xornal 56 v - edu.xunta.gal · A diminución da matrícula na ESO e nos bacharelatos compénsase co...

24
A diminución da matrícula na ESO e nos bacharelatos compénsase co incremento nos ciclos formativos Xornal de Información Xeral do Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento" O Provisional Ano XX - Número 56 Viveiro, 20 de decembro de 2013 SUMARIO: SUMARIO: SUMARIO: SUMARIO: SUMARIO: • Evolución da matrícula nos últimos 25 anos • Entrevista a: Patricia Amigo Caruncho • Únicos y eternos • O arado romano • 100 anos do Heraldo • O fútbol na rúa nos sesenta • Habitos culturais no Nadal • Cine para a reflexión: La ola • A Educación en España (III) - Diana e Diego, alumnos de bacharelato, durante unha práctica de calorimetría no laboratorio de Química - Aínda que os datos iniciais facilita- dos no primeiro claustro, a comezos de setembro, facían prever que ía dimi- nuir a matrícula ao téremos un grupo menos de 1º de ESO, o certo é que, co gran incremento de solicitudes nos ci- clos formativos, ao final, a cifra de ma- triculados ronda os 800 alumnos; máis ou menos igual que en anos anterio- res. Iso si, hai dous profesores menos no cadro de persoal docente. A diminución de solicitudes na ESO débese ao descenso de matrícula nos centros adscritos e, tamén, a que pedi- ron praza menos alumnos dos colexiós non adscritos ao noso Instituto. Por outra banda, o aumento da de- manda nos ciclos formativos, princi- palmente en Electromecánica e Solda- dura, créese que é debido á actual si- tuación laboral, aínda que tamén se pode apuntar, no caso dos ciclos supe- riores, á carestía das matrículas univer- sitarias e ao incremento nas esixencias para a obtención de becas. Respecto á matrícula, lembremos que a finais dos `90 superouse, durante va- rios cursos, os 900 matriculados che- gando a un máximo de 1.041 no 1998- 1999 e case 100 profesores. Os datos xerais dos últimos 25 anos recóllense nun gráfico na páxina 3. A diminución da matrícula na ESO e nos bacharelatos compénsase co incremento nos ciclos formativos PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS - CURSO 2003-04

Transcript of xornal 56 v - edu.xunta.gal · A diminución da matrícula na ESO e nos bacharelatos compénsase co...

A diminución damatrícula naESO e nosbacharelatoscompénsaseco incrementonos ciclosformativos

Xornal de Información Xeral do Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento"

O Provisional Ano XX - Número 56 Viveiro, 20 de decembro de 2013

SUMARIO:SUMARIO:SUMARIO:SUMARIO:SUMARIO:

• Evolución da matrícula nosúltimos 25 anos• Entrevista a:

Patricia Amigo Caruncho• Únicos y eternos• O arado romano

• 100 anos do Heraldo• O fútbol na rúa nos sesenta• Habitos culturais no Nadal• Cine para a reflexión: La ola• A Educación en España (III)

- Diana e Diego, alumnos debacharelato, durante unha práctica de

calorimetría no laboratorio de Química -

Aínda que os datos iniciais facilita-dos no primeiro claustro, a comezos desetembro, facían prever que ía dimi-nuir a matrícula ao téremos un grupomenos de 1º de ESO, o certo é que, cogran incremento de solicitudes nos ci-clos formativos, ao final, a cifra de ma-triculados ronda os 800 alumnos; máisou menos igual que en anos anterio-res. Iso si, hai dous profesores menosno cadro de persoal docente.

A diminución de solicitudes na ESOdébese ao descenso de matrícula noscentros adscritos e, tamén, a que pedi-ron praza menos alumnos dos colexiósnon adscritos ao noso Instituto.

Por outra banda, o aumento da de-manda nos ciclos formativos, princi-palmente en Electromecánica e Solda-dura, créese que é debido á actual si-tuación laboral, aínda que tamén sepode apuntar, no caso dos ciclos supe-riores, á carestía das matrículas univer-sitarias e ao incremento nas esixenciaspara a obtención de becas.

Respecto á matrícula, lembremos quea finais dos ̀ 90 superouse, durante va-rios cursos, os 900 matriculados che-gando a un máximo de 1.041 no 1998-1999 e case 100 profesores. Os datosxerais dos últimos 25 anos recóllensenun gráfico na páxina 3.

A diminución damatrícula naESO e nosbacharelatoscompénsaseco incrementonos ciclosformativos

PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS - CURSO 2003-04

EDITORIALEDITORIALEDITORIALEDITORIALEDITORIAL

Páxina 2 O Provisional 20 decembro 2013

Oscilacións na matrículaOscilacións na matrículaOscilacións na matrículaOscilacións na matrículaOscilacións na matrícula

O Director: Juan J. Pardo

O incremento do número de persoas que viñeron aestudar ao noso instituto foi significativo neste curso efixo que superásemos os 800 alumnos.

Os nosos alumnos e alumnas veñen aquí porque obte-mos os mellores resultados. Nos resultados da avalia-ción de diagnóstico da ESO superamos a media de Gali-cia e do ISEC en todas as probas do 2013.

Outro dato importante é que non temos abandono es-colar en secundaria, nin casos de absentismo escolar enmenores de 16 anos. Seguimos unha sistemática de con-trol cumprindo as especificacións dunha certificaciónde calidade de servizo UNE EN ISO 9001.

Estes son os resultados, e sentímonos moi satisfeitosde poder ofertar este ensino público de calidade para onoso alumnado, coa única limitación imposta pola es-caseza do espazo físico de que dispoñemos nas nosasinstalacións.

Temos que estar agradecidos ao noso equipo de pro-fesorado que vén ao instituto moitas tardes a formarse,no segundo ano de ensinanza dixital do plan de forma-ción, para aplicar os últimos avances nas aulas dixitaisdas que dispoñen todos os nosos grupos de alumnado.

As familias e o alumnado desta sociedade da informa-ción na que vivimos saben desta realidade e nós segui-remos facendo todo o posible para impartirlles un servi-zo público educativo de calidade, corrixindo os fallosque detectamos e abrindo novas accións de mellora donoso instituto.

Entre os 170 títulos que expedimos cada curso ató-panse os de formación profesional, cos que moitos estu-dantes se converten en profesionais aproveitando demaneira dual a formación académica do centro e a com-petencia das 300 empresas da nosa contorna, nas queadquiren as destrezas necesarias para a inserción nasociedade como profesionais. Teño que dicir que variosalumnos tiveron que aprazar a formación en centros detraballo, de setembro a decembro, porque se incorpora-ron a contratos de traballo nas empresas o que demos-tra que este tipo de ensinanzas que nós impartimos son asolución para a crise laboral do noso país.

Todas as tardes, ata as 22:30 da noite, traballamospara que ninguén se quede sen estudar coa nosa ofertaeducativa para persoas adultas.

PLAN DE FORMACIÓN INTERNA

A folga xeral do ensino convocada para os días22, 23 de 24 de outubro foi secundada, no IES Ma-ría Sarmiento, polo 95% do alumnado principalmentede ciclos formativos e de bacharelatos; mentres, oprofesorado acudiu á folga o día 24 nunha porcen-taxe aproximada do 17%. Do persoal non docente,non parou ninguén.

Respecto á convocatoria do día 20 de novembro,que só afectou aos estudantes, foi seguida por algomáis do 75% do alumnado.

XORNADAS DE FOLGA

Dende o curso pasado estamos desenvolvendo unproxecto bianual de Formación Interna que tén porobxectivo mellorar as competencias dixitais do pro-fesorado, ademais de ser un requisito para seguir man-tendo a certificación de calidade ISO9001/2008 e defigurar como liña idiolóxica do centro.

Por estes motivos, acollémonos á convocatoria quefixo a Dirección Xeral de Educación, F. P. e Innova-ción Educativa, en maio de 2012, para dotación des-tes plans de formación directa e dispoñemos dunhaampla oferta de cursos para o profesorado que suma90 horas de docencia directa e implica o 75% do pro-fesorado. No que vai de curso, -sinala José RamónGómez Estévez, coordinador do Plan- xa se celebra-ron as actividades "Libros de texto dixitais" e "Ofimá-tica práctica", e quedan, para o 2º e 3º trimestres, osde "Usos de internet", "Redes sociais" e "Web 2,0".

20 decembro 2013 O Provisional Páxina 3

Por quinta vez nos últimos anos, fomos

Nominados aos PremiosLobos da Asociación de

Prensa Juvenil

Inicialmente foron 85 as publicacioóns escolares de todo oEstado as preseleccionadas. Despois da segunda fase derevisión e análise, o xurado dos Premios Lobos 2013 da

Asociación de Prensa Juvenil (APJ) deu a coñecer as publi-cacións que finalmente foron nominadas.

