O galego hoxe

41
O GALEGO HOXE Pasado recente, presente e futuro da lingua galega. 35 anos de aparente normalidade democrática. De 1978 a 2013

Transcript of O galego hoxe

Page 1: O galego hoxe

O GALEGO HOXE

Pasado recente, presente e futuro da lingua galega. 35 anos de aparente

normalidade democrática.De 1978 a 2013

Page 2: O galego hoxe

ÍNDICE

Page 3: O galego hoxe

CONTEXTO HISTÓRICO

Page 4: O galego hoxe

CONTEXTO HISTÓRICO

Page 5: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

A aprobación da Constitución Española de 1978 abriu unha nova etapa de recoñecemento do plurilingüismo no Estado español recoñecemento do plurilingüismo no Estado español e de importantes dereitos para as linguas distintas do castelán.

Page 6: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

Artigo 3

1. El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y

el derecho de usarla.

2. Las demás lenguas españolas serán también oficiales en las respectivas Comunidades

de acuerdo con sus Estatutos.

3. La riqueza de las disitintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural

que será objeto de especial respeto y protección.

Page 7: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

Page 8: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

Artigo 5º

1. A lingua propia de Galiza é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais e todos teñen o dereito de os coñecer e os usar.

3. Os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en todos os planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán dos medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua.

Page 9: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

“A Constitución de 1978, ao recoñecer os nosos dereitos autonómicos como nacionalidade histórica, fixo posible a posta en marcha dun esforzo construtivo encamiñado á plena recuperación da nosa personalidade colectiva…”

Page 10: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

“Un dos factores fundamentais desa recuperación é a lingua, por ser o núcleo vital da nosa identidade. A lingua é a maior e máis orixinal cración colectiva dos galegos…”

“Únenos co pasado do noso pobo, porque del a recibimos como patrimonio vivo, e uniranos co seu futuro, porque a recibirá de nós como legado da identidade común…”

Page 11: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

A presente Lei, de acordo co establecido no artigo 3º da Constitución e no artigo 5º do Estatuto de Autonomía, garante a igualdade do galego e do castelán como linguas oficiais de Galicia e asegura a normalización do galego como lingua propia do noso pobo.”

Page 12: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

Título I

Artigo 1º. O galego é a lingua propia de Galicia. Todos os galegos teñen o deber de coñecelo e o dereito a usalo.

Artigo 2º. Os poderes públicos de Galiza garantirán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade.

Artigo 3º. Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua.

Page 13: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

Título III

Artigo 12º.1. O galego, como lingua propia de Galicia é tamén lingua oficial en

todos os niveis educativos.2. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización do uso das

linguas oficiais no ensino, de acordo coas disposicións da presente Lei.

Artigo 13º.1. Os nenos teñen dereito a recibir o seu primeiro ensino na

súa lingua materna. O Goberno galego arbitrará as medidas para facer efectivo ese dereito. As Autoridades educativas da Comunidade Autónoma arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino.

2. Os alumnos non poderán ser separados en centros diferentes por razón de lingua. Tamén se evitará, a non ser que con carácter excepcional as necesidades pedagóxicas así o aconsellaren, a separación en aulas diferentes.

Page 14: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

Parte II. Artigo 7º. 1. Recoñecemento, respecto, necesidade de promoción e

fomento do uso oral e escrito das linguas rexonais ou minoritarias na vida pública e na vida privada.

2. Adopción de medidas especiais a favor das linguas rexionais ou minoritarias, destinadas a promover unha igualdade entre os falantes destas linguas e o resto da poboación ou a ter en conta as súas situacións particulares, sen ser considerado como un acto de discriminación cara aos falantes das linguas máis estendidas.

3. Compromiso de promover a comprensión mutua entre todos os grupos lingüísticos do país, obrando de tal xeito que o respecto, a comprensión e a tolerancia en relación ás linguas rexionis ou minoritarias figuren entre os obxectivos da educción e da formación dispensadas no país…

4. As partes comprométense a tomar en consideración os desexos expresados polos grupos que utilizan estas linguas.

Page 15: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

Parte II. Artigo 8º.En materia de ensino, as partes comprométense,

no referente ao territorio onde se falan esas linguas, sen prexuízo do ensino da lingua oficial do estado, a prever unha educación preescolar, un ensino primario, un ensino secundario, un ensino técnico e profesional, un ensino universitario e cursos de educación para adultos ou de educación permanente asegurados nas linguas rexionais ou minoritarias; a asegurar o ensino da historia e da cultura das cales a lingua rexional é a expresión; a asegurar a formación inicial e permanente dos docentes para poñer en práctica isto…

Page 16: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

OBXECTIVOS XERAIS:

1. Garantir a posibilidade de vivir en galego a quen así o desexe, sabendo que conta co amparo da Lei e das Institucións.

2. Conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso…

3. Introducir na sociedade a oferta positiva de atender ao cidadán ou ao cliente en galego como norma de cortesía dun novo espírito de convivencia linüística.

4. Promover unha visión afable, moderna e útil da lingua galega que esfarele prexuízos, reforce a súa estima e aumente a súa demanda.

5. Dotar o galego dos recursos lingüísticos e técnicos necesarios que o capaciten para vehicular a vida moderna.

Page 17: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA ÁREA DE ENSINO (secretario desta área, Anxo Lorenzo):

1. Garantir que todo o profesorado teña plena competencia para desenvolver o seu labor docente en galego…

2. Alcanzar un uso maioritario do galego na docencia…

3. Fomentar o uso progresivo do galego desde a etapa preescolar, para superar as fortísimas carencias que se observan…

4. Lograr que o ensino obrigatoria garanta unha competencia plena en galego…

5. Priorizar no ensino en galego a oralidade.

Page 18: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

O presente decreto desenvolve a Lei de Normalización Lingúística, como o Decreto 247/1995, que recoñecía que a adquisición dunha competencia comunicativa en galego por parte do alumnado só se pode conseguir a través da utilización vehicular desta lingua nunha parte significativa do currículo. Por iso agora derrógase o citado decreto e elaborase unha nova normativa orientada á obtención dunha competencia axeitada do galego no ensino obrigatorio, co fin de propiciar a igualdade plena e efectiva entre as dúas linguas oficiais por parte de toda a poboación escolar, garantindo igualmente a mesma competencia en ambas as dúas linguas.

Page 19: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

Garantirase o cumprimento do establecido para esta etapa no PXNLG (04)

En EP I¡impartiranse en galego Coñecemento do Medio, Matemáticas e Educación para a Cidadanía; garantindo a competencia lingüística propia do nivel nas dúas linguas oficiais.

Na ESO impartiranse en galego as Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza, Matemáticas e Educación para a Cidadanía.

No Bacherelato o alumnado recibirá polo menos o 50% da súa docencia en galego, nos termos establecidos para esta etapa no PXNLG (04)

Ademais das materias establecidas, o claustro completará o número de materias até un mínimo do 50%.

Page 20: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

1. Decreto para o plurilingüismo, non para a normalización do galego como manda a LNL. Elimínase ese termo do texto legal. Os ENL pasan a chamarse EDLG.2. Consulta ás familias pola lingua materna do fillo/a, non a establece a administración, que abdica das súas funcións.

3. Reparto das linguas vehiculares do ensino en tres terzos:•33% para o castelán•33% para o galego•33% para a Lingua estranxeira (nomeadamente inglés)

4. En todas as áreas, materias ou módulos impartidos en galego ou castelán o alumnado poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia.5. As Matemáticas, a Tecnoloxía deben ser impartidas en castelán ou, se hai posibilidade de facelo, poderán ser impartidas en inglés, pero non en galego.

Page 21: O galego hoxe

LEXISLACIÓN

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declarou ilegal o decreto para o declarou ilegal o decreto para o plurilingüismoplurilingüismo en aspectos claves e tumba dous dos piares básicos nos que se asentaba.• Anula o artigo 5.2., no que se estipulaba a realización dunha enquisa vinculante entre os pais e as nais en Educación Infantil. Neste sentido o TSXG indica que os poderes públicos teñen encomendada a programación xeral do ensino, de cuxa potestade a Administración, neste caso educativa non pode abdicar. A sentenza establece unha interpretación de acordo coa cal non poderá haber aulas exclusivamente en español e deberán fixarse medidas para a adquisición do galego en contornos castelanizados.•  Anula o artigo 12.3., no que se establecía que o alumnado podería usar na aula a lingua da súa preferencia, neste caso porque é contrario ao desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística e ao fomento do uso progresivo do galego. Con respecto ao apartado da liberdade do alumnado para expresarse en castelán nas materias de obrigada impartición en galego indica que promovía “insubmisos á normalización do idioma”.

