Textos Valentín Paz Andrade

download Textos Valentín Paz Andrade

If you can't read please download the document

description

Carla Tubío

Transcript of Textos Valentín Paz Andrade

LETRAS GALEGAS 2012

VALENTN PAZ ANDRADE

PRANTO MATRICIAL

(Bos Aires, 1955)1O que todo galego chorara

Chora, terra, teu prantodas augas, e dos eidos, e dos ares,as vivas preas csmicas da raza,en mantelo de brtemas envoltas,que noso fin ao noso orixe ligan,Deita nas aurias leiras do horizontelabradas de solpores e de abrentes,en doas de luz a debullarse,as sementes feridas da ta dor.Arpa de nobres cordas esquecidas,ceiba teu son no corazn retido,e fai acordes en total latexoalmas, paxaros, ros e paisaxes.

Chora, Terra, teu pranto xeneroso.O que todo galego chorara,en roda de multnime silencioe ollares abatidos,sobre do longo corpo derrubadoque fora vivo mastro en loita na;perto daqueles beizos, seca fonteda verba nunca dantes mis belida;do peito petrucial, reflorecidode mapoulas pampeiras,que envexan a nacencia das chorimas;xunto das postas maos voltas ao xelo,onde a eito agromaron do seu arte,no cerne da galega patrona,vizosas primaveras.

Chora, Terra, teu pranto matricial.O que todo galego chorara,se inda chorar puidera,at cubrir de bgoas o mare.

2Dor da paisaxe

Das augas deloridas, doce prantoque escorra pola face das alboradas,deica a raz das herbas,destilado na pinga dos orballos,e dea seu latexo a noite e danas rezadoras choivas que soergueno canto-chao das tellas,e o responso romntico das grgolassobre as pedras mortas de Sant Yago.

O cristalino pranto manadeiropolos ollos das pontes,onde o pulso dos ros esmorece,e se acugula co solpor calado,na verdecida soidade dos vales,toda a dor da ribeira sen cantigas,dos cruceiros e as nimas sen luz,dos camios sen lida labradora,dos fogares sen sangue gomarizo.

Pranto baril dos ventos galgadoresalimentados co sal da Ra,que xa non baten velas de Rianxo,e te chaman, Daniel, con voz ferida,-agullas dos lentos pieirales,verdes coros arpados do Salns-ou con voz dos abismos, roncadeira,na crtera fadal das oleaxes,p das rochas de Slvora.

O salaio de ferro das motoras,coa agona da nboa e dos naufraxios,chmante polas bocas de Marn;e o nacarado choro das buguinas,uivando nos salgados areales,sobre as laxes rachadas dos cantiles,nos cabos onde escachan as tormentasco folgo mis sostido e sonorosoque brotaran de peitos marieiros.

E al, nos curutos desnevadosdas serras estremeiras,ou polas corredoiras dos lugares esquecidos no ermo,a corna inxel que tallan os pastores,buguinada da urce,ceiba tamn no azul fanal abertoa coita da montaa taciturna,ferida polo mesmo desconsolo.

3A terra e os sinos

Foi a terra levada,barro materno ao barro teu xuntado,con lricos loureiros,no camposanto de Padrn unxidospolo amor e a dor de Rosalasagra primeira estrofa deste pranto.

Para compoer as outras,tanguidos a unha man de Sul a Norde,os sinos todos das eirexas todasque por todos redobran,e tamn se ouvirn polos escuros,non recollern no coral de broncea dimensin da nosa desventura.

Por ti, Daniel, a mis dos campanarios,sialeiros da morte empadroada,han de dobrar, da vida, acentos novos;han de dobrar as cordas dos espritus;das cousas, seus metales:das cousas,nas que os homes deixamos en anacos os anacos da ialma.

4Al lonxe

Que se escoiten agoraseus lquidos acentos al lonxe,vibradoiros na librerede dos merindins ultramarinos.E mergullen, Daniel, no mesmo prantoos ronseles postreirosdas tas signaturas derivaabraiante de Marte;dende o trpico a foro pintigadoao balbordo de Hudson, e s peladasserras de Araucania.

En Cuba se derramen, e no Mare de Corts, e no ardentemato dos bandeirantes paulistamose nas punas do inca,e nas pampas do gaucho cabalgadas,con Don Segundo Sombra polos mdanos.

Ocano de terras escontra o dique ssmico dos Andes, mexido polo zonda sequiosoe por quillas sen leme navegando;natureza auroral que se espreguizaco inxerto de vidas esgazadas;foro aberto do mundo,onde a estrela dos parias tamm loce;mapa de libramento presentido,onde o sangue romeiro dos galegosa ventureira vocazn renova.

