O inferno de marta
-
Upload
normalizacioniesn1ordes -
Category
Education
-
view
209 -
download
0
Transcript of O inferno de marta
O inferno de Marta de Pasqual Alapont
Pasqual Alapont naceu en Catarroja (Valencia) en 1963. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Valencia, empezou a traballar como tradutor, corrector lingüístico e editor. Ao mesmo tempo, iniciouse na escritura. Publicou moitos libros para o público infantil e gañou o Premio EDEBÉ no ano 2001 con La Oveja Negra e Un verano sin francesas.
O inferno de Marta é a típica historia de violencia de xénero onde unha moza coñece un rapaz que, aparentemente, é detallista, con bos modais, educado… pero, detrás desa cara hai un ser perverso, celoso, manipulador e que lle fai a vida imposíbel. Por outra parte, a vítima é unha rapaza universitaria, con moitos amigos, tamén detallista e boa que queda atrapada nos seus encantos.
Os personaxes principais da obra son: Marta, unha rapaza moi guapa, alta e delgada. Estaba no seu último ano de Dereito; Carme, unha das compañeiras de Marta. Tamén era moi guapa e faladora. Xulia é a outra compañeira de piso de Marta. Carme e Xulia son as
que, xunto con Braulio e Vicente, van axudala a saír do inferno ao que a levou Héctor. Outro amigo de Marta é Braulio. Divertido e moi risoño. E, por último, Héctor, que foi o que a levou ao inferno. Era o amigo de Braulio, de ollos azuis e de pelo castaño.
Os personaxes secundarios son os pais de marta, Estevo e María; Vicente Jordá é un antigo compañeiro de Marta.
No libro aparece o tema de amor que Marta pensaba que tiña con Héctor, o crime de Héctor sobre Isabel Forteza, a morte desta e o odio que profesaban as amigas de Marta a Héctor.
O tipo de narrador que se usa na obra é un narrador omnisciente en 3ª persoa, é dicir, que sabe o que vai ocorrer e coñece a interioridade dos personaxes. A lingua empregada é bastante sinxela e moi fácil de ler.
Canto aos espazos, estes son o piso de Marta, a casa dos pais dela e os espazos públicos onde van Marta e Héctor. En relación con isto, na obra, o autor utiliza a prosopografía e a topografía que é a descrición de lugares, paisaxes e ambientes.
En canto á estrutura, a obra divídese en tres partes:
A presentación, nela aparecen os personaxes principais. A segunda parte da narración é o nó, onde o problema está en presente e os personaxes terán que resolvelo. E a última parte é o desenlace, onde os personaxes resolven o conflito.
O autor expresa temas que están a ocorrer hoxe en día, como, neste caso, a violencia de xénero en adolescentes.
É unha novela onde se mestura unha gran amizade cunha desmesurada violencia provocada por unha persoa que sofre unha enfermidade mental, un psicópata.
Como dixen antes, reflicte moi ben a situación que pasan moitos fogares e paréceme un libro moi adecuado e sinxelo para entender e para amosar esta realidade que, día a día, vemos nos nosos televisores e nos noticiarios.
Sonia Rial Rodríguez 3º ESO B.