Decembro 2014 - Ourense por Barrios

28
Número: 148- Ano: XIII - Decembro 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 20 CIDADE Páx.9 SOCIEDADE Páx.15 “Peluso” substitúe a Jorge Regal como técnico do Barbadás PSOE e PP presentan xuntos o Plan de Investimentos Programación navideña do CCA Couto Centro Os emigrantes retornados reciben o apoio do Concello CIDADE Páx.4 Representantes políticos e sociais fan balance do 2014 O alumeado de Nadal comezou a instalarse na tarde do día 16./RAMSÉS [Páx.6] Entrevista a María Devesa, concelleira de Participación Cidadá e Xuventude Nadal en Ourense Tala abusiva Poda das árbores no parque das Mercedes./P.LODEIRO [páx. 5] [páx. 5 e 19]

description

O alumeado de Nadal e as podas en parques da cidade, fotografías de portada do número de decembro de Ourense por Barrios, no que tamén entrevistamos á concelleira de Participación Cidadá e Xuventude, María Devesa.

Transcript of Decembro 2014 - Ourense por Barrios

Page 1: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

Número: 148- Ano: XIII - Decembro 2014 - Depósito Legal: OU 151-2002 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 DEPORTES Páx. 20CIDADE Páx.9 SOCIEDADE Páx.15

“Peluso” substitúe a Jorge Regal como técnico do Barbadás

PSOE e PP presentan xuntos o Plan de Investimentos

Programación navideña do CCA Couto Centro

Os emigrantes retornados reciben o apoio do Concello

CIDADE Páx.4

Representantes políticos e sociais fan balance do 2014

O alumeado de Nadal comezou a instalarse na tarde do día 16./RAMSÉS

[Páx.6]

Entrevista a María Devesa, concelleira

de Participación Cidadá e Xuventude

Nadal en Ourense

Tala abusiva

Poda das árbores no parque das Mercedes./P.LODEIRO

[páx. 5][páx. 5 e 19]

Page 2: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

� Ourense por BARRIOSDecembro de �014

ESPECIAL BALANCE 2014

Políticos e representantes sociais fan balance4 A recuperación económica é un dos desexos máis nomeados para �015.

ROBERTO CASTRO, SUBDELEGADO DO GO-BERNO EN OURENSE

Que balance fai deste 2014 no que á súa xes-tión se refire?

R.C.: “Neste �014 que remata, como subdelega-do do Goberno considero que o balance é positivo, fuxindo –iso si- de cal-quera triunfalismo.

As diferentes unidades da Administración Periférica do Estado na provincia de Ourense teñen cumplido os seus cometidos.

Mención especial me-recen as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Garda Civil e Policía Na-cional), que co seu bo facer, a súa profesionalidade e entrega vocacional, seguen mantendo a provincia segu-ra, como mostran os índices de criminalidade.

Particularmente signi-ficativa é a colaboración entre os Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, coas Policías Locais –nomeada-mente a de Ourense- e ta-mén coa Unidade de Policía Nacional, adscrita á Xunta de Galicia (Policía Autonó-

mica)”.Que desexa do 2015?R.C.: “Manter a mesma

liña que, en esencia, tenta o mellor servizo á cidadanía. Agardase que as organiza-cións sindicais e os diversos colectivos sociais sigan a propiciar a defensa dos in-tereses das persoas e colec-tivos, con riguroso respec-to pola cidadanía, no que se refire a manifestacións, concentracións, etc. sen entorpecer a vida cidadá, nin moito menos provocar destrozos en bens públicos e/ou privados.

Asemade, as medidas que está a impulsar o Goberno do Estado permitirán que a economía repunte, e a situación dos cidadáns me-llore”.

AGUSTÍN FERNÁN-DEZ, ALCALDE DE OURENSE

Que balance fai deste 2014 no que á súa xes-tión se refire?

A.F.: “�014 foi un ano de consolidación da cida-de de Ourense tanto como capital cultural como capi-tal termal. Tivemos a hon-

ra de ser nomeados capital cultural do Eixo Atlántico, organizando neste marco continuas propostas para a nosa cidadanía, coa culmi-nación no mes de novembro da edición 19 do OUFF.

As nosas infraestruturas termais seguen medrando, e cada día apreciamos unha maior e mellor valoración das mesmas, tanto por par-te da nosa cidadanía como dos turistas que se ache-gan á nosa terra. Seguimos avanzando cara á aproba-ción do novo PXOM cun modelo de cidade axeitado e sostible; melloramos in-fraestruturas e puxemos en marcha novas instalacións para o desfrute da veciñan-za, como ese novo pulmón

verde da cidade como é o parque de Santa Teresita; e seguimos respostando ás necesidades da cidadanía en áreas prioritarias como a educación, o medio am-biente, o benestar social, a dinamización do comercio local e o impulso do depor-te”.

Que desexa do 2015?A.F.: “Para o ano �015

manteremos as nosas prio-ridades e continuaremos desenvolvendo as liñas clave do goberno destes últimos anos, coa futurible aprobación definitiva do PXOM cada vez máis pre-to e a redución do desem-prego na nosa cidade como obxectivo común de todas as institucións”.

Xaneiro: A apertura da Casa da Maxia enfronta a goberno municipal e oposición. O PP reprocháballe ao goberno que o edificio non tivese autorización da Xunta como ludoteca, e o BNG que abandonase o proxecto inicial.Febreiro: Ourense convértese no plató da película “A Esmorga”, célebre obra de Eduardo Blanco Amor que o director Ignacio Vilar levou ao cine e que chegou a ser o filme inaugural do OUFF �014.Marzo: Cruce de denuncias no consistorio, debidas ás imputacións polas obras de Bedoya, á presunta prevaricación do alcalde na mellora da rúa da súa casa e a un suposto pago irregular do PP a Jolper Música en �006.Abril: Comeza o culebrón de CDO coa dimisión do seu Consello de Administración. O primeiro capítulo do declive dun equipo que rematou sendo o xerme da tan seguida Unión Deportiva Ourense.Maio: Alegacións á modificación da ordenanza de tráfico no Casco Vello, que vinculaba as tarxetas de acceso aos vehículos en lugar de ás persoas.

2014, mes a mes4 Ourense por Barrios repasa os asuntos que ocuparon a súa portada nestes últimos 11 meses.

Xuño: A corporación desbota o tanatorio, ante as presións dos veciños do Couto e Vistahermosa. Xullo: O TSXG anula 41 contratacións temporais do Concello, entre os que se atopaban xefes de servizo, persoal eventual de todos os grupos políticos e o departamento de comunicación.Agosto: A Capela dos Remedios reabre as súas portas, catro anos

despois do incendio que a devastou.Setembro: Os Reis inauguraron o curso escolar no CEIP ourensán Ben Cho Shey.Outubro: O Concello insta a Xardín das Burgas a que limpe o seu soar, incluído dentro do Plan Especial das Burgas.Novembro: O Concello aproba finalmente os seus orzamentos de 2014, cun total de 107.900.35� euros.

A rodaxe da Esmorga na nosa cidade, a reapertura da Ca-pela dos Remedios,e a visita dos Reis ao colexio Ben-Cho-Shey, tres das imaxes deste ano en Ourense por Barrios.

Page 3: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

3Ourense por BARRIOSDecembro de �014

ESPECIAL BALANCE 2014

ROGELIO MARTÍNEZ, DELEGADO DA XUNTA EN OURENSE

Que balance fai deste 2014 no que a súa xestión se refire?

R.M.: “Un ano máis des-de a Delegación da Xunta intentamos aplicar a políti-ca de austeridade na admi-nistración para poder gastar máis na atención dos cida-

MONSEÑOR LEONAR-DO LEMOS, BISPO DE OURENSE

Que balance fai deste 2014 para o Bispado de Ourense?

L.L.: “Logramos que o Papa nos concedese un Ano Xubilar Mariano para a nosa Diocese; púidose abrir ao culto o santuario dos Reme-dios; abriuse o V Centenario do nacemento de Santa Te-resa; déuselle un forte im-pulso á pastoral familiar coa

JOSÉ LUIS SANTOS-ASCARZA, PRESIDENTE PROVINCIAL DE CRUZ VERMELLA

Que balance fai deste 2014 para Cruz Verme-lla?

J.l.S-A.: “Foi un ano no que Cruz Vermella seguiu traballando de forma inten-sa con colectivos en situa-ción de vulnerabilidade. Un labor que se realizou a tra-vés de 40 proxectos levados a cabo grazas ao traballo do

creación da Escola de Pais; cubríronse algúns obxecti-vos de Cáritas diocesana; déuselle un bo empurrón ás obras de restauración da Catedral... Pero sería bo po-der contar máis coas institu-cións para manter en mello-res condicións o patrimonio histórico-artístico”.

Que desexa do 2015?L.L.: “Entre mans temos

o gran proxecto de Ouren-se en misión con María e o comezo da Visita Pastoral á Diocese, o que agardo que contribúa á revitalización das nosas comunidades. Pido a Deus que os actos con motivo do Ano Xubi-lar Mariano, nos Milagres, sexan moi participados; e tamén desexaría poder abrir algún centro de culto nos barrios da cidade e poñer as bases de varios centros de atención pastoral”.

MANUEL BALTAR, PRESIDENTE DA DEPU-TACIÓN PROVINCIAL

Que balance fai deste 2014 no que á súa xes-tión se refire?

M.B.: “O ano �014 supuxo cuestións inno-vadoras na Deputación. A primeira delas é a re-cuperación da Facenda Provincial, volvemos a subir nos orzamentos para adicar máis aos concellos para facer máis Ourense e aprobámolos antes ca nunca, en outubro.

Esa labor de vangarda da Deputación non se re-duce a temas económicos con máis investimentos e redución da débeda, senón tamén en cuestións insti-tucionais, xa que fomos un referente en cuestións de transparencia, apro-bamos un Código Ético, a primeira ordenanza de transparencia nunha ins-titución e lembremos que lideramos as deputacións de España convocando o primeiro conferencia de gobernos provinciais. Ti-vemos tamén a nosa pre-senza internacional ao ser convidados en Bruxelas polo Comité das Rexións para abordar a transfor-mación da provincia; na

que foi básica a Deputa-ción, porque neste �014 nos adicamos a facer máis provincia, colaboramos máis que nunca cos conce-llos, puxemos en marcha un dispositivo para que a inter-conexión co cidadán sexa unha realidade e actuamos en todos e cada un dos con-cellos da provincia, axudan-do en infraestruturas, temas culturais e deportivos, e se-guindo a ser un referente no que á xestión delegada de servizos municipais se refi-re, como a recollida de lixo ou a recadación de tributos de carácter local.

Creo que a Deputación de Ourense neste �014 cum-pliu todos os seus obxec-tivos. Celebramos por pri-meira vez o debate sobre o estado da provincia; lidera-mos no �014 os traballos que se están a facer para o recoñecemento da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade pola UNESCO e seguiremos a impulsalo no �015; e tamén comeza-mos o �014 presentando o Plan Termal Provincial, que suporá un antes e un des-pois para a provincia, asina-mos o convenio para a súa execución e constituímos o Consello Termal, pasos que teñen un obxectivo: conver-tir a Ourense na provincia termal de referencia por ex-celencia en España.

En definitiva, actuamos nesa doble vertente, de asistencia e cooperación cos concellos e na defen-sa dunha visión integral da provincia porque todos os ourensáns teñen que sentirse verdadeiramente representa-dos pola súa Deputación.

voluntariado de cada unha das asembleas comarcais, aínda que centrou especial-mente esforzos en axudar a persoas maiores, infancia e familias afectadas pola crise. Así, destacan xunto coas intervencións na área de emprego, as axudas económicas e entregas de produtos de hixiene e ali-mentación”.

Que desexa do 2015?J.l.S-A.: “Espero que a

situación socio-económica vaia mudando e se tradu-za en novas oportunidades para as persoas coas que o voluntariado de Cruz Ver-mella traballa cada día for-talecendo as súas compe-tencias persoais e laborais. Algo que facemos grazas á solidariedade do volunta-riado, socios e colaborado-res, que precisamos sigan aumentando”.

dáns. Cómpre salientar o esforzo que fixemos para manter os servizos sociais e para executar o maior número de infraestruturas que beneficiasen directa-mente aos cidadáns”.

Que desexa do 2015?R.M: “Desexo que

sexa pródigo e nel se ma-terialicen as expectativas persoais e as ilusións compartidas por todos os ourensáns. A Xunta traballará para achegar a todos as oportunidades de progreso e benestar. Ademais, agardo que o �015 sexa o ano no que se conclúan os proxec-tos iniciados tempo atrás e que contribuirán a que esta provincia poda ollar á recuperación”.

ETELVINO BLAN-CO, SECRETARIO COMARCAL CIG-OURENSE

Que balance fai deste 2014?

E.B.: “Ourense volveu soportar un ano negro para o emprego, con despedi-mentos masivos, mestres as continuas contrarrefor-mas laborais empeoraron

as condicións dos traba-lladores, con aumento da precariedade, redución de salarios, perda de dereitos e de prestacións públicas, in-crementándose as diferen-zas sociais e aumentando o empobrecemento”.

Que desexa do 2015?E.B.: “As perspectivas

son malas se non se hai un cambio profundo nas políticas económicas dos gobernos do PP, que xeren emprego e deixen de favo-recer ás grandes fortunas e grandes empresas. Os meus desexos son os de acadar un cambio social que posi-bilite que os traballadores teñan un nivel de benestar que actualmente nos negan e que acabe coa corrupción que nos invade”.

Page 4: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

4 Ourense por BARRIOSDecembro de �014

CIDADE

Paula Lodeiro

Nunha estampa pouco habitual no consistorio ourensán, a concelleira socialista Áurea Soto e a popular Mónica Mourelo presentaron o Plan de In-vestimentos do Concello de Ourense, que destinará, na súa primeira fase, 4,8 millóns de euros a actua-cións nos diferentes ba-rrios e no perímetro rural da cidade.

Ante a mirada sorpren-dida da edil nacionalista Ximena González por esta entente cordial de socialistas e populares en época preelectoral, Áurea Soto resaltou a “colabora-ción” do PP que fixo posi-ble que entrase en vigor o orzamento que financiará estas actuacións. Pola súa banda, Mourelo sinalou que foi o PP o único grupo da oposición que “ante-puxo os intereses xerais” á hora de votar a modifi-cación orzamentaria que financia este plan, “sem-

pre pensando no ben dos cidadáns e empresas”. Con todo, a edil popular esixiu-lle ao Goberno municipal “máxima transparencia nos procesos de contratación e celeridade nos traballos; nós imos velar porque sexa así”, dixo.

Actuacións concretasFoi a edil de Urbanismo

a encargada de debullar as

actuacións previstas neste Plan de Investimentos. En fase de contratación polo procedemento negocia-do están cinco proxectos, que suman 635.163 euros. En concreto, o acondicio-namento e renovación da rúa do Pazo de Eiroás, a humanización da rúa da Murga, o acondicionamen-to do camiño da Capela en Eirasvedras, o proxecto de

saneamento a Besada, en Santa Mariña do Monte, e a interconexión de saneamen-to entre a rúa da Rabaza e o núcleo dos Viros.