5Teu destino

Sementador leixado,peregrino namorado dos roteioscara o destino da Galiza abertos;flor das vidas chagadas na acedumeincerta do desterro:o de morrer al teu sino era.Al, sen escoitar as elexas do violn dos cegos,e a zanfona de pedra dos Profetas, que tan s por ti soar puidera, O de morrer sentindo na agona, a quentura arterial dos emigrados, lonxe do morno ollar das Dolorosastalladas ao respaldo dos cruceiros.O de ancorar a nao, desarborada,nos peiraos de aln-mar,abrindo regos novos saudade;reencendendo os pbilos da ialma na Galiza migral, e na Galizaque anda agarda, Daniel, o teu retorno...

6Cando ti volvas

Na matricial Galiza, sempre ta,que dende a Torre de Hrcules ao Mioun facho acender por cada illa, cando ti volvas polo mare;de toxo unha fogueira en cada monte,cando ti volvas polo mare;dos castros na coroa unha cachela,cando ti volvas polo mare;unha loura candea en cada pino,cando ti volvas polo mare;o seu cirio de frouma os arciprestes,cando ti volvas polo mare;luces de ardora branca en cada mastro,cando ti volvas polo mare;un farol marieiro en cada dorna,cando ti volvas polo mare;velias xanela en cada casa,cando ti volvas polo mare;e as prolas das bgoas derramadas,cando ti chegues polo mare,cando ti chegues polo mare

SEMENTEIRA DO VENTO(Ed. Galaxia, 1968)

Rsticas nais

Na cruz dos vosos corpos dobradizossobre os agros de pan,as races do barro floreceron.

Sangue o centeo foi,o millo carne, enfornados ao longo dos invernosentre leira e lareira.

S pola lei dos glbulos que escoan de vedraas nacentesa se xuntar na vosa nfora salva,anda Galiza escoita o seu latexo,as sas cores locesen adobos emprestados,no viveiro dos pobos en promesa, como roseira que mantn vizososo ouro do seu polen,de ptalas e arume o seu tesouro

Longas maternidadesreschoradas a fo no mandil,para longas anadas sen amor,o lenzo a relembrar das despedidastrestemido no ar,e a seguir para os tortos asoballosda vida en soidade,para o bater das neves e das chuvas,para fames e loitose naufraxios.

Mais pola seiva morna que alimentaa ramada baril das vosas veas,pola candea que nos vosos peitosreencenden as fontes matricialese os cruxoles do ser da nosa xentecoa voz que criou,s cinzas do pasado que destilannos teros do tempo para viranda ns somos ns.

A mesma mao para o sacho e para a teta,na Virxe e no trasno a mesma fe,un agarimo ao neno,outro agarimoa benquerida sombra que deixarano leito de follatoso home que foi voso aquela noite.

Firmes seos de nai onde amadrigadas sementes o celme,para recebar as ntimas fontelasdas que recibe o seu feito o ser,e para fundir nos eslabns do sangueos acentos no pobo xenerados,o formento da loita,a vontade de amar e resistir.

Rsticas nais de entranas repartidasentre os fillos e os eidos,cal se nos hemisferios da crianzatamn zugaran os menios leitedas beres da Terra.

Eu sinto da e noite a me roera cega dor da vosa carne lcida,parideira de brancas andoriasno cedo xa tolleita para o amor,a se trocar varona de mantelo,sempre coa sorte revirada en trincaao timoeiro da pobreza.

Tamn sinto a desondado voso matriarcado escurecido,orfo de la e de luceiro orfo,a devalar axiasobre os areales do presentee cara as parameiras do porvir.

E se sinto unha esperanza,ou na destinacin do noso poboou una perpetuacin do noso ser,arquiveiras da esencia dunha raza!non senn aquelaque anda podemos pr agora e semprena virtude baril do voso leite.

(Pousa Nova do Mar, 1966)As beres do medo

Se isto vivir... eu vivovivo andaneste val de viventes espantallosmunxidores das beres do medo,mais a xeito dun prfugo da morte,que por teima dos outroshoubo de recuncar quixera ou non,nos arriscados xogos de facerventureiro resgate da sa vida.

Experimentei en quente catro vecesmal gobernada Dona da Gadaa!o axexo dos teus tarsos...nos meus pasos,e o tronce dos aceiros tolledoresou a facer peneira no meu coiro,ou a trillar meus osose deixar debulladas pola areaespigas do meu sangue.

Fuxir fuxn con vida...non sei como,aos tiros dunha banda arremesadose os pelouros da outra,para aboiar despois facendo o morto,como cortiza a flotemexida no ir e vir de cada ola,sen bourel de loureiroao pairo polas augas de ningun.

Cando a febre do chumbo via a menosou viraban as las,seus ferrollos abran as cadeasou sas soidades os desterros,e non faltaban no poleiro galoscon gorxa de papel de oficio chea,para me pr sombraou me liscar co demo unha tempada.

