PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV....

19
SISTEMA DIXESTIVO SISTEMA RESPIRATORIO SISTEMA URINARIO Ler no caso de que se sinta unha necesidade urxente de aprender PARÉNTESE INFORMADO

Transcript of PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV....

Page 1: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

SISTEMA DIXESTIVO

SISTEMA RESPIRATORIO

SISTEMA URINARIO

Ler no caso de que se sinta unha necesidade urxente de aprender

PARÉNTESE INFORMADO

Page 2: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

SISTEMA DIXESTIVO

¡Ola! Son o sistema dixestivo, encárgome de transformar os alimentos en nutrientes para que podan ser asimilados por todas as células do corpo. Vou presentar aos meus colaboradores:

• Boca: Eu son a boca.Encárgome de iniciar a

dixestión: teño alugados uns inquilinos que vos falarán de seguido:

∗ Beizos: Somos dous dobramentos carnosos recubertos pola pel na parte exterior. A nosa función é moi variada: participamos na alimentación, na emisión de sons.....

∗ Dentes: Somos duros e resistentes (estamos compostos de calcio e flúor) xa que cortamos, desgarramos e trituramos os alimentos. Temos uns bonitos nomes: incisivos, caninos, premolares e molares con funcións diferentes.

Alimentos: ¡Que espanto! ¿Quen nos mandaría entrar aqui? Claro que non o fixemos voluntariamente..... Fomos forzados........., e ¡vaia trato que recibimos!...... ¡Que ducha estamos levando!

∗ Lingua: Eu son o conserxe, recoñezo e dou a aprobación ou rexeito os alimentos que me chegan. Se son aceptados: empuxo, mobo e sitúo o alimento entre as moas.

Page 3: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

∗ Saliva: Son un líquido acuoso. Fun vertida polas

glándulas salivares (que son tres pares: parótidas, submaxilares e sublinguais, situadas debaixo da língua e a ambos lados da cavidade bucal) en cantidade de 1 a 2 litros diarios, favorezo a deglutición dos alimentos e axudo a descompoñer os azucres, ademais de destruir algunhas bacterias.

• Farinxe: Traballo pouco. Pecho o paso á tráquea para que pase o alimento ao

esôfago. DEGLUTICIÓN

Acción de tragar o alimento

• Esófago: Son un transportista de alimentos. Vou

empuxando o bolo cara o estómago sen pausa. O bolo só está comigo 15 segundos, porque me percorren unhas ondas (chamadas peristálticas) que me abanean, e así oalimento vai rapidiño.

Alimentos: ¡Que mareo!, xa está aberto o cardia, diríximonos ao estómago...........

• Estómago: Son un órgano musculoso. Comunícome co esófago a través dunha válvula que sempre manteño aberta, o cárdia, e co intestino delgado a través de píloro, que case

Page 4: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

sempre está cerrada. Os movementos peristálticos continúan ata min. ¡Que batido lle vou dar aos alimentos!. As miñas paredes son moi potentes, e ademais teño tempo. ¡Tómomo con calma!, pois veño tardando en facer o meu traballo entre 2 e 8 horas. Tamén vou verter o zume gástrico (contén pepsina que inicia a dixestión das proteinas e ácido clorhídrico) verás como van quedar,¡irrecoñecibles!. As miñas paredes están a salvo, xa que están recubertas de mucus, que me protexe.

Alimentos: ¡Pobres de nós!, ¡xa non somos os mesmos!, agora semellamos unha papilla e chámannos quimo, vaia nome. Despois do batido e do zume gástrico que rompeu as proteínas, ¿que nos queda? Parece que estamos moi ácidos e empúxannos de novo. O piloro, está aberto ¡Alá vamos!... • Intestino delgado: Son un tubo que me comunico co estómago a través do piloro e

co intestino groso a través da válvula ileocecal. Estanme chegando porcións de quimo¡que ácido! Terei que remedialo. Teño que me por a traballar e avisar aos meus proveedores. O traballo seguro que non é doado, xa que debo realizar a maior parte da dixestión. Conto con estratexias:

