Xornal do PSOE de Bergondo

20
s socialistas de Bergondo apostan por Alejandra Pérez Máquez, actual alcalde- sa do municipio, para encabezar a súa candidatura para as eleccións do 24 de maio, coa clara aspiración de consolidar as políticas educativas e so- ciais que caracterizan o Concello de Bergondo. Este reto levou á rexedora a decidir liderar a lista, cons- ciente de que se lograron superar os obstáculos eco- nómicos e o PSOE conseguiu un Concello con moi boa saúde económica “para investir no social”. O Partido Socialista presenta unha lista cun 40% de caras novas, que tratarán de sumar as ideas reno- vadas que sempre se necesitan. E iso conxugado cunha demostrada experiencia de xestión que nin- gunha outra formación pode ofrecer. En segundo posto da lista sitúase Javier Santos, que xa fora concelleiro socialista en Bergondo, e no terceiro posto Begoña Calviño, actual edila de Be- nestar Social. De número catro vai José Ramón Lo- renzo e de cinco Patricia María Vázquez Figueroa, dúas das incorporacións. Séguenlles Juan Carlos Lata, Yudit García, José Miguel Patiño, Juan Francisco Sánchez, María Margarita Corral, Valentín Dopazo, e Iria Bello. Pecha a lista Jesús Vázquez, actual concelleiro, e como suplentes están Yolanda Gar- cía e Domingo Fontes, este tamén edil hoxe.Tanto Jesús Vázquez como Domingo Fontes, con longa experiencia no Concello, optaron por decisión propia por aparecer nunha segunda liña pero manténdose na candidatura para seguir traballando e colaborando no partido. A alcaldesa asegura que fuxirá de “promesas tan gran- dilocuentes como incumpribles” que ofrecen outros partidos en Bergondo.Pérez aposta por unha “política sensata” con actuacións destinadas a paliar as necesi- dades reais dos veciños, sen buscar notoriedade. Forte investimento nas principais necesidades do veciño 2-5 Bolsas educativas para favorecer o ensino 6 Innovador proceso de participación para o Plan Xeral 12 O Concello asesorou en emprego a 547 veciños 15 A alcaldesa preséntase ás eleccións coa política social e a sensatez por bandeira O PSOE fuxirá de promesas imposibles de cumprir como outras formacións e centrarase en necesidades reais

Transcript of Xornal do PSOE de Bergondo

Page 1: Xornal do PSOE de Bergondo

s socialistas de Bergondo apostan por Alejandra Pérez Máquez, actual alcalde-sa do municipio, para encabezar a súa

candidatura para as eleccións do 24 de maio, coa clara aspiración de consolidar as políticas educativas e so-ciais que caracterizan o Concello de Bergondo. Este reto levou á rexedora a decidir liderar a lista, cons-ciente de que se lograron superar os obstáculos eco-nómicos e o PSOE conseguiu un Concello con moi boa saúde económica “para investir no social”.

O Partido Socialista presenta unha lista cun 40% de caras novas, que tratarán de sumar as ideas reno-

vadas que sempre se necesitan. E iso conxugado cunha demostrada experiencia de xestión que nin-gunha outra formación pode ofrecer.

En segundo posto da lista sitúase Javier Santos, que xa fora concelleiro socialista en Bergondo, e no terceiro posto Begoña Calviño, actual edila de Be-nestar Social. De número catro vai José Ramón Lo-renzo e de cinco Patricia María Vázquez Figueroa, dúas das incorporacións.

Séguenlles Juan Carlos Lata, Yudit García, José Miguel Patiño, Juan Francisco Sánchez, María Margarita Corral,

Valentín Dopazo, e Iria Bello. Pecha a lista Jesús Vázquez, actual concelleiro, e como suplentes están Yolanda Gar-cía e Domingo Fontes, este tamén edil hoxe.Tanto Jesús Vázquez como Domingo Fontes, con longa experiencia no Concello, optaron por decisión propia por aparecer nunha segunda liña pero manténdose na candidatura para seguir traballando e colaborando no partido.

A alcaldesa asegura que fuxirá de “promesas tan gran-dilocuentes como incumpribles” que ofrecen outros partidos en Bergondo.Pérez aposta por unha “política sensata” con actuacións destinadas a paliar as necesi-dades reais dos veciños, sen buscar notoriedade.

➜ Forte investimento nas principais necesidades do veciño 2-5

➜ Bolsas educativas para favorecer o ensino 6

➜ Innovador proceso de participación para o Plan Xeral 12

➜ O Concello asesorou en emprego a 547 veciños 15

A alcaldesa preséntase ás eleccións coa política social e a sensatez por bandeiraO PSOE fuxirá de promesas imposibles de cumprir como outras formacións e centrarase en necesidades reais

Page 2: Xornal do PSOE de Bergondo

2 infraestruturas

A

A construción da depuradora de Gandarío permitirá dar saneamento a Ouces e Lubre

imperiosa necesidade dunha depuradora para as parroquias de Ouces

e Lubre foi defendida desde hai anos polo PSOE de Bergondo. Se algo tiña claro o goberno de Alejandra Pérez era que se trataba dunha infraestrutura fundamental para que centos de veci-ños dispuxeran de saneamento e deixa-sen de usar as fosas sépticas.

A insistencia do Concello logrou que a Xunta por fin dera resposta coa cons-trución da Estación Depuradora de augas Residuais (EDAR) en Gandarío. O goberno municipal respecta a valo-ración dos técnicos da Xunta, que ga-ranten que o emprazamento é o axei-

A alcaldesa comprobou in situ o avance da obra

O goberno local aceptou a garantía

técnica da Xunta sobre o lugar da EDAR

O Concello xa foi construíndo colectores por ambas as dúas parroquias para estar preparadas cando se poña en marcha a infraestrutura

tado. En calquera caso, o Concello esixirá que todos os sistemas funcio-nen correctamente sen causar prexuízo algún ao medio.

A depuradora está agora en fase de construción. A alcaldesa visitou os traballos hai uns días para observar que avanza a bo ritmo.

O goberno socialista fixo os seus debe-res con tempo e neste tempo foi cons-truíndo a rede de colectores de Ouces e Lubre que logo irán conectados á EDAR. Foi un investimento millonario que fará que en canto a depuradora es-tea lista os veciños poidan usala.

Consecuentemente, pola realización destas obras, que inclúen colectores nos núcleos da contorna, os residen-tes padecen diversas molestias, coas estradas afectadas. O Concello pide comprensión ante unha obra que xe-rará beneficios para todos.

Traballos para a contención de taludes na praia do RegueiroNas pasadas semanas o Ministerio de Fomento iniciou un dos proxectos demandados polo PSOE bergondés: a estabiliza-ción de taludes na praia do Regueiro. A acción do mar foi danando a costa e provocou ocasionalmente a caída de árbores e terra, o que supoñía un risco pa-ra os usuarios da emble-mática praia.

A administración estatal está por fin a desenvolver traballos para a súa con-tención. Consisten na crea-ción dun dique vexetal.

Ademais, o Estado infor-mou ao Concello que os propietarios de terreos que lindan co mar nesta situación teñen a obriga de levar a cabo obras que corrixan a situación.

Tecnoloxía punta para localizar vertidos e avarías nas redes de auga

A loita contra os vertidos non se cinguiu exclusivamente á realización de obras de saneamento. O Concello va-leuse de equipos de última xeración para explorar as redes de condutos e localizar irregularidades para po-der corrixilas. O servizo de mantemento usa unha cá-mara robotizada que é quen de viaxar polos tubos ofre-cendo imaxes de alta calidade dos elementos da rede.

Foron varias as zonas examinadas desta forma, an-te os indicios de que existiran conexións indebidas, en moitas ocasións debido ao descoñecemento dos propios donos dos inmobles. O núcleo de Guísamo foi un dos analizados, logrando que os propietarios coa instalación mal feita a arranxaran.

O robot moveuse tamén en zonas de especial sensibilidade, coma son as próximas a costa. Os vertidos que sufriu a praia de Gandarío foron obxecto deste exame, o que implicou a apertura de expedientes para a volta á regularidade.

Outro dos sitios obxectivo da cámara foi a contorna da depuradora de Fiobre. Os técnicos determina-ron así que o seu funcionamento era o axeitado.

E ademais do robot tamén traballa a diario o ollo humana na seguridade da rede. Os técni-cos se preocupan con exames continuos do seu bo funcionamento.

Page 3: Xornal do PSOE de Bergondo

3infraestruturas

O O goberno socialista investiu 3 millóns de euros na mellora da rede de estradas

A mellora do acceso e rúas do polígono de Bergondo, un dos principais proxectos

PSOE de Bergondo cen-trou todos os plans de obras e investimentos nas

necesidades básicas da poboación. E no lugar primordial o concelleiro de Obras, Jesús Vázquez, situou as repa-racións da rede municipal de estradas e a ampliación do saneamento, así co-mo a recollida de augas pluviais.

As actuacións en estradas superaron no mandato os 3 millóns de euros. Le-váranse a cabo en vías con alto nivel de circulación, pero tamén en camiños que serven a pequenos núcleos.

