Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con...

105
Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade Formas de citación recomendadas 1 | Por referencia a esta publicación electrónica* P az andrade, V alentín (2012 [2012]). Pranto matricial na voz do seu autor. Santiago de Compostela: Consello Galego da Cultura. reedición en poesiagalega.org. Arquivo de poética <htttp://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/2293>. 2 | Por referencia á publicación orixinal P az andrade, V alentín (1990). Pranto matricial na voz do seu autor. San- tiago de Compostela: Consello Galego da Cultura. © O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou editores orixinais. * Edición dispoñíbel desde o 30 de xullo de 2012 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) ar- quivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucionais de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións per- tinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira al- ternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre este texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen a co- laboración de autores e editores.

Transcript of Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con...

Page 1: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

Pranto matricial na voz do seu autor

Valentín Paz Andrade

Formas de citación recomendadas

1 | Por referencia a esta publicación electrónica*Paz andrade, Valentín (2012 [2012]). Pranto matricial na voz do seu

autor. Santiago de Compostela: Consello Galego da Cultura. reediciónen poesiagalega.org. Arquivo de poética

<htttp://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/2293>.

2 | Por referencia á publicación orixinal

Paz andrade, Valentín (1990). Pranto matricial na voz do seu autor. San-tiago de Compostela: Consello Galego da Cultura.

© O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou

editores orixinais.

* Edición dispoñíbel desde o 30 de xullo de 2012 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) ar-

quivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucionais

de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións per-

tinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira al-

ternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre este

texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen a co-

laboración de autores e editores.

Page 2: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

Pranto matricialna voz do seu autor

Page 3: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

Presentación: Ramón Villares

Estudo introdutorio: Afonso Vázquez-Monxardín

Edita: © CONSELLO DA CULTURA GALEGA, 2012Pazo de Raxoi · 2º andar · Praza do Obradoiro15705 · Santiago de CompostelaT 981 957 202 · F 981 957 [email protected]

Restauración e tratamento de son: Bea Pérez

Proxecto gráfico: Imago Mundi Deseño

Imaxe de cuberta: ilustración de Luís Seoanepara a portada da edición de 1955

Imprime: Alva Gráfica

Depósito Legal: C 918-2012ISBN 978-84-92923-37-3

Page 4: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

VALENTÍN PAZ-ANDRADE

Pranto matricialna voz do seu autor

23 ˘ AS NOSAS VOCES

Santiago de Compostela, 2012

Page 5: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 6: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimogardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade.

Consello da Cultura Galega, maio 2012

Page 7: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

Pranto polo amigo DanielRamón Villares

Page 8: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

7

Chora, Terra, teu pranto matricial.O que todo galego choraría,se inda chorar pudera, até cobrir de bágoas o mare

As relacións de amizade entre Valentín Paz-Andradee Alfonso R. Castelao son ben coñecidas. Natural oprimeiro de Pontevedra e asentado alí o segundo

desde que gañara praza de funcionario con destino na «boavila», o trato entre eles, malia a diferenza dunha ducia deanos que o rianxeiro lle levaba ao de Lérez, comezou ben cedofavorecido pola intermediación de Juan Bautista Andrade, tíode Valentín. O seu trato fíxose patente xa nas primeiras aven-turas xornalísticas emprendidas por Paz-Andrade, nas quecolaborou Castelao con entusiasmo, e moi logo ficaría aíndamáis fortalecido co abrente político republicano e galeguistaque tivo lugar desde os anos 1930/1931. Nas loitas electorais,

Page 9: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

8

na elaboración do texto do Estatuto de autonomía e na orga-nización do Partido Galeguista, a presenza conxunta de Cas-telao e Paz-Andrade foi unha constante durante polo menosos dous primeiros anos do réxime republicano. Os abanos da política galeguista e a Guerra Civil arreda-

ron unha miga esta parcería política e afectiva, pero noncavaron entre eles ningunha gabia que non se puidese saltar.A distancia imposta polo exilio político de Castelao, acolli-do desde 1940 en Bos Aires polo galeguismo porteño, nonimpediu que soubesen un do outro e que desde 1945 se cru-zaran algunhas cartas e promesas de se reencontraren fisica-mente algún día, idea que moito lles gorentaba aos dous des-pois de se producir a primeira viaxe de Otero Pedrayo a BosAires. Un Castelao saudoso da Terra e dos amigos confesá-balle en 1948 a Paz-Andrade que «estou esperando por ticomo quen espera un segundo miragre», como milagre fóraa aperta que se deran el e Otero Pedrayo en setembro de 1947nunha «rua calquera de Buenos Aires, non lonxe do porto»,como poucos anos despois lembraría con emoción o señor deTrasalba nun treito do seu inmorrente testemuño de amiza-de que é o seu Libro dos amigos. Esta obra de Otero remata xustamente co texto dedicado

a Castelao, nunha confesión ben patente do que significaba

Valentín Paz-Andrade

Page 10: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

9

para a cultura e a política de Galicia aquela figura coa queOtero trabara a súa ferreña amizade en Toledo, dediante dunlenzo d’El Greco. Cunha intención semellante pódese enten-der este poemario de Paz-Andrade, quen escribiu o Prantomatricial como a mellor homenaxe que naquela altura podíaser dedicada a Castelao por persoa que morase en Galicia. Untexto que se concibe como un pranto, unha elexía pola mortedo amigo, unha expresión da dor da Terra-nai pola desapari-ción dun dos seus máis ilustres fillos e, finalmente, unhainvitación para que teña lugar algún día o seu retorno á«matricial Galiza», que é o eixe do derradeiro poema dopranto, «canto ti volvas pol-o mare». Voltar polo mar, quetan ben lle acaía a persoa como o rianxeiro, que, alén de exi-liado, fóra tamén emigrante e sabía dos «camiños líquidos»da «Galiza migral», aquela que emigra pero que arde porretornar ao seu berce telúrico ou, de acordo con Rafael Dies-te, «ise fondo misterio presencial que chamamos Galicia», enpalabras limiares á reedición pentalingüe desta obra (Ediciósdo Castro, 1975). Non era Castelao figura que resultase cómoda para o pano-

rama cultural e político de Galicia baixo o réxime franquistae menos na altura da súa morte. A súa dimensión política delíder galeguista e republicano, combatente na Guerra Civil e

Page 11: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

10

moi activo no exilio, tardou moitos anos en ser recoñecidana Terra, mentres se agrandaba a súa figura, convertida rapi-damente nun mito, nos medios do exilio, nomeadamente enBos Aires. En Galicia, Castelao ficou durante anos silencia-do ou reducido á súa condición de «xenial artista». Por isoteñen especial valor estes textos de Otero Pedrayo e de Paz--Andrade, que, se ben foron publicados delambos polo seloeditorial do Centro Galego de Bos Aires, foran concibidoscomo tributo de amizade e recoñecemento por dúas persoasque, sen renunciaren aos seus principios políticos, ficaran naTerra despois da Guerra Civil. O propio Paz-Andrade xa deratestemuño público desta fidelidade co seu artigo necrolóxicopublicado no xornal La Noche (17 de xaneiro de 1950), noque, sen se poder arredar do trazo artístico como definidorda obra de Castelao, remata coa idea de ser o rianxeiro «nues-tra mayor bandera», pola que debían ter dobrado a mortotodos os sinos de Galicia. Este Pranto matricial de Paz-Andrade constitúe, alén

dunha peza poética auroral na obra publicada do autor, untributo concibido desde o interior pero conectado co sentirdas xentes que estaban daquela no exilio americano. Valen-tín Paz-Andrade comezara a viaxar ao continente americanodesde 1950 por razóns profesionais, pero esta laboría deixou-

