O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de...

28

Transcript of O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de...

Page 1: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o
Page 2: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

SumarioPresentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1

PersoeirosTesouros infravalorados . . . . . . . . . . . . . 2

O LemaCheos de vida . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 3

VoluntariadoÓ servicio da xente da nosa terra . . . . 4-5

ArteO retábulo da igrexa deSan Silvestre de Freixo . . . . . . . . . . . .6-7

CamiñosCamiño de Santiago, escola de valores . . . . . . . . . . . . . . . . .8-9

ParroquiasSantiago de Estraxiz . . . . . . . . . . . .10-11

ActividadesConvivir compartindo . . . . . . . . . . . . . .12De Samos a Gandía . . . . . . . . . . . . . . .13Entroido 2004 . . . . . . . . . . . . . . . . .14-15

A nosa culturaAproveitamento dos castiñeiros . . . .16-17

Saúde¡A move-lo esqueleto! . . . . . . . . . . .18-19

Hixiene alimentariaTransxénicos si, transxénicos non:a polémica está servida . . . . . . . . . .20-21

Agricultura e medio ambienteNormas de seguridade para oemprego de productos fitosanitarios . . .22

ExperienciasGraciñas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 23Boletín de suscrición . . . . . . . . . . . . . . .24

Edita:Fundación O Noso LarSan Román de Lousada27620 SAMOS – LugoTel.- Fax : 982 187004Web: www.onosolar.orgDirector: Miguel Gómez Vázquez

Consello de redación:Saladina Diéguez VillaravizJulio Fernández DovalManuel VarelaAmparo Páramo VázquezMiguel Gómez VázquezJosé Manuel CastroCastedo

Colaboradores:Jaime Delgado GómezCarlos SampedroAdela Arias ConejoOscar LópezMiguel SampedroJosé Luis GarzaXulio Pérez PereirasAlba M. Álvarez VergaraConcepción RodríguezFdez.Manuel OteroDavid VarelaCarlos M. Franco AbuínEva Fernández Limeres

Portada e contraportada:Matilde Arrizado

Depósito Legal:LU-229-01ISSN:1579-8909Maqueta: Carlos CampoImprime:GRAFIC-LUGO, S.L.

Page 3: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

3 O Noso Lar

PresentaciónCoincidindo coa XIV Festa de Convivencia cos nosos maiores sae á luz o

número 7 do Boletín O Noso Lar. O lema nesta ocasión, que coincide do da festa,é : Somos voluntarios, ó servicio da xente da nosa terra. Vai adicado a mozas emozos, adultos e maiores que ano tras ano e día a día colaboran como volunta-rios para que esta festa, clausura de tódalas actividades do curso, poida cele-brarse e sexa unha entrañable xornada de convivencia cos nosos maiores.

Levamos xa 14 anos. Foron e son moitos os voluntarios que desde un traballoorganizado con xenerosidade e desde a gratuidade van aportando respostasnovas, prestando servicios e mantendo os valores da participación, cercanía,tolerancia e solidariedade nos nosos pobos. Esta presencia activa dos máisnovos, non exenta de dificultades e problemas, dunha forma suave e insistenteaxuda a crear unhas novas relacións humanas que expresan acollida, cariño,recoñecemento, autoestima e confianza. Isto é o que curiosamente máis preci-samos nos nos pobos. Humaniza-la convivencia desde a potencialización dacomunitariedade e a gratuidade.

Na festa de convivencia cos nosos maiores deste ano, sen quitarlles o prota-gonismo que lles corresponde os nosos maiores, queremos rendirlles unhasentida e agradecida homenaxe a tódolos voluntarios que traballan nesta zona.Eles son ó mesmo tempo chamada e estímulo para que todos nos impliquemosna construcción dun mundo máis acorde coa dignidade humana.

A pequena historia de catorce anos traballando xuntos con ilusión e xenerosi-dade, desde a escasez de recursos e con gratuidade ó servicio da xente da nosaterra, reafírmanos na conciencia de que outro mundo é posible se pasamosdunha cultura da imposición a unha cultura de diálogo, se pasamos do individua-lismo ó comunitario, do interés egoísta á gratuidade compartida.

O noso agradecemento a tódolos voluntarios que coa sua colaboración fanposible esta conciencia colectiva de que a vida cando se comparte gratuitamenteresulta máis agradable, ilusionante e esperanzada. Fan posible, en definitiva,olla-lo futuro con ilusión, esperanza e cheos de confianza.

Page 4: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

4 O Noso Lar

Tesouros infravalorados

A veces poñémonos a pensar na xenteque nos rodea e dámonos conta de quecada persoa é un mundo, na forma depensar, na forma de actuar, na forma de ser,en definitiva na forma de levala vida. Peroseguimos pensando e preguntámonos quetemos en común para que poidamos seguiradiante.

Ó longo da vida un vai pasando por variasetapas, unhas mellores, outras non tan boaspero sempre rodeado de persoas que segu-ramente neses momentos non tan bos llefagan velas cousas doutra maneira diferenteda que estaban pensando. E podemos darllea volta, ser nós os que nese precisoinstante, cando a persoa máis o necesita,demos o noso parecer e consigamos unsorriso da sua boca.

Hoxe en día, estamos inmersos nuncírculo que nos fai ser competitivos e avari-ciosos, que parece que nos obliga a actuarpor intereses olvidándonos case sempreque somos persoas, facendo as cousasmáis difíciles do que son, e non pensamos

que se unha persoa pisa a outra ó final imosacabar pisándonos todos e chegará unmomento que non podamos máis.

Por todo esto, hoxe máis ca nunca admiroós voluntarios, admiro a sua forma deactuar, de ser e de pensar, admiro quepoidan facer algo desinteresadamente sópor intentar facer pasar un bo momento áxente que os acompaña. Botar unha man,facer unha caricia, sorrir á persoa que tes ólado; son tesouros que todos temos e quemoitas veces non os queremos amosar, nonsei se por medo ou por vergonza, non seipor que.

Son tesouros infravalorados, pero que ófinal son os que nos identifican comopersoas.

Alba M. Álvarez Vergara

persoeiros• •

Page 5: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

5 O Noso Lar

O Lema• •

Cheos de vida¿A mozas e mozosviches algún díaque levan na cara agarimo e ledicia?

Repara ben neles son meigas e meigosque trocan en soñosmoitos dos trafegos.

Das súas faldriqueirassacan mil cantigas,moreas de sorrisose bromas e risas.

Fan que moitos ollosde nenos e vellosbrillen coas bágoasde cores do ceo.

¡Verdade que os viches!están ó teu ladoapertaos moitoson os voluntarios.

¡Graciñas, rapacespolo bon facer,iso non caduca.Deus Pai paga ben!

Page 6: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

6 O Noso Lar

Ó servicio da xenteda nosa terraCon este epígrafe, que corresponde ó

lema e razón de ser da Fundación O NosoLar, presentamos o proxecto do volunta-riado para os próximos anos. A denomina-ción concreta do programa é : fomento dasolidariedade e convivencia interxeracio-nal. O Obxectivo xeral coincide na súa tota-lidade co da Fundación e queda formuladoda seguinte maneira: acompañamento eatención integral á poboación rural marxi-nada ou en estado de necesidade, demaneira particular á xente maior.Son moitas as necesidades que atraen a

atención e provocan a eficaz intervencióndo voluntariado. As máis salientablesserían:· Envellecemento da poboación: ademais

cada vez ai menos xente nova;· Despoboación dos núcleos rurais: uns

morren e outros parchan para as vilas;· Moita dispersión, coa conseguinte dificul-

tade para a interelación e a convivencia;· Falta de infraestructuras e de recursos

de todo tipo de cara a fomenta-la cultura dasolidariedade e a vida social comunitaria;· Desánimo xeralizado de cara ó futuro e

pouca autoestima.Desde esta e para esta situación concreta,

o proxecto do voluntariado que a Fundaciónse propón ten como obxectivos específicos:1. Fomentar e potencia-la autoestima de

todos, en particular da xente maior;2. Animar e revitaliza-los núcleos rurais

con actividades dinámicas e participativas;3. Implicar a xente nova neste proceso de

cara a unha maior convivencia e solidarie-dade interxeracional;

4. Ofrecer canles de formación e de estí-mulo ós voluntarios;5. Integrar tódolos sectores da poboación

neste proceso.Estes obxectivos concretízanse nunhas

uctuasións concretas. Son as seguintes:· Preparar e organiza-la festa de conviven-

cia cos nosos maiores que será o día 22 deagosto;· Organizar un día de convivencias inter-

xeracional e interfamiliar;· Colaborar nas distintas actividades que

se organizan na Casa de Acollida O Nosolar;· Colaborar nas distintas actividades que

se organizan para a xente máis nova;· II curso de formación para voluntarios;· Viaxe cultural a Barcelona para volunta-

rios do 8-12 de outubro do presente ano:Ruta de Gaudí.