Page 22: O galego hoxe

A SITUACIÓN ACTUAL DA LINGUA.

A LNL dedica o seu título III ao uso do galego no ensino. Declara o galego lingua oficial de toda a comunidade educativa e recoñece o dereito de todos os nenos galego-falantes a recibir o seu primeiro ensino na súa lingua materna. A pesar do importante avance legal que supuxo a promulgación desta lei, a realidade do día a día nos centros de ensino demostrou que o galego progresara moi pouco en canto á súa utilización como lingua vehicular doutras materias. Ante esta situación, nos inicios do séc. XXI, moitos colectivos deron a voz de alarma e denunciaron a sangría de falantes galegos que estaba a vivir o noso idioma. As autoridades políticas aceptaron levar a cabo unha análise da realidade lingüística do país coa fin de porlle remedio. Como resultado naceu o PXNLG.

Informe do Consello Escolar de Galicia (2007)

Page 23: O galego hoxe

A SITUACIÓN ACTUAL DA LINGUA.

Para acadar os obxectivos do devandito Plan, recolléronse as súas indicacións no Decreto 124/2007, polo que se regulaba o uso e a promoción do galego no ensino, que prescribía un mínimo do 50% das materias en galego.Pero, co argumento de poñerlle fin a unha suposta «imposición» do galego, o partido que hoxe está no goberno derrogou este decreto (aplaudido polo Consello de Europa) e substituíuno en 2010 polo denominado «decreto do plurilingüismo», que reducía a presenza do galego nas aulas ao 33% en Primaria e Secundaria e en Infantil deixábao ao azar da escolla de nais e pais. Dous anos despois da aprobación da controvertida norma a Consellaría de Educación recoñeceu, en sede parlamentaria, que a situación descrita non se correspondía coa realidade. Aínda así mantivo e segue a manter en vigor, a pesar de 6 sentenzas en contra, o Decreto do Plurilingüismo.

Datos de A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (Outubro 2012)

Page 24: O galego hoxe

A SITUACIÓN ACTUAL DA LINGUA.

Os medios de comunicación representan na sociedade de hoxe un dos instrumentos máis poderosos no asentamento dos valores sociais e culturais. Tense afirmado que a realidade non existe se non aparece nos medios. No referente á normalización das linguas, o seu uso nos medios, sobre todo nos máis influentes, é decisivo. Se un idioma non ten presenza nos medios de comunicación, o camiño cara á súa marxinación resulta inevitábel.Na prensa diaria, a incorporación do galego foi realmente escasa. A práctica totalidade dos diarios son de expresión castelá, reservando para o galego un espazo case irrelevante. Na primeira década do séc. XXI existía un único xornal escrito integramente en galego, Galicia hoxe (desde maio de 2003), continuador de O correo galego (que viña sendo publicado desde 1994) e un semanario, vinculado ao sector nacionalista, A nosa terra. Ningún dos dous sobrevive na segunda década do séc. XXI; tampouco o Xornal de Galicia, nacido en 2008 servíndose do galego e do castelán para a súa edición. O ano 2011 foi terrible para a prensa galega. Hoxe, Galiza non conta con ningún xornal impreso exclusivamente en galego, só o semanario Sermos Galiza veu suplir o espazo que deixara A Nosa Terra. Pola contra si podemos atopar diversas publicacións dixitais (Praza Pública, Sermos Galiza, A Nosa Terra, Dioivo...).

Page 25: O galego hoxe

No que respecta á radio e aos medios audiovisuais, que son os que actualmente presentan un maior grao de penetración e influencia na sociedade, a situación non é moi diferente. Actualmente, contamos cunha única emisora que emita integramente en galego, a Radio galega (ademais dalgunhas outras de carácter local de menor relevancia). Nas demais, tanto nas públicas como nas privadas, a presenza do castelán é case total. Unha proba de que neste sector a situación non mellorou foi a desaparición de Radio 4 que emitía totalmente en galego; outra proba de que a situación tampouco está a mellorar hoxe é que a creación de Radio Galega Música colocouse ao servizo da música foránea, sen apenas presenza da música que actualmente se fai no país.

Na televisión, o galego só aparece de maneira habitual na programación da TVG, creada en 1985, e nalgunhas conexións territoriais de TVE-1 e TVE-2 en Galicia. No resto da programación destas canles públicas, así como nas privadas Antena 3, Tele 5 e A Sexta ou na amplísima banda de emisións vía satélite, o galego simplemente non existe.