Escomas o meu remorso sintode non ter at agora merecidotentos fanados holocaustose condecoracins do... revirallo,tanto calafateo de suturase versiculacin de cicatrices,tanto derramamento de garoubasque atinguiron os brancose marraron no fin,tanto xemer de folios e de ferrosmexido contra aquelo...que non fun.

Farei nunca reconto dos aldraxesque nas tboas da lei que o pobo ditanon teen cabementoou son anda mis que mgoa honra.

Un non ha ser tan soloa suma do que quixo e do que fixo,illado na sa illa,a forza remador contra corrente,pois os rodicios da inxustizxa allea,contra do non querer do muieirotamn moen para un.

O tempo foi correndonos reloxos sen corda moitas veces,e nas vsperas de das que virnvan indo xa de seca pouco a poucoas beres do medo.

Pois mentres agardamos, agardamos...a mudanza do sino,eu confesar quixera boamente,que se non fixen da desgraza sorte,sempre tomei a ben aquelo todoque por mal me foi feito.

Algn refrn dixo de vellos que...cando non nos acabantanto os paus como as dores fortalecen.

[Vigo, 1966]

As mias horas sen ti

Amor,lonxe da ta voz o meu ouvido sen ter o mel de sonos que viera a me enlevar na doce transparenciahoras escuras son as mias horas.

Sen o regueiro azul do teu ollar nos pousos da verdade cada cousa,nin a cuncha ateigada da ta maopara sede de luz do meu espritohoras de area son as mias horas.

Sin o par dos teus pasos ao p dos meus no mesto labirinto que ha percorrer o tren das arelanzasonde fan seu viaxe nosas vidashoras sen rumo,cegas singraduras,son as horas,amor,sen ti vividas.

Sobresolares horas do Mxico maduro e tamn verde, nas razas de obsidiana e de limn,no sangue feito pedra de pirmides que anda escoa na historia,siada pola serpe e o quetzal.

Horas de Veracruz dos marimbeiros,madreprica filla das mars, corpo na bris do Golfo sobre ps de corais e cadril de mestizas abalado.

Do Guanaxato de ouro e de Tasco da prata,vividuras de gloria esmorecida dende o fulgor dos sculos mineiros.

Das noites de Acapulco no luaral Pacfico arxentadas, con dormicin de Venus nas areas e sensual ondulacin do mar no colo das caletas.

Horas reverdecidas na esmeralda sabaneira dos chibchas,con Santa Fe de Bogot e da Chuva cuberta pola sombra de Ximnez e o bafo dos cabalos de Bolvar.

Horas do Cauca longas de languidez procesional do ro rimadas na nocturna sonata de arboreda adormecida polo arrolo das garzas, e a lrica gorxa do turpial,

Mans do Matto Grosso,co sabi cantor nas mangabeiras,fatos de garimpeiros aos diamantes, vaqueiros e boiadas ao trote nas veredas do sertao.**Horas das travesas esteares nos desertos do ter navegadas,sen quentura de peitos,agarimo de falas nin paisaxe amanto,levando sempre a morte suspendida do folgo dos mecnicos pegasos.Horas esvaradizas pola fraga de ferro das cidades e a cobra das estradas,onde ferven motores, ferven razas,baixan os urubs cheirando a prea aos recintos da xente,e asoballando a vida que tiamos o galope dos dlares redobra.Horas sen o ar do trpico amareloqueimadas nas raxeiras litorais, xunto o espeso xermolar da cnaga e a barba lacustre do manglar,ou na farra criolla,feira dos semellantes entintados,xemida en tangos e mexida en rumbas nos esturdidos caixns dos nigth clubs.

**As mias horas que para ti naceran, as a eito vividas de maos dadas denantes ter do noso lar fuxidoas mias horas que para ti naceranbaixo un ledo repique de campsrevivirn somentes cando a ta quentura globular reviva en min,cando aos meus brazos tornes orballada polo luar das noites da Galiza,envolta anda no resplandor da chama que acendes a coto na lareira onde quece os seus sonos noso amor.

[Sao Paulo, 1959]

CEN CHAVES DE SOMBRA(1979)

As palabras

Vn o ar ateigado de palabras, cada man chamando aos nosos vidros, para pr a xemolar son e semente.As palabras de cote estn falando e somos ns os xordos ao mensaxeque no seo das slabas carrexan.

Polas palabras somos outra cousa,e non primaz materia dunha besta,s desbravada en ns polas palabras.Son palabras as ondas do gran roda fala, que morre un pouco e nacedo mencer ao luar de cada da.

A eito marteladas nos falaresdo pobo, que as mestura ao seu suor,limadas cal semnticas moedasnas forxas oficiais do saber,sempre as palabras teen lei de onda a develar na vida dos demais.

de palabras a primeira msicaque d tremer de luz ao noso tmpano,e de palabras o primeiro roque verte ao noso canle sas ondas,e se fai subterrneo en cada noite para renascer no leito das auroras.

