O Tesouro de Bedoya - Analise de Localización

download O Tesouro de Bedoya - Analise de Localización

of 10

Transcript of O Tesouro de Bedoya - Analise de Localización

  • 7/25/2019 O Tesouro de Bedoya - Analise de Localizacin

    1/10

    11

    Anuario Brigantino 2000, n 23

    O TESOURO DE BEDOYA: ANLISE DE LOCALIZACIN

    O tesouro de Bedoya: anlise de localizacin

    GRUPO DE ARQUEOLOXA DA TERRA DE TRASANCOS*

    I- INTRODUCCINDende a sa fundacin, a nosa Asociacin Grupo de Arqueoloxa da Terra de

    Trasancos, tivo como un dos principais obxectivos o estudio e divulgacin dos diferentesdepsitos arqueolxicos, as mmoas, petroglifos e castros centraron os nosos primeirosesforzos, todo iso acompaado do estudio das fontes documentais, e a recompilacin daslendas, tradicins, etc...

    Este ano recuperamos da memoria popular, algo tan abraiante como a historia do

    descubrimento dun tesouro, o de Bedoya, e dalgn xeito intentamos dar luz mar dedbidas no que se sumiu a sa localizacin, quizais por intereses de tipo persoal.A denominacin de Tesouro de Bedoya vn dada pola familia que o encontrou, xa

    que a incerteza sobre o lugar no que se atopou, non permitiu asinarlle un apelativo local(ex: Tesouro de Caldas, Elvia, etc.); polo tanto non se debe denominar Bedoia, sennBedoya1 , tratarse do apelido desta familia con orixe no pas vasco.

    A aparicin deste tesouro, marca un fito na historia da arqueoloxa galega, aparecerxoias prehistricas asociadas con moedas, algo que via sucedendo no resto da pennsulaibrica, indito en Galicia naqueles tempos, o que serve como mnimo de referencia paradata-las xoias, e as tcnicas de traballo das mesmas; se ben a presencia das moedas nonasevera que as xoias sexan coetneas, xa que o tesouro puido formar parte dun acubillo

    posterior.Unha vez coecido o lugar exacto do descubrimento, o noso traballo centrouse en

    facer un estudio microtoponmico da rea (uns 400 m. de dimetro), para intentar localizaros depsitos arqueolxicos mis prximos que puideran ter algn tipo de relacin cotesouro.

    SumarioO Tesouro de Bedoya est formado por pezas de ouro de orixe castrexa (celta) e por aneis e moedasde ouro e prata da poca romana, que se conservan no Museo de Pontevedra (Espaa). O artigodescribe detalladamente cmo se producu o descubrimento e cmo chegan museo, ademais deengadir un estudio microtoponmico da zona, conclundo cun apndice no que se analiza o topnimopereiro e as sas variantes, como indicativo da posible presencia dun asentamento castrexo.

    AbstractThe Bedoya Treasure consists of golden items with a castrexa origin (celtic) and of gold and silver ringsand coins from the Roman Times, which are kept in the Pontevedra Museum (Spain). The articledescribes in minute detail how the discovery took place and how they came to the Museum, it also addsa study of the origin of the names of small places in the area, ending with an appendix, where it analysisthe place-name pereiro and its varieties, as a sign of a possible existence of a castrexo settlement.

    *A Asociacin Cultural Grupo de Arque oloxa da Terr a d e Trasanco s const ituu se enFerrol o 28/10/91, tendo por fins a investigacin, inventariado, divulgacin e preservacin

    do patrimonio histrico-arqueolxico. Est formada na actualidade por 15 membros.

    1 Moralejo Lasso, A., Toponimia Gallega Leonesa, 1977 pag.55, ...BEDOBRE cuyo primerelemento fuese el mismo de BEDOJA o BEDOXA, BEDOYA y otros topnimos gallegos y no gallegos,y del antiguo BEDUNIA, o sea la voz cltica BEDUS -zanja , arroyo-.

