Ourense por Barrios - Marzo de 2015

24
Número: 3- Ano: XIV - Marzo 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 20 BARRIOS Páx.9 SOCIEDADE Páx.15 O Campionato Galego de 10.000 m en pista queda en Ourense A Universidade tramitará o grao de Enxeñaría Aeroespacial A hepatite C, unha enfermidade silenciosa e silenciada A urbanización da rúa Francisco Lloréns dará acceso ao edificio xudicial CIDADE Páx.6 Panorama laboral negativo, para os sindicatos A construción dos sete andares do novo edificio de hospitalización debe estar rematada a finais de ano./P.LODEIRO Entrevista ao presidente da A.VV. Santa Teresita, Senén Rodríguez [páx. 3] O remate da ampliación do hospital, para 2016 [Páx.8]

description

As obras de ampliación do complexo hospitalario, tema de portada de Ourense por Barrios de marzo, xunto á entrevista ao presidente da A.VV. Santa Teresita, Senén Rodríguez.

Transcript of Ourense por Barrios - Marzo de 2015

Page 1: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

Número: 3- Ano: XIV - Marzo 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 20BARRIOS Páx.9 SOCIEDADE Páx.15

O Campionato Galego de 10.000 m en pista queda en Ourense

A Universidade tramitará o grao de Enxeñaría Aeroespacial

A hepatite C, unha enfermidade silenciosa e silenciada

A urbanización da rúa Francisco Lloréns dará acceso ao edificio xudicial

CIDADE Páx.6

Panorama laboral negativo, para os sindicatos

A construción dos sete andares do novo edificio de hospitalización debe estar rematada a finais de ano./P.LODEIRO

Entrevista ao presidente da

A.VV. Santa Teresita, Senén Rodríguez

[páx. 3]

O remate da ampliación do hospital, para 2016

[Páx.8]

Page 2: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

� Ourense por BARRIOSMarzo de �015

TEMA DO MES

Entre 2008 e 2014 a provincia perdeu 14.615 habitantes de entre 16 e 35 anos

“32.000 persoas con ingresos inferiores a sete mil euros, iso supón un 32% da poboación asalariada” sinala a CIG

Paula Lodeiro

Menos empresas, menos traballadores, peores con-dicións e maior pobreza. Esta é, a grandes trazos, a definición da situación la-boral na provincia para o sindicato CIG.

O seu secretario xeral en Ourense, Etelvino Blanco, presentou un informe pro-pio, elaborado a partir de datos da EPA, a Segurida-de Social, o INE e a Axen-cia Tributaria, que reflexa unha “situación crítica na provincia que nos pode le-var a un deserto difícil de saír del no futuro”.

A análise da CIG é es-pecialmente crítica con dous factores: a caída de poboación en idade de tra-ballar pola vía da emigra-ción, e a perda de ingresos dos asalariados.

Así, entre �008 e �014 a provincia perdeu 14.615 habitantes de entre 16 e 35

A secretaria xeral de CCOO en Ourense, Ana Barrios, deu a coñecer un informe sobre a situación laboral que viven as fémi-nas na nosa provincia.

O informe recolle que na provincia de Ouren-se hai máis mulleres que homes en idade legal de traballar, pero a poboación activa feminina é inferior á masculina (64.400 fron-te a 69.000, con datos de �014). A poboación ocu-pada feminina tamén está por baixo da masculina (50.400 fronte a 54.500). Pola contra, as mulleres son as que máis sofren o paro, o 53% do total de

anos. Os datos do merca-do de traballo confirman esta tese: no mesmo perío-do descendeu a poboación activa nun �3,7% (un total de 3�.600 persoas) mentres que a poboación parada au-mentou en 19.300 persoas e os inactivos en 1.�00, “o que implica que parte do descenso da ocupación non foi ao paro, como tam-pouco pasou a poboación inactiva, a explicación está na emigración”.

Índice de pobrezaO informe tamén reflexa

un índice de pobreza alto na provincia, pois un 19% dos asalariados en �013, un total de 19.174 per-soas, tiveron uns ingresos inferiores a 1.890 euros brutos anuais, e outro 13% (1�.764 persoas), cobraron ese ano entre 0,5 e 1 vez o Salario Mínimo Interpro-fesional, isto é, menos de 6.805 euros brutos anuais. “3�.000 persoas con in-gresos inferiores a sete mil euros, iso supón un 3�% da poboación asalariada na provincia”, remarcaba o sindicalista.

Para Blanco, este traba-llador non se pode denomi-nar “ocupado”: “está men-digando por aí un salario e unhas horas”, e por iso, de contabilizarse entre os parados o desemprego as-cendería en Ourense a un 3�%. De incluir asemade os mozos que emigraron, a cifra de paro superaría o 40%.

Os sindicatos debuxan un panorama negativo para o mercado laboral ourensán4 Para a CIG, a situación laboral na provincia vai camiño de converterse nun “deserto”; para CCOO, as mulleres son as grandes prexudicadas pola crise.

Lola Panero, Ana Barrios e Pepa Corredoira, de CCOO, facilitaron os datos do seu informe sobre a situación laboral da muller en Ourense./P.L.

desempregados (a taxa de paro está no �1,7% fron-te ao �1% dos homes). Un paro que azota a mulleres de todas as idades, “ás máis novas porque lles falta esa primeira oportunidade e non lles queda outra que emigrar, e ás maiores que son expulsadas do mercado de traballo e lles costa moi-tísimo volver entrar”, relata Barrios.

A súa compañeira Lola Panero, secretaria de Orga-nización da Unión Interco-marcal de CCOO en Ouren-se, achega outras das cifras que poñen en evidencia a tese de que as mulleres so-fren con máis virulencia a

crise que os homes. Entre �008 e �014 perdéronse na provincia 10.100 empre-gos ocupados por mulle-res. A brecha salarial entre unhas e outros é dun 14%.

Mulleres maioresA representante da Fe-

deración de Pensionistas, Pepa Corredoira, pon o acento na problemática das mulleres de máis ida-de. “Unha de cada tres mulleres de máis de 65 anos non cobran pensión fronte a un de cada 10 ho-mes, son mulleres que non puideron traballar ou non cotizaron”, explicaba Co-rredoira.

4 Ourense Inserta, a resposta municipal ao desemprego

Co Plan de Emprego durmindo nalgún caixón da Xunta e sen moita presión por parte do grupo de goberno do Concello de Ourense para que saia adiante, a Administración local limita as súas actuacións de fomento do emprego ao proxecto Ourense Inserta.

Un proxecto que vén de ampliar o seu orzamento en 105.000 euros, o que permitirá incrementar o número de persoas beneficiarias do programa e mellorar as súas posibilidades de inserción laboral.

En concreto, incorpo-raranse sete novas ac-cións de prácticas non laborais en empresas dos ámbitos de intervención do proxecto (atención sociosanitaria, medio natural e hostalería), cun total de 80 beneficiarios. A formación é de 300 ho-ras, das cales �75 serán de prácticas en empresas da cidade. O 90% dos 105.000 euros recibira-no en forma de bolsas os beneficiarios.

Ourense Inserta é un proxecto de inserción sociolaboral no que le-van participado 360 per-soas, sendo �96 as que finalizaron algún dos 20 itinerarios formativos. O seu perfil é unha muller con cargas familiares, desempregada de longa duración, que non con-taba con ningún tipo de prestación económica.

4As mulleres representan o 53% dos parados

Page 3: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

3Ourense por BARRIOSMarzo de �015

TEMA DO MES

O novo edificio de hospitalizacións contará con 930 camas, un 15% máis que agora

Núñez Feijoo visita as obras de ampliación do complexo hospitalario4 O presidente da Xunta indicou que se as empresas construtoras cumplen os prazos, o edificio poderá ser entregado no segundo semestre de 2016.

P. Lodeiro

O presidente da Xun-ta, Alberto Núñez Feijoo, a conselleira de Sanida-de, Rocío Mosquera, e a responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Eloína Núñez, supervisaron o pasado día 9 as obras de ampliación do hospital de Ourense. De cumpliren as construtoras os prazos fixados, “estará finalizado todo o edificio ata a 7ª planta neste �015, para entregalo no segundo semestre de 2016”, afirmou Feijoo trala visita.

A construción do novo bloque de hospitalización permitirá concentrar to-das as unidades –un total de 14- nun único edificio fronte aos tres actuais, ben comunicado coas áreas de urxencias, consultas, pro-bas diagnósticas e quirófa-nos; incrementar o número de camas nun 15% -ata chegar ás 930-; lograr que o 60% das novas habita-cións sexan individuais; “e, en definitiva, comezar a mellorar de forma substan-cial a atención, obxectivo que completaremos nunha segunda fase que actuará sobre as áreas de consultas e servizos centrais”, asegu-rou o presidente do Gober-no galego.

4O Goberno local reclama protagonismo

A raíz da visita de Fei-joo ás obras do hospital, o voceiro municipal José Ángel Vázquez Barque-ro salientou que a am-pliación do CHUO é un proxecto no que coope-raron Xunta, Goberno central e Concello.

Barquero criticou o protagonismo de Alber-to Núñez Feijoo durante esa visita, por canto a ampliación do complexo hospitalario de Ourense é posible pola “coope-ración” entre Concello, Xunta de Galicia e Ad-ministración central.

Así, apuntou o político socialista, foi a xestión do departamento munici-pal de Urbanismo o que permitiu obter os apro-veitamentos urbanísticos da Finca Santamariña, �3.000 metros cadrados que foron cedidos á Ad-ministración autonómica para levar adiante esta ampliación.

Ademais, Barquero re-cordou que foi un conve-nio asinado en �011 pola entón ministra de Cien-cia e Innovación, Cris-tina Garmendia, o que acordou financiar o 80% do investimento tecnoló-xico no hospital ouren-sán con fondos Feader (45 millóns de euros).

Hospital 2050Ademais, o complexo

hospitalario ourensán con-centrará os proxectos que se desenvolverán ao abeiro do Hospital �050 e do Inno-va Saúde, con habitacións monitorizadas, cun servizo de urxencias completamen-te informatizado, cun hos-pital autosustentable desde o punto de vista enerxético e coa creación de consultas móbiles de atención domi-ciliaria.

O investimento nesta pri-

meira fase de ampliación do hospital é de 41 millóns de euros. Feijoo resaltou en varias ocasións ao lon-go da súa intervención as dificultades para conseguir financiamento en tempos de crise e poder manter e mellorar así os servizos públicos. “O gran compro-miso nesta área sanitaria era buscar financiamento dabondo para non parar a modernización deste hos-pital”, afirmou. Era unha obra “inaprazable, porque

esta área sanitaria non po-día quedar á marxe das me-lloras que estamos levando a cabo noutros hospitais públicos galegos”, preci-sou.

Nas proximidades do CHUO, un grupo de ma-nifestantes da Plataforma SOS Sanidade Pública e enfermos de hepatite C concentráronse para protes-tar contra a privatización da sanidade e as políticas de recortes do Goberno gale-go.

Visita de electoralCon respecto a esta visi-

ta, a portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Car-men Acuña, cualificouna de “descaradamente elec-toral”. A socialista criticou que o presidente amose un “descaro intolerable” ao utilizar a época electoral para “acordarse agora dun-ha sanidade que ten devol-to á Idade Media” e que “mentres venden o hospital do futuro destrúen o hospi-tal do presente”.

O presidente da Xunta ,Alberto Núñez Feijoo, e a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, xunto a outras autorida-des na visita ás obras do hospital de Ourense./P.LODEIRO.

Page 4: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

4 Ourense por BARRIOSMarzo de �015 EMPRESAS DE OURENSE

Edades estrea a venda de axudas de segunda man

Edades é unha empresa prestadora de servizos so-ciais con sede en Ouren-se, onde está implantada desde �008. Abrangue servizos como axuda a domicilio, venda e alu-guer de axudas técnicas, limpeza de vivendas, in-ternas, canguros, servizo de reparacións... Unha gran variedade de presta-cións que se ofertan a uns prezos alcanzables para a maioría da poboación.

Como novidade, Eda-des vén de estrear o ser-vizo de compra venda de axudas técnicas de segun-da man a bo prezo.

