Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

24
Número: 8- Ano: XIV - Agosto 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 BARRIOS Páx.5 DEPORTES Páx. 22 A VALENZÁ Páx.6 SOCIEDADE Páx.20 Comeza o fútbol en Terceira e Preferente Cita coa música no Live for Madness e no Reperkusión Barbadás promove un obradoiro de emprego para 20 desempregados Narcóticos Anónimos, axuda grupal para saír do labirinto da droga OCIO Páx.18 CHMS e Concello sanean os ríos Barbaña e Loña Fachada do Museo Arqueolóxico, que só recibe 100.000 euros para a súa rehabilitación nos Orzamentos do Estado para 2016./P.LODEIRO. Investimentos en Educación [Especial Volta ao Cole en páx. 10 a 15] [páx. 8] En defensa do Arqueolóxico O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nas cubertas da Universi- dade Laboral, onde a Consellería investiu 250.000 euros ./RAMSÉS. [Páx. 2-3] Entrevista a Jesús Vázquez, alcalde de Ourense

description

No número de agosto de Ourense por Barrios, entrevista co alcalde, Jesús Vázquez. Neste número tamén informamos da reivindicación de máis fondos para o Museo Arqueolóxico ou dos investimentos da Consellería de Educación en centros da nosa cidade.

Transcript of Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

Page 1: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

Número: 8- Ano: XIV - Agosto 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de setembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

BARRIOS Páx.5 DEPORTES Páx. 22A VALENZÁ Páx.6 SOCIEDADE Páx.20

Comeza o fútbol en Terceira e Preferente

Cita coa música no Live for Madness e no Reperkusión

Barbadás promove un obradoiro de emprego para 20 desempregados

Narcóticos Anónimos, axuda grupal para saír do labirinto da droga

OCIO Páx.18

CHMS e Concello sanean os ríos Barbaña e Loña

Fachada do Museo Arqueolóxico, que só recibe 100.000 euros para a súa rehabilitación nos Orzamentos do Estado para 2016./P.LODEIRO.

Investimentosen Educación[Especial Volta ao Cole en páx. 10 a 15]

[páx. 8]

En defensa do Arqueolóxico

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, nas cubertas da Universi-dade Laboral, onde a Consellería investiu 250.000 euros ./RAMSÉS.

[Páx. 2-3]

Entrevista a Jesús Vázquez,

alcalde de Ourense

Page 2: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSAgosto de �015

ENTREVISTA

Paula Lodeiro

Jesús Vázquez Abad (Núrem-berg, 1967) exerce de alcalde de Ourense desde hai apenas dous meses e medio. Cun goberno e minoría (só 10 dos �7 edís que compoñen a corporación), o po-lítico popular apela ao diálogo e a busca de consensos coa oposi-ción para tratar de sacar ao Con-cello de Ourense da situación de bloqueo e abandono na que se atopaba.

Non hai vacacacións este ve-rán para o alcalde de Ouren-se?

Jesús Vázquez: “Non. Des-pois da situación na que esta-ba o Concello e ademais tendo sido as eleccións recentemente, eu creo que corresponde máis nestes intres dedicarse �4 horas. Porque ademais había moitísi-mos temas atascados, perda de posibles subvencións, etc. Neste momento é necesario, non só eu senón todo o equipo, dedicarlle as �4 horas do día os sete días da semana”.

Como é un día na vida do al-calde de Ourense?

J.V.: “Difícil pregunta… Se teño que contalo cronoloxica-mente diría que me levanto ás 6:45, o primeiro contacto é coa prensa, sempre, e a partir de aí unha planificación feita en base a reunións, encontros ao longo de todo o día.

Hai unha parte de reunións, hai unha parte de visitas, aquí ou fóra do Concello; hai unha par-te de despacho cos compañeiros da corporación e cos técnicos, e tamén de estudo de leis, de docu-mentos... son as catro partes que poden ocupar a maior parte do tempo, amáis do que é a lectura da prensa.

O papel da Alcaldía leva a estar implicado na cidade as �4 horas; a diferencia doutros postos polí-ticos, aquí non hai ese momen-to onde deixas de ser político. Incluso pola noite que estás cos amigos, coa familia, ao final as �4 horas responden ao contacto cos veciños, suxerencias, recla-macións, diálogo…”

Leva nestes dous meses unha morea de reunións, algunha petición común dos colectivos cos que se leva reunido?

J.V.: “Non, non hai unha pe-tición unánime porque son enti-dades de moi diversa índole. Se faláramos con respecto a asocia-cións veciñais probablemente si: limpeza, desbroces, melloras, mantemento de infraestruturas… se xa pasamos a outro tipo de institucións as cuestións poden variar. Ao final estás tratando moitísimos temas, polo tanto é moi díficil poñer unha única mensaxe.

O que si hai é unha opinión xeralizada e é que o alcalde e os concelleiros están levando un ritmo de traballo, e iso o está a percibir a sociedade en xeral. As reunións, nalgúns casos, son case inmediatas; os que veñen aquí por segunda ou terceira vez din ‘fantástico o concelleiro X por-que foi dicirllo e ao día seguinte xa me recibiu’”.

Aludía antes a temas penden-tes ou bloqueados, algunha sor-presa que se atopara ao chegar á Alcaldía?

J.V.: “Non, sorpresas ningun-ha. A situación, por moitos mo-tivos, foi moi complicada nestes oito anos e especialmente nestes últimos catro anos. No momento en que un asume, con orgullo e con ilusión, optar a unha alcal-día, alguén que vive e goza da súa cidade, ve os problemas que ten, polo tanto non hai nada que non me imaxinase. Sabíamos a situación que nos íamos atopar, máis ou menos.

É certo que si que hai cues-tións que che poden sorprender e que teñen que quedar dentro da administración nestes momen-tos. O estado de abandono pode sorprender. Os concursos venci-dos, os problemas económicos, dificultades na xestión, falta de diálogo dentro da propia institu-ción por parte da anterior corpo-ración, incluso cos propios técni-cos. Polo tanto hai que recuperar esa normalidade, máis alá dos plenos, que esa imaxe era o que trascendía máis, debido a certos insultos. Devolver a normalida-

de á cidade de Ourense vai levar moitos anos, non é unha cuestión dun mes ou dous.

Tamén o dicíamos sempre, non hai superfiguras que puide-ran solventar os problemas desta cidade, porque eramos conscien-tes de que estando en minoría a situación ía ser aínda máis com-plicada. E ás probas me remito, á hora de negociar unha modifica-ción orzamentaria ao final tive-mos que axustarnos estritamente ao que estaba por pagar, sen ter posibilidades para poder levar a cabo outras actuacións que cal-quera que estivera aquí vería que eran necesarias. Forma parte do xogo político.

Sabíamos o que había e toda a cidade era consciente, e de aí tamén os resultados electorais, que obedecían a ese desánimo, a esa desilusión, a esa lonxanía da cidadanía con respecto á imaxe dos últimos catro anos”.

Diálogo é unha das palabras

que máis repite. Con que gru-po da oposición lle está sendo máis fácil chegar a acordos?

J.V.: “Intentamos chegar a pun-tos de encontro con todos, houbo diálogo con todo o mundo, des-pois os resultados son distintos, nalgúns casos se pode concretar en cuestións puntuais e noutros é máis difícil. Pero nestes dous meses houbo diálogo con todos os grupos da corporación.

Incluso as propias reunións da xunta de portavoces, a nor-malidade como se desenvolve o pleno manifestan esta situación; antes as xuntas de portavoces ou non existían ou non eran máis que para situacións polémicas.

Neste momento houbo máis puntos de encontro co Partido Socialista, tamén é certo que a herdanza desta cidade provén do anterior goberno, polo tanto es-tamos obrigados.

Despois do que pasou esta cida-de de catro anos moi problemáti-cos, de peche, todos deberíamos coller unha idea: necesitamos diálogo e chegar a puntos de en-contro, porque estando como está distribuída a corporación se non chegamos a puntos de encontro e se non primamos os intereses

ENTREVISTA AO ALCALDE DE OURENSE

“Devolver a normalidade á cidade de Ourense non é unha cuestión dun mes ou dous”

4 Jesús Vázquez asegura que a cidade non se pode permitir outros “catro anos como os houbo” e por iso demanda diálogo e chegar a puntos de encontro ao resto de partidos.

O alcalde de Ourense, diante das escaleiras de Santa María Nai, na praza Maior./RAMSES.

“O estado de abandono (que había no Concello de Ourense) pode sorprender. Os concursos vencidos, os problemas económicos, dificultades na xestión, falta de diálogo por parte da anterior corporación, incluso cos propios técnicos”

Page 3: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

�Ourense por BARRIOS Agosto de �015

dos veciños por riba do que pode ser arañar unha serie de votos ou buscar certo protagonismo estaríamos abocados de novo ao mesmo. Esta cidade non aguan-taría catro anos como os houbo. Se se seguise nesa dinámica ago-ra se verían as consecuencias, se non se lle chega a poñer límites a cidade pagaríao durante moitísi-mos anos”.

Está a ser complicado o pa-pel de moderador nos plenos?

J.V.: “Ben, hai que ter moita man esquerda… e tamén moita man dereita (ri), hai que poñer as dúas mans porque non é doado. Lévanse dado unha serie de cir-cunstancias que necesitas moito sangue fría.

Uns e outros, aquí estamos para un traballo, a cidadanía nos votou e nos deu unha responsa-bilidade e polo tanto temos que exercela, e non armar ‘jaleos’ ou dar unha imaxe que a cidadanía non quere”.

Anunciou que en xullo se constituiría a comisión sobre a integración do AVE en Ouren-se, formada por Concello, De-putación, Xunta e Fomento, pero aínda non se fixo.

J.V.: “Non, debido a problemas de axenda, principalmente por parte do Ministerio de Fomento. Está convocada para principios de setembro. Estamos á espera da confirmación definitiva”.

De que traballos se encarga-ría, aproveitaríase o xa feito?

J.V.: “Hai dúas cuestións cla-ves: o proceso de integración e a estación. O proceso de integra-ción vai moi avanzado, hai unha variante exterior subdividida en dous tramos, á súa vez o último tramo subdividido noutros dous, en diferentes procesos pero un dos tramos, se houbera dispoñi-bilidade, pode ser licitado practi-camente de maneira inmediata, o que, nunha obra desa magnitude, nunca é un mes, dous ou tres.

E temos que trata de redifinir a estación. Todos coincidimos que ten que ser unha estación intermodal que estea á altura da terceira cidade de Galicia. Está chamada a dar servizo a unha área de poboación máis grande que a provincia. Un proxecto de futuro para moitísimas décadas, unha das obras máis importantes que ten a provincia.

Eu manifesto rotundamente a implicación da ministra Ana Pastor co tema do AVE, á vista está o incremento dos orzamen-tos no AVE é enorme, nun mo-mento aínda de crise, a situación aínda é moi complicada. Hai un compromiso firme de que o AVE

chegue no ano 18.A Xunta sacou xa o concurso

para o proxecto de como integrar a estación de autobuses dentro da estación do AVE, porque es-tamos falando dunha penetración maior de autobuses nesa área.

Polo tanto, a implicación de ambas administracións é básica. Pero temos que ser realistas, ten que ser unha infraestrutura de fu-turo pero que dea cumprimento ao que está chamado: significa ter todos os servizos para que os veciños e turistas poidan despra-zarse”.

Desbótase totalmente o proxecto de estación de Nor-man Foster?

J.V.: “Esa é unha cuestión que nun momento dado se sacou de forma unilateral. Quen ten que pagar a infraestrutura é o Minis-terio de Fomento polo tanto hai que contar con eles.

Temos que ser conscientes da situación, non estamos no mo-mento de falar de infraestrutu-ras enormes, fantasiosas, que despois non cumpren as propias necesidades. Estamos a falar de poñer Ourense-Madrid en dúas horas e media. É importante pen-sar que o núcleo da estación é que flúan os trens, e que teñamos

unha rede que facilite esa mobi-lidade, e non que nos atopemos unha estación que pode ser moi inmensa pero sen servizos den-tro. E o máis importante é que haxa viaxeiros, e para que haxa viaxeiros ten que haber unha fre-cuencia de AVEs e ten que haber unha dotación de servizos para cando eses viaxeiros chegan á estación de Ourense, ou para chegar á estación.

Temos que actuar con lóxica e con rapidez, porque o �018 está aí, e hai que esixirlle ao Estado o papel que ten que ter Ouren-se. Creo que a vontade ata este momento o Ministerio tena ma-nifestado; nos orzamentos de ADIF aparece unha partida dun millón de euros para o estudo da estación intermodal. Eu non fa-laria de nomes nin de obras fa-raónicas pero si dunha estación que dea servizo, aos ourensáns e aos que ata aquí se acheguen”.

Unha obra que non é faraó-nica pero si moi demandada, é a reforma da rúa Concello, para cando?

J.V.: “Pronto, o proceso está en marcha. Foi a primeira obra que se tratou de desconxestionar ás dúas semanas de chegar ao

goberno, empezou o proceso de licitación e a partir de aí hai uns prazos.

Estamos a falar de máis de 700.000 euros de investimento; son obras complicadas porque para esa magnitude se presentan ducias de empresas, pero, repito, moi pronto será unha realidade porque o proceso está en marcha. Moitísimo antes do Nadal debe-ría de estar a obra empezada”.

Empezaron xa a redacatar o borrador dos orzamentos de 2016?

J.V.: “Si, xa están a traballar nel neste momento as distintas concelleiras”.

Presentaranse antes de re-matar 2015?

J.V.: “A previsión é que temos que telo aprobado bastante antes de que remate o ano. É un tema que agora en setembro será o tema de actualidade, porque nos tocará plantexar o borrador e fa-lar cos distintos grupos políticos para tratar de sacalo en pleno”.

Con respecto á primeira cri-se no seu goberno, a renuncia do concelleiro Francisco Gon-zález, xerou algún desencontro

entre vostede e o presidente da Deputación e presidente pro-vincial do PP, Manuel Baltar?

J.V.: “Non, non. Nin o presi-dente provincial se mete nas mi-ñas decisións nin eu me meto nas decisións que adopte o presiden-te provincial, máis alá de perten-cer a un mesmo partido e estar baixo o mesmo paraugas.

