Presentación de PowerPoint · 2021. 1. 20. · Halita. Minerais Minerais cristalizados ... de...
Transcript of Presentación de PowerPoint · 2021. 1. 20. · Halita. Minerais Minerais cristalizados ... de...
-
Rochas e
Minerais
Adaptado de: A Xeosfera (Salvador Folgar).
-
Rochas e Minerais
A codia terrestre está composta
principalmente por rochas e minerais.
Pirita Granito
-
Rochas e Minerais
As Rochas:
Están constituídas por minerais.
Algunhas teñen un só tipo de mineral,
chamadas rochas monominerais.
Pero a maioría están formadas por varios
minerais diferentes e incluso outras rochas.
-
Rochas
-
Rochas
Pedras de gra
-
Rochas
-
Conglomerados
Tipo Brecha Tipo Pudinga
-
Os Minerais
-
Minerais
Os minerais son substancias naturais, sólidas,
de orixe inorgánica, cunha composición
química fixa e de estrutura cristalina (os seus
átomos están ordenados).
-
Minerais Non poden considerarse minerais:
as substancias sintéticas (plásticos);
nin os líquidos (auga);
nin substancias propias ou derivadas das accións
dos seres vivos (ósos, dentes, cunchas, azucre).
-
Minerais
É frecuente que na composición dun mineral
haxa impurezas que poden alterar algunhas
características, como a cor.
Dicimos entón
que ese mineral
ten variedades.
-
Calcita
Calcita
Laranxa
Calcita
Amarela
Calcita
Vermella
Calcita
Azul
Calcita
Verde
Calcita
-
Minerais
Para identificar un mineral podemos observar
algunhas das súas propiedades características:
Cor
Brillo
Exfoliación
Dureza
Ouro
-
Minerais
Cor:
A que mostra a súa superficie cando
é iluminada con luz branca.
Azurita
Rodocrosita Berilo
-
Minerais
Brillo:
É a forma en que reflicte a luz.
Tipos
Vítreo
Mate
Metálico
Terroso
Rodocrosita con pirita
-
Brillo
Metálico: pirita Vítreo: cuarzo
Terroso: Olixisto
Mate: Limonita
Adamantino: Jarosita
Nacarado:
Moscovita
-
Minerais
Dureza:
É a resistencia a ser riscado.
Para determinar a dureza dun mineral
utilízase a escala de Mohs , que vai do 1 ó 10.
Baséase na dureza de dez minerais de referencia.
Cada mineral risca a todos os que teñen un número
igual ou inferior a el, e é riscado polos que teñen un
número igual ou maior que o seu.
Friedrich Mohs
1773 - 1839
-
Minerais
Exfoliación:
É a facilidade para separarse en láminas ou
para romperse orixinando formas xeométricas.
Mica
Halita
-
Minerais
Minerais cristalizados
Os minerais están cristalizados cando posúen
caras planas que orixinan formas xeométricas
(cristais), como cubos, prismas, láminas, etc.
Escolecifa
Pirita
-
Minerais
Minerais amorfos:
Non están cristalizados.
Non presentan caras planas.
Nunca forman cristais.
Presentan formas irregulares.
Ópalo
Limonita
Alofana
Arxila
-
A cova dos cristais xigantes de xeso. Naica (México)
-
Clasificación dos Minerais
-
Clasificación dos minerais
Actualmente coñécense máis de 5000 minerais
a cada ano descóbrense varias decenas máis, a
maioría deles do grupo das arxilas.
Os minerais presentan
unha gran diversidade
de propiedades, o que
lles da unha importancia
fundamental na nosa
sociedade.
Wolframio (tungsteno)
-
Tipos
de
Minerais
Clasificación dos minerais
A súa clasificación realízase baseándose na
súa composición.