Un dos principios proxectos des-envolveuse no polígono de Ber-gondo, principal foco económico do termo municipal. Asfaltáronse

varias das rúas interiores e os ac-cesos desde a Nacional VI e desde a estrada principal, incrementan-do a seguridade viaria.

Ás obras propias do Concello hai que sumarlle a remodelación da ponte do Pedrido, para a que o goberno socia-lista pediu obras que garantiran a se-guridade dos habitantes do núcleo.

O Concello é consciente de que aínda quedan quilómetros que mellorar da ampla rede de camiños do munici-pio. De feito, hai meses o PSOE pro-puxo ao pleno a aprobación de 20 proxectos de arranxos de estradas, pero os intereses políticos primaron e os tres partidos da oposición impedi-ron a súa realización. Unha das rúas melloradas no polígono

Desbloqueadas as reformas das estradas de Tatín e de Guísamo a GuiliadeDous proxectos longamente pedidos polo Concello de Bergondo xa foron aprobados e desbloqueados pola De-putación. Trátase da estrada de San Isi-dro a Tatín e de Guísamo a Guiliade. No primeiro dos casos, un problema no or-ganismo provincial demorou a segunda fase e obrigou a unha segunda contra-tación. O goberno local intercedeu para conquerir medidas provisionais que deixaran a estrada en condicións para os veciños.

E no segundo caso, a tramitación xa empezou para ampliar a vía de Guilia-de. O PSOE seguirá reclamando apu-rar a segunda fase para eliminar o tapón que impide o paso de dous co-ches, con risco para os peóns

As melloras acadadas na N-VI reduciron accidentes pero o PSOE esixe unha remodelación integralReunións, escritos e conversas da al-caldesa co Ministerio de Fomento va-leron para lograr un primeiro paquete de medidas de seguridade na Nacio-nal VI. A vía acumulaba un bo número de accidentes e o investimento non chegaba, nin chegou, desde a admi-nistración que dirixe o Partido Popular para efecutuar un proxecto integral como desexa o Concello de Bergondo.

Por fin logrouse unha serie de traba-llos de pintado e pavimentación que baixaron notablemente os incidentes. Pero o PSOE de Bergondo non se con-forma e quere unha implicación “real” do ministerio para adaptar esta estra-da á realidade urbana que ten.

A formación socialista defende que o carril de servizo creado en Cortiñán non funciona como tal. Cómpre elimi-nalo e deixar incluso un so carril, con medidas correctoras de velocidade.

E o outro punto que necesita “actuación urxente” é a intersección coa estrada de Ferrol. A alcaldesa defende un proxecto de remodelación integral cun cruza-mento en dous niveis para garantir ao máximo de seguridade viaria.

O Concello logrou melloras no firme e

pintado da vía

Page 4: Xornal do PSOE de Bergondo

4 infraestruturas

O goberno local deu un paso máis na transparencia ao licitar tamén contratos menores

O PSOE logra rebaixar os importes das contratacións contribuíndo ao aforrolei de contratos non obriga, pero o Partido Socialista decidiu im-

pulsar un sistema aberto de contrata-cións menores. Con estas novas licita-cións, aínda que o importe sexa pequeno, o Concello lo-gra rebaixas nos contratos e da un paso máis na transpa-rencia de goberno.

En concreto, o equipo socialista deci-diu marcar que todos os contratos de obra de polo menos 18.000 euros de orzamento e todos os de servizos ou subministracións de polo menos

12.000 euros sexan licitados.

Ademais, o Con-cello tamén o

fixo incluso noutros contratos de aínda menor contía. Foi o caso, por exemplo, dos elementos para os novos parques biosaudables de Vixoi ou Cortiñán.

O procedemento nestes casos é simi-lar: as empresas entregan a súa ofer-ta económica e declaración respon-sable, en sobre pechado, sendo con-tratada a máis vantaxosa.

A alcaldesa e candidata socialista ás eleccións, recalca que esta decisión foi adoitada porque o Concello de Bergon-do non ten nada que ocultar, senón que ten moito que ensinar .

“Con este método conseguimos afo-rrar cartos das contas municipais e incrementamos a nosa transparen-cia”, afirma.

AA lei de contratos non obriga a esta política adoitada

no Concello

Ampliación da rede municipal de parques biosaudables

Coa finalidade de aproveitar o aire li-bre para fomentar o exercicio físico, especialmente entre os maiores, o Concello conta cunha rede de par-ques biosaudables. A súa creación hai uns anos correspondeu xa ao go-berno de PSOE.

Agora a rede de parques foi ampliada co obxectivo de favorecer a súa utili-zación polos veciños. A parroquia de Ouces conta agora con este espazo,

na contorna da igrexa, integrándose na zona verde do núcleo.

E o equipo de goberno socialista non rematará aquí esta ampliación da re-de. Xa está en tramitación o contrato para instalar tamén estes elementos de ximnasia en Cortiñán e en Vixoi. Xunto aos aparatos, o Concello coloca un cartel explicativo que axuda aos usuarios a empregar correctamente cada un.

Aspecto do último parque creado, en Ouces

Modernización da iluminación pública para aforrar e preservar o medioUnha das áreas de actuación munici-pal que acaparou máis proxectos foi a referida á eficiencia enerxética. O Concello de Bergondo desenvolveu traballos en distintos núcleos do mu-nicipio para ir dotando as rúas de lu-minarias tipo LED, unha tecnoloxía que respecta o medio ambiente e ofre-ce unha gran calidade lumínica.

O goberno do PSOE desenvolveu algunhas das principais obras nes-

te sentido en San Victorio, Rois, Bergondiño, O Casal e Gandarío.Esta modernización permite re-baixar a factura eléctrica dado que o LED consume menos. O gasto enerxético é un dos maiores nos municipio e por iso o Concello de-cidiu investir en eficiencia. Ade-mais, o Concello tamén fixo mello-ras na iluminación en Obra de Pa-ño, Silvoso, O Casal, Mesoiro, Ca-rrio, Bos, e Pedras Brancas.

Lograda a remodelación do comedor do Cruz do SarOs equipamentos públicos do munici-pio tamén foron obxecto da actuación municipal. Unha das principais reivin-dicacións do Concello, ANPA e direc-ción do CPI Cruz do Sar foi atendida: a remodelación do comedor. A Xunta es-coitou as peticións e reformou o espa-zo para acoller máis alumnos e en me-llores condicións.

Ademais, o goberno socialista desen-volveu un plan continuado de arranxos e melloras nos centros de ensino, co obxectivo de que os alumnos foran a

clase coas prestacións que necesitan. Así, os traballos de pintado de aulas e exteriores, limpezas, acondiciona-mentos e, en xeral, calquera cuestión transmitida polos equipos docentes foron asumidas polo Concello.

O lucernario do centro de saúde foi asemade arranxado polo goberno lo-cal. Un problema de filtracións na cuberta permitía a entrada de auga. E a rede de centros sociais munici-pais contou cun plan de conserva-ción específico.

Page 5: Xornal do PSOE de Bergondo

5infraestruturas

Algunhas das obras executadas Eficiencia enerxética

➜ Reforma da iluminación pública en Mesoiro

➜ Reforma da iluminación pública no Casal

➜ Reparación do alumeado público da AC-161 ao seu paso por Carrio

➜ Reforma do alumeado público en Bos e Pedras Brancas

➜ Modernización do alumeado público en Tatín

➜ Renovación da iluminación en San Vitorio e Bergondiño

➜ Reforma do alumeado público da praia de Gandarío

➜ Solucións de aforro enerxético no centro social A Senra e na escola infantil

Equipamentos e espazos públicos➜ Reparación do lucernario do centro de saúde de Bergondo

➜ Mellora da praza da Cultura

➜ Reforma na acometida do centro social de Mariñán

➜ Melloras na escolas de Silvoso

➜ Reparacións no parque infantil do Pedrido

➜ Acondicionamento no parque de Lubre

➜ Limpeza dos cemiterios de Bergondo

➜ Peche da pista polideportiva de céspede artificial de Bergondo

➜ Creación de parque biosaludable en Ouces

Saneamento e abastecemento Estradas e seguridade viaria➜ Saneamento en Raxás e

Fiobre

➜ Dotación de colectores na Fraga, Os Curros e Os Campós

➜ Saneamento na praia de Gandarío

➜ Dotación de rede de fecais en Silvoso

➜ Construción de redes de saneamento e pluviais en San Isidro

➜ Saneamento do núcleo do Pedrido

➜ Mellora do abastecemento en Riomaior e Sanín

➜ Canalización de pluviais de Carrio a Covas

➜ Dotación de saneamento en Montecelo

➜ Ampliación da rede de saneamento en Miodelo

➜ Reforzo da rede de pluviais en Saioso

➜ Construción de pluviais en Montecelo

➜ Rede de pluviais en Bergondiño, As Cerqueiras, A Dorna e Trasdoval

Algunhas obras en tramitación➜ Dotación de saneamento en Cruz do Sar

➜ Saneamento en San Paio

➜ Saneamento na Lagoa

➜ Senda peonil de acceso desde Fiobre ao Pedrido

➜ Plan de mellora de camiños en Guísamo, Moruxo, Vixoi, Bergondo, Babío, Lubre e Cortiñán

➜ Reparación de camiños en Vixoi e Babío

➜ Terminación da estrada de Tatín a San Isidro

➜ Acondicionamento do camiño da CP-0810 ao límite con Abegondo

➜ Reparación do camiño da CP-0105 á igrexa de Cortiñán

➜ Ampliación da estrada de Guísamo a Guiliade

➜ Renovación e mellora enerxética na Nacional VI

➜ Reparación e adecuación do polideportivo do colexio Cruz do Sar

➜ Arranxos nos campos de fútbol do Convento e Cortiñán

➜ Instalación parques biosaudables en Vixoi e Cortiñán

➜ Mellora dos parques infantís de Fiobre, Vixoi, Tatín, Guísamo (xunto ao centro de saúde) e Bergondo (xunto á Casa da Cultura)

➜ Proxecto de reparación de camiños en Rois

➜ Proxecto de reparación de camiños en Lubre

➜ Pavimentación e canalización de pluviais no polígono industrial de Bergondo

➜ Ampliación da estrada de Tatín a San Isidro por Moruxo

➜ Plan de mellora de estradas en Lubre, Guísamo, Bergondo, Ouces, Moruxo, Cortiñán e Babío, e Vixoi.