  • 7/25/2019 O Tesouro de Bedoya - Analise de Localizacin

    2/10

    12

    Anuario Brigantino 2000, n 23

    GRUPO DE ARQUEOLOXA DA TERRA DE TRASANCOS

    Por ltimo, no apndice I, tratamos un novo topnimo Pereira/o e os seus derivadoscomo sinnimo de Castro, polo menos na zona NL da provincia da Corua, que podeaxudar dalgn xeito a identificar algn destes asentamentos.

    II-HISTORIA DO DESCUBRIMENTOTras un traballo de campo non exento de problemas, dificultades e, por que non dicilo,

    tamn de inestimables colaboracins logramos coecer que principio dos anos 40, nolugar da Chousa - Barca de Arriba (parroquia de San Romn de Donios, concello deSerantes -hoxe absorbido polo concello de Ferrol, coordenadas xeogrficas 8 2854.643 2235.6 e UTM 55865-4817335), D. Francisco Bedoya Fojo, mandou limpa-las pedrasdunha eira contigua casa onde viva. O servente encargado da limpeza traballaba alturado antigo pozo (logo galieiro e hoxe garaxe) cando despois dun golpe de sacho atopouun pequeno recipiente de bronce con algo que brillaba no seu interior, semellando ser

    pntegas; sorprendido, buscou seu impedido amo, que a lombos dun cabalo, achegouseata o pozo. Ante a importancia do achado, temeroso de que se soubese o que al aparecera,ocultouno no faiado da casa, onde estivo gardado durante uns 10 anos (nin que dicir tenque o resto da finca foi peneirada, sen que se tean noticias de que atopasen ningnobxecto mis que lles chamara a atencin, e si moitas pedras soltas).

    Pasado este tempo D.Justo Bedoya leva sa filla a Santiago consulta do Dr. Echeverri(gran afeccionado numismtica), coecendo a afeccin do mdico fixronlle sabe-lo quetian gardado. Inmediatamente o Dr. Echeverri, comentoullo seu amigo D. Jos FilgueiraValverde (Director del Museo de Pontevedra) e xuntos acordaron que na prxima consultada familia Bedoya, levasen as pezas en cuestin; unha vez o tesouro estivo en Santiago,tras verifica-la sa autenticidade, D. J.Filgueira Valverde incitounos a depositalo nun

    museo.Tras chegar a un acordo 12 de outubro de 1953 tesouro pasa a engrosa-las vitrinas

    do Museo Provincial de Pontevedra, previo pago pola Deputacin Provincial da nadadesprezable cantidade de 30.000 ptas2 (hoxe en da equivalera a mis de 1.600.000 ptas:10.000euros). No momento do ingreso no museo, a familia Bedoya alegou que ignoraba a sa

    procedencia, xa que era algo gardado por D. Francisco Bedoya no faiado da casa.O material procedente do achado chegado s nosos das est composto de:

    -1 diadema de ouro.-2 arracadas de ouro, de tipo arrionado.-2 arracadas de ouro, de tipo laberintiforme.-1 anel signatario de ouro, con entalle.-1 anel de ouro, cunha pedra (amatista) engarzada.-2 ureos, datados entre os anos 54 e 85 d.C..-27 denarios de prata, datados entre os anos 63 a.C. a 91 d.C.-1 recipiente de bronce, que foi onde apareceu o tesouro.

    2 Amable informacin facilitada polo director do Museo Provincial de Pontevedra, D. Jos C. VallePrez.

  • 7/25/2019 O Tesouro de Bedoya - Analise de Localizacin

    3/10

    13

    Anuario Brigantino 2000, n 23

    O TESOURO DE BEDOYA: ANLISE DE LOCALIZACIN

    Tesouro de Bedoya. Museo de Pontevedra, fotografas de J. M. Castao Garca.