A SITUACIÓN ACTUAL DA LINGUA.

Page 26: O galego hoxe

A SITUACIÓN ACTUAL DA LINGUA.

No final do séc. XX, a presenza do galego era mínima tanto nos programas informáticos como en Internet. Pero, grazas a iniciativas extraoficiais, desde o ano 1996 até hoxe, podemos dicir que a Rede é o espazo público moderno que máis se serve do galego. A administración autonómica comezou nos inicios do séc. XXI a prestar servizos en liña ao cidadán. Desde entón apareceron numerosas páxinas web en galego e introducíronse os primeiros buscadores e portais especializados en temática galega, entre os que destacou Vieiros, o primeiro en ser creado, ou o xerador de blogues Blogaliza. Entre as 20 linguas do mundo máis utilizadas no “tuenti” atopamos o galego.

Outro dos campos nos que o galego ten aínda un longo percorrido por andar é o da publicidade. A pesar de que as enquisas manifestan unha boa disposición do consumidor galego cara á publicidade en galego (catro de cada cinco galegos son partidarios do emprego da nosa lingua nos anuncios publicitarios), as empresas continúan a mostrar un grande receo a deixar de usar o castelán. Obsérvase así que mesmo na programación da TVG o castelán é claramente maioritario, a pesar de estaren primados economicamente os anuncios en galego.

Page 27: O galego hoxe

A SITUACIÓN ACTUAL DA LINGUA.

A oficialidade supuxo un importante paso adiante no terreo legal e institucional no proceso de incorporación do galego a todos os campos da sociedade: adquire o rango de lingua vehicular en todas as actuacións da administración autonómica e local. Recupérase a súa presenza na esfera administrativa e institucional que non coñecía desde a Idade Media. Hoxe en día o funcionamento administrativo de institucións como a Xunta de Galicia ou o Parlamento galego desenvólvese habitualmente en lingua galega, nas relacións escritas (formularios, comunicados, disposicións oficiais...), non nas relacións orais por parte do funcionariado e altos cargos, que manifestan aínda un grao de castelanización moi elevado. Na administración local obsérvase unha lenta tendencia cara ao uso do galego na documentación oficial (convocatorias, bandos, resolucións, anuncios...). Se ben, a ideoloxía do grupo político predominante determina que nun organismo da admón. se empregue galego ou castelán.É de destacar a oposición sistemática dalgúns concellos a aplicar a lexislación vixente. Algúns casos chamativos son os concellos de A Coruña, Ponteareas ou a Pobra do Caramiñal que continúan incumprindo a lexislación sobre toponimia, ao empregar os seus topónimos respectivos na forma castelanizada.

Page 28: O galego hoxe

A SITUACIÓN ACTUAL DA LINGUA.

A actividade pública dos partidos políticos hoxe desenvólvese en galego. Isto, que empezou por ser unha práctica militante por parte de minorías nacionalistas nas décadas de 1960 e 1970, foi asumido progresivamente polas demais ideoloxías, esencialmente desde o recoñecemento oficial da autonomia galega. Aínda así, o grao de coherencia no seu uso é moi distinto duns grupos políticos a aoutros: móvese entre o emprego do galego por unha convición real de que só se pode defender un país a partir do respecto e valoración da súa propia lingua e un uso populista condicionado por unhas esixencias esencialmente electoralistas. Estase deste xeito a consolidar entre certos representantes políticos e cargos públicos unha especie de diglosia invertida, de características contrarias á tradicional: falan galego nos contextos formalizados (intervencións no parlamento, nas roldas de prensa, perante as cámaras de televisión...) e castelán nos contactos administrativos internos e nos contextos informais. Estes feitos permítennos falar dun uso ritual ou protocolario ou litúrxico do galego. Máis que un sinal de normalización, este comportamento representa un novo risco para unha recuperación real da lingua.

Page 29: O galego hoxe

A SITUACIÓN ACTUAL DA LINGUA.