Mediante adxudicación directa xestiónanse 19 obras, que suman un impor-te total de 1.117.940 euros, e cuxos orzamentos oscilan entre os 7.�18 da adecua-ción da rúa Carballo Cale-ro e tramo da rúa Serra do

PSOE e PP presentan xuntos o Plan de Investimentos do Concello4 O plan destina a obras nos barrios e perímetro rural da cidade un total de 4,8 millóns de euros.

Eixo e os 60.�33 do arranxo da rúa Vasco Díaz Tanco.

Ademais, hai outros oito proxectos que se adxudica-rán directamente pero que están pendentes de informes doutras administracións, e que suman 36�.686. Nesta situación están a adecua-ción das rúas Manuel Mur-guía, Saínza, Regoufe, ca-miño da Pedra, Verea Real, Curro e camiño de Riazón, rúa Albaredo, camiño do Sobreiral, Vagalume e acce-so a Cacabelos, rúa Mimosa e Monte Pilo, e camiño da Beira do Regato.

En tramitaciónPor último, algo máis dun

millón de euros (1.090.000) están dedicados a proxectos xa redactados pero que aín-da teñen que iniciar a súa tramitación administrativa, como son o da urbaniza-ción da rúa Concello, e o arranxo da pasarela sobre o Barbaña.

O Concello intentará que o máximo número de em-presas ourensás participen na execución destas obras, para o que solicitou un lis-tado á Asociación de Cons-trutores.

As concelleiras Áurea Soto e Mónica Mourelo, xunto a un técnico municipal./P.LODEIRO.

Dous proxectos (rúa Concello e pasarela do Barbaña) están en tramitación

4 Vestiarios renovados para o campo de Oira

O Concello dotará de novos vestiarios e reali-zará melloras na bancada do campo de fútbol de Oira, cun investimento de �00.000 euros.

As obras a executar serán dous novos vestia-rios máís para xogadores e un para os árbitros; a adecuación do contorno, cunha nova zona verde, e o acondicionamento e re-forma da bancada existen-te no complexo deportivo de Oira.

4 As obras da nova depuradora, ao 25%

A nova EDAR de Ouren-se está xa ao �5% de exe-cución (o 50% da obra ci-vil), segundo se informou na comisión de seguimen-to das obras de abastece-mento e saneamento no Concello de Ourense. A previsión é que entre en funcionamento a finais do próximo ano.

Na mesma comisión in-formouse da sinatura da acta de inicio de explota-ción da ETAP dos Coiñás, unha vez que a instalación superou o seu período de posta en marcha; e da adxudicación, por 3,9 mi-llóns de euros, das obras que conectarán o novo sistema de abastecemento de auga en alta coa rede de distribución existente.

4 DO denuncia a privatización das escolas deportivas

Democracia Ourensá denuncia “ privatización e externalización de facto da práctica totalidade das escolas deportivas muni-cipais, converténdoas en cortexos privados, mini-mafias de contratación de monitores, e estruturas pi-ramidais”.

O partido de Gonza-lo Jácome critica que as escolas deportivas sexan xestionadas por entidades externas ao Concello que, malia recibiren cuantiosas subvencións e poder utili-zar instalacións públicas sen custo, teñen potestade para cobrar cotas aos me-nores usuarios.

EN BREVE

Page 5: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

5Ourense por BARRIOSDecembro de �014

CIDADE

P. L.

A rehabilitación da Praza de Abastos nº 1 de Ourense optará aos fondos do 1,5% Cultural do Ministerio de Fomento. Tras tres anos sen convocatoria, o Ministerio vén de abrir o prazo para optar a este financiamento, que provén do 1,5% dos contratos de obras públicas e se destina a rehabilita-cións de Bens de Interese Cultural.

O Concello de Ourense solicita 4,� millóns (dunha partida global de 47) para financiar o 75% do custo da rehabilitación do mercado, fixada en 5,6 millóns. Que-darían fóra desta actuación o arranxo do rianxo e do contorno da Praza de Abas-tos. Segundo confirmaba a edil de Urbanismo, Áurea Soto, o proxecto está “feito, aprobado e autorizado pola

Comisión de Patrimonio”.

Solicitude de apoiosO alcalde, Agustín

Fernández, solicitou “o apoio de todas as institu-cións” para conseguir es-tes fondos para a cidade. “O Concello de Ourense nunca recibiu un só euro deste 1% Cultural ao longo da súa historia”, recordaba, apelando aos deputados de PP e PSOE no Congreso e á propia ministra Ana Pastor, para conseguir esta financia-ción, que estima sexa moi demandada polos munici-pios españois.

A Cámara de Comercio xa se sumou a esta petición do 1,5% Cultural e o BNG vén de presentar dúas ini-ciativas no Congreso dos Deputados para conseguir estes fondos para a reha-bilitación do mercado.

A rehabilitación da Praza de Abastos optará ao 1,5% Cultural4 O Concello solicita a Fo-mento 4,� millóns de euros de financiación.

Fachada lateral da Praza de Abastos nº1./ARQUIVO.

Amigos da Terra denuncia talas indiscriminadas4 Critican ao Concello pola falta de xustificación e sensibilidade. Redacción

A asociación ecoloxista Amigos da Terra denuncia as talas indiscriminadas por parte do Concello de Ourense en varios parques da cidade. “Comezou fai uns días unha cruzada con-tra o patrimonio arbóreo sen xustificación, sen sen-sibilidade, nunha demos-tración máis da falla de políticas medio ambientais que fomenten a sustentabi-lidade e a conservación do pouco patrimonio natural con que conta a cidade”, apuntan os ecoloxistas.

En concreto, refírense á corta polo pé de cinco cho-pos na rúa Doutor Temes, fronte ao Edificio de Ferro do campus, cando catro dos exemplares estaban en perfectas condicións. Ade-mais, tamén se talaron �� cipreses de gran porte na rúa Barros Silvelo, e se po-daron de maneira abusiva varios exemplares de ce-dros centenarios no parque

do Pazo de Xustiza. “Un exemplar foi completa-mente podado e decapita-do quedando unicamente co seu tronco sen ningun-ha rama e completamente desprotexido non tendo ningunha posibilidade de sobrevivir”, explican des-de este colectivo.

Nos últimos días as po-das continuaron na praza das Mercedes. A edil de Medio Ambiente, Susana Bayo, convocaba aos me-dios este xoves día 18 para explicar “os traballos de saneamento” que se están levando a cabo nas árbores deste parque.

Amigos da Terra solicita ao Concello a paralización destas podas e a creación do Consello de Medio Am-biente.

As talas continúan estes días na praza das Mercedes./P.L.

Redacción

O Nadal �014 en Ouren-se pasará a historia por ser un dos que máis tarde se acendeu a iluminación na-videña. Se xa o ano pasado as luces se prenderan con retraso (o día 13) este ano batiuse o récord e a ilumi-nación festiva non estará lista ata apenas uns días antes de Noiteboa. Será unha iluminación dife-rente á doutros anos, con multitude de elementos decorativos, por exemplo, iluminaranse as 7� árbo-res da rúa do Paseo.

A empresa adxudica-taria, Gremaca, comezou a instalar os arcos lumi-nosos na tarde do 16 de decembro, e aínda que du-rante a xornada do 17 non se viu moito movemento de operarios na cidade, a edil de Comercio, Jua-na Ageitos agarda que as rúas principais poidan es-tar iluminadas xa durante a fin de semana do 20 e 21

de decembro.

Malestar do sectorCuestións administrati-

vas, segundo fontes mu-nicipais, foron as que de-moraron a instalación do alumeado de Nadal, que o sector do comercio conside-ra fundamental para o éxito da campaña navideña.

Nas últimas semanas foron varios os representantes das asociacións de comerciantes da cidade os que amosaron o seu malestar pola tardanza. Así, Julio Prol, presidente de Couto Centro, cualificaba de “nefasta” a xestión munici-pal e Luis Rivera, directivo de Ourense Centro, aludía á falta de sensibilidade dos responsables municipais co sector, que agarda como auga de maio esta campaña de Nadal. Doutra parte, o alcalde, Agustín Fernández, quitaba ferro ao asunto, ase-gurando que “as luces son importantes para o comercio pero a Navidade (sic) é moi-to máis”.

O alumeado de Nadal chega con retraso 4 Fortes críticas dos comer-ciantes á xestión municipal.

Houbo podas nas Mercedes, rúas Doutor Temes e Barros Silvelo e no Pazo de Xustiza Primeiros arcos instalados na rúa de Santo Domingo, na

tarde do 16 de decembro./RAMSÉS.

Page 6: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

6 Ourense por BARRIOSDecembro de �014

A concelleira de Participación Cidadá e Xuventude, María Devesa, xunto a algúns dos técnicos do seu departamento./S.N.

Silvia Nieto

Falamos coa concelleira de Participación Cidadá e Xuventude, María Devesa, quen escolleu ela mesma a área á que se quería dedicar cando entrou no goberno municipal de Ourense, co fin de atender aos veciños e me-llorar a súa calidade de vida. E, de momento, está a con-seguilo, porque é dos poucos políticos locais que logran o aprobado por parte dos ourensáns. A proximidade e non faltar á verdade nunca son, segundo ela, as chaves deste recoñecemento.

Como traballa a Conce-llería de Participación Ci-dadá?

María Devesa: “Dende que chegamos no �007 o pri-meiro que fixemos foi montar a Oficina de Atención ao Ci-dadán, no �008, porque cria-mos que a cidade precisaba un espazo ao que os veciños puidesen dirixirse, e aínda que comezou como unha vía para atender peticións pouco a pouco foi medrando e am-pliando o seu servizo. Así, en �009 comezamos co hora-rio de tarde para que os que traballan puidesen acceder á administración.

E neste tempo o balance desta oficina é moi positivo porque atendemos a máis de 117.000 ourensáns. De feito, multiplicamos por 5 a atención prestada, xa que en �008 5.�5� veciños acudiron a nós e no que vai de �014 fixérono 25.209.

Das cifras totais nestes seis anos, a maior parte das xes-tións foron por información (55.876) ou peticións veci-ñais (13.71�), e na súa gran maioría realizáronse de xeito presencial.

Así mesmo tamén leva-mos a Oficina de Suxeren-cias e Reclamacións, cuxa comisión leva as queixas dos ourensáns ante a administra-ción, que deben ser formula-das en Rexistro. Esta comi-

sión está formada por dous membros do PSOE, dous do PP, un do BNG e un de DO. E entre nós non hai ningun-ha diverxencia, só buscamos entre todos facilitar respostas ao cidadán. Pero hai que dar unha marxe, porque moitas reclamacións dependen dou-tros departamentos ou con-cellarías e cada un deles ten os seus tempos de actuación.

Tamén nos encargamos do rexistro de todas as asocia-cións que hai no Concello: veciñais, culturais, sociais… Un requisito imprescindible para que estes colectivos poi-dan acceder a subvencións. E dámoslle asesoramento.

Ademais, levamos o des-envolvemento do Regula-mento Orgánico de Participa-ción Cidadá; e a declaración de Utilidade Pública das AAVV”.

A súa concellería organi-za tamén numerosas activi-dades para a mocidade.

M.D.: “A Concellaría de Xuventude, a través da Ofi-cina Municipal de Informa-ción Xuvenil, ofrece servizo

continuado á poboación máis nova, con asesoramento en canto á busca de emprego, voluntariado, actividades de ocio, orientación socio-edu-cativa, etc.

Asemade, dende o progra-ma “Ourense Xove” poñe-mos en marcha cursos de fo-tografía dixital, habilidades sociais, primeiros auxilios, manipulador de alimentos, monitor de tempo libre, coci-ña, astronomía e idiomas.

E, durante a época estival, o programa “Embárcate” ofrece aos mozos actividades acuáticas como foron o curso de piragüismo, fins de sema-na de aventura, a Búsqueda do Tesouro e o I Open Rally Slot, entre outros.

Como novidade, tamén no verán, organizamos un cam-pamento para rapaces de en-tre 8 e 15 anos, para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar dos seus pais, así como para ofrecer aos cati-vos que non poden marchar de viaxe unha opción de ocio na capital”.

Que opina do labor dos

representantes veciñais? M.D.: “Eles deben facer

as súas reclamacións porque para iso están, paréceme o lóxico. Fan un traballo de cara á sociedade espléndido, porque presidir unha asocia-ción non é sinxelo, porque os locais deben estar un mínimo de 500 horas abertas, atender as queixas, organizar as xun-tanzas e actividades… E de feito non me gusta que se diga que as AAVV só se adican a facer actividades, porque o principal obxectivo de todas elas é mellorar a calidade de vida dos seus veciños. Por-que, ademais das actividades que fan, as persoas maiores atopan nos locais veciñais puntos de encontro cos seus semellantes nos que divertir-se, falar, botar a partida, ler o xornal, bailar; moitas se non estivesen alí estarían na súa casa soas”.

Que balance fai da aten-ción ás peticións veciñais dende a súa Concellaría?

M.D.: “Neste ano redu-círonse en 4�6 as peticións realizadas por veciños. Pa-

sando de �.165 en �013 a 1.739 no que vai de �014 E resolvemos o 46% das soli-citudes, quedando pendentes neste momento 790. Destas últimas, a maioría afectan a infraestruturas e perímetro rural (333), limpeza (19�) e medio ambiente (119)”.

A maioría dos veciños coinciden en que os barrios están discriminados en re-lación ao centro.

M.D.: “A min paréceme ben que fai anos se fixesen ese tipo de comentarios, pero agora non, porque dende 2007 fixéronse cantidade de obras e melloras nos barrios, en infraestruturas, espazos de ocio, etc. Hai que ter me-moria, por exemplo, vexa-mos barrios como o da Cuña ou o Vinteún, como eran e como están hoxe. E para iso estamos, non lles estamos fa-cendo ningún favor, é a obri-ga do Goberno municipal. Que se lles pode prestar máis atención? Tamén”.

Cal é a asignatura pen-dente do Concello na súa atención aos veciños? E a dos representantes veci-ñais?

M.D.: “Os representantes veciñais teñen que involu-crarse máis nos distintos pro-blemas da cidade, neses que nos afectan a todos, que non se centren no seu barrio, que vexan máis aló. E a adminis-tración local, loxicamente, é máis lenta do que debería ser, e o cidadán ten o dereito a ser respostado”.

Cando lle pedimos aos representantes veciñais unha valoración dos polí-ticos locais, na maioría dos casos suspenden todos me-nos ti, cal é a chave?

M.D.: “Eu se algo non se pode facer dígollo ao cida-dán, e explícollo. A mentira,

a hipocresía e a falsedade é algo que destesto. Un po-lítico non debe mentir, pode facelo, pero non debe. Para min é erróneo que esteas prometendo algo a calquera veciño que xa sabes que non vas poder levar a cabo. Se é ‘non’ explícolles porque o é, porque cos 50.000 euros que se distribúen en subven-cións para as 64 asociacións de veciños non chega a nada. E eles enténdeno, o que non entenden é que eu lles vaia dicindo que si a todo e des-pois sexa o contrario.