Non Silicatos
Silicatos Conteñen silicio (Si)
e osíxeno (O)
Non conteñen silicio (Si)
-
Minerais Silicatos
Son minerais silicatos:
o cuarzo
o grupo
das arxilas
as micas
Ortosa
os feldespatos
-
Minerais
Son minerais non silicatos:
hematita (óxido)
anhidrita (sulfato)
halita (cloruro)
pirita (sulfuro)
calcita (carbonato)
-
Minerais
Os minerais compostos por un único elemento
denomínanse elementos nativos.
Cobre
Ouro
Xofre Prata
Diamante
-
As rochas
-
Rochas
As rochas son agregados naturais dun ou varios
minerais, de fragmentos doutras rochas ou de restos
de seres vivos que compactaron debido a diferentes
procesos xeolóxicos: especialmente presión e
temperatura.
Os minerais que forman as
rochas poden estar en
diferentes proporcións.
É moi pouco probable atopar dúas rochas que teñan
exactamente os mesmos minerais e na mesma
proporción.
-
Rochas
Clasificación das rochas segundo
a súa orixe:
Rochas Sedimentarias
Rochas Metamórficas
Rochas Magmáticas
Tipos
-
Rochas
Rochas Sedimentarias:
Fórmanse a partir de partículas de diversos tamaños
que son transportadas pola auga, o xeo ou o aire,
formando sedimentos que se acumulan,
compáctanse e son cementados ao quedar
enterrados a gran profundidade.
Pedra de gra Brecha
-
As rochas sedimentarias poden formarse
nas beiras dos ríos, no fondo de
barrancos, vales, lagos, mares,
e nas desembocaduras dos ríos.
Están dispostas formando capas
ou estratos.
Rochas sedimentarias
As rochas sedimentarias cobren
máis do 75 % da superficie
terrestre.
-
Rochas sedimentarias
-
Rochas
Rochas Metamórficas:
Fórmanse a partir de outras rochas xa existentes
mediante un proceso chamado metamorfismo.
Estas rochas estiveron expostas a altas presións
(uns 1.500 bares) e altas temperaturas (entre 1.500 e
2.000 °C) que provocaron cambios na composición
da rocha e aportaron novas sustancias a esta.
Gneis Mármore
-
Rochas metamórficas
-
Rochas
Rochas Magmáticas (ígneas):
Fórmanse polo enfriamento e consolidación
dunha masa de rocha fundida chamada magma.
Se o arrefriamento se produce lentamente baixo a
superficie fórmanse rochas con cristais grandes
denominadas rochas plutónicas ou intrusivas,
mentres que se o arrefriamento se produce rapidamente
sobre a superficie, por exemplo, tras unha erupción
volcánica, fórmanse rochas con minúsculos cristais,
coñecidas como rochas volcánicas ou extrusivas.
-
(volcánica)
-
Pumita (volcánica)
-
Obsidiana
-
Utilidade
dos minerais
e
das rochas
-
Utilidade dos minerais:
Extráense deles gran cantidade de metais
(chumbo, ferro, mercurio, etc.) e outros
materiais.
Cuarzo: para elaborar vidro.
Xeso: para obter escaiola.
Calcita: producir cal.
Minerais
-
Algúns dos seus principais usos son:
Extraer deles os metais.
Fabricar materiais (cemento,
cerámica, etc.).
Utilizalos na industria química,
farmacéutica e alimentaria para
obter numerosas substancias.
Cobre
Plata
Usos dos minerais
-
Usos dos minerais
A industria da xoiaría e da bixutería utiliza xemas
(diamante, rubí e esmeralda) e pedras semipreciosas
(ónix, turquesa).
Tamén utilizan metais nativos como
o ouro, o platino e a prata.
-
Utilidade das rochas:
Rochas
As rochas teñen un papel fundamental na
construción:
As rochas calcarias úsanse
para a fabricación de cemento.
Como pezas de cachotaría
para construcións de pedra
(muros ou rochas ornamentais
en fachadas).