Na actualidade, a actividade cultural é un dos sectores onde o galego experimentou un maior fortalecemento. Ademais de conservar o seu carácter de vehículo oral da cultura popular, a súa importancia como soporte da cultura escrita foi medrando nas últimas décadas. Hoxe existe xa un importante mercado para o libro en galego. Contribúen positivamente neste proceso o aumento de lectores potenciais en galego a raíz da progresiva implantación da nosa lingua no sistema sistema educativo e nos medios de comunicación. O número de libros publicados en galego aumenta de ano en ano (2156 libros en 2001, 1231 libros en 1998, 577 libros en 1990 ou 218 libros en 1982). Con todo, o castelán segue a ser claramente dominante. É o idioma dos libros escritos noutras linguas.O teatro consolidouse nos últimos anos como un dos sectores mellor identificados coa nosa lingua. No cinema, a situación é ben distinta. As experiencias desenvolvidas neste campo, como Sempre Xonxa, Continental, Fisterra, Fronteira sur, Trece badaladas, O lapis do carpinteiro, 18 comidas, Pradolongo e algunha outra, representan intentos interesantes, pero unha estrutura empresarial por consolidar. Se ben é importante resaltar a boa saúde da que comezaran a gozar as curtametraxes e o cinema de animación antes da crise económica.

Page 30: O galego hoxe

A SITUACIÓN ACTUAL DA LINGUA.

No campo da relixión, a pesar de que a Igrexa foi sempre unha institución que se sentiu moi vinculada á sociedade galega, paradoxicamente foi tamén unha das que se mostrou nos usos lingüísticos máis afastada desta sociedade. A excepción ven dalgúns sectores máis progresistas do clero e de certas asociacións de cristiáns (Irimia). O número de misas que actualmente se celebran en galego non supera o 15%, sendo no ámbito rural onde o castelán é máis predominante. Trátase dunha práctica lingüística aínda máis sorprendente se temos en conta que a inmensa maioría dos cregos galegos (por riba do 80%) declaran ser galego-falantes habituais. Os representantes máximos da xerarquía católica empregan sempre o castelán nas intervencións públicas e nos documentos pastorais.

Page 31: O galego hoxe

A SITUACIÓN ACTUAL DA LINGUA.

Nas organizacións empresariais, os usos lingüístivos están condicionados pola composición social e polos hábitos de comportamento da clase á que pertencen os seus integrantes. É un sector moi remiso ao emprego do idioma galego. Sirva como anécdota ilustrativa a petición que en 1984 facían os empresarios ourensáns de que unha carta da INTG "les sea traducida al cristiano" por estar escrita "en un idioma que desconocemos totalmente". O mundo da economía e das finanzas, integrado nas estruturas económicas estatais, desenvólvese igualmente case con exclusividade en castelán. Só se ve un certo grao de galeguización nalgúns ámbitos relativos ao contacto co público, como a correspondencia cos clientes ou a publicidade, debidos en boa parte á resposta a iniciativas de normalización do sector promovidas por grupos non institucionais, como A Mesa pola normalización lingüística ou á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua (CGENDL).

Page 32: O galego hoxe

CONCLUSIÓNS

EVOLUCIÓN DA LINGUA HABITUAL EN GALIZADESDE 1924 ATÉ 1974 (MONOLINGÜISMO)

Page 33: O galego hoxe

CONCLUSIÓNS1. LINGUA INICIAL

Page 34: O galego hoxe

CONCLUSIÓNS2. LINGUA HABITUAL

Page 35: O galego hoxe

CONCLUSIÓNS3. COMPETENCIAS LINGÜÍSTICAS

Page 36: O galego hoxe

CONCLUSIÓNS4. LINGUA NO ENSINO

Page 37: O galego hoxe

CONCLUSIÓNS5. ACTITUDE LINGÜÍSTICA

Page 38: O galego hoxe

CONCLUSIÓNS

GALEGO

GALEGO

CASTELÁN

CASTELÁN

DIGLOSIA

DIGLOSIAINVERTIDA

CONTEXTOS FORMAIS

CONTEXTOS INFORMAIS

CONTEXTOS FORMAIS

CONTEXTOS INFORMAIS

Page 39: O galego hoxe

CONCLUSIÓNS

Page 40: O galego hoxe

CONCLUSIÓNS

Page 41: O galego hoxe

FONTES

• O galego e as leis. Pilar García Negro (Ed. Do Cumio).

• Lexislación da lingua galega. Xunta de Galicia.• Constitución Española (1978).• Estatuto de Autonomía (1981).• Lei de Normalización Lingüística (1983).• Carta europea das linguas… (1992/2001)• Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

(2004)• Mapa Sociolingüístico de Galicia (2010)• Libro de apoio (Consorcio Editorial)