Ademais, trato de ser o máis xusta posible co repar-to, polo traballo, os obxecti-vos… E tamén a proximida-de é básica, o meu despacho está aberto todos os días para todos os veciños, porque somos políticos municipais e temos que estar na rúa. Sempre detestei os que van a última hora a facer campaña dando bicos a todo o mundo. Tes que estar con eles cando o precisan, aínda que a túa vida persoal se resinta. Para que te respecten e valoren tes que respectar e valorar ti primeiro”.

Envíalle unha mensaxe aos veciños.

M.D.: “Os veciños saben que esta Concellería sempre ten as portas abertas para to-dos eles. O primeiro que lles desexo a todos é traballo por-que a moitos fáltalles, e de-sexaría que non pasen nece-sidades, que os cativos teñan unha boa educación, unha sanidade boa e pública.

E aos presidentes diríalles que sexan pacientes, que xa o son, porque pouco a pouco as súas demandas sempre son contestadas e vaise tra-tar de conquerir unha cidade mellor para todos, coa cola-boración de todos”.

ENTREVISTA A MARÍA DEVESA - CONCELLEIRA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ E XUVENTUDE

“Se hai algo que non se pode facer eu dígollo ao cidadán. Detesto a mentira, a hipocresía e a falsedade”

4 A concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, móstranos como son as súas relacións dia-rias cos veciños e achéganos ás numerosas actividades que organiza o seu departamento.

En canto ás diferencias entre os barrios e o centro, Devesa di que “hai que ter memoria, vexamos como estaban barrios como A Cuña ou O Vinteún e como están”

“As AAVV fan un traballo espléndido, porque os locais veciñais son para os maiores puntos de encontro, para falar e divertirse. Moitos se non estivesen alí estarían sós nas súas casas”

ENTREVISTA

Page 7: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

7Ourense por BARRIOSDecembro de �014PUBLICIDADE

Page 8: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

8 Ourense por BARRIOSDecembro de �014

CIDADE

Redacción

A última reunión da Xunta Local de Segurida-de de Ourense constatou un descenso notable no conxunto das infraccións penais na nosa cidade. Un 8,30% menos en �014 que no ano anterior, sendo a baixada nos delitos dun 8,7�% e nas faltas dun 7,97%. Especialmente significativa é a baixada no total anual de roubos con forza e na sustracción de vehículos. A efica-cia policial neste período anual medra por riba do 17%. Tamén se percibiu un aumento notable de

Baixan as infraccións penais na cidade4 A Xunta Local de Segurida-de presenta o plan “Comercio Seguro” para este Nadal.

persoas identificadas e ve-hículos revisados por parte da Brigada de Seguridade Cidadá da Policía Nacio-nal e das distintas patrullas da Policía Local de cara a afondar no eido preventivo.

Na Xunta Local de Se-guridade de Ourense, que estivo copresidida polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Cas-tro e o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, parti-ciparon membros do Corpo Nacional de Policía, da Po-licía Autonómica e da Poli-cía Local, e os presidentes da Federación Limiar e asociación veciñal Ourense Centro.

Plan “Comercio Seguro”Ante o aumento da acti-

vidade comercial na cidade, con ocasión das próximas festas do Nadal, ao obxecto de proporcionar un ámbito seguro, co fin de previr o incremento de infraccións penais que se poidan come-ter en comercios e zonas de

O subdelegado do Goberno e o alcalde de Ourense presidiron a Xunta Local de Seguri-dade./CEDIDA.

ocio, estableceuse ata o 8 de xaneiro de �015 un dis-positivo policial operativo nas zonas comerciais e de ocio.

O obxectivo deste plan “Comercio Seguro” é po-tenciar a presenza policial naquelas zonas e lugares de maior afluencia de persoas,

como o casco vello, as rúas Paseo e Santo Domingo e o centro comercial Ponte Ve-lla. Os axentes facilitarán información, medidas de seguridade e consellos aos comerciantes e nos lugares de ocio para previr ou redu-cir os posibles delitos dos que poidan ser vítimas.

Protesta da Plataforma Stop Desafiuzamentos diante do Concello de Ourense./P.LODEIRO.

Redacción

A Plataforma Stop De-safiuzamentos Ourense fixo un chamamento ao Instituto Galego de Vi-venda e Solo (IGVS), a Deputación e o Conce-llo de Ourense para que garantan unha vivenda a unha familia que se atopa en situación de emerxen-cia social.

Trátase dunha muller

Stop Desafiuzamentos demanda vivenda para unha familia en situación de emerxencia4 Unha muller con tres fillos que pode quedar na rúa a partir do 10 de xaneiro.

con tres fillos menores ao cargo que a partir do 10 de xaneiro deixará de percibir a Renda Activa de Inserción (RAI) e só terá garantidos os ingresos de manuten-ción dos tres menores, “que apenas son suficientes para pagar o alugueiro da actual vivenda ou para a alimenta-ción da familia”.

“Rematada a orde de afastamento do seu ex-compañeiro por violencia

machista esta nai de tres fillos menores non cumpre os ‘requisitos’ que o IGVS lle pide para poder acceder ao programa de vivenda das mulleres que sofren violen-cia machista nen parece entrar, para o sistema, en ningún dos supostos que lle permitirían acceder a unha vivenda de emerxencia so-cial”, indica nun comunica-do Stop Desafiuzamentos.

Segundo recolle a plata-

forma, traballadoras de Be-nestar Social no Concello de Ourense indicaron que non poderán tramitarlle no-vas axudas sociais da Xunta ata que remate a prestación da RAI “o que significa que

chegado o 10 de xaneiro descoñece o tempo que es-tará sen percibir as novas prestacións tramitadas”.

A plataforma anuncia mobilizacións de non obter resposta das institucións.

4 Ao xulgado os proxectos que non pagaron o 10% de cesión municipal

A edil de Urbanismo, Áurea Soto, presentou no Xulgado de Instrucción nº1 toda a documentación dos 15 proxectos de urba-nización aprobados entre 1997 e �00� nos que o Concello de Ourense non cobrou o 10% dos apro-veitamentos urbanísticos.

Soto solicita ao xulga-do que chame a declarar como imputados ao ex alcalde popular Manuel Cabezas, a dous ex conce-lleiros de Urbanismo e ao ex secretario municipal. A súa denuncia apóiase nun informe do Consello de Contas e doutro de dous arquitectos municipais no que se valoraba o 10% non cedido ao Concello nestes 15 ámbitos nun total de 1,6 millóns de euros.

4Ditame do Consello Consultivo sobre Xardín das Burgas

Con “alegría enorme” recollía Áurea Soto, edil de Urbanismo, o ditame do Consello Consultivo de Galicia que denega as pretensións da empresa Xardín das Burgas de ob-ter unha indemnización de 16,4 millóns de euros pola frustración das pre-visións contidas no con-venio urbanístico suscrito no seu día co Concello de Ourense.

O Goberno municipal considera un apoio “clarí-simo” ás súas pretensións este informe, a partir do cal se pronunciará o Tri-bunal Superior de Xustiza de Galicia con respecto ás pretensións da empresa.

EN BREVE

Page 9: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

9Ourense por BARRIOSDecembro de �014

CIDADE

Paula Lodeiro

O pleno ordinario do mes de decembro no Concello de Ourense rematou con bas-tantes acordos, o que non quita para que non houbera tamén enfrontamentos dia-lécticos, e mesmo insultos, algo xa habitual na corpora-ción ourensá.

Un dos debates centrais da orde do día foi o da moción do Bloque sobre a tributación das pensións xe-radas no estranxeiro polos emigrantes retornados, que coincidía en data coa mani-festación que a plataforma que engloba este colectivo celebraba en Ourense. Pre-cisamente un dos voceiros dos afectados puido intervir durante este debate, rom-pendo a norma que fixa as intervencións cidadás ao fi-nal de cada sesión e só para plantexar preguntas.

O que demandaba o Blo-que era un trato fiscal idén-tico entre os pensionistas e os emigrantes retornados e no que todos os grupos con-cordaron é que estas persoas non eran nin defraudadores nin estafadores por non te-ren cumplido as súas obri-gas fiscais. A concelleira popular Carmen Carballo sinalou que todos os afec-tados verán regularizada a súa situación a partir do 1 de xaneiro, e que o Estado lles devolverá os intereses, recargos e sancións cobra-dos.

A nota diverxente veu por parte de Gonzalo Pérez

Jácome que, na liña de an-teriores debates, amosouse crítico con esta moción. “Este tema non é noso, é estatal, o que fagamos aquí é irrelevante”, dixo o vo-ceiro de DO, quen acusou aos emigrantes retornados de teren sido manipulados polo BNG.

Plan TermalA primeira das mocións

da xornada presentábaa o BNG para instar á Xunta a que reconsidere as ac-tuacións do Plan Termal acordado coa Deputación, “consensuando co Conce-llo de Ourense un anexo de proxectos e investimentos na nosa localidade”.

No debate, dous polos enfrontados: o PP, que acusaba ao Goberno mu-nicipal de non ter posto en marcha o Plan Estratéxico Termal aprobado en �007; e da outra, o PSOE, que por boca do alcalde, recordaba que desde que entraran a gobernar a Xunta de Ga-licia puxera “cero euros” en termalismo na cidade, e o BNG, cuxa concelleira Susana García opinaba que este novo Plan Termal “o máis probable é que quede en nada, porque nos orza-mentos da Xunta non hai nin un só euro para investir en termalismo”. No medio, Democracia Ourensana, insistindo en que “instar á Xunta non serve de nada”. A moción foi aprobada ao recibir o apoio dos socia-listas.

Creación dos distritosPor unanimidade e a pro-

posta novamente do BNG, os grupos políticos acorda-ron que o grupo de traballo constituído para abordar a modificación do regula-mento orgánico de gober-no e organización do pleno consensúe tamén a creación de distritos no Concello, tal e como ordea a Lei de Grandes Cidades.

Colectores soterradosO estado dos colectores

soterrados – fóra de servizo desde xuño- voltou centrar un debate plenario. Foron os populares os que pre-sentaron a moción para que se arranxen e ademais se reforce o servizo de reco-llida de lixo durante as fins de semana, e grazas a unha emenda do BNG, solicítase á empresa concesionaria o

cumprimento íntegro do contrato. Malia aceptar a emenda, o PP reprochou ao Bloque que cambiase de opinión, pois en xuño de �01� votara en contra dunha proposta similar dos populares. O edil de Limpeza, José ángel Váz-quez Barquero, explicou que, en todo caso, “cando se detecta un incumpri-mento minórase a factura ou ponse unha sanción”.

Aparcamento nos Re-medios

A proposta de Democra-cia Ourensana de crear un aparcamento no contorno do pavillón dos Remedios, con entre tres e cinco mil usuarios, recibiu o apoio de populares e socialistas. Con todo, a concelleira de Urbanismo, Áurea Soto, explicou as dificultades de ubicar nesta zona un apar-cadoiro, pola proximidade dos ríos Barbaña e Miño. En concreto, o popular Bernardino González pro-puxo construír un párking soterrado dunha planta e arredor de 150 prazas baixo as canchas exterio-res do pavillón, idea que foi desbotada por Soto por atoparse “na avenida de 500 anos” do río Miño.

Protección CivilNo que respecta á mo-

ción do PP sobre Protec-ción Civil, aprobouse por unanimidade unha emen-da do BNG que solicitaba a constitución dun grupo de traballo para regulari-zar este servizo. O alcalde confirmou que o Concello está traballando na elabo-ración dos novos estatutos e do novo regulamento de Protección Civil.

Xosé Somoza dimite tras ser imputadoRedacción

O portavoz municipal do BNG, Xosé Somoza, acordou dimitir das súas responsabilidades institu-cionais, debido á investi-gación que está en curso ao respecto das asisten-cias técnicas no Concello de Ourense. Somoza xa non participou no pleno de decembro, e coa súa, xa son catro as dimisións no BNG nesta lexislatura.

A este respecto, e a tra-vés dun comunidado, o Consello Local do Blo-que respecta a decisión de Somoza, “que a pesar de tratarse dunha cues-tión administrativa, fóra do ámbito da súa respon-sabilidade e, que en todo caso, el herdou ao ocupar o posto de director xeral por un período de pouco máis de dous meses, aínda así, para non danar a súa organización e a propia institución municipal, de-cide dimitir”.

O Consello Local resal-ta que a contratación de persoal en Urbanismo a través de asistencias téc-nicas externas está aínda en fase de investigación, “estamos a falar dunha si-tuación que está moi lonxe dun ilícito penal”, e amosa a súa sorpresa polas impu-tacións “xeralizadas sen distincións de quen exerce a responsabilidade”.

Os emigrantes retornados reciben o apoio do Concello de Ourense4 A través dunha moción do BNG, apoiada por PSOE e PP, para solicitar ao Goberno central unha modificación da lei que garanta un trato fiscal idéntico ao resto dos pensionistas; DO abstívose.

Os emigrantes retornados remataron a súa manifestación na praza Maior, no interior do consistorio, debateuse unha moción sobre a súa problemática./P.LODEIRO.

Aprobáronse mocións sobre o Plan Termal de Xunta e Deputación, sobre a creación de distritos e dun párking nos Remedios, sobre o arranxo dos colectores soterrados, e sobre a regularización de Protección Civil

Page 10: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

10 Ourense por BARRIOSDecembro de �014

CIDADE

A Consellería de Cultura investiu, con cargo aos fon-dos FEDER, 363.341,90 euros para a restauración das cubertas situadas na cabeceira da Catedral de Ourense -declarada Mo-

numento Nacional no ano 1931-.

Esta segunda fase de rehabilitación contempla solucionar os problemas de humidades e pingueiras existentes nas cubertas da

cabeceira da Catedral, in-cluíndo a capela do Santo Cristo.

Do mesmo xeito que se fixo no ano 2012 na rehabi-litación da cuberta do Pórti-co da Gloria da Catedral de Santiago, estes novos tella-dos están a executarse de acordo ás especificacións técnicas contempladas no Documento de Idoneidade Técnica, nº483R/1�, “Sis-tema de Tellados Verea System”.

Esta solución construti-va, desenvolvida por Ce-rámica Verea para dar unha continuidade na instalación á calidade das súas tellas e homologada polo Instituto de Ciencias da Constru-

Despois de tres meses de execución e preto da finalización das obras, xa se poden contemplar os novos tellados situados na ca-beceira da basílica

A CATEDRAL DE SAN MARTIÑO COMEZA O ANO CON NOVOS TELLADOS

ción no ano �006, consiste na instalación en seco das tellas Verea sobre placas onduladas de fibrocemen-to.

Trátase dun sistema moi seguro, sinxelo na súa exe-cución e deseñado para soportar ventos de máis de 180km/h sen que se produ-za o desprazamento de nin-gunha tella.