Os responsables e coordinadores destas publicacións foronconvidados a viaxar a Barcelona para presentar as súasexperiencias durante o "XXVI Congreso Nacional de la

Asociación de Prensa Juvenil" e así optar aos premios deouro, prata ou bronce

.Relación de las publicacións nominadas:

A Pravia, CEIP Antonio Insua Bermúdez Vilalba (Lugo)O Provisional, IES María Sarmiento

Viveiro (Lugo)Luz Azul, IES Pablo Sarasate - Lodosa (Navarra)

EscolaCollegi Sant Alfons Coop. d’Ensenyament «Es Lledoner»

Felanitx (Mallorca) Alcherol Criet de Albarracín - Albarracín (Teruel)

Cosas Nuestras Colegio Narval - Cartagena

Deli[k]iae IES Delicias - ValladolidEncuentro digital (Digital)

IES Francisco Tomás y Valiente - Fuenmayor (La Rioja)Engranaje Fundación San Valero -Zaragozae-ULICEM (Digital) IES Gregorio Marañón

Caminomorisco (Cáceres)Fuente Nueva IES Fuente Nueva - El Ejido (Almería)

Lapicero IES Jálama - Moraleja (Cáceres)Nuevo Colás IES Antonio Menárguez Costa

Los Alcázares (Murcia)Panoramas CRA Fuente Vieja - Mira (Cuenca)

Periódico digital Aldaba (Digital)IES Campos y Torozos - Medina de Rioseco (Valladolid)

Los Reporter@s del RincónCEIP Ntra. Sra. de los Ángeles

Rincón de la Seca (Murcia)Rayo que no cesa, Un (Digital) IES Miguel Hernández

AlicanteLuz Azul IES Pablo Sarasate - Lodosa (Navarra)

Tierno, El IES Enrique Tierno GalvánMoncada (Valencia)

EVOLUCIÓN DA MATRÍCULA NOS ÚLTIMOS 25 ANOSEVOLUCIÓN DA MATRÍCULA NOS ÚLTIMOS 25 ANOSEVOLUCIÓN DA MATRÍCULA NOS ÚLTIMOS 25 ANOSEVOLUCIÓN DA MATRÍCULA NOS ÚLTIMOS 25 ANOSEVOLUCIÓN DA MATRÍCULA NOS ÚLTIMOS 25 ANOS

datos extraídos do documento drd do propio centro e do programa xade

O P

rovi

sion

al

1989

-90

1991

-92

1993

-94

1990

-91

1992

-93

1994

-95

1995

-96

1997

-98

99-2

000

1996

-97

1998

-99

2000

-01

2001

-02

2003

-04

2005

-06

2002

-03

2004

-05

2006

-07

2007

-08

2009

-10

2011

-12

2008

-09

2010

-11

2001

2-13

437

618

788

530

743

817

867

934

931

923

1.04

1

850

812

786

781

770

764

768

800

715

765

869

744

784

1988

-89

378

2001

3-14

805

O ProvisionalPáxina 4 20 decembro 2013

ENTREVISTA:

Patricia Amigo Caruncho

como decidiches embarcartenesa "aventura" e marchartepara as antípodas?

Realmente fun coa miña parella,que xa ía con traballo.

O primeiro ano paseino perfec-cionando o inglés ao tempo quexestionaba a convalidación da miñatitulación de Enxeñeira Técnica In-dustrial na especialidade de Elec-tricidade despois de rematar a ca-rreira na UDC.

Por outra banda, a miña profe-sión é unha das demandadas parapoder emigrar a Aussie Planet, polotanto, pensei que a búsqueda de tra-ballo sería máis fácil dado que pen-sei que o goberno facilitaría a in-corporación laboarl aos inmigran-

tes titulados como ás veces fan pen-sar a todos os emigrantes.

Pois ben, denegáronme a convali-dación por non ser unha titulacióndunha das grandes universidades es-pañolas (UDC versus UPM).

Este foi o primeiro caldeiro deauga fría que caeu sobre min...

Pero na oficina de emprego doemigrante comunicárome que poi-do traballar igual como Enxeñeira,sen convalidar a titulación, se lo-graba atopar un traballo, (esta óp-ción está vetada a outras profesións,coma por exemplo os médicos)...

e, finalmente, atopáches ese ta-ballo?.

No medio desta aventura resultaque fun mamá, teño un neno de ano

Patricia en Ayers Rock unha formación rochosa mítica que se atopa no parque nacionalUluru Kata Tjuta, no centro de Autralia

É natural de Mañón, fixo osegundo ciclo da ESO e oBacharelato Tecnolóxico noIES María Sarmiento duranteos cursos 1997-98 ao 2000-01;agora, leva tres anos enAustralia a onde chegou pormotivos laborais da súaparella.Os que temos a fortuna decontar coa súa amizadecoincidimos en que, ademaisdunha gran estudante, é unhapersoa tremendamentesolidaria, como ten demostra-do durante os catro anos queestivo con nós.

O Provisional20 decembro 2013

ENTREVISTADOS ANTERIORMENTE:

Óscar Rolle CalvoJavier Mariño Chao

Adrián Ben MontenegroJuan Antonio Menéndez Rocha

Eric Rodríguez WolpersManuel Mira Martínez

Manuel Fernández LópezGonzalo Dablanca Blanco

Rebeca Bermudez RamudoÁngel Rodríguez Vázquez

Patricia Mariño BouzaJosé Rodríguez Costa

Pedro Álvarez ExpósitoMª Dolores Núñez EstévezFrancisco Basanta Barro

Euloxio Xesús Rubert Méndez

- Patricia, na foto de matrícula de 1º deBacharelato -

e medio, e iso fixo que me plantexea miña vida laboral doutra forma,agora mesmo o máis importantepara min e para a miña parella époder conciliar a vida laboral e fa-miliar aínda que se gañe moito me-nos diñeiro.

e como levas o de estar tan lonxede Galicia, ti que sempre estive-ches comprometida social e cultu-ralmente coa nosa Terra?

Bueno. Probablemente xa non tar-daremos moito en volver, ao mellorpara Nadal. Tres anos en Autraliason bastantes. Estamos barallando aposibilidade de crear un pequeno ne-gocio de produtos ecolóxicos, peroaínda nos faltan moitos aspectos pordefinir. Sabemos que vai a ser difí-cil ao principio, mais parece quenestes momentos o autoempleo é amellor forma para ter traballo, aín-da que é duro porque esixe moitamáis dedicación e ten máis riscoseconómicos, senembargo com-pensa noutros as-pectos os que euagora lles doumáis importancia.

Por iso, decía-che que eu nonson un caso deéxito profesionalque digamos.Pero si, estes anos enseñáronme moi-to como persoa... o idioma, a cul-tura tan diferente, fan que un me-llore interiormente.

pero tiveches oportunidades la-borais moi salientables, mesmo enArabia Saudí?

Si, é certo. O meu mellor profe-sor da Universidade ofreceume irtraballar a unha central eléctrica aArabia, pero xa estaba aquí en Aus-tralia. Probablemente se mo ofre-cese cando aínda estaba en Españasería outra historia. Non sei.

Pero son moi feliz aquí, disfru-tando desta etapa marabillosa damiña vida e do meu fillo Leo.

como é a vida en Australia?Australia, .... , pois é un país

cheo de contrastes: o norte é moiverde e o centro é un deserto, por

iso a poboaciónse concentra nacosta. Nós viñe-mos aquí con tra-ballo e visado,cousa que é moidifíci l lograrporque os empre-sarios están obri-gados a dar prio-ridade aos cida-

dáns australianos antes que aos defóra. Cando chegamos, no 2010,non eran tan estrictos, pero agoraque empezan a notarse os efectosda crise semella diferente.

Este non é un país para vir pro-bar sorte se non coñeces a ninguéne non tes un bo nivel de inglés, por-que o tempo que tardes en domina-lo idioma podes acabar cos teus afo-rros ráapidamente. Eu recomenda-ría, a quen lle apeteza saír probar aexperiencia da emigración, faceloa algún país europeo.

Ao principio botanse de menosmoitas cousas: familia, amigos, acomida española, ..., pero vaste

Non me gustaría transmitir a ideaaos alumnos o "Maria Sarmiento"de que sair de España é a única

opción posible nestes momentos decrise; o futuro non está en mandar atodos os mozos para o estranxeiro,

ainda que pode ser unha experienciamoi recomendable se non se fai

como por obrigacion.

acostumando. Ata que chega o pun-to, no que estou eu, en que xa tepropós establecerte definitivamenteou voltar, sobre todo despois de terun fillo xa non é tan fácil viaxar,¡cámbiache o conto!.

retrocedendo un pouco máis notempo, na túa etapa como alum-na do IES María Sarmiento; quelembranzas che veñen á mente?

Pois quédome con que fixen boasamistades, sobre todo no bachare-lato, e que cando rematei non sa-bía que estudar e escollín en baseao que me gustaba (Física, Mate-máticas, ...) e tamén influída polasaída laboral, por iso escollín aenxeñería. Pero creo que é moi di-fícil acertar co que che pode gus-tar, porque hai un desfase moigrande entre a vida laboral e a deestudante.

Lembro a María Parapar, poispara min foi unha excelente amigae persoa a que considero que se lledeberías adicar un capítulo espe-cial algún día, cando teñas tempo.Resaltaba nela o forte e valente etamén coqueta que foi sempre atao último momento, e agora que sonnai son máis consciente deses va-lores. Sempre terá un lugar no co-razón de todos.

- REDACCIÓN -

Páxina 5

O ProvisionalPáxina 6 20 decembro 2013

n:t.l.

Sin fe se puede perder un juego cuando ya casi estáganado (Paulo Coelho)

O venres, 12 de novembro, celebramos o DÍA DO PEÓN

FAITE VOLUNTARI@Para sensibilizar ós cidadáns da

importancia do xesto altruísta da doa-zón e aumentar o número de doado-res é fundamental o labor de infor-mación e promoción da doazón desangue entre a poboación.

Pode ser voluntari@ do CTG cal-quera cidadán que, de xeito respon-sable, libre e desinteresadamente,realice actividades de promoción dadoazón de sangue

As persoas que participan activa-mente no Programa de Voluntariadodo CTG deciden o tempo que dedi-can ás actividades informativas. Den-de o CTG recibirás o apoio e a for-mación necesarias para realizar estatarefa. Podes axudar na túa vila, ba-rrio, cidade, empresa, centro de en-sino, etc. Se tes máis de 16 anos, exis-ten moitos xeitos de colaborar no Pro-

Centro de Transfusión de GaliciaCESTA DE

NADAL

A empresa concesionaria do servi-zo do comedor escolar, San Romándo Val, S.L. (Alfredo Almoina), doouunha cesta de Nadal para sortearmediante un sistema de papeletasque permitirán recadar parte dos fon-dos para a viaxe de fin de curso dosalumnos de 4º de ESO.

Moitas grazas.

Hoxe é o último día de clase desteprimeiro trimestre do curso 2013-14

Ímos recoller as notas, o exemplarnº 56 do Provisional e asistiremos aofestival de Nadal no salón de actos.O programa é un segredo, coma cadaano, polo que agardaremos ao nº 57para informarvos do acontecido. ¡Pa-rece que vai haber sorpresas!

Coma en anos anteriores, á hora dorecreo, reunímonos no patio "bailar" opeón e facer demostracións, filigranas,concursos de baile e decoración.