Venda on lineAdemais de poder rea-

lizar as compras no seu establecemento na capital ourensá (500 m� de expo-sición), teñen venda onli-

Fachada de Edades na avenida de Marín, 33.

ne na páxina web www.ayudastecnicasourense.es onde dispoñen dunha boa oferta de produtos para o descanso, como camas articuladas, para facilitar a mobilidade, como guindastres e ca-deiras de rodas, para o aseo, e en definitiva, para mellorar a vida diaria.

Edades está rexistra-da na Xunta de Galicia como entidade prestado-ra de servizos sociais e no Ministerio de Emprego e Seguridade Social como Axencia de colocación on-line.

O concesionario ou-ren-sán Mosa Peugeot vén de lanzar a campaña promo-cional “Días superequi-pados Peugeot”. Segun-do explica o seu xefe de vendas, Roberto Abella, a promoción consiste en “regalar ao cliente o equi-pamento”.

Así, o Peugeot �08 Style 1.� Pure Tech 8� cv con navegador queda en 10.�00 euros; o Peugeot 308 Style 1.� Pure Tech 130 S&S con navegador, en 15.900 euros e un Peu-geot 3008 1.6 BlueHDi 1�0 en 18.�00.

A gama Style inclúe lamias de aliaxe, faros antinéboa, lúas traseiras sobretintadas, regulador de velocidade, bluetooth audio streaming e USB e

Mosa dache máis por menos

volante de coiro.

Motores Pure TechAdemais, a marca fran-

cesa vén de incorporar os novos motores de gasoli-na de tres cilindros Pure Tech en toda a súa gama. Tecnoloxía desenvolvida en exclusiva polo grupo PSA que ofrece varias melloras: “son motores que cumplen a normati-va Euro 6, contaminan menos, consumen menos e son máis silenciosos”, recalca o xefe de vendas do concesionario.

Roberto Abella, xefe de vendas de Mosa Peugeot, cun modelo do 308.

Os novos modelos de Peugeot incorporan os motores Pure Tech

Celebra o teu día máis especial nunha contorna única: Arnoia, Lobios, Laias e Abadía. Nos ho-teis e balnearios Caldaria ocúpanse de todo para que o cliente se esqueza de preocupacaións e poi-da gozar dun día único e inesquecible.

En todos os seus es-tablecementos pódense realizar banquetes de xantar ou cea, coa ex-cepción de que o Hotel Balneario Laias e a Aba-día requiren a reserva de todas as súas habitacións para eventos nocturnos. En calquera caso, supe-rando un mínimo de 50 invitados, só se realiza unha voda por día.

O Hotel Balneario Laias dispón de capela dentro dos seus xardíns para a celebración de ce-rimonias relixiosas. Os demais establecementos poden facilitar unha ca-pela próxima.

Para este día tan es-pecial Caldaria ofrece suxestivos e completos menús ou a opción de confeccionalo ao gusto do cliente.

Servizos complemen-tarios

Asemade, dispoñen dunha gran cantidade de complementos opcionais para que cada un poida confeccionar o seu día

máis especial con todo luxo de detalles e servi-zos.

E ademais goza de des-contos especiais en servi-zos ou artigos de estable-cementos colaboradores: fotografía e vídeo, traxes de noiva e noivo, barbaría, floraría, entre outros.

[+ info en www.caldaria.es e 988 �8 04 06]

Vodas e banquetes, en Caldaria

Na tenda ofertan produtos para o descanso, para facilitar a mobilidade e para o aseo

Un salón listo para un banquete nun establece-mento Caldaria.

Dispoñen dunha gran cantidade de complementos para que cada un poida confeccionar o seu día maís especial con todo luxo de detalles e servizos

Page 5: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

5Ourense por BARRIOSMarzo de �015

CIDADE

4Comeza a funcionar o radar da Policía Local

A Policía Local de Ourense vén de poñer en funcionamento un ra-dar móbil para evitar os excesos de velocidade naquelas zonas da cidade máis proclives.

Nunha primeira sema-na en probas, sen multar, o radar controlou 564 ve-hículos, dos que 35 supe-raron o límite de veloci-dade establecido, nunha media de 17 Km/h. Es-tivo instalado na avenida Otero Pedrayo, avenida de Marín, avenida de Zamora, rúa Emilia Par-do Bazán e estradas da Granxa, de Seixalbo e de Vigo. A partir de agora os axentes procederán a denunciar aquelas infrac-cións de exceso de velo-cidade que detecten.

4BNG denuncia a situación irregular da cafetería La Central

O BNG organizou unha colecta fronte á cafetería La Central para chamar a atención sobre o canon anual de 0,60 euros que debe pagar a instalación ao Concello de Ourense pero que non está abo-nando.

Explicaba a edil Susa-na García que o Goberno local non pode consentir “estas irregularidades”, como reformas que non se axustaron ao proxecto presentado, cesión ilegal a unha empresa distinta á que ten a concesión, des-aparición do expediente de concesión e ocupa-ción dunha praza cunha terraza non autorizada.

Redacción

O líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome, está abonado ás denuncias xudiciais. Tras presentar denuncia contra o acordo regulador dos traba-lladores municipais, Jáco-me regresou aos xulgados para denunciar ao alcalde de Ourense e ao ex rexe-dor por presuntos delitos de prevaricación, suborno e falsidade na compra do edificio Goretti, que logo foi anulada. O Concello desembolsara 4�0.000 euros pola adquisición do inmoble, situado no casco

histórico, que non foron reintegrados aínda ás ar-cas municipais.

Resposta municipalO alcalde, Agustín

Fernández, contestou a esta denuncia afirmando que “só un problema de herdanzas, moi habitual nos inmobles da zona vella pola fragmentación da propiedade, foi a cau-sa da anulación da dita compra, o que en todo caso”, engadiu, “é unha cuestión civil e adminis-trativa, unha compra que se fixo legalmente e de boa fe”.

P. L.

O Concello de Ourense aprobou inicialmente, cos votos de PSOE e BNG, as ordenanzas sobre centro de día e centros cívicos municipais no pleno de marzo. O PP pedira a súa retirada porque “chega tarde e non vai dar tempo a aprobalas”.

As tres mocións do PP tamén foron aprobadas. A primeira, para que o gru-po de goberno presente os orzamentos de �015, cos votos incluso do PSOE, malia as críticas da edil popular Beatriz Tejada á xestión orzamentaria des-tes nesta lexislatura.

A segunda, para que Agustín Fernández (que se ausentou no debate por ser parte) non abandone a alcaldía sen pagar a cota de urbanización da súa vi-venda na rúa Clara Corral Aller (uns �6.000 euros).

Déronlle o apoio os nacio-nalistas, que, aínda así, lles reprocharon a súa insisten-cia neste asunto; “xa perdi-mos a conta das veces que Rosendo veu aquí a bater no alcalde”, dixo Ximena González.

A terceira, para que se fagan concursos escolares ou profesionais para elabo-rar a cartelería municipal que anuncia festas e even-tos culturais. A proposta convenceu a PSOE e BNG (que achegou unha emen-da) pero non ao edil de DO, Gonzalo Jácome, que se abstivo, non sen antes pedir que se estendese este modelo de “democracia participativa” que se que-re implantar na cartelería “para todo: PXOM, rúas, orzamentos…”.

Igualmente foron apro-badas as mocións do BNG. O PSOE deulle o seu apoio á proposta de demandar á Xunta un plan de emprego

feminino, que o PP rexei-tou por considerar “opor-tunista”. Os socialistas tamén apoiaron a introdu-ción de cláusulas sociais nos pregos dos contratos que asine o Concello coas empresas. O PP conside-raba que había dúbidas sobre a legalidade dalgún dos puntos da moción. E cos apoios de PP e PSOE aprobouse a moción para que equipos ourensáns poidan utilizar o campo de fútbol dos Salesianos, cunha emenda dos popu-lares que facía referencia ao acordo xa tomado na Deputación sobre o tema.

Finca SantamariñaNon saíron adiante nin-

gunha das dúas mocións de Democracia Ourensa-na, nin a que solicitaba a supresión das cláusulas do acordo regulador dos traballadores nin a que demandaba a recupera-ción da Finca Santamari-ña para destinala “ao gran parque de Ourense”. Esta moción propiciou debate sobre se foi pelotazo ou non a venda da finca por parte da Deputación a unha promotora por 8,5 millóns de euros. Jácome propuña agora pagar o triple á propietaria dos te-rreos para recuperalos, un “disparate” para o rexe-dor, que defendeu que “se se desenvolvera a área de reparto tal e como está establecida quedaría ben para o sur da cidade”, pois inclúe, ademais de mil vi-vendas e solo comercial, 67.000 metros cadrados de zona verde así como solo para dotacións.

Rodríguez Dacosta cesou como directora xeral de PersoalP. L.

A Xunta de Goberno local de Ourense cesou a Carmen Rodríguez Dacos-ta das súas funcións como directora xeral de Recur-sos Humanos, en cum-primento dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A sen-tenza dá por boas as teses do Xulgado do Contencio-so número 1 de Ourense, que entendía que o nomea-

mento de Dacosta como directora xeral fixérase unicamente para mantela en nómina ao non poder continuar como conce-lleira non electa.

Dacosta valorou a sentenza ante os medios acompañada do rexedor, Agustín Fernández, que considera “difícil de en-tender” que se anule o nomeamento “por que-rer ser máis garantistas”. Fernández ve neste caso un “agravio comparati-vo” con outras adminis-tracións que, afirmou, “nomean directamente” ou “por decreto” os seus directores xerais.

DO denuncia a alcalde e ex alcalde pola compra do colexio Goretti4 Por posibles delitos de prevaricación, suborno e fal-sidade.

PLENO DE MARZO

Os carteis das festas elixiranse mediante concurso4Aprobouse nunha moción.

Introduciranse cláusulas sociais nos contratos con empresas

EN BREVE

Agustín Fernández abandona a sesión no momento en que se debatía sobre as beirarrúas da súa vivenda./P.L.

Page 6: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

6 Ourense por BARRIOSMarzo de �015 CIDADE

Propoñen que a Casa da Xuventude leve o nome do seu finado director

4 Feira de produtos locais

O sábado �8 de mar-zo terá lugar a primeira feira mensual itinerante Comeourense, organiza-da dentro deste proxec-to europeo do Concello de Ourense como unha promoción dos produtos locais de alimentación, frescos ou elaborados.

Os seus promotores agardan reunir entre �0 e �5 stands, incluíndo algúns de produtos eco-lóxicos. A feira terá lugar na praza Maior de 10 a 14 horas. En abril será o �5 no paseo da Ponte, en maio o �3 no barrio do Couto e de novo na praza Maior o 6 de xuño,

4 Nova edición do concurso #sabores-deourense

Xa se coñecen as ba-ses da terceira edición do Concurso Sabores de Ourense - Pinchos Pri-mavera �015, un certame que organiza a Concelle-ría de Turismo e a Unión de Hostaleiros Ourensa-nos do �4 de abril ao 10 de maio.

Os establecementos hostaleiros que queiran participar poden inscri-bir os seus pinchos ata o 1 de abril. As creacións, dun prezo máximo de �,5 euros, deberán incorporar como un dos ingredientes materias primas locais, frescas e de tempada, de produción integrada ou ecolóxica, mercadas na cidade.

EN BREVE

P. Lodeiro

A Asociación Proxecto Benito Losada presen-tou no Rexistro Xeral do Concello de Ourense unha petición, avalada por 800 firmas, para que a institución local incoe un expediente de honra a Benito Losada. Membros da asociación que impul-sa a memoria de Losada en compaña da súa viúva, Lourdes García, deron a coñecer os motivos que,

P.L. O Consello de Campus

aprobou por unha ampla maioría “iniciar o cami-ño” para poñer en mar-cha o grao en Enxeñaría Aeroespacial en Ouren-se. Nunha sesión extraor-

dinaria, deuse o visto e prace á implantación desta nova titulación cun total de 1� votos a favor, cinco abstencións e ningún en contra.

