Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

24
Número: 7- Ano: XIV - Xullo 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 20 BARRIOS Páx.6 CULTURA Páx.19 Tres ouros ourensáns no Galego de Atletismo PP, PSOE e OUeC apoian as demandas do CIFP Portovello Entrevista ao presidente da A.VV. Agarimo da Cruz Alta, Manuel Carnero Do 23 ao 26 de xullo, Festas de Santiago na Ponte CIDADE Páx.11 Constituirase unha comisión sobre a integración do AVE Á esquerda, parte traseira da Praza de Abastos da Ponte, pendente de abrir ao público aínda. Á dereita, a Praza de Abastos nº 1 de Ourense, cuxo proxecto de reforma contará con 3,6 millóns de euros de financiación do 1,5% Cultural/M.REJO. Entrevista a Xosé Carlos Valcárcel, alcalde de Barbadás [Páx. 8] Fondos do 1,5% Cultural para a Praza [páx. 5] [páx. 4] O mercado da Ponte continúa á espera

description

O futuro das dúas Prazas de Abastos da cidade, na portada do número de xullo de Ourense por Barrios, xunto a unha entrevista ao novo alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.

Transcript of Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

Page 1: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

Número: 7- Ano: XIV - Xullo 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de agosto. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 20BARRIOS Páx.6 CULTURA Páx.19

Tres ouros ourensáns no Galego de Atletismo

PP, PSOE e OUeC apoian as demandas do CIFP Portovello

Entrevista ao presidente da A.VV. Agarimo da Cruz Alta, Manuel Carnero

Do 23 ao 26 de xullo, Festas de Santiago na Ponte

CIDADE Páx.11

Constituirase unha comisión sobre a integración do AVE

Á esquerda, parte traseira da Praza de Abastos da Ponte, pendente de abrir ao público aínda. Á dereita, a Praza de Abastos nº 1 de Ourense, cuxo proxecto de reforma contará con 3,6 millóns de euros de financiación do 1,5% Cultural/M.REJO.

Entrevista a Xosé Carlos

Valcárcel, alcalde de Barbadás [Páx. 8]

Fondos do 1,5% Cultural para a Praza [páx. 5][páx. 4]

O mercado da Ponte continúa á espera

Page 2: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSXullo de �015

PRIMEIRO MES DE GOBERNO

P. L.

De reunión en reunión. Así pode resumirse o pri-meiro mes de goberno para o novo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. O popular mantivo nestas últimas cinco semanas preto de 30 reunións públicas con representantes doutras ad-ministracións, asociacións veciñais e todo tipo de en-tidades.

As máis destacadas, polos asuntos tratados, as que mantivo coa ministra de Fomento, Ana Pastor, en Madrid, e co presiden-te da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, en Santiago.

Da xuntanza que man-tivo con Pastor, o pasado 10 de xullo, Vázquez saiu co compromiso de que na última semana deste mes constituirase en Madrid a comisión que se encargará de planificar a integración ferroviaria da cidade, tal e como xa adiantaran na visita institucional que a titular de Fomento fixera a Ourense pouco despois da toma de posesión do rexedor.

Esta comisión, na que xunto a Concello e Minis-terio de Fomento partici-parán a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial, será a encargada de plani-ficar e definir a integración do tren de alta velocidade en Ourense e o proxecto da futura estación inter-modal.

O alcalde destacou ta-mén que a ministra con-firmou que os Orzamentos Xerais do Estado para �016 incluirán unha “importan-te partida” para iniciar a execución da primeira fase da Circunvalación Norte,

obra de suma importan-cia para desconxestionar de tráfico a zona norte da cidade e paso previo nece-sario para poder acometer a construción do bulevar termal.

A reforma da Praza de Abastos número 1 de Ourense, a ampliación do acceso ao barrio de Ba-rrocás desde a rúa Ramón Puga (por debaixo da vía do ferrocarril), a realiza-ción de melloras na ponte de Tarascón ou nos ac-cesos ao camping de Un-tes desde a Nacional 1�0 foron outros dos asuntos tratados.

Vázquez regresou de Madrid definindo como “moi fructífera” sobre te-mas vitais para a cidade a súa entrevista con Ana Pastor.

Xuntanza con FeijooApenas tres días despois

(o luns 13) Jesús Vázquez viaxaba a Santiago para

manter a súa primeira xun-tanza institucional como alcalde co presidente da Xunta. Daquela era Núñez Feijoo quen empregaba o mesmo cualificativo, “fructífero”, para refe-rirse á reunión, na que o rexedor lle transmitiu as necesidades do Concello para os vindeiros catro anos. “Temos unha folla de ruta ben diseñada, para os próximos catro anos, que nos compromete entre o Concello e a Xunta”, va-loraba o xefe do Executivo galego.

En particular, Feijoo avanzou que “estamos en condicións de licitar no ano �016 ese proxec-to básico e construtivo e empezar a obra de forma inmediata da estación in-termodal”. Referíase o presidente da Xunta á es-tación de autobuses que se ubicará no contorno da es-tación de ferrocarril e para a cal o Goberno galego xa

A comisión para a integración do tren de alta velocidade na cidade constituirase este mes4 O alcalde de Ourense tamén acorda co presidente da Xunta de Galicia axilizar o transporte metropolitano.

licitou o proxecto de ne-cesidades. Neste sentido, a “chave” é, para Feijoo, “a comisión técnica (entre administracións) para ver como actuamos de forma conxunta e simultánea en-tre a remodelación da esta-ción e a construción dunha estación intermodal”.

Transporte metropoli-tano

Vázquez e Feijoo tamén analizaron na súa entre-vista o Plan de Transpor-te Metropolitano, un dos proxectos pendentes de Ourense. “Queremos que en �016 sexa unha reali-dade”, sinalaba o rexedor ourensán. Un desexo que compartía Feijoo, que agardaba chegar pron-to a un acordo coa nova corporación ourensá para “pechar” este servizo, o que permitiría un abarata-mento do custo do billete de “entre un �0 e un 50%” para os seus usuarios.

Ademais de repasar os proxectos en execución ou xa finalizados, os dous mandatarios abordaron novos compromisos de in-fraestruturas. Así, a Xunta asumirá o custo do mante-mento e conservación da ponte do Milenio, finan-ciará a conexión entre a autovía A-5� e o polígono de San Cibrao das Viñas; reformará o IES Universi-dade Laboral e do CIFP A Farixa; ampliará a Escola de Idiomas en función do soar que ceda o Concello; e rehabilitará un edificio próximo ás Burgas para que funcione como alber-gue de peregrinos. Alén diso, o presidente com-prometeuse a colaborar na remodelación integral da Praza de Abastos e da

súa contorna, a analizar as necesidades de renovación das instalacións deportivas da cidade, e a cofinanciar a construción das infraes-truturas previstas no Plan Ourense Termal na capital ourensá.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, saudando ao alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na súa xuntanza en San Caetano, en Santiago./CONCHI PAZ.

Xuntanza en Madrid do rexedor, Jesús Vázquez, coa ministra de Fomento, Ana Pastor, na que tamén particparon o presidente da Comisión de Fomento e deputado por Ourense, Celso Delgado, o secretario xeral de Infraestructuras, Manuel Niño, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo.

Os Orzamentos do Estado de 2016 incluirán unha partida para a primeira fase da Circunvalación Norte

Feijoo conta con licitar en 2016 a estación intermodal (de autobuses)

Page 3: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

3Ourense por BARRIOSXullo de �015

PRIMEIRO MES DE GOBERNO

Son 6 dedicacións exclusivas no PP, dúas en DO, unha e media no PSOE e dúas parciais en OUeC

P. Lodeiro

11 postos conforma-rán o persoal eventual do Concello de Ourense no mandato que come-za, seis deles no grupo de goberno, o que supón unha redución do 30% con respecto ao persoal que traballaba para o an-terior Goberno munici-pal. O réxime de persoal eventual do Concello de Ourense foi aprobado en solitario polo grupo po-pular no pleno de xullo.

No novo mandato, o grupo de goberno do PP contará con seis persoas de confianza: un xefe de ga-binete de alcaldía, que terá unha retribución do 80% do soldo dun concelleiro con dedicación exclusiva (que é de 45.8�9 euros brutos anuais), un asesor de política de comunica-ción, cun salario do 70% das retribucións dun edil con dedicación exclusiva, � asesores políticos, tamén cunha retribución do 70% do salario dun concelleiro,

P. L.

O PP aprobou en pleno extraordinario e en soli-tario as retribucións dos membros da nova corpo-ración ourensá, grazas á abstención de Democra-cia Ourensana, pois Par-tido Socialista e Ourense en Común votaron en contra.

Segundo este acordo, mantéñense as retribu-cións dos edís con de-dicacións exclusivas ou parciais que viñan esta-blecidas no último orza-mento municipal, agás no caso do soldo do alcalde, que se reduce un 5%. Este cobrará 64.430 euros, os concelleiros populares con dedicación exclu-siva 45.8�9, os edís da oposición con dedicación exclusiva 33.469 euros e as dedicacións parciais 16.734 euros.

Serán cinco concellei-ros do grupo de goberno (amáis do rexedor) os que conten este mandato con dedicación exclusiva (So-fía Godoy, Pepe Araujo, María Isabel Castelo, Be-lén Iglesias e Mario Gue-de). No caso de DO terá dúas dedicacións exclusi-vas, as de Manuel Álva-rez e Domingo Castro. O PSOE recibe unha dedica-ción completa e unha par-cial, para Carmen Rodrí-guez Dacosta e Javier Rey. En canto a Ourense en Común, asígnaselle dúas dedicacións parciais, para Martiño Xosé Vázquez e Ledicia Piñeiro.

ValoraciónsPara o voceiro popular,

Francisco González, tráta-se do Goberno local “máis austero das sete grandes ciudades de Galicia” men-tres que o alcalde, Jesús

O PP reduce un 30% o persoal de confianza4 Serán seis persoas no go-berno e cinco na oposición.

e outros � auxiliares políti-cos, que cobrarán cada un un 45% das retribucións dun edil.

En canto á oposición, Democracia Ourensana contará co apoio dun ase-sor político e dun auxiliar político, os mesmos que o PSOE pero neste caso cunha dedicación parcial de 0,75% de xornada. E a Ourense en Común toca-ralle un auxiliar político a xornada completa.

Menor custo que a an-terior corporación

En total, o persoal even-tual custará ás arcas muni-cipais ao redor de 300.178 euros anuais, fronte aos 373.06� do anterior manda-to. Daquela o grupo de go-berno socialista contaba con nove persoas de confianza, mentres que na oposición traballaban catro persoas de libre designación.

O goberno máis austero, o alcalde mellor pagado4 O custo do grupo de gober-no non chega aos 300.000 euros anuais; o soldo do rexe-dor queda en 64.430 euros.

Vázquez, precisou que será “menos custoso que o goberno saínte”.

Mentres, Martiño Xosé Vázquez, de Ourense en Común, recordou que Váz-quez será “o alcalde mellor pagado de Galicia” e a re-dución do 5% do seu soldo “un xesto de márketing co-municativo”.

Gonzalo Pérez Jácome defendeu que os políticos “deben cobrar polas horas que traballen” e que, en todo caso, o soldo do alcal-de será elevado ou non en función de como xestione.

E o socialista José Ángel Vázquez Barquero acha-cou a redución de exclusi-vas no PP a que “onde es-tán cobrando agora cobran bastante máis que o que ían cobrar neste Concello”, dixo en relación aos edís de Urbanismo, José Jesús Cu-deiro, e Cultura, Francisco González, que siguen per-cibindo nómina da Depu-tación. Por iso, Barquero anunciou que o seu partido estará “vixiante” ante as posibles “incompatibilida-des funcionais” de ambos concelleiros.

Redacción

O alcalde convocou este luns �0 de xullo xunta de voceiros para informar á oposición sobre os resul-tados das súas recentes reunións coa ministra de Fomento e co presidente da Xunta, tal e como lle solicitara a semana pasada o voceiro socialista.

Segundo explicou o por-tavoz do grupo de gober-no, Francisco González, Vázquez intentou nestas xuntanzas “desatascar asuntos que estaban atas-cados, que non é un labor pequeno”, como a integra-ción do AVE na cidade ou a estación intermodal.

No caso da Circunvala-ción Norte, o portavoz po-pular explicou que é preci-so executar esta obra antes de acometer a do bulevar termal, pois “o Ministerio por lei non permite pechar unha estrada nacional se non hai unha cobertura equivalente de capacida-de”.

O político popular re-calcou que “o alcalde está dando pasos para que estes esforzos se vexan plasma-dos nos orzamentos, e hai temas que é evidente que estarán, como a reforma da Praza de Abastos, que é

xa algo tanxible”.

Impresións da oposi-ción

O socialista Vázquez Barquero saiu da xunta de portavoces coa impresión de que o rexedor non pro-fundizou nas explicacións “porque non había que profundizar, xa que el re-coñeceu que só logrou un compromiso, pero non se concretou nada. Xa vere-mos o que acontece cando se presenten os orzamen-tos de Fomento e da Xun-ta”. Nese sentido, limitou estes encontros de Jesús Vázquez a “unha política de márketing, institucio-nal e partidario” previa ás eleccións xerais.

Na mesma liña, o vocei-ro de Democracia Ouren-sana, Gonzalo Pérez Já-come, apoiou as teses de Barquero: “son necesida-des que Ourense ten desde fai tempo e que agora se conceden porque coincide o PP no goberno”.

Pola súa banda, o vocei-ro de Ourense en Común, Martiño X. Vázquez, consi-deraba que “detrás de cada decisión (en referenza aos anuncios feitos polo alcal-de) hai unha parte política”, que vinculaba coa próxima campaña electoral.

4 Tres mocións por pleno e partido

Na Xunta de Voceiros tamén se concretaron aspectos do funciona-mento dos plenos para mellorar a súa operati-vidade.

PP, DO e PSOE (OueC non estaba de acordo) acordaron li-mitar a tres mocións as que pode presentar cada partido por pleno, reducindo os tempos das intervencións a seis minutos na primeira intervención e tres na segunda (ata o de agora os políticos podían falar oito e catro minutos). Esta era a proposta que facían os socialistas, fronte á redución a dúas mocións por partido de PP e DO e a petición de que non houbera límites de OueC.

Nesta reunión tamén se concretou a data do pleno de agosto, que habitualmente se adian-ta a finais xullo. Será o día 30 deste mes, logo de que se atendera a pe-tición de DO para que puidesen asistir todos os edís.