Na elaboración do programa e no seudesenvolvemento inténtase usar unhametodoloxía Participariva: procúrase queparticipen conscientemente todos, tanto osvoluntarios como os beneficiarios; diná-mica: que dinamice a todo o colectivo, queninguén permaneza pasivo ou como meroconsumidor; e sempre respetuosa cosprocesos persoais precisamente paraaxudar a unha maior autoestima.

voluntariado• •

Page 7: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

7 O Noso Lar

voluntariado• •

1. Ama o traballo e vive en actitudede servicio e de compromiso.

2. Móveo a fe, o compromiso cívico ea solidariedade.

3. Presta o seu apoio ás persoas queo necesitan, axudándoas a promocio-narse sen deixar de ser realista e cons-ciente das limitacións da súa acción.

4. Aprende dos demais, valora aformación permanente e admite que épreciso que a súa acción sexa revisada.

5. Ten imaxinación e creatividade,pero traballa en equipo.

6. Sabe que na loita contra as necesi-dades cómpre a colaboración depersoal remunerado e de persoal volun-tario.

7. Exerce a gratuidade e enriquécese,porque sabe que dá, pero tamén recibe.

8. Non ignora que a pobreza é froitodunhas estructuras inxustas e traballapara cambialas.

9. É persoa de esperanza. Cre que asociedade pode mellorar.

10. Caracterízano os rasgos da cons-tancia e a paciencia, froitos da fortalezae o amor.

Herminio Otero

Decálogo do voluntariado

Page 8: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

8 O Noso Lar

O retábulo e a moi singular efixie de Cristo crucificado da igrexa de San Silvestre de FreixoUnhas breves notas sobre a igrexaSexa a miña primeira nota resaltar a contrastante

anomalía da desorientación desta igrexa: ten a súafachada polo oriente e a súa ábsida por poniente. Ousexa, ó revés da que foi norma en tódolos séculosprecedentes. As razóns de tal anomalía non deixa deser unha incógnita.Precede ó corpo desta igrexa, relativamente

moderna, un especial cabido, ou pórtico, cun frontisque fai de fachada, moi suxestiva, da igrexa. Algo quetamén é totalmente atípico. Este cabido, polos seuslaterais, está aberto ó exterior mediante dous arcosde medio punto, un por cada lado, pero cos murosrevocados de branca masa. Unha porta, tamén conarco semicircular, sérvelle de acceso. Sobre estaporta, e sobre o muro en que se abre, superponseunha espadaña de dous corpos, con dúas campás nocorpo inferior. Constitúen todos estes elementos anúa fachada da igrexa, construída con irregularmampostería de lousas pizarrosas á vista. Destasresaltan especialmente as que forman as longasdovelas do arco da porta e o muro en que o arco seapoia.Todo o corpo da igrexa, tanto interior como exterior-

mente, está revocado con brancas masas de cal.Dá acceso ó presbiterio, da mesma altura e anchura

cá nave, un arco triunfal de medio punto que,mediante lisas e sencillas impostas, está apoiado nosmuros de cerre.

O retábulo e a súa imaxineríaO retábulo está composto de dous corpos dispostos

en tres rúas, en cada unha das cales hai tres forne-las, seis en total.Catro columnas salomónicas enmarcan as tres

fornelas de cada corpo, coa particularidade de que asdúas columnas centrais do corpo superior están ador-nadas con vides cargadas de racimos.

As catro fornelas laterais teñen forma rectangular;en cambio, as dúas centrais están cubertas cunhapequena bóveda en arco de medio punto.Un frontón, pero cortado polo centro, remata a rúa

central. As laterais coróanse con adornos xeométri-cos, destacando un en espiral e forma de alta pirá-mide o outro.Tamén un pequeno frontón se superpón ás fornelas

laterais do corpo inferior.Móntase o retábulo sobre un banco, ou predela, de

notable matiz renacentista. No seu centro resalta aporta do sagrario na que aparece en pequeno relevoo Señor exposto na custodia, como era norma nesetempo.Ós lados do sagrario, e námbolos dous laterais

desta predela, van esculpidos uns casetóns de diver-sos motivos cos ditos matices aínda renacentistas.Isto, xunto con certas reminiscencias tamén renacen-tistas no trazado do retábulo, obrígannos a encadralona primeira metade do século XVIII, e non despoisdela.Cada fornela contén unha imaxe. Na central inferior

está a do patrono da parroquia, o papa san Silvestre,con mitra e báculo. Papa (314-335) que coincide coemperador Constantino, a quen, segundo a tradición,bautizou. Na central superior atópase a VirxeInmaculada, con tres anxos na súa peana. Áesquerda de sanSilvestre, segundose mira, está semies-pido o mártir sanSebastián, coasfrechas coas que foiaseteado. Estas tresimaxes, do mesmoestilo barroco doretábulo, segura-mente son tamén doseu mesmo tempo.

arte• •

Jaime Delgado Gómez

Page 9: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

9 O Noso Lar

arte• •

Ó outro lado de san Silvestre hai unha boa imaxemoderna de san Antonio de Padua co Neno Xesúsnos brazos. É de estilo neoclásico e podería ser dosúltimos anos do 1700 ou, mellor quizais, dos primei-ros do 1800.Outras dúas imaxes revisten unha notable antigüi-

dade. Poderían ser xa de finais do século XV ou,quizais mellor, das primeiras décadas do 1500.Pertenceron, pois, sen dúbida, a outro retábulo moianterior ó actual. É unha delas santa Bárbara. Ocupaa fornela esquerda do segundo corpo. Sostén a típicatorre na súa man esquerda e debería te-la palma domartirio na dereita, agora desaparecida. De difícilidentificación é a imaxe simétrica á anterior. Levagorro e alto bordón de peregrino que apresa coa súaman dereita, sostendo na esquerda un libro. Vistelonga túnica cinxida na cintura e manto sobre ela. Porunha longa abertura da túnica mostra a súa pernaesquerda desde máis enriba do xeonllo. Podería se-la efixie de san Roque, aínda non ben fixada entón,co seu típico atuendo de peregrino e insi-nuando xa avista da perna que logo amosará ferida pola peste.Debemos engadir que fóra do retábulo, pero ó seu

carón pola parte dereita, venérase dentro dunhafornela moi posterior, unha imaxe da Virxe María. Nonten especial valor artístico.

A moi singular imaxe de Cristo crucificadoImpactante é polo seu gran tamaño e o seu extraor-

dinario interese artístico a imaxe de Cristo crucificado,que se venera nesta igrexa.Está no lado esquerdo da nave e sérvelle de dosel

unha elegante cortinaxe. Ten as dimensións propiasdun home bastante alto, sendo anatomicamenteextraordinarias as súas proporcións do corpo e asdos seus membros. Un só cravo atravesa os seuspés, tendo superposto o dereito sobre o esquerdo, eo atado pano que cobre a súa nudez deixa á vista boaparte da coxa da perna dereita.