De todos os participantes resultaronsignificativas as demostracións quefixeron Jordi Martínez Serantes, Vicen-te Louzao, Alejandro Villar, Laura Alonsoe Vicente Montoya. Mentres, no apar-tado de decoración das peonzasgañaron Carla Berdeal de 1º B eAbrahan García de 3º B.

Segundo os profesores organizadoresdo evento, Basanta, Mariluz e Leallográronse os principais obxectivos conesta actividade:

Divulgar, recuperar e conservar as ac-tividades lúdicas tradicionais favore-cendo a relación entre os alumnos eprofesores.

Diversificar a oferta de actividadesque promoven o exercicio físico e o xogocooperativo.

Tamén se editou un folleto explicati-vo do xogo do peón.

FESTIVAL

grama de Voluntariado do CTG: dis-tribuíndo folletos e carteis, preparan-do a visita da unidade móbil de doa-zón de sangue, informando os doa-dores na unidade móbil, impartindocharlas en asociacións, centros deensino ou calquera actividade quepermita estender a información sobrea doazón de sangue no teu eido. Moiimportante:

non é preciso ser doador de san-gue para ser voluntari@

O IES María Sarmiento é centro co-laborador do CTG dende 1996.

MÁIS INFORMACIÓN EN:[email protected]

O Provisional20 decembro 2013 Páxina 7

n:t.l.

Xoves 7 de novembroNo Salón de Actos, promovido polos departamentosde Grego e Filosofía para os alumnos de 4º de ESOe 1º de Bacharelato, representouse a obra "Ahora

mismitos", dirixida por José Antonio Aguilar einterpretada por Antonio Blanco.

¡A mitoloxía Grega en plan cómico!.

Os alumnos de 1º da ESOacompañads polos profeso-res, Fran Basanta Barro, MªLuz Fernández Díaz, SabelaBarcón Soto e Carlos CastedoMelán, subimos a pé ata aárea recreativa do Monte SanRoque para facer o magostodeste ano 2014.

Para a maioría de nós eraa primeira vez que subiamosandando ata San Roque, e aofinal lográmolo neste día fríode outono.

Foi estupendo pasar unhamañá xuntos fóra do recintoescolar e aproveitamos taménpara facer amigos porque oano pasado estabamos encolexios de Educación Prima-ria diferentes.

Inicialmente estaba previsto que fose o 8 de novembro pero, debido ao mal tempo, finlmentecelebramos, o día 12, o

MAGOSTO NO MONTE SAN ROQUE

O Departamento de Inglésorganizou, os días 9 e 10 deoutubro, no salón de actos,unhas xornadas culturais encolaboración con BurlingtonBooks dirixidas aos alumnosda ESO e dos bacharelatos.Na fotografía vemos a Luke

Roberts, o profesor quepresentou as xornadas.

Imaxiña 2013No salón de actos celebrouse o

5 de decembro un festivalaudiovisual promovido polo

IES Monte Castelo de Burela edirixidoa aos nosos alumnos

de Plástica.

O ProvisionalPáxina 8 20 decembro 2013

Nº 13, publicación: 22-12-1998EDITORIAL:

A incorporación do primeiro ciclo daESO ós IESSUMARIO:

Primeiro día de comedor, Renovacióndo consello escolar, Curso de auto-

cad, Os castelos de Covas, Adscricióndo profesorado, Inaugurada a nova

ampliación, De onde vén a sida?,recreos, Drogas, Descrición topográfi-

ca de Viveiro, Esa muller ¿quen é?,Os caldeiróns no Vicedo, A pesca da

sardiña, Carné xove.

fai 15 anos

O Provisional

fai 5 anos

fai 10 anos

Nº 43, publicación:19-12-2008EDITORIAL:

O aumento da demanda de postosescolaresSUMARIO:

Eleccións ao Consello Escolar,Entrevista: D. Pedro Álvarez, EFQMque é?, O muíño de vento de Celei-ro, Sargadelos, tradición e moderni-dade, Plan Valora, Aventura no cami-ño, Vacina contra o VPH, Alice Aubertlectora de Francés, Stevie Ray Vaug-

han, O couto de Segade,O maltrato entre iguais

PA

E

iesMASAIES MARÍA SARMIENTO

[email protected]://www.iesmariasarmiento.net

Nº 28, publicación:19-12-2003EDITORIAL:Un novo puloSUMARIO:

Constituirase o consello escolarmunicipal, 25 aniversario da Consti-tución, Subproceso de asignaciónde recursos, A costeira do bonito,F.P.O. no verán, Revisión da vista,Os carpinteiros de ribeira, Magosto2004, I Xornadas de calidade, Jim

Morrison e The Doors, Jeshica Lash,A Lei de Calidade

LOTARÍA

O persoal do IES María Sarmientoxoga este ano 2013 na lotaría de

Nadal uns 10.000 euros ao número

07.108

Días non lectivos aproba-dos polo Consello Escolar:2 e 5 de maio de 2014

O Provisional20 decembro 2013 Páxina 9

VIAXE A SANTIAGOO martes 8 de outubro os alumnos de 1º de ESO asistiron a unha

función teatral en Santiago, no Salón Teatro, para ver "Toupo-rroutou da lúa e do sol" de Roberto Vidal Bolaño, autor home-

naxeado este ano o Día das Letras Galegas. Esta obra está posta enescena polo Centro Dramático Galego baixo a dirección de Eduardo

Alonso. Segundo sinalaron os profesores acompañantes, os alum-nos disfrutaron coma ananos. Na foto vémolos, nun momento de

descanso, nas escaleiras da Quintana, fronte á casa da Parra.

FOTO ÁLBUM:DOAZÓN DUN MOTOR E DIVERSO MATERIAL DIDÁCTICO DE RENAULT PARA O TALLER DE AUTOMOCIÓN

Acto de entrega do motor aosresponsables do centro.

De esquerda a dereita están:Juan José Pardo Gato (Xefe

de Departamento), J. L.Atienza (Xefe de ZonaNoroeste de Renault),

Benedicto Díaz Blanco (Xefedo Concesinario en

Viveiro), e Manuel ReyFernández (Coordinador de

Educación e Emprego).Ano 1995.

FALECEU O ALCALDEMELCHOR ROEL

Mesmo á hora de rematar a redaccióndeste número 56 do Provisional, o pasa-

do 10 de decembro, enterabamonos datriste nova do falecemento do Alcalde de

Viveiro Melchor Roel Rivas de 59 anos deidade. Levaba dende o 2003 no cargo

municipal e, entre o 2007 e o 2011, taménfoi deputado provincial.

Nado en Mugardos, estivo na súa xuven-tude en Uruguai ata afincarse definitiva-

mente en Viveiro fai xa trinta anos.O noso pesar a toda a súa familia, moi en

especial a Iván ex-alumno do noso centro.

O ProvisionalPáxina 10 20 decembro 2013

ÚNICOS Y ETERNOS

A estas alturas, lo más habitual es que se nosinculque ese sentimiento de impaciencia, al que aveces le precede la incertidumbre de lo que ven-drá, de lo que podemos conseguir, de lo que estáen nuestras manos y sin embargo se divisa a mi-les de kilómetros. ¿Qué voy a ser? Mejor dicho:¿qué quiero ser? Abogado, médico, ingeniero,escritor, periodista...

Suena tan alto como lejano. Porque, y hablode ese sentido de la urgencia sólo propio de ca-minantes, a nosotros lo que nos interesa es estemomento, el presente, ¿verdad?. Si ese besocaerá mañana o mejor esta noche, si el espejocambia algo día a día. ¿O seremos nosotros losque cambiamos? Los que nos transformamos,mes a mes,año a año, enpersonas quenunca habia-mos pensadollegar a ser,con senti-mientos que nien sueños pa-recían tanfuertes. Y enmedio de to-dos estos quebraderos de cabeza, de nuevo lapregunta: ¿qué voy a ser?

Tal vez la respuesta no se encuentre en unasimple carrera a la que hay que llegar cueste loque cueste, sino en lo que nos diferencia de losdemás: esos puntos suspensivos que dejan deser una intriga a medida que crecemos, a los quea menudo se les atribuyen adjetivos como "cari-ñoso", "impaciente", "misterioso", "terco". Lagente no sabe que en realidad nadie tiene unadjetivo predeterminado, que lo que somos, loque fuimos y lo que seremos es el resultado detodo lo que hemos vivido, de todos los momen-

tos y todas las personas que han llegado y hanaportado algo, por pequeño que sea. Aunqueunas se vayan para no volver y otras se queden,sus huellas siempre adornarán aquella playa,huellas que ni siquiera el mar consigue borrar.

Pero ¿y los sueños? ¿Quién se acuerda deellos? Todos esos paisajes llenos de coloridoque nuestros ojos buscan contemplar, deses-perados; las rutas que nuestros pies ansían re-corrrer; las personas que nuestros corazonesquieren querer... En mi pinión, para tener unavida satisfactoriamente plena y feliz, se debevivir en función de lo que cada uno sueña. Sue-na sencillo, pero no todos encuentran el rum-bo que los lleva a esa perfección; a esa sonrisa

constante, queno busca unpor qué, quesimplemente seabre paso y nose marcha.

De modoque lo que real-mente deberíaimpacientarnosno es lo que lle-

garemos a ser, sino quién. Vivir esa única vidadel modo más puro y sencillo, sin adornos, sim-plemente actuando según nuestros ideales,nuestra forma de ser. Así, si en un futuro llega-mos a desaparecer, se nos recordará por ha-ber sido fieles a nosotros mismos. Únicos yeternos.

Iria Moliner Piñón (2º Bachillerato)

20 decembro 2013 Páxina 11O Provisional

das páxinas centrais). Estaba compostoxa por varias pezas: rabiza, dental etiemón, iso si, cunha rella de madei-ra; a partir do século IV a.C. era xade ferro. Normalmente os animais detiro eran mulas, xa que o gando va-cún escaseaba nesa época histórica.

Na Galicia celta xa se empregaba oarado, sendo "cousa de mulleres", se-gundo Xocas, o seu manexo.