XUNTA DE PORTAVOCES

Desbloqueo de proxectos para o goberno, márketing político para a oposición4 DO, PSOE e OUeC cren que Vázquez regre-sou de Madrid e Santiago sen compromisos concretos.

Unha xunta de voceiros da corporación ourensá./RAMSÉS.

Page 4: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSXullo de �015 BARRIOS

A fórmula de explotación do mercado aínda está por decidir

O responsable da empresa que executa a obra explica ao alcalde detalles da nova zona infantil situada na praza Luis Fernández da Ponte./P.LODEIRO.

A falta de conexión eléctrica demora a apertura da ludoteca e do local da A.VV. da Ponte 4 O Goberno municipal prepara un prego de condicións para sacar a concurso os postos do mercado.

P .Lodeiro O alcalde de Ourense,

Jesús Vázquez, cursou visita ao barrio da Ponte, onde mantivo xuntanza coa asociación de veci-ños e comprobou o estado das instalacións aínda pe-chadas da Praza de Abas-tos. “En breve queremos darlle uso, especialmente á planta de arriba, para ludoteca e espazo para a asociación de veciños”, explicaba o rexedor, que sinalaba o feito de que o edificio fora recepcionado sen conexión á rede eléc-trica como o motivo na tardanza da súa apertura. Unha falta de servizo eléc-trico que tamén ocasionou o deterioro da zona verde da praza Luis Fernández (situada tralo edificio), que deberá ser arranxada outra vez.

Vázquez tamén anun-

ciou a apertura “de manei-ra case inmediata” do par-que infantil que se ubicará nesta praza, cuxa instala-ción de xogos está practi-camente concluída. Nesta

área o Concello investiu ao redor de 39.000 euros.

Postos do mercadoNo que se refire á plan-

ta principal da Praza de

Abastos da Ponte, a que se destinará a mercado, o grupo de goberno está a traballar no prego de con-dicións para adxudicar es-tas instalacións co obxec-

4 Infraestruturas pendentes de uso

Durante esta visita á Ponte, o rexedor refe-riuse a outros edificios municipais pendentes de abrir ou de darlle uso, como La Molinera, o Centro de Novas Tec-noloxías ou a Casa da Mocidade. O alcalde pe-diu uns meses para ana-lizar “no seu conxunto” estas infraestruturas e “ver que posibilidades temos” de xeito que o Concello poida aforrar en alugueres doutras dependencias munici-pais e ao mesmo tempo responder ás demandas de espazos por parte de entidades e asociacións. “En todo caso require dunha planificación que quizais foi o que non houbo ata este momen-to”, valorou o político.

4 Traslado do Rexistro da Ponte

O voceiro do grupo de goberno, Francisco González, anunciou o traslado da oficina mu-nicipal de información e rexistro ao edificio da Praza de Abastos unha vez se abra ao público. Unha oficina que agora estaba situada nun baixo na avenida de Santiago.

tivo de que se convirtan nun “elemento dinamiza-dor da zona”.

Preguntado por se continuaría coa idea do anterior goberno de adxudicar todo o espazo a unha empresa, Jesús Vázquez precisou que “actualmente non había proposta, practicamente atopamos o prego sen condicións, só facía un resumo: oito postos máis unha cafetería-bar”. Por tanto, a fórmula de ex-plotación está aínda por decidir; o alcalde expli-cou que se reunirán con asociacións e cos veci-ños, recabarán informa-ción e verán proxectos similares noutras cidades para poñer en marcha “un proxecto de futuro para o barrio”. “O que non nos gustaría é abrir a Praza de Abastos de maneira inicial para que despois aos dous ou tres meses puidera ser novamente un espazo baleiro”, re-calcou. Vázquez agarda que o mercado pontino poida ser unha realidade ao longo do ano �016.

Page 5: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSXullo de �015BARRIOS

EN BREVE A Praza de Abastos recibirá fondos do 1,5% Cultural para a súa reforma4 O Ministerio de Fomento achegará 3,6 millóns de euros para este proxecto de recuperación do patrimonio histórico.

Redacción

A Praza de Abastos nº 1 de Ourense recibi-

rá fondos do 1,5% Cul-tural para a súa reforma. A Comisión Mixta do 1,5% Cultural, integrada

polos Ministerios de Fo-mento e Cultura, vén de aprobar provisionalmente os proxectos que recibi-

rán fondos desta partida. No caso de Ourense, o proxecto aprobado cén-trase na rehabilitación e reforma do mercado nº 1. Neste caso, Fomen-to achega o 65% do or-zamento previsto para a obra, que equivale a 3.65�.767 euros.

O Concello de Ourense, solicitante da axuda, ten a partir de agora dous me-ses para achegar a docu-mentación necesaria.

Valoración municipalTras coñecer este anun-

cio, o Goberno local emi-tiu un comunicado de prensa no que “celebra” a decisión de Fomento e recalca que o da reforma do mercado ourensán “é o Entrada principal da Praza de Abastos nº1./ARQUIVO.

4 Arranxo de camiños no rural

A Xunta de Goberno local aprobou este mes o proxecto de acondiciona-mento de varios camiños nas parroquias de Palmés e Castro de Beiro, cun importe de 68.391 euros.

En concreto, intervirase no camiño que comunica Palmés e Naves, nos ac-cesos a Cerdenao, no ca-miño Abelaira-O Castro e no camiño de Abeleda.

4 Restauración no claustro de San Francisco

Unha das columnas que compoñen o claustro de San Francisco, vol-ve lucir no seu lugar de orixe trala reparación le-vada a cabo por parte do Concello de Ourense.

O problema no fus-te, que presentaba dúas fracturas, foi reparado por técnicos municipais baixo as directrices do Ministerio de Cultura.

máis cuantioso dos que se consignaron para as catro provincias galegas”. Ade-mais, o grupo de goberno popular agradece a impli-cación e compromiso con Ourense da ministra Ana Pastor. “Un compromiso real e efectivo que per-mitiu poñer sobre a mesa este proxecto, demandado durante moitos anos polos comerciantes da Praza de Abastos e pola cidadanía en xeral”, apuntaba Jesús Vázquez.

Neste sentido, este pa-sado luns o alcalde reci-biu á directiva da Asocia-ción de Comerciantes da Praza, para informarlles do proxecto. Información que trasladarán este xoves aos seus asociados, para logo dar “unha contesta-ción lóxica ao Concello”, apuntaba o seu presidente, Emilio González.

Fomento achegará o 65% do custo da rehabilitación, o Concello o 35%

Page 6: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSXullo de �015 BARRIOS

Silvia Nieto

Falamos con Manuel Carnero, presidente dende fai 15 anos da asociación de veciños Agarimo, do barrio da Cruz Alta. A través da súa propia experiencia coñe-cemos como foi mellorando esta zona e todo o que queda por facer nela. Pero para iso pide políticos humildes, que non mintan, que traballen e busquen mellorar a cidade.

Cando se fundou a AVV Aga-rimo e dende cando é vostede o seu presidente?

Manuel Carnero: “Fundouse en 1987 e eu son presidente den-de o �000. Entrei nun momento no que os que estaban querían marchar, pero eles fixeron un gran labor, o barrio mellorou moito estando eles e tamén es-tando eu”.

En que aspectos foi melloran-do o barrio nestas décadas?

M.C.: “Este barrio estaba moi atrasado, as rúas non tiñan nin nome, os carteiros volvíanse to-los. Iso conseguiuno o primeiro presidente. Os camiños eran de terra e xa hai tempo que están as-faltados; o alumeado eran velas, non se vía nada, iso mellorouse estando eu, a poder de insistir, cambiáronse moitas farolas e puxéronse 35 novos puntos de luz, foi un adianto moi importan-te.

Conseguimos tamén que viñe-ra o autobús, porque este barrio ten moita pendente e para a xente maior era moi preciso. Abriuse a rúa Xunqueira de Espadanedo, que levamos �0 anos pedindo e ata que se expropiou non foi posible, e foi un logro grande porque se pasaba unha señora con bolsas e viña un coche non collían, agora pasan dous coches, hai beirarrúas, farolas, etc.Tamén

se mellorou en materia de seguri-dade cidadá, porque había focos de venda de droga e conseguín que a Policía Nacional os elimi-nase”.

Cales son as carencias que aínda sofre o barrio?

M.C.: “Aínda temos rúas moi estreitas, nas que só colle un ve-hículo e o peatón non ten sitio para pasar, como a rúa de Esgos; ou a de Pobra de Trives, na que hai un sendeiro que pecharon.

No ámbito dos xardíns, quita-ron os columpios en dous ou tres e non os volveron colocar.

Hai rúas nas que os veciños se queixan de que o barrendeiro non pasa, eu xa o solicitei pero dinme que non hai persoal suficiente.

Ademais, levo anos denun-ciando na Policía Local que na rúa de Xoán de Nóvoa aparcan os coches en dobre fila xunto a unha cafetería que hai na curva, e está prohibido, pero a policía non actúa. As paradas de autobús tamén están cheas de vehículos. E non fai falla máis plantilla, fai falla que actúen os que hai.

Cos cans tamén temos proble-mas, porque moitos fan as súas necesidades nos xardíns e os do-nos non as recollen, e levamos así �0 anos, e é tan sinxelo como poñer dúas sancións, para que o resto aprendan”.

Como ten sido a resposta dos políticos ás súas demandas?

M.C.: “Estando o PP no gober-no local fixéronse moitas cousas, nestes oito anos moi pouco. Pe-dimos melloras en cinco ou seis rúas e fixeron unha chapuza, bo-taron gravilla e aos oito días es-taba nas beiras, esa non é forma. Era mellor que arranxaran tres ben a seis así. As cousas ou se fan ben, ou non se fan.

Si que pedimos cousas, pero non se fixeron. Mandamos ao Concello unha media de 1� escri-tos por ano e no 99% dos casos dan por resposta o silencio. Polo menos que nos digan se é si ou non, se non se pode facer non pasa nada, pero non se pode consentir este pasotismo. E vas preguntar por un escrito e non aparece, eu creo que nin os len porque se os lesen algunhas cousas iríanse fa-

cendo, porque a inmensa maioría do que pedimos dende as aso-ciacións son cousas pequenas e básicas: pintar un paso de peóns, poñer un banco, arranxar unha farola ou unha baldosa, reparar un columpio, limpeza... Pero para iso fai falla vontade, e uns concelleiros que cada seis meses visiten os barrios e tomen nota do prioritario e se vaia facendo, pero teñen que traballar e saír da pra-za Maior e dos bares de arredor e estar en contacto coas asocia-cións e respetalas.

No movemento veciñal non se cobra nada, nós só queremos mellorar os nosos barrios e fa-cémoslles todo o traballo e nin nos escoitan. E eles teñen un sol-do bo e teñen que traballar, por-que para iso está tanto o goberno como a oposición, para mellorar a cidade. Pero os concelleiros só queren saír na foto. O que non é normal é que pase o ano e nin os vexas no barrio, só veñen nas eleccións.

E pensan que están por enriba

da xente, pero os votos póñente no teu sitio, e hoxe gobernas pero en catro anos se non cumples póñente fóra, como debe ser.

Se atenderan o que lle traslada-mos dende as asociacións terían á xente máis contenta, e terían outra valoración. Pero os políti-cos teñen que ser humildes, con-tar a verdade, ser traballadores e facer o que se poida”.

Reuniuse recentemente co novo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, como foi a xuntanza?

M.C.: “Vinlle bastante dis-posición, tomou nota do que lle dixen. Fíxenlle un pequeño resu-mo das cousas que precisamos, quedaron moitas para ir falando máis adiante. Pero eu espero fei-tos, non son persoa de palabras, que non valen para nada.

Pedinlle que se desenvolva dunha vez o PXOM, que se aten-dan as alegacións para non ter que facer outro e gastar outro millón e pico de euros, que vai en prexuízo das obras que non se poden facer. E tamén tratamos o

transporte metropolitano, que le-vamos 15 anos para que se poña en marcha. Eu teño recortes de prensa de �010 e �01� de prome-sas incumpridas, porque a maio-ría dos políticos minten de mara-villa e quedan tan tranquilos”.

Os barrios están discrimina-dos en relación ao centro?

M.C.: “Totalmente. Unha aso-ciación de veciños no centro non ten apenas traballo, claro que teñen algúns problemiñas, pero non compares cun barrio coma este, con problemas de segurida-de, limpeza, alumeado, rúas, me-dio ambiente, de todo. O centro como se ve máis fano sen pedilo, iso é o que me parece a min”.

Como é responder ante os veciños cando as peticións non son nin contestadas?

M.C.: “A nós o Concello déixa-nos quedar mal, porque fartámo-nos de pedir as cousas por rexis-tro e logo non se fan e os veciños pensan que non fas nada. A xente espera que esas cousas pequenas nun prazo de tres meses se resol-van, non que pasen anos e nada”.

Tantos inconvintes chegan a desanimar?

M.C.: “Hai veces que te can-sas, levo moitos anos loitando. A única satisfacción que me queda é que houbo melloras no barrio grazas ao que pelexei. Pero deixei de ir ás xuntas de área porque vin que non servían para nada, nin te escoitan, e eles cobran 86 euros, eu nada”.

A asociación organiza tamén actividades.

M.C.: “Temos bastantes activi-dades, agora en verán paran, pero en setembro volven. Os luns te-mos informática, os martes canto e pandeireta co grupo de canta-reiras, os mércores hai memoria ou manualidades, os xoves baile rexional, e o venres ensaia a cha-ranga Os Centellas da asociación.Ademais, facemos o magosto, a festa do socio, etc. Agarimo está aberta para todo mundo”.

Que mensaxe lle mandaría aos políticos ourensáns?

M.C.: “Que teñen que cam-biar, que a xente está cansa, que-re ver outra maneira de facer as cousas, outro respecto, non vale iso de vivir da marca, hai que de-mostralo.

Teñen que escoitar ás asocia-cións, contestar aos escritos di-cindo se se pode facer ou non, e atender antes as peticións das asociacións cas dun particular.

Ao novo goberno voulle ir tras-ladando as cousas, dareille tem-po, pero estarei atento e se non hai unha resposta na medida en que sei que se pode facer critica-reino, como fixen ata agora. E se o fan ben tamén o direi”.

ENTREVISTA A MANUEL CARNERO - PRESIDENTE DA AVV AGARIMO

“Mandamos ao Concello unha media de 12 escritos por ano e no 99% dos casos

dan por resposta o silencio”4 O presidente da AVV Agarimo, Manuel Carnero, achéganos aos proble-mas do barrio da Cruz Alta.

