pola súa sobriña-neta, rompendo así un silencio mantido por varias

xeracións da familia.

Page 24: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Memorias de una vaca (Bernardo Atxaga). Mo é unha vaca reflexiva

e divertida que decide escribir as súas memorias e relata como seus

amos axudaban aos maquis fuxidos facilitándolles o necesario para

sobrevivir .

Memorias de un niño de derechas (Francisco Umbral). Evocación

da vida dun neno da zona controlada polos sublevados durante a

posguerra.

Mi señorito el maqui y san Cucufato (Luis Miguel Sánchez

Tostado). Que tería pasado se o bando vencido fose o vencedor? Que

tipo de réxime e goberno instalarían os vermellos? Como trataría aos

vencidos?

Mientras caen las hojas (Ramón Gil Novales). Obra organizada en

varias frontes, unha delas a historia de dous irmáns que viviron a

Guerra Civil e un deles acabará na guerrilla antifranquista dos anos

40.

Nada (Carmen Laforet). Historia dunha chica que vai estudar cos

seus familiares a Barcelona, nun ambiente repleto de personaxes

marcados pola histeria, o fracaso e as secuelas da guerra.

Ni dios ni patria… ¡Libertad! (Eladio Romero García). A historia

comeza en 1945 co intento dos maquis de conseguir o apoio dos

aliados vencedores da Guerra Mundial; máis adiante retrocede aos

anos da Segunda República para volver á fin da Guerra Civil e os

inicios da posguerra.

Page 25: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Niños invisibles en el cuarto oscuro (Francisco González de Tena).

A través de testemuños de persoas que de nenos estiveron nos

internados do Servizo Social franquista, o autor traza a significación

daquela experiencia.

Nómadas de la memoria (Ángel Fernández Camuñas). Inicio da

posguerra nun pobo imaxinario no que os seus habitantes sofren as

consecuencias da derrota: persecución, cárcere, torturas e morte.

Nuevas amistades (Juan García Hortelano). O autor traza, a través

da vida e diversións dun grupo de chicos madrileños de boa posición

o ambiente da España de mediados dos anos 50.

Off-side (Gonzalo Torrente Ballester). Retrato de Madrid e dos seus

habitantes nos anos 60, unha sociedade de fracasados e vencidos

asfixiada polo franquismo.

Operación exterminio (Alejandro M. Gallo). Recreación do episodio

no que falanxistas e a Garda Civil asasinaron a 50 militantes do

PSOE e da UGT que non delataron aos líderes da guerrilla socialista.

Operación ogro (Eva Forest). Historia da organización e realización

do asasinato de Carrero Blanco en 1973.

Page 26: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Palmeras en el aire (Luz Gabás). En 1953 dous irmáns deixan a

neve da súa montaña de Huesca e inician un camiño á illa de

Fernando Poo onde está seu pai, un veterano cultivador de cacao.

Pan negro (Emili Teixidor). O mundo dos perdedores da guerra na

Cataluña rural a través do protagonismo dun rapaz que medra nun

ambiente de sentimentos que dan vida aos personaxes que con el se

relacionan.

Parte de una historia (Ignacio Aldecoa). A unha aldea da illa canaria

de Graciosa chegan os cambios tecnolóxicos que alterarán a vida

cotiá dos seus pescadores provocando o enfrontamento entre a

sociedade tradicional e a modernizada.

Rabos de lagartija (Juan Marsé). Unha mestra represaliada que

traballa como costureira nun barrio periférico de Barcelona en 1945 é

molestada constantemente pola policía co pretexto de coñecer datos

sobre o seu marido desaparecido.

Requiem por un guerrilleiro (Antonio Pueblas Rodríguez). No

mundo da posguerra enfróntase a represión institucional do Estado a

través da Garda Civil e as ansias de liberdade dos represaliados.

Si a los tres años no he vuelto (Ana R. Cañil). Historia baseada na

actuación dunha cruel carcereira de mulleres que entregaba os fillos

das presas a conventos de monxas para a súa posterior adopción.

Page 27: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Si te dicen que caí (Juan Marsé). Revancha persoal contra o

franquismo e nostalxia da infancia pasada tendo como marco de

fondo a sórdida vida dun barrio xa desaparecido.

Sierra Norte (María Dolores Moreno Araújo). Mundo da posguerra

na Serra Norte sevillana, onde pervive a loita guerrilleira, todo elo

visto a través da mirada dunha nena.

Sin un adiós (Gloria Ruiz). En palabras da autora, trátase dun relato

novelado sobre a resistencia, os guerrilleiros, a morte, a prepotencia

das forzas da orde e a solidariedade dos vencidos.