En todo caso foi unha decisión que adoptou o presidente provin-cial e esa decisión lle afectou ao concelleiro, tivo que decidir A ou B, e optou, foi decisión propia do concelleiro. É certo que foi unha perda para o Concello e para o grupo porque estaba desenvol-vendo un labor moi importante, ademais de estar moi integrado, é unha persoa dunha valía e dun-ha capacidade de traballo enor-me e sobre todo de diálogo, cos distintos grupos políticos como portavoz”.

Ten constancia de que o gru-po popular no Congreso vaia presentar algunha emenda polo Museo Arqueolóxico?

J.V.: “Non, non teño esa cons-tancia. Estamos traballando e sei que están traballando tamén os deputados. A situación económi-ca é moi complicada, pero claro que me gustaría que a presenta-ran, pero non podo afirmar nin nun sentido nin noutro.

Non sei cal vai ser a decisión, se se poderá dar volta atrás na deci-sión do Ministerio, descoñézoo. Sei que o ministro (de Cultura), o secretario de Estado, o propio presidente do Goberno coñecen a situación; está nas mans deles dicir se poden ou non.

Ourense se merece ese inves-timento e non foi Ourense quen se meteu nese problema. Un go-berno nun momento decide dar un paso adiante cun compromi-so de que sería momentáneo (o peche) pero que se convirte en 1� anos, que se poden converter ao final en 20 ata que se poida abrir. Estamos falando de distin-tas xeracións que están privados do Museo Arqueolóxico. A nivel cultural e museístico é o noso bastión, o noso punto forte, o museo por excelencia, é o museo con maiúsculas.

Creo que Ourense deu un exemplo, Ourense en Común e PSOE tiveron un comportamen-to magnífico apoiando algo que é de xustiza para esta cidade, máis alá de disputas. Aquí hai que fa-cer historia, o Estado ten unha débeda coa historia de Ourense. Só os de Ourense o poden en-tender porque é o que nos tocou vivir, sería un xesto, non de xe-nerosidade coa cidade e coa pro-vincia, senón un xesto de lóxica e de xustiza con esta provincia”.

Jesús Vázquez, no seu despacho no consistorio ourensán, nun momento da entrevista./RAMSES.

Sobre a relación coa oposición: “Se non chegamos a puntos de encontro e se non primamos os intereses dos veciños estaríamos abocados de novo ao mesmo”

Sobre a estación intermodal: “Non estamos no momento de falar de infraestruturas enormes, fantasiosas, que despois non cumpran as necesidades”

Sobre o Museo Arqueolóxico: “Creo que é necesario para Ourense ese investimento, é xusto e unha débeda do Estado con esta cidade e por iso o reclamo e o seguirei reclamando, con independencia das siglas políticas”

Page 4: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSAgosto de �015 BARRIOS

Redacción

A Xunta de Goberno local aprobou a proposta de adxudicación da ur-banización da na rúa da Murga.

Para o proxecto de mellora de infraestru-turas urbanas e urbani-zación redactado polo Concello presentaron as súas propostas 14 em-presas, resultando a me-llor proposta a realizada por Proyecón Galicia, que ofertou un importe de 10�.�66 euros, cun �8,86% de baixa respec-to ao orzamento de licita-ción. A empresa ten que presentar agora a docu-mentación necesaria para proceder á adxudicación

Reformado o parque infantil ao carón da estación de autobuses4 A reforma, solicitada pola Asociación Veciñal As Termas, respondía a unha demanda da veciñanza.

Redacción

Os habitantes das viven-das sociais ao carón da es-tación de autobuses gozan este verán dun renovado parque infantil. A mellora deste espazo era unha de-manda que realizou nos últimos anos a Asociación Veciñal As Termas e que se viu materializada coa adxudicación dun proxec-to de reforma por parte do anterior Goberno munici-pal.

Os traballos consistiron na renovación dos apara-tos, instalacións dun novo chan acolchado de cespede artificial, novas árbores e un peche a todo o espazo.

Dende a Asociación Ve-ciñal As Termas destacan que a perseveranza que tiveron durante os últimos anos para defender esta de-manda dos veciños do ba-rrio fixo posible que hoxe sexa realidade. En palabras do presidente da asocia-ción, Ángel Gómez: “esta reforma integral do parque do barrio é a demostración de que mediante a unión e a participación activa das veciñas e veciños é posible conseguir melloras para os barrios”.

Aproveitando a visi-

ta a esta zona infantil do alcalde, Jesús Vázquez, e dos concelleiros Sofía Godoy e José Araújo, re-presentantes do colectivo veciñal pedíronlles que cando ao longo destes ca-tro anos se aborden dous macroproxectos como son o bulevar termal e a esta-ción intermodal se faga pensando nas veciñas e veciños. Segundo Ángel Gómez, “levamos anos escoitando promesas so-bre o traslado da estación de autobuses para a futura estación do AVE e da re-forma da N-1�0 para con-

vertila en bulevar termal; ambos proxectos afectaran directamente ás arredor de mil veciñas e veciños que residen nas vivendas so-ciais”.

Solicitude de reuniónsNos próximos meses

dende As Termas van soli-citar reunións con todas as administracións implica-das para coñecer o estados dos proxectos e incógnitas que seguen sen despexarse como que pasará co actual soar anexo ás vivendas cando a estación de bus sexa traslada.

4 Praza 500As melloras tamén

chegaron á zona de xogos infantís da Praza 500, en Barrocás, Alí, substituíu-se 70 metros cadrados do chan da zona de xogos por caucho, cambiáronse xogos infantís deteriora-dos e instalouse un tobo-gán e unha estación de aparatos biosaudables.

As compras desta ac-tuación sumaron 8.500 euros, investimento onde non está incluida a man de obra, que foi munici-pal.

Aspecto trala reforma do parque infantil da estación de autobuses.

das obras.Os traballos buscan

humanizar este vial, que conexiona a rúa Marcelo Macías co antigo camiño de Barbadás. O proxecto prevé crear un vial interior ao mesmo nivel, similar a unha zona �0, onde a prio-ridade sexa o peón, cun único sentido de entrada a través de Marcelo Macías e saída cara ao camiño de Barbadás.

Crearase ademais unha pequena zona de aparca-mento nas proximidades de Marcelo Macías e man-tense o espazo central am-plo e unha zona de estadía para a veciñanza. Tamén se substituirán as redes de abastecemento e sanea-mento.

A rúa da Murga será urbanizada4 Destinaranse 102.366 euros.

Saneamento nos VirosRedacción

A Xunta de Goberno local seleccionou á em-presa que se encargará do proxecto de interco-nexión do saneamento da rúa Rabaza e o núcleo dos Viros. Das 14 ofer-tas presentadas, a mellor oferta de acordo co pre-go de condicións, a de Construcciones Orega. por importe de 11�.0��

euros, cunha baixa do �8,4�%.

O saneamento do núcleo dos Viros non está conec-tado á rede de saneamento municipal e a rúa do Cu-rro, que une Os Viros coa rúa Rabaza, dispón de rede de abastecemento para as vivendas unifamiliares, pero non de rede de sanea-mento. Con este proxecto, o núcleo dos Viros queda-rá conexionado coa rede municipal de saneamento, instalando unha tubaxe de 677 metros.

Page 5: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSAgosto de �015BARRIOS

EN BREVE

Redacción

A limpeza dos cauces e marxes dos ríos de Ouren-se que desenvolve a Con-federación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) en colaboración co Concello de Ourense chegou ao río Barbaña. Logo dos traba-llos de limpeza e restau-ración do río Loña no seu tramo urbano, a brigada de limpeza traballa ac-tualmente augas abaixo da Praza de Abastos en direc-ción á desembocadura no río Miño.

Os labores de hixieniza-ción, que empregan a oito especialistas e dous briga-das forestais, perseguen limpar de árbores e restos vexetais, así como de re-siduos sólidos urbanos, as inmediacións dos ríos para que non obstrúan as aguas e coa finalidade de que non se formen tapóns nun-ha zona de paso habitual.

Despois do Barbaña, nos labores centraranse no regato dos Muíños (río Barbañica) e, na última semana do mes, volverán ao río Loña para rematar os traballos desde a ponte medieval ata o colexio de Mende.

A CHMS está a des-brozar puntualmente a

vexetación eliminando o exceso de mato e a ma-leza acumulada. A lim-peza realízase de forma seletiva, seleccionando os rebrotes de especies arbóreas para favorecer o seu desenvolvemento nos meses que seguen ao verán. Os restos vexe-tais finos retirados serán triturados in situ e os de maior calibre ofrecerán-selles aos veciños para o seu uso doméstico ou, no seu caso, trasladados a un vertedoiro autorizado. Os residuos sólidos urba-nos acumulados nas mar-xes, chatarra, plásticos e entullos diversos, serán separados atendendo á súa natureza e transpor-taranse ao xestor de resi-duos autorizado.

Estes traballos están enmarcados nas actua-cións de restauración do Dominio Público Hi-dráulico da CHMS e nas que o Concello colabora activamente cunha briga-da de limpeza municipal.

CHMS e Concello sanean o Barbaña4 Tamén actúan no Loña e no regato dos Muíños.

Redacción

A Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas iniciou este mes de agosto as obras para a mellora de accesibilidade, instala-cións das estacións de autobuses de Ourense. A Dirección Xeral de Mobilidade inviste máis de 50.000 euros nes-tes traballos, que teñen por obxectivo mellorar e modernizar a rede de estacións de transporte público por estrada da comunidade autónoma.

Así, para mellorar a ac-cesibilidade da estación da cidade das Burgas es-tanse a reparar e a colocar varios apoios isquiáticos na zona de dársenas, para facilitar a espera aos usuarios sen necesidade de sentar e tamén se van colocar varios bancos. Ademais, estase a reparar o pavimento de formigón de entrada ás dársenas. As obras prolongaranse por un período de tres meses.

Máis sinalización Con respecto a estas

obras dende a Asocia-ción Veciñal As Termas solicitaron por escrito ao

Concello de Ourense que reforce a sinalización dos pasos de peóns da contor-na. Esta petición débese a que mentres duren as obras o tráfico de saída dos auto-buses urbanos e de liña está a ser desviado pola Rúa D xusto á altura do paso de peóns máis utilizado do entorno que comunica as vivendas sociais co recen-temente reformado parque infantil do barrio e coa zona de Tinteiro.

4 Estudo sobre a estación intermodal

A Dirección Xeral de Mobilidade vén de rubricar o contrato coa empresa que realizará o estudo sobre a inte-gración da terminal de autobuses na futura es-tación intermodal.

Este estudo, que esta-rá rematado neste mes-mo ano, analizará catro variables, como as ne-cesidades e análise de impacto, o estudo fun-cional da nova terminal de autobuses, a avalia-ción de liñas, viario e tráfico e o levantamento topográfico.

Saída provisional dos autobuses da estación mentres du-ren as obras.

A Xunta realiza obras de mellora na estación de bus4 A A.VV. As Termas pide reforzar a sinaliza-ción na zona mentres duren os traballos.

Os labores de hixienización empregan a 8 especialistas e 2 brigadas forestais

Os traballos afectan á zona de espera nas dársenas e ao pavimento de formigón

4 Reforma nos Remedios

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o secre-tario xeral para o Depor-te da Xunta, José Ramón Lete, acordaron realizar unha reforma no Pavi-llón dos Remedios cun investimento de 400.000 euros.

As obras irán dirixidas á remodelación integral do pavillón anexo dos Remedios, con actua-cións tamén nos vestia-rios do módulo de atletis-mo e no campo de fútbol 5 indoor.

4 Remodelación da rúa Mercado

A Xunta de Gober-no local do Concello de Ourense aprobou o proxecto de rehabilita-ción do firme e mellora da accesibilidade da rúa do Mercado, no barrio da Ponte. Este proxecto, redactado polo arquitec-to municipal, Gerardo Iglesias Guede, e po-los arquitectos técnicos municipais, José Carlos Pérez Paz e Ana Bailón Vega, ten un orzamento de 101.74� euros.

Esta obra está incluí-da na primeira fase do Plan de Investimentos Municipal �014-�015. Con esta aprobación do proxecto, iniciarase agora o expediente de contratación oportuno, a través do Servizo Muni-cipal de Contratación.

Page 6: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

6 Ourense por BARRIOSAgosto de �015 A VALENZÁ

Redacción

O Concello de Barba-dás puxo en marcha, coa subvención da Consella-ría de Traballo e Benestar, o obradoiro de emprego “Barbadás coida de ti” que se desenvolverá nos próximos seis meses.

“Barbadás coida de ti” consta de dúas espe-cialidades formativas, atención sociosanitaria no domicilio e dinami-zación de actividades de

tempo libre, coa partici-pación de 10 persoas des-empregadas en cada unha delas. O equipo de apoio está formado por unha di-rectora, un administrativo e tres docentes.

Prácticas no ConcelloDurante a impartición

do obradoiro compaxina-rase a formación teórica requerida cunha fase de prácticas, que o alumnado poderá realizar nas propias instalacións do Concello e

Barbadás promove un obradoiro de emprego4 Formará 20 persoas des-empregadas.

4 Petición de máis servizo no centro de saúde

O concelleiro de Sani-dade de Barbadás, Sarín Núñez, entrevistouse coa xerente do CHUO, Eloí-na Núñez para reclamar o incremento das horas de prestación do servizo de enfermaría e atención médica no ambulatorio ubicado en Barbadás.

Nestes momentos o médico atende catro ho-ras -de 9 a 1� horas- e a enfermeira só unha, de 8 a 9 horas. Segundo Eloí-na Núñez, as 555 tarxetas que asume o facultativo non son suficientes para adxudicar unha xornada completa.

Zona desbrozada.

4 Desbroce na glorieta do Carrefour

Unha brigada da Xun-ta de Galicia está a lim-par estes días a glorieta de entrada a Carrefour, baixo a estrada de Cela-nova, no termo munici-pal de Barbadás.