“Fan falla concelleiros que cada seis meses visiten os barrios e tomen nota do prioritario, pero para iso hai que traballar e sair da praza Maior e dos bares de arredor”, denuncia Carnero

“Non compares o centro cun barrio coma este, temos problemas de seguridade, limpeza, alumeado, rúas, de todo”

Manuel Carnero, presidente da AVV Agarimo./S.N.

Page 7: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

7Ourense por BARRIOSXullo de �015BARRIOS

Redacción

O concelleiro de Infraes-truturas, Servizo Eléctrico, Medio Ambiente, Limpeza Viaria e Transporte Públi-co, Pepe Araujo, informou dun roubo de ferramentas de xardinería dun vehículo municipal.

Segundo a denuncia presentada na Policía Lo-cal, descoñecidos levaron un cortasetos valorado en 639 euros e dúas bobinas de nylon, valoradas en 39 e 4� euros, respectivamen-te, en bo estado de conser-vación, que se atopaban no interior dunha furgoneta aparcada no garaxe no que se garda a frota de vehí-culos da Concellería de Medio Ambiente, baixo o matadeiro municipal.

O roubo puido aconte-cer, segundo consta na de-nuncia, entre as 14 horas do venres �6 de xuño e as 7 da mañá do luns �9 de xuño. Tamén se indica na denuncia, presentada pola capataz de xardíns da Con-cellería de Medio Ambien-te, que os operarios acos-tumaban deixar o vehículo aberto e coas chaves no seu interior, e que a porta de acceso ao garaxe non se atopaba danada.

A este respecto, o con-celleiro de Infraestruturas, afirmou que o novo gober-no está “para controlar e para defender os intereses xerais, e que todo o mun-do saiba que as cousas do Concello non son para uso particular”.

VandalismoAraujo fixo estas decla-

racións ao remate dunha Xunta de Goberno local na que se referiu aos “centos de demandas” que recibe todos os días sobre bancos rotos, beirarrúas levanta-das, árbores secos… “Isto estaba un pouco abando-nado, por dicilo dunha for-ma suave”, valorou, apun-tando a que “hai un gasto

importante que pagamos todos que ten que ver co vandalismo”.

O último caso detec-tado foi o ocorrido o luns �0 de xullo á noite no parque da Canle, na zona do Auditorio, onde foi destrozado unha ran-deeira en forma de cesta, que quedou inutilizada e houbo de ser substituída. A Concellería de Medio Ambiente cuantifica o seu custo en 1.600 euros.

Incumprimentos da concesionaria

Araujo tamén se re-feriu á empresa que ten adxudicado o mante-mento dunha parte im-portante dos parques da cidade, da que dixo que “non está a cumplir coas súas obrigas”. Por este motivo, técnicos muni-cipais están analizando os incumprimentos para descontar das facturas os traballos que non se es-tán realizando. Ademais, o Goberno local estu-da detraer do aval todo aquelo que non cum-priu. “Comentábanme os técnicos que adquiriu o compromiso de entregar mil árbores e non o fixo”, apuntaba Araujo.

Paralelamente, o gru-po de goberno traballa na nova adxudicación do mantemento de parques. “A máxima prioridade é que se adxudique canto antes”, recalcou.

Rouban ferramentas de xardinería dun vehículo municipal4 Valorada en 700 euros.

Randeeira substituída no parque da Canle debido ao vandalismo./M.REJO.

Redacción

A Xunta de Gober-no local do Concello de Ourense vén de contratar o proxecto de urbaniza-ción da conexión da rúa

Francisco Lloréns coa rúa Velázquez.

Será a empresa Obras y Saneamientos, S.L., a que executará os traballos, cun orzamento de 180.0�3 euros, unha baixa do �5%

Final da rúa Francisco Llorens./ARQUIVO.

Contratada a urbanización do acceso ao novo edificio xudicial 4 Conectaranse as rúas Fran-cisco Lloréns e Velázquez.

con respecto á oferta de licitación. O prazo de exe-cución das obras será de tres meses.

Con este proxecto, o Concello de Ourense pre-tende a conexión entre

ambas rúas e dar acceso, tanto peonil como viario, aos novos xulgados de Ourense, acadando a axei-tada accesibilidade, invia-ble na actualidade debido á topografía existente.

Page 8: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSXullo de �015

ENTREVISTA

Xosé Carlos Valcárcel compaxina o seu traballo no sector privado coa alcaldía.

Paula Lodeiro

Xosé Carlos Valcárcel, eco-nomista de 51 anos, responsable administrativo comercial dunha compañía aseguradora, é desde hai pouco máis dun mes o novo alcalde de Barbadás. Os socialis-tas gobernan o quinto concello da provincia en coalición co BNG, logo de �8 anos de goberno do PP. A herdanza recibida –en forma de partidas esgotadas no orzamento- é o que máis está a pesar nestes primeiros días de mandato.

Como atopou o Concello de Barbadás?

Xosé Carlos Valcárcel: “É un concello con moita potencialida-de, moi dinámico, pero ten moi-tísimas carencias en dotacións e servizos básicos. Falo do centro de saúde, que por fin se adxudi-cou e penso que antes de finais do ano que vén debería estar rema-tado. Falta unha segunda gardería infantil, temos un polideportivo moi cativo, fáltanos un centro de día público e fáltanos unhas pis-cinas climatizadas, e as piscinas que temos agora son moi peque-nas para a poboación que hai. Todos os servizos e dotacións que ten un concello das dimensións de Barbadás acá non os hai.

Iso é algo que �8 anos de gober-no do PP non conseguiu solventar nin puxo os medios para solvén-talo. E, ademais, atopámonos cun problema grave: que en moitas das áreas de actividade do goberno, das concellerías, o que nos quedou do presuposto é mínimo, algunha partida concreta está en números vermellos. Esa é a realidade do que nos atopamos, imos traballar con iso e sacarémolo adiante, teño que ser optimista e vouno ser”.

Parece que non lle están dan-do os 100 días de gracia desde a oposición?

X.C.V.: “Non. Cando che deixan moitas das concellerías baleiras de dotación económica, xa se ve que aí non hai ningún tipo de período de gracia. Por exemplo, para obras temos 7.500 euros ata final de ano, o mesmo ocurre en parques e xardíns, deportes, para arranxar a piscina municipal tivemos que quedar prácticamente en números

vermellos.Agora empezan a presentar

propostas, que tiveron ocasión ao mellor de realizar eles nos últimos �8 anos. Falaron estes días dunha rebaixa do valor catastral cando tiveron dous anos para poder so-licitalo.

Dame a sensación que queren facer unha oposición bastante de-magóxica e sen ter presente o que eles non fixeron, cousa que non vexo en positivo. Nós queremos traballar para o futuro, temos unha herdanza, pero non queremos afe-rrarnos a ela, queremos ilusionar aos veciños en positivo”.

A voceira do PP di que hai case un millón de euros do remanen-te de tesouraría para utilizar.

X.C.V.: “Queren terxiversar ou manipular á opinión pública. Unha cousa é o remanente de tesouraría, que son 9�5.000 euros, e outra cousa o orzamento do concello para �015.

O orzamento é o que permite traballar na actividade diaria, ela-borar actividades, arranxar as rúas, prestar servizos sociais…

O remanente de tesouraría ten que estar destinado a unhas cues-tións que están taxadas por lei: o primeiro é a amortizar débeda cos bancos; que afortunadamente non

ENTREVISTA A XOSÉ CARLOS VALCÁRCEL - NOVO REXEDOR DE BARBADÁS

“Nalgunhas concellarías o que nos quedou de presuposto é mínimo”

4 O novo alcalde de Barbadás, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, detálla-nos como atopou o Concello e como ten previsto solucionalo.

a hai, e dígoo tamén. E despois pode ir destinado a

novas inversións que non supoñan un gasto adicional no presuposto. É dicir, arranxar unha rúa, pero non á actividade diaria: non pode ir destinado ao servizo de axuda no fogar, á gardería, a axudar a xente que pasa por problemas de pobreza enerxética, a xente que sofre desafiuzamentos… Co cal o día a día do concello é o orzamen-to, non o remanente”.

Entón que será prioridade máxima elaborar o novo orza-mento e aprobalo en prazo?

X.C.V.: “Exactamente, eviden-temente queremos aprobalo en prazo, e temos que traballar co pouco que nos deixaron. Co re-manente de tesouraría faremos as obras oportunas, que beneficien á cidadanía, obras de interese xe-ral.

O lamentable do remanente é que non poida ir destinado a xen-te que realmente o necesita para saír desa situación precaria que provoca a crise económica. E aí por exemplo, xa non temos car-tos, para o que é emerxencia so-cial, a partida está esgotada. Esta-mos vendo de arbitrar os medios para poder aplicar máis diñeiro a esa partida”.

Cales foron as primeiras me-didas que testemuñan a política de PSOE e BNG?

X.C.V.: “Non lle chamaría me-dida, hai unha cousa moi importan-te para os veciños: antes vivíamos nun concello moi pouco transpa-rente, moi lonxano da realidade, creo que o que ten que marcar un goberno municipal en primeiro lugar é a proximidade, estar preto dos veciños e dos problemas.

Agora mesmo estamos revisan-do a relación de postos de traballo que non existía en Barbadás. Outra cuestión para nós fundamental e sobre a que había moitas queixas é a limpeza viaria, estase traballan-do nelo, reuníndonos cos respon-sables do servizo.

Tamén nos reunimos con todos os colectivos do concello, calque-ra persoa que chame ao alcalde ten acceso a el, iso xa marca unha di-ferenza moi importante.

E estivemos durante os primei-ros �0 días loitando polo centro de saúde, finalmente foi adxudicado, pero leva seis ou sete anos de re-traso desde que foi prometido.

Nós estivemos buscando unha ubicación máis axeitada para unha dotación que debería perdurar no tempo e finalmente a herdanza do PP é que non hai outro lugar onde ubicalo pero aínda así consegui-

mos que se adxudique”.

Como está a ser a relación con outras administracións?

X.C.V.: “Ata o de agora fomos moi ben recibidos. En reiteradas ocasións chamoume o responsa-ble do Sergas, estiven reunido co delegado da Xunta, e este día 30 estarei co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que vén facer en-trega dun vehículo para a Policía Local de Barbadás. Nós queremos colaborar leal e honestamente coa Xunta e Deputación”.

A administración local non pode facer fronte sóa ás inver-sións e infraestruturas que ne-cesita.

X.C.V.: “Exactamente, o Con-cello necesita da colaboración da Xunta e da Deputación. Nós re-presentamos aos veciños de Bar-badás, non só aos que nos votaron, senón a todos, e son eles os que demandan esa colaboración. Inde-pendentemente da cor política que goberne en cada administración os veciños teñen que estar por riba”.

Como vai xestionar o novo go-berno o urbanismo?

X.C.V.: “Hai un PXOM en estu-do que suscitou debate. O goberno do PP consideraba prácticamente toda A Valenzá como solo urbano consolidado, que os construtores non tiñan que facer cesión do 10% do aproveitamento urbanístico, dábase por suposto que os viais e subministros xa estaban propor-cionados polo concello e polo tan-to facilitábase en gran medida que de novo A Valenzá sufrira un gran crecemento urbanístico; e pola contra, restrinxíase a construción no rural.

Agora ese plan está paralizado, retomarémolo pero con outros cri-terios, moito máis axeitado á reali-dade, evitando especulacións”.

Como se compaxina a vida persoal e profesional coas obri-gas de ser alcalde?

X.C.V.: “Evidentemente non é fácil, o que pasa é que che ten que gustar, a min gústame a proximida-de coa xente. Eu dedícolle o �0% da xornada laboral á actividade no Concello, creo que a actividade dun alcalde pode ser perfectamen-te compatible co traballo e isto é unha proba máis de que quero ser unha persoa próxima aos veciños, sabemos o que é a realidade labo-ral e cales son os problemas do cidadán.

Penso que non é de recibo, nos tempos que corren, dedicarlle ás ar-cas do Concello, polo tanto aos pe-tos dos veciños, o soldo do alcalde. Témonos que esforzar en traballar, en compatibilizar as dúas activida-des e creo que o faremos ben”.

“Dame a sensación que queren (dende o PP) facer unha oposición bastante demagóxica e sen ter presente o que eles non fixeron”

“Considero que non é de recibo, nos tempos que corren, dedicarlle ás arcas do Concello o soldo do alcalde”

Page 9: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOSXullo de �015BARRIOS

Redacción

O Sergas vén de adxudi-car á Unión Temporal de Empresas Extraco, S.A e

Misturas, S.A. a constru-ción do centro de saúde da Valenzá, cofinanciado ao 80% polos fondos Feder Galicia �007-�013, por un

Adxudicado o centro de saúde da Valenzá4 Custará 3 millóns de euros.

importe de 3.087.114 de euros e un prazo de exe-cución de 11 meses.

O centro contará con cinco consultas de medi-cina xeral, cinco de enfer-mería, unha de matronas, dúas de pediatría, dúas de enfermería pediátrica, unha de atención urxente e unha de odontólogo. Así como sala de educación para a saúde, de toma de mostras, de técnicas, sala polivalente, sala de muller con aseo, entre outras.

Redacción

O PP de Barbadás pediu en pleno extraordinario que o Concello se acolla á Lei 16/�01�, que supo-ría unha baixada lineal do IBI do �9%. Pero segundo explicou o novo goberno bipartito, isto implicaría reducir o financiamento do concello en 551.000 euros, o que obrigaría a prescin-dir de servizos públicos, “como a escola de música, a gardería pública, o peche do polideportivo ou deixar de prestar servizos educa-tivos ou sociais”, denun-ciaron.

Pola súa banda, o BNG propuxo crear unha comi-sión especial de Facenda, para estudar a introdución de factores sociolaborais para garantir un sistema

fiscal máis progresivo.A moción do BNG saiu

adiante, mentres que a do PP foi rexeitada.

CulturaA nova edil de Cultu-

ra de Barbadás, Ánxela González, asegura que esta concellería se atopa “en números vermellos”. Dos 85.000 euros orza-mentado para �015 a 16 de xuño quedaban 8.��� euros. “E estaban sen pa-gar facturas por valor de 14.000 euros”, detalla.

Así mesmo, sinalou que no Entroido se in-vestiron 38.000 euros só no desfile, 22.200 no es-pectáculo de dragqueens e 10.000 máis no de “A Bola Máxica”.