-
Usos das rochas
Rochas magmáticas (mármore e granito)
úsanse na elaboración de encimeiras,
mobiliario urbano, lápidas, esculturas, etc.
-
Rochas arxilosas na fabricación de ladrillo,
cerámica, baldosa, azulexo, tella, elementos
decorativos, etc.
Usos das rochas
-
Usos das rochas
As areas e gravas utilízanse como áridos.
Ao mesturarse con cemento en po e auga
obtense o formigón.
-
Usos das rochas
As rochas poden ser fonte de enerxía.
O carbón e o petróleo son rochas
formadas a partir de materia orgánica.
-
Usos das rochas
O petróleo é a materia prima esencial para obter
gran cantidade de produtos: combustibles, fibras
sintéticas, disolventes, fertilizantes, plásticos, etc.
-
Explotación
de
minerais
e
rochas
-
Explotación de minerais e rochas
A extracción dos minerais e rochas realízase en
explotacións chamadas minas, que poden ser
subterráneas ou a ceo aberto.
Mina subterránea
-
Explotación de minerais e rochas
Mina a ceo aberto
-
Impactos
ambientais
producidos
pola minería
-
Impactos ambientais
A minería produce un conxunto de impactos
negativos sobre o medio natural.
Antes de iniciar a súa apertura e explotación
é necesario tomar unha serie de medidas para
evitar eses impactos, minimizar os que son
inevitables e corrixir os que se produzan.
-
Impactos ambientais
Os tipos de medidas que se adoptan en cada
caso son:
Medidas preventivas; antes de que
empece a funcionar a explotación mineira.
Medidas paliativas; durante o tempo que
se mantén activa a mina.
Medidas correctoras; despois do peche da
explotación.
-
Rochas
e
Minerais
de
Galicia
-
Rochas en Galicia
O territorio de Galicia é un dos máis antigos
da península ibérica.
Poden atoparse rochas de todo tipo, excepto
volcánicas.
En función do tipo de rocha predominante
temos 3 zonas diferenciadas:
Zona silícea Zona calcaria Zona arxilosa
-
A zona silícea ocupa a maior parte do territorio,
destacando o granito e a lousa.
As lousas abundan en
Lugo e Ourense.
As rochas graníticas
ocupan máis dun terzo
da superficie galega,
destacando os depósitos
de Porriño.
Rochas en Galicia
-
Na zona calcaria, a maior parte das rochas
son sedimentarias (calcaria) e tamén as hai
metamórficas (mármore).
Ocupan só o 1% da
superficie galega.
Encóntranse na zona leste,
desde Mondoñedo ata
Valdeorras.
Rochas en Galicia
-
A zona arxilosa está formada por
rochas sedimentarias como
a arxila.
Están moi ligadas a
depósitos de carbón
(lignito) como os de As
Pontes e Meirama na
Coruña ou Xinzo de Limia
en Ourense.
Rochas en Galicia
-
Rochas Ornamentais:
Somos un dos maiores
produtores mundiais de
granito, mármore e
lousa.
Rochas en Galicia
-
Elementos da construción:
A arxila é un dos materiais
máis usados para
pavimentos,
revestimentos
e ladrillos.
Rochas en Galicia
-
Aglomerantes:
Substancias para unir uns elementos con outros
(xeso, cemento, formigón).
Rochas en Galicia
-
Actualmente en Galicia non hai extracción de
combustibles fósiles (carbón, petróleo)
para uso enerxético.
Rochas en Galicia
-
Os recursos
minerais en Galicia
-
Galicia ten unha gran riqueza de recursos
minerais.
Cuarzo (seixo):
Utilízase na fabricación de
células fotovoltaicas, chips
electrónicos, vidro e áridos
para a construción.
Minerais en Galicia
-
Caolín:
Na fabricación de cerámica.
Minerais en Galicia
-
Magnesita:
Na fabricación de cemento.
Minerais en Galicia
-
Fin