Coa romanización desenvolveuse ocultivo do chan e, consecuentemente,o emprego do arado que, nos distin-tos tipos que se coñecen aquí, perdurou

ó longo dos tempos ata perto dos no-sos días; os romanos foron tamén ar-tífices da introdución das orelleiras ouvertedeiras (permiten abrir máis a te-rra).

Coa revolución agrícola da IdadeMedia apareceu unha evolución doarado (a carruca) que incorporabaunha rella vertical (a seita ou coite-la), orelleiras e estrutura cuadrangu-lar. Isto facíao moito máis pesado queo romano esixindo máiscapacidade de tiro (obri-gou a aociarse para man-

-Bois arando a terra. Óleo de Serafín Avendaño-

O arado de pau ou arado romanoDende un simple madeiro curvo coa punta endurecida ao lume do neolítico, ata a incorporación dun pau longo,

o temón, que posibilitou que se puidesen xunguir animais para o tiro, e posteriormente, a rella de ferro foron asevolucións máis salientables do chamado arado romano.

É usado dende tempos antigos para preparar o labor de sementar ou plantar permitindo remover as capas su-perficiais da terra, a entrada dos nutrientes e que se meteorice.

Sen dúbida constitúe un dos maiores avances da humanidade

Como dixemos, na súa orixe o ara-do era un simple madeiro encurvado,cunha punta endurecida nun dos la-dos, que era arrastrado por unha per-soa ou un animal, mentres outra osostía pola rabela, servindo para fen-der a terra. Este tipo de arado tan sim-ple coñécese como cambela, nome quederiva da raíz céltica camb- "curvo".

A evolución deste primitivo arado,conduciu cara a outro máis complexo,denominado arado romano que des-cribiremos máis detalladamentenoutro apartado.

EVOLUCIÓN

HISTÓRICA

Sabemos, a través de manifestaciónsartísticas, como a pintura, escultura,etc., da presenza de arados simples enMesopotamia e Exipto .

Na Mesopotamia descríbese un ara-do evolucionado con dental de ma-deira, rabiza dupla e temón.

O arado exipcio aparece como moisimple: rabela e dental dunha únicapeza de madeira, o temón fixado á baseda rabiza por unha corda; o tiro faisecon vacas e o xugo é un simple pautraveseiro que pasa por diante doscornos dos animais. O labor realiza-do por este tipo de arados era superfi-cial e debía ser completado con tra-ballo manual; o arado apenas evolu-cinou nesta etapa histórica quizais ta-mén é debido á bondade do terreo nasmarxes do Nilo.

Mentres, o arado grego evolucionoumáis, pero carecía de orelleiras (pa-recido ao que presentamos no debuxo

O ProvisionalPáxina 12 20 decembro 2013

ter o gando necesario para o tiro e afacer os regos máis longos). Ta-mén, polo mesmo motivo, estaevolución do arado profundiza-ba máis nas terras con frecuen-cia limosas, dos países da Eu-ropa central e oriental.

Aínda quecon estas van-taxes, non se im-puxo fronte ao tradicionalromano moito más lixeiro.

En Galicia aparece a fi-nais do século XIII conome de vesadoiro (ara-

trum versatorium, tamén avesadoyro)entre a documentación do mosteiro deSobrado (propiedade dos monxes,probablemente introducido polos cis-tercienses).

O pai Sarmiento descríbeo comoun arado ancho e grande, con tres ra-

Chavella. Constitúe o elemento de conexiónentre o tiemón e o xugo a través do estrobo.

Na punta do temón hai un ou variosfurados(chavelleiros), alineados ao seu

longo, nos que se introduce a chavella trans-ladando a forza de tiro a través dela ao ara-

do. Pódese alargar o longo efectivo do timón,segundo a xunta de animais. Necesariamen-te, a chavella, ten que ser de madeira resis-

tente coma o toxo.

-Campesino arando. Pintura na tumba de Sennedyem 1200 a. C. Exipto-

Rella. É unha peza de ferro acabada en punta ancorada naparte do pau que fende a terra rompéndoa e así vai abrindoo suco. A punta da rella chega a quedarse roma de tantoarar (e tamén dependendo do tipo de terra); nese intre, o

labrego acode ao ferreiro que a aguza ou suplementa cunanaco de ferro.

A incorpración da rella de ferro constitúe un avance impor-tante do arado romano.

bizas e con rodas.Tamén fixo unhadescrición de como araba: "sendo nenovin bicar unha terra, notei que o sucoera unha gabia dunha vara de fondoe do ancho correspondente(...) En can-to a raíces todas se arrincan con faci-lidade coa forza que aplican sete ou

oito pares de bois».

O ARADO ROMANO

O arado actual que responde sensi-blemente ao tipo chamado "romano",aínda que como comentabamos no ar-tigo adicado ao carro (ver O Provi-

sional nº 54 de fai un ano), dentro daforma xeral, hai moitas variantes deinterés segundo as zonas e condicións,consta dun madeiro con punta caraadiante (dentil, dental, cabeza), men-tres que é curvado para atrás podén-dose asir pola rabela. Ambas partesadoitan construírse nesta zona da Ma-riña dunha peza única. Na punta dodentil aséntase a rella de ferro que au-menta a capacidade de romper a terrae evita o desgaste que tería se só fosede madeira (lembremos que nos pri-mitivos arados endurecíase a madeiracoa acción do lume).Outra peza, o ti-món ou temón, alongada, une o cor-po do arado co xugo a través da cha-vella e subixigueiro ( tamén lora). Naparte dianteira, o timón ten unha se-rie de furados (chavellal), que permi-ten graduar a súa lonxitude ao intro-

NOTA: O DEBUXO QUE PRE-

SENTAMOS NONRESPONDE A UN

MODELO CONCRETODE ARADO. DO QUESE TRATA É DE QUE

OS ALUMNOSCOMENTEN COS

SEUS PAIS E AVÓS EFAGAN A ANÁLISEDAS DIFERENZAS,QUE ESTES LLES

EXPLIQUEN SOBREESTE MODELO.

ELES SON OS VERDA-DEIROS EXPERTOS.

Temón. (Temón, lanza ou cabezallo). Esta constituído porun pau recto a través do cal se efectúa o tiro polos animais.

A súa lonxitude oscila dende uns 2,5 a 2,7 metros, perosempre algo maior que a distancia entre o xugo e as patastraseiras dos animais para evitar que a punta da rella poidaalcanzalos; o grosor do timón ten entre os 12 e15 cms. dediámetro, suficiente para que poida vencer a resistencia dotiro, é de madeira de carballo, piñeiro ou incluso bidueiro

O Provisional20 decembro 2013 Páxina 13

de madeira (orelleiras) a cada ladoanterior do dentil, que facilitabanapartar a terra segundo se araba, aín-da que os primitivos arados romanoscarecían delas.

ducir a chavella máis aou menos caraadiante. O temón e o rastro están uni-dos aínda por outra peza, vertical, de-nominada teleira (teiroaga, teiró); nal-gunas variantes hai unha coitela (coi-telo, seita, enfesta) que atravesa o te-món e que serve para cortar a maleza.A largura da teiroga, regulable cospescuños (cuñas de pao) contra o ti-món, fai variar o ángulo de ataque e,consecuentemente, fai que o suco sexamáis u menos profundo.

A maior innovación do arado ro-mano foi a introdución de dúas táboas

Orelleiras. (abeacas). -Debuxo superior-. Serven para separar e voltear a terra aoabrirse o rego coa rella. A lonxitude das orelleiras pode variar en función do labor, aíndaque habitualmentel sobresae do dental uns 18-20 centímetros. As orelleias desgastanse

moito ao ir rozando continuamento coa terra.O seu nome varía en galego: orelleiras, abeacas, abecas, gueifas ou forcados. Unha

peza travesa de madeira (meixelo, meixil, pespiñeiro, pezpiñeiro, pezcuño) pode regulara maior ou menor abertura das abeacas; nalgúns lugares ían armadas con táboas, latas

ou palla para aterrar (millo, patacas, ...)

Rabela. (Rabiza). Extremo do aradopor onde é manexado polo labrego dei-tándoo cara a ésquerda ou dereita ou

facendo que profundice máis ou menosdentro do que posibilita o ángulo axeitado

polo alto da teiroga.

Dental. Forma a parte dianteira do corpodo arado, cunha escopleadura sobre a

que se asenta a rella de ferro.

Rostro. Parte traseira que enlaza coa ra-bela. Constitúe o corpo do arado, a partemáis forte a nivel estructural.

Pescuños. Consiste nunhas cuñas demadeira que permiten fixar a posición dotimón, a través da fura, pola parte trasei-

ra do arado e contra a teiroga. Estaregraxe permite diferentes ángulos deataque segundo o labor que se está

facendo; leva a que o suco sexa máis oumenos profundo (tamén ten que ver coaforza de tiro dos animais). Neste axuste otimón deslízase lixeiramente cara adiante

ou atrás.

Teleira. (Teiroga). Trave-saño vertical que serve

para graduar a inclinacióndo dental e a rella con

respecto ao timón para darmáis ou menos profundi-dade ao labor, segundo

conveña.

O ProvisionalPáxina 14 20 decembro 2013

http://interfrances.blogspot.com.es/

BIBLIOGRAFÍA

Barreiro, J.R. e outros. (2007).A gran historia de Galicia. Tomo V,Vol.1 "Campos e cidades nun espazoredefinido". Arrecife Edic. Galegas.Lorenzo Fdez., X. (1982). A Terra.Galaxia.Fdez. Freixanes, V.(2001). Galiciauna luz en el atlántico. Xerais.Rey Insua, L. (2006). Labregos,gandeiros e feirantes. Tomo II. Granbiblioteca temática de Galicia.Ea Editorial.

cousa do ferreiro que a aguza ame-cendolle material a medida que se vaidesgastando co traballo diario.

Nesta zona, era normal que nas ca-sas houbese tamén un arado de ferro,que se utilizaba nos labores máis bru-tas de preparación; o arado de pau des-tinábase a aterrar, coller as pata-cas e utros labores menos brutos.