“Estou contento de que unha proposta que ini-ciamos dende o Goberno sexa agora un proxecto de todo o campus. E con todo o campus teremos que tra-ballalo”, asegurou o reitor da Universidade de Vigo,

Salustiano Mato.O seguinte paso será

elevar unha expresión de interese ante o Consello de Goberno, que é o órgano competente para iniciar o proceso de tramitación. De superar todos os pasos, a nova titulación podería estar lista para comezar no curso �016/�017, un come-zo que sería factible pois, explicou o reitor, “cos es-pazos que temos actuais e

A Universidade de Vigo tramitará o grao de Enxeñaría Aeorespacial4 O Consello de Campus dalle o visto bo á implantación desta titulación.

Membros da Asociación Proxecto Benito Losada e máis a súa viúva, Lourdes García, na Casa da Xuventude, o que fora o lugar de traballo de Losad durante décadas./P.LODEIRO.

que podemos crear de for-ma rápìda podemos operar sen edificio novo”.

Valoración da Plata-forma Pro Campus

A Plataforma Pro Cam-pus valorou positivamente a posible implantación de

Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus, e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo./P.LODEIRO.

ao seu xuízo, xustifican este recoñecemento.

Millán Brea, mozo autor da primeira tese sobre a Casa da Xuventude, recor-daba que o que foi o seu director desde 1978 ata o seu falecemento en �011, creou nela “un espazo de liberdade”, sendo precur-sor da educación social.

Xosé Lois Vázquez, que partillou con Losada durante anos a organiza-ción do Outono Fotográ-fico, lembrou que a Casa da Xuventude “non sería

o que foi sen o perfil xes-tor de Benito Losada”. A apertura da instalación en horario de tarde, a suma de recursos do público e do privado ou a continuidade dos programas ao longo do tempo foron algúns dos seus logros.

César Ansias definiuno como “un dos dinamizado-res culturais máis impor-tantes que tivo Ourense”, mentres que Lalo Gómez, que fora presidente da Casa de Xuventude na úl-tima etapa de Losada, pro-puxo que o actual Espazo

Xove leve o nome do seu finado director.

800 firmas avalan a petición dun expediente de honra para Benito Losada4 No Concello de Ourense,

O grao podería implantarse no curso 2016/17

Enxeñaría Aeroespacial no campus. Segundo o profe-sor Claudio Cerdeiriña, a proposta desta nova titu-lación “responde ao que viñamos reclamando, uns estudos para o campus que tiveran contidos fortes en física e matemáticas”.

Page 7: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

7Ourense por BARRIOSMarzo de �015PUBLICIDADE

Page 8: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

8 Ourense por BARRIOSMarzo de �015 BARRIOS

ENTREVISTA A SENÉN RODRÍGUEZ - PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SANTA TERESITA

“Ao Concello os representantes veciñais estorbámoslles, pero é que eles non

poden mirar para outro lado” 4 O presidente da asociación de veciños Santa Teresita, Senén Rodríguez, achéganos aos problemas do seu barrio e á loita diaria coas autoridades.

Silvia Nieto

Senén Rodríguez naceu e me-drou no barrio de Santa Teresita, e leva dende neno, dun ou outro xeito, vencellado á súa asocia-ción de veciños. De feito, na ac-tualidade, é o seu presidente.

Pelexou sempre por solucionar os problemas da súa zona, así como apoiar a outras asociacións que o precisen, pero ve a diario como moitas das súas reclama-cións (por moi imprescindibles que sexan para a vida dos veci-ños) non reciben resposta.

Cando se fundou a asocia-ción?

Senén Rodríguez: “Foi fun-dada o 15 de xullo de 1987 por María Álvarez e Herminia Pérez, tamén estaban Xosé Martínez e Xosé Bendaño”.

Cando entraches ti na aso-ciación?

S.R.: “Posiblemente eu leve colaborando nesta asociación desde antes de 1994. O socio era o meu pai e como eu era un neno viña ás actividades para rapaces. Logo, dependendo da xente que estivo na directiva eu formaba parte dela ou non. Vol-vín a entrar no �003, ata �010. Aí tiven que deixala por moti-vos persoais, e volvín entrar na directiva en novembro de �013. Quedaron tres persoas da antiga directiva e entramos algún no-vos, coma min”.

Nestes anos os problemas do barrio mudaron?

S.R.: “Hai cousas que se so-lucionaron, pero igual non eran os problemas principais. os que causan complicacións cada dous por tres. É certo que houbo zonas do barrio que melloraron. Huma-nizaron algunhas rúas; e fíxose fai pouco o novo parque, unha obra bastante importante que ao

barrio venlle moi ben. Pero hai outros problemas que por moitos anos que pasen seguen igual”.

Que problemas continúan?S.R.: “Hai zonas como a da

Chapa que precisa arranxos ou nas Eiroás, algunhas non teñen alumeado público, nin beirarrúas ou as rúas está en mal estado. Entre elas a Alejandro Pedrosa, que cada dous por tres dá proble-mas porque reventan as tubaxes da auga, e van poñendo parches pero non a arranxan como é de-bido. Ademais, nalgún sitio hai beirarrúas que non miden nin 50 centímetros e non permiten que transite a xente.

Tamén hai soares sen limpar; e na avenida de Santiago, os fosos onde están ubicados ás árbores que están nas beirarrúas teñen causado moitas caídas.

En canto á limpeza, estamos bastante ben, só temos proble-mas cos contedores, porque rompen moi a miúdo, a algún non lles funciona a palanca, e hai moitos maiores que non os dan aberto; pero é que o mantemento tiña que ser máis efectivo.

Tamén pedimos un centro de saúde. Agora vano facer no Couto, e paréceme moi ben por-que o precisan, pero nós tamén. Teño a esperanza de que algún día nos fagan caso, porque acá vivimos a diario ao redor de �0.000 habitantes (15.000 deles censados), que pagan os seus impostos acá. E o centro de saú-de tamén beneficiaría á zona de Cudeiro, Vilar, A Chapa e Oira.

Ademais, fai un ano pechou o local da terceira idade que tiña a casa parroquial. Polo visto o Concello non lle deu a subven-ción correspondente, porque houbo un erro cos papeis. Den-de a AVV empezamos a mover o tema, pero non houbo resposta. E dá pena ver á xente maior senta-da durante o inverno nos bancos

da rúa porque non se solucione”.Os barrios están discrimina-

dos en relación ao centro?S.N.: “O centro veo todo o

mundo e as aforas non se vén tanto; e así acá fáltannos cou-sas básicas. Eu vexo o que pasa noutros barrios, e todos estamos máis ou menos igual. As cou-sas fanse e co tempo vas vendo como vai quedando todo, por-que se eu fago unha obra e non a manteño…

E se unha vez que lles comen-tas que hai un problema non che fan caso, a culpa é do Concello. Aos políticos os representantes veciñais estorbámoslles, somos incómodos; pero é que eles non poden mirar para outro lado. Se moitas veces os problemas que se solucionan son grazas ás AAVV, que se preocupan e insis-ten, facendo de vixiantes.

Por exemplo, a mellora do par-

que levámola reclamando �7 ou �8 anos. E sempre buscamos que fose unha infraestrutura útil para o barrio, para facer eventos, con parque infantil, zona con apara-tos de exercicio para os maiores, zonas para cans. E no caso das mascotas aínda estamos recla-mando, porque eles precisan un espazo amplo no que poidan correr, e se acá hai sitio non hai motivo para facela tan pequena como esta.

E iso non quere dicir que non esteamos contentos co parque, que o estamos, pero o lóxico é que fagan esa mellora de acordo coas peticións dos veciños, de maneira consensuada.

Hoxe en día os políticos están máis no deles que no do resto, e as asociacións estamos para algo. E cando vas ao Concello e ves que se traspapelan os es-critos ou que non che fan caso

ningún, un sente impotencia, porque non vivimos disto. Eu estou porque me gusta”.

Ademais de xestionar as pe-ticións dos veciños, que activi-dades se fan nesta AVV?

S.R.: “Temos actividades subvencionadas polo Concello: pilates, bailes latinos e teatro. Ademais, nós estamos facendo un curso de informática básica e internet, pagado entre a aso-ciación e os asistentes; e tamén temos clases de instrumentos de corda, coa colaboración da Co-ral Rondalla da asociación.

Así mesmo, os xoves hai en-saios da Coral Rondalla; os sá-bados pola mañá ensaia a nosa charanga, formada por xente nova do barrio, uns 9 ou 10; e os domingos temos unha xuntanza de donos de mascotas.

Tamén temos un punto de in-formación no local veciñal, in-formando das actividades que organiza o Concello ou a aso-ciación, e temos prensa diaria. E polas tardes, cando non hai ac-tividades, abrimos o local para que veñan xogar as cartas.

Ademais, celebramos o ma-gosto, o Día das Letras Galegas, a Semana Cultural, e organiza-mos as festas parroquiais, nas que facemos actividades para toda a familia. E tamén esta-mos pendentes de volver facer a baixada de carrilanas”.

Envíalle unha mensaxe aos políticos ourensáns.

S.R.: “Quero dicirlles que nós estamos acá traballando sen áni-mo de lucro, sáenos do corazón. Síntome do barrio e só quero defender os seus intereses. Can-do nós facemos unha protesta ou presentamos unha queixa é para que conten con nós, traba-llamos polo noso barrio e a nosa cidade, que non nos miren raro, temos dereito a que nos escoiten e nos dean respostas. Non esta-mos para facerlles a vida impo-sible, estamos para conseguir unha vida mellor para todos”.

E aos veciños.S.R.: “É moi importante que

colaboren, non só coa asocia-ción. Claro que é importante ter socios, porque á hora de pedir as cousas a resposta é outra. E cando facemos algún evento tamén nos gustaría que viñera máis xente.

Pero non só é iso, teñen que pensar no que teñen ao lado, hai que axudarse uns aos outros e le-varse ben. Se quedamos quietos non vai cambiar nada, hai que reivindicar xuntos os nosos derei-tos para ter unha vida mellor”.

Senén Rodríguez (á dereita) xunto a Jesús Martínez, membros da di-rectiva da AVV Santa Teresita./S.N.

“Os veciños teñen que pensar no que teñen ao lado, hai que axudarse uns a outros e levarse ben, e reivindicar xuntos os nosos dereitos”

“A asociación de veciños celebra o magosto, o Día das Letras Galegas, a Semana Cultural e organiza as festas parroquiais. E estamos pendentes de volver facer a baixada de carrilanas”

Page 9: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

9Ourense por BARRIOSMarzo de �015BARRIOS

EN BREVE

Redacción

A Xunta de Goberno Lo-cal acordou iniciar o expe-diente de contratación do proxecto de urbanización do acceso entre a rúa Fran-cisco Llorens, e a rúa Veláz-quez, co que se dará acceso, tanto peonil como viario, ao novo edificio xudicial, no barrio do Couto.

A actuación, que con-ta cun investimento de �4�.000 euros, ten coma principal obxectivo re-solver a accesibilidade na zona, salvando a diferenza de cota existente na actua-lidade entre a rúa Francisco Llorens e a rúa Velázquez, que posibilite o acceso de vehículos e peóns.

A actuación solventa o actual problema topográ-fico coa construción dun muro de micropilotes que separará a zona de tráfico rodado do peonil, e dunha rampa para o segundo. A

execución da rampa de conexión dos dous viais afecta ao muro de con-tención contiguo do pozo de bombeo do Couto, que se ampliará para conter as terras e dotar de uniformi-dade visual do conxunto.

A intervención inclúe a instalación da rede de dre-naxe e pluviais, de abas-tecemento e de alumeado público.

Rematarase a actuación coa colocación de mobi-liario urbano: bancos de pedra granítica gris, pa-peleiras de aceiro e chapa, varanda de aceiro inoxi-dable para diferenciar as dúas zonas e favorecer a accesibilidade, e planta-ción de árbores, arbustos e gramíneas.

O BNG alerta da perigosidade dun túnel en BarrocásA voceira do BNG Susana García denunciou a perigosidade no tráfico que se produ-

ce no túnel que comunica a rúa Ramón Puga co barrio de Barrocás, tanto para peóns como para vehículos, pola ausencia de beirarrúas e pola estreitez da vía. Explicaba García que a rúa Ramón Puga é competencia do Concello e a partir do túnel a vía com-pete á Deputación polo que o BNG presentará iniciativas nas dúas institucións para que se lle esixa ao Goberno central unha solución. O Bloque tamén levará o problema ao Congreso para que o Ministerio de Fomento dea unha resposta técnica a este problema de tráfico.