  • 7/25/2019 O Tesouro de Bedoya - Analise de Localizacin

    4/10

    14

    Anuario Brigantino 2000, n 23

    GRUPO DE ARQUEOLOXA DA TERRA DE TRASANCOS

    III-ANLISE DE LOCALIZACINPor unha banda creuse que o tesouro proceda da zona da Graa-Brin (Ferrol), onde

    resida quen o atopou; pero por outra banda un membro da Corporacin Provincial dePontevedra, comunicoulle museo unha posible procedencia da comarca do Salns,concretamente das inmediacins de Noalla (onde a comisara de escavacins e o Museode Pontevedra centraban os seus traballos) 3 ; sen dbida tratbase dunha manobra dedistraccin. Dende o primeiro momento, a familia realiza-la entrega do mesmo, indicabaque aquelo levaba dez anos no faiado, momento no que non se escavaba en Noalla.

    Como xa indicamos, o tesouro atopouse no lugar da Chousa-Barca de Arriba (Donios-Ferrol); o lugar na actualidade est fortemente urbanizado polo que co nimo de intentar

    esclarece-lo contexto arqueolxico onde apareceu, realizamos un estudio da microtoponimianun radio de 200m. da localizacin do achado, co resultado dos seguintes topnimos, dosque facemos unha breve resea sobre o seu posible significado:

    ANTONIO, SAN ANTONIO, SOBRE SAN ANTONIO: Os tres topnimos teen relacincoa prxima igrexa de San Antonio da Cabana.

    3 FILGUEIRA VALVERDE, J. e BLANCO FREIJEIRO, A. Nuevas joyas prehistricas gallegas ElTesoro de BedoyaCEG , Tomo IX, fasc. XXVIII, 1954, px. 162.

    Lugar de aparicin do tesouro. Asentamentos castrexos.

    Zona de estudio microtoponmico.

  • 7/25/2019 O Tesouro de Bedoya - Analise de Localizacin

    5/10

    15

    Anuario Brigantino 2000, n 23

    O TESOURO DE BEDOYA: ANLISE DE LOCALIZACIN

    BALN VELLO: Ba lu ivet us na documentacin do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, probablemente de orixe etrusca, xentilicio de Ba l( l)on iusCIL VI.BARCA DE ARRIBA: Polo seu emprazamento xeogrfico na parte alta do monte, deberelacionarse con Barca de Abaixo, xa no litoral, que serviu como punto de embarquedunha barca entre Ferrol e as propiedades do Mosteiro de Sobrado na actual Graa.BUZA: Boca ou entrada, probablemente dunha finca ou terreo (referirase s cancelas deentrada do mesmo). Existe tamn o topnimo PORTA DA BUZA: Tautoloxa de Buza, polotanto porta da boca ou entrada.CACHAVILLEIRA: Forma sincopada de Cacha da Avilleira, noval ou terreo roturado,

    prximo a unha abelleira.CARBALLS: Plural de Carballal, colectivo de Carballo.CASTRO (): Asentamento castrexo da Idade do Ferro.CERDEIRAS: Lugar de Cerdeiras. rbore da cereixa, non cereixeira, xa que topnimoevolucionou de *Ceresaria>*Cerseira>*Cerceira>*Cerdeira. 4

    COBIA: Cova pequena.CORTIAS: Terreo bo, prado ou leira.COUTOS: Cautum, participio pasado de cavre: precaver ou gardarse, finca ou terreocercado.CHOUSA: Clausa, monte ou terreo pechado, xeralmente cun valado.ESPIO: Lugar onde houbo ou hai espios. Probablemente xentilicio de SPINNIUS CIL V(feminino de SPINIA CIL XIII, da cidade de SPINA, desembocadura do Po).5

    FONDN: Zona baixa, xeralmente xunto regato, dos terreos ou aldeas (cf. Fondevila).GIRALDE: Posiblemente disimilacin de Gil-aldus, probablemente nome de orixe Francoou Ostrogodo.6

