O romance da urca de Santo Antón (1777). Poesía en galego no Ferrol do século XVIII
Pensamento económico do século XVIII
description
Transcript of Pensamento económico do século XVIII
HISTORIA DO PRESENTE
PENSAMENTO ECONÓMICO NO SÉCULO XVIII
HISTORIA DO PRESENTE
TEXTOS SOBRE O NOVO PENSAMENTO ECONÓMICO NO SÉCULO XVIII. IDEAS BÁSICAS
1.“III. Que o goberno e a nación non perdan nunca de vista que a terra é a única forma de
riqueza e que é a agricultura a que a multiplica. Porque o aumento de riqueza asegura o da poboación; os homes e a riqueza fan prosperar a agricultura, atendendo ó comercio, animando a industria, aumentando e perpetuando a riqueza...
IV. Que a propiedade dos bens raíces e a riqueza mobiliaria sexan aseguradas a aqueles que sexan os seus lexítimos posuidores; porque a seguridade da propiedade é o fundamento esencial da orde económica da sociedade. Sen a certeza da propiedade, a terra quedaría inculta...
IX. Que unha nación que teña un gran territorio para cultivar e a posibilidade de exercer un gran comercio de mercadorías en bruto, non confíe demasiado no emprego dos cartos e dos homes nas manufacturas e no comercio de luxo, en perxuizo dos traballos e gastos da agricultura...
XXV. Que se manteña a máis total libertade de comercio, porque a política máis segura de comercio interior e exterior, a máis exacta, a máis proveitosa á nación e ó Estado consiste na plena libertade de concurrencia...”
F. Quesnay. Táboa económica, 1758.Quesnay defende:a. A base da riqueza é a agricultura.b. O respeto da propiedade privada e particular, un dos dereitos do individuo que xa fora
enunciado por Locke a finais do século XVII.c. A expansión das terras cultivadas e colonización doutras novas, co obxecto de
incrementar a produtividade e produción da agricultura.d. A libertade de comercio e o librecambismo (aspecto no que coincidirá co liberalismo
económico de Adam Smith).
HISTORIA DO PRESENTE
2. “Cada individuo en particular pon todo o seu coidado en buscar o medio máis oportuno de empregar con meirande vantaxe o capital do que poida dispor. O que desde logo se propón é o seu propio interese, non o da sociedade en común; mais eses mesmos esforzos cara á súa propia vantaxe inclínano a preferir, sen premeditación súa, o emprego máis útil á sociedade como tal. (…)
Nengún polo xeral se propón primariamente promover o interese público, e acaso nin coñece como o fomenta cando non o pensa fomentar. Cando prefire a industria doméstica á industria estranxeira só medita na súa propia seguridade; e cando dirixe a primeira de xeito que o seu produto sexa o de maior valor que poida, só pensa na súa ganancia propia; mais neste e en moitos outros casos é conducido como por unha man invisible a promover un fin que nunca tivo parte na súa intención.”
Adam Smith. A riqueza das nacións. 1776.
Adam Smith defende:a. A base da riqueza é o capital.b. O egoísmo individual (individualismo) e a busca do propio beneficio están na base da
economía capitalista.c. Débese promover o librecambismo para incrementar a riqueza das nacións (iso
derivará na idea da “vantaxe comparativa” e especialización produtiva que propón Ricardo).d. Unha man invisible regula o funcionamento da economía de mercado; polo tanto, o
Estado non debe intervir na regulación da economía.
HISTORIA DO PRESENTE
RECAPITULANDO...
Fonte: http://raulrv.blogspot.com.es/2009/09/la-ilustracion.html
E tamén para ollar:
Video Del mercantilismo al liberalismo económico: https://www.youtube.com/watch?v=Xlfeg4KmFkw