4 Licitado o centro de saúde da Valenzá

O Servizo Galego de Saúde anuncia a licitación da construción do centro de saúde da Valenzá, por un importe de 3,6 milló-ns de euros e un prazo de execución de doce meses.

O centro de sáude, que atenderá unha poboación de arredor de 8.500 per-soas, contará con consul-tas de medicina, pediatría e enfermería, ademais dun área de atención á muller con consulta de matrona, xunto a servizos de apoio como odontoloxía e hixie-ne dental, ademais de sa-las específicas para toma de mostras, atención de urxencias, e servizos de administrativos.

4 Fina Varelas, candidata de DO en Barbadás

Democracia Ourensana presentará ás eleccións municipais candidatura no Concello de Barbadás, en-cabezada pola empresaria Fina Varelas. Vinculada a este partido desde fai cin-co anos, agora dá o paso a encabezar a lista no mu-nicipio limítrofe onde DO se marca como obxectivo conseguir entre “catro ou cinco” concelleiros nestes comicios, nos que Barbadás pasa de 13 a 17 escanos por aumento de poboación.

Varelas desgranou os �4 piares do seu programa electoral, no que a máxi-ma é “100% transparen-cia, cero corrupción”.

Redacción

A corporación de Bar-badás celebrou pleno or-dinario o luns 9 de marzo, no que quedou aprobada por unanimidade unha moción socialista para reclamar á Xunta de Ga-licia a construción dunha segunda escola infantil no municipio.

A concelleria socialista Victoria Morenza acolleu o apoio do grupo de gober-no popular con optimismo aínda que tildou de coin-

cidencia electoralista esta viraxe. O alcalde afirmou que a infraestrutura podería ubicarse na zona de equipa-mento escolar da AR-10 da Valenzá, onde tamén está previsto o instituto.

Houbo tamén unanimi-dade na aprobación dunha proposta do PSdeG para mellorar a seguridade via-ria e actuar sobre os espa-zos infantís no contorno da rúa da Paz e no paseo dos Amieiros. Freire Couto ase-gurou que as propostas dos socialistas faranse se son

factibles tecnicamente.

CorreosTamén houbo unanimi-

dade na aprobación dunha proposta do BNG na que se demandaba a creación dun centro de reparto de correos en Barbadás co fin de evitar o retraso no re-parto da correspondencia, así como un código postal especifico.

O PP votou en contra dunha moción socialista que pedía a mellora na limpeza e alumeado pú-blico, así como habilitar pasos de peóns elevados na rúa Cotelma.

Nesta sesión formali-zou a súa renuncia a edil socialista María Presas, quen alegou motivos per-soais e anunciou a súa baixa como militante do PSdeG.

Non hai beirarrúas para o paso de peóns baixo o túnel./BNG.

Barbadás reclamará outra escola infantil4 Aprobada por unanimida-de unha moción socialista.

Rúa Francisco Llorens./ARQUIVO.

A urbanización da rúa Francisco Llorens dará acceso ao edificio xudicial4 Investiranse 240.000 euros.

Un muro de micropilotes separará o tráfico rodado dos peóns

Page 10: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

10 Ourense por BARRIOSMarzo de �015

Noar Novias presenta colección propia de noiva

A tenda ourensá Noar Novias adáptase este ano ás novas tendencias cun-ha colección propia de vestidos de noiva, na que empregan telas nobres como o tul de seda, en-caixes, rasos e organzas. Esta tempada vén con forza a pedrería tanto en noiva como en festa. “Axeitámonos ás ideas das noivas e facemos os cambios oportunos para que cada unha leve o vestido máis axeitado aos seus gustos”, indica a responsable do estable-cemento.

Na tenda, ubicada na Valenzá, ao carón da capital ourensá, teñen vestidos de madriña e festa de todas as cores e estilos, que de seguro se adaptarán aos gustos de cada clienta.

A comuñón é tamén un

apartado importante deste establecemento, “tanto en nena como en neno face-mos todo a medida, para que os nosos fillos vaian preciosos no seu día”, si-nala a xerente de Noar Novias.

A encargada aconsella ás noivas que concerten con tempo cita para poder

ver as diversas coleccións de que dispoñen e escoller o seu traxe. “Necesitamos tempo para facer os pe-didos e sempre é mellor facer as cousas despacio que a última hora”, reco-menda.[+ info no 988 606 488 ou

www.noar-novias.es]

Vestido de noiva dunha das coleccións dispoñibles en Noar Novias.

especial CELEBRACIÓNS

Komodamoda, estilo e comodidade en roupa de festa

Estilo e comodidade en roupa de festa é o que ofre-ce Komodamoda a todas as súas clientas que queren estar á última con prendas súper cómodas e actuais, independentemente da talla que necesiten, xa que en Komodamoda poden ato-par unha ampla tallaxe en roupa de festa; a maioría dos modelos dos que dis-poñen son ata a talla 60.

Para esas celebracións Komodamoda ten una va-riada colección tanto de vestidos curtos como lon-gos.

Nesta nova temporada destacan as cores verdes, azuis e moradas e tamén estampados suaves e lixei-ros que lle dan moita ele-gancia aos vestidos.

Veñen moito as telas bordadas, os volantes, as capas superpostas, os dra-peados nos corpiños e os

corpos con pedrería.... sen dúbida en Komodamoda encontrarán o estilo que mellor lle sente para esa celebracion, no que o máis importante é ir comoda e sentirse a gusto con unha mesma, para poder gozar ao maximo desa festa es-pecial sen ter que preocu-parse pola tallaxe que tan-tos complexos nos fai ter.

Tanto sexa para unha voda, comuñón ou un día calquera, recordade que

Komodamoda ofrece a solucióon aos problemas con que nos atopamos e que tanto nos disgustan cando necesitamos algu-na prenda de vestir.

Como novidade esta tempada tamén podedes atopar unha pequena co-lección en moda baño e corsetería que tanto nos piden as nosas clientas.

[+ info no 988 �54 359 ou r/Cabeza de Manza-

neda � baixo]

Dous modelos de festa curtos en Komodamoda.

Page 11: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

11Ourense por BARRIOSMarzo de �015CELEBRACIÓNS especial

Hotel Restaurante Os-Caracoles é un nome de referencia no sector gas-tronómico ourensán des-de hai case dúas décadas. As carnes da comarca e o bacallau son dúas das especialidades da súa elaborada cociña.

O trato amable e per-soal co cliente é outro dos sinais de identidade de Hotel Restaurante Os Caracoles.

En Os Caracoles dis-poñen de menús acor-

Unha celebración única, nun emprazamento único: Hotel Restaurante Os Caracoles

des a cada evento que o cliente desexe celebrar nas súas instalacións, ben sexa unha voda, unha primeira comuñón, un bautizo ou calquera outra comida de grupo. Ademais, a diario teñen completos menús a partir de 18 euros.

Outros servizosHotel Restaurante Os

Caracoles conta con ser-vizo de cafetaría con al-morzos, petiscos e tapas galegas, que está aberta

ao público de 7 da mañá a medianoite, e o comedor do restaurante abre de 13 a 16 e de �1 a �4 horas.

Así mesmo, as súas instalacións contan con amplos salóns, servizo de aloxamento con 14 habi-tacións -con cama indivi-dual ou dobre, conexión a internet, TV, calefacción e auga quente-, aparcadoiro exterior con acceso para minusválidos e ascensor.

[+ info no 988 380 165 ou na Derrasa, Pereiro]

Os Caracoles conta con amplos salóns, servizo de aloxamento e aparcadoiro exterior.

Carpa decorada por Deco-Flower.

Deco-Flower, empresa especialista en organización e en decoración de eventos

Montaxe e decoración dunha carpa por Deco-Flower.

Deco-Flower é unha em-presa ourensá con máis de �0 anos de experiencia na organización de eventos. Ofrecen un servizo inte-gral ocupándose de que a súa voda, bautizo, comu-ñón ou reunión de empresa sexan un éxito. Montan a súa carpa e a decoración, e, ademais, poden aseso-ralo en calquera servizo de animación, cátering, etc., realizando un servizo adaptado ás necesidades de cada cliente e no que se coida ao máximo cada detalle.

Alto sentido estéticoEn Deco-Flower contan

con profesionais compro-metidos e cun alto sentido da estética e estilo para a organización de eventos; o seu equipo de traballo será o aliado perfecto para ob-ter resultados óptimos na súa celebración.

Dispoñen dun gran aba-no de carpas de distintos tamaños, así como dunha ampla gama de produtos

de decoración e menaxe, como cadeiras, mante-lería, fundas, lámpadas, cristalería… Unha garan-tía de éxito e seguridade nas súas montaxes, froito das máis de dúas décadas de experiencia no sector.

Se está pensando en preparar unha celebra-ción, consúlteos e pída-lles orzamento sen com-promiso.

[+ info no 988 �45 7�8ou www.deco-flower.

com]

Page 12: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

1� Ourense por BARRIOSMarzo de �015 especial CELEBRACIÓNS

Comuñóns, bautizos, vodas; cerimonias im-portantísimas na vida de calquera persoa que teñen que contar cos ser-vizos dos mellores profe-sionais. As empresas do grupo ANPIAN sempre son a garantía dun traba-llo ben feito.

Para o traslado dos invitados e dos noivos, ANPIAN conta coa frota máis moderna da provin-cia tanto de autocares, como de coches de luxo. Ambos son conducidos por expertos profesionais que garanten que todo saia á perfección.

O persoal de Viaxes Piña ou Viaxes Auria, as axencias do grupo, asesorará aos noivos nos mellores destinos para a súa lúa de mel e aos in-vitados na elección dun agasallo para os nenos de comuñón, por exemplo, unha estancia familiar nun Parque de Aventu-ra, unha viaxe en globo ou calquera cousa que lle puidese gustar tanto á familia como ao neno ou nena. Viaxes Piña e Viaxes Auria ocuparan-se de todas as xestións necesarias para a viaxe, tanto de reservas como de visados, para que nada poida preocupar ao cliente.

Para as lúas de mel, ademais de contar con

opcións para todos os pe-tos, ao contratala coas Axencias de viaxe do grupo ANPIAN durante o �015, o transporte dos noivos ou o dos invitados do día da voda, pode ser gratis.

Desde hai moitos anos este grupo contan coa con-fianza de toda a provincia grazas á seriedade e á ca-lidade que viñeron demos-trando en todos os seus servizos.

No día máis importante confía nos mellores: Grupo ANPIAN

Reserva para Semana Santa

Reserva unha escapada para Semana Santa e apro-veita as últimas prazas en destinos de sol, porque están a voar. E se o que prefires son uns días de descanso e tranquilidade, reserva un balneario, unha casa rural ou un hotel con encanto en Viaxes Piña ou Viaxes Auria.

[+ info en www.anpian.com]

Con 33 anos de andadu-ra, Loyma é toda unha re-ferenza no mundo da xoia-ría ourensá, e en particular, no que se refire a xoias para noivos. A fronte deste negocio atópanse Loly e Manolo, que desde o seu local da rúa Pena Corneira (trala Catedral) preparan as alianzas ao gusto de cada parella.

“Personalizamos as alianzas en ancho, en dife-rentes cores (ouro branco -antialérxico e inaltera-ble-, amarelo e cor rosa), pódense fabricar con e sen

brillantes, e de todos os prezos”, apunta Loly, que explica que poden ofrecer este amplo abano porque son fabricantes, “os únicos de Galicia”.

“Incluso hai parellas de noivos que as fan diferen-tes, a dela de ouro branco e dun determinado grosor e a del amarelo”, aclara. Todas elas, tamén as máis tradicionais, fanse cun-ha redondez polo interior denominada confort para ofrecer maior comodidade no seu uso, troqueladas e sen soldadura.

E tamén ofrecen penden-tes de voda personalizados (en longo, con perlas, cor pedra e ouro, etc.)

