VALENTÍN PAZ-ANDRADE LETRAS GALEGAS El Ideal Gallego … · presentou xunto a Fernández del Riego...

8
VALENTÍN PAZ-ANDRADE LETRAS GALEGAS El Ideal Gallego Xoves, 17 de maio de 2012 35

Transcript of VALENTÍN PAZ-ANDRADE LETRAS GALEGAS El Ideal Gallego … · presentou xunto a Fernández del Riego...

VALENTÍN PAZ-ANDRADE LETRAS GALEGAS El Ideal Gallego Xoves , 17 de maio de 2012 35

TraxectoriaAvogado, xornalista, poeta, viaxeiro, home de empresa e vinculado á política. A persona-lidade multifacética de Valentín Paz-An-drade, empapada, ao mesmo tempo, de grande humanidade, estivera marcada por un único obxectivo: traballar por e para Galicia.Quenes o coñeceron afirman que a máis grande característica de Paz-Andrade era a súa infinita capacidade de traballo; e tamén o seu constante interés pola formación e do-cumentación sobre os temas máis relevantes, en todas as súas múl-tiples facetas: cultural, empresarial, xornalísti-ca... Ademais, sempre estaba, por riba de todas estas características, o seu carisma e tamén a humanidade coa que o perfilaba todo.

este se integrou no Partido Galeguista, foi dirixente da formación resultante, da que foi nomeado secretario no ano 1934.

Así mesmo, foi candidato ás Cortes Constituíntes de

1931 pola Candidatura Gale-guista, xunto a Castelao e Ra-món Cabanillas, sin ter moito éxito (posiblemente polas irregularidades, fundamen-talmente en beneficio do Par-tido Radical).

Un home polifacético

Valentín Paz Andrade na-ceu en Lérez, Pontevedra, o 23 de abril de 1898 e morreu en Vigo o 19 de maio de 1987. Foi un home polifacético que exerceu con grande acerto como xurista, empresario, político galeguista e escritor en lingua galega e tamén en lingua castelá.

Fillo de Francisco Paz Co-chón, edil do Concello de Pontevedra, e Matilde Andra-de Tojeiro, licenciouse en De-reito (1921) pola Universida-de de Santiago de Composte-la e o seu interés pola litera-tura empezou grazas á in-fluencia do seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade, quen lle presentou ao grande das

letras galegas Daniel Rodrí-guez Castelao, un dos intelec-tuais que máis influíu ao lon-go da súa traxectoria.

Na súa etapa formativa ini-ciouse no movemento gale-guista, participando na II Asamblea Nacionalista de Sant iago de Composte la (1919), e sendo colaborador do periódico “Gaceta de Gali-cia”. Asemade, foi director do periódico galeguista “Galicia” entre os anos 1922 e 1926, data na que o pechou a dicta-dura de Primo de Rivera.

Varios anos despois presi-diu o Grupo Autonomista Ga-lego (1930), que constituía o núcleo do galeguismo na ci-dade de Vigo e, unha vez que

ASUME A DIRECCIÓNASUME A DIRECCIÓN do do Galicia, que quería ser Galicia, que quería ser un xornal cun espírito un xornal cun espírito liberal, independente e liberal, independente e galeguistagaleguista

CASTELAOCASTELAO foi un dos foi un dos intelectuais que máis intelectuais que máis influíu ao influíu ao longolongo da da traxectoria de Paz-traxectoria de Paz-AndradeAndrade

Paz-Andrade centra este ano o Día das Letras Galegas LEGADO PAZ ANDRADE

36 VALENTÍN PAZ-ANDRADE LETRAS GALEGAS El Ideal Gallego Xoves , 17 de maio de 2012

Galicia como tarea

Ediciones Galicia Centro Galego de Buenos Aires, 1959. 160 páxinas.

■ Analiza a potencialidade de Galicia e os principais problemas aos que se enfrontaba naquela época.

Galiza lavra a súa imagen

Edicións do Castro.A Coruña, 1985. 220 páxinas.

■ Conxunto de textos que van dende a semiótica da paisaxe ata a arquitectura de Palacios, pasando pola lingua, o humorismo...

La anunciación de Valle-Inclán

Ediciones Losada. Buenos Aires, 1967. 171 páxinas.

■ O libro –segundo di Blanco-Amor– “tiene esa verosimilitud de lo contiguo, de lo sabido mediante la contigüidad viviente”.

La marginación de Galicia

Siglo XXI de España editores.Madrid, 1970. 359 páxinas.

■ Trata o fenómeno de transposición secular, cuxa pesadumbre veu gravitando sobre as estructuras da rexión, vedando o seu avance.

Castelao na luz e na sombra

Edicións do Castro.A Coruña, 1982. 615 páxinas.

