O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en...

24

Transcript of O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en...

Page 1: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,
Page 2: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

SumarioPresentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 1

Persoeiros

Fiz Vergara Vilariño,máis alá das fronteiras xeográficas . . . . 2

O Lema

Os maiores, tesouro que coidar . . . . . . . 3

Opinión

Solidarios . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 4

Arte

As pías bautismais: unha sagradaherdanza digna de venerar. . . . . . . . . . .6

Actividades

De vacacións en Alicante . . . . . . . . . . . . 8Antroido dende un punto de vista diferente ó habitual . . . . . . . . . . . . . . . 11Alicia ¿no país das marabillas? . . . . . . 10Os reises da Fundación . . . . . . . . . . . . 12

Saúde

Normas para unha alimentación saudable 13

Experiencias

¿Onde vives? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 14Graciñas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 15

Tradición Oral

Os brindadores, homes doutro tempo . . 16

A nosa historia

Os ardentes da historia . . . . . . . . . . . . 17

Agricultura e medio ambiente

Coidémo−la nosa terra . . . . . . . . . . . . . 18

Cartas . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 19

Boletín de suscripción . . . . . . . . . . . . . . . . .20

Edita:Fundación O Noso LarSan Román de Lousada27620 SAMOS – LugoTel.- Fax : 982 187004

Director: Miguel Gómez Vázquez

Consello de redación:Saladina Diéguez VillaravizJulio Fernández DovalManuel VarelaAmparo Páramo VázquezMiguel Gómez Vázquez

Colaboradores:Jaime Delgado GómezAntoine PasseratAdela Arias ConejoOscar LópezMiguel SanpedroJosé Luis GarzaInés Pérez de la CruzXulio Pérez PereirasAlba M. Alvarez VergaraConcepción RodríguezFdez.

Depósito Legal:LU-229-01

ISSN:En trámite

Maqueta e Imprime:GRAFIC-LUGO, S.L.

Page 3: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

1O Noso Lar

Benvido o Boletín daFundación O Noso Lar. Acaba denacer. É froito de imaxinación, decreatividade, de dinamismo e dearriscado esforzo. Recibímolo congozo e acollémolo con gratitude.Temos que axudar a coidalo paraque sexa capaz de supera−los sem−pre perigosos primeiros momentosda súa existencia e logo, paseniña−mente, vaia medrando. Penso quemerece a pena.

Este Boletín nace para sercanle de comunicación entre tóda−las parroquias do Concello deSamos. Nel atoparanse as activida−des relixiosas, culturais e caritativo−sociais de toda a zona, especial−

mente aquelas que se realizan a tra−vés da Fundación O Noso Lar e a Asociación Mundaveiga.

Quere ser, tamén, un sinxelo instrumento de formación. Nas súaspáxinas poderemos ler breves artigos que exponen os valores humanose cristianos ˘moitos descoñecidos e outros esquecidos˘ dos que hoxen−día tan necesitados estamos.

Axudará, asímesmo, a coñecer e valorar as moitas e preciadasriquezas culturais das parroquias. Este coñecemento suscitará a preocu−pación e o interese por conservalas coma unha rica herdanza dos nososantergos.

A miña afervoada noraboa, o meu recoñecemento e alento a D.Miguel Gómez. Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica−ción deste primeiro número. E de aquí en adiante, baixo a súa direccióne coordinación, irán aparecendo, cunha certa regularidade, númerossucesivos. Esperámolos con ilusión.

presentación

Page 4: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

2O Noso Lar

en resumen

persoeiros• •

Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara, peronon só do poeta senón tamén do escritor; non debemos esquecerque Fiz non se adicou exclusivamente ós versos, pois tamén contri-buiu co seu gran de area na prosa.

Sen dúbida, foi moi importante a súa laboura no eido da poe-sía deixándonos seis libros publicados e un de edición póstuma,aparte das publicacións en revistas e periódicos e toda a obra inédi-ta.Dentro das súas publicacións están:

Para vós (1971)Encontro cos tiburós (1973)Orfo de ti en terra adentro (1976)Poeta muiñeiro á deriva (1982)Nos eidos da bremanza (1990)Pastora de sorrisos (1993)Animal sen fel (1988)

Pero, ¿que hai detrás de todos estes versos e estrofas?. Porsuposto, un gran sentimento.

A min gustaríame ir máis alá do significado das palabras en si,e recalcar que Fiz foi quen de levar a Lóuzara fóra das súas frontei-ras xeográficas. A toponimia desta terra quedou, queda e quedaráreflexada nos seus versos, e así lugares como a Fonte da Cova, asvaligotas, a Pena da Cabra, Airapadrón e o vello muíño enfariñadodarán a volta ó mundo e por un momento entrarán na cabeza da per-soa que as estea lendo e farán que a nosa cultura, a nosa forma devivir e os nosos costumes se coñezan máis alá de onde xurdiron ese desenrolaron. En fin, todas esas palabras contribuirán ó enrique-cemento da nosa historia.

Gracias Fiz por facernos ver a Lóuzara tal como étal como ti a describes.

Alba M. Álvarez Vergara

Fiz Vergara Vilariño,máis alás das fronteiras xeográficas

Page 5: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

O Lema• •

3O Noso Lar

Os maiores:Tesouro que coidar

En realidade, a sociedade considera “divi-no tesouro” á xuventude. No lema para a festapopular-campestre de convivencia cos nososmaiores tamén se quere facer referencia ó tesou-ro que son os vellos.

Para as familias novas, os vellos son untesouro porque, coa súa prudencia, poden contri-buír a suavizar conflictos, a poñer serenidade nasinevitables asperezas da vida familiar. Ademais,os avós soen ser cos seus netos mellores educa-dores do que foron cos seuspropios fillos. En efecto,saben corrixir erros pasados.E por suposto, a riqueza dosavós non está só no mera-mente educativo, senóntamén no amor que dan.

Os vellos tamén son untesouro para as parroquias,entre outras cousas, poloexemplo que dan de respec-to á divindade, ós lugaressagrados e ás persoas con-sagradas. O respecto poloslugares sacros débese ó feitode concreta-lo trascendentenunhas construccións quecase forman parte da persoa.Daí que proliferen igrexas,capelas, ermidas, cruceiros. Todo isto é unhariqueza de incalculable valor, froito da culturacristiá que se vén transmitindo ó longo dos sécu-los.

Para os maiores, o sacerdote é un axenteprivilexiado da sacralidade. E a boa considera-ción que teñen polos relixiosos e relixiosas radicano feito de ve-lo que fan, ó seu carón, nesta zonade Samos.

Os anciáns son un tesouro para a socieda-de en xeral. A mocidade, cando actúa con inteli-xencia, fai que o mundo vaia cara adiante. Peroese avance non se pode facer de calquera ma-neira; para facelo ben, é mellor contar coa sabe-doría dos vellos. A axilidade mental vese afecta-da na ancianidade, pero acentúase a sabedoríapráctica, a sagacidade, ou a habilidade paratrata-las situacións de vida tendo en conta aexperiencia pasada. En fin, os vellos teñen a

sabedoría necesaria paraaxudar a guia-lo mundo.

Para que os maiorescompartan o seu tesouro, haivarias posibilidades. EnSamos estamos moi lonxe decifras como as de EE UU,onde a quinta parte dosanciáns teñen ordenadorpersoal e, deles, o 42%navega por Internet. A travésdeste medio, os maioresofrecen solucións a particula-res ou asociacións. Na nosaterra non se ten como canle arede informática. Pero si oencontro directo, cara a

cara, na vida cotiá ou a través de contactos inter-xeracionais propiciados nas actividades progra-madas pola Fundación O Noso Lar. Porque desdeesta fundación pénsase que o tesouro que repre-senta a ancianidade hai que coidalo, para quechegue ós novos e para que os maiores se esti-men a si mesmos.