Así mesmo, ofrecen aos seus noivos unha tarxe-

Joyería Loyma, especialistas en alianzas para noivos

ta VIP coa que gozar de atractivos descontos.

Xunto a esta oferta especializada en noivos, poñen a disposición dos seus clientes todo tipo de xoias e un amplo catálo-go de reloxos, de marcas punteiras españolas e ita-lianas.

En época de comuñóns como a que comezamos, teñen os produtos perfec-tos para regalar: reloxos, conxuntos de pendentes e sortixas, xoieiros, hu-chas… Sempre fieis ás últimas novidades, xa que viaxan continuamen-te a Italia para ocoñece-las de primeira man.

[+ info en www.joyerialoyma.es e no seu

Facebook]

Joyería Loyma ofréceche as últimas novidades en xoiería no seu establecemento de Pena Corneira, trala Catedral./M.R.

Loyma fabrica alianzas en monobloque, sen soldaduras

Page 13: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

13Ourense por BARRIOSMarzo de �015CELEBRACIÓNS especial

Page 14: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

14 Ourense por BARRIOSMarzo de �015

ARTIGOS / SOCIEDADE

4GUÍA DE SAÚDE [anúnciese en [email protected]]

4VETERINARIA 4PSICOLOXÍA

A autoestima

A autoestima é a auto-valoración que temos de nós memos, da nosa pro-pia personalidade, das actitudes e das habilida-des que son os aspectos que constitúen a base da nosa identidade persoal.

A nosa autoestima imos creándoa dende a infan-cia e depende de moitos aspectos, entre eles a re-lación con persoas signi-ficativas como son os no-sos pais ou outras figuras de apego.

Unha das misións prin-cipais dos pais é a de pro-piciar un ambiente axei-tado para que os nenos poidan desenvolver a súa autoestima dunha forma correcta.

É moi importante ter un bo concepto de nós mesmos. Unha persoa con autoestima baixa tradúcese nunha gran cantidade de problemas en diversos ámbitos da súa vida, adoita sentirse máis infeliz e moito máis limitada en canto ao que pode ou debe facer.

A baixa autoestima ca-racterízase por:

- Maior tendencia á de-presión e a sufrir ante as dificultades da vida.

- Non se senten segu-ras de si mesmas.

- Teñen medo a expre-sar os seus gustos e opi-nións.

- Son máis vulnerables e adoitan non aceptar ben as críticas.

- Medo a non ser acep-tados polos demais.

- Maior dificultade para relacionarse.

- Gran necesidade de ser aceptados.

- Medo a arriscar por medo a fracasar.

- Cóstalles expresar os seus sentimentos.

- Adoitan pensar que

os demais están por enriba deles.

- Son moi esixentes con-sigo mesmos e non valo-ran os seus propios logros.

- Descúlpanse e xustifí-canse por todo.

- Maior dificultades para enfadarse cos demais.

A baixa autoestima fai a vida máis difícil e isto in-flúe en moitos aspectos de forma negativa.

Non podemos considera-la como unha enfermidade, pero si é certo que está na base de moitos problemas que causan malestar e que fan que nos sintamos máis tristes, infelices, frustra-dos, insatisfeitos con nós mesmos…

Unha boa autoestima é a base para que nos poida-mos sentir ben.

Para mellorar a autoes-tima hai que comezar mantendo respecto por un mesmo e non menospre-ciarse nin atribuirse tantas etiquetas negativas ou des-pectivas. Debemos mos-trarnos a mesma conside-ración que aos demais e aceptar os nosos erros con naturalidade, xa que todos nos podemos equivocar, non podemos impoñernos esixencias tales como que sempre temos que facer as cousas ben para demostrar que somos válidos.

Debemos evitar as com-paracións xa que somos diferentes e non podemos tratar de imitar a ninguén. Cada persoa ten a súa propia identidade. Temos que aceptarnos tal e como somos coas nosas limita-cións.

Hai que ver as cousas positivas e non só as ne-gativas, aínda que unha cousa en principio sexa negativa logo pode tornar-se en positiva ou darnos unha aprendizaxe que nos sirva para experiencias fu-turas. Debemos tratar de ser realistas.

Se a pesar de intentar facer cambios na túa au-toestima non consegues sentirte mellor debes de consultar cun profesional que te poida axudar.

Rosa Mª Feijóo, psicóloga sanitaria

G-4085

“Debemos mostrarnos a mesma consideración que aos demais e aceptar os nosos erros con naturalidade, todos nos podemos equivocar”

[Vén do número anterior]Debería rapar ao meu

can para que non solte pelo? Non, o axeitado é unha boa hixiene: desla-nado, cepillado, baño e un bo corte segundo a raza e o tipo de manto do can.

Non obstante, hai que ter en conta que non to-dos os cans teñen un pelo axeitado para ser cortado, como é o caso dos golden, labradores, pastores ale-máns, pomerania, spitz, chow chow, samoyedo e todos os nórdicos (husky, malamute...).

A estes cans nunca se lles debería rapar porque lle pode tardar anos en volver medrar o pelo, se lles medra. Exceptuando, claro, os casos nos que por enfermidade da pel ou algún outro motivo de saúde o veterinario o con-sidere necesario.

O pelo axúdalles a non pasar frío no inverno nin calor excesiva no verán. O ideal para estes cans é cepillalos a conciencia �/3 veces por semana e traelos á barbería para sa-near o que sexa necesario,

Máis que pelos!

arranxalos e darlles unha boa sesión de deslanado para axudarlles coa muda e facilitar o crecemento do novo pelo e a osixenación correcta da pel.

Nos cans de pelo longo tales como o bichón mal-tés, shih tzu, lhasa apso, ca-niche e yorkshire é preciso un mantemento minucioso, adicarlles tempo cada día a cepillalos para que non se lles formen nós.

Unha opción para os seus donos é traelos á bar-bería para rapalos; débese saber que estes cans teñen unha pel moi delicada e se se lles corta demasia-do o pelo queda exposta a factores externos prexudi-ciais, como o sol. Polo tan-to, o mellor é facerlles un corte cómodo, bonito e de sinxelo mantemento para os seus donos, deixándolle polo menos un longo de �/3 dedos, que é suficiente para que o manto cubra a súa pel e a protexa.

Por último, temos os cans de pelo duro, tipo schnauzer, fox terrier, west highland e teckel de pelo duro. A estes cabe a posi-

bilidade de cortarlles o pelo con maquinilla ou coa técnica de stripping. Esta última consiste en facer nós á muda natural que se debería de produ-cir no can. Utilízase unha coitela de stripping e van-se arrincando eses pelos desiguais ou doutra tex-tura que lles sobran. Non é doloroso e evitamos que mingüe a calidade do seu pelo. A maquini-lla, en cambio, fai que o seu pelo se converta nun pelo máis sedoso e pobre. Recoméndase facelo cada mes ou mes e medio para que a sesión non sexa moi longa e evitar que a pel se irrite.

Pero é decisión do dono xa que é máis custoso que a maquinilla dado que require moito tempo e o traballo é manual.

Agardo que estas expli-cacións vos axudasen a comprender que a hixiene e coidado do pelos das mascotas non é só estéti-co, é saúde e benestar.

Montse Castiñeiras,perruqueira do Hos-

pital veterinario Abros

Actividades da Fundación IngadaRedacción

A Fundacion Ingada continúa preparando ac-tividades que faciliten a vida da sociedade. Así, o �5 de abril organiza unha “Marcha solidaria pola diversidade”, dirixida a toda a poboación, que per-correrá os �0 quilómetros que separan O Pino e San-tiago (tamén se poden ca-miñar só os tres últimos).

A inscrición pode reali-zarse ata o 15 de abril en [email protected], por 10 euros para quen utilice o autobús para ac-ceder ao punto de partida e de 3 euros para quen non. Os menores de ida-de participarán de balde.

Así mesmo, o �8 de abril ás 19 horas terá lugar na facultade de Educación unha videoconferencia con Santiago Vázquez, autor do libro “A felici-dade no traballo”, sobre a xestión das emocións. A entrada é gratuita.

Ademais, continúan mensualmente cos grupos de axuda para pais de ne-nos con TDAH. A partici-pación é de balde, só hai que inscribirse en [email protected].

Page 15: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

15Ourense por BARRIOSMarzo de �015

SOCIEDADE

Paula Lodeiro

As reivindicacións dos enfermos da hepatite C trouxeron a primeiro plano unha enfermidade “silen-ciosa e silenciada”, como eles mesmo a definen. A hepatite C é unha doenza infecciosa que afecta prin-cipalmente ao fígado. A in-fección aguda é polo xeral asintomática, pero a infec-ción crónica pode producir lesións no fígado e a longo prazo orixinar cirrose (en-tre un 10 e un �0% dos pa-cientes) e cancro de fígado (nun 5% dos casos).

A hepatite C contráese principalmente median-te o contacto con sangue contaminado asociado co consumo de drogas por vía intravenosa, o uso de ins-trumental médico non es-terilizado e as transfusións de sangue non testadas previamente. No momento actual non existe vacina.

Ata o de agora, había tratamentos pero non tan eficaces como os novos an-tivirais aprobados en �014, que conseguen a curación en máis do 90% dos casos, como Harvoni (unha com-binación de sofosbuvir e ledipasvir), Vikerax e Ex-

viera (unha combinación de catro principios activos: paritaprevir, ritonavir, das-abuvir e ombitasvir). “An-tes o tratamento aplicá-base a todos os tipos pero non valía para todos, e os efectos secundarios eran superfortes, en particular do interferón”, sinala Olga Suárez, membro da Plata-forma galega de afectados pola hepatite C.

Asemade, só se trataba aos pacientes máis graves: “aos enfermos a punto

de palmar, literalmente, a transplantados, a xen-te que se reinfectou pola absurdez do Ministerio de Sanidade de ‘prefiro trans-plantarte e despois che dou medicamento’, co cal unha vez que se transplan-ta se non quitamos o virus previamente ese fígado volve danarse”, relata Suárez.

Plan EstratéxicoFoi correrse a voz da efi-

cacia da nova medicación

e empezar a confluir os afectados en plataformas. Con peches, protestas na rúa e facendo oír as súas reivindicacións nos par-lamentos e nos xulgados, a presión deste colectivo levou ao Ministerio de Sanidade a aprobar o Plan Estratéxico para a Abor-daxe da Hepatite C, que se implementará a partir do vindeiro 1 de abril.

En concreto, o Plan aconsella tratar con distin-tas combinacións de me-

dicamentos a todos os pa-cientes con fibrose en grao F�, F3 e F4, ademais dos F1 nalgunhas circunstan-cias, o que supón arredor de 5�.000 persoas dun total de 95.000 diagnosticados. Porén, a incidencia da en-fermidade é maior. Segun-do estimacións da AEEH, Asociación Española para o Estudo do Fígado, entre o 1 e o �% da poboación española está infectada co virus da hepatite C (entre 3.300 e 6.600 polo tanto, na nosa provincia).

Asemade, o Ministerio estableceu un teito de gas-to de 7�7 millóns de euros e acordou cos responsables de saúde das comunidades autónomas un Plan de Fi-nanciación para garantir o acceso a estes medicamen-tos de forma inmediata. O custo medio do tratamento por paciente rondará, xa que logo, os 14.000 euros.

“Antes de chegar ao acordo houbo moito pran-to, bágoas e sufrimento de por medio”, recalca Olga, que ten depositadas as es-peranzas neste Plan estra-téxico, aínda que con cau-tela. “Necesitamos ver que iso realmente se cumple”. O seu compañeiro Raúl Auñón engade que a espe-ra “faise eterna; só saber que cada día están morren-do 14, 15 persoas en toda España…”.