É admirable a labra de toda a súa anatomía, teste-muñando o bo facer das gubias que, moi habilmente,manexou o artista desta preciosa obra. Pero, deresaltar de modo especial algo concreto, sería abeleza do seu rostro tan divinamente humanizado.Enxalzan aínda máis a súa divina faz a súa benlograda e fina barba e a súa ensortellada cabeleira,que cercada arriba pola coroa de espiñas, alóngasemoi elegantemente sobre os ombros. O seu rostro, enpostura de mirar ó ceo cos seus abertos ollos, fainoslembrar aquelas pa-labras, tan cheas de perdón,saídas entón da súa boca: “Pai, perdóaos porque nonsaben o que fan” (Lc. XXIII, 34).Tanto o movemento do seu corpo colgando da cruz

como o do seu espírito falando co Pai, sitúannos nunbarroco máis ben avanzado, no entorno da metadedo século XVIII.Dous detalles máis debemos reseñar todavía. É o

primeiro o da pequena táboa fixada na cruz sobre acabeza de Xesús. A inscrición que nela aparecepintada reproduce ó pé da letra a frase que san Xoánrefire no seu evanxeo: “Escribiu Pilato un título, di, epúxoo sobre a cruz; estaba escrito: Xesús NazarenoRei dos xudeus (...) e estaba escrito en hebreo, enlatín e en grego” (Xn. XIX, 19-20). Esta frase repíteseaquí en tres liñas. A superior recolle o texto en hebreo,a do medio en grego e a inferior en latín (IesusNazarenus Rex Iudeorum). Pero debemos resalta-loinexplicable feito daincorrecta escritura dotexto grego e latino. Istoé, que están escritos dedereita a esquerda, talcomo se fai en hebreo,o que sen dúbida é arazón de tal irregulari-dade greco-latina.O segundo detalle é

doutra inscrición taménpintada. Encóntrase nopao vertical da cruz,máis abaixo dos pés deCristo. Este é o intere-sante dato que nosreseña: “Recuerdo / de/ Josefa / Barreal”.

Page 10: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

10 O Noso Lar

Camiño de Santiago,escola de valores

Dende o descubrimento da tumba doApóstolo Santiago en Compostela, noséculo IX; numerosos foron os peregri-nos que exerceron o seu dereito de"camiñante" cara a tumba do Apóstolode Cristo en busca da "gracia e aredención". Sempre nos estranou oporqué deste río humano que tódolosanos circula cara Santiago, semprenos preguntamos a motivación real docamiñante que pasou por diante dasnosas portas.

Hoxe en día a peregrinación, comona Idade Media, se converteu nun

fenómeno de masas. Agora comoantaño, son miles os peregrinos quese dirixen a venerar a tumba doApóstolo e sen moitas veces non teren conta a motivación real da súaviaxe. É ben certo que o Camiño é unroteiro na Fe, gran protagonista xuntocon Roma e Jerusalén, do entramadode lugares Santos que hoxe en díaexhibe o Catolicismo como estampas.Sempre a un lado se mativo o Camiñode Santiago que soubo mante-la súaantención sobre os habitantes deEuropa, primeiro,e o resto do mundo,logo; a parte das campañas religiosasou mismamente civís que sempresouberon publicitar, a veces conexceso, o reteiro das Estrelas. Estivoaí, vixente; e non é agora o momentode analiza-las verdadeiras motiva-cións da peregrinación; porque moitosque comezan en Roncesvalles aíndaque fora por motivos meramentedeportivos terminan imbuidos de certomisticismo e espiritualidade propia doCamiño de difícil explicación. É real-mente belo comprobar que o Camiñode Santiago é un dos poucos lugaresonde algo inexplicable te fai erguirtódolos días, por moi canso que teatopes; é un mundo aparte dentro donoso mundo; é a Gracia é o Don.

Page 11: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

11 O Noso Lar

camiños• •

Hoxe comezamos unha novasección na revista de O Noso Lar, sechama "Camiños" e pretende ser unlugar de acollida de non só os peregri-nos que van cara Santiago senóntamén dos peregri-nos da vida. Nunsprimeiros artigostentaremos achegar-vos a pereginación aCompostela comoejemplo dunhaescola de valoresque é o Camiño deSantiago e paraanimarnos todos aface-lo Camiño comoroteiro da nosa novavida. De feito, candonos dan o certificadode realizalo (aCompostela), se nosfai unha invitaciónclara a continua-lonoso Camiño deSantiago na nosavida privada, todo unejemplo edificante

para o noso día a día, para o nosoconvivir. Máis tarde comezaremos adar acollida a tódalas xentes que quei-ran amorasar a súa particular peregri-nación. E tamén dende logo daremosinformación práctica para o Camiño deSantiago, porque o Camiño non só sefai en Ano Santo senón que calqueraano; nesta información iremos desgra-nando o Camiño de Santiago no seupaso por Galicia nun coleccionable cocal poderás facer a túa propia Guía doCamiño de Santiago.

Ultreia…

José Luís Garza

Page 12: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

12 O Noso Lar

Santiago deEstraxiz

No recorrido xeográfico que imos facendopolas vintecatro parroquias que compoñen oconcello de Samos parámonos, nesta ocasión,en Santiago de Estraxiz, tamén a beira docamiño francés.

Constituén a parroquia dous núcleos poboa-cionais: Sivil e Estraxiz.

Sivil foi parroquia independente, con Igrexapropia baixo a advocación de Santa Mariña. Noséculo XVIII deixou de ser parroquia e inte-grouse na de Reiriz. Máis tarde, no ano 1891,coa reodenación parroquial que levou a cabo oBispo Aguirre, Sivil incorporouse a Estraxiz.

A parroquia de Estraxiz conta na actualidadecon 72 habitantes dos que 7 viven nas dúascasas que hai en Sivil, e os restantes nas 22casas habitadas de Estraxiz.

O templo parroquial, que se encontra na cimado pobo de Estraxiz está adicado a Santiago.Sería esta unha das primeiras parroquias queescolleron a Santiago Apóstolo por titular,segundo nos afirman os abundantes documen-

tos antigos que fan referencia a Estraxiz. Foi untemplo primitivamente románico pero no ano1653 caeu, tendo que ser reconstruído de novo.O campanario é de comenzos do século XX.Posúe unha nave única que está cuberta depizarra, sobre armazón de madeira a dúasvertentes. Está restaurada desde o ano 2001.

Celébrase a festa parroquial o día 25 dexullo.

Referido o nome de "Estraxiz" cabe dicir queaparece citado nos documentos do Mosteiro deSamos como "Villa Astragis" ou "Santi IacobiStragis". Procedería dun antropónimo gótico"Astragis"

Como datos curiosos dicir que entre o ano1990 e o 2003, houbo oito bautizos e vintenovedefuncións na parroquia de Estraxiz.

Manuel Otero

parroquias• •

Muiños de vento que extraen auga paraabastecer a parroquia de Estraxiz

Page 13: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

13 O Noso Lar

pastoral• •

¿Qué fas nesepequeno recuncho?

¿Qué fas nese pequeno recunchoonde os ceos e a terra se bican?¿Quen chamou á túa porta unha noitee cambiou para sempre a túa vida?

¿Por que vendes poder ter un pazoonde rico pudieses fardar?,¿por que vendes ter unha casiñaonde pobre pudieses gozar?

Camiñando ti fa-lo camiño,entre tebras e luz avanzando,do Señor pola man paseniñoe a frescura da fe estrenando.

Non hai mozo nin moza que agarde,non hai bico que acenda os teus beizospero hai outro AMOR que te invade,que te cobre coas ás no teu leito.

Non terás outros gromos que alonguen,máis alá os teus días na terra,pois ti moras noutro horizonteonde xeras con Deus vida eterna.

Non hai neno que chore na noitee que vaia espertar a seus paispero hai un meniño que laiaé o home que sofre sen PAN.

Non hai nena que esperte co día, seus olliños non topan cos teus, a ti espértate outra sinfoníaque te encara cos ollos de Deus.

Cando avíste-las terras desertase non véxa-los signos da VIDA,ergue os ollos ó Pai que te coida,pide a berros a luz que te guíe.