    LAMELA DE ABAIXO, LAMELAS: Prados ou terreos hmidos.LAMOSO: Sufixo abundativo de Lama-oso, sinnimo de lameiro.LAXE: Do latn laganumpastel plano, medieval Lagenam7 pedra lisa, ch e xeralmentede pouco grosor.LEIRIA: Leira ou terreo pequeno.MONTECURUTO: Forma sincopada de Monte do Curuto (monte con forma picuda).MONTE ME: Monte mediano.MONTE DO PICO: Monte con forma picuda (v. MONTECURUTO).OUTEIRO: De altarium>altar8 , tamn monte de pouca elevacin, illado e de formaredondeada.PEDREGS: Plural de Pedregal terreo ou zona de pedras.PENAVILLEIRA: Forma sincopada de Pena da Avilleira, afloramento de pedra prximo aunha abelleira (v. CACHAVILLEIRA).PEREIRA/O (): Pedreira lugar de onde se sacan pedras (v. apndice I)PUCHEIROS (): Relacionado sen dbida coas olas, ou anacos de cermica que se atopannun castro.

    4 RIVAS, E. Topnimia de Marnpg. 159.5 SCHULZE, W. Geschichte Lateinischer Eigennamenpg. 426.6 Amable informacin de D. Luis Monteagudo.7 MONTEAGUDO, L. Hidronimia Gallega, pag. 286, documento de Silo do ano 775.8 MONTEAGUDO, L. La Relig iosidad Callaica. .., pag. 56

  • 7/25/2019 O Tesouro de Bedoya - Analise de Localizacin

    6/10

    16

    Anuario Brigantino 2000, n 23

    GRUPO DE ARQUEOLOXA DA TERRA DE TRASANCOS

    REDONDA: Finca ou terreo de forma redondeada, probablemente pechada.SANCHA: Deriva de Santia feminino de Sanctus venerado, venerable, virtuoso.SOUTO, SOUTO DE BALN: Saltus, bosque xeralmente de castieiros.TORRE: Atalaia, lugar de vixilancia.TORREIROS: Variante do plural de Turreiro extensin de labrado que rodea unha casa,ou terreo normalmente cha onde se fai a festa ou baile (xeralmente prximo igrexa).URXEIRA: De Hordeum, probablemente campo ou terreo onde se cultivaba a cebada9

    VIDUDE: Xenitivo de Bi tu tius(Roma CIL VI), de Bitius CIL II (SOL 35), probablementenome de orixe cltico. Tamn probablemente de Bi tt on ius1 0 nome de orixe etrusca oucltico.VILASANCHEZ: Vila de Sancho Santius (v. SANCHA)VIA: Lugar de vides.

    Os 3 topnimos que figuran con (), correspnden co Castro de Vilasnchez tamncoecido como Castro dos Pucheiros.

    Chegados a este punto e xa que non tiamos indicios suficientes, sobre a posible orixedo tesouro, ampliouse o radio de estudio coa aparicin doutro asentamento castrexosituado a 1km. O (Castro dos Mouros ou Castelo dos Gafos ), p do lugar do Pereiro (v.Apndice I), que a diferencia do anterior -Castro de Vilasnchez-, ten contacto visual colugar onde se encontrou o tesouro.

    IV-A MINERA DA ZONASe difcil resulta o sabe-la procedencia do tesouro, moito mis difcil resultara sabe-la

    procedencia do mineral, xa que non coecemos ningn estudio ou traballo da minera na

    antigidade en toda a provincia da Corua. Dentro da comarca evidente que hai algnsexemplos de xacementos castrexos relacionados coa minera, como O Pereiro enValdovio a carn das minas, e mesmo o de Taraza en Meirs que tivo as minas enexplotacin no sculo XX dentro do mesmo recinto castrexo.