Tratamento para todosCon todo, reclaman que

o tratamento chegue xa a todos os pacientes, tamén á poboación reclusa. “Aos que están moi malos vanlle

A hepatite C, unha enfermidade silenciosa e silenciada4 A Plataforma de afectados, expectante ante a entrada en vigor o 1 de abril do Plan Estratéxico de Abordaxe desta doen-za, que facilitará os novos medicamentos.

quitar a enfermidade pero vanlles quedar secuelas, o lóxico é pensar que se llo damos a xente recén in-fectada imos evitar novos contaxios e que esa enfer-midade avance, co cal o gasto sanitario vai ser me-nor”, sinala Olga Suárez. Apuntan, ademais, que a xustificación económica dalles a razón: “a longo prazo vai saír máis barato porque curar un paciente non é o mesmo que estar a tratalo toda a vida, con receitas, que se logo un transplante…”, remacha Auñón.

Outro afectado, Je-sús Miguel de la Caba, diríxese tamén a outras administracións: “ao pre-sidente da Deputación pedímoslle que igual que reparte 400.000 euros ao fútbol, os enfermos da Plataforma tamén necesi-tamos 400.000 euros para que os poña a disposición da farmacia do hospital para medicamentos”.

No Paseo da SaúdeA Plataforma estará pre-

sente con stand no Paseo da Saúde organizado polo Concello o 8 e o 9 de abril. Os interesados poden con-tactar con ela no seu Face-book (Plataforma galega de afectados pola hepatite C) ou no correo [email protected].

Jesús Miguel de la Coba, Olga Suárez e Raúl Auñón, membros da Plataforma galega de afectados pola hepatite C./P.LODEIRO.

Entre o 1 e o 2% da poboación española está infectada co virus da hepatite C

Page 16: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

16 Ourense por BARRIOSMarzo de �015

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

Watchmen

Comeza o artigo coa descrición dunha casa. Nun dos cuartos, tres amigos conversan anima-damente sobre o pasado, o presente e o futuro da guerra fría. Son os anos oitenta e están sentados ao redor dunha mesa, desas grandes que se en-contran nos estudios dos arquitectos. Podemos ver dende aquí, dende o texto, algunhas cuncas de café, e un par de bote-llas de whisky… Tamén unha chea de útiles para debuxar e para colorear, que eses barbudos es-grimen alternativamente coma se fosen espadas. Nunha mesa auxiliar, a primeira versión de Wat-chmen, a historia creada por Alan Moore, e ilus-trada por Dave Gibbons e John Higgins.

E eles, agora, somos nós. Ou talvez non sexa-mos nós. Talvez só sexa unha historia. Como a de Watchmen, ou como calquera outra que nos atopemos nesta novela gráfica que se converteu case coa súa primeira publicación nun dos clá-sicos contemporáneos do xénero.

Se nós agora podemos dicir que estamos, can-do lemos este texto, en Ourense no mes de mar-zo ou de abril de �015, cando abramos o cómic estaremos en New York, no ano 1985. En outubro. E nunha distopía. Ou sexa, nun futuro ou nun pasado imaxinado, que non será. Nel, os Estados Unidos gañaron unha guerra imposible de ga-ñar, a guerra do Vietman. E xustamente alí, nesa sociedade descubrimos

“Cabe preguntarse até que punto o noso sistema está rexido polo dereito”

4CARTA AO DIRECTOR

Declaracións de bens dos concelleiros

Este sábado lin na prensa local que “todo apunta a que os muníci-pes rematarán o mandato sen facer a declaración dos seus bens”. Non sei que leva a a interpretar ese escenario futuro a dous meses e medio de abandonar as responsabi-lidades as concelleiras da actual corporación. Ou trátase simplemente de voltar igualarnos a todas cando somos a todas lu-ces persoas con intereses e propostas para esta ci-dade ben diferenciadas e definidas?

A reflexión é necesa-ria: a política ou é un servizo público ou non é máis que un xogo de intereses que en nada ten a ver coa mellora da vida de quen máis o necesita. Quen a vivimos como unha circunstancia vital e non como unha profesión ou proxección para o fu-turo asumimos as críticas recibidas pola coherencia e un traballo que preten-de ser transformador mas non estamos dispostas a que nos igualen por abaixo cos máis rastreiros intereses e coas peores prácticas no exercicio da responsabilidade pública.

Hai quen di que mar-charemos sen dar contas, e equivócase -por non decir manipula- quen asi o afirma, porque quen nada viñemos a gañar á política nada temos que ocultarlle a ninguén: se-guimos alugando a mes-ma vivenda compartida, tendo o mesmo carro de segunda man e a mesma urxencia bancaria e vital que tiñamos ao chegar, senón maior polas cir-cunstancias de que nos rodea nun contexto de saqueo económico das clases populares e dos sectores máis perxudica-dos polas políticas asasi-nas do capital.

As contas dánse ao rematar e isto aínda non rematou.

Ximena González, concelleira do BNG no

Concello de Ourense

outro feito imposible de imaxinar: o asasinato dun superheroe. Así comeza todo.

Rorschach, outro dos superheroes, dos vixian-tes, investiga o misterio-so asasinato. É un home estraño, que tapa a súa cara cunha máscara, e que non deixará de acompañar ao lector durante os doce capítulos desta novela. Tampouco deixarán de acompañarnos a soidade, a tristeza e a loucura dun-ha época que non conse-guimos comprender. Así, Alan Moore vai debullan-do os medos e as angustias dunha civilización que inventou a modernidade, pero que aínda agora non sabe como enfrontarse a traxedias como as do Es-tado Islámico, ou como a propia vida.

Se a obra de Shakespea-re Ricardo III comezase polo final, coa morte de Ricardo despois de chorar desesperado “O meu reino por un cabalo” e non co mítico monólogo inicial, estaría empregando un dos moitos recursos dos que fai gala Alan Moore.

Porque Watchmen amo-sa un excepcional alarde de capacidades técnicas, de xogos cinematográficos e artísticos que, por veces, fan complexa a lectura, pero que dotan este texto dunha marabillosa plasti-cidade creativa.

Agora, na metade do ar-tigo, aparece un náufrago que levado polo delirio ve as velas negras dun barco do inferno recortándose no ceo. Non ten nada que ver co resto, pero sen que poidamos evitalo, imaxi-namos ese home saíndo do mar con aceno de espanto mentres, ao seu redor, os restos do naufraxio acom-pañan a ese único supervi-vinte.

E un rapaz negro nas rúas de NY vai lendo,

coma nós, esta historia de piratas (Os contos do barco negro) mentres Rorschach busca a ver-dade da morte de Edward Blake, o comediante. Así van aparecendo outros personaxes, Jon Oster-man, Daniel Dreiberg, Laurie Juspeczyk e, por suposto, Adrian Veidt. Heroes e superheroes, homes, vixiantes levados polos camiños da vida hacia un destino que non podemos coñecer. Era Valle-Inclán o que dicía que podemos contemplar o mundo dende abaixo, dende arriba ou dende a nosa propia altura. E to-dos eles teñen un distinto xeito de percibir as cou-sas. Coma nós.

A obra leva por título Watchmen, os vixiantes, en homenaxe a unha fra-se das Sátiras de Juvenal: “quis custodiet ipsos cus-todiet?” (quen vixía aos propios vixiantes).

Neste novo século, nós xa sabemos que ninguén vixía aos vixiantes, que ninguén controla aos controladores, e que eles, sempre, actúan a capricho e conforme a unha mora-lidade que non podemos comprender. Afortunada-mente, a historia ensína-nos que é xustamente o capricho, o azar, o único que nos pode salvar… Aquí, ou nese mundo de Watchmen.

Manuel Blancomanuel.blanco74@

hotmail.com

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Pokémon e o gatopardo ibérico

Mentres moitos no Sur gozades da chegada da primavera, o único que me fixo decatarme de que chegou unha nova esta-ción é que tiven que sacar as pastillas da alerxia e abarrotarme das mesmas nun susbtancial cocktail mañaneiro que me deixa feita puré para o resto do día. O que mata o pole...

O demais segue case igual no Norte: frío polar e bufandas que se resisten a ser gardadas coa roupa de inverno até o próximo setembro.

Con todo, por moitas estacións que cambien, hai cousas no Sur que pa-recen ser perennes. Men-tres o panorama político Europeo se debate entre correntes opostas de aires que reviven vellos medos fascistas cos que veñen preñados de ecos populis-tas e movementos sociais de millóns de cidadáns indignados, en recunchos deste continente aínda seguimos ancorados en prácticas políticas prehis-tóricas disto que demos en chamar democracia. Por darlle algún nome, porque do dito ao feito...

Vendo certas cousas, unha dubida se o noso actual sistema electo-ral deriva da loita polo cambio ou é o resultado dunha transición pausa-da á modernidade na que vellas formas de parasi-tismo iranse adaptando e impondo nun sistema que, supúñase, tiña como unha das súas maiores fi-nalidades, destituílos da faz da terra.

Pero a terra exerce un poder gravitatorio dema-

siado forte e irresistible. Como resultado, vellas formas de coacción per-duran co paso dos anos, abríndose paso e emborro-nando a transparencia que un estado de pleno derei-to debería exercer sen dar cabida a pequenas excep-cións. Social Media como ferramenta revolucionaria e innovadora do cambio? Por favor, cala twitteiro e vai blogear a outra parte.

Por desgraza, moitas das nosas “pequenas ex-cepcións” son a norma en moitas rexións de Espa-ña, país que ultimamente se dedicou a dar o dó de peito na prensa nacional e internacional cos seus ca-sos de corrupción: máis de 800 casos de corrupción urbanística repartidos por toda a Península no �014, con Andalucía, Valencia e Galicia á cabeza. Aínda que o peor é que aquí non se salva ninguén.

Vale que era hora de que alguén pasase a aspiradora debaixo da alfombra, pero non servirá de nada se vol-vemos gardala no trasteiro sen desparasitar propia-mente toda a casa.

Neste ano electoral, máis que o cambio ou a pervi-vencia das castas máis ca-ñís, cabe preguntarse até que punto o noso sistema está rexido polo dereito. Hai dereito a que todas as formas de “ismos” habidas e por haber -clientelismo, nepotismo, caciquismo, mamonismo- campen im-punemente ás súas anchas polos corredores de Par-lamento, Xunta e oficinas públicas? Porque se hai dereito, enténdoo. Senón, por favor, fagamos algo por cambialo e adiquémo-nos a dar dós de peito máis dignos da nosa alcurnia e potencial para que non nos midan a todos pola mesma vara dos incompetentes xefes.

Raquel Sertaje

“Novela gráfica que se converteu nun dos clásicos contemporáneos do xénero”

Page 17: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

17Ourense por BARRIOSMarzo de �015ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Os zapatos do mortoOutra vez sentín os fo-

guetes estalar no ceo; can-do os escoito córrenme polo corpo as formigas, é como se me encheran de bolboretas as veas. O pai di sempre rindo que eu son como os coches da liña de Lugo, que tiñamos que le-var o mesmo rótulo: “Fei-ras, festas e mercados”, dío porque a min gústame moi-to a troula.

Era A Pascua en Souto-longo, a primeira das roma-rías do verán, despois de llo pedir un cento de veces, o pai díxome que me deixaba ir “por pesado”, se me le-vaban os mozos. Referíase a Pepe de Xan e Antón o de Elías, eles sempre me levan e coidan de min como se fora seu irmán.

Eu non lle contara nada, pero non tiña zapatos para ir, rompinos xogando ao fútbol con Xosé Manuel de Segunda, na eira de Min-gote. Xosé Manuel e mais eu xogamos mellor que os outros porque eles xogan con zocos e nós con zapatos. Se cadra a min tráeme meu irmán Suso cando volte de Barcelona unhas botas de verdade con tacos de goma, como as de Santillana, o do Real Madrid, despois xa non hai quen me pare!

Xa case estaba convenci-do de non ir á Pascua, pero outra estalada de foguetes encheu a casa de bolbore-tas amarelas facéndome cóxegas no estómago.

De súpeto, acordei que no leiro á beira do río a xente tira o lixo, e tamén os zapatos vellos, baixei polo carreiro á beira da no-

“Cando escoito os foguetes é como se me enchesen de bolboretas as veas”

gueira da horta pequena. Funme agarrando ás polas dos amieiros para non es-varar e caer aos tombos, rebusquei un bo anaco sen atopar nada, cando preto da auga ollei a punta dun zapatiño de charol negro. Achegueime ao xeito para non esvarar e arrinqueino paseniño, con agarimo, non se me fora asustar, eu coido que as cousas bonitas son tamén medentas.

