O Xornal da ANPA nº 9

24

description

Revista editada pola ANPA Outeiro de Vea do CEIP Manuel Villar Paramá correspondente ao 3º trimestre do curso 2013/2014

Transcript of O Xornal da ANPA nº 9

Page 1: O Xornal da ANPA nº 9
Page 2: O Xornal da ANPA nº 9
Page 3: O Xornal da ANPA nº 9

3

O XORNAL DA ANPA

ANPA Outeiro de VeaCEIP Manuel Villar ParamáXUÑO 2014 nº 9

SUMARIO

Editorial........... ................................................... 4ANPA informa.. ................................................... 5Saídas e Celebracións ....................................... 6Viaxe a Alvarella...................................................8Xente da nosa....................................................11Opinan os pais.................................................. 14Escola de pais e nais ........................................18Espazos Naturais...... ....................................... 19Pasatempos.......................................................22Premiados......................................................... 22

O Xornal da ANPA

DATOS XERAIS DO CENTRO

Tlfno.Fax 986 586 493

E-mail: [email protected]

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvillarparama

Page 4: O Xornal da ANPA nº 9

4

EDITORIAL

Tras nove meses de traballo, de estudo e de esforzo estamos chegando a porto.

O curso 2013/2014 está tocando ao seu fin e é tempo de avaliación; de gratificarse

daquelas cousas que se fixeron ben, de recoñecer erros para que non volvan a

acontecer no futuro e de tomarse un descanso para pensar novas iniciativas.

Neste número do XORNAL atoparedes, ademais das seccións habituais, unha

crónica completa da excursión dos nenos e nenas de 6º e unha entrevista persoal á

ilustradora Patricia Castelao, filla dun antigo mestre do colexio e que residiu en Couso

uns anos. Ademais, incluímos, como agasallo, un DVD onde se recollen tanto as

gravacións dos festivais de Entroido e das Letras Galegas como algunha das imaxes

que serven de resumo deste curso que estamos a piques de rematar.

Desde a xunta directiva ANPA queremos agradecer toda a vosa colaboración e

desexamos que continúe a partir de setembro. Curso 2014/2015... imos alá!

BOAS VACACIÓNS A TOD@S!

O Xornal da ANPA

Revista editada pola ANPA Outeiro de Vea

http://anpaouteirodevea.blogspot.com

E-mail: [email protected]

Presidente: Manuel Correa Magariños

Vicepresidenta: Margarita Pazos Barcala

Secretario: X. Anxo Fernández Alonso

Tesoureira: Ana María Souto Calviño

Representante no Consello: Catarina Santomil Cao

VogaisMª Dolores Carballeda Bahamonde María José Castro Loureiro

Cristina Duro Duro Rosa Mª Mejuto Mato

Cristina Rodríguez Lago Montserrat Vara Ribeira

Marcelo Vidal García

Page 5: O Xornal da ANPA nº 9

5O Xornal da ANPA 5O Xornal da ANPA

ANPA INFORMA

Como xa adiantabamos no anterior número do Xornal, a principios do mes de abril solicitamos unha reunión no Concello tanto co Alcalde, D. Xosé López, como coa Concelleira de Educación, Dna. Amalia Goldar, co fin de que nos aclarasen as distintas informacións aparecidas na prensa escrita sobre o novo aparcadoiro dos autobuses no noso cole. O pasado 23 de abril tivo lugar dita reunión á que asistiu unha representación da ANPA e o director do centro e na que se nos comunicou que o proxecto estaba feito, o orzamento de 20.000 € aprobado e estaba a espensas do visto bo da Diputación de Pontevedra, propietaria da estrada Souto de Vea-Portela, e da Xunta de Galicia. Hai uns días recibimos a confirmación de dita aprobación por parte do Concello feito que se reflectiu na prensa o pasado 8 de xuño. Tras este paso, está previsto que no mes de xuño se licite a obra que se executaría durante o verán. Agardamos que esta loita de tantos anos e na que se implicou tanta xente teña, ao fin, os froitos agardados.

Noutra orde de cousas, informarvos de que unha vintena de familias se interesaron polo proxecto do Banco de Libros que botará a andar unha vez rematadas as clases. Neste senso, indicar que segundo consta nas bases da convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2014/2015, será obrigatorio conservar en bo estado os libros adquiridos con esa axuda para incorporalos en xuño de 2015 a un fondo solidario (banco de libros) que se constituirá no centro. Desta obriga estarían excluído o alumnado de 1º e 2º primaria xa que se considera que os libros destes cursos non poden ser reutilizados.Toda a información desta convocatoria en: http://www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

Page 6: O Xornal da ANPA nº 9

6 O Xornal da ANPA

SAÍDAS E CELEBRACIÓNS

Deporte e poesía; auga e natureza, teatro e tradicións. Estes poden ser os ingredientes que nos permiten resumir en moi poucas palabras as saídas e celebracións desenvolvidas ao longo do trimestre no colexio e que disfrutaron os nosos nenos e nenas. Velaí van!

