Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

49
LETRAS GALEGAS 2012 VALENTÍN PAZ ANDRADE

description

Textos sobre Valentín Paz Andrade Sergio Otero Barral 3ºe

Transcript of Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

Page 1: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

LETRAS

GALEGAS 2012

VALENTÍN

PAZ

ANDRADE

Page 2: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

PRANTO MATRICIAL(Bos Aires, 1955)

1O que todo galego choraría

2Dor da paisaxe

Das augas deloridas, doce pranto

que escorra pola face das alboradas,

deica a raíz das herbas,destilado na pinga dos

orballos,

Page 3: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

e dea seu latexo a noite e día

nas rezadoras choivas que soerguen

o canto-chao das tellas,e o responso romántico

das gárgolassobre as pedras mortas

de Sant Yago.

O cristalino pranto manadeiro

polos ollos das pontes,onde o pulso dos ríos

esmorece,e se acugula co solpor

calado,na verdecida soidade dos

vales,toda a dor da ribeira sen

cantigas,

Page 4: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

dos cruceiros e as ánimas sen luz,

dos camiños sen lida labradora,

dos fogares sen sangue gomarizo.

Pranto baril dos ventos galgadores

alimentados co sal da Ría,que xa non baten velas

de Rianxo,e te chaman, Daniel, con

voz ferida,-agullas dos lentos

piñeirales,verdes coros arpados do

Salnés-ou con voz dos abismos,

roncadeira,

Page 5: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

na crátera fadal das oleaxes,

pé das rochas de Sálvora.

O salaio de ferro das motoras,coa agonía da néboa e dos naufraxios,chámante polas bocas de Marín;e o nacarado choro das buguinas,uivando nos salgados areales,sobre as laxes rachadas dos cantiles,nos cabos onde escachan as tormentas…co folgo máis sostido e sonoroso

Page 6: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

que brotaran de peitos mariñeiros.

E aló, nos curutos desnevadosdas serras estremeiras,ou polas corredoiras dos lugares esquecidos no ermo,a corna inxel que tallan os pastores,buguinada da urce,ceiba tamén no azul fanal abertoa coita da montaña taciturna,ferida polo mesmo desconsolo.

4Alá lonxe

Page 7: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

Que se escoiten agoraseus líquidos acentos alá lonxe,vibradoiros na librerede dos merindiáns ultramarinos.E mergullen, Daniel, no mesmo prantoos ronseles postreirosdas túas signaturas á derivaabraiante de Marte;dende o trópico a foro pintigadoao balbordo de Hudson, e ás peladasserras de Araucania.

En Cuba se derramen, e no Mare de Cortés, e no ardente

Page 8: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

mato dos bandeirantes paulistamose nas punas do inca,e nas pampas do gaucho cabalgadas,con Don Segundo Sombra polos médanos.

Océano de terras escontra o dique sísmico dos Andes, mexido polo zonda sequiosoe por quillas sen leme navegando;natureza auroral que se espreguizaco inxerto de vidas esgazadas;foro aberto do mundo,

Page 9: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

onde a estrela dos parias tamém loce;mapa de libramento presentido,onde o sangue romeiro dos galegosa ventureira vocazón renova.

5Teu destino

Sementador leixado,peregrino namorado dos roteioscara o destino da Galiza abertos;flor das vidas chagadas na acedumeincerta do desterro:

Page 10: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

o de morrer alá teu sino era.Alá, sen escoitar as elexías do violín dos cegos,e a zanfona de pedra dos Profetas, que tan só por ti soar puidera, O de morrer sentindo na agonía, a quentura arterial dos emigrados, lonxe do morno ollar das Dolorosastalladas ao respaldo dos cruceiros.O de ancorar a nao, desarborada,nos peiraos de alén-mar,

Page 11: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

abrindo regos novos á saudade;reencendendo os pábilos da ialma na Galiza migral, e na Galizaque aínda agarda, Daniel, o teu retorno...

6Cando ti volvas…

SEMENTEIRA DO VENTO(Ed. Galaxia, 1968)

Rústicas nais

Page 12: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

As úberes do medo

Se isto é vivir... eu vivovivo aíndaneste val de viventes espantallosmunxidores das úberes do medo,mais a xeito dun prófugo da morte,que por teima dos outroshoubo de recuncar quixera ou non,nos arriscados xogos de facerventureiro resgate da súa vida.

Experimentei en quente catro veces

Page 13: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

mal gobernada Dona da Gadaña!o axexo dos teus tarsos...nos meus pasos,e o tronce dos aceiros tolledoresou a facer peneira no meu coiro,ou a trillar meus osose deixar debulladas pola areaespigas do meu sangue.

Fuxir fuxín con vida...non sei como,aos tiros dunha banda arremesadose os pelouros da outra,para aboiar despois facendo o morto,como cortiza a flote

Page 14: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

mexida no ir e vir de cada ola,sen bourel de loureiroao pairo polas augas de ninguén.