➜ Mellora dos accesos ao polígono desde a N-VI e a CP-0811

➜ Arranxo de camiños en Ouces

➜ Asfaltados en Bergondo, Lubre, Ouces, Guísamo e Vixoi

➜ Mellora do camiño de Aldea de Arriba

➜ Limpeza e acondicionamento do camiño de Miodelo a Mariñán

➜ Pavimentación no Pedrido e accesos á praia

➜ Construción de beirarrúas en Silvoso

➜ Reparacións de beirarrúas en Bergondo, Guísamo, Ouces e Lubre

Page 6: Xornal do PSOE de Bergondo

6 educación

Duplicadas as axudas para escolarizar a menores de familias con escasos recursosAs subvencións que outorga o Concello para o transporte aos centros beneficia a 126 veciños

educación debe ser universal e gratuíta”.

Esta é a premisa da alcaldesa, Alejan-dra Pérez, e o goberno socialista de Bergondo o demostrou con medidas reais e concretas.

O Concello conta cun sistema de axudas para os alumnos das distintas etapas educati-vas, co obxecto de garantir o seu acceso ao ensino.

Quizais as máis necesarias son as axudas á escolarización de menores de familias con escasos recursos. Neste mandato, de 2011 a 2015, o in-vestimento municipal neste concepto foi máis do dobre, pasando de 4.245 euros a 8.975 euros.

Con esta cont ía aumentou o nú-mero de benefi-c iar ios , que se dupl icaron. Fó-ronse incremen-

tando ano tras ano, dos 78 de 2011 aos 162 de 2015.

O outro eixo deste sistema de axu-das é o plan destinado a subvencio-nar o desprazamento ao centro de ensino, destinado ás etapas educa-tivas que non contan con servizos públicos de transporte.

O Concello destinou 10.890 euros na última convocatoria, da que se be-neficiaron 126 veciños. As bolsas dirixíronse aos empadroados no

municipio que estiveran matricula-dos nun centro público, que estive-se ao menos a un quilómetro do seu lugar de residencia.

O grupo socialista confeccionou este sis-tema pensando nas diferentes casuísti-cas das familias de Bergondo. Así, poden recibir as bolsas os alumnos de educa-ción infantil, bacharelato, formación pro-fesional, ensino de réxime especial, titu-lacións universitarias, programas in-ternacionais oficiais e outros progra-mas de ensino homologado.

“AAs axudas á

escolarización creceron en

investimento e beneficiarios no mandato

Cheo total no programa de conciliación fóra do horario lectivo

Imaxe do almorzo saudable en Madrugadores

O Concello de Bergondo tamén é punteiro na conciliación cun pro-grama de apertura dos centros educativos fóra do horario lectivo. O obxectivo principal é dar respos-

ta ás necesidades horarias e de conciliación das familias do muni-cipio, facilitando o acceso ao mer-cado laboral de ambos proxenito-res. Este programa lévase a cabo en

horario de mañá e de tarde. Pola mañá de 7.30 a 9.20 horas (antes do horario de entrada ao CPI Cruz do Sar) coa actividade de Madrugado-res. Nesta actividade o alumnado, de forma conxunta, prepara un al-morzo saudable, lava a louza, reco-lle e limpa.

Pola tarde, de 15.00 a 18.00 horas, desenvólvese a actividade de refor-zo educativo na Biblioteca do Centro Cultural A Senra. Trabállanse ade-mais das tarefas escolares, as téc-nicas de estudo, a motivación do alumnado de cara ao estudo, a co-educación e a igualdade, así como outras temáticas transversais de in-terese no eido educativo.

O Concello creou neste mandato a Escola de Nais e PaisA multitude de iniciativas de carácter educativo impulsadas neste mandato polo Partido Socialista tamén se dirixiu ás Nais e Pais de alumnos. En xuño de 2011 nacía a Escola de Nais e Pais, pen-sada como punto de encontro entre os

proxenitores, propiciando o intercam-bio de experiencias e a formación ante as problemáticas dos rapaces.

E a proposta está tendo cada vez máis éxito. Son 45 os inscritos, con fillos no

colexio Cruz do Sar, e 20 os referen-tes ao CRA.

Ademais, nestes anos, o Concello centrou esforzos no Consello Es-colar Municipal como medio para

a participación cidadá no ámbito educativo. O órgano reuniuse pe-r i o d i ca m e n te i m p l i ca n d o a o s proxeni tores e docentes para abordar e situación e necesidades no ensino en Bergondo.

Nos períodos non lectivos o programa cambia o seu horario que pasa a ser de 7.30 a 14.30 horas. Nestes períodos o alumnado aprende a través de activida-des lúdico - educativas a relacionarse, a traballar en equipo, a mellorar as habi-lidades sociais e a empatía e a gozar de actividades ao aire libre.

En definitiva trátase dun lugar de en-contro onde convive alumnado de di-ferentes idades e características, on-de o respecto e a ilusión son os piares fundamentais.

O éxito do programa, creado polo PSOE no 2009, está máis que pro-bado xa que na actualidade está completo na súa totalidade.

Page 7: Xornal do PSOE de Bergondo

7educación

OO programa de formación de adultos suma 532 títulos oficiais desde a súa creación

goberno municipal socia-lista fixo que no Concello de Bergondo funcionara

un servizo de formación de adultos con clases e atención personalizada. Un servizo propio dunha academia, pero promovido desde unha administración.

Foi creado hai 13 anos. A día de hoxe suma un total de 532 títulos oficiais acadados.

O obxectivo consiste en proporcionar un mellor desenvolve-mento persoal e pro-fesional das persoas adultas e moi especialmente das máis desfavoreci-das ou carentes de titulación básica, sobre todo daquelas que por razóns de traballo ou de residencia non po-den continuar nos centros ordinarios.

As pr ior idades foron os adultos que non dominan as técnicas ins-

trumentais elementais e a obten-ción do título de graduado en educa-ción secundaria. Tamén se traballa na preparación de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, e na avaliación das com-

petencias clave que se requiren pa-ra acceder aos cursos dos novos certificados de profesionalidade.

A alcaldesa confesa estar “orgullo-sa” desta iniciativa pioneira. E enxalza a labor do técnico de Edu-cación do Concello, que pon “horas e horas” da súa parte para facer po-sible a idea.

A iniciativa foi lanzada polo PSOE

hai 13 anos

Prímase o traballo en persoas que necesitan técnicas elementais e a obtención da ESO

Os mozos tamén foron un colecti-vo destinatario de accións espe-cíficas desde o Concello de Ber-gondo. Ademais das actividades, dentro das competencias da ad-ministración local, os mozos re-cibiron información, asesora-mento e orientación sobre as áreas nas que teñen maior preo-cupación, coma o voluntariado, os programas europeos, ou o ac-ceso ao emprego.

Unha carpa informativa na Senra ou obradoiros foron algunas das accións levadas a cabo.

Información e asesoramento á mocidade do concello

A promoción do galego estivo tamén nos obxectivos educativos do goberno municipal de Alejandra Pérez. O Concello traballou na Rede de Dinamización Lingüística, asocia-ción voluntaria que busca congregar as en-tidades con competencia na promoción do uso da lingua galega no ámbito local.

Froito desta iniciativa leváronse a cabo accións de promoción en ámbitos como o deporte, a mocidade ou as tecnoloxías. Un das actuacións máis valoradas foi a edición do conto “Os Bolechas van a Bergondo”, onde as coñecidas persona-xes se converteron en voluntarios polo municipio. O Concello entregou un exemplar aos alumnos.

Os Bolechas, na súa viaxe por Bergondo

Máis de 300 alumnos participan no programa municipal de préstamo de librosO PSOE de Bergondo tomou medidas ante o des-censo de fórmulas de axuda ás familias na compra dos libros escolares que recortou o Partido Popular. Consciente de que a adquisición dos textos supón un importante desembolso, que se une con outros gastos propios do curso escolar, o goberno local apostou por efectuar un esforzo económico para

proporcionar de forma directa, salvo renuncia, va-rios dos libros de 1º e 2º de Primaria.

