Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

24
Número: 11 - Ano: XIV - Novembro 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.3 DEPORTES Páx. 22 BARRIOS Páx.4 OCIO Páx.19 Lekhili e Pereira vencen na 39ª San Martiño Aprobados os orzamentos de Barbadás para 2016 As Termas pide melloras no parque do centro cívico da Ponte Presentada a programación de Nadal do Concello A VALENZÁ Páx.5 A Xunta presenta o proxecto de obras para a ponte Romana Estes días haberá frases de cancións pintadas nos pasos de peóns da cidade para concienciar sobre a violencia machista./P.LODEIRO. [Páx. 2] Entrevista á concelleira Belén Iglesias Ourense, contra a violencia de xénero [Páx. 11]

description

A conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero e unha entrevista coa concelleira de Cultura, Educación e Participación Cidadá, Belén Iglesias, imaxes de portada.

Transcript of Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

Page 1: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

Número: 11 - Ano: XIV - Novembro 2015 - Depósito Legal: OU 15-2015 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de decembro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.3 DEPORTES Páx. 22BARRIOS Páx.4 OCIO Páx.19

Lekhili e Pereira vencen na 39ª San Martiño

Aprobados os orzamentos de Barbadás para 2016

As Termas pide melloras no parque do centro cívico da Ponte

Presentada a programación de Nadal do Concello

A VALENZÁ Páx.5

A Xunta presenta o proxecto de obras para a ponte Romana

Estes días haberá frases de cancións pintadas nos pasos de peóns da cidade para concienciar sobre a violencia machista./P.LODEIRO.

[Páx. 2]

Entrevista á concelleira

Belén Iglesias

Ourense, contra a violencia de xénero [Páx. 11]

Page 2: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSNovembro de �015

Se hai un festival onde hai xente quere dicir que Ourense o quere, se non hai xente quere dicir que a xente non o quere ou ben que hai que cambiar ou mellorar algo”

“Estáselles dando resposta a todas as reclamacións (das asociacións)”

Paula Lodeiro

Tras oito anos na oposición, a popular Belén Iglesias estréase neste mandato como concelleira no goberno, asumindo as compe-tencias de Educación, Participa-ción Cidadá e Cultura.

O Festival de Cine supuxo a súa estrea como concelleira de Cultura nun evento de renome, con que quedaría satisfeita?

Belén Iglesias: “A miña maior satisfacción sería o boca a boca dos cidadáns, que digan que o Festival de Cine chega á cidade e que sigue gozando desa saúde que en principio goza, porque se levamos a vixésima edición será por algo.

Loxicamente queremos me-lloralo, como todos os proxectos que desenvolvemos desde as mi-ñas áreas, ímolos avaliando; para ser críticos, aínda que as cousas saian ben, e ver en que aspectos se pode mellorar”.

No programa electoral o PP explicitaba un apoio ás activi-dades culturais de especial re-levancia, como o propio OUFF, os festivais de teatro, música..., pero en 2014 o seu partido pre-sentara unha moción para uni-ficar os dous certames de mú-sica, que pretensións ten como concelleira responsable?

B.I.: “En principio este ano estase realizando o Enclave de Cámara e vaise realizar tamén o Pórtico do Paraíso, con diferentes condicións ás que había, orza-mento, cambios na xestión, etc. Nunca entendín que se gasten en comidas cinco mil e pico euros un día, porque estamos falando de diñeiro público.

Cal é o criterio que vai marcar que un festival se realice ou non? Iso vanno decidir os ourensáns e as ourensás. Se hai un festival onde hai xente quere dicir que Ourense o quere, se non hai xente quere dicir que a xente non o que-re ou ben que hai que cambiar ou mellorar algo”.

Por certo, que pasou co con-certo dos Waterboys?

B.I.: “Non teño nada que di-cir xa que iso era algo que non sei como o programou a anterior

concelleira de Cultura, eu son concelleira de Cultura desde fi-nais de agosto. Eu non vin nada escrito. Estamos agora pensando e unha vez que se decida nos po-remos en contacto con eles para ver se é posible ou non que ve-ñan a Ourense. Pero o estilo da concelleira que lles fala é que a administración escribe, a admi-nistración non fala. Tanto con eles como en todas as actividades haberá comunicación escrita para ter algo de sustento”.

Como vai o expediente da Banda de Música?

B.I: “Ese tema está na xefatura de servizo de Cultura e pendente dun informe da asesoría xurídica para continuar co prego e a partir de aí se resolverá. Queremos que canto antes ese prego saia”.

Baixará o orzamento que se lle dedica á Banda?

B.I.: “É o que están mirando”.

Falou de trasladar as oficinas de Cultura do Auditorio.

B.I.: “Un dos obxectivos que eu teño nas tres áreas é utilizar

ao máximo os espazos públicos dos que dispoñemos, que son uns cantos. Temos unha Escola Mu-nicipal de Teatro, de Música e de Idiomas con espazos moi grandes que quero que sexan utilizados ao máximo polos ourensáns. Tamén está a optimización dos recursos, aforrar o máis que se poida. O Auditorio é un espazo moi grande que ao mellor non necesita estar aberto pola mañá ou na primeira parte da tarde, estamos vendo o traslado das oficinas ao anexo do Auditorio porque sería unha for-ma de aforro”.

Comezou xa a reunirse o Con-

sello Municipal de Cultura, que funcións vai ter este órgano?

B.I.: “A primeira función é servir como elemento de comuni-cación entre a cidadanía e a Con-cellería de Cultura. Acabamos de ter a primeira reunión de pre-sentación, e imos ter a primeira reunión de traballo antes de que remate o ano. Queremos que sexa máis funcional, ter máis reunións, entre tres e seis ao ano, e se fai falta crear equipos de traballo”.

Tamén se quere crear o Con-sello Municipal de Participa-ción Cidadá.

B.I.: “Ourense en Común pre-sentou unha moción aprobada por unanimidade. Constituímos un equipo de traballo formado por un representante de cada partido, xa nos reunimos dúas veces, os técnicos de Participación Cidadá están facendo un borrador dos es-tatutos dese Consello”.

Cal é o obxectivo deste ente?B.I.: “Dar máis voz á cidada-

nía. E que sexa funcional, que sirva para algo. Porque ás veces corremos o risco de tanto Con-sello… tampouco por ter moitos Consellos un concello funciona ben”.

Como é a relación coas aso-ciación de veciños?, María De-vesa deixou o listón alto.

B.I.: “A miña relación coas asociacións de veciños xa non é de agora, porque cando estaba na oposición acudía a moitos actos das asociacións, porque me gus-ta ese mundo, había boa relación daquela e segue habéndoa.

Entendo que os concelleiros que houbo ata agora, desde o meu compañeiro Odilo Masid a María Devesa, eran moi queridos polas asociación de veciños e quere-mos continuar traballando nesa liña. Hai unha serie de cousas que están cambiando, como as bases para presentar proxectos formati-vos e participativos, que teñen de prazo ata o 5 de decembro”.

Séntese no medio entre as re-clamacións das asociación e os seus compañeiros doutras con-cellerías?

B.I: “En Participación Cidadá estamos traballando en equipo. De feito estamos indo ás asociacións Pepe Araújo que é o responsable de Infraestruturas e Medio Am-biente, eu e o alcalde. Estáselles dando resposta a todas aquelas reclamacións, se hai unha recla-mación dunha área determinada nos poñemos en contacto con ese concelleiro; levamos catro me-ses e se está facendo o que se vai podendo. Eu entendo que se fora un presidente dunha asociación veciñal gustaríame que nun mes esa reclamación se levara a cabo, pero si se está facendo coa maior premura posible”.

No seu programa tamén esta-ba previsto potenciar os orza-mentos participativos… algun-ha cifra económica fixada para 2016?

B.I.: “Estamos facendo xa un borrador deses orzamentos, e imos valorala”.

En Educación que proxectos destacaría da súa xestión?

B.I.: “O primeiro de todo foi sacar as bases da Universida-de Popular, presentáronse 45� proxectos formativos que se va-loraron obxectivamente, unha das cousas das que me sinto orgullo-sa. Como tamén intentar aumen-tar esas horas de conciliación da vida familiar e laboral, imos ver se o conseguimos agora en Nadal. Eso xa mo plantexo a catro anos. Como tamén me sinto orgullosa de facer actividades en familia, como o Samaín, e tamén polo nú-mero de persoas que acudiron, ou como o Magosto. Ata agora estou contenta con todo o que estamos facendo”.

Como está funcionando o Ca-

miño Escolar? B.I.: “Aínda non empezou a

funcionar. Empezara con dous colexios (no Couto) quedou só en un e estamos vendo se a partir de xaneiro o reactivamos nalgún máis pero, claro, non depende só da Concellería de Educación, se-nón que necesitamos contar con voluntarios”.

ENTREVISTA Á CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN, CULTURA E PARTICIPACIÓN CIDADÁ

Cal é o criterio que vai marcar que un festival se realice ou non? Vanno decidir os ourensáns 4 A edil Belén Iglesias avalía todos os proxectos das súas áreas para deci-dir que eventos manter, cales cambiar e cales mellorar.

Belén Iglesias, no balcón do seu despacho na Concelleria de Educación./P.LODEIRO.

ENTREVISTA

Page 3: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

�Ourense por BARRIOS Novembro de �015

A Consellería de Cultura actuará en paralelo retirando unha tubaxe e restaurando un dos piares da ponte

Leva tres áreas que supoñen unha gran actividade, como se organiza?

B.I.: “Hai que traballar, loxi-camente, para iso estamos aquí; todos en campaña o dicimos, que imos traballar as �4 horas do día pola cidade de Ourense. O traballo non me asusta, non é a primeira vez que teño respon-sabilidades; veño da empresa privada na que estás acostuma-da a traballar cumprindo obxec-tivos. Esa metodoloxía trasládoa aquí. Teño o meu cronograma feito dos días que subo ao Audi-torio, que estou en Participación e que estou en Educación, aínda que ese horario ás veces cam-bia. Para o traballo de despacho veño pola tarde, porque hai tran-quilidade”.

Está ben asignado o persoal das súas concellerías ou pedi-ría máis?

B.I.: “Algunha área ao mellor necesitaría máis pero co que teño hoxe é xente traballadora e as cousas van saíndo”.

Como van os plans para crear unha axenda común coa Deputación?

B.I.: “Estamos tendo reunións para que non coincidan no mes-mo día actos que teñan moito público. Podemos presumir da actividade cultural que hai en Ourense, o normal é que ao lon-go dos días teñas actividades no Principal, no Centro Cultural e no Auditorio, iso é inevitable porque se non tamén diríamos que pouca actividade hai en Ourense!”

Déixenos entón unha reco-mendación cultural na nosa cidade?

B.I.: “Pois toda a programa-ción de Nadal que se vai realizar desde a Concellería de Cultu-ra. Algo que quero conseguir é programar con antelación. A día de hoxe estamos coa programa-ción de Entroido e xa estamos tendo reunións para as festas de Ourense”.

P.L.

A Xunta presentoulle ao Concello de Ourense o proxec-to básico de execución da pri-meira fase das obras na ponte Romana; no transcurso dunha xuntanza de traballo entre o alcalde, Jesús Vázquez, a con-selleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz.

A conselleira destacou que o estado xeral estrutural da ponte é “bo” pero as actuacións pre-vistas permitirán que a que é un dos principais emblemas e re-clamos turísticos da cidade teña “unha mellor imaxe”.

Este proxecto, cun orza-mento que supera os �00.000 euros, contempla a reparación da calzada e a renovación da iluminación da ponte. Polo que respecta á calzada, igualara-se o pavimento, empregando como único material o adoquín. Como medidas complementa-rias eliminaranse os graffitis pintados na ponte e nas edifi-cacións anexas e retiraranse os elementos engadidos á fábrica da ponte.

A responsable de Infraestru-turas, Ethel Vázquez, destacou que a actuación máis ambiciosa será a substitución da ilumina-ción, xa que a actual quedou obsoleta e mingua o valor es-tético do monumento. Precisou que se substituirán as actuais luminarias e os grandes focos que proxectan a luz cara aos al-zados da ponte; e optarase por

sistemas de leds, que mellorarán a estética, realzando a monumen-talidade da estrutura, ademais de acadar unha maior eficiencia enerxética, un aforro no consu-mo e unha menor contaminación lumínica. A esta partida dedicá-ranselle 174.000 euros.

O alcalde avanzou que a exe-cución das obras non interferirá demasiado no tráfico peonil que transita a diario por esta ponte, xa que o cambio no adoquín se fará por pequenos tramos, permi-tindo así o paso.

Ethel Vázquez anunciou que está previsto que se licite a obra no DOG na primeira semana de

decembro, co obxectivo de que estea en execución no primeiro trimestre de �016. Os traballos teñen unha duración estimada de tres meses.

Obras da Consellería de Cul-tura

De xeito complementario e nesta mesma primeira fase, a Consellería de Cultura tamén actuará na ponte Vella, tal e como explicou o alcalde, Jesús Vázquez, cun investimento que rondará os �50.000 euros. Neste caso as obras centraranse na reti-rada dunha tubaxe e na restaura-ción dun piar.

Xa nunha segunda fase, que asumirá por completo Infraestru-turas, actuarase en toda a contor-na da ponte.

Rematarase así un conxunto de medidas programadas para a posta en valor deste ben patrimo-nial que comezaban na pasada primavera.

Renovación do pavimento e da iluminación serán as primeiras melloras que se executarán na ponte Romana4 A Consellería de Infraestruturas preséntalle ao Concello o proxecto bá-sico de execución da primeira fase das obras.

O alcalde Jesús Vázquez, a conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez e a delegada da Xunta Marisol Díaz Mouteira./P.LODEIRO.

TEMAS DO MES

Page 4: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSNovembro de �015

BARRIOS

4FOTO DENUNCIA

Troncos dos plataneiros talados en Cudeiro.

Tala de árbores en CudeiroAmigos da Terra Galicia denuncia a corta polo pé de

sete plataneiros de sombra “Platanos hybrida” de gran-des dimensións na estrada OU-150 no núcleo ue Cudei-ro, “árbores de grandes dimensións que levaban alí máis de 75 anos, non estorbaban nin supuñan risco para o trá-fico”, valoran nun comunicado.

A asociación ecoloxista critica que “de forma inxus-tificable” se veñan destruíndo varios exemplares de ár-bores nos últimos meses, “actuacións incompatibles coa imaxe dunha cidade que se dí ‘termal’, cunha cidade que polo seu potencial, pola súa situación xeográfica e polos valores naturais con que conta podía ser unha das refe-rencias de desenvolvemento sustentable en Galicia”.

O alcalde xustificou a tala en que as árbores estaban destrozando a estrutura da estrada e das beirarrúas.

Meli, Bea e a cadeliña Estela, xerentes de Koquetos.