Por iso califica a xestión do PP de “fraudelenta”.

4 O PP respondeSegundo a popular

Consuelo Vispo a boa xestión do PP demós-trase “co case millón de euros de remanente que quedou”. E considera que nun concello cun or-zamento anual de varios millóns de euros “falar de débedas de 14.000 euros a metade de ano, parece ridículo”.

En canto á redución do �9% do IBI, Vispo asegura que non im-plicaría perder diñeiro, “co aforro no tema Via-qua de 100.000 euros, ingresos por unhas 400 novas construcións por valor de �00.000 euros, etc. que amortizarían eses 550.000, que que-darían nos petos dos veciños”.

En relación aos gastos do Entroido, explicou que “acusan ao anterior goberno de gastarse 38.000 euros no entroi-do, o que é erróneo xa que duplicou as cifras”.

IBI e cultura enfrontan ao goberno de Barbadás co PP4 O bipartito acúsao de xes-tión “fraudulenta”.

Aspecto actual do soar no que se construirá o novo centro de saúde./P.LODEIRO.

Consuelo Vispo.

Redacción

O Concello de Ouren-se vai reparar a pasarela do parque Barbaña. Este mes foi aprobado en Xunta de Goberno local o modificado do proxecto de “Rehabilitación da pa-sarela peonil sobre o río Barbaña”, que aumen-ta o orzamento da obra de 100.499 a 106.535 euros.

O proxecto de reha-bilitación da pasarela peonil sobre o río Barba-ña consistirá en retirar o deteriorado pavimento, instalar un pavimento novo tamén de madeira, xa que é o que permite a estructura; en pintar a pasarela e facer unha completa remodelación da estructura.

Cubertas da LaboralNa mesma reunión da

Xunta de Goberno lo-

cal acordouse conceder á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia licenza urbanísti-ca de obra para proxecto básico e de execución de obras de substitución e reparación de cubertas no IES Universidade La-boral. A obra ten un orza-mento de �04.160 euros.

O proxecto aprobado consiste na reparación dalgunha das cubertas

A pasarela do parque Barbaña será reparada4 Retirarase o pavimento deteriorado e ins-talarase un novo de madeira.

Estado actual da pasarela do Barbaña./M.REJO.

que forman o instituto, así como na pintura das zonas interiores que foron deterioradas pola humida-de. Estas son o hall de ac-ceso, as aulas de plástica, audiovisuais, laboratorio, bibliteca, sala de caldei-ras e dous tramos de co-rredor.

O edificio en cuestión fora un ben catalogado no PXOM �003, catalo-gación que se mantén na ordenación provisional.

Page 10: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSXullo de �015 CIDADE

Paula Lodeiro

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a con-selleira de Traballo e Be-nestar, Beatriz Mato, man-tiveron un encontro no consistorio ourensán, do que saiu o compromiso do Goberno local de poñer a disposición da Fundación Amancio Ortega os terreos

necesarios para a constru-ción dunha escola infantil pública na cidade.

O acordo fora tomado hai dous anos entre a titu-lar de Benestar e o anterior grupo de goberno, pero faltaba concretar o soar no que se ubicaría esta dota-ción. Agora o novo gober-no propón unha finca en Mariñamansa, próxima aos

centros escolares e á gar-dería pública xa existente na zona; “é a única par-cela que podemos poñer a disposición da Funda-ción”, apuntaba Vázquez. Será a Fundación Amancio Ortega quen se faga cargo da súa construción para despois integrarse na rede pública da Xunta, ofrecen-do 8� novas prazas de 0 a

O Concello cederá unha parcela en Mariñamansa para unha nova escola infantil4 A gardería será construída pola Fundación Amancio Ortega.

P. L.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, saiu ao paso das críticas feitas polo voceiro socialista, José Ángel Vázquez Barquero, á modificación de créditos de 11,7 millóns de euros que pretende aprobar o go-berno popular.

Segundo Vázquez, as ar-cas municipais están nunha “situación de emerxencia” provocada polo anterior Goberno municipal, polo que a modificación or-zamentaria é necesaria “para poder dar cobertura ás necesidades tanto so-ciais como as situacións pendentes de cara ao res-to do exercicio”. “Non é un capricho da actual corporación”, explicaba, engadindo que “en caso de non poder facela, esta-ríamos colapsando non só ao Concello senón tamén a toda a cidade”.

Por iso, e sen querer “en-trar en polémicas” e con disposición a “sentarnos e negociar”, o alcalde popu-

lar avisa ao grupo socia-lista que “non entendería que aquelas persoas que provocaron esta situación agora poidan provocar a paralización da cidade”. O PP precisa do apoio de PSOE ou DO para sumar os votos necesarios para aprobar a modificación no pleno.

Máis informaciónVázquez Barquero pe-

dira previamente na xunta de área de Facenda “acce-so ao expediente comple-to, relación cuantificada das débedas de exercicios anteriores, e o estado de situación das contas do orzamento municipal a día de hoxe”. En función das explicacións recibidas, o PSOE decidirá o seu voto.

Para o socialista, “o goberno falta á verdade nos termos en que fai esta proposta, contradise na mesma e computa de xeito incomprensible o uso desa modificación de crédito, non coñece cales son as necesidades da cidade, é

O alcalde avisa de que se non se aproba a modificación orzamentaria, a cidade “colapsa”4 Vázquez di, en referenza aos socialistas, que “non entende-ría que aquelas persoas que provocaron esta situación agora poidan provocar a paralización da cidade”.

O alcalde, Jesús Vázquez, a conselleira Beatriz Mato e o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, na Alcaldía do Concello de Ourense./RAMSÉS.

3 anos. O rexedor estima a súa apertura para finais de �016. Actualmente hai en Ourense máis de �30 familias en lista de agarda para unha praza en escolas infantís públicas.

DependenciaO outro compromiso

que arrincou o máximo mandatario local a Beatriz Mato é o incremento nun 50% nas horas concedidas para o servizo de axuda a domicilio a persoas depen-dentes.

Segundo explicou a con-selleira, o aumento permi-tirá ofrecer máis de 8.000 horas de atención á depen-dencia para finais de ano, e “esgotar a lista, alomenos das persoas máis depen-dentes”.

incapaz de establecer prio-ridades e pretende impor unha modificación de cré-ditos aos grupos”.

As críticas do socialista centránse na débeda co-mercial, pois, ao seu ver, non queda claro a canto as-cende. Barquero, que asu-mía competencias de Fa-cenda no pasado mandato, negou “que se adebeden 9,3 millóns de exercicios anteriores a provedores”. Tampouco quedaba claro para o socialista o cómputo das partidas que entrarán na modificación, “a conta non me sae”, recalcaba.

4 11,7 millóns de euros

Pagar facturas e débe-das pendentes de exer-cicios anteriores, facer fronte a compromisos con asociacións e enti-dades sociais, achegar a parte municipal para executar investimen-tos cofinanciados por outras administracións, financiar o realoxo dos comerciantes da Praza de Abastos de cara á rehabilitación do edifi-cio, reforzar programas sociais e afrontar gastos e investimentos necesa-rios ata final de ano son os obxectivos dunha modificación orzamen-taria por valor de 11,7 millóns de euros que o Goberno municipal aprobou en Xunta de Goberno Local.

A modificación finan-ciarase con cargo a supe-rávit orzamentario e re-manente de tesouraría, e deberá ser aprobada polo pleno para saír adiante.

José Ángel Vázquez Bar-quero, voceiro socialista.

Page 11: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSXullo de �015CIDADE

A edil popular Belén Iglesias e a concelleira e OUeC Ledicia Piñeiro, nun momento do debate da moción sobre o CIFP Portovello./P.LODEIRO.

4 Mocións para o pleno de agosto

Democracia Ourensa-na presentará dúas mo-cións para o seu debate no pleno corresponden-te ao mes de agosto. As dúas versan sobre temas que xa trataron en ocasións anteriores os de Pérez Jácome: a transparencia na infor-mación e a Banda de Música Municipal.

Na primeira moción, DO solicita a implan-tación dun sistema me-diante o cal calquera cidadán poida acceder á información detallada relativa aos gastos mu-nicipais.

Na moción sobre a Banda de Música, so-licitan “unha reunión o máis axiña posible con todos os grupos polí-ticos, para se procede, renovar o contrato da banda á baixa, cuns custos laborais acorde o impacto e retorno cultu-ral que proceda”.

PP, PSOE e OUeC apoian as demandas do CIFP Portovello 4 Aprobaron unha moción para instar á Xunta a que reconsidere a supresión do réxime modular para adultos. DO abstívose.

P.L.

A corporación ourensá apoiará as demandas do CIFP Portovello ante o Goberno galego para que dea marcha atrás na supre-sión do réxime modular para adultos previsto para o vindeiro curso. A pro-posta partía dunha moción de Ourense en Común pre-sentada no pleno ordinario de xullo. Foi emendada polo PP, e recibiu os votos favorables de PP, PSOE e OUeC.

A propoñente da mo-ción, Ledicia Piñeiro, ex-plicou que a decisión da Consellería de Educación provocaba unha “situa-ción discriminatoria” para o alumnado que estaba a cursar os ciclos afectados e que ademais deixaba a Ourense como “única provincia que non contará cunha oferta completa nas tres modalidades” (ordina-ria, modular para adultos e a distancia).

O edil socialista, José María García Tejerina, demandou que o alumna-do xa matriculado “poida continuar un ano máis para recibir a súa titulación”, e a

edil de Educación, a popu-lar Belén Iglesias, matizou que aínda que o Concello de Ourense non ten com-petencias neste eido, “res-ponsabilidade si” e por iso a súa emenda vai na liña de instar a Educación a que dea unha solución indivi-dualizada a cada un dos estudantes afectados. Ante isto, Ledicia Piñeiro recla-mou “unha solución colec-tiva para todos os alumnos e unha resposta de futuro para a provincia”, pero fi-nalmente aceptou a emen-da popular.

Abstención de DODemocracia Ourensana

abstívose, na súa liña de rexeitar o debate de mo-cións nas que se insta a outras administracións a to-mar medidas. “Desde aquí non se pode facer nada, este tipo de mocións é un insulto aos cidadáns de Ourense”, valoraba Gonzalo Jácome.

Xesús Fortes, profesor do CIFP Portovello que estivo presente durante a sesión plenaria, afirmaba ao remate que marchaba “moderadamente satis-feito” coa aprobación da moción por tres forzas políticas. “Estamos moi satisfeitos de que se teña tratado aquí neste foro un problema que afec-ta a persoas con nome e apelido da nosa cidade, e tamén a persoas que no futuro poderán ou non estudar este tipo de modalidade presencial que dá saída a persoas que non terían encaixe noutro”, opinou.

Fortes explicou que nos tres ciclos afectados a matrícula roldaba as 1�0 persoas. “Non esta-mos falando de máis ou menos números, estamos

falando de dereitos, sería-mos a única provincia que quedaría sen esta modali-dade”.

Nos casos dos ciclos superiores de Educación Infantil e de Finanzas, o docente recoñece unha “sobreoferta” pero lamenta que “non se racionaliza no lugar onde se produce, no réxime ordinario onde hai dúas liñas adultas”, senón no réxime de adultos, “que afecta a unha poboación máis desfavorecida. Ade-mais, resalta, o alumnado de réxime ordinario ten “máis adaptabilidade” para estudar mediante unha plataforma dixital, mentres que o de réxime adulto ten maior dificul-tade “por competencias e recursos”.

En canto ao Ciclo medio de atención a persoas en

situación de dependencia era un título “en vías de consolidación”, con ape-nas tres anos de vida, que no seu segundo ano rema-taron 6 alumnas e neste úl-timo xa foron 13.

É preciso cursar tres anos para obter titulación (dous anos de formación no instituto e uns meses en centro de traballo) pero coa particularidade de que se imparte en réxime mo-dular e permite un maior número de convocatorias. “A xente matrículase mó-dulo a módulo e por tanto pode alongar os seus es-tudos en función das súas circunstancias, cousa que non pasa no réxime ordi-nario que te matriculas no curso completo”, relata o profesor. Adáptase así ao perfil do seu alumnado: “xente que traballa no sec-

4 O profesorado do CIFP Portovello, “satisfeito” coa aprobación da moción

Manifestación de estudantes e profesorado do CIFP Por-tovello polas rúas de Ourense./P.LODEIRO.

tor do coidado a persoas, algunha dela en infra-emprego, con horarios tremendos” ou ben “que ten responsabilidades fa-miliares”.

Tamén no ParlamentoO claustro de profeso-

res tamén levou ao Par-lamento galego as súas reivindicacións. Desde a oposición, tanto o BNG como AGE presentaron iniciativas para que Edu-cación repoña os estudos suprimidos.

E desde a Alcaldía de Ourense estanse a le-var adiante xestións coa Consellería para intentar conseguir unha solución para todo o alumnado.

Nos tres ciclos afectados polo recorte a matrícula roldaba as 120 persoas

A decisión de Educación provoca unha “situación discriminatoria” para o alumnado, explicou Piñeiro

Page 12: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSXullo de �015 CIDADE

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, co alcalde de Ourense, Jesús Vázquez./M.REJO.

Redacción

A conselleira de Sani-dade, Rocío Mosquera, visitou o CHUO para comprobar o avance dos proxectos de innovación sanitaria incluídos no Proxecto Hospital �050.

O obxectivo destes proxectos é o aprovei-tamento biosostible de enerxías renovables, control dos consumos enerxéticos e redución das emisións á atmosfe-ra de CO2. Para tal fin, tanto o novo edificio de hospitalización como o resto do complexo, con-tarán cun mix enerxético que combinará fontes de enerxía solar fotovol-taiaca, de biomasa (coa caldeira máis grande do seu tipo en Galicia), de coxeración, enfriadoras, de absorción, ORC e so-lar térmica.

“Queremos que o hos-pital sexa autosostible, que non necesite, ou de maneira residual, ener-xía eléctrica e combusti-bles fósiles”, explicaba a conselleira ao remate da visita. En concreto, no CHUO “conséguese un aforro do 15,�6% de con-

O CHUO instala novos sistemas enerxéticos para ser “autosostible” 4 A ampliación do hospital contará con pa-neis solares intelixentes e a caldeira de bio-masa máis grande de Galicia.

sumo de enerxía primaria e unha redución nas emi-sións de CO� á atmósfera do 53,17% respecto ao modelo tradicional utiliza-do” informou Mosquera.