A iniciativa combina a dotación directa de libros no-vos nestes dous cursos cun programa de préstamo, desde 3º de Primaria até 4º de Secundaria. Consis-te en que os libros quedan no colexio cando acaba o

curso para que os alumnos que entraron en curso novo poidan reutilizalos sen necesidade de compra-los de novo.

Unha iniciativa socialista e colaborativa que acadou gran éxito entre as familias. Máis de 300 alumnos forman parte deste programa.

Dinamización do galego en todos os ámbitos

Page 8: Xornal do PSOE de Bergondo

8 benestar

O PSOE de Bergondo multiplica por cinco as axudas económicas para familias sen recursos

urante o mandato no Concello de Bergon-do, o PSOE

local veu insistindo nos esforzos por facer do mu-nicipio un referente en materia de Servizos So-ciais. Impulsar medidas orientadas a mellorar a situación dos máis vulne-rables consolídase coma

a prioridade dos socialistas, que aseguran manter esta l iña de compromiso nun futuro.

“Non pode nin debería haber noutras administracións maior prioridade que os colectivos sen recursos”, asevera Begoña Calviño, concelleira de Benes-tar. Os socialistas teñen un compromi-

so firme e real de que estas parti-das seguirán au-mentando segun-do o necesiten os cidadáns.

Na liña de previr s i t u a c i ó n s d e

emerxencia soc ia l , o PSOE duplicou ao longo deste mandato o impor-te das axudas económi-cas que destina a fami-lias en situación de ris-co. O investimento dos socialistas para estas prestacións pasou de 14.000 a máis de 30.000 euros nos últimos catro anos, o que se traduce nun incremento de máis do dobre.

O número de prestacións, pola súa banda, pasou de 43 ao come-zo de mandato a acadar as 187, case cinco veces máis, ao peche de 2014.

DOutro destes servizos sociais polos que vén apostando o PSOE bergondés para me-llorar a vida dos veci-ños é o Servizo de A x u d a n o Fo g a r , orientado especial-

mente a persoas de baixa ou en situa-ción de dependencia. Dende o ano 2011, beneficiáronse desta iniciativa arredor de 105 persoas.

O executivo de Alejandra Pérez desti-nou uns 400.000 euros cada ano den-de 2011 para este programa, cos que se cubriron máis de 20.000 horas anuais de atención nos fogares.

A alcaldesa ofrece o

“compromiso firme” de que os servizos sociais

son a máxima prioridade

A atención a dependentes

alcanza as 20.000 horas

cada ano

Os servizos sociais

sumaron 301 intervencións

en 2014

As medidas dos socialistas reducen en máis de 20 días o tempo das intervencións sociaisUnha das prioridades do PSOE de Bergondo dende a área de Benestar Social é a de garantir o acceso da po-boación ao sistema público de Servi-zos Sociais, así como potenciar os re-cursos persoais e sociais.

Neste senso, o Concello vén desenvolvendo dende hai anos un programa que proporciona información, orientación e asesora-mento sobre dereitos e re-cursos sociais aos veciños que o precisen, ao tempo que axiliza a xestión e tra-mitación de prestacións económicas e outras axudas. Unha medida da que se benefician sobre todo familias e per-soas con discapacidade, e para a que o ano pasado se emprenderon un total de 301 intervencións.

O obxectivo prioritario deste exercicio foi o de baixar a media do tempo de

duración nunha intervención social, para lograr que o usuario reciba un mellor asistencia. Esta meta lográro-na con creces os socialistas, xa que o período de resolución pasou de 44 días de media en 2011 a unha media de 21 na actualidade.

Outros dos colectivos atendidos polo Concello neste plan foron as mu-lleres, maiores, minorías étnicas e inmigrantes.

Ademais, o goberno municipal potenciou o

seu programa de alimentos da Cruz Vermella, do que se beneficiaron en 2014 máis do dobre de persoas que a principio do mandato, pasando de 58 a 123. Grazas a este servizo, a ONG distribúe os excedentes de produción da Unión Europea entre as persoas que atravesen unha situación econó-mica precaria.

O número de prestacións concedidas pasou de 43 a 187 nestes catro anos

A escola infantil municipal, exemplo de conciliación e educación

As familias bergondesas contan cunha infraestrutura educativa propia para garan-tirlles a conciliación da vida familiar e laboral. A escola infantil municipal traballa cunha media de 44 nenos, de 0 a 3 anos de idade.

Ademais de coidalos, o equipo do centro desenvolve programas didácticos, impli-cando tamén aos propios pais.

Os pequenos desenvolven unidades didácticas

Page 9: Xornal do PSOE de Bergondo

9benestar

C

Bailar batuka foi unha das actividades

para fomentar o exercicio

físico e a ximnasia

Os maiores de Bergondo, os veciños máis activos

o proxecto de envellece-mento activo desde o goberno municipal se

dota aos nosos maiores das ferramen-tas para acadar un bo grado de autono-

mía, integración e participación activa dentro da comunidade bergondesa. Cumprir anos é gañar experiencia e debemos coidar a calidade de vida dos nosos veteranos xa que teñen moito que aportar á nosa comunidade.

Nesa idea de potenciar o envellece-mento activo, en Bergondo, da man do goberno socialista, ofrécense activida-des de educación, formación e partici-pación social como obradoiros de infor-mática, de baile, de inglés, de reposte-

ría creativa, etc. Dentro das actividades pensadas para promover hábitos de vida saudables destacan actividades como as de reforzo da memoria que axudan aos maiores a obter recursos que preserven a súa autonomía por medio de hábitos e prácticas que favo-recen a súa saúde. Tamén están os ro-teiros saudables que se desenvolven por camiños naturais que se combinan con visitas culturais.

As saídas e viaxes son outra das actividades máis habi-tuais. Houbo desprazamen-tos a lugares como Xinzo de Limia, Ría de Vigo, Ribeira Sacra, Cambados, Comba-

rro, Costa da Morte, Celanova, Ribada-via, as Méduloas, o Cebreiro, e incluso unha saída literaria que percorreu Pa-drón, Rianxo e a Pobra do Caramiñal.

Un equipo humano formado fai posible realizar estas actividades.

Unha ampla programación municipal fomentou a súa participación e autonomía

Encontro de maiores Participantes da viaxe á Costa da Morte

O noso Universo é Diverso e inclusivoDende os Servizos Sociais do Concello, a través de Universo Diverso, trabállase en favore-cer as relacións sociais e de amizade das persoas con di-versidade funcional.

Os socialistas bergondeses cren no potencial que teñen todos os nosos veciños. Por iso aplican plans coma este que promoven as habilidades sociais dos usua-rios coa finalidade de que au-menten a súa autonomía. Bús-case estimular a súa participa-ción activa na sociedade.

Actualmente son usuarias 16 persoas con diversidade funcio-nal e as súas familias, de tal xeito que, indirectamente, hai 38 bene-ficiarios a maiores dos 16 usua-rios directos das accións de Uni-verso Diverso. As actividades son de diferentes perfís, por exemplo cultu-rais (cine, teatro, danza, exposicións, etc.), deportivas (patinaxe, kayak, buceo, pádel, baloncesto adapta-do, etc), medioambientais (sen-deirismo, reciclaxe, etc). Cónta-se cunha adaptación personali-zada na que se traballa á procu-ra da inclusión.

Os socialistas bergondeses fan unha aposta clara pola sensibilización da sociedade de cara ao labor e importan-cia das accións de volunta-riado. Actualmente hai 19 persoas que participan co-mo voluntarias no Proxecto de Voluntariado Social do Concello de Bergondo.

O fin é sensibilizar á socieda-de bergondesa sobre a im-portancia e o valor da partici-

pación solidaria; dinamizar e formar tanto o tecido asocia-tivo municipal como o volun-tariado existente, dotándoos das ferramentas necesa-rias; canalizar os sentimen-tos de solidariedade da cida-danía, por parte da xestión política municipal, como motor de arranque para a creación de redes de tecido asociativo e a dinamización da acción voluntaria dentro do ámbito local.

O persoal voluntario colabora en proxectos como o progra-ma de ocio e tempo libre para persoas con diversidade fun-cional, o programa de ocio destinado a persoas maiores; o servizo de acompañamento de persoas maiores ou a per-soas con diversidade funcio-nal; accións de sensibiliza-ción social comunitaria; ou a organización de accións de carácter formativo dirixidas á comunidade bergondesa.

