O galego entre_1900_e_1936

31
Adrián Pérez, Darcin Hombre, Juan José Batalla, Luis Miguel Chouza, Pablo Sanchiño 2ºA BACH.

Transcript of O galego entre_1900_e_1936

Adrián Pérez, Darcin Hombre, Juan José Batalla, Luis Miguel Chouza,

Pablo Sanchiño 2ºA BACH.

O esquema expositivo que imos seguir será o seguinte:

- Contexto demográfico, económico e social da época.

- Contexto político

- Situación da lingua.

- Iniciativas normalizadoras: As Irmandades da Fala, a Igrexa e o Partido Galeguista.

1900 1910 1920 1930

Poboación 1.980.515 2.063.589 2.124.244 2.230.281

Porcentaxe 10,64% 10,32% 9,93% 9,42%

A emigración

Durante o século XIX comeza a emigración masiva de galegos dirixida cara países americanos de cultura ibérica. Os destinos preferentes foron Cuba e Arxentina. Entre 1836 e 1960 saíron case 2 millóns de galegos, o que supuxo a perda masiva de poboación nova.

5

• A agricultura segue sendo o sector onde traballaba a maioría da xente.

• Fortalécese a burguesía industrial e financieira gracias a construción de buques de pesca, conservas, ao tráfico de gando, etc.

Na década de 1920 comeza cun transvasamento de traballadores do sector primario á industria e aos servizos (éxodo rural).

Sector primario

Sector secundario

Comprende esencialmente o goberno constitucional de Alfonso XIII, e constitúe unha época moi turbulenta, debido á crise da sociedade española tralo desastre do 98 e a corrupción política. É a época de creba do sistema canovista (sen democracia, quenda pacífica)

Comeza tralo golpe de estado dado polo xeneral Primo de Rivera a raíz do desastre de Annual e apoiado polo propio monarca, e constitúe unha pequena mellora nas condicións de vida da poboación debido ó

lixeiro crecemento económico (felices anos vinte) ainda que caerá o réxime debido a presión de todos os grupos e as continuas protestas.

Trala perda de popularidade de Primo de Rivera e o fracaso de outras iniciativas autoritarias, instáurase a República. Está será unha época de auxe social, artístico e económico que sen embargo verase cortado polo estoupido da Guerra Civil Española en 1936.

O agrarismo é un movemento social histórico galego, que buscaba a defensa dos intereses do campesiñado. Este movemento estará capitaneado por Basilio Álvarez e contará con poetas que o respaldan, entre os que destaca Ramón Cabanillas. En canto a institucións destaca Acción Gallega. Os agraristas conseguiron melloras como:

• Redención de foros (1926).• Repartición de montes á man común.• Modernización da produción.• Especialización gandeira.

Un dos fenónemos máis característicos desta época é a aparición dos sindicatos, que responden á expansión dos ideais marxistas e comunistas entre os obreiros e campesiños. Como consecuencia en Galicia, surxirán sindicatos como UXT, CNT-CRG que convocarán folgas, entre as que se destaca a primeira folga xeral de 1932, en aopio ós estaleiros de Ferrol.

Corrente intelectual que buscaba a distinción política e cultural de Galicia, debido á súa condición de nación. Estará defendido principalmente por escritores como Castelao ou Vicente Risco.

Denuncia do atraso económico, cultural e político.

Defensa da modernización no sector agrario.

Proclama da autonomía integral de Galicia.

Federalismo ibérico.

Recuperación do galego como idioma literario, cultural e histórico.

A lingua galega non conta cun modelo padrón pero empezan a nacer iniciativas normalizadoras

En 1906 é funadada a Real Academia Galega da Lingua por Manuel Murguía.

Vinculación do nacionalismo ao idioma como esencia de identidade colectiva.

Creación das Irmandades da Fala e do grupo Nós, destacan as figuras de Risco, Cuevillas, Pedrayo e Castelao.

En 1922 Lugrís Freire creou a gramática do idioma galego

Incorporación do galego aos estudos científicos e creación do Seminario de Estudos Galegos, fundada por Bouza Brey e Filgueira Valverde.

Xeración do 25, destacan Manuel Antonio, Bouza Brey, Amado Carballo, que repercutiron positivamente na literatura galega, enfrontandose coas formas tradicionais da literatura.

Nos medios de comunicación non destacaba o uso do galego, agás nas publicacións galeguistas.

En 1931, creouse o Partido Galeguista, que promove a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia en 1936.

Recoñécese por primeira vez o galego como lingua oficial.

No primeiro terzo do século XX, o galego foi pouco a pouco, e grazas as iniciativas normalizadoras das que falaremos posteriormente, gañando prestixio e expandíndose dende o nivel popular a novos estratos da sociedade.

Entre 1900 e 1936 houbo unha perda progresiva de falantes galegos debido ao desprazamento da poboación aos principais ámbitos urbáns e as vilas, os cales comezaron a ter unha gran tendencia a castelanización.

Nesta época todavía seguen presentes moitos dos prexuízos estendidos durante os Séculos Escuros, que identificaban o galego co ruralismo e o atraso. Porén, as iniciativas normalizadoras intentarán combatelos dándolle vixencia en novos campos da sociedade ó galego (destacará a importancia do galego na pedagoxía)

› Dentro deste contexto social, político e lingüístico, danse principalmente tres correntes normalizadoras do galego:

› A publicación en 1922 da primeira revista infantil na nosa lingua (As roladas)› A creación na Coruña en 1924 das

Escolas de Insiño Galego, promovidas por Ánxel Casal pero de escaso éxito.› Confección de ensaios pedagóxicos en

galego, como por exemplo, Método de lectura (1932) ou Nosos problemas educativos (1918).

Tamén a Igrexa contribuíu lixieramente á normalización da lingua galega, mediante o seu emprego para escribir poesía en galego (Lago González, Paulino Pedret ou Xesús Carro) ou a tradución dalgúns textos litúrxicos e o seu emprego nalgunhas cerimonias.

Debido ó carácter federalista da Segunda República, o Partido Galeguista gozará de liberdade legal e elaborará o primeiro Estatuto de Autonomía Galego (aprobado en plebiscito en 1936) que recollía as principais teses galeguistas. Porén, este non sería aplicado debido ó golpe de estado franquista.

As principais trazas deste documento son:- Definición territorial da comunidade autónoma de Galicia, e a súa distribución en comarcas e parroquias.- Recoñecemento de símbolos: a bandeira, o himno e o escudo.- Recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia e cooficialidade co castelán.

O primeiro terzo do século XX foi unha época convulsa, que sen embargo manifestou un pequeno crecemento económico.

Neste período dase un progresivo avance na conciencia galeguista e unha continuación dos ideais do Rexurdimento do século XIX.

As principais iniciativas normalizadoras desta época veñen de parte das Irmandades da Fala, a Igrexa e o Partido Galeguista.

Desta época data a elaboración do Estatuto de Autonomía Galego, cuxa aprobación será a base da posterior denominación de Galicia como nacionalidade histórica.