Estes proxectos de op-timización do consumo enerxético representa unha oportunidade para reducir o gasto, permitindo redi-rixir o aforro e crear outras partidas que xeren valor engadido para os pacientes e os profesionais.

Neste senso, Mosquera subliñou que “nun com-plexo hospitalario tipo da nosa comunidade, a fac-tura enerxética oscila en-tre os 3 e os 8 millóns de euros. Considerando que a nosa rede asistencial conta con 14 hospitais e case 500 centros de saúde, a marxe de aforro parece clara”.

Calor solar para clima-tización e auga quente

Precisamente para a xeración de enerxía so-lar térmica, o CHUO vén de instalar 17 captadores solares parabólicos, unha das últimas innovacións do mercado enerxético de alta eficiencia, que permi-ten concentrar a luz solar para convertila en enerxía eléctrica e térmica.

Estes equipos, de pro-

dución sueca, permiti-rán xerar unha media de de 59.144 kw. de media anual, que se aproveita-rá para quentar auga co-rrente, a dos circuítos de calefacción e tamén, para xerar tanto frío coma ca-lor, nos sistemas de cli-matización.

O complexo tamén vén de instalar mais de 4.000 metros cadrados de pa-neis solares, e se puxo en marcha a nova central térmica de biomasa.

Todas estas alternativas enerxéticas enmárcanse no subproxecto Hospital Autosostible, adxudicado á empresa Ferrovial por case �,7 millóns de euros.

Prazos previstosCon respecto ao novo

edificio de hospitaliza-ción, a titular de Sanida-de afirmou , tras reunirse coa empresa, a xerente do CHUO e a directora de Recursos Económicos, que “estamos cumprindo prazos na obra e en toda a parte de innovación, é a garantía que me dan e espero que se cumpra”.

O CHUO aforrará un 15,26% do seu consumo de enerxía

4FOTO DENUNCIA

Caldeiros colocados nun dos corredores do hospital para recoller a auga das goteiras.

Goteiras no complexo hospitalarioA Comisión de Centro do CHUO remítenos varias

fotografías de goteiras e humidades no interior do com-plexo hospitalario. Os representantes do persoal consi-deran “curiosa” a convivencia “destas instalacións ob-soletas e degradadas coa implantación de tecnoloxía de vangarda que vai ser ‘pioneira’ en Europa”.

Non é este o único problema que constatan os traballa-dores do centro, senón “un máis dos problemas que nos vai a ocasionar a integración no novo hospital ‘virtual’ dado que a día de hoxe tan só co feito da integración dos programas informáticos dos tres hospitais, temos a unha gran parte da plantilla sen poder traballar de xeito axeitado ao non ter acceso ás historias clínicas, bases de datos de farmacia, bases de datos de admisión…”.

Redacción

A cidade de Ourense acolle esta semana unha iniciativa destinada a espertar a conciencia so-lidaria dos seus veciños a prol da doazón de san-gue e da conservación do medio ambiente. “Axu-da a vivir. Doa sangue e planta unha árbore” é o lema baixo o que se des-envolve a campaña de “Amigos da Terra” e o Centro de Transfusión de Galicia.

A iniciativa tenta aca-dar un dobre obxectivo: aumentar as doazóns de sangue no verán, indis-pensables para o des-envolvemento do labor

asistencial dos hospitais galegos, e seguir traba-llando na concienciación social a prol da conserva-ción do medio ambiente, coa plantación dunha ár-bore por cada doazón que se rexistre.

Unidade móbilAs unidades móbiles do

Centro de Transfusión de Galicia estarán este mér-cores �� no Posío, tamén en horario de mañá e tar-de; e o xoves �3 e venres �4 na rúa do Paseo, de 09.30 ás 14.30 e de 15.30 ás �1.00 h.

O ano pasado conse-guíronse na cidade dentro desta campaña ��0 doa-zóns de sangue.

Dobre solidariedade4 Unha campaña aúna doa-zóns de sangue e plantación de árbores.

4 Os cargos de OUeC renuncian aos privilexios

Os tres edís de Ouren-se en Común veñen de renunciar mediante un escrito presentado no rexistro municipal aos “privilexios adquiridos pola súa condición de electos”. Entre outros, devolverán as medallas conmemorativas que reci-biron ao comezo da lexis-latura, valoradas nuns 300 euros, e rexeitarán o espazo de aparcamento da rúa da Barreira.

A asemblea da “ma-rea” ourensá tamén acor-dou limitar o salario de Martiño Xosé Vázquez e Ledicia Piñeiro, os dous concelleiros con dedica-ción parcial. Propuxo un soldo equivalente a unha vez e media o salario bruto medio da provin-cia de Ourense, que, no caso dunha dedicación ao 50%, quedaría en 1�.399 euros brutos anuais. Son 4.335 euros menos que a proposta da alcaldía. O destino deste excedente será decidido tamén pola asemblea.

4 Tramitación do Grao en Enxeñaría Aeroespacial

Á espera da resposta do Consello Social, o Grao en Enxeñaría Aeroespa-cial apura os seus derra-deiros trámites antes de ser remitido á Xunta para a súa verificación por par-te da Axencia para a Cali-dade do Sistema Univer-sitario de Galicia.

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo vén de dar luz verde á tra-mitación de proposta da titulación, que comezaría a impartirse en Ourense no curso �016-�017. Un acordo que estivo pre-cedido da aprobación da creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, un centro sin-gular ao que estaría ads-crito o novo grao.

No caso da aprobación da tramitación, será ne-cesario aprobar varias modificacións técnicas indicadas pola Comisión Organización Académica e Profesorado na memo-ria definitiva.

EN BREVE

Page 13: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

13Ourense por BARRIOS Xullo de �015PUBLICIDADE

Page 14: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSXullo de �015

SOCIEDADE

Redacción

O Concello de Ouren-se vén de desbloquear 545.173 euros en axudas sociais a entidades sen lucro da cidade. Nesta cantidade inclúense os �64.379 euros das axu-das da convocatoria de �014 e os �80.794 das subvencións do presente ano. Explicou a conce-lleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, que as axu-das do ano pasado esta-ban pendentes de pago debido a “defectos de forma” dos expedientes, un problema que “xa está solucionado”.

Godoy deu conta des-tas axudas trala Xunta de Goberno local deste xoves, na que se apro-bou solicitar á Xunta de Galicia dous millóns de euros para cofinanciar programas municipais de servizos sociais, nos que o Concello achegaría tres millóns de euros. A pri-meira das colaboracións é para financiar o fun-cionamento do Fogar do Transeúnte e a segunda para os servizos comu-nitarios de titularidade

municipal, como a a axu-da no fogar e a xestión de programas sociais.

Axuda a domicilioCon respecto da situa-

ción laboral na empresa que se encarga da axuda a domicilio, cunha propos-ta de ERE temporal que afectaría á metade da súa plantilla , a edil de Asun-tos Sociais recoñeceu que son “problemas internos” da adxudicataria “e nós pouco podemos facer, in-tentaremos axudar”. Go-doy explicou que o Conce-llo ten pendente de pago á concesionaria (Seralia) un millón de euros relaciona-dos coa adxudicación da limpeza en �014 (non pola axuda a domicilio) debido, novamente a “defectos de forma nas facturas”. Neste sentido, o voceiro do gru-po de goberno, Francisco González, apuntou que “as empresas que cumpren coas súas obrigas están co-brando puntualmente”.

Amplíase o convenio sobre traballos a beneficio da comunidadeRedacción

Institucións Penitencia-

rias e Concello de Ouren-se reforzarán o convenio de colaboración para que persoas que deben cum-prir penas de traballo en beneficio da comunidade poidan realizalas no noso municipio.

O Goberno municipal quere ampliar este con-venio, xa vixente, para que máis persoas teñan a oportunidade de benefi-ciarse del (16 no transcur-so do presente ano �015),

integrados nunha brigada social municipal. Tamén pretende o Concello, que as persoas participantes o fagan durante períodos máis longos de tempo, que lles permitan cubrir as ho-

Redacción

O Concello de Ourense vén de reforzar o servizo de axuda a domicilio, que presta atención nos seus fogares a 650 veciños e veciñas da cidade. E in-crementa as prestacións que pon a disposición dos seus usuarios.

Así, tralas xestións realizadas polo Goberno municipal coa empresa concesionaria do servi-

O Concello desbloquea máis de medio millón de euros en axudas4 Das convocatorias a enti-dades de 2014 e de 2015.

O director do cárcere de Pereiro de Aguiar, José Ángel Vázquez, o subdelegado do Go-berno, Roberto Castro, e os edís de Ourense Sofía Godoy e Jorge Pumar.

zo, as persoas usuarias do servizo dispoñen dun telé-fono �4 horas á súa dispo-sición para comunicar cal-quera tipo de incidencia, e un servizo de préstamo de axudas técnicas.

Incorpórase tamén un terapeuta ocupacional que se encarga de elaborar informes sobre elimina-ción de barreras técnicas e servizos de podoloxía e perruquería a domicilio a prezos económicos.

Reforzo ao servizo de axuda no fogar

Redacción

A Cruz Vermella de Ourense vén de aprobar a Memoria de Actividades de �014, publicación que recolle o traballo realiza-do o pasado ano pola ins-titución benéfica. Máis de 30.600 persoas participa-ron nalgún dos proxectos sociais da Cruz Vermella.

Na presentación da me-moria, o novo presidente provincial, Felipe Ferreiro, explicou a relevancia dos proxectos de loita contra a pobreza e das prestacións do chamamento de axuda “Agora máis que nunca”, aínda vixente, a través dos que se deu apoio a 3.877 persoas.

Igualmente sinalou “o esforzo realizado dende o Plan de Emprego, prin-cipal vía de inclusión so-cial”: 1.265 persoas reci-biron orientación, das que 544 participaron en cursos de formación.

En canto á atención a inmigrantes, Ferreiro lem-brou que no �014 Cruz Vermella deu apoio a 3�6 persoas.

O presidente da Cruz Vermella Ourense salien-

tou as medidas de protec-ción á infancia en risco de exclusión social, que de-ron cobertura a a un total de 198 menores.

O labor de Cruz Verme-lla Xuventude tamén foi fundamental para o éxito escolar dos rapaces: 541 cativos recibiron apoio nos centros de mediación social e promoción do éxi-to escolar. Ademais 7.141 escolares recibiron charlas de Educación para a Saú-de, Prevención de Condu-tas Violentas e Perspectiva de Xénero e Coeducación. O proxecto de atención

á infancia hospitalizada atendeu a 1.454 nenos no CHUO.

No �014, a organiza-ción humanitaria atendeu a �.48� persoas maiores dende os proxectos de Te-leasistencia Domiciliaria, Axuda a Domicilio Com-plementaria, Centro de Día, Respiro Familiar e Préstamo de Axudas Téc-nicas.

No ámbito da saúde, atendeu a 118 persoas no proxecto dirixido a per-soas afectadas polo VIH/Sida e outras �.814 parti-ciparon en diferentes obra-

doiros de prevención. No Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar 79 per-soas reclusas participaron nun proxecto que busca a diminución de consumo de drogas.

No que se refire a so-corros e emerxencias, no �014 realizáronse 1�3 servizos preventivos en distintos actos, maiorita-riamente de carácter de-portivo e social.

Máis de 30.600 persoas participaron nos proxectos de Cruz Vermella4 A Memoria de Actividades 2014 resume a atención ofrecida pola institución aos colectivos más vulnerables da sociedade.

Reunión do Comité Provincial de Cruz Vermella en Ourense./CEDIDA.

ras que deben prestar en beneficio da comunidade e ao tempo lle dean estabili-dade e continuidade ás bri-gadas nas que participan.

Os presos realizarán tra-ballos como o coidado de

zonas verdes, a limpeza de carteleira ilegal e pin-tadas, a conservación de instalacións municipais, o fogar do transeúnte e en programas de carácter social e xuvenil.

O chamamento “Agora máis que nunca” deu apoio a 3.877 persoas Solicita 2 millóns

de euros á Xunta para programas municipais

Page 15: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSXullo de �015

PUBLICIDADE

Page 16: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSXullo de �015

ARTIGOS / OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

“Se queremos saber como se pode facer maxia coas palabras, temos que ler as historias de Woody Allen””

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

Allen, un clásico americano

Kaiser Lupowitz é un detective privado que vive en New York e de-dícase a investigar asun-tos de todo tipo. Atopa-remos a Kaiser tentando saber quen é o gran xefe dunha presunta organi-zación criminal, ou in-filtrado nunha trama de intelectuais no berce da cultura. E si, Kaiser é xudeo. Pero, infelizmen-te, non é máis que un personaxe inventado.

Tamén é xudeo Allan Stewart Königsberg. Pero el non é detective privado, el é un cineas-ta nacido en Brooklyn que se dedica dende os anos cincuenta a escribir guións e dirixir pelícu-las. E si, é máis coñecido polo seu nome artístico: Woody Allen.

Woody Allen para to-dos nós é o cine. Raro será que non evoquemos mentres lemos estas pa-labras algunhas das súas películas, algunhas das súas frases míticas ou esa ollada despistada que vimos tantas veces no seu personaxe cine-matográfico, xustamente no segundo anterior a que nos marabillase cun xiro inesperado de guión. Porque ademais Allen é escritor, un grande escri-tor.

Grazas a el e a moitos grandes mestres do cine, descubrimos como se pode facer maxia coas imaxes. Así o sentimos cando vemos as películas de Fellini, de John Ford ou de Bergman. Pois se queremos saber como se pode facer maxia coas palabras, sinxelamente

temos que ler as historias de Woody Allen. A prosti-tuta de Mensa, para acabar coa mafia, ou con Ingmar Berman, ou coa cultura, ou o experimento do pro-fesor Kugelmass... Todas son historias fabulosas, in-verosímiles; e divertidas, moi divertidas.

Cun estilo directo, diná-mico e con moito ritmo, herdeiro da literatura ame-ricana do século XX, Allen percorre coa súa ollada a realidade dun mundo ab-surdo que se parece, ab-surdamente, ao noso mun-do. Como antes outros, e na nosa tradición temos exemplos tan xeniais como Valle-Inclán ou Cunquei-ro, Allen pon o acento en pequenas cousas que nos definen sen que nos de-catemos. Porque amosan realmente o que somos. E o que somos é o resultado das nosas accións e do que no máis íntimo, aínda que nos custe recoñecelo, que-remos ser. E como Woody Allen coñece tan ben a condición humana, o xe-nial e o miserable, sempre pon a imaxe e as palabras e os personaxes onde po-demos descubrilos tal e como son.