Fomentar o voluntariado é apostar pola participación e a solidariedade social

Page 10: Xornal do PSOE de Bergondo

10 programa

Un concello para as persoas, un concello transparente

FORMACIÓN, PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO• Manter o compromiso de realizar unha programa formativa anual, con ca-rácter gratuíto, dirixida prioritariamente aos desempregados

• Elaboración dun plan específico para menores de 35 anos procurando un plan de emprego que facilite a realización de prácticas nas empresas locais

• Elaboración dun plan específico para desempregados de longa duración, cun servizo de orientación e a creación de bolsas de contratacións temporais de solidariedade, que permitan actualizar ou redirixir as súas competencias profesionais

• Consolidar o novo servizo de orientación laboral, sito nas dependencias municipais no polígono de Bergondo. prioritario para desenvolver itinerarios personalizados de formación e emprego

• Desenvolvemento de programas de formación para traballar nos servizos de atención ás persoas con dependencia

• Impulsar a creación dun Viveiro de Empresas no polígono de Bergondo, con axudas aos novos emprendedores

• Mellora das infraestruturas básicas no Polígono, con actuación inmediata en:

• Renovación e mellora de eficiencia enerxética do alumeado• Reparación e mellora das rúas do polígono

• Creación dun banco de terras municipal

• Creación dun grupo de consumo responsable

• Colaboración con establecementos hoteleiros para apostar polo produto lo-cal de proximidade, así coma dos locais de alimentación

• Estudo de viabilidade sobre a recuperación de feiras tradicionais (merca-dos), potenciando e ampliando o actual Mercado de Horta

BENESTAR SOCIAL , IGUALDADE• Impulsar a rede de atención á de-pendencia.

• Poñer en marcha Programas de apoio á Autonomía Persoal, como o Xantar na Casa e a Terapia a do-micilio

• Continuar cos programas existen-tes para maiores, Maiores Activos

• Ampliar os servizos municipais de conciliación.

• Seguir traballando no Programa de Integración Laboral de persoas con discapacidade, así coma nas actividades deportivas e de lecer para persoas con discapacidade e mobilidade reducida.

• Plan municipal de actuación interxe-racional, impulso do encontro entre xe-racións fomentando coñecemento e educando contra estereotipos.

CULTURA, EDUCACIÓN E XUVENTUDE• Mellora dos equipamentos cos que conta o ensino público, escolas uni-tarias dependentes do CRA, e acon-dicionamento do entorno do CPI Cruz do Sar.

• Recuperación da Casa Reitoral de Guísamo para biblioteca- ludoteca

• Incremento progresivo do progra-ma de bolsas municipais para estu-dantes, así como do banco de libros de texto

• Impulso á Escola de Pais-Nais con novas ofertas e propostas innovadoras

• Ampliación dos Servizos de Biblio-teca, desenvolvendo o modelo de uso dixital de libros, e fomentando a lectura en todas as idades, con máis concursos e obradoiros literarios

• Consolidación dos obradoiros de educación afectivo-sexual, de resolu-ción de conflitos, de prevención da vio-lencia de xénero e consumo de drogas, impartidos aos alumnos do CPI en co-laboración coa comunidade educativa.

• Propostas e asesoramento na con-fección de menús ecolóxicos no co-medor escolar

• Programación estable de estilos de vida saúdable (obradoiros de cociña…)

URBANISMO• Aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, para dar resposta a nece-sidades básicas coma un cemiterio municipal, vivendas de promoción pública, a ampliación do centro educativo de Cruz do Sar, a construción dun campo de fútbol municipal, e a apertura dun centro de día

• Deseño dun municipio para todos e todas: a veciñanza será impulsora da or-denación do seu entorno mediante o sistema de participación na elaboración do PXOM en todas as parroquias

Page 11: Xornal do PSOE de Bergondo

11programa

Un concello para as persoas, un concello transparente • Impulso á ordenanza de trans-parencia municipal, honestidade e rendición de contas ao final de ca-da ano

• Articular sistemas de participa-ción informal e individual, a través da utilización dos servizos móbi-les e das redes sociais, para favo-recer o coñecemento e participa-ción nas decisións de carácter municipal

• Implantación nos locais sociais de redes WiFi, co fin de garantir o acceso universal e gratuíto a in-ternet

• Fomentar os servizos conxuntos cos concellos do entorno, a través da Mancomunidade das Mariñas: recollida selectiva de residuos, xestión de alumeado, retirada de vehículos, promoción turística, deportiva e cultural da comarca, canceira e lacería, e o plan consor-ciado de servizos sociais

• Potenciar os recursos dentro da Reserva da Biosfera.

DEPORTE• Creación do complexo deportivo na Senra

• Mellora da rede de equipamentos de-portivos ao aire libre, peches e cubri-mento das pistas, onde sexa posible

• Promoción dos deportes en contac-to coa natureza, potenciando a prácti-ca deportiva relacionada co mar

• Mantemento do programa de insta-lacións deportivas para adultos, ata chegar a ter circuítos de parques bio-saudables en todas as parroquias

• Fomento de carreiras populares e rutas en bicicleta, potenciando os re-cursos turísticos do concello

INFRAESTRUTURAS • Saneamento ao 100% nas parroquias. Proxectos inmediatos:

• Colector en Vixoi (San Victorio)

• Colector Moruxo-Fiobre

• Colector Santa Marta- Rois

• Mellora da AC-214 Guísamo- Cambre, coa dotación de servizos de sanea-mento, alumeado e beirarrúas.

• Mellora da estrada de Cortiñán a Vixoi coa dotación de servizos de sanea-mento e beirarrúas.

• Plan de infraestruturas municipais, mellora das vías e renovación de mar-quesiñas.

• Renovación progresiva na iluminación das rúas e das instalacións públicas, en todo o concello.

• Renovación e adaptación dos parques infantís á normativa vixente.

• Adquisición de maquinaria para a mellora e eficiencia dos servizos municipais

SEGURIDADE CIDADÁ• Ampliación da plantilla da policía local, ata onde a lexislación autorice

• Elaboración de campañas de comu-nicación para a poboación, prestando especial atención aos colectivos con maior risco

• Fomento da participación dos servi-zos de seguridade en campañas di-vulgativas, para a prevención e auto-proteción de incendios e emerxencias

• Fortalecemento do Plan de Educa-ción Viaria, en colaboración coa co-munidade educativa e as entidades veciñais

• Colaboración nas campañas da Di-rección Xeral de Tráfico

MEDIO AMBIENTE• Creación do departamento de Medio Ambiente municipal, con persoal fixo adscrito.

• Elaboración de unha ordenanza específica de saneamento e depuración, loi-tando contra vertidos.

• Fomentar a educación ambiental coa participación cidadá nos espazos natu-rais do concello (O Pedrido, Mariñán, O Regueiro), promovendo rutas polas marismas, avistamento de aves, e programas didácticos.

• Impulso dunha política agroforestal sostible fomentando a plantación de especies autóctonas.

TURISMO E PATRIMONIO• Recuperación do entorno do Río Maior en Lubre, coa creación do Pa-seo Fluvial.

• Plan de Rutas de Sendeirismo polo Concello, potenciando os recursos naturais, fontes, ríos, lavadoiros, monumentos, espazos protexidos…

Page 12: Xornal do PSOE de Bergondo

12 urbanismo

O Concello implica os veciños de todas as parroquias na elaboración do Plan XeralO goberno socialista iniciou un proceso inédito na comarca para obter un PXOM centrado nos intereses colectivos

O

O Concello achegou o

proceso por todos os centros

sociais

Os socialistas apostan por

contemplar a ampliación do

Cruz do Sar no Plan

PSOE de Bergondo é consciente da impe-

riosa necesidade de que o munici-pio conte cun Plan Xeral de Orde-nación Municipal que permita de-buxar un futuro sostible. Unha vez que foi aprobada a nova Lei do So-lo, o anterior proxecto tívose que descartar e o Concello contratou un novo equipo redactor.

O proceso caracterízase pola par-ticipación cidadá que implica, pio-neiro e inédito ata o de agora nos concellos da área metropolitana. E os veciños xa puideron observalo nas primeiras reunións celebra-das este ano.

Unha asemblea, celebrada na Senra, supuxo o comezo do proceso de parti-cipación. Unha explicación detallada

do equipo redactor repasou de for-ma didáctica as partes dun PXOM e a forma na que se vai participar.

Haberá un rol activo para os veciños de cada parroquia, que conformarán a comisión territorial. De feito, o Concello xa desenvolveu reunións en cada centro social para animar a

xente a tomar parte no proceso. E por suposto, os grupos políticos e axentes coma as asociacións tamén terán órganos para propoñer.

O PSOE de Bergondo busca así a for-ma de que os veciños eleven propos-tas sobre o conxunto xeral do muni-cipio. “Queremos que a ordenación

ou os equipamentos sexan decididos por todos”, apunta a alcaldesa.

A asemblea inicial contou cunha multitudinaria asistencia dos cidadáns

O PSOE quere dar resposta a necesidades coma o campo de fútbol ou o cemiterio

Ademais de que o planeamento sexa o instrumento necesario para marcar as directrices de crece-mento e avance de Bergondo, os

socialistas queren que a súa apro-bación permita dar resposta ás necesidades básicas da cidadanía. O PSOE apunta que o documento permitirá reservar o solo requirido para poder abrir un novo campo de fútbol ou un cemiterio municipal.

O PSOE inclúe tamén no seu pro-grama a ampliación do colexio Cruz do Sar, para posibilitar maio-

res instalacións, e a posible aper-tura dun centro de día, para a atención aos maiores.

A alcaldesa explica que contar cun planeamento adaptado aos intereses xerais é fundamental para despois ser quen de abrir no-vas e demandadas infraestruturas coma esta. Por iso insiste na opor-tunidade, nesta fase inicial, de

achegar propostas e ideas ao equipo redactor.