Valentín Paz-Andrade

Page 12: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

11

lle vagar para tender pontes e reconstruír redes amicais queviñan dos tempos da preguerra civil. Na Arxentina ou noUruguai, en Chile ou no Brasil, en México ou nos EstadosUnidos, sempre atopa Paz-Andrade vellos amigos cos quecruza cartas ou marca encontros. Os nomes de X. Núñez Búae de Luís Seoane, de E. Blanco-Amor e Lorenzo Varela, de F.Delgado Gurriarán e X. Bal y Gay, de R. Martínez López ede Rafael Dieste son algúns destes correspondentes cos querenova amizade de forma directa e persoal. Coñece daquelaPaz-Andrade tamén a forza cultural do exilio e a necesidadede unir culturalmente as dúas Galicias que andan esgazadasmundo adiante. Foi esta inspiración a que motivou a escritaen 1955 na cidade de Bogotá dun poemario inédito ata esteano, Canto do pobo disperso (Consello da Cultura Galega,2012), e, con análoga intención, este é tamén o estilo queprima no Pranto matricial, rematado de escribir en 1954 e con-cibido en honor dunha figura patria que representaba amellor converxencia que houbese nunca da Galicia «ideal» eda «territorial» ou europea. Que Castelao era merecente dun recoñecemento como un

pai fundador e como «condensación arquetípica del almagallega» –en palabras de Paz-Andrade en La Noche– era algopolo que avogaban as xentes do exilio, pero tamén algunhas

Page 13: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

12

do interior. O propio Otero Pedrayo ocupouse de mandar aBos Aires, por medio de Perfecto López, unha presa de terragalega coa que acaroar o corpo sen vida do guieiro. Pola súabanda, Paz-Andrade, na súa viaxe de 1950, tamén levou«unha coroa de loureiro» procedente do cemiterio da Adina–onde repousaran un tempo as cinzas de Rosalía– para depo-sitar no sartego de Castelao. A executoria artística e políticado rianxeiro, o seu liderado no exilio coa fundación do Con-sello de Galiza e a participación como ministro no gobernorepublicano de José Giral, alén da publicación de obrasemblemáticas como Sempre en Galiza (1944) e As cruces depedra na Galiza (1950), fixeron de Castelao un auténticomito político, que comezou en vida e que se agrandou des-pois da súa morte. Os derradeiros días da súa existencia e osfunerais que a colectividade emigrante lle organizou enxaneiro de 1950 anunciaban este camiño que, certamente,non deixou de se facer cada día máis ancho ata os tempospresentes. O propio Paz-Andrade era consciente desta derivaao se decidir, aínda considerándose modestamente como un«extra-poeta», a compor o Pranto matricial, pois «algo crarose dibuxa en torno a Daniel; é que coma mito medra día enoite, alem e aquem do mar» (carta a Luís Seoane,10/8/1954).

Valentín Paz-Andrade

Page 14: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

13

A construción do mito foi obra de moitos anos. Pero acontribución de Paz-Andrade foi, sen dúbida, a máis inten-sa e a que produciu os textos máis relevantes entre os debi-dos a persoas que trataron en vida a Alfonso R. Castelao,que moitas veces se perderon en evocacións puramente retó-ricas. Abondaría coa publicación deste Pranto matricial,adornado na súa primeira edición porteña con deseños deSeoane, Souto ou Colmeiro, así como dunha versión casteláfeita pola arxentina María de Villarino, que anos andadosmelloraría Isaac Díaz Pardo coa edición pentalingüe daquel,con versións portuguesa (Guilherme de Almeida), vasca(Gabriel Aresti) e catalá (Francesc Vallverdú), para que Paz--Andrade figurase como un dos grandes cultivadores da«sombra» de Castelao, isto é, da súa feliz posteridade. Oaprecio que tanto o autor do Pranto como os membros dacolectividade porteña lle tiñan a este poemario era tan gran-de que na viaxe de Paz-Andrade a Bos Aires en 1957, deci-siva por máis dunha razón, este fixo un recitado dos seusversos, que foron oportunamente gravados e que, felizmen-te, agora podemos gozar de novo nesta edición de texto epalabra. Pero a contribución de Valentín Paz-Andrade a engrande-

cer a memoria do seu amigo Castelao manifestouse aínda

Page 15: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

14

nunha obra esencial, que foi a biografía Castelao na luz e nasombra (Ediciós do Castro, 1982). Dado o coñecementodirecto que o autor tiña da executoria vital de Castelao e ospréstamos e axudas que moitos amigos, na Terra e no exilio,lle ofreceron, este libro permanece a día de hoxe como amellor e máis documentada biografía de que se dispón sobreo rianxeiro. Ten, ademais, algo imposible para un biógrafoexterno ou afastado: ser unha biografía dialogada entre dúasfiguras que viviron aventuras e loitas partilladas e que tive-ron por espazo de vinte anos un lugar vital común, que foi acidade de Pontevedra. Paz-Andrade era autor que gustabamoito do que hoxe chamamos historia cultural e mesmo his-toria conceptual: as imaxes, os símbolos, os valores que cons-trúen unha identidade ou, para dicilo con palabras de seu,ferramentas que «lavran a súa imagem», expresión aplicadaneste caso á idea de Galicia. Tamén nesta biografía de Caste-lao hai luz e tamén «sombra», isto é, a construción do mitofundacional que foi Alfonso Daniel Castelao. Un dos primeiros chanzos poéticos na forxa desta «som-

bra» de Castelao está, desde logo, no Pranto matricial de1955 como un choro que o poeta fai en nome da Terra naique perdeu o seu fillo predilecto. Un fillo que morreu no des-terro pero que ha de retornar aos lares patrios, desde a «Gali-

Valentín Paz-Andrade

Page 16: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

15

za migral» a esa «Galiza que aínda agarda, Daniel, o teu retor-no», como se di no poema «Teu destiño». Esta evocación doretorno fica máis patente no derradeiro poema do libro, noque imaxina o entusiasta recibimento que na «matricial Gali-za», en cada monte e cada árbore, en cada faro mariño e naxanela de cada casa, se lle ha de facer ao fillo pródigo, aoautor da Alba de groria, que ben merecería formar partedaquela Santa Compaña de «inmortaes galegos». O poema-rio cérrase con este anuncio da chegada de Daniel polo mar,nun vago ecoar de sebastianismo pessoano:

Cando ti volvas pol-o mare;e as pérolas das bágoas derramadas,cando ti chegues pol-o mare,cando ti chegues pol-o mare…

Este verso recolle un desexo que estaba xa na mente dosamigos de Castelao que acompañaron os seus días derradei-ros. O seu corpo fóra soterrado no panteón galego do cemi-terio da Chacarita bonaerense, pero o seu destino final teríaque ser a terra galega, cando as condicións políticas de demo-cracia e de liberdade fixesen viable tal retorno. Trinta anosmáis tarde, cando Paz-Andrade remataba a súa biografía de

Page 17: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

16

Castelao, non deixou de aludir ao retorno aínda adiado, coaesperanza de trocar a «sombra austral» que cubría os despo-xos de Castelao por unha «segunda sombra [que] poderá undía se trocar en luz cara o ideal». Aquel día chegou máis axiñado que pensaba o autor do Pranto, malia que el non concor-dase nin co contexto nin coa oportunidade do traslado dosrestos de Castelao, no verán boreal de 1984. A primeira sombra que cubriu o corpo de Castelao foi

extensa co unánime respecto dos presentes, como lle corres-pondía a persoa que como «ninguén na nosa Terra acadousemellante unanimidade de amor», segundo dixo EduardoBlanco-Amor en atinadas palabras necrolóxicas naquel veránaustral de 1950. A tensión presente no acto que deu lugar ásegunda sombra, a que levou as cinzas de Castelao ao panteónde Bonaval, foi o contrapunto da primeira e non lle aquelounada ben nin aos presentes nin tampouco á memoria de Cas-telao. O seu retorno estivo trenzado de debates partidarios ede tensións na rúa –co agravante simbólico que ten a dispu-ta polas cinzas dun morto–, que mal se compadecía co espí-rito de Castelao e cos desvelos con que os galeguistas de BosAires coidaron a sombra do guieiro no seu panteón da Cha-carita. Pero a análise do retorno das cinzas de Castelao, quefinalmente non veu «pol-o mare» como anunciaba o verso

Valentín Paz-Andrade

Page 18: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

17

de Paz-Andrade, excede a dimensión e sentido destas liñas eterá que ficar para outra ocasión.

