VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

17
VALENTÍN PAZ-ANDRADE LETRAS GALEGAS 2012

description

Presentación elaborada por Sofia Rama arredor das distintas facetas profesionais do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2012.

Transcript of VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

Page 1: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

VALENTÍN PAZ-ANDRADE

LETRAS GALEGAS

2012

Page 2: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

UN HOME POLIFACÉTICO

Avogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política. A personalidade multifacética de Valentín Paz-Andrade, empapada, ao mesmo tempo, de grande humanidade, estivo marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia.

Vigo, ano 1985, segunda edición do Correlingua. ValentínPaz Andrade entregou o manifesto que está a ler César Cunqueiro.

Page 3: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

GALIZA COMO TAREFAComecei a cantar o himno de estudante enSantiago. Desde 1916 as Irmandades foron as que o fixeron popular. Todos os que pertencíamos a elas, ao final dos actos, cantábamos as estrofasdo bardo bergantiñáncomo rito final de afirmación.(Compostela, 1920).

O galeguismo citouse o 25 de xullo de 1931 no Teatro García Barbón. As principais figuras do Partido Galeguistaestiveron en aquel mitin. Na imaxe, entre outros, Valentín Paz-Andrade con Castelao.

Page 4: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

GALIZA COMO TAREFA

Só tiña a Galiciacomo centro das súaspreocupacións.(Decano do Colexio de avogados de Vigo, Alfonso Álvarez Gándara)

Imaxe da exposición na Fundación Seoane

En Valentín Paz Andrade, os soños guiaban os feitos; as palabras , os actos. Cada un dos seuspasos estaban tinguidosde compromiso:Galiza era para el unhautopía realizábel . (Manuel Rivas)

Page 5: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

XORNALISTA A obra de Valentín Paz-Andrade é amplaen extensión: poesía, narrativa, ensaios e multitude de colaboracións en numero-sos medios de comunicación. Dúas das súas facetas máis destacadas eran a de poeta e a de xornalista. O xornal vigués Galicia (1922-1926) foi o primeiro xornalcheo de modernidade que se confeccio-nou na Terra, nel mostrou a súaidea de xornalismocomo elemento de intervención nasociedade. A censura e a ditadura de Primo de Rivera deuco seu director no cárcere en 1924.

Eu ou fago un xornal liberal, independente e galeguista ou nonfago nada, pois se o xornal non venservir ao país dunha maneira total eunon me meto nesta aventura… (ante o nacemento do xornal Galicia o 25de xullo de 1922)

Page 6: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

XORNALISTA

Hai unha especie de economía do pensar que serve aos que non soen pensar. Cando estes se acostuman á literatura dunxornalista rematan por pensar coma el…

Page 7: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

EMPRESARIOO feito económico é a base fundamental dos problemas sociais. (no segundo aniversario da fundación da Caixa Rural de Lérez, 1928).

Para min o programa empresarial podería comezar a redimir positivamente a Galiza do subdesenvolvemento, da incultura, da miseria rural, do éxodoventureiro, da marxinación secular que viña padecendo. (Ante o proxecto, despois frustrado, de Petróleos de GaliciaS. A. en 1959)

Valentín Paz-Andrade no stand de Industrias Pesqueras naWorld Fishing Exhibition de 1985

Page 8: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

EMPRESARIO

Na súa obra, Galicia como tarea (1957), V. Paz-Andrade diríxese ao empresariado industrial galego e as elites da burguesía autóctona. Vai aló medio século (…) pero o destinatario fíxose o xordo e o cadro diagnóstico deseñado por Valentín haidez lustros segue a describiraínda hoxe a patoloxíaendémica deste país. (XoséManuel Beiras).

Durante a World Fishing Exhibition co seu fillo Alfonso, Pablo González Mariñas, Miguel Roca e Andrés Barros Dacosta, membro do comité executivo da World Fishing Exhibition de 1985.

Quéirase recoñecer ou non a Pescanovadébeselle unha verdadeira revolución do sector e do mercado alimentario en España.

Page 9: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

POETA

Valentín Paz-Andrade pertence, por cronoloxía e afáns, ao grupo novecentista, taméndenominado Xeración de 1925, un conxunto de poetas nados arredor do ano 1900 que tivocomo principal profesión de fe renovar e introducir na modernidade a poesía galega.

Eu, que me formara ao lado dun poeta, non fora tentado aínda polas musas. Foi na soidade albacenta onde sentína necesidade de me expresar no verso. Sospeito que foi unha evasión provocada polo trauma moral. (Desterro en Requeixo de Queixa até finais de 1937).