Se Allen fose ourensán

seguro que escribiría unha historia disparatada sobre o lunar de Baltar Jr., ou sobre Jácome vestido con traxe e garavata. Ou poida que contase a historia dun avogado de provincias ao que só lle pasan cousas inverosímiles, ou talvez as aventuras dun xornalis-ta con bigote como o que acaba de pasar neste mo-mento polo texto, como ese outro personaxe de A conxura dos necios, de J. K. Toole.

Aínda podemos encon-trar nunha das revistas li-terarias máis importantes do mundo, The New Yor-ker, o seu conto The whore of Mensa, a prostituta de Mensa, un dos seus tex-tos máis lidos. Nel conta como un home medio se ve envolto, polo afán de parecer o que non é, nunha estraña trama que lle pode levar á ruina e que dá risa, moita risa.

Por iso, se queremos ler boa literatura e rir a gargalladas, ou poida que non tanto, só temos que ler as historias que nos conta Woody Allen. Outro clási-co americano.

[email protected]

Portada de Complete Prose, de Woody Allen.

Can na rúa das Tendas. Ano 1900.

4AXENDA

Música- �4 de xullo - Concerto de Texas Mongols - 21:30 h - Café Cultural Aurien-se

Cine- 5 de agosto - Os aman-tes criminais - 22:30 h - Praza San Marcial

Exposicións- Ata o 16 de agosto - “Doce Balas”- Centro Cultural Marcos Valcárcelwww.periodicobarrios.com

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Cans e canceirasAs ordenanzas municipais de Ourense de 1895 reco-

llían a obriga de levar aos cans con cadea ou cordel e colocarlles bozo, en caso contrario, os animais reclui-ríanse na canceira municipal. Se non eran reclamados polos donos, vendíanse ás 48 horas. Para os que non encontrasen comprador, agardáballes a morte na cáma-ra de ácido carbónico.

A canceira municipal tivo distintas ubicacións. En 1936 localizábase no Polvorín, nunha casa de dúas plantas propiedade de Serafín Rodríguez. Radicou tamén nos baixos da Casa do Concello, con entrada pola rúa da Barreira. Despois pasou ao campo da feira. Hoxe, os amigos do home agardan unha segunda opor-tunidade nas instalacións do Albergue Canino Munici-pal de Ourense na estrada das Eiroás.

Fernando Valcárcel,Membro doArquivo Visual Ourensán

4VETERINARIA

[Vén do número anterior]

Córtolle o pelo ao meu gato?

Cortar o pelo a un gato adoita ser necesario can-do por falta de tempo ou motivos de saúde, non se puido cepillar frecuente-mente e formáronse tan-tos nós que é imposible desfacer peiteándoo. Isto sucede normalmente cos gatos de pelo longo; teñen un pelo de cobertura gro-so e longo, pero o subpe-lo é tan fino e denso que se non se é constante no peiteado diario formánse eses odiosos nós, polo que o mantemento en casa faise un pouco máis difícil. Os nós non só son antiestéticos se non que, para o seu gato, son un motivo de estres, senti-ranse incómodos e ten-tarán desposuírse deles, mordisqueándoos, arrin-cándose guechos de pelo, provocándose, mesmo, ás veces feridas. Son prexu-diciais para a pel da súa mascota xa que impiden que respire axeitadamen-te dando lugar a proble-mas dermatolóxicos nun futuro.

Polo que se o seu gato é de pelo longo e non dis-pón de tempo suficiente ou lle é imposible peitea-lo, o mellor sera cortarlle o pelo cando sexa necesa-rio e así mantelo libre de nós.

Espero que vos valla de axuda para facer do mo-mento “aseo” un modo de reforzar vinculos cos no-sos singulares amigos.

Montse Castiñeiras,perruqueira do Hos-

pital veterinario Abros

Gato á auga

Presentouse a cervexa de Los Suaves

Vén de ser presentada a cervexa “Los Suaves Ouren-se”, elaborada pola marca ourensá Keltius. Trátase dunha cervexa artesá negra, que quere ser homenaxe á mítica banda de rock da nosa cidade.

Á presentación acudiron o vocalista da banda, Yosi, e Moncho, ex guitarrista.

A cervexa estará á venda, ao prezo de tres euros, na fábrica Keltius, na rúa Bellao, �, e nos concertos do grupo nesta que está a ser a súa xira de despedida.

Yosi e Moncho durante a presentación da cervexa./P.F.

Page 17: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

17Ourense por BARRIOS Xullo de �015ARTIGOS / OCIO E CULTURA

“Os cartos son como as follas dos castiñeiros, veñen e van, o creto fala da persoa que ti es”

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Os cartos son como as follas dos castiñeiros

Era a festa do patrón en Doade, a verbena era ca-tiva, desas ás que non se vai só por troulear, unhas van por devoción ao santo e outros por devoción ás mozas e ás silveiras. Eu só ía por amor, por ver se viña unha rapaciña que baila-ra comigo ao agarrado na Pascua en Soutolongo, e da que ao mirar os seus ollos fiquei engaiolado para sempre.

Ao chegar do Cruceiro faleille ás vacas do prado de Carrón para as cortes e subín como un lóstrego a casa. O pai estaba no cuar-to grande, facendo un cesto de vimbios e codesos, te-cendo con agarimo.

Pedinlle cartos para ir á romaría de San Pedro, le-vantou os ollos do cesto e díxome que non tiña, que os últimos vinte pesos eran os que me dou para mercar as viandas da cea.

Sentín subir un lume das tripas, entroume tal ca-rraxe e púxenme a berrar como un tolo dos que van en procesión ao Corpiño para botar fóra o meigallo: que se eramos probes, que se non tiñamos nada, que os outros si podían ir e eu non... No éxtase daquela tolería zoupeille unha pu-ñada á fiestra que dá para eira, e o cristal estoupou como un foguete, esnaqui-zándose no chan.

O pai non dixo nada, pousou de vagar o cesto no chan e coa cabeza baixa saíu para fóra, vin que co-llía cara a casa da Canella, coidei que lles tería que dar algún recado pero volveu

deseguida, miroume aos ollos como só el sabía mi-rar, meteu a man na faltri-queira e tirou un billete de cen pesetas:

-Toma! xa tes os cartos, pedinllos prestados a Né-lida, espero que te divirtas moito pero non esquezas que teu pai foinos a pedir emprestados para ti, e que sempre vale máis ter creto que cartos. Os cartos son como as follas dos casti-ñeiros, veñen e van, o creto fala da persoa que ti es.

Púxose de novo a tecer o cesto como se non houbera pasado nada.

Ao escoitar as súas ver-bas ditas con tanta dozura, volvín en min e sentinme o fillo máis ruín de cantos este mundo ten dado, vo-teime a chorar arrepentido, pedinlle perdón de todos os xeitos, xureille que non fa-ría iso nunca máis, deixou que me desafogara un anaco e despois deume un abrazo agarimoso e dixo:

- Tranquilo, Chiquito, eu xa sei que ti non es así pero tes que aprender a conter ese xenio.

Cando puiden deixar os saloucos, funme tranquili-zando e case que non ceei co desgusto, pero de todos os xeitos arrinquei para a festa.

Por certo, a que antes bailara na Pascua comigo, agora bailaba moi agari-mosa con outro máis alto. Cando me acheguei a chei-rar como can que non xan-ta fixo que non me coñecía, polo que me entenderedes ben se vos digo que o San Pedro nunca foi santo da miña devoción.

Volvín para casa moi-to antes de que rematara a festa, o pai aínda estaba esperto como facía sempre ata que eu chegaba, dor-miamos xuntos no cuarto

grande, dende que mo-rreu mamá cando eu tiña dous anos e me trouxo no colo de Venezuela, coa fiestra da eira aberta de par en par.

Pasou o verán e chegou o outono, pasou o outono e chegou o inverno. Nas xeadas noites a carón do río Asneiro, con aquela fiestra sen cristal, cando os carámbanos colgaban facendo estalactitas eu dicíalle:

-Papá, poderías mandar poñer o cristal? Que imos morrer de frío unha noite destas.

E el sempre dábame a mesma resposta:

- Achégate a min, que un día destes xa o poñe-mos. Claro que se ti non o romperas no verán, xa o tiñamos posto.

Con esta conversa es-tivemos un ano enteiro, pasando un frío do demo os dous, cando por fin chegou o San Xoán que é o patrón de Vilanova. Uns días antes chamoume para que fora ao noso cuarto e alí estaba o cristal, bri-llando, novo.

- Chiquito, ao fin puide-mos poñer o cristal, sería bo non enrabiarnos moito, non sexa que o volvamos a esnaquizar.

Cando viu que baixaba a cabeza botoume o brazo polo ombreiro e dixo:

- Este ano vaiche ser mellor que non fagas coma o pasado, e que aforres algo dos cartos que che dean o día de San Xoán para a festa de Doade.

- Bueno, papá, déixate de andrómenas que este inverno pasado foi moi duro.

- Foi, foi... - dixo el, e botámonos os dous a rir.

Avelino Jácome

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

O nó gordiano europeo

Este verán �015 esta-mos a asistir a un dos re-tos máis duros da recente historia da UE. Este reto veuse endurecendo gra-zas a un archirecoñecido discurso peiorativo cara aos países da zona sur do continente, desembo-cando nunha fisura case insalvable na solidarie-dade do pobo europeo.

Digo case porque eu son unha desas ilusas que cre no sentido co-mún, postura arriscada nos tempos que corren. A pesar de ter unha ideo-loxía que a estas alturas da miña vida non teño gañas nin intención de cambiar, creo que son capaz de separar ao pobo alemán da postura e decisións inflexibles do seu ministro de Eco-nomía. Tamén son capaz de separar aos políticos gregos que levaron ao seu país a un punto de case non retorno do res-to dos gregos que sufri-ron os danos colaterais da mala xestión dunha elite corrupta. Son -ou o tento- ser capaz de ver os pequenos detalles da estratexia política que, de xeito evidente, segue sendo un arte maquiavé-lico.

Vexo a líderes prepa-rados (o mellor que deu Europa en moitos anos)

que, democraticamen-te, tentan manter a flote un soño que pende de fráxiles fíos. Ao mesmo tempo vexo ao pobo en-frontado, castigador e azuzador. Os que man-dan saben que a política é unha dama ingrata que cobra unhas vítimas que non sempre merecen ser vítimas. Os que son go-bernados... son goberna-dos e, moi ao meu pesar, ás veces seguen a cegas os mandatos estereoti-pados dos medios de co-municación. Pois si que estamos listos con isto da democracia!

Pase o que pase, non deberíamos esquecer que foron os ferventes crentes na man invisible do mercado os que nos meteron neste envuru-llo, non os “zánganos” gregos. Agora Europa ten ante si un nó gordia-no que só poderá desfa-cerse usando as tretas de Alexandro, tan pouco coherentes coa imaxe democrática que tenta-mos proxectar ao resto do mundo. Vivimos nun soño como Segismun-do?

Hoxe tocaralle pagar ao pobo grego as con-secuencias dun proxec-to mal deseñado polos tecnócratas de Bruxelas. Xente estudada e iso. E os demais? Lavámonos as mans como Poncio Pilatos.

Díse atrevido do que cospe cara a arriba. Por algo será.

Raquel Sertaje

“Os gregos sufriron os danos colaterais da mala xestión dunha elite corrupta”

Chegan os campamentos urbanos de Amencer

Redacción

Chega o verán e con el os campamentos urba-nos “Cidade de Ourense” da Asociación Xuvenil Amencer, que ofrecen actividades gratuitas a rapaces de entre 8 e 16 anos no campamento in-fantil e para maiores de 15 anos no xuvenil.

Do 3 ao 13 de agosto, os rapaces do campa-mento infantil realizarán numerosas actividades sobre cultura, natureza, auga ou o Parlamento, entre outras. Durante cin-co días farano en horario continuado (de 10:30 a 19:30 horas) e outros ca-tro en horario partido (de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas).

Polas tardes ofertaran-se, ademais, no colexio Salesiano sala de xogos, ludoteca, videoteca, ani-mación á lectura, saídas pola cidade, piscina, de-portes, obradoiros, bai-le, pintada no muro de Sáenz Díez, etc.

Pola súa banda, durante as noites deses nove días terá lugar o campamento xuvenil, no que os mozos ourensáns participarán en actividades de 22:30 a 00:00 horas, entre as que se atopan concertos, pis-cina, termas...

InscriciónTodos os pais intere-

sados en inscribir aos seus fillos nestes cam-pamentos ou en recibir máis información poden dirixirse á Asociación Xuvenil Amencer (praza Don Bosco), chamar ao 988 �1 81 �3, consultar a web www.amencer.org ou escribir a [email protected].

Festa da escuma dunha edición anterior.

Page 18: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSXullo de �015 OCIO E CULTURA

P. Lodeiro

Por sexto ano conse-cutivo, colectivos cultu-rais e sociais da cidade reunidos en EsCuA (Es-pazo Cultural Asociativo de Ourense) organizan o “veránEarte”. Nesta ocasión son 18 asocia-cións ás que participan na elaboración desta programación de ocio conxunta que vén máis completa ca nunca: ata 35 actividades para os meses de xullo e agosto.

Se o habitual nas edi-

cións anteriores eran dúas citas lúdicas por semana, nesta terceira edición os organizadores consegui-ron programar “entre tres e catro veces por semana, actividades de todo tipo”, explicaba unha das orga-nizadoras, Ximena Gon-zález.

Múltiples espazos da cidade darán acubillo a concertos, palestras, en-contros asociativos, ex-posicións ou proxecións de cinema ao aire libre. Destacan na programa-ción dous roteiros: un natural e cultural a Santa Comba de Naves (o �3 de xullo) e outro patrimonial pola rúa do Paseo (o �0 de agosto). Os martes serán días de concerto na praza San Marcial e os mérco-

EsCuA promove 35 actividades este verán4 Preto dunha vintena de colectivos organi-zan por sexto ano o “veránEarte”.

res cinema para todos os gustos, comezando cun ciclo de cinema francés infantil na Biblioteca Pú-blica e en agosto cinema ao aire libre na praza de San Marcial.

Na programación tamén hai espazo para o público infantil, así, haberá dous luns (�7 de xullo e �4 de agosto) nos que as cativas da casa poderán gozar da rúa como espazo de xogo.