O proceso de participación, baixo o nome de Bergondo Participa, ofre-ce espazos nas redes sociais e un-ha web para recibir toda a infor-mación e facer as suxestións. O Concello tamén habilita o rexistro xeral para aqueles que lles sexa así máis doado.

Page 13: Xornal do PSOE de Bergondo

13xestión económica

L

Débeda 0 e superávit grazas a unha xestión económica impecable

Bergondo ten un remanente de tesourería de 4 millóns de euros que se poderá investir en melloras cara aos veciños

ogo da amortización do único crédito bancario que o Concello de Ber-gondo tiña pendente, ac-

tualmente a débeda do municipio é cero. Cancelouse o crédito de 208.031,98 euros que estaba vixente.

Tamén grazas á xestión económica realizada polo goberno liderado por Alejandra Pérez, as contas do munici-pio teñen un remanente de tesourería de 4 millóns de euros.

Sabedores dos duros tempos econó-micos que nos está a tocar vivir, os socialistas bergondeses fixeron moi-to fincapé en acadar aforros en todas as áreas, así como en conter del gasto

para evitar desembolsos que non fo-sen absolutamente necesarios.

MELLORAS FROITO DO AFORROGrazas a estes cartos aforrados foi posible aprobar obras como a repara-ción e asfaltado dos camiños DP-0810 ao límite con Abegondo e da CP-0105 á igrexa de Cortiñán, tamén o cofinancia-

mento da reparación do polideportivo do CPI Cruz do Sar, a reparación do campo de fútbol do Convento, arranxos nas instalacións dos parques infantís, a instalación de rede de saneamento en San Paio, ou a dotación de saneamento na Lagoa (na parroquia de Ouces) onde está prevista a colocación de 11 colec-tores e un bombeo de augas residuais.

Investiranse 314.724,42 euros do

remanente en distintas melloras

Polideportivo do CPI Cruz do Sar.

Os cartos no banco e os veciños agardando polo NON da oposición a investilosA intención dos socialistas de Bergondo non é meter os 4 millóns de euros de remanente de tesourería nun caixón e mirar para eles. O PSOE pretendía inves-tir parte deses cartos en mellorar a vida dos seus donos: os veciños. Pero a pro-posta de investimento de 1,6 millóns de euros deu co muro da oposición.

O PP, Veciños de Bergondo e Anova impediron a aprobación de accións de clara utilidade para veciñanza como a reparación de vías, a dotación de saneamento en diferentes puntos do Concello e a mellora de distintos servizos.

Esas agrupacións políticas con representación municipal terían que explicar que motivos lles levaron a rexeitar unhas obras necesarias propostas polo PSOE. Pero de facelo non lles quedaría máis remedio que admitir que a única razón residía en intereses electorais.

Intereses partidistas levaron ao traste a intención do goberno socialista de dotar de marquesiñas a diferentes paradas de bus ou de tapar as fo-chancas de estradas. Os veciños de zonas como Guísamo, Cortiñán, Rois, Saioso, San Paio, Baldomir, Trasdoval, Vixoi, Cardelle, Babío, Reboredo ou As Agras terán que agardar meses ata poder contar con melloras ne-cesarias nas súas estradas.

Entre das inversións que a oposición rexeitou estaba a instalación dun colec-tor en Moruxo-Fiobre para recoller vertidos do entorno da CP-0807 e deriva-los á EDAR, tamén a dotación de rede de saneamento en Vixoi, a ampliación da rede de saneamento en Santa Marta e Rois, con cinco colectores e un bombeo, ademais da dotación de saneamento en Vixoi e San Vitorio con catro colectores e un bombeo.

O Estado recortou a autonomía dos Concellos

A xestión municipal viviu mo-mentos moi duros por mor das normas aprobadas polo Parti-do Popular no Goberno do Es-tado. E en Bergondo isto se notou de forma clara, por exemplo coa suspensión do programa de contratacións temporais que facía o Conce-llo para axudar a inserción la-boral de veciños en paro. O Estado impediu calquera con-tratación da administración local, con independencia de que estivese saneada, como era o caso de Bergondo.

Esta situación deu un paso máis coa lei de racionalización, que non permitiu que o Conce-llo utilizara cartos do superávit ata hai uns meses. E os recor-tes de competencias foron ta-mén unha característica do Go-berno do PP en Madrid.

Foi unha situación complica-da que o goberno local t ivo que superar con traballo e i m a x i n a c i ó n p a r a s e g u i r atendendo aos veciños pese ás trabas do Estado.

Page 14: Xornal do PSOE de Bergondo

14 promoción económica

Preto de medio cento de cursos en catro anos e 880 alumnos melloraron a súa capacidade para acceder a un emprego

Impulso á inserción laboral mediante a formación

Dende os concellos tamén se conta, aínda que en menor medida que desde outras administracións, con ferramentas para loitar contra o desemprego. Neste camiño o PSOE de Bergondo apostou polo fomento e mellora das capacidades dos veci-ños. Así, nestes anos de mandato, o goberno local liderado por Alejan-dra Pérez impulsou preto de medio cento de cursos de formación que melloraron a inserción laboral de 880 alumnos nun escenario econó-mico complicado.

Apostouse por mellorar o currícu-lo da veciñanza con ac-cións formativas axus-tadas as demandas ac-tuais do mercado labo-ral. Por exemplo, 200 persoas adquiriron for-mación na manipula-ción de alimentos e150 no manexo de carretillas elevadoras.

Outras das materias con maior de-manda foron as vencelladas á infor-mática en diferentes niveis (básica o

media) e temáticas como foi o ca-so dos cursos sobre internet e co-rreo electrónico ou sobre como empregar as novas tecnoloxías para a procura de emprego.

Cuestións como coidados á infan-cia, atención a enfermos de Al-zheimer, atención a persoas maiores, auxiliar de axuda no fo-gar ou a atención a dependentes,

foron outro dos ei-dos nos que se contou con dife-re n t e s a cc i ó n s formativas.

O e m p r e n d e -mento é unha aposta que mere-ce o apoio das institucións, por iso dende o Concello se propi-ciou tamén que se impart ise formación sobre como montar unha empresa.

Até 60 alumnos melloraron o

seu inglés

A oferta formativa on line da Aula

Mentor serve de complemento

Acadáronse obradoiros de atención sociosanitaria e de producción agrícola e xardineríaDende o PSOE de Bergondo priorízase o interese da veciñanza por encima de todo. Unha proba diso foi que o Gober-no socialista foi da man de concellos de distinto signo político coa fin de acadar obradoiros de emprego que serviran para mellorar a formación da veciñanza. Solicitáronse obradoiros to-dos os anos do mandato que está por

rematar e acadáronse nos anos 2012 e 2015. No primeiro caso, o obradoiro levouse a cabo xunto cos concellos de Abegondo e Carral e propiciou desen-volver un programa conxunto de for-mación e emprego que versou sobre o emprendemento agrario e a posta en valor de áreas e espazos naturais. Os participantes deste obradoiro puide-

ron desempeñar oficios como produ-tores ecolóxicos, xardiñeiros, peóns agrícolas ou peóns forestais.

Neste ano 2015 conseguiuse, xunto con Abegondo, Mesía e Carral, un obradoiro de seis meses de duración dirixido á obtención de certificacións en atención sociosanitaria.

O obradoiro de 2012 estaba dirixido a parados maiores de 25 anos, franxa á que pertencen o 75% dos desempregados bergondoses.

Mercado da Horta, unha aposta polos produtos locaisA posta en valor dos produtos locais é o obxectivo desta iniciativa de comercio de proximidade. O PSOE de Bergondo pretendía que a riqueza da zona queda-ra de manifesto tal e como aconteceu. De feito o Mercado da Horta celébrase agora semanalmente en Guísamo e San Cidre. Verdura, legumes, froita, se-mentes, ovos, mel ou queixos son algúns dos produtos que se poden atopar.

Page 15: Xornal do PSOE de Bergondo

15promoción económica

Atendidos 550 veciños na Bolsa de Emprego municipal

O goberno socialista xestiona en conxunto cos empresarios do polígono as ofertas de traballo

a procura de xeración de emprego en Ber-gondo, a Asociación de

Empresarios de Bergondo (ASEB) e o goberno local acordaron ofertar ás em-presas un servizo de xestión conxunta das ofertas de emprego que se xene-ran. Os candidatos selecciónanse da bolsa de emprego municipal.

Un dos obxectivos desta acción é ofertar un servizo “cercano e efectivo” aos veci-ños e as empresas, se-gundo explicaba a alcal-desa, Alejandra Pérez. Os socialistas bergondeses tentan con accións coma

esta axudar á recuperación económica de Bergondo da man dun polígono que é

dos máis importantes de Galicia e que conta cunha elevada ocupación polo que as sinerxias propi-ciadas por este acordo

N están a resultar beneficiosas para as empresas e para os traballadores.

Froito deste acordo, tramitáronse xa máis dun cento de ofertas de traballo tanto en solitario ou conxuntamente coa Asocia-ción de Empresarios de Bergondo. Den-de a Axencia de Emprego e Desenvolve-mento Local asesorouse a case 550 persoas e tramitouse a súa incorpo-ración á Bolsa de Emprego Municipal.