Terceiro aniversario en KoquetosA perruquería canina Koquetos, da rúa da Saínza, che-

ga o próximo 10 de decembro ao seu terceiro aniver-sario. Para celebralo, as compras realizadas ese día na súa tenda terán un �0% de desconto, non acumulable a outras promocións. Aproveita a oportunidade para mer-car os agasallos para os peludos de casa!

O equipo de Koquetos deséxalles aos seus clientes Fe-lices Festas e agradécelles a súa confianza para poder celebrar outro aniversario.

Redacción

Dende a Asociación Ve-ciñal As Termas, situada nas vivendas de promoción pública ubicadas xunto á estación de autobuses, le-van solicitado nos últimos anos varias melloras para o parque do Centro Cívico da Ponte. Entre as que se lograron ata agora atópase a plantación de novas árbo-res, a instalación de bancos e a reparación da fonte de auga potable. Pero dende a AVV aseguran que que-daron no tinteiro as dúas peticións de maior enver-gadura: a mellora da ilu-minación do parque e a re-paración do paseo central”. Neste último aspecto, este colectivo destaca a oxida-ción da varanda e as nume-

rosas baldosas deterioradas ou que faltan ao longo do paseo.

Así mesmo, asegura que “o actual concelleiro de Medioambiente mostrou a súa vontade de valorar as melloras, polo que dende a asociación continuaremos vixiantes”.

PasarelaOutra das demandas dos

veciños da zona é o arranxo da pasarela que comunica as vivendas sociais coa rúa San Rosendo, pasando por enriba da N-1�0.

Dende a AVV explican que enviaron escritos e mantiveron reunións a co-mezos de ano con Concello e Fomento para coñecer a titularidade desta infraes-trutura. E só lles contestou

o órgano ministerial para especificar que non é a súa responsabilidade.

Segundo denuncian, “a pasarela ten a pintura an-tideslizante desgastada, o

A AVV As Termas pide melloras para o parque do Centro Cívico da Ponte4 Tamén solicitan o arranxo do pasarela entre a estación de autobuses e a rúa San Rosendo.

que a convirte nunha pis-ta de patinaxe nos meses de inverno, ademais dos evidentes signos de oxi-dación”. Esta situación preocupa moito aos ve-ciños xa que é a vía de comunicación de preto de 1.000 persoas que residen na urbanización de viven-das sociais.

O presidente da AVV, Ángel Gómez, asegura que “o actual edil de In-fraestruturas mostrounos a súa vontade de solucio-nar o tema, e non imos parar ata que sexa resolta esta problemática”.

A pasarela ten a pintura antideslizante desgastada.

O parque do Centro Cívico precisa maior iluminación e melloras no paseo central./AVV AS TERMAS

Page 5: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSNovembro de �015

EN BREVE

A VALENZÁ

2,9 millóns de euros destínanse a gasto corrente, 2,6 millóns a persoal e 260.500 euros para investimentos

4 Axuda aos campamentos saharauis

O Concello de Barba-dás achegará 1.000 euros para paliar os efectos das recentes inundacións su-fridas nos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf (Arxelia).

Desde Servizos Sociais atenden así a petición de axuda feita pola Asocia-ción Solidariedade Galega co Pobo Saharaui “para a provisión de tendas, man-tas e enseres básicos”.

4 Concurso de escaparates

O Concello de Barba-dás lanza un concurso de escaparates de Nadal para os comercios e locais de hostalería da localida-de, e no que a veciñanza fomará parte do xurado, depositando o seu voto a través da páxina web mu-nicipal. A votación reali-zarase entre o 11 e o �0 de decembro.

O concurso estable-ce tres premios de �00 euros: á creatividade e orixinalidade, a mellor iluminación e para o es-tablecemento hostaleiro mellor decorado.

4Promoción económica no CET

A Concellaría de Pro-moción Económica de Barbadás creou un punto de información público e gratuito, no Centro Em-presarial Transfronteiri-zo.

Nel os veciños poden atopar asesoramento e acompañamento para facer realidade ideas de negocio e consolidar as empresas existentes no territorio.

Paula Lodeiro

O goberno bipartito de Barbadás aproba os seus primeiros orzamentos co apoio do único edil de Compromiso por Bar-badás. As contas foron aprobadas nun pleno ex-traordinario este luns, e contaron coa abstención de Democracia Ourensana e o voto en contra do Parti-do Popular. Os orzamentos crecen en 716.550 euros ata os 6.�06.�04 euros. O gasto corrente é a maior partida, con �,9 millóns (455.444 euros máis que en �015); seguido do gasto en persoal, con �,7 millóns (�75.000 euros máis que o último orzamento po-pular). Para investimentos reais resérvanse �60.500 euros, 87.000 euros máis que neste ano.

O crecemento das contas é posible, explicou o con-celleiro de Facenda, Xosé Manoel Fírvida, gracias a unha maior previsión de ingresos nos impostos como o IBI ou o ICIO, na participación nos tributos do Estado e nas transferen-cias da Xunta. O naciona-lista defendeu o incremen-to do gasto en persoal, pois se incorporan novos pos-tos de traballo (un policía, seis peóns, un tesoureiro, unha praza de administra-tivo, outra de Igualdade e outra de Normalización Lingüística). “Moitas ac-tividades que estaban ex-ternalizadas vanas realizar

os propios traballadores do Concello”, explicou. E aínda que o aumento das inversión é só de 86.000 euros, explicou que moitas obras poderanse facer di-rectamente grazas aos seis novos peóns na plantilla.

“Un revulsivo”Xosé Manoel Fírvida re-

coñeceu que os primeiros presupostos do bipartito son “herdeiros de �8 anos de goberno do PP” o que condicionou que se puide-ran facer cambios “a curto prazo”, pero si houbo un cambio nos “obxectivos e prioridades: o cemento polas necesidades das per-soas”. Nesa liña, o alcalde, o socialista Xosé Carlos Valcárcel, salientou que “todo o que fixeron (o PP) é imposible cambialo en seis meses” pero destacou que as contas “queren ser un revulsivo para Barba-dás”. “Son os presupostos dun goberno progresista, transparentes e que bene-fician a toda a cidadanía”. En concreto, o rexedor destacou que as axudas a asociacións veciñais serán por primeira vez en réxime de concorrencia competiti-va.

Os orzamentos de Barbadás para 2016 soben ata 6,2 millóns de euros4 O bipartito sacou adiante a aprobación inicial dunhas contas que crecen en 700.000 euros grazas ao apoio de CxB, DO abstívose e o PP votou en contra.

O edil de Compromiso por Barbadás, os tres do BNG e os cinco do PSOE votaron a favor da aprobación inicial dos orzamentos de 2016 do Concello de Barbadás./P.LODEIRO.

Ramón Padrón, conce-lleiro de Compromiso por Barbadás que xa votara a favor da investidura do goberno socialista-nacio-nalista, considerou “xus-to” apoiar uns orzamen-tos que tiveron en conta parte das súas propostas, e amosouse “confiado” en que se executen “co maior éxito”, para o que estará vixiante dentro do seu labor de oposición.

A voceira de Demo-cracia Ourensana, Fina Varelas -que se abstivo na votación-, foi crítica con algunhas partidas concretas, por escasas, como os �.000 euros para a atención de animais, ou os 17.000 euros para pro-moción económica: “é o

mesmo que non ter nada”. Ou por excesivas, como a partida de Deportes (que suma o 10% do orzamen-to). Doutra banda, amo-souse “bastante satisfeita” coas partidas de protección social. Varelas aproveitou para pedir unha campaña de empadroamento para conseguir novos ingresos para o municipio, proposta que foi ben acollida polo Goberno local.

O grupo máis crítico cos orzamentos e o único que votou en contra foi o Par-tido Popular. A súa porta-voz, Chelo Vispo, acusou a socialistas e nacionalistas de “demagoxia á hora de criticar durante �8 años ao PP”, pois “o que vostedes criticaron durante tantos

anos, agora mesmo o es-tán facendo, ou peor”, dixo. Unha xestión “cero” dun Goberno local que é, ao seu xuízo, “un barco á deriva que dá tumbos con mariñeiros que non sa-ben navegar”. “Segunda gardería, instituto, nova piscina… non hai nada, só arranxos”, afirmou. Ademais, insistiu na idea de que foi o Bloque quen deseñou as contas, privi-lexiando ás concellerías que xestionan os nacio-nalistas. “Está seguro de que manda e que fixo os presupostos?, espetoulle a Valcárcel. Vispo ta-mén criticou o apoio de Padrón ao bipartito; pre-guntándose por que “non entra no goberno”.

4 Do apoio de Compromiso á crítica do PP

Page 6: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

6 Ourense por BARRIOSNovembro de �015

BARRIOS

Obras na praza de Santa Eufemia dentro do plan “Mellorando Ourense”/P.L.

Redacción

O Concello de Ouren-se aprobou este mes en Xunta de Goberno obras de mellora viaria e in-fraestruturas. O prazo de execución será de aquí a final de ano, por un im-porte próximo a 550.000 euros.

Seis desas actuacións financiaranse con cargo á partida de Infraestruturas Viarias e Urbanas. Tráta-se da adecuación do ca-miño dos Ponxos (60.000 euros); adecuación da rúa Xosé Ramón Fernán-dez Oxea Ben-Cho-Shey e tramo inferior da rúa de Lugo (60.000 euros); a urbanización de varias rúas do Peliquín (59.994 euros); a urbanización

da praza Somoza Fiunte, en Eirasvedras (59.99� euros); da adecuación do Camiño de Abaixo, na Loña (59.�95 euros); e a adecuación das rúas do Eiro, Cega e Pendello en Rairo (59.4�1 euros).

Outros catro proxectos serán executados e finan-ciados pola Deputación de Ourense, froito do acordo de colaboración adoptado entre ambas institucións. Son os de adecuación da rúa de Atrás en Cabeza de Vaca, por 47.586 euros; o deseño de muro de con-tención en Souto Sanín e reposición de viario en tra-mo afectado, por ��.�19 euros; a adecuación da rúa Manuel Fernández García, nas Lagoas, por 60.000 euros; e as obras de repa-

ración do acceso ás ter-mas do Muiño da Veiga, por 60.000 euros.

Execución do plan “Mellorando Ourense”

Estas obras súmanse ás que están executando desde finais de outubro operarios do Concello dentro do plan “Mello-rando Ourense”. Neste caso son pequenas obras de mantemento en di-versas rúas da cidade tanto do casco histórico coma dos barrios e do perímetro rural. Devan-ditas obras consisten, fundamentalmente, en acondicionamento do enlousado, reparacións de plaquetas, bacheados e colocación de barandas de protección.

O Concello habilita 550.000 euros para dez obras en barrios e perímetro rural4 Catro delas están cofinanciadas pola De-putación.

Redacción

Democracia Ourensana presentará en pleno do próximo 4 de decembro unha moción para supri-mir “de forma inmediata” os bolardos que restrinxen a circulación de vehículos no casco antigo.

“Por unha banda obs-taculizan e retardan a circulación cada vez que un coche espera uns se-gundos ata que se baixa o bolardo, ou en ocasións producen colas mentres un vehículo detense para falar por interfono coa operadora cando non se baixan os bolardos a tem-po. Por outro, son un pro-blema para as manobras de certos vehículos, como algún camión de bombei-ros. E producen contra-tempos, tanto a vehículos como a peóns, con lesio-nados, e con vehículos esnaquizados”, explican desde DO.

“Entendemos que a pe-nalización por saltarse un bolardo non pode ser un coche esnaquizado, senón unha multa proporcional”, engaden. Neste sentido, o partido de Jácome lembra que as incidencias de ve-hículos danados ascende a 1.�00 colisións en 11 anos, cunha media de 10 vehículos accidentados ao mes, un cada � días.

Como sistema alternati-

vo, DO propón a instalación de cámaras que rexistren as matrículas dos coches para multar ao non autorizados, ou o sistema convencional de multas por un axente da Policía Local. “No momen-to en que a posibilidade de multa é segura, a restrición de vehículos será igual de efectiva”, detallan.

Asemade, desde DO ex-plican que este problema se une ao do actual contrato de semáforos, xa que é xestio-nado pola mesma empresa, e que está en precario sen renovar. “Esta empresa ofertara no pasado, que na renovación do contrato xa expirado, incluiría sen cus-to un sistema de cámaras para substituír aos borla-dos”, explican.

Democracia Ourensana quere retirar os bolardos4 Propón que se substitúan por cámaras e multas da Po-licía Local.

Producen unha media mensual de 10 vehículos accidentados

Bolardo de acceso ao cas-co histórico./P.L.

EN BREVE

4 O comercio do Couto incentiva as compras

O Centro Comercial Aberto Couto Centro ten aberta ata o �0 de no-vembro a súa campaña “Outono de compras” co obxecto de incentivar as compras nestas datas previas ao Nadal.

Coas compras realiza-das nos comercios asocia-dos (máis de 100 no ba-rrio do Couto), os clientes poden optar a unha “choi-va de agasallos”, entre os que se atopan vales de 100, �00 e �00 euros para gastar nos establecemen-tos do CCA. Ou mesmo bonos para dúas persoas para o circuito termal de Outariz.

4 Convocatoria para impartir cursos nas asociacións

A Concellería de Parti-cipación Cidadá mantén aberto ata o 5 de decem-bro o prazo para presen-tar proxectos formativos e participativos nas 57 asociacións de veciños da cidade.

Estes cursos rexeran-se, por vez primeira, se-gundo o disposto nunhas bases que responden aos principios de liberdade de acceso, publicidade e transparencia, non dis-criminación e igualdade de trato entre todos os candidatos a imparti-los. Chegarán a máis de �.500 socios das diferen-tes entidades veciñais.

Os proxectos poden abranguer distintas disci-plinas, e non só será for-mación académica, senón tamén pode ser práctica e de lecer.

Page 7: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

7Ourense por BARRIOSNovembro de �015BARRIOS

EN BREVE

4 Mercado solidario no Albino Núñez

A ANPA do CEIP Albi-no Núñez de Casardomato organiza por segundo ano un mercado solidario este Nadal.

A cita é o 1� de decem-bro, de 11 a 18 horas, nas instalacións do colexio. Haberá stands que porán á venda roupa, xoguetes, artesanía e produtos de segunda man. Os que acu-

dan poden tamén colabo-rar coa iniciativa solidaria achegando produtos de alimentación, roupa, xo-guetes ou tapóns. O que se recade destinarase a ban-co de alimentos, familias necesitadas e como axuda para actividades dos esco-lares.

Haberá sorteo de aga-sallos e os cativos pode-rán entreterse cunha cama elástica. Ademais, dispu-tarase un torneo de fútbol sala.

4 Campaña polo 25N na asociación As Termas

Con motivo da conme-moración do Día Interna-cional contra a Violencia de Xénero, a asociación veciñal As Termas puxo en marcha unha iniciativa pouco habitual no mo-vemento veciñal baixo o lema “Deter a violencia de xénero é responsabilidade de todas e todos” coa in-tención de concienciar e

informar sobre a violen-cia machista.

