Abril 2014 - Ourense por Barrios

38
Número: 140 - Ano: XIII - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx. 2 CULTURA Páx. 27 BARRIOS Páx. 11 BARRIOS Páx. 7 Rabodegalo participa no concurso dos Maios A CHMS acondiciona os ríos Barbaña e Barbañica Couto Centro sortea 500 euros en vales de compra polo Día da Nai Charla sobre as subvencións Leader en Barbadás BARRIOS Páx.4 [páx. 28] Piden a dimisión do alcalde pola polémica da rúa Clara Corral Entrevista a Rocío Díaz, presidenta da A.VV. Barbaña [Páx.6] Dimite o Consello de Administración do CD Ourense O capitán Portela entrega a carta de petición de dimisión ao presidente do club, Alejandro Estévez, no partido deste domingo no Couto./P. LODEIRO.

description

A dimisión do Consello de Administración do CD Ourense, a carreira do Vinteún, a protesta do colexio dos Rosais e a MITEU, imaxes de portada.

Transcript of Abril 2014 - Ourense por Barrios

Page 1: Abril 2014 - Ourense por Barrios

Número: 140 - Ano: XIII - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx. 2 CULTURA Páx. 27BARRIOS Páx. 11BARRIOS Páx. 7

Rabodegalo participa no concurso dos Maios

A CHMS acondiciona os ríos Barbaña e Barbañica

Couto Centro sortea 500 euros en vales de compra polo Día da Nai

Charla sobre as subvencións Leaderen Barbadás

BARRIOS Páx.4

[páx. 28]

Piden a dimisión do alcalde pola polémica da rúa Clara Corral

Entrevista a Rocío Díaz,

presidenta da A.VV. Barbaña [Páx.6]

Dimite o Consello de Administración do CD Ourense

O capitán Portela entrega a carta de petición de dimisión ao presidente do club, Alejandro Estévez, no partido deste domingo no Couto./P. LODEIRO.

Page 2: Abril 2014 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSAbril de �014

TEMA DO MES

P. Lodeiro

Partido Popular e Demo-cracia Ourensana aprobaron en pleno extraordinario este pasado 15 de abril a enési-ma petición de dimisión de Agustín Fernández á que o rexedor socialista, de novo, non fixo caso. O pleno fora solicitado polos populares para que o alcalde ourensán aclarase a urbanización da rúa Clara Corral Aller, onde ten a súa vivenda. Un pleno ao que o BNG non acudiu por considerar que as se-sións extraordinarias deben ser para tratar “cuestións importantes” para a cidade e non para converterse “nun circo” e no que a única in-tervención de DO foi ape-nas para dicir que votaría a favor de dimisión e para pedir “que cheguen pronto as eleccións de 2015”.

Do debatido durante a se-sión, practicamente un toma e daca entre PP e PSOE, quedaron varias conclu-sións. Primeiro, a petición á xustiza por parte do alcalde, para que se “indaguen as relación políticas de todas as persoas que interviron na

resurrección do meu expe-diente”. Subliñou o máximo mandatario socialista que a reapertura do expediente de urbanización da súa rúa ten a súa orixe nun “documen-to falso”, unha alegación feita supostamente por un veciño seu –e que o veciño nega ter realizado- na que se invoca o principio de igualdade co alcalde para a devolución do seu aval.

Este documento orixinou unha denuncia do grupo de goberno nos xulgados por un presunto delito de falsi-dade en documento público e suplantación de identida-de, e Agustín Fernández ve responsables tanto “quen o fixeron” como “quen o uti-lizan e se aproveitan del”, en alusión ao PP.

Segundo, o aviso do vo-ceiro popular, Rosendo

PLENO EXTRAORDINARIO

A polémica da urbanización da rúa Clara Corral xustifica unha nova solicitude de dimisión ao alcalde4 PP e DO volveron pedir a Agustín Fernández que dimita nunha sesión plenaria extraordinaria á que non acudiu o BNG.

Fernández, ao Goberno socialista de que se deixan caducar o expediente sobre a urbanización da rúa do al-calde ampliará a súa denun-cia contra el nos xulgados.

Terceiro, a advertencia coa que Agustín Fernández pechaba o debate a “aque-las alimañas políticas que indaguen na miña familia e no meu neto, que se deixen de meter en cousas sagra-das porque senón que Deus os pille confesados”.

Polo camiño, as xustifi-cacións por boca da conce-lleira de Urbanismo, Áurea Soto, de que o rexedor re-

cibira o mesmo trato que o resto de ourensáns en casos similares: “todos os expedientes dos últimos 30 anos foron informados po-los enxeñeiros a favor da devolución do aval”, dixo.

Preguntas sen respon-der

E no aire, as preguntas que lle fixo o voceiro do PP ao alcalde e que quedaron sen responder: se o papel empregado nas alegacións de Agustín Fernández era da Axencia Tributaria, des-de cando vivía na súa casa e se tiña pagado o IBI con

anterioridade a �006, e por que o orzamento das obras na rúa Clara Corral Aller pasou dos 227.000 aos 263.000 euros finalmente gastados.

Máis iniciativas sobre o tema

As explicacións dadas polo rexedor no pleno extraordinario non foron suficientes para o Partido Popular, que xa presentou unha moción para o ple-no ordinario de maio para debatir a creación dunha comisión de investigación sobre a urbanización da rúa Clara Corral Aller, “en aras de aclarar a presunta comisión dos delitos de suplantación de identidade e falsedade en documento público”.

O PP considera “impres-cindible” unha investiga-ción no eido político, tendo en conta que os feitos de-nunciados poñen en entre-dito “a transparencia e o bo facer dos trámites adminis-trativos nesta institución”.

Asemade, o PP solicitou por escrito ao Goberno mu-nicipal que lle explique cal é o estado do expediente da casa do alcalde, cando pen-san resolvelo e se Agustín Fernández Gallego saldou xa a súa débeda co Conce-llo de Ourense.

Agustín Fernández rematou o pleno ameazando a quen indague na súa familia: “que se deixen de meter en cousas sa-gradas porque senón que Deus os pille confesados”, dixo./P.LODEIRO.

O alcalde pide que se investiguen as “relacións políticas de todas as persoas que interviron na resurrección do meu expediente”

O PP avisa de que se o Goberno socialista deixa caducar o expediente da casa do alcalde, ampliarán a súa denuncia nos xulgados

Page 3: Abril 2014 - Ourense por Barrios

3Ourense por BARRIOSAbril de �014

TEMA DO MES

P. Lodeiro

“Os nenos dos Rosais non somos tropicais”. Baixo este chamativo lema, e acompañados de toallas, sombrillas e demais ‘bártu-los’ estivais, o alumnado do colexio Amadeo Rodríguez Barroso realizou unha pro-testa o pasado �4 de abril, para chamar a atención das autoridades académicas so-bre as condicións nas que reciben clase.

Se hai un par de anos a protesta era pola falta de calefacción, agora as súas queixas céntranse nas altas temperaturas de ata case 40 graos que sofren nas aulas da parte sur do colexio.

O conselleiro de Cultu-ra, Educación e Ordena-ción Universitaria, Xesús Vázquez, e o delegado da Xunta na provincia de Ourense, Rogelio Mar-tínez, visitaron o CEIP Virxe de Covadonga para coñecer as necesidades do centro e interesarse polo avance do curso educativo no mesmo.

Durante o seu percorri-do polo colexio, no que estivo acompañado polo seu director, Constanti-

“Os máis pequenos, que están na planta baixa, aínda o pasan peor porque o sol rebota no piso de goma do patio. Algúns xa se puxeron maliños pola calor”, rezaba o comunicado lido por un dos cativos. As ventás de aluminio son negras e as persianas están colocadas por dentro o que agrava o problema. Entenden desde o centro de ensino que “o edificio é noviño, e foi ca-risimo de facer cos cartos de todos, pero ten defectos moi grandes para o uso que o encargaron”, e por iso re-claman que ben a empresa construtora ben a Xunta directamente deben facerse cargo das reparacións.

Protesta nos Rosais polas altas temperaturas que soportan os escolares4 A ANPA do CEIP Amadeo Rodríguez Barroso pide á Consellería de Educación que instale toldos e tome as medidas precisas para solucionar este problema.

A ANPA do centro educa-tivo ourensán xa se dirixira no mes de marzo por carta ao conselleiro de Educa-ción para que poña “rápi-da solución” ao problema, “agora que entramos na primavera”, adxuntando as súa demanda ás sinaturas de pais e nais.

O conselleiro respondeNunha visita a outro

CEIP da cidade, o de Co-vadonga, o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, admitiu que hai centros educativos novos como a ampliación do Ro-dríguez Barroso que pre-sentan deficiencias estru-turais pero xustificouno en que é “unha cuestión que vén herdada” do goberno bipartito. Vázquez afirmou que o seu departamento está “traballando dunha maneira seria e rigorosa, pero to-dos temos que entender a

situación económica”; así, recordou o compromiso do seu goberno de colocar tol-dos nas aulas de infantil (as do primeiro piso) este ano, e deixar para o ano próxi-

mo, en función das dispoñi-bilidades económicas, a súa colocación na planta alta do edificio.

Ademais, o conselleiro criticou que os proxenitores

no Seoane, o conselleiro interesouse polo desenvol-vemento do contrato-pro-grama asinado co centro, na liña de reforzo, orienta-ción e apoio, na que están implicados 30 estudantes de �º e 3º de primaria e un docente.

Aulas AbalarAsí mesmo, Vázquez tivo

a oportunidade de visitar as aulas Abalar do CEIP e de interesarse polo desenvol-vemento no mesmo deste

proxecto de integración das novas tecnoloxías da información e a comuni-cación no día a día dun colexio.

Solicitude de mellorasAsemade, a comunida-

de educativa amosoulle as instalacións ao titular do departamento educativo da Xunta de Galicia soli-citando algunhas melloras para os próximos meses que o conselleiro se com-prometeu a estudar.

Protesta dos escolares dos Rosais polos defectos do centro educativo./M.REJO

Xesús Vázquez e Rogelio Martínez fixeron un percorrido polo centro escolar Virxe de Covadonga acompañados do seu director./M.REJO

dos Rosais empregaran aos menores para as súas rei-vindicacións.

4 O conselleiro de Educación interésase polas necesidades do CEIP Virxe de Covadonga

As aulas da zona sur do centro acadan temperaturas de case 40 graos. As ventás de aluminio son negras e as persianas están colocadas por dentro

Xesús Vázquez recoñeceu as deficiencias do colexio Rodríguez Barroso aínda que asegurou que son “herdadas do goberno bipartito”

Page 4: Abril 2014 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSAbril de �014

BARRIOS

EN BREVE

Redacción

A Confederación Hi-drográfica do Miño-Sil (CHMS) intensifica os traballos de restauración hidrolóxico-forestal nos ríos Barbaña e Barbañica, ao seu paso polos conce-llos de Ourense, Barbadás e San Cibrao das Viñas.

A programación dos traballos realizouse aten-dendo á problemática concreta da zona e, por iso, trabállase na roza de ambas as marxes para eli-minar a vexetación herbá-cea e arbustiva invasora e na poda da vexetación de paso que impide o acceso e tránsito polas ribeiras.

Realizaranse, ademais, tratamentos silvícolas e rozas puntuais da vexeta-ción existente eliminando o exceso de matogueira

e a maleza acumulada nal-gunhas zonas, co obxectivo principal de mellorar a ca-pacidade de desaugadoiro das canles e acondicionan-do a banda de vexetación dos mesmos, tanto en den-sidade como en estrutura. Por outra banda, retiraranse as árbores caídas e suscep-tibles de caer á canle, que poderían provocar risco de desbordamentos puntuais e erosión nos noiros.

Tamén levarán a cabo clareos e podas selectivas sobre o estrato arbóreo, retirando ás árbores secas, e respectando en todo mo-mento as especies arbusti-vas autóctonas, con espe-cial coidado de seleccionar os rebrotes destas para ini-ciar a súa repoboación nas zonas rasas e despoboadas.

Os traballos serán com-pletados coa retirada dos

lixos e residuos sólidos urbanos presentes en am-bas as marxes, que serán transportados a un verte-doiro ou entregados a un xestor autorizado.

Estas actuacións están a ser realizadas por unha brigada composta por seis operarios que realizan o seu labor fundamental-mente por medios manuais e con maquinaria compati-ble coa zona de actuación, todo iso co ánimo de non danar a vexetación de ri-beira ben conservada.

O investimento previsto supera os 90 mil euros e os traballos prolongaranse durante tres meses ao lon-go de máis de sete quiló-metros de canle.

A Confederación Hidrográfica acondicionará os ríos Barbaña e Barbañica4 Mellorará a capacidade de desaugadoiro de ambos ríos ao longo de sete quilómetros.

Os traballos prolongaranse durante tres meses

4 Elixida a empresa que reanudará La Molinera

O remate das obras de construción do Centro de Coñecemento La Molinera deu un paso adiante coa aprobación, por parte da Xunta de Goberno, da ordenación das ofertas presentadas ao concurso convocado polo Concello para contratar as obras que permitirán completar a construción deste equipamento municipal destinado ás novas tecnoloxías.

Unha vez avaliadas as propostas das catro em-presas presentadas, Obras y Servicios Gómez Cres-po, S.L. obtivo a mellor valoración, de acordo cos criterios fixados no prego de condicións. A empre-sa dispuña dun prazo de 10 días para que achegue a documentación precisa para completar a adxu-dicación das obras, que teñen un orzamento de 320.000 euros.

4 Novo plan para Seixalbo

A Concellería de Urba-nismo vén de presentar un novo plan especial para Seixalbo que posibilitará manter a rehabilitación neste núcleo etnográfico da capital. A caída do PXOM de �003 provocara un “ba-leiro xurídico” que busca solventarse con este novo documento, aprobado en Xunta de Goberno. Tras un período de exposición pú-blica aberto a alegacións, será aprobado en pleno.

No núcleo lévanse rea-lizado medio cento de rehabilitacións así como concedidas máis de cen licenzas de obra menor.

Cal é o seu obxetivo como profesional da psi-coloxía?

“Moitas veces determi-nadas situacións (laborais, familiares, de parella) ou certos problemas (de con-ducta, emocionais, cogni-tivos), tanto sexan nosos como da nosa familia, nos afectan e producen un ma-lestar que se nos fai dificil de levar ou que non sabe-mos ben como afrontar. O meu obxectivo é poder axudar ás persoas (inde-pendentemente da súa idade) a sentirse mellor, tanto con elas mesmas como no seu contorno fa-miliar, social e laboral”.

E para poder acadar dito obxetivo que servi-zos oferta?

“Oferto atención psico-lóxica e psicopedagóxica a adultos, adolescente e nenos para o abordaxe de diversos problemas e si-tuacións (tanto de forma presencial na consulta, como a domicilio, e no prazo máximo dun mes ampliarei as opcións á modalidade de consulta on-line). Realizo tamén te-rapia familiar e de parella, organizo talleres grupais e ofrezo orientación educa-tiva e profesional. Adop-tando o enfoque de terapia que mellor poida responder ás necesidades particulares da persoa demandante”.

Canto tempo leva exer-cendo como psicóloga?

Dende que obtiven a Li-cenciatura, no ano 93, levo traballando en diversas áreas da psicoloxía (social, educativa e clínica –infan-toxuvenil e adultos- ); é di-cir más de 20 anos. E agora

mesmo, e como especialista en Déficit de Atención e hi-peractividade, ademais de exercer como psicóloga no meu gabinete tamén formo parte do equipo de profe-sionais que compoñen o Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (INGADA), fundación sen ánimo de lucro que preside o prestixioso Dr. Ángel Ca-rracedo e que nuns meses porá en funcionamento a sua sede de Ourense”.

Cal considera o maior impedimento para que a xente acuda ao psicólogo?

“Penso que as razóns fun-damentais son dúas: o des-coñecemento da psicoloxía e dos beneficios que pode aportar (crer que só os “to-los” van ao psicólogo, crer que a situación pola que están a pasar non é en rea-lidade tan grave como para requerir atención psicolóxi-ca, que se resolverá só, etc.) Aínda que isto está cam-biando pouco a pouco.

E económicas, pois moita xente non pode facer fronte ao gasto que pode supor unha terapia psicolóxica a nivel privado. E a nivel público a sobresaturación impide o se-guimento que require unha abordaxe eficaz”.

ENTREVISTA

Celia Dominguez Mondragón é psicóloga e orientadora con gabinete na Valenzá

Traballos de limpeza das canles do Barbaña e Barbañica./CHMS.

Celia Domínguez.

Page 5: Abril 2014 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSAbril de �014

PUBLICIDADE

Page 6: Abril 2014 - Ourense por Barrios

6 Ourense por BARRIOSAbril de �014 BARRIOS

Silvia Nieto

Doce anos leva Rocío Díaz á fronte da Asocia-ción de Veciños do Barbaña. Máis dunha década aten-dendo as necesidades do seu barrio e loitando por elas, pero ata agora as autorida-des políticas sempre gañan as batallas. Boas palabras e ningún feito é o que obteñen estes veciños ante os seus problemas cotiás.