A PRÁCTICA

DESAPARICIÓN

Os primeiros tractores movidos avapor de finais do XIX, e logo a pos-terior incorporación dos motores deexplosión e Diesel, ao tempo que fo-ron introducidos novos tipos de ver-tedeiras e complementos, fixeron queo noso arado fose pouco a pouco caen-do en desuso; en Galicia pervivironata o tardofranquismo polas dificul-

tades de todos co-ñecidas, aínda que

conviviendo cos aradosde ferro e os primeiros trac-

tores Barreiros, Agria e Pascua-li (Grupo empresarial que ten máis de60 anos de experiencia na mecaniza-ción agraria).

O paulatino abandono do campopola incorpración aos traballos nas fá-bricas e industria deixou, exceptuan-do as explotacións profesionais, unhaeconomía dual de subsistencia. Hoxe,na maioría das pequenas aldeas, al-térnase o traballo retribuído co culti-vo de hortas e pequenos tarreos ondese labra a terra ao tempo que se traba-lla ao xornal. Aínda así, a presenzado "noso arado" é testiemoñal... caseque en cada barrio ou en cada casahai tamén un pequeno tractor agríco-la que foron mercados de bo uso.

Noutros casos, o arado, pasou aser un adorno nos chalés e fincas mo-dernas, ...

-Gravado sobre usos e costumes na Idade Media-

n.t.l.

O MANEXO

Non era tan doado; requeiría dun-ha persoa experta, tan-to para facer unsuco recto e coaprofundidadeaxeitada o laborcoma para manexodo gando. Mentres, os máis mozosaditaban"chamar as vacas" dende dian-te, ás veces tirando coa man dende oxugo cara á dereita ou esquerda.Dende atrás berraban:

"Ei, vaca, ei..¡ Oooou...¡Ei, vaca ó rego...¡

Cando se vai arar, primeiro xúngue-se o gando; para levar o arado ata aleira ponse por riba do xugo de xeitoque a punta do taemón vai esvarandopolo chan (do revés a como traballa,;outras veces, levábase no carro u aolombo).

Ao chegar á leira, ponse a xugada ecoménzase a traballar.

É importante subliñar que ao estarconstruído integramente de madeira,agás a rella, o arado era relativamen-te fácil de reparar, ás veces amecén-dolle algunha parte cunhas vilortas(abrazadeiras metálicas que suxeitanas pezas); nalgúns lugares o timón éde dúas pezas pola súa forma revira-da; entre elas hai un espazo rebaixadopara facilitar o seu axuste.

Obviamente, a reparación da rella é

-O a

rado

. Fig

ura

de S

arga

delo

s-

20 decembro 2013 Páxina 15O Provisional

www.edu.xunta.es/centros/iesmariasarmiento/

"Camiños"Camiños"Camiños"Camiños"Camiñosde escuma ede escuma ede escuma ede escuma ede escuma e

vento"vento"vento"vento"vento"

P

ST

IC

A

Rebe

ca La

go S

ánch

ez (4

º ESO

- B)

AGdT

A Asociación Cultural Estabañónpresentou o 13 de setembro o seu no-veno libro; trátase da primeira obrade Manuel López, (responsable deGráficas Lar) "Camiños de escuma evento" na que mestura o relato dunhaviaxe no seu veleiro con historias doslugares da costa visitados na travesía.

Dende Estabañón xa tiñan publica-do anteriormente "As carrachentas"de Fina Roca, "El digesto indigesto"de Fernando Pérez Barreiro, "A Fran-cesada en Viveiro, 1889" Xosé R. Fer-nández, "Viveiro, síntesis del incen-sario y la gaita" de José TraviesoQuelle e "Viveiro y A Mariña" de Ál-varo Ruibal Carballal, o catálogo in-édito de D. Juan Donapetry Iribarne-garay titulado "Heráldica Vivariense"e "Seis poetas olvidados", unha an-toloxía con obras de Alonso Pérez deVivero e Luis de Vivero (de finais doséculo XV, principios do XVI), Ni-colás Taboada Leal (XVIII), CameliaCociña de Llansó, José Almoina Ca-ballero e Luis Tobío Campos (os tresde finais do XIX, comezos do XX).O ano pasado sacaron a novela curta"La cueva de la doncella" de J.A. Par-ga Sanjurjo que se presentou por en-tregas no xornal Galicia Regional en-tre 1892 e 1893, de aí o seu formatoepisódico.

Noraboa ao autor e á Asociación portan intenso labor en favor da nosa me-moria histórica.

O Provisional

n:t.l.

20 decembro 2013Páxina 16

Aínda que Mondoñedo foi a primeiravila que dispuxo de imprenta no nortelugués, remontándonos aos séculos XVe XVI, sería Ribadeo a precursora encanto á publicación dos primeiros pe-riódicos da Mariña: La Cuenca del Eo eEl Ciudadano, editados no pequeno pre-lo que en 1866 montara o impresor Nor-berto Cascante. Logo viría Mondoñedo(en 1882 con El Hermandino e El EcoMindoniense); en Viveiro aínda teríamosque agardar pola primeira imprenta atao ano 1877, momento no que se funda-ría o establece-mento tipográficode Teodoro Botti-no, onde se publi-carían os semana-rios El Farol(1886) e El Eco deVivero (1888-1908). Nestas po-boacións mariñás,xunto coa vila co-ruñesa de Orti-gueira, produciu-se un espectacu-lar desenvolvemento da prensa local, queacadou un auxe sen precedentes dendeos inicios da primeira Restauración bor-bónica (1875) ata o inicio da guerra ci-vil de 1936.

A maioría destes semanarios consi-derábanse independentes, aínda querealmente eran o órgano político ideo-

En Viveiro sería extraordinario o ronsel de semanarios editados durante este períodohistórico (1875-19369, contabilizándose ata unha trintena de publicacións con cabeceiras

tan significativas como El Vivariense (1890- HiJ8), Nueva Brisa (1899), Germinal (1906-1907), El Vivariense 2ª época (1906-1911), La Voz de Vivero (1909-1911), Luz Vivarien-

se (1910), El Heraldo de Vivero (1912-2013), El Vivariense 3ª época (1912-1915), iYaestá aquí esto otro! (1912), iYa está aquí aquello!, Vox Populi (1913), Verdad y Justicia

(1915-1917), Landro (1916), Cova Fina (1916), Pro Neutralidad (1917-18), La Sirena delNorte (1918), La Defensa (1918-1923), El Defensor Obrero (1919), El Ideal Vivariense

(1923), El Proletario (1923), La Voz del Pueblo (1926), La Voz del Pescador (1930),Renovación (1930), Luz Vivariense (1931), El Landro (1931), El Momento (1931-1934),

Vox Populi (1933), Unión Comercial (1934), Faro (1935) e Mar Bonanza (1935).

lóxico dosd i s t i n t o sp a r t i d o sconservado-res, liberais,republ ica-nos ou mes-mo obreiristasque actuaban nalocalidade. Como nexo de unióna maioría coincidían na defensade Viveiro como núcleo rectordo partido xudicial, o propio He-

raldo definíase no subtiítulo como «Pe-riódico defensor de los intereses del dis-trito». Grazas á prensa local foron moi-tos os viveireses que fixeron a súa en-trada no eido literario e cultural galego,estamos referíndonos a figuras tan des-tacadas como: Os irmáns Antón e Ra-món Villar Ponte, Ramón Canosa, Lois

Tobío, FernandoPérez Barreiro ouFrancisco Leal In-sua, entre outrosmoitos.

Sen dúbida al-gunha, pese a queEl Eco de Viveroveu publicándosesen Interrupcióndurante dezanoveanos, ningún sema-nario viveirés aca-

dou a continuidade e importancia so-cial de El Heraldo de Vivero, pois o pa-sado ano de 2012 cumpriuse o primei-ro centenario da súa publica ción, moti-vo desta Exposición antolóxica intitula-da: «Cen anos de El Heraldo de Vivero(1912-2012)».

O nacemento do Heraldo tivo moito

O Seminario de Estudos Terra de Viveiroorganizou, durante o mes de agosto, unhaexposición que repasa a chegada da imprentaá comarca e á cidade como colofón aos actosde conmemoración do centenario do semanariolocal Heraldo de Viveiro.

Reproducimos a continuación un extracto dofolleto editado para a ocasión cuxo autor éCarlos Nuevo Cal, cronista oficial de Viveiroe Presidente do Seminario

"Heraldo de Viveiro",un século de Historia

O Provisional20 decembro 2013 Páxina 17

que ver coa reorganización da facción li-beral dirixida polo banqueiro local e co-merciante Benigno López Muñoz e a pos-terior elección como deputado «cuneiro»por Viveiro de José Soto Reguera, políticoque se enfeudaría no distrito electoral vi-veirés ata os estertores da Dictadura dePrimo de Rivera.

A primeira época do Heraldo abarcoudende o 17 de febreiro de 1912 ata o 4de setembro de 1937, tendo por propie-tario inicial a Benigno López e a partir de1922 a Ramón Canosa Suárez. En cantoá redacción, administración e obradoirosda imprenta, instalouse inicialmente nonúmero 12 da rúa Pastor Díaz, nos baixosda denominada Casa dos Leóns, propie-dade de Benigno López. Posteriormente,baixo a dirección de Canosa ubicaríasena rúa de Santodomingo, actual GarcíaDóriga, Nestes anos o Heraldo contoucunha ampla nómina de colaboradores,moitos dos cales aparecen fotografadosnos paneis da Exposición.

Entre os diferentes directores que tivoo Heraldo nesta primeira época podemossalientar a: Pedro Pérez Barreiro, EstebanFernández Temprano, Antonio Vale, Fran-cisco García, Ramón Canosa Suárez, Feli-pe Díaz Ortega, Antonio Alonso Mateo,Salvador, Pillado Labarta, José Castro San-jurjo, Jesús Eiroá, Evelio Delgado, Aman-do González/ Luis Trasancos Insua e An-tonio Aparicio Ferreiro.

En 1937, en plena guerra civil, o Heral-do deixaría de publicarse logo dun perío-do de vinte e cinco anos acudindo sema-nalmente á súa cita cos lectores. En adiante,aínda habería que agardar outros vinteseis anos máis para que, outra volta, poriniciativa de Ramón Canosa, o Heraldoiniciase a súa segunda época o 2 de mar-zo de 1963, unha nova etapa non exentade problemas debido á aplicación da Leide Prensa do ministro Manuel Fraga Iri-barne que ocasionou un novo peche dapublicación a finais de 1966.