■ Completa e detallada biografía de Castelao, o seu irmán maior, que conta con numerosas ilustracións e fotografías.

Libros

PolíticoJordi Pujol:Jordi Pujol:

“Paz-Andrade contri-buyó, creo que más que

nadie aunque no fuese el único, a preservar el futu-ro. El futuro de Gali-cia. A acotar el terreno.

A decir: “este territorio lo vamos a arar y a cultivar

los gallegos. Hoy, o mañana o pasado. Pero

nosotros”.

Manuel Rivas: Manuel Rivas: “Cada un dos seus

pasos estaba tinguido de compromiso, Galicia

para el era unha utopía realizable”.

Camilo Nogueira:Camilo Nogueira: “Foi un grande patriota galego, un grande econo-mista e tamén un grande empresario; ou sexa, que uniu o amor pola cultura galega ao desenvolvemen-to económico do País... endexamais renunciou á

loita polos dereitos políticos de Galicia; un exemplo

para todos”.

Por outro lado, colaborou na redacción do anteproxecto do Estatuto de Galicia presen-tado polo Seminario de Estu-dos Galegos (1931) e publi-cou diversos artigos políticos en “El Pueblo Gallego”.

Co inicio da Guerra Civil axudou a fuxir a diversos in-telectuais galeguistas e de-fendeu a outros das condenas que lles impoñían. Posterior-mente, foi desterrado a Verín, Castro Caldelas, A Pobra de Trives e Villanueva de la Se-rena (Badajoz).

Ao longo da súa vida, e de-bido aos seus artigos e á súa vinculación política, foi deti-do en diversas ocasións.

Xa nos anos cuarenta, foi director da revista “Industrias Pesqueras” (1942) e exerceu como abogado de prestixio en Vigo, sendo un dos impulso-res do grupo industrial Pesca-

nova, que converteu na pri-meira compañía armadora europea de buques conxela-dores, e da que foi vicepresi-dente (1960).

Traballou tamén como téc-nico da FAO, coa que partici-pou en diversos congresos e seminarios, e para a que pu-blicou o primeiro tratado so-bre “Principios de economía pesquera” (1954). Por outra banda, foi a primeiro especia-lista español proposto por es-ta organización para misións internacionais en Hispano-américa.

Nesta época seguiu a cola-borar en “El Pueblo Gallego” e publicou artigos en xornais como “Faro de Vigo” e “La No-che”, asinados cos seudóni-mos Xan Quinto e Mareiro.

A partir do ano 1945 orga-nizou a tertulia do café Ala-meda, en Vigo, donde se re-unía con intelectuais e artis-tas como Car los Maside, Laxeiro, Prego de Oliver, Fer-nández del Riego e os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, entre outros.

Co retorno da democracia volveu ao mundo da política. En 1975 formou parte da Xunta Democrática de Galicia e, cando recibe nese ano o Pe-drón de Ouro, inclúe no dis-curso de aceptación a reivin-dicación da democracia e da autonomía. En 1976 foi no-meado en representación de Galicia, como independente, na Comisión Negociadora da Oposición co Goberno, ata a súa disolución en 1977, e da Plataforma de Organizacio-

AXUDOUAXUDOU na redacción na redacción do anteproxecto do do anteproxecto do Estatuto de Galicia e foi Estatuto de Galicia e foi elixido senador nas elixido senador nas Cortes ConstituíntesCortes Constituíntes

COLABOROU COLABOROU con moitos con moitos xornais e publicacións xornais e publicacións ao tempo que escribía ao tempo que escribía poesía e ensaios poesía e ensaios históricos e económicoshistóricos e económicos

VALENTÍN PAZ-ANDRADE LETRAS GALEGAS El Ideal Gallego Xoves , 17 de maio de 2012 37

nes Democráticas. Foi elixido senador por Pontevedra pola Candidatura Democrática Galega nas Cortes Constituín-tes (1977-1978), na que se presentou xunto a Fernández del Riego e Fernando Alonso Amat.

Escribiu ensaios literarios, históricos e económicos, nos que mostrou a súa preocupa-ción polo progreso de Galicia. Tamén escribiu varias obras como técnico especializado en temas pesqueiros.

Como poeta formou parte da Xeración de 1925 e en gran parte da súa obra poética se evidencia unha motivación patriótica, como se pode ob-servar en “Soldado da morte” (1921), “Pranto matricial” (1954), en que evoca a morte de Castelao e que foi reedita-da en 1975 en cinco linguas; “ S e m e n t e i r a d o v e n t o ” (1968), en que canta á pai-saxe e á xente galega, ade-mais de ao exilio e ao amor ausente; “Cen chaves de som-bra” (1979) e “Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pe-drayo” (1985), no que incluíu as composicións adicadas ao autor ourensano.