O Edificio de Usos Múltiples do polígono funciona como punto de información

A orientadora traballa en

semanas alternas en cada concello

Tramitáronse máis dun cento de ofertas de

traballo

Un servizo de orientación laboral mancomunado para buscar solucións ao paro

Na actual situación do mercado laboral, a procura de emprego precisa da colaboración dun espe-cialista na orientación que guíe as persoas desempregadas na tarefa de dar cun novo posto de traballo. A figura do orientador laboral po-de ser crucial á hora de que os tra-balladores encamiñen os seus pa-sos na dirección correcta para ato-par emprego. Conscientes da ne-

cesidade de ofertar ese servizo aos veciños, os socialistas ber-gondeses puxéronse mans á obra para dotar aos cidadáns do Conce-llo deste recurso.

Para poñer en marcha este aseso-ramento optouse por mancomu-nar o servizo en colaboración con outra administración local. Optou-se neste caso por facelo co Conce-

llo de Abegondo, quedando de ma-nifesto, unha vez máis, que as co-res políticas non supoñen traba algunha para o goberno que lidera Alejandra Pérez que busca, sem-pre, o mellor para os veciños de Bergondo.

Así contratouse a unha orientadora que asesora cada semana aos des-empregados dun municipio. No ca-

so de Bergondo, o servizo de orien-tación préstase de luns a venres en horario de 9.00 a 15.00 horas nas dependencias municipais do Polí-gono Industrial de Bergondo.

Contratada de forma conxunta por Bergondo e Abegondo, unha orientadora laboral de axuda ás persoas en desemprego

Page 16: Xornal do PSOE de Bergondo

16

Cada usuario conta cunha área privada para ver o estado dos seus trámites

administración

A sede electrónica mantén o Concello aberto, ao servizo dos veciños as os 365 días do anoGrazas a esta opción on line, pódense realizar até trinta trámites sen desprazarse fisicamente

través da internet e grazas á sede elec-trónica do Concello, os veciños de Ber-

gondo xa poden pedir axudas, licencias, presentar queixas ou solicitar puntos de luz calquera día e calquera hora. O goberno socialista quixo que Bergondo se adapte aos tempos e tire partido das novas tecnoloxías poñéndoas ao servi-zo da cidadanía.

Os procedementos ac-cesibles na sede elec-trónica abranguen to-das as áreas munici-pais. Pódense tramitar diferentes cuestións relativas como a reserva dunha instalación deportiva, a retirada dun vehículo da vía pública, so-licitar un certificado de empadroamen-to, solicitar subvencións, solicitar al-gunhas licencias de obra ou de apertu-ra, solicitar o servizo de axuda a domi-

cilio, ou presentar reclamacións, queixas ou suxestións.

Os usuarios identifícanse a través do DNI ou certificado electrónico. Cada usuario ten un área onde pode ver o estado da tra-mitación das súas solicitudes.

Tal e como apuntara a alcaldesa: “Agora o Concello de Bergondo está aberto 24 ho-ras nos 365 días del ano” e os veciños po-derán gozar dunhas posibilidades que

han “revolucionar a ad-ministración municipal”. Alejandra Pérez defende que o concello “ten que se achegar o que poida ao veciño e agora”.

Logo desta mellora, posta en marcha polos socialistas bergondeses, “en-trando en internet dende calquera lu-gar, podes tramitar o que precises sen necesidade de gastar tempo en desprazamentos”, explica a candida-ta socialista á alcaldía de Bergondo.

Na dirección http://sede.bergondo.es pódese acceder á sede electrónica

Nova web municipal máis moderna e accesible pensada para un sinxelo manexoBergondo estreou nova web máis moderna e adaptada ás necesida-des actuais dos veciños internautas.

Dende a portada do no-vo site municipal, www.bergondo.es, pódese acceder á sede electró-nica, ao perfil do con-tratante, ao directorio local, o padrón ou o transporte metropoli-tano. O goberno do

PSOE considera que a renovación desta web é unha excelente nova dado que é un vehículo imprescin-dible na comunica-ción cos veciños.

A nova páxina web do Concello estrutúrase en tres grandes blo-ques que canalizan os intereses dos veciños: o Concello (informa-ción inst i tucional) ,

áreas e servizos (noti-cias e datos dos dife-rentes departamentos municipais), e descu-bre Bergondo (infor-mación sobre patri-monio natural, histó-rico e festas).

Pensada para os temos actuais, a web permite partillar as informa-cións en diferentes re-des sociais como Face-book ou Twitter.

Abrir negocios xa é máis doado en Bergondo coa declaración responsableO PSOE bergondés impulsou no goberno local a implantación dun sistema de co-municación previa e declaración respon-sable que fai máis sinxela a actividade económica no municipio. Unha ordenan-za regula a apertura de establecementos e a realización de certas obras con comu-nicación previa.

O fin desta decisión está en acadar “unha simplificación dos procedementos admi-nistrativos e unha eliminación de obstácu-los para facer efectivas as liberdades de establecemento e prestación de servizos”. Bergondo adaptase así ademais á directiva

europea que promove facilitar o desenvol-vemento da actividade comercial. Por exemplo, con esta norma, están suxeitas ao réxime de comunicación previa cam-bios de titularidade; ou a apertura de lo-cais comerciais ou de servizos cunha su-perficie construída menor de 100 metros cadrados, excepto pescaderías, carnice-rías ou semellantes.

Por outra banda quedan suxeitas a decla-ración responsable todos aqueles servi-zos e actividades, que se refiran a usos permitidos ou compatibles segundo as ordenanzas do planeamento.

Page 17: Xornal do PSOE de Bergondo

17seguridade

O Concello logra dous coches para a Policía Local e un todoterreo para Protección Civil

aumento do equipamento para a Policía Local e Protec-ción Civil foi significativo no

último ano ao sumárselle tres novos vehícu-los ao parque móbil do Concello. Trátase de dous coches para a Policía Local e un todo-terreo tipo pick-up para Protección Civil, si-nala Domingo Fuentes, edil de Seguridade.

Un dos vehículos da Policía xa está en fun-cionamento. O goberno socialista destinou fondos dos orzamentos municipais para esta finalidade, consciente da necesidade actual de investir en seguridade.

Os cartos para adquirir os outros dous vehículos acadáronse a través dunha subvención. Queda patente que, pese a que dende o PP se dixo que Bergondo non podería acceder ás axudas para mercar novos vehículos, o certo é que si se podía e, de feito, a realidade amosa que o goberno socialista acadou o finan-ciamento para acceder aos automóbiles, por moito que lle ronche á representante dos populares.

O parque móbil das forzas de seguridade aumentou en tres unidades

Os coches da Policía teñen megafonía e tamén

módulos de iluminación LED

Presentación do coche da Policía Local diante do Concello

Co Plan Maior de Seguridade formouse á cidadanía para evitar riscos

Un axente de policía menos, por capricho da oposiciónAínda que o goberno socialista de Bergondo pretendía aumentar a plantilla da Policía Municipal nun efectivo máis, coa fin de mellorar a seguridade da cidadanía, incompren-siblemente a oposición votou en con-tra desta iniciativa evitando que fose aprobada.

É lamentable e irresponsable prexu-dicar a seguridade dos veciños por mor dun tema partidista.

A proposta de plantilla municipal uni-camente variaba da actual no punto no que se falaba da creación desa praza de axente da Policía Local.

As diferentes parroquias de Ber-gondo recibiron a visita de axentes da Garda Civil coa fin de formar aos veciños de máis idade en diferen-tes prácticas que lles foran de uti-lidade para evitar situacións de risco por exemplo cando navegan na internet, cando usan un caixeiro automático, cando viaxan, ou nos seus fogares. Foi o Plan Maior, im-pulsado polo Concello.

Os socialistas bergondeses estan con-vencidos que a formación é o mellor xei-to de que os veciños poidan mellorar a súa calidade de vida tamén neste eido, evitando perigos.

Un dos temas nos que se fixo fincapé foi na seguridade viaria pa-ra peóns. O principal obxectivo foi evitar atropelos. A meiran-de parte deles teñen lugar ao camiñar de noite e sen empregar elementos reflecto-res coma os chalecos. Para unha maior se-guridade dos veciños, se lles explicou como poden circular correctamente a pé limi-tando o risco que iso pode supor con es-casa visibilidade.

Estas accións formativas en materia de seguridade viaria, tamén se fixeron entre os máis cativos do Concello, apostando pola educación das novas xeracións.

O

Participantes do Plan Maior, en Cortiñán

Page 18: Xornal do PSOE de Bergondo

18 cultura e deporte

A media de usuarios anuais das actividades deportivas do concello é de 1.636 persoasNas actividades culturais participaron 1.111 veciños nos últimos catro anos cunha media anual de 278

oi moi ampla e variada a oferta deportiva e cultu-

ral que deseño o PSOE en Bergondo. Nas actividades deportivas que organiza o Concello participaron un total de 6.545 persoas entre os anos 2011 e o que leva-mos de 2015, cunha media usuarios anual de 1.636. A Liga Municipal de Fút-bol Sala é a que ten máis adeptos cunha media de 621 xogadores anuais e 2.484 no global das catro tempadas.