A obra está a ser execu-tada por RESCONSA, em-presa galega especializada en obras de conservación e rehabilitación de patrimo-nio cultural, baixo a direc-ción facultativa de Manuel Seone Feijoo, arquitecto conservador da Catedral de Ourense desde o ano �006.

Juan Carlos Parada./AR-QUIVO.

Juan Carlos Parada dirixirá a CámaraRedacción

Juan Carlos Parada Rúa é xa o novo presidente da Cámara de Comercio de Ourense. A súa candidatu-ra foi a única que se pre-sentou no transcurso do pleno extraordinario cele-brado o � de decembro no que, ademais, renovouse parte do comité executivo para cubrir as prazas que deixaron vacantes Celso Barbosa, tras a súa dimi-sión como presidente, e Luís Rivera, que deixa a

Antonio Piña, novo presidente da Audiencia ProvincialRedacción

O maxistrado Antonio Piña Alonso tomou pose-sión como presidente da Audiencia Provincial de Ourense nun acto que se celebrou o pasado xoves 11 de decembro na sala de vistas da Audiencia. Nu-merosas autoridades, entre elas o presidente do TSXG, Miguel Ángel Cadenas, ou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acudiron a este acto. Os seus padri-ños foron os maxistrados Manuel Almenar e Ignacio Picatoste.

Antonio Piña fora elixi-do polo Consello Xeral do Poder Xudicial para ocupar a presidencia da Audiencia Provincial, ao renunciar ao cargo o seu anterior titular, Fernando Alañón. Piña, único candidato ao posto, obtivo �0 votos a favor e un en branco.

Traxectoria Ata o de agora Piña

Alonso era o titular do Xulgado de Instrución nú-mero � de Ourense, tras pasar polo número 3 de Ourense e o 1 Lugo, desde que en �00� ascendera a maxistrado. Ademais, era o decano dos xulgados ourensáns desde �005.

O novo presidente da Audiencia Provincial é membro da Rede Xudicial Española de Cooperación Xudicial Internacional, é secretario xeral da Aso-ciación Profesional da Maxistratura, e foi coordi-nador en Galicia da Esco-la Xudicial.

súa vocalía.Así, xunto con Juan

Carlos Parada como pre-sidente, ao novo comité executivo incorpóranse como vogais Santiago Ferreiro, representante no pleno do sector da cons-trución, e José Vilarchao, do sector de talleres de automoción. Antonio Vi-llarverde exercerá a partir deste momento as fun-cións de vicepresidente primeiro, mentres que os cargos de vicepresidente segundo e tesoureiro se-guirán ocupados por José Pérez e Manuel Maneiro.

Sobre os obxectivos do seu mandato, Parada su-bliñou que a Cámara ha de abordar a súa moder-nización, adaptándose a un novo modelo cameral onde, dixo, “esta crise ha de marcar un punto de inflexión no que necesa-riamente haberemos de evolucionar e, sobre todo, avanzar á beira dos em-presarios”, a quen fixo un novo chamamento á cola-boración e participación na entidade.

Medio Ambiente estrea xefa territorialRedacción

Tomou posesión do seu cargo a nova xefa territo-rial da Consellería de Me-dio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Victoria Núñez, que substitúe a José César Losada, quen vén de xubilarse.

Nacida en Ourense, Núñez é licenciada en Dereito e accedeu á Ad-ministración galega no ano �001. Desde xaneiro de �013 ata a actualidade

exerceu como subdirectora de Réxime Xurídico e Re-cursos Humanos da Vice-presidencia.

A este acto de toma de posesión, celebrado o 1 de decembro, acudiu o dele-gado da Xunta en Ouren-se, Rogelio Martínez, quen despachou con Victoria Núñez sobre os proxectos que o departamento auto-nómico dirixido por Ethel Vázquez está a desenvolver na provincia e sobre as liñas estratéxicas de actuación. O delegado solicitoulle á nova xefa territorial o máximo compromiso ao fronte desta responsabilidade.

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e a nova xefa territorial de Medio Ambiente, Victoria Núñez.

Antonio Piña. /RAMSÉS.

Page 11: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

11Ourense por BARRIOSDecembro de �014

SOCIEDADE

Redacción

O conselleiro de Cultu-ra, Educación e Ordena-ción Universitaria, Xesús Vázquez, vén de asinar o convenio de colaboración co reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, para facer realidade o Campus da Auga.

O departamento edu-cativo da Xunta inviste preto de cinco millóns de euros neste proxecto que, segundo explicou o conselleiro, foi concibido “para reforzar a posición do Campus de Ourense da Universidade de Vigo como centro de referencia na investigación da auga, non só no ámbito galego, senón nacional e interna-cional”.

Áreas de investigaciónCoa sinatura deste con-

venio ponse fin a unha etapa do camiño iniciado en �01� e agora dan co-mezo os traballos prepa-rativos para a construción do edificio que albergará a sede institucional do Campus da Auga pero primordialmente usos de investigación. Nel con-centraranse os labores de investigación dos diferen-tes clusters que integran o proxecto Campus da Auga. De feito, tal como explicou o conselleiro, haberá áreas de especia-lización de alimentación, ambiente e TIC; áreas de xestión do recursos da auga, innovación social

e educativa, turismo e pa-trimonio cultural. Engadiu ademais que está previsto finalizar o proxecto o vin-deiro ano e as obras estarán rematadas en �017.

Características O edificio do Campus

da Auga situarase nunha parcela entre a piscina e o edificio de Xurídico Em-presarial, e contará cunha superficie total de preto de 3.600 metros cadrados que albergarán a sede corpora-tiva, o centro de supercom-putación, os laboratorios e

o aparcadoiro.As instalacións estarán

dotadas de laboratorios e plantas piloto con equipa-mento específico, é dicir, espazos dedicados a faci-litar recursos de investi-gación, así como doutras áreas con especificacións técnicas máis xenéricas e zonas para reunións e in-tercambio empresarial.

Paso definitivo para facer realidade o Campus da Auga4 Xunta e Universidade de Vigo asinaron o convenio para construír este edificio dedicado á investigación no campus ourensán.

Saúdo entre o conselleiro Xesús Vázquez e o reitor da Uni-versidade de Vigo, Salustiano Mato./M.REJO.

A previsión da Xunta é que o edificio estea rematado en 2017

Unha revista británica faise eco da situación de Enxeñaría FísicaRedacción

Unha revista británica especializada en educa-ción vén de publicar un artigo sobre o problema dos estudos de Física na Universidade de Vigo. Baixo o título “O estra-no conto dos estudos de Física na Universidade de Vigo”, o artigo do Times Higher Education inspí-rase no entroido de Verín e Laza para ilustrar a si-tuación. A xuízo da Plata-forma Pro Campus, este é un exemplo do “ridículo internacional” da xestión da implantación do grao de Enxeñaría Física por parte das autoridades edu-cativas.

Con todo, desde a Pla-taforma Pro Campus consideran que han de permanecer en alerta pois a Xunta de Galicia aínda non ten feito pública a súa posición no que respecta a propostas de novos estu-dos para o curso �015-16. “Neste contexto, tendo en conta a singular historia dos estudos de Física no campus de Ourense dende �009, pragada de trampas, manobras e mentiras, o silencio institucional e a falta de transparencia rei-nantes fan pensar que cal-quera cousa (incluso boa) é posible”, indica Blanco.

Seguirán reivindicandoA Plataforma Pro Cam-pus segue pedindo ao presidente da Xunta que interveña neste conflicto e anuncia que continuará reivindicando os estudos de Enxeñaría Física para Ourense durante �015.

P. L.

A asociación xuvenil Amencer agardar superar os �6.000 quilos de alimen-tos e xoguetes recollidos o ano pasado na Operación Quilo. Nesta 28ª edición da iniciativa solidaria, a di-námica é similar a doutros anos: carriños repartidos en case todos os supermer-cados da cidade (agás os dunha cadea do Levante), caixas en medio cento de entidades público e priva-das, e petos en comercios, nos que depositar “quilos” de produtos non perecedo-iros e colaboracións econó-micas. “A cidade pórtase moi ben, a xente responde e podemos superar as cifras do ano pasado”, indica Ma-nuel Seguín, coordinador da asociación xuvenil.

Este ano incrementouse a colaboración doutras en-tidades, e así, Amencer e a Operación Quilo estarán presentes en moitos even-tos deportivos durante estas datas. “Máis alá de recoller quilos de alimentos e xo-guetes, pretendemos facer ver as necesidades que hai na nosa cidade, a pobreza que non se ve”, explica Se-guín.

Amencer manterá a re-collida ata o venres 19 de decembro, pois o sábado �0 entregaranse os lotes ás Cá-ritas parroquiais para o seu reparto entre as familias do noso concello e municipios limítrofes. En �013 foron �.000 familias –e 5.000

persoas- as que contaron con esta axuda.

“Mañás de Nadal”Doutra banda, Amen-

cer ofrece durante as va-cacións navideñas unha alternativa lúdica e edu-cativa para os menores ourensáns. Destinado a ra-paces e rapazas de 3 a 14 anos, a actividade “Mañás de Nadal” estará funcio-nando entre o �� de de-cembro e o 7 de xaneiro, en horario de 9 a 14 horas. Grazas á colaboración da Concellería de Xuventu-de, a proposta de ocio de Amencer sairá tamén do recinto do colexio Salesia-nos, centro de operacións das “Mañás”. “Queremos evitar que os rapaces sin-tan que seguen no colexio durante as vacacións”, apunta o coordinador da asociación xuvenil.

Para participar nas “Ma-ñás de Nadal” é precisa unha inscrición previa, pois as prazas limitadas, e ten un pequeno custo, segundo os cativos acu-dan unha, dúas ou as tres semanas á actividade. Con todo, Manuel Seguín insistía en que o custo económico non será impe-dimento para que ninguén quede sen gozar destas ac-tividades.

Amencer agarda superar os 26.000 quilos de alimentos e xoguetes recibidos4 Na 28ª Operación Quilo.

O sábado 20 entregaranse os lotes de alimentos a Cáritas

Page 12: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

1� Ourense por BARRIOSDecembro de �014

AVANZA A LIBERACIÓN DO DIVIDENDO DIXITALA data de cese definitivo das frecuencias de televisión afectadas polo Dividendo Dixital está prevista para o vindeiro 31 de decembro de 2014

A liberación do Divi-dendo Dixital consiste na reordenación dalgunhas canles da TDT, para cum-plir co mandato da Comi-sión Europea de liberar as frecuencias radioeléctricas da banda de 800 MHz, co fin de que poida ser utiliza-da por tecnoloxías móbiles LTE/4G.

Este proceso, que se de-senvolve de xeito harmoni-zado a nivel europeo fixan-do como data límite o 1 de xaneiro de �015, regulouse en España a través do Real Decreto 805/�014, de 19 de setembro, polo que se aproba o Plan Técnico Na-cional da TDT e se regulan determinados aspectos para a liberación do Dividendo Dixital.

Como consecuencia, aquelas canles de TDT que empregan no momento ac-tual frecuencias ubicadas na banda a liberar (790-86�MHz) deben de reubi-carse noutras frecuencias. Por iso, para manter a con-tinuidade da recepción das canles, será preciso facer as adaptacións técnicas preci-sas nos centros emisores por parte dos radiodifuso-

res e operadores involucra-dos (emisións simultáneas ou reaxuste).

Ademais, os cidadáns terán que resintonizar os seus receptores; e aqueles que viven en comunidades de propietarios con instala-ción colectiva (xeralmente edificios de tres ou máis vivendas), previo á resinto-nización deberán porse en contacto cun instalador de telecomunicacións.

Mentres, os cidadáns que reciben a través da TDT@SAT non se verán afecta-dos por estes cambios.

En Galicia, o Dividendo Dixital afecta a todos os fogares xa que as canles de TVE deben de ser tras-ladadas ás novas frecuen-cias na nosa comunidade, sendo preciso adaptar as antenas e resintonizar en varios momentos do pro-ceso. Ademais, as canles estatais privadas serán reubicadas en distintas frecuencias, sendo necesa-rio resintonizar en varios momentos do proceso, e adaptar as antenas para recuperar a sintonía dal-gunha delas. Por último, as canles autonómicas (TVG

e V televisión) mudarán de frecuencia únicamente nas seguintes zonas: no norte e oeste da provincia de A Coruña (color violeta no mapa), nalgunhas zonas do sur da provincia de Lugo e en toda a provincia de Ourense (color verde).

Plan de comunicación e información aos cida-dáns

O pasado 15 de outubro activouse un plan de co-

municación do Goberno do Estado para informar aos cidadáns do proceso, a tra-vés de anuncios en prensa, radio e televisión, así como folletos para facilitar aos concellos.

Aínda que a data de cese das canles a liberar se es-tablece de xeito xeral o 31 de decembro de �014, nalgunhas zonas concretas pode variar por razóns téc-nicas, ou de coordinación entre distintos axentes (ra-

diodifusores, operadores e administracións públicas). Este proceso está a ser su-pervisado e dirixido pola Secretaría de Estado de Te-lecomunicacións e Socie-dade da Información.

En calquera caso, en datas próximas ao cese previsto para cada centro emisor intensificarase a comunicación a nivel lo-cal, detallando o horario de cese, ou dos cortes para reaxuste, segundo aplique; as poboacións afectadas, canles que cesan e novas frecuencia que se activan; e a hora a partir da cal os ci-dadáns poden resintonizar os receptores para adaptar a lista de canles á situación consolidada final.

Aos efectos de reforzar a información específica das actuacións na rede do múltiple autonómico de

TECNOLOXÍA especial

OS CIDADÁNS TAMÉN PODEN CONSULTAR A INFORMACIÓN DE APOIO DISPOÑIBLE NA WEB http://www.televisiondigital.gob.es E INFORMARSE A TRAVÉS DOS TELÉFONOS DE ATENCIÓN AO USUARIO 901 20 10 04 e 954 30 77 96

Mapa do cambio de frecuencias en Galicia.

Galicia (no que se emiten TVG, TVG� e V televi-sión), e consecuentes ne-cesidades de adaptación de antenas e resintonización por parte dos cidadáns, os radiodifusores informarán mediante as súas propias canles (spots, programas ou banner informativos), e as súas páxinas web.

Así mesmo, estarán dis-poñibles os centros de so-portes habituais da TDT en Galicia. Por unha banda, a Oficina da TDT da Xunta de Galicia para informa-ción xeral, coordinación e apoio a cidadáns e conce-llos (http://www.tdtgalicia.es e 981 57� 154). Pola outra, o Centro de Xestión e Atención de rede de RE-TEGAL (CEXAR) centra-da en incidencias no acce-so ás canles (http://www.retegal.es e 901 100 4�4).

Así quedarán as canles de televisión a partir do 1 de xaneiro de 2015.

Page 13: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

13Ourense por BARRIOSDecembro de �014

especial TECNOLOXÍA

O pasado día �6 de outubro de �014 pro-duciuse unha reordenación de canles que obrigou aos cidadáns que perderon a sintonía dalgunha das canles a resintonizar os seus receptores.