Finalmente, o Heraldo volvería a saír árúa a partir do 20 de xaneiro de 1968,grazas ao cambio de domicilio de Viveiroa Lugo, lugar de residencia do seu direc-tor José Trapero Pardo, que xa o dirixiradende os inicios da segunda época. Pos-teriormente, faríanse cargo da direccióndo semanario Angel Martínez Fernandezde la Vega, Luis Neira Río e Juan CarlosNeira Brochs.

V I A X E PORA S T U R I A S

Os alumnos de 2º de bacha-relato fixemos unha viaxe di-dáctica por Asturias os días 11e 12 de outubro aocompaña-dos dos profesores Xan Fer-nández, Belén Suárez (Depar-tamento de Xeografía e Histo-ria) e Pilar Asensio (Departa-mento de Bioloxía e Xeoloxía).

Dende Viveiro, saímos cara a

Asturias percorrendo a Rasa Can-tábrica ata Veranes, logo visita-mos a Cova de Tito Bustillo esubimos aos Lagos de Covadon-ga. Un paseo entre as praias deCuevas del Mar e San Antolínpuxo fin ás visitas no Principado.

Finalmente, de volta á casa, pa-ramos na praia das Catedrais enRibadeo.

NEGOCIOSIMULADO

A profesora Mercedes VázquezPereiro que imparte o módulo deENA no ciclo medio de XestiónAdministrativa do réxime de adul-tos, promoveu entre os seusalumnos a creación dunha em-presa virtual "Marmingo, S.L."adicada ao deseño e venda delámpadas decorativas. Os días17 e 18 deste mes de decembrocelebraron unha xornada de por-tas abertas aos clientes e pro-vedores. Noraboa pola iniciativa.

VISITA ÁEXPOSICIÓNDO HERALDO

O 20 de setembro, os alumnosde 4º de ESO estiveron na ex-posición "Heraldo de Vivero, unséculo de Historia" no salón deactos do Conservatorio Profe-sional de Música de Viveiro.A exposición estivo aberta atao mes de outubro para que apoidesen visitar todos os co-lexios e institutos de Viveiro.Foi un rotundo éxito.

O ProvisionalPáxina 18 20 decembro 2013

Por José María Leal López

aos domingos pola mañá, había que irao Catecismo e logo á Misa. Pero no ve-rán, durante as vacacións escolares, cal-quera hora era boapara disputar unpartido. O fútbol narúa non tiña un re-gulamento escritocoma o de competición, pero si se forancreando unhas regras non escritas quehabía que seguir e cumprir para poderxogar. Eu acórdome de moitas, aíndaque de seguro algunha sempre me que-dará de poñer por olvido, pero eu pensoque, máis ou menos, eran as que a seguirimos ir expoñendo.

Nestes partidos ou “pachangas” nonexistía a figura do árbitro pois para quehoubera partido o fundamental era con-tar con xogadores suficientes, e balón.Logo buscabamos o sitio onde compe-tir; unha vez nel, os dous mellores xo-gadores, que eran os capitáns dos dous

- Xogando ao fútbol na praia do Vicedo- Anos 60 -

equipos, preparábanse para facer cadaun o seu conxunto, para o cal se poñíanun en fronte do outro a certa distancia e

ían dando pasiñosalternativamente ataque un pisaba ooutro, este era o pri-meiro en elixir o xo-

gador que quería. Despois era o outro oque escollía, e así alternándose ían com-poñendo os dous equipos. Se o recintoera pequeno, adoitábanse facer equiposde seis ou sete xogadores, mentres os de-mais quedaban na reserva, ata que alguénse cansaba ou se ía e entón o capitán res-pectivo escollía un da reserva, ou taménpodía cambiar a algún xogador se o esta-ba facendo mal. Pero se o campo era gran-de daquela formábanse equipos de dez,doce, quince ou máis xogadores. De fei-to, na praia non se sabía exactamente osque había polo que en ocasións se che-gaba aos vinte contra vinte, e non pasaba

se non había balón empregábamsoutros esféricos: botellas do aceite,

latas ou pelotas de trapo

O vinte e seis de outubro do ano 1863establecíase en Londres o primeiro re-gulamento do fútbol modernopara a realización da primeira ligada historia entre once clubs. Estefeito daba pé ao nacemento dundos deportes máis populares queexisten na actualidade no mun-do, en boa medida porque é undeporte moi simple no que basi-camente os xogadores só necesi-tan un balón e un lugar ondecompetir, pateándoo ata metelodentro da portería contraria. Poresa sinxeleza, pódese disputar unpartido de balompé nas rúas, naspraias, nas chairas e, en fin, enespazos amplos e libres de obs-táculos.

En Celeiro, coma noutros lu-gares, xogabamos ao fútbol narúa, sempre que houbera un gru-piño de rapaces que quixera fa-celo, pero tamén era necesario terun balón, xa que empregaroutros “esféricos”, como botellasde plástico, latas baleiras ou pelotas fei-tas de trapos non lle gustaba a ninguén,amais que se facía perigoso xogar concousas duras que nos rompían os zapa-tos e podían magoar a alguén.

No inverno botabamos partidos nasrúas, no campo de Lavandeiras, no Chaoou noutros lugares, sempre que fixerabo tempo xa que daquela non había po-lideportivos cubertos e con iluminaciónartificial coma agora; mentres que, can-do xa viña a primavera, iamos ata aspraias de Lavandeiras e mais a do Portode Celeiro, onde xogabamos descalzossobre a area. As mellores horas para bo-tar unha “pachanga”, como diciamos, noinverno era pola tarde ao saír da escola,e logo os sábados e domingos; taménpola tarde dado que a mañá do sábadoera para ir cantar ao colexio Pedrosa La-tas ao son do órgano de manivela donoso mestre D. Carlos Adrán e, a conti-nuación, escoitar como nos ía narrandoa Biblia capítulo a capítulo. En canto

O FÚTBOL NA RÚA AO PRINCIPIO DOS SESENTA

O Provisional20 decembro 2013 Páxina 19

non, pero cando o xogador recibía a fal-ta e saía laiando ou chorando, entón erafalta clara.

Nos casos en que o balón quedabaatrapado nalgún sitio, era falta contra oequipo que o tirou, tamén se detiña opartido cando pola rúa pasaba un cocheou algunha persoa; se un xogador facíaunha falta moi dura era expulsado auto-maticamente e quedaba “marcado” paraos próximos partidos ao igual que sehabía algunha liorta, daquela expulsá-banse os que a armaran. Tódalas deci-sións as tomaban os capitáns; se se rom-pía algún cristal dun balonazo, pagábaoo xogador que o rompía, se ben o seuequipo adoitaba axudarlle e tamén oco-rría igual cando se perdía o balón, benno mar, nalgún tellado ou nunha fincacerrada. Os córners sacábanse coa man,cando un equipo quedaba con menosxogadores o outro deixáballe os peorespara quedar igualados. Á hora da me-renda parábase o partido, que se reanu-daba ao acabar de comer o bocadillo, eos que se botaban na praia finalizabancando a xente chea de area decidía ba-ñarse, para á volta do baño, xa limpiñosde suor e de area, tomar o sol e descansarplacidamente sobor da toalla.

Ás veces, os domingos cando habíacartiños, os equipos pactaban ó iniciodo partido que o perdedor invitaba osgañadores a un refresco, entón era comaxogar unha final, tomábase o enfronta-mento tan en serio que saían chispas encada encontrón.

En fin, todo aquilo era bonito, orixi-nal e competitivo, aquel fútbol na rúaque foi o xermolo do moderno e regula-mentado fútbol sala, fútbol praia e fút-bol sete, que hoxe en día teñen os seuscampionatos federados e cuxos encon-tros se disputan en modernos pavillónspolideportivos cubertos, en canchas deherba sintética ou artificial e en praiasartificiais, con equipamentas regulamen-tarias, con adestradores, masaxistas, e ár-bitros colexiados, pero aínda de vez encando se ve algunha “pachanga” na rúa,con algún cristal roto, ou na praia conalgún balón que sae disparado cara aomar ou que impacta sen querer nalgúnbañista despistado que pasaba por alí.

- Nenos xogando na praza de Santa María nos anos 70 - Foto recollida do libro de Remigio Mestre"VIVEIRO Memoria fotográfica de medio século"-

nada, pois entraban e saían permanente-mente, iso si sempre se miraba quehoubera os mesmos por cada equipo,aínda que moitas veces algún equipotiña máis xogadores que o outro.

A duración dos partidos tampouco es-taba regulada, dependía de varios facto-res: por exemplo, cando se ía o dono dobalón, acabábase o partido automatica-mente; tamén ocorría iso cando os xo-gadores estaban cansos; se empezaba achover, quedaba suspendido; cando sexogaba na rúa e aparcaban coches nela,acababa este; así mesmo cando se pin-caba o balón; cando se ían indo os xo-gadores e quedabaun número insufi-ciente para o xogo;cando o dono dobalón se enfadaba eliscaba co elemento indispensable; can-do caía o balón na horta do veciño eeste non o quería devolver; igualmente,cando caía ao mar e as correntes o leva-ban para fóra; se caía nalgún sitio inac-cesible onde non se podía coller, e aín-da había algunha razón máis como can-do se montaba un conflito gordo nocampo e non se daba amañado.

As porterías nas rúas e nos chaos deterra facíanse con pedras que se deno-minaban barróns, na praia eran dousmontiños de area; aínda que se medían,sempre había unha máis pequena cá outra

como as porterías non tiñan largueirohabía discusións cando o balón ía

alto: ¡foi moi alta!