Sombras de la Cepeda (Juan José Domínguez Pérez). Narración

ambientada nos anos 50 en León a través da vida dun maquis e da

súa familia.

Tanguy: historia de un niño de hoy (Michel del Castillo). Relato de

tipo autobiográfico das vivencias dun rapaz separado dos seus pais

pola Guerra Civil e que coñecerá as amargas experiencias dos

campos de concentración e dos reformatorios.

Tiempo de silencio (Luis Martín Santos). Traxedia e morte arredor

dos traballos de investigación nun laboratorio co telón de fondo da

escaseza de medios e a imposición da moral do nacionalcatolicismo.

Page 28: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Tiza negra (Xavier Díaz Esarte). Historia dun mestre de escola rural

nos anos 70 que evoca a súa xuventude na Navarra dos 50 e 60, unha

vida dominada pola sombra da Igrexa, a oposición, o vasquismo e a

iniciación sexual.

Toda una vida (Carlos Abadía). Un guerrilleiro da serra de Cádiz

abandona a loita armada en 1948 e inicia unha nova vida en Sevilla,

unha cidade triste dominada pola penuria e o medo.

Todavía no es mañana (Mara Malibrán). Historia arredor de tres

rapazas que viven a súa xuventude no ambiente madrileño da

posguerra.

Tormenta de verano (Juan García Hortelano). Crítica da sociedade

de finais do franquismo a partir da aparición dun cadáver nunha

urbanización de luxo.

Trece rosas rojas (Carlos Fonseca). Historia recuperada polo

periodista a partir das cartas e testemuños de familiares sobre as

mortes de 13 mulleres e 43 homes pertencentes ás XXSS o 5 de

agosto de 1939.

Tres cipreses (Manuel Ramos Ramos). Historia de vida, testemuño

dun tempo convulso marcado pola guerra e a guerrilla como

miliciano do XIV Corpo, o exilio e novamente a resistencia e o

retorno.

Page 29: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Tu nombre envenena mis sueños (Joaquín Leguina). Ambientada en

Madrid en 1942, describe o traballo de investigación para tratar de

aclarar a morte de tres falanxistas en 1937.

Última página (J.J. Fernández Delgado). Final dunha historia dos

anos 40, anos nos que tantas historias quedaron esquecidas,

especialmente as daquelas persoas que loitaron contra o franquismo.

Últimas tardes con Teresa (Juan Marsé). Obra con forte contido de

crítica social da burguesía catalá a través da xuventude universitaria.

Un día volveré (Juan Marsé). Narra o regreso dun militante da

guerrilla urbana, tras cumprir condena. A tensión no barrio aumenta a

medida que se aproxima o día da vinganza do protagonista.

Una comedia ligera (Eduardo Mendoza). Descrición de ambientes,

situacións , crime e investigación no ambiente de Barcelona durante

uns do verán de 1947.

Una guerra sencilla (Antonio Moreno Moreno). A vida na España

da posguerra, coa fin do racionamento, a continuación da loita da

guerrilla no monte… mesturada coa paixón do fútbol.

Page 30: NOVELAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · En 1948, un poderoso ... No inicio da Guerra Civil, tres amigos se fugan dun orfanato, pero rematada a contenda, a vida lévaos polo camilo do

Unos cara al sol, otros a la sombra (Carlos Sánchez Sáez). Retrato,

en primeira persoa, do Madrid de posguerra, a lembranza dunha

infancia marcada pola fame, o racionamento e a escaseza de case

todo.

Usos amorosos de la postguerra española (Carmen Martín Gaite).

Ensaio lúcido e ameno dos usos amorosos impostos polo xugo

opresor dunha moral que impedía o pracer lícito do sexo.

Voces al alba (José Giménez Corbatón). Historias de xentes que

creron poder derrocar a ditadura franquista desde a resistencia tenaz

do pobo.

Yo, el desconocido (Antoni Dalmases). Coidando a un avó con inicio

de Alzheimer, o protagonista descobre que foi un loitador libertario

antifranquista no maquis.

Yo fui maqui (Juan Sánchez Gilabert). Finalizada a guerra, cinco

compañeiros, ante o temor de que se se entregan poder ser fusilados,

deciden proseguir a súa loita nos montes gaditanos, onde foron

perseguidos e acusados de bandoleiros asasinos.

Yo luché contra el maquis (Carlos Pérez Álvarez). Un oficial alemán

loita co exército de Franco na Guerra Civil, logo co seu país na

Segunda Guerra Mundial. Casado cunha española, volve a España e

persegue, como capitán da Garda Civil, ao maquis no norte.