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS: Un ano máis, a comunidade ecucativa do CEIP Manuel Villar Paramá rendiu homenaxe ao persoeiro da nosa literatura ao que se lle adica o día das Letras. Nesta ocasión, o homenaxeado foi o poeta lucense Xosé María Díaz Castro e sobre a súafigura xirou parte do festival no que, ademais de recitar algúndos poemas do autor, proxectouse un vídeo sobre a súavida e obra creado polo alumnado de 4º e 5º de primaria e no que puidemos ver os traballos que, sobre o poeta, fixeronnas aulas. Pero o festival deu para moitas máis cousas. A obra de teatro Peter Pan dos nenos e nenas de infantil, os poemas dos alumnos do 1º ciclo de primaria, a obra de teatrodos de 3º ou a exhibición musical dos nenos e nenas de 6º. En definitiva, moitas horas de traballo preparando este festivale que foron premiadas polos aplausos d@s nen@s e as súas familias. Parabéns polo traballo!

Page 7: O Xornal da ANPA nº 9

7O Xornal da ANPA

Botan unha man...

DÍA DE EXCURSIÓN O pasado xoves 22 de maio o centro quedou case baleiro xa que tanto profes como alumnado foron de excursión! Por un lado, os nenos e nenas de infantil, 1º, 2º 3º e 6º de primaria fixeron unha visita etnolóxica aos muíños da ría de Barosa no Concello de Barro. Alí aprenderon a historia e funcionamento dos muíños, como funcionan os fornos de pedra e cal é o proceso de elaboración do pan. Ata fixeron o seu propio boliño!! Por outra banda, o alumnado de 4º e 5º acudiron á Estación de Captura e Precintaxe do Salmón, no couto de Ximonde, onde lle explicaron a importancia de respectar a flora e a fauna autóctonas e manter os ríos limpos e coidados.

CAMPIONATO DE JUDO INFANTIL. O venres 30 de maio celebrouse no pavillón do colexio un Campionato de judo infantil organizado polo club Judo Compostela e pola ANPA. Na cita, na que participaron preto de 150 nenos chegados doutros concellos, os nenos e nenas do noso cole demostraron todo o que aprenderon ao longo do curso nas súas clases!

Page 8: O Xornal da ANPA nº 9

8 O Xornal da ANPA

O reloxo avanza impasible pero para eles parece que non se está a mover. Son case

as 8:30 da mañá, loce o sol e, a pesares de ser día festivo, hai un rebumbio pouco

habitual ás portas do colexio. Un subir e baixar as escaleiras do autobús. As caras

expectantes e os corazóns un pouco máis acelerados do normal. Non están todos...falta

un! Onde se metería? Subir e baixar para volver a subir. Alguén suxire facer unha foto de

grupo. Para que!!!! Está claro que queren marchar, deixar as súas familias e gozar da

experiencia. Chegou a hora. Algunha bágoa decide ir tamén de excursión pola meixela

dalgún dos que quedan en terra. Apenas serán sesenta horas sen telos na casa pero o

reloxo, agora si, parece definitivamente que non quere avanzar.

E así foi como as nenas e nenos de 6º iniciaron a súa aventura os primeiros días

de maio rumbo ao camping Alvarella. Foron días de convivencia nos que, no marabilloso

entorno natural que brindan as Fragas do Eume, compartiron moito máis do que puideron

facer ao longo de todos estes anos xuntos no colexio. Montaron a cabalo, deslizáronse en

piragua polo río Eume, descubriron como facer gominolas caseiras ou como elaborar

ambientadores con herbas aromáticas, cociñaron nun forno solar, durmiron en sacos... En

definitiva, coñecéronse un pouco máis e almacenaron nun lugar privilexiado da súa

memoria imaxes e recordos que permanecerán alí para sempre.

VIAXE A ALVARELLA

Imaxe do Albergue de Ecoturismo Alvarella

Page 9: O Xornal da ANPA nº 9

9O Xornal da ANPA

E, como o que alí aconteceu só eles o saben, uns días despois do regreso á vida

normal, reunímonos con Laura, María, Diego e Brais para que nos contasen as súas

impresións e experiencias. E iso foi o que nos contaron!

Empezamos sendo moi directos. De 0 a 10, que nota lle poriades á excursión?Laura: un 10. María: un 10. Brais: un 9. Diego: un 9, polas lentellas!Se tiverades que escoller unha de todas as actividades que tivestes con cal vos quedariades?Laura: Sendeirismo. Vimos como unha galería na que había árbores que se pechaban e facían un camiño, ensináronnosonde agochaban as castañas antes e dixérononos que tiñantrampas para que non llelas foran a roubar, e moitas cousasmáis.María: E tamén nos dixeron que o río se vía moi azul porquetiña algas desa cor por debaixoE non se vos fixo moi longa esa ruta de 10 quilómetros? Brais: Fíxosenos curta. Ata chegamos antes de tempo!Diego: Eu adelgacei tres quilos e despois á cea engordei seis ou sete… Fostes os catro a montar a cabalo e ningún de vós montara antes. Confesade, quen se asustou?