Manuel Varela

Page 6: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

4O Noso Lar

en resumenOpini�n

Solidarios

Queridos amigos:

Solidarios dise das persoas que respon-den en común uns polos outros da mesma cousa,tamén das cousas que dependen unhas doutraspara o seu funcionamento.

Solidarios foron e son os que hai moitosanos fundaron O Noso Lar coa boa intención de faceralgo máis polas persoas maiores e os necesitados.

Solidarios foron tódolos veciños, quedende a Idade Media poboaron estas fermosasterras galegas dende Pedrafita ata Fisterra candoacollían ós peregrinos que viñan camiño do sepul-cro do apóstolo Santiago a Compostela.

Solidaria foi a Madre Teresa de Calcuta,que dedicou toda a súa vida ós máis necesitados.Solidario é o Padre Silva, dedicándolle a súa vida ámocidade con dificultades, primeiro en Ourense edespois espallándose por todo o mundo; é aCidade dos Muchachos.

Solidarios foron os que en Polonia, cunhaidea e unha palabra: solidariedade, loitaron poladignidade humana, con Lech Walesa ó fronte e

Papa Xoán Paulo II rezando para darlles forza atódolos polacos, que fe tiñan abondo.

Solidarios sodes vós, rapaces novos, quecada ano, con esa doce mirada limpa, con esegran corazón que tedes no voso peito, estadessempre pendentes dos maiores. Quizais algúnconto escoitastes no seu colo noutrora.

Nesta xuntanza que ano tras ano se véncelebrando por distintos currunchos desta terra deSamos, hai que facer ver que sodes solidarios entalleres e outras formas de axudar á xente que onecesita. Amigos xoves, tedes que seguir así;sendo o mellor. Sodes un exemplo para aquelesque din que o mundo é unha porcallada, que nonhai quen entenda á xuventude, sobre todo candocae no mundo da droga, onde en realidade non seentra por vontade propia.

Amigos xoves solidarios, axudades ahomes e mulleres, anciáns, avós, vellos e vellasfalando con eles, pasando uns minutos ó seucarón, dándolle-lo calor da vosa man, ou un bicode fillo, neto ou amigo. Pois ben, esas persoasmaiores fixéronvos moitos sacrificios por esta terrana que disfrutades, foron os artífices do progresodela, pero vós mellor ca min sabedes que non foidoado, nin ledo, nin levadeiro. A nosa terra viu saírmilleiros de galegos mozos e mozas cara á emi-gración. Uns triunfaron e voltaron ricos; os máisconseguiron traballo, formaron familia e aló estánfacendo patria galega e recordando o seu lar; osmenos, sen sorte, ou quedaron aló ou veñen derro-tados, sen riquezas pero sen resentimentos.

Recordade ó Pepe en Barcelona, Ramón eAntonio en Suíza, Jesús e maila súa irmá en Bilbao,

LuÌs AbadesDelegado Provincial de

Sanidade e Servicios Sociais

Page 7: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

Opinión• •

5O Noso Lar

Xan en Bélxica... Se cerráde-los ollos, nun aiXesús, facedes vosas estas frases. Os que estánfóra ou volveron xubilados foron os artífices, xuntocos que quedaron aquí, do desenvolvemento danosa terra, da creación de riqueza e do cambio donoso país.

Recordade tamén que antes as familiasestaban constituídas por unha media de 4-6irmáns; pois ben, esa xeración e as anteriores foroncreando solidariedade cos seus. Cantos dos queestades hoxe aquí de vacacións,cando vos fostes para outrasterras, ó ve-la posibilidade dunemprego, chamabades a unirmán, parente, veciño ou amigodas festas ou da mili dicíndolleque onde estabades había unhaporta aberta, que a noite estabaclarexando para el. E moitas dasveces, o voso pequeno cuarto(había que aforrar) acollía outroparente ou amigo, pero vós nonsentiades máis pequena a habi-tación, senón máis grande o vosocorazón.

Fixestes patria polo mundo, fostes solida-rios cos vosos e tamén cos demais. Os galegossempre foron apreciados onde estiveron por sersolidarios e responsables no seu traballo. Pois ben,amigos xoves solidarios que facedes este traballocoa ledicia na cara, co corazón aberto, tedes quepoñer aínda mellor esta terra. É unha terra taménaberta, con camiños novos, con teléfonos paracomunicarse que os adultos están poñendo nasvosas mans. Pero vós, que tedes máis estudioscós vosos pais e avós, podedes facer máis, sermáis solidarios.

Solidarias son as campañas da Conselleríade Sanidade e Seguridade Social “Lembrando osnosos maiores en Cuba”. A algúns que lle colleroncariño a Cuba e quedaron alí, os avatares da vidadeixounos sen nada, nada. Están nunha terra allea

rica e nobre, pero pásano moi mal: son vellos, casenon se poden valer e están sós, aínda que a comu-nicación e a solidariedade entre eles segue.

Solidarios tiñamos que ser un pouco máiscos inmigrantes, que como os nosos pais ou avósfixeron noutros tempos, buscan noutro país o tra-ballo que non hai no seu.

Solidario era Aquel que hai 2000 anosnaceu en Belén de Xudá e veu a dicirlle ó mundo

que hai que ser solidarios inclusocos inimigos, que debiamosdevolver ben por mal e que candofixeramos algo bo por alguén, se ofai a man dereita que non se entei-re a esquerda, devolvede cariñopor desprecio, que nos vososcorazóns non aniñe o odio, xa queeste é como un volcán que quei-ma o bo que hai en vós e destrúetodo.

Antes de despedirme devós cunha forte aperta nestaSantalla para min tan querida,darei as gracias ó Padre Miguel,

ós cregos e ás relixiosas, mozos emozas que o axudan; e terei un recordo para unhaamiga que nos deixou hai pouco: Pilar Peruga. Eremato dicíndovos que solidario foi un rapaz deLóuzara, pouco favorecido pola saúde física e óque Deus levou ó seu carón non hai moitos anos.Pois ben, a pesar das súas limitacións físicas,soubo describi-las belezas da súa terra: estaSantalla de Samos. Para min foi un gran amigo, cuncorazón aberto a tódolos ideais, e unha menteesperta. Fiz, dende aló reza por todos nós e paraque máis xente como o grupo do Padre Miguel, aFundación O Noso Lar, se espalle pola nosa terra.

Este texto corresponde ó Pregón da IX Festa Popular cam-pestre de convivencia cos nosos maiores,

Santalla de Loúzara, 23-VIII-1999

Page 8: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

6O Noso Lar

en resumen

arte

As pías bautismais:unha sagrada herdanza digna de venerar

Inicio este pequeno artigo expresando o meugozo por te-lo honor de colaborar neste primeironúmero do BoletÌn da FundaciÛn O Noso Lar.

E práceme igualmente o tema que o fundadorde O Noso Lar, Miguel Gómez, me pediu. Esta mate-ria, a das pías bautismais, como outras máis,apaixóname. Pero ó mesmo tempo, vendo o quevexo, sabendo o que sei e sentindo o que sinto...non poucas veces me provoca unha gran decep-ción.