* * *

Esta nova edición do Pranto matricial é o resultado feliz deaccións previas que, sen estaren necesariamente coordinadasde inicio, acabaron por atopar un sentido no seu conxunto.Naturalmente, a escolla de Paz-Andrade como figura centraldo Día das Letras Galegas deste ano concentrou miradassobre o seu rico legado documental, onde tamén se gardabaa gravación sonora que agora se publica. O texto do poema-rio tiña xa varias edicións previas, pero non así o seu recita-do por parte do autor, o que engade unha segunda circuns-tancia feliz para esta edición do Pranto matricial que, destemodo, se ve claramente arrequecida. Debo agradecerlle aPilar Rodríguez Prada, viúva de V. Paz-Andrade, a súa auto-rización para reproducir este material impreso e de audio. Agravación foi feita nos estudios San Martín por ManuelNúñez Búa, vello coñecido da familia.Tamén quero aproveitar a ocasión para recoñecer unha vez

máis o labor que desenvolveron as institucións da «Galiciaideal» a prol da cultura galega contemporánea. Que os diri-

Page 19: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

18

xentes da colectividade galega no Plata tivesen o coidado deir gardando estes materiais –como se pode comprobar coasabondosas edicións que xa leva feitas destes o Arquivo Sono-ro do Consello da Cultura Galega– indica que a capacidadedo exilio para «preservar os valores culturais do pobo gale-go» (que é obxectivo fundacional do Consello) foi decididae mesmo máis eficaz do que fixeron moitas institucións quehabía na Galicia europea. Beizón para todos eles, case todosxa finados, que espero que teñan por congruente coas súasesperanzas o labor que estamos a desenvolver de difundir osmateriais que con tanto agarimo todos eles conservaron paraseren devoltos á Terra. Recoñecer esta contribución do exilio é máis que gastar

boas palabras. É un acto de xustiza do que ten que ser cons-ciente a cultura galega actual. E unha das persoas que desdefinais dos anos oitenta do século pasado participou nestelabor de rescate e posta en valor destes documentos garda-dos polas institucións galegas no exterior foi Afonso Váz-quez-Monxardín, quen, xustamente, preparou para esta edi-ción un extenso traballo de contextualización da presenza deValentín Paz-Andrade en Bos Aires. Recoñecemento taménpara el e para o seu traballo a prol da memoria sonora deGalicia.

Valentín Paz-Andrade

Page 20: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PAZ-ANDRADE, OSGALEGUISTAS, BOS AIRESE PRANTO MATRICIALAfonso Vázquez-Monxardín

Page 21: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 22: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

Acelebración do Día das Letras Galegas é, se cadra, omaior logro da cultura na Galicia contemporánea.Desde o ano iniciático 1963, no que, baixo o

impulso fundamental de Francisco Fernández del Riego, aReal Academia Galega homenaxeou a Rosalía de Castro, asfiguras centrais dos actos foron conformando unha especiede santoral cívico de referencia na formación da identidadegalega actual, e as celebracións que xiran ao seu redor, unmotivo para achegarnos á realidade cultural, e non só, daGalicia do momento histórico en que viviron.E se o Día das Letras Galegas naceu cun pulo primeiro

centrado na lingua e literatura, axiña se foi completando, enon por acaso, con homenaxes a autores cuxa actividade foifundamental para que outras facetas da nosa realidade bota-sen raíces circias, mesmo se o seu labor como puros creado-res literarios non foi o único ou o máis sobranceiro nas súasvidas. Esta apertura, que comeza o propio ano 1964, en queo homenaxeado foi Afonso Daniel Rodríguez Castelao, volve

Page 23: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

22

ter este ano 2012 unha clara representación no seu amigo,biógrafo e home de moitos e fondos compromisos, ValentínPaz-Andrade.Valentín é unha figura senlleira cunha traxectoria particu-

lar moi frutífera e diversificada, pero que responde sempre aun único compromiso vital de raíz ética: o progreso da Terra.A súa actividade de implicación política activa rastréxase, porexemplo, desde o pulo organizador no universitario GrupoAutonomista Galego de Estudantes (1919), asociado ásIrmandades da Fala, ata cincuenta e oito anos despois, ao serelixido como orador de consenso na manifestación proauto-nomía realizada en Vigo, o 4 de decembro de 1977. Oupodémolo levar, incluso, ata o 26 de xuño de 1986, menosdun ano antes da súa morte e xa cunha evidente deteriora-ción física, cando, durante a recepción do Premio OteroPedrayo, fai unha dura reflexión da marcha do proceso auto-nómico, ao fío do pronunciamento do Tribunal Constitu-cional sobre a Lei de normalización lingüística. Entrambas datas extremas, como fitos políticos principais,

temos a fundación do Grupo Autonomista Galego de Vigo(1930), os banquetes da Barxa e Barrantes (1930), a funda-ción do Partido Galeguista (1931) –foi el o impulsor da esco-lla deste nome no canto doutros máis ambiguos ou polisé-

Valentín Paz-Andrade

Page 24: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

23

micos–, as súas vibrantes intervencións nos mitins galeguis-tas da República ou, logo do ocaso da «macroditadura»–expresión que el usaba para distinguir a de Franco da dePrimo de Rivera–, a participación na fundación da XuntaDemocrática e na Comisión Negociadora da Oposición coGoberno (1976), rematando coa a súa escolla como senadorna Candidatura Democrática Galega (1977), apoiada porpartidos de esquerda e autonomistas. Valentín Paz-Andrade coñeceu o éxito profesional moi

novo, pois con só 24 anos, á volta da Guerra de África, acce-deu á dirección do xornal Galicia (1922-1926), nunha ini-ciativa chamada a remudar a historia do xornalismo galego elogo de ter enviado xa crónicas da guerra para o xornal ElNoroeste. Precisamente, a súa actividade á fronte do proxec-to, primeiro, e da dirección, despois, do Galicia permitiullegozar dunha mesta rede de contactos no mundo social e polí-tico, así como incrementar a relación que matiña con Caste-lao e con outros homes de prol do galeguismo desde os anosda universidade e das primeiras asembleas nacionalistas. Unha vez que o Galicia deixa de saír, centrará a súa acti-

vidade profesional no exercicio da avogacía libre e, no quesería decisivo para o resto dos seus días, na relación cos arma-dores de pesca desde 1927. Se ben inicialmente a súa será unha

Page 25: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

24

asesoría ligada fundamentalmente ás cuestións de fiscalidadefronte ao Estado, axiña se verá incrementada a cuestións téc-nicas, estratéxicas e de planificación de política económica.Esta posición, xusto na cerna dun dos sectores máis dinámi-cos e emprendedores da economía galega, halle permitir terunhas posibilidades de desenvolvemento da súa carreira profe-sional enormes e converter a súa voz nunha opinión altamen-te valorada como técnico especialista nas cuestións de dereitomarítimo e, ao mesmo tempo, ser elemento clave na expan-sión da pesca industrial galega por todo o mundo, desde a súaparticipación na creación de Pescanova en 1960. Ligado a estetraballo, participará desde os primeiros números como articu-lista e logo como director nunha das revistas monográficas depesca máis antigas do mundo, Industrias Pesqueras, verdadei-ro faro intelectual da modernización do sector en España. A vinculación coa patronal pesqueira tróuxolle tamén

unha consecuencia dolorosa que, paradoxalmente, pensa-mos, lle acabou salvando a vida no tempo da Guerra Civil.Referímonos ao atentado anarquista que sufriu en 1932 narúa do Príncipe e froito do cal conservou ata a fin do seusdías unha bala aloxada no corpo.Tamén, grazas a esa vinculación coa pesca, levará adiante

unha actividade viaxeira intensísima, comezada nunha data

Valentín Paz-Andrade

Page 26: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

25

tan temperá como 1929, en que visita Bretaña para facer uninforme sobre a modernización do porto de Lorient comoexemplo do que se podería facer en Vigo. Data clave será o outono de 1950, cando o pontevedrés

exiliado Bibiano Fernández Osorio-Tafall, ex-presidente en1932 da Asemblea de Municipios de Galicia que impulsa oEstatuto, ex-deputado nas Cortes de 1936 por IzquierdaRepublicana e daquela alto funcionario da ONU, o convidapara traballar baixo o lema Fiat panis –Fágase o pan– daaxencia FAO (Food and Agriculture Organitation), coa quea organización internacional procura a expansión de recur-sos alimenticios no planeta para dar resposta á medra dapoboación mundial derivada das melloras sanitarias globali-zadas. Valentín impartirá un curso nos primeiros meses de1952 en Chile e participará logo en variados encontros einformes sobre a xestión pesqueira e a súa organización téc-nica e xurídica ao longo do mundo. Unha boa parte destas viaxes realizadas entre os anos cin-

cuenta e setenta do século XX serviranlle para retomar con-tacto directo con amigos exiliados e para ben coñecer a vidados emigrantes en varias cidades de Brasil, Arxentina, Uru-guai, Estados Unidos, México, Cuba, Colombia, Perú eVenezuela. Tamén, grazas á súa posición xerárquica como