Estaba noviño. Como un tolo remexín entre os pa-nos, as sabas e as colchas vellas ata que por fin din co seu irmán, estaba un pouco máis gastado pero valía ben. Como quen atopa un tesouro subín a toda présa cara a casa cos dous meti-diños debaixo da chaqueta de lá.

Escondido no cuarto de abaixo deilles crema, sa-queilles brillo, tantas ve-ces que parecían máxicos, brillaban na escuridade ou polo menos parecíamo a min, no piso o do pé de-reito tiña un buratiño, nada que non se puidera arranxar cunha plantilla de cartón. Collín a caixa onde se gar-daban as mazás, arrinquei-lle unha tapa e recorteina, metinlla dentro, e quedou como novo. Tiña que apu-rarme e saír antes de que viñera o pai cas vacas da Alvela, laveime e vestinme a correr, tirei cara á casa de Xan, Antón tamén xa che-gara e marchamos para a romaría.

Pasámolo de medo toda a noite, a correr entre as parellas que bailaban, xo-gando ao escondite, fun ata cinco veces ás randeeiras cos cinco pesos que me dera papa á mañá, dixo que non os gastara todos, el dime así pero xa sabe que se hai randeeiras non me

dou resistido. Cando voltamos papá

estaba esperto na lareira ao carón do lume co Pa-chi deitado entre as per-nas; o Pachi é o meu can.Miroume o pai de enriba a abaixo e díxome: “e de onde sacaches os zapa-tos?” Eu fiquei calado un anaco tentando inventar algunha mentira, pero iso co pai non cola. “Seica che comeu a lingua o gato ou?”, díxome.

- Non papá, pero vaste anoxar. Os zapatos que me trouxeches polos reis romperon e fun ao leiro e atropei estes, limpeinos e valéronme ben, e así ta-mén aforras sen mercar-me outros.

-Ai, chiquito, cando fun á feira á mañá xa che merquei uns, pero se xo-gas con eles ao fútbol non che duran nin dous días, aínda que non che quedan mal os zapatos do morto, arranxáchelos moi ben.

Cando sentín o do morto correume un cala-frío polo corpo e quedei mudo, e nos pés colleume un picazón, como se tive-ra sabañóns. Papá botouse a rir e dixo: “estarache agradecido o defunto, polo menos leváchesllos de festa”.

- Papá, déixate de an-drómenas e non digas iso, que me entra medo.

-Non, de andrómenas déixate ti que se me dixe-ras a verdade irías es-treando. Por outra banda, aos mortos non hai que terlles medo.

Abrazoume rindo e achegoume ao lume. E dixo moi serio: “os peri-gosos sonche algúns dos vivos”.

Avelino Jácome

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Laboratorio do doutor Vidal en 1915.

Ano 1911. Un asom-broso descubrimento pu-blicítase no diario ABC. O doutor J. Vidal crea no seu laboratorio da estra-da de Trives de Ourense (hoxe rúa Concordia) un composto arsenical co nome comercial de X�, capaz de curar a sífile nun período de catro me-ses, axeitao ademais para combatir outros parásitos da pel.

Ocuparía Vidal, entre 19�0 e 19��, o local da desaparecida farmacia Barja, no nº 9 da rúa do

Instituto (hoxe Lamas Car-bajal), onde producía os afamados autoinxectables. Descoñecido personaxe da inxuriada intrahistoria

O X2, capaz de curar a sífile

local, hoxe un pouco máis próxima, menos opaca, sempre igual de misteriosa e sorprendente.

Fernando Valcárcel

A Sala Berlin acolleu o esperado concerto de Da-kidarría xunto cos ouren-sáns Bergallazo.

Sobre as ��:30h, os membros de Bergallazo subíronse ao escenario para deleitarnos con once temas, entre os cales in-cluíron “Otra realidad”, “Camiño longo”, “Radio Terror”, “Enamorado de la muete” e “Tentando a la suerte”, para facernos sentir o verdadeiro espí-rito do punk-rock ouren-sán.

A sala enchíase cada vez máis e Bergallazo contou para o seu son contundente coa cola-boración de Txinguín, ex membro do grupo e actual membro de Ma-

4CRÓNICA MUSICAL

lagoiro, tamén ourensán, que cantou cos membros do grupo algúns dos te-mas.

Chegou esa pausa que resultou moi breve para recibir aos membros de Dakidarría. A sala encheu-se completamente. Mozos e maiores asistiron, algúns deles hondeando bandeiras pedindo a liberdade dos presos galegos. Bandeiras que ambos os grupos deci-diron colocar no escenario para reivindicar os devan-ditos feitos.

Dakidarría saíu tocando “Memoria”, seguida de “Punto de mira”, “Moci-dade activa”, “Despertar”, “Carreteras” e “Reivin-dicar”. Chegados a este punto, fixeron unha breve pausa dedicando unhas palabras e continuaron con temas como “Gene-ración perdida”, “Linguas ceives”, “Non se vende” ou “Zambra” para despois

terminar con “Mil Berros” e “Terra”, nas cales a eufo-ria se desatou de maneira descontrolada.

O seu son punk-rock fu-sionado con ska e reggae fai que tanto no escenario como entre o público xur-da unha considerable ener-xía facendo que a festa es-tale e entren unhas ganas incribles de bailar.

En resumo, unha noite repleta de festa, alegría e moita música.

Lucía CambaLa Rockipedia

Dakidarría + Bergallazo

Cantante de Dakidarría./LUCÍA CAMBA.

“En resumo, unha noite repleta de festa, alegría e moita música”

Page 18: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

18 Ourense por BARRIOSMarzo de �015 OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4IMAXES DO MES

Alejandro Abad, en favor das vítimas do ébola O cantautor, compositor e produtor Alejandro Abad visitou o colexio Padre Feijoo-

Zorelle, cuxo coro participara na gravación da súa videoclip de “C@ntamos contigo! Os nenos do mundo dan grazas á vida”.

Na mesma xornada foi recibido polo presidente da Deputación. Na reunión, Manuel Baltar destacou o “carácter solidario da provincia de Ourense” e propúxolle ao cantau-tor unir esforzos para realizar un proxecto solidario con fin benéfico.

Ánxeles Cuña recibe o premio Clara CampoamorO IX Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes

recaeu na directora teatral Ánxeles Cuña, recoñecida pola súa firrme aposta por poñer en valor o papel da muller nas artes escénicas ao longo da súa ampla traxectoria.

O acto de entrega contou cun vídeo no que amigos, alumnos da Universidade Laboral na que traballa e compañeiros en Sarabela destacaron as súas cualidades. Ademais, 30 mulleres relacionadas co mundo treatral deron lectura a fragmentos literarios femininos.

Un ourensán vence no concurso “Debuxa o teu almorzo”O certame “Debuxa o teu almorzo”, da Consellería de Sanidade, contou cun gañador

ourensán. Carlos Tellez, de 17 anos e alumno do Centro de Educación Especial “O Pino”, logrou o primeiro premio na categoría especial, que consistiu en entradas para asistir cos compañeiros a un partido do COB e dun lote de froita fresca para o seu centro.

En total 1.587 rapaces galegos se presentaron á categoría xeral deste certame, para alumnos de 1º e �º de Primaria; e �19 optaron á categoría especial.

46º Festival Xuvenil da Canción MisioneiraEste �1 de marzo celebrouse no Auditorio Municipal o 46º Festival Xuvenil da Canción

Misioneira. O coro da parroquia da Inmaculada foi o gañador, ao lograr os premios á mellor música, mellor interpretación e mellor letra. O segundo premio e mellor letra en galego foi para o grupo Lumiño de Velle. E o terceiro para Ad Libitum, da Capela Universitaria.

Participaron 14 grupos, entre os que se atopaban, ademais dos citados, representantes de Cervo e Burela, Milagrosa, Barbadás, Santo Domingo, Cenlle ou San Cibrao das Viñas.

Page 19: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

19Ourense por BARRIOSMarzo de �015OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4 Proxeccións de cine solidarias en Ponte Vella

O terceiro sábado de abril (día 18) volverá ha-ber unha proxección de cine solidaria en Ponte Vella, da man do garda civil Óscar Castillo e o seu proxecto “Ayúdanos a Ayudarles”.

A iniciativa permite a familias con menos recur-sos gozar dunha xornada de cine cos seus cativos a

O 31 de marzo conclúe o proceso do Dividendo Dixital

O 31 de marzo remata a liberación do Dividen-do Dixital. Este proceso consiste na reordenación dalgunhas canles da TDT, para cumplir co mandato da Comisión Europea de liberar as frecuencias ra-dioeléctricas da banda de 800 MHz, co fin de que poida ser utilizada por tec-noloxías móbiles LTE/4G.

En Galicia, un número importante de vivendas con antena colectiva aínda non fixeron as adaptacións precisas que lles permitan recibir as canles de televi-sión nas novas frecuencias. A partir do 1 de abril, aque-les fogares con antena co-lectiva que non efectuasen a adaptación deixarán de recibir as canles que mu-daron de frecuencia. Para recuperalas, será preciso a adecuación da antena co-munitaria por un instalador autorizado e a posterior resintonización dos recep-tores en cada piso.

Nas vivendas con ins-

talación individual só é necesario resintonizar o televisor ou o descodifi-cador externo de TDT, así como reordenar a lista de canles.

Axudas O Ministerio de Indus-

tria activou unha liña de axudas dirixida ás comu-nidades de propietarios para a adaptación das instalacións colectivas de recepción de TV. O prazo de solicitude está aberto ata o 30 de xuño. Os be-neficiarios deben achegar factura da empresa insta-ladora. As subvencións oscilan entre os 150 e os 500 euros, en función do alcance da adaptación.

[+ info en http://www.televisiondigital.gob.es

ou no 901 �0 10 04]

4 Actividades para escolares e mocidade

A Concellería de Xu-ventude puxo en marcha unha nova edición de “Ourense Xove”, que ata maio propón actividades formativas e de lecer para mozos de 15 a 35 anos.

O programa dá conti-nuidade a propostas de anos anteriores, como primeiros auxilios ou co-ciña e incorpora outras,

EN BREVE

Escolares, Ángel Pazos da A.VV. e Susana Bayo./M.R.

Plantación de árbores O �5 de marzo realizouse unha plantación de árbores

na contorna do Centro Cívico da Ponte, organizada pola A.VV As Termas coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente para conmemorar o Día Forestal Mun-dial. Participaron rapaces do centro de mediación social que Cruz Vermella ten no barrio.

Coa plantación a zona verde pasará a contar con novos espazos de sombra demandados polos veciños que com-plementará os bancos instalados recentemente.

como un curso de elabo-ración de cervexa artesá. Ofrecen información so-bre as prazas dispoñibles no 988 388 154.

Mentres, a Concellería de Educación organiza en Semana Santa actividades na Aula de Natureza de Oira para escolares de 6 a 13 anos. Son propostas lúdicas e formativas cen-tradas no coñecemento da natureza. As inscricións realízanse na propia Aula, e custan 10 euros.

prezo reducido. A película proxectada será “Mons-truos University”, na se-sión das 1� horas. Haberá actividades complementa-rias, como manualidades ou maxia.

Os interesados deben presentar a tarxeta de des-emprego do pai ou nai que acompañe aos nenos, ou o xustificante parroquial de beneficiario de Cáritas 45 minutos antes da película. Deste xeito terán as entra-das a dous euros cada un.

Hai axudas de entre 150 e 500 euros para a adaptación

Page 20: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

�0 Ourense por BARRIOSMarzo de �015 DEPORTES

Participantes da I Subida a Montealegre./P. LODEIRO.

Redacción

A primeira Subida a Montealegre congregou máis de 60 participantes que se atreveron a perco-rrer 3km cunha rampa me-dia do 9%, chegando nal-gún momento ao �4,9%.

Os competidores foron saíndo desde a meta -fonte dos Caños, por enriba do cemiterio de San Francis-co- cada 15 segundos, a modo de contrarreloxo.