Cando xurdiu a asocia-ción?

Rocío Díaz: “No ano �00� inaugurouse o local, pero xa levábamos un ano loitando para conseguilo. Durante ese tempo fixemos actividades nos parques, no colexio de árbitros, nas pro-pias casas…”

E dende entón presiden-ta?

R.D.: “Si, son presidenta dende fai 12 anos, pero a verdade é que non sabía no que me metía. E agora sigo acá porque non hai quen co-lla o relevo, cada vez que re-matan os prazos para reno-var a directiva atopámonos con que non hai xente nova. Entendo que é difícil porque require moito tempo, moi-ta dedicación e a xente non está polo labor de dar tempo a unha obra social sen re-cibir ningunha retribución económica, porque acá pá-sanse moitas horas, moitos sinsabores, moito traballo e non gañas nin para un café, é unha actividade desinte-resada polo barrio. E o pro-blema é que moitos veciños non o entenden, pensan que está nas túas mans solucio-nar o problema que teñen e non o está porque ti loitas co poder e non hai maneira de que che fagan caso, todo son boas palabras pero ao final

dan a volta e non fan nada. Dame igual que me digan que si ou que non porque xa sei que é que non sempre. Entón vaste desencantando.

E o que pasa é que a xente é moi dada a querer que lle solucionen os problemas sen mollarse. Na última asam-blea enviamos información para que a xente viñese para facer unha forza maior entre todos, pero non obtivemos resposta. A min queixas pola rúa danmas seguido, pero a solución non está nas miñas mans, eu só podo facer es-critos, pero dá igual que os faga ou que non”.

Nestes anos os proble-mas do barrio foron mu-dando?

R.D.: “Temos os mesmos problemas. Estamos loitan-do dende que empezamos polo mesmo, estanse dete-riorando máis as cousas, non se arranxa nada en absoluto e ata que caia todo”.

Un deses problemas é o lixo que queda no parque e río Barbaña despois da feira dos días 7, 17 e 26 de cada mes.

R.D.: “Aos veciños non nos molestan os postos, mo-léstannos o descontrol e a suciedade que deixan des-pois. Hai unha normativa que non se cumpre nunca, circulan os coches polo me-dio do parque estropeando o céspede, poñen os postos no medio da ponte, impiden a entrada aos garaxes, non recollen a basura, etc. Esta-mos en contra diso porque, ademais, os impostos que pagan os vendedores am-bulantes recáudaos a Praza de Abastos, algo inaudito que unha entidade privada cobre por espazo público, e ademais non invirte nada do que gaña. O lóxico é que se teñen interese en que se ce-lebre a feira, deberían invo-lucrarse en que todo estive-se e quedase en bo estado. Enriba de que o deterioran eles temos que, cos im-postos que pagamos todos, repoñer as losetas. E, ade-

mais, deixan todo cheo de lixo, porque co que se xera na feira podemos recoller nesa zona toneladas de lixo, algo incomprensible estan-do no centro de Ourense e nun paseo tan fermoso”.

Cal é a resposta do Con-cello neste senso?

R.D.: “Sempre respon-den que se vai facer algo, pero levamos �0 anos agar-dando a que o fagan. E dá o mesmo este goberno, que o anterior, que o que veña, que todos… Só se preocu-pan dos problemas que te-ñen entre eles, o dos cida-dáns non lles importa para nada”.

Fóra de cores políticas, ningún goberno deu a ta-lla cos veciños?

R.D.: “Non, ningún. Es-tán todos suspensos. Só se preocupan das rúas máis céntricas para que as vexan ben e o resto non lles im-porta”.

Neste caso, aínda estan-do moi próximos ao cen-tro, a ubicación non vos beneficia.

R.D.: “Non, é unha zona que liga todas as termas, é unha zona privilexiada, e aínda así as pedras están

descolchadas, os muros caídos, faltan sumidoiros, non se repoñen as farolas en mal estado, as árbores morren de pé… non hai in-terese por nada”.

E a pasarela?R.D.: “Aí precisamente

está a mostra da deixadez do Concello, porque a ca-fetería que está no parque Barbaña (O Agasallo) ten a concesión da mesma a cam-bio de manter limpo o par-que, a pasarela e o río entre Portocarreiro e a pasarela. E por que o temos neste es-tado? Algo haberá para que ningún goberno o fixera cumprir coa normativa. Hai dous anos estivo acá o alcal-de con cinco concelleiros e ensinámoslle esta lei e dixé-ronnos que tiñamos razón e que se ía arranxar de inme-diato, pois seguimos igual. Algo ten que haber detrás, porque se non é imposible que a unha xente que se lu-cra dun espazo público non a obriguen a ter as cousas como deben telas. Esta pa-sarela está así porque quere o Concello, porque podería estar en perfecto estado sen que lles coste absolutamente nada. E nós loitamos moito

tempo, houbo manifesta-cións, e enriba temos a lei da nosa parte, pero non nos fan caso, polo que estamos desencantados.

A min que non me pidan o voto, porque para máis reco-chineo cando hai un magosto ou unha sardiñada veñen to-dos os políticos para facerse a foto. Eu a última vez bo-teinos. Porque, polo menos, que veñan de vez en cando a ver os problemas que hai e de �0 que solucionen un, pero que non veñan só nas festas para a foto, a min iso non me sirve”.

A Confederación vaise encargar de acondicionar os ríos Barbaña e Barba-ñica, que vos parece?

R.D.: “Van investir moito diñeiro en limpar os ríos e iso está moi ben, pero non nos sirve que o fagan unha vez cada tres anos, queremos unha limpeza constante. Se estamos promovendo o coi-dado do medioambiente non nos sirve que non fagan lim-pezas en tanto tempo, nin que os vertidos vaian parar aos ríos, que estea todo con-taminado… É contradicto-rio que a min me pidan que teña na casa diversos reci-

pientes para reciclar o lixo e eles non fan nada cando a xente o tira todo ao río, eles deberían ser os primeiros de dar exemplo”.

Ademais de atender as queixas dos veciños, que actividades organizades?

R.D.: “Na tempada �013-�014, semellante ao curso escolar, organizamos clases de ximnasia, bailes de sa-lón, quigong, manualidades, encaixe de bolillos, cociña, teatro, canto, gaita, infor-mática, danza do ventre, re-laxación, fotografía dixital e fabricación de xabóns. Ade-mais, todos os anos organi-zamos unha sardiñada en San Xoán e o magosto. To-das elas funcionan de mara-billa, polo noso local pasan cada semana unhas 300 per-soas, o local está aberto den-de a mañá ata as 10 da noite, a verdade é que os veciños responden moi ben a todo o que organizamos. Ademais, eles propóñennos cousas e se hai un grupo de máis de �0 persoas organizamos sen problema a actividade que eles desexen”.

Envíalle unha mensaxe aos veciños do barrio.

R.D.: “Os veciños saben que nos teñen acá para todo o que precisen, que estamos abertos a todas as propos-tas que nos fagan, que se podemos axudalos no que sexa farémolo. Só darlle as grazas a todos por participar nas actividades, por estar do noso lado e por darnos apoio, porque cando a xente se dá conta do traballo que levamos é cando nos senti-mos máis satisfeitos”.

E outra ás autoridades.R.D.: “Aos políticos que-

ro dicirlles que estamos acá non só para as festas, que precisamos que se preocu-pen polos barrios. Deben deixar un pouco de lado os seus problemas e ver o mun-do real. Xa que pagamos impostos que arranxen as cousas que están mal e que se comporten como deben facelo”.

ENTREVISTA A ROCíO DíA - PRESIDENTA DA A.VV. BARBAñA

“Os políticos ourensáns só se preocupan dos problemas entre eles, o dos cidadáns non lles importa para nada”

4 A presidenta da A.VV. Barbaña, Rocío Díaz, achéganos aos problemas do seu barrio, entre os que se atopan as molestias e suciedade que causa a feira e o incumprimento da normativa por parte do benefiario da concesión da cafetería do parque Barbaña.

“Os impostos dos vendedores ambulantes da feira recáudaos a Praza de Abastos, algo inaudito que unha entidade privada cobre por espazo público, e por enriba non inviste nada”

“Nas festas os políticos veñen a facerse a foto, a min iso non me sirve. A última vez boteinos”

Rocío Díaz, presidenta da AVV Barbaña, ante o local social do barrio./S.N.

Page 7: Abril 2014 - Ourense por Barrios

�Ourense por BARRIOSAbril de �014BARRIOS

Unha vez máis, o Centro Comercial Aberto Couto Centro quere celebrar o Día da Nai agasallando aos seus clientes coa posibilidade de gañar vales por valor de 100 euros e ofrecendo ademais o seu xa tradicional servizo de gardería.

Para iso, as compras rea-lizadas entre o �5 e o 5 de maio serán agasalladas cun boleto que os clientes terán que cumprimentar cos seus datos e entregar no propio establecemento, e polo que participarán no sorteo de cinco premios por valor de 100 euros cada un, en va-les canxeables para mercar nos comercios asociados ao CCA Couto Centro.

O sorteo realizarase o martes 6 de maio ás 13:30 horas, no local da Asocia-ción (Rúa Ervedelo, nº 2, local 3) e o resultado deste comunicaráselle aos gaña-dores telefonicamente.

Parque infantil e obra-doiros

Ademais para facilitar as compras aos seus clientes, os socios de Couto Centro tamén lles entregarán un boleto que lle ofrece dúas posibilidades de ocio para os cativos da casa. Por unha banda, levar a un neno ou nena entre os días �8 de abril e 6 de maio (excep-tuando o día 1 de maio), ata dúas horas ao parque infan-til Dragonenos, situado na rúa Salvador de Madariaga nº�, no que poderán pasar un bo rato.

O parque infantil está aberto de luns a venres de

4O CCA COUTO CENTRO INFORMA

Couto Centro celebra o Día da Nai sorteando 500 euros en vales de compra

1� a �1 horas e sábados e domingos de 1� a 14 e de 17 a 21 horas.

A outra opción é partici-par nos obradoiros de con-fección de regaliños para mamá que terán lugar o venres � de maio de 18:30 a �0:30 h e o sábado 3 de 11:00 a 13:00 h na Acade-mia Heyxe, situada na pra-za Pedro Monteagudo nº 1. Para participar será necesa-ria a inscrición previa antes do venres �, chamando ao número de teléfono 649 559 270.

Cartel promocional do Dia da Nai en CCA Couto Centro.

4 Convenio con SabadellGallego

Couto Centro vén de asinar un convenio de colaboración con Saba-dellGallego en virtude do cal o banco pon a dis-posición dos asociados un conxunto de produ-tos e servizos financiei-ros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados a súa econo-mía profesional e per-soal e sendo extensibles estas vantaxes tamén aos seus familiares e empre-gados.

A oferta engloba pro-dutos de aforro-inversión, financiación e servizos.

Aprobado o proxecto de urbanización da Trinidade4 Último paso para que este ámbito do casco histórico poida ser urbanizado.P.L.

Despois de seren apro-bados o estudo de detalle e o proxecto de equidis-tribución da Trinidade, a Xunta de Goberno local do Concello de Ourense vén de aprobar inicialmente o proxecto de urbanización deste ámbito do casco his-tórico, último paso para que os propietarios poidan –de estaren interesados- iniciar a construción das vivendas previstas.

A concelleira de Urba-nismo, Áurea Soto, com-pareceu acompañada de tres técnicos da Oficina de Rehabilitación, para dar conta desta aproba-ción, que unha vez resol-ta permitirá a inscrición do ámbito no Rexistro da Propiedade. “É prioritario telo desenvolto para que cando haxa interese (de promotores inmobiliarios) poida ser concretado coa

maior rapidez”, apuntaba a edil.

Detalles técnicosUnha das técnicas, a ar-

quitecta Elsa Barbujo, expli-cou os detalles do proxecto de urbanización deste solar da zona vella de Ourense, comprendido entre as rúas Colón, Padre Feijoo, Pelayo e Canella Cega. Está pre-visto demoler tres edifica-cións en ruínas no ámbito, así como trasladar un lava-deiro e un pozo existentes, e levantar as plaquetas da cripta da igrexa da Trini-dade e da rúa Pelayo, cuxo pavimento será renovado. Os muros interiores des-montaranse e reutilizaranse na urbanización desta praza interior de 1.118 metros ca-drados, que resolverá con lixeiras pendentes e escali-natas as diferenzas de cota existentes entre as diversas partes do solar. A actuación comprende ademais a reno-

vación das instalación de saneamento, abastecemen-to, gas, electricidade, alu-meado público, telefonía e cable. Á praza accederase polos baixos de varios dos edificios previstos.

O custo da urbanización é de 470.000 euros e deberá ser asumido polos propie-tarios do solar, sete particu-lares máis a Igrexa. Cabe a posibilidade de que sexa a Administración local a que efectúe primeiro a urbani-zación e logo lle repercu-ta os gastos a cada un dos donos, ou ben que sexa un promotor único o que urba-nice todo o ámbito, se mer-ca todas as propiedades. En todo caso, polo momento é algo que o Concello non ten decidido.

O proxecto para a Trinidade aprobado polo Concello prevé demoler tres edificacións en ruínas. /RAMSÉS.

Sete particulares máis a Igrexa son os titulares dos terreos

Page 8: Abril 2014 - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSAbril de �014

ECONOMÍA, EMPREGO E EMPRESAS

A Estación de Servizo de Reza dispón dos mello-res servizos para todos os vehículos e sempre apos-ta pola mellora continua para manter un excelente nivel de calidade en todos os seus servizos. Ademais, para agradecer a confian-za depositada por parte de todos os clientes, realiza continuos sorteos nos que as papeletas se conseguen co mero feito de repoñer combustible.

A Gasolineira de Reza pertence ao Grupo An-pian, grupo empresarial da provincia, nacido hai 55 anos e cun recoñeci-do prestixio no sector do Transporte de Viaxeiros. Anpian dispón da me-llor frota de autocares da provincia, equipados coas últimas novidades en Se-guridade e Confort.

Ademais de todas as obras acometidas nos dous

últimos anos na Estación de Servizo Reza, a área para a limpeza dos vehículos foi totalmente renovada: varias pontes de lavado para turis-mos, caravanas e vehículos industriais (autobuses e ca-mións), lavados manuais a presión, potentes aspira-doras e zona para a carga e descarga de augas de au-tocaravanas. A Gasolineira Reza é o único punto de referencia na cidade como área de servizo para auto-caravanas.

Grazas á excelente aten-ción e aos servizos que presta a Gasolineira de Reza, esta foi galardoada

como a estación de servi-zo mellor valorada polos seus clientes, no �013 en toda Galicia, segundo un estudo realizado por Rep-sol entre as súas máis de 3.000 gasolineiras. Este estudo tamén revelou que é a 6ª mellor valorada en toda España e só a 15 dé-cimas de puntuación da número 1.

A gasolineira de Reza atende aos seus clientes todos os días de 0�:00 h a ��:30 h e por cada 30 euros de repostaxe regala unha papeleta para o sor-teo dunha televisión LED de 40 polgadas.

O mellor servizo, na Estación de Servizo de Reza

Estación de servizo de Reza.

PROMOCIÓN AUTO GAS: O teu próximo depósito de GLP

pode sairche gratisConsulta as condicións na estación de servizo Reza

Con 3� anos de anda-dura, Loyma é toda unha referenza no mundo da xoieiría ourensá, e en particular, no que se refi-re a xoias para noivos. A fronte deste negocio ató-panse Loly e Manolo, que desde o seu local da rúa Pena Corneira (trala Cate-dral) preparan as alianzas ao gusto de cada parella: “personalizamos as alian-zas en ancho, en diferentes cores (ouro branco, ama-relo e cor rosa), pódense fabricar con e sen brillan-tes, e de todos os prezos”, apunta Loly, que explica que poden ofrecer este amplo abano porque son fabricantes, “os únicos de Galicia”. “Incluso hai pa-rellas de noivos que as fan diferentes, a dela de ouro branco e dun determinado grosor e a del amarelo, ex-plica. Todas elas, tamén as máis tradicionais, fanse cunha redondez polo in-

terior denominada confort para ofrecer maior comodi-dade no seu uso, troquela-das e sen soldadura. E coa vantaxe de estar á venda cun 15% de desconto.

En Loyma tamén ofrecen pendentes de voda perso-nalizados (en longo, con perlas, etc.) así como outro tipo de xoias e un amplo catálogo de reloxos, de marcas punteiras españo-las e italianas En época de comuñóns como a que co-mezamos, teñen os produ-tos perfectos para regalar: reloxos, conxuntos de pen-dentes e sortixas, xoieiros, huchas…

Na páxina web da xoie-ría www.joyerialoyma.es e no seu Facebook poden ver unha mostra da varie-dade de produto de que dispoñen, pero se están in-terados, recomendámoslles que se acheguen ata o seu establecemento para com-probalo in situ.