A ausencia de man-temento nesta rotonda levou ao concelleiro de Medio Ambiente de Bar-badás, Rafael Sierra, a instar á Consellería de Política Territorial a que acometese unha actua-ción de xeito prioritario. Este debroce era nece-sario para mellorar a se-guridade viaria, por ser esta unha zona de moito tránsito, e para evitar un incendio no lugar.

4 Cursos no CETO Concello de Barba-

dás organiza en setembro tres actividades forma-tivas dirixidas a comer-ciantes, empresarios ou emprendedores.

Os cursos son gratuítos e tratan sobre escapara-tismo, plantas aromáti-cas e fiscalidade de em-presas. Serán impartidos no Centro Empresarial Transfronteirizo de Bar-badás.

Redacción

Barbadás é un dos ca-tro municipios ourensáns que vén de recibir un ve-hículo para a Policía Lo-cal por parte da Xunta. A entrega deste vehículo, un Citroën C4 Cactus, realizouse ao abeiro dun-ha orde de subvencións, en réxime de concorren-cia competitiva, dotada con máis dun millón de

EN BREVE

nos servizos sociais e de xuventude municipais.

O tenente de alcalde, Xosé Manoel Fírvida, des-tacou que a formación do

Novos vehículos para Policía Local e Protección Civil4 Grazas a dúas liñas de axu-das da Xunta de Galicia.

Clase formativa do obradoiro de emprego de Barbadás; ao fondo da imaxe a súa direc-tora, Efi Levices, o administrativo do obradoiro, Juan José Domínguez e o tenente de alcalde de Barbadás, Xosé Manoel Fírvida./M.REJO.

obradoiro redundará nunha maior capacitación para os participantes, o que sen dú-bida axudará á súa integra-ción no mercado laboral,

e que se trata duns cursos baseados na prestación de servizos moi demandados no municipio.

euros.Ademais, a Agrupación

de Voluntarios de Protec-ción Civil de Barbadás conta dende hai uns días cun novo vehículo de usos múltiples con capacidade para nove persoas. Este vehículo foi concedido pola Consellería de Presi-dencia a través dunha liña de subvencións sufragada con fondos da Unión Eu-ropea para equipamentos.

Dani Rey, responsa-ble de Protección Civil de Babadás, explica que a agrupación de volun-tarios desta localidade foi unha das que obtivo unha maior puntuación na súa solicitude debido ao número de voluntarios e de operativos nos que participa.

O vehículo, unha Re-nault Trafic de 120 caba-los, trae incorporado un equipo de megafonía, un sistema de iluminación prioritaria (luces e serea), extintor, linternas e XPS. A agrupación está pen-dente tamén da entrega de material complemen-tario coma un remolque con carpa presurizada.

O automóbil desti-narase ao transporte de persoal, traballo cotián e asistencia a operativos.

A Policía Local de Barbadás recibe o vehículo, un Citroën C4 Cactus, de mans do vicepre-sidente da Xunta, Alfonso Rueda, e en presenza do rexedor, Xosé Carlos Valcárcel./R.T.

Redacción

Coa posta en funciona-mento dunha varredora mecánica na arteria prin-cipal da Valenzá (a aveni-da de Celanova), o Con-cello de Barbadás busca mellorar a limpeza tanto na vila como no resto do municipio. A mecaniza-ción destes traballos pro-piciará que o persoal de limpeza viaria teña unha maior dispoñibilidade para atender outras rúas da Valenzá e o resto do termo municipal.

Nos vindeiros días será preciso reubicar parte do mobiliario urbano da avenida de Celanova e eliminar barreiras ar-quitectónicas co fin de adaptar as beirarrúas ao paso da varredora. Den-de o grupo de goberno de Barbadás piden a colabo-

ración do sector hostaleiro para que as terrazas non impidan o paso da máqui-na.

Este novo equipamento forma parte da nova polí-tica de limpeza do Conce-llo de Barbadás, que quere que a empresa adxudica-taria do servizo, Geseco, mellore a calidade tanto da limpeza viaria coma do coidado de zonas públicas e espazos verdes.

Unha varredora encargarase da limpeza na avenida de Celanova4 O persoal do servizo pres-tará así maior dedicación a outras rúas da Valenzá.

A varredora mecanizada.

Page 7: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

7Ourense por BARRIOSAgosto de �015PUBLICIDADE

Page 8: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSAgosto de �015

CIDADE

Redacción

O voto favorable do grupo socialista posibili-tou ao grupo de goberno popular a aprobación de dúas modificacións or-zamentarias por importe de seis millóns de euros nun pleno extraordinario celebrado o pasado 1� de agosto.

A primeira delas, de �,4 millóns de euros, permi-tirá facer fronte ao pago de débedas de exercicios anteriores (1,7 millóns) e dotar crédito para afrontar gastos e investimentos que é necesario executar antes de final do presente ano (71�.��7 euros). En con-creto, para investimentos cofinanciados pola Xun-ta como as melloras no polígono de Seixalbo e os programas de empre-go (59.�85 euros), para o programa de benestar social Ourense Integra (�50.000 euros), e para convenios con 14 enti-dades (40�.95�4 euros). Neste punto DO e OUeC abstivéronse.

A segunda modifica-ción orzamentaria, que ascendía a �,6 millóns de euros, saiu aprobada cos votos de PP e PSOE,

a abstención de OUeC e o voto en contra de DO. Os fondos aprobados serán destinados ao convenios para a mellora do abaste-cemento e o saneamento (876.877 euros), a indem-nizacións xudiciais (un mi-llón de euros), e ao realoxo dos comerciantes da Pra-za de Abastos (570.000 euros). Outros 1,1 millóns serán para gastos das dife-rentes concellerías para a súa actividade normal de aquí a final de ano.

Neste pleno tomou po-sesión a edil do PP Flora Moure, quen substitúe a Francisco González. Moure asume as competencias de Recursos Humanos e Se-guridade Cidadá.

Acceso mecanizado á Milagrosa

A terceira modificación orzamentaria, para cons-truír un elevedor mecani-zado ao barrio da Milagro-sa, deberá agardar, debido a un informe negativo do interventor municipal. O Goberno local anunciou que seguirá negociando con Democracia Ourensa-na –partido que propuxera esta obra- sobre a posibili-dade de construír escaleiras mecánicas á Cruz Alta.

P. Lodeiro

Finalmente foron só PP, PSOE e OUeC os asinan-tes dunha carta remitida ao ministro de Cultura e aos grupos políticos do Con-greso para demandar máis cartos nos Orzamentos do Estado de �016 para reha-bilitar o Museo Arqueoló-xico. A fronte común que se intuíu trala xunta de voceiros na que se anali-zou este asunto diluíuse ao desmarcarse Democracia Ourensana, que considera a misiva “inútil” e “propa-gandística”.

O alcalde, Jesús Váz-quez, agradeceu a postura de cooperación de OUeC e PSOE e, pola contra, dixo non entender a decisión de DO, “esta postura de últi-ma hora de ver o que non hai ou de afastarse dun tra-ballo conxunto”. O man-datario popular cre que “a cidadanía estaba esperan-do este tipo de xestos, de poder traballar entre todos, e ver que por riba das pro-pias siglas están a defender os intereses da cidade”. E será esa dinámica de “bus-car consensos” a que siga aplicando no futuro o seu goberno.

Malia o apoio á carta, o voceiro suplente socialis-

ta, José María García Teje-rina, aproveitou a ocasión para criticar a Jesús Váz-quez. Así, recordou que foi conselleiro de Educa-ción e Cultura nos últimos cinco anos, nos que o des-envolvemento do Museo Arqueolóxico estivo “pa-ralizado”.

Parálise que rexeitou o alcalde defendendo que “o traballo que non se fixo por parte do PSOE na corporación se fixo recla-mando os dereitos desta cidade por parte da Xunta e da Consellería” sendo el conselleiro. En particular,

dixo, “en todas as visitas a Madrid se lle demandaba reiteradamente ao Minis-terio, xa na época anterior e co goberno popular, o reinicio destas obras”.

O PSOE quere máisCon todo, o PSOE quere

o mesmo apoio para outros proxectos de cidade e por iso vén de remitir á Alcal-día un escrito “en termos similares” á carta sobre o Museo Arqueolóxico, que reclama “unha modifica-ción dos PGE (Orzamen-tos do Estado) que permita o comezo da execución

O PP aproba dúas modificacións orzamentarias4 Co apoio socialista.

A fronte común en defensa do Arqueolóxico redúcese a tres grupos4 O Concello envía unha carta ao Ministerio de Cultura asi-nada por PP, PSOE e OUeC para pedir máis fondos.

Fachada do Museo Arqueolóxico Provincial./P.LODEIRO.

Demándase ao Estado maior partida económica para rehabilitar o museo

da estación intermodal e da integración urbana da alta velocidade”.

A petición foi resposta-da en positivo polo pro-pio rexedor. “Todo o que poida vir a maiores e que signifique para a cidade investimento e posiblida-des de futuro, nós imos asinar unha, dúas ou ca-tro cartas”, dixo.

Page 9: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOS Agosto de �015CIDADE

Paula Lodeiro

Colonias de gatos de Ourense é o nome dunha páxina en Facebo-ok destinada a axudar á xestión e control das colonias de gatos da nosa cidade, e á posta en adop-ción dos animais que poidan res-catarse. Son máis de mil persoas as que seguen neste perfil, actua-lizado a diario, os casos de ga-tos rescatados e en adopción que dan a coñecer a media ducia de voluntarias destas colonias.

Ante a indiferencia da maioría, e ás veces á incomprensión da súas propias familias, Nani, Sol e Lola cóntannos os seus esfor-zos ímprobos para manter a raia unha triste realidade que nunca remata de solucionarse.

Como empezastes coas colo-nias de gatos?

Sol: “Eu tiña dous gatiños e vivía moi tranquila. Empecei a ver calamidades absolutas no casco antigo: no tellado de atrás da miña casa, unha camada de gatos recén nacidos, vin como crecían, como os veciños lles da-ban de comer, eu mesma tamén. Un día contactei coa protectora porque desapareceran, quedaba un gatiño e logrei collelo, e foi o primeiro que trouxen para a casa, dino en adopción. Logo,

ía pola rúa, vía gatas con bebés na boca, gatiños nos edificios abandonados, un día caeume un diante morto de inanición… Aí empecei a contactar coa protec-tora, coa que daquela era a pre-sidenta, Rosa, e empezamos coas castracións”.

Que é o que se fai nestes ca-sos?

Lola: “Procuramos coller as gatas e levámolas a esterilizar, collemos tamén os gatos se pode-mos, e despois volvémolas soltar no mesmo lugar. Moitos veces nos atopamos gatas mansiñas, e as levamos a un piso para dar en adopción”.

Sol: “Trátase de seguir cas-trando porque aínda que hai menos bebés, aínda se atopan, sempre aparece unha gata nova, ou quedou unha sen castrar… Se é unha colonia sen perigo, cástra-se a nai e os bebés e alí quedan; se teñen perigo ou os bebés están enfermos cástrase a nai e os be-bés danse en adopción”.

Cantas colonias tedes locali-zadas en Ourense?

Nani: “Gustaríanos ter feito un censo para poder ter un núme-ro aproximado. Controladas hai case 40 colonias, con entre 15 e �0 animais por colonia, pero hai

máis”.Lola: “Cada día descubrimos

unha colonia nova”.

Tedes algún cálculo de cantos gatos levades recollidos nestes anos?

Sol: “Unha tolemia, deixei de contar a partir de 400 animais, e levamos 600 castrados”.

Con estes labores de esteri-lización, baixou o número de gatos en colonias?

Nani: “Non o notamos, parece rechamante que co traballo que hai feito detrás e ás veces parece que non se ven os resultados”.

Sol: “Pero si os hai. Había que ver o casco antigo como estaba hai sete anos, había até sete be-bés na miña praza e non había ningunha caseta; agora o casco antigo está limpo. Un día fomos ao Couto Sol e máis eu, detrás do estadio, quedamos arrepiadas, parece que saían de debaixo das pedras, había unha chea, hoxe só hai catro adultos”.

Como vos repartides o traba-llo?

Nani: “Téntase que cada unha leve unha zona, pero aínda segue faltando xente”.

Cantas persoas sodes?

Nani: “Xente que controle-mos colonias, que faga rescates, cachorros e acollidas, somos as de sempre, catro ou cinco. E realmente é o que se supón un bo control de colonias, unicamente alimentando non é a solución, é un parche”.

Que hai que facer para ser casa de acollida?

Nani: “Hai que ter compromi-so, sentido común, e paciencia. Nalgúns casos non só é alimentar e darlles un acubillo, tamén hai que socializar o gato. Necesita-mos casas de acollida temporais porque os que somos multiacolli-da coma min xa non temos unha zona da casa onde ter os gatos recén recollidos illados dúas ou tres semanas”.

Vedes que cambiara a actitu-de dos veciños con respecto ás colonias de gatos?

Sol: “Un pouco si”.Nani: “Eu non sei como era

antes, sei como é agora. O pro-blema é que a maioría da xente é tolerante pero os dous ou tres que non o son fan moito ruído e son moi molestos, e tes que lidiar a diario con eles. E nótalo como un risco”.

Porque logo hai envelena-mentos?

Nani: “Iso é o que máis medo me dá e por iso hai que ter moita man esquerda con eles, non po-des deixar que te amedrenten nin tampouco andar á gresca porque cando ti marchas os gatos están moi expostos ao que ese tolo queira facerlles”.

Pero o certo é que ter unha colonia de gatos controlada é bo para a zona.

Nani: “O que non o quere en-tender non o entende, por máis que lles expliques os beneficios de ter unha colonia controlada e saben que os hai, porque están a ver que fas castracións, que é o único método eficaz para ter un control.

O envelenamento non é a so-lución, ti matarás esa colonia pero ao tres meses vas ter máis gatos porque ese oco vano ocu-par outros. A única solución pasa polo CES (Capturar, Esterilizar, Soltar), porque eses membros xa controlados (aos que se lles fai unha pequena marca nunha orella) son os que manteñen a co-lonia baixo control, non deixan

que entren máis membros. Pero é predicar no deserto”.

Recibides algún apoio dal-gunha entidade?