Denantes das palabras foi a choivalinguaxe de cristais da natureza,de verticales slabas composto, elemental vocabulario lquidodas claves seminales sobre a terra,a descrifrar polas menias da alma.

Palabras insonoras baixo o sono como peixes de acuarium apagado que a memoria repesca na vixilia.Palabras e memoria das forzasque xa casadas nascen lonxe, lonxe...no orbe prebablico do home.

E cando chega a morte a nosa beira,cando nos pasaporta para o nada,o que de certo pasa e se rexistra,o que nos deixa listos para o embarquena dorna por Caronte tripulada... o naufraxio de todas as palabras.

(Vigo, 1970)

Non escoitedes

Non escoitedes voz onde non tremao vidro do seu tempo,mainamente,como na pel das augas treme a bristinguida no brancor dos amieiros.

Non escoitedes voz na que se esquezanas races do barro que nos doufeito de criaturas,amor pra repartir cos semellantesquentor do noso sangue.

Non escoitedes ecos en retornodos paredns da morte.a vida vir sempre a sulcos novospra se facer fecundano grao de cada espiga.

[Pousa Nova do Mar, 1977]

Noso Alexandre, mrtir

Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seisTaquicardia da historia dunha imaxecon pulsacin esmorecida.

Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seisQue ancho o peito teu para os balazos,con corazn equidimensionado,alcouve pola idea frolecido,Que regueiro de folgo para unha fepor un agosto trxico xiado,ao despuntar un da a maancia!

Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seisToda a xeografa da Galiza,esqu as aldeas, achola as cidades,da miota fronteira at Teixido,da Curota ao Caurel,al caba dun costado a outro,mapa do corazn comprometido,augas, montaas, pobos, que lavabascal loriga carnal do pensamento,aquel da Galiza acriboadaao cuspir os fusiles sobre ti.

Trinta e seis, trinta e seis, trinta eseisSete cruces na Tampa como escudo,ste cruces e o calix do Grial,tatuaxe azul dos smbolos amados,unha terra a ceibar de alleas poutas,unha xente a curar da praga extica,unha patria a facer.

Sete, catorce tiros na Caeira,contra un pino dos himnos de Pondal,contra un pino de froumas a cair, contra un pino de ponlas a chorar!

Trinta e seis, trinta e seis, trinta e seisE unha bandeira de Galiza a furto,cadaleito a pechar,pra o teu peito aquecer no mis al!

(Vigo, 1976)

As ovellas de Joyce

Can correu no milleiral. Can?Non. Isegrim orellas murchas.At lobo. E ovellas sineirasparan sen flego.

(James Joyce, Finnegans Wake)

Ai!, delatadas ovellasdos seus rixelos arrente.Ai!, polas linguas de bronceque dos seus colares penden.Ai!, polas linguas de bronceque esporan do lobo o dente.

Isegrim orellas murchas-duplo pavilln solerte-Isegrim orellas murchasmalo raio te estatele!Non eres o can que ladradantes de trabar na xente.

Os milleirales contigomurcharon seus fogos verdes,a paz que nas chocas tanxee nos pendns arrecendea paz que nas chocas tanxede cana se fai, e fende.

Sineiras de sinos mornos,orbillo de sons no abrente,sineiras se signos mornos,copas de candor vertentes.O voso espaller de sonsun facn por cada dente.

Pombas do chan nas aurorasPombas do chan nos poentes,De Isegrim a treidura,o badal cisca a semente.De Isegrim a treiduraNa vosa candura quece.

* * * *

Baixo a l das ovellias,O corazn do home treme.Polo son que outros penduranAo noso pescozo dbil,Polo son que outros penduran,Tamn o lobo nos fere.

(Pousa Nova do Mar, outubro 1975)

POEMAS SOLTOS

Na brtema, tres cantos

A Lus Seoane in memoriam tuam

I

Xa bogas, sen fardel, na brtema sen horas intrmula bandeira na arcada de outro mar,a nosa sombra ollando por buraco estear,rachada nos carreiros abruados de amoras.

Contigo levas fachos para novas autoras,e deixas a Galiza nun cego navegar,co destino atrapado na pouta moncloar,debruzada de novo na ponte das deshoras.

Xa semellamos moucos exiliados na Terra,con segunda hipoteca na nosa liberdade.S o ronsel que canta dos mortos nos acentosnos devolve a esperanza a que o home se aferra,nos ergue at as almeas da moura soidade,onde anda agardamos teu mensaxe nos ventos.

II

Tas mans tallaran corpos e almas no buxo,retbulo de opresos a corazn magoado,de anatomas quentes cdigo promulgadona distole de brancos e tintas sen embruxo.