Ti non sentes na area, pois queima,ti non durmas na noite que xea,ti avanza ata vére-la fonte,onde augas máis frescas te esperan.

Non hai neto que peine as túas canas,nin contemple as túas engurraspero hai outras MANS e outros OLLOS,que na túa febleza te axudan.

Cando as forzas che vaian faltandoe despidas algunhas tarefas,fai entrega ó Señor dos teus anos,bota a andar da súa man, se valente.

Josefa

Page 14: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

14 O Noso Lar

De Samos a Gandíaconvivir compartindo

Coma sempre, coa finalidade de convivircompartindo aquilo que somos e temos, derompermos coa monotonía que leva consigo apermanencia, ó longo do ano, no mesmo lugar, devivirmos uns días nun clima diferente, que paranós adianta a primavera, é polo que se celebrau,un ano máis, as Vacacións-Convivencia cosnosos maiores.

Como xa é coñecido, pola gran maioría, o lugarelexido para este ano, foi Gandía (Valencia), nadata do 15 ó 24 de abril.

A nosa saída de Samos foi o citado día 15, polamañá, facendo a nosa primeira parada enAstorga, momento utilizado, en liberdade, porcada quen. A maioría visitamos, se ben, moi deprésa, o núcleo monumental da cidade.

Despois de xantar en Arévalo, e de camiño aOcaña, onde íamos durmir, fixemos parada enAranjuez, alí non puidemos visita-lo Pazo Real,nin a Casita del Labrador, por mor das obras derestauración, sí accedemos ó interior da capeliñaneoclásica de S. Antonio.

Percorrémo-los xardíns. Admirámo-la súabeleza, aínda que non se atopaban coidados,

pois as obras de restauración, abarcaban todo oconxunto. Cando nos sexa posible volveremos.

Dospois dunha noite de grata convivencia e unaxeitado descanso en Ocaña, saímos, de maña-ciña para Cuenca. Como é obrigado e, ademaisgratificante, visitamos esta pequena pero fermosacidade, asentada sobre a plataforma rochosa,que, ó longo do tempo, foron construíndo os ríos:Júcar e Huécar. ¡Espectacular beleza e fondahistoria!. Chegamos á parte máis alta do cascoantigo, onde visitamo-lo seu monumento máisimportante e máis antigo, a súa catedral.

Despois dun típico e abundante xantar,compartido nun clima de amistade, tomamosrumbo a Gandía, onde chegamos á última horada tarde, como estaba proxectado.

Ó longo dos sete días seguintes, montámo-la"nosa tenda" no Hotel Bayren, onde nin as súasgrandes dimensións,nin as súas confortablesestancias, nin a movida doutros grupos, que poralí pasaban, en ningún momento foron obstáculopara non nos sentir coma na nosa casa, na nosafamilia. Era tan grande o local coma a nosa liber-dade para pasalo ben.

Da man do bo tempo, disfrutamos da praia ouda brisa do mar desde o dilatado paseo marítimoou incluso desde a habitación do hotel.

Desde esta nosa casa, saiamos, cada tarde, avisitar lugares considerados de interés. Asíchegamos ata:

A Albufera de Valencia, o Parque Natural.Percorremos grandes extensión de campos dearroz , ata o xantar coa típica paella en Romaní.Visitámo-la cidade de Cullera. Agradecemo-lacompañía e a orientación, que neste día nosproporcionaron Enrique e Tere, irmáns de AdelaArias. Visitamos, ademais, en tardes sucesivas,as cidades de: Denia, Xabia, Xátiva... todas elasde gran beleza e algunhas de grande cargahistórica.

actividades• •

Page 15: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

15 O Noso Lar

actividades• •

Unha viaxe para a lembranzaUnha excursión sempre ha de estar pensada e

proxectada para pasalo ben; para que os seuscompoñentes sexan felices durante a duración damesma. E a verdade é que ó promotor e organizador,don Miguel, saíulle todo á perfección.Como este espacio témolo limitado, teremos que

deixar de narrar algunhas vivencias e limitarnos aaquelas que máis encheron a nosa vida neses dezdías de convivencia. Cando saímos de Sarria, a miñaesposa e máis eu só coñeciamos a tres ou catropersoas das corenta da viaxe. Cando regresamos,todos amigos. A primeira experiencia agradable foiconvivir con persoas do mundo rural, ó que un ten oorgullo de pertencer: sinxeleza e humildade son sinó-nimos de persoas acolledoras. Outro detalle obser-vado foi comprobar -dentro do humor reinante- apuntualidade, o respecto e a orde en tódolos actos:comidas, eucaristías, visitas a vilas ou centros deinterese cultural ou turístico. Non debemos tampoucopasar por alto o amor fraterno vivido nas eucaristías,compartindo o pan da vida e da fe cunha entregadesbordante de todo o grupo. Hoxe en día estasexcursións, sexan de xoves ou maiores, xa non seven. ¡Que marabilloso é ter un momento de agrade-cemento ó noso Pai Deus enmedio do noso merecidodescanso! Nestes casos o tempo chega para todo se

é distribuído con orde e anticipación. A nosa alma,igual có noso corpo, tamén necesita repouso, silen-cio, encontro.Non falaremos de lugares específicos visitados

porque nos sairiamos do espacio limitado; nonobstante, tanto Manoli coma min viñemos encanta-dos de coñecer esa fermosa costa do litoral valen-ciano, unha das zonas que non coñeciamos.Lembramos con cariño o recibimento que nos fixeronno Seminario de Valencia (Moncada) e os amigos deOcaña onde “pernoctamos” á ida e á volta. O depernoctar vai entre comiñas porque alí pola noitehabía galos electrónicos, fantasmas nocturnas queroubaban as sabas ¡e ata os colchóns!, todo, claroestá, nunha ben entendida forma de divertirse eanimación, que todo cabe e todo se agradece nasvintecatro horas do día onde tan só temos que obser-var, comer e durmir. Recordamos tamén a “mesaxiratoria” do hotel, algo novo para nós, un moblemultiusos capaz de servi-los alimentos ou os servi-cios sen que un se desprazase do asento.Un abrazo para todos, no que van incluídos o

conductor Luis, o médico Juan e a axudanta univer-sal María José. Gracias, Miguel, pola oportunidadeque nos deches.

Suso e Manoli

Adicamos un día a visitar Valencia; perco-rrendo a súa horta, chegamos ata Moncada, ondevisitámo-lo Seminario Maior, logo a Cidade dasCiecias e das Artes. Fixemos, en autobús, opaseo do Turia e visitámo-lo casco antigo dacidade: A catedral, Nosa Sra dos Desamparados,as prazas, a lonxa...

E, como era de esperar, non poderiamos sairde Gandía sen visitármo-la zona Histórica eDucal, onde a Antiga Universidae, o Pazo Ducal,a... o Paseo das Xermanías... nos remiten aépocas e feitos históricos salientables.

De regreso xa á nosa terra, visitamos Requenae alí as bodegas de cava TORRE ORIA. Despoisdun típico e fraternal xantar, partimos para Ocaña,onde pasariámo-la noite. Non sei se por se-laúltima ou porque o humor, non só non se acabara,senon que viña medrado; de seguro que, polomenos, ata que volvamos á próxima, a moitos nonnos esquecerá.

Esperamos que a Fundación siga organizandoesta actividade e, mentres, agradecemos ós queanimando a nosa fe e mirando pola nosa saúdefan posible que non nos esquecemos de rir senónó contrario.

Agradecemos, tamén a todos e a cada undos/as participantes, toda a súa aportación. Seneles/as, a convivencia non sería posible.

Ata o próximo ano.Josefa

Page 16: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

16 O Noso Lar

Entroido 2004Un ano máis, a Fundación “O Noso Lar” de

Lousada (Samos) participou no “Entroido na rúa2004” de Sarria, Monforte e Samos, respectiva-mente. Levou á súa particular visión de “Le MoulinRouge”. Este é o resultado de meses de traballo,xa que os preparativos comezan alá polo mes desetembro, momento no que as cabezas pensantesempezan a matinar o tema.