Laura: Eu. Porque iamos pola costa abaixo cando fomos dar un paseo pola estrada e case caio do cabalo. Diego: Eu dixenlle á miña nai que quería mercar un cabalo. Foi o meu saúdo ao chegar á casa! Como levastes o de durmir no saco? Durmirades

algunha vez? Como resultou? Brais: Eu non. Resultou cómodo, pero o malo era que non

te dabas movido moito e un pouco e máis caio da cama! María: Laura tirábame a min da cama

Diego: É cómodo, o problema é que case caio da cama e todos os días pola mañán aparecía cos pés fóra.Falemos doutras actividades. Por exemplo, estampación de camisetas. ContádenosDiego: Con pintura pintábamos follas e poñíamolas enriba da camiseta, pintábamos con pinceis… e quedáronnos de recordo.A cociña solar…Laura: Funcionaba coa luz do sol. Poñías o forno e había espellos para que reflectira o sol e había que ir movendo o forno para que lle dera calor. E cociñamos madalenas, flan, arroz con leite…

Page 10: O Xornal da ANPA nº 9

10 O Xornal da ANPA10 O Xornal da ANPA

Que outros obradoiros fixestes?No de gominolas caseiras colliamos zume de laranxa ou do que quixeramos e botábamolo nun frasco e despois tiñamos que quentalo para que se fixese como xelatina para despois poñelo nun molde. As gominolas papámolas, non as trouxemos…Gustouvos a experincia de montar na piragua? María: Si. Nós fomos as últimas porque Mencía non daba. Iamos en parella e eu tiña que facer toda a forza para xirar porque non iamos coordinadas.Diego: A min o monitor díxome que eu era o motor da piragua!Falando de monitores, que tal? Xenial (Unánime)E as intalacións, o sitio, a comida…que tal?Diego: Ben. A comida de marabilla! Laura: Xenial, menos o caldo. Porque a min non me gusta…E no tempo libre que faciades…Xogar ao fútbol ou ao ping pong, ir aos columpios, había xogos de mesa...A convivencia. Vós coñecédesvos de vir ao cole xuntos todos estes anos; gustouvos a experiencia de compartir estes tres días durante as 24 horas?Si, aínda que os rapaces eran algo ruidosos porque estaban na habitación do lado e poñíanse a petar nas paredes e non nos deixaban durmir.Así entre nós e sen que se entere ninguén… durmistes de noite?María: Si! Iso si, estabamos todas despertas e Laura foi a primeira en durmir e a última en levantarseE madrugar?Brais: A nós o segundo día tiveron que vir despertarnos pero algunha das nenas, polo que sei eu, non se daba erguido tampouco.E tiñades tarefas para facer todos os días?Laura: Tiñamos que poñer e recoller a mesa e varrer no almorzo, no xantar e na cea. E tiñamos que recoller a nosa habitación!Algunha anécdota que se poida contar...María: Pois cando iamos andando, cheiraba mal e era un corzo morto á beira do ríoLaura: Os do outro colexio, que eran de Cambre, querían entrar na nosa habitación e poñernos nerviosasPara rematar; se dentro de vinte anos vos xuntades, que pensades que ides lembrar con máis cariño da excursión…Brais, Laura e María: O feito de estar xuntos!Diego: Eu o de montar a cabalo!

Page 11: O Xornal da ANPA nº 9

11O Xornal da ANPA

O outro recordo creo que ten que ver cun ‘intercambio de opinións’ que tiveches cunha das columnas do patio…Aínda non tiña carnet de conducir. Unha tarde estaba por alí esperando a que meu pai rematase algún traballo, así que lle preguntei se podía coller o seu coche para dar unha volta polo patio do cole. Ata aí non houbo problema. Pero non sei cómo, pasóuseme pola cabeza a idea de metelo nun patio cuberto con columnas que había detrás. Non foi unha boa idea. Rasquei o coche e tiven que chamar a meu pai para que o sacara de alí. Cousas que pasan!

A vida levoute despois polo camiño da creatividade, pero cando xa estabas en 5º de Medicina!, como foi ese proceso? Que che dixeron na casa?Para min foi un proceso natural. Hoxe en día non concibo dedicarme a outra cousa que non sexa debuxar e pintar, pero ás veces o camiño non é unha liña recta. Tiven un profesor en cuarto de Medicina que me marcou moito, o doutor Manuel Iglesias, de Xinecoloxía. Desfrutaba tanto de dar clase, e da súa materia, que pensei: eu tamén quero iso, gozar así co meu traballo. Daí empezou a crecer a idea de cambiar o meu futuro.

Cando aínda non tiña carné, pedinlle o coche a meu pai para practicar polo patio da escola. Foi unha mala idea.

XENTE DA NOSA

Era a filla de Don Esteban, un dos directores máis lembrados da nosa escola. Viviu aquí, en Couso, estudou na Estrada, mesmo espetou o coche de seu pai contra unha das columnas do patio. Hoxe é unha ilustradora de éxito internacional, unha artista de Vea, xente da nosa. Hoxe queremos coñecer a Patricia Castelao.

PATRICIA CASTELAO: “De Couso levarei sempre comigo o recendo da brétema a carón do río”

Como foron aqueles anos da túa infancia e adolescencia en Couso…?O que máis lembro son os paseos polo Ulla, e tamén descubrindo pequenos camiños polo monte. Non esquecerei nunca unha noite na que non había lúa, e estaba todo tan escuro, que meu irmán e máis eu tiñamos que ir apalpando o chan coas mans para non saírmos do camiño e así non perdernos.