A primeira fonte bautismal foi a da augacorrente

A auga corrente, sobre todo a dos ríos, foi a pri-meira fonte bautismal, e así tamén o primeiro tipode baptisterio, ou lugar onde se bautiza.

Era a auga viva da que falaba a DidajÈ, especiede primeirísimo ritual xa de finais do século I, oudos primeiros anos do século II. Chamar “augaviva” á auga corrente na que ían ser bautizados,era un nome do que moito gustaban ós primeiroscristiáns.

A auga xogou sempre o gran papel de limpar.Pero no mundo xudeu sumóuselle, ademais, o

poder ritual de ablución. Isto é, de limpeza, oupurificación interior, pero mediante o seu usoritual.

Con esta forza purificadora aplicábaa Xoán oBautista no seu bautismo de penitencia. Xesús,someténdose tamén a ese bautismo, elevouno asacramento.

Os baptisterios

Rapidamente os primeiros cristiáns comezarona bautizar nos baptisterios, que era como sechamaba o lugar onde normalmente se adminis-traba o bautismo..

Baptisterios célebres foron só aqueles peque-nos edificios exentos, inmediatos ás basílicasepiscopais. Aínda se conservan varios dos pri-meiros tempos.

Na inmensa maioría das igrexas non se puidodispoñer dese edificio exento e tiveron que situa-los nunha dependencia das basílicas e logo dasigrexas.

Este lugar xeralmente foi á esquerda da entra-da da igrexa, onde afortunadamente están moitaspías.

As pías bautismais do alto medievo

Nos primeiros séculos, o cristianismo tan sóestaba implantado nas urbes e nuns poucosnúcleos rurais.

Na nosa Galicia, só a partir do século VI, máisou menos, é cando se inicia sistematicamente acristianización dos “pagos”, ou aldeas rurais. Estelabor fíxose mediante os innumerables pequenosmosteiros, escondidos polos recunchos máis intri-cados da nosa xeografía.

Coa cristianización da nosa Galicia van xurdin-do acó e aló...as igrexas rurais. Son igrexaspequenas e pobres, tanto en técnica constructivacomo en materiais. Non podía ser doutro xeito,

Pía bautismal adicada a maceteiro

Jaime Delgado GÛmez

Page 9: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

arte• •

7O Noso Lar

pois non daba máis de si aquela Galicia romani-zada vinda a menos coa dominación suévica elogo visigótica.

Polo tanto, os baptisterios, como norma, con-vértense nunha sinxela, aínda que grande emonolítica pía bautismal. Prevaleceu nelas, casecomo norma, a forma circular e eran planas pordebaixo, ou só cun pequeno pedestal para cra-valo no chan e así poder fixalas mellor.

Estas primeiras pías bautismais pasaron porvarias etapas. Ó principio tiñan que bautizarsenelas as persoas maiores, segundo ían conver-téndose.

Entón existía na admi-nistración do Bautismo undobre rito: o da inmersión(poñéndose de pé o quese bautizaba dentro dapía con auga) e a triplainfusión (como xa só se faiagora, derramando tresveces auga sobre acabeza mentres se di: Eubautízote no nome do Pai,do Fillo e do EspíritoSanto”).

Polo tanto, sería moiincómodo face-lo bautis-mo nunha pía elevada.Daí que estivesen pousa-das no chan. Non sucedíaasí cando, cristianizado o pobo, só se bautizabaós nenos. Para unha maior comodidade foi entónnecesario elevalas un pouco mediante un peque-no pedestal engadido.

A partir dos séculos XIV-XV, o rito quedoureducido a unha tripla infusión.

Dese inicio do cristianismo xurdido no altomedievo (476-1000) son, sen dúbida, moitasdesas grandes pías circulares, totalmente lisas oucon adornos visigóticos, pero con pedestais enga-didos. Moitas destas, afortunadamente, aíndaestán en función, ocupando o seu tradicionalespacio.

Sen embargo, un considerable número delas, óimpoñérense os materiais marmóreos ou graníti-cos ben pulidos, non só foron sacadas dos seus

tradicionais espacios, senón tamén eliminadasdas igrexas, como trastes vellos e inservibles...¡Que atroz olvido da súa dignísima categoría!

Nestes cultos tempos..., triste é ver moitasdelas inxustamente condenadas pola inculpableignorancia, como unhas proscritas fóra da igrexa.Desacralizadas como fontes de vida, algunhasestán agora arrombadas, ou adicadas a mesteresdiversos, incluso domésticos. Doe que, despoisda súa xubilación, e esta sen paga, non poucasse vexan obrigadas aínda a gañarse a subsisten-cia facendo de vulgares macetas en calquerasitio que lles asignen.

Non esquezan osnosos parroquianos quenesas pías foron bauti-zados os primeiros cris-tiáns do seu pobo, e osdos séculos seguintes, eseguramente ti queestás lendo isto.

Xunto co santo titularda igrexa, polo tanto,son ámbolos dous asúnicas testemuñas his-tóricas do primeiro cris-tianismo neste pobo. Asípois, o valor destas píasé moi singular para ahistoria local e para

aclarar aínda máis a da nosa Igrexa galega.

Son un tesouro histórico que un pobo cultonunca debería esquecer. Pero, ó mesmo tempo,estas pías son tamén unha reliquia sagrada da fee da herdanza relixiosa plurisecular daquelacomunidade cristiá que nelas se bautizou. Daíque estean esixindo desa comunidade unha reli-xiosa veneración e un profundo e amoroso res-pecto.

¡Seguide respectándoas! Non permitades que,por causa de mentes obtusas, se perda ou semenosprecie un monumento litúrxico tan impor-tante e histórico.

Pía bautismal adicada agora a bebedeiro e para lavar roupa miúda

Page 10: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

• •

8O Noso Lar

en resumen

actividades

De Vacaciónsen Alicante

No ano 1988 comezaron as vacacións-convi-vencia para maiores de Samos.

Nesta 13ª edición, como nas anteriores, o quese pretende é que os participantes valoren posi-tivamente o seu pasado e que experimenten opresente como cheo de vida.Primeiro día: 22 de marzo. Saímos deSamos nun autocar conducido por Luís, amable eatento con todos.Nestes primeiros momentos, D. Miguel invitounosa agradecer ó Noso Deus a vida que nos daba epedirlle que nos protexese ós viaxeiros e taménós que quedaban na casa.Estivemos no Escorial (mosteiro e localidade).Pernoctamos na residencia Sagrados Corazones ondehoubo ánimos para botar unha partida e, xa can-sos, deitarnos a unha hora prudente.Día 23. Visitamos Albacete: a súa catedral, ocentro histórico e tamén tendas que vendían coi-telos e navallas.Xa en Alicante, aloxámonos en Campello, poboa-ción cunha estupenda praia, concretamente naresidencia dos Padres Salesianos, que era tangrande que case había a mesma distancia para irá praia que para ir ó comedor. Estabamos comona nosa casa.

Día 24. Vimos Benidorm, que asombrou polacantidade de pisos (50) dos edificios e pola can-tidade de xente de distintas procedencias e lin-guas.Día 25. Comezámo-lo día participando naEucaristía na parroquia do pobo, na mesma resi-dencia: unha igrexa moi grande e chea de flores.A continuación, os que quixeron puideron ir aunha praia moi coñecida en Alicante, a de SanJuan. E pola tarde, visita a Elche, cidade conmiles e miles de palmeiras, algo único en Europa.Estivemos no “Huerto del Cura”, Xardín ArtísticoNacional cunha curiosidade moi chamativa: a“Palmera imperial”, de 165 anos e cun tronco doque saen 8 brazos. O nome débese á emperatrizSissi de Austria. Día 26. Pasamos todo o día en Valencia. Polamañá, no casco vello: catedral, mercado, prazaredonda, lonxa, basílica de Nosa Sra. dosDesamparados e Torre das Augas. Neste últimolugar era onde se constituían tribunais popularesque resolvían conflictos entre regantes.