No mes de novembro do 2003 chegaron osprimeiros avisos para participar en tal evento.

Decembro comeza cos primeiros ensaios dasposibles coreografías que sairán á rúa, son posi-bles porque co paso do tempo van variando,dependendo das actitudes e adiantos dos/as parti-cipantes, do tempo que se dispón para desfilar, docansazo que poden producir, etc., etc. Este anoestes ensaios realizáronse en Sarria, os venrespola noite, o que facilitou a presenza das persoasque, coma min, vivimos nesta vila. A chegada doNadal supuxo un breve descanso, un coller forzaspara coller pulos para a chegada de todos ospreparativos.

O comezo de ano trae consigo o primeiro máisdesexado, as teas para cortar e realizar os traxes.

O primeiro sábado que subimos ata Lousada,parece todo imposible, aparecan os comentariostipo: Eu non sei coser! Non sei cómo se fai. Porfavor, explícame como é, etc.,etc. Grazas ápaciencia das nosas cortadoras e á contribuciónque cada un vai dando, segundo se van vendo ostraxes ganduxados, chegamos ao resultado finalque, normalmente sempre é mellor do esperadonun primeiro momento.

Os talleres van collendo forma sen esquecer obaile. Así o tempo de preparación repárteseentre venres e sábado, principalmente. Venres,baile, e sábados confección de carroza, comple-mentos da mesma e dos traxes, opinións sobrea maquillaxe, traxes... Neste apartado non pode-mos esquecer que, algunhas persoas non sótraballan estes días, xa que son as encargadasde buscar, mercar e preparar todo o necesariopara traballar as fins de semana.

Deste xeito chegamos á recta final. Segundovai avanzando o tempo, van en aumento osnervos polo temor de non chegar a tempo.Moitas persoas pasan moito tempo ao longo dasemana traballando para que todo chegue a bofin. O clímax chega coa última semana.Aparecen as présas, xa non é posible o relaxa-mento, toca ensaio xeral no pavillón. Por fin!,coincidimos todos os participantes. Toca bailar,bailar e bailar. De súpeto, óese un ruído entre amúsica, saimos todos para fóra e, entre luscoaparece o tractor e a carroza terminada. É omomento dos aplausos e das normas para o díaseguinte.

Durante a mañá do domingo vaise sucedendo achegada de caras adormecidas que se van despe-xando segundo transcorre o tempo. Parece que amaquillaxe vai facendo efecto. É o día da grancolaboración, cada un vai facendo o que pode,

actividades• •

Page 17: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

17 O Noso Lar

actividades• •

maquillaxe, peiteados, retoques na carroza,encargos de comida, café..., así ata que soa ochifre. Toca formación para saír. O motor comezaa ruxir. O tempo rematou. É o momento de mostraro resultado, do noso divertimento e do dos espec-tadores. A xornada chega ao seu fin.

O martes do Entroido é un día taméncompleto, xa que se repite o proceso para partici-par ao desfile de Monforte de Lemos e despoiscontinuar, pola noite, cansos do longo percorrido.

Este ano, 2004, o colofón final foi o convite quetivo a Fundación “O Noso Lar” con todos os parti-cipantes que acudimos a Samos, no Hostal AVeiga. Detalle que agradecemos todos, xa nonunicamente pola comida senón que por podersentarnos e entrar un pouco en calor, porque esteano facía moito frío.

Estas festas teñen máis ca o valor de diverti-mento. A palabra Entroido procede do étimo latino“INTROITUS” que significa “introducción” porquese trata dunha festa previa á Coresma. O mesmoque a palabra castelá “carnaval”, documentadamáis tarde, e que significa “adeus a carne”.Ademais do significado etimolóxico ten outro moiimportante que destaca nos preparativos realiza-dos por esta Fundación. Neste caso, Entroidoquere dicir convivencia, compartir, xa que tanto osdías nos que imos bailar como os que imos á séda Fundación en Lousada o que realmente se faié convivir unhas horas con persoas de diferentesidades compartindo os saberes de cada un para

chegar o resultado final. Para aquí non fai falta terfeito un máster, só é necesario ir disposto a pasarunha noite de venres e unha tarde de sábado que,sen darte conta pasa do día á noite. Non hai dife-renza de sexo nin de idade nin de cor, somostodos útiles e iguais. Non saben o que se perdenos participantes que por distintos motivos nonacoden aos preparativos do Entroido, xa queneste lugar o reloxo vén marcado polo Sol eporque nalgún momento chega á hora de tomar uncafé cunhas pastas.

Aproveito esta oportunidade para dar asgrazas, en nome de todos os participantes noEntroido 2004, a todas as persoas e, en especialá Fundación “O Noso Lar”, que nos axudan a levara cabo este proxecto de modo desinteresadoporque, sen elas non dariamos chegado á meta.Sendo este é o noso gran premio.

Esta breve crónica remata facendo un chama-mento para participar no “Entroido 2005” que xaestá aí.

Teresa López Rodríguez

Page 18: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

18 O Noso Lar

Aproveitamentodos castiñeirosTratar do aproveitamento dos castiñeiros serve

para coñecer aspectos da historia cotiá, da nutri-ción...

MadeiraSe as castañas son duras e ásperas de sabor,

como no caso do castiñeiro preso, aprovéitase ómáximo a súa madeira. Desde virutas ou labras,usadas como acendedallo para o lume das coci-ñas ou sequeiros, ata vigas ou trabes. Nas casastradicionais da zona podemos ver vigas centena-rias. Realmente, a do castiñeiro é unha madeiranobre de indiscutible calidade: fermosa e moiresistente. Sempre foi unha madeira moi valoradapola súa longa duración, e por iso dicíase: "o casti-ñeiro é eterno". Sacábaselle moito proveito entempos nos que non estaba tan estendido o usode ferro e cemento na construcción. Da mesmamadeira facíanse as portas das casas, as ventás,o piso e os ladreás dos carros, os malletes cosque se tecían os cestos, etc. Usouse tradicional-mente para as vigas ou trabes da casa, parapontós e táboas do piso, para facer armarios,chineiros, cadeiras, escanos, mesas e bancos,para facer arcas e arcaces... A madeira de casti-ñeiro foi tamén moi usada para traballos artísticos:esculturas, portas de igrexas, retábulos...

O castiñeiro pode alcanzar varios séculos deidade. Non entra a couza. É frecuente atoparsecun moble feito en parte de castiñeiro e en partedoutras madeiras e observar como as táboas queson de vidueiro ou piñeiro están carcomidas polacouza e as que son de castiñeiro están intactas enon teñen nin un só burato. Ademais, aínda

despois de quedar oco o tronco, por efecto deapodrecementos, conserva a capacidade de re-xeneración vexetativa, rebrotando vigorosamentetralos recepes. De tódalas árbores que hai enEuropa, o castiñeiro é a que máis anos podechegar a vivir.

Para evita-la posible confusión entre o que é amadeira de castiñeiro e de carballo hai que ter enconta que o carballo ten radio leñosos -raiasescuras- que se ven moi ben. En cambio, o casti-ñeiro é de cor máis clara e a madeira pesamenos.

AlimentaciónA castaña tamén constituíu a base da alimenta-

ción labrega. A castaña posúe unhas propieda-des nutritivas moi boas, que a converten nunalimento forte para resistir os traballos da terra.Vexamos algunhas maneiras en que se comíanas castañas:· cocidas, coa casca de fóra (mamotas, mamu-

das ou mamucas) ou sen a casca (fregacio oubrugacio); servidas coa mesma auga (caldo decastañas) ou escurridas (pero cun posible acom-pañamento de leite, ovos, carne ou algunhagraxa).· asadas, nunha tixola, nas brasas da lareira, na

prancha da cociña, no tambor (magosto).

a nosacultura• •

Page 19: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

19 O Noso Lar

a nosacultura• •

Hoxe en día a castaña contribúe economica-mente a aquelas familias que a comercializan ouque a aproveitan como alimento para o gado,fundamentalmente dos cochos.