Este proceso non afectou ás canles autonómicas (TVG, TVG2 e V televisión), senón unicamente ás es-tatais e, nalgunhas zonas, puido perderse o acceso á canle Teledeporte aínda a pesar de resintonizar. Para recuperar a sintonía haberá que agardar a facer as adaptacións de antena segundo o definido na fase 2.

Se non o fixo xa, debe de solicitar á maior brevidade posible a adaptación da instala-ción de antena colectiva do seu edificio, xa que as actuais frecuencias polas que recibe as canles de TDT deben de ser abandonadas en data 31 de decembro de �014.

=> Aquelas personas que viven en vivendas unifami-liares ou con instalación de tipo individual non terán que facer ningunha adaptación nesta fase.

=> Esta adaptación únicamente afecta ás comunida-des de propietarios e edificios de 3 ou máis vivendas que conten con instalación de tipo colectiva. Os admi-nistradores das comunidades de propietarios deberán de contactar cun instalador rexistrado para contratar as adap-tacións de antena.

Para facilitar a adaptación das antenas por parte dos usuarios, os radiodifusores activaron a emisión simultá-nea das súas canles nas novas frecuencias e máis nas ac-tuais, naquelas estacións que dan cobertura a un número significativo de instalacións de tipo colectiva.

Ademais, o Goberno estableceu un plan de axudas dota-do con �90 millóns de euros: oscilan entre 150 e 500 euros e para acceder a elas será preceptivo achegar factura dun instalador rexistrado. Aínda resta por adaptar un número elevado de antenas no que queda de mes.

A data de cese definitivo das frecuencias afectadas polo Dividendo Dixital está prevista para o 31 de decembro, momento a partir do cal:

A. Cesarán as emisións simultáneas habilitadas polos radiodifusores.

B. Nas restantes estacións onde non hai emisións simul-táneas, estase procedendo ao reaxuste dos equipos emiso-res na data planificada para o cese.

C. A partir do cese das canles, todos os cidadáns deben de resintonizar e reorganizar os receptores para deixar a lista de canles adaptada á situación consolidada final.

Como consecuencia do anterior: => aqueles cidadáns que viven en edificios con insta-

lación de tipo colectiva (tanto con amplificación mono-canle como centralita programable):

a. que adaptaron as súas instalacións de antena con an-terioridade á data de cese deberán resintonizar os seus receptores e reordenar a lista de canles para a situación consolidada final.

b. que non teñan adaptadas as súas instalacións de antena deixarán de recibir as canles afectadas sen antenizar.

=> aqueles cidadáns que viven en edificios con insta-lación de tipo individual (ou banda ancha) deberán resin-tonizar os seus receptores e reordenar a lista de canles para a situación consolidada final.

4FASES DE DESENVOLVEMENTO DO DIVIDENDO DIXITAL

· FASE 1 - RESINTONIZACIÓN · FASE 2 - ANTENIZACIÓN · FASE 3 - CESE DAS FRECUENCIAS A LIBERAR

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, adxudicou, no exercicio �014, máis de �00 subvencións para a ad-quisición de equipamentos para a recepción da TDT a través do satélite. Estas axudas van destinadas a familias sen cobertura que vivan nas zonas a revitali-zar do Programa de Desen-volvemento Rural Sostible en Galicia, e acadaron un investimento subvenciona-do total de 59.795 euros.

As axuda foron tramita-das directamente a través de empresas instaladoras de telecomunicacións au-torizadas, que colaboran coa Xunta de Galicia, rea-lizando as xestións para os interesados. A subvención consiste no desconto na factura, por parte das em-presas colaboradoras, de ata 300 euros no material subministrado, incluído o IVE. Neste material inclúe-se todo o necesario para a recepción do servizo, ante-nas, cables, conectores e o receptor de TDT a través de satélite.

O Plan de Desenvol-vemento Rural Sostible (PDRS) en Galicia, é unha iniciativa coordinada pola Consellería de Medio Ru-

Ademais, co fin de non discriminar ás familias que xa teñan instalado pola súa conta un equipo para a recepción deste servizo, estas poderán solicitar sub-vención para un segundo receptor na súa vivenda.

A Xunta prevé prorrogar este plan ata o ano �015, o que suporá un investimen-to total de máis de 400.000 euros e beneficiará arre-dor de 900 familias de 78 concellos do interior das provincias de Ourense e Lugo.

Inicio da ConvocatoriaO pasado ano, por Re-

solución da Secretaría Xeral de Medios, inicio-use o procedemento para a selección das entidades colaboradoras na xestión das subvencións para a ad-quisición e instalación de equipamentos de televisión dixital terrestre por satélite en vivendas e edificacións situadas en zonas para re-vitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia.

Aínda que só se sub-venciona o equipamento e non a man de obra da ins-talación, a empresa cola-boradora deberá realizar a instalación e tramitar a ac-

ral e do Mar, a través de Agader, co respaldo e a colaboración económica do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Am-biente, que achega o 50% do financiamento deste proxecto. O 50% restante é sufragado pola Xunta de Galicia, neste caso a través dos orzamentos da Secreta-ría Xeral de Medios. Para ter acceso a estas axudas é necesario que as familias que as soliciten non teñan acceso a Televisión Dixi-tal Terrestre e que residan nos concellos do interior de Lugo e de Ourense cla-sificados de primeiro nivel dentro do PDRS.

En que consiste o Sat-TDT

O servizo de TDT por satélite (Sat-TDT) é un ser-vizo que permite disfrutar de xeito gratuíto das canles de TDT nas vivendas onde non chega o sinal terrestre ou o sinal non ten a calida-de axeitada para a correcta recepción.

Dentro desta iniciativa son subvencionables as no-vas instalacións do servizo de TDT a través de satéli-te, podéndose solicitar un máximo dun equipamen-to por usuario e vivenda.

tivación do servizo, deixán-doo plenamente operativo. Dito equipamento consis-te, no caso dunha instala-ción completa, en antena parabólica de recepción cos seus complementos, cableado, toma de usua-rio e receptor de TDT por satélite capaz de recibir as canles da televisión dixital terrestre, tanto a Televisión de Galicia como todas as de ámbito nacional, priva-das e públicas.

O �8 de maio de �013 publicouse a Resolución da Secretaría Xeral de Medios pola que se daba publicida-

de á relación de entidades que obtiveron a calidade de entidade colaboradora na xestión destas subvencións, resultando inicialmente 19 empresas colaboradoras seleccionadas. Na actua-lidade son �0 as empresas colaboradoras (8 delas na provincia de Ourense), de-

bido á incorporación poste-rior dunha nova empresa, xa que para facilitar unha maior competencia e de atención aos interesados, este proceso queda aberto á incorporación de novas en-tidades colaboradoras que cumpran cos requisitos da convocatoria.

A convocatoria oficial das axudas e a apertura do prazo realizouse o pasado �9 de abril, a través da pu-blicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución da Secretaría Xeral de Me-dios pola que se convocan, en réxime de concorrencia non competitiva, as sub-vencións dirixidas a fami-lias para a adquisición de equipamentos de televi-sión dixital terrestre me-diante recepción satelital en vivendas e edificacións situadas en zonas para re-vitalizar do Programa de desenvolvemento rural sustentable en Galicia para o ano �014.

AXUDAS PARA A INSTALACIÓN DA RECEPCIÓN DA TDT VÍA SATÉLITE

TODA A INFORMACIÓN DESTE PROCESO ESTÁ PUBLICADA NO ENDEREZO DE INTERNET hTTP://MEDIOS.XUNTA.ES, NO APARTADO AXUDAS E SUBVENCIÓNS, E TAMÉN A TRAVÉS DO TELÉFONO hABILITADO AO EFECTO NA SECRETARÍA XERAL DE MEDIOS: 981 54 42 34, ASÍ COMO NO ENDEREzO DE CORREO ELECTRÓNICO XESTIÓ[email protected].

Page 14: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

14 Ourense por BARRIOSDecembro de �014 SOCIEDADE

4GUÍA DE SAÚDE [anúnciese en [email protected]]

4PSICOLOXÍA

O estudo: malas notasDentro duns días os rapa-

ces van recibir as primeiras calificacións deste curso escolar. Que facer ante as malas notas? Esa é unha das preguntas que se fan os pais cando aparecen pro-blemas na educación dos máis pequenos da casa.

Antes de nada debemos pararnos a valorar cal pode ser a causa: falta de aten-ción, baixo rendemento na rutina diaria do neno, exceso de relaxamento durante as clases, falta de comprensión, trastorno de aprendizaxe…

Tamén debemos de fa-cernos preguntas tales como: pasa demasiadas horas frente á televisión ou o ordenador?, fai un uso excesivo do móbil ou das redes sociais?, ten moitas actividades extraescolares ou pola contra non ten nin-guna?, ten as súas activi-dades organizadas?, o seu horario de estudo é sufi-ciente?, necesita algún tipo de reforzo?

É importante revisar os seus hábitos de estudo. Hai que aprender a estudar. Pode ser que teña un pro-blema para memorizar, sin-

tetizar ou para distinguir as cousas importantes.

As técnicas de estudo son imprescindibles; e non debemos olvidarnos de motivar aos pequenos para ir á escola e cumplir cas súas obrigas. Expli-carlle que durante o curso hai que facer un esforzo.

Os pais deben de in-teresarse polas cousas do colexio, as clases, as asignaturas e non só po-las notas. Mentalizarse de que non se pode sobresair en todo e que cada un te-mos as nosas limitacións.

Hai casos nos que é necesaria a axuda dun profesional para que os nenos poidan resolver as súas dúbidas e para dotalos das suficientes ferramentas para que o estudo lle resulte fácil e atractivo.

Cada neno é distinto, por iso, a súa forma de estudar é tamén distin-ta, polo que deben de ter unha atención individua-lizada e non ser tratados todos da mesma maneira.

Rosa Mª Feijóo Psicóloga sanitaria

G-04085

Redacción

A Asociación Cultural As Canellas, en colabo-ración coa produtora Cla-queta Coqueta, organizan a II Gala benéfica contra o cancro o vindeiro 19 de decembro no Auditorio Municipal.

Presentada por Rubén Riós e Isabel Risco, a gala contará cos actuacións de Rosa Cedrón, a voz du-rante nove anos do mítico grupo Luar na Lubre, ago-ra en carreira en solitario; o compositor santiagués

Luís Emilio Batallán; e o cantautor brasileiro afin-cado en Galicia Gustavo Almeida. O toque de bai-le e danza correrá a cargo dos grupos Meigas Tribal e Feel That Crew.

O que se recade con este evento servirá para finan-ciar as actividades da Aso-ciación Española Contra o Cancro de Ourense. As entradas están á venda ao prezo de cinco euros en preto de 30 puntos dis-tintos da cidade, ou ben en taquilla ao prezo de 8 euros o propio día.

II Gala benéfica contra o cancro4O venres 19, no Auditorio.

Presentación da Gala benéfica, con David Rodríguez, Isidora Gómez, Rubén Riós e Eva Domínguez./P.L.

4CRÓNICA MUSICAL

E pola noite... Aerolíneas Federales

O mítico grupo Aero-líneas Federales actuou na Sala Berlín o pasado sábado �9 de novembro. Cun público entregado a formación reagrupa-da nas últimas datas fixo vibrar aos presentes coas súas cancións con letras surrealistas.

O concerto comezou con atraso por uns proble-mas técnicos que empe-zaban a inquietar a algún, pero enseguida desapare-ceu esa sensación ao co-mezar as primeiras notas de “No se ligar”. A partir de aí, máis dunha hora para lembrar vellas can-cións que todos os con-gregados tararearon nos anos 80 e 90.

“Soy una punk”, “Rollo porno”, “Oh, ¡qué pena me das!”, “Mi video no tiene mano a distancia”, entre

outras, foron cancións que se puideron volver escoitar en directo despois de moi-tos anos. Tampouco se es-queceron de tocar os temas que os fixeron famosos en Xabarín Club da Televi-sión de Galicia, entre os que destacou, pola entrega do público, “Non todo é o que parece amigo”.

Pero se houbo unha can-ción que as máis de 100 persoas alí congregadas estaban a esperar foi, sen ningunha dúbida, “No me beses en los labios”; tema do seu primeiro traballo “Aerolíneas Federales” publicado en 1986. Os asistentes cantaron ao uní-sono todas as estrofas da canción no que foi o cul-men dun concerto para o recordo.

Ramsés Torres

Redacción

MOCAI Ourense, moto-club recentemente instau-rado na nosa cidade, reali-za até o �3 de decembro a súa primeira recollida soli-daria de xoguetes co fin da súa posterior distribución polas casas de acollida e centros de menores.

Quen queira colabo-rar poderá deixar os seus xoguetes nos diferentes

puntos de recollida: Mo-torcycles Shop Ourense, A Caixiña de Costura, A Bu-farda, Serviocio, perruque-ría Con Pelos y a lo loco, academia de baile Tics, froi-tería La Huerta, V&P Gyms e Café Bar O Peso.

O obxectivo desta iniciati-va é, segundo a organización, que “os menores poidan ter o seu momento de ilusión e que ningún quede sen o seu pedazo de maxia do Nadal”.

O motoclub MOCAI organiza unha recollida de xoguetes

Aerolíneas Federales actuou na Sala Berlín./RAMSÉS

Page 15: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

15Ourense por BARRIOSDecembro de �014SOCIEDADE

Os cativos tamén terán premio se atopan a Papá Noel nas galerías

P. Lodeiro

O Centro Comercial Aber-to Couto Centro presentou a súa campaña de Nadal, con fortes críticas ao Concello de Ourense por non ter ins-talado xa a iluminación na-videña. Con todo, en Couto Centro son optimistas e están ilusionados coa campaña de �014, da que agardan obter “resultados mellores que os doutros anos”. Para tal fin, deseñaron un programa de actividades que intenta ser atractivo tanto para comer-ciantes como para clientes e conseguir “que as compras navideñas se fagan no ba-rrio”.

AcciónsComo novidade, os adul-

tos que escriban a súa carta aos Reis Magos poden gañar 500 euros para gastar nalgún dos máis de 100 establece-mentos asociados.

Como fixeron en verán, tamén organizan un concur-so de pinchos. Entre o �� de decembro e o 4 de xaneiro, os locais hostaleiros aso-ciados repartirán pinchos gratuítos coas consumicións e haberá premios en vales tanto para os clientes como

P. Lodeiro

O Centro Comercial Aberto Ourense Centro quere incentivar o consu-mo este Nadal e premiar aos seus clientes co “Gran Cofre dos Agasallos”, un lote de máis de cen pro-dutos valorados en aproxi-madamente 5.000 euros, que inclúe moda, calzado, decoración, viños, alimen-tación, sesións de beleza e relax, entre outros.