Tamén colaborou en “O En-sino”, “Grial” e “Outeiro” e en “Industrias Conserveras”, “El País” e “La Vanguardia”.

Portada do periódico “Galicia”, do que foi director Paz-Andrade AEC

Principios de economía pesquera

Impr. López.Barcelona, 1953. 201 páxinas.

■ Primeiro tratado sobre principios de economía pesquera, editado pola FAO. Integrado nos cursos de capacitación.

Producción y fluctuación de las pesquerías

Ediciones Unesa, 1954. 154 páxinas.

■ Esta obra recolle unha análise do autor sobre o esquema da explotación española de recursos mariños.

Cen chaves de sombra

Edicións do Castro.A Coruña, 1979. 133 páxinas.

■ Conxunto de poemas sobre os dramas de Galicia nos días da guerra, algúns escritos naqueles anos e outros no desterro.

Pranto matricial

Ediciones Galicia Centro Galego de Buenos Aires, 1955. 35 páxinas.

■ Escrito in memorian de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, que finou en Buenos Aires o 7 de xaneiro do 1950.

Sementeira do vento

Editorial Galaxia.Vigo, 1968. 126 páxinas.

■ Recolle composicións escritas en moitos e moi diversos lugares, nos desterros dentro e fora de Galicia.

Libros

Poeta, ensaísta e empresarioBlanco Amor: Blanco Amor: “O estilo de Paz-An-drade que ás veces serve incluso para amenizar as súas áridas especulacións á marxe literaria, é o que o rescata das limitacións do tratadista para situalo, con todos os dereitos, pero tamén con todas as responsabilidades, na área directa e firme do escritor e do poeta”.

Olegario Rodríguez Olegario Rodríguez Martín:Martín:“Paz-Andrade prestó un gran servicio al sector pesquero, a todos los niveles y de una manera muy particular, creo de justicia resaltar su labor de formación. Por ello, no dudo en calificarlo de maestro”.

Domigno Quiroga:Domigno Quiroga:“En la internacionali-zación de las pesquerías, si España jugó un papel importante, no es posible recordarlo sin nombrar a Paz-Andrade”.

AntoloxíaXAN CARBALLA

Editorial Galaxia.Vigo, 2012. 161 páxinas.

■ Esta antoloxía recolle o labor de Paz-Andrade como poeta, xornalista e ensaista. Inclúe o texto íntegro de “Pranto matricial”.

BiografíaXAN CARBALLA

Editorial Galaxia.Vigo, 2012. 189 páxinas.

■ Amena, rigorosa e ben documentada, esta biografía é un completo percorrido pola traxectoria vital deste persoeiro.

Paz-AndradeCHARO PORTELA

Editorial XeraisVigo, 2012. 96 páxinas.

■ Relato ameno e detallado da vida de Paz-Andrade e a súa actividade por medio de documentos e fotografías.

A memoria do século XXTUCHO CALVO

Editorial Biblos. Buenos Aires, 2011. 472 páxinas.

■ Tucho Calvo recolle nesta obra, en forma de longo diálogo, as vivencias de Valentín Paz-Andrade.

Ferrín. Para ese traballo nas aulas, a consellería facilita ta-mén unha unidade didáctica que inclúe actividades e suxes-

tións interesantes para que os alumnos e alumnas se ache-guen á obra e á vida de Paz-Andrade.

Anxo Lorenzo expresou o desexo de que esta mostra sir-va aos alumnos para “reflexio-nar sobre a personaxe que este ano nos convida a coñecer a Real Academia Galega”, por-que “estudar referentes como Valentín Paz-Andrade axúda-nos a pensar sobre o presente e tamén a darlle valor ao que nos é herdado e ao que construí-mos nós”.

Unha extensa axenda de ac-tividades e publicacións pro-movidas por asociacións, esco-las, empresas e institucións di-versas celebra desde comezos deste ano o Día das Letras Ga-legas 2012. A Xunta, como xa o vén facendo de maneira ha-bitual, únese tamén a este fes-texo apoiando diversas inicia-tivas que contribúen a un maior coñecemento do autor homenaxeado.

No segundo semestre do ano, a exposición sobre Valen-tín Paz-Andrade estará nas bi-bliotecas nodais de Galicia.

Para todos os públicos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Uni-versitaria leva estes días a fi-gura de Valentín Paz-Andrade aos centros educativos a través dunha exposición para lles achegar aos escolares a vida e a obra do escritor homenaxea-do no Día das Letras Galegas 2012.