Cando teu pai, Don Esteban, era director da escola, ti xa estabas no instituto, pero iso non quere dicir que non tiveses contacto coa nosa escola…Do cole teño dous recordos especiais: nas primeiras eleccións nas que puiden votar, ao facer os 18 anos, tocoume ser vogal na mesa electoral, que era na escola do Souto. Lémbrome moi ben dese día, porque ademais de ser emocionante votar por primeira vez, vin como un home que ía facer os cen anos, non só acudía a votar, senón que ao despedirse díxonos “ata a próxima!”

Patricia, á dereita, cunha amiga da infancia en Couso

A primeira vez que votei foi na escola do Souto de Vea. E tocoume ser vogal!

Page 12: O Xornal da ANPA nº 9

12 O Xornal da ANPA

Que o meu traballo estea presente internacionalmente faime sentir que o mundo é máis pequeno e menos intimidatorio. Todos somos veciños de todos

Unha boa decisión, vendo os resultados. O teu traballo ten éxito, e recoñecemento, mesmo a nivel internacional, en mercados estranxeiros: ilustradora para varias editoriais norteamericanas, e tamén para National Geographic…Fai máis de dez anos que empecei traballando en películas de animación, como Planet 51, estando en Madrid, e case ao mesmo tempo en ilustración, tanto en editoriais galegas e españolas coma no estraxeiros, especialmente nos Estados Unidos.E como foi esa experiencia de ilustrar o mesmísimo Ricky Martin? Coñecíchelo en persoa?Non o coñecín, non. Normalmente traballamos nun equipo formado por directores de arte e editores. Os que toman as decisións teñen reunións privadas.O último traballo que publicaches é o que lle pon a arte gráfica á arte literaria dunha das grandes da escrita galega, Fina Casalderrey, “Cuca e o abrigo marrón”, as dúas sodes xa parella artística consolidada, como foi esa colaboración?Con Fina sempre é moi doado, teño liberdade completa para traballar, e iso fai de cada libro unha experiencia fantástica.E como se sente unha nena que saíu da Estrada, e que agora sabe que o seu traballo aparece en libros que se traduciron a unha chea de idiomas, e que a súa obra se ve (e se aprecia) nunha chea de países do mundo? É a maxia da imaxe, que ten un idioma universal…Fai que o mundo pareza máis pequeno, e menos intimidatorio. En realidade, todos somos veciños de todos!

E todo isto, vivindo na Coruña, co teu home e a túa filliña, coas novas tecnoloxías como aliadas para traballar desde calquera sitio, como cambiou o proceso creativo nos últimos anos?O proceso creativo cambiou pola propia evolución natural, pero tamén porque hoxe en día temos acceso a moitísima máis información, e se somos un pouco intelixentes á hora de escoller esa información, poderemos sacarlles moito máis partido ás novas tecnoloxías. Do mesmo xeito, permítennos traballar dende a casa para outros mercados. Simplemente hai que ter email. Ás veces hai algunha reunión por skype, e subir o traballo a algún servidor para que o editor o poida ter nese mesmo instante no seu ordenador.

Uns avances moi útiles, tamén para dar a coñecer o teu traballo, que vai máis alá da ilustración editorial, como o teu blogue, con retratos, acuarelas…O traballo coas acuarelas naceu hai un par de anos probando un pouco as técnicas máis tradicionais, xa que dende o principio sempre traballei unicamente co ordenador, cun programa que se chama Photoshop. E teño que recoñecer que quedei enganchada á

Autorretrato en acuarela

Estudaba 5º de Medicina cando cambiei de idea. Marcoume un profesor da facultade. Vendo como gozaba el co seu traballo, quixen iso mesmo para min. Pero por outro camiño

Ilustrou o primeiro libro infantil de Ricky Martin, “Santiago el soñador entre las estrellas”, que se publicou en español e en inglés.

Page 13: O Xornal da ANPA nº 9

13O Xornal da ANPA

acuarela, encántame como a auga se mistura cos pigmentos, xogar coas pinceladas para ir dándolle forma aos retratos, que é o que máis me gusta pintar. Gustaríame, co tempo, facer un caderno de viaxes só de retratos, ir pintando á xente, e retratar a través das persoas os lugares que visito.

Agora, polo que nos avanzas, os nosos nenos e nenas van poder cantar con Galaxia en galego, e ti tamén participas, como?Teño o pracer de estar ilustrando un libro para As Maimiñas, que compoñen e cantan cancións preciosas para os rapaces. No libro van percorrendo o mundo, seguro que algún exemplar aterra tamén no voso cole. (Este é outro dos agasallos que lle temos que agradecer a Patricia, que tamén nos anunciou que lle vai regalar á Biblioteca da nosa escola un exemplar dedicado de “Cuca e o abrigo marrón”, o último libro de Fina Casalderrey que se mencionou nesta entrevista).

Con toda esta experiencia ás costas, que lles recomendas aos rapaces e rapazas da nosa escola (que tamén é algo túa) para que metan na mochila que os vai acompañar na vida cando deixen Vea?O que eu non esquezo dos sitios son os olores. Cando deixei os estudos de Medicina, pasei dous anos en Francia, a carón dos Alpes, e moitas veces aínda me lembro do olor da montaña. De Couso, que é onde viviamos, sempre levarei comigo o arrecendo da brétema e a humidade a carón do río.