A campaña conta co patrocinio da Concelle-ría de Igualdade, e coa colaboración de Urbanos de Ourense, que colocou os seus carteis nas prin-cipais liñas de autobús. Ademais, editouse un fo-lleto informativo, que re-colle as canles para pedir axuda, que se buzoneará no barrio da Ponte e se distribuirá en comercios e edificios públicos.

Adxudicatarios dun dos pisos de Covadonga.

Últimos trámites da adxudicación das vivendas de Covadonga

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), realizou este mes o último trámite, previo á entrega de chaves, do procedemento de adxudicación das �� vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro construídas en Covadonga.

O acto consistiu na entrega da carta de adxudicación a cada unha das familias que resultaron adxudicatarias no sorteo de asignación de vivenda celebrado o mes de xuño do pasado ano. Posteriormente os adxudicatarios coñeceron as súas futuras vivendas e recibiron informa-ción sobre o mantemento e a conservación das mesmas e dos espazos e elementos comúns.

Proximamente tamén se realizará estes trámites coas �0 vivendas restantes construídas en Covadonga e adxu-dicadas en réxime de compravenda.

As pasarelas de Celebra atraeron numeroso público.

Máis de 5.500 persoas visitaron Celebra e a Feira de AntigüidadesO recinto feiral de Expourense acolleu os días 7 e 8

de novembro Celebra, o 16º Salón de Vodas, Bautizos, Comuñóns e Actos Sociais, e a �ª Feira de Antigüidades de Ourense.

Celebra �015 destacou por ter medrado no número de expositores (un 8% con respecto a edición anterior) e polo mimo e a personalización na montaxe dos stands. A feira posiciónase como unha das grandes citas dos or-ganizadores de eventos de Galicia e unha referencia que non se perden as familias que están a preparar unha voda, bautizo, comuñón ou calquera tipo de celebración. Os 65 expositores de Celebra ofreceron calidade, deseño e orixinalidade nos seus produtos e servizos. O 80% deles procedían da nosa provincia o que veu demostrar unha vez máis a boa sona que ten o comercio en Ourense.

Unha vez máis, foron as pasarelas as que atraeron a maior número de asistentes, con tres pases ao longo da fin de semana.

Page 8: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSNovembro de �015

CIDADE

P.Lodeiro

O Goberno municipal recurriu á Xunta de Go-berno local para aprobar o Plan Económico-Finan-cieiro ao que obriga a lei logo de incumprir a regra do gasto no último exer-cicio. Este documento é necesario para reequilibrar o límite de gasto da Ad-ministración local, esta-blecendo un teito de gasto para este �015 en 94,8 mi-llóns de euros e para �016 de 95 millóns. Neste teito non se contabilizan pago de intereses, amortización de débeda ou subvencións doutras administracións, polo que o alcalde augura que o orzamento munici-pal do ano próximo supe-rará os cen millóns.

Orzamento de 2016O documento será agora

remitido á Xunta de Gali-cia, órgano que ostenta a tutela financeira do Con-cello, para a súa aproba-ción definitiva. O Gober-no local xa traballa nun borrador dos orzamentos para �016 e, unha vez se aprobe definitivamente o Plan Económico-Fi-nancieiro, “iniciaremos os trámites para nego-ciar co resto de grupos”. Aínda que a lei lle dá a posibilidade de aprobar as contas en Xunta de Goberno local, a inten-ción dos populares é que a aprobación se produza en pleno, a poder ser no primeiro mes do ano que vén. Con todo, o alcalde recoñece que non será doado chegar a acordos coa oposición, logo de que no pasado pleno lle botaran abaixo o Plan Económico-Financieiro.

P.L.

A de novembro foi unha sesión plenaria ma-ratoniana no Concello de Ourense, con seis horas e media de debates.

O principal varapao para o grupo de goberno foi o non de Democra-cia Ourensana e Partido Socialista ao seu Plan económico-financieiro, requisito previo para aprobar os orzamentos de �016 e obrigado ao in-cumplirse o teito de gas-to no último exercicio. O alcalde, Jesús Vázquez, criticou aos dous partidos no que considerou “unha realidade insólita, que intenten paralizar esta ci-dade por rédito político”. Con todo, días despois, o Goberno aprobaba o documento en Xunta de Goberno local.

Tres acordos por unanimidade

Por unanimidade acor-douse a creación dunha comisión de investi-gación sobre a xestión dos casos de lexionela producidos na empresa concesionaria de limpe-za, tal e como solicitaba unha moción conxunta de DO e PSOE. Barque-ro acusou ao concelleiro

de Limpeza, Pepe Araújo, de ocultar información durante tres semanas, ao que este respostou que asumía todas as responsa-bilidades pero que atendía “indicacións dos técnicos, que che din que esto se considera un caso illado e non se pode xerar alarma social”.

Tamén por acordo de to-dos os partidos aprobouse a proposta de DO para continuar o paseo fluvial do río Loña entre o parque Mende e o encoro de Cas-tadón. O traballo do pro-ponente, o edil Domingo Castro, mereceu as felici-tacións do resto de grupos políticos.

A unanimidade conti-nuou na moción socialis-ta que solicitaba conser-var un edificio da antiga depuradora para uso da asociación de veciños de Reza, coa aclaración por parte do alcalde de que buscan unha solución positiva “pero dentro da legalidade”.

Apoio á pista cuberta en Expourense

Co apoio do grupo de goberno popular, saiu adiante a moción de De-mocracia Ourensana para apoiar a instalación en Ex-pourense da pista cuberta

de atletismo que promo-ven a Federación Galega de Atletismo e a Xunta de Galicia. O edil de Depor-tes, Mario Guede, puxo enriba da mesa algunhas das cifras que amosan como o atletismo está en auxe na nosa provincia e xustifican esta instalación (855 licenzas de atletas, �.7�1 de escolares e 18 clubs). Pola contra, PSOE (que se abstivo) e Ouren-se en Común (que votou en contra) botaban en fal-ta informes máis claros sobre a viabilidade e a compatibilidade da insta-lación.

Sumando os votos fa-vorables de DO, o Parti-do Socialista conseguiu aprobar a súa moción para que se substitúa o proxec-to básico presentado para a nova sede da Confede-ración Hidrográfica por aquel que gañara o concur-so de ideas en �01�. O PP rexeitouna, porque como apuntou o concelleiro de Urbanismo, Jesús Cudei-ro, “non existe fundamen-to legal polo que este con-cello poida obrigar a tal substitución (á CHMS)”.

Coa abstención de DO e PSOE e o voto en contra de OUeC, o PP si aprobou a adhesión do Concello a unha proposta da igrexa

evanxélica para que Co-rreos dedique un selo á “Biblia do Oso”.

Ourense en Común lo-grou os apoios de PP e PSOE á súa proposta para monitorizar as actividades do Concello.

Mocións rexeitadasA proposta de DO para

que a festa do magosto co-brase maior protagonismo nas celebracións anuais da cidade, en detrimento do Corpus, non convenceu ao resto de grupos; PSOE e OUeC optaron pola abstención e PP votou en contra, comprometéndose, iso si, a potenciar os dous fetexos, dixo a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.

PP e DO votaron en con-tra da moción de OUeC sobre a situación do corpo de bombeiros, na que se pedía, entre outras cou-sas, a atención das súas demandas laborais e o in-cremento da plantilla “ata recuperar a funcionalidade do servizo” (actualmente son 54 en plantilla). Tam-pouco prosperou a tercei-ra moción de OUeC para crear un órgano de xestión municipal do patrimonio, nin a do PP en defensa do Estado das Autonomías.

Homenaxe a Estanis-lao Reverter

Neste pleno de novem-bro incoouse expediente de honra ao piloto ouren-sán “Estanislao Reverter”, aprobouse inicialmente a ordenanza municipal so-bre tenza de animais po-tencialmente perigosos, e apoiouse a sinatura dun convenio con Institucións Penitenciarias para o cum-primento de penas de tra-ballos en beneficio da co-munidade.

Unha intervención do presidente da Cogave, Eladio Fernández, recla-mando aos catro grupos a aprobación dun “pacto de goberno por Ourense” para os asuntos trascentais para o desenvolvemento da cidade pechou a sesión plenaria.

Unanimidade para crear unha comisión de investigación sobre os casos de lexionela4 Tamén por unanimidade aprobouse a pro-posta de DO para ampliar o paseo fluvial do Loña.

Aprobado o Plan Económico -Financiero 4 Establece un teito de gas-to para 2015 de 94,8 millóns e para 2016 de 95 millóns.

Houbo acordo para solicitar conservar un edificio da antiga depuradora de Reza para uso veciñal

Unha votación no pleno de novembro no consistorio ourensán/P.L.

Redacción

A Xunta de Goberno Local aprobou os criterios que rexerán a ocupación da vía pública para diferentes actos e actividades.

Deste xeito, todas as soli-citudes se deberán presen-tar por Rexistro do Con-cello cun prazo mínimo de 10 días hábiles á data o evento. A documentación esixida será a instancia de-bidamente cuberta, o segu-ro de responsabilidade civil e o xustificante de pago da taxa correspondente. Nin-

gún acto poderá ser au-torizado por un período superior a unha semana, salvo os promovidos polo Concello e debidamente xustificados pola conce-llería responsable me-diante informes técnicos.

Desde Ourense en Co-mún piden flexibilidade ao Concello pois conside-ran que a regulación non debe penalizar economi-camente ás entidades sen ánimo de lucro que reali-zan actividades, ben lúdi-cas ou ben informativas, de xeito altruista.

O Concello regula a ocupación da vía pública4 OUeC pide flexibilidade na aplicación da norma.

Page 9: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOSNovembro de �015CIDADE

Na selección primouse “o ter un edificio singular e emblemático” sobre criterios funcionais”, afirmou Marín.

Paula Lodeiro

Deficiencias no deseño e un maior custo foron os principais motivos que levaron á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a desbotar a proposta gaña-dora do concurso de ideas de �01� para a súa nova sede e encargar un novo proxecto. Este cambio foi obxecto de polémica nas últimas semanas, ao xur-dir críticas sobre o seu custo e ao instar o pleno do Concello de Ourense -aprobando unha moción do PSOE- a retomar o an-teproxecto gañador.

O presidente do orga-nismo, Francisco Marín, referiuse a deficiencias no deseño, como que a entra-da aos garaxes se atopaba en zona inundable, que o número de prazas de ga-raxe non cumpría a orde-nanza municipal, ou que a superficie destinada para arquivos e laboratorios era insuficiente. Tamén a dificultades na accesi-bilidade ao situar a zona de atención ao público e rexistro en baixo rasante, e na funcionalidade, ao distribuír en varias plantas una mesma unidade ad-ministrativa. Ademais, o autor do proxecto gañador calculaba uns custos de 6,4 millóns de euros, cifra que superaba con fartura os 4,5 millóns previstos.

A Confederación, dixo

Marín, valorou a posi-bilidade de encargar ao estudo gañador unha mo-dificación do proxecto, pero descartouno tanto polo custo do mesmo (ao redor de 100.000 euros) como por entender “que as modificacións a introducir desvirtuarían considera-blemente o anteproxecto gañador”.

Encárgase un novo proxecto

De aí tomouse a decisión de encargar un novo proxec-to básico a un arquitecto local, cun custo de 18.000 euros. Este novo proxecto, que é o que se presentou ao Concello de Ourense para obter a licenza, redu-ce o custo das obras a 4,9 millóns de euros. Ademais, a entrada a garaxes xa non se atopa en zona inundable, a estrutura permitirá no fu-

turo incrementar até dúas plantas de ser necesario, multiplica por cinco a su-perficie destinada a arquivo e amplía tamén a superficie para laboratorios. Xunto a isto, aumentan as prazas de garaxe até 57, e poténciase a mobilidade horizontal do edificio.

Francisco Marín non quixo criticar a decisión do seu antecesor no cargo (Francisco Liñares) de con-vocar un concurso de ideas para a sede do ente. Pero si afirmou que na selección do proxecto primouse “o ter un edificio singular e emblemático” sobre cri-terios funcionais. “Cando eu cheguei (ao posto), xa estaba a proposta feita”, lembrou.

O custo do cambio de proxecto foi o pagar os �5.000 euros de premios do concurso de ideas. O prego

do concurso xa contem-plaba a posibilidade de que finalmente a CHMS optase por outro proxecto distinto ao gañador, como así foi.

A previsión que ma-nexa Marín é que a final deste ano estea adxudi-cado o proxecto de cons-trución, e no verán próxi-mo a obra. Cun prazo de execución de entre 1� e 18 meses, cumpriríase o requisito de que a nova sede estea finalizada an-tes de concluír �017.

A CHMS descartou o anteproxecto de 2012 por deficiencias no deseño e un maior custo4 Francisco Marín defende que o proxecto da nova sede da Confederación Hidrográfica Miño-Sil é “máis eficiente”.

O presidente da CHMS, Francisco Marín, (no centro) con técnicos da Confederación Hidrográfica e o proxecto da nova sede./P.L.

Redacción

A Xunta de Galicia, dentro do programa de mellora da eficiencia enerxética dos edificios públicos, vén de anunciar a próxima instalación de lámpadas de tecnoloxía “led” de baixo consu-mo e de termostatos no novo edificio xudicial de Ourense. En concreto está previsto a instala-ción de �4 termostatos e preto de �00 luminarias “led”.

Esta actuación supo-rá un aforro importante no consumo de enerxía, contribuirá á redución nas emisións de gases efecto invernadoiro, e conseguirá un maior confort para os usuarios e os profesionais. A Di-rección Xeral de Xusti-za decidiu acometer este proxecto de substitución das luminarias diante

dun estudo económico que indica que, na actualida-de, no mercado existen produtos a prezos asequi-bles que ademais de supo-ñer un importante aforro do consumo enerxético, proporcionan unha mellor calidade na luz. Hai seis anos, cando se executou o proxecto de construción deste inmoble, as lámpa-das “led” tiñan un custo moito máis elevado.

As medicións dos ni-veis medios de luz realiza-das nos postos de traballo certificaron o cumprimen-to dos niveis esixidos legalmente. A Xunta de-cidiu realizar axustes na iluminación, ademais de por aforro enerxético, para perfeccionar a uniformida-de da intensidade lumínica en todas as estancias e así garantir unhas condicións de traballo favorables su-periores ao esixido na nor-mativa.

A Xunta mellorará a eficiencia enerxética do edificio xudicial4 Instalará 34 termostatos e preto de 300 luminarias “led”.

Edificio xudicial de Ourense. /ARQUIVO.

Page 10: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSNovembro de �015 CIDADE

P.L.

A renovación e a apa-rición de novos partidos marcan as listas que se presentan ao Congreso e ao Senado pola provincia de Ourense nas eleccións xerais do �0 de decembro. Nestes comicios os ouren-sáns poderemos escoller entre dez papeletas, tanto na Camara Baixa coma na Alta.