A mostra está conformada por cinco paneis con textos ex-plicativos e audiovisuais sobre a vida e a obra de Valentín Paz-Andrade, “un poeta e ensaísta que reflexionou moito sobre Galicia, un pioneiro na renova-ción da industria pesqueira e un político implicado na conse-cución da democracia e das li-berdades”, segundo dixo o se-cretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

De todas as facetas de Va-lentín Paz-Andrade poderán atopar información os alum-nos e alumnas dos centros edu-cativos que visitará, ata final do curso académico 2011-2012, esta exposición, tanto a través de textos explicativos como dos vídeos que inclúe ca-da un dos paneis, con anacos

de entrevistas a persoas próxi-mas ao escritor e que estuda-ron a súa obra, como Ramón Villares ou Xosé Luís Méndez

38 VALENTÍN PAZ-ANDRADE LETRAS GALEGAS El Ideal Gallego Xoves , 17 de maio de 2012

O alcalde de Vilagarcía de Arousa, o secretario xeral de Cultura e o secretario xeral de Política Lingüística

Libros

“Veño da morte”“Veño da morte”Galegos, meus irmaos,veño de ter co-a morte.Sin o agardar unha

vez mais atopoo ventureiro empalme

con a vida.Estóu na singladura

do retorno,con ollos recuncantes na

alborada,tímpano a se tremer en

libres odas,pernas reencanadas

para andaros camiños resucitados.

Veño da morte, ir-maos, e no fardel,

pouco trouxen pra vos:cicatrices de ferro nas

palavras.

VALENTÍN PAZ-ANDRADE LETRAS GALEGAS El Ideal Gallego Xoves , 17 de maio de 2012 39

Andrade, economista, biógrafo (de Castelao), poeta, vello xor-nalista, e home de empresa. Mágoa que a posibilidade dun Partido Galeguista, homólogo das súas equivalencias catala-

nas e bascas, fose apenas iso, unha utopía ou quimera de pouco doado rexurdimento hoxe, por máis que se albis-quen algunas (boas) inten-cións. Por aí, entendo, as are-las de aquel Paz Andrade, xor-nalista e avogado de primeira liña nos anos da dictadura de Primo de Rivera e da II Repú-blica, preso (moi boa a fota que o mostra, en claroscuro, contra da reixa do cárcere vi-gués), vítima de atentados, desterrado na hora do “Alza-miento” e bótalle o fío ao pa-paventos dunha vida de nove-la. Como a de tantos herois, e digo isto sen ánimo hipérboli-co ningún, da condición gale-guista. Esa que sigue a termar da bandeira dunha lingua ma-goada, ferida, se queren, pero non afundida. E digo isto por-que, tal como dixen ao princi-pio, son un optimista histórico. E exerzo de tal. Por iso teimo en escribir (¡en falar!) esta lin-gua vella cal o sentimento que nos empurra a moitos a mante-la viva. Lagarteira, se queren, como esas marés que, en agos-to, suben e suben cal unha ma-neira de vivir. Tamén de soñar. Así o noso soño, quixotesco se queren, mais non por iso impo-sible. Porque somos, ou debe-ramos selo, optimistas históri-cos. E non nos queda outra.

Letras lagarteiras

VICENTE ARAGUAS

Son un optimista histórico. Un nachiño que non esquece o seu país de procedencia, un onde as dificultades económi-cas (dous millóns de emigran-tes nos sesenta, non se esque-za, please, non me maquillen aquela inxustiza “global”) vi-ñan acompañadas dunha ca-rencia grande de libertades. Mesmo a de ensinar na escola o idioma propio. E malia todos eses atrancos a insensibilidade (por non dicir a brutalidade) oficial non deu acabado cun xeito de comunicación de dous mil anos de existencia.

A xente, auténticos herois, manifestos protagonistas do Día das Letras (¡do Día da Lin-gua!) non o consentirá. E por-que, dicía, son un optimista histórico, penso que as Letras que hoxe celebramos siguen tan vivas como esas marés la-garteiras de fins de agosto. Consciente, ¡que lle imos fa-cer!, de que moita xente nova, escolarizados en galego, non ousan (¿el terán vergoña?) fa-lar en público esa lingua que

foi a dos seus ancestros, e que agora teñen tan de man como eses mares ou montañas tan nosos e reiterados cal esta lin-gua impecable. Pola que deve-cía o noso heroe deste ano, Va-lentín Paz Andrade. Un home ao que vexo parte da burguesía galeguista, industriosa, inte-lixente, ¡comprometida!, á que esnaquizou, ao menos na acti-tude global, a Guerra Civil. Na global, que na parcela indivi-dual aí seguiron teimando xen-te como este todoterreo Paz

OS ATRANCOSOS ATRANCOS e a e a insensibilidade oficial insensibilidade oficial non acabaron cun xeito non acabaron cun xeito de comunicación de de comunicación de dous mil anosdous mil anos

UN HOMEUN HOME ao que vexo ao que vexo parte da burguesía parte da burguesía galeguista, industriosa, galeguista, industriosa, intelixente, intelixente, ¡comprometida!¡comprometida!