Joyería Loyma, especialistas en noivos

4 A Praza de Abastos potencia as redes sociais

A Praza de Abastos de Ourense lanzou unha nova campaña coa que pretende fomentar a súa páxina nas redes sociais, Facebook, Twitter, ou Google+ en-tre outros, onde se publi-can todas as novidades do mercado, e á vez agradecer a fidelidade dos usuarios.

Dita campaña consiste en regalar packs de parau-gas e carriños da compra entre os mellores comen-tarios que os usuarios pu-bliquen na páxina, para iso deben facerse amigos da mesma e escribir por que lles gusta a Praza de Abastos.

4 Ourense Centro integra as novas tecnoloxías

O CCA Ourense Centro e o Polígono Virtual de Galicia veñen de asinar un convenio de colaboración mediante o cal os asocia-dos do centro comercial poderán incorporar aos seus negocios unha tenda online con pasarela de pago integrada.

Ademais, poderán for-mar parte dun directorio virtual dentro da sección “Comercio de Ourense” da web do Polígono Vir-tual, e mellorarán a súa visibilidade na rede. O obxectivo final: ampliar as posibilidades de venda dos negocios.

EN BREVE

Loly e Manolo, propietarios de Loyma, atentendo a unha parella.

Page 9: Abril 2014 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOSAbril de �014PUBLICIDADE

Page 10: Abril 2014 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSAbril de �014 BARRIOS

Destinan 111.000 euros para obras en seis rúas 4 As reparacións serán na avenida da Habana, Ramón Cabanillas, Xoán XXIII, Concello, Cu-rros Enríquez e Prado de Lonia.Redacción

O Concello de Ouren-se rehabilitará este ano o firme de senllos tramos da avenida da Habana e da rúa Ramón Cabanillas, así como reparacións pun-tuais en Curros Enríquez, Concello, Xoán XXIII e Prado de Lonia.

As obras forman par-te do proxecto redactado polo Servizo de Enxeñe-ría Municipal, e disporán dun orzamento de 111.487 euros.

No tramo entre Curros Enríquez e a praza Con-cepción Arenal da ave-nida da Habana e entre Bedoya e a Habana da rúa Ramón Cabanillas o pavimento está composto por unha capa de rodadura de adoquín granítico que se atopa en servizo dende hai máis de 15 anos e que presenta na actualidade deficiencias que afectan á seguridade da circulación, á comodidade do usuario e á durabilidade do pa-vimento. Para corrixir as deficiencias observadas, plantéxase unha solución de rehabilitación de firme con recrecemento, solu-ción que xa se adoptou no seu día para o primeiro tra-mo da avenida da Habana rehabilitado, con moi bos resultados ata a data.

Reparación do firme en Prado Lonia

Na rúa Prado de Lonia, no seu primeiro tramo desde a estrada OU-536,

Mal estado do firme no campusMalestar veciñal polo mal estado das beirarrúas e o firme das rúas Telleira e Dr. Te-

mes na zona universitaria, con numerosas fochancas e beirarrúas moi deterioradas.As rúas Telleira e Dr.Temes mostran síntomas de deterioro a causa do inexistente

mantemento por parte do Concello. A rúa Dr.Temes que bordea todo o recinto univer-sitario foi parcheada recentemente en varias ocasións pero ao pouco tempo o estado do firme volve ser malo. No caso da rúa Telleira son varios os tramos de beirarrúa onde as baldosas están soltas ou incluso hai grandes buratos.

4FOTO DENUNCIA

Consellos saudables en CovadongaA asociación de veciños de Covadonga organizou, este pasado xoves 24, unha charla

sobre estilos de vida e hábitos saudables. A charla, á que acudiu un bo número de ve-ciños, foi impartida por unha doutora do complexo hospitalario ourensán, que achegou o seu punto de vista e recomendacións sobre o consumo de tabaco ou de alcohol, entre outros.

A ponente da charla xunto á coordinadora de Igualdade do PPOU, María Antonia Rilo, e a presidenta da asociación de Covadonga, Esperanza Martín./P.LODEIRO.

O pavimento da rúa Ramón Cabanillas está adoquinado e presenta moitas deficiencias./P.LODEIRO.

é preciso acometer a repa-ración do firme na inter-sección coa rúa de acceso á Universidade, que fai precisa unha rehabilitación estructural desta zona do pavimento.

Pola súa banda, nas rúas Xoán XXIII, Concello (fronte á Subdelegación de Goberno) e Curros Enrí-quez, as paradas de autobús e zonas de carga e descar-ga, que foran executadas con pavimento de adoquín, teñen un mal estado de conservación, como con-secuencia das accións do tráfico.

Así, repararanse estas

zonas, tanto as paradas de autobuses coma as zonas de estacionamento, levan-tando o pavimento de taco existente, e reconstruíndo a sección cun pavimento flexible.

As obras incluídas neste proxecto municipal teñen un prazo de execución dun mes, cun prazo de garantía de 12 meses.

Na avenida da Habana e Ramón Cabanillas substituiranse os adoquíns por outro pavimento

Unha das queixas dos veciños son os buratos existentes na rúa Telleira./RAMSÉS

Page 11: Abril 2014 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSAbril de �014

BARRIOS

Redacción

A asociación veciñal As Termas -das vivendas de promoción pública, ao carón da estación de auto-buses-, entregou no rexis-tro do Concello un escrito con varias propostas para mellorar os espazos de xo-gos da súa contorna.

No caso da zona de xo-gos infantís da rúa D so-licitaron a ampliación da zona de caucho a todo o mobiliario de xogo xa que na actualidade hai zonas nas que os xogos para os cativos están sobre grava.

Por outra banda, para a zona infantil situada ao carón da pasarela que comunica as vivendas so-ciais coa rúa San Rosendo pediron a substitución do mobiliario deteriorado, a instalación de bancos e a reforma de todo o firme, que na actualidade é de area.

Reparación de beira-rrúas e aramado

As Termas reclamou hai un par de semanas diversas melloras en varias rúas do barrio. Dende o colectivo veciñal agardan que tralas reparacións realizadas na rúa Euloxio Gómez Fran-queira o Concello “non esqueza as necesarias re-paracións das fochancas da rúa D, así como as melloras de sinalización vertical e horizontal que se pediron”.

A asociación tamén si-nala que xa foi reparado o aramado da cancha poli-

A asociación As Termas propón mellorar as zonas de xogos infantís 4 Ubicadas na rúa D e na rúa San Rosendo á altura da pasarela peonil que comunica dita rúa coas vivendas sociais.

Redacción

A asociación de desenvol-vemento rural da comarca de Ourense, Adercou, está a realizar uns seminarios intinerantes polos conce-llos integrantes da mesma (Ourense, Barbadás, A Pe-roxa, Amoeiro, Coles, Es-gos, Nogueira de Ramuín, Pereiro de Aguiar, San Ci-brao das Viñas, Toén e Vila-marín). O obxectivo é dar a coñecer e asesorar sobre as liñas de subvención Leader para que todas aquelas per-soas que queiran solicitar axuda para crear ou ampliar e modernizar a súa empresa a soliciten. A convocatoria, na que Adercou xestionará 800.000 euros de fondos eu-ropeos, está aberta ata o 31 de marzo do próximo ano.

As xornadas xa se teñen celebrado en Coles, Bar-badás e San Cibrao. Na se-sión no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barba-dás participou a xerente de Adercou, Beatriz Martínez, que informou das actua-cións que encaixan dentro

das liñas do Leader así como dos compromisos adquiridos polos promo-tores aos que se lle conce-de dita subvención.

A asesora fiscal Maite Domínguez tratou o tema dos certificados de pro-fesionaliadade, as súas características, e a súa obtención. Actualmen-te, moitos traballadores que veñen desenvolvendo unha actividade profe-sional poden obter unha acreditacion oficial que lles permita seguir acce-dendo o mercado laboral ou seguir formándose e actualizando os seus co-ñecementos.

Pola súa banda, Ramón Suárez, asesor empresa-rial mentor do IGAPE, disertou sobre o empren-demento, como realizar modelos de plans de ne-gocio e buscar investi-dores para o comenzo da actividade empresarial.

Charla informativa de Adercou no Centro Transfrontei-rizo de Barbadás.

Charlas sobre as subvencións Leader4 Na asociación de desenvol-vemento rural Adercou.

Adercou xestionará800.000 euros en fondos europeos

Zona de xogos infantís ao final da rúa San Rosendo para a que piden arranxos.

O Concello comezou a reparar as beirarrúas de Euloxio Gómez Franqueira tralas de-mandas veciñais.

deportiva xunto á estación, tal e como solicitaran en varias ocasións. O arranxo

produciuse tres meses des-pois de que parte do ara-mado caera sobre o espazo

para o xogo da chave por efecto dun dos temporais de inverno.

Page 12: Abril 2014 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSAbril de �014

O Valedor do Pobo admite a trámite a queixa formulada polo PP contra o alcalde de Ourense e a edil de UrbanismoEste organismo xa lle requeriu ao Concello información sobre o problema que motivou a queixa dos populares: a falta de información en Comisión de Pleno e o non cumprimento do acordo plenario que contemplaba a celebración anual dun pleno sobre o Estado da Cidade

O Valedor de Pobo ad-mitiu a trámite a queixa formulada polo Grupo Mu-nicipal do PP contra o alcal-de de Ourense e a edil de Urbanismo, segunda tenente de alcalde e presidenta da Comisión de Pleno. Así llo confirmou aos populares mediante un escrito, no que explica que a reclamación dos populares se axusta ao artigo 18 da Lei do Valedor do Pobo.

Tal e como se explica no escrito recibido polos popu-lares, o Valedor do Pobo xa lle requeriu información ao Goberno Municipal sobre a queixa formulada polos populares no mes de mar-zo, que expoñía o seguinte: “pola falta de actividade e deixadez de funcións, tanto para o cumprimento de acor-

dos do pleno da corporación, como por sistemática viola-ción do dereito fundamental dos membros deste grupo municipal, en concreto o recollido no artigo 23.1 e 2 da Constitución Española, sobre o libre exercicio dos cargos públicos, sen obstá-culos que dificulten ou im-posibiliten a acción política, neste caso, que teñen enco-mendada polos seus electo-res a través das urnas”.

Nos feitos que expoñen no escrito, o PPOU fai re-ferencia expresa á negativa sistemática do alcalde de Ourense -pese ás reiteradas peticións dos populares- a cumprir co acordo plenario do �9 de xaneiro de �013, que acordaba a celebración todos os meses de xaneiro de cada ano un pleno ex-

traordinario que sirva de informe e control da xestión do Goberno municipal.

Negativa a respostar preguntas dos populares

Os populares relatan ta-mén diversos episodios da negativa, tanto do alcalde en sesión plenaria, como da concelleira presidenta da Comisión de Pleno, a res-postar preguntas formuladas polo grupo popular como fe-rramenta esencial para exer-cer o seu labor de control, fiscalización e oposición á acción de goberno munici-pal, así como a denegación de copias concretas de ex-pedientes finalizados.

O Valedor do Pobo, tan pronto como reciba o infor-me solicitado ao Goberno Municipal, informará aos

populares sobre a súa ac-tuación ao respecto.

O portavoz do PP, Ro-sendo Fernández, recalca que “non deixa de ser ben triste que a actitude dictato-rial, engreída e prepotente do alcalde e da súa segun-da tenente de alcalde, teña que ser analizada e estudia-da polo Valedor do Pobo. Pero a súa absoluta falta de interese en restablecer o diálogo institucional, e a súa sistemática negativa a atender ás nosas reitera-das peticións de Xunta de Portavoces, dado o estado calamitoso no que se atopa a xestión política do Conce-llo de Ourense, nos obrigou a recurrir a outras instan-cias, co fin de defender os nosos dereitos como grupo maioritario desta cidade”

O PP pedirá unha comisión de investigación sobre a urbanización da rúa Clara Corral Aller Os populares reclamanlle ao rexedor ourensán que “devolva o que debe ás arcas municipais”

O Grupo Municipal do PP do Concello de Ourense vén de rexistrar unha moción para o pleno de maio na que se solicita unha comisión de investigación sobre a urba-nización da rúa Clara Corral Aller. En concreto, o acordo que se debatirá é a “creación dunha comisión de investi-gación formada por todos os grupos políticos, en aras de aclarar a presunta comisión dos delitos de suplantación de identidade e falsidade en documento público, no expediente referido ás obras de urbanización da rúa Cla-ra Corral Aller, así como noutros que esta comisión estime oportuno por alber-gar sospeitas deste tipo de irregularidades”.

Xustifican os populares esta moción tras ver o escrito presentado pola concelleira de Urbanismo o 10 de abril, poñendo en coñecemento da

Fiscalía a presunta comisión dos delitos de suplantación da identidade e falsidade en documento público nun expediente dun veciño da mesma rúa onde habita o alcalde.

Tendo en conta a “gravida-de” que poden supoñer estes feitos, “no tocante á posta en entredito da transparencia e o bo facer dos trámites ad-ministrativos nesta institu-ción, e aínda que sen interfe-rir nas probables dilixencias xudiciais”, o PP considera “imprescindible” unha in-vestigación no eido político para evitar que feitos como os denunciados volvan repe-tirse no Concello.

Piden ao alcalde que pa-gue o custo da urbaniza-ción

Ao respecto da Xunta de Goberno local celebrada o 11 de abril na que se acor-

dou incoar un expediente de revisión de oficio da de-volución do aval das obras de urbanización da casa do alcalde, os populares consi-deran que esta decisión rati-fica o que levan informando nas últimas semanas: “que a devolución do aval a Agus-tín Fernández Gallego non se fixo conforme á lei e que era necesario revisar este acordo –por parte do mesmo órgano que o adoptou no seu día, a Xunta de Goberno Lo-cal- antes da data prevista da caducidade do expediente”.

“Con esta medida, xa non só se nos da implicitamen-te a razón a nós” –afirma o voceiro do PP, Rosendo Fer-nández-, “senón tamén aos funcionarios aos que se lles está tratando de pór en tela de xuízo por parte do Gober-no municipal. Esta falta de respeto cara os traballadores públicos da institución que

preside é inaceptable. Parece que o señor alcalde ensegui-da esquece que el é un alto funcionario da Axencia Tri-butaria, a xulgar polas súas palabras e feitos”.

Di o portavoz municipal do PPOU que “por moito que o alcalde quixera xustificar o inxustificable, ou buscase burdas maniobras de despis-te, o único que estaba per-

seguindo eran disculpas de mal pagador. Agora, o señor Fernández Gallego debe cen-trarse no importante: pagar o que debe e deixar de deterio-rar a imaxe da cidade”.

Rosendo Fernández, nun pleno da corporación de Ourense.

Parte dos concelleiros do grupo municipal popular, nunha comparecencia de prensa sobre a urbanización da rúa onde vive o alcalde.Os populares cren que a revisión de oficio da devolución do aval das obras de urbanización da casa do alcalde dalle a

razón tanto ao PP como aos funcionarios

Page 13: Abril 2014 - Ourense por Barrios

13Ourense por BARRIOSAbril de �014

O Verea System supe-rou todos os ensaios aos que foi sometido polos técnicos do Instituto das Ciencias da Construción Eduardo Torroja, o que deu lugar á aprobación dos Documentos de Idoneida-de Técnica Nº 483R/1�, Nº 561/10 e Nº 590/12, en conformidade co Código Técnico da Edificación (CTE).

Que é un ? Documento de Idonei-

dade Técnica - DIT - é un documento de carácter voluntario expedido polo Instituto de Ciencias da Construción Eduardo To-rroja - IETcc-, que contén unha apreciación técnica favorable da idoneidade de emprego en edificación e/ou obra civil de materiais, sistemas ou procedemen-tos construtivos non tradi-cionais ou innovadores.

O IETcc é o único or-ganismo español que ten outorgada a facultade de conceder o DIT así como a confirmación doutros DIT concedidos por algún dos Organismos Membros da Organización Europea.

VEREA pon a disposi-ción de profesionais e parti-culares toda a información e asesoramento que preci-sen sobre o seu sistema de instalación Verea System. Visítenos en: www.ceramicaverea.com

ECONOMÍA, EMPRESAS E EMPREGO

Ciclóxenese explosiva, expresión que invadiu titu-lares nos medios de comu-nicación o pasado inverno, é a denominación do fenó-neno que implica a “crea-ción” dun ciclón que suce-de moi rapidamente e moi intensamente.

Un dos danos máis fre-cuentes ocasionado polo paso das cicloxéneses ex-plosivas é o desprendemen-to de materiais nos tellados. O temporal de vento é o detonante pero a causa di-recta destes desprendemen-tos adoita ser outra: unha

incorrecta elección dos ma-teriais de cuberta (cubertas de chapa metálica), a perda de adherencia do morteiro (empregado tradicional-mente para a fixación das tellas), ou mesmo, a ausen-cia de mantemento ou repa-ración.