Entre dos bergondeses que nos últi-mos catro anos fixeron deporte a tra-

vés das actividades deportivas arte-lladas polo Concello, as diferentes modalidades de ximnasia agruparon a un total de 948 usuarios. Houbo ta-mén 620 que optaron polo pilates, 492 que se decidiron pola ioga e mais a disciplina de Ioga Lyengar, mentres que 432 colleron a raqueta para xogar ao tenis.

Outra das actividades con grande aceptación é a natación para a tercei-ra idade e natación terapéutica que acumularon neste periodo 304 usua-

rios. O Taichí sumou 284 practicantes e o fitness e musculación 282. E como en Bergondo somos danzaríns, os grupos de perfeccionamento de bai-les de salón xuntaron 261 persoas. Seguindo coa danza, pero cara a op-cións menos clásicas, a danza e bai-le de grupo ou o hip-hop tiveron, a m b a s a s d ú a s , máis dun cento de bailadores. A zumba tivo 88 usuarios e a psicomotr ic idade medio cento.

F OS BOLILLOS, MANDANDentro das actividades culturais, que sumaron 1.111 usuarios, o en-caixe de bolillos e labores foi o que máis aceptación tivo. Entre 2011 e 2015, 482 usuarios optaron por esta actividade que estivo seguida da ta-picería de mobles con 120, manuali-

dades con 117 e a ces-tería con 57. A introdu-ción ás actividades mu-sicais xuntou 68 usua-rios e as clases de gui-tarra 55.

Preto da metade dos usuarios practican o fútbol sala

Festival folk de GuísamoResultado dun dos cursos de graffiti

Os veráns dan moito de si, a golpe de surf, graffiti, tenis, fútbol ou roteirosAs vacacións e o bo tempo propician que os bergon-deses poidan optar por ac-tividades diferentes das que fan o resto do ano e dende o goberno local do PSOE búscase que os veci-ños poidan tirar partido de todo o que o noso munici-pio pode ofrecer. Así, as prácticas de modalidades

deportivas vencelladas ao mar gañan puntos. A vela, o piragüismo ou o surf fan aparición xunto co sol e sú-manse a clásicos practica-dos todo o ano como a ioga, a ximnasia ou tenis.

Outras das actividades que se ofertan neste tempo estival son o fútbol, o aerobic, a mus-

culación, a natación, ou a de-fensa persoal para mulleres.

As actividades deportivas en verán sumaron 815 usuarios entre 2011 e 2014 cunha me-dia de 203 usuarios cada ano.

Charlas para coñecer a ría, roteiros polo Pedrido e Ma-riñán, campamentos urba-

nos, cursos de graffiti, aven-tura en familia, visitas ao Aquapark de Cerceda ou os campamentos de verán fo-ron algunhas das activida-des culturais que se levaron acabo no concello nos catro anos de mandato socialista. En total participaron 1.099 persoas cunha media anual de 275 usuarios.

O surf desenvolveuse na praia de Gandarío

Page 19: Xornal do PSOE de Bergondo

19candidatura

Un equipo para gobernar Bergondo

Nombre: Alejandra Pérez Máquez Años: 43 Profesión: Actual alcaldesa. Contable

Nombre: Valentín Dopazo Fernández Años: 74 Profesión: Comercial xubilado

Nombre: Juan Carlos Lata Horro Años: 38 Profesión: Enxeñeiro Industrial

Nombre: Fco. Javier Santos Maseda Años: 62 Profesión:Empregado de telefónica

Nombre: Iria Bello Ferreiro Años: 21 Profesión:Perruqueira

Nombre: Yudit Güendoline García Andrade Años: 34 Profesión: Bióloga agricultora

Nombre: Begoña Calviño Dorado Años: 46 Profesión: Técnica superior en radioterapia

Nombre: Jesús Vázquez García Años: 66 Profesión: Xubilado

Nombre: José Miguel Patiño Amado Años: 48 Profesión: Coordinador de soldeo

Nombre: José Ramón Lorenzo Carou Años: 56 Profesión: Comercial

Nombre: María Yolanda García Fernández Años: 47 Profesión: Enfermeira en Urxencias

Nombre: Juan Fco. Sánchez LópezAños: 43 Profesión: Condutor profesional

Nombre: Patricia María Vázquez Figueroa Años: 37 Profesión: Auxiliar administrativo

Nombre: Domingo Fuentes Rocha Años: 62 Profesión: Torneiro

Nombre: María Margarita Corral GómezAños: 66 Profesión: Cuidadora xa xubilada

Page 20: Xornal do PSOE de Bergondo

Tivo sempre claro que ía ser candidata ás eleccións?- Para nada. Non se pode tomar esta decisión sen facer unha re-flexión con calma na que fria-mente ver se era a mellor opción, tanto a nivel persoal como para o partido e por suposto para o por-vir de Bergondo.

E concluíu que sería positivo.- Botei a vista atrás e vin como su-peramos as grandes dificultades coas que nos atopamos nestes ca-tro anos. O momento económico loxicamente non axudaba para na-da a un concello coma o noso, e menos coas admi-nistracións autonó-mica e estatal fa-cendo recortes en áreas de benestar, deixándonos a aten-ción a toda a xente que o pasaba mal con pouca axuda. Neste sentido non perdemos nunca o norte e to-das as nosas políticas prioritarias as dedicamos ao social. Agora te-mos un Concello saneado, con oportunidades de desenvolver proxectos necesarios e de calidade

para Bergondo. Temos capacidade e ilusión por traballar, por iso decidimos presentarnos.

Nesa lista de dificultades engadi-das habería que mencionar o papel dos grupos da oposición?- Por desgraza creo que en moitas oca-sións perdéronos o afán político sobre o interese xeral. Está claro que a oposición está para fiscalizar e controlar e que moi-tas veces non concordará co goberno, non o imos descubrir agora. Pero tiveron unha actitude que rozou o imperdoable en asuntos como evitar incrementar a Policía Local ou dicir que non a 1,6 mi-llóns de investimentos en saneamento,

arranxos de estradas ou marquesiñas.

Cara onde propón que avance Bergondo?- Somos un referente en políticas sociais e iso de-bemos mantelo. O noso

programa de axudas educativas é case insuperable. Coido que dada a situación de paro debemos centrarnos, aínda que apenas temos competencias, en políticas de emprego, sen esquecer os investi-mentos en infraestruturas básicas ou a atención a dependentes.

Que medidas se poden articular para incrementar a inserción laboral?- Queremos poñer o foco nos colec-t ivos con maior necesidade: a mo-cidade e os des-e m p re g a d o s d e longa durac ión. Para os primeiros propoñemos un plan de prácticas en empresas lo-cais e para os segundos un progra-ma de bolsas de contratacións de solidariedade. E o emprendemento poder ser a terceira vía, cun viveiro no polígono e potenciando o agro na reserva de biosfera.

O Plan Xeral será tamén unha prioridade?- É fundamental para marcar o futuro de Bergondo. Nós cremos que é o ins-trumento que propiciará a constru-ción dun campo de fútbol, dun cemi-terio municipal ou dun centro de día. Temos a oportunidade de elaborar un documento de acordo cos veciños de todas as parroquias e estou segura que entro todos trazaremos un municipio sostible e con moito benestar.

Que lle diría ao veciño que dubida se darlle a confianza a súa candidatura.- Eu lle diría que lea tranquilamente o noso programa e pense se da respos-

ta ás principais necesidades de Bergondo, con medidas razoa-bles e posibles, non con promesas irrealizables. Se é así eu lle garanto que o noso equipo

sabe xestionar a administración, co-ñece Bergondo ao dediño e desborda ilusión por traballar.

Que Bergondo quere?- Nós queremos un Bergondo distin-guido polas medidas sociais, polo apoio aos veciños con menos recur-sos, polos programas para colectivos con necesidade, pola educación uni-versal, pola cultura a alcance de to-dos, polos investimentos e obras ne-cesarias, ou pola participación cida-dá. Pero tamén por un Concello que loite sen descanso con outras admi-nistracións con independencia da súa cor política, e que estea capaci-tado para saber gobernar para os seus veciños, que ben o merecen.

“É imperdoable que a oposición bloqueara contratar un policía e obras en estradas ou

saneamento”

“Os mozos e os parados de longa duración serán a nosa prioridade”

“Estamos capacitados, coñecemos Bergondo e desbordamos ilusión”

ALEJANDRA PÉREZ MÁQUEZ, ALCALDESA E CANDIDATA DO PSOE DE BERGONDO

Non se lle caen os aneis por po-ñerse a facer tarefas correntes no Concello, como calquera outro traballador. Nin poñerse a botar a man en calquera acto que vai. Iso si, as cousas cara a galería non van con ela porque defende que o tra-ballo canto máis silencioso, me-llor. Alejandra Pérez Máquez é al-caldesa de Bergondo e candidata socialista nas eleccións munici-pais do próximo 24 de maio.

@psdeg_bergondoe-mail: [email protected]: www.bergondo.psdeg-psoe.org

PSOE Bergondo