Plana imaxinera o teu pulso compuxo,para lle dar vida do hoxe aos mitos do pasado,de Rui Xordo descobres o arrufo alanzado,de Mara Balteira o namorar cabuxo.

Sorna, panos, tamancos, remontas, parachuvasraza en pristinidade, como a terra a pariu,con brazos para a fouce, o remo e o badal,na vspera do da de madurar as uvasna mtica parreira que o destino encubriu,onde nos chaman hoxe as voces de metal.

III

Ao aln chegaras, Orfeu dos emigrantes,con Ramn Cernadas no adro a te agardar,e Mesdamus, Basalo e tantos que a mis dar,abonan co seu calcio camposantos errantes.

Da loita as cicatrices cavadas nos semblantes,Galiza sen Galiza, a patria a despatriar,races sen filame beira a beira do mar,emerxendo da cinza das lareiras vacantes.

Ao fin agora deixas o posto nos combates,sen recoller as gubias nin pinceles limpar,eles berrarn sempre polo que xa non berra,erguern o teu nome nos vindeiros embates,cando Galiza volva de seu a camiar,e sexa nosa mao a mao da nosa Terra.

[Maio de 1980]

Castelao no Harlem preto

Virando a ponte fra do Triboro, na pasaxe de Harlem a Broadway, diante dos teus ps romeiros toparas as vareas mis ingremes que an ensarillar o teu exilio. Corpo sen sombra a pervagar seras en ronsel sen estrela, e quente man sen palma irmn aberta onde poder pousarse, e o corazn a latexar en vougo, perdidio no mato de cimento e sombras alongadas sobre as almas e deitar de alciprestes ferro-ergueitos sobre dos corpos ao metal dobrados en orfandade de races.

Xa levabas andando encosta arriba o labirinto vial do Harlem preto, recollendo sa imaxe e seu ritmo, no prismtico espello do esprito, e na plstica antena do teu lapis. Outra fronteira humana descubriras na xeografa epitelial das razas onde teus ollos cativos tentan reatopar ao home como Deus o tirara do seu forno, levando no seu queimo seu mensaxe e seu fado fanado para a vida.

Ai Harlem, Harlem, Harlem dos pretios! Ai Harlem dos menceres estourantes no repicar de gongs e de maracas, a referver nas noites estragadas de farras saturnais! Al topou teu arte novas lias, outro latexo irmn vibrou teus pulsos, outro amor no teu peito magoado principou a medrar.

E por Baixo das dermis chamuscadasTas menias macias desvearon outras virxindades seculares,outro drama social agabeandoa cabalo da sombra de Can,pola cor dunha pel.Un vertical exilio polo sangueque ten tamn do noso a mesma cor,mais que leva nos glbulosda liberdade as cinzas anda mornasa querer soerguer as sas linguase cancelar as dores milenarias,que arrastro traguen polo chan da historiao ser mais o destino dunha raza.

E foi en ti, Daniel, o nacemento,de novas cordas na arpa do ancho peito,que despois cantarannas formas e nos ritmos de acibeche,o poema de amor en tintas libresdo sangue irmn que ferve nos proscritos.

(Pousa Nova do Mar, xullo 1982)

Ode sen pranto s cinzas rescatadas

I

Arela de resflor,Hoxe remanecida musa nosaDaniel desde a nacenza carismandocon leos de profetaesta man volvo en achego a ti.Dobrarn bronces sagros no ar vivoa brazo nu tanguidos Desde o Mio arterial foz do Navia

Sonou ao cabo a data degoradada restituto ceneris,a terra que das chagas convalecena restinga das dcadas umbricias,onde ben fora que nos atoparasdesatrelados xa, ceibes e ledospara o complexo de Can avesosremerecentes circiosdas liberdades porque ti loitabas.

Daniel desde a nacenza carismandopra que teu pasamento se trocaraen revoada de espritos.

II

En boas medras eu quixera agora-Daniel a luz pairal restitudo-Nesta polo San Xon man lavada,Con orballo arumado de naisilvasQue translevar a ti puidera hoxeAs palabras quecidasNa fe do pobo anda resistente.As tantas veces por ta voz vibradas,En tmpanos annimosDantes que a paz civil fose esmagada.

Palabras de mensaxeque xuntos espallamos moitos dasnos adros das parroquias,desde a escada de pedra dos cruceiros,por sobrados vilegosags para os serodios rechouchosdos mandachuvas recuncantes.

Primavera esquecida da que foraso mis lanzal lilaz,denantes da sa hora deslogrado.

III

Mais agora, Daniel,_delfn maior dos exiliados nosos_,nesta a deshora hora do retorno,van de camio longo xa exauridos anos demais do tempo xerminante,que teus faraldos pretos agoiraran.