Nani: “Agora mesmo o noso maior apoio son as clínicas cola-boradoras, que o fan de maneira completamente altruísta. Gusta-ríanos que fosen máis, porque co tema das castracións as clínicas teñen unhas cotas: algunhas son dúas á semana, outro tres, outro un, como lles cadre, e ás veces hai que castrar e non temos onde levalos. Se nos fallasen estaria-mos perdidas”.

E da administración, tedes axuda?

Sol: “O Concello axudounos coas casiñas e deu partidas ás clí-nicas, logo acabouse o diñeiro. E pedímoslle ás clínicas que por fa-vor continuasen e fixérono”.

Nani: “Agora estamos en pro-ceso de ter conversas co novo goberno porque necesitamos o apoio institucional. Realmente cunha partida mínima mensual a nós aliviaríanos moitísimo, por-que ás veces parte do noso tempo dedícase a tentar conseguir re-cursos para pagar, non soamente as castracións nas que nos cobran un importe mínimo, nós atende-mos urxencias, medícanse cando están enfermos, todo iso é un di-ñeiro.”.

Coñeces casos semellantes noutras cidades?

Nani: “Non en todas as cida-des galegas pero si nalgunhas nalgunha época do ano fanse campañas de esterilización, non soamente a nivel de colonias se-nón a nivel de particulares, que é algo que se debería empezar a facer aquí tamén”.

Sol: “De feito é o gran proble-ma, todos os gatos que hai na rúa son de particulares, a maioría abandonos intencionados”.

Gustaríadevos deixar unha mensaxe aos lectores?

Nani: “Queremos concienciar á xente de que é necesario que castren e esterilicen ás súas mas-cotas, é importantísimo. Mentres iso non cambie isto non vai cam-biar, nin para a protectora nin para os que estamos a pé de rúa tentando arranxar o que outros ocasionan”.

[Le a entrevista completa en www.periodicobarrios.com]

ENTREVISTA ÁS XESTORAS DAS COLONIAS DE GATOS DE OURENSE

“Todos os gatos que hai na rúa son de particulares, a maioría

abandonos intencionados”4 En sete anos traballando na cidade levan recollidos 400 animais e castrados 600.

Nani ten tres gatos e sete máis en acollida, en busca dun fogar definitivo: Mel (na imaxe), Ros, Luisito, Mina, Mona, Hikari e Yuki.

“Controladas hai case 40 colonias, con entre 15 e 20 animais por colonia, pero hai máis”

“O envelenamento non é a solución, ti matarás esa colonia pero ao tres meses vas ter máis gatos porque ese oco vano ocupar outros”

Page 10: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSAgosto de �015 especial VOLTA AO COLE

Newcastle Studies, academia de referenza no Vinteún

Newcastle Studies é unha academia ubicada na praza Mil, no Vin-teún, que conta cunha experiencia de máis de 18 anos na docencia. Se-gundo nos explica a súa responsable, María Eu-genia Fernández Ramos, “dedicámonos a todas as asignaturas, cursos e niveis, desde Primaria, a ESO, Bacharelato e Uni-versidade”.

Son especialistas en inglés, e así preparan aos seus alumnos tanto para a Escola Oficial de Idiomas como para os exames de Cambridge (KET, PET, FIRST, ADVANCED e PROFICIENCY). Impar-ten cursos en todos os ni-veis da lingua inglesa con horarios flexibles e con excelentes resultados.

[+ info en 988 �7� 670].

Redacción

A Consellería de Cultu-ra, Educación e Ordena-ción Universitaria vai in-vestir arredor de 400.000 euros na ampliación da Escola Oficial de Idiomas de Ourense, obra para a que xa se reservará unha partida nos orzamentos de �016.

Segundo o anteproxecto das obras, o obxectivo é construír unha ampliación do edificio de tres andares. Deles o baixo estaría porti-cado e os outros dous aco-llerían un mínimo de catro aulas, que poderían chegar a seis no suposto de que os condicionantes urbanísti-cos da parcela o permiti-sen. Darase así resposta ao

incremento de matrícula e de oferta de linguas es-tranxeiras no centro nos últimos anos.

O titular do departamen-to educativo da Xunta, Román Rodríguez, fixo este anuncio durante a súa

Educación investirá 400.000 euros na ampliación da Escola Oficial de Idiomas4 O conselleiro de Educación comprobou as obras realizadas no IES Universidade Laboral e no CIFP A Farixa.

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez (no centro da imaxe) comprobou as obras nos talleres do CIFP A Farixa./RAMSÉS.

visita ao IES Universidade Laboral da cidade, onde comprobou os resultados dos traballos que se están a

realizar este verán para a renovación das cubertas, unha obra na que se in-vestiron preto de �50.000 euros. Ademais, o centro contará o ano que vén cun novo laboratorio de idiomas.

Rodríguez tamén se achegou ata o CIFP A Farixa, onde comprobou o avance das obras que se realizan nos talleres, por un importe de 57.000 euros. En concreto, es-tase a construír unha pequena entreplanta no taller de Enerxías Reno-vables para a colocación dos paneis solares, ade-mais de dividir outro dos talleres en dous andares. Neste segundo caso o obxectivo é reorganizar os espazos dedicados aos ciclos de edificación e de electrónica.

A previsión é construír un mínimo de catro aulas e un máximo de seis

Page 11: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSAgosto de �015

VOLTA AO COLE especial

Redacción

A Concellería de Edu-cación de Barbadás promove melloras nos centros educativos do municipio para adaptar as instalacións ás deman-das e necesidades da co-munidade educativa.

Unha das melloras que se acometerá nas vindei-ras semanas, por parte da brigada de obras munici-pal, será a ampliación da biblioteca do colexio Fi-lomena Dato da Valenzá. Para proceder á amplia-ción de espazos unirase unha aula a esta estancia.

Outras das propostas trasladoullas a concellei-ra de Educación a socia-lista, Marga Pérez, á xefa territorial da Consellería de Educación, Merce-des Gallego. Entre as cuestións tratadas nesta xuntanza atópanse actua-cións no colexio Filome-na Dato como o pintado de aulas, que se fará de cara ao comezo do novo curso escolar, a cuberta do patio a carón da aula de psicomotricidade e a pavimentación do parque infantil.

A edil de Educación plantexoulle tamén á xefa territorial actuacións no colexio Ruxidoiro, como a posibilidade de implan-tar o servizo de come-dor de carácter público,

servizo que polo de agora a Xunta non contempla. Pérez anunciou, non obs-tante, que plantexará á co-munidade educativa a rea-lización dun estudo sobre a viabilidade real que existe de poñelo en marcha.

Na xuntanza tamén buscaron unha solución conxunta para os estudan-tes de bacharelato de Bar-badás que se desprazan ao instituto ourensán Ferro Couselo e que non dispo-ñen de transporte porque Educación non subvencio-na este tipo de despraza-mentos por non ser ensino obrigatorio. O Concello de Barbadás estuda a posibili-dade de ofertar becas para desprazamento.

Ademais, Marga Pérez pediu un compromiso do Departamento de Educa-ción da Xunta para facer avanzar o proxecto do ins-tituto de Barbadás.

Plantexan melloras nos CEIP Filomena Dato e Ruxidoiro4 A edil de Educación de Barbadás reuníuse coa xefa territorial da Consellería.

Marga Pérez, concelleira de Educación en Barba-dás.

Redacción

714 familias solicitaron as axudas do Concello de Ourense para libros, ma-terial escolar e comedores para o próximo curso. Se-gundo informou a Conce-llería de Asuntos Sociais, individualmente, pedíron-se 41� bolsas de libros e 870 bolsas de comedores, 1.�8� solicitudes en total, o que supón un significa-tivo descenso respecto ás cifras do exercicio anterior (1.505).

Asuntos Sociais, que ten reservados �50.000 euros do seu orzamento, repartirá as axudas do se-guinte xeito: para libros e material escolar de Educa-ción Infantil, 90 euros por alumno de 1º curso, 110 euros para os de �º e 1�5 euros para os de �º. No to-cante á contía de comedor escolar para Educación Infantil, Primaria e ESO, o Concello asumirá a to-talidade do custo para os nenos que asisten aos cen-tros públicos, e 45 euros por mes aos que asisten

aos concertados, tendo obriga os proxenitores de facer fronte ao pago da diferenza.

A concelleira Sofía Godoy afirmou que estas axudas “concederanse a todos os que as soliciten e cumpran os requisitos, independentemente da partida destinada: non hai ninguén en risco de exclusión social que vaia quedar sen axuda”.

Tras un período de pu-blicación provisional que rematou o �5 de agosto, no que os expedientes incompletos e os excluí-dos por incumprimento puideron presentar a do-cumentación solicitada ou as alegacións oportu-nas, o Concello volverá publicar as listas cos ex-pedientes admitidos, os denegados e os que fican en lista de espera.

Axudas para libros de texto e comedores4 O Concello de Ourense destina 350.000 euros.

As axudas para libros e material escolar oscilan entre os 90 e os 125 euros

Unha clase nun colexio público da cidade./ARQUIVO.

3inglés, a escola integral de inglés de Mundoclases

�inglés é a nova esco-la integral de inglés de Mundoclases, resultado de anos de dedicación exclusiva á docencia. Os seus alicerces son un mé-todo baseado sempre na adaptación total ao alum-nado sexa cal sexa o seu perfil, a confianza que preto de 5.000 alumnos e as súas familias deposita-ron ao longo deste tempo en Mundoclases, e a in-novación nos procesos educativos.

Así traballan no ensi-no do inglés

�inglés é unha autén-tica escola integral de inglés (English Com-prehensive School) que ofrece unha ampla oferta formativa e unha ensi-nanza individualizada e personalizada a cargo dun experto equipo de docentes. Os seus profe-sores contan con titula-ción acreditada, forma-ción específica de inglés e experiencia docente; os seus mecanismos de

avaliación continua per-mitirán comprobar o teu nivel de inglés a fin de conseguir os obxectivos concretos propostos para cada estudante.

En �inglés apostaron por unha oferta formati-va na que todos, indepen-dentemente da idade e do nivel, poidan atopar aqui-lo que buscan e necesitan xusto no momento no que precisen achegarse ao co-ñecemento do inglés. Por iso, deseñaron unha gran variedade de cursos aos que poderán acceder, en función das súas necesi-dades, desde os máis pe-ques ás persoas adultas: Kids I (inglés para nenos de � a 5 anos), Kids II (de 6 a 9 anos), reforzo escolar de inglés, exames oficiais (KET, PET, FCE, CAE, CPE, A1, A�, B1, B�, C1, C�) e cursos de inglés especializados (para empresas, de ne-gocios, comercial, para viaxes, para hostalería e para sanidade).

[+ info en 988 �9 �� 49]

Page 12: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSAgosto de �015

especial VOLTA AO COLE

Globo Idiomas é unha academia, ubicada na zona do Posío, con 1� anos de experiencia na impartición de clases de inglés, francés e alemán, e na que tamén se dan clases de español para estranxeiros, e se reali-zan servizo de traducións nos tres idiomas.

“Temos cursos para todas as idades, desde os tres anos, a adultos e universitarios, e para todo tipo de niveis, des-de iniciación a avanzado

e preparación de exames oficiais da Escola Oficial de Idiomas, de Cambridge e de Trinity”, enumera a directora, Cristina Gonzá-lez. As de inglés, as máis demandadas, “son clases impartidas totalmente nese idioma, e nas que se intenta traballar as catro destrezas: compresión oral e escrita e expresión oral e escrita”.

O novo alumnado rea-liza sempre un test de ni-vel para coñecer en que grupo debe ubicarse e as

Abrindo portas a través dos idiomas4 En Globo Idiomas

Chegou o momento de que falar inglés deixe de ser un propósito de ano novo ou esa materia que se atraganta. Non volvas poñelo como escusa para non realizar os teus soños e non deixes que sexa un impedimento para aceptar un traballo en Londres ou para matricularte nese más-ter que mellorará as túas expectativas laborais.

Pero tranquilo, que non estarás só. Nesta viaxe acompañarate o equipo de Britannia School of En-glish. Un equipo novo pero profesional e con ampla

experiencia ao que tamén poderás encomendar a edu-cación dos máis pequenos da casa, para que medren formándose no idioma in-ternacional e poidan asi-milalo como segunda ou terceira lingua.

En Britannia School of English axudaranche a estar exposto ao novo idioma, o que é básico para aprendelo e para ter unha visión com-pleta do seu funcionamen-to. Falalo, lelo, escoitalo e escribilo desde o minuto un. Así, as clases desenvól-vense integramente en in-glés e a través de situacións

comunicativas. Facendo uso das súas distintas par-tes, como a grámatica ou o vocabulario, os alum-nos acabarán aprendendo a lingua para comunicarse en situacións reais.

Para cubrir estas nece-sidades, Britannia English School ofrece clases para todos os niveis, desde ne-nos de tres anos a alumnos de Primaria, Secundaria ou Universidade. Tamén cursos específicos como inglés para hostalaría, en-fermaría, turismo, finan-zas ou mercadotecnia. E, por suposto, preparación para os exames oficiais de Cambridge, clases de con-versación e mesmo espa-ñol para estranxeiros.

A técnica de Britannia English School baséase nos métodos tradicionais para garantir a aprendi-zaxe correcta e cunha base sólida, pero sen deixar de lado a metodoloxía máis moderna na que se in-clúe material multimedia ou xogos para que, des-de o alumno máis novo ao máis veterano, poidan achegarse ao inglés dunha forma divertida. Se te ani-mas e queres, por fin, que a túa relación co inglés sexa fluída e duradeira, só tes que achegarte á rúa Manuel Pereira, número ��, a coñecelos.

[+ info: 988 601 4�9]

A hora do mellor inglés en Ourense4 Britannia School of English ofre-ce a formación máis profesional

Lorena Paradelo, directora de Britannia School of English.

clases son impartidas por profesorado licenciado e con experiencia de anos na docencia. Ademais, a academia oferta un amplo horario (de 9:�0 a �1:�0 h) para adaptarse ás necesi-dades de cada alumno.