No Partido Popular hai un cambio no seu cabeza de lista ao Congreso: Mi-guel Ángel Viso, ata o de agora presidente do Con-sello Regulador do Ribei-ro, substitúe como número 1 a Celso Delgado, que se presenta como número �. No Senado, onde o voto é

á persoa e non á candida-tura completa, o primeiro posto dos populares ocú-pao unha ata o de agora descoñecida en Ourense Edelmira Barreira, quen traballa no gabinete de So-raya Sáenz de Santamaría.

No Partido Socialista a renovación provocou tre-mores, polo cambio desde a Executiva Federal nos nomes elixidos polas agru-pacións locais de Ourense para encabezar as listas. Serán finalmente os inde-pendente Rocío de Frutos e Luis García Mañá os que lideren a candidatura so-cialista ao Congreso e ao Senado, respectivamente.

Tras semanas de re-unións, finalmente non callou a lista unitaria do

Renovación nas listas por Ourense ás Xerais4 Preséntanse dez candidaturas.

nacionalismo e a esquerda galega, que se presentan por separado. Dunha ban-da, En Marea, marca que agrupa a partidos como Anova, Esquerda Unida ou Podemos, e que elixiu a David Bruzos (nome vin-culado a Ourense en Co-mún) como número 1 ao Congreso. Doutra banda, Nós Candidatura Galega, o nome co que se presenta a estas eleccións o BNG e outras formacións como Coalición Galega e Par-tido Galeguista. A moza Noa Presas será a súa can-didata á Camara Baixa, e Francisco Xabier Gonzá-lez preséntase ao Senado.

Outra das novidades é a aparición de Ciudada-nos; o partido de Albert

Rivera presenta na nosa provincia a Fátima Balsa ao Congreso e a Ernesto Rodríguez ao Senado. Os ourensáns tamén poderán votar o �0 do vindeiro mes a UPyD, PACMA, Recortes Cero-Grupo

Verde, o Partido da Terra e Ourense pola Esquerda.

En �011, os catro depu-tados e os catro senadores repartíranse entre PP (tres actas en cada cámara) e o PSOE (unha deputada e un senador).

Candidatura do PP ao Congreso e ao Senado por Ourense.

Noa Presas, candidata de Nós - Candidutra Galega.

David Bruzos, candidato de En Marea.

Rocío de Frutos e Luis García Mañá, candidatos do PSOE.

Page 11: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSNovembro de �015

EN BREVE

SOCIEDADE

Redacción

Baixo o lema “Es+cando quilaboras, somos+cando compartimos”, a Asocia-ción Xuvenil Amencer pon en marcha como cada vés-pera de Nadal unha nova Operación Quilo. Unha campaña de sensibiliza-ción dos empobrecidos da nosa cidade, que este ano chega á súa �9ª edición.

De novo, nos supermer-cados da cidade estarán colocados até o 19 de de-cembro carriños da com-pra co cartel da Operación Quilo onde a xente pode botar alimentos non pere-cedoiros que desexe. Así mesmo, en máis de �00 comercios colócanse petos para unha recadación eco-

nómica, que será integra-mente adicada á compra de alimentos. Ademais, a partir da Ponte da Consti-tución pódense deixar en Amencer xoguetes en bo estado para as familias que menos teñen.

Cáritas será a encargada do reparto de todo o reco-llido.

Empresas e entidadesDende Amener animan

ás empresas de alimenta-ción e xoguetería que poi-dan a que aporten algúns dos seus produtos.

E ás entidades deporti-vas que nun partido que disputen en Ourense pi-dan aos seus afeccionados a que aporten un quilo de comida, así como a colo-

Nova edición da Operación Quilo de Amencer4 Haberá carriños nos supermercados da ci-dade e petos en máis de 300 comercios.

María José Rocholl, Manuel Seguín e Diana Fernández, presentando “Lazos por Quilos”./P.LODEIRO.

car recipientes no campo.

O teu peso en quilosPor último, pídenlle a

representantes dunha en-tidade, partido político e organismo público cola-borar achegando o equi-valente ao seu peso en quilos de alimentos non perecedoiros.

Perruquerías solida-rias

Unha das novidades da Operación Quilo este ano son os “Lazos por Quilos”, que involucran a catro pe-rruquerías da cidade.

O que farán será entregar un lazo laranxa aos clientes que deixen un donativo de dous euros ata o 18 de de-cembro. “Unha cantidade

simbólica que suma car-tos”, explicaba Manuel Se-guín, membro de Amencer.

A propietaria dunha des-tas perruquerías, María José Rocholl, apuntaba á súa involucración previa con Amencer o motivo que a levou a sumarse. “Meré-ceno polo esforzo que fan en todas as campañas”, di-cíanos.

Ademais de Rocholl Pe-rruqueiros, na rúa Emilia

Pardo Bazán, outra das promotoras da campaña é a perruquería Milenio da rúa Francisco Lloréns, con Diana Rodríguez á fronte.

Polo de agora outros dous salóns xa se uniron a esta iniciativa (Víctor Fei-joo, na avenida de Portu-gal, e Cachaldora Seoane, no Paseo), coa expecta-tiva de que o fagan máis nas próximas datas.

4 Campaña do lapis solidario

As tendas Juguettos de Ourense poñen en mar-cha un ano máis a cam-paña “Lapis Solidario por 1 euro, un sorriso” coa que recadar fondos para mercar xoguetes para os cativos máis des-favorecidos.

A campaña conta coa colaboración de Orixe Publicidade, que se en-cargou de distribuír os la-pis en máis de �00 locais da cidade, onde están á venda ao prezo dun euro.

En palabras de Manuel Lorenzo representante de Juguettos “é unha obriga moral para nós colaborar con esta campaña a nivel local”.

4 Recollida de xoguetes

O Concello de Ouren-se presentou a campaña de recollida de xoguetes ‘Cumprindo ilusións’, destinada aos 470 meno-res que hai na cidade en situación de risco de ex-clusión social

Repartiranse caixas en comercios, centros educativos e dependen-cias municipais, nas que a xente poderá depositar os xoguetes aos que non lle dea uso. As doazóns empezaranse a recoller o 18 de decembro. “Os xoguetes serán recolli-dos polos voluntarios do Concello e pasarán polas mans dos reclusos do Pe-reiro, que os arranxarán. Os ususarios do Fogar de Transeúnte, encargaranse de facer os paquetes aga-sallo que serán reparti-dos posteriormente entre quen máis os necesite”, explicaba Raquel Cres-po, da Asociación para a Prevención da Exclusión Social (APES), que cola-bora na iniciativa. Tamén o fan a Consellería de Po-lítica Social, reclusos de Pereiro de Aguiar e usua-rios da Unidade de día de Condutas Adictivas.

Redacción

A conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero no Concello foi este �5 de no-vembro moito máis que un acto institucional.

O Concello de Ourense artellou un acto innovador na Alameda no que se uniu o compoñente institucional -a lectura dun manifesto consensuado entre todos os grupos-, o reivindicativo -mediante unha recreación teatral a cargo de Trécola Teatro e unha canción de

Emilio Rúa-, e o factor da visibilización, mediante a impresión en 1� pasos de peóns da cidade de frases de cancións alusivas á vio-lencia de xénero.

Con esta iniciativa, o Concello quere facer unha reflexión colectiva sobre o compromiso que implica a toda a sociedade contra a violencia de xénero e, complementariamente, a acción contribuirá nunha clave creativa a facer a localidade máis amable. Invitando á cidadanía a recuperar o gusto por ser

paseantes e non viandan-tes fugaces que transitan ás presas.

No manifesto do Conce-llo, subliíñase que “toda a sociedade, e especialmen-te as súas organizacións e institucións, temos que comprometernos na loita contra a violencia cara ás mulleres, así como na asis-tencia a todas as mulleres que sofren violencia”. Se-gundo datos oficiais, no que vai de ano 48 mulle-res foron asasinadas polas súas parellas ou ex pare-llas.

Frases nos pasos de peóns para concienciar sobre a violencia de xénero4 A corporación consensuou un manifesto institucional con motivo do 25N.

A representación de Trecola Teatro pretendía simbolizar o que sinte unha muller vítima de violencia./P.LODEIRO.

Estudantes do Luis Vives e o Cardenal Cisneros home-naxearon con globos aos 44 orfos deste ano por culpa da violencia machista./P.LODEIRO.

Page 12: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSNovembro de �015

SOCIEDADE

4AS IMAXES DO MES

Alumnos de Maristas gañan o segundo premio da Galiciencia 2015

O segundo premio da Galiciencia �015, dotado con 500 euros para asistir a unha feira científica vasca, foi para a carrilana de tecnoloxía punta que fabricaron alumnos do CPR Plurilíngüe Santa María-Maristas. Alejandro González e Anxo Carpintero deseñaron un vehículo de inercia utilizando un sistema de balanceo baseado nun monopatín experi-mental de BMW. O equipo foi recoñecido tamén co premio ao proxecto coa mellor co-municación e presentación oral.

Os alumnos de Maristas recollendo o seu premio na Galiciencia 2015.

Moteros Solidarios recollen xoguetes para os nenos que menos teñen

Este 21 de novembro, Moteros Solidarios Galicia fixo entrega ao banco de tapóns do Baixo Miño dos recollidos durante a campaña que levou a cabo esta asociación.

A partir de agora comezan coa recollida de xoguetes, que entregarán antes do día de Reis nas casas de acollida, para que ningún neno quede sen regalos este Nadal. As per-soas que desexen colaborar nesta iniciativa poden informarse dos diversos puntos de recollida no 988 �� 4� 41.

Moteros Solidarios durante a entrega de tapóns da súa última campaña.

Pista de xeo en PontevellaComo cada inverno o Centro Comercial Ponte Vella conta con pista de patinaxe sobre

xeo. Ata o vindeiro 10 de xaneiro pequenos e maiores poderán gozar da instalación, que permanece aberta ao público ata o �0 de decembro de luns a venres de 17 a �1 horas, e fins de semana e festivos, de 12 a 22 horas. Do 21 de decembro ao 10 de xaneiro, o seu horario será de 1� a �� horas, salvo o �� de decembro e o 1 de xaneiro que será de 17 a �� horas; o �4 e �1, de 1� a 19 horas; e o 7 e 8 de xaneiro, de 17 a �1 horas.

Ademais, hai sesión nocturna, con apertura ata as ��.�0 horas os venres e sábados.

A pista de patinaxe amplía a súa apertura durante as vacacións escolares de Nadal.O parque das Zapatillas conta cun mural en lembranza das vítimas de accidentes.

Día Mundial das Vítimas de Accidentes de TráficoO Concello de Ourense sumóuse este ano á conmemoración do Día Muncial das Víti-

mas de Accidentes de Tráfico (terceiro domingo de novembro). Entre as actividades realizados na cidade, organizadas por Stop Accidentes e PAT, ato-

páronse un acto no Centro Cultural Marcos Valcárcel, que incluíu testemuños reais e con-tou coa participaron de alumnos dos centros educativos de Salesianos e Otero Pedrayo; e unha ofrenda foral e a inauguración dun mural no parque das Zapatillas en homenaxe e lembranza das vítimas.

Mariluz Barreiros, co seu premio. O ourensán Daniel Minimalia.

Daniel Minimalia, premiado no Hollywood Music in

Media AwarsO guitarrista e compositor ourensán Da-

niel Minimalia foi recoñecido na gala dos Hollywood Music in Media Awards cun importante galardón: o de Best World Mu-sic Song of The Year (mellor canción do ano) para o seu tema “Olas del sur”. Esta gala celebrouse no Henry Fonda Theatre, situado en pleno paseo da fama de Los Án-geles.

Compre destacar que Daniel Minimalia tiña tres nominacións para estes premios, considerados uns dos galardóns indepen-dientes con maior prestixio do mundo.

Mariluz Barreiros recibe o premio “Ourensanía 2015”A presidenta da Fundación “Eduardo

Barreiros”, Mariluz Barreiros, vén de ser recoñecida co Premio “Ourensanía �015”, que concede a Deputación a aquelas per-soas vinculadas á provincia que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais.

O xurado concedéulle este galardón en representación de toda a familia Barreiros Rodríguez e en recoñecemento á Funda-ción, dedicada a perpetuar a memoria do seu pai como impulsor da industria da automoción na España de mediados do século XX.

Page 13: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

1�Ourense por BARRIOSNovembro de �015

PUBLICIDADE

Page 14: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSNovembro de �015

SOCIEDADE

R.T/S.N.

Adentrámonos nas aulas do co-lexio Cardenal Cisneros, o centro ourensán que aglutina un maior número de nacionalidades entre o seu alumnado. Ata 17 proceden-cias distintas se contan polos seus corredores. Para coñecer mellor como é o día a día dun colexio con tanta diversidade cultural falamos co seu director, Benigno López, e con algúns dos seus profesores.

A asignatura na que este claus-tro busca acadar mellor nota é a da integración dos nenos, proce-dan de onde procedan e conten cos recursos económicos que conten. E, sen dúbida, vendo a convivencia entre os cativos e a gran evolución que experimentan co paso dos anos, estes mestres logran a diario unha matrícula de honra.

Cal é a filosofía deste centro?Benigno López: “O noso pun-

to de partida é a integración do noso alumnado, porque contas con rapaces de moitas nacionali-dades distintas e de culturas moi diversas, polo que procuramos integrar esas culturas entre elas, para que non choquen, que nin-gún pense que o seu é o mellor, que cheguen a empatizar uns con outros e entendan que o importar-ten é levarse ben.

En segundo lugar, como cal-quera outro centro, queremos que avancen nos seus estudos. Teñen que gañar unha serie de coñe-cementos académicos que lles permitan, ano tras ano, mellorar, e que poidan incorporarse final-mente ao mercado laboral nas mellores condicións”.

Cantos alumnos tendes neste momento e de cantas naciona-lidades?

B.L.: “Temos ao redor de 100 alumnos de 17 nacionalidades distintas. En canto a relixións hai ortodoxos, musulmáns, cris-tiáns… de todo”.

Como xestionades esa diver-sidade cultural en cada aula?

B.L.: “Por aula hai aproxima-damente 10 alumnos. Cada pro-fesor podería contar como o fai

el de xeito particular, porque hai asignaturas que se prestan máis que outras para traballar esa inte-gración, por exemplo as ciencias naturais non varían dunha cultura a outra, pode haber algúns mati-ces, pero é sinxelo, noutras costa algo máis, como en historia, non podes centrarte na historia de oc-cidente, porque agora tes tamén chavales orientais e debes expli-carlles o que eles fixeron, como o fixeron e o valor que ten iso no mundo actual.