Despois de xantar visitámo-la Cidade dasCiencias, cuns edificios moi modernos que consi-deramos unha marabilla. Día 27. Pola mañá vimos Alicante: o porto e o“Paseo da Explanada”, un dos máis fermosos deEspaña. Pola tarde fomos a Guadalest, poboa-ción típica do interior, cunhas estradas cheas decurvas e subidas que daban máis de catro sus-tos. A localidade é pequena pero ten moitocomercio e museos curiosos. como o de “AntonioMarco”, con maquetas de casas de 70 cm de altoconstruídas con pedra, tixolos, cemento, madeira,tellas de barro cocido e a distribución interior eamoblada como unha verdadeira casa. Taménhai unha cidade-belén: un nacemento de 12 tone-ladas, ambientado a comezos do século XX, confontes, ríos, peixes, lumes, talleres con máquinasen movemento...

Visita ó Huerto del Cura en Elche

Page 11: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

actividades• •

9O Noso Lar

Polo camiño chamóuno-la atención unha locali-dade chamada Alcallosa de Sarria.Día 28. Pola mañá estivemos en Santa Pola, nasúa praia e no seu castelo. Aínda vimos outro polatarde, o de Santa Bárbara. Costounos subir ó altodeste castelo, pero desde arriba divisábase todoAlicante.Día 29. A primeira parte do día adicámolo a visi-tar Altea, antiga localidade fermosa e limpa.Desde a estrada ata a parte alta hai moitísimasescaleiras. E na última parte do día fixemos unhaqueimada con augardente do país. Foi ben can-tada, ben bailada, e acabouse manteando a D.Miguel.Día 30. Comezámo-la volta á casa. Comimos enCuenca, cidade da que vímo-la catedral, asestreitas pero acolledoras rúas e as casas col-gantes.Día 31. Visitámo-lo Val dos Caídos, onde pasa-mos un bo rato. E despois da comida, o derradei-ro tramo desta viaxe. Case nos daba pena termi-nar estes días nos que vimos tantas cousas e dis-frutamos moito.

Vida nocturna

Despois de cear, as tertulias e as partidas pro-longábanse ata ben tarde. O xogo levábasecon moita seriedade, aínda que para máis dun asnormas ían poñéndose segundo as convenien-cias do momento. Os bos xogadores, os desempre, demostraban cada día as súas habilida-des, non sempre moi legais, para sumar tantos.

Non soubemos qué clase de visitantes chega-ban de noite, pero algúns ben que notaban faltade roupa á mañá seguinte e quedaron espidiñosa pesar de cerra-la porta con chave. Algúns dosvisitantes esperaron ata a mañá cedo á porta dahabitación vestidiños coa mesma roupa que tiñanos do cuarto.

Trasnos, meigas ou non sabemos qué seres,collían o calzado dos que estaban no terceiropiso e levábanllo ó primeiro... A outros, as male-tas aparecéronlles colocadiñas xa, para marchar.Os “porcos” e “galiñas”, que ó parecer alguénlevou por se pasaba fame, deixábanse oír denoite. Alguén, ó deitarse, levouse unha boa sor-presa ó ver na súa cama outra persoa que nonrespondía ó chamala.

Durmir non se durmiu moito, pero vivíronse ex-periencias moi estrañas.

E se un durmía no autocar durante os trasla-dos, seguro que lle desaparecía algo. Estas cou-sas aparecían rapidamente, ¿onde?, a saber.Pero había en todos elegancia á hora de sobrele-va-las cousas que a cada un se lle ían presentan-do.

Como fillos agradecidos que somos de DeusNoso Pai e Señor, moitos días puidemos celebrartodos xuntos a Eucaristía.

Adela Arias Conejo

Nº DE PARTICIPANTES: 44IDADES: entre 60 e 93 anosGASTOS: 2.107.045 ptas.INGRESOS:- Participantes . . . . . . . . . . . . . . .1.680.000 ptas.- Consellería de Sanidade e

Servicios Sociais . . . . . . . . . .400.000 ptas.

Ficha Técnica

Seres nocturnos durmindo no pasillo

Page 12: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

sección 3• •

10O Noso Lar

en resumenactividades

Antroido dende un puntode vista diferente ó habitual

Existe un período curto de tempo ó longo doano; no que todos, por tradición e polas circuns-tancias do momento, ocultámonos tras dunhamáscara e dunhas pinturas na faciana.

Ó sofrir esta transformación volvémonos máisdialogantes, non temos pudor en falar coa xente aquen non coñecemos, perdemos todo tipo deperxuicios e o único que realmente nos interesa épasalo ben. Pero hai dous anos que eu des-cubrín unha forma nova de entender edisfrutar-lo Antroido e, en definitiva,entende-la vida.

A diversión non está no mero acto de disfra-cearse, mentres que si se atopa na colaboración,a amistade e o traballo compartido; (mediante ocal se elaboran os disfraces, e se atopa o camiñoreal do acercamento a outras persoas).

Ó longo de dous meses, un grupo de xente detódalas idades, estivemos traballando no nosodisfrace, este ano inspirado na película “O derra-deiro Emperador”. Había varios grupos de traba-llo, todos eles coordinados polo grupo de monito-res e pola Fundación O Noso Lar. E moitísimaxente e amigos, que puxeron o seu gran de area.Pola experiencia propia e polas charlasmantidas co grupo, a xente disfrutou

moito máis traballando que paseando odisfrace pola rúas ante uns poucos. Conesta iniciativa altruísta de acercamento á xente donoso Concello e arredores, levada a cabo polaFundación O Noso Lar durante os últimos 10anos, conseguíuse o respecto e a admiración demoitos, e incluso, a envexa doutros.

Por iso, eu quixera destacar que os premios egratificacións, si axudan, pero non son o máisimportante. O que realmente satisfai é face-lascousas ben feitas, e cumpri-los desexos doutraspersoas desinteresadamente.

Así, desexo que para o resto do ano e anosvindeiros o grupo sexa maior, porque isto axuda-ría a que poideramos seguir traballando e facen-do máis cousas.

Por último, quero agradecer a tódalas perso-as que traballaron na preparación do Antroido eós que permitiron facelo, porque sen eles non sefaría nada.

Gracias, e haberá que ir pensando no disfra-ce do ano que vén, así como no resto das activi-dades.

Ata pronto.Miguel Sampedro López

Nº DE PARTICIPANTES: 105IDADES: entre 4 e 63 anosGASTOS: 320.986 ptas.INGRESOS:- Participantes . . . . . . . .227.000 ptas.- Premio en Sarria .150.000 ptas.- Premio en Monforte . . . . . .50.000

ptas.P.D.: Con estes cartos pagouse a excursión que o día17 de maio se realizaou a Cedeira, San Andrés deTeixido e Ferrol. Queda un superávit de 40.000 ptas.para o carnaval do 2002.

Ficha Técnica

Page 13: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

actividades• •

11O Noso Lar

“Alicia,¿no país das maravillas?”

Alicia era unha pequena que vivía nun país moilonxano, na India, que un día se atopou cun pedazode pan que lle deron unhas señoriñas cun uniformebranco, con cara amable. Logo a Alicia déronlleroupa, calzado e levárona a un sitio onde aprendeucousas, moitas cousas. Alicia era feliz porque atoparaunha nova nai, chamábase irmá María. Alicia era xafeliz.