    A modo orientativo citaremos algns datos sobre a minera da nosa comarca, sendodentro das coecidas, a mina de Cobas (lugar de Covarradeiras, San Martio de Cobas-Ferrol) a mis prxima lugar do descubrimento do tesouro, en que as referencias escritasde principios do sculo XX dinnos El nombre de esta parroquia provieneindudablemente de las grandes excavaciones que de tiempo inmemorial existen en el

    trmino...e, falar do seu abandono, indcannos .. no sin antes haber encontrado enuna galera curiosos objetos y artefactos empleados antiguamente. 11, as mesmo oInstituto Geolgico Minero Espaol dinos no Mapa Minero-Metalrgico de Galicia, enreferencia un informe do Irimo Los filones primarios son todos filones de cuarzo conminispquel, al que va asociado oro. En muchos de ellos se conoce la existencia de

    labores romanas, habiendose explotado algunos a finales del siglo pasado y comienzos

    de este. Los indicios ms importantes son Corcoesto (Santiago), Cobas (Serantes) y

    zona de Carballino...12

    9 MORALEJO LASSO, A., Toponimia galaico-leonensa, 1977.10 SCHULZE, W. Geschichte Latei.., pg. 211,4.11 CARRE ALDAO, E. Geografa del Reino de Galicia, Provincia de La Corua, Barcelona 1936.12 IRIMO, A 1934, Yacimiento aurfero de Cobas, en trmino municipal de Serantes Ctalogo

    descriptivo de criaderos minerales de Espaa, tomo II.

  • 7/25/2019 O Tesouro de Bedoya - Analise de Localizacin

    7/10

    17

    Anuario Brigantino 2000, n 23

    O TESOURO DE BEDOYA: ANLISE DE LOCALIZACIN

    A mina de Cobas est englobada nunha corrida filoniana de pirita arsenical aurfera,que comezando en Valdovio desprzase uns 60 km cara SL, pasando por Monfero,Curtis e Sobrado dos Monxes. Na zona de Ferrol-Serantes-Cobas os filns son de granitogneis de seixo aurfero, cunha potencia que chega ata os 4 metros con pirita arsenical, cuncontido en ouro de 66 a 106 g/Tm, e que no caso concreto de Cobas con leis en (Au) e (Ag)van dende 2 ata 144 g/Tm. Posteriormente (en 1917) unha compaa francesa aproveitouestes xacementos montando un taller de concentracin de mineral elevando a lei a 220 g/Tm; sendo as explotacins abandonadas pola gran afluencia de auga e barro.

    V-CONCLUSINSSegundo o exposto afirmamos, sen ningn tipo de dbidas, a orixe ferrol do Tesouro

    de Bedoya, nembargantes a falta de novos datos, coa proximidade dos dous asentamentoscastrexos anteriormente citados, non podemos decantarnos por ningn deles, hora deintentar adxudica-lo tesouro a un asentamento concreto.

    Esto fainos pensar que o tesouro foi acochado con probabilidade nun momento deincerteza ou inestabilidade, escollendo un lugar mis ou menos referencial (por ex. o pdun carballo, acochado xunto a unha rocha, etc.), onde o dono puidese recuperalo noutrapoca de mis seguridade; non cremos que se trate do producto dunha espoliacin

    producida en poca mais recente, polo recipiente onde se atopaba resgardado, o queconfirma dalgn xeito a intencin ou predisposicin ocultamento.

    A confirmacin xeogrfica do tesouro, vn salienta-la riqueza arqueolxica dunhabisbarra, tradicionalmente abandonada polas escavacins arqueolxicas oficiais, encontraposicin s continuas espoliacins a que foron sometidos sistematicamente osdiversos depsitos arqueolxicos, o que pon de manifesto a importancia que tivo esta

    terra na antigidade.