Pero non hai problema, o Car-denal Cisneros sempre contou con rapaces de distintas culturas e nunca houbo complicacións maiúsculas. Eles enténdense de xeito máis sinxelo do que te imaxinas, pensan en como puido ser que eles sexan amigos hoxe e os seus antepasados se enfronta-ran”.

Como se prepara un profesor para dar estas clases?

Patricia Solla: “É certo que se che toca un tema de actualidade, ou as festas, debes tratalo con coidado, fixéndote neses alumnos

que marcan a diferencia porque pertencen a outra cultura.

Ou cando chegan sen coñecer o idioma o primeiro que fas é cen-trarte neles para que canto antes consigan comunicarse con soltu-ra e adquirir a lingua. Pero unha vez que iso se consegue, para dar clases de educación primaria non é nada complicado, para eles non hai diferenzas, levan anos con-vivindo no colexio e non teñen ningún problema. Eles entenden perfectamente que todos somos distintos pero en esencia somos iguais. Polo que non temos que preparanos dun xeito especial, é a convivencia de todos os días o que fai que a clase sexa totalmen-te normal”.

Esta convivencia achégalle moito ao propio neno.

P.S.: “É moi enriquecedor, que ti teñas na propia aula distintas visións permite enriquecer a opi-nión que os rapaces forman sobre un tema”.

E aos profesores?P.S.: “Para nós é moi positivo.

É un esforzo, temos que traballar moito máis, non podemos dicir que é o mesmo darlle clase a un grupo homoxéneo de nenos que teñen a mesma base, que un grupo heteroxéneo coma estes, nos que algúns nin sequera foron escola-

rizados ata que chegan acá, algún empeza a ler en 4º de primaria, e con moito apoio e traballo conse-gues que se vaian integrando”.

B.L.: “Para nós é enriquece-dor, ao profesorado implícalle un esforzo maior pero gañas moito. Deixas esas clases monótonas e pasas a ver como tes que cambiar e adaptar a túa maneira de plan-texar a materia, daste conta de que no mundo existe outra visión e oblígate como profesor a buscar unha explicación que non fira a ningún pero ao mesmo tempo dea resposta á dúbida plantexada”.

Por que credes que este é o centro que máis nacionalidades abrangue?

B.L.: “Será porque saben que dende fai moito tempo que o centro acolle a rapaces de moi-tas nacionalidades e as familias coñécense entre elas, polo que recoméndanse mutuamente o co-lexio”.

Ademais do propio temario, organizades actividades ao lon-go do curso.

B.L.: “Hai actividades e festi-vidades que se inclúen no calen-dario escolar. Por exemplo o Na-dal é celebrado polos cristiáns, pero para un árabe non representa nada. O mesmo pasa co magosto, hai determinadas culturas nas que

non se comen certos alimentos, polo que o profesor busca outro tipo de comida para eses alum-nos para lograr igualdade, non se pode discriminar.

Tamén pasa en educación físi-ca, por exemplo, que cada alum-nos achega os xogos típicos do seu país e logo rematan xogando a iso no patio, é unha maneira de compartir as súas culturas”.

Como aceptan as distinas fa-milias esta diversidade?

B.L.: “Ao principio de todo pensamos que podía haber en-contronazos, pero non houbo case ningún problema. Sempre hai quen se sorprende, pero non pasou a máis. De feito, as fami-lias ven moi favorable que o seu fillo estea con amigos de España, Venezuela, Sáhara, se é o seu amigo están contentos e orgu-llosos de que así sexa. E é que a amizade ten o mesmo significado en calquera cultura”.

E as familias españolas como o levan?

B.L.: “Enténdeno perfecta-mente, saben que hoxe en día hai no noso país xente de moitas culturas. As fronteiras abríronse e rapaces e pais entenden que no colexio pasa o mesmo, acá está libremente calquera rapaz inde-pendentemente da cultura que represente”.

Hai algunha condición para acudir a este centro?

B.L.: “Ningunha, que sexa un alumno en idade escolar. Non se rexeita a ningúen, primeiro por-que o sistema educativo español non o permite, e segundo porque o centro non pon ningún tipo de trabas. Eu estudei neste colexio e sempre houbo rapaces de distin-tas nacionalidades, esta sempre foi a súa filosofía”.

Comentádenos brevemente como é a vosa experiencia como profesores neste colexio.

B.L.: “Totalmente positiva, non cabe dúbida. Todos os cen-tros deben acoller a alumnos de diversos países porque o día de mañá o mundo vai ser así, pode-rás estar nun país ou noutro e os rapaces deben velo con naturali-dade”.

Juan Romero: “Para min é moi enriquecedor porque este alumnado é moito máis agradeci-do, valoran moitísimo o que fas por eles, un cromo agradéceno máis que un neno calquera unha consola”.

Miriam Tierno: “Dende o meu punto de vista, a aprendizaxe é mutua, os profesores aprendemos con eles cada día”.

P.S.: “Vives con eles como en familia, ao ser un grupo reducido vólcaste na súa aprendizaxe, me-dras con eles, ti achégaslles moi-to porque hai moitas cousas que non coñecen, pero eles tamén che aportan a ti, é moi gratificante”.

ENTREVISTA A BENIGNO LÓPEZ – DIRECTOR DO COLEXIO CARDENAL CISNEROS

Benigno López: “Ao profesorado implícalle un esforzo maior, pero gañas moito”

4 Coñecemos o colexio ourensán con maior diversidade cultural entre o seu alumnado.

“As familias ven moi favorable que o seu fillo estea con amigos de España, Venezuela, Sáhara... A amizade ten o mesmo significado en calquera cultura”, explícanos o director do centro

De esquerda a dereita, Mariluz Pérez, Juan Romero, Benigno López, Miriam Tierno e Patricia Solla, direc-tor e profesores do colexio Cardenal Cisneros./RAMSÉS

Page 15: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSNovembro de �015

SOCIEDADE

Redacción

Chegou a oitava edición do ‘Sabores de Ourense’ de Outono, que se celebra ata o próximo �9 de no-vembro con 5� establece-mentos participantes, tres máis que na cita anterior.

Organizado pola Con-cellería de Turismo e a Unión de Hosteleros Ourensanos, este concur-so ofrece pinchos elabo-rados con cogomelos ou castañas, cun prezo máxi-mo de �,50 euros.

Aínda que a ampla maioría dos participan-tes están concentrados

53 establecementos ofrecen pinchos de castañas ou cogomelos4 No oitavo concurso “Sabo-res de Ourense” de Outono.

na zona dos Viños, tamén hai noutros puntos da cida-de: o Centro, A Ponte, San

Francisco e Mariñamansa, así coma nas instalacións termais.

PremiosEntre os premios oficiais

do concurso, ademais dos tres outorgados polo xu-rado profesional, os tres concedidos polo público e o da prensa, recupérase o Premio Pincho Celíaco.

Ademais, o establece-mento gañador do 1º pre-mio do Xurado Profesional será o representante da ci-dade na vindeira edición do

concurso autonómico De Tapas por Galicia.

Votar ten premioPola súa banda, o pú-

blico que deposite o seu voto nas urnas dos esta-blecementos entrará no sorteo de distintos aga-sallos. Combinando o pincho cun viño da DO Ribeiro pódese gañar unha cata maridada para 10 persoas; e a app “sabo-res de Ourense” permitirá votar e gañar un teléfono móbil.

Presentación do concurso de pinchos no bar Fuentefría./P.L.

“Ideas for Ourense” entra na súa recta finalRedacción

A falta de menos dun mes para a celebración de “Ideas for” en 15 cida-des españolas, entre elas Ourense, os seus organi-zadores están a preparar os últimos detalles.

A cita será o �� de de-cembro no Centro Cul-tural Ánxel Valente. Ese día dez mozos ourensáns que vivan no estranxeiro ou fóra da provincia ex-porán as súas boas ideas para mellorar a cidade. “Unha oportunidade in-mellorable como reto profesional e persoal, ademais de currículum e un bo escenario para dar-se a coñecer”, explican desde “Ideas for Ouren-se”. Aínda quedan prazas dispoñibles para partici-par como poñentes.

[+ info en Ideasfor.es]

Recupérase o concurso de escaparatesRedacción

A Cámara de Comer-cio de Ourense acolleu a presentación do �6º Concurso de escapara-tes de Nadal, un dos de máis antigüidade de Es-paña. Este certame, que deixara de convocarse en �01�, repartirá este ano 1.900 euros en pre-mios. Como novidade, os ourensáns poderán votar online polo seu favorito, que levará o premio do público.

O presidente da Cáma-ra, Juan Carlos Parada, destacaba “a importan-cia do concurso creando conciencia sobre a im-portancia do escaparate como imaxe externa dun negocio, a súa tarxeta de presentación e o primeiro impacto visual que reci-be o cliente, influíndo en moitas ocasións na súa decisión de compra”.

Page 16: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSNovembro de �015

4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

Contos da lareira coa avoa

Durou un ano, pobriño! Edelmiro o de Castro, aínda era algo parente dos da Corredoira, foi a noite de defuntos cando a viu, din que baixaba das mozas de Lebozán, an-dáballe a facer as beiras a Carmucha, a do xastre, a sobriña do cura de Gre-sande, que era moi boa moza e tiña posibles, era de boa casa; o Edelmiro tamén porque o seu avó estivera en Cuba e fixe-ron moitos cartos cos barcos andando ao peixe, ata tiveron unha peixe-ría na Habana Central, “Víveres y frescos Espe-rancita”. Seica lle puxo o nome como recordo dunha moza de Penelas que deixara aquí cando emigrou.

Dende ese día consu-míase de a pouco, em-pezou a perder a cor, víase cada día máis pá-lido, abrancaxado como se o lavaran con lixivia as noites, deu en per-der peso, púxose como un espantallo, a roupa máis que vestilo, aso-ballábao! Era como se fora encollendo como un figo paso, comía moito pero parecía que andaba sempre famento, os ollos fóronselle enterrando na cara como se os cubrira a fronte, como unha negra sombra que o soterraba.

A primeira en darse conta destas rarezas foi Belarmina, a súa nai, víao saír todas as noites ás once e media en punto. Erguíase, collía a sacha, dicía que ía tornar a auga ao prado do Lameiro que era da “pillota”, pero o prado estaba amarelo de seco, parecía que non vira a auga nunca e iso que Edelmiro non volvía para a casa ata as catro da mañá, cando xa logo amencía, aquilo estraño-ulle moito e unha noite

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4AXENDAMúsica

- �6 de novembro - Festi-val “Voces Femeninas” - �0:�0 h - Teatro Principal- �8 de novembro - Festa �º aniversario La Rocki-pedia - �1 h - Sala Berlín- �9 de novembro - Men-cey Romántico - 19 h - Teatro Principal.- � de decembro - Con-certo de JW Ensemble e Enrique Bagaría - �0:�0 h - Teatro Principal- 11 de decembro - Con-certo de Luar na Lubre - �0:�0 h - Teatro PrincipalTeatro- �0 de novembro - “Im-prosaurio: Match de Im-pro” - �0:�0 h - Café Cultural Auriense- Do 1 ao � de decembro - “Ensaio sobre a cegueira” - �0:�0 h - Auditorio- 4 de decembro - Tea-tro para bebés: “Viaxe a Dadá” - 18 h - Auditorio- 5 de decembro - “El zoo de cristal” - �0:�0 h - Tea-tro Principal- 1� de decembro - “El discurso del Rey” - 19 h - Teatro Principal- 19 de decembro - “Pre-sidente” - �0:�0 h - Teatro PrincipalCine- �8 de novembro - “Teo-rema” - 19 h - Biblioteca Pública- � de decembro - “Franks-tein 04155” - �0:�0 e �� h - Biblioteca PúblicaExposicións- Ata o �0 de novembro - OF: “Falando en prata” - Ateneo de Ourense- Ata o �0 de novembro - OF: “Os nomes de acei-ro” de Anxo Losada - Li-ceo de Ourense- Ata o �0 de novembro - OF: “No todo es lo que parece ni era lo que está” de Román Montesinos - Casa da Cultura da Va-lenzá- Ata o 1� de decembro - OF: “Le Cirque Noir”, “Rururbania Salnés”, “Je Ne Baise Plus” - Museo Municipal- Ata o 1� de decembro - “Arte e Solidariedade” - Museo Municipal- Ata o �0 de decembro - “Del cero al infinito” - Espazo Shagri-La- Ata o 14 de xaneiro - OF: “Prostitución, retratos de una vida en la calle” de Rubén García - O Cabalo Fosforito (av. Marín)www.periodicobarrios.com

4CRÓNICA MUSICAL

“Erguíase, collía a sacha e dicía que ía tornar a auga ao prado (...), pero estaba amarelo de seco”

seguiuno.A avoa neste punto in-

terrompeu a narración, levantou a tapa do pote e botoulle a modiño os gre-los que tiña xa lavados na tina de aluminio, eu ache-gueime máis ao lume da lareira, dun xeito instinti-vo, non sei se por frío ou por medo. O tío Cándido e meu irmán Suso tamén se revolveron inquedos no banco vello de castiñeiro que fixera o avó Amador, o pai miroume e chiscoume un ollo dun xeito cómplice para que me tranquilizase, namentres a avoa púxolle o testo ao pote, arranxou o pano negro na testa e con-tinuou co conto.

Si, Edelmiro baixou cara o regueiro do Lamei-ro, pasou a Ponte, pero ao chegar ao prado torceu á esquerda e meteuse na corredoira, xunto ao souto dos do Caseiro, que ía dar á capela de San Caetano en Lodeiro. Namentres, Belarmina, que o seguía de lonxe, sentía os chíos das curuxas na noite pe-cha, que lle fixeron abalar co medo coma unha vara verde, pero a curiosidade foi máis forte.

Andiveron un bo anaco ata chegar á cápela, nese intre abafouna un cheiro forte a cera, e ao lonxe os cas de Viñoa e de Des ouveaban como lobos en celo, e sentíanse soar as badaladas da campá tocan-do a ánimas.

Botoulle un ollo ao re-loxo que marcaba as doce en punto e, de súpeto, sen-tiu aquel aire xeado que lle apagou a vela. Por detrás da capela saíu a proce-sión dos descarnados, as almas perdidas da Santa Compaña rezando nunha lingua descoñecida, todas vestidas de negro, cada quen co seu cirio, máis dun cento de caveiras de osos brancos, as luces das lapas, abaladas polo ven-to, compoñían un tétrico lumear na negra noite no inverno inclemente do mes de xaneiro.

A porta da capela abriu-se sen que ninguén lle tocara, diante do altar un cadaleito sen tapa con

candeas e coroas arredor, collérono entre catro cada un por súa asa e con moita devoción persignáronse os outros mentres canta-ban responsos e letanías en latín: “Kyrie, eléison, Christe, eléison. Kyrie, eléison… Réquiem æté-mam dona eis, Dómine.Et lux perpétua lúceat eis”.