“O que todo galego choraría”Chora, terra, teu prantodas augas, e dos eidos, e dos ares,as vivas páreas cósmi-cas da raza,en mantelo de bréte-mas envoltas,que noso fin ao noso orixe ligan.Deita nas áurias leiras do hourizontelabradas de solpores e de abrentes,en adoas de luz a debullarse,as sementes feridas de túa door.Arpa de nobres cor-das esquecidas,ceiba teu son no cura-zón retido,e fai acordes en total latexoalmas, paxaros, rios e paisaxes.(...)

da República (durante a cal che-gou a pronunciar numerosos mi-tins xunto a persoeiros do relevo de Suárez Picallo, Cabanillas, Otero Pedrayo ou o propio Caste-lao) levaríao ao desterro, onde tamén padeceu penalidades, pri-vacións e algún que outro susto maiúsculo. Así aconteceu no pri-meiro destino ao que foi deste-rrado, a ourensá vila de Verín, na que tivo que esquivar outra volta a morte que asomou pola man de catro matóns da Falanxe local que, logo de discutir rexamente con el no Casino, acabaron por tirotealo nos arrabaldes da loca-lidade, tal como el mesmo recor-dou na composición “As pistolas da noite”, inserida no libro Cen chaves de sombra (1976).

Pero a vida, que pode ser un-ha ruleta cruel, tíñalle aínda re-servadas outras sorpresas abon-do témeras e que a punto esta-rían de rematar cos seus días a prol do soerguemento socioeco-nómico e cultural da nosa na-ción: polo mes de nadal de 1961 —estando xa á cabeza da flore-cente Pescanova e tendo publica-do Pranto matricial (1955) e Ga-

licia como tarea (1959), entre outros— sufriu un gravísimo ac-cidente de tráfico no que partiu as dúas pernas, unha clavícula, a pelve, unha vértebra e tivo como regalo corenta e oito puntos no lado esquerdo da cara. Destarte, non é de estrañar que, lembran-do o feito, escribise os tráxicos pero esperanzados versos de “Ve-ño da morte”, recollidos en Cen chaves de sombra. Mais o incom-bustible Paz Andrade, logo de tres meses de rehabilitación am-bulatoria, xa estaba para outra.

E a outra non tardou en che-gar, pois en agosto de 1970 su-friu unha embolia cerebral que o mantivo hospitalizado case un mes e da que tardou en se recu-perar preto de dous anos. Pouca cousa para quen había aínda de escribir o seu discurso de ingreso na RAG A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978), a im-prescindible biografía Castelao na luz e na sombra (1986), o en-saio Galiza lavra a sua imagen (1985) e outra media ducia de textos máis.

Igual que o indomable Luke, Paz Andrade non se rendeu ata o derradeiro alento, que deu a pi-ques de cumprir os noventa anos, o 19 de maio de 1987, non sen antes pelexar cunha doenza car-diovascular durante meses e me-ses. Nese tempo percibía que aínda lle quedaban cousas por facer, que a súa entrega a Galicia non se completara, e unicamente uns días antes de falecer foi quen de comentarlle con toda sereni-dade ao seu fillo Alfonso: “Habe-rá que ir pensando en morrer”.

A andaina do indomable Paz Andrade é unha lección de abraiante resistencia e capacida-de de superación fronte á adver-sidade.

O indomable Paz-Andrade

ARMANDO REQUEIXO

A vida de Valentín Paz Andra-de é un exemplo admirable de abnegada entrega á causa da cul-tura e a literatura de noso. Den-de moi noviño, todos os esforzos e desvelos do autor estiveron di-rixidos a facer da nosa Terra e as súas letras un ceo estrelado que fulgurase incomparable. Se un sobrevoa os principais socalcos biográficos do escritor decatara-se axiña de ata que punto o pon-tevedrés entregou á causa de no-so todo o seu ser, expoñéndose, en non poucas ocasións, á creba da súa saúde e mesmo á propia desaparición por mor da defensa dos seus ideais patrióticos.

Neste sentido, o cidadán Paz Andrade foi unha sorte de indo-mable, como aquel famoso Luke Jackson que protagonizara Paul Newman no coñecido filme de Stuart Rosenberg, Cool Hand Luke (1967), un clásico que por aquí se traduciu máis expresiva-mente como A lenda do indoma-ble. Igual que aquel presidiario que se negaba a obedecer as or-des despóticas do alcaide do cár-cere no que permanecía recluído, tamén Paz Andrade loitou con todo o seu alento polas causas que lle parecían xustas.