- Teño unha gran lonxitude,¡aló para 7 metros! - Conto con pregaduras: as vellosidades intestinais. Teño 5 millóns (¡quen

mos dera en cartos!) que fan que a miña superficie total sexan uns 300m2. Empezo o traballo: vou verter zume intestinal para seguir descompoñendo o quimo (quedará feito quilo), e xa mando SMS aos meus colaboradores:

∗ Fígado: ¡Cantas tarefas me encomendan, non sei se darei

feito!. - Teño que verter bile (reciclo o material xa que a

fabrico a partires dos glóbulos vermellos mortos e de substancias de desfeito) para que axude na dixestión das graxas; enviareilla a vesícula biliar para que a almacene mentres non faga falta.

- Teño que almacenar azucre, vitaminas e ferro - Teño que destruir medicamentos e alcohol.(¡Ollo

co que bebes!, que podes facerme dano)

Page 5: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

Páncreas: ¡Eu tamén teño que traballar moito!. Tócame verter zume pancreático ( este zume ten bicarbonato de sodio , que neutraliza a acidez do quimo, impedindo que as células intestinais resulten danadas) ao intestino delgado, para axudar a dixestión e cando cheguen os azucres ao sangue, teño que cambiar de identidade e comportarme como unha glándula de secreción interna segregando insulina.¡O que hai que facer para gañarse a vida!.

Alimentos: ¡Xa non queda nada de nos!. Estamos divididos, ¡tantas voltas para isto!. Os nosos fragmentos, xa irrecoñecibles, sepáranse; uns van para ao sangue( nutrientes) e outros, os refugallos, seguen ao intestino groso. NUTRIENTES

Proteínas aminoácidos

Glícidos glicosa

Lípidos ácidos graxos + glicerina Auga Auga Sales minerais Sales minerais

Nutrientes: ¡Que aglomeración! Imos buscar outra pregadura pois seguro que se circula mellor. ¡Si! ¿Que corrente nos leva agora?, ¿onde estamos?..... ABSORCIÓN INTESTINAL

• Intestino groso : Teño forma de U e distínguense en min tres partes: cego(conto cun

apéndice), colon e recto. Non teño vellosidades. ¡Vaia o que me chega!. Traballo co que non lle gusta a ninguén, pero algo haberá que facer……

Page 6: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

Vivindo comigo teño unhas inquilinas ás que lles dou resgardo e alimento e que me botan unha man, axudándome a fabricar vitaminas: son as bacterias que lles gusta chamarse flora intestinal (¡alá elas!). Vou aproveitar o que poda e pasareino ao sangue (auga, sales minerais e vitaminas) . Os restos expulsareinos ao exterior para que non fagan dano: fabricarei feces fecais.

Nutrientes: ¡Somos moi novos e xa nos encomendan traballo!: Nutrientes con función plástica: Proteínas e sales minerais,

¡diríxanse onde faga falta construir materia!. ¡Rapidiño! Nutrientes con función enerxética: Glícidos e lípidos, ¡diríxanse onde faga falta enerxía!: aos músculos, a zona de mantemento da temperatura corporal. Nutrientes con función reguladora: Sales minerais e vitaminas, ¡diríxanse aos

procesos para os que cumpran!.

Page 7: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

Pero ¡que desproporción! ¿Onde se atopa o encargado da entrada de alimentos? ¡Vai ter unha sanción!. Agora teño uns nutrintes en exceso e outros non me chegan. Alguns, ademais, traen moitos refugallos. Pensan que serven todos os alimentos. Vou ter que por mans no asunto. Vou propoñer, na próxima reunión, que algún experto nos veña dar unha charla. Dia 26 de Novembro: Conferencia Ponente: Doutor Manzano Bueno