Para quen aínda dubide se aprender unha nova lin-gua, a directora de Globo Idiomas teno claro: “o in-glés vainos abrindo por-tas”. A matrícula está xa aberta e a data de inicio das clases está fixada para o 14 de setembro, coinci-dindo os seus cursos co ano académico (clases de setembro ata xuño). Para os que prefiran as clases individuais, poden empe-zar en calquera época do ano.

[+ info: 988 60 �1 �6 ]

A academia Globo Idiomas atópase na rúa do Progreso, no Posío.

Page 13: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

1�Ourense por BARRIOSAgosto de �015VOLTA AO COLE especial / PUBLICIDADE

A C A D E M I A PROXECTO fiel a su lí-nea de trabajo en el campo formativo: calidad (tanto en el profesorado como en los temarios, los simu-lacros de examen, test de autoevaluación...), profe-sionalidad, trato perso-nal (adaptación máxima a las necesidades del alumno en horarios, precios,…) y tutorización personal per-manente por todos los pro-fesores del centro, INICIA UN NUEVO CURSO.

Rocío Seara Carrera, encargada de la gestión del centro, nos habla de este nuevo inicio de curso:

“Los Presupuestos Ge-nerales del Estado para �016 prevén una tasa de reposición del 100% para los sectores prioritarios o esenciales (educación, sa-nidad, fuerzas y cuerpos de seguridad del Estado y lucha contra el fraude) y de un 50% para el resto, lo que conllevará una Oferta de Empleo Público para ese año de más del doble que la de 2015, tanto en la Administración Gene-ral del Estado como en la de las Comunidades Au-tónomas y Entidades Lo-cales. Hasta ahora cuando los empleados públicos se jubilaban, la Administra-ción sólo reponía un 10% de los efectivos que se da-ban de baja. La medida está incluida en el anteproyecto de Presupuestos Genera-les del Estado que aprobó el Consejo de Ministros y que congela la oferta de empleados públicos para el resto de servicios no esen-

ciales, que son el grueso de los funcionarios administra-tivos.

En nuestro centro ahora a lo largo del mes de septiem-bre, pondremos en marcha los grupos relacionados con las especialidades de Ma-gisterio (Primaria, Infan-til, Audición y Lenguaje, Inglés, Pedagogía Tera-péutica) para la posible oferta del año �016. Resal-tar que se acaba de terminar hace apenas un mes la con-vocatoria para Galicia del �015 con excelentes resul-tados por parte de nuestro alumnado en las diversas especialidades celebradas.

Estamos a la espera de que se publique la oferta de empleo para el cuerpo de la Administración de Justicia. Según previsiones oficiales, la convocatoria de oposiciones para los Cuer-pos de Gestión, Tramitación y Auxilio será en el mes de octubre. La idea del Minis-terio es convocar antes de que finalice el año todos los Cuerpos.

Pondremos en marcha grupos para la preparación de oposiciones de Policía Nacional y Guardia Civil, con una fórmula novedosa adaptada a los tiempos que corren.

Iniciamos la preparación al cuerpo de Ayudante de Instituciones Penitencia-rias para la oferta de empleo del �016, con una metodo-logía de preparación inno-vadora, que completa nues-tra forma de enfocar estas oposiciones y que estamos seguros resultará para los alumnos de nuestro centro un plus en su preparación”.

Más de 7.000 opositores se presentaron a las oposiciones de Maestros en sus diferentes especialidades en Galicia; lo consiguieron 432

“ESTE AÑO SACAMOS LA PLAZA DE MAESTROS. ES NUESTRO AÑO”Los alumnos del centro Academia Proxecto han tenido unos resultados muy positivos en la convocatoria del 2015, recién finalizada. Algunos llevaban dos años preparándose, y otros unos cuantos meses. Unos trabajan como interinos o sustitutos, otros no han trabajado en la vida, pues es la primera vez que se presentan, y casi estrenarán las aulas. Pero todos tienen algo en común: una plaza fija como maestros. Eso sí, el ÉXITO NO ESTUVO EXENTO DE ESFUERZO.

“Es el trabajo que quie-res y el esfuerzo tiene su recompensa”, señala Rubén Álvarez, con su recién sa-cada plaza por Educación Infantil.

- ¿Cómo fueron los exámenes, el primero y el segundo de esta convoca-toria?: “El primero era un supuesto largo a desarrollar y cinco preguntas, además de un tema. El segundo era la exposición de la progra-mación y una unidad”.

- ¿Te parecieron com-plicados?: “Algunas pre-guntas del primer examen eran bastante específicas, pero en general me parecie-ron dos exámenes norma-les como los que habíamos preparado en la academia”.

- ¿Por qué te decidiste para tu preparación por el centro en Academia Proxecto?: “Unas compa-ñeras de la universidad me habían dicho que era bas-tante buena y decidí ano-tarme”.

- ¿Qué crees que hace diferente la preparación en Academia Proxecto?: “Es una academia más in-dividualizada que otras, además con ellos tocamos un amplio abanico de as-pectos importantes para el opositor. Vamos al examen con la sensación de estar bien preparados y ser capa-ces de responder en mayor o menor medida a lo que nos pregunten”.

ACADEMIA PROXECTO INICIA UN NUEVO CURSO ACADÉMICO

Breixo Nóvoa ya tiene su plaza por Lengua Ex-tranjera: Inglés. “Con mi plaza ya tengo un trabajo para toda la vida y que me encanta. Si te presentas y no sacas plaza, puedes empezar a trabajar poco a poco, y en un año o así puedes trabajar todo el curso e ir ganando la ex-periencia necesaria para las siguientes convocato-rias”.

- ¿Qué destacarías o que crees que hace dife-rente la preparación en academia Proxecto?: “El trato que recibes de cada uno de los trabajadores de la academia. Aparte de ser muy buenos profesiona-les, son como una familia. El ambiente que se respira es el ideal para el trabajo y la motivación”.

- ¿Qué consejo le da-rías a una persona que inicia la preparación?: “Lo más importante, a parte del trabajo diario, es no darse por vencido ni desmoralizarse f á c i l -mente. Hay que tener en cuenta que sacar plaza la primera vez es muy difí-cil, por lo que hay que ir a dar el máximo y no ren-dirse si las cosas no salen bien. Eso sí, es imprescin-dible seguir los consejos e ideas del preparador para que todo vaya lo me-jor posible. Sin su ayuda todo se hace más difícil”.

Pablo A.R. se presentó por la especialidad de Pri-maria y consiguió la pla-za. Empezó a mediados del mes de septiembre pasado y “todo el esfuerzo mere-ce la pena, aún no he em-pezado a trabajar, pero la estabilidad que consigues con una plaza de maestro es significativa, además de la libertad que como profe-sor puedes tener dentro del aula”.

- ¿Qué destacarías o que crees que hace dife-rente la preparación en Academia Proxecto?: “Cuando decidí prepararlas me informé en las diferen-tes academias de la ciudad y después de las informa-ciones que tuve, Proxecto me pareció la más cerca-na y personal. Creo que el trato personal, humano y cercano tanto del profesor como del personal de la academia es muy diferente al de otras. Yo no solo bus-caba preparar unas oposi-ciones sinó estar a gusto en clase, pues no competía con nadie ni buscaba hacer enemigos”.

- ¿Qué consejo le darías a una persona que inicia la preparación?: “Que se tome el estudio como un trabajo, que sea constante y que aunque haya mo-mentos en los que quieres rendirte siga adelante”.

Otra compañera de pre-paración de oposiciones de Magisterio en el cen-tro, Eva Madarnás, con su plaza por Educación Infantil, aún no se lo cree. Empezó su preparación en octubre del �01� y ahora recoge sus frutos.

- ¿Cómo fueron los exá-menes, el primero y el se-gundo de esta convocato-ria?: “En lo que a la parte teórica se refiere, tienes que dedicar tiempo a pre-parar el temario y ampliar el mismo y es complicado. El supuesto práctico, aun-que depende un poco más de la suerte y de las ideas que en ese momento te vengan a la cabeza, es bási-co llevarlo bien preparado. Y en cuanto a la progra-mación, resulta complejo hablar delante del tribunal, pero si vas segura de tu tra-bajo se defiende sola”.

- ¿Qué consejo le darías a una persona que inicia la preparación?: “Cuan-do te decides a hacer Ma-gisterio la gente dice que eso no tiene salida; cuando te decides a opositar dicen que es misión imposible. El único consejo es que si realmente tienes vocación luches por lo que quieres y que con perseverancia, esfuerzo e ilusión, todo es posible. Para muestra, un botón”.

Page 14: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSAgosto de �015

especial VOLTA AO COLE

Redacción

A concellería de Asun-tos Sociais abre o prazo para a solicitude dos cursos do Programa de promoción da autonomía persoal e prevención da dependencia, dirixidos a persoas maiores de 60 anos empadroadas no municipio.

Os cursos desenvol-veranse entre os meses de outubro �015 e maio �016, e son completa-mente gratuítos.

Informática para dife-rentes niveis, pintura, ma-nualidades, música, teatro, actividade física, risotera-pia, estimulación da me-moria, lectura, habilidades sociais, tai-chi, pilates, ca-chibol e natación, desde a iniciación ao perfecciona-mento, son as actividades ofertadas para este curso.

As solicitudes nos cur-sos realízanse entre o 1 e o 11 de setembro nas depen-dencias da Concellería, na rúa Bispo Carrascosa 8, en horario de 9 a 1� horas.

Actividades para maiores promoven a súa autonomía 4 Son gratuítas e están dirixidas a persoas de máis de 60 anos.

Redacción

A Concellería de Edu-cación seleccionou 1�7 proxectos formativos para a súa inclusión na Programación �015-�016 da Universidade Popular. Destes 1�7 cursos, 45 son de nova creación, abríndose o prazo de preinscrición o vindeiro 1 de outubro.

As accións formati-vas do vindeiro curso da Universidade Popular �015 inclúen idiomas como inglés, chino, fran-cés, alemán ou linguaxe de signos; ou cursos de informática (15 cursos

EN BREVE

4 Informática para todos os públicos

Navegar por Internet, escribir textos para pre-sentar na administración ou mercar nunha tenda da outra parte do mundo son só algúns dos ámbi-tos nos que a informática pode axudarnos na vida cotiá.

Con este motivo, a aula CeMIT do Concello de Ourense quere estender a experiencia informáti-ca para todos os usuarios e vén de publicar a súa oferta de cursos para os meses de setembro e ou-tubro �015.

Os diferentes cursos, que son gratuítos, des-envolveranse desde o 7 de setembro atá o �0 de outubro, e as inscricións realízanse na propia aula, na rúa Progreso 44, ou no teléfono 988 �74 5��.

4Formación a través das asociacións veciñais

A Concellería de Par-ticipación Cidadá des-envolverá entre outubro de �015 e maio de �016 1�8 cursos de dinamiza-ción nos 54 locais veci-ñais existentes por toda a cidade. A oferta de cursos amplíase en cinco con respecto ao ano anterior, e as asociacións veciñais terán ata o 8 de outubro para presentar o listado de cursos elixidos.

Manualidades, obrado-iros de memoria e zumba, por esta orde, acostuman ser os máis solicitados, aínda que tamén haberá cursos de baile, risotera-pia, encaixe de bolillos, cociña, teatro, costura, informática ou bailes la-tinos, entre outros.

diferentes, desde inicación a Photoshop ou �D Stu-dio Max). Tamén forma-ción relacionada co corpo, saúde e calidade de vida, como primeiros auxilios, ximnasia de mantemento ou nutrición; e outras rela-cionadas coa cultura, o co-ñecemento, o tempo libre e as aficións, como un curso de video, fotografía e re-des sociais, outro de poda e enxerta, cata de viños ou cociña vexetariana (un to-tal de 16 alternativas).

No apartado de activida-des de carácter profesional, haberá cursos de técnicas de vendas, manipulación de alimentos, inicación á

perruquería, monitor de actividades ambientais ou coaching (preto de 40 accións).

E finalmente nos obra-doiros de artesanía habe-rá máis dunha vintena de alternativas, entre clases de pintura, patchwork, tapizado, técnicas de de-buxo, corte e confección ou encaixe de bolillos,

Estímase que o vindei-ro curso serán �.487 as persoas matriculadas na Universidade Popular.

A Universidade Popular ofertará 127 cursos4 As preinscricións, a partir do 1 de outubro.

Redacción

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a con-celleira de Xuventude, Sofía Godoy, animaron aos mozos de Ourense a participar no programa de mobilidade Galeuro-pa. Nunha xuntanza no Espazo Lusquiños da Mocidade, técnicos da Consellería de Traballo

e Benestar e do INEM ex-plicáronlle aos preto de �0 interesados como funcio-na o Rexistro de Garantía Xuvenil, base de datos na que é preciso inscribirse para poder optar a unha das 10 prazas que oferta o Concello de Ourense, a través da Concellería de Xuventude, para realizar prácticas de dous meses no Reino Unido.

A área que dirixe Sofía Godoy participa por pri-meira vez neste Proxecto de Mobilidade Transnacio-nal Xuvenil (denominado Galeuropa), co que quere reforzar a empregabilida-de e as competencias pro-

fesionais dos mozos non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación, ou recén ti-tulados.

As bases do programa están na web do Concello de Ourense e no Facebook

da Concellería de Xuventu-de, onde se poden descargar as fichas de preinscrición para presentalas ata o día �1 de agosto. A Concellería realizará un curso de apoio lingüistico para as persoas seleccionadas.

Última semana para anotarse no proxecto Galeuropa 4 Programa dirixido a meno-res de 25 sen emprego para facer prácticas en Inglaterra.

Son 45 cursos máis que o ano pasado

Sofía Godoy e Jesús Vázquez explicando no Espazo Lusquiños as características do proxecto Galeuropa aos preto de 30 interesados.

Page 15: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSAgosto de �015

VOLTA AO COLE especial / PUBLICIDADE

Page 16: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSAgosto de �015

ARTIGOS / OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

“Xa estou soñando con pasear pola praia das Catedrais...”

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

La Habana defuntaGuillermo Cabrera Infante

foi un escritor. E isto, aínda que pareza pouco, é moito. El non naceu nun país no que poida que saber de fút-bol sexa máis importante que saber de cine, de tea-tro, de literatura. Non, non naceu en España. Naceu en Cuba, nunha illa americana tan fascinante, que ata podes pensar en facer unha revolu-ción e cambiar o mundo. Ou en escribir novelas.