Se queredes saber máis do traballo de Patricia Castelao podedes visitar http://pcastelao.comhttp://patriciacastelao.blogspot.com.es

Botan unha man...

Ilustración de Patricia para o libro “Hungry Ghost

De Couso levo comigo o arrecendo da brétema e a humidade a carón do río

As novas tecnoloxías cambiaron por completo o xeito de traballar en ilustración

Page 14: O Xornal da ANPA nº 9

14 O Xornal da ANPA

OPINAN OS PAIS

Sendo tempo de avaliación, neste número quixémonos poñer en contacto con dúas familias cuxas circunstancias son totalmente opostas: por unha banda, a familia de Samuel que comenzou neste curso a súa andaina na escola; e, por outra, a de Adrián que remata os seus estudos no noso colexio para iniciar a secundaria. Isto foi o que nos contaron...

Como nai dun neno que está a piques de rematar o seu 1º curso no noso cole, que valoración fas respecto ao funcionamento do centro en xeral?A miña valoración é positiva. Gústame que haxa xornada única; gústame que as mestras de infantil, que son as quecoñezo, se implican un montón no día a día dos nenos; e penso que son moi positivas tanto para os pais e nais como para os alumnos, as saídas e festivais, xa que se interrelacionan uns cos outros de xeito distinto ao que acostuman todos os días.Que cousas consideras que se poderían e deberían mellorar, tanto en infraestruturas como no propio día a día?No funcionamento diario do centro penso que habría que valorar a posibilidade, e se é viable ou non, de que houbese comedor. Igual a moitas familias non lles interesa, pero a moitas outras, nas que traballen todos os membros, igual sí. E en infraestruturas os temas xa falados alguna vez: o aparcamento dos buses diante do colexio, unha cuberta entre os dous edificios…Un centro do rural coma o noso non o ten nada doado para captar alumnado fóra da súa área de influencia. Que aspectos positivos destacarías especialmente que ten a nosa escola fronte a outras?Destacaría a proximidade do centro aos nosos domicilios. É moi doado traer ou vir recoller ao neno ao cole porque en cinco minutos estás aquí. Se un neno se manca ou hai unha “emerxencia” doutro tipo, calquera se achega un momento. E tamén é importante, para min, o trato familiar. Penso que nun centro coma este, con poucos alumnos, todos se coñecen. Os mestres de cursos superiores coñecen aos pequenos e tamén a nós, os pais e nais; hai un trato máis familiar e cercano que se fora un centro con moitos nenos. Os nenos acaban coñecendo a todos os veciños da contorna, mentres que se foran a outro colexio, máis alonxado, os seus amigos vivirían, probablemente, máis lonxe.

Lucía CalveloNai de Samuel

(Infantil 3 anos)

Page 15: O Xornal da ANPA nº 9

15O Xornal da ANPA 15O Xornal da ANPA

Non cabe dúbida que este foi un curso de adaptación á vida escolar para o teu fillo. Como resultou? Estás satisfeita co traballo desenvolvido nas aulas de infantil?Ao principio foi difícil. Él é un neno bastante rebelde, moi independiente e con moito xenio, así que o de adaptarse ás normas da escola, os horarios, o compartir xoguetes, os rituais de entrada e saída, e a convivencia catro ou cinco horas cos outros nenos e os profes…. Foi difícil. Pero penso que tanto Chelo coma Victoria fan un traballo excelente cos pequenos. Saúl aprendeu moitísimas cousas, afeccionouse a ler cada noite, ten máis paciencia, preocúpase polos nenos máis pequenos…e creo que toda esa evolución vén motivada polo traballo das profes, aparte do lóxico crecemento do neno, claro. Falemos das actividades realizadas no centro ao longo do curso: saídas, festivais, celebracións… Que valoración fas das mesmas? Botaches algo en falta?Moi positiva. As saídas poderían ser máis habituais, aínda que considero que dá moito traballo organizalas, xestionalas e ir con todos os nenos por aí. Os festivais e celebracións encantáronme. Penso que son bos momentos para xuntarse os tres elementos na escola, nenos, pais e profes, e disfrutar dun momento especial, coma o magosto, o samaín, ou o entroido, e do traballo que fan no cole preparando musicais, obras de teatro, representacións…Recén chegada ao cole e recén chegada á Asociación de pais e nais. Cal debe de ser, ao teu xuízo, o papel da ANPA dentro do organigrama que forma un centro educativo?Penso que debe ser o que está a ser agora: un vehículo de comunicación de pais de alumnos co profesorado, ca institución do colexio. Grazas á ANPA podemos facer chegar suxerencias, demandas, preocupacións… tanto ao profesorado como a toda a entidade escolar, máis facilmente que a título persoal.Que valoración fas do traballo realizado desde a ANPA ao longo do curso?Pois moi boa. Os que chegamos novos ao cole este ano, como é o meu caso, andamos un pouco perdidos á hora de con que falar, dunha dúbida… e a xente da ANPA é moi cercana. A idea do blog está moi ben e a labor que se fai promovendo actividades extraescolares, tamén.E xa, para rematar, algún consello ou suxestión que nos queiras facer de cara ao curso que vén? Consello ningún, penso que o estades a facer moi ben. Suxestión? Se cadra para poder opinar todos máis asiduamente a ANPA podería ter presencia nas redes sociais, ou poderíase facer un “xantar” ou xornada de convivencia anual.