Saíron co cadaleito cara á congostra outra vez, agora Edelmiro ía diante co hábito branco dirixin-do a procesión, cando chegaron onde se atopaba Belarmina ficou aterrada case tan branca como as ánimas, cada unha que pasaba ofrecíalle unha vela, mais ela rexeitounas todas, ben sabía que se a collía tería que ir para sempre a vagar con aque-las ánimas.

Cando os que cerraban a comitiva que levaban o cadaleito chegaron á súa beira, ela puido ollarse a si mesma que ía vestidiña de negro dentro, e caeu na conta que estaba asistindo ao seu propio enterro.

Aínda hoxe en día, pro-seguiu a avoa, hai moito medo, e a xente non fala disto porque ao ano se-guinte por defuntos finou Edelmiro, e en xaneiro Belarmina, disque sempre andan xuntos e collidiños da man cando sae a Santa Compaña, agás dende o un de novembro ao trinta e un de xaneiro, ese é o tempo que separa o seu pasamen-to. Por iso, nesas datas se escoita tanto a curuxa, ouvean máis os cans e hai mortos nas aldeas, e por dicir ata din que andan máis os gatos á xaneira.

Chegados a este punto as facianas de Suso e máis do tío Cándido tornáranse tamén de cor morada, e eu xa non vos quero contar, batíame o corazón no pei-to como se me meteran un tambor dentro. Papá vol-veu ollar para min e dixo: “anda chiquito, non fagas caso destas andrómenas e a ver se ceamos, que o cal-do xa debe estar cocido, e ti tes un chourizo dos que che gustan que che gardou a avoa”.

Avelino Jácome

O cantante de La M.O.D.A., David Ruiz./LA ROCKIPEDIA

Ourense estivo de M.O.D.AO pasado xoves �9 de outubro, o grupo burgalés La

Maravillosa Orquesta del Alcohol (La M.O.D.A), pa-sou por Ourense para presentar o seu último traballo; “La primavera del invierno”, un traballo que saíu este mesmo ano. Ante un cento de persoas, tocaron case to-das as cancións deste traballo como “Hay un fuego”, “Los Lobos” ou “Catedrales” (canción que dedicaron a un membro da banda polo seu aniversario). Tampouco faltaron cancións de anteriores discos como “¿Quién nos va a salvar?”. O grupo agradeceu ao público a súa presenza a pesar de non ser fin de semana, e saíu airoso dalgún que outro problema como a rotura do pedal da batería, demostrando que son un grupo profesional e con recursos.

Pablo Feijoo, La Rockipedia

Redacción

La Rockipedia celebra o seu terceiro aniversa-rio este sábado �8 cunha festa concerto na Sala Berlín que empezará ás �1 horas, coas actuacións dos grupos ourensáns Benchara e AcidProyect e os galegos Collón de Lola.

Durante os concertos haberá sorteos e algun-ha sorpresa máis para os asistentes. Ademais, os asistentes que leven pos-ta a camiseta de La Ro-ckipedia, serán obsequia-dos cun chupito gratis. O prezo da entrada será de � euros.

A festa continuará cun-ha pinchada de rock no Pub Chiripa de 0:45 a 1:45, outra no Pub Avan-ti de 1:50 a �:50 e outra no Pub Patio Andaluz de � a 4 da madrugada. En todas elas haberá agasa-llos e prezos especiais

para aqueles que acudan ataviados coa camiseta da web.

La Rockipedia é un medio de comunicación musical afincado en Ourense que comezou como un pequeno blog musical creado por Pablo Feijóo Pascual, un meló-mano cuxa principal in-tención era dar a coñecer aquelas bandas de rock e metal que son descoñeci-das para o gran público. Aos poucos foi chaman-do a atención dos medios de comunicación locais até converterse no que é hoxe; un medio de comu-nicación multiplataforma que conta cun programa nas televisións locais de Ourense, Santiago e O Carballiño, un programa semanal en Radio Líder Ourense e unha web onde aúna toda a información sobre o rock ourensán, galego e nacional: www.larockipedia.com

La Rockipedia celebra os seus tres anos de vida4 O sábado 28 de novembro.

Page 17: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

17Ourense por BARRIOS Novembro de �015ARTIGOS / OCIO E CULTURA

Entrada ao Paraíso. Anos 60.

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN4VETERINARIA

É importante coñecer as patoloxías de orixe re-produtiva e hormonal que poden afectar aos nosos amigos. A maior parte pó-dense evitar ou minimizar esterilizándoos pronto, xa sexa mediante métodos químicos ou cirúrxicos.

Coellos As coellas alcanzan a

madurez sexual entre os 6 e 8 meses, mentres que os machos adoitan ser algo máis tardíos.

A orquiectomía é o pro-cedemento realizado en machos, consiste na ex-tracción cirúrxica dos tes-tículos, e pódese realizar a partir dos 4-6 meses. Prin-cipalmente axuda a evitar comportamentos indesea-dos.

A ovariohisterectomía é a cirurxía que se realiza en femias, que consiste na extirpación do útero e ova-rios. Pode realizarse a partir dos 4-6 meses aínda que se adoita esperar até o ano de vida, dependendo de cada caso en particular.

Prevén certas enfermida-des do aparello reprodutor relativamente frecuentes, como aneurismas e cancro uterino, e problemas deri-vados da pseudoxestación, evita xestacións indesea-das, permite manter ambos os sexos xuntos, e evita o

Esterilización en coellos, cobaias e furóns

comportamento de mar-caxe.

CobaiasNo caso das cobaias é

recomendable tamén a es-terilización; en femias so-bre todo antes dun ano de idade se non se desexa criar con elas, pois co tempo, nunha elevada porcentaxe de animais podémonos ato-par con problemas simila-res aos das coella.

Por iso, nas femias que non fosen esterilizadas recoméndase realizar con-trois veterinarios para ten-tar detectar precozmente enfermidades uterinas.

É importante nesta espe-cie saber que non se debe cruzar a unha femia con mais de 8 meses que non pariu nunca, pois a partir do ano o seu pelvis adquire rixidez, algo que pode im-pedir un parto normal.

En machos, do mes-mo xeito que nos coellos, a orquiectomía realízase principalmente para evitar comportamentos indesexa-dos.

FurónsA maduración sexual dos

furóns ten lugar sobre os 6-1� meses de idade, pre-sentando a época de cría durante os meses de pri-mavera-verán (en machos empeza 1-� meses antes

que en femias por norma xeral).

Existen grandes dife-renzas entre a reprodución de furóns e a doutros ani-mais como cans e gatos; pero quizais a máis recha-mante e importante é o feito de que nas femias, o celo persiste se non hai equitación, o cal dá lugar a un estado con exceso de hormonas sexuais, provo-cando, entre outras cou-sas, unha grave anemia que pode chegar a ser o suficientemente impor-tante como para provocar a morte do animal. Por iso, se non pretendemos criar cos nosos furóns, o ideal é evitar o comporta-mento de celo.

A esterilización é un método infalible para evitar o estado de celo. O maior inconveniente é que se relaciona con maior predisposición a padecer enfermidade adrenal na súa madurez. Para evitar isto, hoxe en día o máis aceptado é a prevención de celo mediante trata-mentos hormonais. O principal inconveniente é a necesidade de tratar aos nosos furóns con certa frecuencia.

Deborah García, veterinaria do Hospital

veterinario Abros

Ingredientes:- Níscalos- 4 dentes de allo- �00 cl de aceite de

oliva- Sal- Perexil- Pan- Vinagre- Xamón ibérico

Elaboración:- Limpar os níscalos

cun pincel ou un trapo limpo, eliminando po-sibles impurezas e sucie-dade.

- Unha vez limpos e en-teiros mergullar en aceite de oliva cos � dentes de allo e sal.

- Deixar que levanten fervor e deixar arrefriar.

- Facer co pan uns pi-catostes; cortar o xamón ibérico en lonchas moi finas e reservar.

- Picar o dente de allo restante co perexil, es-currir os cogomelos do aceite e mesturar o pre-parado anterior co aceite dos cogomelos.

- Saltear a lume vivo os cogomelos logo pre-sentar co pan e o xamón regado co aderezo prepa-rado anteriormente.

Luis Iglesias,Restaurante

Os CaracolesTel. 988 380 165

4RECEITA

Níscalos en aceite á grella

4DIARIO DUNHA EMIGRANTE

Durmindo co seu inimigo

Nestes días incer-tos, deume por facer un exercicio que consiste en escribir unha lista de cousas que me daría medo a perder no caso de que o mundo dese un xiro inesperado. Máis aló das cousas esenciais, como son a familia, os amigos e a Nocilla, o ser forzados ao silencio e á existencia da páxina en branco son os meus grandes temores.

É difícil imaxinarse vi-vir sen certas liberdades das que a miña xeración, en maior ou menos grao, veu gozando nos últimos 40 anos. Con todo, e por desgraza, xa non se me antolla imposible que cheguemos a ver o día no que dicir o que nos pete xa non quede exento de graves consecuencias.

Ultimamamente, ex-

perimentamos máis que a miúdo un medo antes des-coñecido a expresarnos. Este medo, como todos os medos, aíslanos do mundo. Ao fin e ao cabo, o temor á represalia é peor que a represalia en si mesma, xa que nos convirte nos nosos propios censores.

En “De amor y de som-bra”, Isabel Allende dicía que o medo pode chegar a ser un sentimento tan forte como o amor. Efectiva-mente, o medo córtanos as ás e acorrálanos nun lugar que cremos seguro, encen-rrándonos en nós mesmos e agudizando un egoísmo sen sentido que non atende a razóns.

Buscar antídotos contra a mordedura do terror, re-quire autoconfianza e uni-dade, únicas armas efica-ces contra un contrincante despiadado e brutal.

Como Julia Roberts na película de Joseph Ruben, Europa dorme hoxe co seu inimigo. É un inimigo invisible, pero implaca-ble, mimetizado no noso

“Contra o terror, requírese autoconfianza e unidade”

Húmido e decadente escenario aluzado por un fluído escarlata. Bicos carmesí con tasto a Du-cados en noites sen es-trelas, sen lúa e sen amor. Na praza da Ferrería, un meritorio báculo, hoxe desaparecido, recordaba á muller anónima. Lace-rante parangón.

O amigo Uruburu fa-loume delas antes de marchar. Nais do “barrio chino”, boas veciñas, persoas honestas e com-prometidas. Cantáronlle “Los Suaves” a golpe de rock: “el Paraíso hace tiempo que cerró”, dicían os profetas dunha terra esquiva ao azar.

Momentos que afogan no fondo da botella dun whisky sen etiqueta, que crean poso na raída fe-rramenta da palanganei-ra. Abúlicos e convulsos como as historias conta-das ao amparo dun rumo-

O Paraíso

reo sinsegundo. Corazóns rotos e soños partidos. Ás-pero sentir.

Viaxe ao averno con re-greso á terminación. Na es-curidade todas as sombras

son igual de alongadas, identicamente lascivas. Humanas como o desexo.

Fernando Valcárcel, membro do Arquivo

Visual Ourensán

sistema e letal no seu ataque. Cales son as súas vantaxes? Para min, non tanto o seu factor sorpre-sa, como a súa capacidade de polarizarnos e desubi-carnos á hora de xerar un debate indispensable so-bre a nosa responsabilida-de moral dentro e fóra das nosas fronteiras.

Percorremos un longo camiño repleto de moitos erros e algún que outro acerto até chegar onde es-tamos hoxe en día. E aín-da nos queda moito por andar. O poder da nosa democracia radica na li-berdade de pensamento e expresión. O noso mundo, imperfecto como todos pero non exento de razón, non está do todo afeito ás mordazas. Nin debería afacerse xamais a elas.

Estes son, sen dúbida, os meus grandes temo-res: a perda de rumbo e o conformismo a quedar silenciados por un medo que nos impoñan a base de balazos.

Raquel Sertaje

Page 18: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSNovembro de �015

OCIO E CULTURA

4NOVEMBRO, MES DE MAGOSTOS

Magosto intercultural. A I Semana da Inclusión Social, organizada pola Fun-dacion Juan Soñador, clausurouse o 7 de novembro cun magosto intercultural na praza Maior, con degustación de comidas típicas de diferentes culturas, obradoi-ros infantís e a actuación dos PerQtores de Seixalbo./P.LODEIRO.

Magosto en Eiroás. Unhas 60 persoas xuntáronse nos locais da asociación ve-ciñal na festividade do 11 de novembro para festexar o magosto, degustando un menú a base de churrasco e chourizos, castañas, bica e rosquillas. Unha quei-mada puxo o punto final á celebración./RAMSÉS.

Magosto na rúa Roi Paez. Catro mozos (Javi, Yago, Álvaro e Martín) están detrás da organización dun multitudinario magosto na noite do 7 de novembro no barrio da Milagrosa. Preto de 300 comensais deron boa conta dun hipercalórico menú composto por empanada, churrasco, panceta, chourizos, bica e as imprescindibles castañas. Todo preparado ao momento. A charanga TNT animou a festa, ata a que se achegaron a saúdar o alcalde, Jesús Vázquez, e os edís Belén Iglesias e Pepe Araújo./P.L.

Magosto en Rabodegalo. Os veciños deste pequeno barrio ao carón do Couto non faltaron á súa cita coa festa máis tradicional de Ourense, que organiza a súa asociación de veciños. Na tarde do día 7, houbo fogata, chourizos, castañas, música e baile, e moitas ganas de pasalo ben./CEDIDA.

Magosto do Concello. As cifras do magosto que organiza a Concellería de Cul-tura son mareantes: 2.000 packs de bolos preñados e viño e auga e 1.000 quilos de castañas que foron repartidos, ao prezo dun euro, entre os moitos ourensáns que se achegaron ata a Alameda na tarde do día do San Martiño./P.LODEIRO.

Page 19: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSNovembro de �015

especial NADAL - CONCELLO DE OURENSE

OURENSE TERÁ LUZ PROPIA ESTE NADALMáis de cen actividades converten a cidade na capital galega do Nadal

O alcalde, Jesús Vázquez, xunto ás concelleiras de Comercio, Ana Morenza, Cultura, Belén Iglesias, Turismo, Isabel Castelo, e o edil de Deportes, Mario Guede, presentaron a programación de Nadal.

O Concello de Ourense asume a importancia do Nadal para o comercio da cidade, e vén de presen-tar a campaña “Ourense con luz propia”. Máis dun cento de actividades para todas as idades que queren consolidar o atractivo ter-mal, gastronómico, turís-tico e comercial da cidade “para que Ourense sexa o grande centro comercial aberto de toda Galicia”, se-gundo declarou o alcalde, Jesús Vázquez. O primeiro acto desta ambiciosa cam-paña será o acendido do alumeado de Nadal, este venres ás 19 horas na pra-za Maior, sendo a primeira cidade galega en facelo.