O máis rápido na cate-goría masculina foi José Ramón Rodríguez, que rematou cun tempo de 14 minutos e 33 segundos. Tras el, e con dous segun-dos de diferenza chegou Severino Correa (14:35 minutos). Terceiro foi Ra-món Rodríguez con 14:38

Rodríguez e Ferro vencen en Montealegre4 Na primeira edición desta subida tan esixente.

minutos.

MulleresEn categoría feminina a

máis rápida foi Silvia Ro-dríguez Ferro, quen parou o crono en 18 minutos e 8 segundos. Co mesmo tem-po (18:08) entrou en meta Ana Isabel Soutullo. E a

67 participantes remataron esta primeira Subida a Montealegre

terceira muller no caixón foi María Botana a pouco máis dun minuto das pri-meiras (19:10 minutos).

Unha subida a Mon-tealegre moi dura pero que deixou un bo sabor de boca entre os partici-pantes, que xa pediron á organización que teña continuidade no calenda-rio de eventos deportivos organizados polo Conse-llo Municipal de Depor-tes de Ourense.

O galego de 10.000 en pista deixou o título en Ourense4 Alejandro Fernández e Iria Fernández foron os vencedores non Campionato de Galicia de 10.000 metros.

Redacción

Alejandro Fernández e Iria Fernández foron os vencedores no Campio-nato de Galicia de 10.000 metros en pista que se celebrou no Campus de Ourense.

Este ano, Alejandro Fer-nández (3&RUN by Pe-droNimo) logrou alzarse

co título autonómico cun tempo de 30 minutos e 54 segundos. Subcampión se-ría outro ourensán, Javier Paredes (Ourenrunning); remataría a súa participa-ción tras 3� minutos e 8 segundos. Completaría o podio, Enrique Martínez (Comesaña) no terceiro caixón con (33:�8).

En canto á categoría fe-

minina, Iria Fernández (Comesaña) foi a máis rápida ao parar o crono en 39 minutos e 54 se-gundos. A súa compa-ñeira de equipo, Soledad Castro rematou segunda (40:�8). Eva Mª Iglesias (S.G. Pontevedra) foi a terceira con 40:38 minu-tos.

ProvincialNa proba provincial

foi o atleta do 3&RUN by PedroNimo, Pepe Márquez o que se alzou co triunfo; o seu tem-po 34:03 minutos. José Antonio Paz (Atletas Veteranos Ourense) e Daniel Valentín Inuncia-ga (Ourense Atletismo) foron segundo e terceiro, respectivamente.Iria Fernández ao paso por meta./P. LODEIRO.

Catro partidos para clarificalo todo4 O COB ten catro partidos para saber en que posición rematará na Adecco Ouro.

R. Torres

Despois da derrota fronte Breogán (73-75), o COB afronta os últi-mos catro partidos de competición para saber en que lugar remata a Liga de cara ao play off de ascenso.

O partido contra Breogán estivo cheo de emoción. Os ourensáns estiveron a maior parte do encontro dominando

o marcador. Ao final non puido ser e os homes de Gonzalo García de Vitoria caeron derrotados ante un equipo que loitará contra Burgos polo ascenso di-recto a ACB.

Ao COB, tras o partido contra os lucenses, qué-danlle dous consolos. Por unha banda poder loitar pola terceira posición e ter as dúas primeiras roldas de play offs con factor cancha a favor. E un máis impor-

tante, se cabe, o de engan-char á cidade co equipo. Importante será disputar a promoción con factor cancha, pero máis impor-tante será ver as banca-das do Pazo dos Deportes Paco Paz como se viron no derbi galego: con máis de 4.000 espectadores.

Recta finalO Club Ourense Balon-

cesto agora ten que viaxar até Mallorca para enfron-tarse ao Palma (domingo �9 de marzo). Logo toca recibir no Pazo ao Prat (domingo 5 de abril). Os dous últimos partidos da Liga serán contra Ovie-do (venres 10 de abril) en Pumarín, Asturias, e con-tra Navarra (venres 17 de abril) en casa. Despois, e tras 14 anos, a fase de as-censo a ACB.

Unha xogada do partido entre o COB e o Breogán./COB.

Discordia pola final da Copa Xunta4 Ourense Envialia e Burela enfróntanse na final da Copa Xunta en As Pontes.

Redacción

Non sentou nada ben no Ourense Envialia que a final da Copa Xunta se dispute o próximo mér-cores nas Pontes. Desde o corpo técnico consi-deran que non se ten en conta nunca a opinión dos equipos femininos. E é que as xogadoras ourensás ou traballan ou estudan, polo que xogar en día laborable é un in-convinte para o Envialia.

A pesar da queixa o partido xogarase, e terá lugar a partir das 19 ho-ras no polideportivo da localidade coruñesa.

LigaEn canto á Liga, esta fin

de semana o Ourense En-vialia visita ao Ordizia. O conxunto guipuscoano está na loita pola permanencia; ocupa postos de descenso actualmente.

O Cidade As Burgas, pola súa banda, recibe nos Remedios (sábado, 17 horas) ao Rioja. Os dous conxuntos andan enfras-cados por rematar entre os catro primeiros para dis-putar a Copa. O Cidade, tamén ten posibilidades de loitar polo título, xa que se encontra a tres puntos do líder, Futsi; o Rioja é sexto con 40 puntos.

A UD nas semifinais da Copa DeputaciónRedacción

A Unión Deportiva Ourense pasou a rolda de cuartos de final da Copa Deputación B ao vencer ao Caldelao por 3-1. O equipo de Antonio Da-costa foi capaz de darlle a volta ao marcador e continuar así na compe-tición copeira.

Na seguinte rolda es-pera o Peroxa, equipo que marcha como líder destacado na Segunda Rexional grupo noveno. O primeiro encontro terá lugar na Peroxa (campo do Marco) o Xoves San-to e tres días máis tarde (domingo 5 de abril) xo-garán no Couto.

Esta fin de semana a UD visita en liga ao Cas-trelo de Miño, o domingo ás 17 horas en Macendo.

Page 21: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

�1Ourense por BARRIOSMarzo de �015

PUBLICIDADE

Page 22: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

�� Ourense por BARRIOSMarzo de �015

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 15-�015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35� Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel.Nº 3 - Ano: XII - Marzo de �015 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas per-soais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 35�.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 7�8 Policía Local 09� / 988 388 138P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 �35 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 39� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 �31 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��3 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 300C. C. Antisida 988 �33 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 119�4h. Alc. Anón. 988 �69 540Alcoh.An. �4h. 988 �� 76 �3 Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TELÉFONOS DE INTERESE

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

VENDASTRABALLO

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares]

SERVIZOS / CLASIFICADOS

PISOS

4AXENDATeatro e danza

- �7 de marzo - “Gorento-sadas” - �0:30 h - Teatro Principal- �7 de marzo - Danza: “Que volvan as flores” - Auditorio- �8 de marzo - “¿Quién saca los cubos? - �0:30 h - Casa Cultura Barbadás- �9 de marzo - Infantil: “Chíos” - 1� e 17:30 h - Auditorio- 5 de abril - Infantil: “Se eu fose maior” - 1� h - Auditorio- 10 de abril - Noites Bárbaras: “Nabiza Girl” - �0:30 h - Casa da Cultura de Barbadás

Cine- 6 de abril - “Adieu au langage” - �0:30 e �3 h - Biblioteca Pública

Exposicións- Ata o 1� de abril - “An-tón Pulido. Antoloxía” - C. Social Afundación- Ata o �6 de abril - “Sen-tindo a madeira” de Toño Monteiro - Museo Muni-cipal

Música- �7 de marzo - Al Foster Quartet - �� h - Café La-tino- �7 de marzo - Noites Bárbaras: grupo Talabarte - �0.30 h - Casa da Cultu-ra de Barbadás- �7 de marzo - Baja Cali-fornia + Sibling Constric-tor + Croma - El Sótano (dr. Fleming, 5)- �8 de marzo - Concerto de Luis Emilio Batallán - �0:30 h - Liceo- �8 de marzo - Marlango + Aurora & The Betrayers + Wöyza - �1 h - Pazo Paco Paz- 9 de abril - Cuarteto Attaca - �0:30 h - Teatro Principalwww.periodicobarrios.com

4ADÓPTANOS... Contacta con PROGAPE no 988 21 29 39, en Vilar de Astrés ou en Facebook

Recorda: é para sempre!

Femia de ao redor dun ano. Pesa 5 quilos. É moi tranquila.

Sugus. macho novo, me-diano. Moi bo e acostuma-do a piso. Pesa 8-10 kg.

Sax. 6 anos. 8 kg. Acos-tumada a piso. Xoguetona. Dominante con outros cans.

Macho novo, cruce per-sa, de 3 kg. Moi cariñoso. Acostumado a piso.

Moza busca traballo coidan-do maiores, nenos ou labores de limpeza no fogar. Tamén como coidadora de noite en hospital ou en casa particular. Ampla experiencia. Tel. 661 08 09 6�.Desbrózanse fincas e fanse transportes e mudanzas. Tel. 6�9 319 �69.Ofrécese mozo para traballar en almacéns. Tel. 67� 6�1 408.Clases a domicilio neste curso. Especialidade mate-máticas xerais.Todas as eta-pas. Outras materias. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Tel. 610 38 �5 89 ou clasesadomicilio�[email protected]écese mozo responsable, meticuloso, alegre para tra-ballar en departamento admi-nistrativo ou coma dependen-te. Ampla experiencia. Telf.: 6�9 154 995Ofrécese mozo con título téc-nico sociosanitario para o coi-dado de persoas dependentes, enfermos ou calqueira tipo de situación. Preferentemente na cidade. Tlf.: 666 857 �39

Ofrécese señora mediana ida-de, galega, para as tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 1�9 14�Licenciada en Belas Artes im-parte clases de debuxo, pintura, modelado e debuxo técnico, para nenos e adultos, en Ouren-se. Tel. 669 603 414Ofrécese señora para limpeza, pasar o ferro ou facer a comi-da, con informes. Tel. 606 65 09 05.Moi económico, fanse repara-cións en fogar e negocios, car-pintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 78� 460.Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de in-glés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reduci-dos. Tel. 664 59 06 04.Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acuarela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417.Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, �0 anos de experiencia. Tel. 667 508 333.

Alugo apartamento en Sanxenxo. 1 e � habitacións, aparcamento e barbacoa. Tel. 607 �7 19 16.Urxe vender piso a 10 minutos de Vigo, equipado, renovado. Tel. 636 4�� 497Alúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pechado, preto ponte Milenio. Tel. 637 00 59 101Alúganse 2 oficinas en r/Pro-greso, amobladas, ao lado Pazo de Xustiza. Tel. 637 00 59 101Véndese casa a restaurar en estrada de Santiago con finca. Tel. 637 00 59 101Necesítase chico responsable para compartir piso con señor maior. Tel. 637 00 59 101Alúgase praza para moto no garaxe edificio Mercadona, avda. de Santiago. Tel. 988 �1 �9 00Alúgase praza de garaxe ao lado da praza do Couto para coche ou moto, 45 euros. Tel. 606 035 781Alúgase piso moi amplo, con ou sen mobles. Todas as como-didades. Zona Couto. Econó-mico. Tel. 606 56 9� �8.

Compro ventás de alu-minio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e medidas. Tel. 658 056 9��Vendo casco de moto mo-delo Coolmax. Tamén ven-do garrafóns de 16 litros. Prezos a negociar. Chamar ao 988 �1 35 56 de 15:30 a 18:30 ou a partir �1 horas.Vendo calefacción de gas cidade seminova e sofá. Tel.637 00 59 101Vendo compresor de aire industrial, presión 8 Kg/cm� psi115, 750 l/min. depósito 300l. 1.000 euros. Tel 610 65 94 17Vendo 36 ventás corredei-ras de aluminio branco con illamento cristal doble Cli-malit. 5�x115cm. 95 euros unidade. Tel. 610 65 94 17Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen mar-co de �35x78cm (80 euros cada unha) e unha porta de aluminio cristal blindado sen marco de 73x�09cm. Tel. 610 659 417

Page 23: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

�3Ourense por BARRIOSMarzo de �015PUBLICIDADE

Page 24: Ourense por Barrios - Marzo de 2015

Ourense por BARRIOSMarzo de �015