Page 16: O Xornal da ANPA nº 9

16 O Xornal da ANPA

OPINAN OS PAIS

José Antonio DíazPai de Adrián(6º Primaria)

O teu fillo remata este curso os seus estudos de primaria no noso cole. Que valoración fas respectoao funcionamento do centro en xeral? Consideras que co paso dos anos o centro mellorou, empeorou…? A nivel de funcionamiento pienso que en la actualidad es mejorable. Hubo muchos cambios en 9 años, tal vez ahora, exigimos más porque hubo precedentes mejores con más medios.Na actualidade, que cousas consideras que se poderían e deberían mellorar, tanto a nivel de infraestruturas como no propio día a día?A nivel de infraestructura, estando en el ANPA ya quise junto a mis compañeros la unión de los dos edificios del colegio, ya que con eso se conseguiría que el alumnado tuviesen un mejor acceso a ambos edificios. Luego lo de la lucha de siempre, en cuanto a lo de la entrada y salida de los autobuses en el recinto escolar.En lo que concierne al día a día, también se debería de pensar en la opción de un comedor escolar, a pesar de ser un centro con pocos alumnos, había que seguir intentándolo y así de esa forma ampliar la oferta para el ingreso de nuevos alumnos.Se alguna persoa che preguntara polo nosocolexio, que aspectos positivos destacarías?Lo principal que destacaría sería el alumnado:en nuestro colegio, todos los niños no importandola edad conviven todos como una familia; la cercanía con respecto a las viviendas de losalumnos y después sus instalaciones, hacen queel colegio sea de primera elección para los que vivimos cerca de él.Estás satisfeito coa formación académica recibida polo teu fillo no colexio?Pienso que el nivel académico conseguido por los alumnos es bueno, pero mejorable más en unas materias que en otras; además considero que se podría mejorar la formación académica con la implementación de nuevas tecnologías, medios educativos modernos acorde con nuestros tiempos.Que valoración fas das actividades complementarias e extraescolares (saídas, festivais, celebracións…) realizadas no colexio? Ti viviches anos de vacas fracas neste aspecto… Las Actividades complementarias y extraescolares deberían tener cierto peso para la

Page 17: O Xornal da ANPA nº 9

17O Xornal da ANPA

Botan unha man...

formación de los alumnos, como representante de alumnos desde hace 18 años consecutivos, si es cierto que he notado cambios en cuanto al número de festivales, salidas y excursiones; también me parece injusto la supresión arbitraria que se realizó de ese tipo de actividades, como represión que tomó el colegio, donde los únicos perjudicados a mi forma de pensar fueron los alumnos.Cal cres que debe ser o papel da asociación de nais e pais dentro do organigrama que conforma un centro educativo?El objetivo principal de un ANPA es y debe ser velar por los intereses de sus representados, hacer mas fácil la comunicación entre los representantes y las comunidades competentes.Ti pertenciches no seu momento á xunta directiva da ANPA. Como valoras esa experiencia? Animarías aos pais e nais a formar parte dela?Como experiencia con el grupo que estuve, enriquecedora en todos los ámbitos; primero tratas que donde estudia tu hijo trascurra todo de la mejor manera y resulta gratificante cuando logras algo o ayudas en las actividades del colegio.Animar? Pienso que el representante que nunca se ha involucrado en el ANPA, no sabe lo mucho que puede hacer por el bienestar de su hijo.Como valoras o traballo que desenvolveu a actual xunta directiva durante este curso?Con una simple palabra INNOVADOR, se puede decir que cada vez los medios son más y mejores, lo que hay que hacer es aprovecharlos.E, para rematar, algún consello ou suxestión que nos poidas aportar desde a túa experiencia? Para el ANPA que no deje de trabajar como hasta ahora, pues pienso que seria gratificante que las generaciones venideras sigan teniendo el gran centro escolar que han disfrutado mis hijos. Para el profesorado de mi hijo, primero gracias y segundo recordar que todo lo que enseñais, demostrais y actuais en el cole hace huella en el futuro de ellos y que tienen en sus manos el futuro de nuestro colegio.

Page 18: O Xornal da ANPA nº 9

18 O Xornal da ANPA

Artigo de Tania Merelas Iglesias (Educadora social e pedagoga) extraído da Revista “Ollos de Aula” editada pola CGENDL

ESCOLA DE PAIS E NAISCHEGA O VERÁN, E AGORA QUE?

1 Corresponsabilidade no fogar e nos coidados. A colaboración e reparto equitativo nas tarefas domésticas e de coidados permite unha mellor organización dos tempos. O mantemento do fogar non é responsabilidade exclusiva das mulleres, senón de todas as persoas que nel conviven, incluídas as máis pequenas e pequenos. É importante educar na corresponsabilidade dende idades temperás, xa que través da participación en pequenas tarefas as nosas fillas e fillos van gañando autonomía persoal e valorando a importancia de coidar(se).