Xa es cinza, Daniel,anda que sempre cinza namorada.Xerme en calada trasremudacinda concienciana idea.Cinza asuntiva de valores prestosa outro vizoso afloramentoque anada tras anada se renceno mido milagre da sementepara longas labradas no porvir.

Verbo con son eterno propagadono pas a rescatar agoradas servidumes residuais.Desembargada prendaA se facer do seu dona e seora.

IV

Cos fos de ouro da ta vidae a fulguracin da ta obra,nos anais do pas restitudoanda se escribirn,tras de moitos captulos de sombraoutros alumeados de esperanza,en romnicas letras lapidares,onde unha pauta esgrevia se retracedo modelo de Patria que soarascomo Pondal denantespara o solar dos bos e xenerosos.

Sono e bandeira nosos,que sen se transfundir en realidadexa de abondo serapara que teu ollar atoutiantee ta man sabida,na cadea sen reixas nin alxemas,na onda fraternalia dos galegossufrintes vellos da orfand do chan,unha noite arxentina de xaneirono eternal exilio esmoreceras.

V

Teu Nome de vagoes ecoantes -Daniel barn baril de transparencias- polos ermos do aln onde navegas en volta da ta imaxe unha coral de razas que se convoca.

Cal si de axia convertido foras, de paladino estrenuo de Galiza nun mago para os outros a nivel semellante marxinados. Desembruxada plstica social, da nosa xente pristinazo molde e dos outros trasunto avivecido, -coa sa cor enfornados, e seu carril balsante, pel e ritmo- no obradoiro do mesmo do Paradiso.

Labregos no zoar dos milleirales, marieiros de mares repartidos, matronas parideiras de emigrantes, sanguixolas do Fisco, umbilicado, prisioneiros e mrtires de Marte, pretos de Harlem, guaxiros de Cuba, chineses de matute na Manhattan, gauchos de pingo e poncho pola Pampa.

VI

Unha resaca negra de saudade,do baleiro que deixas,desde nontronte abala a Chacarita.Tingue de dor as pedras tumlarespolos cinceles de Asorey labradas,onde, Daniel,gaada a peito tiasta mis delongada residencia.

Rianxo de ultramundo!Morada sen morar dunha Galizaciscada por espazos emprestados.Dez anos de vivencia convividaen comunin belixerante.E trinta e catro mis de conmorencia.

A suma dos teus restos,noso Daniel por Bonaval gaados,compre que a Patria nosa faga hoxereasuncin de cinzas asociadas.As de todos aquelesque tas soidades compartirone contigo loitaron de mans dadas.

Galiza tamn vive dos seus mortos.

(Pousa Nova do Mar, San Xon, 1984)

A EVOLUCIN TRAS-CONTINENTAL DA LINGUA GALAICO-PORTUGUESA(dentro do volumen colectivo O porvir da lingua galega. Lugo, 1968)

[Extracto do texto de 1968, includo no volumen colectivoO porvir da lengua galega, editado polo Cculo das Artes de Lugo]

Da teimosa nunha ptica revirada ao pasado ningn proveito poder agardarse. Con conciencia do mal, ou sen ela, semellante visin a que mantn anda hoxe, envolto nun senso reverencial de reliquia, ao idioma galego. Dunha banda, polo fenmeno de marxinacin, que xa leva durado mis de catro sculos. Resulta, quirase ou non, da presin asimilista que exerce o casteln oficializando.Doutra banda, polo complexo de inferioridade, que ao redor da fala propia aquela marxinacin provocou na rea de nacenza. A proscricin do uso nas escolas, no culto, nas relacins administrativas, etc., tia que carrexar ao longo termo, cando menos, esta paulia serodia da auto-subestimacin. Mxime na poboacin monolinge, que anda hoxe chega ou pasa dos tres cuartos da total.Temos diante de ns un status posicional vicioso e falaz, que algn da entrar no desxeo. Mais para conquerir tan lextimo obxectivo, non abonda coa denuncia isolada e terica. Cando menos se se exerce como deica agora, arrequecida nos senti-mentos reivindicativos e pouco mis.Recuncando neste xeito de obrar, ben seguro que non se vencer a xordeira das esfinxes entronizadas. Mais a cousa podera mudar de vez, se fsemos homes dabondo para ligar o problema doidioma a un pensamento social moito mis que reaccin sentimental.Fai falla escomenzar poniendo en destaque, entre os valores que a nosa lingua conserva, a sa capacidade como medio de comunicacin. Chegou o intre de cifrar a importancia do idioma mais que na sa orixe e os seus servizos creacin literaria ou histrica , no censo das persoas que valndose da ferrramenta verbal recibida no lar, poden entenderse polo ancho mundo. Ao mesmo tempo compre ter en conta a evolucin previsible das magnitudes demogrficas que veen avencelladas, na comunidade lingstica, resultante dun arriscado proceso histrico.