Alicia pode ser calquera pequena da India querecibiu axuda de todos nós, unha pequena que porcertas circunstancias da vida perdera ós seus pais naúltima catástrofe do seu país, unha pequena que íater algo moi importante para ela mesma: ía disfrutar dasúa infancia xunto con outros pequenos.

¡Que pouco temos que facer aquí, no mal cha-mado primeiro mundo para facer que o sorriso dunhapequena se instale na súa faciana!. Este é o exemplomáis claro dos porqués a FundaciÛn O NOSO LAR, nunmomento dado, púxose mans á obra para recadar fon-dos este ano para enviar á India. Pode pensar cal-quera que é un pouco frívolo organizar unha GalaBenéfica baseada na moda para recadar fondos ebotar así unha man naquel país asolado; pero non tennada de frívolo ver a un grupo dunhas sesenta perso-as traballar para un fin común: gbdfs!rvf!Bmjdjb!tfybgfmj{. Non é difícil pensar que a concienciación daspersoas que traballaron nesta Gala Benéfica eraplena, sabiámo-lo que estabamos a facer, dende ogrupo de rapaces que se encargaron da organiza-ción, pasando polos propios modelos ata as casasque colaboraron cedendo os seus productos. GRA-CIAS A TODOS ELES. Pero a historia non acaba eiquí;

é moi triste ver esas imaxes desgarradoras que decando en vez nos petan na nosa ialma e que, desgra-ciadamente, nos van acostumando; non, non debe deser así. A mobilización do primeiro mundo para axudara esas xentes debe de ser plena, debe de ser diaria;debemos de ser solidarios, primeiro entre nós e logocos demais, debemos de saber que o estado pleno dapersoa debe de ser face-lo ben cara ós demais. Todosfalamos moito pero á hora da verdade quedamosmudos ante certas cousas. Pensemos unha cousa:¿que sería de Alicia se non tivera a axuda dunhasmonxiñas que velan pola súa vida?. A resposta témo-la todos moi clara.

O grupo de monitores da FundaciÛn O NOSO LARseguiremos loitando polos menos favorecidos. Axuventude destas nosas terras temos que demostrarque nos importamos nós mesmos, temos que face-larevolución dende as nosas casas, dende os nososcorazóns, temos que facernos escoitar por todos,temos que comprometernos e non “pasar”. O mundoestá cheo de “pasotas” que só se moven a golpe demoeda. ¿Tan importantes son os cartos cando estánmorrendo en África e Asia tantos nenos?. De verdade,cando esteas deitado na cama antes de durmir, pén-sao. Só che pedimos un minuto da túa vida. E se que-res facer que a túa vida sexa algo máis, chámanos;seguro que entre todos faremos un mundo feliz.Anímate.

Recorda só unha cousa: comparte o teu AMORcos demais como filosofía de vida;

SERÁS FELIZ.José Luis Garza Silvela

Nº DE PARTICIPANTES:na organización e desfile75 perso-

asasistindo á gala . . . . . . . . .1.400 persoas

RECADACIÓN: 935.000 ptas.ENVIADO PARA A INDIA: 900.000 ptas.GASTOS: 35.000 ptas.DÍA: 6 de abril de 2001LUGAR: Sala Litmar de Sarria

Ficha Técnica

Page 14: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

sección 3• •

12O Noso Lar

en resumen

actividades

Un ano máis os mozos e mozas da Fundación ONoso Lar sacan as súa roupas de pastores do baúl edispóñense a “canta-los Reises”. Este ano, acompa-ñados por música de gaita, tamboril e pandeiretas,percorrémo-las aldeas de Estraxiz, Santalla deLoúzara, Teivilide, Lier, Casela, Parada e Suñide.Cantando de casa en casa, animando e recuperandoasí unha tradición moi anterga no noso país.Acompañados dos cregos e relixiosas de Lousadapretendiamos pasa-lo ben e facer que as xentes danosa terra lembren aquelas panxoliñas que durantemoitos anos foron olvidadas.

As nosas xentes, unha vez máis demostraron asúa xenerosidade aportando o tradicional aguinaldo;os participantes nesta acción decidimos que estescartos, en total 68.000 pesetas, foran enviados a unhaobra social e enviámolos ó noso Sr. Bispo para o pro-xecto que a Diócese está a realizar a favor dos senteito. Máis en concreto, para construír e poñer en fun-cionamento na cidade de Lugo unha cociña económi-ca que dea de comer a aqueles que non teñen nadaque levar á boca. É moi gratificante ver como as nosasxentes se conciencian nestas datas e se acordan dosmáis necesitados, pero temos que facer un exerciciode solidariedade todo o ano. ¡ Que fermoso sería quenon houbera miserias nin desgracias neste mundo!.Tentaremos que entre todos sexa así; polo menos nós,pola nosa parte, seguiremos loitando para aporta-lonoso gran de area, sempre coa axuda dos nosos veci-ños. MOITAS GRACIAS A TODOS.

AVENTURA NOS ANCARESUnha das experiencias máis gratificantes que

tivemos este ano foi a viaxe ós Ancares, non polosenso lúdico que poidera te-la actividade senón poloque significou para nós. Alá nos fomos os monitorescun grupo de rapaces do noso Concello, uns quinceen total. O impacto de atoparnos en plena natureza foital que quedamos abraiados da fermosura daCreación.

O compañeirismo, a solidariedade entre todosnós; o darlle a man ó amigo e compañeiro porque nonpode avanzar entre a neve é moi fermoso, Compartirexperiencias, falar das nosas inquedanzas, dos nososproblemas, das nosas expectativas,... foi o que fixoque aquela reunión de amigos e compañeiros se con-vertera no que estaba plantexado dende o principio: aConvivencia. ¡Que palabra tan fácil de dicir e que difí-cil de poñer en práctica!. O cansancio, os calambresnas pernas, unha cara queimada polo reflexo do solna neve, unha persoa que viña connosco recén saídadunha operación, o que nos acompañaran tres rapa-ces moi novos ós que lles queriamos facer sentir estaexperiencia, o ter que secar toda a roupa mollada nunrefuxio no medio da neve; en definitiva, a necesidadede abstrae-lo noso mundo e de amar ó home, ó com-pañeiro e ó amigo. Todo isto é convivencia, pero CON-VIVENCIA con letras maiúsculas. Alí fomos un grupode mozos/as pero saíu un grupo de grandes amigos.E no nome dos meus amigos quero agradecerlle áFundación as oportunidades que nos levan dado,unha tras outra, e en especial esta; unha oportunida-de que estivo chea de sentimento.

José Luís Garza Silvela

Os Reisesda Fundación

Nº DE PARTICIPANTES: 15IDADES: entre 16 e 35 anosGASTOS: 74.000 ptas.INGRESOS:

- Participantes . . . . . . . . . .59.000 ptas.- Fundación . . . . . . . . . . . . . . . .15.000 ptas.

Ficha Técnica

Page 15: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

saúde• •

13O Noso Lar

Normas para unhaalimentación saudable

Primeiro foron as dioxinas dos polos, despois asvacas tolas, a peste porcina, o acei-te de oruxo de oliva...A pregunta é¿Que podemos comer?