    APNDICE IA toponimia xoga un papel moi importante no momento da localizacin dos distintos

    depsitos arqueolxicos, a denominacin de Castro/s, Castrelo/s, Castelo/s, Croa/s,Coroa/s, entre outros, son case sempre sinnimos de asentamento castrexo espallndose

    pola nosa xeografa a centos; nembargantes ns neste punto, queremos abrir unha novaposibilidade de sinnimo de castro, alomenos dentro do mbito do NL da provincia daCorua, o topnimo de Pereiro/a que significa Pedreiro/a, ou sexa lugar de onde se sacanas pedras (algo moi habitual na nosa terra foi o desmonte das murallas castrexas e mesmodos castelos medievais, para aproveita-las pedras en construccin de vivendas, alpendres,

    peches de fincas, etc., pedras moito mis fciles que telas que extraer dunha canteira, elabralas), e que nada ten que ver con lugar de pereiras (pirum) como indica algunhaetimoloxa popular.

    Por amable informacin do Dr. D. Luis Monteagudo, desenvolvmo-la evolucin destetopnimo, tendo como orixe Petrar ia, o cal cambiou o t xordo polo d sonoro, quedando

    Pedraria , unha posterior sonorizacin do d fixo desaparecer este quedando por tantoPeraria, unha mettese despois do racabou cambiando de lugar o i co que quedounosPeraira e un achegamento do a palatal i acabou coa transformacin en ei co quequeduno-lo actual Pereira. Esta transformacin en aparencia complicada esta plenamenteconfirmada noutros exemplos, como a evolucin do nome Petrus>Pedro>Pero, nestecaso s unha frrea regra no latn eclesistico fixo que se conservara o Pedro en vez de

  • 7/25/2019 O Tesouro de Bedoya - Analise de Localizacin

    8/10

    18

    Anuario Brigantino 2000, n 23

    GRUPO DE ARQUEOLOXA DA TERRA DE TRASANCOS

    Pero (quizais por San Pedro), anque nos quede na actualidade Prez (fillo de Pero); outroexemplo tmolo na documentacin do Mosteiro de Caaveiro, deslinda-los lmites docouto xurisdiccional que nos di. ..cautum monasterii supra dicti primo incipiens ipsumcautum a termino qui dicitur Portus Peraria..., este Portus Peraria, sen dubida o

    Portusque cruzaba o Eume a altura do lugar da Pereira (San Pedro de Eume-As Pontes, ACorua), debido transformacin antes exposta.

    Descifrado o significado do topnimo, tan s tivemos que asociar este s distintosasentamentos castrexos coecidos, cun resultado sorprendente como se poder observar.Este sinnimo de castro coecido por ns dende 1990, fixo que no traballo de campodesenvolvido con motivo do libro Narn un concello con historia de seu, A. PenaGraa (1991), se utilizase para buscar novos asentamentos castrexos, e a pesar dascatalogacins xa existentes de Ana M Romero (1985) e Ateneo Ferroln (1987), apareceron2 novos asentamentos, o castro do Pereiro (San Mamede de Atios-Valdovio) e o dePereiruga (San Salvador de Pedroso-Narn). Cabe aclarar que na maiora dos montes oulugares onde aparece o topnimo de Pereiro/a e as sas variantes, non existen clarossinais de afloramentos granticos nin de outro tipo de pedras, polo que o seu significado

    parece claro. Nembargantes o topnimo Pedroso/a, si adoita significar monte de Pedrasou de afloramentos, co que salvo raras excepcins, non ser sinnimo de Castro.

    A continuacin expoemos algns dos exemplos do topnimo Pereiro/a coas sasvariantes que teen relacin directa cun asentamento castrexo recoecido, situndose amenos de 400 m. do mesmo:

    -Pereiro, NL do Castelo dos Gafos (San Romn de Donios-Ferrol).-Pereiro, O do Castro de Eiravedra (San Estevo de Sedes-Narn).-Pereiro, S do Castro do Pereiro (Sta. Eulalia de Valdovio-Valdovio).