Page 27: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

26

técnico internacional en relación coa ONU, entrará en con-tacto coas elites políticas locais deses países, pero tamén coasintelectuais, especialmente coas de Brasil, que sempre sentiumoi próximo. Outras viaxes profesionais, por pesca, xornalismo e inclu-

so por política –como membro da Xunta Democrática ousenador– levarano a visitar Portugal, Francia, Italia, Bélxica,Alemaña, Dinamarca, Suecia, Islandia, Irlanda, Noruega,Canadá, Guinea Ecuatorial e, mesmo, o leste e sur do conti-nente africano –Kenya, Mozambique, Sudáfrica–, e conver-terse, así, nun dos impulsores da pesca galega naquelas augasdesde 1961. Sen dúbida, esta visión do mundo, a máis cosmopolita e

informada da historia do galeguismo, por formación, idiomas,viaxes e pola participación activa en lugares de grandes deci-sións socioeconómicas nacionais e internacionais, combinadaco feito de ter unha vía propia de relación directa, epistolar epersoal, cos amigos exiliados e emigrantes, fará que formeunha opinión sólida, propia e independente sobre a realidadepolítica e cultural da Galicia de ambas as beiras do Atlántico. É ben sabido que moitas veces as súas análises, valoracións,

iniciativas ou proxectos estratéxicos non coincidirán cosdominantes e difundidos desde o grupo Galaxia por Ramón

Valentín Paz-Andrade

Page 28: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

27

Piñeiro, García-Sabell ou Francisco del Riego nin, por supos-to, co nacionalismo radical da época da transición. Poderíanser exemplos destas distintas posicións a súa presenza comosenador electo pola Candidatura Democrática Galega, en1977, ao tempo que Domingo García-Sabell era senador pordesignación real, a súa idea de que era precisa e convenientea resurrección do Partido Galeguista nas circunstancias damoderna restauración democrática –pídelle explicitamente aPiñeiro que considere a posibilidade– ou o seu apoio, caseen solitario, á idea compartida por Adolfo Suárez de queBibiano Fernández Osorio-Tafall desempeñase un papel acti-vo na transición cara á autonomía, baseado tanto no seuprestixio persoal como alto funcionario internacional comopor ter presidido a Asemblea de Municipios de 1932 queredactou o vello Estatuto. En moita da correspondencia recollida na obra de Charo

Portela e Isaac Díaz Pardo, Valetín Paz Andrade: Epistolario(1997), vese esa distancia, grande por veces e da que el eraperfectamente consciente, como expresa en liberdade aosamigos. Por exemplo quéixase a Isaac Díaz Pardo de que nonse puxeran en contacto con el en Bos Aires na viaxe de 1957o 5 de agosto: «os da capela pechada […] e un confesou queresponden a instruccións recibidas dos correspondentes na

Page 29: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

28

Terra». Ou, noutra carta a Blanco-Amor, de abril do 58, oque sería máis doloroso, que non o informasen nin do pro-xecto nin da saída á rúa da Revista de Economía de Galiciapero «non me causou miga de estrañeza o proceder, propioda xente que traballa en coto. A miserias semellantes xavimos acostumados», aínda que con xenerosidade remate:«Cecais máis que froito dos homes son do ambiente en quese deixan abalar». Se cadra, a máis dura, é outra a Blanco--Amor de 1959, na que fala do libro homenaxe a Otero quelle preparan en Galaxia, despois do de Caracas, e para o quenon é requirida a súa participación: «Y también se volverána registrar las consabidas pretericiones y excomuniones,puesto que todo en torno a esta figura, llamada a más altosdestinos, se viene sistemáticamente empequeñeciendo ybanalizando, por el sedimento de aldea corrosivamente ino-culado en la estrutura mental de ciertos cultos».A pesar de todo, a súa actitude persoal, como a doutros

galeguistas afastados do pequeno think tank Galaxia por dis-tintas causas e en distintas posicións ideolóxicas –Isaac DíazPardo, o outro gran valedor do mundo da emigración e exilioen Galicia, Carlos Maside, Eduardo Blanco-Amor, EmilioÁlvarez Blázquez, Laxeiro, Luís Seoane, Filgueira Valverde,etc.–, fálanos, sobre todo, de riqueza e pluralidade de sensi-

Valentín Paz-Andrade

Page 30: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

29

bilidades e de distintos focos de interese, ritmos e actitudes,como tamén acontecía, por outra parte, na outra banda domar.Aínda así, isto non é óbice para que conservasen entre eles

unha correcta relación persoal –a axuda laboral de Paz--Andrade a Fernández del Riego, ou o trato de Filgueira conVirxinia Pereira de Castelao poden ser exemplos– pois todoseran conscientes de estaren, globalmente e sen entrar endetalles, da mesma parte.

ARXENTINA: A GALICIA IDEAL

Valentín Paz-Andrade visitará Arxentina en cinco ocasións.Xa en 1947, despois de contactar con Otero Pedrayo á voltadaquelas terras, comunícalle a Castelao o seu desexo deemprender unha visita de tres ou catro meses en canto lle sexaposible. Devece por visitar Arxentina, a Galicia ideal, porqueten alí moitos vellos amigos cos que quere reencontrarse. Senon chega a tempo de ver a Castelao, si verá a Xosé NúñezBúa, Eduardo Blanco-Amor, Luís Seoane ou outros moitos.Pero tamén establecerá relación co país por temas profesionaisda pesca, sexa por causa do interese das autoridades arxenti-

Page 31: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

30

nas no seu desenvolvemento –o que as levaría repetidamentea requirir a súa opinión e consello; Perón solicitou e mantivounha entrevista con el o 15 de agosto de 1950– ou polo pro-pio interese de Valentín nas oportunidades de pesca indus-trial que se abrían naquelas augas para os barcos galegos. As estadías podémolas rastrexar na prensa galega de Bos

Aires, dunha forma especial no Galicia do Centro Galego,no Lugo do Centro Lucense e no Opinión Gallega do CentroOurensán, que van dando cumprida mostra dos actos; o que,en varias ocasións, nos axuda a completar ou mesmo rectifi-car a magnífica memoria de Valentín expresada no libro deentrevistas do xornalista Tucho Calvo, Valentín Paz Andrade,a memoria do século (1998, reed. 2011).

A VIAXE DE 1950

A primeira das viaxes de Paz-Andrade a Bos Aires produciraseen xullo de 1950, seis meses despois da morte de Castelao ede que publicase o que sería o primeiro artigo necrolóxico defondo calado sobre o rianxeiro no xornal La Noche así comooutro artigo sobre a proxección de Castelao na cultura galegana revista Galicia do Centro Galego da cidade porteña. Non

Valentín Paz-Andrade

Page 32: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

31

sería estraño que detrás do ofrecemento desta viaxe estivese oeficaz pulo organizativo de Núñez Búa, profesor e avogado,moi amigo de Valentín desde os recuados tempos da univer-sidade e do galeguismo da preguerra, quen tiña motivossobros para estarlle agradecido e desexar velo de novo. O casoé que, grazas a unha hábil e comprometidísima xestión comoavogado nos primeiros días da guerra, conseguira a súa libe-ración a pesar de ser encarcerado por ser vicepresidente daDeputación e ter feito un chamamento radiofónico en favorda resistencia aos sublevados. Núñez Búa, ao pouco de versefóra da cadea, foxe a Portugal e de aí a Bos Aires. Moi próximo a Castelao e a Valentín, sería lóxico que pen-

sase nel cando se decida darlle continuidade ás XornadasPatrióticas Galegas promovidas polo Centro Galego desde1947, cando convidan a Otero Pedrayo, e que axiña habíancontar coa colaboración doutras institucións galaico-arxenti-nas (Federación de Sociedades Gallegas, centros provinciaise outros locais) a través dunha Comisión Intersocietaria deSociedades Galegas. Xosé Núñez Búa, desde La Plata –onde formará o primei-

ro Instituto Argentino de Cultura Gallega na sede da Univer-sidade– está en contacto permanente cos amigos galegos dacapital. Alí, nese Centro Galego que centralizara as activida-