Cabrera Infante escribiu novelas que pasarán á his-toria e que son reflexo dun tempo e dun lugar, dunha época. Pero nas súas obras hai algo único. En Tres tris-tes tigres o escritor xoga coa literatura sen moverse dun territorio mítico que para el

Rúa da Barreira co número 8 en pé. Ano 1959./PACHECO.

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

A morriña non vai de vacacións

Que ben sentan as va-cacións, sobre todo se son no terruño que te viu nacer. Certo é que nestas vacacións non me deu de-masiado tempo a afondar no de facer turismo rural por Galicia, como sempre me imaxino facendo an-tes de ir, cando me meto de cheo nos versos de Miguel Bollardo, “Hoxe teño ganas de ti”, e imaxí-nome revolcándome po-las dunas de Corrubedo. Non sei se estes prontos son morriña ou tolemia pasaxeira.

Son case 15 anos vol-tando a casa por uns días para gozar de merecidos descansos, e aínda non me fixen á realidade de que unha vez que planto pé en casa váiseme o tempo en tentar acoplarme ao ritmo dos demais e en pequenas cousas que me traen ata-refada sen poder saír dos confíns do pobo ou de vi-sitar a toda a xente á que me gustaría visitar. Entre pitos e frautas, cando me quero dar conta, xa estou de novo de regreso en Co-penhague.

Quizais diga sempre o mesmo, pero cada vez fáiseme máis costa arriba o de volver de vacacións. “Mira que lista! A quen non?”, diredes, pero pro-meto que non o digo polo de voltar á tortura do es-pertador do luns ou á rutina semanal da oficina. Tam-pouco porque non estea contenta en Dinamarca, a pesar de que necesitamos urxentemente importar camareiros latinos que lle poñan un pouco de gañas a servirche un café. Ten máis que ver cos choques

culturais que sinto cando chego a Galicia e a crecente sensación de non saber moi ben se todo o que me dá a experiencia de vivir fóra compensa a de cousas que me perdo por non estar en casa. Quizais sexa o temor de non encaixar nin nun si-tio nin noutro ao 100% -se é que hai alguén que encaixe nun lugar a esas alturas de porcentaxe-.

Este ano non me puiden revolcar polas dunas de Corrubedo, nin sacarme un “selfie” cunha gaita cos impresionantemente belos canóns do Sil de fondo -si, vin á Pato facéndoo e an-tollóuseme ao min tamén. Con todo, púxenme un pouco morriñenta dando paseos polas rúas que me viron nacer, sentindo que o que no seu día me fixo saír, hoxe chámame de volta. Iso de que en ningún outro sitio se vive como en Espa-ña empeza a ser máis que unha frase feita. É o que ten o de vivir entre dúas terras.

De volta en Copenhague propúxenme aparcar as dú-bidas existenciais, porque se lles dás renda solta, non hai quen viva. Por tanto, prometinme tentar sacarlle mollo a isto de ser parte da diáspora galega expar-cida ao longo e ancho do mundo. Revolqueime po-las dunas de Greve Strand -se non eran unhas eran outras!-, lín “Outra idea de Galicia” e até me entraron gañas de cantarlle as 40 a un tal Olaf de Noruega.

Hai que vivir o día a día tentando ir sempre a mellor. Se se pode e nos deixan. Aínda así, xa estou soñando con pasear pola praia das Catedrais, visi-tar o Panteón de Galegos Ilustres, comer unha boa empanada... A morriña non vai de vacacións.

Raquel Sertaje

4AXENDAMúsica

- � de setembro - Concer-to de Caxade - ��:�0 h - Praza San Martiño- 11 e 1� de setembro - Festival Reperkusión �015 - Benposta- 19 de stembro - V Live for Madness Metal Fest - Campo da FeiraTeatro- 11, 1� e 1� de setembro - “Moncho Panza. Borra-jeando El Quijote” - �1 h - Teatro Principal- 17 de setembro - “Olivia y Eugenio” - �1 h - Teatro Principal- 18 de setembro - Obra infantil “O último dra-gón” - 19 h - T. Principal

Cine- �7 de agosto - “A Es-morga” - �� h - Parque da Solaina da Valenzá

Festas e feiras- 5 de setembro - VII Are-pazo - Campo da Feira- Do �4 ao �6 de setembro - Termatalia - Expourense www.periodicobarrios.com

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

Doutor Marañón“Nadie más muerto que el olvidado”. Gregorio Marañón (1887-1960).En outubro de 1959, o construtor Francisco Cachafeiro solicita ao alcalde de Ourense

permiso para demoler a casa número 8 da rúa da Barreira co fin de posibilitar a apertura e urbanización dunha nova arteria que trascorrería entre as de Barreira e Desengano.

O �7 de marzo de 1960, coas obras da nova infraestrutura iniciadas, falece en Madrid, Gregorio Marañón y Posadillo, médico endocrino, científico, historiador, talentoso escri-tor, e lúcido pensador. Para honrar a memoria de tan insigne persoeiro, e facendo boa a súa célebre frase, decídese que a flamante vía leve o seu nome.

Fernando Valcárcel, membro do Arquivo Visual Ourensán

foi La Habana e tentou darlle un aire novo á nova literatu-ra americana, e conseguiu-no. Podemos dicir que en La Habana para un Infante di-funto o escritor xoga co cine e coa súa vida para darnos de novo a lembranza da ca-pital cubana. Así conseguiu que La Habana forme parte xa dos lugares míticos da li-teratura: Comala, Macondo e La Habana. A única dife-renza é que por La Habana si podemos transitar.

Infante difunto poida que sexa a mellor explicación para entender esta nove-la autobiográfica e moito máis; e digo “poida” porque realmente conta a súa vida e como ese rapaz, fillo de militares da revolución, vai perdendo a inocencia, vaise facendo home… E perder a inocencia en Cuba ten moito que ver coa sensualidade, cunha forma de entender o

mundo que só se compren-de se paseas polas rúas da Habana. Hai quen ve nesta novela un erotismo, unha sensualidade, que non adoita darse nun clásico. E hai algo disto, se esquecemos, claro, o Satiricón de Petronio, ou Lolita de Nabokov e todos os naturalistas franceses.

Pode que esta novela teña unha excitación pouco habi-tual; pero se é sensual non o é polo que conta, ou tal vez si, se non pola súa pro-tagonista: a lingua. Dende o título. Ata o final. A novela remata con esta frase: “Fue la propia Margarita, bella y alevosa, armada amada, mi amazona, quien me clavó el puñal”. É a linguaxe sen-sual, delicada, que vai que-dando na mente do lector.

Podemos decir que o terri-torio de La Habana para un Infante difunto é xustamente esta linguaxe, e así encontra-

remos lugares memorables adornados por un humor intelixente e divertido. E vai pasando entre xogos literarios, de palabras, de persoas, ata que quedas só co gusto na boca de ter sa-boreado unha gran novela.

Cabrera Infante foi re-volucionario ata que can-sou da revolución, e a súa vida foi pasando mentres escribía novelas, contos, guións de cine e críticas de películas. Seguro que esta-ría fascinado polo fin, ou polo comezo, da transición cubana, pero non a puido ver. E como só lle pode pa-sar a un cubano escritor foi morrer nun lugar espléndi-do para vivir, Londres. Era o �1 de febreiro de �005, e na Habana ninguén soubo do sepelio do seu escritor.

Manuel Blancomanuel.blanco74@

hotmail.com

“Cabrera Infante foi revolucionario ata que cansou da revolución”

Page 17: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

17Ourense por BARRIOS Agosto de �015ARTIGOS / OCIO E CULTURA / SOCIEDADE

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Víctor, Víctor, como nos queríamos!

Aquela tarde mentres os maiores durmían a siesta, como sempre no verán, collín cara ao río. Ao pasar a ponte, despois do Muíño podes escoller o Puzo Ne-gro ou o Puzo de Blanco; nós sempre nos bañába-mos no de Blanco, porque é o menos sombrizo e a auga está menos fría. Por unha das beiras, a que dá para o Prado do Muíño, cobre moito, de feito Xai-me de Cesáreo tirábase de cabeza dende un ameneiro e nunca tocou no fondo.

Cando cheguei xa estaba Pepe de Xan, e de alí a un pouco chegaron Avelino do Calviño e Xulio de Pe-rucho, que non se bañaba pero deitábase á sombra dos ameneiros e dos bi-dueiros no apastadeiro de Blanco a descansar un anaquiño.

A iso das cinco apare-ceu o Luís da Picha, o fi-llo de Pepe do Caseiro de Corrigatos que era a pri-meira vez que viña, e non sabía nadar. Eu aprendín con oito anos, a verdade e que non saía do río ata que aprendín, cando o pai ía para a feira, collía un anaco de pan e uns chouri-zos do fumeiro, e xa non volvía ata a noite. Agora xa con nove anos nadaba moi ben e sabía tirarme de cabeza dende a cañota. Cando chegou o da Picha, puxéronse a parolar os mozos entre eles, eu esta-ba na cañota do fondo da horta dos de Frutos.

Cando de súpeto sen máis nin máis Luís zam-pouse de cabeza no sitio máis fondo, eu pensei que estaba de broma e que sa-bía nadar, pero decateime en nada de que se estaba afogando o condenado del, sen pensalo tireime detrás, engancheino polos pelos e turrei para arriba con todas as miñas forzas, mentres

como nun soño oía berrar a Xulio: “Apártate, déixao que ides afogar os dous!”

Pero xa era tarde. Abra-zouse a min como unha tenaza e sentín como me faltaba o aire mentres viaxabamos os dous ao fondo. Din en retorcerme para fuxir do abrazo fatal, non sei como pero puiden-me soltar e volvín á cima.

A presión da auga e o instinto fixeron que Luís ta-mén saíra a flote, volvinme achegar con máis coidado e levanteille a cabeza co-llendo polos cabelos outra vez, el arre que arre, volta a querer agarrarse a min, sen darme conta ferreille un patada no nariz e notei que saía sangue abondosa.

Namentres Xulio cortou unha póla verde dun ame-neiro e mandóunola, men-tres el coutaba da outra punta o da Picha colleuna e coa axuda de Pepe de Xan deron tirado del para onde facía pé. Subírono para o prado, estaba bran-co como un defunto, dou en toser con vómitos tan fortes que parecera que lle arrancaran os fígados; a pel púxoselle morada e os beizos da cor da estola do cura. Eu estaba tremen-do coma unha vara verde, todo rascado como se me caera nunha silveira, nos brazos vin as manchas negras do mazado que me doían a rabexar, mais sen-tíame contento, case que un heroe por dentro!

Sete anos máis tarde o mesmo día afogou o meu curmán querido, Víctor, o meu compañeiro de xogos e gran entendido en mozas, nas augas do Miño con só 18 anos intentando salvar a outro. Despois de trae-lo máis de �0 metros, sen forzas, afundiron os dous cando xa lle faltaba un nada para chegar a ribeira. Aquilo doeume tanto que

non me deron convenci-do para que fora a Lugo a darlle o derradeiro adeus e aínda hoxe cando escri-bo isto (�5 anos despois), non me dou afeito á súa perda e cando teño que ir a Lugo aínda noto a súa presenza como se en cal-quera intre me puidera atopar con el, e me recri-minara por non ter ido o seu enterro, el tamén era un bo nadador, moitas veces pensei por que el, e non eu, pero isto xa é outra historia.

De volta a casa o pai xa me estaba agardan-do, sempre me pareceu un misterio a celeridade con que corrían as novas nas aldeas sen internet e sen teléfonos móbiles, o centro de noticias era O Pilanco, onde se lavaba a roupa e os outros trapos, xa lle chamabamos entre risas: “Radio Macuto, noticias ao minuto”.

Miroume de enriba a abaixo, viña coa idea de berrarme pero as bágoas non o deixaron, e entre saloucos só acertou a di-cir: e se afogas, que lle podería dicir á túa nai cando me atope con ela no outro mundo, que foi o único que me encargou antes de morrer en Vene-zuela, que coidara de ti? Colleume no colo como se fora un meniño e abra-zoume agarimoso, men-tres secaba as bágoas.

E díxenlle: “Papá, pero ti dis sempre que hai que axudar a xente, e a que fun ben valente?” Acariñoume a cara coa súa man doce e dixo treméndolle a voz: “Anda déixate de andró-menas que nunha destas vas acabar comigo”.[Dedicado ao meu curmán, Victor Iglesias Baldonedo,

In Memoriam] Avelino Jácome

Linda gatiña de � meses e medio. Só ronronea. Es-taba no motor dun coche, era un pouco salvaxe pero xa está totalmente sociali-zada.

Mastín femia cruce dun ano e un mes. Criada en finca, un pouco asustadiza ao principio pero moi cari-ñosa. É a única de 5 irmáns que queda por adoptar.

Dingo, 1 ano, cruce de pastor belga. Criado en finca, é moi xoguetón como todo cachorro. Ne-cesita finca ben pechada.

4ADÓPTANOS...

Contacta con PROGAPE no 988 21 29 39, en Vilar de Astrés ou en Facebook

Recorda: é para sempre!

Tres gatiñas criadas a biberón, xa teñen case 4 meses e son super boas. Están acostumadas a vivir en piso e a estar con cans.

EN BREVE

4 Arxentina, país convidado en Termatalia

Despois de exercer de anfitrioa durante a últi-ma edición, Arxentina participará en Termatalia �015 en calidade de país invitado, presentando os seus recursos termais ante profesionais dunha trintena de países.

A presenza de Ar-xentina en Termatalia incluirá a participación do Instituto Nacional de Promoción Turística, da Federación de Empresa-rios Hostaleira e Gastro-nómica da República Ar-xentina e de destacadas provincias termais como é o caso de Santiago del Estero. Tamén asistirán operadores de turismo, medios de comunicación especializados en turis-mo e relevantes relatores do país que presentarán as particularidades do termalismo na Arxenti-na, país que posúe máis de 400 fontes termais.

Do �4 ao �6 de setem-bro, en Expourense.