2 Exploración da rede de apoios. A nivel institucional é importantecoñecer os recursos, servizos e programas que existenpara o verán no noso concello,tanto de carácter públicocoma de iniciativa privada. Igualmente, as bibliotecasmunicipais e oscentros culturais son recursos locais dosque cómpre coñecer a programación, pois adoitan ofreceralternativas interesantes.A nivel informal, certas persoas do noso entorno próximo poden botarnos unha man. 3 Divertimento e aprendizaxe. Na elección das actividades hai que evitar a imposición de criterios adultos e contar coa opinión d@s nen@s, coñecer os seus intereses e valorar en que medida poden ser satisfeitos. As vacacións non deben ser unha extensión do tempo escolar, polo que debemos equilibrar a presenza do divertimento e das aprendizaxes, evitando sobresaturar as axendas infantís. 4 Tempo e lecer en familia. A creación de espazos e tempos compartidos onde afloren intereses ou hobbies dos que poidan participar conxuntamente nais, pais e crianzas favorece a adquisición de aprendizaxes fundamentais e contribúe á cohesión familiar.

As vacacións de verán xa están aquí. Para @s nen@s é un momento de ledicia e posibilidades infinitas de divertimento. Porén, para moitas familias supón un incremento da dificultade de coordinar os novos horarios coas responsabilidades laborais, alén de que as tarefas domésticas e os coidados non cesan nunca. Esta situación obriga a reorganizar os tempos e pensar estratexias que sirvan á cohesión familiar e ao divertimento d@s nen@s sen deixar de lado as responsabilidades derivadas do traballo, tanto remunerado coma doméstico. Para evitar que este proceso derive en frustracións e malestares, é importante considerar certas cuestións:

Page 19: O Xornal da ANPA nº 9

19O Xornal da ANPA

ESPAZOS NATURAIS

O Ulla e o centro ictioxénico: Sumidoiro e silveiral Artigo de Marcos A. Muíños

Antigo alumno do CEIP Manuel Villar Paramá

Recordo que nos días de verán de cando eu era un cativo, os raios do sol penetraban nas augas do vao permitíndome ver a claridade das pedras brancas, a negrura das pedras negras e o brillo das areas claras. Recordos ten miña nai de cando hai case sesenta anos, ela e súas irmás, ían ao lavadoiro que existía nese mesmo lugar de augas vivas, limpas e cristalinas. Despois de lavar as sabas sentábanse nos prados verde – amarelentos con espazos tinguidos de branco polas sabas estendidas a secar, gozando do espectáculo de cores, sons e brisas tépedas do estío. Río abaixo, ao carón da ponte románica de Couso – Pontevea, acudiamos veciños e estraños a bañarnos nun río no que se podía nadar, mergullarse, pisar... Só vinte anos despois do meu recordo, o panorama mudou bastante. Supoño que moito máis se nos remontamos á nenez de miña nai. Hoxe dificilmente vemos os fondos do río en profundidades de apenas un metro. As augas son turbias e as pedras son todas negras, tanto as claras coma as escuras, cubertas dunha densa capa de lodo. Se nos metemos nun lugar de correntes vivas quizais poidamos ver augas algo máis pulcras...sempre e cando as herbas invasoras, que medran alimentadas polos lodos e matan os fondos do río ao non deixar pasar a luz, nolo permiten. Fálase, desde hai uns anos, da necesidade de recuperar e protexer especies propias do noso Ulla, tales coma o salmón e o reo, a anguía,...; especies que foron seriamente danadas durante moitos anos. A sobrepesca ou a falla de control sobre a mesma, un dos motivos. Certo. Pero non o único nin o máis importante. Que animal pode vivir na cloaca na que se está a converter o Ulla? Nun lugar no que apenas pasa a luz aosfondos, no que se destrúen as zonas pedregosas propicias para o desove e no que continuamente se controla o caudal por medio de varias presas? Nun lugar que recibe continuos vertidos, tanto dos sumidoiros coma dos contaminantes procedentes dos prados, collidos directamente polo propio río ou levados por regatos e chuvias que van a parar ao mesmo lugar. Alén de culpar á pesca coma causante principal da desaparición de especies, centrareime na contaminación (xa comentada) e na existencia de presas de auga das grandes empresashidroeléctricas