O primeiro episodio dese no-bre combater viviuno con apenas vinte e seis anos. En xuño de 1924, o escritor dirixía o xornal vigués Galicia, que el mesmo axudara a fundar o Día da Patria de 1922. Pois ben, con motivo dunha agre polémica co gober-nador militar da provincia, foi encarcerado durante quince días por negarse a pagar dúas multas de duascentas cincuenta pesetas. Como Luke, o periodista Paz An-drade, no libre exercicio da súa profesión, preferiu as privacións da cadea a ceder á presión do xe-neral Rodríguez del Barrio, quen actuaba seguindo o modus ope-randi propio dos afectos á dita-dura de Primo de Rivera (E cons-te que non sería esta a derradeira vez que tivese que durmir entre barrotes, pois en 1957, por causa dunha nova na que se daba con-ta do cesamento do comandante

militar de Mariña en Vigo, Félix de Ozámiz, na revista Industrias Pesqueras que el mesmo dirixía, volveu ser encarcerado un mes).

Algúns anos máis tarde, esa denodada pugna por sobrevivir e seguir adiante cunha existencia dedicada a Galicia deparoulle outra traumática experiencia: durante os enfrontamentos entre os sindicatos de pescadores e os armadores que levaron á folga e o lock-out pesqueiro do ano 1932, Paz Andrade, á sazón le-trado asesor dos armadores, su-friu un violento atentado na Rúa do Príncipe por parte de dous ce-netistas, que dispararon cinco proxectís sobre o seu corpo o 22 de novembro daquel ano. Malia a gravidade do incidente, o escri-tor ficou vivo, aínda que gardaría para sempre memoria física da-quel suceso, que lle deixou unha bala aloxada nunha clavícula ata a fin dos seus días. Porén, aínda lle quedaba moito sangue que dar á patria galega.

Non llo puxo fácil a vida a Paz Andrade coa chegada da Guerra Civil. A súa moi activa militancia nacionalista durante os tempos

A VIDA DE PAZ ANDRADEA VIDA DE PAZ ANDRADE é un exemplo de é un exemplo de entrega e de resistencia entrega e de resistencia e superación fronte e superación fronte á adversidade á adversidade

40 VALENTÍN PAZ-ANDRADE LETRAS GALEGAS El Ideal Gallego Xoves , 17 de maio de 2012

“PRANTO MATRICIAL”“PRANTO MATRICIAL” chora a morte de chora a morte de Castelao, guieiro e Castelao, guieiro e amigo, texto elexíaco amigo, texto elexíaco feito desde a intimidadefeito desde a intimidade

“Mariñeiro na cadea”Húmida de salares

largacíase con sorna no dente a

rezumarhoxe,

compañeiriño,ves a varar no malecón

escuroonde ningén te agarda,

ves a quecer no forno da lei fría

que pon sempre a cocer la mesma ola

a inocencia e a culpa.Valdeorras, Samil, Pousanova do mar, Vigo, e de América (Bogotá, Sao Paulo), van te-cendo, desde a clandestinidade e a resistencia, un manifesto contra a opresión e a Ditadura. A adición de textos proceden-tes de diversos lugares e distin-tas épocas, propician –ben está o título– “Sementeira do ven-to” (Colección Salnés. Editorial Galaxia.Vigo, 1968), pois na-da hai máis errático, arbitrario

O PoetaXULIO VALCÁRCEL

Exhortado por amigos como Xosé María Álvarez Blázquez, Lorenzo Varela ou Cabanillas, Valentín Paz-Andrade foi escri-bindo, ao bo lecer, algúns libros de poemas. Enceta a súa andai-na como poeta na Serra da Queixa, onde se atopaba confi-nado, vivindo nunha cabana, aló polo ano 1937. Nesas cir-cunstancias, de tedio e soeda-de, sen cousa en que pasar o tempo, Valentín refúxiase na poesía, que lle ofrece algo de acougo e liberación mental.

–Eu, que me formara ao lado dun poeta, non fora tentado aínda polas musas. Foi na so-edade albacenta onde sentín a necesidade de me expresar no verso. Sospeito que foi unha evasión provocada polo trauma moral.

“Pranto matricial”, “Semen-teira do vento” e “Cen chaves de sombra”, recollen, con al-gúns outros poemas, a achega de Valentín Paz-Andrade neste eido. O Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo, que sairá exento en 1985, figura xa en Cen chaves de sombra; co-mo o Pranto Matricial, ante-r ior, tamén incluído como apéndice.

O 7 de xaneiro de 1950 mo-rría no desterro, en Buenos Ai-res, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. “Pranto matricial” (1955) chora a morte do guiei-ro e amigo. É un texto elexíaco escrito desde a sentida intimi-dade, mais tamén un prego, ou un imperativo, dirixido á Terra, da que xurdiu e na que non pui-do acollerse. Pranto da terra polo fi l lo esclarecido e re-flexión sobre o infortunio, sen renunciar á esperanza (“Cando ti volvas polo mare”). Ao fon-do, sempre, a presenza de Gali-cia.