Programa “Embárcate”

A Concellería de Xu-ventude promoveu este verán o programa “Em-bárcate” co que pretendía fomentar hábitos de ocio saudables e o contacto coa natureza entre os mo-zos ourensáns.

Unha das actividades ttivo lugar o 8 de agosto en Arbo, onde �5 rapaces viviron unha xornada de aventura combinando ba-rranquismo e ráfting.

4IMAXE DO MES

Mozos participantes na actividade de barrancismo e ráfting de Xuventude.

Page 18: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSAgosto de �015

P.L.

O metal underground nacional ten unha cita no V Live for Madness Metal Fest que se celebra o vin-deiro 19 de setembro na cidade, desta volta no re-cinto do Campo da Feira. E Silvia Feijoo e Noëlle Domínguez son as dúas afortunadas que consegui-ron a súa entrada grazas ao sorteo promovido por esta publicación e La Rockipe-dia, coa colaboración da organización do Live for Madness.

Para Silvia esta será a súa terceira vez como público do festival meta-leiro, e za se fixo co CD promocional para coñecer a música dos grupos que asistirán este ano.

CartelFinalmente o cartel desta

quinta edición do Live for Madness inclúe o potente

metal dos vascos Childra-in. Tamén tocarán a for-mación ourensá Vermis Antecessor, cunha música definida como brutal dea-th; Evil Impulse, que che-gan de Ciudad Real co seu groove metal, e a banda vi-guesa de alternative death metal Agónica. Completan o programa os ferroláns Wisdom, pioneiros do me-

tal extremo en Galicia, e Raze, grupo de As Pontes (A Coruña) cun estilo de-finido como thrash metal old school.

As entradas anticipadas están á venda a 8 euros en Entradium.com, El Pueblo Café Cultural, Matiz, Mo-torcycles Shop Ourense e Prosoda. En taquilla terán un prezo de 10 euros.

Iván Nieto, fundador do festival, agarda que a venda de tickets se incre-mente ao chegar setem-bro, sabedor de que son moitos os que agardan ás últimas semanas para fa-cerse co seu pase.

Dúas mozas, gañadoras do sorteo Live for Madness4 Silvia Feijoo e Noëlle Domínguez obtiveron cadansúa en-trada para o festival de música metal que se celebrará o 19 de setembro no Campo da Feira.

Pablo Feijoo, de La Rockipedia, Silvia Feijoo, premiada no sorteo, e Iván Nieto, orga-nizador do festival./P.LODEIRO.

Redacción

Festival Reperkusión celebrará a súa 1�ª edi-ción na Cidade dos Mu-chachos de Benposta, en Ourense, os días 11 e 1� de setembro.

Reperkusión �015 pe-chará a tempada de fes-tivais coa súa popular mestura de músicas de todos estilos e proceden-cias. Pasarán polo esce-nario principal do festi-val os británicos Asian Dub Foundation Sound System, os latinoame-ricanos Che Sudaka, os bosnios Dubioza Kolek-tiv, os galegos Dakidarría e Chotokoeu e os espa-ñois Trashtucada, Tran-ceUntes e La trocamba Matanusca.

Máis que concertosComo nas edicións an-

teriores, o Reperkusión �015 será moito máis que unha serie de concer-tos de noite no escenario principal, xa que terá

programación ao longo de todo o día con numerosas actividades de acceso libre e gratuito, abertas a públi-cos diversos: obradoiros, pasarrúas, mercadiño, ac-tuacións, unha nova edi-ción da Empolada, unha zona nova centrada no reggae e outras sorpresas. Entre elas, o Reperkusión presenta a primeira “ka-zurrada”, unha charanga colectiva dirixida por Cé Orquestra Pantasma.

Ao igual que na pasada edición, a carpiña con-centrará os obradoiros (de circo e malabares, de riso-terapia) e o resto de con-certos de día (a cargo de La Patxaranga, Maskarpo-ne, Ménage à Trois.

As entradas para o fes-tival xa están á venda na web www.reperkusion.com.

Cita coa mestizaxe no Reperkusión4 O 11 e o 12 de setembro, en Benposta

Os británicos Asian Dub Foundation Sound System son cabeza de cartel

OCIO E CULTURA/ SOCIEDADE

En taquilla as entradas custarán 10 euros

Page 19: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSAgosto de �015OCIO E CULTURA/ SOCIEDADE

Nenos de Barbadás participan no Educamóbil61 cativos de Barbadás, de entre 4 e 11 anos, participaron no Educamóbil, unha acti-

vidade promovida pola Concellería de Educación deste municipio en colaboración coa Deputación de Ourense e a Fundación Seur.

O autobús que alberga o proxecto Educamóbil acolleu a visita de nenos que parti-cipaban nos campamentos de verán de Sobrado e da Valenzá, e outros que acudiron individualmente, acompañados dos seus pais e nais.

No Educamóbil ofrecéronse unha ampla gama de actividades relacionadas coas novas tecnoloxías, como xogos didácticos a través do ordenador, xogos relacionados coas manualidades ou debuxo. A música e a lectura foron outras das opcións ofertadas para contribuir ao entretemento e diversión dos menores.

Música en vivo na praza de San Martiño A Concellería de Cultura organiza concertos ao aire libre na praza de San Martiño

para animar as noites dos xoves de verán. Logo de Pacheco & Tonichi, dos ourensáns Ménage à Trois, e do folk da Banda da

Balbina. chegará o trío Talabarte (xoves �7 de agosto), formado por músicos da talla de Quim Farinha, Pedro Pascual e Kin Garcia. O primeiro xoves de setembro, día 3, tere-mos a oportunidade de gozar coa proposta de folk-pop “elegante” de Caxade, o novo proxecto do acordeonista Alonso Caxade e a súa banda. E pecharán o ciclo do Verán Cultural os H�Folk (o xoves 10), grupo que bebe das fontes musicais irlandesa e galega e que fusiona ambas tradicións para ofrecer un espectáculo moi visual e animado.

Os concertos son ás ��:�0 horas e a entrada é gratuíta.

4AS IMAXES DO MES

Grupo de nenos no autobús do proxecto Educamóbil, que estivo na Valenzá./CEDIDA. Actuación da Banda da Balbina o pasado 20 de agosto./RAMSÉS

Page 20: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSAgosto de �015

OCIO E CULTURA /SOCIEDADE

P. Lodeiro

Daniel Rosell Hurtado é un mozo ourensán, fi-sioterapeuta de profesión, que fai un par de meses liuse a manta á cabeza e decidiu dedicar parte do seu tempo e esforzo a or-ganizar o encontro “Ideas for Ourense”.

Esta iniciativa baséase nunha anterior que se le-vou a cabo o ano pasado en Granada e que consis-tía en recoller o talento español disperso polo mundo e traelo de volta ás súas cidades de orixe para que as súas boas ideas se compartisen. “Tras o evento de Gra-nada creouse a páxina ‘Ideas for’, que pretende facer este ano 15 eventos en 15 cidades de España o mesmo día”, explíca-nos. A data elixida é o �� de decembro, e o formato “10 ponencias de mozos que estean no estranxei-ro ou fóra da provincia e que teñan ideas para des-envolver aquí, que pro-poñan unha boa idea para a túa cidade”, engade.

Busca de poñentesPolo de agora, Rosell

Hurtado está en fase de localización dos poñen-tes. “Costa bastante, non sei se polo carácter dos ourensáns pero o máis difícil é chegar a eles, e despois que digan que queren participar. Xa

contactei cun deportista, con outro que vive en China e cun que está en Panamá traballando en temas de comunicación”, explícanos.

Tan importante coma os poñentes son os asis-tentes, “eles serán os que dean calidade ao evento”. Pois ‘Ideas for Ourense’ non é un simple relatorio de propostas, senón que se pretende realizar un networking “para que a xente nova se coñeza, en-lazar persoas mozas con inquietudes ou que quei-ran iniciar un negocio, e intentar levar a cabo al-gunha desas ideas”.

A xuntanza terá lugar en El Cercano. De sobre-pasar os 150 asistentes, a cita trasladaríase a outro espazo. O evento é de ca-rácter gratuíto, polo que o seu promotor tamén anda buscando patroci-nadores, e “apolítico”, polo que non conta co soporte de ningunha ad-ministración.

‘Ideas for Ourense’ é a achega de Daniel Rossel para tratar de afrontar a crise, “se non o inten-tamos, non imos saír”, dinos. Considerao “un xesto altruista”, a súa maneira de axudar a me-llorar o contorno no que vive. Ilusión e ganas non lle faltan.

[+ info en Ideasfor.es, IdeasforOurense en Face-

book e @ideasForOurense]

Búscanse boas ideas para Ourense4 Promoven un encontro de emprendedores ourensáns na diáspora que acheguen o seu talento á súa cidade de orixe.

Daniel Rosell, promotor de Ideas for Ourense./P.L.

EN BREVE

4Reclaman un regulamento específico para a Casa da Xuventude

A Plataforma en De-fensa da Casa da Xu-ventude (actual Espazo Xove) reclama a volta ao modelo de coxestión coa mocidade dos tempos nos que Benito Losada era o seu director. Por iso queren abrir “espazos de diálogo” coa Administra-ción, para que aprobe un regulamento específico para a Casa da Xuventu-de, do que agora carece.

Ademais, a Plataforma anunciou a presentación en setembro dun infor-me comparativo sobre a actividade no centro na época de Benito Losada e na época actual, para desmentir as afirmacións da Xunta . “Non é certo que o nivel de activi-dades sexa equiparable ao que había antes de �011”, salientou un dos seus integrantes, Jose Va-quero. A súa compañeira Laura Míguez recordaba que xa non se organizan “nin o Maio Xove, nin as �4 horas de teatro, nin a Casa Solidaria nin a Casa do Terror”.

4O Concello fomentará as adopcións en Progape

O Concello de Ourense reforzará con campañas de sensibilización e con-cienciación a situación da protectora Progape, incidindo especialmente na necesidade de adop-tar animais e fomentar o apadriñamento. Así o anunciaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a edil de Sanidade, So-fía Godoy, nunha visita que realizaron ás insta-lacións de Progape en Eiroás co fin de coñecer as súas necesidades e establecer proxectos de colaboración.

A protectora conta ac-tualmente con 450 cans e 90 gatos, distribuidos en tres patios de femias, catro de machos, e unha zona de xeriatría. Ademais, dispón de 11 xaulas para cans re-cén chegados e tres zonas de hospitalización.

S.N.

“Un adicto pode pa-rar de consumir e atopar outra forma de vivir”. Esta importante mensaxe é de dous membros do grupo de Narcóticos Anó-nimos (NA) en Ourense. Óscar e Fernando (nomes ficticios) tiveron proble-mas coas drogas. No seu momento decidiron que querían deixalas e acudi-ron a NA. Agora axudan dende este colectivo a outras persoas que coma eles buscan a saída a ese complicado labirinto.

Narcóticos Anónimos é unha asociación inter-nacional gratuita, volun-taria e totalmente confi-dencial, que leva �0 anos loitando contra as drogas (legais e ilegais) en Es-paña e catro en Ourense. E faino cunha mecánica moi sinxela. “É unha aso-ciación creada por adic-tos e para adictos. Uni-camente baseámonos na nosa propia experiencia”, explícannos.

NA ofrece un programa libre, non hai seguimento nin ningún tipo de con-trol. A asociación realiza catro reunións semanais (luns, martes, xoves e sábados) ás �0 horas na parroquia de Santa Tere-sita, pero os seus mem-bros teñen total liberdade para acudir as veces que queiran, poden ir a todas

ou só a algunha.“Eu atopei un clima

ideal, sentinme moi pro-texido, porque sentía moita vergoña de admitir ao mundo que era adicto naquel momento. E o que fixo que me quedase foi esa liberdade, ninguén me dixo o que tiña que facer, nin a que reunións tiña que ir”, contounos Óscar. “A min ninguén me obrigou, tiven que comprometerme conmigo mesmo. O único requisito para ser membro é ter a vontade de que-rer deixar as drogas, sen máis”, di Fernando.

Ademais, o grupo ofrece axuda as �4 horas, porque se ten gañas de consumir o adicto pode chamar por te-léfono aos membros de NA para pasar ese complicado trance e evitar a recaída.

En canto á abstinencia, na asociación recomendan deixar as drogas dende que a persoa acode por primei-ra vez, pero saben que non sempre é posible. “Eu non parei de consumir o pri-meiro día, tardei case tres anos”, explicounos Óscar.

Asemade, aclaran que acudir a NA é compatible con outras terapias. “O adicto pode estar en trata-mento profesional e asis-tir ás reunións”, aseguran.

Porque neste colectivo non interveñen profesionais, os cales si acoden ás reunións abertas a toda a sociedade para coñecer o método da asociación. De feito, hai médicos que sabendo do labor de NA a recomendan aos seus pacientes con pro-blemas de drogas.

Pero a axuda que ofrecen dende este colectivo ten dobre dirección. “Nós acu-dimos para recuperarnos e a día de hoxe eu considero que o sigo facendo, non só axudo ao que vén, senón que nos axudamos mutua-mente. Vou ser adicto para toda a vida e hai momentos nos que preciso dun com-pañeiro. O problema non é só deixalo, senón que o difícil é manterse, as recaí-das son peores e hai per-soas que morren con elas. Axudando ao que vén é a maneira de axudarme a min mesmo. É mutuo”, confésanos Óscar.

Porque este é un labirin-to longo, pero o importante é tomar a determinación de deixalo atrás. En Narcó-ticos Anónimos axudan a afrontalo, a superar os obstáculos que aparezan e a demostrar que ao final do mesmo hai saída. [+ info en www.narcoticosano-

nimos.es ou no 671 58 �8 �8]

Axuda grupal para saír do labirinto da droga 4 Narcóticos Anónimos organiza reunións gratuitas, voluntarias e confidenciais para persoas drogodependentes.

Asistentes a unha reunión de Narcóticos Anónimos, no seu local en Santa Teresita.

“Vou ser adicto para toda a vida e hai momentos nos que preciso dun compañeiro”, confésanos Óscar

Page 21: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSAgosto de �015

PUBLICIDADE

Page 22: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSAgosto de �015

DEPORTES

A UD Ourense venceu no Torneo Festa da Empanda ao Allariz. /I. OSORIO.

