O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA

8
Novela de aventuras de ritmo trepidante, onde o autor encaixa perfectamente as pezas dun crebacabezas. Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as vidas dun asasino a soldo, dunha emigrante latinoamericana e dun adolescente. 29 de Abril 2013/14 6ª SESIÓN do Club de Lectura do Sofía

Transcript of O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA

Page 1: O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA

Novela de aventuras de ritmo trepidante,

onde o autor encaixa perfectamente as pezas dun crebacabezas.

Polas rúas de Madrid, entrecrúzanse as

vidas dun asasino a soldo, dunha

emigrante latinoamericana e dun

adolescente.

29 de Abril 2013/14

6ª SESIÓN do Club de Lectura do

Sofía

Page 2: O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA

ÍNDICE

Autor

Resume

Personaxes principais

Personaxes secundarios

Espazo e tempo

Opinión persoal

Page 3: O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA

O AUTOR

César Mallorquí (Barcelona, 1953) .

Estudou periodismo na Universidade

Complutense e traballou na Codorniz e na

Cadena Ser.

De 1981 a 1991 dedicouse á publicidade.

Desde entón está dedicado totalmente á

escritura e moitos dos seus relatos foron

premiados.

O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA,

NOVELA DE ACCIÓN

Editorial Edebé (editada en Barcelona, 1997)

Gañadora do Premio "Edebé" de Literatura

Xuvenil 1997.

CÉSAR MALLORQUÍ

Entrevista a César Mallorquí

Page 4: O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA

RESUMEO señor Luna, un asasino a soldo é contratado para matar a dona Flor, unha boliviana que roubou a un xefe da mafia boliviana. O que non sabía Luna é, que dona Flor, en realidade roubou unha avioneta cargada de cocaína por valor de 100 millóns cuxo destino non era a mafia colombiana, compradora da súa mercancía, senón a mafia española.

Paulo e Flor fanse amigos e de esa forma coñece a súa situación en España onde ela pretende localizar ao cartel para vingarse de Coronado. Este matou ao seu marido, traballador nunha empresa pertencente ao capo, despois de negarse a incluír entre a súa mercancía cocaína. Trátase dunha débeda de amor que lle fai poñerse no ollo do furacán.O desenlace é espectacular. O asasino inesperadamente axuda a muller, fai estalar a empresa azucreira que usaban como tapadeira, co fillo de capo dentro.

Page 5: O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA

PERSONAXES PRINCIPAIS

Sr.Luna: É un tipo sen nome pero con moitos

nomes. É alto, co pelo negro e curto.

Dona Flor: É unha muller boliviana. É baixa, co pelo

negro. Busca vingarse do Sr. Coronado.

Paulo: É un neno superdotado e un xenio en

matemáticas. É da “República”, así se facían

chamar o grupo de estudantes inmersos nun

programa de superdotados. Durante a historia tivo

un desengano amoroso e problemas co noivo da

súa “amiga”, que o levou a ter problemas co alcol.

Page 6: O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA

PERSONAXES SECUNDARIOS

Amigos de Paulo: Son os da "República dos sabios”. Os

seus nomes son: Gabriel, Benito, Guillerme e Laura.

Tacho Coronado: É fillo de Aurelio Coronado. Odia ao Sr.

Luna.

Aurelio Coronado: É un capo e un dos homes máis ricos de

Bolivia. Foi traizoado por Flor Huanaco.

É traficante de drogas e contratou ao Sr. Luna para un

traballo, asasinar a Flor Huanaco.

Patricia: É amiga de Paulo e por quen vai a sufrir un

desengano amoroso. Ten unha relación con Paulo, que

resulta ser inducida polo psicólogo.

Page 7: O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA

ESPAZO e TEMPO ONDE SE DESENVOLVE A NOVELA

Como trazo propio da novela de acción, son variados os espazos nos que se sitúan

os personaxes.

Por un lado, o ámbito natural da selva amazónica (“O abrupto camiño que se

adentraba na selva amazónica...", p.10); e, por outro, o mundo urbano de Madrid,

con epicentro no colexio Alberto Magno e na casa de Paulo; mesmo, a sede de

Sugar & Grain entendida como unha metáfora do mal na medida en que é o lugar

onde se esconde a droga, e a discoteca El Topo (onde Paulo aprende a bailar de

mans de Samara, feito importante porque bailar facilita o coñecemento da

linguaxe interior da muller, segundo Flor.

A acción se desenvolve e tempo real, no presente, pois conocemos

certas ideoloxías neonazis, así como o mundo das drogas e a vida dos

inmigrantes en algúns barrios residenciales do norte de Madrid (Aravaca).

O tempo narrativo acontece nun curso académico; non hai alusións neste sentido.

Page 8: O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA

OPINIÓN PERSOAL:

é unha novela entretida porque ten moita acción,

os personaxes son peculiares e cunha vida

complicada e difícil de entender para nos.

Nos gustou porque trata temas de actualidade.

Os personaxes que máis nos gustaron foron

Paulo e Tacho …

Presentación feita por Rodrigo e Jorge