A empresa Verea desenvolveu un sistema de colocación propio, deno-minado Verea System, que consiste nun tellado multicapa integrado por dous elementos fundamen-tais: tella cerámica e placas onduladas (de fibrocemen-

to ou asfálticas). As tellas sitúanse con espuma de po-liuretano e fíxanse m e c a n i c a -mente con ganchos me-tálicos. Adi-cionalmente, en todas as zonas singulares do te-llado (beirados, remates laterais, cumbreras e limate-

Á esquerda: tellado instalado con Verea System. Á dereita: tellado con coloca-ción tradicional con morteiro tralo paso da cicloxénese “Ulla” o 14/02/2014.

As cicloxéneses explosivas: Verea Tellas axúdache a preparar o teu tellado para o invernoDe todos é coñecido que Galicia é afectada cada ano por numerosos temporais, onde o vento e a choiva forman parte cotiá das nosas paisaxes invernais. Verea non pode evitar as cicloxénexes nin a choiva nin o vento, pero si proporciona tellas e accesorios de tellado, así como un sistema homologado para a instalación do tellado, que permitirán preparar as nosas casas para soportar inclemencias climáticas como as vividas este inverno.

sas, etc.), fíxanse as tellas con parafusos, elimi-nando por completo o uso de morteiro. Este sistema pode ser instalado so-bre calquera tipo de estrutura de cuberta inclina-da continua ou descontinua e

complétase cunha capa de illamento térmico.

O su-perou con éxito os ensaios de resistencia a ventos de máis de 200km/h e estan-queidade á auga con ven-to de 360 l/m2 nunha hora, aos que foi sometido, con-seguindo a homologación do Sistema de Instalación, por parte do Estado, que queda reflectida nos docu-mentos de idoneidade téc-nica DIT nº 483R/12.

Cursos formativos no Santa María de Europa Redacción

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez visitou o Centro Integrado de Formación Profesional “Santa María de Europa” onde na actua-lidade se están celebrando sete cursos de certificado de profesionalidade.

En total, son 105 persoas as que participan nestes cursos formándose nas es-pecialidades de operacións de fontanería, calefacción e climatización doméstica, actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería, actividades auxiliares en floraría, ope-racións auxiliares e deseño de produtos de fabricación

Máis de 260 persoas beneficiáronse do “Ourense Inserta”Redacción

Dende que o Concello de Ourense puxo en mar-cha o programa da Con-cellería de Facenda e Em-prego “Ourense Inserta”, no ano �01�, ��0 persoas, recibiron formación cuali-ficada e específica. Maio-ritariamente foron mulle-res con cargas familiares, desempregadas de longa duración.

“Ourense inserta” é proxecto de inserción so-ciolaboral que ten coma obxectivo prioritario favo-recer o acceso a un posto de traballo a aquelas per-soas pertencentes aos co-lectivos máis vulnerables

e con maiores dificultades de inserción laboral me-diante procesos de forma-ción especializada en tres eidos: dependencia, medio natural e hostalería.

Actualmente, 5� persoas están a participar en cursos formativos que contan con certificado de profesionali-dade de nivel � en sectores estratéxicos para a cidade en materia de emprego.

As accións formativas te-ñen unha duración de entre 300 e 600 horas, incluíndo titorías individualizadas ou grupais e acompañamento e orientación laboral.

Este programa que ofrece o Concello está cofinan-ciado polo Fondo Social Europeo, por medio do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, cun orzamento total de 1,3 millóns de euros.

mecánica, traballos de car-pintería e moble e docencia de formación profesional para o emprego.

Segundo destacou Martí-nez, o obxectivo prioritario

destes cursos é “a formación para o emprego dos partici-pantes”. Unha vez que rema-ten os cursos recibirán unha cualificación e certificación suficiente para a integración

no mercado de traballo e con validez en todo o terri-torio nacional.

Este ano desenvolve-ranse neste centro un total de 21 cursos.

Visita do delegado da Xunta ao Santa María Europa.

Page 14: Abril 2014 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSAbril de �014

CIDADE

Redacción

Retrasado en datas, pero este ano volverá ha-ber Concurso de Pinchos de Primavera “Sabores de Ourense”. A cuarta edición deste certame desenvolve-rase entre o �6 de maio e o 8 de xuño e os estable-cementos hostaleiros que queiran presentar pincho teñen de prazo para inscri-birse ata o 5 de maio.

Como novidades, este ano os pinchos terán un prezo máximo de �,5 euros, unha demanda dos consumidores coa que se sensibilizaron os bares, que ademais deberán pa-gar unha cota por partici-par: 50 euros se son socios da Unión de Hostaleiros de Ourense (UHO) e cen se non o son.

Malia esta cota de ins-

crición, as expectativas da Concellería de Turismo son superar con creces os 5� locais da edición anterior. Javier Outomuro, secreta-rio da UHO, animou neste sentido a estender a partici-pación polos barrios, e in-dicou que “a continuidade do concurso dá boa medida do recoñecemento” que ten entre os ourensáns.

Novos premiosNo tocante aos premios,

mantéñense os clásicos outorgados pola prensa, as votacións dos consumido-res e por un xurado profe-sional. A maiores engáden-se os premios ao pincho de mellor iniciativa emprende-dora, o pincho ‘toma pan e molla’, no que se valorará o conxunto máis saboroso, prebe incluído, e o pincho apto para celíacos.Paula Lodeiro

“Non vai ser unha orde-nanza restrictiva, vai ser bastante aberta”. Así de-finía a edil de Comercio, Juana Ageitos, a futura ordenanza de veladores de Ourense. Unha nova normativa que actualiza a vixente, que data de 199�, e que trata de poñer orde ante a proliferación de te-rrazas e veladores nos úl-timos tempos, sobre todo a raíz da nova normativa sobre tabaco. Con ela pre-téndese “facer compatible os dereitos dos cidadáns á ocupación do espazo pú-blico e as tradicións cultu-rais”, apuntaba a política

socialista, que destacou a participación de veciños, comerciantes, políticos e técnicos na súa elabora-ción.

Coa nova ordenanza de veladores, os hostaleiros pagarán por superficie de ocupación (que quedará de-limitada) e non por mesa, como ata de agora. Poderán instalar terrazas en beira-rrúas cun ancho mínimo de 1,80 m, e en rúas peo-nías, non se poderá supe-rar o 50% do ancho da rúa. En rúas de menos de catro metros, deberá deixarse un paso libre de � metros de ancho. No caso de prazas, a superficie ocupada por ve-ladores non poderá ser su-

A nova ordenanza de veladores de Ourense non será “restrictiva”4 A concelleira de Comercio, Juana Ageitos, defende que a nova normativa compatibilizará o uso cidadán dos espazos públicos coa instala-ción de terrazas por parte dos hostaleiros.

Prezo único para os “pinchos de primavera”: 2,5 euros4 O concurso terá lugar do �6 de maio ao 8 de xuño.

4 Solicitude das hortas de Montealegre

Ata o 30 de abril está aberto o prazo de soli-citudes para pedir o uso dunha das novas hortas municipais de Monteale-gre. A adxudicación será mediante sorteo entre to-das as solicitudes.

O recinto suma un total de 53 hortas, que terán acceso independente ao parque. Cinco delas serán destinadas a persoas con mobilidade reducida; e outras tantas serán cedidas á Universidade para levar a cabo proxectos de in-vestigación. O espazo es-tará dotado dunha caseta para gardar aparellos e un aseo; así como unha toma de auga por parcela.

4 Nove novos cursos na Aula CeMIT

A Aula CEMIT acolle-rá en maio e xuño nove novos cursos gratuítos de formación que achegarán á cidadanía ourensá ás no-vas tecnoloxías.

A oferta de activida-des inclúe cursos dende Iniciación á Informática ata Posicionamento web, pasando por edición de son, uso seguro de Inter-net para nais e pais, follas de cálculo, ferramentas na nube ou creación de páxi-nas web con Joomla, entre outros.

As persoas interesadas poden solicitar máis infor-mación na Aula CeMIT, sita na rúa Progreso, 44, teléfono 988 374523, ou inscribirse en http://cemit.xunta.es/centro/55.

A aula municipal forma parte da rede CeMIT da Xunta de Galicia.

EN BREVE

perior ao 30% do espazo libre, descontando zonas verdes e zonas de xogos infantís. O número máxi-mo de veladores por esta-blecemento será de 20.

O Concello contabiliza 4�3 terrazas na cidade, con aproximadamente 2.700 veladores, moitos deles en situación alegal. Catro inspectores velarán porque se cumpra a nova ordenanza, unha vez que sexa aprobada en pleno, e pase o período de alega-cións.

Nas prazas, a superficie para terrazas non poderá superar o 30% do espazo.

Moitos do 2.700 veladores da cidade están en situación alegal

O secretario da UHO, Javier Outomuro, a concelleira de Turismo, Mónica Vázquez e a técnica municipal Ana Ro-dríguez, na presentación do concurso./P.LODEIRO.

Page 15: Abril 2014 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSAbril de �014

SOCIEDADE

De Fogar do Maior a Centro Sociocomunitario4 O centro da rúa Concello cumple catro dé-cadas sendo punto de referencia para o ocio dos maiores da nosa cidade.P. Lodeiro

O Fogar do Maior -agora Centro Sociocomunitario- da rúa Concello é un dos centros sociais con máis usuarios de Ourense, pero poucos saben a súa orixe. De feito hai diverxencias: para a Xunta leva funcio-nando desde 19��, pero Antonio Dávila, un vete-rano de 88 anos que leva sendo usuario desde a súa creación, fixa esta en abril de 1974. Antonio coñece ben a historia de centro, que xurdiu da man do sindicato da construción, vidro e ce-rámica do que el formaba parte.

Despois pasou a depen-der da Administración au-tonómica, que na etapa bi-

partita cambioulle de nome -pasou a ser Centro Socio-comunitario- e de filoso-fía, ao abrir estas inmensas instalacións (1.600 metros cadrados en dúas plantas) a toda a poboación. “Antes só se podía entrar con carné (de xubilado) agora non fai falta, só é preciso apuntarse para as actividades”, apun-ta o ancián, reticente a este cambio. Tampouco lle gus-ta a “discoteca”, como lle chama ás sesións de baile que se organizan nas tar-des de domingo e festivas e que son das actividades máis concorridas do cen-tro. A nova directora da instalación, Belén Estévez, que leva apenas un mes no cargo, cifra en 150 os seus usuarios en horario de

mañá, e 350 polas tardes. O centro ten horario inin-terrumpido de 9 a �0:30 de luns a venres, e só de tarde sábados, domingos e festi-vos. Estévez defende a nova filosofía de abrir o centro a todo o mundo, de modo que se convirta en lugar de en-contro interxeneracional.

Variadas actividadesAntonio añora os vellos

tempos, as excursións reali-zadas a diversos puntos de España e as actuacións do grupo de gaitas Os Huma-nitarios e da coral do Fogar, dos que formaba parte. Con todo, as opcións de lecer para os usuarios do Cen-tro Sociocomunitario son moi amplas e para todos os gustos: ximnasia, manuali-

dades, informática, volun-tariado, así como servizo de cafetería, ximnasio, sala de lectura e de televisión, bi-blioteca e mesmo perruque-ría e sala de billar, ademais dos espazos comúns que se utilizan para a práctica de xogos, principalmente xogos de cartas e dominó, ou simplemente charlar cos

compañeiros.Tamén hai saídas, como

a reunión de centros so-ciocomunitarios galegos que se celebra unha vez o ano, ou a participación na feira Galisenior que o centro prepara xa. O que non sabe aínda é se haberá celebración de aniversario para este histórico espazo.

12 de maio, Día Mundial da FibromialxiaRedacción

A Asociación de Fibro-mialxia e Síndrome de Fa-tiga Crónica de Ourense AFFOU realizará unha xornada informativa con motivo da celebración do Día Mundial da Fibro-mialxia o 12 de maio. Ins-talarán unha carpa no Paseo (á altura da Delegación de Defensa) na que realizarán actividades de divulgación, información e asesoramen-to durante todo o día.

A fibromialxia é unha enfermidade que afecta ao redor do �% da po-boación, na súa maioría mulleres, con dor muscu-loesquelético xeralizado, asociado frecuentemente con fatiga crónica ou can-sazo. AFFOU loita polo recoñecemento social do seu colectivo, das súas li-mitacións e necesidades a nivel socio sanitario, á vez que ofrecen aos seus so-cios terapias alternativas.

Antonio Dávila, na entrada do Centro Sociocomunitario da rúa Concello, antigo Fogar do Maior./P.LODEIRO.

Page 16: Abril 2014 - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSAbril de �014

especial DEPUTACIÓN DE OURENSE

Os presidente de gober-nos provinciais de España acordaron a creación dun-ha rede interprovincial de cooperación que comparta, colabore e divulgue estra-texias de promoción, coñe-cemento e información, así como a posta en valor dos recursos propios de cada te-rritorio, iniciativa proposta polo presidente da Depu-tación de Ourense, Manuel Baltar. No acto de clausura da I Conferencia de presi-dentes de gobernos provin-ciais de España, que tivo lugar na capital ourensá, o titular do goberno ourensán dixo que esta rede interpro-vincial servirá tamén “para transferir boas prácticas en materia de apoio políti-co-económico a sectores, servizos ou accións que re-dunden na mellora econó-mico-social”.

O presidente da Deputa-ción de Badaxoz, Valentín Cortés Cabanillas, foi o en-cargado de ler a declaración institucional conxunta na que os presidentes provin-ciais reivindican o papel da provincia “como verdadei-ro ámbito para a prestación

de servizos municipais”. No documento destácase que o novo marco competencial e de racionalización “ten que vir acompañado dun novo marco de financiamento”.

Manuel Baltar agradeceu

o consenso o que chegaron os presidentes que partici-paron o longo de tres días na conferencia –máis da meta-de dos gobernos provinciais de España, representando a 9 das 1� comunidades autó-nomas que non son unipro-vinciais-, así como os seus relatorios e achegas “reali-zadas pensando sempre en como prestar mellores ser-vizos públicos”, e tamén os debates “plantexados desde o punto de vista dos execu-tivos e afastados de dema-goxias”.

Manuel Baltar anunciou que en �015 será a Depu-tación de Badaxoz quen to-mará o relevo da de Ouren-se para organizará e dar continuidade á Conferencia de presidentes de gobernos provinciais. “É o maior lo-gro desta primeira reunión: o éxito da fórmula e a de-cisión de darlle continuida-

Os presidentes de deputacións acordan a creación dunha rede interprovincial de cooperación, coñecemento e promociónNa Conferencia de presidentes de gobernos provinciais de España celebrada en Ourense

Reunión de traballo da trintena de presidentes de deputacións provinciais que participou na Conferencia celebrada en Ourense./ALBERTE PAZ.

de. Non nos equivocamos”, expresou Baltar, engadindo que son moitas as cousas de que falar, “sempre coa innegable vocación de ser-vizo público que nos une, e, nesta ocasión, con rela-torios sobre temas de tanto interese como foron a mo-dificación do réxime elec-toral, a xestión cultural, o perfil da deputación como

concello de concellos, ou reflexións para reaccionar diante de feitos tan graves como a despoboamento do medio rural”.

Gobernos do século XXIBaltar dixo que esta con-

ferencia serviu para avanzar no que considera son as ca-racterísticas principais dos gobernos provinciais do sé-

culo XXI: “a previsibilida-de –contar cun plan de xes-tión e estratexia operativa-, a cooperación, a medioam-bientalidade -gobernos verdes e sostibles-, o rigor económico e presupostario, e a transparencia para gañar en achegamento o cidadán, con que debemos compartir toda a información porque é súa; porque as deputacións

son súas”.O presidente de Ourense

avanzou os eixos estratéxi-cos nos que está a traballar xa a Deputación de Ourense para fortalecer a institución provincial. “Redefiniremos a estrutura político-institu-cional fortalecendo a trans-versalidade na toma de de-cisións; articularemos foros e espazos de relación direc-ta entre deputación e muni-cipios, e priorizaremos as propostas de prestación de servizos obrigatorios que resulten máis eficientes por economías de escala”. Ade-mais, Baltar anunciou que a Deputación de Ourense incluirá na estrutura or-gánica “niveis directivos profesionais cun alto com-poñente de implicación or-ganizativa, cunha elevada capacidade creativa e cun forte impulso innovador”, e dixo que se reforzarán os servizos económico-finan-cieiros e os de asistencia técnica, ademais da xestión tributaria, a administración electrónica e a implanta-ción da transparencia nas entidades locais da provin-cia.

Os presidentes reivindicaron o papel da provincia “como verdadeiro ámbito para a prestación de servizos municipais”

A Deputación conmemora o 33º aniversario do Estatuto de AutonomíaEntrega os premios do I Con-curso escolar sobre a norma institucional básica galega

Os rapaces premiados co subdelegado do Goberno, Roberto Castro, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, o conselleiro de Cultura e Educación, Xesús Vázquez, e a senadora Carmen Leyte.