Page 33: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

32

des do enterro de Castelao, estaba presente dalgunha manei-ra Eduardo Blanco-Amor. Fora el organizador das exequias eorador unitario da colectividade na ocasión, e mesmo apare-ce como integrante da Comisión de Cultura dese ano, aíndaque non exerza en exceso por causa das súas demoradas estan-cias en Chile desde 1948. Blanco-Amor e Paz-Andrade erantamén xa amigos desde a primeira volta do ourensán a Espa-ña en 1928 e es amizade foi renovada na estadía do 33 ao 35.Se na primeira Paz-Andrade participara activamente comoorganizador no banquete homenaxe que se lle tributa en Vigoantes da súa volta á Arxentina, ao remate da segunda viaxe,en 1935, levarao no seu coche particular –unha rareza para aépoca ao alcance de moi poucos– desde Madrid a Vigo, coamesma intención de coller o barco para Bos Aires. Esta ami-zade afianzarase nunha cea íntima de despedida co matrimo-nio Valentín-Pilar en 1950 e farán do de Lérez o verdadeirovaledor económico e intermediario literario de Blanco-Amornas súas voltas a España ata a súa radicación definitiva.En calquera caso, por unha confluencia de vontades favo-

rables, Valentín Paz-Andrade acompañado da súa dona–Pilar– chegan convidados polo Centro Galego de Bos Aireso día 23 de xullo de 1950 ao aeroporto de Ezeiza. Traencomo presente dos galeguistas do interior, personalizados na

Valentín Paz-Andrade

Page 34: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

33

Casa de Rosalía, unha coroa de loureiro do cemiterio deAdina para a tumba de Castelao. Son recibidos no aeroportopolo presidente da institución, o ourensán José VillamarínRodríguez, o seu vello amigo Pepe Núñez Búa, RodolfoPrada e outros membros da Comisión de Cultura do CentroGalego. Entrementres agardan pola equipaxe, achégaselle osecretario da embaixada española para comunicarlle o convi-te para xantar ao día seguinte do embaixador Emilio deNavasqües. Acepta, educadamente, e faise coa suficientereserva para non ferir suceptibilidades dos antifranquistas. A actividade nesta viaxe repite o esquema da estancia de

Otero Pedrayo na dobre dirección que desexan os convidan-tes: actividades no interior da colectividade galega comoforma de promover a cohesión social a través de charlas, cele-bracións festivas, banquetes, etc. e conferencias pensadaspara a intelectualidade arxentina en lugares de referenciaxerárquica con intención de proxectar a valía da achega gale-ga, económica, social e cultural, ao desenvolvemento darepública que os acolle.Valentín abre as xornadas no acto inaugural o 24 de xullo

que tivo lugar no teatro Avenida e centra o seu discurso,como non podía ser doutro xeito, na memoria de Castelao.Pero o acto resultaría ben curioso e significativo das estrañas

Page 35: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

34

fusións que se ían producir na sensibilidade dos emigrados.Na primeira parte a compañía da raíña da copla, ConchitaPiquer, presentou diversos números do seu repertorio, logointerveu Valentín Paz-Andrade cun discurso patriótico delembranza a Castelao e, seguido, novamente ConchitaPiquer con cancións populares españolas e logo pecha o actoo Coro Rosalía de Castro e o conxunto de gaitas do mestreDopazo. A ausencia da bandeira española no escenario, ondesi estaban a arxentina e a galega, motivará unha denuncia aPaz-Andrade, á que terá que facer fronte, sen maiores conse-cuencias, á volta a Galicia. Ao día seguinte, o propio 25 dexullo, participa nun acto no Panteón Social do Centro Gale-go na Chacarita, no que le unha mensaxe do Padroado Rosa-lía de Castro de Santiago de Compostela que, dalgún xeito,supón a primeira comunicación colectiva do galeguismo dointerior ao irmáns americanos.Impartiu logo un curso na Facultade de Ciencias Econó-

micas da Universidade de Bos Aires, os días 3, 4, 10 e 11 deagosto, no que baixo o título xeral de «Galicia, unidad eco-nómica» analizou en catro conferencias os sectores agrope-cuario, pesqueiro, forestal e mineiro; e outra máis na Facul-tade de Dereito, o 8 de agosto, sobre o sentido xurídicopopular en Galicia. Dirixida á colectividade, ditou a confe-

Valentín Paz-Andrade

Page 36: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

35

rencia «Galicia, Compostela e Alfredo Brañas» no propio tea-tro Avenida o día 13 de agosto, e participou, como é habi-tual, en varios banquetes. Precisamente, despois dun destesno campo do Centro Pontevedrés en Olivos, o 30 de xullo,quixo visitar as veciñas instalacións do Centro Lucense –hoxeCentro Galicia. Alí, gratamente sorprendido da eficacia dexestión que permitía unhas instalacións como as que se esta-ban erguendo, nun encontro informal cos directivos apala-brou unha conferencia –«Lugo e a economía galega»–, quepronunciaría o día 25 de agosto na sede central da avenidaBelgrano. Ambas as actividades e a relación que despois sem-pre mantiveron deberon influír, como pensaba Paz--Andrade, no achegamento deste centro ás iniciativas gale-guistas ata aquel momento centradas máis no Centro Ouren-sán e que se concretarían no funcionamento nas súas insta-lacións das Cátedras de Cultura Galega e na actividadeconstante de Blanco-Amor, Suárez Picallo e outros moitos.Ao ano seguinte, en 1951, realizarase en Bos Aires unha

exposición antolóxica de arte galega, da que Valentín Paz--Andrade, moi sensible ás cuestións plásticas, será o ideólo-go e recolector de obras en Galicia. Debido a esta exposición,Laxeiro encontrará un motivo para desprazarse e quedar unsanos na cidade porteña.

Page 37: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

36

AS VIAXES DE 1952

A segunda e fugaz visita de Paz-Andrade a Bos Aires prodú-cese en dous momentos de 1952, como escalas da sinaladaviaxe a Chile, onde ditará entre o 16 de xaneiro e o 14 demarzo unhas vinte charlas sobre economía da pesca que esti-vera preparando intensamente desde finais de 1950 e que seintegrarán no I Curso Latinoamericano de Capacitación Pes-quera que impulsa o seu vello amigo Osorio-Tafall, integra-do na FAO.A parada na viaxe de ida é dunha soa noite pero a de volta

demorarase uns días para ver os amigos e por causa da insis-tencia da Administración arxentina –a través do ministro deEconomía, Roberto Ares, de orixe galega e quen sería o últi-mo ministro do Interior anterior ao golpe militar de 1976–de que Paz-Andrade dirixise unha comisión para redactar unplan de traballo que dinamizase a pesca na Arxentina. Des-pois dun par de reunións desa comisión, remata a curta esta-día o día 1 de abril co banquete que a Comisión de Culturado Centro Galego lle ofrece ao matrimonio antes de empren-der a viaxe de volta.

Valentín Paz-Andrade

Page 38: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

37

A VIAXE DE 1957

A terceira vez que visita Arxentina, en 1957, será nunhas cir-cunstancias moi especiais e distintas. Para empezar, cumprí-ase un ano xusto da realización do I Congreso da Emigra-ción Galega, que reunira baixo a hexemonía do galeguismomáis ortodoxo, o vinculado á Irmandade Galega, represen-tantes de 45 asociacións chegados de Arxentina, Uruguai,Brasil, Estados Unidos, México, Chile, Cuba e Venezuela.Ningún dos amigos máis próximos de Valentín (Blanco--Amor, Núñez Búa, Seoane…) participa na organización ninno desenvolvemento do Congreso. Tampouco el apareceráasinando o texto colectivo titulado «O significado da cultu-ra», enviado desde Galicia e referendado por Ramón OteroPedrayo, J. Rof Carballo, R. Carballo Calero, D. García--Sabell, Celestino Fernández de la Vega, Francisco Fernán-dez del Riego, Xaime Isla Couto e Ramón Piñeiro. No mes de maio, Eduardo Blanco-Amor ocupa a dirección

da revista Galicia do Centro Galego, que anteriormente esta-ba nas mans de Luís Seoane, e cumpríanse xa dous anos quesaíra do prelo nas Edicións Galicia do propio centro a súaprimeira obra poética, o canto fúnebre elexíaco sobre Caste-lao Pranto matricial.