TEMAS A TRATAR Dieta equilibrada Pirámide dos alimentos Coidados que debemos

ter os consumidores Fontes de nutrientes Transtornos

relacionados coa alimentación

Page 8: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

DIETA

EQUILIBRADA

∗ Diversificar os alimentos que se inxiren. É aconsellable tomar entre un 10% e un 15% de alimentos proteicos tanto de orixe animal como vexetal. Incluir alimentos enerxéticos procedentes de diversas fontes (entre um 55% e un 60% de glícidos e un 35 de graxas)

∗ Realizar varias comidas ao dia, non moi abundantes, en lugar de unha ou duas moi copiosas. Desta forma facilítase a dixestión e a absorción de nutrientes.

∗ Tomar alimentos vexetais frescos que cubran os requerimentos diarios de vitaminas. ∗ Hai que evitar os alimentos precociñados e excesivamente refinados (platos

preparados, conservas, etc.) xa que na súa elaboración perdéronse nutrientes. En cambio, resulta aconsellable consumir, por exemplo, cereais integrais, que conservan as vitaminas, as sales minerais e a fibra que se perden no produto refinado.

∗ Incluir graxas insaturadas nunha proporción axeitada e reducir o consumo de alimentos ricos en graxas saturadas e colesterol, co fin de previr a aparición de enfermidades graves que afectan ao aparello circulatorio (infarto, arterioesclerose, trombose, etc.) As graxas insaturadas deben supor, como mínimo, a metade total de graxas incluídas diariamente na dieta, e a inxesta de colesterol non debe superar os 300mg/día.

∗ Consumir a diario alimentos ricos en fibra (recoméndase, como mínimo, 25 g de fibra ao día).

PIRÁMIDE DA ALIMENTACIÓN

Page 9: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

FONTES DE NUTRIENTES

Page 10: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

COIDADOS QUE DEBEMOS TER OS CONSUMIDORES

∗ Os alimentos moi perecedeiros (salsas con leite e ovo, maionesas,etc. deben comerse o antes posible, desde que foron elaboradas, debido a súa fácil contaminación.

∗ Os alimentos conxelados unha vez que se desconxelan, non deben volver a conxelarse, a non ser que previamente se cociñen.

∗ Os alimentos moi manipulados, como as hamburguesas feitas con carne picada, deben comerse de inmediato.

∗ Antes de utilizar as verduras, deben somerxerse durante media hora en auga con lixívia especial para tal fin ou unhas pingas de vinagre e, posteriormente lavalas con auga abundante.

∗ A froita débese pelar ou lavar moi ben para eliminar resíduos de pesticidas ∗ As carnes deben consumirse ben cociñadas para evitar infeccións alimentarias. ∗ As latas de conservas non teñen que ter aboladuras, nin estar abombadas.

Ademais, se o abrilas saen gases, é moi posible que estean contaminadas coa toxina botulínica, polo que se deben tirar

∗ Os alimentos cociñados non deben manterse máis de 2 horas a temperaturas entre 10ºC e 37ºC, xa que entre estas temperaturas os microorganismos multiplícanse con moita rapidez. Por iso deben conservarse no frigorífico.

TRANSTORNOS RELACIONADOS COA ALIMENTACIÓN

Page 11: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores
Page 12: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

OS MEUS MALES

Page 13: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

◊ O home produce de 1 a 2 litros de saliva ao dia. Os herbívoros chegan a secretar ata 60 litros.

◊ A función da saliva é envolver ao alimento e facelo máis suave para que cando pase ao estómago, non esgace as súas paredes.

◊ Se estendésemos o intestino delgado, este chegaría dun extremo a outro da clase, xa que ten por termo medio, uns 6,5 metros. O intestino groso só ten 1,5 metros.

◊ Existen 5 millóns de velllosidades intestinais que supoñen unha superfície de 75.000cm2.