A Deputación de Ourense conmemorou o 33º aniver-sario do Estatuto de Auto-nomía de Galicia cun acto celebrado no Centro Cultu-ral “Marcos Valcárcel” no que a institución entregou os premios do I Concurso escolar organizado para ho-menaxear a norma institu-cional básica galega.

O xurado premiou tra-ballos de Educación Infan-til, Primaria e Secundaria dos colexios da provincia de Ourense que se presen-

taron o certame, CEIP de Baltar, CEIP dos Blancos, CEIP Irmáns Villar, CEIP de Educación Especial do Pino, colexio Concepción Arenal, CEIP Mestre Vide e colexio Padre Feijoo-Zo-relle, resultando gañadores alumnos destes dous últi-mos centros.

Nas modalidades de Edu-cación Infantil e Primaria presentáronse debuxos e traballos artísticos alusivos ao Estatuto de Autonomía e os premiados foron: Adrián

Garrido Pérez, Noa Rodrí-guez Calviño, Silvia Igle-sias Silva, Gema da Rocha Casas, Pablo Rodríguez Valdonedo e Alicia Conde Freire. Na modalidade de Secundaria presentáronse a concurso redaccións, e os premiados foron: Pablo Rodríguez Iglesias e Víctor Rodríguez Fernández.

A Deputación quixo con este evento destacar a importancia do Estatuto de Autonomía “pois é un modelo que trouxo impor-tantes conquistas en mate-ria de autogoberno e que permite que o pobo galego siga progresando a prol do seu benestar”, defendeu Manuel Baltar.

O presidente da Deputa-ción, Manuel Baltar, afir-mou durante a clausura das iniciativas “Espazo seguro” e “Oficina do emprende-dor” da Asociación de Em-presarios do Polígono de San Cibrao que as palabras “seguridade”, “emprende-mento” e “cooperación” son tres verbas que hoxe nos deben unir máis que nunca, xunto coa palabra “cooperación”, “que entre a asociación de empresa-rios do polígono de San Cibrao e a Deputación de Ourense vense concretan-do no apoio en materia de seguridade co dispositivo de emerxencias que vimos mantendo dende hai anos”.

En materia de empre-demento, Baltar falou do

acordo que a Deputación de Ourense ten coa Escola de Organización Industrial do Ministerio de Industria para poñer en marcha un plan de emprendemento que contará co apoio da Asociación de Empresarios de San Cibrao, e ofreceu a súa colaboración para impulsar un plan estra-téxico de parques empresa-riais na provincia.

Este plan, dixo Baltar, “permitirá a calquera investi-dor ter acceso a unha impor-tante cantidade de informa-ción referida á situación dos parques empresariais da pro-vincia de Ourense, dende os metros cadrados dispoñibles, ás condicións de compra de solo, e empresas da contorna que están ubicadas en cada parque empresarial”.

Baltar: “Emprendemento, seguridade e cooperación, claves do desenvolvemento empresarial”

Page 17: Abril 2014 - Ourense por Barrios

1�Ourense por BARRIOSAbril de �014PUBLICIDADE

Curso intensivo para SelectividadEn Grupo Academia Mar Sequeiros te proponemos un curso intensivo preparatorio de Selectividad. Podrás elegir turno de mañana o turno de tarde. Diez docentes especializados en cada asignatura, impartirán clases orientadas a la prueba del 11 de junio. Teoría, práctica, comentarios de texto...todo lo necesario para obtener el mejor resultado y “pegar el salto” a la Universidad.

Benquerer es una empresa de ayuda a domicilio, dirigida por Esperanza Ferreiro, auxiliar de clínica, quien cuenta con una experiencia de siete años. Ofrece servicios como cuidado de niños, atención de enfermos, servicio nocturno en centros médicos y aseos a dependientes, atención especializada de discapacitados, limpiezas a fondo, de comunidades, domicilios, pisos de inmobiliarias, locales y servicio de plancha semanal. Una amplia variedad de servicios que son prestados por personal cualificado. En Benquerer te ofrecen presupuestos sin compromiso a precios muy asequibles.

Benquerer, vocación, profesionalidad y “mucho corazón”

Academia Mar Sequeiros está en Paseo 21, 1º izquierda.

Esperanza Ferreiro, di-rectora de Benquerer.

Page 18: Abril 2014 - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSAbril de �014

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-32.323.925. Depósito Legal: OU 151-2002 / OU 125-2003 / OU 164-2004/ OU 155-2007. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 32004 Ourense. Tel: 988 239 634 Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Pablo Feijoo

Nº139/129/115/78 - Ano: XII - Marzo de 2014 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exemplares). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 239 634.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 012Pazo de Xustiza 988 370 728 Policía Local 092 / 988 388 138P. Local Barbadás 988 221 050Policía Nacional 988 391 ��1Guardia Civil 988 �35 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� 309 000Bombeiros 080 / 988 3�0 000Incendios forestais 085Prot. Civil 24 h. 988 510 254Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 39� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 4�1Taxis Carrefour 988 231 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0��Correos 988 ��3 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 226 608AECC 988 �19 300C. C. Antisida 988 233 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 11924h. Alc. Anón. 988 269 540Alcoh.An. 24h. 988 22 76 23 Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 3�0 313Atención Muller Maltratada 016

4TELÉFONOS DE INTERESE

4AUTOBUSES: liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

ALUGUERBúscase chic@ para compartir piso (zona Couto). Calefacción, cociña, televisor en habitación, internet... 200€ (gastos incluidos). WhatsApp: 600 9�� 54�Alúgase apartamento con garaxe en avda. de Portugal, 38. E piso con garaxe en Salvador de Mada-riaga, 2 - Tel. 607 20 34 81.Alugo piso en Valdoregueiro. 4 habitacións, cociña, baño e gale-ría. Tel.: 687 21 12 18Alúganse oficinas en Progreso 147 entrechán, tel. 678 48 97 55Alugo local económico de 15 me-tros cadrados, baños comunitarios, xunto parada de autobús. Tel. 627 �03 131Alugo chalet a 10 minutos do cen-tro de Ourense. Tel. 630 52 14 48.Alúgase baixo en Río Mao nº � de 70 metros cadrados.Tel. 619 46 22 54Alugo apartamento en Sanxenxo 1 e � habitaciones, aparcamento e barbacoa a 15 minutos de praia Montalvo. Tel. 607 27 19 16.Alúganse dúas oficinas amobla-das exteriores en rúa Progreso ao lado Pazo de Xustiza. Tel. 637 00 59 10.Alúgase piso amoblado, ascensor e calefacción. r/Emilia Pardo Ba-zán. Tel. 988 24 69 26.Alugo apartamento de 1 e � ha-bitacións en Montalvo, Sanxenxo. Tel. 607 27 19 16.

VENDAS

TRABALLODesbrózase fincas, traballos agrí-colas con tractor. Económico. Tel.: 630 52 14 48.Imparto clases particulares de francés e inglés. Tel. 619 46 22 54Ofrécese mozo para calquera tipo de traballo. Tel. 637 00 59 10Ofrécese señora para coidado de enfermos, persoas mioares, lim-peza; con experiencia. tel. 637 00 59 10Ofrécese albañil con �0 anos de experiencia; serio e económico. Tel. 988 25 59 63.Busco traballo de camareiro en Ourense cidade. Experiencia no sector. Tel. 609 91 93 62Fanse desbroces e traballos agrí-colas económicos. Tel. 625 817 743.Fanse portes económicos con fur-gón. Tel. 625 817 743.Clases particulares a domicilio. A todas as etapas.Especialidade Matemáticas xerais. Posúo Certi-ficado de Formador e CAP.Ampla Experiencia. Clases de Hora e me-dia.Económico.Tel. 636 619 589 e [email protected]écese señora con experiencia para limpar negocios, domicilios, escaleiras, oficinas, comunidades, ou coidar enfermos de noite. Ex-periencia de axudante de cociña. Ourense cidade. Tel. 988 61 52 63Ófrecese mozo responsable para diversos tipos de traballos: chofer, mecánico, repartidor, peón, etc... por 100€ semanais. Tel. 610 852 880 .Fanse reparacións en fogar e ne-gocios, carpintaría, persianas, mo-bles, etc... Tel 656 782 460.Ófrecese señora seria para coi-dado de nenos, persoas maiores e/ou limpeza en xeral. Tel. 622 85 28 56.Fanse reparacións no fogar e ne-gocios, carpintaría, persianas, mo-bles, etc... Tel. 656 782 460.Ofrécese señora de mediana idade para atender hortas, facer arranxos de roupa, planchar, atender enfer-mos en casa ou hospital, limpeza de fogar... En Ourense cidade ou proximidades (con autobús). Tel. 659 129 142.

Vendo Audi A6, ano 95, diesel. Sempre en garaxe. 1.000 euros. Tel. 627 43 46 01.Vendo Citröen C15 Mixta, diesel, ano 94. 1.200 euros. Tel. 627 43 46 01.Vendo casa pola estrada de San-tiago. Tel. 637 00 59 10Véndense dous terreos, xuntos ou por separado, 9.000 m� cada un, en Xinzo. Pódense ensinar. Bo prezo. Tel. 622 828 447.Vendo banco de carpinteiro de � metros. 200 euros. Tel. 653 944 669Vendo leña de carballo económi-ca. Tel. 625 817 743Vendo piso en Vigo. Tel. 636 422 49�Vendo máquina elíptica e aspira-dora Polti. Tel. 675 631 011.Véndense máquinas de escribir antigas Olivetti, prezo económico, e neveira de segunda man Fagor, 100 euros, bo funcionamento. Tel. 988 43 10 15 e 6�� �36 566Vendo traxe de comuñón de neno. Talla 10. 90 euros. Tel. 659 386 724.Vendo colchón de berce de látex 11�x5� cm practicamente novo, 35 euros; trona de viaxe portátil e pregable, �0 euros; mochila porta-bebés, �5 euros; tirantes evoluti-vos de bebé; 10 euros; e quecebi-berón eléctrico, 20 euros. Tel. 670 43 34 90.Compro todo o relacionado con STAR WARS. Tel. 667 508 333.Véndese ou alúgase piso na zona do Couto. 3 dormitorios, con ca-lefacción e bodega de 30 metros cadrado. Tel.677 494 645.Véndese casa no Carballiño, semi restaurada, 40.000 euros. Tel. 659 129 142.

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares; negocios, consultar tarifas. Os anuncios mantéñense durante dous meses;

no caso de que queira repetilos despois dese prazo ou retiralos antes, volva chamarnos]

SERVIZOS / CLASIFICADOS

4ADÓPTANOS...

Contacta con PROGAPE na estrada de Eiroás s/n - Vilar de Astrés-

Tlf: 988 21 29 39 - Facebook/Progape

Recorda: é para sempre! Ofrécese posto de delegado co-mercial a tempo completo ou parcial para diferentes zonas de Ourense y provincia. Compatible con outras actividades. Impres-cindible conexión a internet e boa disposición para o trato persoal. Contrato mercantil. Ingreso míni-mo 660 euros. Interesados enviar CV a [email protected]

Vendo apartamento en Vigo, 2 habitacións, 1 baño con coci-ña americana, trasteiro e garaxe, praia America,bo prezo. Tel. 607 27 19 16.

4CARTA AO DIRECTOR

Dous machos de mes e medio. Serán medianos. Xoguetóns.

Bigli é unha femia que ten entre 6 e 7 anos. É de tamaño pequeno, moi boa e xoguetona.

Maruja é unha femia de 2 anos. Non pode estar no pa-tio porque a morden. Pero lévase ben con outros cans. É moi noble.

Beta é unha femia cru-ce de labrador. De tamaño grande e con aproximada-mente 5 anos. Perfecta para casa con terreo. Lévase ben con outros cans.

Envíanos a túa carta ao director a [email protected], co nome completo, DNI e teléfono

Despedida do Fogar do MaiorA última directiva puxo fin ao Fogar do Pensionista. Por

iso queremos agradecerlle a súa labor neste tempo a Leo, Amparo, Amalia, Teresa, Florita e Antonio, todos exce-lentes persoas. Agora esta instalación pasa a denominarse Centro Sociocomunitario.

Antonio. 40 anos como socio con carnet do Fogar do Maior

Véndese Toyota Corolla: azul, gasolina, peche centralizado, ele-va lunas eléctrico, radio, mans libres, aire acondicionado, llantas de aluminio, roda de reposto igual ás demais, Bluetooth. 2.500 euros. Tel.607 812 996.

Page 19: Abril 2014 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSAbril de �014SOCIEDADE

4GUÍA DE SAÚDE [anúnciese no 685 800 190 e [email protected]]

4VETERINARIA

Leishmaniose: unha enfermidade con múltiples presentacións

Esta enfermidade pode manifestarse de formas moi diferentes e é vital o diag-nóstico precoz para conse-guir que o tratamento sexa eficaz. Querémosvos pre-sentar dous casos reais que acudiron recentemente ao noso hospital. En ambos se chegou ao mesmo diagnós-tico, aínda que o motivo de consulta e a proba que nos permitiu chegar ao diag-nóstico son completamente diferentes.

Un deles, un pastor ale-mán de vida exterior, 8 anos de idade, que sempre viviu nun pobo preto de Ourense cidade. O cadro presentouse con adelgazamento progre-sivo, aínda que continúa co-mendo ben, e nos últimos días coxea da extremidade posterior esquerda, que non respondeu o tratamento con antiinflamatorios. Ademais o propietario dinos que lle doe todo, ao tocarlle quéixa-se e que cada día está máis apático e pasa máis tempo deitado.

Á exploración: moi del-gado, zona inflamada mal definida a nivel da muscu-latura do corvejón da pata

esquerda e unha masa bran-da subcutánea no lado de-reito do pescozo de 6x8 cm e dor muscular xeralizado. Ten seborrea e febre.

As probas diagnósticas móstrannos leve anemia arrexenerativa, radiografía da extremidade afectada sen alteracións óseas, cito-loxía dos linfonodos peri-féricos é normal, citoloxía do contido dos nódulos: células inflamatorias (neu-trófilos e macrófagos) con abundantes hematíes e au-sencia de bacterias e outros organismos infecciosos. A ecografía do nódulo do pes-cozo e a extremidade afec-tada: imaxe de líquido e tecido brando trabeculado. O aspecto macroscópico do líquido é mucoide sangui-nolento.

A determinación de leish-mania en sangue é negativa, o PCR cuantitativo no líqui-do dos nódulos é positivo.

O segundo é un cocker spaniel de 4 anos que vive dentro de casa, pasa a maior parte do ano en Madrid e vén a Ourense esporadica-mente. Acode a nós porque os últimos días nótanlle un

pouco apático e leve des-camación ao redor dos ollos, adelgazou 500 gra-mos.

Á exploración: as alte-racións que atopamos son os linfonodos poplíteos e preescapulares levemen-te agrandados, seborrea e alopecia periocular, pe-quena úlcera na trufa e conxuntivie bilateral.

Probas laboratoriales: Punción e citoloxía dos linfonodos poplíteos, ob-servamos a presenza de amastigotes de Leishma-nia, leve anemia arrexe-nerativa, bioquímicas en sangue de fígado e ril normais, proteinograma: gamma globulinas au-mentadas en resposta a un estímulo crónico. A den-sidade de ouriños 1027 gr/L (normal >1030) e o cociente UPC 0,2 (normal <0,5). Os anticorpos anti- Leishmania en sangue: 1/160.

[Continúa no vindeiro número]

Elena Diéguez Ordoñez, veterinaria hospital

veterinario Abros

Venda de cupóns para axudar a persoas con discapacidadeAsmior (Asociación de Minusválidos Ourensáns) foi fundada en 1987 e desde entón

traballa a prol do colectivo de discapacitados. A estes ofrécelles un traballo na venda de cupóns, e tamén asesoramento na tramitación de axudas da administración, e cursos de formación. No seu día tiveron transporte adaptado e equipo de baloncesto en cadeira de rodas. Para os interesados nesta asociación, Asmior ten a súa sede na rúa Progreso, 64, local 16. Teléfono 988 210 399.

Ourense conta coa menor espera de Galicia para consultaRedacción

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Ve-rín e Valdeorras logrou no primeiro trimestre de �014 axilizar nun 43% (15 días menos que en �013) a ac-cesibilidade ás primeiras consultas nos tres hospi-tais públicos de Ourense, conseguindo os mellores resultados de Galicia cun-

ha media de 19,9 días, a metade da media do Sergas, con 40 días.

En concreto, o CHUO lo-grou o mellor dato entre os grandes hospitais, con �0 días. Pola súa banda, os hos-pitais de Verín e Valdeorras destacan entre os comarcais, cunha media de �0 e 16 días, respectivamente.

Maior axilidadeNa liña de aumentar a re-

solución cunha menor fre-cuentación ao hospital, en Atención Primaria aumen-tou a aplicación de Cirurxía Menor, así como de consul-

tas de Telemedicina, que lle permiten ao paciente estar en contacto co médico den-de a súa propia casa.