Page 39: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

38

A intención da directiva de José Villamarín Prieto –sobri-ño do presidente do Centro Galego cando Valentín fai a súaprimeira viaxe– era darlle a máxima relevancia ás XornadasPatrióticas de 1957 por se cumprir o cincuenta aniversarioda fundación do centro. Con tal fin, convidan a Osorio--Tafall e a un Paz-Andrade que, desde a viaxe a Chile e daman da FAO, tamén percorrerá e traballará en Colombia,México e Venezuela, polo que eran, sen dúbida, dúas dasfiguras máis relevantes de Galicia na escena internacional.Emprende Valentín, xunto coa súa muller e o seu fillo

Alfonso, viaxe desde Vigo o día 20 de xullo, apenas unhashoras despois de ter cumprido unha condena dun mes dereclusión no cárcere da rúa do Príncipe en Vigo, por negarsea identificar, como director da revista Industrias Pesqueras, aoautor dunha nota de sociedade na que se informaba que cesa-ra un comandante da Mariña de quen se dicía «ha desarro-llado una labor impulsiva, en ocasiones acertada, pero queha provocado frecuentes dificultades». Axiña comeza unha intensa actividade que tivera tempo

de preparar nese mes de enclaustramento forzado. O día 24de xullo deu inicio un novo curso de catro charlas na Facul-tade de Ciencias Económicas, esta vez centradas nun temamonográfico, os recursos do mar, e cuxas temáticas foron: a

Valentín Paz-Andrade

Page 40: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

39

evolución do home na conquista do mar, as primeiras mate-rias de orixe mariña, a importancia da riqueza ictiolóxica e,por último, perspectivas do desenvolvemento pesqueiro enSuramérica.O día 25 de xullo participou en todas as homenaxes pro-

pias da data. No Funeral Cívico celebrado no Panteón doCentro Galego na Chacarita pola mañá pronuncia as pala-bras centrais de lembranza dos socios desaparecidos; polatarde, fai o discurso de homenaxe a Rosalía diante da súaestatua no Centro Galego e, pola noite, participa nunhasesión radial.Un dos actos centrais da homenaxe ao Centro Galego foi

o banquete do cincuentenario, realizado o 4 de agosto. Aodía seguinte escríbelle unha carta a Isaac Díaz Pardo na quelle dá conta da marcha da viaxe, fala de que «manteñen o seuarredamento –P., Pr. e A.R–» (se cadra, Puente, Prada e Alon-so Ríos), pero que case todas as noites coincide e charla con«Antonio, Luís, Rafael, Eduardo, Ramón…», que deben serBaltar, Seoane, Dieste, Blanco-Amor e Valenzuela, xa que o«irmán» Pepe Núñez Búa vivía, como dixemos, en La Plata.No Centro Galego pronunciou, nos primeiros días de

agosto, catro conferencias, dúas sobre aspectos de economíade Galicia («A poboación e a emigración de Galicia», o día

Page 41: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

40

5 de agosto; «A conxuntura de industrialización de Galicia»,o día 6) e dúas sobre problemas culturais («Reorientacióndo desenvolvemento cultural de Galicia», o día 8; «O idio-ma galego», o día 9). As conferencias, reestruturadas enquince capítulos, integrarán o volume Galicia como tareaeditado dous anos máis tarde polas Edicións Galicia do Cen-tro Galego.A Agrupación Gallega de Universitarios, Escritores y Artis-

tas (AGUEA) organizará, nos locais do Centro Galego, o día19 de agosto, poucos días antes de emprenderen a viaxe devolta os convidados de honra, un interesantísimo coloquiocolectivo sobre temas xerais da cultura galega no que inter-virán Xosé Núñez Búa, Valentín Paz-Andrade, Rafael Dies-te, Ramón de Valenzuela, Antonio Baltar, Alberto Vilanovae Bibiano F. Osorio-Tafall e que se encontra gravado, comopracticamente todas as intervencións públicas desta viaxe de1957, nos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia do Conse-llo da Cultura Galega, na coleccións dos materiais recupera-dos no Centro Galego de Bos Aires. Eses días, a propia AGUEA solicítalle un orixinal para edi-

tar en forma de libro sobre a pesca e froito diso é a publica-ción na editorial Citania, en 1958, do libro Sistema económi-co de la pesca en Galicia.

Valentín Paz-Andrade

Page 42: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

41

Seguramente durante esta estadía Valentín contacta conRamón Mourente, consolidado empresario galego que caseunha década despois se converterá en controvertido presi-dente do Centro Galego, pois convidou ao embaixador espa-ñol a visitar o Centro e, para escándalo de moitos, ao xene-ral Lobo Montero, presidente do Centro Galego de Madrid,ás Xornadas de 1967, xunto a Álvaro Cunqueiro. Valentíndebeu mover nel o interese no mecenado cultural que tiñantodos presente na súa rendibilidade de consideración nacolectividade pola acción de Manuel Puente. A finais de1957 aparece xa convocado un premio de xornalismo men-sual co nome de Ramón Mourente, moi ben dotado –1500pesetas, que axiña subirán a 2000–, destinado a un artigosobre economía ou cultura publicado en Galicia. O encarga-do da organización en Galicia é Valentín Paz-Andrade, quencontará coa colaboración de Juan Ribas Barreras e JuanNaya, secretario da RAG e que, andando o tempo, serárepresentante do Centro Galego en Galicia, desde 1968 copropio Mourente de presidente, e logo do enfrontamentodeste con Francisco Fernández del Riego. O caso é que estepremio –e outros monográficos co mesmo patrocinio– bene-ficiou unha grande cantidade de colaboradores de prensa emotivou, de seu, unha promoción dos asuntos galegos na

Page 43: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

42

prensa, pero foi ignorado polo grupo galeguista galaxiano,algo do que Valentín se queixou en varias ocasións na súacorrespondencia. Entre o ano 1958 e 1961, por exemplo,foron galardoados, entre outros moitos, Luís Moure Mari-ño, Isidro Parga Pondal, Luís Peña Novo, Eduardo Blanco--Amor, Xesús Alonso Montero, Baldomero Cores, Jorge Víc-tor Sueiro, José Ramón Fernández-Oxea, Xosé María Álva-rez Blázquez, Anselmo López Morais, Francisco Ogando,Fermín Bouza Brey, Alfredo Cid Rumbao, Francisco RíoBarxa ou Avelino Pousa Antelo.

A VIAXE DE 1966

A cuarta vez que visita Arxentina, en 1966, volve ser convi-dado de honra para as Xornadas Patrióticas que teñen lugarentre finais de xullo e agosto. Nesta ocasión xúntanse dúascelebracións culturais, ás que o convidado responde. Porunha banda, a dedicatoria do Día das Letras Galegas a Fran-cisco Añón fará que Valentín pronuncie, o día 20 de xullono teatro Castelao do Centro Galego, unha conferencia titu-lada «Luces na sombra de Añón», dirixida á colectividade ena que se centrará máis na cuestión da súa participación na

Valentín Paz-Andrade

Page 44: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

43

revolución de 1846 que na vertente literaria. Por outra, erao ano centenario do nacemento de Valle Inclán e á súamemoria dedica dúas xornadas, que se desenvolverán baixoa rúbrica común de «La anunciación de Valle Inclán». Pri-meiro, o 22 de xullo, nun acto organizado en colaboracióncoa Sociedad Argentina de Escritores (SADE) no local doInstituto Popular de Conferencias do xornal La Prensa, ondeé presentado por Artur Capdevila. Aos poucos días, o 27 dexullo, no Paraninfo da Facultade de Filosofía e Letras da Uni-versidade de Bos Aires, presentado polo crítico exiliado Gui-llermo Torre, e onde escoita a súa disertación o libreiro gale-go e propietario da editorial do seu apelido, Gonzalo Losada,quen lle ofrece publicar as dúas conferencias integradas nunlibro, que acabará sendo La Anunciación de Valle Inclán(1967).Entre estas datas participará nas tradicionais ofrendas

perante a estatua de Rosalía no Centro Galego, o día 23, eno Panteón Social da Chacarita, a mañá do día 25, cun emo-tivo discurso ao redor de Castelao. O propio 25 de xullo, pola tarde, no salón de actos da

Bolsa de Comercio disertará sobre «La evolución técnicamundial de la economía pesquera», charla que tería as súassecuelas noutros convites comprensibles.