Os agasallos foron ache-gados polos establece-mentos asociados e para participar neste sorteo é necesario realizar unha

CCA Couto Centro, moi activo por Nadal4 Presenta unha das programa-cións máis completas.

compra en calquera dos lo-cais do Ourense Centro, cu-brir un boleto e depositalo nas urnas habilitadas antes do 31 de decembro. O sor-teo realizarase o � de xanei-ro e o premiado recollerá o cofre o día 5.

Tamén os máis pequenos poderán optar a agasallos grazas á iniciativa “Atopa o Papá Noel”. Papá Noel esconderase os días 19, �� e �3 de decembro nas galerías comerciais do centro da ci-dade, entre 11 e 13:30 e 17 e �0 horas. Aqueles nenos que o atopen poderán parti-cipar nun sorteo diario de 15 premios, que terá lugar ás �0

Ourense Centro incentiva as compras navideñas4 Co sorteo dun cofre de aga-sallos valorado en 5.000 euros.

O presidente do CCA Ourense Centro, Luís Rivera, o presidente da Escudería de Clásicos, Francisco Fernández, e o coordinador do Banco de Alimentos, Bienvenido Conde. /P.L.

horas.

Solidariedade co Banco de Alimentos

A terceira iniciativa de Ourense Centro é “100 co-ches, 1.000 quilos”, e conta coa colaboración da Escude-ría de Clásicos de Ourense e do Banco de Alimentos.

Por segundo ano faise esta reunión de vehículos clási-cos (anteriores a 198�) na que cada participante doará 10 quilos de alimentos. A cita é o sábado �0 e come-za coa recepción dos coches na praza Maior entre 16:30 e 18:30 horas. A partir das sete os Mini, Porsche, Alpi-ne, Seat 850 e similares rea-lizarán un percorrido polas rúas da cidade, para regresar unha hora despois ao punto de partida.

para os bares.Ademais, manteñen o

concurso de escaparatis-mo, que premia con 100 e 50 euros aos dous estable-cementos mellor decora-dos; para axudar repartiron entre os asociados árbores e moqueta vermella para am-bientar as rúas do Couto.

A colaboración co belén vivinte de Queixumes dos Pinos (o �1 de decembro, ás 1�:30 horas), o patroci-nio do sorteo de Nadal do CEIP Couto, e variadas ac-tividades infantís (parque de atraccións, ludoteca, concurso de karaoke e a I Festa do Neno) completan a programación que CCA Couto Centro elaborou para facer comercialmente máis atractivo o barrio du-rante estas festas.

Nuria Domínguez, Julio Prol e Carmen Piña, representantes do CCA Couto Centro./P.L.

Concurso de pinchos e de escaparatismo, e 500 euros para a mellor carta aos Reis dun adulto son algunhas propostas

Page 16: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

16 Ourense por BARRIOSDecembro de �014

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

4CRÓNICAS DOUTRO MUNDO

De Carlos Casares a Díaz Castro, de versións baratas de novelas como A esmorga a parvadas como a versión simplificada de Don Quixote que nos pro-porciona Pérez Reverte, empresario da literatura. Así transcorre o tempo no mundo das letras mentres a cultura esmorece, men-tres as palabras van mu-dando de formato e pasan ao mundo virtual. Palabras virtuais que parecen me-nos palabras. Historias que ás veces xa non se gardan entre follas de papel, en andeis, senón que aparecen e desaparecen a un golpe de clic.

E todos temos dúbi-das. Os escritores e os lectores. Dúbidas que esquecen que o máis relevante non é se o texto se le nun libro ou nun iPad, o relevante é se podemos dicir que paga ou non paga a pena. Acontece o mes-mo no xornalismo. O problema é a calidade. Porque digamos o que digamos só hai dous ti-pos de literatura: a boa e a mala literatura. E se falamos da boa literatura temos que falar de Ro-berto Bolaño, o escritor chileno.

Roberto Bolaño é, era, un grande escritor. Morreu no ano �003 e os seus cin-cuenta anos de vida deron para moito. E tamén para escribir máis de vinte li-bros, dos que debemos mencionar algúns que xa pasaron á Historia, con maiúsculas, da literatura universal. Estrella Dis-tante, Los detectives sal-vajes, Putas asesinas e, claro, 2666. En todas elas

2666 = Bolaño, escritor chileno4AS ANDRÓMENAS E OUTROS CONTOS

O meniño entre as pallas

Belén de Elisa. /MIGUEL BLANES.

aparece un luminoso escri-tor, heterodoxo, diferente e cun dominio dos espazos literarios e das linguaxes da creación que nos lembran ao mellor Borges. Pero nos seus textos atopamos todas as literaturas, Bukowski, Tolstoi, Cortazar, Pascal... E en 2666 este universo de personaxes, de lugares, de historias faise inmenso ata servir como metáfora do mundo que vivimos.

2666 é un fracaso de no-vela. Obviamente, como Don Quixote, como Moby Dick, como As viaxes de Gulliver. Fracasos de no-velas porque posiblemente sexan máis difíciles de ler, máis trabadas que todas as novelas xuntas de Pérez Reverte ou, se buscamos un dos nosos, de Agustín Fernández Paz. Pero esa é a súa marabillosa xeniali-dade. Que esta novela non é unha novela, é todas as no-velas. É a vida. Todas as vi-das. En 2666, o escenario é a miseria social dunha épo-ca que atura sen pudor cri-

Portada de �666.

“Só hai dous tipos de literatura: a boa e a mala literatura”

mes e asasinatos, como os de Ciudad Juárez en Méxi-co, Santa Teresa na novela. Escenario que se converte en todas as xeografías po-sibles. Deste xeito, a través das súas cinco partes per-corremos o itinerario da literatura universal. E Ro-berto Bolaño transfórmase nos diferentes personaxes protagonistas: Archimbol-di, Óscar Amalfitano, Fate, Jean-Claude Pelletier, o

detective Juan de Dios Martínez... E en moi-tos máis mentres fía e desfía como nas gran-des epopeias históricas accións, lugares, acon-tecementos.

Curiosamente, ato-paredes pendurado dun tendal de Óscar Amalfitano unha obra de Rafael Dieste, O testamento xeométrico. Tamén podedes com-probar a banalidade e a loita boba dos críticos literarios, a historia do boxeo norteamericano e a dunha universida-de que cada vez é máis infame e menos alma

mater... E os asasinatos de novo de Ciudad Juárez. Así ata un final no que, coa úl-tima frase do escritor, vol-vemos estar no principio, preparados talvez para vol-ver ler esta gran novela de novelas.

Entrementres, o mundo pode agardar. 2666, non.

Manuel Blancomanuel.blanco74@

hotmail.com

Cando deixamos a brinca-deira xa era noite pecha. Es-tiveramos os dous de sempre (O Tabao e o de Segunda) na eira de Mingote.

Alcumábano así, pero Xosé Manuel non era de segunda, era de primeira, o mellor amigo que un pode ter, sempre disposto a cal-quera falcatruada e nunca se ía da lingua, se hai que leva-las lévanse, pero de acuseta nada. A min o de Tabao ví-ñame polo meu bisavó, que nunha liorta en Soutolon-go, na foliada, quentoulle o corpo a tres de Lebozán e a xente dicía “pequeno é, pero pica como un tabao”. A min contoumo meu pai, por iso o sei.

Ao lembrarme do pai co-rrín cara a casa seguro de que xa viñera, habíame es-tar esperando, dixo que ía vir de día para preparar a cea. “Esta noite fareiche a túa comida, Chiquito, a que máis che gusta: capón con patacas fritidas”, díxome. Só de pensalo fíxoseme a boca auga.

Fun direitiño ao cuarto de abaixo por se entrara pola forxa, a min non me gusta-ba moito pasar por alí por-que era onde se colgaban os porcos para enfrialos antes da salga, e dixérame meu ir-mán Suso, antes de marchar para Barcelona, que algun-has noites viña a pantasma de Blanco (o que lle vendera a casa ao papá) e paseábase polo cuarto de abaixo, por iso ao ir durmir, mentres non viña o pai para cama, eu tapaba a cabeza por se era verdade.

Mirei a casa toda, porque un con sete anos non ten que ter medo, xa un non é un cativo. Na forxa non estaba, no cuarto de abaixo tam-pouco, nin no do medio, nin na cociña, nin no corredor... De súpeto, encolléuseme o

corazón e sentín esvarar as bágoas quentes mollándome a cariña aterecida de frío.

Maldicín a sorte dos orfos, se eu tivera unha nai non me pasaría isto. O pranto saíame a poutadas do peito, cheo de angustia e soidade, baixei para onde as vacas, cara o cortello do Moro (o cabalo que tanto eu quería e que papá me dixo que morreu de vello, enterrámolo na ínsula á beira do río. E a mamá sei-ca de leucemia en Venezue-la, eu era moi pequeno e non me lembro). Se polo menos estivera o Moro!, pensei.

Metinme na corte, estaba ben estrada de palla, a que trouxen da palleira cando volvín da escola, a Ratina deitada contra abaixo, é unha xovenca nova, mercouna o pai na Feira dos Carballiños a un da Saborida.

A carón da corte do cabalo fixo o seu cocho a Cachorra, ela é tan doce, ten os ollos da cor das castañas secas, naceu na casa, é filla da Ma-rela, que agora xa vai velliña e dorme na corte da Figuei-ra. A Cachorra é mansiña, pódela muxir no prado, eu déitome debaixo dela e bebo direito do teto o leite ben quentiño, acaríñolle a cabe-za, ráscolle as orellas cando está deitada, pois de pé non lle chego, é unha vaca moi grande, é a máis grande e a máis boa de todas as de Ri-

bas do Asneiro. Fun de vagarciño e dei-

teime ao seu carón, pousei a miña cabeza na súa ba-rriga, notei que lle gusta-ba terme alí entre as súas patas de diante, lambeume ata que deixei de chorar e así coa súa calor, pouco a pouco, quedei durmido.

Cando abrín outra vez os ollos xa viñera papá, atopoume onde a Cacho-rra, colleume no colo e levoume para a cociña, bicoume doce e tenro, prendeu o lume na larei-ra, quentoume as manci-ñas entre as súas, no lume puxo o trespés, enriba a pota de barro e preparou o capón. Namentras, da faltriqueira, sacou un vaso das aceitunas que tanto me gustan, e que sempre me trae. Volveume facer feliz porque ao estar el xa todo estaba ben. Acariñoume a cara con ese amor que só el ten e dixo: - Sabes que celebramos hoxe?

- Claro, papá, déixate de andrómenas, hoxe é Noi-teboa e celebramos que naceu o Noso Señor nunha cortiña entre pallas.

-Ti si que eres unha boa andrómena -dixo rindo-, menudo susto me deches cando te atopei deitado nas pallas coa Cachorra, sorte que é ben mansa!

Avelino Jácome

Page 17: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

17Ourense por BARRIOSDecembro de �014

4DIARIO DUNhA EMIGRANTE

Un pasiño p’adiante, MaríaHai uns días, coincidin-

do coa aprobación da Lei de Transparencia de datos aprobada en España, lin no País un interesante artigo de Jorge Urdánoz Ganuza so-bre que é o que fai a unha sociedade máis proclive á deterioración moral e máis dada á corrupción. No noso caso, xa nin se sabe, aínda que as súas reflexións so-bre os cestos vs as mazás é bastante lúcida e creo que un bo punto de partida para afrontar o cambio que tanto necesitamos.

Non podería estar máis de acordo con el en que a hon-radez e honestidade nada teñen que ver coa xenética ou a cultura dun determina-do pobo, senón con como ese pobo constrúe as súas institucións e ponas en mar-cha. Ao parecer, en Espa-ña perdémonos uns cantos capítulos sobre separación de poderes e a importancia que este acto ten na calidade das políticas deseñadas para goce do cidadán do montón. Ao parecer, a nosa democra-cia construíuse máis sobre principios orientados a fa-vorecer ás elites e ocultar as súas ‘pringadas’ monumen-tais que en facelos responder por semellantes fechorías.

4ARQUIVO VISUAL OURENSÁN

ARTIGOS / OCIO E CULTURA

Cando me saca a relucir aos nórdicos, pónseme os pelos de punta porque, des-pois de tres anos convivindo entre eles, podo asegurar que non están feitos dun ma-terial diferente e que, cando se ven capaces, fan a trampa máis e mellor que calquera Lazarillo do sur. Pero aquí os seus mecanismos de ac-ción e consecuencias están máis entrelazados, e de for-ma bastante improbable, sal-varíanse os seus politicos de pór en marcha políticas que prexudicasen á masa do seu electorado. Menos probable é que os cidadáns se saísen coas súas tentando dar algún golpe estrambótico. Non por casualidade volveu a ser Dinamarca o país menos corrupto en �014, segundo mostran os datos propor-cionados por Transparencia Internacional.

España atópase nun dig-no posto 37. Parece que hai esperanzas. Non só polo auxe dun partido que puxo en xaque ao anquilosado bi-partidismo e a súa carencia de orixinalidade en sacarnos da fochanca, facendo que a masa cidadá e os politicos se poñan a pensar e actuar de formas alternativas. Tamén tentamos superarnos e ofre-

cer ferramentas que saquen á luz as reviravoltas que nos arroxaron ás tebras lenta e inexorablemente.

A pesar das súas caren-cias, o portal de transpa-rencia creado polo gober-no e lanzado o pasado 10 de decembro, convida por primeira vez aos españois a seguir os pasos de ini-ciativas económicas, nor-mativas e institucionais dos nosos ilustres líderes e institucións gobernamen-tais. O saber non ocupa lugar. Nestas datas tan en-trañables, agradécese un agasallo de boa fé. Queda por ver se con iso aumenta a conciencia social e a ac-tivación de poder pedir ex-plicacións de forma máis efectiva; veremos se os políticos empézanse a ga-ñar o seu soldo responden-do dos seus actos e sendo consecuentes con eles. Ve-remos se o poder xudicial divórciase dunha vez por todas do poder executivo e decántase por aplicar a lei sen mirar a quen.

Veremos se podemos ou que.

É un pasiño p’adiante, María.

Raquel Sertaje

4RECEITA

Ingredientes:- 1 marrancho- Quilo e medio de ma-

zás- 1 pataca - �00 gr de castañas se-

cas- Loureiro- Ourego- Viño tinto- Pementón- Cebola- Allo- Allo porro- Aceite de oliva- Sal- Manteiga- Chirivías

Marrancho zorzadoElaboración:- Abrir o marrancho desde

o peito até o abdome.- Mesturar o ourego, o lo-

ureiro triturado, o pemento, o viño tinto, a manteiga e o sal para facer unha pasta e untar o porco por fóra e por dentro. Deixar repousar no frigorífico 3 días aproxima-damente.

- Facer un caldo con allo porro, allo, cebola e litro e medio de auga até reducilo a � vasos.

- Pór o marrancho nunha placa de forno e fornearlo a 150º aproximadamente 3

4hUMOR

[+ en https://www.facebook.com/ChisteLoiro]

horas ata que quede doura-do pero non seco (regar de cando en vez cos dous vasos de caldo).