Atendendo á calidade alimenticia da castaña,están os seguintes castiñeiros, de maior a menorcalidade:· o meiramés, que dá unhas castañas moi gran-

des;· o lugués e os berdios, que producen un tipo de

castañas moi graciosas, isto é, con bo sabor;· os rapados, tamén de moi boa calidade;· os blancos, que dan castañas algo máis peque-

nas cás de rapado;· os bravos, únicos que non enxertan.

Xa no século XVIII estaban demostradas aspropiedades nutritivas da castaña, rica sobretodo en hidratos de carbono, doados de dixerir econ ben calorías. Ten tantas vitaminas como apataca e máis cós cereais. A vitamina C,presente na castaña, é fonte de enerxía e tenefectos positivos para o cerebro.

A diferencia doutros froitos secos, a castaña tenun elevado grao de humidade e moi poucos lípi-dos e proteínas. Sen embargo, contén unha altacalidade de fécula e algúns zucres solubles, poloque, a igualdade de peso, aporta menos caloríasque outros alimentos desa clase.

Non hai que confundir froitas secas e froitossecos. As primeiras son froitas desecadas oudeshidratadas polo sol ou o aire seco, como aspasas. Conteñen case exclusivamente zucres efibra, con cantidades mínimas doutros nutrientes.Polo contrario, os froitos secos representan ungrupo de alimentos moi distintos entre si e paradixerilos mellor tómanse tostados (desta maneirarómpense os complexos lípido-proteína, favore-cendo a súa dixestión).

Os pratos feitos con castañas son completos, e,xunto cunha ensalada e froita, constitúen unhacomida capaz de saciar ó máis esixente.

Ademais, mestúranse con legumes, hortalizas ecogumelos; serven como recheo e/ou gorniciónde aves, caza e carnes... E, todo isto, sen esque-cer que é doado incluílas como base de distintospostres: castañas á crema, compota, xelados,pastel.

As castañas cocidas son boas para unha dietabranda que necesite ben calorías, pero desacon-séllanse para diabéticos e quen sufra dunhaúlcera.

Outras utilidades· Fariña de castaña, usada na repostería, pana-

dería e cociña tradicional.· Taninos de follas e cascas para o curtido e tinte

de coiros.· Valor ecolóxico: As follas do castiñeiro caen,

pudren, e fan solo, aumentando a capa de humus.Arredor do castiñeiro desenvólvense moitas espe-cies vexetais. A castaña serve de alimento amoitos animais. Das flores dos castiñeiros taménobteñen as abellas moito polen e néctar para facermel. A sombra dun castiñeiro é boa e fresca. E ossoutos de castiñeiros dan lugar a paisaxes fermo-sas que enriquecen o patrimonio natural deGalicia. ¿Canto vale unha paisaxe?· Música: En tempos antigos pegábanse dúas

castañas ós dedos e golpeábanse para facermúsica. Esta foi a forma primitiva das castañolas.De feito o nome deste instrumento deriva de“castaña”.

Manuel Varela

Page 20: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

20 O Noso Lar

¡A move-lo esqueleto!Un grupo de médicos, cardiólogos a

maior parte, pertencentes a dist intoshospitais do territorio nacional, escribironun libro desenfadado, pero con unha granbase científica, titulado Como disfrutarde la vida y vivir para contarlo. Estessabios din que envellecer é a únicamaneira de vivir moitos anos, e, como meparece realmente interesante o quecontan vouvos resumir un capítulo.

Din os médicos... que o envellecemento éun feito natural que afecta a todo o orga-nismo e que empeza a manifestarse enalgúns dos seus aspectos a partir dos¡¡30 anos!!. É un proceso moi lento, o quepermite unha boa adaptación na maioríados casos; a disminución brusca decalquera condición física ou psíquica debeatribuirse á enfermidade máis que óenvellecemento. Éste, é un proceso natu-ral, normal, pero que pode ser modificadoe agravado por outros moitos factores.

No envellecemento e as súas manifesta-cións inflúe a herencia. Hai familias delonxevos nas que moitos dos seusmembros viven moitos anos. Pero, enmaior medida, debe terse en conta ainfluencia doutros factores modificables,como son as enfermidades sufridas epresentes, así como determinados hábitostóxicos como TABACO e ALCOHOL. Parachegar a vello hai que empezar a acumu-lar saúde desde a xuventude.

Unha das limitacións máis frecuentes naspersoas maiores está na relación coaalteración dos ósos e das articulacións.Os ósos van perdendo calcio e facéndosemáis fráxiles (osteoporose), e nas articu-lacións tende a deteriorarse o cartílagoart icular, deterioro que é a base daartrose.

A osteoporose é máis frecuente nasmulleres despois da menopausia. Podeproducir dores sobre todo na columnalumbar, pero o máis temible é a propen-sión ás fracturas. A máis corrente é a frac-tura da cadeira.

saúde• •

Page 21: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

21 O Noso Lar

saúde• •

Unha das medidas máis ef icaces deprevi-la osteoporose é mediante o exerci-cio físico. Hai quen pensa que, canto máisse exercita o organismo, máis sedesgasta. Moi ó contrario, os que practi-can exercicio envellecen máis lentamente,máis tarde e en mellores condicións.

A falta de exercicio, ademais, permiteque os músculos se vaian atrofiando;como consecuencia desta artrose, apersoa séntese cansada e limita máis asúa actividade .É un auténtico círculovicioso: inactividade-atrofia, máis inactivi-dade-máis atrofia.

Temos que expresar con rotundidade queo exercicio é un dos mellores procede-mentos para vivi-la vellez con saúde.

A artrose é moi frecuente, débese ódesgaste do cartílago das articulacións eá reacción do óso. A articulación defór-mase e perde mobilidade e, en ocasións,

inflámase e provoca dor. A artrose é acausa máis frecuente de dor nas persoasde idade media e anciáns. É moi caracte-rístico que a dor da artrose se inicie cosmovementos, para despois disminuir oudesaparecer e, posteriormente, reapare-cer co cansancio da articulación . Podeafectar a varias articulacións : é moifrecuente nas mans, na columna verte-bral, especialmente na rexión do pescozoe na rexión lumbar, nas cadeiras e nosxeonllos.

Os medicamentos anti inf lamatorios eanalxésicos alivian a dor, pero non podenmodifica-la la evolución da artrose. Osexercicios suaves e a calor son recomen-dables para mellora-las molestias e previ-la atrofia dos músculos; sen embargo, oexercicio excesivo, todo exercicio queprovoque dor, non convén. A obesidadesobrecarga as articulacións da metadeinferior do corpo e favorece a aparición deartrose, polo que unha boa norma paraprevi-la artrose é manter ó longo da vida opeso normal.

Eu que son un médico de AtenciónPrimaria estou totalmente dacordo conestes "sabios" e non volo podería contarmellor do que o fan eles......

Conchita Rodríguez Fernández .- médico

Page 22: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

22 O Noso Lar

Transxénicos si, transxénicos non:a polémica está servida

O código xenético dun ser vivo é o conxunto deinstruccións que se encontran "gravadas" molecular-mente no ADN e que conteñen as características dedito ser vivo. Nos últimos anos estamos vendo comounha nova xeración de alimentos denominadosalimentos transxénicos están a ocupar cada día máisespacio nos medios de comunicación, pero ben, ¿queson os alimentos transxénicos? Consiste en modificarde xeito artificial algunha das características do códigoxenético dos vexetais ou animais que van a servir dealimento introducindo una parte de ADN procedentedoutro ser vivo, que contén unha serie de instrucciónspara darlle unhas características mellores a ditoalimento.

O primeiro que temos que dicir a carón do anteriore que moita xente non comprende moi ben de que setrata. Deste xeito algunhas persoas pensan que estatecnoloxía é totalmente nova e que nunca se probaraantes, non obstante isto non é certo posto que asmetodoloxías de modificación xenética emprégansedende fai moitos anos na producción de certos medi-camentos como sucede no caso da insulina.