A inauguración do Na-dal, como tal, será o 11 de decembro co Belén de Arturo Baltar, “unha das xoias da nosa cidade, algo que complementaremos con ambientación musical a cargo do Coro Infantil da Escola de Música de Bar-badás, que interpretarán panxoliñas”, adiantou o rexedor. E é que a música, será unha parte fundamen-tal do Nadal en Ourense: tamén haberá proxeccións navideñas na fachada do Concello os días 11 e �6 de decembro, así como o � de xaneiro.

Pero a ambientación de Nadal non será exclusiva-mente no centro: os ba-rrios tamén terán ambien-tación musical, así como actividades nas bibliotecas municipais. Pola súa ban-da, a programación non esquece a conciliación da vida familiar: haberá acti-vidades durante as mañás para os máis pequenos nas Bibliotecas (A Ponte, San Francisco e A Carballei-ra), na Aula da Natureza, na Sala Valente (�� e �� de decembro), no Espazo Coeduca do Couto e no Espazo Lusquiños da Pon-te, aquí tamén en colabo-ración con Amencer.

Así, poderase com-

paxinar o lecer mentres se fan as compras de Na-dal, tanto nos diferentes barrios como na rúa do Paseo, concretamente na sala Valente. “Teatro, con-tacontos, obradoiros de xoguetes, monicreques... un sinfín de actividades para que os máis cativos disfruten aprendendo, e coa oportunidade de ter videoconferencias co mes-mísimo Papá Noel, du-rante as mañás, na Aula CeMIT do Concello da rúa Progreso”.

Teatro e Música ao Vivo

Á tradicional cita coa MOTI súmanse ata 1� espectáculos teatrais, de contacontos, maxia, circo, danza e ballet, coa repre-sentación de “El Lago de los Cisnes” a cargo do Ba-llet Nacional de Rusia.

Tampouco faltará a mú-sica, cunha novidosa am-bientación das rúas nos diferentes barrios e ata �0 concertos e espectáculos musicais que comezarán cun festival xuvenil ur-bano os días �7 e �8 de novembro no Lusquiños. Non faltará a cita co Nadal a tradicional gran verbena de Fin de Ano na Praza Maior.

A música ao vivo tamén virá da man da Coral de Ruada, Capela Madriga-lista, do Conservatorio, da Escola Municipal de Música, o Día do Orgullo Gaiteiro, a Escola de Mú-sica de Barbadás, Os Mú-sicos de Bremen de Talis Productions, o tradicional certame de Panxoliñas, “Priscilla versión de Navi-dad” como ambientación musical nos barrios e A Voz de Pedra de Dous na Fronteira en diferentes lu-gares da cidade

Actividades en familiaHaberá obradoiros e

actividades como ioga en familia, manualidades,

adornos, etc para todas as idades e en diversos luga-res da cidade, centraliza-dos na sala Valente, Mon-tealegre e centros cívicos.

Así mesmo, haberá ata seis exposicións abertas na cidade, a tradicional do Belén de Baltar, e dúas estupendas mostras de Fe-lipe Criado e Alexandro, entre outras.

Solidariedade“Ourense con luz pro-

pia” está pensada para to-dos, e sobre todo para os que precisan dunha maior atención. Por iso, tamén haberá espazo para a so-lidariedade: campañas de recollida de alimentos, de xoguetes e festivais solida-rios. Un día da recadación da MOTI será dedicado a fins sociais, e incluso un dos seus espectáculos terá como requisito a doazón de xoguetes novos. Tamén haberá un torneo solidario de escaléxtric.

DeporteO deporte tamén estará

moi presente, con ata 6

torneos de nadal, o “Hai que mollarse” na piscina dos Remedios e a tradi-cional cita con Megaxove, con actividades conxuntas de Xuventude. Haberá ta-mén un Rali Solidario or-ganizado polo Centro Co-mercial Aberto Centro.

ComercioO compromiso co co-

mercio local é outro dos grandes eixos desta cam-paña. Bolsas con estrelas iluminarán o Nadal da nosa cidade. Estrelas que os cativos poderán pegar no tren que percorrerá os barrios, co fin de facer chegar o espírito de Na-dal. Haberá campañas en redes sociais para animar á participación, e median-te un código QR calquera persoa poderá descargar-se toda a programación de Nadal no seu móbil, e outras sorpresas que ire-mos desvelando a medida que avance a campaña.

“Demostraremos que Ourense é o gran centro comercial aberto de Ga-licia. Un lugar cun mag-

nífico sector comercial, o emprazamento idóneo para realizar as compras de Nadal”, afirmou Jesús Vázquez.

Entre as moitas novida-des deste ano, haberá un mercado de produtos de Nadal, titulado “O poboa-do de Laponia” na Alame-da do Bispo Cesáreo (do 18 de decembro ao 6 de xaneiro)

Festival Urbano da Xuventude

No Espazo Lusquiños, a mocidade será a prota-gonista. Os días �7 e �8 de novembro, un festival xuvenil ofrecerá activida-des tan atractivas como obradoiros de cócteles sen alcol, concurso de breakdance, intervencións grafiteiras nos contedores de vidro e un concerto do grupo Best Life Under Your Seat.

A maxia para os cativosO tren de Nadal per-

correrá todos os barrios da cidade dende o 1 de decembro. Outro tren, o

En destacado- �7 de novembro - Acen-dido do alumeado de Na-dal - 19 h - Praza Maior- 5, 6, 7 e 8 de decembro - XVI Salón da Xuventude Megaxove - Expourense- 11 de decembro - Belén de Arturo Baltar - 19 h - Praza de San Cosme e San Damián- 14, 15, 16 e 17 de de-cembro - Videoconferen-cia con Papá Noel - 9:�0 a 1� h - Aula CeMIT- 19, �0 e �1 de decem-bro - XXI Certame de Panxoliñas - Auditorio- 1 de xaneiro - Gran Fes-ta de Fin de Ano e Ani-novo - 00:�0 h - Praza Maior- 5 de xaneiro - Cabalgata de Reis - Saída ás 17:�0 h da Estación Empalme - Do 1 de decembro ao 6 de xaneiro - Tren de Na-dal- Do 18 de decembro ao 5 de xaneiro - Mercadiño de Nadal “O poboado de Laponia” - Xardíns do Bispo Cesáreo- Do �6 ao �0 de decem-bro - 1�ª Mostra de Tea-tro Infantil

“Orient Express”, organi-zado por Foula, recollerá as cartas dos máis cativos para as súas Maxestades os Reis Magos. Tamén ha-berá paxes e elfos botando unha man a Papá Noel e aos Reis Magos recollen-do as cartas dos rapaces na praza Maior.

“Todas estas activida-des”, pechaba o alcalde, “son a base dunha progra-mación que se estende do �7 de novembro ata o 6 de xaneiro, pero á que se irán incorporando moitas novidades”. Neste sentido, quixo agradecer as ache-gas das diferentes conce-llerías e de entidades como Abanca.

“Demostraremos que Ourense é o gran centro comercial aberto de Galicia. O emprazamento idóneo para realizar as compras de

Nadal”, afirmou o alcalde, Jesús Vázquez

Page 20: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSNovembro de �015 OCIO E CULTURA

4 Concurso para o cartel de Nadal

O Concello de Ouren-se retoma a convocatoria aos escolares da cidade para que elaboren o car-tel anunciador da festivi-dade de Nadal.

O concurso está dirixi-do ao alumnado de 6º de Primaria da cidade, po-dendo cada colexio pre-sentar dous traballos, en formato A4, de temática relacionada coa festivi-dade de Nadal.

Amais, a Concelle-ría de Educación puxo en marcha un concurso de postais de Nadal, di-rixido ao alumnado de �º curso de Primaria. A postal gañadora servirá de felicitación de Nadal desta Concellería, men-tres que a clase gañadora recibirá material didácti-co e o autor da postal un lote de libros.

O prazo para presentar traballos a ambos con-cursos remata o día 1 de decembro ás 14 horas.

4 Fallado o Premio Risco de Creación Literaria

A obra ‘Transición’, de Pablo Fernández Bar-ba, resultou gañadora do XVI Premio Risco de Creación Literaria, orga-nizado polo Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco en cola-boración coa Editorial Sotelo Blanco.

Ao premio presentá-ronse este ano un total de 1� novelas, conxuntos de relatos e ensaios. A obra gañadora é premiada con 6.000 euros e a publica-ción de 150 exemplares.

Este certame convóca-se anualmente co fin de abranguer os diferentes campos da obra, non só de quen foi veciño ilus-tre de Ourense, Vicente Martínez-Risco e Agüe-ro, senón tamén a do seu fillo, Antón Martínez-Risco Fernández.

EN BREVE

P.L.

Caeu o telón, as buta-cas quedaron baleiras e é hora de facer balance do que deu de si a �0ª edi-ción do Festival de Cine Internacional de Ouren-se, que se presentaba este ano reivindicándose coma “o festival de cine de Galicia”.

Durante nove días, as salas do Auditorio, Tea-tro Principal e Centro Cultural Marcos Valcár-cel acolleron a proxec-ción de máis de 40 fil-mes, incluíndo a sección oficial e os ciclos para-lelos “Inédito en Ouren-se”, “Documentais”, “Panorama Galicia”, “Cinemas de Galicia”, “Cine e viño”, “Sesións especiais” e “XX Anos”. Ademais, celebrouse un foro de coproducción Galicia-Portugal e a gala de entrega de premios do certame OUFF Escola, houbo concertos, sesións lixeiras e obradoiros para

nenos, e por primeira vez as proxeccións chegaron aos barrios.

A xornalista María So-lar presentou con solven-cia as galas de apertura e de clausura do �0 OUFF, que foron máis breves e sobrias que noutras edi-cións. O filme do galego Simón Casal “Lobos Su-cios”, sobre a explotación das minas ourensás de wolframio polos nazis, foi o encargado de abrir o cer-tame, e a road-movie “Ter-cer grado”, ópera prima do catalán Geoffrey Cowper, clausurouno.

O festival recoñeceu este ano o labor da escrito-ra e guionista Elvira Lin-do, galardoada co Premio Irmandade do Libro �015, e do director Enrique Ur-bizu, que recibiu o Premio Cidade de Ourense.

Palmarés oficialCanto ao palmarés ofi-

cial, “Techo y comida”, de Juan Miguel del Castillo , foi a gañadora da Calpurnia

Foto de familia dos premiados e autoridades na gala de clausura do XX OUFF./RAMSÉS.

á mellor película do certa-me, “por plasmar dunha maneira realista historias frescas da rúa nun contex-to de crise social”, indicou o xurado, composto polos actores Frank Feys e Ma-ría Vázquez, a guionista Araceli Gonda, o director Alexandre Powelz e a pro-dutora Marta Figueras.

Pero a gran premiada desta �0ª edición foi a mexicana “El comienzo del tiempo”, con tres ga-lardóns. O Premio Carlos Velo ao mellor director (para Bernardo Arellano) “por unha historia incri-blemente dramática nun tono satírico e conmove-dor”; o Premio do público e o Premio especial do xu-rado, para Antonio Pérez Carbajal, o actor amateur que protagoniza este filme, “porque aos seus 9� anos dálle frescura a un perso-naxe a través dunha histo-ria tan dramática como a súa persoal”.

A mellor interpretación foi a de Marta Belauste-

gui en “La decisión de Julia”, “por saber trans-mitirnos a profundidade dun personaxe nunha situación límite”. Ade-mais, o xurado tivo unha mención especial para Hannah Murray polo seu papel en “Bridgend” “in-terpretando un personaxe complicado, nunha at-mósfera depresiva e coa que permite abrir unha porta á esperanza”.

Finalmente, o Premio ao mellor guión recaeu no arxentino Pablo Bar-dauil por “La vida des-pués” “por ser capaz de describirnos a través do seu guión o que é o amor despois do amor”.

Edición en 2016Durante a clausura, o

alcalde de Ourense com-prometeuse a “traballar arreo para que en �016 volvamos estar aquí ce-lebrando o �1 OUFF”. O que xa sabemos desa edición é que o cineas-ta ourensán Carlos Velo contará cunha sección fixa dentro do festival.

A cidade despídese dunha semana de cine4 Rematou a 20ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense.

Puidéronse ver máis de 40 filmes, entre a sección oficial e os ciclos paralelos

Un encontro para a creatividadeRedacción

Creativos, artesáns e emprendedores darán a coñecer as súas crea-cións en “SOC. Somos otra cosa”, un evento que se desenvolverá do 5 ao 7 de decembro nas galerías centrais de Ourense.

Preténdese con esta ini-ciativa dar a coñecer os últimos traballos dunha ducia de artistas galegos, que farán demostracións en directos das súas acti-vidades. “SOC” perma-necerá aberto en horario de 11 a �� horas.

A banda liderada por Mi-guel Caride interpretou 2 temas do libro-CD./P.L.

Preséntase“The Rebel”Redacción

O espazo cultural El-

cercano.com acolleu este mes a presentación do libro-disco “The Rebel”. Trátase dun ambicioso proxecto multidisciplinar a iniciativa dun grupo de ourensáns que abrangue música, teatro e cinema, baseado na figura de Pádraig Pearse, líder do Alzamento de Pascua en Dublin, Irlanda, aconte-cemento que en �016 ce-lebrará o seu centenario.

No acto entregáronse 98 exemplares do libro-CD ás persoas que apoia-ron economicamente a súa edición, e deuse conta da marcha do proxecto. Está prevista a rodaxe dun curtametraxe, e a creación dun espectácu-lo que aunará música en vivo con teatro e cinema, e co que os seus promoto-res pretenden saír de xira.

Page 21: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSNovembro de �015

PUBLICIDADE

Page 22: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSNovembro de �015

DEPORTES

Navarra e COB están empatados a case todo

Hassan Lekhili e Solange Pereira vencen na 39ª Carreira do San Martiño4 A festa do deporte ourensán congregou miles de corredores nas rúas da cidade o do-mingo 15 de novembro.

P. Lodeiro

Hassan Lekhili en ca-tegoría masculina e So-lange Pereira na femini-na foron os gañadores da �9ª edición da Carreira pedestre popular do San Martiño. O marroquí afincado en Ourense cu-briu os 10 km de perco-rrido nun tempo de �0:5� mentres que a atleta de Cangas fíxoo en �4:48. Ambos os dous xa foran os primeiros en cruzar o paso dos 5 km da mítica proba. Mentres Lekhi-li rompeu a carreira no quilómetro tres, Solange desprendeuse das súas ri-vais nos metros finais.

Ás 11 horas dunha fría mañá de novembro deu-se o pistoletazo de saída para os 5.�66 inscritos na carreira absoluta, que es-taban chamados a cubrir a distancia de 10.000 me-tros. Previamente gardá-

rase un minuto de silencio en recordo das vítimas dos atentados de París.

Lekhili dominou a pro-ba desde o comezo, con Lolo Penas como gran ri-val, pero este acabou por retirarse por problemas físicos. Completaron o podio masculino Carlos Villamor e Víctor Riobó, e o feminino Joselyn Brea e Paula Mayobre.