Page 20: O Xornal da ANPA nº 9

20 O Xornal da ANPA

coma factores determinantes neste suceso. Para comezar, as especies migratorias (coma o salmón e o reo), no seu regreso ao río para a súa reprodución, non poden ascender máis aló da presa de Portodemouros. Este embalse non está preparado para isto, co cal, estes peixes desapareceron río arriba. Por outra parte, coa presa pechada, hai acumulación continua de ramas, árbores, lixo...en descomposición, o que, mesturado con augas paradas, se transforma en lodos e en plantas invasoras que aí atopan un lugar idóneo para propagarse. O resultado é que cando se abren as comportas tamén se liberan os lodos mencionados, que van quedando polos fondos do Ulla. Isto multiplicado por x veces vai facendo un río cada vez máis alodado e sucio, onde de novo poden proliferar as invasoras. Ademais disto, o caudal é controlado polo embalse, segundo as necesidades da hidroeléctrica, o que provoca que se arrastren vertidos e lixo dos prados. Nos últimos tempos escoitamos falar do caudal ecolóxico que a hidroeléctrica mantén no verán: No canto de ceibar a auga de golpe, vana deixando pouco a pouco ao longo do mes. Por unha parte, isto non o fan realmente, xa que en moitos días do verán segue habendo fortes crecidas. Ademais, o caudal ecolóxico, é o que mantén o propio río por si mesmo e de maneira natural, crecendo cando chove e minguando nas épocas secas, non o que controla un salto de auga segundo as necesidades enerxéticas. Todos estes factores fan que o noso río sexa hoxe en día un lugar escuro, cheirento ás veces e, sobre todo, pouco habitable para as especies máis sensibles.

Para dar algo a cambio polos estragos causados, acordaron en 2005 entre a hidroeléctrica FENOSA e a Xunta de Galicia elaborar un proxecto de recuperación do Ulla. Desta maneira, a hidroeléctrica investiu 600.000€ na construción dun centro ictioxénico para potenciar o programa galego de recuperación do salmón atlántico. As instalacións contan con 64 tanques circulares de poliéster fabricados por unha empresa especializada e 30 pilas de incubación con 152 bandexas cada unha no seu interior. Tamén unha cámara frigorífica para o almacenamento do alimento para os peixes, unha unidade de arrefriado da auga para adaptar o caudal do río á temperatura

Page 21: O Xornal da ANPA nº 9

21O Xornal da ANPA

instalacións convertidas nun silveiral. Serve tamén hoxe en día coma criadeiro de rás (e ben grandes nun dos tanques de auga) e como entretemento para que os cativos vaian pasar o tempo cazándoas. Tamén vin restos de aves mortas, que se tiran a cazar aos anfibios e logo non poden saír da piscina de auga. Probablemente por falla de asesoramento, por facer as cousas ás présas e co único obxectivo de que a xente crera que existía preocupación pola natureza por parte da hidroeléctrica e da administración, o proxecto non foi adiante. Segundo os expertos, a temperatura da auga nesta zona non é a axeitada para a reprodución do salmón, co que todo o feito non serve para nada. Pero o que mais doe de todo é que se atopa nun lugar de especial beleza natural: A desembocadura do río Vea no Ulla, que queda completamente estragado pola presenza dun edificio de formigón, rodeado de tanques de auga e de silvas... E que sobre todo, non se utiliza para nada. Fálase nos últimos tempos, desde a administración, de poñer en funcionamento as instalacións coma un centro de investigación sobre o mexillón de río (especie case eliminada no baixo Ulla, pero con bastante presenza anos atrás). Sinceramente, despois de dez anos convertida nunha selva, non creo que esta construción estea en bo estado. Ademais, de que serve investigar sobre o mexillón de río, ou sobre outra especie, se esta zona Ulla é un lugar inhabitable, principalmente para unha especie tan sensible coma o Margaritifera margaritifera (mexillón de río)? Serviría para saber que un día existiron máis que para outra cousa. Quizais no alto Ulla, ou en afluentes máis fríos, rápidos e limpos haxa máis posibilidades, pero creo que tomar medidas serias e urxentes para mellorar o estado (habitabilidade) do Ulla sería o máis produtivo, cando ademais nos atopamos nun lugar catalogado como LIC (Lugar de Importancia Comunitaria).

Botan unha man...

esixida para a cría dos ovos e unha unidade de filtrado e desinfección da auga mediante raios ultravioletas. Ademais, as instalacións contan cun grupo electróxeno capaz de manter as bombas de osixenación dos ovos no caso deque se produza unha avaría eléctrica. En principio, esta piscifactoría tería capacidade para incubar 1.000.000 de ovos ao ano e manter un stock de 750 reprodutores, pero todo quedou nunhas

Page 22: O Xornal da ANPA nº 9

22

PASATEMPOS

O Xornal da ANPA

22

PASATEMPOS

O Xornal da ANPA

Atopa 12 nomes de avesAxudame a coller a bolboreta!

ADIVIÑA,ADIVIÑANZA.

Canto máis hai,menos se ve

SOLUCIÓN Nº anteriorO sal

SUDOKU

PREMIADOS

Familia Cajaraville Cimadevila,premiados co vale desconto de ACOE

Uxía, Adrián, Alicia, María e Carla, premiados no concurso da

1ª Festa das Palabras nas modalidades de micropoemas e microrelatos

A R I E D N A V A L A B C P G D E F G H E A L M A N Ñ A U O P Q R N I V E N S C B S I A A N C V I C E G O Ñ A P A R S E O H I X Q N O S N A X Z L T V A C M I L O T I L O L O T B U L R R E G S U L O C Ñ U C G Ñ E Z G Ñ A Z A C H P O C I M T B I O R R S A T O V I A G U D L P A A O

I Q X D H O S C H B L X C A Ñ I R O D N A A F N U U Z E L S U A F M Q X C O R V O

Page 23: O Xornal da ANPA nº 9
Page 24: O Xornal da ANPA nº 9