Page 10: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

POETA Cando ti volvas…Na matricial Galiza, sempre túa,

que dende a Torre de Hércules ao Miño

un facho acenderá por cada illa,

cando ti volvas polo mare;

de toxo unha fogueira en cada monte,

cando ti volvas polo mare;

dos castros na coroa unha cachela,

cando ti volvas polo mare;

unha loura candea en cada pino,

cando ti volvas polo mare;

o seu cirio de frouma os arciprestes,

cando ti volvas polo mare;

luces de ardora branca en cada mastro,

cando ti volvas polo mare;

un farol mariñeiro en cada dorna,

cando ti volvas polo mare;

veliñas á xanela en cada casa,

cando ti volvas polo mare;

e as pérolas das bágoas derramadas,

cando ti chegues polo mare,

cando ti chegues polo mare…Escrito en 1954 e publicado en EdiciónsGalicia do Centro Galego de Bos Aires en 1955

Page 11: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

POETA

Editado por Galaxia en 1968

As úberes do medo

Se isto é vivir... eu vivovivo aíndaneste val de viventes espantallosmunxidores das úberes do medo,mais a xeito dun prófugo da morte,que por teima dos outroshoubo de recuncar quixera ou non,nos arriscados xogos de facerventureiro resgate da súa vida.

Experimentei en quente catro vecesmal gobernada Dona da Gadaña!o axexo dos teus tarsos...nos meus pasos,e o tronce dos aceiros tolledoresou a facer peneira no meu coiro,ou a trillar meus osose deixar debulladas pola areaespigas do meu sangue.(…)Un non ha ser tan soloa suma do que quixo e do que fixo,illado na súa illa,a forza remador contra corrente,pois os rodicios da inxustiza allea,contra do non querer do muiñeirotamén moen para un.

O tempo foi correndonos reloxos sen corda moitas veces,e nas vísperas de días que viránvan indo xa de seca pouco a poucoas úberes do medo.

Pois mentres agardamos, agardamos...(…)

Na miña poesía,a voz emerxíada clandestinidadee emitíase a contrapelodos tingladosda opresión, por iso son arte da evasión epoesía social.

Page 12: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

POETA

Publicado por Edicións do Castro en 1979

As palabras

Vén o ar ateigado de palabras, cada mañán chamando aos nosos vidros, para pór a xemolar son e semente.As palabras de cote están falandoe somos nós os xordos ao mensaxeque no seo das sílabas carrexan.

Polas palabras somos outra cousa,e non primaz materia dunha besta,só desbravada en nós polas palabras.Son palabras as ondas do gran ríoda fala, que morre un pouco e nacedo mencer ao luar de cada día.

A eito marteladas nos falaresdo pobo, que as mestura ao seu suor,limadas cal semánticas moedasnas forxas oficiais do saber,sempre as palabras teñen lei de onda a develar na vida dos demais.(…)

Page 13: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

POLÍTICONós vimos a construír unha nova Galiza, que sexa como o espelloda súa propia esencia étnica.Queremos unha Galizaautónoma, señorade si mesma, que sexaoficialmente o que ela é naturalmente. Levando os principios democráticos á súamáis radical manifestación, arelamos que o pobo galego entenda directamente os seus problemas, sen intromisión de quen é alleo a eles, que os resolve (…) como puidera resolver os problemas do Congo.(Mítin o 25 de Xullo en Vigo do Grupo Autonomista Galego)

Mitin de propaganda galeguista en Sanxenxo. Paz-Andrade foi candidato nas eleccións constituíntes de xuño de 1931 e participou na campaña pro autonomía para Galicia.

Page 14: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

POLÍTICOTívose que formular unha opción sobre a titulación de cada gobernoautónomo. Tanto Cataluña como Euskadi non tiñan dúbidas ao respecto, Galiza menos debía telas por mor dos suevos se adiantaren a constituír o Reino de Galiza. Nome que aíndaseguiu en uso para-oficial séculosdespois de que osReis Católicos nos infrinxisen a “doma e castración” da que fala Zurita. Mais os tempos non pasan en balde.Cando fun chamado a propoñer nomepara o ente autonómico suxerín o que prosperou, Xunta de Galiza. O que escollera Antolín Faraldo, narevolución galega de 1846,sufocada goiescamente poladitadurade Narvaez, cos doce fusilamentos de Carral.

Con Jordi Pujol e a súa dona Pilar en Vigo. Xuño 1978.

Page 15: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

NORMALIZADOR DA LINGUA

Galiza pode progresar, sobre todo na economía, se acredita no seu idioma e tende pontes co sistema internacional que orixinou.

Non podemos os galegos, a respeito dunhacousa tan íntima e tan nosa como é falargalego, que é tanto como ser galego, non podemos admitir sentenzas de ningún tribunal alleo a Galiza.(…)Non debía haber no noso país xente que tiveseopinión distinta que recomendar e esixirlle a todos os galegos que falasen a súa lingua.

(En 1985, pronunciándose contra a sentenza do Constitucional que pretende modificar a Lei de Normalización Lingüística)

En 1982, na sede da RAG, da que era membro desde 1978.

Page 16: VALENTÍN PAZ-ANDRADE. LETRAS GALEGAS 2012

Estamos comezandoaínda unha conquista que para todos é un deber e unha obriga sagrada. Vós, os que vides detrás, tedesesa obriga para o futuro. Estamos na metade do camiño. Fai falla vencer moitas resistencias que aínda se opoñen a eseavance dos dereitos de Galicia.(Derradeiro discurso, Vigo, xuño de 1986)