Esta coordinación entre niveis ten seu referente nas Vías Rápidas, circuítos asis-tencias que facilitan o diag-nóstico e tratamento priori-tario, en menos de 15 días, daqueles pacientes princi-palmente con sospeita de un diagnóstico oncolóxico (cancro colorectal, mama, pulmón, vexiga, próstata, larinxe e melanoma), que contan cun tempo medio de resolución de cinco días como máximo.

4 Licitado o centro de saúde do Couto

A Xunta de Galicia vén de licitar a execución da obra de construcción do centro de saúde do Couto. O Sergas destinará 3,5 mi-llóns de euros nunha super-ficie de máis de 2.000 me-tros cadrados, nun prazo de execución de 17 meses.

A este respecto, desde o PP lembran que o centro contará con importantes me-lloras de acceso e dotacións.

EN BREVE

Page 20: Abril 2014 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSAbril de �014

Silvia Nieto

Son naturais, espontá-neas e, sobre todo, moi reais. As ourensás Arantza e María crearon a finais de xaneiro, coa axuda do fotó-grafo Moncho Rodríguez, o duoblog ArmariA, co fin de proporcionar un escaparate para os distintos establece-mentos de moda galegos, así como para a fotografía artística e o turismo.

Son estudantes de enxe-ñería agraria, teñen estilos completamente diferentes e foxen de calquera este-reotipo, estas dúas rapazas ensínannos coas súas ga-ñas e ilusión que calque-ra proxecto pode levarse a cabo. Hai que traballar duro, diferenciarse da com-petencia e mellorar día a día. Para elas o importante é intentalo.

Como xurdiu a idea de crear o dúoblog Arma-riA?

Arantza: “María e máis eu coñeciamonos da ca-rreira e despois coñecemos a Moncho, e foi cando nos xurdiu a idea de crear un blog, xa que están tan de moda, pero queríamos algo distinto, coas dúas, que te-mos estilos moi diferentes. O blog é dos tres, nós somos a imaxe e Moncho encárga-se da parte fotográfica”.

O voso obxectivo é ser un escaparate para as tendas.

María e Arantxa: “Exacto, o que buscamos é promocionar a roupa das tendas tanto ourensás como doutros puntos de Gali-cia. Ata agora, nestes tres meses, xa houbo tendas que nos prestaron roupa e agardamos que dándonos a coñecer consigamos que vaian sendo moitas máis”.

Que tal está sendo a res-posta dos establecementos ante esta idea?

María: “Estanos axun-dado moito o gran núme-ro de visitas que estamos recibindo no blog, porque ata agora, debido aos no-sos estudos, só puidemos publicar uns 40 posts pero xa logramos case 18.000 vi-sitas. Ademais, ao principio visitábamos as tendas coa nosa tarxeta e explicando o proxecto, pero dende que comezamos a saír nos me-dios parece que se animan máis, está mellor explicado e dalles confianza”.

É Ourense un lugar complicado para este tipo de ideas?

María: “De momento non están os establecemen-tos moi acostumados a que lle pidamos a roupa para facer as fotos, pero levando as entrevistas e informán-doas ben cada vez son máis as que nos apoian. É un si-tio máis complicado para empezar, pero tamén ten a vantaxe de que neste senso está sen explotar”.

Costouvos decidirvos?María: “Non moito, tiña-

mos gañas de facelo e pare-cíanos boa idea, había que intentalo, e se non sae ben quedará todo nunha boa ex-periencia”.

Seguides a algunha blo-gger concreta?

Arantza: “Gústanos moito Lovely Pepa, que nos inspirou, porque empezou en Vigo e foi pouco a pouco coma nós”.

Como pasa unha de es-tudar enxeñería agraria a crear un blog de moda?

Arantza: “Todo o mundo se pregunta iso. O tema da fotografía e a moda gustá-banos. Nunca nos imaxi-namos dedicarnos a nada deste estilo, pero xurdiu a idea e para adiante. Ade-mais, a páxina fómola creando entre os tres, pouco a pouco, e nela pode verse a nosa evolución. Ademais,

a enxeñería e a moda poden combinarse perfectamente, de feito neste momento se-guimos estudando”.

Parte do voso éxito pode estar en que ofrece-des unha imaxe de muller completamente real?

María: “Si. De feito, os nosos primeiros posts eran coa nosa propia roupa, e a xente vaise identificando cun estilo ou con outro, porque somos moi distin-tas. Agora xa imos buscan-do prendas máis concretas de tendas, algo que nos guste, que se estea levando neste momento e que nos sente ben, para que a xente se anime a comprala”.

Esta pode ser unha oportunidade de negocio.

María: “Si, ademais de involucrar aos establece-mentos de moda, quere-mos facer post en lugares culturais de referencia para contribuir a promocionar o turismo, non só en Ouren-se senón tamén no resto de Galicia. Así podemos explotar todo, a roupa e o contorno”.

Arantza: “Ademais que-remos abrir este proxecto e convertilo en algo máis ar-tístico, apostando por unha boa fotografía. De feito, xa subíamos á páxina de Face-book fotos máis artísticas e agora tamén as enlazamos co blog, para poder tamén explotar este aspecto de

ENTREVISTA A ARANTZA E MARÍA – IMAXE DO DUOBLOG ARMARIA

“Buscamos que sexa un blog completamente distinto. Non só para promocionar moda, senón tamén

fotografía artística, deporte e turismo”4 Arantza e María rompen cos tradicionais blogs de moda e unen forzas para crear ArmariA.

cara a eventos, books, re-tratos… e tamén crearemos unha sección sobre deporte e nutrición. Non quermos que sexa só un blog para promocionar tendas, será moito máis, para que á xen-te que non lle guste a moda poida interesarse por outros dos aspectos que ofrece-mos. Buscamos que sexa

algo completamente distin-to”.

Isto pode ser un plan B para ampliar as vosas ex-pectativas profesionais?

Arantza: “Nunca se

sabe, se ao final vai ben ta-mén sería posible compaxi-nar un traballo como enxe-ñeiras co blog. Pero se non houbera saída profesional no que estudamos e nesto si, benvido sexa”.

Cal sería o voso traballo ideal?

María: “O ideal sería compaxinalos. Costaríanos elixir, porque despois de es-tudar catro anos e do esfor-zo realizado para completar a carreira tamén queremos vivir diso”.

Que mensaxe lle man-dariades a eses mozos que dubidan en poñer en mar-cha un proxecto?

A. e M.: “Nós animamos a todos a que o fagan, ás ve-ces é complicado empezar segundo que proxecto por temas económicos, pero se poden teñen que intentalo”.

“Polos nosos estudos só puidemos publicar ata o momento 40 posts, pero xa logramos preto de 18.000 visitas”

“Ás empresas ao principio cóstalles entender o proxecto, pero o bo é que neste senso Ourense está sen explotar”

María e Arantza son a imaxe do duoblog ArmariA./RAMSÉS

SOCIEDADE

Page 21: Abril 2014 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSAbril de �014

PUBLICIDADE

Page 22: Abril 2014 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSAbril de �014

Pablo Feijoo

Iván González e Brais Vázquez (guitarras), Gaby Montes (batería), David Cortiñas (baixo) e Car-los Murias (voz) compo-ñen Acid Proyect, grupo ourensán de metal alter-nativo.

Novo disco, custou, pero xa o temos por fin, como foi o proceso?

Acid Proyect: “Por fin!!!!! Pois foi longo e, por intres, desesperante. Entramos a Nocturnal Es-tudios en outubro de �01� e aló por decembro xa estaba o 80 % rematado, pero problemas do estudio fixeron que ate marzo do �013 non puidésemos re-matar as sesións de grava-ción. A partir de aí, máis problemas internos do es-tudio fixeron que as mez-clas e masterización non estivesen listas ata xaneiro de �014 que o puidemos escoitar finiquitado dunha vez por todas”.

Que novidades trae este traballo con res-pecto aos anteriores da banda?

A.P.: “Con respecto á Demo de �010, que era un traballo feito pola ne-cesidade que toda banda ten de ter algo gravado para presentarse ao mun-do, podemos dicir que con “Where´s your God now?” demos mil pasos adiante. O estilo definiuse e toda a amalgama de es-tilos que nos inflúen con-verxeron na nosa proposta de metal alternativo, todos os instrumentos mellora-ron, a produción mellorou e tamén a edición física do álbum é atractiva por si soa. Estamos orgullosos da criatura, por que non dicilo”.

Sábado día 3 de maio, presentación do traballo xunto con Contra as cor-das e La Sombra, dous grupos que musicalmen-te non pegan demasiado con vós nin entre eles, por que eles e non outros

grupos máis afins musi-calmente?

A.P.: “O que buscamos ao chamar a estas dúas bandas amigas foi o eclecticismo máximo, eclecticismo que reflexa tamén a nosa propia proposta. Por un lado temos a Contra as Cordas, do me-llor hard core que se fai na Galiza, que representarían o lado máis enérxico da nosa música. Por outro te-mos a La Sombra, grupo de hard rock de calidade máis que contrastada en centos de festivais, que se pode-ría dicir contactan co noso amor polos clásicos do rock e o aspecto máis melódico en ocasión da nosa música. Penso que por relación ca-lidade/prezo é un dos me-llores concertos do ano na cidade e agardamos que así se reflicta no ambiente”.

Como está sendo a aco-llida do disco por parte do público e a crítica?

A.P.: “Polo momento tan só sacamos á luz dous temas de adianto, que se poden es-

coitar no noso Bandcamp, Soundcloud e blog e pode-mos dicir que a aceptación está sendo mellor da que soñabamos. Tropecentas webs estanse facendo eco do noso lanzamento e o pú-blico tamén o está acollen-do con entusiasmo. O día 3 de maio, data da presen-tación, será tamén cando o disco se poña á disposición do público no noso mail [email protected] e noutros centros físicos dos que iremos informando”.

Nos últimos meses os concertos de música pare-cen multiplicarse na nosa cidade pensades que en Ourense hai demasiada actividade musical consi-derando o tamaño da ci-dade?

A.P.: “Nunca é demasia-da a cultura. Podería dicir alguén que hai demasiados cadros no Louvre? Pois con isto pasa o mesmo. Ade-mais, a variedade é máxi-ma. Todo o que sexa cul-tura é benvido. Iso si, quen

organice un concerto ten que ser consciente de que os petos do pobo non están para acudir a tres concertos á semana a determinados prezos... Pero está claro que hai unha efervescencia musical na cidade óptima para o xurdimento de máis bandas e, por que non, dun-ha escea local aínda máis potente”.

Ademais do 3 de maio, tedes algunha outra data de concerto programada?

A.P.: “Pois polo momen-to imos participar no Derra-meRock na xornada do sá-bado 21 de xuño, e despois do verán telonearemos na Sala Berlín a uns helenos, Planet of Zeus, que no seu país meten 20.000 persoas en cada concerto. Despois, en outubro, faremos unha xira galega que anda a or-ganizar a xente de Live for Madness, da que non me deixan dicir nada máis. E temos unha liña aberta para viaxar a Alemaña e Polo-nia nun horizonte non moi

ENTREVISTA A ACID PROyECT

“Hai unha efervescencia musical na cidade óptima para o xurdimento de máis bandas”

4 O grupo ourensán de metal alternativo presenta o seu primeiro disco, “Where’s your god now?”

lonxano. Polo de agora é o que hai, pero aproveitamos para manifestar a nosa dis-poñibilidade para descargar o arsenal alá onde nos re-quiran”.

Cal é o próximo obxec-tivo da banda tras este álbum?

A.P.: “O vindeiro obxec-tivo é interpretalo e defen-delo na meirande cantidade de lugares que poidamos. Tras dous anos de parón polo proceso estamos en disposición de afirmar que regresamos máis enérxicos, máis fortes, máis cabreados e, sobre todo, mellores. E non obstante, xa comeza-mos a ter un rico material para o seguinte...”

Non credes que a xente de Ourense non vai a con-certos a menos que o gru-po sexa famoso?

A.P.: “Se o grupo é famo-so ou o grupo é local sí aco-de público, sempre apoia o pobo ourensán. É unha mágoa cando veñen bandas inmensas pero menos coñe-cidas e se atopan tan só un feixe de espectadores, pero é a lei deste mundo musical de hoxe en día...”

Sentides apoio do públi-co e os medios de comuni-cación local?

A.P.: “Do público sem-pre. Dos medios de co-municación ás veces. Por poñer un exemplo, é máis sinxelo saber a actualida-de dun equipo de fútbol de Terceira rexional, con todos os respectos que facer de-porte está moi ben, que de calquera banda local das moitas que hai rozando a Primeira División a nivel estatal, como por exemplo Above the Seas que veñen de rematar unha xira espa-ñola con 10 concertos en 10 días, amén de ter aparecido en publicacións especiali-zadas punteiras, e seguro que calquera persoa allea descoñece tal circunstancia. Pero digamos que se somos os grupos quen nos poñe-mos en contacto, os medios despois si que apoian e axu-dan, si”.

“Con ‘Where’s your God now? demos mil pasos adiante. Toda a amalgama de estilos que nos inflúen converxeron na nosa proposta de metal alternativo”“Quen organice un concerto ten que ser consciente de que os petos do pobo non están para acudir a tres concertos á semana a determinados prezos...”

Exposicións- Ata o �5 de maio - Expo-sición de Rafael Cachaldo-ra- Museo Municipal

Música- 3 de maio – Concerto acústico Factoría de Sub-sistencia – 01 h – Café Au-riense- 9 de maio – Concerto de Alberto Mvundi e banda – 11 h – Auditorio

Cine- 8 de maio - “Azúcar apar-te” – 18 e 23 h – Biblioteca Nodal- 15 de maio - “Belarmino” - 18 h - Edificio de Ferro do Campus

Teatro- 1 de maio - “La patada” – 19 h- Teatro Principal/ “Já gastámos as palavras” – 20:30 h – Teatro Princi-pal - � de maio - “Fantasía de los contrastes” – 20:30 h – Teatro Principal / “Best of Johnny” – 23 h – Audi-torio- 3 de maio – “Atto (cor-po unico)” – 19 h – Centro Cultural / “Sobre rodas” – 20:30 h – Teatro Princi-pal / “4ª Xornada de danza universitaria” – 23 h – Au-ditorio - 4 de maio – “Contos ao palco” – 19 h – Sala E. Pardo Bazán campus / “Bye bye honey” – 20:30 h – Teatro Principal- 5 de maio – “Menti-des…” – 19 h – Sala E. Pardo Bazán campus / “Nove illas ou dez (das cotovías)” – 20:30 h – Sala Marie Curie campus- 6 de maio – “Corpo en crise” – 19 h – Teatro Prin-cipal / “Miosotis. Non me esquezas” – 20:30 h – Au-ditorio- 7 de maio – “Corasons” – 19 h – Sala Marie Cu-rie campus / “Nocturnos” – 20:30 h – Auditorio / “Action Man” – 23 h – Au-ditorio- 8 de maio – “Diagnósti-co: desgosto patológico” – 20:30 h – Auditorio- 9 de maio – “Café Liber-dade” – 20:30 h – Teatro Principal / 23 h – “Sede de mal” – 23 h – Auditorio / “Malos hábitos” – 01:00 h – Café Auriense

Outros- 5 de maio - Presentación libro-cd “Os contos de Jo-selín” por Acentral Folque – 20:15 – Sala Marie Curie campuswww.periodicobarrios.com

4AXENDA

Iván, Brais, Gaby, David e Carlos, compoñentes de Acid Proyect./RAMSÉS

OCIO E CULTURA

Page 23: Abril 2014 - Ourense por Barrios

�3Ourense por BARRIOSAbril de �014

Redacción

Un total de 37 compañías conforman o cartel da Mos-tra Internacional de Teatro Universitario de Ourense �014, a décimo novena edi-ción desta mostra, que se desenvolverá na cidade das Burgas ata o 9 de maio.

Compañías galegas com-parten cartel na MITEU deste ano con outras proce-dentes da Península Ibérica (Castela e León, Madrid, A Rioxa, Navarra, Catalu-ña, Portugal) e de diversos recunchos do mundo (Ita-lia, Brasil, Xapón, Guinea

Ecuatorial, Escocia, Exipto e Angola). Son máis de 39 actividades as que propón esta edición da mostra e que van máis alá do teatro, xa que o programa inclúe tamén danza, circo, música, acción de rúa e por primei-ra vez títeres para adultos, así como catro concertos, a proxección de dous do-cumentais, e a publicación dun libro-cd.

A MITEU será clausurada nun acto no Teatro Princi-pal no que se entregarán os premios “Carlos Couceiro e Begoña Muñoz” e “Suso Díaz” e se realizará unha

A MITEU reúne en Ourense teatro de catro continentes4 A 19ª edición da Mostra Internacional de Tea-tro Universitario desenvólvese en varios espazos da cidade ata o próximo 9 de maio.

homenaxe ao actor, autor e director de teatro Xan Cejudo.

OrzamentoA mostra conta cun or-

zamento de 75.000 euros no que colaboran o Con-cello de Ourense, a Depu-tación, a Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia, ademais de Sarabela, que coordina o programa.