Chégase nesta ocasión ao concello de Barbadás para programar alí unha destas xornadas, concre-tamente na Valenzá. Au-las de iniciación en baile tradicional, obradoiros di-dácticos sobre como inter-pretar a factura eléctrica e unha palestra sobre a his-toria da muller na música

Membros de EsCuA durante a presentación do “veránEarte”./P.LODEIRO

Dende EsCuA pídenselle ao Concello un local para traballar

Reperkusión volve a Benposta en setembro4 Os días 11 e 12.

Redacción

O Festival Reperkusión celebrará a súa 13ª edición en Benposta os días 11 e 1� de setembro, coa súa popular mestura de mú-sicas de todos os estilos e procedencias.

O venres 11 pasarán polo escenario os británi-cos Asian Dub Foundation Sound System, John Pan-dit (Pandit G), Dakidarría, os gaditanos Trashtucada, e TranceUntes.

O sábado 1� chegarán os latinoamericanos afinca-dos en Barcelona Che Su-daka, os bosnios Dubioza Kolectiv, os valencianos La Trocamba Matanusca; e os galegos Chotokoeu.

Como nas edicións an-teriores, haberá programa-ción de día e de noite con

numerosas actividades abertas ao público: hu-mor, exposicións, teatro de rúa, pasarrúas, djs, obradoiros, mercadiño e o XIII encontro de ma-labares e artes do circo. Haberá tamén, unha nova edición da Empolada e varias sorpresas e novos espazos que se desvela-rán ao longo das próxi-mas semanas.

Venda de entradasAs entradas están á

venda a través da web www.reperkusion.com cunha oferta especial para as 500 persoas máis rápidas, só ata o 31 de xullo, de 15 euros máis gastos de xestión o abono de dous días ou �0 euros, se é con acceso á zona de acampada.

son outras das propostas. Dous documentais:

“Cartas Galiza-Berlín” (�� de xullo) e “Yes We fuck” (�0 de agosto), que abordan temas ben diversos dende o xénero da non ficción. Ou as in-teresantes performances “Olímpalas” (�9 de xullo) e “Cantigas que espantan” (6 de agosto) que retratan ao patriarcado ata deixalo espido.

Cada un dos meses re-matará cunha bicicletada da Masa Crítica reivindi-cando outra mobilidade posible en Ourense.

A programación pécha-se co festival máis cómi-co e irreverente que é xa un dos clásicos do verán ourensán. O Festival In-tercultural do Barbaña está a medio camiño de dous piares da tradición da cidade: as coplas dos maios e o entroido. O FIB ofrecerá un ano máis unha selección de versións in-terpretadas en directo nas que se dará conta da realidade política e social local en clave de cantiga de escarnio.

EdificioDende a organización

agardan superar a gran acollida do ano pasado, e precisaron que un dos mo-tivos que levaron a EsCuA a realizar o “veránEarte” é como xeito de reivindi-cación á administración local dun edificio público para poder traballar: “te-mos que traballar nas rúas porque noutro sitio non podemos”, explicaba.

Dúas bicicletadas reivindicarán ese tipo de mobilidade

Redacción

O 19 de setembro o Campo da Feira acollerá o 5º Live for Madmess Metal Fest, no que xa está confirmada a asisten-cia dos grupos Childrain (Vitoria), Scent of Death (Ourense), Evil Impulse (Ciudad Real), Agónica (Vigo), Wisdom (Ferrol),

e Raze (As Pontes). As entradas poden ad-

quirirse na web http://bit.ly/5LFMVentaTickets, a un prezo de 8 euros anti-cipada e 10 na billeteira.

Tamén se pode optar polo pack de entrada e camiseta, cun custo de 15 euros anticipada e 17 o propio día.

[+ info en www.liveformadness.com]

Conta atrás para o 5º Live for Madness Metal Fest

Page 19: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSXullo de �015OCIO E CULTURA

P. Lodeiro

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, lerá o pre-gón das Festas da Ponte o vindeiro venres �4 de xullo, a medianoite, no escenario da rúa Eulogio Gómez Franqueira. Será o acto oficial de inaugu-ración duns festexos na honra do Apóstolo Santia-go que, de novo, organiza a Sociedade Artística da Troya, e que combinan música, actos relixiosos, deporte, un mercado me-dieval e unha feira da cer-vexa artesá.

As festas darán comezo real o xoves �3, a partir das 20:30 horas, coa fes-ta Radio Líder e coa final do �º Festival de Karaoke, coas actuacións dos dj’s Marcos Magán e David Expósito, na avenida de Marín.

O venres �4 á tardiña inauguraranse a segunda edición da feira medie-val, ubicado á beira do río Miño, que incluirá merca-do artesanal e alimentario, e a festa da cervexa, que se instalará na avenida das Caldas á altura da Praza de Abastos.

Ás �1 horas dará come-

zo no contorno da ponte Romana a XXX Xuntanza Internacional de Gaiteiros, que contará coa presenza dos mellores gaiteiros ga-legos, e músicos chegados de Cataluña e de Portugal. Segundo indicou o direc-tor da Real Banda de Gai-tas da Deputación, Xosé Luis Foxo, esta cita regre-sa á Ponte, onde se reali-zara a primeira edición fai 30 anos. No evento farase unha particular homenaxe aos “Enxebres d’A Troya”, agrupación folclórica de comezos do século XX.

A verbena correrá a car-go esta noite das orquestras Alianza e Escaparate, que se instalarán nos palcos da rúa Eulogio Gómez Fran-queira e Vicente Risco.

O �5 de xullo, a medio-día, haberá misa solemne e procesión na honra de Santiago Apóstolo coa Real Banda de Gaitas da Deputación. A continua-ción, a Banda Municipal de Ourense dará un con-certo no parque da Ponte, e as autoridades terán unha recepción oficial na sede da Troya. Tamén a medio-día abrirá o mercado me-dieval e a festa da cervexa artesá.

VII Ponte RockÁ noite, música e baile

coas orquestras Salsaban-da e Grupo Zeus nos dous

escenarios instalados. Para os que prefiran outro esti-lo musical, chega a sétima edición do Ponte Rock. Os concertos de tres gru-pos locais e un de Madrid (3Dogs, 80 Voltios, Mal-heira GZ e Aizu Tributo a Kortatu) serán a partir das 21:30 horas no escenario situado no parque ao carón do Miño.

Ás 00:15 horas terá lu-gar unha tirada de fogos artificiais na beira do río, a cargo da pirotecnia Jos-man.

O domingo �6, nova-mente a mediodía misa so-lemne na honra de San Xa-quín e Santa Ana. A esas horas dará inicio a terceira xornada da feira medieval

O alcalde de Ourense será o pregoneiro das Festas da Ponte4 Os festexos celebraranse entre o 23 e o 26 de xullo e incluirán a xuntanza de gaiteiros, o Ponte Rock e unha feira medieval.

As orquestras tocarán en dous escenarios Presentación da edición 2015 das Festas da Ponte./P.LODEIRO

e da festa da cervexa, e á noite, desde as �3 horas, as orquestras Ría de Arosa e Asiria porán o fin de festa.

No apartado deportivo, disputarase un torneo de pádel e un campeonato de fútbol 7.

Durante os festexos ha-berá pasarrúas a cargo de grupos de gaiteiros e atrac-cións para nenos e adultos nas rúas Jesús Pousa e Ba-silio Álvarez, o que obriga-rá a cortes de tráfico neses viais.

Sen orzamento concretoO presidente da Troya

non puido concretar o orza-mento co que contará esta edición das festas, pois aín-da están recadando diñeiro entre veciños e comercian-tes, pero si confirmou que se se produce “un pequeno desfase” ten o compro-miso de que o asumirá o Concello de Ourense.

A este respecto, o edil de Cultura, Francisco Gonzá-lez, agarda que “o próximo ano teñamos máis tempo para programar e planifi-car” e destacou das festas de Santiago na Ponte que “teñen sido ao longo da historia singulares e em-blemáticas”.

Programa- �3 de xullo - Festa

Radio Líder e �ª Final de karaoke - 20:30 h - Av. de Marín

- Do �4 ao �6 de xu-llo - Feira medieval e festa da cerveza - Av. das Caldas

- �4 de xullo - XXX Xuntanza Internacio-nal de Gaiteiros - �1 h - Ponte Romana

- �4 de xullo - Or-questras Alianza e Es-caparate - �3 h - Dous escenarios

- �5 e �6 de xullo - Misa solemne de pro-cesión - 1� h - Igrexa das Caldas

- �5 de xullo - Ponte Rock - 21:30 h - Par-que ao carón do Miño

- �5 de xullo - Or-questras Salsabanda e Grupo Zeus - �3 h - Dous escenarios

- �5 de xullo - Fogos artificiales - 00:15 h - Beira do río

- �6 de xullo - Or-questras Ría de Arosa e Asiria - �3 h - Diver-sos escenarios

Page 20: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSXullo de �015 DEPORTES

A atleta Lucia Seijas no salto de altura. /RAMSÉS.

Beatriz Viteri (pértega) e Alfonso Palomanes e Elena Freiría (triplo salto) foron os atletas ourensáns que lograron o ouro

Participante dunha das series dos 100 metros feminino no Campionato Galego de atletismo. /RAMSÉS.

Redacción

As pistas de atletis-mo Josefina Salgado de Monterrei (O Pereiro de Aguiar) acolleron o Cam-pionato de Galicia de at-letismo. Á cita acudiron máis de 500 atletas de toda a comunidade.

En canto á participación dos ourensáns, tres foron as medallas de ouro e to-das elas nas probas dos saltos. Así, Beatriz Vite-

Tres ouros ourensáns no Galego de atletismo4 Celebrado nas pistas Josefina Salgado de Monterrei.

ri (At. Femenino Celta) revalidou o seu título de campioa galega de salto con pértega; o seu mellor intento foi de 3.�� metros. Outro que revalidou o seu título galego foi Alfonso Palomanes no triplo salto. O saltador do FC Barcelo-na fixo un mellor salto de 15.84 metros. Elena Frei-ría (Ourense Atletismo) tamén se colgou o ouro no triplo salto cunha marca de 11.�4 metros.

Outros ourensánsPero estes, aínda que

sino máis alto, non foron os únicos ourensáns que subiron ao podio. Damián Picouto (Ourense Atle-tismo) e Iván Docampo (S.G. Pontevedra) foron prata en 400 metros va-lados e 5.000 metros, respectivamente. Picouto parou o crono en 58.16 segundos na volta enteira á pista con obstáculos, e Docampo logrou un tem-po de 15:05.68 minutos tras 1� voltas e media. O veterano atleta do ADAS Proinor, Luis Nogueira, fíxose coa prata en xava-lina cun lanzamento de 54.35 metros.

En canto ás preseas de bronce foron catro as que se colgaron atletas da nosa provincia. En 400 metros valados, Aitana Leguiça-no (At. Femenino Celta) foi terceira cun tempo dun minuto seis segundos e �5 centésimas. A súa com-pañeira no Celta, Emma Valencia, foi a terceira no hectómetro valado con 15.�5 segundos. Monica Yañez (ADAS Proinor) logrou en disco un lanza-mento de �9.40. E Adria-na Ferreiro (Ourense At-letismo) fixo 2:26.96 nos 800 metros.

Atletas destacadosÁ marxe dos ourensáns,

outros atletas brillaron neste campionato de at-

letismo. Mauro Triana logrou o dobrete en 100 e �00 metros lisos; Jorge Puig tamén obtivo do-brete en 800 e 1.500 me-tros; Carlos Moro con-seguiu impoñerse con autoridade nos 400 va-lados; Jean Marie Oku-tu logrou con solvencia a vitoria en lonxitude; Isaac Vicente impúxose en martelo e Frank Ca-sañas en disco. Mesmo o equipo do 4x100 do Riazor Coruña foi quen de bater o récord galego. Francisco Jose Duran foi o primeiro campión galego da xornada nos 5 km marcha.

As mellores atletasEn categoría feminina

as máis destacadas fo-ron: Lidia Casal nos 200 metros; Candela Díaz, nos 400; Solange Perei-ra e Leticia Fernández, ouro e prata, respectiva-mente, nos 1.500 metros; Lidia Parada en xavalina e Eva Iglesias, en 5 km marcha.

Xinzo e Os Escornaboys, campións do Barrios Deportivo4 Na sexta edición deste tro-feo de fútbol sala.

P. Lodeiro

Co final das ligas de fútbol sala chegou a hora do Torneo Barrios Deportivo de fútbol sala que este ano alcanzou a súa sexta edición. Xinzo Feminino e Os Escorna-boys foron os campións.

Final masculinaOs Escornaboys pro-

clamáronse “campións de campións” de fútbol sala ao vencer na sexta edición do Trofeo Barrios Deportivo ao Eurosport.

O primeiro gol che-gaba aos 17 minutos do partido, obra do Euros-port/Karlasca; con este único tanto finalizabase a primeira metade. Tralo descanso, o Escornaboys apretaba ao seu rival con ganas de empatar o en-contro, o cal logrou aos cinco minutos da con-tinuación. O Eurosport volvía adiantarse cinco minutos despois, pero a ledicia duráballe me-nos dun minuto, xa que Escornaboys empataba dun tiro de falta. Trala expulsión do porteiro do Escornaboys, Euros-port tiña novamente unha oportunidade de adiantarse cunha falta ao bordo da área, que

non materializou. Ambos equipos aínda dispuxeron de máis ocasións de gol, pero o marcador xa non se movería nun partido emo-cionante e disputadísimo. A ruleta dos penaltis de-terminou que Os Escorna-boys lograran o seu pimei-ro cetro neste torneo.

Final femininaXinzo Feminino foi o

equipo gañador na final feminina do VI Trofeo Barrios Deportivo de fút-bol sala, “o torneo dos campións”, disputada na cancha central dos Reme-dios. Venceu a Cidade de Ourense por 3 a 0.

Na primeira metade, o Xinzo aproveitou as súas ocasións e marcou dous goles case seguidos. Du-rante o resto do encontro o club da Limia dedicouse a contemporizar, sen oportu-nidades claras de gol para ningún dos dous equipos. A catro minutos do final Xinzo facía o terceiro na súa conta, e pouco despois o Cidade de Ourense tiña un par de opcións para re-curtar distancias, que non concretaba. Co pitido fi-nal, as limiás fixéronse cun triunfo merecido, mentres que o Cidade foi un querer e non poder durante os 50 minutos de encontro.

Os Escornaboys, campión masculino do Trofeo Barrios Deportivo. /M. REJO.