(ao longo dos partidos podían sufrir“misteriosos acurtamentos”), ademais amedida destas dependía do espazo quehoubera. Xeralmente o porteiro era o ra-paz que menos corría, característica quetiñan os máis gordiños; na defensa esta-ban os peores e os máis fuleros e malin-tencionados, que aplicaban aquilo de“pasa o balón, pero o xogador non”,mentres que no centro do campo situá-banse os máis tecnicos, os que encarga-dos de organizar o xogo, eran os quemáis amarraban o balón, alí xogaba ocapitán e xeralmente eran os que se con-sideraban os mellores, aínda que non o

foran, dependía setiñan “enchufe” cocapitán, e na diantei-ra xeralmente xoga-ban os que máis co-

rrían, loxicamente eran os que recibíanmáis patadas polo cal había que soltar obalón rapidiño para evitalas. Cando ha-bía un penalti, poñíase un bo porteiroque podía ser calquera xogador deseequipo no campo, era o chamado por-teiro ambulante. Non existía o fóra dexogo, cando un balón saía fóra buscá-bao o que o tiraba, cando había unhafalta clara na imaxinaria área e se marca-ba gol, aplicábase o dito “penalti de golé gol”, polo cal este era válido; as faltasnon moi claras discutíanse e se non ha-bía acordo botábase a sortes se era ou Viveiro, novembro de 2013

O ProvisionalPáxina 20 20 decembro 2013

TAL COMO SOMOS:os nosos habitos culturais no Nadal

Aínda así, é desexable recordar que o Nadal, en todo oseu espectro festivo, é unha celebración estrictamenterelixiosa e particularmente cristiá. Se revisaramos osfundamentos desta festividade, axiña nos decatariamos quepouco ou nada teñen que ver coa nosa habitual farturanavideña, na mesa ou fora dela. Unha celebración derecollimento e austeridade que se convertiu nunha festahiperbólica de manxares, bebidas e doces, fora dodescontrolado hábito de consumo que enche as nosas casasde agasallos en moitas ocasións prescindibles.

No noso centro, o alumnado de 3º de ESO de Historia eCultura das Relixións (Julia, Tania, María Iago e Antón)realizaron un pequeno estudo do contexto social e culturaldas festas do Nadal e da percepción que tiña o alumnadodo centro de dita festa. Realizaron unha enquisa aoalumnado de todos os niveis do centro, dende o a ESO ataos Ciclos Superiores cunha mostraxe de 84 enquisas (algo máis dun10% do total de alumnado do centro). A enquisa consistía nunhabatería de preguntas repartidas en tres bloques onde se pulsabancertas cuestións relacionadas coas crenzas e os hábitos culturais decada alumno e alumna que foi enquisado. Despois de realizar a enquisa,pasamos os datos e comezamos a estudar as conclusións. É probableque fagamos unha pequena exposición cos datos amosados e oresultado do noso estudo.

O estudo dos datos non deixou de parecernos sorprendente, candomenos paradoxal. En primeiro lugar, constatamos que aínda que un46% do alumnado enquisado non cree en Deus e un 51% non practicaningunha relixión, o 81% do mesmo alumnado manifesta que celebraa Noiteboa en familia. Primeira conclusión: se ben é certo que o nosoalumnado presenta un perfil máis ben laico (polo menos a metade...)dous de cada tres celebra o Nadal dun xeito tradicional... é dicir: dunxeito relixioso. Iso non é todo. Aínda que a colocación de signos esimbolos relixiosos non é frecuente entre o noso alumnado, máis do62% do alumnado afirma que na súa casa colocan á arbore de Nadalpreferentemente coa familia. Máis datos. As festas: non son,rompendo coa tónica paradoxal, moi relixiosas. O 86% do alumnadoafirma que a festa que máiscelebran no seu fogar é a noitede fin de ano, moi por encimaen intensidade que as outrasdúas máis relixiosas (Noiteboaou Noite de Reis). Aínda así, a festa que máis preferencias esperta -agora si voltan as contradiccións- é a Noite de Reis (53%). Pero nestepunto é onde atopamos a conclusión máis interesante: a percepcióndo nosos alumnado destas festas. Relacionamos esta preferencia cunhacuestión puramente social, como é de estar coa familia e facerseregalos entre os seus membros. Incluso na idea que ten o nosoalumnado do xeito no que supostamente celebran o Nadal os non

crentes (nós mesmos) prevalece a perspectiva de ver no Nadalunha festa máis relacionada coas costumes sociais (43%) ou confenómeno de consumo (37%) que con cuestións puramenteculturais (21%).

Fora disto, deixaremos decelebrar o Nadal? Non haidúbida que non. O Nadal é untempo de lecer e de festa. É un

cambio de ciclo e un momento ideal para estar coa familia e desfrutaladas mellores maneiras. Pois non Nadal non hai excusas, só xestos.No Nadal non hai ideas, só emocións. As emocións de todos etodas nós, fora de cuestións relixiosas ou sociais. Poucas cousasnos poñen tan de acordo coma o Nadal. Ou non?

Chega o Nadal e é difícil substraerse da euforia festiva, do encanto destas datas, do entusiasmocolectivo que parece facernos un pouco, só un pouco, mellores. O Nadal é un deses

acontecimentos humanos onde parece que nada pode ou debe sair desa norma que indica quetodo o posible pode ser posible sempre que sexa do lado do ben. Todo o ben do mundo

concentrado nuns poucos días onde todo é paz e amor.

-Alumnado de 3º ESO de Historia e Cultura das Relixións-

o Nadal é unha festa máis social ou institucional (familiar) que unhacelebración estrictamente relixiosa para o alumnado do noso centro

O Provisional20 decembro 2013 Páxina 21

Ventá aberta aos libros

OS ÁNGULOS DA BRASAManuel Álvarez Torneiro desmente a idea de que

a poesía é o xénero da mocidade, ou sexa dos“Rimbaud”. El con oitenta e tantos vén de gañarcoa obra Os ángulos da brasa o Premio Nacionalda Crítica que se outorga ao mellor libro de poe-mas do ano en todo o Estado. Mais tamén estáná altura deste algúns dos seus libros anteriores,Habitante único ou Parábola do incrédulo. A poe-sía de Álvarez Torneiro é unha ollada aos grandestemas, como o amor, o tempo ou a morte; unhasveces nostálxica, outras inquisitiva, por exemplocando enfronta o franquismo ou o imparable pasodo tempo. A súa é unha voz que se ergue contra adesmemoria e se expresa a través dunha técnicade gran nivel.

ARDALÉNMiguelanxo Prado acadou con Ardalén primeiro o

premio á mellor obra no Salón Internacional do Cómicen Barcelona, logo o Premio das Librarías Especializa-das e, para seguir, o Premio Nacional á mellor novelagráfica. A memoria e a fantasía son as grandes prota-gonistas desta obra da que podedes encontrar nabiblioteca deste centro.

TODO SE ESFARELATodo se esfarela non é un deses best-séllers que

nos contan unha e outra vez a mesma historia “máisou menos cargada no bombo”, pero si é consideradaa mellor novela do nixeriano Chinua Achebe, un dosfundadores da literatura africana moderna, cuxo pa-samento se produciu recentemente. Nela, Okonkwo,un respectado guerreiro ibo asiste á creba do seumundo coa chegada dos colonizadores ingleses, oscales lle ofrecían ao seu pobo un novo deus, unha raí-ña, unhas novas leis, a paz e o bo goberno, mais oheroe intúe a gran mentira e non está disposto a ren-derse sen loitar.

NA LINGUA QUE EU FALODesgrazadamente, os galegos non fomos quen de

librarnos dos prexuízos, nin con respecto á lingua ninno tocante a outros eidos da nosa cultura. Velaquíunha proba: a nosa música segue a ser máis valoradafóra ca na Terra, de xeito que teñen que vir reputadosmúsicos e críticos a dicírnolo: o último en manifestalofoi Kepa Junkera, alto e ben afinado, co seu discoGaliza. Mentres tanto, aquí agroman as músicas a grannivel acompañadas das boas ideas, así o podedescomprobar no traballo da galega-palestina Najla Sha-mi titulado Na lingua que eu falo, onde interpretadiversos poemas de Cantares gallegos de Rosalía deCastro. Non foi a única que se achegou á gran Rosa-lía, tamén outros intérpretes como Uxía e Narf cele-braron os 150 anos do seu primeiro libro en galegocon senllos discos, Rosalía pequeniña e Nas tardesescuras, respectivamente. Calquera deles pode con-verterse nun fermoso agasallo para os ouvidos.

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

¡Bo Nadal a todos!

O ProvisionalPáxina 22 20 decembro 2013

De todos é sabido que o cine pode converterse nun aliado pedagóxico tremendamenteeficaz, sobre todo se consideramos que para os máis mozos os medios audiovisuais teñen

cada véz máis peso nas súas preferencias lúdicas e formativas.

Nesta sección que inaugurams neste nº 56 de O Provisional analizaremos brevementemedia ducia de filmes coa proposta de que sexan visionadas no contorno escolar e/ou

familiar polo profundo debate ético e moral, e mesmo deontolóxico, que poden suscitar.

A primeira proposta que facemos é "LA OLA".

Unha "peli" alemá do 2008 dirixida por Dennis Gan-sel adaptando unha novela de Todd Strasser (no libro aacción desenvólvese nos Estados Unidos e baséase nunfeito real acontecido en 1967).

O mesmo director xa amosou en Napola a atrac-ción que poden exercer as ideoloxías totalitarias entreos máis novos.

Neste caso, a trama xira arredor dun profesor deInstituto, interpretado por Jürgen Vogel, que ten quedar un seminario sobre autarquía, porque outro profe-sor máis veterano lle pisou o tema da anarquía que eldomina mellor.

Acomete a tarefa articulando unhas sesións prácti-cas nas que relaciona a autarquía co xurdimento deditaduras coma o fascismo ou o nazismo. Presenta os

NOVA SECCIÓN: CINE PARA A REFLEXIÓN

"LA OLA"

elementos que explican o atractivo desta ideoloxía: es-pírito de grupo, ideais comúns, axuda mutua, unifor-mes.... Un día, xorde a idea de vir todos con vaqueirose camisa branca, deseñan un logo (a ola), e parece quegañan en autoestima e iniciativa... Pero esa "ola" trans-fórmase, pouco a pouco, nun caldo de cultivo de actitu-des violentas, abuso de poder, desprezo as minorías...