Page 45: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

44

Como outras veces, nos locais do Centro Galego taménpronunciará conferencias de corte socioeconómico. Así, o 28de xullo, outra volta no teatro Castelao, falará sobre «A eco-nomía galega actual», que estará na base do libro xa publica-do en España, La marginación de Galicia (1970). O día 27tería lugar un banquete homenaxe no restaurante do CentroLucense –fronte á Malla, o magnífico mural de Seoane– e odía 30 outro, no local do Centro Pontevedrés. A actividade oficial da viaxe, porén, clausúrase a noitiña

do día 29 coas súas palabras de despedida da colectividadeno acto central do teatro Colón, cunha velada en que seinterpretarán obras de Andrés Gaos, con representacións deballet, etc. Logo dunhas curtas estancias en Rosario e Montevideo

con actos nas colectividades de ambos os lugares, rematará asúa estadía en Bos Aires cunha charla e unha cea nun lugarnon habitual, a Casa de Galicia, que, presidida por Maximi-no Rey, representaba o máis próximo ao oficialismo daembaixada dentro da colonia galega, pero á que xa un par deanos antes se achegaran os seus amigos Blanco-Amor ouManuel Núñez Búa, que mesmo publicaban na súa revista,Airiños, xunto con outras plumas prestixiosas do país comoOtero Pedrayo.

Valentín Paz-Andrade

Page 46: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

45

A viaxe de volta faraa sen présa, por Chile, Perú, Colom-bia, Venezuela, sempre contactando cos amigos doutras via-xes en actividades da FAO anteriores (Chile, 1952; Colom-bia e Venezuela, 1955) ou galegos exiliados e emigrantes.

A VIAXE DE 1967

A quinta vez que visita Arxentina, contra a fin do ano 1967,será fundamentalmente de prospección de posibilidades deexpansión económica para a pesca galega. Acompañará a JoséFernández, presidente de Pescanova, en calidade de vicepre-sidente da compañía e bo coñecedor do país. Aínda así, terátempo para outras actividades. O día 14 de decembro, pre-sentará o seu libro La Anunciación de Valle Inclán, na libreríaGalatea, rodeado dos amigos porteños máis próximos, desdeVirxinia Pereira, viúva de Castelao, ata María de Villamari-no –a tradutora ao castelán do Pranto matricial–, José Villa-marín Prieto, Laxeiro, Seoane e Maruxa ou o incondicionalPepe Núñez Búa, que incluso acompaña a José Fernández eValentín na súa viaxe ao sur en rápida prospección de portose pesqueiras. Pero tamén naquelas terras contacta con vellosamigos, como Alberto Vilanova, en Bahía Blanca.

Page 47: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

46

CASTELAO E VALENTÍN

Cando Castelao vai vivir a Pontevedra forma faladoiro, entreoutros, con Juan Bautista Andrade, poeta e tío de Valentín,e a través do que se chegan a coñecer. A amizade entrambosvaise consolidar cando Castelao apadriñe un dinámico Paz--Andrade –xa tiña responsabilidades na redacción do sema-nario pontevedrés La Provincia, cando aínda lle faltabandous anos para acabar os estudos de Dereito– para falar ennome dos estudantes, xunto con Euxenio Montes, nun mitinde remate da II Asemblea Nacionalista, en 1919, en Com-postela. Desde esta data sabemos dunha tripla e intensa rela-ción política, profesional e de amizade, que se prolonga,nunha primeira fase, ata a Guerra Civil. A relación políticaexemplificámola na participación como brillante orador endiversos actos. Por exemplo, no do 25 de xullo de 1930,época do lanzamento do ideal galeguista, no que compartirátribuna con Otero Pedrayo e Castelao no teatro García Bar-bón, no posterior Banquete da Barxa, na formación do Par-tido Galeguista en decembro de 1931, nas ducias de mitinsdas campañas electorais da República. A relación profesio-nal, por exemplo, no traballo diario de Castelao no xornalGalicia baixo a dirección de Valentín. A relación persoal, por

Valentín Paz-Andrade

Page 48: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

47

exemplo, nesa proximidade que permitía a Castelao alcuma-lo humoristicamente primeiro de «O Mozo», logo de «Ber-biquí», pola súa teimosía en conseguir cousas, e «O Inmor-tal», por ter sobrevivido ao atentado de Vigo, ou o que serámáis íntimo, polo acompañamento constante ao médico aVigo no tratamento contra a cegueira do rianxeiro en 1922,ou polos consellos que lle dá este para organizar a súa viaxede 1929 a Bretaña, poucos meses despois de vir Castelaodaquelas terras.En calquera caso, tamén é posible rastrexar puntos de des-

acordo no que afecta á participación política, avanzada a IIRepública. Non esquezamos que Valentín é xa un afamadoprofesional da avogacía, da asesoría da industria pesqueira,que mantén opinións moi propias, como fixo ao longo detoda a súa vida. Seguramente a presenza de Valentín na can-didatura do Partido del Centro Democrático de Manuel Por-tela Valladares en 1936 –enfrontándose así á candidatura daFrente Popular que encabezaba Castelao en Pontevedra e naque non había oco posible para ningún outro galeguista–supuxo un certo distanciamento, aínda mediando, posible-mente, o plácet de Castelao para unha operación que pode-ría ter situado ao seu amigo Valentín tamén nas Cortes, maliaque, finalmente, non o logrou. O certo é que cando se tra-

Page 49: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

48

tou o asunto na V Asemblea Nacionalista en Santiago, á quenon asistira Paz-Andrade, Castelao, emocionado, «rompeu achorar sen atinar coas palabras axeitadas para explicar ocaso», segundo refire Valentín nas súas memorias.En calquera caso, ante tamaña traxedia como foi a Guerra

Civil, esas miudezas, de existiren, desaparecerían, comovemos na ilusión desbordada que manifesta Castelao a finaisdo corenta e sete ou comezos do corenta e oito, canto lenunha carta de Valentín a súa idea de ir a Bos Aires trinta oucorenta días: «[…] dende que o soupen estou esperando porti coma quen espera ver un segundo miragre, pois miragreme pareceu o ver eiquí a Ramón […] De todos xeitos máisdoado me parece que nos vexamos eiquí a que nos vexamosahí, porque eu perdín os remos…». Incluso que non citase aPaz-Andrade no Sempre en Galicia máis parece cousa de pru-dencia co amigo do interior que distancia. E esa relación haseprolongar con Virxinia Pereira de Castelao, a quen ve, sem-pre, nas súas primeiras estadías arxentinas, e despois nos seusretornos a España. Significativamente e convidada porValentín, Virxinia estará presente na viaxe inaugural pola ríade Vigo do segundo pesqueiro de Pescanova, o Soutomaior,en 1962. E Valentín, como avogado e amigo, tamén media-rá para a obtención da pensión de viuvez, por ter sido Cas-

Valentín Paz-Andrade

Page 50: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

49

telao funcionario de Facenda, e incluso terá un papel nonmenor na suavización de tensións entre Virxinia, o Museode Pontevedra e as irmás de Castelao, para a xestión da her-danza proveniente da incautación na guerra, principalmen-te da que estaba depositada no Museo de Pontevedra.

O PRANTO MATRICIAL

Valentín Paz-Andrade é fundamentalmente un ensaísta sobretemas económico-pesqueiros desde unha data tan temperácomo 1928 e vencellado á FAO desde inicios dos cincuenta,pero tamén é un ensaísta literario centrado nas figuras deValle Inclán (1967) e Guimarães Rosa (1978), e, sobre todo,nesta dirección, autor da biografía canónica de Castelao conCastelao na luz e na sombra (1982). Porén, a poesía tamén lleé algo propio. Ten referido que o seu contacto coa paisaxe viva e agreste

da serra de Queixa, do lugar de Requeixo de Queixa, nunsegundo desterro logo do primeiro en Verín, abriulle unhaintensidade de relación coa natureza que o impulsou a escri-bir os seus primeiros poemas, e que o sitúan, en opinión dosespecialistas, como un dos integrantes da xeración do 25.