Máis que libro, “Pranto ma-tricial”, é un poema, en varias

partes; vibrante, retórico, emo-tivo, dedicado ao seu admirado amigo Castelao. Afecto e admi-ración que confirmará anos máis tarde con outro título, es-ta vez de ensaio, “Castelao na luz e na sombra”, unha obra de seiscentas páxinas, con grande acopio de datos, que lle levou varios anos.

Viaxes, desterros, dentro e fóra de Galicia, horas e días convividos nas residencias de

VALENTÍN PAZ-ANDRADE LETRAS GALEGAS El Ideal Gallego Xoves , 17 de maio de 2012 41

e disperso que o vento, cantado de maneira expresa na primei-ra parte do poemario.

Sen carecer da indispensá-bel altura literaria, os textos teñen outros obxectivos máis directos e inmediatos, nos que a voz se templa en acentos gra-ves, pouco propicios para arti-ficios. Especialmente atinada é a concepción da muller, labre-ga e nai, enraízada na terra, es-tablecendo un senlleiro e con-movedor paralelismo:

Na cruz dos vosos corpos do-bradizos

sobre os agros de pan, as raíces do barro frolece-

ron. En Ediciós do Castro, prolo-

gado por Lorenzo Varela uns meses antes de morrer, verá a luz “Cen chaves de sombra” (1979), no que Paz-Andrade fai gala dun amplo rexistro de recursos literarios e expresivos. Esa solvencia, se por unha par-te amosa flexibilidade e coñe-cementos técnicos, por outra evidencia a falta dun estilo pro-pio, diferenciado; a carencia, en suma, dunha voz persoal.

Conviven no poemario dife-rentes propostas estéticas e métricas (verso libre, sonetos, estrofas asonantadas, compo-sicións romanceadas…), carac-terística, senón eiva, suliñada por Celso Emilio Ferreiro. Mes-tura Valentín Paz-Andrade a dimensión lírica e a social, a in-timista e a combativa.

Afonda no ser galego e co-necta coa xinea ancestral do noso pobo.

“SEMENTEIRA DO VENTO”“SEMENTEIRA DO VENTO” contén unha atinada contén unha atinada concepción da muller, concepción da muller, labrega e nai, labrega e nai, enraízada na terraenraízada na terra

“CEN CHAVES DE SOMBRA”“CEN CHAVES DE SOMBRA” fai gala dun amplo fai gala dun amplo rexistro de recursos rexistro de recursos literarios e expresivos literarios e expresivos en diferentes propostasen diferentes propostas

Nomeamentos

Foi nomeado membro da Real Academia Galega en 1964 e da Real Academia Galega de Ciencias en 1985. Foi ga-lardoado co Pedrón de Ouro en 1975, a Cruz de San Rai-mundo de Peñafort en 1978, a Medalla da Cidade de Pon-tevedra en 1979, a Medalla Castelao en 1984, a Medalla ao Mérito Social Marítimo en 1984, a Meadalla de Ouro da Cidade de Vigo, en 1986 e o Premio Trasalba da Funda-ción Otero Pedrayo no mesmo ano. Levan o seu nome o buque escola do Ser-vizo de Gardacostas de Galicia, unha rúa en Lérez, un paseo de Bouzas e un centro de FP en Vigo.

tín, que aparecía como 1900. Da partida de nacemento de Valentín nunca se soubera de certo. (Os poetas adoitan qui-tarse anos, mira ti: na lápida de Pedro Salinas, no cemiterio vello de San Juan de Puertorri-co, frente ó Contemplado, está cicelado 1882, ultima ratio, como ano do nacemento, can-do todo o mundo sabe que na-ceu o 1881). Pero na ocasión, confesou Paz Andrade ter naci-do no 1899, algo máis novo que Blanco Amor (o ano deste tamén estaba trabucado por retórica poética e por coquete-ría del). Isaac corrixiu: 1899, con toda seguridade. Pois nin con esas! A verdade era 1898, que a é, un ano máis que ter-queou, a maiores, acaso para proxectalo nun futuro que el non ía vivir.

A presenza miña en Sarga-delos debíase a unha reportaxe que me encomendou Alexan-dre Cribeiro, que se emitiu no espazo cultural, “Cadernos do venres” que na altura dirixía eu na RTVE-Galicia. Colocadas as cámaras e os focos, aquilo

converteuse nun plató ou esce-nario centrado na figura –ago-ra si, prócer– de Valentín. Pre-gunteille para abrir boca, fóra de plano, sobre Castelao e a re-lación entre eles, e botouse a falar, indo para máis, creando ó seu redor ese silencio que acontece antes –ou durante– de se producir o milagre da pa-labra, diante das vinte ou trin-ta persoas invitadas que se fo-ron acugulando no cerco máis próximo para non perder nin verba. Absorto o auditorio coas modulacións do orador, orador enfático que se crece con tódo-los recursos da ágora forense ou política, e que espalla a re-tórica sumida pola dicción or-questal dun director eximio por demais; alguén posuído polo don da palabra e a súa to-nalidade acaída, artística, me-morante, reivindicativa, emo-cionada.