Podemos come-los productosda nosa terra, e os nosos terneiros,os nosos porcos, os nosos pesca-dos. Podemos comer de todo perocon moderaciÛn. Na poboación adulta, aobesidade e o sobrepeso converté-ronse nun dos principais problemasde saúde. E asociado a iso está aexistencia de enfermidades como ahipertensión ou a diabetes, asenfermidades cardíacas (anxina einfarto), o exceso de colesterol, amorte inesperada ou súpeta ealgúns tipos de cancro son debidosó exceso de comida.

En España, aproximadamente o58% dos varóns e o 46% das mulle-res teñen un peso superior ó des-exable.

A dieta dos pais inflúe de manei-ra determinante na dos fillos, perocada vez máis, mercan o seu pro-pio almorzo ou merenda. Nestecaso, os cativos optan por alimen-tos sen unha boa calidade nutricio-nal. Diminúe notablemente o consu-mo de froitas e de verduras nosnenos e aumenta o de boleríaindustrial, co conseguinte aumentode graxas. A alimentaciÛn do neno de hoxeÈ a sa�de do adulto de maÒ·.

Na nosa terra de Samos temosuns moi bos recursos para poderlevar unha dieta axeitada e equili-brada:

Aproveitémo-los nosos hortos paraaumenta-lo consumo de vexetais ,hortalizas e froita, para ter vitaminaC, fibra e betacarotenos.

Aproveitémo-la nosa carne, tantode corral, polos e coellos, como osnosos terneiros, para comer carne

de calidade, mellor que as salchichas, mortadela, fria-mes e alimentos pre-cociñados.Aínda que non é necesario comercarne en cantidades excesivas,como se fai actualmente, si énecesaria unha porción diaria.

Aproveitémo-los conxeladorespara conservar e consumir pesca-do 2 ou 3 días por semana, queaportan proteínas de excelentecalidade e ácidos graxos poliinsa-turados (sobre todo do grupoOmega-3), que son beneficiososna prevención da enfermidadecardiovascular.

Aproveitémo-lo noso leite que nosproporciona proteínas e sobretodo calcio. É importante quitarlle atona antes de consumila, por con-ter gran cantidade de graxa, sobretodo se hai algunha patoloxía nafamilia.

Aproveitémo-los nosos ovos pararealiza-la repostería caseira ondesempre controlaremos nós a canti-dade de graxa e o tipo dela queempregaremos.

O consumo de aceites serásobre todo de aceite de oliva, o queconleva unha elevada inxesta deácidos graxos monoinsaturadosque dalgunha maneira combatena enfermidade cardiovascular.

Temos moitos recursos ó nosoalcance que para si os desexaríanos cidadáns das grandes cida-des.

¡Aproveitémolos!

Conchita Rodríguez Fernández,médico

Page 16: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

sección 4• •

14O Noso Lar

en resumenexperiencias

Vivo nunha localidade considerada peque-na, non chega ós 400 habitantes, situada a 60quilómetros da capital de provincia. A miña casaé grande, coa porta aberta para recibir a familia-res, amigos, amigos dos amigos... Gústame falar,gústanme as tertulias, as charlas tranquilas dasobremesa, os momentos nostálxicos do fresconocturno... En moitas destas conversas xurdiu otema de onde se vive mellor, se na aldea ou nacidade. Xa se sabe, deseguida se enumeran asvantaxes e inconvenientes de ámbolos dous luga-res: na aldea vívese máis tranquilo, disfrútase danatureza, a xente coñécete...; nunha cidade te-lomédico máis preto, máis posibilidades de facercousas, ninguén te controla e... ¡observo quecada un ve as vantaxes do lugar no que non vivee as desvantaxes do lugar no que vive! ¡Queromantismo! ¡Que desgracia! ¡Que humanos,desexando sempre o que non se ten!

Eu digo que todos vémo-la mesma tele,lémo-los mesmos xornais, cantámo-la mesma

estúpida bomba do verán, comemos e vestímo-loque dicta a moda... As diferencias non están envivir na aldea ou na cidade, non están só no lugar,están nas persoas e a súa situación económica esocial (“un é de onde pace, non de onde nace”),nos seus desexos, necesidades, filosofía e formade vivi-la vida, na capacidade para elixi-lo máiscoherente coas nosas ideas, o menos malo pararealizar un proxecto de vida.

Digo que hai pobres, marxinados, tristes,solitarios, deprimidos, gamberros, xente simpáti-ca, traballadora, agradable, responsable...entódolos sitios, nas aldeas e nas cidades. Pero haique saber situarse, encontrar “un lugar nomundo” como fermosa e dolorosamente sedemostra na película arxentina que leva ese títu-lo.

Digo que un pode vivir amargado ou feliz encalquera sitio, ¿onde, entón, se vive mellor? Poisonde un teña o corazón en paz (que non a vida),onde un poida vivir cos que quere e como

quere... e logo os pequenos inconve-nientes de cada día irán resolvéndosesegundo as circunstancias e as posibi-lidades, non se van resolver por vivirnun lugar ou noutro, resolveranse coaxente concreta que temos a man, coaspersoas que dan a súa vida polosdemais, que escoitan, tráennos elévannos, adícanno-lo seu tempo, assúas palabras...e isto pasa igual nacidade e nas aldeas.

Inés Pérez de la Cruz(orixinal en castelán)

¿Onde vives? Vivo nun pobopequeno

a fe, a alegrÌa,

a paz do fogar,

hai unha nena more-na...

(VÌctor Manuel)

Page 17: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

experiencias• •

15O Noso Lar

¿Quen nosensina a ser per-soas libres, feli-ces, comprome-tidas, responsa-bles...?. ¿ Ondeaprendemos arespectar ósoutros e asoutras aínda quefalen distinto,teñan idade dis-tinta, bailen,coman e vistand i s t i n t o . . . ? .¿Como mostrar edemostrar ós máis pequenos da familia que oamor é posible, grande, que medra e medracanto máis o repartes...?. ¿Cando empezar afacer realidade as ideas de compartir, axudar,servir, estar a carón de..., que tantas veces dis-cutimos e falamos filosoficamente...?.

A todas estas interesantes vitales e impor-tantes preguntas deunos resposta amplia e gra-tuitamente a Fundación O Noso Lar. Nunca podere-mos agradecer o suficiente todo o que recibimosó longo e ancho destes anos.

Empezamos a ir a Galicia poramistade e ahora estamos tan engan-chados coa misión da Fundaciónque... ¡non podemos deixar de ir,de participar, de colaborar, de dis-frutar!. Fomos ben recibidos, sem-pre encontramos unha mesa ondecomer, unha cama para descansar,unha fermosa paisaxe para disfru-tar, unhas persoas para facernos

c o m p r e n d e rque a vida xun-tos ten senti-do... . Pola nosaparte aporta-mos o quesomos e sabe-mos: uns fixe-mos paquetespara os regalosdos maiores,outros pinta-mos letras,outras coserontelas para facer

un maravillosodragón, todos cantamos... ¡en galego!. E baila-mos muñeiras a pesar de ser un pouco patosos.Participamos en campos de traballo, excursións,celebracións da fe,...

¡Que privilexiados somos! ¡Que gran expe-riencia tivemos a sorte de compartir convosco!.

A Fundación deunos novos ollos, oídos,mans,... para vivir a vida doutra maneira, paraser expertos en humanidade, para compartir o camiñocon outros e agradecidos queremos seguirfacendo historia con vós, seguir sendo estimula-

dos polo voso sacrificio e a vosa soli-dariedade.

Que as fermosas palabras deVioleta Parra srvan para decirvosHSBDJ�BT de todo corazón.