(PAX. 131-132. AVENTURA MUNDIAL DA LINGUA)

O MAPA DA FALA COMN

O mapa da lingua de Camens e Rosala abrangue terras de catro continentes. Atendendo ao censo dos que a usan, clasifcase no terceiro posto entre as linguas neolatinas. Despois do ingls e o casteln, tamn a terceira das Amricas.Hoxe o cmputo anda polas beiras dos cen millns de falantes. Todos se entenden, ou pdense entender, nas mesmas voces. O feito de que algunhas desemellanzas se aprecien na fontica ou na escritura non mingua validade ao xuzo.Do total daquel censo, mis dos oitenta millns viven s nun pas. O que ha de ter sempre papel gravitante no conxunto, non soamente pola forza do nmero. Hoxe tamn pola sa puxanza econmica e a xerarqua da sa literatura.Compre engadir que, entre o contixente supermaioritario do Brasil, e o ncleo orixinario, aquelas desemellanzas son minguadas. Maiormente no idioma escrito. O exemplo da prosa de Guimares Rosa, entre outros menos ao da, constitue o mellor testemuo para reforzar a nosa apreciacin.Os datos que describen o expandemento xa arrecadado pola lngua galaico-portuguesa son impresionantes. Mais o son moito menos do que tern de ser ao cabo dalgns decenios. Os ndices de crecemento demogrfico e tamn econmico do Brasil fornecen proba anticipada da realidade que est a vir, moito mis densa e prspera anda da que hoxe existe.Tardarn mis, se se quer, outros pases, como ngola ou Mozambique, en chegar a unha escala de maior desenvolvemento. De todos os xeitos, a descolonizacin nunca poder inclur a lingua, o seu mellor herdo, definitivamente xunguido historia futura de moitos pobos chamados a conquerir fortes aceleramentos no ritmo da sa expansin.Polo tanto, dentro da comunidade, o valor-espazo canto o valor-tempo da nosa lingua, son ben claros. O primeiro dunha realidade grandiosa. O segundo vn ser hoxe tan positivo como prometedor cara o ma.[...]

UNIFICACIN POLA LINGUA

Lingua do pobo e dos trobadores era o galego que no sculo XIII Dom Diniz, Rei labrador, plantador e poeta, converteu en idioma oficial do seu Reino. Daquela, Galiza e Portugal mantanse anda en certa unidade de esprito. Foi tan gloriosa simbiose o berce remoto do espectculo cultural, que hoxe podemos contemplar e vivir.De tan nobre orixe sobreviven realidades sociais cheas de fecundidade. As que fixeron posbel, a despeito de diferenciacins raciais, de continentes e de hemisferios, paralelos e meridianos... que un labrador de Castroverde poida parrafear cun facendeiro de Rio Grande do Sul, que un mineiro de Silleda poida entenderse mao a mao cun garimpeiro que arrinca diamantes en Rochedo ou Corguio (Matto Grosso); unha regateira do Berbs ou do Muro da Corua cunha varina de Peniche ou de Porto Alegre; un intelectual luso-galaico cun bugre dos Campos Gerais.Cantos galegos labraron despois fortunas inmensas en Lisboa ou no Brasil, saron da terra cunha man diante e outra detrs. Non manexaban mis arma que a sa lingua para vencer na emigracin. Sen ela, os fados que lles foron agarimosos, teranse afastado do seu camio. Sen ela, e sen coecemento suficiente doutra fala, a franqua que a comunicacin proporciona non lle abrira a porta de estraos pases.As verticais gaiolas de ferro e cimento, que aloxan a febre dos negocios en So Paulo, Rio, Santos, Belo Horizonte, Recife... estn poboadas de voces galegas. As que foron arrincadas s cordas do pobo desde Airas Nunes a Macias, pasando polo Rei Sabio. As voces nas que rezan as negras da Bahia noveladas por Jorge Amado, as mesmas oracins que se ofrecen ao Bon Jesus de Braga ou Virxen da Franqueira. Unificacin pola fe, que no caso non simple exemplo de sincretismo relixioso, pois presupn outro xeito de unificacin. A unificacin pola linguaxe.

CHAVE DE MUNDOS PECHADOS

Ningn experimento mellor que o de mergullarse por certo tempo nesta estalante bulsa do orbe, escoitar a disforme cadencia dos seus latexos, tomar o achego dos feitos violentamente diferenciais, para coecer a percusin, profundamento humano, do fenmeno socio-cultural a que me veo referindo. Hai xa algns anos percorrn, cuase de ponta a ponta, a xeografa lingstica galaico-portuguesa. Poucos ensinos mis fecundos, para un galego de hoxe, que o recibido da comunicacin na sa lingua, cos inmigrados xaponeses radicados en Campo Grande ou Cuyab, ou explorar a i-alma dos tups-guarans que baixan da tribo ao mercadodas cidades, por citar s dous exemplos.Almas pechadas a cal e canto nos muros do ancestro racial. Soamente poderan abrirse un pouco para os estraos ao conxunto da fala comn. Penso que non pequena regala dispoer dunha chave mxica para penetrar no segredo de mundos morais tan diferentes do noso. Non vn ser un privilexio do meirande valor humano?Descubrrono ben a tempo os misioneiros das Relixins militantes. En troques, non parecen sospeitalo os que podendo favorecer a plena rehabilitacin da lingua nativa, escomezando pola escola, igrexa, os medios audio-visuais mantense afincados na teimosa da marxinacin.