◊ O Home posúe 32 dentes, dos cales 8 son incisivos (para cortar), 4 caninos (para esgazar). 8 premolares e 12 molares (para mastigar). Os dentes deterióranse máis doadamente durante os primeiros 25 anos de vida, aínda que os dentes están recubertos de esmalte, que é a substancia máis dura que os animais fabrican. O esmalte maduro é máis resistente. Algúns bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores (25 anos).

◊ O fígado é a glándula máis grande do corpo humano. Pesa aproximadamente 1,5 quilos.

◊ Cada dia a vesícula biliar almacena aproximadamente 0,5 litros de bile, que se emprega durante a dixestión.

◊ A bile contén auga, graxas, colesterol así como bilirrubina e biliverdina, substancias de desfeita obtidas trás a destrucción da hemoglobina dos glóbulos vermellos vellos.

SISTEMA RESPIRATORIO

Cada célula do noso corpo require un aporte constante de enerxía para realizar as súas funcións. Esta enerxía extráese dos alimentos que, despois de seren dixeridos e absorbidos, son transportados polo sangue, ata as células. Pero a enerxía dos carburantes metabólicos só pode ser liberada no interior das células polo osíxeno. Eu vou ede introducir osíxeno no corpo. Despois cedereillo a outro aparello. Tamén me vou encargar de eliminar o dióxido de carbono. Vexamos:

ncargarme

Aire: Vou a presa cara o nariz deste señor. ¡Menos mal cá cavidade está quentiña, grazas os numerosos vasos sanguíneos! ademais estanme facendo unha limpeza, ¡que cosquilleo me producen os cilios!. Deslizome, xa renovado, cara a tráquea a través da farinxe.

Tráquea. Son un conduto que permanezo sempre aberto grazas os aneis de cartilaxe dmiñas paredes. ¡Que baixe o aire, ben quentiño, entrou pola entrada principal!. Ás veces o aire entra pola boca e faime arrepiar pois chega frío e sucio. Antes de chegar ao destino vou bifurcar o meu camiño para que o aire entre fácilmente en cada pulmón. ¡Adeus! dou paso aos bronquios.

as

Page 14: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

Bronquios: Somos estradas de acceso aos pulmóns. ¡Prohibido o paso a partículas nocivas!. STOP. ¡Era unha simple advertencia!. Este aire ben en boas condicións. Siga polas indicacións senon corre o risco de perderse, son máis ou menos 250.000 bronquiolos. Ata logo. Bronquíolos: Somos ramificacións dos bronquios. ¡Siga, siga que está chegando ao seu destino. ¡Atención alveolos! cargamento de aire, encargádevos.

Pulmóns: Somos dous órganos situados na cavidade torácica, protexidos polas costelas e envoltos por dúas membranas, as pleuras. Estamos formados polo conxunto dos bronquios, bronquiolos, alveolos pulmonares e unha extensa rede de capilares sanguíneos e temos un aspecto esponxoso. A nosa base apoiase sobre un músculo chamado diafragma. Alvéolos: Somos uns sacos de paredes moi finas. ¡Un cargamento de aire!, non nos preocupa. Como temos moito traballo a diario, ademais de que somos moitos, fómonos organizando. Contamos con todas as comodidades, xa que:

- Temos unha gran superficie - Temos unhas paredes moi finas, - Estamos intimamente rodeado de capilares sanguíneos.

Todo isto permítenos intercambiar gases con facilidade e rapidez, (aproximadamente nunha fracción de segundo). Así, nun estado natural de repouso, póñense en contacto 5 litros de sangue con 4 litros de aire.

O traballo é moi doado, tanto que nin xiquera volo conto. Só vos ensino unha foto........... ¡xa veredes!

INTERCAMBIO DE GASES (difusión)

Page 15: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

Alveolos: ¡Necesitamos osíxeno! Marchando inspiración Músculos da inspiración: Nos facemos o traballo, pero case se esquecen. Intercostais e diafragma: contraémonos, Abdominais: relaxámonos Entre todos conseguimos que aumente o volume da caixa torácica e os pulmóns pódense desplegar e o ter moi pouca presión o aire entra con facilidade. ¡Afogámonos, temos que expulsar CO2! Marchando expiración Intercostais e diafragma: relaxámonos, Abdominais: contraémonos Entre todos conseguimos que diminúa o volume da caixa torácica e os pulmóns pódense aumentan a presión pólo que o aire sae con facilidade.