Un total de 37 compañías participan na MITEU 2014

Espectaculares actuacións teatrais están a tomar a cidade de Ourense./R.T.

Redacción

Os amantes dos trens teñen unha cita do 1 ao 4 de maio coa XII Festa do Tren, que a asociación Carrileiros Foula organiza no parque ferroviario que xestiona na rúa da Canle, detrás do Auditorio.

1 de maioComezan o Primeiro de

maio coa inauguración, ás 11:30 horas, da exposi-ción “A outra historia do tren”, un percorrido pola historia do tren de xogue-te a través de modelos a escala fabricados entre os anos 1910 e 1970. De 12 a 13:30 estarán a circular os trens de que dispón a asociación no circuito fe-rroviario.

Xa pola tarde, presen-tarse un sinal mecánico de “disco avanzado” de principios do século XX, restaurado pola asocia-ción e que pasará a for-mar parte da colección de pezas expostas no parque ferroviario. Será ás 19 ho-ras, e media hora despois, proxectarase o documen-tal “Pare, escute, olhe” do cineasta luso Jorge Pe-lícano, sobre a liña férrea do Túa.

2 de maioNa noite do � de maio,

a partir das �3:30 horas, os trens de Carrileiros re-producirán as viaxes noc-turnas do mítico expreso Galicia-Barcelona, coñe-cido popularmente polo “Shangai” nos anos 50 do pasado século.

3 de maioO 3 de maio durante

toda a xornada (de 11 a 13:30 e de 1� a �0 ho-ras) terá lugar a undéci-ma xuntanza de trens de modelismo tripulado para vía de 5 polgadas, coa participación dos mello-res trens dos principais parques ferroviarios de España.

4 de maioRemata esta Festa do

Tren o 4 de maio co día dedicado aos ‘pequenos ferroviarios’, no que, ade-mais das habituais circu-lacións dos trens do par-que, os cativos poderanse fotografar montados nas locomotras e vestidos de maquinistas ou dando a saída aos trens coa indu-mentaria de xefe de esta-ción. A actividade desen-volverase en horario de 11:30 a 13:30 horas.

Carrileiros Foula organiza a XII Festa do Tren4 Do 1 ao 4 de maio no par-que ferroviario da rúa Canle.

EN BREVE

4 Paseos de Primavera

O Concello de Ourense organiza unha nova edi-ción dos “Paseos de Pri-mavera”, que consisten en rutas a pé por zonas con especiais atractivos am-bientais, paisaxísticos e culturais.

O 11 de maio a cita terá lugar no bidueiral de Montederramo; cunha rtua de 5,5 quilómetros, xan-tar no bidueiral e regreso polo mesmo camiño. O 1 de xuño, o paseo será pola plataforma do Cenza (Vilariño de Conso - Man-zaneda - Chandrexa de Queixa), dentro do espazo natural do Macizo Central.

Os interesados poden inscribirse na Aula da Na-tureza ou no 988 51 07 81.

4 Xornadas herpetolóxicas

A Aula da Natureza do río Miño organiza as “Xornadas herpetolóxicas ourensás: Ourense, capital herpetolóxica”. Tras unha primeira sesión o pasado sábado, as próximas citas son o 10 e o 31 de maio.

Estas xornadas de ache-gamento ás poboacións de anfibios e réptiles, buscan sensibilizar á poboación ourensá na conservación destas especies, que moi-tas veces causan medo inxustificado.

A actividade é gratuíta, está dirixida a nenos e adul-tos, e os interesados poden inscribirse na Aula de Na-tureza ou no 988 51 07 81.

OCIO E CULTURA

Page 24: Abril 2014 - Ourense por Barrios

�4 Ourense por BARRIOSAbril de �014 OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

Presentación do libro “Sete caveiras”A xornalista e escritora ourensá Elena Gallego Abad presentou na librería Aldova do

centro comercial Ponte Vella a súa última novela, “Sete caveiras”. Editada por Xerais, esta novela negra está protagonizada por unha xornalista, Marta Vilas, e desenvólvese en escenarios reais de Vigo, nos anos 80, coa banda sonora da movida como telón de fondo, e cuns clicks de Famobil como común denominador de todos os crimes.

O xerente do centro comercial, Marcos Vila, a xornalista Raquel Feijoo, e a autora da obra, Elena Gallego, na presentación de “Sete caveiras”. /RAMSÉS.

Grandes e maiores atentos a unha das madamitas que arderon no San Lázaro. /P.L.

Concurrida festa de San Lázaro Ourense viviu unha multitudinaria festa de San Lázaro no primeiro domingo de abril. O

bo tempo animou aos ourensáns a sair á rúa e participar dos oficios relixiosos e especial-mente, do espectáculo da queima das madamitas, uns bonecos cheos de pólvora que se fan xirar ata explotar. Gaiteiros, a banda municipal, os cabezudos e os tradicionais postos de rosquillas ao redor do parque de San Lázaro foron outros dos atractivos destes festexos.

A feira de artesanía, promotora do produto galegoA Feira de Artesanía de Ourense, organizada pola Asociacion de Artesáns, xoga un

importante papel na promoción e comercialización do produto galego. De feito, ata o vin-deiro 4 de maio na avenida de Pontevedra pódense adquirir, nos 35 expositores, produtos feitos a man en coiro, madeira, cerámica, vidro; ademais de pezas de xoiería.

Ademais, a feira acollerá a celebración de talleres de artesanía en vivo todos os días.

Os ourensáns achegáronse á feira de artesanía dende o día da inauguración./RAMSÉS

A polo récord GuinessOurense uniuse este �6 de abril ao reto de batir o récord Guiness de cambio simultáneo

de pañais de tela, iniciativa que trata de promocionar as vantaxes dos mesmos. “Evitas dermatites e o uso de cremas”, indica Susana, unha das coorganizadoras do evento. Ade-mais, o aforro é considerable: 300 euros fronte aos 1.800 que se acostuman gastar nos desbotables nos 3 anos que os precisan os bebés. E incluso pódense lavar na lavadora.

Numerosos pais achegáronse á escola infantil Arlequín para contribuir no récord./R.T.

Page 25: Abril 2014 - Ourense por Barrios

�5Ourense por BARRIOSAbril de �014OCIO E CULTURA

Proba de tensión ocular, unha das que se puideron realizar de xeito gratuíto na XI Feira da Saúde. /P.LODEIRO.

Feira da Saúde na Alameda�8 asociacións e entidades do ámbito da saúde máis a Concellería de Saúde encheron

de contido os pasados 8 e 9 de abril a XI Feira da Saúde. A iniciativa serviu para celebrar o Día Mundial da Saúde, que estivo adicado ás enfermidades transmitidas por vectores, organismos que transmiten patóxenos dun animal ou persoa infectada a outra; e xeral-mente son máis frecuentes en zonas tropicais e lugares con problemas de acceso á auga potable e ao saneamento. Asemade, a feira contribuiu a difundir as actividades e servizos das asociacións presentes.

A realización de rexistros sanitarios gratuítos de todo tipo, charlas e obradoiros anima-ron a moitos ourensáns a pasar pola carpa instalada na Alameda durante estes dous días.

Procesión do Santo EnterroNumerosos fieis ourensáns e visitantes participaron na tarde-noite do Venres Santo na

procesión do Santo Enterro, a máis destacada da Semana Santa ourensá. A choiva res-petou este ano esta mostra da relixiosidade católica, conformada nesta ocasión por oito pasos: a Santa Cea, a Flaxelación, a imaxe de Xesús Nazareno, o Santo Cristo do Perdón ou “Ecce Homo” de Velle, a Piedade, a Cruz espida, a Urna do Sepulcro co Cristo xacente e a Dolorosa. O bispo da diocese, Monseñor Leonardo Lemos, seguido das autoridades civís pechaban a procesión, que realizou o percorrido desde a Catedral ata a praza Maior pasando pola rúa Lepanto, praza do Ferro, Santo Domingo, parque de San Lázaro, Paseo e Lamas Carvajal.

Paso a Urna do Sepulcro co Cristo xacente, portado por alumnos do Seminario Maior, na procesión do Santo Enterro de Ourense./P.LODEIRO.

4IMAXES DO MES

Page 26: Abril 2014 - Ourense por Barrios

�6 Ourense por BARRIOSAbril de �014

OCIO E CULTURA

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Un vello continente: a moza Europa

Cada vez teño máis cla-ro por que chamamos a Europa “O Vello Contien-te”. Non é que teña máis anos que os outros; tam-pouco é pola experiencia acomulada tras séculos escuros, renacementos e ilustracións, nin por ter as máis antigas reliquias históricas. Somos un con-tinente vello porque, can-do se asoma o cambio, sacamos o noso lado máis cascarrabias.

Se é certo que os maio-res son como o diaño niso de que saben máis por seren maiores que dia-ños, tamén é verdade que non son os máis dados a deixarse levar polas no-vas tendencias. Non é que os europeos non sexa-mos trend -uns máis que outros, iso si- pero pómo-nos moi pesados cando se asoma unha nova onda coas consecuencias que adoita traer á beira.

Mais que unha onda, o que sacode estes tempos incertos á Europa na que vivimos é un tsunami de xente movéndose en di-versas direccións, poxan-do por arrastrar a nosa historia cara a horizontes

incertos en cuxas augas, os vellos de espírito non se defenden como cómpre. En lugar de surfear o tem-poral e sacar ganancia do río revolto, ás veces teño a sensación de estar rodeada de individuos que queren e cren ter os super poderes de parar o tempo, de frear o inevitable e atopar solu-cións en ancorarse en ficti-cios portos seguros.

O certo é que xunto á ve-lla Europa coexiste outra Europa que non se confor-ma con ser reliquia. Hai hoxe unha moza Europa que nace como concepto e idea ás beiras das nosas fronteiras. Nace cunha vi-sión de futuro que frustra e inspira por igual aos que queremos vivir alí, nese tempo que hoxe aínda é in-maturo e fórxase a cámara lenta entre aspiracións e confusións.

Se, como fan os bos gale-gos, puidésemos preguntar a esta moza Europa e ti de quen es? poderiamos che-gar a entender que a non pertenza é a esencia do que amamos, repudiamos e des-coñecemos; do que descu-brimos e do que enterramos. Esta moza Europa está ao

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

Ibsen, un inimigo do pobo

O pedestal da DiagonalPara organizar a cada vez máis abundante circulación de vehículos, en xuño de 1962

colócase na “Plaza Diagonal” unha plataforma con varanda metálica e base pintada de branco e vermello da que foi “inquilino” Arturo Villar González, garda municipal, que, ataviado con sahariana blanca, casco salacot e cinto con chapa e trincha, dirixía o tráfi-co desde o pedestal ignorando a maledicencia dos cativos que diariamente sometían a exame a súa paciencia.

A denominación “Diagonal” (hoxe rúa Juan XXIII), respondía a que, a vía que xurdira ao compás dos últimos hálitos da década dos 50, transcorría de xeito trasversal entre a de Concello e a de General Franco (hoxe Progreso).

Fernando Valcárcel GonzálezMembro do Arquivo Visual Ourensán

EN BREVE

Imaxe do cruce da Diagonal a mediados do século XX./PACHECO

leste e á beira do que conte-mos con muros e aramados; está nas pavías do pasado e dunha utopía visionaria car-gada coas ansias do legado occidental pero con sabores exóticos que o sazonan con múltiples acentos.

Europa viaxa, porque a estaticidade condenaríaa a unha morte lenta e segura. Ao viaxar, un vai facendo o camiño dando tumbos, abrindo portas e derrubando murallas; un vai coñecendo as súas propias debilidades e as alleas; tamén chega a coñecer os seus puntos for-tes e cae na conta de que a palabra fogar ten múltiples acepcións e significados, como o propio ser.

A moza Europa é un día a día, un poder ser que aínda se antolla dependente, pero que vai adquirindo vida propia. A vella Europa non debería subestimar o que a súa savia nova é capaz de crear.

Raquel Sertaje

“Cando se asoma o cambio sacamos o noso lado máis cascarrabias”

Henrik Johan Ibsen é un perfecto descoñecido. Dicir que un dos grandes dramaturgos de todos os tempos é menos coñeci-do que Cristiano Ronaldo ou Belén Esteban amosa moi ben a saúde do noso tempo. E xustamente moi-tas das obras do escritor noruegués falan disto, da miseria da sociedade, do politicamente correcto, dos valores cínicos que acaban con todo.

Os seus textos son tan actuais que un chega a preguntarse como os pui-do escribir e mesmo re-presentar no século XIX. O que non estraña é o es-cándalo e a polémica que levantaron na súa época. Nas conciencias conser-vadoras e rancias do sécu-lo XIX, e do século XX, aínda resoa o portazo que deu Nora, o mítico perso-naxe de Casa de bonecas, cando farta do seu marido decide deixalo. Esta obra estreada no 18�9 segue sendo unha referencia para o movemento femi-nista. Pero eu hoxe non quero falar de Casa de Bonecas, tampouco quero falar de Pato salvaxe, ou de Espectros ou de Peer Gynt. Eu hoxe quero falar de Un inimigo do pobo.

Esta obra estoupou na miña cabeza como un es-talo hai anos. Conta unha sinxela historia. Un home, Thomas Stockmann, vive nunha cidade balneario que está mellorando gra-zas ao turismo e ás xentes que se achegan a localida-de para tomar as augas. Un bo día, o doutor descubre que estas están contami-nadas, pero paradoxica-mente, a ninguén parece importarlle.

A prensa, os políticos e o resto dos poderes sociais tentan mirar para outro lado. Amosan fronte a ver-dade, fronte a realidade, indiferenza, desprezo, re-

chazo. Pero el, a pesar de todo, a pesar do director do xornal que é seu amigo, e do alcalde que é seu irmán, que o critican sen tregua, el, sigue adiante polo ben da sociedade denunciando a penosa realidade.

O doutor Stockmann é un home de principios e que actúa rectamente e non ten medo á sociedade. Planta cara a todos sen pre-ocuparse polas consecuen-cias, ao fin e ao cabo, está defendendo o ben común. Así sigue, ata que o perde todo, ata que as forzas vi-vas e os cidadáns idiotiza-dos o atacan e o declaran, sinxelamente, un inimigo do pobo.

Ibsen amosa deste xei-to a faciana real e salvaxe das sociedades nas que vivimos, e nas que o prag-matismo do todo-vale, o cinismo do politicamente correcto, a manipulación e as dobles linguaxes afogan aos homes e ás mulleres que tentan ser honestos. Stanislavski, Arthur Miller, Fernán Gómez, Ian Mc-Kellen, Steve McQuuen e Mayorga aparecen entre as figuras máis relevantes que traballaron con esta peza teatral e ficaron fas-cinados.

Con esta obra mestra Ibsen regálanos un espello onde mirarnos como cida-dáns, como democracia, para que vexamos que é máis doado botarlle a cul-pa ao de arriba que asumir que todos nós somos res-ponsables. E xustamen-te para iso debe servir o teatro, para conseguir que non poidamos enganarnos. Daquela, non nos engane-mos.

Manuel [email protected]

Portada de Un inimigo do pobo.

“Os seus textos son tan actuais que un se pregunta como os puido escribir no s. XIX. Non estraña o escándalo e a polémica que levantaron”

4 Vistahermosa, unha festa en dous tempos

As festas de Vistaher-mosa acadan os seus días grandes do 30 de abril ao 3 de maio. Na primeira xornada terá lugar a actua-ción da orquestra Aché, mentres que o 1 de maio será o turno de Mosaico, Europa e Achicoria. Ade-mais, pola tarde haberá unha exhibición de tae-kwondo.

O � de maio entregaran-se os trofeos de todos os campionatos celebrados con motivo destas festas, antes da verbena coa or-questra Triunfo.

E na xornada do sábado terá lugar un xantar popu-lar a base de polbo, chu-rrasco, viño e refrescos.

4 Novena da Virxe de Fátima

A Novena de Nosa Se-ñora de Fátima, no barrio do Couto, é unha das citas relixiosas que máis fieis congrega na nosa cidade.

Os domingos haberá misas ás 8, 9, 10, 11, 1�, 13:15, 18, 19 e �0:45 ho-ras, mentres que os días laborables serán ás �:15, 8, 8:45, 9:30, 10:15, 1�, 18, 19 e 20:45. Tamén se rezará o Rosario ás 1�:30 e haberá celebracións pe-nitenciais o día 9.

Remata esta celebración relixiosa o 13 coa proce-sión das antorchas, que partirá ás ��:45 horas do templo do Couto ata a Ca-tedral, onde o bispo presi-dirá a misa a medianoite.

4 O barrio do Couto en festas

Os días 16, 1� e 18 de maio o barrio do Couto acollerá as súas festas po-pulares. O 16 darán come-zo os festexos co pregón de Paulino Izquierdo. O 1� terán lugar numerosas actividades infantís e ás 18 horas celebrarase o I Festival de Canto. E xa o 18 terá lugar a andaina, unha exhibición de tae-kwondo infantil e aerobic, e numerosos xogos infan-tís. Nove orquestras ame-nizarán a festa, tres cada día.