Carreira escolar e de cativos

Jesús Álvarez e Sara Lima foron os vencendo-res da carreira escolar, de 4,7 quilómetros de perco-rrido. Realizaron un tem-

po de 14:49 e 17:0� mi-nutos, respectivamente. A carreira dos escolares deu saída ás 1�:�0 horas e nela estaban inscritos 4.01� corredores.

Finalmente, despois das 1�:15 horas saíron a correr os menores de 8 anos, un total de �.��7 inscritos, que deberon completar un circuito de 1.400 metros. Alex Sierpes (5:17) e Adriana Figueroa (5:50) foron os primeiros clasificados.

Sumando as tres pro-bas, foron 9.484 atletas os que cruzaron a liña de meta nesta edición, todo un récord.

9.484 atletas cruzaron a liña de meta nesta edición

Hassan Lekhili no seu paso polo quilómetro cinco da San Martiño. /P.LODEIRO

Felipe Iglesias, subcampión do Mundo de jiu jitsu4 O jiujitsuka ourensán vén de proclamarse subcampión do Mundo en Tailandia.

Redacción

Felipe Iglesias acudía ao Mundial de jiu jitsu Bangkok (Tailandia) coa intención de facer o mellor papel da súa vida nunha cita destas características. E o torneo non lle puido saír mellor; ou sí.

O ourensán chantouse na final de menos de 56 quilos contra o colombia-no Jaison Mora. O español dominaba na puntuación cando a falta dun segun-do deu un paso atrás. Os árbitros determinaron que evitaba o combate polo que llo deron por perdido. Con certo sabor agridoce subiuso ao podio. De to-dos os xeito, un éxito sen paliativos para el en parti-cular e o deporte ourensán en xeral.

Christian ÁlvarezTamén acudía a capital

tailandesa outro ouren-sán. Christian Álvarez competía na categoría -94 kg. Álvarez logrou un mertitorio quinto pos-to na súa posta de longo nun torneo deste tipo.

O ourensán tivo moi preto o bronce pero a de-rrota ante o polaco Rafal Riss relegouno ao quinto posto. Un gran resultado para un deportistas que sempre rende a bo nivel.

A expedición ourensá, con dous representantes, regresa de Tailandia cun-ha medalla de prata e un diploma. Unha gran ac-tuación para dous depor-tistas que sempre dan le-dicias ao deporte da nosa provincia.

Felipe Iglesias na Liga de judo “Cidade de Ourense” celebrada o mes pasado. /RAMSÉS.

O COB visita a Navarra trala vitoria ante Burgos4 O recén nomeado Ourense Provincia Termal (COB) venceu no Pazo ao Burgos por 71-62.

R. Torres

O recén nomeado Ourense Provincia Termal (COB) venceu no Pazo ao Burgos por 71-6�. Nesta xornada visita ao Planasa

Navarra.Os navarros son déci-

mos, un posto por enri-ba dos galegos. Os dous equipos están empatados a case todo. En canto ás vi-torias catro para os dous (e

cinco derrotas); os puntos a favor, os mesmos: 6�0; en canto aos en contra di-firen un pouco: 654 para o Navarra e 666 para o COB (isto é o que fai que o Pla-nasa estea un posto por enriba).

O partido desta décima xornada terá lugar no poli-deportivo Anaitasuna este venres a partir das �0.�0 horas. O COB terá enfron-te a xogadores como Iñaki Narros, Iván García (ex do COB) ou mesmo Oli-

ver Arteaga (mellor rebo-teador, segundo máximo anotador e segundo mellor valorado da LEB Ouro).

BurgosAnte Burgos os homes

de Gonzalo García de Vi-toria foron quen de sobre-poñerse a un mal inicio. Grazas á boa dirección de Pedro Rivero e ao acerto anotador de Kapelan lo-graron unha vitoria (71-6�) ante un equipo que está chamado a estar na parte alta da clasificación. Andreu Casadevall deixou de ser o seu adestrador xa que acaba de firmar polo CAI Zaragoza de ACB. Jonathan Barreiro elévase diante do xogador de Burgos,

Javier Vega. /RAMSÉS

4 Ralimix de Barbadás

A pasada fin de semana celebrouse o II Ralimix de Barbadás. O vencedor da proba foi o piloto asturia-no Abel Jurado (Ya-Car cross). Segundo foi Ma-nuel Senra (Ford Fiesta R5) e terceiro, Celestino Iglesias (Ford Fiesta R�)

4 Rali Ribeira Sacra

Os días �7 e �8 deste mes (os vindeiros venres e sábado) celébrase a cuarta edición do Rali Ribeira Sacra. A cita é a última puntuable do Campionato Galego de Ralis. Entre os pilotos destacados estarán na saída da proba Alex Pais e Alberto Meira; os dous xogaranse o título nesta última proba do ca-lendario rexional.

4 BTTOs ciclistas do Club

Ciclista Maceda, Iván Feijoo (júnior) e Carlos Canal (cadete) veñen de vencer en Alcobendas na sexta proba da Copa de España de Ciclocross.

Esta vitoria afianza no liderato da Copa a Iván Feijoo, cando restan dúas carreiras por disputar.

4 SalvamentoEcequiel Quiroga (Club

Salvour), gañou nos �00 metros obstáculos na pri-meira xornada da Liga galega de salvamento.

EN BREVE

Page 23: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

��Ourense por BARRIOSNovembro de �015

CLASIFICADOS - INFORMACIÓN DE SERVIZO

Ourense por Barrios. Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-��.���.9�5. Depósito Legal: OU 15-�015. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - ��004 Ourense. Tel: 988 045 �5� Correo-e: [email protected]. Distribúe: Lebre Mensaxeira Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Miguel Rejo. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Ser-taje, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel, Avelino Jácome, Pablo FeijooNº 11 - Ano: XIV - Novembro de �015 - Difusión: �0.000 exemplares. Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 �5�.

Concello Ourense 988 �88 100Concello Barbadás 988 �60 000Deputación 988 �85 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 �70 7�8 Policía Local 09� / 988 �88 1�8P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 �91 771Guardia Civil 988 ��5 �5�Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� �09 000Bombeiros 080 / 988 �70 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 �91 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 �85 499Hospital Cristal 988 �85 500Atención Cidadán 988 �9� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 ��1 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��� 08� Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 �00C. C. Antisida 988 ��� 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 119�4h. Alc. Anón. 988 �69 540Alcoh.An. �4h. 988 �� 76 �� Narcóticos Anóm 671 58 �8 �8Asoc.Crohn 6�0 1�6 447Down Ourense 988 �70 �1�Atención Muller Maltratada 016

4TEL. DE INTERESE

4AUTOBUSES liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urba-nosdeourense.es e liñas e horarios dos buses á Valen-zá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

VENDAS

TRABALLO

[Deixe os seus anuncios no 988 045 352 ou en [email protected]. Gratuítos para particulares]

INMOBILIARIA

Ofrécese señora de mediana idade, galega, para tarefas do fogar, coidar persoas maiores ou calqueira tipo de traballo. Só media xornada. Tel. 659 1� 91 4�.Licenciada en Belas Artes imparte clases de debuxo, pin-tura, modelado e debuxo téc-nico, para nenos e adultos, en Ourense. Tel. 669 60 �4 14.Ofrécese señora para limpe-za, pasar o ferro ou facer a co-mida, con informes. Tel. 606 65 09 05.Danse clases de apoio a do-micilio. Matemáticas xerais e outras materias, todos os ni-veis. Ampla experiencia. Eco-nómico. Con CAP. clasesado-micilio�[email protected] ou 610 �8 �5 89Danse clases particulares de pintura artística, óleo, acua-rela, pastel, acrílico, todos os niveis, máis de 40 anos de ex-periencia. Tel. 610 659 417.Fanse desbroces económicos con tractor e a man. Tel. 6�0 5� 14 48.Moi económico, fanse repa-racións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc. Tel. 656 78 �4 60.Licenciada en Traducción e Interpretación da clases de in-glés e francés, todos os niveis, individuais ou grupos reduci-dos. Tel. 664 59 06 04.Photoshop e deseño gráfico, clases particulares, todos os niveis, �0 anos de experiencia. Tel. 667 50 8� ��.Ofrécese señora para traba-llar no coidado de persoas maiores ou nenos, de máxima confianza e con informes. Tel. 606 4� �5 4�.Piano e voz para eventos.

Repertorio variado. Clases particulares de piano, sol-feo e Canto. Tlf. 66� 7��179 (WhatsApp), e-mail: [email protected], Facebook e Youtube: dúo piano voz.Ofrécese señora para o coi-dado de persoas. Pode ser en casa ou no hospital. Con in-formes. Tel. 669 4� 4� �0.Ofrécese mozo para traballos relacionados coa construción, carpintaría... Experiencia de-mostrable. Con carnet de con-ducir tipos: B, C1, C e BTP. Responsable e serio. Tel. 619 97 9� 00.Ofrécese cabina para podó-logo e despacho para nutri-cionista, ambos dados de alta como autónomos, en centro multidisciplinar. Tel. 6�0 0� 06 4�.Necesítase señora para coi-dar un matrimonio de persoas maiores e realizar tarefas do fogar. Tel. 6�0 0� 06 4�.Danse clases particulares de piano, para nenos e ini-ciación. Tel. 667 98 5171 (WhatsApp).Ófrecese señor para traballar de pintor -con 40 anos de ex-periencia- . Dispoñibilidade inmediata. Tel. 647 640 6�0.

Necesítase chico ou señor responsable para compartir piso. Zona Couto. Tel. 6�7 00 59 10.Vendo casa de planta baixa preto de Cambeo, con dúas habitacións, cociña, comedor e un baño. Pozo e auga pota-ble. Tel. 649 67 �4 9� e 988 �1 67 55.Alúgase piso amoblado con calefacción e garaxe pechado, preto ponte Milenio. Tel. 6�7

Vendo compresor de aire industrial, presión 8 Kg/cm� psi115, 750 l/min. depósito �00l. 1.000 euros. Tel. 610 65 94 17.Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con illa-mento cristal doble Climalit. 5�x115cm. 95 euros unidade. Tel. 610 65 94 17.Véndese porta de aluminio, con cristal blindado, sen mar-co. 7�x�09cm. Con pechadu-ra e chave. Tel. 610 65 94 17.Vendo 2 portas de aluminio branco con cristal sen mar-co. Medidas: ��5x78cms. A porta pode adaptarse de xeito sinxelo ao marco. o 80 euros cada unha. Telf. 610 659 417Vendo liteira de aluminio, con soporte de seguridade e escaleira. 190cmx90cm, bo prezo. Tel. 691 01 70 95.Merco calquera cousa de Star Wars (figuras, cómics, cromos, naves...). Tel. 667 50 8� �� (WhatsApp).Vendo Volkswagen Golf V 140cv TDI Sportline. 6 ve-locidades. De maio de �005. Climatizador bizona, peche con mando e alarma, ABS, ESP, radio CD con cargador para 6 cd´s, bluetooth con Pa-rrot. En perfecto estado, cor negra. Tel: 616 10� 100.Vendo llantas de aluminio de 15”. Seminovas, para rodas de 195615. 180 euros negocia-bles. Tel. 6�9 984 04�.Véndese tractor hidráulico de segunda man. Completa-mente equipado. Tel. 695 690 945.

00 59 101.Alugo local comercial no Couto, preto de Fátima. Todo exterior. 168 m�. �50 euros/ mes. Posibilidade de alugar con opción a compra. Tel. 606 0� 57 81.Vendo apartamento na rúa Ramón Cabanillas. Sexto piso con buhardilla, � habitacións, cuarto de baño. Tel. 6�0 0�� 047.Alúganse dúas naves de 4�� e 454 m�. Xuntas ou separa-das. En Polígono de Pereiro de Aguiar. Parcela 15, fronte a Codisoil. Telf. 6�9 67 74 ��.Alúgase garaxe pechado moi amplo e con altillo, na rúa Francisco Llorens. Tel. 6�7 00 59 10.Véndese pequeno soar en ruínas e 18 fincas rústicas no pobo de Reparada (Muiños). Prezo �.000 euros. Tel. 6�6 �� 95 �4.Véndese casa de dúas plantas en León de Villamarín. Tel. 988 615 �6� e 676 75 88 19.Vendo edificio residencial próximo a Ourense, sen inter-mediarios. Tel. 690 79 5�79.Alúgase habitación próxima aos novos xulgados, con fies-tra cara a rúa, cama de matri-monio, mobles, calefacción, TV, Wi-Fi. Dispón de salón, cociña e baño. 180 euros/mes (gastos incluídos). Tel. 600 9�� 547 (WhatsApp). Prefe-riblemente persoa tranquila, ordenada e non fumadora.Alúgase local comercial en Ourense, acondicionado, 60 m�, c/ Fco. de Moure, 375 € Tel: 6�6.��.95.�5Vendo casa para restaurar pola estrada de Santiago. Tel. 6�7 00 59 10.Alúganse oficinas en Pro-greso, unha amoblada, todas exteriores, bo prezo. Tel. 6�7 00 59 10.

Vendo berce novo de ma-deira maciza. Regalo col-chón, tamén novo. Tel. 988 04 5� 74 e 666 84 10 �9.Vendo coche sen carné Mi-crocar en perfecto estado. Elevalunas eléctrico, pe-che centralizado, motor de 500cc, 4.000 euros negocia-bles. Seminovo. Tel. 677 �� 96 57 (José Luis).Véndese leña de carballo para cheminea. Tractor por ��0 euros. Tel. 6�0 5� 14 48.Vendo roupa de señora de moi boa calidade e de mar-ca. En perfecto estado. Ta-mén telas, cortinas e algunha mantelería. Tel. 690 79 5� 79 (Carmen).Vendo mesa de comedor con catro sillas e caldeira de gas cidade Junker. Tel. 6�6 �97 504.Véndese tractor Pasqualis todo equipado. Tel. 695 690 945 e 988 60 �0 99.Vendo Renault 19 GTS diésel. 110.000 km.Tel. 6�7 608 758 e 671 9�1 854(con whatsapp).Véndese cadeira de auto para bebé ata �6 kg. Diferen-tes posición suxeita cabeza. Totalmente nova. Prezo: �5 euros. Tel: 988 �5 4� 86.Vendo sofá 3+2 e caldeira de calefacción de gas cidade. Tel. 6�7 00 59 10Véndese tractor Pascuali todo equipado. Tel.: 695 690 945.

Mozo novo, con grandes apuros económicos, ofrécese para compañía de mulleres de 40 a 60 anos. Danse masaxes eróticos a mulleres. Prezo anticrise. Absterse de chamar homes. Tel. 697 79 59 �8.

CONTACTOS

Alugo perruquería en Pro-greso, �50 euros + comunida-de. Tel. 6�7 00 59 10

Page 24: Novembro de 2015 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSNovembro de �015