Cando a febre do chumbo viña a menosou viraban as lúas,seus ferrollos abrían as cadeasou súas soidades os desterros,e non faltaban no poleiro galoscon gorxa de papel de oficio chea,para me pór á sombraou me liscar co demo unha tempada.

Page 15: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

Escomasí o meu remorso sintode non ter até agora merecidotentos fanados holocaustose condecoracións do... revirallo,tanto calafateo de suturase versiculación de cicatrices,tanto derramamento de garoubasque atinguiron os brancose marraron no fin,tanto xemer de folios e de ferrosmexido contra aquelo...que non fun.

Page 16: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

Farei nunca reconto dos aldraxesque nas táboas da lei que o pobo ditanon teñen cabementoou son aínda máis que mágoa honra.

CEN CHAVES DE SOMBRA(1979)

As palabras

Vén o ar ateigado de palabras, cada mañán chamando aos nosos vidros, para pór a xemolar son e semente.

Page 17: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

As palabras de cote están falando e somos nós os xordos ao mensaxeque no seo das sílabas carrexan.

Polas palabras somos outra cousa,e non primaz materia dunha besta,só desbravada en nós polas palabras.Son palabras as ondas do gran ríoda fala, que morre un pouco e nacedo mencer ao luar de cada día.

Page 18: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

A eito marteladas nos falaresdo pobo, que as mestura ao seu suor,limadas cal semánticas moedasnas forxas oficiais do saber,sempre as palabras teñen lei de onda a develar na vida dos demais.

É de palabras a primeira músicaque dá tremer de luz ao noso tímpano,e de palabras o primeiro ríoque verte ao noso canle súas ondas,

Page 19: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

e se fai subterráneo en cada noite para renascer no leito das auroras.

Denantes das palabras foi a choivalinguaxe de cristais da natureza,de verticales sílabas composto, elemental vocabulario líquidodas claves seminales sobre a terra,a descrifrar polas meniñas da alma.

Palabras insonoras baixo o sono

Page 20: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

como peixes de acuarium apagado que a memoria repesca na vixilia.Palabras e memoria dúas forzasque xa casadas nascen lonxe, lonxe...no orbe prebabélico do home.

E cando chega a morte a nosa beira,cando nos pasaporta para o nada,o que de certo pasa e se rexistra,o que nos deixa listos para o embarquena dorna por Caronte tripulada...

Page 21: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

é o naufraxio de todas as palabras.

(Vigo, 1970)

Non escoitedes…

Non escoitedes voz onde non tremao vidro do seu tempo,mainamente,como na pel das augas treme a bristinguida no brancor dos amieiros.

Non escoitedes voz na que se esquezanas raíces do barro que nos dou

Page 22: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

feitío de criaturas,amor pra repartir cos semellantesquentor do noso sangue.

Non escoitedes ecos en retornodos paredóns da morte.a vida virá sempre a sulcos novospra se facer fecundano grao de cada espiga.

[Pousa Nova do Mar, 1977]

Noso Alexandre, mártir

Canto ao catro de Nadal

Page 23: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

Galiza abría os ollos despois da negra sombraque murchara no cedo as roseiras de abril.De novo puña os pés no camiño de voltaao de forzas circiais dentro de si.

As rúas eran ríos de peitos xa rimados,na arela de facer unha patria coas mans,desxugar cabezallas que esmagan os destinos devolvendo aos galegos a imaxe do seu chan.

A pulsación do pobo a devalar no asfalto

Page 24: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

reinzou as calzadas de latexos votivos,de calcañares firmes na fe remanecidade que non máis seremos os decote vencidos.

A voz autonomía cobrou azas de pomba que os sonos arrolara do pobo a camiñar,A voz autonomía quente de pulsos ledos debullou a súa mensaxe no sangue popular.

As ovellas de Joyce

Page 25: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

Can correu no milleiral. Can?

Non. Isegrim orellas murchas.

Até lobo. E ovellas sineiras

paran sen fólego.

(James Joyce, Finnegans Wake)

Ai!, delatadas ovellasdos seus rixelos arrente.Ai!, polas linguas de bronceque dos seus colares penden.Ai!, polas linguas de bronceque esporan do lobo o dente.

Page 26: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

Isegrim orellas murchas-duplo pavillón solerte-Isegrim orellas murchasmalo raio te estatele!Non eres o can que ladradantes de trabar na xente.

Os milleirales contigomurcharon seus fogos verdes,a paz que nas chocas tanxee nos pendóns arrecendea paz que nas chocas tanxede cana se fai, e fende.

Sineiras de sinos mornos,orbillo de sons no abrente,

Page 27: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

sineiras se signos mornos,copas de candor vertentes.O voso espaller de sons…un facón por cada dente.

Pombas do chan nas aurorasPombas do chan nos poentes,De Isegrim a treiduría,o badal cisca a semente.De Isegrim a treiduríaNa vosa candura quece.