Page 16: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

OS MEUS MALES

Page 17: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

◊ En condicións normais un adulto require uns 360 l de O2 ao día; se realizamos exercicio físico, as necesidades son maiores.

◊ Un adulto medio respira uns 5-6 litros de aire por minuto ◊ A capacidade duns pulmóns adultos de 3 litros de aire ◊ Débese respirar polo nariz, o maior recorrido que realiza o aire

fai que chegue máis quente aos pulmóns, e así non nos arrefriamos tan doadamente.

◊ O pulmón dereito é máis grande que o esquerdo; este debe deixar espazo ao corazón.

◊ Os pulmóns conteñen aproximadamente 300 millones de alvéolos, que despregados ocuparían unha superficie de 70 metros cadrados, unhas 40 veces a extensión da pel.

◊ O impo está causado pola contracción súbita do diafragma. Entón o aire entra moi rapidamente e as cordas vocais péchanse, o que causa o son de impo.

◊ A tose é un mecanismo de defensa, movemento automático que serve para manter libres e despexadas as vías respiratorias, e elimina a mucosidade (o mesmo podemos dicir do esbirro). Ao tusir, o aire pode saír a unha velocidade de 140 quilómetros por hora.

◊ Case a metade da auga que bebemos a expulsamos a través da respiración.

SISTEMA URINARIO TELÓN FINAL Si, final porque os nosos protagonistas eliminan o que xa non serve. Cerran un ciclo. Riles: Somos dous órganos en forma de faba, situados na parte posterior do abdome, a ambos lados da columna vertebral. Temos unha parte externa chamada codia renal, outra interna chamada médula renal, e unha cavidade, a pelve renal, na que recollemos a urina. Nesta función os protagonistas principais somos nós.

∗ Encargámonos de filtrar o sangue para eliminar os refugallos. Imos darlles un bo trato:¡ viaxarán en transporte marítimo cos gastos pagos!.

∗ Controlamos o equilíbrio da auga nos tecidos. Somos grandes fábricas que contamos con moitas sucursais que se encargan de fabricar a urina, que é o medio de transporte para os refugallos. Estas sucursais teñen un nome moi orixinal: nefróns.

Page 18: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

Unha foto bastará para que vexades a nosa función: velaquí está. Completádea coa vosa imaxinación. Formación da urina nun nefrón Uréteres: Somos dous tubos estreitos, que levamos a urina desde os riles ata a vexiga. Vexiga urinaria: Son unha bolsa elástica que acumulo urina antes de expulsala ao exterior. Cando me atopo moi chea, contráiome e expulso a urina ata a uretra. Uretra: Gracias a min libérase ao exterior a urina, (nos homes, elimino tamén o seme).

OS MEUS MALES

Page 19: PARÉNTESE INFORMADO - edu.xunta.gal · bebés naceron coa dentadura completa, como o rei Luis XIV. As catro últimas moas chaman do xuízo e non a chegan a desenvolver algúns maiores

◊ Os riles filtran todo o sangue do corpo cada 5 minutos.

◊ En condicións normais fíltranse diariamente entre 1.000 e 1.500 ml de plasma por minuto, ainda que o corpo só elimina 1.500 ml de urina ao día

◊ Podemos sobrevivir cun único ril xa que se un cesa de funcionar, o outro aumenta de tamaño para realizar o traballo dos dous (isto pasa con todas as partes do corpo). Tamén se pode sobrevivir sen riles (diálise).

◊ O noso termo loción deriva da palabra latina lotium, lavado. Os romanos usaban ouriños rancios como loción capilar porque previña a caspa e mataba os piollos. Tamén se usaba no tinguido das teas.