Outro aspecto a sinalar dos transxénicos, das modi-ficacións xenéticas, inxeniería xenética e este tipo determinoloxía e que a xente ten en ocasións a tenden-cia a pensar en aberracións como becerros con trescabezas, prantas estranas ou monstruos inimaxina-bles. Nada máis lonxe da realidade posto que normal-mente os alimentos transxénicos teñen un aspecto domáis sano e normal. De feito, os alimentos transxéni-cos teñen un aspecto mellor que os que non o son.

Para seguir quitando ferro ó tema dos alimentosmodificados xenéticamente o que temos que recordartamén é que non é novo o feito de modificar as pran-tas, posto que os homes levan moitos séculos modifi-cando as plantas e os animais que emprega comoalimento, así planifícanse os cruces dos vexetais e dos

animais para producir novas estirpes de prantas ouanimais que teñan unhas características óptimas paraa producción de alimentos para as persoas. Agora,coas novas metodoloxías de modificación do ADN oque antes se facía ó longo de varias xeracións decruces hasta obter as características desexadas nosalimentos, hoxe pódese acadar dun xeito máis rápido.

Os principais alimentos transxénicos dos que pode-mos falar son o Tomate Svr, que sufriu modificaciónpara que resistira máis tempo logo da maduración, asoja transxénica, pranta na que se introduciu unhacaracterística para que resistira ós herbicidas, e taméno millo bt tranxénico no cual se introduciu unha carac-terística para que sexa resistente a un insecto (o tala-dro do millo) e tamén a un herbicida.

Unha vez sinalado isto temos que dicir que hai tantodefensores como detractores deste tipo de alimentos,e posiblemente todos teñen unha parte de razón;dunha parte os defensores dos alimentos transxénicosindican que gracias por exemplo ó millo transxénicoevítase o emprego de moitos pesticidas xa que o milloresiste ós insectos e polo tanto a producción é boa sino emprego dos venenos para o taladro. En xeral taménse argumenta que unha maior e máis duradeiraproducción de alimentos transxénicos será a chavepara eliminar a fame no terceiro mundo, e mesmointroducir características de producción de vitaminasou outros nutrientes de interes para as poblacións máisdesfavorecidas. Asi mesmo tamén se argumenta que omedo descomunal a este tipo de alimentos por partede moitos colectivos é totalmente irracional. Estaúltima afirmación tamén a comparto eu, tal e como dedalgún xeito dixen en parágrafos anteriores.

A pesar do anterior tamén temos que expoñeralgúns dos argumentos que os detractores destosalimentos sinalan; os principais argumentos son queas consecuencias ecolóxicas de introducir prantas concaracterísticas tan específicas son imprevisibles a

hixienealimentaria• •

Page 23: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

23 O Noso Lar

hixienealimentaria• •

alimentaria.

2· Tamén agora debe de indicarse a presencia decalquera ingrediente transxénico, aínda que non sexaa base principal do alimento, por exemplo aromas ouaditivos elaborados a partir dun organismo modificadoxenéticamente.

3· Establécese un umbral dapresencia accidental de transxénicos,dado que estos poden contaminar acadea alimentaria (por exemplopresencia de millo transxénico encampos próximos os de millo nontransxénico) sendo este umbral do0,9% agás no caso de transxénicosque conten coa aceptación por partedo comité científico, pero aínda nonforan aprobados pola Unión Europeapara os cales o umbral é do 0,5%.

4· Por último debemos sinalar quetamén se regulan os pensos paraanimais, ainda que os productos desegunda ou terceira xeración (porexemplo o leite, a carne ou os ovos)que proveñan de gando alimentadocon penso transxénico non teñen queindicar nada.

Desde logo a presencia desta infor-mación da máis seguridade, garantía

e sobre todo libertade para elixir por parte dos consu-midores, (incluídos os gandeiros que compran pensopara os animais, e que pode ser que sexa un dosproductos en donde se vaia a empregar máis este tipode ingrediente). De calqueira manera debemos de teren conta que o etiquetado non se trata dunha adver-tencia senón de unha información adicional e necesa-ria.

É difícil de evaluar o que nos vai a deparar o futuroen relación ós alimentos transxénicos, pero eu creoque van a ser un tipo de producto máis que vai a convi-vir cos outros tipos de alimentos, posiblemente non sevan a impoñer como única clase de alimentos perocase seguro que terá a súa importante cuota deconsumo.

Carlos M. Franco

longo prazo. Tamén se argumenta que ademais dascaracterísticas que se coñecen pódense produciroutras proteínas ou productos capaces de causar aler-xias ó consumidor. Finalmente outro grupo de opiniónsvan polo camiño de que non vai a ser unha soluciónpara a fame no terceiro mundo senón que vai a facerdepender máis, se cabe, ós paises pobresdas multinacionais que producen as semi-llas dos transxénicos.

Penso que se somos sensatos debe-mos ter en conta amba-las dúas posturas,pois ó meu xuízo, os detractores dosalimentos transxénicos demonizaron enmoitas ocasións sen demasiada lóxicaestes alimentos, se ben non debemos deperder de vista as consideracións de quensinala que os alimentos modificadosxenéticamente non serán a panacea nofuturo próximo, senón máis ben unhafonte de novos problemas.

No que o gran público está de acordo ésen dúbida no feito de que debe de existirunha normativa clara no referente oetiquetado dos alimentos que conteñanproductos modificados xenéticamente.Hasta non fai moito a falta dunha norma-tiva axeitada (a que tíñamos hasta esteano databa de 1997 e tiña moitas lagoas)non supoñía senón unha fonte de problemas paratodos, pero desde o 18 de abril deste ano entraron envigor dous regulamentos Europeos que veñen a corre-xir este oco na lexislación.

Estas novas regulacións europeas contemplanalgúns aspectos novidosos con respecto á anteriorlexislación, como son os seguintes:

1· A rastreabilidade ou seguimento, en virtude docual é obrigatoria a transferencia de información sobreo transxénico e os seus derivados en cada entrega doproducto ó longo de toda a cadea alimentaria. Taméndeben de etiquetarse tódolos alimentos que procedande organismos transxénicos, aínda cando o productofinal non conteña ADN ou proteínas orixinadas polamodificación xenética. Esto último xustifica a transfe-rencia da información do eslabón anterior da cadea

Page 24: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

24 O Noso Lar

Normas de seguridade para oemprego de productos fitosanitarios

O modelo de agricultura que temos hoxe en día(moi intensivo), lévanos a facer un uso importantede productos fitosanitarios (herbicidas, insectici-das, funxicidas ,etc). Agora non sachamos o milloe as patacas para mata-las malas herbas, agora oque facemos é aplicar un herbicida que mate asmalas herbas e respete o millo e as patacas.Todas estas sustancias químicas protexen ós culti-vos contra pragas e enfermidades; pero a maioríadelas son tóxicas ou moi tóxicas para o home epara o resto da fauna ( paxaros, peixes, etc ) eademáis deixan un residuo, que en cantidadesimportantes contamina a zona onde os aplicamos.

Polo tanto a hora de aplicar productos fitosani-tarios debemos ter en conta unha serie de conse-llos moi importantes. Ímos dividir estes consellosen dous apartados :

Compra, transporte e almacenamento dos produc-tos fitosanitarios· A compra destes productos debe facerse en

establecementos autorizados.· Os productos deben ter un número de rexistro e

vir en envases orixinais, precintados e etiquetados(non comprar productos a granel).· Non transportaremos estes productos mestura-

dos con bolsas de comida ou bebida.· Almacenaremos estes productos, xunto coa

maquinaria para aplicalos, en locais destinados aeste fin.· Sempre telos separados de alimentos, de

pensos e fora do alcance dos nenos e animais.

Aplicación dos productos fitosanitarios· Antes de comenzar a aplicar un producto fitosa-

nitario debemos ler moi ben a etiqueta, xa que elaindicaranos :· En que cultivo o debemos empregar.· Que tipo de praga controla.