Amigos da Fundación Salamanca(Orixinal en castelán)

Graciñas

Page 18: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

16O Noso Lar

en resumen

tradición oral• •

Os brindadores:homes doutro tempo

A meirande parte das culturas que coñecemos,polo menos aquelas das que dispoñemos datos escri-tos, posúen manifestacións culturais espontáneas xur-didas en actos comunitarios. Así, eran moitas as oca-sións nas que o pobo galego se xuntaba para cantar,ben fora para celebrar unha festa, como as muiñeiraspor exemplo, celebrando o remate dalgún traballo (ofilandón) ou relacionadas con elementos relixiosos (oscantares de reis).

Dentro destes cantos colectivos houbo un moirepresentativo destas terras, fundamentalmente deLóuzara, O Courel, Triacastela e O Incio, coñecido conome de Brindo ou Birindo. Un Brindo era unha dis-puta improvisada en verso, xeralmente de oito versos,que se entoaba nas vodas entre os asistentes ó ban-quete. A finalidade do mesmo era obter roscas e ciga-rros que repartían os padriños. Claro, isto se o brindoera do agrado dos padriños pois normalmente sempretiñan unha dobre lectura e, polo xeral, ironizábasealgún rasgo ou defecto dos noivos:Ó novio desta voda / que non lle parezca mal/ é torto e enxorobado / e ten un ollo de cris-tal.Vamos camiño da Pedra / vamos camiño doLago / esta parexa que se casa / cada un mirapre seu lado.Cada un mira pre sei lado / eso é un escar-badientes / cando se revolven de cu / os dousmiran de frente.

Os que facían referencia ós pais:A mai está mui contenta / hasta que dixo¡ora! / Porque din que lle gustaba / o queestaba cosendo para fóra.Cando cosía para fóra / e facíao hasta sin luz/ e o que mellor facía / era o punto de cruz.

Os padriños tampouco se escapaban das críticas:Válgame a madre de Dios, / ela me queiralevar / que salga a madriña fóra / que temosque bailar. / A madriña está solteira / que tengana de falar / pero dicen os veciños / que tenmuita gana de se casar. / Non encontra unnovio / porque está calada, / tamén dicen osdemais / que é mui apretada. / A madriñadesta voda / está un pouco desesperada / por-

que ten corenta anos / e pensa non ser casa-da.O padriño desta voda / non leva corbata connudo / que inda non foi capaz / de invitar a unpuro.

Aqueles que podían contrataban un gaiteiro ou músi-cos para despois da comida. Tampouco faltaban osfoguetes aínda que nalgún sitio non os que queríanporque dicían que era sinal de mala sorte:Válgame a madre de Dios, / Ferrería deAguilar, / botai o gaiteiro fóra / que rabeo porbailar.Válgame a madre de Dios / no me chamo qui-quiriquí, / se non eres fumador / pra que raioveis eiquí. / Un raio viñen eiquí, / Ferrería deAguilar, / veño por me divertir / e por meencher de bailar.

Tamén facían referencia ás comidas que había nobanquete:¡Válgame a Nuestra Señora / i eu paseinchepor Toca / veu un can e marchou / co morci-lleco na boca! / ¡Válgame Nuestra Señora / ieu paseinche por Toca, / eí vai o señorBalbino / cunha morcilla na boca!

Cando o brindo era moi ofensivo o convite podíaderivar nunha liorta entre os que estaban dentro dacasa e os mozos que estaban fóra agardando as ros-cas e os cigarros. Deste xeito, moitas veces os noivosconvidaban a algún brindador afamado para que pui-dese replicar desde dentro ós ataques que viñandesde fóra. Outra solución era chamar a parella daGarda Civil cando se prevía follón, mesmamente sechegaron a prohibir os brindos nalgunha época debi-do ás liortas nas que derivaban. Mais non era esta aúnica solución pois estilábase moito facer o casamen-to pola noite e así evitar os brindos e tamén ter queconvidar a familiares e veciños. Mais cando os rapa-ces do lugar descubrían unha voda nocturna tocabano corno ou latas para protestar por non seren convi-dados ó enlace.

Hoxe todo iso pasou a ser historia, historias quepermanecen agochadas na memoria daqueles queasistiron a aquelas vodas ou que foron brindar a algúnbanquete e que quixemos lembrar aquí.

Xulio Pérez Pereiras

Page 19: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

a nosa his-toria• •

17O Noso Lar

Os ardentesda historia

Habería que remontarse unhas cantas déca-das atrás no tempo para ver a funcionalidadeduns ramallos de uz ou xesta seca ós que se cha-maba ardentes. Servían, naqueles tempos nosque non había luz eléctrica, para iluminar a casa,xa que se colocaban colgados nas paredes.Hoxe en día aínda hai quen os pon acendidos nabufareira do forno para ver o interior do mesmocando se botan os bolos a cocer.

Do mesmo xeito, pero salvando as distancias,claro está, podemos catalogar os volumes dapublicación Concello de Samos: Historia das s�as parroquias.Pretenden ser, pois, unha luz clarificadora sobrea historia do noso concello, sobre unha maneirade interpretar a historia, levada a cabo polaFundación O Noso Lar. Os catro volumes cén-transe nuns apartados comúns nos que se reco-llen aspectos da historia de cada unha das parro-quias, ilustrados por fotografías interesantísimasque dan unha visión particular a cada tema.

Un dos apartados recolle datos históricos,tanto das parroquias coma das aldeas que ascompoñen. Son datos recollidos en obras coma oTumbo de San Juli·n de Samos de Manuel Lucas Álvarez,do Diccionario Geogr·fico de Pascual Madoz ou dou-tras fontes escritas de distinta orixe e proceden-cia.

Outro dos apartados esclarécenos o significadodos nomes das aldeas tendo en conta estudios deimportantes filólogos como Corominas, MenéndezPidal ou Joseph M. Piel.

Tamén se lle deu cabida a unha das manifes-tacións culturais máis importantes e xenuínas donoso pobo como é a cultura popular de tradiciónoral. Recopiláronse lendas, contos, cantigas, adi-viñas, brindos das vodas e demais xéneros queestaban a un lustro de caer no esquecemento oude desapareceren sen máis.

No cuarto dos volumes hai un interesantísimotraballo, sen desmerecer para nada a calidadedos outros, sobre o estilo románico das igrexasdo concello.

Xa no remate dos volumes recóllense baixo otítulo “Apéndices” traballos de diferente tipoloxía.Así, podemos atopar unha aproximación á culturada castaña, á historia dos muíños de auga doconcello, ás plantas medicinais, ó traballo doartista Antonio Bello ou á obra do escritor louzari-ño Fiz Vergara Vilariño.

Estamos, en definitiva, ante un traballo colecti-vo no que se viron implicadas unha morea de per-soas que, movidas polo interese de sacar á luz ariqueza dun patrimonio cultural esquecido, dedi-caron parte do seu tempo a esta tarefa tan gratifi-cante pero non sempre recoñecida como é o demergullarse nas raíces culturais do noso pobo.Sirva, pois, a modo de ardentes de cultura estelegado que nos foi dado e do que somos deposi-tarios.

Xulio Pérez Pereiras

Page 20: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

18O Noso Lar

en resumen

agricultura emedioambiente• •

A modernidade chegou tamén para a nosa agri-cultura. Isto fai que poidamos competir en certos pro-ductos coa agricultura doutras rexións ou países. Oprogreso e os avances tecnolóxicos son sempre posi-tivos a non ser que se usen indebidamente.

