O CGAC adianta o · A nivel de actividades, o centro anuncia novos programas que procuran chegar a...
Transcript of O CGAC adianta o · A nivel de actividades, o centro anuncia novos programas que procuran chegar a...
(http://www.culturagalega.org/)
20 / 12 / 2018 Santiago. Redacción
O CGAC adianta oseu programa para2019 con novasactividades Loreto Martínez Troncoso, Ángela de laCruz e René Heyvaert protagonizan asprimeiras exposicións
/
Compartir:
Compartir 2
Logo de centrar a
súa programación
de 2018 na
celebración do 25
aniversario, o
Centro Galego de
Arte
Contemporánea adiantou a súa programación para
os primeiros meses de 2019. Deste xeito, Loreto
Martínez Troncoso protagonizará a primeira das
exposicións previstas. Vestiges d�ici,Vestixos de sí,
comisariada por Chus Martínez Domínguez,
permanecerá aberta ao público desde o 8 de
febreiro ao 9 de xuño. O día 22 de febreiro abrirá
Homeless, unha restrospectiva de Ángela de la
Cruz, coproducida co Centro Azkuna de Bilbao e
comisariada por Carolina Grau, que estará aberta
L
Obra de Ángela de la Cruz.
arte (tematica.php?tematica=arte)
ata o de 19 de maio. A programación expositiva
para o vindeiro trimestre remata coa inauguración
o día 7 de marzo da exposición de René Heyvaert
comisariada conxuntamente pola sua filla Anne
Heyvaert e o director do CGAC, Santiago Olmo, que
estará aberta ata o 16 de xuño.
A nivel de actividades, o centro anuncia novos programas
que procuran chegar a un público máis diverso. Deste
xeito, porase en marcha Aula Diversa. Arte, Natureza e
Abstracción, un programa de educación artística para a
integración de persoas con diversidade funcional
dirixido por Adriana Pazos Ottón. Na Varanda, á súa vez,
será un proxecto de arte "coa xente dos barrios e
colectivos cidadáns" que procurará "o encontro, o diálogo
e o achegamento entre o museo e a veciñanza de
Santiago de Compostela", a lle propor aos participantes
realizar "a súa propia exposición de arte contemporánea
empregando as obras dos fondos da Colección CGAC".
A exposición de Loreto Martínez Troncoso no web do
CGAC (http://cgac.xunta.gal/GL/exposicion-
detalle/86/loreto_es)
Exposición de Ángela de la Cruz no web do CGAC
(http://cgac.xunta.gal/GL/exposicion-
detalle/87/delacruz_es#ad-image-0)
Na Varanda no web do CGAC
(http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-
detalle/195/na_varanda_gl)
HOXE NA NOSA EDICIÓN
(noticia.php?id=)