Ao final o propio profesor perde o control da situa-ción e, o que comezou coma un experimento pedagóxi-co, acaba tráxicamente.

A película advirte dos perigos das ideoloxías, o adoutri-namento das masas e tamén, por que non dicilo, davaidade do profesor.

¡Sacade as vosas conclusións.!

bvbvbvbvbv

Rúa: Misericordia, 5827850 - VIVEIRO (Lugo)

Teléf.: 982.56.04.49 - Fax: 982.56.23.06Móbil 606.54.11.55 e [email protected]

www.edu.xunta.es/centros/iesmariasarmiento Impreso, en papel reciclado, enPUBLILAR - Magazos - Viveiro Depósito Legal: LU - 402-94

Viveiro, 20 de decembro de 2013ANO XX, NÚMERO 56

TIRADA 900 EXEMPLARESDISTRIBUCIÓN GRATUÍTA a alumnos e

profesores: 850 exemplares, por correo aantigos profesores, institucións, centros e

medios de comunicación: 50SUBVENCIONA:

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICADO IES MARÍA SARMIENTO

O Provisional20 decembro 2013 Páxina 23

7 5 A MS07 220132

O Provisional

COLABORANCOLABORANCOLABORANCOLABORANCOLABORAN NESTENESTENESTENESTENESTE NÚMERO 56NÚMERO 56NÚMERO 56NÚMERO 56NÚMERO 56

ALUMNOS:ALUMNOS:ALUMNOS:ALUMNOS:ALUMNOS: Iria Moliner Piñón,

alumnos de 1º de ESORebeca Lago Sánchez

Diego MariñoDiana Martínez

Julia, Tania, María, Iago e Antón (3º ESO)PROFESORES:PROFESORES:PROFESORES:PROFESORES:PROFESORES:

Xosé Cabana, Primitivo,José María Leal LópezXosé Lois Gutiérrez

INSPECTORA:INSPECTORA:INSPECTORA:INSPECTORA:INSPECTORA:Magdalena Duarte Blanco

DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:DISTRIBUCIÓN E ARQUIVO:José López Peña, Lucía Lage Pol

Antonio González da TorreJavier Caneda GonzálezCOORDINACIÓN ECOORDINACIÓN ECOORDINACIÓN ECOORDINACIÓN ECOORDINACIÓN E

MAQUETMAQUETMAQUETMAQUETMAQUETACIÓN:ACIÓN:ACIÓN:ACIÓN:ACIÓN:Néstor Timiraos Labaen

acarondoblues.blogspot.com

REMATA "A CARÓN DO BLUES"

O noso agradecemento á axu-da inestimable coa que seguroseguiremos contando, agora noplano da organización e distri-bución do Provisional.

Durante os últimos anos o nosocompañeiro Javier Caneda Gon-zález colaborou neste xornal es-colar, primeiro na sección de có-mic, "O maquis" e "O señor pu-pas" e, despois, coa sección fixa"A carón do blues".

Durante este tempo, que sealongou case unha década, tras-ladounos a súa visión dos me-llores artistas dese xénero musi-cal do que é un "forofo" como éo Sr. Pupas dos exercicios e con-torsións guindándose dende ospiñeiros na praia da Abrela.

Javier colabora tamén na ce-lebración da "Semana da Pren-sa" da que levamos cumpridosxa quince edicións.

Muddy WatersB.B. King

John Lee HookerRobert Johnson

Sonny Boy Williamson IIWillie DixonBuddy Guy

Howlin´ WolfKoKo TaylorOtis Spann

Johnny WinterAlbert KingEric ClaptonJavier Vargas

Hound Dog TaylorAlbert CollinsBessie Smith

Stevie Ray VaughanElmore JamesSon House

James CottonFreddie KingJunior WellsLittle Walter

Charley PattonBukka White

Lightnin´ HopkinsLead Belly

Mississippi John HurtRobert Nighthawk

INTÉRPRETES OBXECTO DE COMENTARIOAO LONGO DESTES ANOS:

O Provisional 20 decembro 2013Páxina 24

GRAN ANGULAR

A educación en España. Unha mirada retrospectiva (III)

Continuamos o percorrido pola historia da educación en España, desde finais do Antigo Réxime ata aactualidade, da man da Inspectora Magdalena Duarte Blanco. Este artigo foi publicado anteriormente no

nº 63 de EDUGA (Revista Galega do Ensino). Para este número seleccionamos a etapa que vaia Lei Moyano ata a comezos da 2ª República

DA LEI MOYANO Á PRIMEIRAREPÚBLICA

Cando en 1854 os liberais de tendencia pro-gresistas asumiron o poder, facíase evidentea necesidade dunha norma que regulase a com-plexa trama da instrución nacional. Progre-sistas e moderados confluían na preocupa-ción pola educación, coincidindo nas gran-des liñas do sistema educativo liberal.

A primeira reforma educativa deste perío-do sería a Lei de instrución pública, do 9 desetembro de 1857, denominada Lei Moyano,polo ministro que a impulsou; unha lei quechegou a rexer a ensinanza española durantealgo máis dun século. O mérito da lei de Clau-dio Moyano (Puelles Benítez, 2008, p. 8) foio de lle dar consistencia e estabilidade ao sis-tema educativo. A Lei Moyano significou aconsolidación definitiva do sistema educati-vo liberal e o comezo da estabilidade da ins-trución pública, sobre todo no eido lexislati-vo e da Administración. Son característicasfundamentais desta lei (Ministerio de Educa-ción, Cultura e Deporte, 2004, p. 3) a marca-da concepción centralista da instrución; ocarácter ecléctico e moderado na solucióndas cuestións máis problemáticas, como erana intervención da Igrexa na ensinanza ou opeso dos contidos científicos na segunda en-sinanza; a promoción legal e a consolida-ción dunha ensinanza privada, basicamentecatólica, no eido primario e secundario, asícomo a incorporación definitiva dos estu-dos técnicos e profesionais á ensinanza pos-secundaria.

Posteriormente, o 19 de setembro de 1868tería lugar a revolución coñecida como “aGloriosa”, que derrocou a raíña Isabel II ecoa que se iniciaría o chamado “sexenio de-mocrático” (En 1873 proclámase a PrimeiraRepública coa que se tentaría dar un novopulo á liberdade de ensinanza). Unha dascaracterísticas básicas deste período no te-rreo educativo sería o impulso da liberdadede ensinanza.

O día 21 de outubro de 1868 promúlgaseun decreto mediante o que se pretendía esta-blecer certo equilibrio entre educación públi-ca e educación privada, a necesidade dunsestudos distintos en duración para persoascon desiguais capacidades e a liberdade de

cátedra. Outro importante decreto foi o apro-bado o 25 de outubro do mesmo ano 1868,que organizaba a segunda ensinanza, enten-déndoa como un complemento ou ampliaciónda educación primaria, que debería formarcidadáns ilustrados, dotándoos dunha amplainstrución. Tamén se regulaban neste últimodecreto as facultades de Filosofía e Letras,Ciencias, Farmacia, Dereito e Teoloxía.

Significar que, aínda que neste período nonse produciron grandes innovacións en políti-ca educativa, moitas das reformas introduci-das en relación coa liberdade de ensinanzaquedaron incorporadas con carácter perma-nente ao noso sistema educativo.

ETAPA DA RESTAURACIÓN,

ATA A 2ª REPÚBLICA

Logo dos acontecementos do sexenio de-mocrático (1868-1874), os desexos de paz eorde social demandados por amplos sectoresda sociedade facilitarían a proclamación darestauración monárquica na figura de Afon-so XII, fillo de Isabel II. Cando en 1885 fale-ce Afonso XII, asume o poder a raíña rexen-te, M.ª das Mercedes, ata a maioría de idadedo seu fillo Afonso XIII en 1902.

Durante a etapa da Restauración aproba-ríase unha nova Constitución en 1876, querestauraría a monarquía constitucional e que,malia ser de marcado carácter conservador,foi quen de integrar principios progresistas,entre outros, o sufraxio universal, a declara-ción dos dereitos do home e a tolerancia re-lixiosa. Neste período, a educación recobrougran protagonismo, especialmente a finais doséculo XIX, dado que o sentir xeral era que arexeneración de España pasaba pola reformaeducativa do país.

Dentro do ámbito educativo, no ano 1900,créase, por primeira vez en España, o Minis-

terio de Instrución Pública e Belas Artes, pre-sidido por Antonio García Alix, coa finalida-de, entre outras, de lograr a unidade de xes-tión das cuestións docentes por parte do Es-tado. Coa creación deste ministerio consoli-daríase un sistema de provisión directa deprazas escolares por parte do Estado que per-mitiría, non obstante, a presenza de escolasprivadas, de ensinanza primaria e secundaria.O Estado tentaría asumir a gratuidade e obri-gatoriedade da educación primaria entre os 6e os 12 anos de idade. O citado ministeriotamén tería como obxectivo prioritario acabarcoas diferenzas existentes no acceso á educa-ción en función do nivel de renda, do lugar deresidencia e do sexo.

Un Estado de dereito moderno debería ga-rantir, entre outros dereitos, a igualdade detodos ante a lei e, neste caso que nos ocupa, odereito á educación. O interese xeral, ade-mais, avogaba por esa igualdade co fin deque se garantise de forma efectiva a escolari-zación obrigatoria da que dependía, en boamedida, o benestar do país.

O 13 de setembro de 1923, co golpe militardo xeneral Primo de Rivera, que contaría coacomprensión do rei Afonso XIII, iniciábaseun período de ditadura en España que duraríaata a proclamación da Segunda República en1931. O 27 de decembro de 1930, o xeneralPrimo de Rivera preséntalle ao monarca a súadimisión, que sería aceptada por Afonso XIII,nomeando como xefe do Goberno o xeneralBerenguer.

A Ditadura de 1923 encarnou, entre outrostrazos, o rexeneracionismo autoritario. Du-rante o mandato primorriveirista levaríanse acabo, no ámbito educativo, reformas no ba-charelato e na universidade.

NOTA: as referencias e bibliografía sinaladasamosaranse no último capítulo