Asemade, terá lugar o II Campionato de Tute, que comezará o 9 de maio (inscrición aberta ata o 5).

Page 27: Abril 2014 - Ourense por Barrios

��Ourense por BARRIOSAbril de �014

OCIO E CULTURA

4HUMOR

[+ en https://www.facebook.com/ChisteLoiro]

4RECEITA

Ingredientes- � solombos- Nata líquida - Fariña ou maicena - Pimenta verde en gran - Coñac - Sal e pimenta moída - Leite- Bolsa de verduras cam-pestres- Patacas

Preparación- Córtanse os solombos

en rodaxas duns dous dedos de grosor (coma se fosen

Solombo á pementamedallóns).

- A continuación, esmá-ganse cun mazo e salpi-méntanse. Despois frítense nunha tixola cun dedo de aceite de oliva; cando están a medio engádeselle unha cullerada de pementa ver-de en gran e unha copa de coñac que se queimou pre-viamente.

- Cando os solombos es-tean fritos apártanse a unha fonte. Na tixola coa salsa que queda engádeselle un vaso do tamaño do viño

cheo de nata líquida e me-dio vaso do mesmo tama-ño de leite e unha punta de fariña ou maicena e tense removendo constantemen-te un cinco minutos.

- Por último, bótase a salsa por enriba dos so-lombos na fonte e sérvese. Este prato pódese acompa-ñar dun pure de patacas e dunha fonte de verduras.

Luis Iglesias, xefe de cociña Os Caracoles

Tel. 988 380 165

Redacción

Como vén sendo habitual, o Concello de Ourense con-vocou o concurso de Maios e Coplas �014, no que pode-rán participar todas as aso-ciacións culturais, colexios,

grupos, colectivos, entida-des e calquera persoa que o desexe.

Modalidades A modalidade de Maios

divídese á súa vez en Enxe-bre (con 300 euros de pre-

mio) e Artístico (con 400 euros de premio). E tamén se premiará o mellor Maio escolar (con 300 euros).

Amais, hai unha segunda modalidade: a das Coplas (que conta cun premio de 200 euros).

Todos os Maios partici-pantes recibirán unha axuda pola participación de �00 euros para os enxebres e de 400 para os artísticos.

Os interesados poden con-sultar as bases completas en www.ourensecultura.com.

AVV RabodegaloEn relación ao concurso

de Maios, a presidenta da asociación de veciños de Rabodegalo, unha das que conta con maior tradición nestas festividade, móstrase crítica coas bases. Lorinda Rodríguez adiantounos que “este ano imos presentar só

Inscrición aberta para o concurso de Maios e Coplas4 Péchase o 30 de abril.

tres maios enxebre, e os da asociación xuvenil seguirán coa tradición do artístico, porque non nos compensa levar o traballo que leva-mos. Parece que no Conce-llo queren cantidade e non calidade, e a xente quere ver cousas bonitas, maios moi traballados”

Rodríguez non está de acordo coas bases estableci-das: “deberíanse contemplar máis premios, como antes, para compensar o traballo, porque nós facemos isto por-que nos gusta pero tamén por recadar uns fondos para po-der facer máis actividades na asociación”. “Habería máis ilusión por traballar se desen máis premios”, afirma.

Asociación Xuvenil Os Galos

Máis complicados son os maios artísticos. A aso-ciación xuvenil Os Galos, do mesmo barrio, dedica o mes de abril á elaboración dos dous cos que concursará este ano: o despece do porco e a polbeira.

Entre as dificultades están

o atopar brión suficiente, “tivemos que ir á Peroxa por el”, indica Puri Linares, creadora das figuras.

Ademais, empregan flo-res, xestas e millo para de-coralos, e unha estrutura

Un maio artístico da asociación xuvenil Os Galos repre-sentará a unha polbeira.

“No Concello queren cantidade e non calidade”, di a presidenta da AVV Rabodegalo

O espectáculo Galtuk chega a Ourense4 Combina circo e batucada.Redacción

A explanada de Ex-pourense acollerá ata o vin-deiro 4 de maio a gran carpa do circo Richards Bros, que presenta en Ourense, da man da empresa La Fiesta Escénica, un espectáculo único: Galtuk, o cal foi de-finido como a medio cami-ño entre un show do Circo do Sol e o mundo Disney.

Galtuk, que provén das palabras Galicia e batuca-da e busca ser o reflexo do circo do século XXI, che-

ga á cidade das Burgas logo de acadar grandes éxitos en Asia, América e Europa.

de madeira con vimbios e sacos para darlle forma ás creacións.

A súa satisfacción, non só gañar premios, senón “supe-rarnos a nós mesmos cada ano”. Lorinda Rodríguez (á esquerda), presidenta da AVV Rabo-

degalo, preparando o maio enxebre, unha das tres pirami-des que presentarán ao concurso, e que lles levarán oito tardes de traballo. /P.LODEIRO.

Artistas internacionais da-rán vida a este espectáculo, que conta a historia dunha nena que ama o circo e unha noite soña que lle secuestran a súa xirafa de xoguete. Den-de ese intre a súa cama pasa a ser o medio de transporte que emprega na inimaxina-ble aventura que vive para rescatar á súa fiel amiga.

Romi e Rudi Vassallo, do circo Richards Bros, xunto á di-rectora adxunta de Expourense, Emma González, durante a presentación do espectáculo Galtuk./EXPOURENSE

Page 28: Abril 2014 - Ourense por Barrios

�8 Ourense por BARRIOSAbril de �014 DEPORTES

Carreira dos pitufos do barrio do Vinteún./RAMSÉS.

R.T.

Xa está aberto o período de inscrición da XI andai-na Cidade de Ourense ata o vindeiro 9 de maio. O custo da inscrición é de 7 euros e poderase facer efectivo a través da páxina web www.deportesouren-se.com.

Aberta a inscrición para a andaina Cidade de Ourense4 Terá lugar o 11 de maio.

O número máximo de participantes será de 500.

SaídaA saída terá lugar no pa-

villón dos Remedios ás 9 da mañá do domingo 11 de maio e contará cun per-corrido de 30 quilómetros cunha dificultade media por sendeiro periurbano. Cubri-

ranse localizacións como Santomé, o encoro de Cas-tadón ou mesmo o Cumial. O remate da proba será no pavillón dos Remedios. A organización puxo un tem-po máximo para realizar o percorrido de sete horas.

Andaina AmencerOutra andaina que se ce-

lebrará en Ourense en maio é a da Asociación Xuvenil Amencer, que organiza para o 18 de maio unha so-lidaria. Percorreranse desde as 12 da mañá os paseos do Miño.

A inscrición poderá fa-cerse na asociación xuvenil ou na web (amencer.org) e ten un custo de 5 euros.

Paredes e Ocampo golpean primeiro4 Venceron na primeira proba do circuíto de carreiras popula-res “Correndo por Ourense”.R.T.

Javier Paredes (Socie-dad Gimnástica Ponteve-dra) e Ana María Ocampo (Ourenrunning) son os pri-meiros vencedores da pri-meira carreira do circuíto “Correndo por Ourense” que se celebrou no barrio do 21. Máis de 500 per-soas participaron, entre todas as categorías, nes-ta primeira carreira, que ademais contou con moito público nas rúas polas que discorreu a proba. O atleta

ourensán do club ponteve-drés tivo que remontar des-de a quinta posición na que se atopaba na primeira vol-ta (de tres) para a partir da

segunda coller a primeira praza e non soltala. Segun-do foi Jorge Silva (Ourense Atletismo) e terceiro Luis Raña (Arenteiro).

En categoría feminina, Ana Ocampo estivo en todo momento na primeira po-sición. María Ferreiro foi segunda e Ana López, ter-ceira.

O CoutoA próxima cita do circuíto

será o 31 de maio no barrio do Couto, dando comezo ás 21 horas.

Dimite o Consello de Administración do Ourense4 A dimisión farase efectiva no mes de xuño.R. Torres

Finalmente produciuse o que reclamaban os empre-gados do club, e a maioría de afeccionados. O Conse-llo de Administración de Club Deportivo Ourense presentou a dimisión que se fará efectiva cando, no mes de xuño, se convoque a asamblea de accionistas. Despois de que a maioría do público presente no encon-tro contra a Cultural Leo-nesa pedira a voz en grito as dimisións, estas non se fixeron esperar. Unha vez rematado o encontro, e despois das declaracións dos adestradores, o vice-presidente da entidade roji-lla, José Ramón Fernández

Morgade comunicou que o Consello de Administra-ción dimitía coma directi-vos do Ourense, aínda que continuarán traballando en favor do club ata que os prazos legais se cumpran (que será sobre mediados

de xuño).CyD LeonesaPrevio ao encontro,

Portela (que facía de ca-pitán), achegouse ao pal-co para facerlle chegar a petición de dimisión ao presidente. Isto puido fa-cer que o equipo entrara algo descentrado ao en-contro e se vira superado polo rival. No minuto 2 xa perdían por 0-1. Os leoneses estiveron duran-te unha hora cun home menos, vantaxe que non souberon aproveitar os homes de Luisito ata nos minutos finais. Borja Va-lle facía o gol do empate (1-1) e varios xogadores encarábanse cunha parte da afección que os criti-cou polo partido que esta-ban a facer.

Futuro do clubO martes �9 está previs-

to que os directivos dimiti-dos acudan a unha reunión coa Axencia Tributaria na Coruña. Desa reunión dependerá o futuro da entidade. De chegar a un acordo traerán uns certifi-cados que desbloquearán as subvencións e o club da cidade poderá ter unha esperanza. De non con-seguir os certificados, xa se podería ir encargando unha lápida na que se lea a lenda D.E.P. CD Ourense Que non sexa así!Campillo no partido contra a Leonesa./RAMSÉS

Morgade anunciando que dimite./RAMSÉS

Page 29: Abril 2014 - Ourense por Barrios

�9Ourense por BARRIOSAbril de �014PUBLICIDADE

Page 30: Abril 2014 - Ourense por Barrios

30 Ourense por BARRIOSAbril de �014 PUBLICIDADE

Page 31: Abril 2014 - Ourense por Barrios

31Ourense por BARRIOSAbril de �014PUBLICIDADE

Page 32: Abril 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSAbril de �014

Page 33: Abril 2014 - Ourense por Barrios

Número: 130 - Ano: XIII - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

CULTURA Páx.23BARRIOS Páx.11 CIDADE Páx. 14TEMA DO MES Páx.2 CULTURA Páx.27

As Termas reclama melloras en dúas zonas de xogo infantís

Ata o 9 de maio, teatro de catro continentes na MITEU

Aberta a inscrición para o concurso de Maios e Coplas

A nova ordenanza de veladores non será “restrictiva”

Piden a dimisión do alcalde pola polémica da rúa Clara Corrale

[páx.7]

Máis de 500 atletas participaron este domingo 27 de abril na primeira proba do circuíto “Correndo por Ourense” ./RAMSÉS.

Paredes vence no Vinteún

Entrevista ao grupo

Acid Proyect [Páx.22]

Page 34: Abril 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSAbril de �014

Edades ofrece en Ourense os máis variados servizos sociais. A súa oferta contempla desde aten-ción e coidado de maiores, depen-dentes ou nenos, a trámites buro-cráticos, a asistentes persoais para discapacitados, unha tenda de axu-das técnicas en venda e aluguer, reformas a domicilio desde cam-bio de bañeira por ducha adaptada a servizos de fontanería, electrici-dade... Poucas veces unha empre-sa abrangue tantas posibilidades de servizos para os seus clientes como Edades, unha franquía que desde o ano �008 está implantada en Ourense e que ofrece a opción de acceder a todo tipo de presta-cións e a uns prezos alcanzables á maioría da poboación.

O crecemento da esperanza de vida na poboación e a entrada en vigor da Lei de Dependencia dis-pararon nos últimos anos a deman-da de servizos para o coidado e atención de persoas maiores, de-pendentes ou con algunha enfermi-dade. Ante esta situación, Edades situouse como unha empresa pun-

teira que destaca polo seu rigoroso sistema de selección de persoal e polos seus prezos competitivos. Neste entido, trátase duns servizos que non son exclusivos para clien-tes de alto poder adquisitivo, se-nón para unha poboación de status económico medio.

Agora veñen de trasladar as súas instalacións á avenida de Marín, 33, baixo. “Cambiamos por nece-sidade de espazo, onde estabamos facíasenos moi pequeno. No local novo contamos cun espazo de 500 metros cadrados para exposición de produtos de axuda técnicas en ven-da e aluguer”, apunta María Cris-tina Portela Pérez, a directora de Edades. Unha gran emprendedora que con só �5 anos lanzouse a mon-tar o seu propio negocio no sector dos servizos sociais. Tras un estu-do das opcións de diferentes fran-quías dedicadas ao sector, decidiuse por Edades, por ser “a máis seria e con máis anos de traxectoria”, e por considerar que a súa oferta era “pioneira” na cidade e en toda a provincia, xa que “non existía unha

empresa deste tipo”. “Hai empresas que se dedican á axuda a domicilio, outras á limpeza de inmobles, pero con todos os servizos que nós abar-camos non hai ningunha”, destaca a empresaria.

Seis anos despois, amósase moi satisfeita pola acollida que tivo a iniciativa en Ourense. “Todo isto é froito de moita constancia e de-dicacion. Amo o que fago e non me importa estar todo o día na oficina até conseguir solucionar o problema dalgún cliente/usuario. Teño que agradecerlles aos clien-tes e ás traballadoras a súa con-fianza poruque sen eles non sería posible. Podo presumir de ter clientes de hai seis anos e que son fieis á axencia e son a nosa mellor publicidade”, relata.

Recursos humanosO segredo de poder ofrecer unha

asistencia tan variada radica na ca-pacidade de seleccionar recursos humanos. Unha coidada e minu-ciosa tarefa dirixida a buscar ao persoal máis cualificado e idóneo

para realizar todas estas tarefas. Edades Ourense conta cunha gran bolsa de traballo; “para cada ser-vizo necesítase un tipo de persoa distinta, e por iso temos auxiliares de enfermaría ou de xeriatría, ni-ñeiras, licenciados ou diploma-dos. Non é o mesmo traballo o dunha señora que se dedica a tare-fas domésticas, que atende a unha persoa maior , asegura. “Todo o persoal é de confianza, xa que todos os currículos compróbanse dato por dato, e se o cliente ou o

usuario non están satisfeitos coa persoa que mandamos por algún motivo, cámbiaselle automatica-mente”.

Edades está rexistrada na Xunta de Galicia como entidade presta-dora de servizos sociais e o Mi-nisterio de Emprego e Seguridade Social como Axencia de colocaion on-line. Tamén contan coa aplica-ción para móbil “App Edades Ser-vicios Sociales” dispoñible para android e ios, para telos sempre a man para calquera necesidade.

4O ANUNCIANTE DO MES

Edades, a máis ampla oferta de servizos sociais en OurenseEstrea local na avenida de Marín, 33

No local novo contan cun espazo de 500 metros cadrados para exposición de produtos de axuda técnicas en venda e aluguer.

Nova sede de Edades na avenida de Marín, 33.

“Teño que agradecerlles aos clientes e ás traballadoras a súa confianza porque sen eles non sería posible”, afirma Cristina Portela, directora de

Edades Ourense

Page 35: Abril 2014 - Ourense por Barrios

Número: 116- Ano: XIII - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CIDADE Páx.14 CULTURA Páx.27TEMA DO MES Páx.2 CULTURA BARRIOS Pax. 7Aberta a inscrición para o concurso de Maios e Coplas

Ata o 9 de maio, teatro de catro continentes na MITEU

A nova ordenanza de veladores non será “restrictiva”

Aprobado o proxecto de urbanización da Trinidade

Piden a dimisión do alcalde pola polémica da rúa Clara Corral

[páx. 6]

Os proxenitores dos cativos do CEIP Amadeo Rodríguez piden medidas contra altas temperaturas que acadan algunhas aulas./M.REJO.

Protesta no colexio dos Rosais

Entrevista a Rocío Díaz,

presidenta da A.VV. Barbaña

[páx.3]

Page 36: Abril 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSAbril de �014

Page 37: Abril 2014 - Ourense por Barrios

Número: 79- Ano: XIII - Abril 2014 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 SOCIEDADE Páx.15 CULTURA Páx.27BARRIOS Páx.7 CIDADE Páx.14

Aberta a inscrición para o concurso de Maios e Coplas

De Fogar do Maior a Centro Sociocomunitario

Piden a dimisión do alcalde pola polémica da rúa Clara Corral

[páx. 23]

Teatro de catro continentes na MITEU

Ata o 9 de maio a XIX edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario achegará a Ourense 39 propostas diferentes./RAMSÉS

[Páx.20]

Entrevista a Arantza e María, creadoras do blog de moda ArmariA

A nova ordenanza de veladores non será “restrictiva”

Aprobado o proxecto de urbanización da Trinidade

Page 38: Abril 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSAbril de �014