Page 51: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

50

Aqueles, xunto con outra colectánea de poemas civís ou dehomenaxes a amigos poetas como Iglesia Alvariño ou RamónCabanillas, integrarán Sementeira do vento (1968), que seríacontinuado polo poemario Cen chaves de sombra (1979) epolo monográfico Cartafol de homenaxe a Ramón OteroPedrayo (1986).Pero o libro fundacional da súa actividade poética será

Pranto matricial (1955), dedicado á memoria de Castelao.Sabedores da amizade que os uniu, da súa actividade comopropagandista desde o momento da súa morte con aquelesartigos de La Noche e do Galicia, non é de estrañar que acti-ve a vea poética para esta sentida homenaxe fúnebre.Publícase o Pranto matricial en Bos Aires, con data do

sete de xaneiro de 1955 na editorial do Centro Galego,coincidindo co quinto aniversario da morte de Castelao.Trátase dun pequeno opúsculo de 35 páxinas no que seinclúen seis poemas, xunto coa versión castelá, da autoría daprestixiosa escritora arxentina María de Villarino, amiga eveciña de Núñez Búa en La Plata. O libro leva capa deseña-da e ilustrada fermosamente por Luís Seoane –unha bicro-mía dunha nai adoecida e encollida– e ilustracións interioresde Carlos Maside, Manuel Colmeiro, Arturo Souto eManuel Torres.

Valentín Paz-Andrade

Page 52: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

51

A xénese do libro podémola rastrexar no seu epistolario aolongo de 1954. Acabado de chegar a México, Valentín enví-alle, o 9 de outubro de 1954, unha carta a Núñez Búa na queinclúe unhas puntualizacións aos borradores da tradución deMaría de Villarino, feitas en Vigo por Emilio Álvarez Bláz-quez, por se lle poden ser de utilidade na versión definitiva,e ao tempo dálle noticia de xestións feitas para recadar asilustracións que complementen os textos. Uns meses despois,o día 2 de maio de 1955, desde Colombia, noutra viaxe daFAO, escríbelle a Luís Seoane, cóntalle que acaba de recibiro primeiro exemplar do libro e agradécelle a súa colabora-ción coas seguintes palabras:

Moito me comprace a beleza, sobriedade e modernidá da pre-sentazón gráfica, na que unha vez máis, a túa experta orien-tazón e participación, ten conquerido un novo e positivo acer-to. Estou plenamente satisfeito da edición; agradezo vivamenteo teu desvelo, e ben quixera que o contido respondera ao rangodo continente.

No primeiro poema, «O que todo galego choraría», apos-trofa a Terra en dúas estrofas para que chore o pranto poraquel que fora vivo mastro en loita núa e remata cunha con-

Page 53: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

52

clusión en catro versos que, seguramente, é o máis difundi-do do libro e na que sintetiza a expresión da dor do pobotransmutado en Terra.

Chora, Terra, teu pranto matricial.O que todo galego choraría,se inda chorar pudera,até cobrir de bágoas o mare.

No segundo, «Door da paisaxe», sitúa a ausencia nun espa-zo humanizado pola dor, no medio da chuvia, de igrexasrománicas, ventos e piñeirais e cita Rianxo, O Salnés, Sálvo-ra e Marín como referencias da Galicia territorial.No terceiro, «A Terra e os sinos», en tres estrofas evoca a

fusión física na terra –barro materno ao barro teu xuntado– eos loureiros levados a Bos Aires desde as terras de Rosalíapara ampliar a esperanza á visión de todas as campás de Gali-cia dobrando na súa memoria.O cuarto, «Alá lonxe…», ten sabor vangardista, de eco

manuelantoniano, a través das citas dos meridianos ultrama-rinos, dos ronseis, de singraduras á deriva, cun ton exóticopercorre as xeografías americanas de emigración –Hudson,Arauca, Cuba, Andes…–, cunha idealización dese continen-

Valentín Paz-Andrade

Page 54: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIAL

53

te –Océano de terras– como foro aberto do mundo, onde a estre-la dos parias tamén luce.No quinto, «Teu destiño», diríxese liricamente a Castelao

–Sementador leixado, peregrín namorado dos roteiros– parafalar do sino de morrer lonxe pero coa esperanza de estarreencendendo os pábilos da i-alma na Galiza migral, e na Gali-za que aínda agarda, Daniel, o teu retorno…Remata o libro co poema «Cando ti volvas…», que se con-

figura como unha especie de ladaíña saudosa que se proxec-ta sobre a intención da volta futura. Desde o verso catro,repite en todos os pares –oito veces– a expresión Cando tivolvas pol-o mare, para significar o recibimento glorioso, aso-ciado sempre a imaxes luminosas, os fachos acesos nas illas,as fogueiras no cume dos montes, as candeas nos piñeiros, aardora nos mastros, o farol mariñeiro, as «veliñas» nascasas… para rematar coa personalización da dor no prantodas persoas: … e as pérolas das bágoas derramadas, cando tichegues pol-o mare, cando ti chegues pol-o mare. Desta obra fíxose unha nova edición en 1974, da man de

Ediciós do Castro –a súa editorial de referencia en Galicia–,cun limiar de Rafael Dieste e novas traducións sumadas á docastelán. Incluiranse as outras tres linguas da península, aversión en catalán será do poeta e sociolingüista barcelonés

Page 55: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

54

Françesc Vallverdú, a do eúscaro do poeta Gabriel Aresti e ade portugués do seu amigo o escritor brasileiro, xa falecidodaquela, Guilherme de Almeida.A versión vasca foi editada de seu en 1986 baixo o título

de Uma-oncitic negarra.Foi reeditado dúas veces, en edicións populares asociadas

a xornais. En 1992, formou parte da colección de El CorreoGallego, número 89 da Biblioteca 114 baixo o título de Pran-to matricial e outros poemas ao incluír composicións de Cenchaves na sombra (1979) e outros poemas soltos. Posterior-mente, en 2002, acompañaría a Fardel de eisilado de LuísSeoane no volume 29 da Biblioteca Galega 120 de La Voz deGalicia.A gravación que hoxe presentamos foi realizada polo pro-

pio autor durante a estadía de xullo e agosto de 1957 nosestudos San Martín como complemento á súa participaciónno programa La hora iberoamericana, que tiña na emisoraRadio del Pueblo de Bos Aires Manuel Núñez Búa, irmánde Xosé. O soporte orixinal é un disco de metal recuberto de acetato,

propio dos estudios de gravación daquel momento, antes dadifusión dos sistemas de gravación en cintas magnéticas decarrete aberto.

Valentín Paz-Andrade

Page 56: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 57: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 58: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO MATRICIALValentín Paz-AndradeEdiciones Galicia, Bos Aires, 1955

Page 59: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 60: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 61: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 62: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 63: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 64: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 65: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 66: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 67: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 68: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 69: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 70: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 71: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 72: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 73: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 74: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 75: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 76: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 77: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 78: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 79: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 80: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 81: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 82: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 83: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 84: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 85: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 86: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 87: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 88: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 89: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 90: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 91: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 92: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 93: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 94: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 95: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 96: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 97: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 98: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 99: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 100: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 101: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

Índice

Page 102: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

PRANTO POLO AMIGO DANIEL

Ramón Villares

PAZ-ANDRADE, OS GALEGUISTAS, BOS AIRES E

PRANTO MATRICIAL

Afonso Vázquez-Monxardín

PRANTO MATRICIAL. FACSÍMILE

7

19

57

Page 103: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura

LP de Pranto matricial gravado porValentín Paz-Andrade nos EstudiosSan Martín, Bos Aires, 1957

Page 104: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura
Page 105: Pranto matricial na voz do seu autor Valentín Paz Andrade · Para Pilar Rodríguez Prada, que con tanto agarimo gardou a memoria do seu home, Valentín Paz-Andrade. Consello da Cultura