- Para a guarnicición, co-cer as castañas, a pataca, a chirivía e as mazás en ¼ de litro de auga durante 30 ou 35 minutos.

- Daquela triturar todo e pasalo por un tamiz para metelo nunha manga con boquilla rizada e utilizar como adorno e guarnición.

Luis IglesiasRestaurante

Os CaracolesTel. 988 380 165

Denostados, case des-prezados, marcharon sixi-losos rumbo á ignominia. A mal entendida prosperi-dade e o cambio de hábi-tos e costumes, soterraron actividades dignas de re-cordo. Maceiros, castañei-ras, oradoras, limpabotas, mondongueiras, augado-ras, fielateiros, quincallei-ras, capadores, rianxeiras, lavandeiras,…, oficios extintos da etnografía ig-norada.

José González, barqui-lleiro; Emilio Becerra, sereo de comercio da rúa Progreso; Jesús López e Luís Durán, bravos la-ceiros; Mª Luisa García, leiteira de Cudeiro; Juan Manuel Gonzalo, limpabo-tas do Hotel Roma ou o pregoeiro José Iglesias, a súa voz quebrouse nos 40. Corrosiva quimera. Tra-dicións violentadas pola involución cando o eco responde con silencio.

Sen lograr acostumar o oído ao son de billas aber-tas, agardo o día en que o lastimoso canto da terra reclame a súa dilapidada

herdanza. Talvez nunca, sempre tarde.

Fernando Valcárcel Membro do Arquivo

Visual Ouresán

Oficios desaparecidos

Barquilleiro na rúa San Miguel en 1960./JAVIER TORRES

EN BREVE

4 Rock for food, para os necesitados

O �7 de decembro, ás �0 horas, El Pueblo Cafá Cul-tural (rúa Samuel Eiján) acollerá un concerto soli-dario en favor do Banco de Alimentos de Ourense.

Acid Proyect, Amenaza de Muerte, Demond Road e Johhny 3 Pasos son os grupos de rock que acturán nesta cita.

4 I recital poético solidario

O �1 de decembro o mun-do lerá poesía en simul-táneo, para axudar a quen máis o necesita a través de Cruz Vermella.

En Ourense o I Recital Poético Solidario Interna-cional está organizado polo Círculo Poético Ourensán e será ás 18.30 horas na praza de Paz Nóvoa.

4Deportes no Nadal de Barbadás

A Casa da Xuventude de Barbadás organiza o �� de decembro, ás 17 horas, un Torneo Infantil de Tenis Wii, para rapaces de entre 7 e 1� anos. O día �6, ás 18 horas, outro de Ping-Pong para maiores de 16 anos. E o 30, ás 17.30, un de Scalextric para nenos e adultos.

Page 18: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

18 Ourense por BARRIOSDecembro de �014 OCIO E CULTURA

4IMAXES DO MES

Agustín Fernández, Roberto Castro, Alfonso Cabaleiro, Rogelio Martínez e Marián Ro-dríguez, brindando con produtos galegos./P.LODEIRO.

A despensa galega fai parada na praza MaiorA campaña “Galicia Calidade en ruta” pasou pola praza Maior de Ourense, presentando

aos ourensáns os produtos da despensa galega que gozan desta marca de garantía. Son 50 as empresas da nosa comunidade que teñen amparados neste selo un total de 300 produtos e servizos. Boa parte deles estiveon presentes no camión, no que os visitantes puideron acceder a showcookings e degustacións, da man da chef Marián Rodríguez, e unha catas de viños baixo a dirección da enóloga Cristina Murga.

O director da Esmorga, o alcalde da cidade, o conselleiro de Cultura e o vicepresidente da Deputación foron algúns dos presentes na homenaxe a Blanco Amor./P.LODEIRO.

Escolares e autoridades homenaxean a Blanco AmorCon música, extractos das súas obras, discursos e flores, así se celebrou o 35º aniversario

do pasamento de Eduardo Blanco Amor. Autoridades, estudantes dos IES Blanco Amor e Lagoas e o colexio Concepción Arenal, intelectuais e amigos do insigne escritor ourensán participaron nesta homenaxe no cemiterio de San Francisco, que se ven celebrando cada 1 de decembro desde hai 11 anos. O acto concluiu cunha ofrenda floral sobre a tumba de Blanco Amor, con ramos da Xunta, Deputación, Concello, Pen Club e Editorial Galaxia.

Estudantes de Carmelitas consultando nun dos stands da Feira do Voluntariado./P.L

Feira do voluntariado A organización dunha Feira de entidades de acción voluntaria nunha carpa instalada

na praza Maior foi o acto central da programación organizada polo Concello de Ourense para conmemorar o Día Internacional do Voluntariado. Amencer, Cruz Vermella, Amigos da Terra, AECC, a Fundación Juan Soñador e moitas outras deron a coñecer durante a xornada do 5 de decembro as súas actividades e animaron a facerse voluntario aos que se achegaron ata a praza Maior. Contos solidarios, un obradorio de motivación para persoas voluntarias e baile e música cun espectáculo de hip hop completaron a programación.

Autoridades e escolares premiados no Concurso da Constitución./P.LODEIRO

Acto institucional da Constitución en OurenseO Auditorio de Ourense foi escenario o 6 de decembro do acto institucional que con-

memora o 36º aniversario da Constitución española. Organizado pola Subdelegación do Goberno de Ourense, o acto incluiu a entrega de galardóns do 31º Concurso de debuxos e redaccións da Constitución, no que participaron estudantes de centros educativos da pro-vincia; a entrega de tres distincións (a Manos Unidas, o doutor Manuel Garrido e a axente que coordina a Unidade de Protección a vítimas de violencia de xénero, Eva Rodríguez). Ademais, a Dirección Xeral de Protección Civil concedeu dúas medallas ao mérito.

Page 19: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

19Ourense por BARRIOSDecembro de �014

OCIO E CULTURA

Redacción

A concelleira de Cultu-ra, Ana Garrido, o alcalde, Agustín Fernández, e o técnico de Cultura, Ma-nuel Freire, presentaron a programación de Nadal do Concello de Ourense, cuxa “inauguración” ofi-cial terá lugar o venres 19 co tradicional acto na praza de San Cosme ao carón do Belén de Arturo Baltar. Alí haberá unha interpretación de panxoli-ñas por parte da Banda Municipal, que posterior-mente se trasladará ao Parque de San Láaro para desfilar ata a Praza de San Martiño e ofrecer o Con-certo de Nadal.

A partir dese día, a Concellería de Cultura promete unha programa-ción variada, para gran-des e pequenos, na que a Cabalgata de Reis cobra-rá especial protagonismo. Segundo explicaba o téc-nico Manuel Freire, “este ano o xiro (na Cabalgata)

vai ser maior, vaivos gus-tar, as carrozas (cinco) se-rán exclusivas, para que os reis poidan pasear por elas e incluso baixar nalgunhas paradas”. Será un desfile temático -polo percorrido de sempre-, pero cunha de-coración na que primará a maxia, a fantasía e os ele-mentos vexetais.

Polo demais, é novidade un obradoiro de elaboración de marionetas na sala Án-gel Valente e o tren “Orient Xpress” no parque de Foula Cultural & Carrileiros.

Ourense “inaugurará” o Nadal o día 19, co tradicional acto na praza de San Cosme

Teatro e festa Asemade, repiten os

concertos de corais na súa nova ubicación no Audi-torio, continúa un clásico como a Mostra de Teatro Infantil, e voltará haber carpa con orquestra e bai-le na noite de Fin de Ano na praza Maior. A edil de Cultura tamén destacou o concerto extraordinario de Nadal, na Catedral o �0 de decembro, coa par-ticipación da Orquestra Barroca e Coro da Casa da Música do Porto.

Talleres infantís no centro comercial4 A visita de Papá Noel, unha fes-ta navideña e a pista de xeo com-pletan a oferta de Ponte Vella.Redacción

O centro comercial Ponte Vella ten preparadas nume-rosas actividades para que os máis pequenos da casa non se aburran durante as súas vacacións escolares de Nadal.

Como sempre na Planta Baixa, en horario de 17 a �0.30 horas, os cativos po-derán pasalo en grande nos talleres infantís que o centro comercial organiza nestas datas tan sinaladas.

Os días 19, �0 e �1 de de-cembro confeccionarán pos-tais navideñas. O �� e �3, decorarán un Papá Noel. E o �6, �7 e �8 crearán numero-sos renos.

Ademais, o �9 e 30 de decembro, os cativos con-feccionarán os seus propios

adornos de Nadal para po-der decorar a súa casa.

Visita de Papá Noel e festa navideña

Do �0 ao �4 de decem-bro, os máis pequenos po-derán trasladarlle a Papá Noel todas as súas peti-cións, porque estará todas as tardes en Ponte Vella de 5 a 8.

Ademais, o sábado �0 poderán gozar dunha gran festa navideña con títeres e mascotas infantís.

Pista de patinaxePara os amantes da pa-

tinaxe continúa aberta a pista de xeo na terraza do centro comercial ata o 19 de xaneiro (inclusive os domingos �1 e �8 de de-cembro).

Completo Nadal en BarbadásRedacción

O Concello de Barbadás ten preparado un sinfín de actividades para este Nadal. Os máis pequenos poderán gozar na Casa da Cultura (sempre ás 19 horas) das obras de teatro “La bruja risitas” (18 de decembro) e “El príncipe feliz “ (día 19); o espectá-culo de clown “Feliciano” (día ��); “Roi o cagabo-las” (día �3); o espectáculo “Ledicias” do Mago Paco (�9 de decembro); “Contos de animalario”, actuación de contos e música (día 30); e “Laboratorio Máxi-co” con maxia e humor (� de xaneiro).

Así mesmo, o �� de de-cembro dende as 16 horas, Papá Noel percorrerá os xeriátricos do Concello. E o �3, tamén dende as 4 da tarde, achegarase a Loiro, Bentraces, Sobrado, Bar-badás, As Lamas, Piñor, Parada e Finca Fierro; e a partir das �0 horas estará na Valenzá.

Concertos A música tamén será

protagonista, en distintos concertos de panxoliñas na igrexa de Sobrado do Bispo (�5 de decembro ás 11), na Casa da Cultura (día �6 ás 19 horas), nas igrexas de Piñor e de Barbadás (día �8 ás 11), na de Bentraces (�8 de decembro e 6 de xaneiro ás 1�) e na da Valenzá (6 de xaneiro ás 1�.30).

Por último, a Banda de Música de Barbadás ofre-cerá un concerto benéfico contra o cancro o 17 de xaneiro, ás �0.30 horas, no Teatro Principal.

A pista de xeo de Ponte Vella, un clásico do Nadal./P.L.

Árbore instalada na praza Maior./P.LODEIRO.

4Cultura promete unha cabalgata de Reis moi especial.

Repite a MOTI, os concertos de corais e a festa de Fin de Ano

Page 20: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

�0 Ourense por BARRIOSDecembro de �014

DEPORTES

4Fútbol salaO sábado �0 de decem-

bro regresa a competición la Primeira División do fútbol sala feminino co derbi ourensán.

A partir das 17 horas a cancha central dos Re-medios engalánase para acoller o partido entre o Ourense Envialia e o Ci-dade As Burgas. Despois dun mes de parón polo Mundial -no que España rematou na terceira po-sición- regresa a compe-tición con este duelo. O Envialia é sexto con �0 puntos, mentres que o Ci-dade marcha na segunda posición con �7.

Salva Arco no partido contra Palma./RAMSÉS

Vitoria pola mínima en Prat4 Tyler Brown abandona o Club Ourense Baloncesto.R. Torres

O Club Ourense Balon-cesto, que chegaba a Prat a poucas horas do comezo do partido contra o equipo local, logrou a vitoria por un punto de diferenza (56-57). Tyler Brown deixou a disciplina cobista antes do encontro.

O inicio de partido foi moi igualado cunha vantaxe mí-nima do COB ao final dos dez primeiros minutos (14-15). No segundo cuarto os locais despegaron, pero sen romper o partido (�0-13 no segundo cuarto, o que supo-ñía un 34-�8 ao descanso).

No terceiro acto os gua-rismos foron moi pobres, 9 a 1� (43-40 no global).

Último cuartoChegábase ao último

cuarto coa incertidume de saber quen se faría coa vi-toria. Suka e Arco non es-taban acertados ante o aro rival, a pesar dun triple do segundo; Fieler e Busma estaban desaparecidos e soamente Rivero e Rejón mantiñan vivo ao equipo. Ata que Allison entrou na cancha. O británico asinou uns últimos minutos que le-varon aos de García de Vi-toria vivos ata o final.

Faltando sete segundos a posesión era ourensanis-ta. Suka decide penetrar e consegue unha falta que supoñía dous tiros libres. Quedaba medio segundo

para o final do partido. O primeiro entra, o segundo non; e rebote para o Prat xa sen tempo para a reac-ción. Parcial de 1�-16, que deixa un resultado final de 55-56.

Oitava vitoria da tem-pada que coloca ao COB na segunda posición da tá-boa, tan só adiantado polo Palencia.

Copa PríncipeOs afeccionados seguen

soñando con disputar a Copa Príncipe. O equipo marcha na segunda posi-ción a falta de dúas xor-nadas para o remate da primeira volta. Oviedo na casa e Navarra fóra son os escollos que lle restan ao conxunto ourensán para poder chegar a esa com-petición. Todo un premio ao traballo realizado ata agora.

Tyler BrownQuen non disputará nin

un minuto máis co Club Ourense Baloncesto é Tyler Brown. O norteamericano rompeu unilateralmente a súa vinculación co club despois das desavenencias co técnico nas últimas xor-nadas; máis palpable no partido contra o Palma.

Agora o club sondea o mercado sen moita présa, xa que Brown era o que menos minutos disputaba e o que menos aportaba ao equipo.

Saúde e deporte no Cardenal CisnerosO pasado � de decembro, o Colexio Cardenal Cisneros de Ourense acolleu unha xor-

nada sobre alimentación saudable e deporte chamada “Vivir en Saúde na Escola”. Ana-lizouse a realidade en Ourense en torno á infancia e o alto sedentarismo (debido á esca-sa actividade física e os malos hábitos alimenticios, entre outras cousas) e aplicouse un PIC (Proxecto de Intervención Comunitaria) na materia de Educación Física.

Os alumnos participaron activamente na xornda de saúde e deporte./CEDIDA

A UD Ourense suma goleadores4 Soto, Valderas e Roberto Da-costa, novos realizadores. Lucas Nieto, o mellor en novembro.R. Torres

A Unión Deportiva Ourense venceu ao Parada do Sil por 0-7 nun cam-po moi embarrado e con Soto, Valderas e Roberto Dacosta estreándose coma goleadores.

Nos primeiros minutos de encontro o equipo local estivo con moito ímpetu

para intentar sorprender aos homes dirixidos por Anto-nio Dacosta. Pero aos dous minutos, a UD viuse por enriba no marcador gracias a un penalti transformado por Ramón Dacosta.