· Que dose de producto é a recomendable (nonbotar nin máis nin menos do que nos indican).· Que toxicidade ten o producto (se é moi tóxico

ou pouco tóxico).· O prazo de seguridade (canto tempo debe

pasar dende que o botamos ata come-lo froito).1· Cando abrímo-los envases e manipulámo-lo

producto facelo en sitios ventilados ou o aire libre.2· Para realiza-las aplicacións empregar traxe

ou funda, luvas, máscara, gafas, botas, etc. É moiimportante para non intoxicarse.

3· Non realiza-los tratamentos cando fai moitovento e nunca en contra do vento.

4· Non comer, beber ou fumar durante o trata-mento.

5· Non soprar nas boquillas atascadas,desatascalas con auga e un cepillo.

6· Lava-la maquinaria de aplicación e os útilesde preparación, pero esa auga de aclarado nontirala a rios, regatos ou presas (bótase nos bordesdo cultivo).

7· O aplicador debe lavarse ben despois duntratamento, e lava-la roupa empregada nunhalavadora aparte.

8· Os envases baleiros deben enxaguarse edepositalos nun lugar seguro e non contaminante(as cooperativas debían de ter uns contenedoresespeciais para poder depositar estes envases tanperigosos, pero nin a Xunta nin elas dan unhasolución).

Todos estes consellos poden parecer desentido común, pero estou seguro de que máis dametade deles non os temos en conta ou non llesfacemos caso. Pero témonos que dar de contaque estamos a traballar con productos tóxicos,inflamables, corrosivos, etc ; e que o seu mal usopódenos deixar secuelas para toda a vida ouprovocar a morte nosa e a de quen está o nosocarón (persoas ou animais).

Oscar López González

agricultura emedio ambiente• •

Page 25: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

25 O Noso Lar

experiencias• •

¡Graciñas!Benqueridos amigos:Se temos o corazón aberto para deixarnos

sorprender e ensinar polos distintos acontecemen-tos que a conforman, a vida é un continuo enrique-cemento. Seino pola experiencia de outros que,antes que min, andaron os camiños da vida, e seinopor min, que tamén nos meus 23 anos de existenciarecibín sobradas probas de cómo tódalas experien-cias ó final ou no fondo nos axudan a medrar.

Sendo esto certo, tamén o é que, neste camiñoda vida, hai momentos especialmente significativose importantes polo que nos transmiten e aportan.Dende que, fai case 6 anos, comecei a miña forma-ción de cara ó sacerdocio no Seminario, foronmoitas as persoas, os grupos... que deixaron en minunha profunda marca, por tratase de encontros evivencias decisivos para o futuro persoal e comuni-tario. Así tamén contemplo este curso de experien-cia pastoral, no que veño de comparti-la vida e o quefacer misioneiro nas parroquias da Unidade deAcción Pastoral Samos - Lousada.

De momento, non acerto a comprender total-mente o que me aportará para a vida o vivido aquí,en Lousada e en todas estas queridas parroquias,cada fin de semana dende o mes de novembro. Contodo, hai algunhas cousas que gardo con agarimono corazón, que foron verdadeiros regalos para amiña vida e que ben merecen agora da miña pala-bra un forte ¡graciñas!:

Graciñas a Deus Pai, de quen procede todo oque vivimos a cotío, e que transforma tódalascousas para que en todas o descubramos a El e detodas aprendamos.

Graciñas ó equipo pastoral de Lousada, a D.Miguel e a D. Manolo, a Saladina, a Josefa, a Inés,a Ángeles... e a tódolos que me acollestes conilusión cando cheguei. Eu comezaba algo novidoso:

parroquias rurais, moita xente nova que coñecer...O voso testemuño de misión e vida compartida, deagarimoso coidado cara os maiores que estiveronna casa de acollida, de "servicio á xente da nosaterra", de apoio, de alegría, de esperanza nesta horada historia... son tesouro apreciado para min.

Graciñas a todos vós, os veciños de todas asparroquias, novos e maiores, con quen me atopeicada domingo nas celebracións, nas vosas casas,en Lousada... Graciñas a tódolos que tiven ocasiónde coñecer neste curso estando entre vós (penso noNadal, no Antroido...). Os encontros unen e deixanpegada. Gardo no corazón o voso sorriso (tamén ásveces a vosa queixa ou o voso pranto), a vosailusión por vivir, por festexar, por estar preto cando épreciso, a vosa esperanza aínda que os tempos noninviten a elo. Xuntos estamos chamados a facer-mos, paseniño e cada día, desta terra un fogar edestes tempos, tempos mellores.

Graciñas, moitas gracias. Deste convivir, estar,ver, axudar, visitar, celebrar... voume fortalecido, conmoito aprendido, con moito por aprender e condesexos de seguir camiñando cara o sacerdocio.

Descoñezo cal será o meu destino de experien-cia pastoral para o próximo curso. Depende demoitos factores e de moita reflexión. Ademais,mentres un está en período de formación (xa para oano no último curso de estudios eclesiásticos, 6º),vive aberto ó que os responsables diocesanos vansuxerindo como actividades, destinos... A súa pers-pectiva é máis ampla e de maior experiencia. Sexao que sexa e onde sexa, agárdoo con ilusión. E serepito outro curso entre vós, será unha nova oportu-nidade para medrar no amor ós irmáns, na fe e navocación.

Ata pronto.David Varela

Page 26: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

S U B S C R I C I Ó N C O L A B O R A D O R

Festa en homenaxe ós nosos maiores: unha celebración gozosa, entrañable e solidaria;as vacacións−convivencia para maiores: merecida recompensa tras unha vida de traballo;

casa de acollida temporal: onde os anciáns teñen un fogar,catro libros con aportacións á historia de Samos desde a nosa cultura,

o presente boletín semestral...Nestas e outras actividades vaise concretando o lema da Fundación O Noso Lar:

Ó servicio da xente da nosa terra. Se queres recibi−los sucesivos números deste boletín, envía á Fundación O Noso Lar,

San Román de Lousada, 27620 Samos, Lugo, os teus datos (nome e enderezo)

Nome e apelidos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

NIF . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Rúa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Piso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Porta . . . . . . . . . . . . . . . . . . Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..

Localidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Teléfono . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

IMPORTE

12 Euros

30 Euros

60 Euros

Outros ...................... Euros

PERIODICIDADE

Mensual

Trimestral

Semestral

Anual

Única

FORMA DE PAGO

Domiciliación bancaria

Talón bancario a nome de:Fundación O Noso Lar

Xiro postal

CONTAS PARA DONATIVOS A TRAVÉS DE INGRESOS E TRANSFERENCIAS

Banco Pastor - Samos. 0072 - 0247 - 92 - 0000200484

D O M I C I L I A C I Ó N B A N C A R I A

Titular da conta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Banco ou Caixa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Direccion bancaria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Poboación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

CÓDIGO CONTA CLIENTE

Código entidade Código oficina D. C. Número de conta

Periodicidade ................................................. Importe .....................................................

Firma do titular

Se ademais desexas colaborar economicamente cos fins da Fundación O Noso Lar, envíanos tamén os seguintes datos:

Page 27: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o

O mellor marco para a celebración daFesta de Convivencia cos nosos maiores, querecorda aquelas merendas campestres dasque conservamos algunha imaxe en branco enegro onde aparecen sorrintes familiares eveciños en torno ó mantel de cadros.

O espíritu que anima esta festa é o daunión de todos os parroquianos do municipiode Samos, independentemente da súa idade.

O ano pasado tiven oportunidade de parti-cipar e sentín que era diferente a moitasoutras xuntanzas que se celebran tamén nasdatas de verán.

Esa diferencia fai que todos desexemosque a Festa de Convivencia cos nosos maio-res teña unha vida moi, moi longa.

Matilde Arrizado

Page 28: O Noso Lar · 7 O Noso Lar ••voluntariado 1. Ama o traballo e vive en actitude de servicio e de compromiso. 2. Móveo a fe, o compromiso cívico e a solidariedade. 3. Presta o