POSICIN CARA O FUTURO

A rea de espallamento da lingua galaico-portuguesa non fica limitada a dous continentes. Mais xa se sabe que Europa e Amrica sern os escenarios do seu futuro, como son do seu presente.Ningun pode con certeza aventurar prognsticos, sobre se o censo de falantes manter no da de ma a proporcionalidade que hoxe garda co censo do casteln. O crecemento explosivo do Brasil alimenta non poucas dbidas. Anda seguindo as cousas do mesmo xeito con superioridade numeral do idioma de Cervantes- o problema de coexistencia e da evolucin de entrambos sistemas de comunicacin non perder interese socio-cultural. Moito mis, tendo a emigracin espaola proclividade histrica para escoller os das Amricas como pases de acollemento. Este e outros imperativos farn sempre inxustificbel que do mesmo lado se mantea unha posicin inhibitoria, cando non subestimatoria, para a ponla orixinaria da terceira das linguas faladas mis al do Atlntico. Non debera botarse a esquecemento o fenmeno de subordinacin entre o florecemento das linguas e o desenvolvemento das sociedades a que vean incorporadas. Anda que da parte do Estado se persistise en abandonar o galego sa sorte, a lingua extraverncula seguir evolucionando e mellorando as sas marca nos territorios que a porfillaron. De xeito que ao descoecer este proceso multiplicador, sen proporcionar a Galiza axudas para acompaalo, sern tamn os intereses xerais de Espaa os que resulten danados. Sufriran a perda da mellor va de influencia humana, econmica e cultural , no trpico ultramarino. S pola coexistencia activa do casteln co galego, sen servidume nin alxadre dun sobre outro, poder establecerse neste orde de relacins unha posicin vantaxosa cara ao porvir. Unha posicin que anda Espaa pode aproveitar a fondo, grazas a que a lingua oficialmente leixada non se perdeu. Unha posicin que para si quixeran norteamericanos, rusos, ingleses, franceses ou italianos para aumentar o seu influxo en terras que sempre lle encheron o ollo.Soamente valndose do tnel lingstico do Noroeste, hoxe tan pouco aberto, a cultura e a economa espaolas poderan expandirse naquel fabuloso mundo. O cobizado mundo do porvir, ao que a esquecida Galiza vai xa para cinco scalos, transmitiu o seu herdo mis glorioso, nos lusitanos beizos de Pedro lvares Cabral. []

VARIACINS NA UNIDADE

Lembremos que o romance de labradores pasou ao idioma do Portugal nacente, aps de ter recibido na terra galega a primeira formacin. Xa callara con esgrevia brillantez na prosa dos cdices medievais e na lrica dos Cancioneiros. Porn, ao ficar partido en dous, algo tia de magoarse a unidade formal da lingua.A fase interna e a externa tiveron despois un desenvolvemento autnomo, e tamn asincrnico, anda ligado pola estrutura comn. Nada ten de estrao que ao acabo de sculos os resultados non foran cento por cento homoxneas.As desemellanzas, con todo, son pequena cousa par das identidades. milagroso que aquelas non chegasen a mis, tendo en conta o distinto acondicionamento esxeneo en que viviron unha e outra ponla do mesmo tronco. Unha, despois de chegar a fal de reis, abandonada sa sorte. Outra, facndose da noite para a ma lingua imperial. Unha, como fala do pobo acollida no propio berce ao sagrario da rusticidade. Outra, espallada a afastados continentes, nos beizos da corte e dos sbditos, sobre unha impresionante amalgamazn de razas, terras e climas.Non s polo perfeccionamento que se acadara para o idioma como medio de comunicacin debido ao maior uso na rea falante do portugus. Tamn porque abrira para a nosa producin literaria un mercado de posibilidades mis al de todo clculo. E anda, como recproca doazn, o enriquecimento lxico-grfico que derivara, por unha banda, do mis ntimo achego s fontes, e por outra, da familiarizacin galega cunha literatira de calidade e alento humano extraordinarios, como nestre intre a que se fai no Brasil.O cadro xa hoxe ben tentador. Moito mais o ser deica poucos anos, polo camio que leva o mundo.

VALENTN PAZ ANDRADE. (Lrez 1898 Vigo 1987)