    -Pereiro, SO do Castro do Pereiro (San Xon de Moeche-Moeche).-Pereiro, S do Castro do Seixo ou Pereiro, este un dos casos mis significativos para

    a confirmacin da nosa teora xa que se atopa o topnimo de Pereiro e 200 m. L otopnimo Castro, atopndose o asentamento nas mesmas casas do lugar do Pereiro,sendo de a de onde sacaron as pedras (San Pedro do Val de Xestoso-Monfero).

    -Pereira, N do Castro de Vilasnchez (San Salvador de Serantes-Ferrol).-Supereira, O de Tralocastro (San Xon de Esmelle-Ferrol).-Supereira, S do desaparecido Castro de Ferrol Vello (San Xiao-Ferrol), con este

    topnimo denominbase a ribeira do mar a altura do actual peirao de Curruxeiras1 3 .-Pedreira, L do Castro da Revolta (San Estevo de Sedes-Narn).-Pedreira, SL do desaparecido Castro de Taraza (San Vicente de Meirs-Valdovio).-Pedreira, SL do Castro de Meh (San Vicente de Meh-Mugardos).-Pereiruga, (probablemente diminutivo despectivo de Pereira, v. verrca verruga-, ou

    lactcaleituga-) NL do Castro da Pereiruga (San Salvador de Pedroso-Narn).Mesmo poderiamos inclur aqu un exemplo de Pedroso, L do Castro da Ermida (San

    Salvador de Pedroso-Narn), como xa dixemos, anda que moitas veces signifique paraxeou monte de pedras, a falta de estas, ven podera telo mesmo significado que Pereiro,sobre todo se temos en conta que moi posible que neste caso o topnimo non

    13 MONTERO AROSTEGUI, J. Historia y Discripcin de El Ferrol del Caudillo, edicin de 1972,pg. 220.

  • 7/25/2019 O Tesouro de Bedoya - Analise de Localizacin

    9/10

    19

    Anuario Brigantino 2000, n 23

    O TESOURO DE BEDOYA: ANLISE DE LOCALIZACIN

    evolucionara polas frreas regras do latn eclesistico, xa que no lugar de Pedroso,atopbase un dos mosteiros mis importantes de Galicia o Mosteiro de San Salvador dePedroso, que lle deu nome actual parroquia.

    evidente que non se trata dunha casualidade, anque ignoramos se este mesmo casose produce no resto de Galicia, polo que cremos que o topnimo Pereiro/a e as sasvariantes (con algunhas reservas) dbense considerar coma un topnimo de clarasignificacin arqueolxica (sinnimo de castro), polo menos na zona NL da provincia daCorua; pero sen esgota-la posibilidade de que tratarse dun lugar de onde se sacan

    pedras, pora ter unha significacin arqueolxica moito mis ampla a tmulos, o subtraerseas pedras da coiraza (encontrandonos que nalgunhas excavacins existen na coiraza,grandes calvas de pedra), ou como vn sendo habitual arrincando as chantas da cmara;dando tamn a pista para a localizacin de asentamentos romanos ou medievais.

    Non debemos minimiza-la importancia que o presente topnimo, e as sas variantespoden chegar a ter para arqueoloxa galega, xa que atopasen espallados por toda Galiciaen mis de 200 lugares habitados, mis outros tantas paraxes e montes.

    AGRADECEMENTOSEspecialmente agradcemo-la sa informacin e axuda desinteresada familia Bedoya, profesor D. Luis Monteagudo (polos seus estudios de toponmia), D. Carlos C. Valle(Director do Museo Provincial de Pontevedra), D. Bieito Prez Outeirio (Director doMuseo das Peregrinacins), e a todas aquelas persoas que colaboraron nodesenvolvemento deste traballo .

  • 7/25/2019 O Tesouro de Bedoya - Analise de Localizacin

    10/10

    20

    Anuario Brigantino 2000, n 23

    GRUPO DE ARQUEOLOXA DA TERRA DE TRASANCOS

    Caldeiro onde se atopou o tesouro.

    Foto cedida por D. Bieito Prez Outeirio