Page 21: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSXullo de �015

PUBLICIDADE

Page 22: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSXullo de �015

DEPORTES

4 Pretempada de fútbol

Os equipos ourensáns de fútbol comezan as súas pretempadas. Os tres equipos de Terceira División fano esta sema-na.

O Barco foi o máis madrugador en sudar a camiseta. As novas caras e os xogadores que con-tinúan do ano pasado es-peran lograr o obxectivo da permanencia baixo as ordes do adestrador Javi Rey, quen debuta na ca-tegoría.

O outro conxunto ourensán recén ascen-dido a Terceira, o Verín, tamén comezou os ades-tramentos de cara a che-gar en plenas condicións ao inicio ligueiro. Xunto co Barco, o obxectivo e asentarse nunha cate-goría que merecen por plantilla e masa social. Iván González continua-rá no banco do equipo do Támega.

O terceiro ourensán en discordia é o Barbadás. Asentado na categoría, o equipo azulón pretende subir un chanzo máis e lograr ser un dos equipos situados a final de tem-pada de metade da táboa cara a enriba.

A primeira xornada de Liga depara o Mugardos - Barbadás e o derbi dos recén ascendidos: Verín contra Barco. O �3 de agosto comezará a rodar o balón.

4 Fútbol SalaO Sala Ourense Prols-

port xogará a vindeira campaña na Segunda Di-visión B de fútbol sala.

O club ourensán acep-tou a invitación da Fe-deración de xogar nesa categoría despois de as-cender da Liga Galega Sur á Terceira División.

Así o equipo dirixido por Víctor Sousa e Aitor Álvarez suben un chanzo máis do que se esperaba. Esta invitación fai que teñan que renovar a plan-tilla algo máis do espera-do. Xogarán contra equi-pos de Galicia, Asturias e Castela e León; o derbi ourensán será contra Os Tres Cuñados, do Barco.

EN BREVE

Redacción

O corredor macedán do MMR, Pablo Rodríguez, proclamouse campión de España na categoría sub �3 de BTT. O Campiona-to de España celebrouse en Valladolid a pasada fin de semana.

Rodríguez foi o mellor demostrando o porqué da segunda praza momentá-nea na Copa do Mundo. Pablo Rodríguez era o favorito e demostrouno desde o inicio cando co-lleu a primeira praza e xa non a soltou.

Saúl López (Acade-mia Postal - Actyon, de Maceda) foi quinto nesta categoría.

SendínO júnior Brais Sendín

Pablo Rodríguez faise co campionato de España de BTT4 Brais Sendín foi subcam-pión júnior.

rematou como subcam-pión en categoría júnior. Sendín entrou en meta en terceira posición, por de-trás de Josep Durán e Vlad Dascalu, pero ao ser Das-calu estranxeiro subiu un chanzo no podio júnior.

A este éxito hai que su-

O ciclista con raíces ourensáns, Jose A. Hermida, foi prata en élite

De esquerda a dereita: Hermida, Rodríguez e Sendín en Valladolid.

marlle o que logrou for-mando parte no equipo galego no que logrou a medalla de bronce.

HermidaO ciclista con raíces

ourensás, José A. Hermi-da (a escola de ciclismo de Maceda leva o seu nome) logrou a medalla de prata na élite. Hermi-da non puido revalidar o título conquistado o ano pasado.

O Sincro Ourense, entre os mellores de España4 Participaron no Nacional celebrado en Sabadell.

Redacción

O Sincro Ourense par-ticipou cos mellores clubs nacionais no Campionato de España infantil e abso-luto de natación sincroni-zada celebrado na locali-dade catalana de Sabadell.

CompeticiónO club ourensán acudiu

ao torneo con 16 nadado-ras infantís logrando facer un bo papel.

Na competición de ru-tinas de equipo, coa súa coreografía “Ocean”, su-peraron os 1�� puntos e estiveron a piques de coarse na final dos 12 me-llores grupos. Na rutina combinada, con “Robots”, lograron o posto décimo quinto.

EquipoAs 16 nadadoras do Sin-

cro Ourense que acudiron a Sabadell foron Lau-ra Bernardo, María Cid, Xiana Otero, Lucía Villar, Rebeca Ruiz, Paula Vilari-ño, Marta Vilariño, Eyen Díaz, Uxía Vázquez, Sil-via Quintela, Lara Doval, Ana Gómez, Claudia Ban-de, Lola Carracedo, Gisele Cazas e Elena Moyano; xunto coas adestradoras

María Cid e Antía Arias.

Probas de nivelO conxunto ourensá

nfoi dos máis numerosos, tan só superados en com-petidoras polos clubs Ka-llipollis e Canoe. Isto di do bo facer do equipo da nosa cidade, xa que para acudir ao campionato ti-veron que superar unhas probas de nivel na Co-munidade Autonónoma.

IlustresA coincidencia do

campionato infantil xun-to co absoluto permitiu compartir competición co equipo español que participará no vindei-ro Mundial de Kazan (Rusia), ademais de con outras seleccións coma a xaponesa, a australiana ou a bielorrusa,. Tamén puideron estar presentes no regreso á competi-ción da olímpica Gemma Mengual.

O Sincro Ourense estivo ás portas da final en rutinas de equipo e foi 15º en rutina combinada

Integrantes do Sincro Ourense que acudiron a Sabadell.

O CSD decidirá o futuro do COB4 Unha vez admitido o recur-so do club ourensán.

R. Torres

En Ourense comeza-mos a acostumarnos a ter os períodos estivais moi turbulentos. A pesar da canícula golpeando no noso cocote, as tempes-tades deportivas fan que, verán tras verán, estea-mos a sofrir máis da con-ta. Un club que sabe moi-to diso é o Club Ourense Baloncesto.

Sen remontarse moito tempo atrás, o ano pasa-do, a falta dun aval fixo que a piques estivera de non participar na LEB Ouro. Finalmente a Fede-ración tivo que ampliar o número de participantes para que o Ourense Ba-loncesto tivera cabida.

Despois dunha tem-

pada excepcional dos ho-mes de Gonzalo García de Vitoria, con ascenso na cancha incluído, o club viu como a ACB negába-lle o dereito a participar na próxima Liga Endesa. Días antes, a directiva -Antonio Gavilanes e Ca-milo Álvarez- lograron sobre a campá reunir os �,9 millóns de euros que lles esixía a Asociación de Clubs de Baloncesto como o primeiro dos requisitos para formar parte da aso-ciación; pero de nada lles valeu.

CSDFinalmente será o Con-

sello Superior de Depor-tes quen determinará se o Club Ourense Baloncesto xogará na máxima Liga

nacional na tempada �015-�016. O primeiro paso está dado e o CSD admitiu a trámite o recur-so do club ourensán.

Só falta esperar que non se demore en dema-sía o fallo da entidade e saber se Ourense é de ACB a vindeira campaña ou non. Agora é a propia ACB a que ten que expli-car ao CSD os motivos para negarlle a inclusión na Liga ao club ouren-sán.

Desde o club agar-dar que nestes días haxa unha solución.

DeputaciónEste xoves haberá un

pleno extraordinario da Deputación de Ourense no que se tratará a mo-dificación do convenio de colaboración co COB para o uso das instala-cións do Pazo dos De-portes Paco Paz. Esta modificación fará que o conxunto ourensán cum-pra co único punto nega-tivo que tiña a auditoría entregada á ACB.

Page 23: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

�3Ourense por BARRIOSXullo de �015CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 15-2015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 045 35� Correo-e: [email protected]. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Ser-taje, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel, Avelino JácomeNº 7 - Ano: XIV - Xullo de 2015 - Difusión: 30.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas per-soais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 35�.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 7�8 Policía Local 09� / 988 388 138P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 �35 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 39� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 �31 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��3 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 300C. C. Antisida 988 �33 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 119�4h. Alc. Anón. 988 �69 540Alcoh.An. �4h. 988 �� 76 �3 Narcóticos Anóm 671 58 �8 38Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TEL. DE INTERESE

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urba-nosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valen-zá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

VENDAS

TRABALLO

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares]

PISOS

Desbrózanse fincas e fanse transportes e mudanzas. Tel. 6�9 319 �69.Clases a domicilio neste curso. Especialidade mate-máticas xerais.Todas as eta-pas. Outras materias. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Tel. 610 38 �5 89 ou clasesadomicilio�[email protected]écese mozo responsable, meticuloso, alegre para tra-ballar en departamento admi-nistrativo ou coma dependen-te. Ampla experiencia. Telf.: 6�9 154 995Ofrécese mozo con título téc-nico sociosanitario para o coi-dado de persoas dependentes, enfermos ou calqueira tipo de situación. Preferentemente na cidade. Tlf.: 666 857 239Ofrécese señora mediana idade, galega, para as tare-fas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tlf: 659 129 142Licenciada en Belas Artes imparte clases de debuxo, pintura, modelado e debuxo técnico, para nenos e adultos, en Ourense. Tel. 669 603 414Ofrécese señora para lim-peza, pasar o ferro ou facer a comida, con informes. Tel. 606 65 09 05Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acua-rela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417.Fanse desbroces económi-cos con tractor e a man. tel. 630 5�1 448.

Moi económico, fanse repa-racións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mo-bles, etc. Tel. 656 78� 460.Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de inglés e francés, todos os ni-veis, individuais ou grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04.Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, �0 anos de experien-cia. Tel. 667 508 333.Piano e voz para eventos. Repertorio variado. Clases particulares de piano, solfeo e Canto. Tlf. 663 733179 (WhatsApp), e-mail: [email protected], Facebo-ok e Youtube: dúo piano voz.Perruqueira con 20 anos de experiencia e coñecementos de estética ofrécese para tra-ballar en fins de semana sol-tos. Tel. 685 971 034. Ofrécese quiromasaxista con prezos anticrise. Masaxes antiestrés, desconstracturan-tes, deportivos e drenaxes linfaticos. Tel.697 �� 09 80.Ofrécese señora para o coi-dado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con in-formes. Tlf. 669 434 330.

Alúgase piso amplo, con ou sen mobles. Todas as como-didades. Zona Couto. Econó-mico. Tel. 606 56 9� �8.Alúgase praza para moto no garaxe edificio Mercadona, avda. de Santiago. Tel. 988 �1 �9 00.Vendo finca de 2.000 m2 edi-ficable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 51 �5 59.

Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen marco de �35x78cm (80 euros cada unha) e unha porta de alumi-nio cristal blindado sen marco de 73x�09cm (ten pechadura e chave). Tel. 610 659 417.Compro ventás de alumi-nio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e medidas. Tel. 658 056 9��Vendo compresor de aire industrial, presión 8 Kg/cm� psi115, 750 l/min. depósito 300l. 1.000 euros. Tel. 610 65 94 17Vendo 36 ventás corredei-ras de aluminio branco con illamento cristal doble Cli-malit. 5�x115cm. 95 euros unidade. Tel. 610 65 94 17Véndese Opel Astra 1.9CDTI 1�0cv. Sport. Só 50.000km. Tel 684 �14 079.

Necesítase chico ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 637 00 59 101Alúgase praza de garaxe ao lado da praza do Couto para coche ou moto, 45 euros. Tel. 606 035 781Vendo apartamento en praia América, � habitacións, a 5 minutos da praia e 10 minu-tos de Vigo. Tel.636 4�� 497Alugo apartamentos de 1 e 2 habitacións en Montalvo, Sanxenxo, fronte á praia, axar-dinados. Con aparcamento e barbacoa. Tel. 607 �7 19 16Vendo piso en praza España (Vigo). 3 dormitorios, 1 baño, 1 aseo, salón, cociña, rocho e garaxe. Tel. 639 81 6� 09Búscase chic@ para com-partir piso. Zona Couto. Ca-lefacción, televisor en habita-ción, Internet, etc. 200€/mes (gastos incluidos). Contacto: [email protected] ou no 600 9�� 547 (WhatsApp)Vendo finca pequena ao ca-rón de parada de bus, preto de Ourense. 350 metros cadra-dos. Prezo 5.900 euros. Tel. 606 4�� 543Alugo habitación. Zona Couto, próximo aos novos xulgados. Con cama de ma-trimonio, amoblada, televi-sión, wifi. E dispón de salón, cociña e baño. 180 euros/mes (gastos incluídos). Tel. 600 9�� 547 (WhatsApp)Vendo oficina con galpón. Zona Vilar de Astrés. 450m�. Fronte a parada de bus. 6.690 euros. Tel. 606 4� �5 43.Alúgase perruquería con mobles en rúa Progreso. Tel. 637 00 59 10

Véndese porta de alumi-nio, con cristal blindado, sen marco. 73x�09cm. Con pechadura e chave. Tel. 610 65 94 17Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 630 5�1 448.Vendo moto 125 cc a bo prezo. Tel. 630 5�1 448.Vendo 600, azul turquesa, matrícula 9644OU. 1.995 euros negociables. Tel. 639 81 6� 09.Vendo 8 focos de baixo consumo. Bo prezo. Tel. 675 63 10 11.Vendo Citroën C4 Aircross Exclusive HDI 150cv. con todos os extras. Só 7.000km. Tel. 684 �14 079.Vendo Seat Leon 1.6TDI 105cv. ano �011.Llantas aluminio, climatizador, ra-dio USB...Tel 684 �14 079.Véndese Volkswagen Golf. Aire acondicionado, lamias de aluminio. Tel 684 �14 079.Vendo Suzuki Vitara �.0 HDI 90cv. con aire acondi-cionado, gancho remolque. Tel 684 �14 079.Vendo smartphone Primux Delta. Seminovo. Dúas ba-terías e dúas ranuras para tarxetas. Inclúe auriculares, cargador e caixa. Prezo: 60 euros. Tel. 649 15 70 �5.Vendo mobiliario de ofici-na. Tel. 6�6 03 51 6�.

CONTACTOSOfrécese mozo de compa-ñía para mulleres de 40 a 60 anos. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 �8.

Vendo casa de planta baixa preto de Cambeo, con dúas habitacións, cociña, comedor e un baño. Pozo e auga pota-ble. Tel. 649 67 34 9� e 988 �1 67 55Alúganse tres oficinas ex-teriores, acondicionadas. En Progreso. Tel. 637 00 59 10Vendo ático na praia de Panxón. � habitacións, � ba-ños, salón, cociña, trasteiro e garaxe. Urxe venda. Tel. 636 36 43 78Alúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pecha-do, preto ponte Milenio. Tel. 637 00 59 101.Alúgase habitación céntrica. Tel. 687 13 43 87.

Page 24: Xullo de 2015 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSXullo de �015