(Pousa Nova do Mar, outubro 1975)

Page 28: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

POEMAS SOLTOS

Na brétema, tres cantos…

A Luís Seoane in memoriam tuam

I

Xa bogas, sen fardel, na brétema sen horas intérmula bandeira na arcada de outro mar,a nosa sombra ollando por buraco estear,rachada nos carreiros abruñados de amoras.

Contigo levas fachos para novas autoras,e deixas a Galiza nun cego navegar,

Page 29: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

co destino atrapado na pouta moncloar,debruzada de novo na ponte das deshoras.

Xa semellamos moucos exiliados na Terra,con segunda hipoteca na nosa liberdade.Só o ronsel que canta dos mortos nos acentosnos devolve a esperanza a que o home se aferra,nos ergue até as almeas da moura soidade,onde aínda agardamos teu mensaxe nos ventos.

II

Page 30: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

Túas mans tallarían corpos e almas no buxo,retábulo de opresos a corazón magoado,de anatomías quentes código promulgadona diástole de brancos e tintas sen embruxo.

Plana imaxinería o teu pulso compuxo,para lle dar vida do hoxe aos mitos do pasado,de Rui Xordo descobres o arrufo alanzado,de María Balteira o namorar cabuxo.

Sorna, panos, tamancos, remontas, parachuvas…

Page 31: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

raza en pristinidade, como a terra a pariu,con brazos para a fouce, o remo e o badal,na véspera do día de madurar as uvasna mítica parreira que o destino encubriu,onde nos chaman hoxe as voces de metal.

III

Ao alén chegarías, Orfeu dos emigrantes,con Ramón Cernadas no adro a te agardar,e Mesdamus, Basalo e tantos que a máis dar,

Page 32: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

abonan co seu calcio camposantos errantes.

Da loita “as cicatrices” cavadas nos semblantes,Galiza sen Galiza, a patria a despatriar,raíces sen filame beira a beira do mar,emerxendo da cinza das lareiras vacantes.

Ao fin agora deixas o posto nos combates,sen recoller as gubias nin pinceles limpar,eles berrarán sempre polo que xa non berra,erguerán o teu nome nos vindeiros embates,

Page 33: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

cando Galiza volva de seu a camiñar,e sexa nosa mao a mao da nosa Terra.

[Maio de 1980]

III

Mais agora, Daniel,_delfín maior dos exiliados nosos_,nesta a deshora hora do retorno,van de camiño longo xa exauridos anos demais do tempo xerminante,que teus faraldos pretos agoiraran.

Page 34: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

Xa es cinza, Daniel,aínda que sempre cinza namorada.Xerme en calada trasremudaciónda concienciana idea.Cinza asuntiva de valores prestosa outro vizoso afloramentoque anada tras anada se reínceno miúdo milagre da sementepara longas labradas no porvir.

Verbo con son eterno propagadono país a rescatar agora

Page 35: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

das servidumes residuais.Desembargada prendaA se facer do seu dona e señora.

V

Teu Nome de vagoes ecoantes -Daniel barón baril de transparencias- polos ermos do alén onde navegas… en volta da túa imaxe unha coral de razas que se convoca.

Page 36: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

Cal si de axiña convertido foras, de paladino estrenuo de Galiza nun mago para os outros a nivel semellante marxinados. Desembruxada plástica social, da nosa xente pristinazo molde e dos outros trasunto avivecido, -coa súa cor enfornados, e seu carril balsante, pel e ritmo…- no obradoiro do mesmo do Paradiso.

Page 37: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

Labregos no zoar dos milleirales, mariñeiros de mares repartidos, matronas parideiras de emigrantes, sanguixolas do Fisco, umbilicado, prisioneiros e mártires de Marte, pretos de Harlem, guaxiros de Cuba, chineses de matute na Manhattan, gauchos de pingo e poncho pola Pampa.

VI

Page 38: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

Unha resaca negra de saudade,do baleiro que deixas,desde nontronte abala a Chacarita.Tingue de dor as pedras tumlarespolos cinceles de Asorey labradas,onde, Daniel,gañada a peito tiñastúa máis delongada residencia.

Rianxo de ultramundo!Morada sen morar dunha Galizaciscada por espazos emprestados.Dez anos de vivencia convividaen comunión belixerante.E trinta e catro máis de conmorencia.

Page 39: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

A suma dos teus restos,noso Daniel por Bonaval gañados,compre que a Patria nosa faga hoxereasunción de cinzas asociadas.As de todos aquelesque túas soidades compartirone contigo loitaron de mans dadas.

Galiza tamén vive dos seus mortos.

(Pousa Nova do Mar, San Xoán, 1984)

A EVOLUCIÓN TRAS-CONTINENTAL DA LINGUA

GALAICO-PORTUGUESA

Page 40: Letras Galegas 2012- Valentín Paz Andrade

(dentro do volumen colectivo O porvir da lingua galega.

Lugo, 1968)