O Barco converteuse no primeiro líder da Terceira División

4 Fútbol salaO Ourense Envialia

disputou o seu primeiro amigable de pretempa-da fronte o Burela. As ourensás venceron por 1-� ás lucenses con goles de Sara Moreno, Andrea Ca-rid e Laura Fernández.

4 MotorJavier Villa, aos man-

dos dun BRC B49, foi o campión da 10ª Subida ao Furriolo que tivo lugar a pasada fin de semana.

O asturiano logrou impoñerse nas catro mangas disputadas aven-taxando en sete segundos ao segundo clasificado, Alexis Viéitez (Fórmula Outeda). Terceiro foi o ourensán César Rodrí-guez (BRC 49).

4 CiclismoO biker ourensán, Pa-

blo Rodríguez, non foi quen de conservar o lide-rato na última xornada da Copa do Mundo de bici-cleta de montaña (sub ��) disputada na localidade italiana de Val di Sole.

Rodríguez tiña que gañar a proba ou quedar por diante do francés Titouan Carod. Desde o inicio o macedán non se encontrou cómodo e cedía terreo coa cabeza de carreira a cada volta do circuíto. Finalmente o ciclista do MMR, sen forzas e desanimado pola debacle, foi décimo a 4 minutos e 47 segundos do vencedor da carreira, o británico Grant Fer-guson. Carod foi segun-do, resultado co que se proclamou campión do Mundo. Pablo Rodríguez rematou como subcam-pión, un gran resultado senón fora pola gran tem-pada que estaba a realizar ata a proba italiana.

Agora toca pensar na próxima cita mundialis-ta. Será o Campionato do Mundo que se disputará en Andorra o 5 de setem-bro.

EN BREVE

Partido entre o Ourense Club de Fútbol e o Valadares na primeira xornada de Liga na Rexional Preferente grupo Sur. /I. DACAL

Comeza a tempada en Terceira e Preferente Sur4 Con tres equipos ouren-sáns en cada competición.

Redacción

O balón comezou a ro-dar na Terceira División e na Rexional Preferente. Este ano cada categoría estará representada por tres conxuntos ouren-sáns.

TerceiraA primeira xornada de

Terceira deparou o derbi entre o Verín e o Barco no Xosé Arxiz (0-�). O envite tivo un nome pro-pio, o do dianteiro visi-tante Rodri. Del foron os dous tantos do encontro, e puideron ser máis. Este resultado fai que o Barco sexa o líder da clasifica-ción e o Verín o pecha-cancelas.

O outro conxunto ourensán, o Barbadás, venceu en Mugardos fronte ao Galicia Mugar-dos por un gol a dous, con goles de Alfredo e Moisés Pereiro -de penal-ti-. O Barbadás é quinto cos mesmo puntos que o líder.

A segunda xornada de-parará o Ribadumia - Ve-rín; Barco - As Pontes e Barbadás - Ordes.

PreferenteNa Preferente un empa-

te e dúas derrotas para os ourensáns. O empate do Arenteiro contra o Cultu-ral Areas, e as derrotas de Monterrei (contra Atios �-1) e de Ourense CF (ante Valadares 1-4).

A vindeira xornada os emparellamentos dos ourensáns son: Arenteiro - Estradense; Monterrei - Cultural Areas e Céltiga - Ourense CF.

UD OurenseA Unión Deportiva

Ourense rematou os par-tidos de pretempada á es-pera de que comece a liga o vindeiro 6 de setembro. No último partido de pre-paración xogou contra o Allariz no Torneo Festa da Empanada. Os homes de Antonio Dacosta do-bregaron aos alaricanos por 1-�.

O COB móvese pensando na Liga Endesa4 O 31 de agosto deben de ratificar ao conxunto ouren-sán como equipo da ACB.

R. Torres

Como cada verán Ouren-se ten o seu culebrón de-portivo. Este ano tocou a inclusión ou non do Club Ourense Baloncesto na Liga Endesa, despois de acadar o ascenso na can-cha.

Tras case tres meses des-de que gañara ao Breogán no quinto partido do pla-yoff de ascenso, a luz apa-rece ao final do túnel. O 31 deste mes a ACB reúnese de xeito extraordinario para analizar a inclusión do COB na vindeira tem-pada da Liga Endesa. An-teriormente non deixaron incorporarse ao equipo ourensán na Asociación de Clubs de Baloncesto alegando que estaba en causa de disolución. Ante este traspés, a directiva recurriu ao Consello Su-perior de Deportes (CSD) para que resolvera. Este deulle a razón ao Ourense e admitiu o recurso. Polo tanto, e se nada se torce, o Club Ourense Balonces-to será equipo da máxima categoría española 14 anos despois.

MovementosUnha vez admitido o re-

Kyle Fogg foi a primeira fichaxe do Club Ourense Ba-loncesto no seu retorno á ACB.

curso do CSD, o club co-mezou a mover ficha e o primeiro que fixo foi am-pliar o seu organigrama. Así, Germán Rodríguez-Sáa dirxirá as áreas de comunicación e márke-ting. Pablo Álvarez será o director de marketing e Roi Rodríguez o xefe de prensa. José Luis Váz-quez Fernández será o webmaster e o encargado das redes sociais. E Car-los Domarco será o fotó-grafo oficial do club nos partidos do Paco Paz.

XogadoresEn canto á plantilla tres

son os homes que segui-rán ás ordes de Gonzalo García de Vitoria: Pedro Rivero e Guillermo Re-jón están pendentes de firmar, mentres que Sal-va Arco vai encauzando as negociacións.

En canto ás novidades dúas xa están confirma-das. O base Kyle Fogg e o alero Nemanja Jara-maz.

Kyle Fogg e Nemanja Jaramaz son as primeiras fichaxes do COB de ACB

Page 23: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

��Ourense por BARRIOSAgosto de �015

CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-��.���.9�5. Depósito Legal: OU 15-�015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - ��004 Ourense. Tel: 988 045 �5� Correo-e: [email protected]. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Ser-taje, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel, Avelino JácomeNº 8 - Ano: XIV - Agosto de �015 - Difusión: �0.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 �5�.

Concello Ourense 988 �88 100Concello Barbadás 988 �60 000Deputación 988 �85 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 �70 7�8 Policía Local 09� / 988 �88 1�8P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 �91 771Guardia Civil 988 ��5 �5�Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� �09 000Bombeiros 080 / 988 �70 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 �91 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 �85 499Hospital Cristal 988 �85 500Atención Cidadán 988 �9� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 ��1 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��� 08� Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 �00C. C. Antisida 988 ��� 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 119�4h. Alc. Anón. 988 �69 540Alcoh.An. �4h. 988 �� 76 �� Narcóticos Anóm 671 58 �8 �8Asoc.Crohn 6�0 1�6 447Down Ourense 988 �70 �1�Atención Muller Maltratada 016

4TEL. DE INTERESE

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urba-nosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valen-zá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

VENDAS

TRABALLO

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

Desbrózanse fincas e fanse transportes e mudanzas. Tel. 6�9 �1 9� 69.Clases a domicilio neste cur-so. Especialidade matemáticas xerais.Todas as etapas. Outras materias. Ampla experiencia. Económico. Con CAP. Tel. 610 �8 �5 89 ou clasesadomi-cilio�[email protected]écese mozo con título téc-nico sociosanitario para o coi-dado de persoas dependentes, enfermos ou calqueira tipo de situación. Preferentemente na cidade. Tel. 666 85 7� �9.Ofrécese señora de mediana idade, galega, para tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tel. 659 1� 91 4�.Licenciada en Belas Artes imparte clases de debuxo, pintura, modelado e debuxo técnico, para nenos e adultos, en Ourense. Tel. 669 60 �4 14.Ofrécese señora para limpe-za, pasar o ferro ou facer a co-mida, con informes. Tel. 606 65 09 05.Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acua-rela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de experiencia. Tel. 610 659 417.Fanse desbroces económicos con tractor e a man. tel. 6�0 5� 14 48.Moi económico, fanse repa-racións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mo-bles, etc. Tel. 656 78 �4 60.Necesitáse albanel e en pago regálase unha casiña. Tel. 988 10 18 16 ou 609 04 84 00.

Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de in-glés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reduci-dos. Tel. 664 59 06 04.Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, �0 anos de experien-cia. Tel. 667 50 8� ��.Piano e voz para eventos. Repertorio variado. Clases particulares de piano, solfeo e Canto. Tlf. 66� 7��179 (WhatsApp), e-mail: [email protected], Facebook e Youtube: dúo piano voz.Ofrécese señora para o coi-dado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con in-formes. Tel. 669 4� 4� �0.Ofrécese mozo para traballos relacionados coa construción, carpintaría... Experiencia de-mostrable. Con carnet de con-ducir tipos: B, C1, C e BTP. Responsable e serio. Tel. 619 97 9� 00.Ofrécese cabina para podó-logo e despacho para nutri-cionista, ambos dados de alta como autónomos, en centro multidisciplinar. Tel. 6�0 0� 06 4�.Necesítase señora para coi-dar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 6�0 0� 06 4�.Ofrécese señora para tra-ballar no coidado de persoas maiores ou nenos, de máxima confianza e con informes. Tel. 606 4� �5 4�.

Vendo finca de 2.000 m2 edi-ficable con auga e luz, a 10 km de Ourense. Tel. 600 51 �5 59.

Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen marco de ��5x78cm (80 euros cada unha) e unha porta de alumi-nio cristal blindado sen marco de 7�x�09cm (ten pechadura e chave). Tel. 610 65 94 17.Compro ventás de alumi-nio con cristal sinxelo, todas iguais, mesma cor e medidas. Tel. 658 05 69 ��.Véndese leña de carballo a bo prezo. Tel. 6�0 5� 14 48.

Necesítase chico ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 6�7 00 59 10.Alúgase praza de garaxe ao lado da praza do Couto para coche ou moto, 45 euros. Tel. 606 0� 57 81.Vendo apartamento en praia América, � habitacións, a 5 minutos da praia e 10 minutos de Vigo. Tel.6�6 4� �4 97.Vendo piso en praza España (Vigo). � dormitorios, 1 baño, 1 aseo, salón, cociña, rocho e garaxe. Tel. 6�9 81 6� 09.Vendo finca pequena ao ca-rón de parada de bus, preto de Ourense. �50 metros cadra-dos. Prezo 5.900 euros. Tel. 606 4� �5 4�.Alugo habitación. Zona Couto, próximo aos novos xulgados. Con cama de ma-trimonio, amoblada, televi-sión, wifi. E dispón de salón, cociña e baño. 180 euros/mes (gastos incluídos). Tel. 600 9� �5 47 (WhatsApp).Vendo oficina con galpón. Zona Vilar de Astrés. 450m�. Fronte a parada de bus. 6.690 euros. Tel. 606 4� �5 4�.Alúgase perruquería con mobles en rúa Progreso. Tel. 6�7 00 59 10.Vendo casa de planta baixa preto de Cambeo, con dúas habitacións, cociña, comedor e un baño. Pozo e auga pota-ble. Tel. 649 67 �4 9� e 988 �1 67 55.Alúganse tres oficinas ex-teriores, acondicionadas. En Progreso. Tel. 6�7 00 59 10.Vendo ático na praia de Panxón. � habitacións, � ba-ños, salón, cociña, trasteiro e garaxe. Urxe venda. Tel. 6�6 �6 4� 78.

Vendo compresor de aire industrial, presión 8 Kg/cm� psi115, 750 l/min. depósito �00l. 1.000 euros. Tel. 610 65 94 17.Vendo 36 ventás corredei-ras de aluminio branco con illamento cristal doble Cli-malit. 5�x115cm. 95 euros unidade. Tel. 610 65 94 17.Véndese porta de alumi-nio, con cristal blindado, sen marco. 7�x�09cm. Con pechadura e chave. Tel. 610 65 94 17.Vendo Citroën C4 Aircross Exclusive HDI 150cv. con todos os extras. Só 7.000km. Tel. 684 �1 40 79.Véndese Volkswagen Golf. Aire acondicionado, lamias de aluminio. Tel 684 �1 40 79.Vendo Suzuki Vitara �.0 HDI 90cv. con aire acondi-cionado, gancho remolque. Tel 684 �1 40 79.Vendo smartphone Primux Delta. Seminovo. Dúas ba-terías e dúas ranuras para tarxetas. Inclúe auriculares, cargador e caixa. Prezo: 60 euros. Tel. 649 15 70 �5.Vendo mobiliario de ofici-na. Tel. 6�6 0� 51 6�.Vendo silla de coche para neno. �0 euros. Tel. 606 0� 57 81. Vendo impresora, fotoco-piadora, calefacción de gas cidade seminova e sofá �-�, todo a bo prezo. Tel. 6�7 00 59 10.Vendo litera de aluminio, con soporte de seguridade e escaleira. 190cmx90cm, bo prezo. Tel. 691 01 70 95.Merco calquera cousa de Star Wars (figuras, cómics, cromos, naves...). Tel. 667 50 8� �� (WhatsApp).

Alúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pechado, preto ponte Milenio. Tel. 6�7 00 59 101.Alúgase habitación céntrica. Tel. 687 1� 4� 87.Alugo local comercial no Couto, preto de Fátima. Todo exterior. 168 m�. �50 euros/ mes. Posibilidade de alugar con opción a compra. Tel. 606 0� 57 81.Vendo apartamento na rúa Ramón Cabanillas (xunto á Casa de Chocolate). Sexto piso con buhardilla, � habi-tacións, cuarto de baño. Tel. 6�0 0�� 047.Vendo casa para restaurar con finca na estrada de San-tiago. Tel. 6�7 00 59 10.Alúganse dúas naves de 4�� e 454 m�. Xuntas ou separa-das. En Polígono de Pereiro de Aguiar. Parcela 15, fronte a Codisoil. Telf. 6�9 67 74 ��.Alúgase garaxe pechado moi amplo e con altillo, na rúa Francisco Llorens. Tel. 6�7 00 59 10.Merco finca preto de Ouren-se. Non urbanizable. Tel. 6�0 0� 06 4�.

Page 24: Agosto de 2015 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSAgosto de �015