Referíndonos á agricultura, o uso incorrecto doxurro (purín), dos fertilizantes químicos, dos pesticidase plaguicidas, etc., constitúe un serio problema para omedio ambiente e tamén para a saúde humana. Hoxe,máis ca nunca, é necesario coida-lo uso que facemosdestas prácticas agrarias, para non contamina-lasnosas terras e augas, hipotecando así o futuro dasnovas xeracións.

A Unión Europea acaba de sacar un decreto sobrea protección das augas e dos solos contra a contami-nación producida por nitratos de orixe agraria.

Entre outras figuran as seguintes:* Períodos nos que é recomendable a aplicación de

fertilizantes á terra:.- pradeiras: para o corte de herba de ensilar, uti-

lizar xurro 45-50 días antes do primeiro corte e inme-diatamente despois deste para un segundo corte.

.- Millo: utilizar xurro na fertilización de fondo, epolo tanto enterrado. Se é posible abonar con nitróxe-no en forma mineral cando a planta teña 40-50 cm.

* Aplicación de fertilizantes en terreos con penden-te:

.- A aplicación de xurro deberá facerse cando nonexista perigo de chuvias fortes, sen ventos tamén for-tes e se é posible cun lixeiro orballo para que fixe osgases do xurro o máis posible.

.- Despois dun incendio forestal, nun terreo conpendente, se sementamos algo, non debemos fertili-zar.

* Aplicación de fertilizantes en terras próximas acursos de auga:

.- deixar unha zona de 2 - 10 metros de ancho nabeira do curso de auga (río, regato) sen fertilizar. Oancho da zona dependerá da altura que teña a cuber-ta vexetal.

.- Non aplicar xurro ou fertilizantes químicos nunradio de 35-50 metros ó redor dunha fonte, pozo ou

perforación que suministre auga para o consumohumano.

.- Non establecer patios de exercicio de establos(sen pavimento) ou parcelas nos que está o gandomoito tempo, nas proximidades de fontes de auga.

Hai moitas outras recomendacións. Estas son dasmáis importantes. Se non as temos en conta, nós mes-mos serémo-los primeiros perxudicados. Seremosnós, e non outros, os que tiremos pedras contra onoso propio teito.

Óscar López González

Coidemosa nosa terra

Page 21: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

cartas• •

19O Noso Lar

Queridos amigos e amigas:

As nosas casas e pobos énchense de xente e de vida neste tempo de verán coapresencia de familiares, amigos e veciños. Compartimos con vós a entrañable lediciado desexado reencontro con persoas queridas. Precisamente neste ambiente rico enexperiencias de encontros, queremos achegarnos ós vosos fogares coa única finali-dade de dar a coñecer e facervos partícipes deste novo proxecto que tedes nas vosasmans: o Boletín O Noso lar.

A agarimosa acollida e xenerosa colaboración que sempre recibimos da vosa parteestimúlanos e lánzanos a esta aventura. Somos conscientes de que non é só obra dosque figuramos como colaboradores, senón tamén de todos vós. Isto móvenos a expre-sárvo-lo noso máis sinceiro agradecemento.

Un sinxelo e humilde instrumento ó servicio da comunicación entre todos, da for-mación e sensibilización dos valores comunitarios; ó servicio, en definitiva, da nosa cul-tura. Neste senso todos temos algo que aportar e moito que comunicar. Este Boletínpode ser un bo medio para facelo.

Está aberto e agradece calquera tipo de aportación que axude a enriquecer e cum-prir cos obxectivos que se marca. Non esquezades que será unha forma de seguirfacendo historia dende o agradecemento á herdanza dos nosos antepasados.

Precisamente esta páxina que neste número ocupo eu, no sucesivo estará reserva-da ás cartas dos nosos lectores: opinións, suxerencias, críticas que axuden a mellorar,etc. Pedimos que sexan claras e concisas e, por suposto, que estean firmadas.Deberanse mandar cun mes de antelación á publicación. En principio o Boletín serásemestral, saíndo nos meses de xullo e decembro.

Tanto se se trata dun tema coma dunha carta, o Consello de redacción será o encar-gado e responsable da selección e da adaptación dos textos, se fose preciso, confor-me ó espacio e ós criterios desta publicación .

Remato recordando que aqueles que queiran recibi-los seguintes números desteBoletín deben mandárno-lo enderezo completo tal como figura na última páxina. Eagradecemos tamén a colaboración económica que, ademais de ser un estímulo notraballo da Fundación, é un fermoso sinal de corresponsabilidade na misión de darvida ós nosos pobos e de escribir entre todos a nosa historia.

Sen máis, gracias a todos e ata o próximo número que será, se Deus o quer, no mesde decembro.

Miguel Gómez

Page 22: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

S U B S C R I C I Ó N C O L A B O R A D O R

Festa en homenaxe ós nosos maiores: unha celebración gozosa, entrañable e solidaria;as vacacións−convivencia para maiores: merecida recompensa tras unha vida de traballo;

casa de acollida temporal: onde os anciáns teñen un fogar,catro libros con aportacións á historia de Samos desde a nosa cultura,

o presente boletín semestral...Nestas e outras actividades vaise concretando o lema da Fundación O Noso Lar:

Ó servicio da xente da nosa terraSe queres recibi−los sucesivos números deste boletín, envía á Fundación O Noso Lar,

San Román de Lousada, 27620 Samos, Lugo, os teus datos (nome e enderezo)

Nome e apelidos . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

NIF . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Rúa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Piso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Porta . . . . . . . . . . . . . . . . . . Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . ..

Localidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Teléfono . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

IMPORTE

2.000 pts.

5.000 pts.

10.000 pts.

Outro ...................... pts.

PERIODICIDADE

Mensual

Trimestral

Semestral

Anual

Única

FORMA DE PAGODomiciliación bancaria

Talón bancario a nome de:Fundación O Noso Lar

Xiro postal

CONTAS PARA DONATIVOS A TRAVÉS DE INGRESOS E TRANSFERENCIASBanco Pastor - Samos. 0072 - 0247 - 92 - 0000200484

Caixanova - Sarria. 2080 - 0364 - 11 - 00400002902

D O M I C I L I A C I Ó N B A N C A R I A

Titular da conta . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Banco ou Caixa . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Direccion bancaria . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Nº . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Código postal . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Poboación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . Provincia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

CÓDIGO CONTA CLIENTE

Código entidade Código oficina D. C. Número de conta

Periodicidade ................................................. Importe .....................................................

Firma do titular

Se ademais desexas colaborar economicamente cos fins da Fundación O Noso Lar, envíanos tamén os seguintes datos:

Page 23: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,

A xente por aquí pregúntame:¿Que fai un francés coa súa cámara de fotos por estas terras?

E eu contesto:recollendo momentos de sabedoría.

Póñovos un exemplo:eu vivo nun mundo urbano,

un mundo no que as persoas co paso do tempovólvense máis estresadas que sabias.

A maioría perde horas intentando gañar tempo,¡qué ironía!.

No mundo rural, non sei se se vive mellor ou peor,o certo é que uns valores perduraron.A xente por aquí sempre está disposta

a dar do seu tempo para falar cos demais,compartir uns momentos.

Aquí o tempo mídese polo seu xusto valor,e para un estranxeiro, coma eu, cada instante faise eternidade.

Graciñas a todos

Antoine Passerat

Page 24: O Noso Lar · Del saíu a idea do Boletín. El foi o impulsor da publica− ... O Noso Lar 2 en resumen ••persoeiros Falar de Fiz Vergara Vilariño é falar do poeta de Lóuzara,