A pesar do xarro de auga fría, o Parada dispuxo de dúas ocasións que ben pui-deron darlle a volta ao mar-cador, pero Cristian lograba

que iso non acontecera.Os capitalinos lograban o

segundo gol por mediación de Diego Soto aos �5 minu-tos de encontro.

Na segunda metade se-guiría o festival goleador. Valderas lograba o 0-3 no 18 da reanudación. Dous minutos máis tarde sería

Roberto Dacosta o que facía o 0-4. Santi anotou os dous seguintes; e Xaco remataría a goleada co sétimo.

Lucas NietoO lateral Lucas Nieto foi

elexido pola afección como o mellor xogador no mes de novembro.

Lucas Nieto, no centro, recibindo o premio ao mellor xo-gador da UD no mes de novembro na tenda de deportes Sequesport./RAMSÉS

“Peluso” substitúe a Regal no Barbadás4 O ex adestrador azul dimitiu de forma irrevocable trala derro-ta contra o Ribadumia.R.T.

Era algo que cada día que pasaba parecía máis que probable. Jorge Regal dimitiu coma adestrador do Barbadás de Terceira División trala derrota na

casa contra o Ribadumia por cero goles a dous. Os malos resultados das últi-mas xornadas fixeron que a súa decisión fora irrevo-cable.

O club non esperou e buscou ao seu substituto

desde o propio domingo. Finalmente, e en menos de 48 horas, xa tiñan ao home elexido para relevar a Re-gal; o seu nome: Perfecto Rodríguez “Peluso”, que adestrou ao Lalín na mes-ma categoría.

Peluso xa estará no par-tido da vindeira xornada contra o Sanxenxo.

Mala dinámicaO equipo con sede nos

Carrís leva unha dinámi-ca negativa. Unha vitoria, dous empates e sete derro-tas é a súa bagaxe nas últi-mas dez xornadas.

Perfecto Rodríguez “Pelu-so”. /I.OSORIO

Page 21: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

�1Ourense por BARRIOSDecembro de �014

PUBLICIDADE

Page 22: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

�� Ourense por BARRIOSDecembro de �014

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 151-�00� / OU 1�5-�003 / OU 164-�004/ OU 155-�007. Redacción: r/ Bedoya 7 1º Of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 045 35� Correo-e: [email protected]. Distribúe: Visual. Imprime: Publicaciones Tameiga.Directora: Paula Lodeiro. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro. Colaboracións: Silvia Nieto, Raquel Sertaje, Pablo Feijoo, Manuel Blanco, Fernando Valcárcel

Nº148/138/1�4/87 - Ano: XII - Decembro de �014 - Difusión: 40.000 exemplares (Ed. Couto:11.000, Ed. Ponte Canedo: 10.000, Ed. San Francisco: 9.000 exemplares e Ed. Centro: 10.000 exempla-res). Impreso en papel 100% reciclado. A opinión do periódico exprésase só no editorial, os artigos e cartas ao director expoñen posturas persoais. Este periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Se ten algún problema co reparto, chame ao 988 045 35�.

Concello Ourense 988 388 100Concello Barbadás 988 360 000Deputación 988 385 100Xunta de Galicia 01�Pazo de Xustiza 988 370 7�8 Policía Local 09� / 988 388 138P. Local Barbadás 988 ��1 050Policía Nacional 988 391 771Guardia Civil 988 �35 353Guardia C. Tráfico 988 222 881ITV 90� 309 000Bombeiros 080 / 988 370 000Incendios forestais 085Prot. Civil �4 h. 988 510 �54Prot. Civil Barbadás988 391 479Cruz Roja Ourense 988 ��� 484SOS Galicia 11�Urxencias e ambulancias 061Consultas sanitarias90� 400 116H. Sta. Mª Nai 988 385 499Hospital Cristal 988 385 500Atención Cidadán 988 39� 909Teletaxi 988 �1 00 11Taxis A Valenzá 988 �51 471Taxis Carrefour 988 �31 657RENFE 90� �40 �0�Estación autobuses 988 �16 0�7Correos 988 ��3 083 Fenosa 988 ��� ���Aquagest 988 �50 088Atención menor 900 �0� 010Asoc. Diabética Auria988 ��6 608AECC 988 �19 300C. C. Antisida 988 �33 000Alcer 988 ��9 615AFAOR 988 �19 �9�Alcoh. Anón. 646 645 119�4h. Alc. Anón. 988 �69 540Alcoh.An. �4h. 988 �� 76 �3 Asoc.Crohn 630 136 447Down Ourense 988 370 313Atención Muller Maltratada 016

4TELÉFONOS DE INTERESE

4AUTOBUSES: liñas e horarios dos urbanos de Ourense en www.urbanosdeourense.es e liñas e horarios dos buses a A Valenzá en www.anpian.com

4ANUNCIOS CLASIFICADOS

VENDASTRABALLO[Deixe os seus anuncios no 988 045 35� ou en [email protected]. Gratuítos para particulares]

SERVIZOS / CLASIFICADOS

CONTACTOSOfrécese chico de compañía de 34 anos para mulleres de 45 a 65 anos. E para despedidas de soltei-ras e estriptís. Tel 66� �81 31�.

ALUGUER

Recorda: é para sempre!Contacta con PROGAPE no 988 21 29 39, en Vilar de Astrés ou en Facebook4ADÓPTANOS...

Blaky é unha gatiña de 4 meses. Ten unha pequena coxeira, pero non lle afecta na vida diaria.

Cinco cachorros de 6 me-ses de tamaño mediano can-do medren. Machos e femias. Son trastes, pero moi bos.

Thor é un mastín de 6 anos. Está acostumado a estar con gando. É moi tranquilo.

Thina, femia de � anos. Acostumada a finca. Moi boa con outros cans. Moi activa.

Perruqueira con �0 anos de ex-periencia e coñecementos de es-tética ofrécese para traballar estas festas de Nadal ou en fins de se-mana soltos. Tel. 685 97 10 34.Ofrécese señora para servizo do-mésticou ou empresas de limpe-za. Tel. 616 �4 4� 78.Fanse reparacións en fogar e negocios, carpintaría, persianas, mobles, etc... Tel. 656 78� 460.Licenciada en Traducción e In-terpretación da clases de inglés e francés. Todos os niveis. Clases individuais e grupos reducidos. Tel. 664 59 06 04Danse clases particulares de pintura artística: óleo, acuarela, pastel, acrílioc, todos os niveis, 40 anos de experiencia. Tel. 687 19 33 44Photoshop e deseño gráfico, cla-ses particulares, todos os niveis, �0 anos de experiencia. Tel. 667 508 333.Clases a domicilio durante o curso, especialidade matemáticas xerais. Todas as etapas. Tamén outras materias. Ampla experien-cia. Económico. Con CAP. Tel. 636 61 95 89 e clasesadomici-lio�[email protected]écese señora con informes para coidar persoas maiores Tel. 637 00 59 10.

En Xínzo véndense cinco rodas de Ford Escort 18560R14 en bo estado, e varias ferramentas de al-banelería. Tel. 663 376 00�.Vendo colchón antiescaras por 40 euros, coxíns de látex de �0 e �5 euros. Tel. 606 03 57 81.Vendo sensores de aparcamento con pantalla led que indica distan-cia e lado de colisión (varias cores) e regalo instalación en Ourense. En 3h telos instalados con acaba-do profesional garantido por 40 euros. Unha das últimas medidas de seguridade ao teu alcance. Tel/Whatsapp 667 830 310.Vendo xerseis feitos a man por en-cargo 10 euros, e bolsos de trapillo a 3 e 5 euros. Tel. 664 096 953.Vendo compresor de aire ABC VG-5-PC Industrial 6CV-HP, Presión 8kg/cm� psi115, 750 litros/minuto, depósito 300l, peso neto �10kg. 1.000 euros. Tel. 687 19 33 44Vendo 36 ventás corredeiras de aluminio branco con aislamento cristal doble Climalit. 5�x115 cm. 95 euros unidade. Vendo � portas de aluminio branco con cristal sen marco; �35x78 cm, con pechadu-ra con chave. 80 euros cada unha. Vendo unha porta de aluminio cristal blindado sen marco, �09x73 cm. Tel. 687 19 33 44.Vendo caldeira de calefacción gas cidade, apeiros de labranza para decorar e sofá 3+� seminovo. Tel. 637 00 59 10.

Alugo local económico e acondi-cionado de 15 m� xunto a parada de autobús. Certificado enerxético E. Tel 6�7 �03 131.Alugo piso zona O Couto. Refor-mado. Tel: 677 494 645.Alúgase amplo bar-restaurante céntrico en Xinzo. O seu nome ac-tual é “Punto de Encontro” e ten todo o necesario para abrir ao pú-blico inmediatamente. Pódese ver sen compromiso. Prezo a convir. Tel. 647 076 0�4.Alúganse 2 naves de 4�� e 454 m� xuntas ou separadas en Polígono de Pereiro de Aguiar, parcela nº 15, fronte A Codisoil. Tel. 639 67 74 3�.Alúganse oficinas amobladas en P fronte ao Pazo de Xustiza. Tel. 637 00 59 10.Alugo praza de garaxe ao lado da praza do Couto. 45 € Tel. 606 03 57 81.Alúgase praza de garaxe pechada con pequena adega en Faustino Santalices. Tel. 988 �� �1 79.Alúgase un sitio para unha moto no garaxe do edificio Mercadona da avenida de Santiago. Tel. 988 �1 �9 00

VENDA PISOSVendo piso no Couto. Tres habita-cións, calefacción e ampla adega. Totalmente reformado. Prezo eco-nómico. Tel. 677 494 645.Vendo piso en Marcelo Macías, 3 dormitorios, calefacción, aire acondicionado, ascensor, � ga-lerías, parquet, amoblado súper luxo. Tel. 988 �� 75 74.Vendo casa en estrada de Santiago con finca Tlf. 637 00 59 10Urxe vender piso a 10 minutos de Vigo, equipado, renovado. Tel. 636 4�� 497

Vendo manequíns en perfecto estado, modernos con pelo escul-pido moi bonitos. 150 euros cada un (os tres, 400 euros). Tel. 988 �5 43 59.Vendo casco de moto modelo Cool Max Linine Pr�000 XS1500, prezo a negociar. Tel. 988 �1 35 56 (chamar de 16 a 18 h ou de �1 h en adiante).Véndese leña de carballo. Tel. 630 5�1 448.

4AXENDATeatro- �0 de decembro - Diá-

logo do can co seu amo- �0.30 h - Teatro Principal

- �6 de decembro - Vue-la si puedes- 17 h - Teatro Principal

- Do �6 ao 30 de decem-bro - XI Mostra de Teatro Infantil de Ourense - Di-versas localizacións

- �7 de decembro - Vio-leta y pantagruel - 17 h - Teatro Principal

- �8 de decembro - A casa do avó- 17 h - Teatro Principal

- �9 de decembro - As fabas máxicas - 17 h - Tea-tro Principal

Cine- �� de decembro - Vida

extra - �0.30 h - Biblioteca Pública Nodal

Música- �0 de decembro - Meus

Fest - 19 h - Café Cultural El Pueblo

- �0 de decembro - Con-certo homenaxe ao batería Julio Deza - �1 h - Sala Berlín

- �3 de decembro - Con-certo acústico de Becks & Swede - �3 h - Café Isaac

- �6 de decembro - Con-certo de jazz con Tony Ris-co - �1 h - El Cercano

Espectáculos- 19 de decembro - Es-

pectáculo de danza “+ tan-go, la canción de Buenos Aires” - �0.30 h - Teatro Principal

- 19 de decembro - “II Gala benéfica contra o cancro” - �0.30 h- Audito-rio Municipal

- 30 de decembro - Es-pectáculo do clown e maxia cómica “Un ramón de mandarinas”- 17 h - Teatro Principal

- 4 de xaneiro - “La ma-gia de Jorge Blass” - 19 h - Teatro Principalwww.periodicobarrios.com

Page 23: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

�3Ourense por BARRIOSDecembro de �014PUBLICIDADE

Page 24: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSDecembro de �014

Page 25: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

Número: 138 - Ano: XIII - Decembro 2014 - Depósito Legal: OU 125-2003 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

O Nadal xa está aquí

[páx. 15 e páx. 39-42]

SOCIEDADE Páx.11 BARRIOS Páx.4 CIDADE Páx.9TEMA DO MES P.2-3 DEPORTES Páx.20

Amencer agarda superar os 26.000 quilos de alimentos

Os emigrantes retornados reciben o apoio do Concello

Representantes políticos e sociais fan balance do 2014

O alumeado de Nadal comezou a instalarse na tarde do día 16../RAMSÉS.

Sábado 20, derbi de fútbol sala: Ourense Envialia - Cidade

Melloras nas bancadas e nos vestiarios do campo de Oira

[páx. 5 e 19]

Nadal en Ourense

Entrevista a María Devesa, concelleira de Participación Cidadá

e Xuventude

Poda das árbores no parque das Mercedes./P.LODEIRO.

Talasabusivas

[Páx.6]

[páx. 5]

Page 26: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

Número: 124- Ano: XIII - Decembro 2014 - Depósito Legal: OU 164-2004 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

CIDADE Páx.9 DEPORTES Páx.20TEMA DO MES Páx.2 SOCIEDADE Páx.11CIDADE Páx.4

PSOE e PP presentan xuntos o Plan de Investimentos

O Club Ourense Baloncesto vence pola mínima en Prat

Os emigrantes retornados reciben o apoio do Concello

Amencer agarda superar os 26.000 quilos de alimentos

Representantes políticos e sociais fan balance do 2014

O alumeado de Nadal comezou a instalarse na tarde do día 16./RAMSÉS

Nadal en Ourense

Tala abusiva

Poda das árbores no parque das Mercedes./P.LODEIRO

[páx. 5][páx. 5 e 19]

[Páx. 6]

Entrevista a María Devesa, concelleira

de Participación Cidadá e Xuventude

Page 27: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

Ourense por BARRIOSDecembro de �014

Page 28: Decembro 2014 - Ourense por Barrios

Número: 87- Ano: XIII - Decembro 2014 - Depósito Legal: OU 155-2007 - Periódico mensual de distribución gratuíta www.periodicobarrios.com - OURENSE POR BARRIOS volve estar no seu buzón a finais de xaneiro. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

TEMA DO MES Páx.2 SOCIEDADE Páx.15 DEPORTES Páx.20CIDADE Páx.4 CIDADE Páx.9

Sábado 20, derbi de fútbol sala: Ourense Envialia - Cidade

Ourense Centro incentiva as compras navideñas

Representantes políticos e sociais fan balance do 2014

Os emigrantes retornados reciben o apoio do Concello

PSOE e PP presentan xuntos o Plan de Investimentos

O alumeado de Nadal comezou a instalarse na tarde do día 16./RAMSÉS

Nadal en Ourense

Tala abusiva

Poda das árbores no parque das Mercedes./P.LODEIRO

[páx. 5][páx. 5 e 19]

[Páx. 6]

Entrevista a María Devesa, concelleira

de Participación Cidadá e Xuventude