Soamente un gran orador cívico é quen de emocionar, fuxindo el, da propia emoción, que alí deixou, chantada entre nós, en verbas de bonanza. Chantada, emotiva, ó relembro doutras lexitimidades, que eran as de Valentín e Isaac, e foron naquela tarde coa pre-senza de Castelao, compromi-so a ultranza (ata a morte) de todos, coa nación, con Galicia. Galicia como tarea ou Sempre en Galiza. A mesma arela, o mesmo anceio.

Da mesma tarefa sempre

LUIS COCHÓN

Díxome Paz Andrade poucos meses antes de írsenos, e sem-pre que nos viamos.

—“E ti, Luís, de que Cochóns vés sendo?” —“Dos Cochóns de Ruibal, en Salcedo”. —“De-sa casa veu miña nai, Xoana Cochón, non de Lérez onde son eu –dixo–, nin de Campañó. De modo que vimos a ser paren-tes”. “—Pois que ben –acep-tei–, tanto gusto”.

Lérez, en Pontevedra, queda extramuros, tralo paso do río epónimo, no Burgo da Ponte, como quen di no Trastévere.

[Na Santiña do Burgo viviu anos Manolo Cuña Novás, na praciña, nunha parte da casa que fora de Xoán Manuel Pin-tos. Pouco máis alá, na vía a Santiago que fixera construír no XVIII o noso arcebispo Mal-var, naceu Valentín Paz Andra-de, na casa do seu tío Juan Bautista Andrade, que soubo insuflar no sobriño o pulo poé-tico en lingua do país de noso. Con andar pouco máis, atopá-baste na casa de Antonio Odriozola, o gran bibliógrafo vitoriano pontevedrés. Todo un itinerario poético e cultural que podería saír da casa de don Xosé Filgueira, na mesma rúa do Arcebispo Malvar, pasar a ponte vella, a que lle dá nome á vila, e chegar ó mosteiro de Lérez, onde foron amigos os PP. MM. Feixoo e Sarmiento, da Orde dos bieitos].

Nunca tiña eu coincidido con Valentín en Pontevedra. Algunha, si, en Compostela, cando viña ver ó seu fillo Al-fonso, alumno el de Dereito, eu de Letras, no mesmo pazo da Praza da Universidade, on-de recibiamos clase, e era fácil toparnos, dentro ou fóra, na-quel Santiago onde todos nos coñeciamos, e sobre todo os

antifranquistas convictos. Asis-tín en Vigo a un discurso polí-tico, na campaña onde saíu elexido para o Senado, el, que non outros, nin sequera Díaz Pardo. Repúblicos ambos, gale-guistas máis do exterior que do interior, máis de Seoane que da fratría piñeirista e galaxia-na da que non participaron.

Volvemos vernos en Sarga-delos, na planta circular de Cervo, Isaac e o seu fillo, Ca-milo, de anfitrións, co gallo daquela exposición nomeada-mente memorable, tan com-posta e coidada, sobre o legado de Castelao, con bastantes pe-zas que aportou o propio Va-lentín, convertido en albacea testamentario. Todo aquilo ex-plicado coas guías racionalis-tas, mamparas incluídas, tan do gusto de Isaac.

Valentín e Isaac tratábanse con amizade e respecto, cáse-que doutros tempos, da vella lexitimidade política republi-cana, nunca arrenegada por ningún dos dous.

Paz Andrade acabara de chegar dende Vigo, viaxe de varias horas, e volta, para un home xa mermado, pero cos folgos de sempre. Quería estar alí, naquela solemnidade que habería ser a última, para el.

Aquí e acolá, andou Isaac Díaz Pardo, a poñer cada cousa no seu andel, mesmo a corrixir o ano do nacemento de Valen-

UN GRAN ORADORUN GRAN ORADOR cívico cívico é quen de emocionar, é quen de emocionar, fuxido el, da propia fuxido el, da propia emoción, que alí deixou emoción, que alí deixou chantada entre nóschantada entre nós

O SEU TÍOO SEU TÍO, Juan Bautista , Juan Bautista Andrade, soubo Andrade, soubo insuflar no sobriño o insuflar no sobriño o pulo poético en lingua pulo poético en lingua do país de nosodo país de noso

42 VALENTÍN PAZ-ANDRADE LETRAS GALEGAS El Ideal Gallego Xoves , 17 de maio de 2012

Ángel Padín entrega a Paz-Andrade o pergameo da Asociación da prensa coruñesa AEC